Upload
others
View
12
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
X lexislaturaNúmero 5225 de xaneiro de 2017
Fascículo 2
SUMARIO
A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
1. Procedementos parlamentarios
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.1. Proposicións presentadas
ı 3248 (10/PNC-000321)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a demanda polo Goberno galego á empresa Telefónica-Movistar da habilitación dos sistemastécnicos necesarios para posibilitarlle á veciñanza do concello de Valdoviño o acceso á Internetcunha calidade aceptable 9728
ı 3249 (10/PNC-000322)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a demanda polo Goberno galego á empresa Telefónica-Movistar da habilitación dos sistemastécnicos necesarios para posibilitarlle á veciñanza do concello da Capela o acceso á Internet cunhacalidade aceptable 9731
ı 3409 (10/PNC-000336)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as modificacións que debe introducir o Goberno galego no Decreto 37/2006 para evitar aprecariedade laboral na que se atopa o persoal contratado para o Servizo de prevención e defensacontra os incendios forestais por tres meses ao ano 9734
ı 3465 (10/PNC-000338)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa contratación do ser-vizo integral de helicópteros e brigadas para a prevención e defensa contra os incendios forestaise coa prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra eles durante osanos 2017 e 2018 9737
ı 3570 (10/PNC-000344)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre a elaboración polo Goberno galego dun mapa de verteduras das industrias de transforma-ción do sector primario nas canles de auga do medio rural 9742
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
9718
X lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017
ı 3571 (10/PNC-000345)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre a creación polo Goberno galego dunha liña de asesoramento técnico para o bo funciona-mento do sistema de tratamento dos residuos derivados das actividades de transformación do sec-tor primario, así como unha liña de axudas para mellorar, adaptar e/ou crear sistemas dedepuración sen impacto no medio 9745
ı 3716 (10/PNC-000351)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para trazar un plan integral de axudas ao pequenoe mediano comercio para a recuperación económica e o fomento do emprego neste sector 9748
ı 3631 (10/PNC-000355)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e Pérez Seco, José ManuelSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co posible impacto nosector galego da automoción das políticas comerciais anunciadas polo novo presidente dos EstadosUnidos de América 9750
1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas1.4.4.2. Preguntas orais en Comisión
ı 3250 (10/POC-000535)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a información do Goberno galego en relación coas deficiencias que está a padecer a veciñanzado concello de Valdoviño no acceso aos servizos de telefonía e da Internet a través da conexión te-rrestre, as xestións realizadas coa empresa Movistar e as actuacións previstas ao respecto 9753
ı 3251 (10/POC-000536)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a información do Goberno galego en relación coas deficiencias que está a padecer a veciñanzado concello da Capela no acceso aos servizos de telefonía e da Internet a través da conexión terres-tre, as xestións realizadas coa empresa Movistar e as actuacións previstas ao respecto 9756
ı 3255 (10/POC-000539)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e Pérez Seco, José ManuelSobre a opinión do Goberno galego respecto do nivel de cobertura actual das necesidades da cida-danía afectada pola pobreza enerxética, a suficiencia dos fondos destinados ás axudas para com-
9719
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017
batela e a posibilidade de mellorar o acceso e a cobertura destas, así como o destino de parte dosseus fondos a outros fins 9759
ı 3333 (10/POC-000558)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre os obxectivos da creación da Axencia Galega da Industria Forestal, reflectida no Proxecto delei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, así como as inten-cións do Goberno galego en relación coa organización da investigación forestal e a inclusión docentro de Lourizán na mencionada axencia 9761
ı 3382 (10/POC-000562)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre as razóns do Goberno galego para destinar a outros fins distintos máis de 800.000 euros dosfondos das axudas dirixidas ás familias en risco de pobreza enerxética, así como as súas previsiónsrespecto da consignación nos orzamentos para o ano 2017 dos recursos minorados e o incrementoda contía destinada para ese fin 9763
ı 3415 (10/POC-000566)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as medidas previstas polo Goberno galego en relación coa situación de precariedade laborale exclusión na que se atopa o persoal contratado para o Servizo de prevención e defensa contra osincendios forestais por tres meses ao ano 9768
ı 3468 (10/POC-000568)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as previsións da Consellería do Medio Rural respecto da realización dunha análise para a in-trodución de cambios no actual proceso de contratación do servizo integral de helicópteros e bri-gadas para a prevención e defensa contra os incendios forestais e na prevención, vixilancia ecoordinación de medios aéreos de defensa contra eles durante os anos 2017 e 2018 9770
ı 3574 (10/POC-000581)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre as actuacións que está a levar a cabo o Goberno galego para preservar a calidade das augaspúblicas das canles do medio rural fronte ás verteduras das industrias de transformación do sectorprimario, a realización dalgún seguimento ao respecto, así como o ofrecemento dalgún tipo deaxuda técnica ou asesoramento para mellorar as súas condicións e a existencia dalgunha liña deaxudas para adaptar os sistemas de depuración 9775
ı 3583 (10/POC-000583)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBlanco Paradelo, Moisés e 5 máis
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
9720
X lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017
Sobre a produción de viño rexistrada en Galicia no ano 2016, o valor do comercializado na campaña2015-2016 e a evolución das cifras de exportación nos últimos anos, así como as medidas postasen marcha pola Consellería do Medio Rural para mellorar a produción, a comercialización e a inter-nacionalización do sector vitivinícola 9778
ı 3587 (10/POC-000584)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre a dispoñibilidade polo Goberno galego dun mapa de verteduras das industrias de transfor-mación do sector primario nas canles de auga de Galicia 9780
ı 3632 (10/POC-000600)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e Pérez Seco, José ManuelSobre o mantemento dalgún contacto pola Xunta de Galicia co grupo PSA Peugeot Citroën, asempresas auxiliares da automoción e os sindicatos con representación no sector, en relaciónco posible impacto no sector galego da automoción das políticas comerciais anunciadas polonovo presidente dos Estados Unidos de América, así como a elaboración dalgunha estratexiaao respecto 9783
ı 3718 (10/POC-000612)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a recuperación económica e o fomento do emprego no pequeno e mediano comercio 9786
ı 3784 (10/POC-000639)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a valoración do Goberno galego en relación cos resultados do sector turístico durante o ano2016, a disparidade existente entre os datos referidos á chegada de turistas internacionais a Galiciae os do resto de España e as actuacións previstas para a recuperación do sector 9788
ı 3798 (10/POC-000642)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre as actuacións e as medidas desenvolvidas ou previstas polo Goberno galego para evitar osabusos na suba do recibo da luz para as persoas usuarias, así como as dificultadas das familiaspara o seu pagamento 9790
ı 3343 (10/POC-000559)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaÁlvarez Martínez, Luis Manuel e Blanco Rodríguez, NoelaSobre os plans, os prazos e o orzamento estimado para o desenvolvemento do proceso de dixita-lización do arquivo da CRTVG 9793
9721
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017
ı 3344 (10/POC-000560)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaÁlvarez Martínez, Luis Manuel, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre o custo total da construción dun edificio anexo á Redacción da TVG para o traslado provisionaldos profesionais durante o desenvolvemento do proceso de dixitalización da RTVG, o calendariode traballo previsto e o destino futuro desas instalacións 9794
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017Diego Calvo PousoVicepresidente 1º
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
9722
X lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017
A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
1. Procedementos parlamentarios
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.1. Proposicións presentadas
- 3248 (10/PNC-000321)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a demanda polo Goberno galego á empresa Telefónica-Movistar da habilitación dos sistemastécnicos necesarios para posibilitarlle á veciñanza do concello de Valdoviño o acceso á Internetcunha calidade aceptableComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
- 3249 (10/PNC-000322)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a demanda polo Goberno galego á empresa Telefónica-Movistar da habilitación dos sistemastécnicos necesarios para posibilitarlle á veciñanza do concello da Capela o acceso á Internet cunhacalidade aceptableComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
- 3409 (10/PNC-000336)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as modificacións que debe introducir o Goberno galego no Decreto 37/2006 para evitar aprecariedade laboral na que se atopa o persoal contratado para o Servizo de prevención e defensacontra os incendios forestais por tres meses ao anoComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
- 3465 (10/PNC-000338)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa contratación do ser-vizo integral de helicópteros e brigadas para a prevención e defensa contra os incendios forestaise coa prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra eles durante osanos 2017 e 2018Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
- 3570 (10/PNC-000344)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máis
9723
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017
Sobre a elaboración polo Goberno galego dun mapa de verteduras das industrias de transforma-ción do sector primario nas canles de auga do medio ruralComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
- 3571 (10/PNC-000345)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre a creación polo Goberno galego dunha liña de asesoramento técnico para o bo funciona-mento do sistema de tratamento dos residuos derivados das actividades de transformación do sec-tor primario, así como unha liña de axudas para mellorar, adaptar e/ou crear sistemas dedepuración sen impacto no medioComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
- 3716 (10/PNC-000351)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para trazar un plan integral de axudas ao pe-queno e mediano comercio para a recuperación económica e o fomento do emprego neste sectorComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
- 3631 (10/PNC-000355)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e Pérez Seco, José ManuelSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co posible impacto nosector galego da automoción das políticas comerciais anunciadas polo novo presidente dos EstadosUnidos de América Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas1.4.4.2. Preguntas orais en Comisión
Admisión a trámite, asignación a comisión e publicación
- 3250 (10/POC-000535)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a información do Goberno galego en relación coas deficiencias que está a padecer a veci-ñanza do concello de Valdoviño no acceso aos servizos de telefonía e da Internet a través da cone-xión terrestre, as xestións realizadas coa empresa Movistar e as actuacións previstas ao respectoComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
- 3251 (10/POC-000536)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel Fermín
