Upload
colexio-de-educadoras-e-educadores-sociais-de-galicia
View
245
Download
8
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Outubro 2014
Citation preview
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela
A Coruña
T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org
nº 86 - outubro 2014 A profesión que sentes, o colexio que queremos
Boletín do Ceesg
tema dO mes
2 de outubro, Día Mundial da Educación Social
O 2 de outubro celébrase cada ano o Día Mundial da Educación Social.
Este ano, baixo o lema "A máis Educación Social, máis Cidadanía", o Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES), que agrupa a todos os colexios profesionais de Educación social do estado, celebrou este día coa organización dunha xornada en Córdoba, coa que se deu a coñecer a Educación Social e o traballo dos profesionais a nivel estatal e autonómico. Será en Córdoba o día 3 de outubro. Ademais,
este acto serviu de marco para o anuncio oficial do VII Congreso Estatal de Educación Social: Sevilla, abril 2016.
A nivel internacional, a AIEJI (Asociación Internacional de Educación Social) fixo unha aplicación informática
para felicitar este día especial.
Xa en Galicia, tamén houbo diversos actos cos que celebrar o noso día:
En Santiago, tivo lugar a VII Xornada "Os recursos educativos en galego: a educación social", organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, e dirixida profesionais e estudantes con interese en coñecer estratexias que axuden a mellorar o uso e coñecemento dos recursos didácticos en galego na educación. Foi o mesmo día 2 no Salón de Actos da Facultade
de Ciencias da Educación (Campus Vida)
En Ourense, o día 2 de outubro deu comezo o Ciclo de cine e Educación Social, impulsado polos grupos de traballo do Ceesg. Esta primeira proxección será do filme "La vida empieza hoy", a cargo do Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica (Geix). Este mesmo grupo é o artífice das VI Xornadas Internacionais de Educación Social e Xerontoloxía, que tiveron lugar o día 1 de outubro tamén en Ourense, coincidindo
ademais co Día Internacional das Persoas Maiores.
Na Coruña, o alumnado do Punto de Información Colexial (PIC), impulsou o concurso de fotografía Olladas dende a Educación social, que tivo no día 2 de outubro o final de prazo de presentación das fotografías, data na que ademais se organizou un safari fotográfico a través do cal saímos á rúa a fotografar por unha ruta
establecida as nosas olladas da educación social en vivo.
Tamén no mundo virtual houbo celebración, acadando o obxectivo de acadar que o hastag #edusoday2014 fose
trending topic en twitter o día 2 de outubro.
VI Xornadas Internacionais sobre Xeron-toloxía e Educación Social. Ourense
VII Xornada: Os recursos educativos en galego: a educación social. Santiago
Xornada: A máis educación social, máis cidadanía. Córdoba
CGCEES
Como se acordou no último Congreso Estatal celebrado en Valencia, o próximo realizarase en Andalucía e xa estamos en camiño...
Coincidindo cos actos de conmemoración do Día Mundial da Educación Social, en Córdoba presentáronse o lema e os eixes, así como a data e lugar.
As educadoras e os educadores sociais debemos reservar na axenda o mes de ABRIL DE 2016 para reunirnos, debater, reflexionar...
Os tempos son especialmente difíciles e faise máis necesario que nunca que a profesión estea viva, que nos mostremos como axentes do cambio e defensores da cidadanía e dos servizos sociais. O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Andalucía conxuntamente co Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educadoras e Educadores Sociais propoñen o seguinte lema e eixes principais:
A + EDUCACIÓN SOCIAL + CIUDANÍA. A profesión como impulsora da transformación social
Eixes:
Eixe 1. - (RE) pensar a profesión, historia, identidade e deontoloxía.
Eixe 2. - (RE) facer a Educación Social para impulsar e acompañar a cidadanía.
Eixe 3. - O esta(R) da Educación Social.
Eixe 4. - (R)evolucionando a educación social dende as emocións, Sentir, Pensar, Facer: Coidarse e coidar.
Quédanos tempo para ir enchendo de contidos e propostas este acto para que se converta nun novo referente para a nosa profesión que fixe as prioridades de 2016 a 2020.
En breve continuaremos informando e pedindo colaboración.
Pero vaiamos tendo presente que a Profesión terá un novo encontro en SEVILLA.
Alí nos veremos!!!!
A profesión camiño a Andalucía 2016
Reunión da Xunta de Goberno do CGCEES en Córdoba Os días 4 e 5 de outubro de 2014 realizouse en Córdoba a primeira reunión da nova Xunta de Goberno do CGCEES. Neste encontro ademais dos actuais membros da Xunta participaron catro membros da Xunta anterior invitados co obxectivo de pasar a testemuña e vincular o traballo realizado cos novos retos que se pre-sentan nesta etapa do Consello, mostráronse ademais dispostos e comprometidos, deixando a porta aberta a colaboracións presentes e futuras. Así mesmo reali-zouse un merecido recoñecemento aos catro cargos saíntes en agradecemento ao traballo realizado durante estes anos.
A tarefa do fin de semana centrouse principalmente en revisar o estado dos diferentes temas de actualidade para o Consello, así como en organizar e adaptar os plans de traballo dos cargos e vocalías á actual situación, de acordo cos criterios que as enti-dades marcaron como prioritarios na pasada Asemblea Xeral realizada en Cáceres o pasado mes de xuño.
Darredor da Animación Sociocultural
O Colexio de Educadoras e Educadores So-
ciais de Galicia acolle un grupo de estudan-
tes francesas/es, dentro dun programa de
mobilidade Erasmus+, en colaboración con
CEMÉA.
O pasado 28 de outubro realizamos unha
xornada de acollida na que estivo presente
todo o grupo francés, así como alumnado do
Ciclo de Técnico Superior en Animación So-
ciocultural (IES Pontepedriña, Santiago), e
estudantes e profesionais de Educación So-
cial.
A Facultade de Ciencias da Educación da
Universidade de Santiago acolleu esta sesión
na que puxemos en común as distintas reali-
dades de traballo, para comprender o que
facemos nas nosas prácticas profesionais e
cómo os diferentes contextos tamén xogan
un papel importante nas mesmas.
Buscamos fortalezas, dificultades e desafíos
para o futuro, dentro do noso colectivo pro-
fesional.
actualidade
Ciclo de Cine e Educación Social: Luna de Avellaneda Continúa o Ciclo de Cine e Educación Social. Próximas citas en Pontevedra: 13 de novembro, Centro Social
Pontevedra Leste, e Santiago, 20 de novembro, Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) Non
faltedes!
