40
PLAN XERAL DE ORDENACION MUNICIPAL CONCELLO DE PONTEDEUME consultora galega sl xuño de 2007 AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA.DOCUMENTO DE INICIO

AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

PLAN XERAL DE ORDENACION MUNICIPAL CONCELLO DE PONTEDEUME

consultora galega sl xuño de 2007

AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA.DOCUMENTO DE INICIO

Page 2: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

2

Page 3: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

3

ÍNDICE

1. ANTECEDENTES 5

2. OBXECTIVOS 7

2.1. OBXECTIVOS XERAIS DO PLANEAMENTO 7 2.2. OBXECTIVOS AMBIENTAIS 8 2.2.1. BIODIVERSIDADE 8 2.2.2. CICLO DA AUGA 9 2.2.3. AMBIENTE ATMOSFÉRICO E ENERXIA 10 2.2.4. CAMBIO CLIMÁTICO 10 2.2.5. XESTIÓN DOS RESIDUOS: 11 2.2.6. PAISAXE 11

3. ÁMBITO TERRITORIAL 13

4. DIAGNÓSTICO DA SITUACIÓN ACTUAL 15

4.1. CARACTERIZACIÓN SOCIOECONÓMICA 15 4.2. CARACTERIZACIÓN DO MEDIO FÍSICO E NATURAL 16 4.3. IDENTIFICACIÓN DOS RECURSOS E ÁMBITOS QUE PODEN VERSE AFECTADAS DE XEITO SIGNIFICATIVO 18 4.3.1. ESPACIOS NATURAIS DELIMITADOS OU REGULADOS POR FIGURAS SUPRAMUNICIPAIS 19 4.3.2. A REDE HÍDRICA 19 4.3.3. OS HUMIDAIS 20 4.3.4. O LITORAL 20 4.3.5. AS TERRAS DE MONTES 20 4.3.6. AS TERRAS DE APTITUDE AGRARIA 20 4.3.7. AS ZONAS DE INTERESE ARQUEOLÓXICO, ARQUITECTÓNICO... 20 4.3.8. VEXETACIÓN DE INTERESE 20 4.3.9. A FAUNA DE INTERESE 21 4.3.10. A PAIXASE 21 4.4. RESUMO DAS ZONAS CON FRAXILIDADE AMBIENTAL 22 4.5. DIAGNÓSTICO DAS INFRAESTRUCTURAS DE COMUNICACIÓN 24 4.5.1. REDE VIARIA 24 4.5.2. REDE FERROVIARIA 26 4.6. DIAGNOSTICO DOS SERVIZOS URBANÍSTICOS 26 4.6.1. ABASTECEMENTO E SANEAMENTO 26 4.6.2. ENERXÍA 28 4.6.3. RESIDUOS 28 4.7. DIAGNOSTICO ESPACIOS LIBRES E EQUIPAMENTOS 29 4.7.1. OS ESPAZOS LIBRES E ZONAS VERDES 29 4.7.2. EQUIPAMENTOS 31

5. DESCRIPCIÓN DO PLANEAMENTO 33

5.1. FUNCIÓN 33 5.2. O MARCO NORMATIVO 34 5.3. ALTERNATIVAS 34 5.4. TIPOS DE MEDIDAS INCLUÍDAS NO PLANEAMENTO 35 5.4.1. APROXIMACIÓN AOS EFECTOS PREVISIBLES 36 5.4.2. PLANS E DIRECTRICES XERAIS E SECTORIAIS RELACIONADAS 39

Page 4: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

4

5.5. DESCRIPCIÓN DOS PROCESOS 40

Page 5: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

5

1. ANTECEDENTES

O presente documento é parte integrante do proceso de avaliación ambiental

estratéxica ó que está sometido o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de

Pontedeume. A súa elaboración responde ás existencias da Lei 9/2006 do 28 de abril

relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas sobre o medio

ambiente. Lei que incorpora a Directiva 2001/42/CE que establece e regula o proceso

de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE).

O concello de Pontedeume, como responsable do novo Plan e por tanto como órgano

promotor do proceso de AAE, solicitou á Consellería de Medio Ambiente e

Desenvolvemento Sostible o inicio do procedemento de AAE para o Plan Xeral de

Ordenación Municipal de Pontedeume, e subscribe este documento inicial cuxo

contido se axusta ao especificado na comunicación recibida da Consellería de Medio

Ambiente e Desenvolvemento Sostible, cuxo contido se axusta ao especificado no

artigo 18 Iniciación da lei 9/2006, co que da comezo a Avaliación Ambiental

Estratéxica.

Page 6: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

6

Page 7: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

7

2. OBXECTIVOS

Os traballos de revisión en curso teñen como fin a elaboración dun Plan Xeral de

Ordenación Urbana que contribúa a dar resposta ós problemas e as demandas tanto

do presente como nas detectadas no futuro, no horizonte de intervención do plan e por

tanto dotar ó municipio dun instrumento de ordenación integral do territorio, mediante a

figura de Plan Xeral de Ordenación Municipal.

2.1. Obxectivos xerais do planeamento

A determinación dos criterios, obxectivos e solucións de planeamento inspiradores

tractores son expostos na memoria do Plan Xeral de Ordenación Municipal ao que nos

remitimos a efectos do coñecemento global e completo dos mesmos. En todo caso

nunca exposición sintética cabe destacar os seguintes obxectivos :

1º) A procura da maior calidade de vida posible é o obxetivo prioritario que informa a

redacción do presente plan xeral.

2º) Procurar unha ordenación que sen alterar grandemente o modelo primixenio

preexistente, faga concordar o sistema tradicional de asentamentos coas tendencias

máis positivas de hoxe en día, tentando que se favoreza o acaecemento entre esa

ordenación e o conxunto de roles desempeñados por Pontedeume ata agora, máis

aqueles novos sobre dos que existen fundadas expectativas de que poida xogar no

futuro inmediato.

3º) Procurar que se manteña, agás nos casos nos que non sexa posible, a

multifuncionalidade e a superposición de usos do solo, ordenando harmonicamente as

novas implantacións e corrixindo as disfuncionalidades que se aprecien.

4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que

orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés.

5º) Utilizar o sistema xeral de espazos libres vinculado á franxa costeira como eixe

vertebrador do modelo de asentamento previsto.

6º) Protección dos recursos e espazos naturais e tamén do patrimonio historico-artistico,

etnográfico e cultural.

7º) Ofrecer un documento normativo completo e doado de aplicar así coma un sistema

de xestión urbanística conforme coa capacidade económica e técnica do concello,

Page 8: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

8

utilizando ao máximo os mecanismos legais para a obtención das dotacións públicas e

reparto de cargas e beneficios.

En resumo: o futuro planeamento de Pontedeume debera ter coma norte o

establecemento dun modelo que sen renunciar a unha auténtica modernidade,

preserve os valores esenciais do territorio (naturais e artificiais) e facilite unha

explotación racional dos recursos do concello, coma único medio de acadar unha

mellora da calidade de vida para o conxunto da súa poboación.

2.2. Obxectivos ambientais

Os obxectivos ambientais pretenden abarcar elementos definitorios dun perfil

ambiental do municipio en relación o planeamento. Isto é tódolos ámbitos nos que un

plan urbanístico pode incidir relacionados co medio ambiente e os recursos naturais

(ocupación e consumo de solo, ciclo da auga: hidroloxía: abastecemento de auga,

saneamento, ríos; atmosfera: emisións contaminantes e ruídos; xestión dos materiais

e residuos; biodiversidade patrimonio natural, calidade da paisaxe, enerxía...) Para

cada un destes ámbitos defínense diversos obxectivos de protección ambiental

aplicables ó Plan Xeral de Ordenación de Pontedeume.

Estes obxectivos ambientais están no marco dos obxectivos ambientais que promove

nos organismos e lexislacións internacionais, europeas, españolas e tamén galegas

(apuntados no apartado anterior) e por tanto os obxectivos ambientais de Redondela

fixáronse tendo en consideración os obxectivos de protección medioambiental

xenéricos pero axustándoos as características territoriais e ambientais especificas do

municipio.