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
9724
X lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017
Sobre a información do Goberno galego en relación coas deficiencias que está a padecer a veci-ñanza do concello da Capela no acceso aos servizos de telefonía e da Internet a través da conexiónterrestre, as xestións realizadas coa empresa Movistar e as actuacións previstas ao respectoComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
- 3255 (10/POC-000539)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e Pérez Seco, José ManuelSobre a opinión do Goberno galego respecto do nivel de cobertura actual das necesidades da cida-danía afectada pola pobreza enerxética, a suficiencia dos fondos destinados ás axudas para com-batela e a posibilidade de mellorar o acceso e a cobertura destas, así como o destino de parte dosseus fondos a outros finsComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
- 3333 (10/POC-000558)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre os obxectivos da creación da Axencia Galega da Industria Forestal, reflectida no Proxecto delei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, así como as inten-cións do Goberno galego en relación coa organización da investigación forestal e a inclusión docentro de Lourizán na mencionada axenciaComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
- 3382 (10/POC-000562)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre as razóns do Goberno galego para destinar a outros fins distintos máis de 800.000 euros dosfondos das axudas dirixidas ás familias en risco de pobreza enerxética, así como as súas previsiónsrespecto da consignación nos orzamentos para o ano 2017 dos recursos minorados e o incrementoda contía destinada para ese finComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
- 3415 (10/POC-000566)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as medidas previstas polo Goberno galego en relación coa situación de precariedade laborale exclusión na que se atopa o persoal contratado para o Servizo de prevención e defensa contra osincendios forestais por tres meses ao anoComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
- 3468 (10/POC-000568)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as previsións da Consellería do Medio Rural respecto da realización dunha análise para a in-trodución de cambios no actual proceso de contratación do servizo integral de helicópteros e bri-gadas para a prevención e defensa contra os incendios forestais e na prevención, vixilancia ecoordinación de medios aéreos de defensa contra eles durante os anos 2017 e 2018Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
9725
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017
- 3574 (10/POC-000581)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre as actuacións que está a levar a cabo o Goberno galego para preservar a calidade das augaspúblicas das canles do medio rural fronte ás verteduras das industrias de transformación do sectorprimario, a realización dalgún seguimento ao respecto, así como o ofrecemento dalgún tipo deaxuda técnica ou asesoramento para mellorar as súas condicións e a existencia dalgunha liña deaxudas para adaptar os sistemas de depuraciónComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
- 3583 (10/POC-000583)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBlanco Paradelo, Moisés e 5 máisSobre a produción de viño rexistrada en Galicia no ano 2016, o valor do comercializado na campaña2015-2016 e a evolución das cifras de exportación nos últimos anos, así como as medidas postasen marcha pola Consellería do Medio Rural para mellorar a produción, a comercialización e a inter-nacionalización do sector vitivinícolaComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
- 3587 (10/POC-000584)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio e 4 máisSobre a dispoñibilidade polo Goberno galego dun mapa de verteduras das industrias de transfor-mación do sector primario nas canles de auga de GaliciaComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
- 3632 (10/POC-000600)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e Pérez Seco, José ManuelSobre o mantemento dalgún contacto pola Xunta de Galicia co grupo PSA Peugeot Citroën, as em-presas auxiliares da automoción e os sindicatos con representación no sector, en relación co posibleimpacto no sector galego da automoción das políticas comerciais anunciadas polo novo presidentedos Estados Unidos de América, así como a elaboración dalgunha estratexia ao respectoComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
- 3718 (10/POC-000612)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a recuperación económica e o fomento do emprego no pequeno e mediano comercioComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
- 3784 (10/POC-000639)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Losada Álvarez, Abel FermínSobre a valoración do Goberno galego en relación cos resultados do sector turístico durante o ano2016, a disparidade existente entre os datos referidos á chegada de turistas internacionais a Galiciae os do resto de España e as actuacións previstas para a recuperación do sectorComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
9726
X lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017
- 3798 (10/POC-000642)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre as actuacións e as medidas desenvolvidas ou previstas polo Goberno galego para evitar osabusos na suba do recibo da luz para as persoas usuarias, así como as dificultadas das familiaspara o seu pagamentoComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
- 3343 (10/POC-000559)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaÁlvarez Martínez, Luis Manuel e Blanco Rodríguez, NoelaSobre os plans, os prazos e o orzamento estimado para o desenvolvemento do proceso de dixita-lización do arquivo da CRTVGComisión Permanente non Lexislativa de Control da Corporación da RTVG
- 3344 (10/POC-000560)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaÁlvarez Martínez, Luis Manuel, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre o custo total da construción dun edificio anexo á Redacción da TVG para o traslado provisionaldos profesionais durante o desenvolvemento do proceso de dixitalización da RTVG, o calendariode traballo previsto e o destino futuro desas instalaciónsComisión Permanente non Lexislativa de Control da Corporación da RTVG
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017Diego Calvo PousoVicepresidente 1º
9727
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados, José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Álvarez, a través do
portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate
na Comisión 6ª.
A pesar do continuo exercicio de publicidade e propaganda sobre a
extensión das TIC no territorio da comunidade autónoma, e das inxentes
cantidades de fondos que se destinan a apoiar esta extensión, a realidade,
denunciada en moitas ocasións polo Grupo Socialista é que as zonas de
sombra son aínda moitas en Galicia; e non só en zonas afastadas do
interior, senón en moitos casos en zonas próximas aos núcleos urbanos. Os
últimos datos sinalan que un 25 % dos total de españois que carecen de
posibilidades técnicas de conectarse á internet residen en Galicia, cando a
nosa comunidade ten apenas o 6 % da poboación do Estado.
Estas carencias, dificultan en moitos casos, non só as actividades persoais,
senón tamén actividades económicas que permitirían a creación de
emprego no medio rural, algo que debería de ser un obxectivo estratéxico
para o noso país. Esta situación están a vivila cidadáns do concello de
Valdoviño.
Amtega leva anos publicitando que a través do seu Plan de Banda Larga,
os habitantes deste concello teñen acceso a este servizo. Falamos de
instalacións subvencionadas pola Xunta de Galicia e o Fondo Social
Europeo dentro das actuacións derivadas deste plan, que debería de prestar
un servizo de conexión á internet, moi necesario para que as familias
poidan desenvolver e xestionar as súas actividades económicas e sociais
con normalidade.
9728
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
A discrecionalidade da empresa que ten recibido fondos públicos resulta
incomprensible. Mentres que hai veciños e veciñas que solicitaron a
conexión de liña telefónica máis o servizo da internet á empresa
Telefónica-Movistar, instaladora e operadora da infraestrutura, e poden
facer uso do servizo con normalidade; hai outros veciños e veciñas que
fixeron a solicitude á mesma empresa pero esta non acaba de dispoñer e
facer o necesario para darlle o servizo a través dunha liña telefónica, a
pesar de que a empresa di ter instalado unha centraliña con recursos
económicos subvencionados, e polo tanto públicos.
Non obstante hai que sinalar que nas parroquias de Pantín, Vilarrube,
Loira, Vilaboa e incluso lugares da de Valdoviño, segue a haber moitas
zonas de sombra, limitando así a capacidade de acceso á rede de pequenos
empresarios autónomos e á cidadanía en xeral.
De feito o pasado 27 de decembro o Partido Popular de Valdoviño
denunciou na prensa (La Voz de Galicia do 27/12/2016) textualmente que
“el problema actual radica en el empecinamiento de la operadora
dominante en dar el servicio de ADSL por las obsoletas líneas de cobre
que, con distancias de más de cinco kilómetros, tienen una caída alta de la
señal, lo que implica una navegación muy lenta, con cortes (...), propia de
países tercermundistas” incidindo en «el nulo interés en invertir en la red
por la baja densidad de población, lo que hace que el problema se
agrave».
Ante esta situación o Grupo Parlamentario Socialista presenta a seguinte
proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que demande da
empresa Telefónica-Movistar que dispoña os sistemas técnicos necesarios,
para que todos os veciños e veciñas residentes no concello de Valdoviño
teñan a posibilidade de conectarse á internet polo sistema terrestre, ou ben
por un sistema de satélite 3G cunha calidade aceptable.
9729
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Pazo do Parlamento, 9 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Jóse Manuel Pérez Seco na data 12/01/2017 17:17:41
Abel Fermín Losada Álvarez na data 12/01/2017 17:17:50
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 12/01/2017 17:17:58
9730
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seus
deputado, José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Álvarez, a través do
portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate
na Comisión 6ª.
A pesar do continuo exercicio de publicidade e propaganda sobre a
extensión das TIC´s no territorio da comunidade autónoma, e das inxentes
cantidades de fondos que se destinan a apoiar esta extensión, a realidade,
denunciada en moitas ocasións polo Grupo Socialista é que as zonas de
sombra son aínda moitas en Galicia; e non só en zonas afastadas do
interior, senón en moitos casos en zonas próximas aos núcleos urbanos. Os
últimos datos sinalan que un 25 % dos total de españois que carecen de
posibilidades técnicas de conectarse á Internet residen en Galicia, cando a
nosa comunidade ten apenas o 6 % da poboación do Estado.
Estas carencias, dificultan en moitos casos, non só as actividades persoais,
senón tamén actividades económicas que permitirían a creación de
emprego no medio rural, algo que debería de ser un obxectivo estratéxico
para o noso país. Esta situación están a vivila cidadáns do concello da
Capela.
Amtega leva anos publicitando que a través do seu Plan de Banda Larga,
os habitantes deste concello teñen acceso a este servizo. Falamos de
instalacións subvencionadas pola Xunta de Galicia e o Fondo Social
Europeo dentro das actuacións derivadas deste plan, que debería de prestar
un servizo de conexión á internet, moi necesario para que as familias
poidan desenvolver e xestionar as súas actividades económicas e sociais
con normalidade.
9731
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
A discrecionalidade da empresa que ten recibido fondos públicos resultan
incomprensible. Mentres que hai veciños e veciñas que solicitaron a
conexión de liña telefónica máis o servizo da internet á empresa
Telefónica-Movistar, instaladora e operadora da infraestrutura, e poden
facer uso do servizo con normalidade; hai outros veciños e veciñas que
fixeron a solicitude á mesma empresa pero esta non acaba de dispoñer e
facer o necesario para darlle o servizo a través dunha liña telefónica, a
pesar de que a empresa di ter instalado unha centraliña con recursos
económicos subvencionados, e polo tanto públicos.