II Invernada de Cine
A asociación de veciños da parroquia de Ca-
breiros, en Xermade (Lugo) promove por se-
gundo ano e entre os meses de outubro e de-
cembro a Invernada de Cine, unha iniciativa a
través da cal se proxectan películas e curtas e
se celebran mesas redondas en torno ás obras
audiovisuais.
A primeira convocatoria foi o 11 de outubro,
onde o Ceesg, tras o acto de inauguración des-
ta invernada, presentou, a través de Laura Vi-
laboy, a sesión “Vellez e relacións afectivas”,
antes de proxectar a película “A vida empeza
hoxe”.
O día 18 de outubro continuou coa participa-
ción de África López, investigadora da vida de
Concepción Arenal, e a continuación proxec-
touse o filme “A visitadora de cárceres”.
Está prevista outra sesión para o día 15 de no-
vembro, na que Queco Díaz (Universidade de
Santiago) falará da “Importancia do cine clási-
co na actualidade e despois se proxectará a
película “Santos inocentes”.
O día 29 de novembro a convidada será Pilar
Rey, coa que conversaremos sobre “A perda, o
loito, o dó”, xusto antes de proxectar “A vida
sen min”.
Pecharase a invernada o 20 de decembro, coa
presentación da sesión “O mundo dos contos”,
a cargo da actriz e escritora Paula Carballeira,
que tamén fará unha actuación.
Todas estas sesións serán na escola de Cabrei-
ros e empezarán ás 17:30 h. Tras as proxec-
cións haberá un café para falar das películas.
Día Internacional da Saúde Mental
en extension –mais pobres,
chegando a sectores cada vez
mais amplos-, �ixo agromar
trastornos psıquicos, como
expresion dos elevados niveis de
sufrimento que moitas persoas
estanasoportar.Factorescomoo
desemprego, a reducion da
proteccion social e sanitaria
publicas, o incremento da emigracion, a perda da
vivenda, mais a xeneralizada sensacion de
inseguridadeanteofuturo,sonfactoresqueagravan
unhasituacion,xamoipreocupantemesmoantesdo
comezo da crise. As persoas con trastorno mental
grave, mais as que enferman nunha reaccion ao
empobrecemento, atopanse nun cırculo de difıcil
saıda:maior dano a saude, emenos recursos para
serenatendidos.
Os deputados do Parlamento de Galicia son
conecedoresdestasituacion,tantopoloseutraballo
ensedeparlamentar-tenensepresentadoinformes,
preguntas, ditames e resolucions, tanto propias
comodoutrosorganismoseorganizacionssociaise
profesionais, informandodarealidadequevivenos
enfermosmentaisgravesnaGaliza-, comopolasua
responsabilidadecomorepresentantesdasoberanıa
popular. Correspondelles pois, de xeito acorde coa
sua mision institucional, feitas as consideracions
previas,realizarasseguintespropostasinstandoao
seu cumprimento, tanto aos propios grupos
parlamentares, como ao Valedor do Pobo, como
mesmoaoGobernodaXuntadeGalicia,cadaunno
O venres 10 de outubro estivemos na rolda de prensa do Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM), que se
organizou con motivo do Día Internacional da Saúde Mental no Parlamento de Galicia. O MGSM promoveu cos
Grupos Parlamentares do Parlamento Galego unha declaración institucional para o Día Mundial da Saúde Mental.
Pretendemos que a cuestión ocupe o lugar que lle corresponde nas prioridades das institucións de Goberno de
Galicia.
Con tal motivo, mantivéronse entrevistas con representacións de todos os grupos, aos que se fixo entrega dun
texto no que se fai unha análise da grave situación na que se atopa a atención sanitaria, social e legal ás persoas
que en Galicia sofren Trastorno Mental Grave, finalizando con propostas para respostar ás necesidades
existentes.
Ese texto, que xerou xa iniciativas parlamentares, é o que a continuación reproducimos.
Petición de aprobación dunha
resoluciónnaqueoParlamentode
Galicia acorde unha declaración
institucional o día 10 de outubro,
con motivo do Día Mundial da
SaúdeMental
RESOLUCIÓN:
Neste Dıa Mundial da Saude Mental, e seguindo o
chamado da OMS co seu lema “Vivindo con
esquizofrenia”,esteParlamentoquerefacervisıbela
difıcilsituacionnaqueseatopanunhaboapartedos
cidadans que padecen esquizofrenia ou outro
trastorno mental grave-uncolectivoestimadonuns
75.000galegos-,coobxectivodealertaraospoderes
publicosresponsables,eencetaruncambiorealnas
suascondicionsdevida.Lamentabelmenteosdatos
estatısticos obrigan a unha detida re�lexion: unha
esperanza de vida 20 anos inferior a poboacion
xeral; a mais alta taxa de suicidios do estado
espanol;setevecesmaisriscodesufrirdesemprego;
eosmaisaltosındicesdeexclusionsocial.
A crise economica veu actuar dramaticamente nun
duplofronte.Porunhabanda,apolıticaderecortes
nos servizos publicos, nomeadamente sociais e
sanitarios, levou consigo un deterioracion na
atencion especializada e da cobertura das
necesidades sociais basicas destes doentes, o que
condicionou unha maior morbi-mortalidade. Por
outra, o aumento da desigualdade e dos niveis de
pobreza,tantoenintensidade–maispobreza-,como
PROPOSTA DO MGSM AOS GRUPOS PARLAMENTARIOS DO PARLAMENTO DE GALICIA
atencion comunitaria e da rehabilitacion
psicosocial. Presentacion de Plans de
NecesidadesePlansFuncionaisparatodas
as areas sanitarias para a atencion dos
doentescontrastornomentalgrave.
• Potenciar asmedidas de proteccion social
aspersoasafectadaspor trastorno mental
grave e as suas familias. Cumprimento da
LeideDependencia.
• Desenvolver polıticas activas de emprego
dirixidas especi�icamente a promover a
incorporacion e sostemento na actividade
laboral normalizada das persoas con
trastornomentalgrave.
• Impedir a promulgacion de calquera
medida legal que actue incrementando o
estigmaoudiferenciandonegativamenteas
persoas con trastorno mental grave,
nomeadamente as actuais propostas de
reformadoCodigoPenal.
O Parlamento de Galicia no ambito das suas
competencias e obrigas asume ante as persoas
afectadas por trastorno mental grave e as suas
familias,eanteasociedadeenxeral,ocompromiso
de intensi�icaro seguimentodaspolıticasdaXunta
deGalicianesteeidoededesenvolverasiniciativas
lexislativasepropostasqueprocedanparaavanzar
naconcreciondasorientacionsantesexpostas.