O obxectivo xeral ambiental do plan xeral de ordenación municipal de Pontedeume

ten que ser protexer e mellorar o medio ambiente urbano e rural a fin de mellorar a

calidade de vida, protexer a saúde humana e protexer os ecosistemas locais.

En función dos resultados da análise da situación de partida se definen os obxectivos

ambientais que podan verse afectados ou afecten ao novo PXOM para o cal se recorre

como non podería ser de outra maneira aos obxectivos establecidos polas principais

normas, políticas e programas de acción ambiental que podan ter incidencia ou

afecten ao novo PXOM.

2.2.1. BIODIVERSIDADE

Enténdese por biodiversidade, de acordo co Convenio sobre a Diversidade Biolóxica

Page 9: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

9

“a variabilidade de organismos vivos de calquera fonte, incluídos, entre outras cousas,

os ecosistemas terrestres e mariños e outros ecosistemas acuáticos e os complexos

ecolóxicos dos que forman parte; comprende a diversidade dentro de cada especie,

entre as especies e dos ecosistemas”. Existen nesta materia diversos convenios e

protocolos internacionais e europeos así como lexislación e estratexias tanto

internacionais como nacionais e galegas sobre a biodiversidade e o patrimonio natural

que marcan o obxectivo xeral de conservar a biodiversidade territorial e os elementos de interese natural.

Os principais obxectivos que teñen incidencia no PXOM son:

• Garantir a conservación da biodiversidade e do patrimonio natural do

municipio. Proponse unha rede de espacios naturais que permitan garantizar

unha certa conectividade ecolóxica entre as diferentes partes do territorio e dos

territorios veciños,.

• Garantir o mantemento do recursos do solo: agrogandeiros, forestais,

paisaxísticos, litorais, protección arqueolóxica, etc..., mediante principalmente a

calificación estes solos como rústicos de protección .

• Garantizar a protección da rede natura e Parque Natural do Eume e poñen en

valor dito espacio.

• Garantizar a protección paisaxística da costa

• Introducir criterios de mellora do patrimonio natural nos sistemas xerais e locais

de espacios libres e zonas verdes: mantemento de ecosistemas naturais,

mantemento da permeabilidade ecolóxica (corredores ecolóxicos),... é na

medida do posible crear unha rede interconectada entre os sistemas xerais e

locais de zonas verdes e os solos rústicos de especial protección en especial a

costa.

• Establecer na medida do posible dunha rede de espacios de interese

fisicamente continuada e conectada cos sistemas xerais e locais de zonas

verdes.

• Priorizar a creación de roteiros peonís.

2.2.2. CICLO DA AUGA

Obxectivo xeral: Compatibilizar o planeamento e o ciclo natural da auga e racionalizalo

seu uso no marco dun territorio globalmente eficiente.

A Directiva 2000/607CE establece un marco comunitario de actuación da política da

auga e define como principais obxectivos que teñen incidencia no PXOM:

Page 10: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

10

• Prevenir o deterioro e protexer e mellorar o estados dos ecosistemas acuáticos

e dos ecosistemas terrestres e das zonas humidas

• Promover un uso sostible da auga baseada na protección a longo prazo dos

recursos hídricos dispoñibles

• Protexer e mellorar o medio acuático.

• Reducir de forma significativa a contaminación das augas subterráneas e evitar

novas contaminacións.

• Contribuír a paliar os efectos das inundacións e das secas.

A protección da auga, concretase tanto nas infraestructuras de abastecemento,

saneamento e depuración propostas ou recollidas no novo planeamento, como na

protección dos cursos e láminas de auga do territorio, así como os sistemas de

abastecemento e saneamento propostos deberán estar adecuados as necesidades

futuras de crecemento propostas no PXOM e cumprir cos criterios da DIR 91/271/CE-

trasposta a normativa española, en canto a emisión de vertidos, cargas contaminantes

e rendementos de depuración.

2.2.3. AMBIENTE ATMOSFÉRICO E ENERXIA

O Obxectivo xeral: Reducir ao máximo a emisión de sustancias contaminantes e

prever e corrixir a contaminación acústica, lumínica e electromagnética.

A Directiva 2000/60/CE sobre a avaliación e xestión da calidade do aire ten como

obxectivo xeral definir os principios básicos dunha estratexia común dirixida a

establecer os obxectivos de calidade do aire no conxunto do territorio. Entre os

diferentes obxectivos da Directiva os que neste PXOM van ter maior incidencia,

alcance ou efecto son:

• Evitar, prever ou reducir os efectos nocivos para a saúde humana e o medio

ambiente da contaminación do aire.

• A adopción de medidas para a reducción de todos os tipos de contaminación

acústica, luminosa, electromagnética.

• Mellorar a eficiencia enerxética

2.2.4. CAMBIO CLIMÁTICO

Existen nesta materia diversos convenios e protocolos internacionais e europeo entre

os que figuran o Convenio marco das Nacións Unidas sobre o cambio climático, o

Protocolo de Quioto e a estratexia europea sobre o cambio climático que marcan os

obxectivos na loita contra o cambio climático e a preservación dos seus efectos adversos.

Page 11: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

11

As lineas de actuación nas cales o PXOM pode ter capacidade de incidencia son as

seguintes:

• Fomentar o uso de enerxías limpas.

• Incremento no uso de enerxías renovables

• Fomento a mobilidade sostible mediante a promoción do transporte público ou

outros sistemas de transporte que permitan reducir as emisións de gases de

efecto invernadoiro

• Reducción das emisións de gases de efecto invernadoiro.

2.2.5. XESTIÓN DOS RESIDUOS:

• Fomentar a reducción, reutilización, reciclado e valoración dos residuos

• Facilitar a disposición de instalacións adecuadas para o seu tratamento o

deposición.

2.2.6. PAISAXE

Na paisaxe primeiramente dicir que facemos propios os obxectivos do Convenio

europeo da paisaxe.

• Intentar que tódalas paisaxes teñan o grao máis alto de calidade e mellorar a

calidade da paisaxe da totalidade do territorio e en especial a paisaxe litoral.

Page 12: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

12

Page 13: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

13

3. ÁMBITO TERRITORIAL

O ámbito territorial do Plan é o termo municipal de Pontedeume. E o ámbito de

afección é a ría de Ares e os concellos limítrofes, así como todo a comarca do Eume.

1:Localización de Pontedeume

Page 14: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

14

Page 15: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

15

4. DIAGNÓSTICO DA SITUACIÓN ACTUAL

4.1. CARACTERIZACIÓN SOCIOECONÓMICA

O concello de Pontedeume presenta unha poboación de 8.619 habitantes (Censo

2006), cunha densidade media de 294,16 hab/km², cifra moi alta para as medias que

se xeran no conxunto galego e na provincia que son de 93 hab/km² e 100,86 km²

respectivamente. Esto é explicábel pola pouca extensión do termo municipal pois

conta con escasos 30 Km² (29,3 Km2).

A poboación repártese en 20 núcleos tradicionais máis o Centro da Vila. Estes núcleos

son, segundo o Nomenclátor, os seguintes: Os Loureiros, A Regueira na parroquia de

Andrade; Boebre, A Herbosa e Ver en Boebre; O Barro en Bréamo; Allón, Castrelo O

Portiño, Ventosa e Vizús en Centroña; O Castro A Cruz do Cabildo e Esteiro en

Nogueirosa; Cabria Nova e Chao de Ombre na parroquia de Ombre; Ar, Campolongo

e Chao de Vilar na parroquia de Vilar. Sen contar a poboación da Vila de Pontedeume

a poboación residente en núcleos ascende a 2.566 habitantes. Estas cifras dan unha

clara visión do tipo de hábitat do Concello pois temos 29,40 % de residentes no rural

nucleado que se engadimos o poboamento da Vila sitúase nun 83,93 %. Así, podemos

establecer que a poboación en hábitat disperso do municipio ascende a unha

porcentaxe do 16,06 % da poboación total do Concello.