Non obstante, hai que sinalar que nas parroquias de Cabalar e Caaveiro,
incluso lugares da Capela, segue habendo moitas zonas de sombra,
limitando así a capacidade de acceso á rede de pequenos empresarios
autónomos e á cidadanía en xeral.
Ante esta situación o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presentan a seguinte proposición:
O Parlamento galego insta o Goberno galego para que se dirixa á empresa
Telefónica-Movistar e lle demanda que dispoña os sistemas técnicos
necesarios para que todos os veciños e veciñas residentes no concello da
Capela teñan a posibilidade de conectarse á internet polo sistema terrestre,
ou ben por un sistema de satélite 3G cunha calidade aceptable.
Pazo do Parlamento, 11 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
9732
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Jóse Manuel Pérez Seco na data 12/01/2017 17:18:19
Abel Fermín Losada Álvarez na data 12/01/2017 17:18:28
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 12/01/2017 17:18:35
9733
A MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de En Marea, a iniciativa dos seus deputados Paula
Quinteiro Araújo e David Rodríguez Estévez e a través do seu voceiro, Luis
Villares Naveira, o abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da
Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei, referente a “situación de
precariedade laboral na que atopan as traballadoras e traballadores contratados no
SPDCIF por tres meses o ano” para o seu debate na Comisión 7.ª.
Exposición de motivos:
Actualmente, existen 436 traballadoras e traballadores do SPDCIF, cunha
relación contractual ca Consellería de Medio Rural, de tan só tres meses o ano,
con carácter de fixos, indefinidos descontinuos, reserva de praza e co
regulamento do INEM para estes casos, so teñen dereito ao cobro dun subsidio
non contributivo de 426€ durante 3 meses debido a que ese é o tempo que están
contratados. O cobro dos 3 meses do subsidio son despois de traballar 6 meses, e
dicir, dúas campañas.
O total dos ingresos anuais dunha traballadora ou un traballador nesta
circunstancia, sumando o derivado do seu traballo máis o subsidio por
desemprego (en caso de que exista) nunca excede os 6.500€ anuais, quedando así
lonxe do salario mínimo interprofesional.
Estas traballadoras e traballadores, conviven nunha situación de pobreza con
visos de exclusión social, casos de depresión e sensación de baleiro e abandono
por parte da Consellería de Medio Rural. Obsérvese que para chegar algún día a
9734
ter dereito a unha pensión mínima, estas terían que traballar 100 campañas de
reforzo de verán, ou sexa, 100 anos.
A todo isto temos que sumarlle a imposibilidade para facer substitucións de
prazas non vacantes. Non poden cubrir baixas por enfermidades ou xubilacións
nin acceder a prazas non vacantes en incendios forestais ou en calquera outro
corpo da administración da Xunta de Galicia, aínda que non estean contratadas.
Tendo en conta a gran preparación, dispoñibilidade e profesionalidade das
traballadoras e traballadores citados, non podemos obviar na labor que farían no
que atinxe a prevención o estaren contratados durante máis meses.
Polo todo o exposto anteriormente, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a
seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Modificar o Decreto 37/2006, das listas de contratación eliminando o guión
para que as traballadoras e traballadores de tres meses poidan optar a cubrir
vacantes e non vacantes.
2. Suprimir as coletillas de “Reforzo da Campaña do Verán” e de “Como
máximo tres meses”
3. Solicitar a ampliación dos contratos de tres a nove meses.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2017
9735
Asinado dixitalmente por:
David Rodríguez Estévez na data 16/01/2017 13:35:18
Paula Quinteiro Araújo na data 16/01/2017 13:35:33
Luis Villares Naveira na data 16/01/2017 13:35:50
9736
A MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de En Marea, a iniciativa dos seus deputados Paula
Quinteiro Araújo e David Rodríguez Estévez e a través do seu voceiro, Luis
Villares Naveira, o abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da
Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu debate na
Comisión 7ª., referente á contratación do servizo integral de helicópteros e
brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á
prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra
incendios forestais durante os anos 2017 e 2018.
Exposición de Motivos:
No DOG nº 7 do 11 de xaneiro, a Consellería de Medio Rural, publicou a
resolución do 20 de decembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, por
procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, dun servizo integral de
helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios
forestais e á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa
contra incendios forestais durante os anos 2017 e 2018, sendo o servizo de
contratación da Consellería de Medio Rural a entidade adxudicataria.
Na descrición do contrato fala da contratación do servizo integral de helicópteros
e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á
prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra
incendios forestais durante os anos 2017 e 2018, divididos por lotes:
Lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas
helitransportadas correspondentes.
Lote 2: helicóptero e técnicos coordinadores.
9737
Tamén se contempla unha admisión de prórroga por dúas anualidades máis.
O importe neto do mesmo ascende a 3.877.530,00 € e contémplase un valor
estimado de 8.344.396,00 € incluídas posibles prórrogas e modificacións con
fondos propios.
A adxudicación de medios aéreos polas administracións publicas comezou hai
tempo a ter certos problemas coa suposta relación administracións / empresas
adxudicatarias ata tal punto que a propia audiencia nacional é quen decide iniciar
unha profunda investigación sobre da adxudicación de medios aéreos por
diverxas comunidades autónomas xa que este asunto afecta a unha considerable
numero de comunidades autónomas e incluso países, como Portugal, Francia,
Italia, chile e por suposto España.
Polo tanto este é un tema altamente preocupante xa que as empresas que
investiga a audiencia nacional pactarían prezos entre elas para repartirse o pastel
da adxudicación de medios aéreos do estado español, pero a nos o que nos
preocupa a día de hoxe é Galiza, como moi ven sabe vostede a consellería ten
metida unha demanda feita polo sindicato CIG no ano 2012 por prevaricación
contra a anterior conselleira Rosa Quintana, contra o anterior secretario xeral
técnico Francisco José Vidal Pardo e contra o anterior Director Xeral de montes
Tomas Fernández Couto.
O curioso do asunto é que non so se contratan helicópteros senón que tamén se
contratan brigadas a través da empresa Natutecnia subcontratada o mesmo
tempo por Inaer.
Esta practica que, segundo a consellería acaeceu de forma excepcional pola
proximidade da época de lumes naquel ano 2012, continua a día de hoxe pero
estendéndose moito máis, quere dicir que os helicópteros son todos de Inaer e as
brigadas helitransportadas son todas de Natutecnia, empresa que curiosamente
9738
fixo unha auditoría interna ó SPDCIF cunha pretensión clara de reducir o número
de brigadas do servizo público, informe pagado pola propia administración,
tamén curioso, e que a mesma empresa unha datas despois é contratada para
levar brigadas helitransportadas do sector privado.
Unha análise profunda do informe do Tribunal de Contas detectou xa en anos
anteriores que as consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural cambiaron e
improvisaron criterios de puntuación das ofertas presentadas a varios concursos
cando xa se estaba producindo esa valoración.
É curioso que nos helicópteros e avións contratados por medio rural naquelas
datas se valorara elementos non incluídos nos pregos de condicións, en cambio
datos tan importantes como a cantidade da auga, ano de fabricación e
matriculación, horas pendentes ata próxima inspección, potencia e peso máximo
de despegue e a capacidade dos helibaldes non foron mellorados de forma
importante, polo tanto valoráronse elementos que non estaban incluídos nos
pregos de condicións, como por exemplo meses adicionais de prestación de
servizo, horas adicionais de voo ou o coñecemento lingua española utilizáronse
con elementos de mellora técnica vulnerando o artigo 86 del TLCAP, no informe
técnico tamén se incluíu a oferta económica que corresponde a mesa de
contratación.
Outra irregularidade do proceso correspondese coa inclusión da experiencia,
inicialmente nos pregos de condicións técnicas incluíase que os pilotos debían
contar cunha experiencia mínima de 500 horas, as empresas presentaron pilotos
cunha experiencia e 300 horas polo tanto non cumprían as condicións técnicas. A
adaptación dos pregos de condicións as circunstancias propias da empresa
modificando o prego de condicións técnicas non se adecuou aos protocolos que
fixa a axencia estatal de seguridade aérea en materia de navegación. Polo tanto
este informe do tribunal de contas indica que nese período de contratación citado
9739
e curioso que a empresa Inaer Galicia SL fose a única empresa licitadora cunha
oferta económica coincidente co presuposto de licitación aínda que a súa oferta
técnica obtivo unha valoración preocupantemente baixa de so 12,2 puntos de un
total de 60.
A actual distribución dos medios aéreos e as condicións técnicas dos mesmos
merece un profundo análise, estamos percibindo un cambio substancial na
principal ou nunha das principais funcións dun helicóptero de extincións de
incendios que é o lanzamento de auga sobre o lume forestal. Percíbese
perfectamente que xa nas condicións técnicas da capacidade dos helibaldes
redúcese a cantidade de auga en 200 litros por aeronave, mais hai unha tendencia
cada vez maior de contratar helicópteros lixeiros, tipo B3 que levan unha
capacidade de auga de 900 litros. Estes helicópteros teñen unha vantaxe
importante, que é que despegan moi rapidamente pero a tendencia constante
desta consellería de reducir a carga dos helibaldes dos helicópteros non ten moito
sentido debido á intensidade dos lumes que se producen na nosa terra, a eficacia
extintora en lumes de alta intensidade que cada vez son mais frecuentes (lumes
de cuarta e quinta rexeneración) con columnas convectivas de chamas de gran
altura, que fai que a capacidade de extinción de descargas dos helibaldes cun
volume de auga, ao noso parecer, escaso so produce un efecto de sufocación mais
que de extinción. Como reseña quería remarcar que aínda que o número de lume
redúcese de forma importante a superficie afectada por incendio é cada vez
maior; por exemplo neste ano habendo pouco máis de 2000 incendios
superáronse as 22.000 hectáreas cunha superficie media superior a 10 hectáreas
por lume, polo tanto consideramos que o modelo deseñado pola consellería
actualmente non é efectivo baseándose nos datos anterior mente citado, xa que
nas peores épocas de 10.000 lumes ano a superficie queimada por lume era de de
2,6 hectáreas, para nos está claro que manter un sistema privado con empresas
privadas de extinción con helicópteros con capacidades menores de descarga non
supón un beneficio en canto a eficacia do sistema de extinción aérea.
