64
Número 627 IX lexislatura 7 de abril de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.4. Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 (09/PRE-013310) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Solla Fernández, Eva Sobre a publicación dos resultados do exame realizado no mes de marzo de 2016 para a categoría de enfermaría da fase de oposición correspondente á oferta pública de emprego do Sergas do ano 2013 146491 - 48804 (09/PRE-013311) Grupo Parlamentario Mixto Iglesias Sueiro, Carmen Sobre as denuncias das organizacións sindicais referidas á actua- ción da Subdelegación Xeral de Autorización e Inspección de Servi- zos Sociais en relación co traballo do persoal inspector 146493 - 48806 (09/PRE-013312) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Solla Fernández, Eva e 5 máis Sobre as medidas adoptadas polo Sergas para a adaptación do heli- porto do novo hospital de Vigo ao disposto no Decreto 1070/2015, do 27 de novembro, polo que se aproban as normas técnicas de seguri- dade operacional de aeródromos de uso restrinxido, as previsións da Xunta de Galicia verbo da realización dalgunha xestión para axilizar a emisión da resolución ao respecto pola Axencia Estatal de Seguri- dade Aérea e a data estimada para a súa entrada en funcionamento 146496 - 48818 (09/PRE-013313) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máis Sobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego en rela- ción coa demanda da Conferencia de Reitores respecto da reválida de segundo de bacharelato prevista na Lei orgánica para a mellora da calidade educativa para finais do curso 2016-2017 146499 Fascículo 1

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

  • Upload
    ngodien

  • View
    222

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Número 627 IX lexislatura 7 de abril de 2016

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas

1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito

- 48779 (09/PRE-013310)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Solla Fernández, Eva

Sobre a publicación dos resultados do exame realizado no mes de

marzo de 2016 para a categoría de enfermaría da fase de oposición

correspondente á oferta pública de emprego do Sergas do ano 2013

146491

- 48804 (09/PRE-013311)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen

Sobre as denuncias das organizacións sindicais referidas á actua-

ción da Subdelegación Xeral de Autorización e Inspección de Servi-

zos Sociais en relación co traballo do persoal inspector 146493

- 48806 (09/PRE-013312)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Solla Fernández, Eva e 5 máis

Sobre as medidas adoptadas polo Sergas para a adaptación do heli-

porto do novo hospital de Vigo ao disposto no Decreto 1070/2015, do

27 de novembro, polo que se aproban as normas técnicas de seguri-

dade operacional de aeródromos de uso restrinxido, as previsións da

Xunta de Galicia verbo da realización dalgunha xestión para axilizar a

emisión da resolución ao respecto pola Axencia Estatal de Seguri-

dade Aérea e a data estimada para a súa entrada en funcionamento

146496

- 48818 (09/PRE-013313)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máis

Sobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego en rela-

ción coa demanda da Conferencia de Reitores respecto da reválida

de segundo de bacharelato prevista na Lei orgánica para a mellora

da calidade educativa para finais do curso 2016-2017 146499

Fascículo 1

Page 2: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

- 48829 (09/PRE-013314)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para afrontar

a perda de produción do banco marisqueiro das Pías, na ría de

Ferrol, o prazo previsto para o remate do saneamento integral da ría

e o plan que vai desenvolver para a mellora da calidade das augas,

así como a súa valoración respecto das bateas de reinstalación

146501

- 48839 (09/PRE-013315)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Sánchez Bugallo, José Antonio e 2 máis

Sobre o anuncio publicado polo Goberno galego nos periódicos de

Galicia os días 19, 21 e 23 de marzo de 2016 baixo a epígrafe “Gali-

cia, con vida; coida, ordena, impulsa; nova Lei do solo de Galicia” e

que remata con “Galicia, o bo camiño” 146504

- 48850 (09/PRE-013316)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen

Sobre as denuncias referidas ao voto dirixido das persoas maiores

en situación de dependencia ou mobilidade reducida residentes en

centros asistenciais e as actuacións levadas a cabo pola Inspección

de Servizos Sociais para lles garantir os dereitos recoñecidos na

lexislación vixente nos procesos electorais 146505

- 48854 (09/PRE-013317)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as demandas que vai realizar o Goberno galego ao Ministe-

rio de Defensa en relación coa poxa de tres parcelas situadas no

Campo da Estrada, na Maestranza, na cidade da Coruña, prevista

para o día 27 de abril 146507

- 48881 (09/PRE-013318)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Blanco Rodríguez, Noela e 4 máis

Sobre as actuacións levadas a cabo polo Goberno galego para o

cumprimento do acordo parlamentario referido á apertura dun pro-

ceso de negociación co Ministerio de Facenda para dotar dun local

de titularidade pública o Ateneo de Ourense, a situación en que se

atopan as negociacións e o prazo previsto ao respecto 146510

- 48886 (09/PRE-013319)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e 6 máis

Sobre a exclusión dos investigadores posdoutorais do programa

Ángeles Alvariño dos anos 2007, 2008 e 2009 da convocatoria de

axudas de apoio á formación posdoutoral publicada o 18 de febreiro

de 2016, as intencións da Consellería de Cultura, Educación e Orde-

nación Universitaria respecto da convocatoria de concursos nos que

poidan participar todos os investigadores interesados e as medidas

previstas polo Goberno galego ao respecto 146513

- 48890 (09/PRE-013320)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel e Adán Villamarín, María do Carme

Sobre a información, as medidas adoptadas e as solucións previs-

tas pola Consellería de Economía e Industria en relación coa inte-

rrupción da subministración eléctrica rexistrada o día 28 de marzo

de 2016 no concello de Marín, así como os prexuízos causados ás

actividades portuarias e aos consumidores 146518

- 48896 (09/PRE-013321)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre os criterios seguidos para a repartición da cota de xurelo con-

donada, a súa incidencia na das embarcacións quen teñen menos e

as actuacións previstas para a súa unificación, así como a realiza-

ción dunha xestión conxunta da frota do cerco que permita o man-

temento da súa actividade e rendibilidade 146521

- 48980 (09/PRE-013322)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Blanco Rodríguez, Noela e 3 máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da modificación da

relación de postos de traballo do Servizo de Gardacostas de Galicia

para a creación dos postos de segunda actividade, a convocatoria

no ano 2016 do proceso de consolidación do persoal interino, así

como de procesos selectivos para o acceso ao corpo de gardacos-

tas, e a solicitude de inclusión deste colectivo no réxime da Seguri-

dade Social do Mar 146524

- 48986 (09/PRE-013323)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Blanco Rodríguez, Noela e 4 máis

Sobre o estado de tramitación do expediente para a declaración

do Entroido de Xinzo de Limia de “festa de interese turístico

internacional” 146527

- 48992 (09/PRE-013324)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

SUMARIO

Page 3: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre a opinión e os datos da Consellería de Cultura, Educación e

Ordenación Universitaria respecto dos danos causados no patrimo-

nio arqueolóxico polos labores forestais realizados na zona da

Mariña luguesa, a existencia dalgún protocolo e a coordinación coa

Consellería do Medio Rural para evitalos, así como as actuacións

previstas para impedir a destrución dos xacementos polas novas

plantacións de eucaliptos “nitens” 146531

- 49000 (09/PRE-013325)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as razóns e os datos da Consellería de Cultura, Educación e

Ordenación Universitaria respecto do traballo que está a desenvol-

ver o persoal auxiliar-coidador da Xunta de Galicia nos centros públi-

cos de ensino para empresas privadas de cátering, así como o

prazo previsto polo Goberno galego para a recuperación da xestión

pública dos comedores escolares 146535

- 49007 (09/PRE-013326)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen

Sobre a valoración do Goberno galego así como os datos referidos

á elaboración e aprobación da campaña titulada “Eu respecto” que

se está a desenvolver nos centros de ensino 146539

- 49032 (09/PRE-013327)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat e Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre a valoración do Goberno galego respecto das carencias de

persoal que presenta o Servizo de Pediatría do Centro de Saúde da

Pobra do Caramiñal, as razóns da non cobertura das ausencias do

único pediatra existente e as previsións ao respecto, así como a

ampliación da consulta ao horario de tarde 146542

2. Elección e composición do Parlamento, réxime egoberno interior, organización e funcionamento

2.4. Organización e funcionamento do Parlamento2.4.3. Convocatorias

Sesión plenaria (día 12 de abril de 2016, ás 10.00 horas) 146488

SUMARIO

Page 4: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 5 de abril de2016, adoptou os seguintes acordos:

1. Procedementos parlamentarios1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas

1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito

Admisión a trámite e publicación

- 48779 (09/PRE-013310)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSolla Fernández, EvaSobre a publicación dos resultados do exame realizado nomes de marzo de 2016 para a categoría de enfermaría da fasede oposición correspondente á oferta pública de emprego doSergas do ano 2013

- 48804 (09/PRE-013311)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre as denuncias das organizacións sindicais referidas áactuación da Subdelegación Xeral de Autorización e Inspecciónde Servizos Sociais en relación co traballo do persoal inspector

- 48806 (09/PRE-013312)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSolla Fernández, Eva e 5 máisSobre as medidas adoptadas polo Sergas para a adaptacióndo heliporto do novo hospital de Vigo ao disposto noDecreto 1070/2015, do 27 de novembro, polo que se apro-ban as normas técnicas de seguridade operacional de aeró-dromos de uso restrinxido, as previsións da Xunta de Gali-cia verbo da realización dalgunha xestión para axilizar aemisión da resolución ao respecto pola Axencia Estatal deSeguridade Aérea e a data estimada para a súa entrada enfuncionamento

- 48818 (09/PRE-013313)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDocasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máisSobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego enrelación coa demanda da Conferencia de Reitores respectoda reválida de segundo de bacharelato prevista na Lei orgá-nica para a mellora da calidade educativa para finais docurso 2016-2017

- 48829 (09/PRE-013314)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego paraafrontar a perda de produción do banco marisqueiro dasPías, na ría de Ferrol, o prazo previsto para o remate dosaneamento integral da ría e o plan que vai desenvolver paraa mellora da calidade das augas, así como a súa valoraciónrespecto das bateas de reinstalación

- 48839 (09/PRE-013315)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSánchez Bugallo, José Antonio e 2 máisSobre o anuncio publicado polo Goberno galego nos perió-dicos de Galicia os días 19, 21 e 23 de marzo de 2016 baixoa epígrafe “”Galicia, con vida; coida, ordena, impulsa; novaLei do solo de Galicia”” e que remata con “”Galicia, o bocamiño”“

- 48850 (09/PRE-013316)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre as denuncias referidas ao voto dirixido das persoas maio-res en situación de dependencia ou mobilidade reducida resi-dentes en centros asistenciais e as actuacións levadas a cabopola Inspección de Servizos Sociais para lles garantir os derei-tos recoñecidos na lexislación vixente nos procesos electorais

- 48854 (09/PRE-013317)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, FranciscoXesúsSobre as demandas que vai realizar o Goberno galego aoMinisterio de Defensa en relación coa poxa de tres parcelassituadas no Campo da Estrada, na Maestranza, na cidade daCoruña, prevista para o día 27 de abril