A respecto da caracterización urbanística dos núcleos, resalta a existencia de

Pontedeume como unha Vila de servizos non só a nivel municipal senón tamén

comarcal, con carácter netamente urbano, seguida doutros núcleos de carácter

semiurbanos, como son os de Campolongo, Boebre, Centroña, O Castro, Chao de

Ombre. O resto dos núcleos teñen un carácter xa máis rural, e as súas condicións de

ocupación e expansión vense condicionados case sempre pola existencia de viario de

paso de certa importancia que foi polarizando ás súas beiras o crecemento edificatorio

no entorno dos núcleos.

A taxa xeral de actividade sitúase no 48.23%, case 2 puntos por debaixo da media

galega (50.7) (censo 2001). As actividades relacionadas co agro representan o 2%, a

penas teñen representación e se circunscriben a pequenas hortas nas que se practica

unha agricultura a tempo parcial para o consumo familiar ou venda directa, así como

algunha parcela con pastos. Igoal de pouco representativo é o sector pesqueiro co

Page 16: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

16

outro 2%. Polo que respecta á industria dá emprego ao 23% dos activos, mentres a

construcción dá emprego ó 12 % tanto pola dinámica constructiva como pola doutras

áreas urbanas como Coruña ou Ferrol. Finalmente o sector terciario representa o

groso do emprego co 60% dos empregados do municipio.

O territorio de Pontedeume ten un posicionamento equidistante e próximo a respecto

de dúas das Vilas máis grandes da provincia (Ferrol e A Coruña) e situada na

embocadura da ría de Betanzo e Ares, e na desembocadura do río Eume. Hase de

salientar a importancia estratéxica que supón esta zona dentro das comunicacións da

zona norte da provincia de A Coruña, dada a proximidade de tres infraestruturas

básicas (AP-9, N-651 e, en menor medida, o ferrocarril). Neste sentido Pontedeume

atópase inmellorablemente vinculada ó Eixo Atlántico Ferrol–Tui. Proximamente terá

unha boa comunicación coa Cornixa Cantábrica através da Autovía que se encontra

en execución e por último, e a través do nó de comunicacións de Cecebre, ten un

excelente acceso ó resto da Península Ibérica. Non esquezamos tampouco que

Pontedeume atópase no percorrido do futuro tren de velocidade alta que conectará a

marxe atlántica da comunidade autónoma, entre Vigo e Ferrol.

4.2. CARACTERIZACIÓN DO MEDIO FÍSICO E NATURAL

O municipio presenta un relevo que podemos diferencialo en tres unidades

xeográficas; unha primeira unidade é o val , a segunda unidade é o litoral: formada

pola franxa costeira ó pe do monte Breamo así como o humidal na parte interna da ría:

o humidal do río Eume que constitúe unha zona húmida de alto interese natural,

científico e paisaxístico e a terceira unidade é o cañon de máis de 300 metros de

altura que forma o Eume.

Page 17: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

17

O territorio como se observa no mapa presenta unha variación estacional que vai

dende o nivel do mar ata os mais dos 400 m de altitude nas estribacións da Serra da

Loba nos cumes do monte Queimado con 403 m, Allegue 411 m, outros por riba dos

300 m como o Andrade 316 e outros. A carón da costa o monte Breamo, relevo

residual con 303 metros de altitude, presenta unha silueta alombada dunha grande

identidade paisaxística e dende onde se pode observar unhas espléndidas vistas

panorámicas de todo o contorno. O mesmo que de todos os montes anteriormente

citados que presentan vistas panorámicas do val e da ría. A vila de Pontedeume

sitúase no rango de 0-50 m sobre o nivel do mar. Por baixo dos 100 m atopase o 39 %

do territorio, seguidos das altitudes entre 100 e 200 m que ocupan o 30 % do territorio,

polo que case o 70 % do territorio está por baixo dos 200 m de altitude, o que resulta

usual nun municipio de costa, si ben o 29 % restante do concello presenta alturas

entre os 200 metros e as máximas altura que sobrepasan os 400 m nos cumes do

relevo alombado dos montes Queimado e Allegue, ou as altitudes o as latitudes

comprendidas entre os 200 e 300 que ocupan o 13% e as altitudes entre 300 e 400 m

que ocupan o 19 % do territorio resultantes dos relevos secundarios e residuais que

atópanse no territorio, así o angosto val en forma de canon do Eume.O litoral de

Pontedeume comprende por tanto dende o fondo da ría de Ares na zona de estuario

Page 18: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

18

do río Eume (parte interna da Ría de Ares) ata a marxe meridional da Ría de Ares cara

á Ría de Betanzos. Estamos ante un litoral amplo e movido; con zonas abruptas chea

de puntas entre as que se atopan enseadas, salpicadas de praias e dunha gran

cantidade de calas aptas para o baño na baixamar, ademais de unha illa próxima á

costa, a Illa Carboeira. O Municipio de Pontedeume ocupa a beira meridional da Ría

de Ares, tamén chamada ría de Ares Pontedeume ou Ría de Ares Betanzos. Ría que

se estende dende Punta Coitelada ata Punta Mera.

A Ría de Pontedeume ou Ares posúe unha riqueza biolóxica moi importante

presentando varios hábitats priorizados pola Directiva Hábitat como: augas estuarinas,

bancos areais cubertos permanentemente pola auga, chairas fangosas ou areosas

que non están cubertas na baixamar, pastizais salinos, etc. Cómpre recordar que as

rías, son medios estrictamente sedimentarios, polo que actúan como sumidoiro de

materia orgánica (Carballeira et Al., 1997).

E por último destacan que Pontedeume comparte cos concellos ribeiregos veciños o

río Eume; espacio de alto interese natural, científico e paisaxístico, que posúe unha

riqueza biolóxica moi importante, con hábitats priorizados pola Directiva Hábitat;

estando este espacio natural da catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria

(LIC); estando este espacio incluído na Rede Galega de Espacios Protexidos (lei

9/2001, do 21 de Agosto de Conservación da Natureza e Decreto 72/2004 de

desenvolvemento de lei), mediante a figura de Parque Natural e sendo tamén unha

Zonas de especial Proteccion dos valores Naturais(ZEPVN). Este Parque natural

abarca a maior parte do tramo baixo da cunca do río Eume, que se presenta como un

abrupto val de orixe tecnónica, con profundas gargantas e abas de pronunciada

pendentes, e alberga un bosque dos bosques nativos atlanticos mais extensos de

Galicia. Con valor paisaxistico e ecolóxico excepcional. O parque teñen unha

superficie de 9126,65 Ha e atravesa oito concello.

Os tipos de usos que define o Mapa de Usos e Coberturas para o concello de

Pontedeume sinalan que o 50% do territorio ten cobertura forestal, que o 26% ten

cobertura agraria, o 22% teñe cobertura artificial (asentamentos poboacionas, áreas

industriais, viais...) e o 2% restante son zonas de auga.

4.3. IDENTIFICACIÓN DOS RECURSOS E ÁMBITOS QUE PODEN VERSE

AFECTADAS DE XEITO SIGNIFICATIVO

Os ámbitos de Pontedeume que presentan recursos ambientais valiosos, ben de

Page 19: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

19

caracter físico natural - condicións de vexetación, xeomorfolóxicas, paisaxísticas, etc. -

, ben de caracter antrópico – actividades agropecuarias, as terras a monte, actuacións

urbanas, xardíns, patrimonio arqueolóxico, etc. -, que polas súas cualidades positivas

teñen que ser obxecto dunha especial atención, dende o punto de vista da adopción

de medidas encamiñadas a garantir o seu mantemento, conservación e protección,

son identificados a continuación:

4.3.1. ESPACIOS NATURAIS DELIMITADOS OU REGULADOS POR FIGURAS

SUPRAMUNICIPAIS

Pontedeume presenta o 6% do seu territorio (178 ha) dentro do espacio protexido do

Parque Natural fragas do Eume.