EnSantiagoa10deoutubrode2014
seunivelcompetencial:
a. InstaraosPoderesPublicos,institucionspublicas
e privadas, axentes sociais e economicos, e a
sociedade no seu conxunto, a asumir un
compromisorealcontraoestigmaquesofrenas
persoas afectadas por trastornos psıquicos. Isto
debe levar consigo accions de discriminacion
positiva e un re�lexo nos investimentos para
facilitalo. Compre rematar coa discriminacion
socialelaboraldestecolectivo.
b. Ponerequitativamenteaoalcancede todoaquel
que o precise, os tratamentos psicoloxicos e
medicos, e as intervencions sociais, que tenan
demostrada e�icacia para mellorar o dano
causado pola enfermidade mental, no
conecemento de que, con asistencia apropiada,
actitudessolidariaseapoiosaxeitados,unhaboa
parte dos enfermos poderan desenvolver unha
vida en condicions de saude, normalidade e
integracionsocial.
c. AXuntadeGaliciadebeaumentaroseuesforzo,
sensibilidadeecompromisocoaatencionasaude
mental, e mais en particular co colectivo de
persoasafectadasporuntrastorno mental grave.
Iso require, en cumprimento das orientacions
dos organismos internacionais de referencia
neste ambito, a adopcion urxente de accions de
gobernoguiadaspolasseguintesorientacions:
• A atencion a saude mental debe ser
prioritaria para as polıticas sanitarias
publicas,medianteodeseno,promulgacion
e aplicacion de estratexias e plans
especı�icos. Estes teran en conta o risco
agravadoparaasaudementaldocontexto
actual de crise socioeconomica.
ElaboracionperiodicadunPlanEstratexico
deSaudeMental.
• Reforzo da atencion sanitaria as persoas
con trastorno mental grave, mediante as
dotacions profesionais e materiais
su�icientes,unhaorganizacionde recursos
axeitada, e a oferta de programas
asistenciais especı�icos e e�icaces. En
particular no eido mais de�icitario: o da
Día Internacional para a erradicación da pobreza O pasado 17 de outubro foi o Día Internacional para a erradicación da pobreza.
Nesta data, fomos convidadas a un acto organizado polas plataformas do terceiro sector galego EAPN-
Galicia, Cermi Galicia, e Coordinadora Galega de ONGDs, que tivo lugar na sede do Valedor do Pobo.
As tres plataformas presentaron unha declaración conxunta, e a continuación, baixo o lema A nós non nos
exclúe ninguén, Luís Giménez (Secretariado Xitano), Elías Ledo (Down Galicia) e Guillermo Ascanio (Ecos do
Sur), presentaron o manifesto realizado coas conclusións dos Encontros de Cidadanía Inclusiva e
Participación de persoas en situación de pobreza celebrados en Compostela, Murcia e Bruxelas.
Así, en primeiro lugar, Luis Giménez solicitou “información veraz, debates máis próximos, eliminar privilexios
e potenciar dereitos. (…) Reclamamos dar máis voz ao pobo”.
Elías Ledo pediu “garantir o Estado do Benestar: rematar coa política de austeridade”, “unha política fiscal
máis xusta e equitativa”, “máis oportunidades e menos caridade”, “que se respecten os nosos dereitos
fundamentais: educación, formación e emprego, vivenda e saúde”.
Por último, Guillermo Ascanio expuxo que “non bastan as boas intencións cunha pobreza e unha
desigualdade cada vez máis extremas, intensas e crónicas”, polo que requiriu “medidas dirixidas a garantir a
renda das persoas, accións de activación económica e emprego digno, así como medidas de apoio aos
procesos de inserción.
Tras eles, interveu o Valedor do Pobo, José Julio Fernández, que
recalcou a necesidade de que as políticas públicas sexan máis
concretas, eficaces e reais, de xeito que as leis e a constitución
poidan aplicarse realmente para solucionar os problemas das
persoas.
1 de outubro, Día Internacional das Persoas Maiores 2 de outubro, Día Mundial da Educación Social 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental 11 de outubro, Día Internacional das Nenas
15 de outubro, Día Mundial da Muller rural 16 de outubro, Día Mundial da Alimentación 17 de outubro, Día Internacional para a erradicación da pobreza
Calendario outubro
O día 2 de outubro, Día Mundial da Educación
Social, e no marco das VII Xornadas de
materiais e recursos educativos, tivo lugar a
entrega do premio do I Concurso TFG.eduso a
Andrea Maroñas Bermúdez, como
recoñecemento ao seu traballo “Os bancos do
tempo: unha iniciativa pedagóxica e social para
o Desenvolvemento Comunitario” presentado
na Universidade de Santiago de Compostela
baixo a titoría de J. Antonio Caride e Rita
Gradaílle.
Andrea puido así beneficiarse da cota de
colexiación gratuíta, e poderá ver o seu
traballo publicado en breve. Engadido a isto,
agasallámola ademais cun detalle recordatorio
do premio e cunha inscrición gratuíta no
próximo Congreso Estatal de Educación Social.
Entrega do premio do I Concurso TFG.eduso
I Concurso Olladas dende a Educación Social
E seguindo cos galardóns, anunciamos que o
vindeiro 13 de novembro será a entrega dos
premios do I Concurso fotográfico Olladas
dende a Educación Social.
Será ás 18:45 no Salón de Actos da Facultade
de Ciencias da Educación, na Universidade de
A Coruña.
O concurso naceu como iniciativa das
dinamizadoras do Punto de Información
Colexial (PIC) do Colexio de Educadoras e
Educadores Sociais de Galicia (Ceesg). A
intención desta actividade é inmortalizar en
imaxes a mirada socioeducativa da vida cotiá e
da contorna que nos rodea, retratando as
utopías, ilusións, inquedanzas, preocupacións,
denuncias..., capturando imaxes que
provoquen o debate e a reflexión crítica,
fomentando a construción dun discurso
conciliador por un mundo máis xusto, no que
cada quen temos moito que aportar.
O xurado estivo composto por unha
representación do alumnado da Facultade
(Antía Blanco e Margot Paradela), do
profesorado (Juan José Bueno e José María
Mesías) e do Ceesg (Alfonso Tembrás). O seu
fallo farase público tras a cerimonia de
entrega de premios, a través dos medios
habituais do Ceesg.
Dende aquí o noso agradecemento a todas/os
eles/as, e o noso convite a quen queira acudir
ao acto.
As fotografías que participaron no concurso,
así como as realizadas durante o safari
fotográfico organizado o día 2 de outubro,
poderán verse na Facultade de Ciencias da
Educación da Universidade da Coruña.
Anunciaremos proximamente as datas.