- 48881 (09/PRE-013318)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 4 máisSobre as actuacións levadas a cabo polo Goberno galegopara o cumprimento do acordo parlamentario referido áapertura dun proceso de negociación co Ministerio deFacenda para dotar dun local de titularidade pública o Ate-neo de Ourense, a situación en que se atopan as negociaciónse o prazo previsto ao respecto

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

146486

Número 6277 de abril de 2016

Page 5: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

- 48886 (09/PRE-013319)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme Eladio e 6 máisSobre a exclusión dos investigadores posdoutorais do pro-grama Ángeles Alvariño dos anos 2007, 2008 e 2009 da con-vocatoria de axudas de apoio á formación posdoutoral publi-cada o 18 de febreiro de 2016, as intencións da Conselleríade Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respectoda convocatoria de concursos nos que poidan participartodos os investigadores interesados e as medidas previstaspolo Goberno galego ao respecto

- 48890 (09/PRE-013320)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel e Adán Villamarín, María do CarmeSobre a información, as medidas adoptadas e as soluciónsprevistas pola Consellería de Economía e Industria en rela-ción coa interrupción da subministración eléctrica rexis-trada o día 28 de marzo de 2016 no concello de Marín, asícomo os prexuízos causados ás actividades portuarias e aosconsumidores

- 48896 (09/PRE-013321)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre os criterios seguidos para a repartición da cota dexurelo condonada, a súa incidencia na das embarcaciónsquen teñen menos e as actuacións previstas para a súa unifi-cación, así como a realización dunha xestión conxunta dafrota do cerco que permita o mantemento da súa actividadee rendibilidade

- 48980 (09/PRE-013322)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 3 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto da modi-ficación da relación de postos de traballo do Servizo deGardacostas de Galicia para a creación dos postos desegunda actividade, a convocatoria no ano 2016 do pro-ceso de consolidación do persoal interino, así como deprocesos selectivos para o acceso ao corpo de gardacostas,e a solicitude de inclusión deste colectivo no réxime daSeguridade Social do Mar

- 48986 (09/PRE-013323)Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Blanco Rodríguez, Noela e 4 máisSobre o estado de tramitación do expediente para a declara-ción do Entroido de Xinzo de Limia de “festa de intereseturístico internacional”

- 48992 (09/PRE-013324)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme Eladio e Pontón Mondelo, AnaBelénSobre a opinión e os datos da Consellería de Cultura, Edu-cación e Ordenación Universitaria respecto dos danos cau-sados no patrimonio arqueolóxico polos labores forestaisrealizados na zona da Mariña luguesa, a existencia dalgúnprotocolo e a coordinación coa Consellería do Medio Ruralpara evitalos, así como as actuacións previstas para impedira destrución dos xacementos polas novas plantacións deeucaliptos “nitens”

- 49000 (09/PRE-013325)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme Eladio e Jorquera Caselas,Francisco XesúsSobre as razóns e os datos da Consellería de Cultura, Edu-cación e Ordenación Universitaria respecto do traballoque está a desenvolver o persoal auxiliar-coidador daXunta de Galicia nos centros públicos de ensino paraempresas privadas de cátering, así como o prazo previstopolo Goberno galego para a recuperación da xestiónpública dos comedores escolares

- 49007 (09/PRE-013326)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre a valoración do Goberno galego así como os datosreferidos á elaboración e aprobación da campaña titulada“”Eu respecto” que se está a desenvolver nos centros deensino

- 49032 (09/PRE-013327)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e Pontón Mondelo, AnaBelénSobre a valoración do Goberno galego respecto das caren-cias de persoal que presenta o Servizo de Pediatría do Cen-tro de Saúde da Pobra do Caramiñal, as razóns da noncobertura das ausencias do único pediatra existente e as pre-

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6277 de abril de 2016

146487

Page 6: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

visións ao respecto, así como a ampliación da consulta aohorario de tarde

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2016Marta Rodríguez Arias

Vicepresidenta 1ª

2. Elección e composición do Parlamento, réxime egoberno interior, organización e funcionamento

2.4. Organización e funcionamento do Parlamento2.4.3. Convocatorias

Sesión plenaria (día 12 de abril de 2016, ás 10.00 horas)

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 doRegulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno doParlamento para realizar sesión o próximo día 12 de abril de2016, ás 10.00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión dodía 5 de abril de 2016, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Solicitude de creación dunha Comisión de Investi-gación, por iniciativa dos Grupos Parlamentarios da Alter-nativa Galega de Esquerda, do Bloque Nacionalista Galegoe Mixto, sobre os contratos, convenios, subvencións oudemais actos administrativos que provocasen que cartospúblicos rematasen en mans da fundación FESÁN, doc.núm. 48725 (09/SCI-000012)Publicación da solicitude de creación, BOPG nº 623, do30.03.2016

Punto 2. Comparecencias en pleno

2.1 49116 (09/CPP-000417)Do Sr. conselleiro de Facenda, por petición propia, parainformar sobre o peche do exercicio 2015 e o cumprimentodo obxectivo de estabilidade orzamentaria

2.2 44318 (09/CPP-000384)Do Sr. conselleiro de Economía, Emprego e Industria,por petición propia, para informar sobre o desenvolve-mento do polo tecnolóxico e industrial galego de aviónsnon tripuladosPublicación da iniciativa, BOPG nº 559, do 25.11.2015

Punto 3. Mocións

3.1 49047 (09/MOC-000172)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSoneira Tajes, María SoledadSobre a presentación polo Goberno galego no Parlamentode Galicia, no prazo de dous meses, dun estudo de reorde-nación da planta local que sirva de base ás iniciativas defusión ou cooperación supramunicipal. (Moción a conse-cuencia da Interpelación nº 48052, publicada no BOPG nº613, do 09.03.2016, e debatida na sesión plenaria do29.03.2016)Publicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015

3.2 49071 (09/MOC-000173)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, AntónSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego paragarantir que ningunha persoa ou familia sexa desafiuzadaen Galicia da súa vivenda habitual. (Moción a consecuen-cia da Interpelación nº 44187, publicada no BOPG nº 559,do 25.11.2015, e debatida na sesión plenaria do29.03.2016)Publicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015

3.3 49085 (09/MOC-000174)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGallego Calvar, María CarmenSobre o desenvolvemento regulamentario e as modifica-cións que debe introducir o Goberno galego na Lei 2/2014,do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminaciónde lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais enGalicia. (Moción a consecuencia da Interpelación nº. 45545,publicada no BOPG nº 590, do 27.01.2016, e debatida nasesión plenaria do 29.03.2016)Publicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015

Punto 4. Proposicións non de lei en pleno

4.1 39385 (09/PNP-002862)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaSantalices Vieira, Miguel Ángel, e sete deputados/as máisSobre as actuacions que debe levar a cabo a Xunta de Gali-cia en relación co Programa galego de detección precoz docarcinoma colorrectalPublicación da iniciativa, BOPG nº 504, do 10.08.2015

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

146488

Número 6277 de abril de 2016

Page 7: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

4.2 43221 (09/PNP-003165)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, AntónSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego aoMinisterio de Agricultura en relación co acordo lácteo e aactuación a que debe levar a cabo en relación coas conver-sas que está a abrirPublicación da iniciativa, BOPG nº 545, do 04.11.2015

4.3 44801 (09/PNP-003250)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVázquez Blanco, Emilio, e dous deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoco fin de protexer e salvagardar o patrimonio declarado bende interese culturalPublicación da iniciativa, BOPG nº 569, do 10.12.2015

4.4 46728 (09/PNP-003390)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGonzález Santín, Juan Carlos, e dous deputados/as máisSobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno centralda adopción das medidas necesarias para o mantemento dasustentabilidade do sistema da Seguridade SocialPublicación da iniciativa, BOPG nº 602, do 17.02.2016

4.5 46746 (09/PNP-003394)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaOubiña Solla, Rosa, e sete deputados/as máisSobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun programa deinserción laboral para as mulleres vítimas de violencia de xéneroPublicación da iniciativa, BOPG nº 602, do 17.02.2016

4.6 47728 (09/PNP-003468)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coa atención e prevención da saúde bucodentalno Sistema sanitario públicoPublicación da iniciativa, BOPG nº 609, do 02.03.2016

4.7 48696 (09/PNP-003541)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do CarmeSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Gali-cia en relación coa súa participación na xestión das empre-sas públicas estatais integradas no sector naval galego e a

demanda a Navantia da remisión do Plan industrial 2016-2020 presentado no seu consello de administraciónPublicación da iniciativa, BOPG nº 623, do 30.03.2016

4.8 48715 (09/PNP-003544)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María MontserratSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego aoGoberno central en relación co acordo asinado entre a UniónEuropea e Turquía respecto das persoas refuxiadasPublicación da iniciativa, BOPG nº 623, do 30.03.2016

Punto 5. Interpelacións

5.1 41836 (09/INT-001578)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María TereixaSobre as medidas adoptadas para afrontar a crise do sectorlácteo en GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG nº 527, do 30.09.2015

5.2 48707 (09/INT-001875)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaMéndez Romeu, José Luis, e dezasete deputados/as máisSobre a sentenza do Tribunal Supremo pola que se anula aprórroga de 129 concesións de transporte públicoPublicación da iniciativa polo procedemento de urxencia,BOPG nº 623, do 30.03.2016

5.3 48741 (09/INT-001877)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVal Alonso, José Ramón,e dous deputados/as máisSobre a etiquetaxe do mexillón galegoPublicación da iniciativa, BOPG nº 623, do 30.03.2016

Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta

6.1 49097 (09/POPX-000179)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaMéndez Romeu, José LuisSobre as repercusións para Galicia da política de estrito con-trol do déficitPublicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015

6.2 49111 (09/POPX-000180)Grupo Parlamentario Mixto

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6277 de abril de 2016

146489

Page 8: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Martínez García, María ConsueloSobre as medidas a curto, medio e longo prazo que está aadoptar o Goberno galego para acadar a confluencia salarial Publicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015

6.3 49112 (09/POPX-000181)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoJorquera Caselas, Francisco XesúsSobre a valoración da Xunta de Galicia do pesimismo damocidade galega respecto do seu futuroPublicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015

Punto 7. Preguntas ao Goberno

7.1 48342 (09/POP-004665)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSoneira Tajes, María Soledad, e dous deputados/as máisSobre a sentenza do Tribunal Constitucional na que sedeclaran inconstitucionais varios artigos da Lei 27/2013, do27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade daAdministración localPublicación da iniciativa, BOPG nº 620, do 22.03.2016

7.2 47794 (09/POP-004576)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSánchez Bugallo, José Antonio, e dous deputados/as máisSobre a data prevista polo Goberno galego para remitirllesaos deputados solicitantes unha copia do anteproxecto daEDAR do Souto, en Santiago de CompostelaPublicación da iniciativa, BOPG nº 613, do 09.03.2016