4.3.2. A REDE HÍDRICA

A rede hídrica de Pontedeume presenta alto valores naturais e paisaxísticos.

Pontedeume presenta O territorio de Pontedeume presenta dúas bacías principais: a

bacía do Eume e a bacía da ría de Ares Betanzos e a primeira dividese ne duas

subconcas. Os principais rios son:s

• O río principal é o río Eume, que no concello de Pontedeume percorre os seus

últimos kilómetros na marxe esquerda desembocando na ría de Ares O Eume

presenta varios tributarios dentro do territorio de Pontedeume.

• Regato das Ferreiras que nace no concello de Monfero e encaixase na ladeira

do Eume fai de limite leste do concello.

• Rego dos Muíños: pequeno rego que baixa dende A Regueira, pasa próximo a

Guntumiz e baixa polo cañón ata o Eume.

• Rego que dende o Viso discurre ata desembocar no fondo da ría de Ares.

• regato da Graña vai xuntando regos dende as ladeiras oeste de Pena Grande

en Cabriavella e dende máis o sur en recollendo as augas do val da Chousa do

Conde e xuntase co regato de Cobes que ven dende Barral recollendo as

augas das ladeiras e percorren o último tramo xuntos cara a desembocar na

ría de Ares na zona de a Gándara no leste da vila de Pontedeume.

• En Centroña desemboca un pequeno rego, en Punta Lousado desemboca

outro rego que ven dende os Castros.

• E no sur do concello temos uns regos que verten a súas augas cara o concello

veciño de Miño e por tanto desembocaran na ría de Betanzos

Todo o territorio de Pontedeume corresponde á Demarcación da Confederación

Page 20: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

20

Hidrográfica Galicia Costa.

4.3.3. OS HUMIDAIS

No catálogo de humidais de Galicia aparecen no termo de Pontedeume dous grandes

humidais: A Ría de Ares e o Humidal de Perbes.

4.3.4. O LITORAL

O litoral de Pontedeume presenta unha calidade paisaxística e medioambiental

sobresaínte, comprendendo puntas, enseadas, praias, zonas rochosas, illas...: Todo o

litoral presenta valores naturais, ademais dos paisaxísticos e culturais.

4.3.5. AS TERRAS DE MONTES

Os montes de Pontedeume presentan un alto recurso como miradoiros naturais da ría.

Destacando o relevo residual de Breamo cunha silueta característica. Os montes de

Pontedeume presentan un alto recurso turístico recreativo (áreas recreativas,

magníficos miradoiros, restos prehistóricos...), ademais presentan unha importancia

natural e de conectibilidade biolóxica a escala supramunicipal.

4.3.6. AS TERRAS DE APTITUDE AGRARIA

As terras de mellor aptitude agrícola están en boa medida ocupadas polas

infraestructuras de transporte e pola urbanización difusa das vivendas unifamiliares e

de urbanizacions residencias de vivendas de segunda residencia así como de naves

industriais.

4.3.7. AS ZONAS DE INTERESE ARQUEOLÓXICO, ARQUITECTÓNICO...

O territorio conta coa existencia dunha serie de elementos _ sexan restos de caracter

arqueolóxico e prehistórico, sexan edificacións ..., ben por constituír vestixios e

mostras da historia e do pasado no noso entorno, ben por seu caracter de

representatividade de determinadas épocas ou estilos artísticos ou arquitectónicos ou

pola propia vida intrínseca dos mesmos constitúen un importante valor cultural que

preservamos e mantemos como legado para as xerazóns vindeiras.

4.3.8. VEXETACIÓN DE INTERESE

A vexetación natural atópase moi transformada incluso na área que é parque natural.

A transformación do bosque autóctono en plantacións de especies de crecemento

Page 21: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

21

rápido, principalmente eucalipto, sendo esta especie polo seu réxime de cultivo de

turno corto, pola súa natureza colonizadora e a súa proia autoecoloxia favorecen un

rápido deterioro do cortexo florístico propio do bosque caducifolio alí onde ambos

elementos coexisten, coa conseguinte perda de calidade florística e paisaxística. A

maior parte da área o ben está como cultivo forraxeira ou esta como repoboacións

forestais, si ben aparecen diferentes manchas de vexetación dende bosquetes

autóctonos, vexetación de ribeira, pastizais, xunqueiras, etc. Así debense protexer

todo o arborado autóctono existente, en especial o arborado de ribeira así como as

arbores catalogados, arbores singulares, arboredas de parques e xardíns, conforman

unha vexetación de interese que compre preservar e poñer en valor.

4.3.9. A FAUNA DE INTERESE

A importancia e interese da fauna neste territorio está en relación primeiramente cos

moitos e diferentes hábitat presentes, e posto que estamos nun municipio integrado

unha parte nun Parque Natural, unha rede hídrica cun complexo húmido, cunha

superficie de litoral importante e cuns espazos agrogandeiros e forestais todo elo pon

de manifesto un amplo patrimonio faunístico. O patrimonio faunístico do Eume teñen

unha extraordinaria importancia ao contar con endemismos, especies raras, especies

no límite da súa área de distribución, e especies ameazadas noutros lugares de

Galicia ou Europa.

4.3.10. A PAIXASE

A Convención Europea da paisaxe define a paisaxe como calquera parte do territorio

tal e como é percibida pola poboación, cun caracter que resulta da acción dos factores

naturais e ou humanos e das súas interaccións. Por tanto a paisaxe teñe unha

vertente humana, cultural, de usos do solo e outra vertente natural na se engloba o

relevo a vexetación etc. Sendo necesario englobar os dous aspectos e non pode ser

de outra maneira posto que non podemos entender a paisaxe galega sen a integración

das accións dos homes e das mulleres ao longo dos tempos.

A paisaxe é por tanto unha mostra das sinais de identidade dun territorio. Temos en

Pontedeume unha combinación e diversidade de factores físicos, naturais e humanos

que crean paisaxes únicas e valiosas. Así a configuración morfolóxica do territorio

organizada no fondo da ría de Ares e a costa, o monte Breamo, o val son tódolos eles

elementos de fonda significado paisaxístico xunto ás infraestructuras: o paseo

marítimo, as pontes, o núcleo urbano, a Torre, os xardíns, o Castelo, son fortes

pegadas de identidade onde se debe harmonizar o pasado co presente no territorio de

Page 22: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

22

Pontedeume.

4.4. RESUMO DAS ZONAS CON FRAXILIDADE AMBIENTAL

Tódolos ámbitos do territorio que presentan valores de tipo ambiental, paisaxístico,

agropecuario, cultural, etc presentan fraxilidade, e o seu entorno debe someterse a

medidas de protección para evitar agresións e perdas dos valores existentes. Así as

áreas ou elementos con valores de tipo ambiental, paisaxístico, son as reseñadas a

continuación de acordo cos estudos e análise realizados no “Estudo do Medio Rural” e

son os seguintes:

• Os espazos naturais protexidos do Parque Natural do Eume : O espazo

integrante da rede galega de espazos protexidos presenta o mais elevado nivel

de fraxilidade pola excepcionalidade dos seus valores.

• Os Humidais: A conservación dos humidais é recoñecido de importancia

capital na actualidade, pola comunidade científica e política de todo o mundo

(Conferencia de Río, 1992). É importante destacar este cambio de orientación,

en relación ao considerado en décadas anteriores, onde o que imperaba era

desecar as zonas húmidas, o facer infraestruturas e edificacións nas traspraias,

o utilizar os cursos de auga e o litoral como vertedoiros dos residuos, etc.

Dende a última década esta concepción cambiou e se valóranse os

ecosistemas húmidos, cos graos máis altos de interese natural. Presentan

sempre valores excepcionais: plantas especializadas capaces de vivir nestes

medios e que aloxan a unha fauna moi diversa, patrimonio cultural asociado,

etc.

• A rede hídrica, que non forma parte do Parque do das Fragas do Eume, debe

de ser conservado e posto en valor mediante os sistemas xerais e ou locais de

espazos libres e zonas verdes como mediante a protección fronte a

contaminación e os verquidos así como a protección de toda a sua vexetación

de ribeira. Evitándose a perda deste recuros natural que é o sistema hídrico.