Moi pronto sairá á luz o libro no que se publica o
traballo gañador
Aínda non coñeces a Eira do Ceesg? Somos a Eira do Ceesg, un grupo de educadoras sociais pertencentes ao Colexio de educadoras e
educadores sociais de Galicia que –como profesionais– compartimos intereses e inquedanzas no
ámbito do Desenvolvemento Comunitario e da Educación Ambiental.
Achegámonos a realidades complexas e enriquecedoras nas que poñer en práctica moitos dos
valores, principios e competencias da nosa profesión. Traballamos arredor de ámbitos emerxentes
da Educación Social, nos que urxen accións que nos identifiquen: dunha banda como promotores de
alternativas pedagóxico-sociais na construción de estilos de vida máis harmónicos nas relacións
ambiente-sociedade e, doutra banda, como dinamizadores de procesos participativos integrais e
integradores que entendan á comunidade como un ecosistema social con necesario equilibrio nas
súas dimensións: cultural, económica, sanitaria, educativa, política, etc.
Neste sentido, pretendemos desenvolver accións innovadoras que respondan aos obxectivos de:
-Reclamar o ámbito comunitario e ambiental como un espazo interdisciplinar e interdependente
onde a Educación Social estea presente de xeito activo.
-Reivindicar profesional e socialmente a importancia do desenvolvemento comunitario e a
educación ambiental en clave pedagóxica e social nos contextos locais, incidindo nas súas
posibilidades transformadoras.
Para isto, centrámonos en dúas liñas de traballo, do abstracto ao concreto. Na primeira faremos
unha construción teórica con diferentes axentes sociais sobre os conceptos de Desenvolvemento
Comunitario e Educación Ambiental para a súa posterior difusión e, na dimensión máis práctica,
proporemos actividades onde coñecer experiencias de boas prácticas, ademais de encontros
formativos como mesas redondas ou xornadas arredor destas temáticas.
Por que Eira? Que mellor que recorrer á nosa identidade, a Eira defínese como un espazo
tradicional con especial presenza nas zonas rurais galegas onde se desenvolven tarefas vencelladas á
terra, un lar onde compartir tempos e experiencias que axudan á construción colectiva da
comunidade; ideas que resumen os principios que asumimos como grupo de traballo do Ceesg.
Así que só faltas ti! Anímate a coñecer e/ou participar dando voz a dous ámbitos tan necesarios e
moitas veces invisibilizados. Esperámoste con moitas ideas, ilusión e compromiso na tarefa de seguir
construíndo colectivamente a nosa prezada profesión.
A Eira do Ceesg
Próximo número da revista RES
Xa está en preparación o número 20 da revista RES. Este novo número ten por título: Dereitos Hu-
manos e Educación Social.
Como sempre, a revista está aberta ao envío de artigos de todas aquelas persoas que queiran apor-
tar as súas reflexións e experiencias.
Atoparás maior información sobre o próximo número na web da revista res: www.eduso.net/res. O
prazo para enviar artigos está aberto ata o día 15 de novembro de 2014.
formación
VI Xornadas internacionais de Xerontoloxía e Educación Social
Boas prácticas: Profesionalización
e experiencias xeragóxicas
A profesionalización notable no sector
sociosanitario-xeragóxico e a presenza de boas
experiencias de traballo dende a educación social
coas persoas maiores, as familias, os coidadores
formais e os recursos de atención e apoio, tanto
en Galicia como en contornos europeos plantexa
a necesidade de difusión e actualización destas
boas prácticas dende a intervención e o apoio
socioeducativo, que evidencien os eficientes
resultados e permitan debater sobre as
necesarias melloras. O/a educador/a social é
unha figura clave neste tipo de apoio
socioeducativo e vén sendo esencial ou case que
imprescindible introducir novas perspectivas de
traballo cara a desenvolver sociedades máis
acordes coas esperanzas de vida, coa perspectiva
do avellentamento activo, e camiño da ruptura
dos paradigmas estereotipados sobre a vellez e
as persoas maiores.
Estas xornadas xorden con varios obxectivos
claves:
• Difundir o coñecemento en xerontoloxía no
ámbito dos servizos sociosanitarios dende a
educación social.
• Promover as boas prácticas e experiencias
positivas no contorno da xeragoxía.
• Fomentar a profesionalización na intervención
socioeducativa con persoas maiores.
• Coñecer e poñer en práctica novas
ferramentas e recursos para os profesionais
en xerontoloxía.
DESENVOLVEMENTO DAS XORNADAS
Conferencia Debate Inaugural: Atención
centrada na persoa: Novo paradigma na
educación social.
Poñente: D. Quico Mañós Balanzó. Director de
Zotikos, Profesor universitario e responsable de
proxectos da Escola de Traballo e Educación
Social da Fundació Pere Tarrés.
Como non podía ser doutra maneira, Quico
ofreceu una visión clara de como debe ser o
quefacer dos profesionais do ámbito social,
socioeducativo, socioterapéutico e sociosantario
en canto ó seu labor de cara ás persoas maiores,
autónomas ou que presentan limitada autonomía.
Pensando en termos de acompañamento e de
tratar as persoas maiores como persoas plenas
de dereitos, e sempre tendo unha visión de que o
centro é a propia persoa, ofrece debates sobre se
as/os profesionais intervimos ou acompañamos,
se planificamos ou atendemos centrándonos na
persoa, e se temos ou non en conta realmente á
persoa na relacións máis simples do día a día.
Ofrécenos un percorrido de como chegamos dos
coidados centrados na persoa á consecución da
planificación centrada na persoa.
En primeiro lugar, entendendo como xorde esta
corrente, a qué responde, e cara onde camiña.
Fundamentos normativos e políticos: a
planificación centrada na persoa está baseada en
fundamentos xurídicos e normativos. Responde a
leis estatais e autonómicas, que defenden os
dereitos das persoas, en situación de necesidade
ou en situación de vulnerabilidade, servizos
sociais, dependencia, discapacidade.
Fundamentos teóricos: Pilar Rodríguez Rodríguez,
Fundación Pilares, Modelo de Calidade de vida
(Schalock y Verdugo), Joint Commissión…
Fundamentos de investigación: continuas
publicacións que dan testemuño de accións
levadas a cabo e probando a súa importancia no
ámbito.
Fundamentos da práctica: boas prácticas de
atención centrada na persoa, dende a
planificación a intervención.
En segundo lugar, este modelo non pode ter
maior significado se non se ten claro onde se
sitúa a persoa, e ese é o factor máis esencial
para poder ter éxito no proceso de
acompañamento e lograr que teña una
estimulación adecuada ás súas necesidades e o
que realmente precisa. Móstranos un mapa
conceptual de como entender a persoa dende ás
súas capacidades e habilidades. “Os mapas
básicos son soportes onde a información
relevante de cada persoa se amosa
esquematicamente, de xeito que poida ser
facilmente vista, en relación a varias áreas
básicas implicadas na súa PAeV”, mapas de:
saúde, AVDs, relación, medos, sonos,
preferencias, lugares significativos… todos eles
configurarán as ferramentas para crear o seu
plan de vida e coidados.