7.3 49160 (09/PUP-000268)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme, e Jorquera Caselas, Fran-cisco XesúsSobre a garantía do pagamento por Pemex dos floteis cons-truídos nos estaleiros galegos segundo o acordadoPublicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015

7.4 46310 (09/POP-004329)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBaamonde Díaz, Agustín, e sete deputados/as máisSobre a relación de autores e autoras que van formar parteda delegación de Galicia no marco da 42ª edición da Feira

Internacional do Libro de Bos Aires en 2016, así como a pro-gramación literaria e cultural que se vai desenvolver nelaPublicación da iniciativa, BOPG nº 599, do 11.02.2016

7.5 49135 (09/PUP-000266)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaBeiras Torrado, Xosé Manuel, e cinco deputados/as máisSobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da sus-pensión das probas de reválida previstas no calendario deaplicación da LOMCE para este curso escolar, nomeada-mente as que afectan o alumnado de sexto de educaciónprimariaPublicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015

7.6 48648 (09/POP-004687)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María MontserratSobre as actuacións previstas polo Goberno galego para ocumprimento da legalidade na etiquetaxe de mexillón galegoPublicación da iniciativa, BOPG nº 623, do 30.03.2016

7.7 48702 (09/POP-004698)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaFajardo Recouso, Juan ManuelSobre as medidas previstas polo Goberno galego en relacióncoa etiquetaxe de mexillón galegoPublicación da iniciativa, BOPG nº 623, do 30.03.2016

7.8 49153 (09/PUP-000267)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBalseiro Orol, José Manuel, e sete deputados/as máisSobre a valoración do Goberno galego respecto da preten-sión da Unión Europea de prohibir a actividade da frota dearrastre a máis de 800 metros de profundidadePublicación da iniciativa, BOPG nº 626, do 06.04.2015

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ásmocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes doinicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 doRegulamento.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2016Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

146490

Número 6277 de abril de 2016

Page 9: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Á MESA DO PARLAMENTO

Eva Solla Fernández deputada pertencente ao Grupo Parlamentar da Alternativa

Galega de Esquerda (ESQUERDA UNIDA - ANOVA) ao abeiro do disposto no

artigo 157 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Pregunta para resposta

escrita, relacionada cos resultados publicados na Oferta Pública de Emprego

para a categoría de enfermaría no Servizo Galego de Saúde:

En xaneiro de 2016 realizábase por fin o exame para a categoría de enfermaría da

fase de oposición da OPE do SERGAS 2013. A oferta, publicada a finais do 2013

permaneceu gardada ata que en 2015 a Xunta decidiu ampliar mínimamente o

número de prazas ofertadas.

Máis de dous anos agardando para poder realizar un exame que tería que terse

celebrado moito tempo atrás. O tempo transcurrido entre a celebración do último

exame de OPE e o actual foi, de nada menos, que de seis anos.

A precariedade laboral é unha constante na Sanidade Pública e a puntuación na fase

de oposición é imprescindible, non só para acceder ao concurso das prazas, se non

para a orde de chamamento nas listaxes de contratación temporal.

Este feito, une o futuro dos e das profesionais sanitarias a un resultado numérico,

polo que resulta imprescindible minimizar os erros na publicación ou cálculo das

notas, para evitar prexuízos innecesarios a estas persoas.

Tras o exame da devandita categoría, o SERGAS publicou as plantillas provisorias

só uns días despois, sendo publicadas as notas provisorias e plantilla definitiva o 14

de marzo de 2016.

Sen embargo, só un día despóis, o SERGAS anulaba as notas publicadas, cunha

breve e escueta nota informativa na que afirmaba houbera unha incidencia na

xeración do listado. Todo, sen aclarar, que tipo de incidencia e cal era o problema

real.

146491

Page 10: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

As novas notas non foron publicadas ata unha semana máis tarde, a pesares de que

a plantilla publicada sí era correcta e que os exames corríxense mediante plantilla ao

seren tipo test.

Resulta incomprensible a opacidade manifestada, sendo un tema tan importante

para as persoas que concorren ao exame e tamén a tardanza na xeración das novas

notas.

Ante isto, Alternativa Galega de Esquerda pregunta:

1.- Que tipo de incidencia motivou a anulación das notas? Por que sucedeu?

2.- Cal foi o motivo de non dar conta da natureza de dita incidencia ás persoas

aspirantes?

3.- Cal foi o motivo de que a publicación das novas notas demorase unha semana?

Compostela, 22 de marzo de 2016

Asdo.: Eva Solla Fernández

Deputada do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Eva Solla Fernández na data 28/03/2016 10:23:16

146492

Page 11: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PRE

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

Carmen Iglesias Sueiro, deputada do Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no

Regulamento do Parlamento de Galicia, formula a seguinte pregunta para a

súa resposta Escrita.

As organizacións sindicais veñen denunciando a posible inxerencia e actitude

da Subdelegación Xeral de Autorización e Inspección de Servizo Sociais, no

traballo dos inspectores de servizos sociais, que en algúns casos, semellan

estar encamiñadas a socavar a independencia e imparcialidade das súas

actuacións e a favorecer a determinadas empresas.

En concreto denúncianse propostas de expedientes de sanción sen tramitar,

indicacións ao persoal inspector para que este leve a cabo cambios nas actas e

informes, a falta de consideración para con este colectivo na toma de decisións

da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, ou

mesmo o intrusismo profesional.

Resulta preocupante tamén, que non se faga un reparto equitativo dos

quilómetros que ten que realizar o persoal inspector, de maneira que se

garanta que ningún inspector realice no computo dun mes una cantidade de

km. moi superior que o resto das/os compañeiras

Polo exposto, a deputada Carmen Iglesias Sueiro, formula as seguintes

Preguntas para a súa resposta Escrita:

Que medidas se adoptaron con aquelas empresas que ao longo de

varias inspeccións puideron estar incumprindo o establecido nos pregos

de contratación ou nas ofertas de melloras realizadas para facerse co

contrato?

146493

Page 12: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PRE

2

Que medidas se adoptaron nos casos de incorreccións,

desconsideracións, accións ofensivas ou degradantes, actuacións que

supoñan discriminación por algunha das razóns establecidas na

normativa vixente ou que influíron negativamente na dignidade do

persoal inspector e que acabaron repercutindo de xeito negativo no

funcionamento da subdirección?

Téñense adoptado medidas para garantir a independencia,

obxectividade e imparcialidade do persoal inspector? Cales?

Que medidas se están a adoptar para que persoal non acreditado como

inspector, segundo as RPTs, se estea presentando en centros e nas

entidades e, sen presenza de persoal inspector, estean efectuando toda

clase de actividades e comprobacións materiais de documentación e de

análise de calidade ou incluso facendo labores de investigación

reservada ao corpo de inspectores?

Cal foi a participación do persoal inspector na elaboración do plan de

inspección e na elaboración da futura normativa que terán que aplicar?

Cantas convocatorias e actividades formativas se programaron e

realizaron para os inspectores no ano 2015?

Por que non se fai un reparto equitativo dos quilómetros que ten que

realizar o persoal inspector, de maneira que se garanta que ningún

inspector realice no cómputo dun mes unha cantidade de km moi

superior á do resto de compañeiros/as?

Cal é a compensación que recibe o persoal inspector como

consecuencia das actividades realizadas fóra da xornada laboral?

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016

Asdo.:

146494

Page 13: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PRE

3

Carmen Iglesias Sueiro Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia Asinado dixitalmente por: Carmen Iglesias Sueiro na data 28/03/2016 13:49:29

146495

Page 14: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

A deputada Eva Solla Fernández e os deputados Xabier Ron Fernández, Xosé Manuel

Beiras Torrado, Antón Sánchez García, Juan Manuel Fajardo Recouso, Ramón Vázquez

Díaz, membros do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (EU-

ANOVA), ao abeiro do recollido no artigo 157 do Regulamento da Cámara, presentan a

seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, sobre a entrada en funcionamento do

heliporto do novo hospital de Vigo.

O SERGAS realizou un simulacro cun dos helicópteros medicalizados do 061 en agosto

do ano pasado para comprobar o estado da infraestrutura do heliporto do novo

hospital de Vigo, o que suporía recuperar un servizo que só estivo dispoñible nos

primeiros anos de vida do hospital Meixoeiro. O SERGAS indicaba na súa comunicación

de entón que dispor deste servizo “mellorará a calidade asistencial dos pacientes

trasladados polo 061 de Galicia, xa que permitirá acurtar os tempos de chegada ao

hospital.”

O SERGAS preveía a entrada en servizo desta infraestrutura en setembro pasado. Ben,

pois a mediados do mes de marzo, esta infraestrutura aínda non se puido utilizar para

atender o caso dos ciclistas accidentados de A Guarda, porque esta infraestrutura

segue pendente de completar un último trámite administrativo, que permita a súa

entrada efectiva en servizo. Desta maneira, a persoa ferida que os servizos médicos

valoraron nun primeiro intre como máis grave foi transportado en helicóptero dende o

lugar do accidente ate Peinador, dada a imposibilidade de achegalo directamente ao

novo hospital, para rematar chegando o último dos feridos ao novo hospital vigués.

O decreto 1070/2015, de 27 de novembro, polo que se aproban as normas técnicas de

seguridade operacional de aeródromos de uso restrinxido fixou un prazo de catro

meses para que todas as instalacións afectadas por el puideran adaptarse. Parece ser

que a documentación remitiuse dende o hospital Álvaro Cunqueiro só a mediados de

febreiro deste ano a Axencia Estatal de Seguridade Áerea (AESA), que é o organismo

competente segundo se recolle no artigo 5 do referido decreto.

146496

Page 15: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Semella necesario realizar as xestións oportunas para axilizar con todas as garantías a

emisión do informe que resolva respecto do cumprimento das normas técnicas de

seguridade operacional que segundo recolle o artigo 27 ten un prazo de seis meses.

Enviada a documentación aínda en febreiro os prazos poderían adiar a entrada en

funcionamento ate practicamente rematar este verán cos posibles prexuízos para a

mellor atención sanitaria pública.

Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE formula a seguinte pregunta para a súa

resposta escrita:

- Non coñeceu o SERGAS, previa á entrada en vigor do decreto 1070/2015, de 27

de novembro, os novos requisitos que formulaba?

- Houbo algunha comunicación entre o ministerio de fomento e a Xunta en

relación co proceso de elaboración do decreto?

- Cales son a relación das medidas adoptadas polo SERGAS para adaptarse no

caso do heliporto do hospital Álvaro Cunqueiro ás novas norma recollidas no

decreto 1070/2015, de 27 de novembro?

- Contempla a Xunta realizar algunha xestión para procurar obter a resolución da

AESA no prazo máis breve posible?

- Manexa a Xunta algunha data para a entrada en funcionamento da referida

infraestrutura?

En Compostela, a 28 de marzo de 2016.