Os cauces fluviais constitúen valiosos elementos no territorio. As redes fluviais

do municipio presenta grandes valores naturais con presenza de vales con alta

calidade ambiental, onde nas abas de maiores pendentes presentan pequenas

fragas e bosquetes riparios de interese. Ademais as ripisilvas, os cursos de

auga e as fragas interfluviais poñen en relación e conectan áreas de interese

natural, facendo de corredores ecolóxicos, mellorando a conectibilidade dos

espazos; en consecuencia o sistema hídrico contribúe decisivamente a manter

Page 23: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

23

a biodiversidade e a melloralas condicións medioambientais do territorio.

Sendo necesario un gran esforzo de recuperación de espazos de dominio

público nas marxes do río así como a creación de espazos verdes asociados

aos ríos.

• arborado de interese tanto o arborado autoctono asociado as márxes dos ríos

ou os montes ou os lindes dos camiños ou leiras , como o arborado ornamental

de interese de fincas e antergas casas de labranza ou veraneo.. Unha

prioridade no ámbito da sostibilidade para a conservación da biodiversidade do

territorio que nos ocupa é a protección destes espazos autóctonos de bosque

ripario, que nalgúns casos casque convértense en fragas. Os argumentos

estritamente biolóxicos abondarían para xustificar tal afirmación, máis a eles

hai que engadir o efecto regulador do canle e de freo a erosión. Ademais unha

característica que presenta a vexetación riparía en condicións naturais é a súa

“continuidade” ó longo do curso fluvial, actuando de corredor lineal por onde se

desprazan as especies, poñendo en comunicación os distintos treitos do río

(González Tánago e García de Jalón, 1995). Dito corredor de vexetación

riparía actúa de ecotono entre o medio terrestre das ladeiras e o medio

acuático da canle. E outra función da vexetación ribeirega é que actúa coma

filtro natural da contaminación difusa. O arborado autóctono na súa maioría ten

relación estreita coa rede hídrica. Sendo o arborado de ribeira común en todo o

territorio. Si ben a maioría do bosque de ribeira redúcese a unha franxa

estreita; aínda así quedan no territorio algunhas masas arboradas autóctonas

de interese:

• A costa A condición de municipio costeiro confire unha determinada calidade

paisaxística e visual, que forma parte da imaxe percibida polos habitantes e os

visitantes da vila e da comarca, forman paisaxes características que non se

poden perder e e presentando unha gran fraxilidade cara a establecer usos e

actividades na costa.

• Os montes, ademais dos seus destacados valores pola súa contribución á

conservación dos recursos naturais e de calidade ambiental, os montes

presentan un moi alto recurso turístico recreativo e paisaxistico existente e a

potenciar. Ademais de actuar tamén de conectibilidade cos espazos naturais

dos concellos veciños, de interese faunístico por ser hábitats indispensables

para especies con requirimento de hábitats vencellados a superficies, ademais

de interese botánico, paisaxístico, ecolóxico, recreativo e patrimonio histórico e

tamén un aproveitamentos silvícolas sostibles. E por exemplo o monte Breamo

é un fito paisaxístico e un mirador natural o mesmo que os montes do contorno

Page 24: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

24

que pola súa configuración e preeminencia topográfica presentan todos eles

dun gran valor paisaxístico.

• Os espazos agrarios. As áreas cultivadas presentan elevados valores

socioambientais. A reducción forte destes espazos dende atrás, sobre todo

pola urbanización desordenada e polo abandono da actividade agrícola, fan

que sexa necesario protexer os espazos agrarios que se preservaron ata o

momento actual das accións degradadoras e por tanto se converten en

espazos relicto cun valor cultural, paisaxístico, ecolóxico ademais do propio do

recurso natural. Sendo necesario a protección destes espazos tanto polo seu

significado cultural, de memoria histórica e cultura agraria asociada e de

paisaxe como polos valores ambientais ecolóxicos e produtivos que os solos

agrícolas tradicionais teñen.

• Os parques e xardíns representan un factor clave na calidade de vida e un

verdadeiro valor no desenvolvemento das actividades de ocio e esparcemento

da poboación. Ademais unha rede de espazos verdes produce outros efectos

positivos na cidade: reduce a contaminación, mellora o microclima urbano, crea

zonas de vida natural no interior do medio construído e proporciona o acceso ó

medio natural os seus habitantes.

• patrimonio cultural, arqueolóxico e arquitectónico. O territorio conta coa

existencia dunha serie de elementos _ sexan restos de caracter arqueolóxico e

prehistórico, sexan edificacións ..., ben por constituír vestixios e mostras da

historia e do pasado no noso entorno, ben por seu caracter de

representatividade de determinadas épocas ou estilos artísticos ou

arquitectónicos ou pola propia vida intrínseca dos mesmos constitúen un

importante valor cultural que preservamos e mantemos como legado para as

xerazóns vindeiras.

4.5. DIAGNÓSTICO DAS INFRAESTRUCTURAS DE COMUNICACIÓN

4.5.1. REDE VIARIA

En canto ás comunicacións externas o principal eixo está constituído pola autopista A-9

e a N-651, a primeira cun percorrido polo Concello de aproximadamente 5 km.,

correspondente coa Autopista Tui-Ferrol e a segunda que decorre practicamente

paralela á primeira, que é a nacional e comunica Ferrol e A Coruña a traveso do

Concello. Este viario fai máis doado e rápido o percorrido dos 80 km. de distancia que o

Page 25: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

25

separa da capitalidade de Galicia, Santiago de Compostela; os 25 km. que o separa da

capital da provincia, A Coruña; e os 18 km de percorrido ata Ferrol, por outra estas

infraestructuras viarias. É necesario resaltar que esta Autopista, eixe vertebral atlántico

da Comunidade Autónoma, permite un acceso directo ó resto da Península, tanto ás

comunidades autónomas limítrofes, como mesmo a Portugal.

A rede secundaria está formada pola CP-4803 que une a Vila co Concello de Miño pola

costa, a AC-151 que une Pontedeume co Concello de Miño, e a CP-6902 que fai o

camiño dende o núcleo urbano de Pontedeume cara ó Parque das Fragas do Eume.

No que atinxe ó resto do viario interior, a comunicación interparroquial realízase a

traveso de estradas locais de menor importancia.

Unha característica de partida de rede viaria local é que todas e cada unha das vías de

comunicación pasan polo centro da vila, cos conseguintes problemas contaminación,

ruído, riscos, atascos... A realidade é que non existen, a día de hoxe, percorridos

alternativos acaídos, que favorezan a fluidez e a optimización dos tráficos no Concello.

Esta realidade chega a límites insostibles nos períodos vacacionais onde se mesturan

os tráficos domésticos con aqueles de paso e visita.

As vias de comunición existentes e previstas mostranse no seguinte plano

Page 26: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

26

4.5.2. REDE FERROVIARIA

Pontedeume posúe unha liña de ferrocarril, a do tramo Betanzos-Ferrol e unha estación

no seu Termo Municipal, cunha lonxitude duns 4,5 km ao longo do concello, con vía

única que vai perdendo pouco a pouco a utilización intensiva e máis próxima aos

habitantes do territorio pola que pasa (no que a paradas e frecuencia de paso se refire)

que tiña fai uns anos, dándose prioridade ás macromagnitudes, e ás conexións entre

grandes núcleos poboacionais, menguando paseniñamente, por tanto, as posibilidades

de acceso e uso desta infraestrutura por parte das pequenas comunidades como a de

Pontedeume, debido ó seu espallamento polo territorio. Debendose intentar suxerindo

ou forzando solucions de mellora da infraestructura tanto no acceso os servizos que

prestan como a mellora da seguridade e a facilidade de interconexións transversais

respecto da vía para minguar o efecto barreira.