En terceiro e último lugar, a ética debe ser de
maneira transversal a perspectiva que defina o
noso quefacer, ética social, organizativo, persoal
e profesional.
Conversas e tendencias: Educación Social na
discapacidade intelectual avellentada.
Modera: D. Miguel Ángel Vázquez Vázquez.
Asesor científico do GEIX. Profesor de Xeriatría e
Xerontoloxía da Facultade de Ciencias da
Educación da Universidade de Vigo
D. Manuel Ojea Rúa. Dr. en Psicopedagoxía,
Profesor da Universidade de Vigo, membro da
Comisión de Atención á Diversidade da
Universidade de Vigo, Catedrático de Orientación
Educativa de E.S. Presidente de TRASCOS.
⇒ Traballan con persoas con Trastornos de
Espectro Autista.
⇒ Persoas de 45-50 anos xa se considera que
comeza o seu proceso de avellentamento.
⇒ A maior idade, maior discapacidade = maior
dependencia
Dna. Pilar Villaverde Souto. Responsáble do
Programa de Apoio ao avellentamento activo de
persoas con discapacidade intelectual de
FADEMGA.
⇒ Traballan con persoas de 45-50 anos en
proceso avellentamento e con discapacidade
intelectual.
⇒ Ofrecen asesoramento e formación a
profesionais de entidades asociadas para
traballar non eido de persoas con
discapacidade avellentada.
⇒ Ofrecen instrumentos adaptados para a
avaliación de necesidades e detectar o proceso
de avellentamento.
Dna. Natalia Rey Cordo. Directora do Centro de
día de Terceira Idade Dependente de Aixiña.
⇒ Atención ás necesidades da familia, persoas
usuarias e traballadores.
⇒ Interveñen nas alteracións das demencias a
nivel psicolóxico e comportamental.
⇒ Aproximacións farmacolóxicas e non
farmacolóxicas (terapia de validación,
estimulación sensorial, terapia con animais,
musicoterapia, cociña…)
D. Cipriano Jiménez Casas. Director Xeral da
Fundación Menela.
⇒ Traballan dende a Educación Permanente coas
persoas maiores
⇒ Valoración específica do traballo en persoas
con discapacidade
Dna. María Antonia Moldes Beloso. Xefa da Área
Ocupacional do Fogar e Clínica de San Rafael.
Hospital de San Juan de Dios.
⇒ Traballo con persoas con discapacidade
intelectual.
⇒ Proceso de avellentamento máis acelerado en
persoas con discapacidade.
⇒ Non existe en si un centro de discapacidade
intelectual + maiores.
⇒ Programación por adiantado; onde o maior
pode planificar os seus últimos anos.
⇒ No momento de debate xorde por parte dun
participante recordar o PROGRAMA “POR
BUENA VEJEZ”: supón a elaboración dun “libro
de vida”, de aspectos positivos e estimulantes
para a persoa.
Conferencia no acto inaugural: “La
profesionalización en gerontología de la Educación
Social como un logro de futuro”
Poñente: Dna. Marichu Calvo de Mora González.
Educadora Social. Coordinadora da Comisión
Envejecimiento activo, ALV e Intergeneracional
de Cgcees.
A súa conferencia intentou ofrecer unha visión
de como debemos en primeiro lugar entender ao
maior dende a súa perspectiva, intentando
poñerse dende o lugar do maior, algo case
imposible porque só o maior sabe o que
necesita e quere.
Mostrou un gráfico sobre a pirámide de
poboación en España, tendo en conta as
previsións do INE, o cal amosa un notable
incremento da poboación maior derivada do
aumento da esperanza de vida, en 40 anos, o
40% das persoas serán maiores de 65 anos.
Unha forma de traballo non so é tendo en conta
ás persoas maiores se non todas as xeracións
relacionándoas coas persoas maiores. A
sectorización da poboación o que provoca é
entender as persoas como entes illados e non
como entes que forman parte dunha sociedade.
Para lograr unha cidade inclusiva debe acadarse
entender que o traballo debe ser en rede e
considerando a todos e todas como membros da
mesma.
Proxectos como os programas interxeracionais
son instrumentos de traballo no ámbito
socioeducativo, que teñen por obxectivo acadar
una integración adecuada de todas as persoas e
unha ferramenta que pón en valor as relacións
sociais entre as distintas xeracións.
Na súa conferencia fai referencia ao proxecto de
cidades amigables, o cal ten por obxectivo
impulsar o envellecemento activo mediante a
optimización da participación, a mellora das
condicións da saúde e o aumento da seguridade
dos ámbitos, e mellorar así a calidade de vida
das persoas maiores.
A súa conferencia finaliza coa visión da
Educación social no ámbito da xerontoloxía,
como unha disciplina capaz de desenvolver
capacidades persoais; modificar condutas; romper
estereotipos; cambiar valores; xerar socialización;
e crear cidadanía inclusiva e con valores propios
e polo ben común.
Mesa redonda: Xerontoloxía en entornas
especializadas.
Modera: Dna. Lorena Fernández Bouzas.
Educadora social e coordinadora do SAF en
Achega, Atención domiciliara S.L.
⇒ Reinvidica que as educadoras e os educadores
poden coordinar servizos de Axuda no fogar. É
propietaria dunha empresa deste sector.
⇒ Accións relacionadas coa profesión:
intervención individual e familiar, reeducación e
intervención no fogar.
⇒ Oferta a nivel social, Charlas informativas,
Actividades socioculturais...
⇒ Defende o traballo multidisciplinar.
Poñentes:
Centros de día: Dna. Lucía Chaves García.
Educadora social en centro de día de COGAMI,
psicopedagoga e coach persoal e executiva.
⇒ Describe o papel de educador/a social no
traballo en centros de día, parte da idea de
fomentar a participación activa, onde poidan
tomar decisións
⇒ Empoderamento: poder de decisión =
Motivación = Participación Activa
⇒ Elixir é motivante.
Vivenda tutelada: Dna. Laura Folgueira García.
Educadora social do CAPM de Melide, Consorcio
Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
⇒ Un/ha Educador/a Social nunha vivenda
comunitaria traballa principalmente habilidades
sociais e comunicativas, e de interacción entre
as persoas que conviven xuntas.
⇒ Busca actividades adaptadas e significativas
para a persoa coa que traballa. As técnicas de
modificación de conduta e reeducativas
son as principais no seu día a día.