9740
Polo todo o exposto anteriormente, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a
seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 7ª:
O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego, e concretamente á Consellería
de Medio Rural, a analizar con profundidade un cambio de modelo e de
aeronave, e voltar a contratar directamente pola Xunta de Galiza ó persoal a
través das listas do Decreto de listas de contratación de persoal temporal, tal
como se facía antes con resultados moito mellores.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Paula Quinteiro Araújo na data 16/01/2017 17:09:04
David Rodríguez Estévez na data 16/01/2017 17:09:13
Luis Villares Naveira na data 16/01/2017 17:09:23
9741
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia por iniciativa dos seus
deputados e das súas deputadas, José Antonio Quiroga Díaz, Luís Manuel
Álvarez Martínez, María Concepción Burgo López, Patricia Vilán Lorenzo e
José Manuel Pérez Seco, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo
160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición
non de lei para o seu debate na Comisión 7ª.
Independentemente do debate sobre o cambio climático hai unha evidencia
constatada polos datos de recollida de choiva e temperaturas nas últimas décadas
que apuntan a un cambio no comportamento climático que vén a substanciarse
nunha realidade onde “hai” menos auga, feito comprobable na desaparición e
diminución de caudais e mananciais.
As canles de auga no noso rural etiquetados como mananciais, regos, regatos e
ríos teñen unha gran importancia que polas variables climáticas antes referidas
son xa a día de hoxe puntos estratéxicos que ano a ano vén incrementando o
valor non só desde o punto de vista medioambiental, ecolóxico e paisaxístico,
senón tamén como elementos claves para o desenvolvemento da actividade
humana e non só da económica: auga para o rego de cultivos, limpeza de
instalacións, subministro imprescindible de certas actividades transformadoras,
senón mesmamente para o abastecemento de auga potable para lugares, pobos,
vilas e cidades.
Mananciais, regos, regatos e ríos, viñeron experimentando un deterioro na
calidade e pureza das súas augas case en paralelo á diminución dos caudais.
Primeiro foron vertidos moi illados e circunstanciais que nos anos 80 acabaron
por xeneralizarse coa proliferación da gandaría intensiva a utilización de
tratamentos químicos aos cultivos e os vertidos de lugares, pobos e vilas.
Por outra banda, o éxodo do rural e o conseguinte envellecemento da poboación
de lugares, pobos e vilas, de comarcas enteiras, non só está sustentado nun
drástico cambio do modelo demográfico, cultural e produtivo.
9742
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
A falta de postos de traballo e de oportunidades no eido rural é o elemento que
acaba por facer desistir a moita xente nova para que non fixen a súa residencia en
parroquias, vilas e comarcas do rural galego. As actividades de transformación de
materias primas do eido rural (agricultura, gandaría e silvicultura ...) en produtos
manufacturados substanciadas en pequenas e medianas “industrias” teñen que ter
un valor estratéxico e todo o apoio das administracións e do tecido social.
O debate de desenvolvemento e medioambiente debe solucionarse a favor dunha
convivencia e complementariedade entre a actividade transformadora xurdida do
rural e o medioambiente.
A realidade que se vive todos os días evidéncianos unha continua agresión ao
medio natural en forma de vertidos aos mananciais, regos, regatos e ríos
orixinados por actividades de transformación do sector primario que poñen en
perigo non só a saúde das propias canles, senón tamén a pervivencia dos veciños
e veciñas no eido rural.
Ante esta situación o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a
seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que cree o mapa de
vertidos en canles no medio rural por parte de industrias de transformación do
sector primario, diferenciando o tipo de vertidos, o seu impacto e perigosidade
para o medio.
Pazo do Parlamento, 16 de xaneiro de 2016
Asinado dixitalmente por:
José Antonio Quiroga Díaz na data 17/01/2017 16:35:53
Luis Manuel Álvarez Matínez na data 17/01/2017 16:36:06
Maria de la Concepción Burgo López na data 17/01/2017 16:36:20
9743
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Patricia Vilán Lorenzo na data 17/01/2017 16:36:31
Jóse Manuel Pérez Seco na data 17/01/2017 16:36:41
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 17/01/2017 16:36:55
9744
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados, José Antonio Quiroga Díaz, Luís Manuel Álvarez Martínez, María
Concepción Burgo López, Patricia Vilán Lorenzo e José Manuel Pérez Seco, a
través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da
Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu
debate na Comisión 7ª.
Sen entrar no debate sobre o cambio climático hai unha evidencia constatada
polos datos pluviométricos e térmicos (e outros moitos indicadores) que nas
últimas décadas apuntan a un cambio no comportamento climático. Isto vén a
substanciarse nunha realidade onde “hai” menos auga, feito comprobable na
desaparición e diminución de caudais e mananciais.
As canles de auga do noso rural etiquetadas como mananciais, regos, regatos e
ríos teñen unha grande importancia que polas variables climáticas antes referidas,
son a día de hoxe puntos estratéxicos que ano a ano vén incrementando o valor
non só desde o punto de vista medioambiental, ecolóxico e paisaxístico; ademais
de ser elementos claves para o desenvolvemento da actividade humana e non só
da económica (auga para o rego de cultivos, limpeza de instalacións, subministro
imprescindible de certas actividades transformadoras ...) senón, mesmamente
para o abastecemento de auga potable para vivendas.
Mananciais, regos, regatos e ríos, viñeron experimentando un deterioro na
calidade e pureza das súas augas, case en paralelo á diminución dos seus caudais.
Primeiro foron verteduras illadas e circunstanciais que nos anos 80 acabaron por
xeneralizarse coa proliferación da gandaría intensiva a utilización de tratamentos
químicos nos cultivos e a falla de saneamentos adecuados de lugares, pobos e
vilas.
Por outra banda, o éxodo do rural e o conseguinte avellentamento da poboación,
non só está sustentado nun drástico cambio do modelo demográfico, cultural e
produtivo. A falta de postos de traballo e de oportunidades no eido rural é o
elemento que acaba por facer desistir a moitos mozos para que non fixen a súa
residencia en parroquias, vilas e comarcas do rural galego.
9745
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
As actividades de transformación de materias primas do eido rural (agricultura,
gandaría e silvicultura ...) en produtos manufacturados substanciadas en
pequenas e medianas “industrias” deberían ter un valor estratéxico e todo o apoio
das administracións e do tecido social.
O debate de desenvolvemento e medioambiente debe solucionarse a favor dunha
convivencia e complementariedade entre a actividade transformadora xurdida do
rural e o medio.
Temos un bo exemplo da problemática na actualidade, neste último mes vense
suscitando polémica acompañada de alarma social en Chantada, pola petición
dunha industria transformadora de materia prima do rural (concello de Taboada),
que presenta unha solicitude de obras na Confederación Hidrográfica Miño-Sil
para verter os residuos da súa actividade no río Enviande (concello de Chantada),
a 2,4 km de distancia, cando a 1,5 m xa dispón de canles (río Moreda) para verter
desde a súa EDAR e mesmo ao pé da factoría como fan agora.
Somos conscientes de que toda actividade transformadora xera residuos pouco
beneficiosos para o medio ambiente e a calidade do aire e das augas, por iso,
entre outros medios, está a obrigatoriedade de dispor de estacións de depuración
de residuos. Se estes medios funcionan adecuadamente non entendemos como se
solicita unha autorización para realizar unha vertedura a 2,4 km, se xa se ten
unha pequena canle ao carón (onde verten na actualidade); a non ser que haxa
intención de levalo a unha canle con maior caudal onde se note menos o impacto
das verteduras.
Dado que cómpre amparar e potenciar a actividade transformadora derivada do
sector primario, dada a necesidade vital de amparar a calidade das augas e facer
compatibles a actividade co medio e como este problema non só se circunscribe
ao río Enviando e á problemática de Chantada-Taboada e a esta actividade, senón
que o mesmo problema atopalo no río Saviñao (cunha situación de deterioro
importante na saúde e vida das augas), ou no río Cabe con outras empresas de
transformación láctea, nos ríos que baixan do Courel coa extracción de lousa; ...
situacións extrapolables ás catro provincias galegas, a moitas canles de auga e a
moitas actividades ligadas ao sector primario.
9746
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Entendemos que o Goberno galego é garante de calidade das augas públicas e por
outra banda, debe ser impulsor da actividade no sector primario, facendo
compatible desenvolvemento e medio, despois de proclamar que esta é a
lexislatura do rural.
Ante esta situación o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a
seguinte proposición non de lei:
O parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que:
1º) Cree unha liña de asesoramento técnico para o bo funcionamento do sistema
de tratamento de residuos de actividades de transformación do sector primario.
2ª) Cree unha liña de axudas económicas para mellorar, adaptar e/u crear
sistemas de depuración das actividades de transformación do sector primario que
non teñan impacto no medio.
Pazo do Parlamento, 16 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
José Antonio Quiroga Díaz na data 17/01/2017 16:37:36
Luis Manuel Álvarez Matínez na data 17/01/2017 16:37:46
Maria de la Concepción Burgo López na data 17/01/2017 16:38:00
Patricia Vilán Lorenzo na data 17/01/2017 16:38:15
Jóse Manuel Pérez Seco na data 17/01/2017 16:38:24
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 17/01/2017 16:38:44
9747
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Alvarez, a través do portavoz e
ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante
esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 6ª.
O comercio en Galicia é unha as nosas maiores fontes de riqueza e cohesión
social. A súa importancia, non só para a economía senón tamén dende o puntos
de vista social e urbano, está fóra de toda dúbida.
En Galicia, o peso do comercio na economía é superior, ao conxunto da Unión
Europea, alcanzando arredor do 12 % do PIB total e preto do 18 % do emprego.