Asdo. Eva Solla Fernández

Asdo. Xabier Ron Fernández

Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado

Asdo. Antón Sánchez García

Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso

Asdo. Ramón Vázquez Díaz

Asinado dixitalmente por:

146497

Page 16: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Eva Solla Fernández na data 28/03/2016 14:24:47

Jose Javier Ron Fernandez na data 28/03/2016 14:24:52

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 28/03/2016 14:24:58

Anton Sánchez García na data 28/03/2016 14:24:59

Ramón Vázquez Díaz na data 28/03/2016 14:25:01

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 28/03/2016 14:25:03

146498

Page 17: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Ricardo Vicente Docasar Docasar, María Concepción Burgo López e Emilio

Vazquez Blanco, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da

Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta escrita.

O Grupo Socialista ten sido moi crítico coa posta en marcha da LOMCE, pero

tamén co seu precipitado e caótico calendario de desenvolvemento, ata o punto

de que temos anunciada a súa paralización e a posterior derrogación se chegamos

proximamente ao Goberno de España.

Fomos moi críticos co seu insensato “desenvolvemento express”: posta en

marcha precipitada dos currículos ou elaboración das novas programacións

didácticas, por poñer tan só un par de exemplos significativos e que causaron

certo malestar na comunidade educativa galega.

Nos últimos días teñen chegado tamén a este grupo parlamentario queixas dende

os colectivos de nais e pais, e dende os colectivos de estudantes, relativas á

situación do alumnado matriculado actualmente en bacharelato, que deberá pasar

unha reválida para acadar o título de bacharelato ao final do curso 2016-2017.

Entendemos, pois, que esta cuestión está a tempo de ser solucionada, se hai

vontade de entender a nova composición do Congreso dos Deputados.

Por iso, e co gallo de coñecer se o Goberno de Galicia ten previsto atender esta

cuestión que nos chega dende a comunidade educativa, os deputados e a

deputada que asinan preguntan:

Ten previsto o Goberno galego adiar a reválida de segundo bacharelato prevista

na LOMCE para finais do curso 2016-2017, tal e como está a solicitar a

Conferencia de reitores?

Pazo do Parlamento, 23 de marzo de 2016

146499

Page 18: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 28/03/2016 17:38:36

María Concepción Burgo López na data 28/03/2016 17:38:47

Emilio Vázquez Blanco na data 28/03/2016 17:38:52

146500

Page 19: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Daniel Rodas Chapela e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputados do

Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Preguntas para a súa resposta escrita,

relativa a saber das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia contra a perda de

produción do banco das Pías (Ferrol).

Un grupo de mariscadores da zona Ferrol e Barallobre veñen de realizar unha

acción de protesta para mostrara súa indignación pola situación que están a padecer

pola falta de recursos no banco marisqueiro das das Pías, denunciando a inhibición e a

falta de medidas por parte da consellaría do Mar.

Non lles falta razón as mariscadoras e os mariscadores ao denunciar que están a

vivir unha situación alarmante provocada entre outras polo retraso na execución do tan

comprometido Plan Integral de Saneamento. Na actualidade, a realidade é que do

conxunto de augas residuais que acaban na ría unicamente se depura o 20% da

poboación total. O que provoca que sexa a ría con maior superficie de contaminación

microbiolóxica. A única de toda Galicia con unha zona de exclusión, e a que conta coa

maior zona de produción de ameixa babosa en zona C.

Esta situación excepcional provocou unha modificación nos plans de

explotación pasando do plan de dinamización marisqueira (2007-2011) que daba

emprego as/os mariscadoras/es e rexeneraba os bancos ao modelo actual de

reinstalación en bateas de depuración que repercute nunha empresa e non ten ningunha

incidencia nos areais

146501

Page 20: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Co actual modelo todo cambiou, o banco das Pías (zona C) mantense aberto 10

meses ao ano e o libre marisqueo (que xa non recibe ameixa de traslados) permanece

aberto os 12 meses. Isto provoca un lento, pero continuo proceso de perda de recursos

no libre marisqueo, provocando o esgotamento dos mesmos.

O funcionamento das bateas de reinstalación está a provocar unha sangría de

perda de diñeiro nas confrarías de Ferrol e Barallobre ao ter que asumir a mortalidade

de marisco.

Situación que se agrava coa baixa cantidade de marisco existente no banco das

Pías, ao que contribuíu as abondosas chuvias de xaneiro deste ano que aínda minguaron

en maior medida os poucos recursos existentes.

Os mariscadoras e mariscadores non son culpables da contaminación

microbiolóxica, nin das deficiencias que están a presentar as bateas de reinstalación, nin

de tirar a ponte das Pías, nin da acumulación de lama e lixo. E como sofren na súa

propia pel que a cousa empeora non lles queda outra que reclamar medidas para a

rexeneración deste banco e así poder manter a actividade extractiva e os ingresos.

Estas son as razóns que nos levan a formular as seguintes preguntas para a súa

resposta escrita:

1.- Para cando o remate do Saneamento Integral da Ría de Ferrol? Que Plan ten

previsto desenvolver a Consellaría para mellorar a calidade das augas e

conseguintemente a mellora da clasificación das zonas marisqueiras?

2.- Cal é a valoración que realiza das bateas de reinstalación? Considera

adecuado o seu funcionamento? Esta localización é a máis idónea? Cal é a perda que

sofre o marisco na súa venda? Que repercusións teñen as confrarías economicamente?

146502

Page 21: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3.- Para cando a retirada dos restos da ponte das Pías? E dun plan de

rexeneración dos lodos?

4.- Que medidas ten pensado adoptar a Xunta de Galiza para enfrontar a perda

de produción deste banco? Hai informes que aconsellen unha parada para dar tempo a

rexeneración dos moluscos? Vaise desenvolver algún plan que contemple a retirada do

mexillón, arados, aportacións de area, eliminación de depredadores para conseguir a

mellora do substrato. Ten pensado desenvolver un proxecto específico en colaboración

con outras administracións para buscarlle unha solución integral a este banco?

5.- Como vai enfrontar a perda de ingresos das mariscadoras e mariscadores?

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Daniel Rodas Chapela na data 29/03/2016 11:40:59

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 29/03/2016 11:41:06

146503

Page 22: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Antonio Sánchez Bugallo, Raúl Fernández Fernández e Patricia Vilán

Lorenzo, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da

Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta escrita.

Ao longo deste mes de marzo a Xunta de Galicia vén publicando na prensa diaria

do noso país toda unha batería de anuncios a todo color, cun tamaño equivalente

a media páxina, sempre en páxinas impares, baixo o epígrafe Galicia con vida,

coida, ordena, impulsa nova Lei do solo de Galicia, rematando con Galicia no bo

camiño.

A parte do carácter publicitario, promocional e preelectoral destes anuncios,

evidentemente en beneficio do actual Goberno da Xunta de Galicia, e polo tanto

do partido que o sustenta, os deputados e a deputada que asinan formulan as

seguintes preguntas:

1ª) Cal é a xuízo da Xunta de Galicia a utilidade práctica dos mencionados

anuncios, a parte do autobombo?

2ª) Cal é a razón de que o mesmo anuncio fose reiterado nos periódicos de

Galicia os días 19, 21 e 23 do mes de marzo?

Pazo do Parlamento, 28 de marzo de 2016

Asinado dixitalmente por:

José Antonio Sánchez Bugallo na data 29/03/2016 13:24:30

Raúl Fernández Fernández na data 29/03/2016 13:24:45

Patricia Vilán Lorenzo na data 29/03/2016 13:24:58

146504

Page 23: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PRE

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

Carmen Iglesias Sueiro, deputada do Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no

Regulamento do Parlamento de Galicia, formula a seguinte pregunta para a

súa resposta Escrita.

En Galicia veñen sucedéndose, nas distintas convocatorias de eleccións,

diversas denuncias que atinxen ao voto dirixido de persoas maiores, en

situación de dependencia ou con mobilidade reducida, por parte do persoal das

residencias ou servizos sociais que os atenden.

Esta práctica, absolutamente inaceptable, debería ser vixiada e controlada por

parte da administración para garantir un proceso electoral fiable e os dereitos

das persoas votantes, e con elo a calidade democrática, principio que debería

prevalecer sobre calquera outro interese e polo que deben velar as institucións.

O artigo 73 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia

outórgalle á inspección de servizos sociais, entre outras, as seguintes funcións:

Velar polo respecto dos dereitos das persoas usuarias dos servizos

sociais.

Recibir, investigar e contestar queixas e reclamacións.

Emitir informe sobre o destino e a adecuada utilización das subvencións

e axudas públicas percibidas por persoas físicas ou xurídicas en materia

de servizos sociais, así como sobre calquera outra axuda económica

articulada a través de convenios, contratos ou outras figuras

establecidas na normativa vixente.

Emitir informes de inspección e propoñer a iniciación de expedientes

sancionadores, de adopción de medidas cautelares, de clausura de

146505

Page 24: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PRE

2

centros, de suspensión das actividades e de revogación e suspensión

das autorizacións e acreditacións concedidas.

É por iso que se cre que a inspección de Servizos Sociais deberían ser a

competente para controlar o intento de manipular o voto mais coñecido como

“carretaxe de votos” nos centros dependentes de Servizos Sociais.

Polo exposto, a deputada Carmen Iglesias Sueiro, formula as seguintes

Preguntas para a súa resposta Escrita:

Tense promovido algunha actuación inspectora concreta o día das

eleccións ou nos días previos para garantir o segredo, o respecto da

opción de voto e a non manipulación do voto das persoas maiores en

situación de dependencia ou con mobilidade redución residentes en

centros, residencias, vivendas comunitarias, etc?

Que actuacións levou a cabo a Inspección de Servizos Sociais para

velar polo respecto dos dereitos das persoas usuarias dos servizos

sociais tal e como recolle o artigo 73 da Lei 13/2008, do 3 de decembro,

de servizos sociais de Galicia?

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia Asinado dixitalmente por: Carmen Iglesias Sueiro na data 29/03/2016 15:12:28

146506

Page 25: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo e Francisco Xesús Jorquera Caselas,

deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego

(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte

Pregunta para resposta escrita, relativa á poxa anunciada polo Ministerio de

Defensa de tres parcelas na cidade da Coruña situadas no Campo da Estrada, na

Maestranza.

O Ministerio de Defensa dun Goberno en funcións, anunciaba no BOE de

24 de febreiro de 2016 a poxa de tres parcelas do Campo da Estrada, na

Maestranza, que suman 29.262 metros cadrados, e pretende ingresar 24,8 millóns

de euros. Non é a primeira vez que Defensa, grazas ao convenio asinado co

Concello o 30 de xuño de 1984, actúa como unha auténtica inmobiliaria dedicada

á especulación urbanística. Con estas operacións leva ingresados xa case 8.000

millóns de pesetas (sobre 48 millóns de euros de hoxe).