⇒ Traballar temas relixiosos e de
sexualidade, resultan moi interesantes.
⇒ Defende un Traballo en equipo entre os
profesionais que traballan co colectivo.
Centro sociocomunitario: Dna. Ana Isabel
Estévez Fernández. Educadora social e
coordinadora dos centros comunitarios de
Narón (Geriatros S.A.U.)
⇒ O seu obxectivo é a atención integral social
e comunitaria.
⇒ Busca a promoción da convivencia no
ámbito interxeracional e comunitario.
⇒ O máis importante é achegar o maior á
sociedade e viceversa.
⇒ Impulsan actividades de carácter psico-
terapéutico, socioeducativas e lúdicas,
dirixidas a todos os públicos.
Residencia: D. Carlos Alberto Leite.
Presidente da Comissao de Proteçao ao Idoso.
Associaçao Regional do Norte. Portugal.
Director do Centro Gerontológico Resisenior.
Braga.
⇒ Traballan na área da saúde, social
(residencias, centros de día, axuda a
domicilio, centros de noite…)
⇒ Niveis de intervención: Rede Pública,
Sector Economía Social, Iniciativa Privada
A tarde estivo configurada por catro
obradoiros prácticos, aos cales os
participantes se inscribían no mesmo día pola
mañá, as temáticas foron orientadas en catro
polos:
O cine como estratexia de intervención.
Dna. Marichu Calvo de Mora.
A tradición oral como ferramenta de
traballo con maiores. D. Celso Fernández
Sanmartín.
Dinamización sociocomunitaria no rural.
Dna. Manuela Vilaboy Romero.
Boas prácticas dende a excelencia no trato e
o respecto á confidencialidade. D. Quico
Mañós Balanzó.
A continuación deuse paso a presentar a
exposición de “Museo Aberto: lembrar no
museo 2005-2011”
http:/museoetnoloxicoribadavia.blogspot.com.es/
Como comunicacións libres presentáronse as que
a continuación describimos, as catro serán
incluídas na edición do presente ano da revista
GALEDUSO:
1. “Intervención socioeducativa dende os
centros de día”. COGAMI.
2. “Bienvenidos al confort”. Parque Castrelos.
3. “Intervenciones asistidas con animales.
Experiencias gerontológicas en el C.T.X. A
Veiga”. CTX A Veiga.
4. “Huerta terapéutica. Cultivando cuerpo y
mente en el C.T.X. A Veiga”. CTX A Veiga.
Estas xornadas de traballo reuniron a case 200
participantes (profesionais ou estudiantes de
Educación Social na súa maioría)
Desfiladeiros
Unha das caracterısticas mais recorrente nas
profesions derivadas dos Humanidades, e o
material sensible co que traballamos. As
persoas,particularidadeseindividualidadede
cadasuxeito,concentrannununicoorganismo
distintos planos, que van dende unha morea
de oportunidades e potencialidades a un
complexo abano relacional de excepcional
sensibilidade. Ambos os dous mundos
convivindointerrelacionados.
Acompanar e percorrer o camino a traves do
treito construtivo, sera parte do exito nese
proceso persoal (suxeito) e profesional
(educador/asocial).
Cando o traballo en rede e produtivo e parte
de vontades e�icaces polas pezas que o
integran, os educadores somosdosprimeiros
en remar xunto a outros profesionais de
intervencion directa, traspasando mesmo as
nosas propias competencias. En acollemento
residencial,temosabenresponsabilizarnosda
proteccionainfanciaexuventudeensituacion
de di�icultade familiar. Pero se queremos
alcanzarboapartedosobxectivosformulados
concadasuxeitoprotexido,einconcibiblenon
ofacerenconivenciacoafamilia.
Comoaındanonseinventouoproxectoondea
familia, como institucion, poida formar parte
integra do recurso de acollemento, e o
educador neste caso, quen se propon
traspasarafronteiraereconecerapartemais
ıntima e humana do noso rapaz residente: o
fogar familiar. A traballadora social
coordinadora do caso, acepta de boa gana a
adhesion,reforzandodestamaneiraunavision
conxuntadasituacionylasposiblessoluciones
adevolver.
Si, si, xa sei que me diran que existen os
educadores familiares, comunitarios ou de
medio aberto que se ocupan mais
directamente dese espazo socio-educativo.
Que previamente se veu facendo un
percorrido historico con esa familia
(traballadores sociais,
psiquiatras, profesores....), pero que por un
motivo ou outro, rematou coa saıda do neno
do ambito familiar, dando cos seus osos
novamente, nun centro residencial. Mal que
nospese,comodicıaJavierMujicanarecentes
xornadasderesilienciaebostratosdeVitoria:
"1+1+1enocasions,eiguala-10".
O unico proposito da visita domiciliaria e
compartir coa familia e o mozo, a sua
realidade cotia que se albisca como futuro
recente tras a maiorıa de idade deste. Pero
non nos escapa unha di�icultade inherente:
que non se produza unha intromision a sua
intimidade.Nadamais lonxede intencionsou
obxectivos,debeserninparecero feitocomo
algoviolento,decontroloucoercion.Parael,o
posicionamento e a comunicacion debe ser
moi clara e emitida nesa unica direccion:
busca de solucions optimas.
A chegada a casa non e doada. Remota, na
montana.Esperaunhanaiconboasintencions,
pero que non acaba de culminar os seus
desexos verbais. Di segundo entramos que a
casa esta tal cal, para que a vexamos como
habitua. Localizacion humilde, habitaculos
reducidos,mobiliarioaustero,algunaparelloe
electrodomestico basico, terreo agrıcola
www.educablog.com
@EducaBloguer
www.facebook.com/educablog
www.youtube.com/user/Objetivosocial
bloguES
adxacente sen aproveitar e animais
pululando. Nun sofa, recostado aında as
once da mana, o mozo. O noso mozo
residentedediario, apuntode cumprir18
anos. Mıranos con descon�ianza, coma se
non nos conecese de nada a pesar de
convivir conxuntamente dende hai catro
anos.Miradaesquiva,remisa,algoviolenta.
Senchegara repudiarnos,nonnosdevolve
nin unha soa palabra no dialogo que
intentamospacientementeestablecer.
Esperabanos algun dıa, pero non sabıa
cando. E ese cando, chegara e el non o
aceptou. Os seus silencios son moi
clarividentes: "Vinestes amina realidade,o
meu ambito, a mina vida. Unha dimension
moi distinta da que comparto convosco.
Profanastesomeupequenosantuario,onde
eu habito, o meu canto familiar do que
sabendo non e o optimo, e o meu, o meu
lugar, o que eu anhelo. Vinestes a usurpar
partedomeu".