O Goberno galego aprobou o Plan estratéxico de impulso ao comercio galego
2015 – 2020, cuxo obxectivo fundamental era o desenvolvemento dunha
estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a
seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que:
1º) Elabore e presente nesta Cámara, no actual período de sesións, un plan
integral de axudas ao pequeno e mediano comercio, para a recuperación
económica e o fomento do emprego neste sector, co obxecto de rematar coa
“choiva fina” de axudas repartida entre as asociacións de comerciantes.
2º) Contemple, no dito plan, axudas para a mellora da súa competitividade.
3º) Desenvolva programas para transitar dende o comercio tradicional ao
comercio especializado.
9748
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
4º) Xere as condicións precisas para que o pequeno comercio galego poida
aproveitar os beneficios das economías de escala.
5º) Reforce a imaxe de marca.
6º) Favoreza a implantación de centrais de compra, cunhas dotacións
orzamentarias que se elevarán polo menos nun 50 % para o exercicio 2017.
Pazo do Parlamento, 18 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Jóse Manuel Pérez Seco na data 18/01/2017 18:46:02
Abel Fermín Losada Álvarez na data 18/01/2017 18:46:11
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 18/01/2017 18:46:42
9749
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos
seus deputados Abel Losada Alvarez e José Manuel Pérez Seco, a través
do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da
Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición non de lei en
Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.
Exposición de motivos
A chegada de Donald Trump á Presidencia dos Estados Unidos de América
está introducindo elevados niveis de incerteza en moitas actividades
económicas, pero con poucos sectores ten sido tan claro como coa industria
da automoción, no só do seu país, senón tamén coas empresas no
estranxeiro.
Unha deriva proteccionista que está a afectar fundamentalmente a industria
automotriz de México, ameazando con impor "grandes aranceis" aos
fabricantes estadounidenses Ford e General Motors (GM), o xaponés
Toyota, si seguen ensamblando os seus vehículos fora de EE.UU. e os
venden no seu país. Así, Ford xa cancelou unha inversión de 1.600 millóns
de $ para unha planta en México.
Neste momento, a industria automotriz é un símbolo do estatus do sector
industrial en calquera parte do mundo. En Galicia, o Grupo PSA é un
tecido industrial moi competitivo en torno ás auxiliares da automoción,
teñen acadado un grande de competitividade internacional moi elevado.
De feito, a industria galega auxiliar da automoción ten situado en México
un dos seus focos máis importantes de expansión. México superou en 2010
os dous millóns de vehículos producidos; en 2015 superou os 3,25 millóns
e as proxeccións eran que antes de 2020 supere os 5 millóns.
Pero fronte a estas expectativas de crecemento, os riscos para a industria
mexicana de automoción son neste momento moi elevados, xa que pode
haber un efecto dominó en outras compañías e industrias que sigan o
exemplo.
9750
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Aínda que México non é o maior exportador de vehículos a EE.UU., pois
Xapón, Alemaña e Canadá disputan o primeiro lugar, ten algunhas
vantaxes respecto a outros países. Por un lado, ten máis de 40 tratados de
libre comercio con diferentes países e a Unión Europea, que lle permiten
importar materias primas con aranceis preferenciais, e por outra, é parte do
Tratado de Libre Comercio de América del Norte (TLCAN), e así os
vehículos feitos en México poden pasar a través da fronteira USA sen
pagar impostos.
Estas son as razóns polas que a industria automotriz de México está no
punto de mira do novo goberno dos Estados Unidos, o que engade un
elemento importante de incerteza máis ao sector galego das auxiliares da
automoción.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a constituír un grupo de
traballo, do que formen parte o Grupo PSA, as empresas auxiliares da
automoción e os sindicatos, para avaliar o impacto que as políticas
comerciais anunciadas polo novo presidente dos USA, poden ter no sector
da automoción galego; así como definir as mellores estratexias a seguir
para minorar os seus efectos na produción e no emprego.
Pazo do Parlamento, 17 de xaneiro de 2017
Asdo.: Abel Losada Alvarez
José Manuel Pérez Seco
Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
9751
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Abel Fermín Losada Álvarez na data 17/01/2017 18:39:13
Jóse Manuel Pérez Seco na data 17/01/2017 18:39:19
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 17/01/2017 18:39:26
9752
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Álvarez, deputados pertencentes ao
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no
artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte
pregunta para a súa resposta oral na Comisión 6ª.
A pesar do continuo exercicio de publicidade e propaganda sobre a
extensión das TIC no territorio da comunidade autónoma, e das inxentes
cantidades de fondos que se destinan a apoiar esta extensión, a realidade,
denunciada en moitas ocasións polo Grupo Socialista é que as zonas de
sombra son aínda moitas en Galicia; e non só en zonas afastadas do
interior, senón en moitos casos en zonas próximas aos núcleos urbanos. Os
últimos datos sinalan que un 25 % dos total de españois que carecen de
posibilidades técnicas de conectarse á internet residen en Galicia, cando a
nosa comunidade ten apenas o 6 % da poboación do Estado.
Estas carencias, dificultan en moitos casos, non só as actividades persoais,
senón tamén actividades económicas que permitirían a creación de
emprego no medio rural, algo que debería de ser un obxectivo estratéxico
para o noso país. Esta situación están a vivila cidadáns do concello de
Valdoviño.
Amtega leva anos publicitando que a través do seu Plan de Banda Larga,
os habitantes deste concello teñen acceso a este servizo. Falamos de
instalacións subvencionadas pola Xunta de Galicia e o Fondo Social
Europeo dentro das actuacións derivadas deste plan, que debería de prestar
un servizo de conexión á internet, moi necesario para que as familias
poidan desenvolver e xestionar as súas actividades económicas e sociais
con normalidade.
9753
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
A discrecionalidade da empresa que ten recibido fondos públicos resulta
incomprensible. Mentres que hai veciños e veciñas que solicitaron a
conexión de liña telefónica máis o servizo da internet á empresa
Telefónica-Movistar, instaladora e operadora da infraestrutura, e poden
facer uso do servizo con normalidade; hai outros veciños e veciñas que
fixeron a solicitude á mesma empresa pero esta non acaba de dispoñer e
facer o necesario para darlle o servizo a través dunha liña telefónica, a
pesar de que a empresa di ter instalado unha centraliña con recursos
económicos subvencionados, e polo tanto públicos.
Non obstante hai que sinalar que nas parroquias de Pantín, Vilarrube,
Loira, Vilaboa e incluso lugares da de Valdoviño, segue a haber moitas
zonas de sombra, limitando así a capacidade de acceso á rede de pequenos
empresarios autónomos e á cidadanía en xeral.
De feito o pasado 27 de decembro o Partido Popular de Valdoviño
denunciou na prensa (La Voz de Galicia do 27/12/2016) textualmente que
“el problema actual radica en el empecinamiento de la operadora
dominante en dar el servicio de ADSL por las obsoletas líneas de cobre
que, con distancias de más de cinco kilómetros, tienen una caída alta de la
señal, lo que implica una navegación muy lenta, con cortes (...), propia de
países tercermundistas” incidindo en «el nulo interés en invertir en la red
por la baja densidad de población, lo que hace que el problema se
agrave».
Ante esta situación os deputados que asinan formulan as seguintes
preguntas:
1ª) É coñecedora a Xunta de Galicia da situación de clara discriminación
que están a sufrir moitos veciños e veciñas do concello de Valdoviño en
termos de acceso a servizos de telefonía e da internet coa calidade axeitada
a través de conexión terrestre?
9754
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
2ª) Que ten pensado facer a Xunta de Galicia ante esta situación?
3ª) Tense posto en contacto a Xunta de Galicia coa empresa Movistar,
receptora de fondos públicos, para tentar solucionar esta situación de
discriminación?
Pazo do Parlamento, 9 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Jóse Manuel Pérez Seco na data 12/01/2017 17:19:03
Abel Fermín Losada Álvarez na data 12/01/2017 17:19:17
9755
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Álvarez, deputados pertencentes ao
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no
artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte
pregunta para a súa resposta oral na Comisión 6ª.
A pesar do continuo exercicio de publicidade e propaganda sobre a
extensión das TIC´s no territorio da comunidade autónoma, e das inxentes
cantidades de fondos que se destinan a apoiar esta extensión, a realidade,
denunciada en moitas ocasións polo Grupo Socialista é que as zonas de
sombra son aínda moitas en Galicia; e non só en zonas afastadas do
interior, senón en moitos casos en zonas próximas aos núcleos urbanos. Os
últimos datos sinalan que un 25 % dos total de españois que carecen de
posibilidades técnicas de conectarse á Internet residen en Galicia, cando a
nosa comunidade ten apenas o 6 % da poboación do Estado.
Estas carencias, dificultan en moitos casos, non só as actividades persoais,
senón tamén actividades económicas que permitirían a creación de
emprego no medio rural, algo que debería de ser un obxectivo estratéxico
para o noso país. Esta situación están a vivila cidadáns do concello da
Capela.
Amtega leva anos publicitando que a través do seu Plan de Banda Larga,
os habitantes deste concello teñen acceso a este servizo. Falamos de
instalacións subvencionadas pola Xunta de Galicia e o Fondo Social
Europeo dentro das actuacións derivadas deste plan, que debería de prestar
un servizo de conexión á internet, moi necesario para que as familias
poidan desenvolver e xestionar as súas actividades económicas e sociais
con normalidade.
9756
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
A discrecionalidade da empresa que ten recibido fondos públicos resultan
incomprensible. Mentres que hai veciños e veciñas que solicitaron a
conexión de liña telefónica máis o servizo da internet á empresa
Telefónica-Movistar, instaladora e operadora da infraestrutura, e poden
facer uso do servizo con normalidade; hai outros veciños e veciñas que
fixeron a solicitude á mesma empresa pero esta non acaba de dispoñer e
facer o necesario para darlle o servizo a través dunha liña telefónica, a
pesar de que a empresa di ter instalado unha centraliña con recursos
económicos subvencionados, e polo tanto públicos.
Non obstante, hai que sinalar que nas parroquias de Cabalar e Caaveiro,
incluso lugares da Capela, segue habendo moitas zonas de sombra,
limitando así a capacidade de acceso á rede de pequenos empresarios
autónomos e á cidadanía en xeral.