Os terreos do Campo da Estrada que o Ministerio de Defensa pretende

sacar a poxa pública, nos que se construíron primeiro o sistema defensivo das

murallas, logo a Real Maestranza (século XVIII) e despois o cuartel de Atocha

(século XIX), eran e son terreos comunais, é dicir da cidade, ocupados polas

monarquías absolutistas para instalacións militares defensivas e en usufruto polo

Ministerio da Guerra (hoxe de Defensa). Sitúanse entremurallas, no ámbito de

protección de Bens de Interese Cultural (BIC), de altísimo valor patrimonial: o

sistema defensivo medieval (lenzo da muralla medieval e o Campo da Estrada) e o

146507

Page 26: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

sistema defensivo barroco (lenzos e fosos, explanadas e baluartes da muralla

barroca). Ambos sistemas están definidos como BIC do Catálogo Municipal de

Edificios e Conxuntos do Plan Especial de Reforma Interior da Cidade Vella e

Pescadería (PEPRI), que obriga á súa conservación, mantemento e restauración.

Por outra banda, as murallas da cidade da Coruña foron declaradas Ben de Interese

Cultural do Conxunto Histórico Artístico mediante decreto 29/1984, de 9 de

marzo, da Consellería de Educación e Cultura.

Estes terreos forman parte do común, do sistema defensivo da Praza Forte

da Coruña e en tanto que terreos do común, son bens propios, pertencentes á

cidade desde a súa fundación. Por outra banda, a existencia de restos

arqueolóxicos de todo ese sistema defensivo, requiriría a correspondente

autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e do Concello da Coruña

para calquera tipo de actuación.

Tanto a lexislación vixente en materia de Patrimonio Arqueolóxico como a

documentación arqueolóxica recollida no últimos 30 anos, sumado á cartografía

militar dos séculos XVII e XVIII, xunto coa clasificación do PEPRI da área dentro

de zona arqueolóxica A, cautela de grao 1, mostran a importancia patrimonial

deste espazo e por tanto as cargas ás que pode estar sometida calquera obra de

edificación que se proxecte realizar no mesmo, o cal xa foi expresamente

advertido ao Ministerio de Defensa.

146508

Page 27: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Polas razóns devanditas, formulamos as seguintes preguntas para

resposta escrita, relativas á poxa anunciada polo Ministerio de Defensa de tres

parcelas na cidade da Coruña situadas no Campo da Estrada, na Maestranza.

-Vai esixir a Xunta de Galiza a paralización da poxa prevista para o 27

de abril convocada por un Goberno en funcións?

-Vai solicitar ao Ministerio de Defensa a devolución gratuíta ao

Concello da Coruña dos terreos do Campo da Estrada para uso público

porque son espazos comunais, bens propios, pertencentes á cidade desde a súa

fundación?

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz s. do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 29/03/2016 16:33:14

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 29/03/2016 16:33:19

146509

Page 28: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Noela Blanco Rodríguez, Raúl Fernández Fernández, María

Quintas Álvarez, Carmen Acuña do Campo e Emilio Vázquez

Blanco, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario

dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta

para a súa resposta escrita.

No ano 1969, rematado o que en Ourense é coñecido como “edificio da

Torre”, a caixa de aforros propietaria deste, e en compensación polos

problemas urbanísticos xurdidos derivados da construción do mesmo,

cedeu varias dependencias deste edificio, que foi declarado “edificio

singular”, á cidade. Nun deses locais, na entreplanta, asentouse o

Ateneo, cuxo aluguer pagaba primeiro o Ministerio de Información e

Turismo, e posteriormente a Xunta de Galicia.

O ateneo, nunha época na que o debilitamento da ditadura comezaba a

ser patente, fomentou as actividades de oposición ao franquismo

favorecendo a confluencia de diversos movementos de protesta, sendo

dende os seus inicios un verdadeiro reduto para debater en liberdade, e

un referente de tolerancia e diversidade. Este espazo aberto á sociedade

aglutinou a persoeiros do mundo da cultura e da sociedade ourensán tan

insignes coma os escritores Vicente Risco e Blanco Amor, o doutor

Cabaleiro Goás, o pintor Xaime Quesada, ou aos políticos Celso

Montero e Peña-Rey. Coa chegada da democracia o ateneo mantivo a

súa acción, formando parte da súa programación actividades culturais,

roldas de prensa de plataformas cidadás, actos de solidariedade, debates

políticos, ou actividades varias como campionatos de xadrez.

O ano 2010 marcou o comezo dun camiño complicado e complexo que

chega ata o día de hoxe, cun futuro incerto para a supervivencia da

entidade. Unha orde de desaloxo, froito de intereses urbanísticos e

económicos ante á que a Xunta de Galicia reaccionou con resignación e

complicidade, obrigaba ao Ateneo a abandonar os seus locais

históricos, o que supoñía ter que asumir un custo ata entón inexistente:

o pago dun aluguer. Finalmente en novembro do ano 2011 prodúcese o

146510

Page 29: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

desaloxo do espazo que viña ocupando tradicionalmente esta

institución.

Tras idas e vindas, o Ateneo instalouse finalmente, compartindo local

co Clube de Tenis de Ramirás, quen lles cedeu parte das instalacións.

Pero en 2014, o baixo no que se atopa foi posto á venda, e cando esta se

produza, se os novos donos non permiten ao Ateneo continuar, a

entidade enfrontarase, con toda probabilidade, ao final do seu camiño,

xa que lle resultará moi difícil atopar outro espazo cuxo custo poida

asumir.

Neste contexto, o pasado 9 de marzo aprobouse na Comisión 4ª de

Educación e Cultura unha proposición non de lei do Grupo Socialista,

segundo a cal se chegaba ao seguinte acordo: “O Parlamento de Galicia

insta á Xunta de Galicia a consultar co Ministerio de Hacienda do

Estado Español o rexistro de locais baleiros de titularidade pública,

para que se abra un proceso de negociación encamiñado a dotar dun

local ao Ateneo de Ourense para que continúe coa súa actividade sen

ánimo de lucro garantindo que os contactos se produzan no prazo

máximo dun mes”.

Por todo, as deputadas e deputados asinantes formulan as seguintes

preguntas:

1.ª) Comunicou a Xunta de Galicia ao Ateneo de Ourense o inicio dos

contactos co Ministerio de Hacienda para dotar a esta entidade dun

local?

2.ª) Consultou a Xunta de Galicia co Ministerio de Hacienda a

dispoñibilidade de locais baleiros de titularidade pública en Ourense?

3.ª) En caso de efectuar dita consulta, notificoulle o Ministerio de

Hacienda a Xunta de Galicia que existían locais baleiros de titularidade

pública en Ourense que puideran ser a sé do Ateneo?

4.ª) En caso de que a resposta fora afirmativa, cal é o número de locais

baleiros de titularidade pública en Ourense?

146511

Page 30: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

5.ª) En qué punto se atopan as negociacións para dotar ao Ateneo de

Ourense dun local de titularidade pública?

6.ª) En qué prazo de tempo estima a Xunta de Galicia que se poderá

dotar a esta entidade dun local?

Pazo do Parlamento, 29 de marzo de 2016

Asdo.: Noela Blanco Rodríguez

Raúl Fernández Fernández

María Quintas Álvarez

Carmen Acuña do Campo

Emilio Vázquez Blanco

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Noela Blanco Rodriguez na data 29/03/2016 17:50:56

Raúl Fernández Fernández na data 29/03/2016 17:51:04

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 29/03/2016 17:51:11

María del Carmen Acuña do Campo na data 29/03/2016 17:51:17

Emilio Vázquez Blanco na data 29/03/2016 17:51:22

146512

Page 31: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Cosme Pombo Rodríguez, Francisco Xesús Jorquera Caselas, Daniel Rodas

Chapela, Ana Belén Pontón Mondelo, Tereixa Paz Franco, Montserrat Prado

Cores e María do Carme Adán Villamarín, deputadas e deputados do Grupo

Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita,

relativa ás previsións da Consellería para resolver a exclusión dos plans de promoción

da investigación, de todo un colectivo constituído por tres promocións de investigadores

galegos.

No ano 2006 o Goberno galego pon en marcha o Plan INCITE pensado para

establecer un itinerario co que poder desenvolver a carreira investigadora na Galiza e

para a promoción da investigación; promoción que incluía convocatorias de contratos

predoutorais e dous tipos de contratos postdoutorais:

Os ”Ánxeles Alvariño” convocados nos anos 2007, 2008 e 2009, de tres anos de

duración, para a promoción da investigación e pensados para reter aos/ás

investigadores/as galegos/as.

Os “Parga Pondal”, pensados para darlle continuidade aos contratos Ánxeles

Alvariño, que eran de 5 anos de duración e compromiso de estabilidade.

Lamentabelmente dende 2009, o goberno do Presidente Feijoo levou adiante un

Recorte Orzamentario Brutal, que supuxo o maior recorte en materia de I+D+i da

historia da autonomía. Recorte que supuxo unha importante redución do número de

científicos e a merma de oportunidades para o inicio ou promoción da carreira

investigadora; o que obrigou a emigrar a moitos dos/as nosos/as científicos/as. O

146513

Page 32: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Presidente Feijoo, a parte de recortar os investimentos en Investigación, tamén puxo en

marcha outro Plan “I2C” de formación postdoutoral.

No presente mes de marzo, ao mesmo tempo que A Xunta anunciaba 3 tipos de

contratos para “favorecer a retención de talento en Galiza”, ao mesmo tempo que a

Xunta anunciaba grandes fichaxes de investigadores que estaban no estranxeiro mentres

esquecían a canteira da investigación Galega, ao mesmo tempo que se publica unha orde

(DOG de 4 de marzo) para a concesión de axudas de apoio á formación postdoutoral, un

grupo de investigadores e investigadoras denunciaba a exclusión definitiva de todo un

colectivo constituído por tres promocións de investigadores galegos, formados e

contratados polo SUG; exclusión definitiva dos plans de promoción da investigación,

presentes e futuros, do goberno autonómico.

Na súa denuncia pública, este colectivo de investigadores formados ao amparo

de contratos postdoutorais “Ánxeles Alvariño”, afirmaban que:

“Esta exclusión supón de facto o fin das nosas carreiras científicas no SUG e

olvida a tres promocións de investigadores formados polo sistema público galego,

acreditados e avaliados positivamente pola ACSUG; esta exclusión supón a perda para a

sociedade dos abundantes fondos públicos invertidos na nosa formación”.

“Agradecemos á sociedade a oportunidade e confianza que depositaron en nós, e

somos conscientes do actual contexto de crise económica, mais non podemos aceptar

sen máis a nosa exclusión do sistema investigador galego en base a razóns burocráticas

ou políticas, mentres dende o executivo se fala abertamente de aposta pola investigación

e fichaxe de investigadores estrela”.

O Grupo Parlamentar do BNG comparte a opinión deste grupo de investigadores

e investigadoras por entender que: Galiza non pode “Excluír de facto a tres promocións

de investigadores (acreditados e avaliados positivamente pola ACSUG) formados polo

146514

Page 33: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

sistema público galego, da posibilidade de continuar coa súa actividade investigadora”

nin debe consentir a perda dos fondos públicos invertidos na súa formación”.