Esta situación acentuarase coa chegada da futura rede ferroviaria básica de máis alta

velocidade, que ademais ten previsto un trazado diferente ó existente, polo que a traza

actual debería ser reformulada, pasando a usos alternativos, incluíndo a terminal

existente no centro da Vila.

4.6. DIAGNOSTICO DOS SERVIZOS URBANÍSTICOS

4.6.1. ABASTECEMENTO E SANEAMENTO

A rede de infraestructuras de abastecemento de auga está xestionada pola empresa

Aquagest, que é a titular da meirande parte da rede existente, existindo tamén nalgúns

núcleos redes de propiedade veciñal que por regra xeral, se van municipalizando

pouco a pouco para mellorar o servizo, o mantemento e a calidade da auga. As

captacións realízanse nas zonas de monte e distribúense a varias estacións de

tratamento e saneamento por parte da empresa concesionaria para resolver os

problemas existentes e a extensión da rede a todos os habitantes do municipio.

A rede de saneamento é xestionada a traveso da mesma empresa e a súa distribución

non se encontra unificada, de modo que parte das augas van parar á EDAR, outras

redes verten directamente ó mar, deficiencia esta que ha de ser reparada con urxencia

As novas infraestructuras de servizos de abastecemento e saneamento previstas ver

no plano, discorren na medida do posible seguindo o trazado das estradas ou pistas e,

polo que a afección a paisaxe, medio ambiente ou topografía do terreo resultan

mínimas. Consideración especial terá o tramo de abastecemento e saneamento

Page 27: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

27

previstos que atravesen zonas forestais e marxes dos ríos e regatos, debéndose ter

especial coidado en preservala vexetación arbórea existentes e en minimizar os

movementos de terras.

Page 28: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

28

4.6.2. ENERXÍA

Todos os núcleos do Concello dispoñen de subministro de enerxía eléctrica. A

principal empresa subministradora é Unión Fenosa. Tamén ten presenza no concello a

empresa Hidroeléctrica do Zarzo (pertencente ó grupo Unión Fenosa) que conta cunha

oficina, e da servizo a varias urbanizacións.

A calidade do servizo é boa na zona urbana, non sendo así nos núcleos onde non

faltan as caídas de tensión e os cortes do subministro.

4.6.3. RESIDUOS

Existe servicio de limpeza e recollida de lixo en todos os núcleos mediante un itinerario

básico. Existe servizo de recollida de lixo en tódolos núcleos con frecuencias variables,

o tratamento dos residuos orgánicos realízao a empresa pública Sogama. Sería

preciso unha recollida específica de voluminosos e zonas para vertedoiros de interese

de residuos.

No Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2004 - 2010 (PXRUG), faise unha

clasificación dos concellos en relación coa xestión dos residuos urbanos baseándose

nunha serie de parámetros poboacionais. Sendo Pontedeume clasificada con 0.29 que

corresponde con un concello urbano.

Page 29: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

29

4.7. DIAGNOSTICO ESPACIOS LIBRES E EQUIPAMENTOS

4.7.1. 1OS ESPAZOS LIBRES E ZONAS VERDES

En termos exclusivamente cuantitativos, no conxunto das parroquias e sobre todo nos

núcleos de poboación, hai unha respectable superficie de terreos dedicada a espazos

libres e zonas verdes que acadan unha superficie total de 54.663 m2, e que para a

población existente en Pontedeume que ascende a 8.663 habitantes, supón un

estándar de 6.3 m2/hab.

Os espazos libres e as zonas verdes no novo plan son ideados dunha maneira

ambiciosa posto que este plan fai unha aposta firme polos parques e espacios libres

públicos, mediante espacios abertos de calidade mellorando os espacios abertos

existentes e crear novos espacios abertos atractivos e accesibles. Creando un

Corredor cinturón litoral verde moi atractivo e moi tanxible que tomando como base

a franxa paralela ó deslinde marítimo terrestre a 100 metros do mesmo, define unha

bolsa superposta á liña de costa que vai dende Arbosa e Perbes ata a Vila de

Pontedeume e dende esta ata o Parque Natural das Fragas do Eume. Un proxecto de

gran magnitude pero que coincide coas directrices ambientais e lexisladoras que

propoñen a consecución da banda de costa como elemento público. Este Corredor

litoral verde toma a posibilidade de coser os asentamentos urbanos mediante unha

franxa verde non urbanizada dende a costa dende Arbosa a Ver, de Ver a

Pontedeume, tendo como elemento focal o canle do río Eume e o Parque Natural é un

obxectivo acadable, recomendable, ambicioso pero entendemos que necesario. A

superficie delimitada é moi elevada, e aínda que sabemos que é difícil de obter

totalmente no período de vixencia deste planeamento, entendemos que o compromiso

deste modelo fai necesaria a previsión, non só a curto ou a medio prazo, senón tamén

a longo prazo, entendendo que as políticas ambientais que se teñen iniciado, tenderán

no futura a facer máis plausible e encaixable economicamente a proposta que dende o

Plan se fai. Deixando claro que non é se trata de facer un “paseo marítimo” senón de

construír un elemento de relación social, vertebración territorial, que se urbanice por

pasiva mantendo os valores propios e que algún día todo o conxunto poida pasar a

formar parte do que hoxe coñecemos como Parque Natural das Fragas do Eume. En

conclusión o corredor verde que ten que facer sentir orgullosos os seus habitantes,

cunha superficie total delimitada que ascende a 965.000 m2 de solo rústico de

protección costeira que se dedica a sistema xeral de espazos libres con unha cadena

verde ou cinturón litoral verde.

Page 30: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

30

E outros dous proxectos de zonas verdes son a Ampliación da área recreativa do

Castelo de Andrade .Se completa á area de protección e posta en valor do Castelo de

Andrade, ta o ámbito de protección patrimonial, de modo que se poda habilitar un área

de aparcamento e lle dea un pouco máis de marxe para o seu deleite e o

acondicionamento do fronte marítimo do núcleo urbano de Ver. Se insta a acometer un

proxecto integral de urbanización da zona de Ver que actualice a zona e que posibilite

o seu deleite xeral. Se insta á expropiación e demolición do hotel que se sitúa a menos

de 20 metros do deslinde marítimo terrestre, provocando a creación dun espazo

central que osixene a alta densidade da zona e comunique co Corredor Litoral Verde.

No seguitne plano observase os corredotes naturais como son formados polos solos

rusticos de especial proteccion e os sistemas xerais e locais de espazos e zonas

verdes.

Page 31: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

31

4.7.2. EQUIPAMENTOS

No eido das dotacións cómpre resolver tamén, ademais dalgunhas deficiencias ou

necesidades básicas, algunhas outras de índole máis urbanística a respecto das

existentes, como pode ser a posibilidade de crear áreas de aparcamento nos accesos

á Vila de Pontedeume, a posibilidade dun Auditorio Municipal, a aparición duna zona

portuaria, e a dotación multinuclear de áreas deportivas e recreativas.

Page 32: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

32

Page 33: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

33

5. DESCRIPCIÓN DO PLANEAMENTO

5.1. Función

Pontedeume é un concello cun pasado histórico moi importante, que aínda permanece

escrito nos seus rueiros urbanos e rurais, na edificacións da vila e das súas aldeas,

cunha diversidade de usos e intensidades notoria e mais nun concello de dimensións

pequenas organizado en torno a oito parroquias cun litoral costeiro e fluvial e con

importantes infraestructuras de comunicación. É un espacio fragmentado polas

grandes infraestructuras de comunicación, como a Autopista A-9, a estrada N-651 ou o

ferrocarril, que posibilitan por unha banda unha comunicación viaria inmellorable, e

unha situación xeográfica preto de dúas das máis grandes poboacións da provincia (A

Coruña e Ferrol) e polo tanto cunha gran potencialidade de usos vinculados a estas

dúas cidades, cun gran atractivo turistico: vila histórica, paisaxes, praias, casco

historico, parque natural ...