Ante esta situación os deputados que asinan formulan as seguintes
preguntas:
1ª) É coñecedora a Xunta de Galicia da situación de clara discriminación
que están a sufrir moitos veciños e veciñas do concello da Capela en termos
de acceso a servizos de telefonía e da internet coa calidade axeitada a través
de conexión terrestre?
2ª) Que ten pensado facer a Xunta de Galicia ante esta situación?
3ª) Tense posto en contacto a Xunta de Galicia coa empresa Movistar,
receptora de fondos públicos, para tentar solucionar esta situación de
discriminación?
Pazo do Parlamento, 11 de xaneiro de 2017
9757
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
Jóse Manuel Pérez Seco na data 12/01/2017 17:19:32
Abel Fermín Losada Álvarez na data 12/01/2017 17:19:44
9758
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Abel Losada Álvarez e José Manuel Pérez Seco, deputados pertencentes ao
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo
152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta para
a súa resposta oral en Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.
A pobreza enerxética é unha mais das manifestacións dunha crise económica
durísima que ten afectado fundamentalmente aos mais débiles. A desigual e débil
saída da crise, ten efectos na maior parte das condicións de vida de grupos
importantes de cidadáns, sexa a alimentación, a vivenda, o transporte ou a enerxía.
Antes esta situación, mentres distintos países teñen aprobado normas que protexen
aos consumidores máis vulnerables, prohibindo durante o inverno interromper a
subministración que lles poida deixar sen calefacción, a lexislación española do
último Goberno Rajoy limitouse a desenvolvementos absolutamente insuficientes.
Cremos imprescindible ser sensibles á situación que moitos dos nosos veciños e
veciñas padecen, e por tanto, estimamos a oportunidade de que a Xunta de Galicia
utilice todos os resortes que ten ao seu alcance. As solucións que ten prantexado
teñen sido parciais e pouco efectivas, tal e como denunciamos os socialistas en
varias ocasións neste Parlamento.
Sinalamos a escasa dotación orzamentaria e as complicacións de acceso as axudas,
cuestións que foron sistematicamente soslaiadas polo Goberno galego. Os
socialistas cremos que o Goberno galego debe recoñecer que se trata dunha medida
de política social, co propósito de garantir os principios de progresividade,
solidariedade e cohesión respecto dos consumidores máis vulnerables.
Lamentablemente, fronte a isto, as noticias recentemente aparecidas nos medios de
comunicación, mostran os erros, as carencias e a falla de vontade política por parte
do goberno galego para axudar a solucionar os problemas relacionados coa pobreza
enerxética.
Así, o Goberno galego aprobou tres días antes das eleccións autonómicas o
transvase de parte do orzamento do seu "tícket eléctrico", que se estima que chegou
a unhas 35.000 familias menos das previstas. Estes fondos destináronse para outras
finalidades, cun verdadeiro “carácter social”.
Por unha parte “contratar con carácter urxente estudios e investigacións relativos a
plans e programas de inversión en campañas publicitarias de divulgación de
contidos relacionados coa orientación e promoción laboral e o fomento do
emprego” (125.000 euros) e, por outra, a “realización dun depósito inicial de
9759
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
150.000 dólares a instancias” da Corte Permanente de Arbitraxe da Haia por mor da
demanda interposta por Corcoesto S.A. contra España.
Polo exposto, os deputados asinantes formulan as seguintes preguntas:
1.ª) Considera a Xunta de Galicia que as necesidades da cidadanía galega afectada
pola pobreza enerxética están suficientemente cubertas?
2.ª) Considera a Xunta de Galicia suficientes os fondos destinados ás axudas para
combater a pobreza enerxética en Galicia?
3.ª) Cree posible mellorar o acceso e a cobertura destas axudas ás persoas afectadas
pola pobreza enerxética?
4.ª) Considera razoable que mentres non están cubertas esas necesidades, se
dedique parte deses escasos fondos a gastos que nada teñen que ver coas políticas
sociais?
5. Tendo en conta o nivel de execución das partidas correspondentes; considera
razoable gastar 125.000 euros en contratar con carácter urxente estudios e
investigacións relativos a plans e programas de inversión en campañas publicitarias
de divulgación de contidos relacionados coa orientación e promoción laboral e o
fomento do emprego?
Pazo do Parlamento, 13 de xaneiro de 2017
Asdo.: Abel Losada Álvarez
Jose Manuel Pérez Seco
Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Abel Fermín Losada Álvarez na data 13/01/2017 10:39:03
Jóse Manuel Pérez Seco na data 13/01/2017 10:39:32
9760
Á MESA DO PARLAMENTO
Paula Quinteiro Araujo e Davide Rodríguez Estévez, deputada e deputado do
Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral
na Comisión 7.ª.
Na Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña a Lei de orzamentos
do ano 2017, inclúese, na súa disposición adicional sexta, a creación da Axencia
Galega da Industria Forestal, que, adscrita á Consellería de Economía, Emprego
e Industria, terá entre os seus obxectivos o de coordinar os centros de
investigación e tecnolóxicos vinculados á industria forestal.
Recóllese tamén, que esta axencia asumirá os medios materiais e persoais que
acorde aos seus fins e obxectivos corresponden a día de hoxe aos departamentos
correspondentes das unidades afectadas da Consellería de Medio Rural.
Dedúcese, de todo isto, que a Axencia Galega da Industria Forestal (AGIF)
absorberá o Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF Lourizán), único
centro de investigación forestal da Xunta de Galicia na actualidade, no cal se
levan a cabo proxectos focalizados principalmente na conservación de recursos
forestais fronte o cambio climático, a mellora xenética con distintos obxectivos, a
protección contra incendios, a recuperación de áreas queimadas, a ecoloxía
forestal e a prevención e loita contra especies invasoras non desexadas.
Todos estes proxectos serven de apoio á xestión forestal da consellería do Medio
Rural e son de interese xeral para o conxunto da sociedade galega. A maior parte
dos temas que abranguen estes proxectos non están recollidos entre os obxectivos
9761
da Axencia Galega da Industria Forestal, e non semellan a priori, competencias
propias da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Polo exposto anteriormente, formulamos as seguintes preguntas para a súa
resposta oral en comisión:
1ª) Cales son os obxectivos da creación da Axencia Galega da Industria Forestal?
2ª) Como se quere organizar a investigación forestal en Galicia nesta lexislatura?
Vaise incluír o Centro de Lourizán na AGIF?
3.ª) Deulle resposta a Consellería ao escrito presentado polas traballadoras do
Centro?
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017.
Asdo.: Paula Quinteiro Araujo
Davide Rodríguez Estévez
Deputada e deputado do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Paula Quinteiro Araújo na data 16/01/2017 11:13:26
David Rodríguez Estévez na data 16/01/2017 11:13:34
9762
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil
Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Xosé Luis Bará
Torres, deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 6ª.
A pobreza enerxética é un problema vixente e crecente na sociedade galega,
agravado ademais polas consecuencias socioeconómicas da crise estrutural que atravesa
o modelo económico e social no que vivimos os galegos e galegas. Moitas persoas e
familias non poden pagar as facturas do subministro enerxético, eléctrico e de gas,
especialmente durante os meses de inverno nos que, polas condicións climatolóxicas, o
seu consumo é imprescindíbel. Ademais, a suba constante do recibo eléctrico, de fácil
contraste ao facer a comparativa interanual pechado 2016, tamén conduce á pobreza de
tipo enerxético enerxético e cómpre salientar cuestións alarmantes como que decembro
de 2016 fose un dos meses coa electricidade máis cara desde 2013.
Enquisas e estudos de diferente tipo, como por exemplo a recente información
da Enquisa Estrutural a Fogares do Instituto Galego de Estatística que viu a luz o pasado
30 de decembro cos datos a respecto de 2015 indicaba como nese ano a pobreza
continuou en aumento pasando do 16'41% ao 16'95% ou que a taxa de pobreza e
exclusión social atinxe xa a arredor de 375.000 fogares que non chegan a ingresas a
contía de 600€ ao mes.
Alén disto, é un problema que ten axitado as inquedanzas da sociedade,
organizada para dar resposta e esixencias desde diferentes ámbitos sociais tal e como
9763
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
amosan as recentes mobilizacións do mes de decembro de 2016. Porén, as esixencias
sociais non teñen sido atendidas desde as administracións de forma correcta.
Lamentabelmente, a última información sobre os trasvases de diñeiro do ticket
eléctrico para outras funcións só fai demostrar que este ticket e a súa extensión ao gas só
son pura propaganda para o goberno do Partido Popular; primeiro preelectoral e agora
para ocultar uns orzamentos antisociais e unha política inexistente contra a pobreza
enerxética á que non lle interesa destinar recursos nin confrontar cos emporios
enerxéticos para velar pola atención dos e das usuarias.
Desde diferentes forzas políticas téñense lanzado diferentes propostas que os
gobernos do Partido Popular ignoraron permitindo que o problema se agravase, como
por exemplo obrigar ás empresas subministradoras a non cortar a enerxía por falta de
pagamento diante de situación de pobreza enerxética nos meses de inverno ou instar á
administración galega a habilitar mecanismos para, xunto coas empresas
subministradoras facerse cargo das facturas de gas e electricidade das persoas
consumidoras vulnerábeis en risco de pobreza enerxética de forma real, é dicir,
acompañándoo de procedementos de información claros e de reforzo das políticas
sociais para que persoal formado puidese intervir e asesorar nestas situacións e
que non ficase como un acordo nun papel.
Malia ignorar repetidamente este tipo de iniciativas, a presión popular e
social fixo que en xaneiro de 2016 fose posíbel aprobar no marco do Parlamento
Galego unha Iniciativa Lexislativa Popular destinada a garantir a enerxía como
“servizo público e contra a pobreza enerxética”. A ILP contou coa unanimidade da
Cámara para iniciar o seu tratamento parlamentario demorado até a actualidade por
causa das convocatorias electorais. Cabería agardar que esta aprobación fose un antes e
un despois no combate da pobreza enerxética no noso país e que fose o punto de partida
para o goberno galego tomar en serio esta realidade e ir tomando decisións políticas na
9764
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
liña do ditado pola iniciativa e polas esixencias sociais. Porén, aconteceu todo o
contrario.