O Grupo Parlamentar do BNG entende que o goberno galego debe promover

axudas para a formación postdoutoral, nos que podan participar as e os investigadores

galegos, sen exclusións e en base a criterios de calidade científica; para non obrigar á

emigrar a investigadoras e investigadores (avaliados pola ACSUG) na súa etapa de máis

produtividade e madurez.

O Grupo Parlamentar do BNG considera que compre maior investimento en

I+D+i para facer posíbel o desenvolvemento dos sectores produtivos galegos e para

facer posíbel a creación de riqueza na nosa terra; tamén consideramos que Galiza non

pode perder investigadores/as galegos/as despois dos investimentos públicos para

formalos, despois de avaliados positivamente en base a criterios de calidade científica e

no momento máis produtivo da súa carreira.

Estas son as razóns polas que formulamos as seguintes preguntas para a súa

resposta escrita:

1.- É consciente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

do malestar de moitos investigadores/as galegos/as ao vérense excluídos de poder

concorrer ás axudas de apoio á formación postdoutoral contempladas na orde de 18 de

febreiro de 2016, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de

concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación postdoutoral?

2.- Considera a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

normal que os investigadores de 3 promocións formadas, ao amparo de varias

convocatorias de axudas á formación postdoutoral “Ánxeles Alvariño”, non podan

146515

Page 34: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

continuar coa súa formación polo feito de seren plans de gobernos de diferente cor

política? Non sería máis lóxico que puidese participar toda persoa investigadora que

cumprise uns requisitos de calidade e mérito?

3.- Considera a Xunta de Galiza normal o condenar á emigración a moitos/as

Investigadores/as galegos mentres se está anunciando a contratación de grandes fichaxes

de investigadores/as do estranxeiro?

4.- Contempla a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a

apertura de concursos públicos de axudas á formación postdoutoral, abertos e non

excluíntes, nos que podan participar a totalidade de investigadores/as que teñan interese

en continuar coa súa formación investigadora?

5.- Qué medidas ten pensado a Xunta de Galiza para garantir a Igualdade de

Oportunidades de todos/as os /as investigadores/as galegos (que queiran acceder a

axudas de formación postdoutoral) á hora de poder participar nunha convocatoria

pública, non excluínte, competitiva, baseada en méritos e criterios de calidade

investigadora, aberta a todos os investigadores postdoutorais, ben baixo unha mesma

modalidade ou en diferentes modalidades, independentemente do plan polo que

previamente foran contratados polo SUG?.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez

Daniel Rodas Chapela

Ana Belén Pontón Mondelo

Tereixa Paz Franco

146516

Page 35: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Montserrat Prado Cores

María do Carme Adán Villamarín

Deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 29/03/2016 18:09:27

Daniel Rodas Chapela na data 29/03/2016 18:09:33

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 29/03/2016 18:09:37

María Monserrat Prado Cores na data 29/03/2016 18:09:41

María Tereixa Paz Franco na data 29/03/2016 18:09:43

María do Carme Adán Villamarín na data 29/03/2016 18:09:46

Ana Belén Pontón Mondelo na data 29/03/2016 18:09:48

146517

Page 36: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Daniel Rodas Chapela e María do Carme Adán Villamarín, deputado e

deputada do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro

do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa

resposta escrita, relativa a coñecer as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia diante

dos cortes de subministro eléctrico no concello de Marín.

O pasado 28 de marzo ven de producirse un novo corte de subministro eléctrico

na comarca do Morrazo, desta vez correspondeu ao concello de Marín onde se viron

afectados nada máis e nada menos que 4.000 usuarios durante máis de 10 horas, sen que

a empresa subministradora teña informado aos usuarios das causas que motivaron ditas

irregularidades.

Tampouco nada informou por parte de quen debe velar pola prestación deste

servizo, a Consellería de Economía e Industria. Nada sabemos, nin si solicitou

información, nin si abriu expediente informativo, nin si esixiu da parte subministradora

de electricidade as oportunas medidas correctoras para que estas avarías non se volvan

producir, pero sobre todo para restituír os danos e os prexuízos causados.

No mesmo día rexistráronse dúas avarías, unha na rúa Ezequiel Massoni

afectando aos fogares, bares, cafeterías, centros administrativos, centros de saúde,

residencia da terceira idade, etc., na contorna do casco urbano. A outra avaría afectou as

instalacións portuarias deixando paralizada a actividade económica do mesmo.

146518

Page 37: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Ditas avarías comezaron a detectarse sobre as 2:00 h da noite e non foron quen

da súa restitución ata o mediodía. O que pon de manifesto a falta de previsión e a

atención por parte de Gas Natural- Fenosa aos seus clientes. Preguntámonos se terá algo

que ver o feito de que dende o ano 2013 os 122.000 fogares clientes de Unión Fenosa,

deixaron de ter o servizo de asistencia telefónica dende Galiza, e que na actualidade nin

poden escoller ser atendidos en galego, pois a entidade Fenosa Comercial, con sede na

Coruña, deixou de existir e o seu servizo é asumido por outra firma con sede social en

Barcelona.

Esta empresa alardea na súa publicidade da calidade do servizo e do seu gran

esforzo inversor, recentemente anunciábannos, que estes investimentos ían supor a

mellora de máis do 70% nos indicadores de calidade do servizo (esquecese de que dita

inversión realizase con fondos da UE). Publicidade que contrasta coa realidade diaria

dos cortes de subministro, como este de Marín e outros que se teñen producido na

Comarca, pero o máis grave é a súa falla de dilixencia informativa para cos seus

clientes.

Dado o deterioro que está a sufrir o servizo, o prexuízo causado aos

consumidores, a falla de información e unha preocupación crecente por parte dos

usuario, formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:

1.ª) Que ocorreu co subministro de Marín, como é posible que se produzan dúas

avarías e que non se restitúa o servizo en menos de 10 horas ?

2.ª) Ten constancia a Consellería de Economía e Industria dos cortes de

subministro levados a cabo en Marín, o pasado 28 de marzo e que medidas adoptou ao

respecto ? Os prexuízos causados as actividades portuarias?

146519

Page 38: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3.ª) Ten recabado información da empresa subministradora, Gas Natural e lle ten

aberto dilixencias por estas avarías e cortes de luz e iniciado algún expediente

sancionador?

4.ª) Cales son as solucións que se van a por en marcha para solucionar estas

avarías e garantir o subministro regular a poboación e ao porto de Marín? E sobre todo

esixir danos e prexuízos polos danos causados aos consumidores ?

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

María do Carme Adán Villamarín

Deputado e deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Daniel Rodas Chapela na data 29/03/2016 18:21:09

María do Carme Adán Villamarín na data 29/03/2016 18:21:14

146520

Page 39: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Daniel Rodas Chapela e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputados do

Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita,

para que o Goberno galego explique cales foron os criterios para o reparto da cota do

xurelo condonada.

No mes de xaneiro tivo lugar unha reunión en Madrid entre o sector do cerco e

o Secretario General do Mar onde quedou meridianamente claro o mantemento do

criterio dos supostos dereitos históricos, dado que entende que os únicos que piden o

cambio son os pertencentes a Acerga, o resto están cómodos coa actual situación.

Outra das razóns foi a situación de goberno en funcións o que desaconsella a

modificación das ordes administrativas, polo que afirman que o cambio do actual

modelo de cotas non está enriba da mesa por non falar do argumento de que este ano

algunha embarcación chegou a facturar por tripulantes 40/50.000 euros.

A Xunta a diferenza de anteriores reunións, nesta aportou algunhas propostas. A

primeira que non se penalizara o exceso de capturas que tivo lugar por parte da flota

galega o ano anterior e que alcanzou a cifra aproximada de 1.400 ton. E a segunda

propor un solo mínimo de capturas para aquelas embarcacións que menos dereitos de

pesca posúen en función dos GT´s de cada barco. Lembremos que en Galicia 28 barcos

teñen menos de 20.000 quilos de xurelo.

Este ano houbo un incremento significativo do TAC, correspondéndolle a

Galicia un total de 13.602 ton. de xurelo polo que as posibilidade dun reparto máis

xusto aumentaron pero cando vemos o reparto final podemos comprobar como quen

146521

Page 40: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

máis cota tiña en maior medida aumenta as súa posibilidades de pesca establecéndose

un reparto indignante pois mentres uns poucos chegan a acumular 300.000 quilos outros

quédanse nos 30.000.

Estas son as razóns que nos levan formular as seguintes preguntas para a súa

resposta escrita:

1.- Cales foron os criterios para o reparto da cota de xurelo condonada? Este

modelo contribúe a mellorar as cotas de quen menos ten? E a dos que máis teñen?

2.- Considera razoable que haxa barcos que teñan unha cota de 300.000 quilos

mentres outro teñen unicamente 30.000 quilos?

3.- O modelo de reparto beneficia cada vez en maior medida a quen máis

pescou. Este é o modelo polo que apostan?

4.- Non considera razoable que ao mesmo que solicitaron un tope mínimo para

as embarcacións que non teñen cota non é razoable que aquelas embarcacións que teñen

maior cota teñan tamén un tope para non seguir acumulando dereitos de pesca?

5.-Estase atomizando a flota do cerco. Van facer algo para unificar criterios e

realizar unha xestión conxunta da flota do cerco que permita o mantemento da

actividade, os postos de traballo e a rendibilidade ou van continuar con este modelo,

cada quen que se zafe, impoñendo o interese particular sobre o interese público?

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

146522

Page 41: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Daniel Rodas Chapela na data 29/03/2016 18:58:09

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 29/03/2016 18:58:13

146523

Page 42: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Noela Blanco Rodríguez e Mª Soledad Soneira Tajes e Vicente

Docasar Docasar e José Ramón Val Alonso, deputadas e deputados

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia e ao

abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan

ante esa Mesa a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita.

O servizo de Gardacostas de Galicia é un organismo creado no ano

2004, que depende directamente da Consellería do Mar, encargado da

vixilancia, procura, salvamento e protección do medio mariño en augas

galegas.

Este servizo opera as 24 horas e os 365 días do ano, dando resposta

inmediata ás incidencias que se van producindo na nosa comunidade.

Tamén fai fronte á contaminación, preservando a nosa contorna, un

valor incalculable que debe ser protexido das ameazas contra a paisaxe.

A outra gran aposta deste organismo é loitar contra o furtivismo e

contra os que exercen de maneira ilegal a competencia desleal aos miles

de profesionais que viven da actividade marisqueira e pesqueira en

Galicia.

O organismo está estruturado en servizos centrais e periféricos:

- Os servizos periféricos organízanse en unidades operativas

(Celeiro, Ferrol, Coruña, Muxía-Portosín, Ribeira, Vilaxoán,

Pontevedra e Vigo), cun xefe de unidade operativa á fronte que

coordina e dirixe ao persoal adscrito á mesma.

- Os órganos centrais asumen a dirección do Servizo

correspondéndolles, en xeral, o establecemento de estratexias e

directrices, a programación xeral das actuacións, o seguimento,

coordinación e control das actividades programadas, a elaboración,

revisión e actualización de protocolos de actuación, e en xeral, a

execución, coordinación e seguimento das actuacións ou actividades do

Servizo de Gardacostas.