Lamentablemente, na educacion social
comonavida,algunhasvecesos �inaisnon
son como quixeramos, nin moito menos,
felices.
AsierFélix
www.educablog.com Foto: Vicent Faübel (Educador Social - Col.legi Oficial
d´Educadores i Educadors Socials de la Comunitat Valenciana)
EducaBlog, o Blog da Educación Social é unha bitácora que, dende 2006, se instala na Rede co fin de xerar
un espazo no que escribir, compartir e reflexionar en torno a esta profesión.
Detrás de EducaBlog áchanse catro profesionais que, dende un punto de vista afastado do académico,
envorcan os seus pensamentos ao respecto do seu día a día profesional vinculándoos, como non pode ser
doutro xeito, co toque persoal de cada un.
Pero ademais destes catro educadores, EducaBlog tamén o forman todas as persoas que se achegan a
este reduto para ler as súas entradas e comentalas, así como todas aquelas que seguen as súas
actualizacións a través das redes sociais nas que EducaBlog está presente.
Uns cantos anos xa, con todo, nos que dende este blog se defende, se promove, se critica e se pensa a
Educación Social. Se estás interesada ou interesado nesta profesión, sen dúbida, este é o teu sitio.
Dende hai uns meses, colaboro como Educador
Social nun Centro Aberto para mozos en risco de
exclusión social no barrio do Raval de Barcelona. A
función do centro aberto é dar un servizo preventivo
sobre situacións de ruptura social a mozos,
adolescentes e nenos fóra do horario escolar e de
forma diúrna, como complemento ao soporte levado
a cabo polo colexio/instituto e a familia. O obxectivo
do centro aberto é o de proporcionar atención aos
nenos e adolescentes que están en risco de exclusión
social, velando para que as familias poidan mellorar a
súa situación. O traballo está enfocado para a
potenciación das habilidades dos devanditos mozos e
mozas, a través de procesos de socialización e
adquisición de aprendizaxes básicas tanto no ámbito
da educación regrada, como no da non regrada.
Búscase así compensar a súa situación
socioeducativa, a través do traballo individual, grupo
de iguais, familia, comunidade e traballo en rede.
Deste xeito, desde os educadores sociais do centro,
como do resto de profesionais, búscase que os nenos,
adolescentes e mozos poidan encontrar un espazo
para poder identificar, expresar e xestionar as súas
inquietudes.
Antonio Fernández Ramos
Educador Social
QuE fas ti pola educación social?
Para ler e reflexionar...
Cuestiones éticas en la educación social. Del compromiso político a la responsabilidad en la práctica profesional. (Jesús Vilar Martín). 2013. O obxectivo deste libro é estudar qué forma adoptou a ética na educación social, cómo se chegou ata este punto e cales son os principais retos de futuro. Para iso, despois dunha presentación teórica sobre ética profesional, analízase o proceso de construción da identidade dos profesionais da educación social e o xeito como a ética estivo presente neste proceso. En segundo lugar, analízanse as principais fontes de conflitividade moral na profesión e as principais dificultades formais coas que se encontran os profesionais á hora de xestionar os conflitos de valor que aparecen na práctica profesional. Finalmente, achéganse criterios para a xestión dos conflitos de valor e propóñense unhas vías de traballo sobre como vincular o sentido moral do profesional coa súa práctica cotiá.
Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg
Todos os servizos dun colexio profesional ao teu alcance.
Infórmate no Ceesg. Tlf. 981.552.206
Actuacións
Seminario plurinacional sobre Educación Nova – Bur-deos. Dende o sector europeo e internacional de Aquita-nia organizan unha formación con asociacións francesas, alemanas, portuguesas e galegas. Esta formación está financiada pola OFAJ (Oficina Franco Alemana para a Xuventude) e está agora na súa última etapa: tivo lugar un primeiro seminario en outubro de 2013 en Lisboa, un segundo seminario en mar-zo - abril de 2014 en Berlín e está por chegar o tercei-ro, que será o vindeiro mes de outubro en Burdeos.
Pleno e asemblea da Unión Profesional de Galicia. Par-ticipamos no pleno e na asemblea da Unión Profesional de Galicia, asociación que agrupa a diversos colexios profesionais galegos. Entre outros asuntos, fixéronse propostas para a celebración do seu 20 aniversario e to-máronse decisións sobre a publicación da guía de peritos 2015.
VI Xornadas internacionais de Xerontoloxía e Educa-ción social. Baixo a organización do GEIX (Ceesg) e a Facultade de Ciencias de Educación da Universidade de Vigo (Campus de Ourense) tiveron lugar as VI Xornadas Internacionais de Educación Social e Xerontoloxía, baixo o lema Boas prácticas: profesionalización e experiencias xeragóxicas, que acolleron a case 200 participantes.
Envío de propostas do Ceesg ao grupo parlamentario BNG. O grupo BNG quere escoitar as nosas propostas pa-ra levar ao debate sobre o estado da nación. Ante a im-posibilidade dun encontro persoal, enviamos un escrito no que recompilamos diversas demandas do Ceesg: inte-gración nos centros escolares, modificación do convenio único da xunta, persoal educativo dos centros de meno-res...
Xornada Darredor na animación sociocultural. O Ceesg forma parte dun proxecto de acollida de estudiantes franceses, e esta é unha xornada para o encontro na que coñecer as diferentes realidades socioculturais e como inflúen na intervención socioducativa.
Reunión do Foro de Inmigración. En outubro tiveron lugar dúas xuntanzas. A primeira a nivel local na que entre outros asuntos, se informou das actuacións manti-das en torno ao acceso do colectivo inmigrante ao siste-ma sanitario. A outra, xa a nivel autonómico, tivo como tema central a continuación da campaña SOS dereitos das persoas migrantes en grave perigo.
Reunión coa alcaldía de Santiago. Seguindo coa rolda de reunións coas alcaldías das cidades galegas. Interesá-monos pola dotación de persoal educativo nos servizos sociais e presentámolles o proxecto de acollida de mobi-lidade en prácticas no que estamos participando.
Inauguración da II Invernada de Cine. Organizada pola Asociación de Veciños de Cabreiros (Xermade - Lugo), o Ceesg encárgase ademais e dinamizar a proxección da película "La vida empieza hoy"
Celebración do Día Mundial da Educación Social, Cór-doba. O CGCEES celebrou o Día Mundial organizando un-ha xornada co lema: A máis educación social, máis cida-danía. Alí deuse a coñecer o lugar e datas do próximo congreso estatal de educación social: Sevilla 2016.