Máis aínda, coñecemos recentemente como o goberno galego moveu até un 40%
das contías orzadas para os fondos de axudas para pagar a electricidade a outros e moi
diversos gastos, entre os que se atopan ademais elementos que ilustran cales son as
prioridades do goberno galego como a publicidade, cuestións de ámbito legal ou o
alumeado da tan dotada Cidade da Cultura.
Por todo isto, formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta oral na
Comisión 6ª:
- Cal é a xustificación do goberno galego para ter desprazado máis de 800.000€
a outros gastos que nada teñen a ver con gasto social?
- Considera o goberno galego que destinar contías previamente consignadas para
combater a pobreza enerxética para asuntos que nada ten que ver coa política social é
responsábel?
- Houbo algunha modificación orzamentaria máis no mes de decembro de 2016
que mudara o destino dos fondos orzados para o ticket social?
- Considera o goberno galego que a pobreza enerxética se combate con
campañas publicitarias?
- Considera o goberno galego que é ético desprazar 111.000 euros do tícket
eléctrico para o alumeado do Gaiás? Como xustifica esa necesidade tendo en conta que
esa infraestrutura xa ten partidas orzamentarias consignadas para o seu mantemento?
9765
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
-Ten pensado o goberno galego facer propósito de emenda e, en previsión da
aprobación dos Orzamentos 2017 cunha contía designada para o combate da pobreza
enerxética minorada, propoñer modificacións a curto prazo para aumentar os recursos
desta materia?
- Dirixiuse ou vaise dirixir o goberno galego ás entidades sociais, sindicais,
concellos e deputacións que impulsaron e apoiaron a ILP contra a pobreza enerxética
para dar explicacións pola súa mala praxe?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Ana Belén Pontón Mondelo
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Xosé Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 16/01/2017 12:41:19
9766
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Ana Pontón Mondelo na data 16/01/2017 12:41:25
Olalla Rodil Fernández na data 16/01/2017 12:41:30
Xose Luis Rivas Cruz na data 16/01/2017 12:41:34
María Montserrat Prado Cores na data 16/01/2017 12:41:39
Xosé Luis Bará Torres na data 16/01/2017 12:41:41
9767
A MESA DO PARLAMENTO
Paula Quinteiro Araújo e David Rodríguez Estévez, deputados pertencentes
ao Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral
na Comisión 7.ª , referente a “situación de precariedade laboral na que se atopan
as traballadoras e traballadores contratados no SPDCIF por tres meses o ano”.
Actualmente, existen 436 traballadoras e traballadores do SPDCIF, cunha
relación contractual ca Consellería de Medio Rural, de tan só tres meses o ano,
con carácter de fixos, indefinidos descontinuos, reserva de praza e co
regulamento do INEM para estes casos, so teñen dereito ao cobro dun subsidio
non contributivo de 426€ durante 3 meses debido a que ese é o tempo que están
contratados. O cobro dos 3 meses do subsidio son despois de traballar 6 meses, e
dicir, dúas campañas.
O total dos ingresos anuais dunha traballadora ou un traballador nesta
circunstancia, sumando o derivado do seu traballo máis o subsidio por
desemprego (en caso de que exista) nunca excede os 6.500€ anuais, quedando así
lonxe do salario mínimo interprofesional.
Estas traballadoras e traballadores, conviven nunha situación de pobreza con
visos de exclusión social, casos de depresión e sensación de baleiro e abandono
por parte da Consellería de Medio Rural. Obsérvese que para chegar algún día a
ter dereito a unha pensión mínima, estas terían que traballar 100 campañas de
reforzo de verán, ou sexa, 100 anos.
9768
A todo isto temos que sumarlle a imposibilidade para facer substitucións de
prazas non vacantes. Non poden cubrir baixas por enfermidades ou xubilacións
nin acceder a prazas non vacantes en incendios forestais ou en calquera outro
corpo da administración da Xunta de Galicia, aínda que non estean contratadas.
Tendo en conta a gran preparación, dispoñibilidade e profesionalidade das
traballadoras e traballadores citados, non podemos obviar na labor que farían no
que atinxe a prevención o estaren contratados durante máis meses.
Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a
seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 7.ª:
Que medidas ten pensado levar a cabo a Xunta de Galicia ca situación de
precariedade laboral e exclusión na que se atopan as traballadoras e traballadores
do SDPCIF contratados pola Consellería de Medio Rural durante tres meses ao
ano?
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
David Rodríguez Estévez na data 16/01/2017 13:45:02
Paula Quinteiro Araújo na data 16/01/2017 13:45:07
9769
A MESA DO PARLAMENTO
Paula Quinteiro Araújo e David Rodríguez Estévez, deputados pertencentes
ao Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Pregunta para o seu debate na
Comisión 7.ª, referente á contratación do servizo integral de helicópteros e
brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á
prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra
incendios forestais durante os anos 2017 e 2018.
No DOG nº 7 do 11 de xaneiro, a Consellería de Medio Rural, publicou a
resolución do 20 de decembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, por
procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, dun servizo integral de
helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios
forestais e á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa
contra incendios forestais durante os anos 2017 e 2018, sendo o servizo de
contratación da Consellería de Medio Rural a entidade adxudicataria.
Na descrición do contrato fala da contratación do servizo integral de helicópteros
e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á
prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra
incendios forestais durante os anos 2017 e 2018, divididos por lotes:
Lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas
helitransportadas correspondentes.
Lote 2: helicóptero e técnicos coordinadores.
Tamén se contempla unha admisión de prórroga por dúas anualidades máis.
9770
O importe neto do mesmo ascende a 3.877.530,00 € e contémplase un valor
estimado de 8.344.396,00 € incluídas posibles prórrogas e modificacións con
fondos propios.
A adxudicación de medios aéreos polas administracións publicas comezou hai
tempo a ter certos problemas coa suposta relación administracións / empresas
adxudicatarias ata tal punto que a propia audiencia nacional é quen decide iniciar
unha profunda investigación sobre da adxudicación de medios aéreos por
diverxas comunidades autónomas xa que este asunto afecta a unha considerable
numero de comunidades autónomas e incluso países, como Portugal, Francia,
Italia, chile e por suposto España.
Polo tanto este é un tema altamente preocupante xa que as empresas que
investiga a audiencia nacional pactarían prezos entre elas para repartirse o pastel
da adxudicación de medios aéreos do estado español, pero a nos o que nos
preocupa a día de hoxe é Galiza, como moi ven sabe vostede a consellería ten
metida unha demanda feita polo sindicato CIG no ano 2012 por prevaricación
contra a anterior conselleira Rosa Quintana, contra o anterior secretario xeral
técnico Francisco José Vidal Pardo e contra o anterior Director Xeral de montes
Tomas Fernández Couto.
O curioso do asunto é que non so se contratan helicópteros senón que tamén se
contratan brigadas a través da empresa Natutecnia subcontratada o mesmo
tempo por Inaer.
Esta practica que, segundo a consellería acaeceu de forma excepcional pola
proximidade da época de lumes naquel ano 2012, continua a día de hoxe pero
estendéndose moito máis, quere dicir que os helicópteros son todos de Inaer e as
brigadas helitransportadas son todas de Natutecnia, empresa que curiosamente
fixo unha auditoría interna ó SPDCIF cunha pretensión clara de reducir o número
de brigadas do servizo público, informe pagado pola propia administración,
9771
tamén curioso, e que a mesma empresa unha datas despois é contratada para
levar brigadas helitransportadas do sector privado.
Unha análise profunda do informe do Tribunal de Contas detectou xa en anos
anteriores que as consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural cambiaron e
improvisaron criterios de puntuación das ofertas presentadas a varios concursos
cando xa se estaba producindo esa valoración.
É curioso que nos helicópteros e avións contratados por medio rural naquelas
datas se valorara elementos non incluídos nos pregos de condicións, en cambio
datos tan importantes como a cantidade da auga, ano de fabricación e
matriculación, horas pendentes ata próxima inspección, potencia e peso máximo
de despegue e a capacidade dos helibaldes non foron mellorados de forma
importante, polo tanto valoráronse elementos que non estaban incluídos nos
pregos de condicións, como por exemplo meses adicionais de prestación de
servizo, horas adicionais de voo ou o coñecemento lingua española utilizáronse
con elementos de mellora técnica vulnerando o artigo 86 del TLCAP, no informe
técnico tamén se incluíu a oferta económica que corresponde a mesa de
contratación.
Outra irregularidade do proceso correspondese coa inclusión da experiencia,
inicialmente nos pregos de condicións técnicas incluíase que os pilotos debían
contar cunha experiencia mínima de 500 horas, as empresas presentaron pilotos
cunha experiencia e 300 horas polo tanto non cumprían as condicións técnicas. A
adaptación dos pregos de condicións as circunstancias propias da empresa
modificando o prego de condicións técnicas non se adecuou aos protocolos que
fixa a axencia estatal de seguridade aérea en materia de navegación. Polo tanto
este informe do tribunal de contas indica que nese período de contratación citado
e curioso que a empresa Inaer Galicia SL fose a única empresa licitadora cunha
oferta económica coincidente co presuposto de licitación aínda que a súa oferta
9772
técnica obtivo unha valoración preocupantemente baixa de so 12,2 puntos de un
total de 60.