146524

Page 43: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

O persoal operativo das diferentes escalas que actúa complementando o

traballo desenvolvido polas unidades operativas en toda Galicia

depende directamente dos Servizos Centrais.

O persoal da Subdirección Xeral de Gardacostas estrutúrase nas

seguintes escalas: de axentes, executiva, operativa, técnica, e de

inspectores veterinarios. Estes forman un colectivo de 239 persoas

(entre inspectores, subinspectores, patróns, mecánicos e vixiantes

mariñeiros) que realizan, entre outros, os labores de verificar o

cumprimento da normativa vixente en materia de pesca, marisqueo e

acuicultura; prevención e loita contra a contaminación e busca e

salvamento marítimo.

A pesares de realizar traballos no mar e semellantes aos incluídos no

Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar, os

gardacostas non están incluídos no mesmo. Este réxime foi establecido

polo R.D 2864/1974 do 30 de agosto, que establecía como un dos seus

obxectivos fundamentais lograr para os traballadores e traballadoras do

mar un grao de protección social acorde co que teñen os traballadores e

traballadoras da industria e os servizos, e conseguir que a poboación

marítimo-pesqueira estivese constituída por traballadores e

traballadoras en idade de óptimo rendemento.

Posteriormente, o Real decreto 869/2007 veu a regular a concesión das

prestacións asistenciais derivadas do traballo no mar, e o R.D

1311/2007, establecía novos criterios para a pensión de xubilación do

Réxime Especial dos Traballadores do Mar.

Ademais, o Decreto 157/2005, do 26 de maio, sobre ordenación e

funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia establece a

obrigatoriedade da reserva para segunda actividade dun 5 % do total

dos postos do servizo, o que a día de hoxe non se está cumprindo.

Polo exposto, as deputadas e deputado asinantes formulan as seguintes

preguntas:

146525

Page 44: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

1.ª) Ten previsto a Xunta de Galicia modificar a relación de postos de

traballo no Servizo de Gardacostas de Galicia para a creación do 5 %

dos postos de segunda actividade?

2.ª) Vai convocar o Goberno galego este ano o proceso de

consolidación do persoal interino do servizo de gardacostas?

3ª) Entra nas previsións do Goberno autonómico convocar e celebrar

durante este ano procesos selectivos para o aceso ao corpo de

gardacostas?

4.ª) Ten previsto solicitar a Xunta de Galicia á Seguridade Social a

inclusión do colectivo dos gardacostas no réxime da Seguridade Social

do Mar?

Pazo do Parlamento, 30 de marzo de 2016

Asdo.: Noela Blanco Rodríguez

Mª Soledad Soneira Tajes

Vicente Docasar Docasar

José Ramón Val Alonso

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Noela Blanco Rodriguez na data 30/03/2016 16:08:07

María Soledad Soneira Tajes na data 30/03/2016 16:08:50

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 30/03/2016 16:08:59

José Ramón Val Alonso na data 30/03/2016 16:09:08

146526

Page 45: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Noela Blanco Rodríguez, Raúl Fernández Fernández, María

Quintas Álvarez, Carmen Acuña do Campo, Manuel Gallego

Lomba, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario

dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta

para a súa resposta escrita.

O Entroido de Xinzo é unha festa ancestral, popular, que se celebra

basicamente na rúa, e que comeza cun domingo Fareleiro, segue co

domingo Oleiro, chega ao domingo Corredoiro ata que, dende o

domingo Entroido ata o de Piñata, celebra unha festa única que ten no

traxe da «Pantalla» o seu símbolo máis recoñecido e importante.

Vistoso e bailarín, este personaxe alegre componse dunha peculiar e

única careta artesanal feita de cartón, papel, feltro fariña, auga e pintada

con símbolos astrais ou animais totémicos.

A máscara dá nome ao personaxe cuxo traxe se completa cunha capa

con cintas, camisa e pantalón branco, faixa vermella, polainas negras,

zapatos negros e un cinto de campanillas e pequenos cencerros. Nas

mans, as vexigas de vaca secas e infladas coas que as máscaras bailan

en grupo durante o día, porque á noitiña, estas máscaras retíranse.

É sen dúbida unha máscara rodeada de misterio, dona e señora do

Entroido de Xinzo de Limia que, xunto ao Peliqueiro e o Cigarrón,

representan ao Entroido de Galicia.

Neste Entroido popular e único, a «Pantalla» está acompañada por

miles de disfraces, polo humor e a crítica, pola música e a gastronomía.

Dende que no ano 1980 as fallas de Valencia, xunto con outras festas

como os San Fermines de Pamplona, o Misteri D'Elx, ou a Semana

Santa de Sevilla, obtiveron a “”declaración de interese turístico

nacional”, foron moitas as que se sumaron a este selecto grupo de

grandes festas en España. Actualmente os entroidos que contan con esta

declaración son o de Badaxoz, en 2011; o da Bañeza, en 2011; o de

Verín, en 2009; o de Villarrobledo, en 2011; o Entroido do Toro

146527

Page 46: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

(Ciudad Rodrigo), en 1980, e o de Xinzo de Limia, que a obtivo no ano

1997.

Tendo en conta o anteriormente mencionado, o Pleno do Concello de

Xinzo de Limia, en reunión ordinaria celebrada polo plenario municipal

o día 20 de xuño de 2013, solicitou o inicio dos trámites para que o

Entroido de Xinzo da Limia sexa declarado de “interese turístico

internacional”, unha declaración coa que xa contan outros entroidos

españois como o de Cádiz, ou Santa Cruz de Tenerife.

Esta declaración de carácter honorífico daría un empuxón a unha das

festas máis antigas e simbólicas de Galicia, á vez que supoñería un

revulsivo socioeconómico nunha provincia que precisa de medidas de

acción positiva en todos os ámbitos e sectores de desenvolvemento.

Dentro dos trámites incluídos na Orde ITC/1763/2006, de 3 de maio,

pola que se regula a declaración de festas de interese turístico nacional

e internacional, un dos pasos previos á súa declaración, e a emisión,

tralo acordo do plenario do Concello solicitante, dun informe da

comunidade autónoma, que neste caso corresponde realizar á

Administración autonómica e que debe ser trasladado posteriormente

ao Goberno de España.

Neste contexto a grupo socialista formulamos preguntas con resposta

oral en comisión (número: 41689), convertidas en preguntas con

resposta escrita por finalización do período de sesións setembro-

decembro 2015, e sendo a contestación formulada pola Axencia de

Turismo de Galicia que aínda que “o Concello de Xinzo realizou a

solicitude para que o Entroido desta localidade fora declarado de

Interese Turístico Internacional, a documentación presentada na Xunta

de Galicia non cumpre os requisitos esixidos”. Segundo afirma na súa

resposta a Administración autonómica, “se lles requiriu nova

documentación, sen embargo o concello remitiu novamente a mesma”

Resposta na que tamén se fai fincapé en “que os avances na

consecución da declaración dependerán do envío correcto da

documentación”.

146528

Page 47: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o exposto, as deputadas e deputados asinantes formulan as

seguintes preguntas:

1.ª) Tralo segundo requerimento de documentación feito pola Axencia

de Turismo de Galicia ao Concello de Xinzo para a declaración do

Entroido de Interese Turístico Internacional, remitiu esta

Administración local correctamente a totalidade da documentación

necesaria?

2.ª) No caso de non recibir a documentación por parte do Concello de

Xinzo, qué documentación estaría pendente de remitir por parte da

Administración local?

3.ª) En caso de recibir a documentación necesaria, emitiu a

Administración autonómica informe sobre o mesmo?

4.ª) Iniciou a Xunta de Galicia os trámites co Goberno de España para

declarar o Entroido de Xinzo de Limia de “Interese Turístico

Internacional”?

Pazo do Parlamento, 30 de marzo de 2016

Asdo.: Noela Blanco Rodríguez

Raúl Fernández Fernández

María Quintas Álvarez

Carmen Acuña do Campo

Manuel Gallego Lomba

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Noela Blanco Rodriguez na data 30/03/2016 16:58:38

Raúl Fernández Fernández na data 30/03/2016 16:58:46

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 30/03/2016 16:58:54

María del Carmen Acuña do Campo na data 30/03/2016 16:59:01

146529

Page 48: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

José Manuel Gallego Lomba na data 30/03/2016 16:59:06

146530

Page 49: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Cosme Pombo Rodríguez e Ana Belén Pontón Mondelo, deputado e deputada

do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto

no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta

escrita, relativa aos danos causados nos xacementos arqueolóxicos da Mariña Luguesa

polos labores forestais da tala de Eucaliptos.

Nos últimos anos, o Grupo Parlamentar do BNG ten denunciado no Parlamento

Galego os danos producidos en xacementos arqueolóxicos por diversos motivos: pola

expansión descontrolada do urbanismo, pola construción de infraestruturas de

comunicación ou incluso para o ocio executadas sen os debidos coidados que a defensa

do patrimonio merece. Mesmo temos denunciado danos producidos a xacementos

arqueolóxicos catalogados e mesmo a parques arqueolóxicos baixo o coidado e

protección da Xunta de Galiza.

Lamentabelmente, a maiores de todos estes danos ao patrimonio arqueolóxico,

cada vez é máis frecuente ver nos medios de comunicación noticias sobre os danos que

os labores forestais provocan nos xacementos arqueolóxicos de toda Galiza.

Este mesmo mes, Manuel Miranda presidente de “Mariña Patrimonio”,

aseguraba nos medios de comunicación que tiña constancia de, cando menos, 30

xacementos arqueolóxicos do norte de Lugo que foran literalmente destruídos pola

maquinaria pesada empregada para tirar os eucaliptos, pola apertura de camiños para

sacar a madeira ou polos movementos de terra para tirar ou plantar eucaliptos. Pero

sospeitaba que o número real non baixaba do medio cento.

A asociación Mariña Patrimonio asegura que no norte da provincia de Lugo hai

146531

Page 50: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

arredor de 500 sitios arqueolóxicos inventariados e protexidos pola Dirección Xeral de

Patrimonio e aproximadamente a metade destes xacementos están ubicados en parcelas

plantadas de eucaliptos. Segundo esta asociación, nos próximos 15 anos estes 250

xacementos desaparecerán ou veranse seriamente afectados polas pas mecánicas dos

madeiristas, si non se toman medidas efectivas de protección.

A maioría dos outros 250 xacementos, que na actualidade están libres de

eucaliptos, atópanse en zonas altas e frías, zonas de expansión dos eucaliptos nítens,

polo que nos próximos anos producirase, se non se toman as medidas oportunas de

protección, tamén unha destrución masiva dos xacementos destas zonas.

O Panorama é moi preocupante diante do risco de destrución dunha parte moi

importante do patrimonio arqueolóxico e diante da falla de medidas da Administración

pública para garantir a protección efectiva do mesmo.