E nestes momentos Pontedeume require con urxencia dunha reordenación do seu

territorio e unha reorientación do planeamento marcando novas estratexias e novos

modelos territoriais para acadar un desenvolvemento asumible e autosostible, se non

se quere que o deterioro ambiental chegue a cotas irreversibles. Sendo necesario ter

en conta a consideración as novas demandas da sociedade e das previsións de futuro;

así como poñer a andar unha estratexia de conservación e posta en funcionamento de

todo o potencial natural e cultural que este concello aínda posúe, e que non debe nin

pode perder, facendo do propio territorio unha “empresa” rendible economicamente

dando desposta á necesidade de protección que se ven demandando dende a

Administración autonómica, estatal e comunitaria. Hai que sacar partido desta nova

situación previndo xa no planeamento a demanda de recursos e xestión da actividade

a realizar nos espazos nos que se ven impoñendo xa a súa protección concreta, de

xeito que poida incorporarse pola vía do turismo respectuoso co entorno, un

complemento da súa economía tradicional.

Non é suficiente que a xente veña ata aquí, senón que debe permanecer neste

territorio máis tempo do que hoxe o fai e tratar de estender a tempada a todo o ano,

sendo esto moi factible dada a súa inmellorable accesibilidade a traveso de varios

medios de transporte: terrestre (autoestrada, estradas, ferrocarril). Preparar a oferta

Page 34: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

34

axeitada para esa permanencia potenciando o sistema xa existente e a explotación

racional dos recursos naturais, deportivos e culturais, xa sería razón dabondo para

elaborar un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.

A finalidade esencial do Plan Xeral de Ordenación municipal é favorecer o

desenvolvemento equilibrado e sostible do territorio, contribuír a elevar a calidade de

vida e a cohesión social da poboación e potencia-lo patrimonio natural e cultural e

garanti-lo dereito constitucional dar desfrutar duha vivenda digna.

A proposta do novo PXOM buscou para a ordenación un modelo equilibrado, no que

ás decisións de localización de usos e actividades estean condicionadas pola

realidade medioambiental e a necesidade de camiñar cara un modelo sostible de

crecemento cara o futuro.

5.2. O marco normativo

A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio

rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, constitúe o marco

normativo vixente nesta materia, ten entre os seus principais obxectivos mellorar

substancialmente a calidade da ordenación urbanística coa finalidade de favorecer un

desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio.

Ademais temos o novo marco normativo ambiental da transposición da Directiva

2001/42/CE de acordo con dous principios fundamentais: o de cautela e o de

integración do medio ambiente nos plans e programas ó longo de todo o proceso de

súa elaboración; directiva incorporada ó dereito español pola Lei 9/2006, que introduce

á aplicación da AAE á elaboración e aprobación de plans e programas públicos dunha

serie de categorías, entre as que se atopan os plans urbanísticos.

Tamén poderiamos engadir entre outros o novo marco normativo sobre eficiencia

enerxética da edificación (Código Técnico da Edificación (aprobado en setembro de

2006 é de obrigado cumprimento), ou todo o marco normativo feito ou en elaboración

en relación cos espacios naturais, a biodiversidade e a paisaxe ou o cambio climático,

a mobilidade sostible, en definitiva todoa aquelas normas, directrices e políticas e

directrices que contribuen a un urbanismo máis sustentable.

5.3. alternativas

Page 35: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

35

A análise de escenarios e a selección realizase no proceso de elaboración do plan. E

con caracter xeral plantease un escenario tendencial e escenarios alternativos.

O escenario tendencial constitúe o desenvolvemento da alternativa “0” ou de non

actuación . (Alternativa que non é viable por imperativo legal xa que é necesaria a

redacción do PXOM, para adaptalo a lei de solo vixente) polo que entenderemos a

alternativa “0” como o modelo territorial actual e en todo caso de non aprobarse o novo

plan o escenario tendencial se caracterizaría polo tendencia continuaría coa tónica

actual: da preponderancia dos intereses infraestructuras e urbanísticos sobre a

protección dos recursos naturais e paisaxísticos, da perda de solo pruductivo; da falla

de espacios e zonas verdes de calidade interconectados e quedando os lugares e

espacios de maior interese ambiental, ou ben destruidos ou ben, os protexidos por lei

quedarían desconectados a modo de “illas” dentro da planificación sen un espacio de

amortecemento e sen contemplar unha planificación global dos recursos.

5.4. Tipos de medidas incluídas no planeamento

No novo planeamento incluirá medidas estratéxicas que vertebran a proposta de

ordenación e medidas operativas e organizativas así como medidas preventivas. A

continuación esbozamos un listado de medidas non exhaustivas que serán incluídas

no planeamento:

Considerar dende as primeiras estadías de elaboración do PXOM os criterios e

obxectivos de sostibilidade das normas, planes e programas internacionais, europeos,

nacionais e galegos.

• Levar a cabo unha eficaz transdisciplinariedade do traballo en equipo.

• Determinar a capacidade de acollida do sistema para dimensionar e establecer

a clasificación do solo.

• Delimitar cuncas de interese paisaxístico

• Consolidar criterios ambientais positivos fronte ós meramente restrictivos

• Concretar medidas correctoras nos casos necesarios.

• Protección do recursos naturais e paisaxísticos a través da calificación do solo

como rústicos especialmente protexidos.

• Establecer as medidas necesarias para compatibilizar o planeamento e o ciclo

da auga e racionalizar os usos dos recursos no marco dun modelo territorial

eficiente: tanto mediante criterios de ordenación como de regulamentación.

Page 36: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

36

• Establecer medidas para promover la restauración e recuperación de espacios

degradados.

• Establecer medidas para a problemática dos residuos.

• Establecer ámbitos de protección paisaxística.

• Minimizar na medida do posible a poboación exposta a niveis acústicos das

infraestructuras de transporte.

• Introducir criterios de biodiversidade na rede de zonas verdes e a

conectividade biolóxica.

5.4.1. Aproximación aos efectos previsibles

A avaliación dos efectos ambientais previsibles do PXOM de Pontedeume resulta da

comparación de dous escenarios futuros:

Evolución previsible dos elementos vulnerables en ausencia de plan

Evolución previsible dos elementos vulnerables co novo plan

E para avaliar estes escenarios o que primeiramente debese ter é unha análise

obxectiva da situación actual do entorno es obre esta créanse dous escenarios: o

primeiro como evolucionarían que tendencia habería no territorio que efectos

ambientais produciríanse no tempo coa dinámica territorial actual esto é en ausencia

de novo planeamento.

Avaliar a segunda situación equivale o escenario futuro có novo plan ; esto é analizar

cales serán nun escenario de futuro cales serán os efectos ambientais da posta en

marcha do novo plan.

Para ao cal se elaborar unha táboa onde se compara para cada un dos posibles

impacto significativos o escenario sen plan e con plan.

Page 37: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

37

ELEMENTOS VULNERABLES

EVOLUCIÓN EN AUSENCIA DE INTERVENCIÓN

EVOLUCIÓN COA INTERVENCIÓN DO PLAN

OS ESPACIOS DA REDE NATURA 2000: O PARQUE NATURAL DO EUME

A protección que presenta este espacio natural protexido redúcese a lei; estando as zonas de borde expostas a actuacións degradantes. E as infraestructuras formaran barreiras fisicas, visuais, ruido....

O plan prevé a protección baixo a figura de solo rústico especialmente protexido de todo o espacio do parque no territorio de Pontedeume e os terrenos de borde co Parque Natural son na maioría rústicos de especial protección para así a asegurar un espacio de ecotono co parque natural e proporcionar por tanto corredores ecolóxicos e corredores de paisaxe que comuniquen o parque coa cidade e co medio natural tanto agrícola como forestal.

O LITORAL

O litoral do concello o mesmo que o de toda a comarca, o mesmo que o de toda Galicia, está sometido a presións urbanísticas moi fortes, con campos de golfs, edificacions de baixa densidade expansiva,

O litoral adquire un protagonismo novo asegurándose a protección mediante medidas e determinacións sobre usos e accións para protexer as características e elementos de interese da paisaxe litoral.