Reunión do Espazo Dialoga. En outubro mantivemos tres reunión, dúas previas ao II Encontro Galego de Profesio-nais do Benestar, e outra avaliativa, para analizar as causas que levaron á súa cancelación por escaso número de inscricións.
Rolda de prensa do Movemento Galego da Saúde Men-tal. O Movemento Galego de Saúde Mental, con motivo do Día Internacional da Saúde Mental, presenta unha proposta no Parlamen-to de Galicia. Como parte integrante deste movemento, estivemos alí apoiando este tex-to, que xerou xa ini-ciativas parlamenta-res.
IV Foro sobre Pobreza, Exclusión Social. Terceiro Sec-tor e Voluntariado. Fomos convidadas a participar no obradoiro sobre a Renda Básica "Risga ou Renda Básica de Cidadanía?", no que nos representou Eva López Soto. Este Foro, que vai pola súa cuarta edición é organizada por EAPN-Galicia, CERMI Galicia e Coordinadora Galega de ONGD. Xa é unha referencia na análise e a presenta-ción de propostas sobre a loita contra a pobreza e a ex-clusión social.
2 de outubro, Día Mundial da Educación Social
Reunión de aBeira. O Grupo de traballo reúnese para ultimar detalles en canto á proxección do ciclo de cine.
Reunión de Escaravellando. O grupo Escaravellando traballa nunha proposta para que os pregos de contrata-ción de persoal dos centros de menores inclúan como persoal educativo só a educadoras/es sociais.
Ciclo de cine. Proxeccións Geix e Fiadeiras. A Faculta-de de Educación da Universidade de Vigo do campus de Ourense acolleu a proxección a cargo do grupo Geix, do filme "La Vida empieza hoy". Pola súa parte, o grupo Fiadeiras encargouse da proxección de “Antonia’s line” no Teatro As Torres de Santa Cruz.
Servizo xurídico do Ceesg. O Servizo xurídico do Ceesg estará dispoñible na sede do Ceesg. As persoas colexia-das poderán achegarse ata as oficinas para recibir orien-tación e asesoramento xurídico sobre calquera cuestión que queira plantexar.
Encontro de traballo sobre deontoloxía. Representan-tes do Ceesg e da Universidade reunímonos con Iñaki Rodríguez Cueto, integrante da comisión deontolóxica do Colexio Profesional de Educadoras/es Sociais do País Vasco, para impulsar a comisión deontolóxica do Ceesg.
VII Xornadas de materiais e recursos educativos. Colabo-ramos na organización desta xornada impulsada por Nova Escola Galega.
Primeiro campus de cooperación de Coaching para coidadores familiares. Unha iniciativa na que 14 coida-dores familiares de usuarios de centro de día e residen-cia recibiron unha sesión de coaching individual e reali-zaron dous talleres, un de recomendacións para o coida-dor (impartido polo equipo de SARQuavitae) e unha diná-mica entre o equipo de SARQuavitae e familiares. O Ceesg foi convidado a este primeiro campus para coñecer de primeira man a iniciativa e tamén achegar a nosa opinión experta, xa que a idea é repli-calo noutros lugares involucran-do outras entidades.
III Xornada: A profesión vai por dentro. Convídannos a participar nunha mesa redon-da para falar do papel da edu-cación social nos servizos so-ciais.
Reunión do xurado do concurso Olladas dende a Edu-cación Social. Para tomar a súa decisión sobre as foto-grafías gañadoras do Concurso de fotografía Olladas den-de a Educación Social.
Acto pola erradicación da pobreza. Día Internacional para a erradicación da pobreza. Nesta data, fomos con-vidadas a un acto organizado polas plataformas do ter-ceiro sector galego EAPN-Galicia, Cermi Galicia, e Coordinado-ra Galega de ONGDs, que tivo lugar na sede do Valedor do Pobo.
Animador/a cultural. Para desenvolver os programas de apoio á cultura. A Baña.
Educador/a social. Para proxecto de igualdade, preven-ción do consumo de drogas e dinamización de grupos (infancia e adolescencia). Ferrolterra.
Técnico/a de proxecto Aurora. Para xestionar proxecto
de igualdade. A Veiga. Xestor/a proxecto Aurora. Para xestionar proxecto de
igualdade. Pobra de Trives.
Técnico/a de intervención familiar. Para Punto de En-contro Familiar. A Coruña.
Técnico de prospección laboral. Para realizar acción de prospección alboral e de sensiblilización da cultura empren-dedora para un programa integrado de emprego. Marín.
Titores/as de inserción laboral. Para o desenvolvemento dun programa integrado para o emprego.. Lalín.
Estas son algunhas das ofertas de emprego que se publicaron este mes na nosa web. Para ver a información completa e actualizada, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg
Novas Dos boletíns
EMPrEgO
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Axudas para o inicio de estudos universi-tarios no curso 2014/15 nas universidades do Sistema uni-versitario de Galicia. DOG 8/10/14
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Axudas para a matrícula nun máster uni-versitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2014/15. DOG 8/10/14
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: Axudas ás Federacións Deportivas Españolas de Discapacitados, para instalacións e equipamentos deportivos. BOE 21/10/14
Consellería de Traballo e Benestar: Modificación das bases da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia. DOG 22/10/14
Deputación da Coruña: Subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de servizos socias no ano 2015. DOG 27/10/14
Deputación da Coruña: Subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de servizos sociais no ano 2015. DOG 27/10/14
Deputación da Coruña: Subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2015. DOG 27/10/14
Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións para plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas tra-balladoras ocupadas, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento. DOG 27/10/14
LEXISLACIÓN E NORMATIVA
Consellería de Traballo e Benestar: Modificación de la estructura orgánica de la Consellería de Trabajo y Bienes-tar. DOG 10/10/14
Formación con desconto
Experto en peritaxe xudicial dende a Educación Social
Organiza: Colegio Profesional de Educación Social de la Re-gión de Murcia (CPESRM)
Modalidade: En liña. Duración e Datas: 100 h. Comezo en xaneiro 2015. Prazo máximo realización 20/04/15.
Prezo: • Profesionais membro dalgunha entidade integrada no CGCEES: 60€
• Profesionais membro do CPESRM: 50€ • Outros/as: 80€
Máis información: www.cpesrm.org
Xornada de terapia familiar: intervención en crise
Organiza: Loft Psicólogos. Modalidade: Presencial. Lugar: Milladoiro (Ames). Data: 22 de novembro. Prezo:
• Profesionais: 80 € • Estudantes: 50€ • As persoas colexiadas no Ceesg terán desconto do 20% na cota de inscrición de profesionais.
Máis información: http://loftpsicologos.blogsopt.com Tlf. 657 753 670 | [email protected]