Estas son as razóns polas que formulamos as seguintes preguntas para a súa

resposta escrita:

1.- É consciente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

do dano causado ao patrimonio arqueolóxico polos labores forestais na zona da Mariña

Luguesa?

2.- Considera a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

normal que se permita a destrución de patrimonio arqueolóxico por falla de control e

protección deste patrimonio?

3.- Cantos xacementos arqueolóxicos catalogados ou inventariados hai nos

diferentes concellos da Mariña Luguesa? Cantos deles foron danados ou destruídos nos

últimos cinco anos?

146532

Page 51: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4.- Cantos destes xacementos están en zonas plantadas de eucaliptos?

5.- Existe algún protocolo entre a Consellaría de Cultura e a de Medio Rural

para evitar os posibles danos que se produzan no patrimonio arqueolóxico polos labores

forestais?

6.- Que tipo de coordinación existe entre a Consellaría de Cultura e a de Medio

Rural para evitaren os danos no patrimonio producidos polas cortas e repoboación do

monte?

7.- Contempla o Decreto que regula as novas repoboacións con eucaliptos a

existencia dun número moi importante de xacementos arqueolóxicos na zona de

expansión do eucalipto nítens?

8.- Como pensa evitar a Consellaría de Cultura a destrución masiva de

xacementos polas novas plantacións de nítens?

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016

Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez

Ana Belén Pontón Mondelo

Deputado e deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

146533

Page 52: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 30/03/2016 17:49:19

Ana Belén Pontón Mondelo na data 30/03/2016 17:49:26

146534

Page 53: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Cosme Pombo Rodríguez e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputados

do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do

disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa

resposta escrita, relativa ao traballo que as/os auxiliares-coidadores/as, persoal

laboral da Xunta, desenvolven para empresas privadas.

O Grupo Parlamentar do BNG recibiu varias denuncias de auxiliares-

coidadores/as que veñen desenvolvendo o seu traballo en centros de ensino público e

que se ven obrigados a traballar para empresas privadas.

Estamos a falar de persoal laboral da Xunta de Galiza, que veñen traballando

como auxiliares-coidadores/as en varios centros de ensino públicos. Estamos a falar

de auxiliares-coidadores/as que traballan acompañando a alumnado con necesidades

de atención especial en varios centros públicos galegos.

Estamos a falar de auxiliares-coidadores/as que desde hai varios anos o seu

centro de ensino, por orde da Xefatura Provincial Educativa, obrígalles a

complementar as horas de traballo atendendo ás crianzas con necesidades de

atención especial nos servizos de catering, contratados a empresas privadas,.

Esta situación parece ser que afecta a varios centros nos que a dirección dos

mesmos, por orde da xefatura educativa correspondente, obriga aos/ás auxiliares-

coidadores/as que atenden ao alumnado con necesidades de atención especial a

prestar un servizo para empresas privadas de Catering.

146535

Page 54: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Os/as auxiliares-coidadores/as insisten en sinalar que se os servizos de

comedor foran un servizo realizado pola Xunta de Galiza en ningún caso poñerían

en cuestión a realización do traballo asignado, mais non é o caso.

O Grupo Parlamentar do BNG leva tempo reclamando a recuperación da

xestión pública para os comedores escolares que hoxe ofertan o servizo por parte de

empresas privadas de catering. Reclamámolo por entender que o servizo de comedor

é un servizo fundamental para garantir a calidade do ensino, para garantir unha

mellor conciliación familiar e laboral, para garantir a posibilidade de ofertar

produtos de cercanía ecolóxicos no menú escolar, para garantir a alimentación ao

alumnado con necesidades alimentares especiais e para garantir o mantemento de

postos de traballo e a súa estabilidade nas cociñas e comedores de xestión pública.

O Grupo Parlamentar do BNG considera fundamental o garantir unha

educación pública e de calidade e na calidade incluímos a xestión pública dos

comedores escolares.

Estas son as razóns polas que formulamos as seguintes preguntas para a súa

resposta escrita:

1.- É consciente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria do malestar de moitos auxiliares-coidadores/as, que se ven obrigados a

prestar un servizo en comedores xestionados por empresas de catering privadas?

2.- Cantos/as auxiliares-coidadores/as, que traballan nos Centros públicos de

ensino, están a prestar servizos para empresas privadas de catering que levan a

146536

Page 55: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

xestión externalizada dos comedores escolares?

3.- Cal é a razón pola que o persoal eventual da Xunta presta un servizo a

unha empresa privada que leva a xestión, externalizada, dun comedor escolar?

4º.- Dende cando se utiliza persoal da administración pública para realizar

funcións en beneficio dunha empresa privada?

5º.- Cando pensa a Xunta recuperar a xestión pública dos comedores

escolares e deste xeito evitar que se utilicen traballadores públicos en beneficio de

empresas privadas?

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016

Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez

Deputado do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 30/03/2016 18:55:44

146537

Page 56: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 30/03/2016 18:55:50

146538

Page 57: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

GRUPO MIXTO PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PRE

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O G. P. Mixto, a iniciativa da súa deputada, Carmen Iglesias Sueiro, ao

abeiro do establecido no regulamento desta cámara, presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta Escrita sobre a campaña “Eu respecto” que se

está a desenvolver nos colexios galegos.

Vense de presentar a campaña “Eu Respecto” nos colexios galegos, unha

iniciativa que, segundo O Goberno galego, pretende “concienciar e sensibilizar

a toda a sociedade, especialmente aos rapaces e rapazas, en conceptos como

a igualdade, a dignidade, a pluralidade, a diferenza e o respecto á diversidade

sexual.”

A iniciativa contémplase dentro da Lei 2/2014 pola Igualdade de trato e a non

discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais, lei que

naceu valeira de contido, sen actuacións concretas e sen capítulo sancionador.

A campaña limítase a distribuír 5.000 dos seguintes carteis nos centros

educativos galegos:

146539

Page 58: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

GRUPO MIXTO PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PRE

2

Como a propia Lei 2/2014, esta campaña está valeira de contido. O seu

desastroso deseño non semella propio de profesionais do século XXI nin

dirixido ao público potencial que é o escolar. É difícil de entender sen ter

coñecementos previos, saber que as cores do arco da vella contidos na palabra

EU, representan a bandeira do colectivo LGTBI. Non é entendible por todos e

todas. Sen esa apreciación previa non se sabe o que hai que respectar, salvo

que alguén o explique, polo que a finalidade da campaña non cumpre os

obxectivos.

Dende os propios colectivos LGTBI tampouco ven acertada a frase proposta

para concienciar e sensibilizar sobre este colectivo. Pídese respecto, o que

leva implícito o respecto por e para o/a diferente. O que se debería promover é

precisamente que non existe tal diferenza, que a sexualidade individual e a súa

diversidade deixe de verse como unha rareza pola sociedade. A “petición de

respecto” establece unha barreira nada integradora entre o que ve a realidade

LGTBI pero dende fora, porque el/ela non son lesbianas, nin gais, nin

transexuais, etc... e ese non é o fin para o que se aprobou a Lei 2/2014. O fin é

a integración non o “respecto”.

Polo exposto, formúlanse as seguintes Preguntas para a súa resposta Escrita:

• Que custe tivo a campaña “Eu respecto”?

• Que empresa, organismo ou profesional foi o creador da mesma?

• Que cargos foron os responsables da súa aprobación?

• Contouse con algún asesoramento de colectivos LGTBI e de

educadores?

• Como valora a Xunta de Galicia esta campaña?

146540

Page 59: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

GRUPO MIXTO PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PRE

3

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2016

Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Carmen Iglesias Sueiro na data 31/03/2016 11:21:04

146541

Page 60: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Montserrat Prado Cores e Ana Belén Pontón Mondelo, deputadas do

Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do

disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa

resposta escrita, relativa a reforzar o servizo de pediatría do centro de saúde da

Pobra do Caramiñal.

Os recortes que o Goberno galego está aplicando en materia de sanidade

están provocando un deterioro continuado do sistema sanitario público, recortes

que se están aplicando dun xeito xeralizado, tanto na atención hospitalaria como

en atención primaria, e en todo o territorio galego.

Dentro dos recortes, o persoal é dos principais afectados, sendo

sistemática a redución de profesionais, o que significa maior carga de traballo e

que a calidade asistencial tamén se vexa afectada.

A asistencia pediátrica é un servizo do sistema público de saúde que está a

sofrer con maior virulencia esta situación de recortes, con masificación de

consultas e moita poboación infantil que non é atendida por facultativ@s de

pediatría, co que significa de peor calidade asistencial.

Un lugar onde se están detectando problemas e queixas é no centro de

saúde de A Pobra do Caramiñal. Neste centro hai unha única praza de pediatría,

para atender a unha poboación potencial de arredor de 1.300 nen@s. Este

pediatra consulta só en horario de mañá, cando se ausenta, por vacacións,

146542

Page 61: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

permisos ou baixa laboral, non é substituído, o que obriga a que @s nen@s teñan

que ser atendid@s ou ben por un/unha médico de familia ou desprazarse @

pediatra doutra localidade.

O BNG ten reclamado en diversas ocasións a necesidade de mellorar este

servizo, tanto garantindo que se cubran as ausencias como ampliando a consulta

a horario de tarde.

O horario de tarde en pediatría permite a moitas familias non ter que pedir

permiso no traballo, nin que @s nen@s teñan que perder horas de clase.

A saúde é un dereito fundamental, e para que a atención sanitaria que se

preste sexa de calidade,é preciso contar co persoal necesario. No convencemento

de que non hai asistencia sanitaria sen profesionais suficientes que a presten,

formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:

-Como valora o Goberno galego as carencias do servizo de pediatría da

Pobra do Caramiñal?

-Considera o Goberno galego que con un só pediatra están ben atendid@

@s nen@s da Pobra do Caramiñal?

-Cal é a xustificación de non cubrir as ausencias do pediatra, tendo en

conta que é o único do centro?

-Vai a seguir sen substituir ao pediatra nas súas ausencias, ou ten

intención de rectificar e non deixar desprotexid@s @s nen@s deste concello?

146543

Page 62: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Vai atender a demanda existente na Pobra do Caramiñal de ampliar a

consulta de pediatría ao horario de tarde?

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2016

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Deputada do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz s. do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Monserrat Prado Cores na data 31/03/2016 18:22:12

Ana Belén Pontón Mondelo na data 31/03/2016 18:22:18

146544

Page 63: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAESTRUTURA

1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS

1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA

1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS

1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL

1.2.1. INVESTIDURA1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA

1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO

1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN1.3.5. MOCIÓNS1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO

1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN

1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS1.4.4. PREGUNTAS1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS

1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS

1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO

1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN

2. ELECCIÓN E COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO, RÉXIME E GOBERNO INTERIOR, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO

3. ADMINISTRACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA

4. INFORMACIÓNS E CORRECCIÓNS DE ERROS

4.1. INFORMACIÓNS4.2. CORRECCIÓNS DE ERROS

Page 64: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 48779 ... afrontar a perda de produción

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAEdición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.

Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25

Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727