O SOLO

Urbanización dunha parte moi importante dos solos fertis e por tanto con perda do recurso non renovable como é o solo. Antropización e enorme extensión do interfase en urbanizacións que ocupan áreas libres onde a separacion e cunha maior segregación social ocupando illas do territorio, cunha dependencia absoluta do vehículo privado e onde os espacios de relacion pasan a ser os propios da urbanización. Así case desaparecen os espacios de relación entre non iguais.

O novo Plan fai unha transformacións de usos do solo tendo en conta que o solo é un recurso non renovable e que o feito urbanizador fai que seu consumo teña efectos irreversibles polo que polo que os crecementos se plantexan con suma cautela e os solos urbanizables planéanse tendo en conta a capacidade de acollida do solo para ser urbanizado e prevíndose os impactos asociados á transformación de solos no proceso urbanizador e nas novas infraestructuras.

OS MONTES Na actualidade o monte está infrautilizado e infravalorado cun alto risco de incendios

A proposta do plan incorpora a protección dos espacios forestais como solos rústico especialmente protexidos; ademais. Se integran as medidas de prevención de incendios forestais de acordo coa normativa de aplicación.

AS TERRAS AGRÍCOLAS

As terras agrícolas están expostas a calquera tipo de actuación degradante, en especial a edificación espallada sobre todo de vivendas unifamiliares, por todo o territorio.

A proposta do plan incorpora a protección dos mellores espacios agrarios como solos rústico especialmente protexidos agrarios.

AS ZONAS DE INTERESE ARQUEOLÓXICO, ARQUITECTÓNICO

Na actualidade aínda que parte dos elementos do patrimonio cultura están protexidos, outros moitos existentes están desprovistos dunha adecuada protección.

O plan protexe todos os elementos patrimoniais.

A ATMOSFERA

A emisións de contaminantes irá en aumento polo aumento da dispersion de vivendas, falla de planificacion integrada de usos do solo e a mobilidade .

Planificación integrada de usos do solo e mobilidade Creación de aparcamentos Análise outros problemas viarios máis concretos, pero serán obxecto de análise en posteriores fases do PXOM, cando se aborde a ordenación detallada

O CICLO DA AUGA

Ata o de agora non se abordou a abastecemento ou o saneamento dun xeito integral polo que na evolución actual produciríanse carencias e deficiencias tanto no abastecemento como no saneamento e depuración. A protección que presenta os cursos de auga na actualidade é a ofrecida pola lei de augas.

As novas previsións de vivendas, industrias e servizos levan consigo un aumento das demandas de auga e de saneamento polo que o plan ten que xustificar que estas demandas son viables e asumibles (orixe da auga, producción prevista de residuais, previsión de evacuación e previsión de depuración; isto é o novo o plan debe garantir tanto o abastecemento como o saneamento).

Page 38: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

38

O novo Plan incorpora como solo rústico especialmente protexido polo menos 25 metros a ambalas marxes dos ríos e regatos e, polo que ademais da protección da lei de augas (100 metros de policia) as marxes dos ríos terán unha ordenanza urbanística reguladora

A FLORA E A FAUNA

Na actualidade tanto a flora como a fauna están expostas a calquera tipo de acción degradante e están desprovistas da adecuada protección.

As medidas destinadas á protección e conservación da vexetación e dos hábitats de interese, inciden positivamente tamén na fauna, mellorándose a conectividade ecolóxica na medida do posible dos espacios naturais, polo que estamos dando un pulo as medidas encamiñadas a manter e mellorar a biodiversidade. Todos os espacios e elementos significativos de valor natural, paisaxístico e ambiental protéxense: e na medida do posible créanse zonas de amortecemento para ampliar o espacio protexido.

A MOBILIDADE

Predomino absoluto da mobilidade do vehículo particular. A urbanización espallada imposibilita o transporte público eficiente. A distancia para servizos básicos na poboación diseminada nas novas urbanizacións obriga a motorización. Ademais os problemas de acceso a vila e de conexión do Concello agravaranse posto que tódolos percorridos municipais e territoriais pasan por un único punto situado no corazón mesmo do Concello, e xunto ó Casco Histórico da Vila.

O novo plan urbanístico na procura corrixir os desequilibrios de mobilidade, cunha maior cércana e equidistancia ao acceso os servizos e equipamento. O novo plan procura de elementos viarios que complementen ós existentes co fin de mellorar a calidade e fluidez dos tránsitos viarios e evitar as conxestións actuais na época estival. Creación de áreas de aparcamento nos accesos á Vila de Pontedeume, A dotación multinuclear de áreas deportivas e recreativas.

RESIDUOS E ENERXÍA

O código técnico da Edificación provocará a mellora enerxética.

Tense en conta mediante normas tanto de residuos como de aforro enerxético. Mantemento dos servizos e equipamentos

ACTIVIDADE ECONÓMICA

A tendencia actual é a perda de calidade paisaxística, a falta de vivenda protexida, a industrias sobre caseque calquera solo. O que levaría a unha inversión da tónica actual e perdéndose en calidade e habitabilidade. A medio prazo os problemas de contaminación ambiental, das augas e paisaxísticos provocaran perda de actividade económica relacionada co turismo e merma da atractivilidade que este territorio aínda na actualidade conserva pero que necesita urxentemente tomar medidas para evitar a perda os seus principais valores que son: o parque natural, o litoral e núcleo urbano. Control do interfase a vivie en pequenas comunidades habitadas por persoas de parecida estraccion social e economica onde non se da as relacions de proximidade que antes se daba nas aldeas e os núcleos de poboación, onde se eliminan os espacios de relacion entre desiguais. O planeta non o pode soportar As vivienda en importancia do paisaxe a

Positivos pola creación de vivendas protexidas, mellora da mobilidade, mellora das zonas verdes e equipamentos, creación de oferta de vivenda ... Modificar o funcionamento da cidade cara unha cidade mais dinámica con novos prototipos, con novos usos e resposta aos novos problemas. O aumento e ordenación das superficies industriais provocará un efecto positivo sobre a actividades económicas. A mellora da rede viaria son tamén accións que favorecen a actividade económica. A protección da costa e a protección da paisaxe favorecen a mellora da calidade do municipio. A Protección dos mellores solos agrícolas e forestais provoca un impacto positivo para a mellora dos mesmos. Comunicación ecolóxica e eficiente coa natureza: a pe, en bicicleta resulatndo tan importante como as estradas e autoestradas. Adaptación do territorio as novas necesidades dos seus habitantes, creación de espacios públicos tendo en conta que a cidade do século 21 os espacios públicos se van a utilizaran de forma diferente a como se usaban no século 19 e 20.

Page 39: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

39

cidade espallada é maior que a cidade tradicional, propostas de antropización destes solos, tendencia a vivir en pequenas areas residencias, con individuos da mesma condicions social e mesma, a cidade do adosado, condicion

Os territorios non son urbanos nin naturais e debese xestionar cunha visión holística do territorio

5.4.2. plans e directrices xerais e sectoriais relacionadas

A relación de doutros plans e programas que son obxecto de especial atención son: • Plan Xeral de Carreteras:

• Plan hidrolóxico de Galicia-Costas

• Plan de saneamento de Galicia, 2000-2015

• A Estratexia Galega de Desenvolvemento Sostible

• Convenio europeo da Paisaxe (2000)

• 6º Programa Europeo de Medio Ambiente, na carta de Aalborg (1994)

• Estratexia Galega fronte ao Cambio ClimáticoA proposta do Plan Xeral buscou

para a ordenación un modelo equilibrado, no que ás decisións de localización

de usos e actividades estean condicionadas pola realidade medioambiental e a

necesidade de camiñar cara un modelo sostible de crecemento cara o futuro.

Page 40: AVALIACIÓN AMBIENTAL · PDF file4º) Resolver, mercé á disposición de canles axeitadas, todos os problemas que orixinará o paulatino e necesario cambio de rol do territorio eumés

40

5.5. DESCRIPCIÓN DOS PROCESOS

O Organigrama integrado do procedemento de elaboración do PXOM