A actual distribución dos medios aéreos e as condicións técnicas dos mesmos
merece un profundo análise, estamos percibindo un cambio substancial na
principal ou nunha das principais funcións dun helicóptero de extincións de
incendios que é o lanzamento de auga sobre o lume forestal. Percíbese
perfectamente que xa nas condicións técnicas da capacidade dos helibaldes
redúcese a cantidade de auga en 200 litros por aeronave, mais hai unha tendencia
cada vez maior de contratar helicópteros lixeiros, tipo B3 que levan unha
capacidade de auga de 900 litros. Estes helicópteros teñen unha vantaxe
importante, que é que despegan moi rapidamente pero a tendencia constante
desta consellería de reducir a carga dos helibaldes dos helicópteros non ten moito
sentido debido á intensidade dos lumes que se producen na nosa terra, a eficacia
extintora en lumes de alta intensidade que cada vez son mais frecuentes (lumes
de cuarta e quinta rexeneración) con columnas convectivas de chamas de gran
altura, que fai que a capacidade de extinción de descargas dos helibaldes cun
volume de auga, ao noso parecer, escaso so produce un efecto de sufocación mais
que de extinción. Como reseña quería remarcar que aínda que o número de lume
redúcese de forma importante a superficie afectada por incendio é cada vez
maior; por exemplo neste ano habendo pouco máis de 2000 incendios
superáronse as 22.000 hectáreas cunha superficie media superior a 10 hectáreas
por lume, polo tanto consideramos que o modelo deseñado pola consellería
actualmente non é efectivo baseándose nos datos anterior mente citado, xa que
nas peores épocas de 10.000 lumes ano a superficie queimada por lume era de de
2,6 hectáreas, para nos está claro que manter un sistema privado con empresas
privadas de extinción con helicópteros con capacidades menores de descarga non
supón un beneficio en canto a eficacia do sistema de extinción aérea.
9773
Polo todo o exposto anteriormente, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a
seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 7.ª:
Vai a Consellería de Medio Rural analizar con profundidade un cambio de
modelo e de aeronave e voltar a contratar directamente pola Xunta de Galiza ao
persoal a través das listas do Decreto de listas de contratación de persoal
temporal, tal como se facía antes con resultados moito mellores?
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Paula Quinteiro Araújo na data 16/01/2017 17:14:20
David Rodríguez Estévez na data 16/01/2017 17:14:29
9774
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Antonio Quiroga Díaz, Luís Manuel Álvarez Martínez, María Concepción
Burgo López, Patricia Vilán Lorenzo e José Manuel Pérez Seco, deputados e
deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa
mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 7ª.
Sen entrar no debate sobre o cambio climático hai unha evidencia constatada
polos datos pluviométricos e térmicos (e outros moitos indicadores) que nas
últimas décadas apuntan a un cambio no comportamento climático. Isto vén a
substanciarse nunha realidade onde “hai” menos auga, feito comprobable na
desaparición e diminución de caudais e mananciais.
As canles de auga do noso rural etiquetadas como mananciais, regos, regatos e
ríos teñen unha grande importancia que polas variables climáticas antes referidas,
son a día de hoxe puntos estratéxicos que ano a ano vén incrementando o valor
non só desde o punto de vista medioambiental, ecolóxico e paisaxístico; ademais
de ser elementos claves para o desenvolvemento da actividade humana e non só
da económica (auga para o rego de cultivos, limpeza de instalacións, subministro
imprescindible de certas actividades transformadoras ...) senón, mesmamente
para o abastecemento de auga potable para vivendas.
Mananciais, regos, regatos e ríos, viñeron experimentando un deterioro na
calidade e pureza das súas augas, case en paralelo á diminución dos seus caudais.
Primeiro foron verteduras illadas e circunstanciais que nos anos 80 acabaron por
xeneralizarse coa proliferación da gandaría intensiva a utilización de tratamentos
químicos nos cultivos e a falla de saneamentos adecuados de lugares, pobos e
vilas.
Por outra banda, o éxodo do rural e o conseguinte avellentamento da poboación,
non só está sustentado nun drástico cambio do modelo demográfico, cultural e
produtivo. A falta de postos de traballo e de oportunidades no eido rural é o
elemento que acaba por facer desistir a moitos mozos para que non fixen a súa
residencia en parroquias, vilas e comarcas do rural galego.
9775
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
As actividades de transformación de materias primas do eido rural (agricultura,
gandeiría e silvicultura ...) en produtos manufacturados substanciadas en
pequenas e medianas “industrias” deberían ter un valor estratéxico e todo o apoio
das administracións e do tecido social.
O debate de desenvolvemento e medioambiente debe solucionarse a favor dunha
convivencia e complementariedade entre a actividade transformadora xurdida do
rural e o medio.
Temos un bo exemplo da problemática na actualidade, neste último mes vense
suscitando polémica acompañada de alarma social en Chantada, pola petición
dunha industria transformadora de materia prima do rural (concello de Taboada),
que presenta unha solicitude de obras na Confederación Hidrográfica Miño-Sil
para verter os residuos da súa actividade no río Enviande (concello de Chantada),
a 2,4 km de distancia, cando a 1,5 m xa dispón de canles (río Moreda) para verter
desde a súa EDAR e mesmo ao pé da factoría como fan agora.
Somos conscientes de que toda actividade transformadora xera residuos pouco
beneficiosos para o medio ambiente e a calidade do aire e das augas, por iso,
entre outros medios, está a obrigatoriedade de dispor de estacións de depuración
de residuos. Se estes medios funcionan adecuadamente non entendemos como se
solicita unha autorización para realizar unha vertedura a 2,4 km, se xa se ten
unha pequena canle ao carón (onde verten na actualidade); a non ser que haxa
intención de levalo a unha canle con maior caudal onde se note menos o impacto
das verteduras.
Dado que cómpre amparar e potenciar a actividade transformadora derivada do
sector primario, dada a necesidade vital de amparar a calidade das augas e facer
compatibles a actividade co medio e como este problema non só se circunscribe
ao río Enviando e á problemática de Chantada-Taboada e a esta actividade, senón
que o mesmo problema atopalo no río Saviñao (cunha situación de deterioro
importante na saúde e vida das augas), ou no río Cabe con outras empresas de
transformación láctea, nos ríos que baixan do Courel coa extracción de lousa; ...
situacións extrapolables ás catro provincias galegas, a moitas canles de auga e a
moitas actividades ligadas ao sector primario.
9776
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Entendemos que o Goberno galego é garante de calidade das augas públicas e por
outra banda, debe ser impulsor da actividade no sector primario, facendo
compatible desenvolvemento e medio, despois de proclamar que esta é a
lexislatura do rural.
Ante esta situación os deputados e as deputadas que asinan formulan as seguintes
preguntas:
1ª) Que está a facer o Goberno galego para coidar pola calidade das augas
públicas de mananciais, regatos, regos e ríos fronte a este tipo de verteduras?
2ª) Lévase a cabo algún seguimento das verteduras destas empresas e do estado
dos ríos afectados?
3ª) Ofrécese algún tipo de axuda técnica e ou asesoramento para mellorar as
condicións das verteduras?
4ª) Hai algunha liña de axuda económica para mellorar e adaptar os sistemas de
depuración de residuos ou vertidos, no seu caso, en que consisten?
Pazo do Parlamento, 16 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
José Antonio Quiroga Díaz na data 17/01/2017 16:24:46
Luis Manuel Álvarez Matínez na data 17/01/2017 16:24:57
Maria de la Concepción Burgo López na data 17/01/2017 16:25:08
Patricia Vilán Lorenzo na data 17/01/2017 16:25:21
Jóse Manuel Pérez Seco na data 17/01/2017 16:25:29
9777
A Mesa do Parlamento
Moisés Blanco Paradelo, Raquel Arias Rodríguez, José González Vázquez, Carlos
Gómez Salgado, Carlos E. López Crespo e Daniel Vega Pérez, deputados e
deputada do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no
artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a
seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
Nos últimos anos, o sector vitivinícola galego, ten experimentado unha evolución
altamente positiva, e non sendo alleo ao contexto económico no que vivimos, a pesar
das dificultades, os datos en canto a produción, comercialización e exportación de viño
seguen a ser positivos.
E isto débese principalmente ao gran traballo que teñen feito os viticultores, produtores,
adegueiros e os Consellos Reguladores das cinco Denominacións de Orixe (Monterrei,
Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras) que teñen unha relevancia
económica e social moi importante nas comarca nas que se estenden.
Un traballo que foi refrendado e fortalecido pola Consellería do Medio Rural, a través
da convocatoria de diferentes liñas de axuda en varios eidos, así como en accións
promocionais mediante diferentes fórmulas, a presenza en feiras e certames
comerciais con stands intitucionais, ou a organización de eventos como as Catas-
concurso dos viños de Galicia, que se teñen convertido nun auténtico referente no
panorama vinícola galego e español.
Tendo en conta a importancia do sector vitivinícola para a economía galega, que
implica a máis de 17.000 viticultores e preto de 450 adegas, os deputados asinantes
presentamos as seguintes preguntas:
1. Cal foi o produción de viño galego no ano 2016? 2. Cal é valor do viño comercializado na campaña 2015-2016?
9778
3. Cal é a evolución das cifras de exportación nos últimos anos? 4. Cales foron as medidas postas en marcha pola Consellería do Medio Rural para
mellorar a produción, a comercialización e internacionalización do sector vitivinícola?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017 Asinado dixitalmente por:
Moisés Blanco Paradelo na data 17/01/2017 17:01:44
Raquel Arias Rodríguez na data 17/01/2017 17:01:52
José González Vázquez na data 17/01/2017 17:02:00
Carlos Gómez Salgado na data 17/01/2017 17:02:12
Carlos Enrique López Crespo na data 17/01/2017 17:02:20
Daniel Vega Pérez na data 17/01/2017 17:02:35
9779
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Antonio Quiroga Díaz, Luís Manuel Álvarez Martínez, María Concepción
Burgo López, Patricia Vilán Lorenzo e José Manuel Pérez Seco, deputados e
deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa
mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 7ª.
Independentemente do debate sobre o cambio climático hai unha evidencia
constatada polos datos de recollida de choiva e temperaturas nas últimas décadas
que apuntan a un cambio no comportamento climático que vén a substanciarse
nunha realidade onde “hai” menos auga, feito comprobable na desaparición e
diminución de caudais e mananciais.
As canles de auga no noso rural etiquetados como mananciais, regos, regatos e
ríos teñen unha gran importancia que polas variables climáticas antes referidas
son xa a día de hoxe puntos estratéxicos que ano a ano vén incrementando o
valor non só desde o punto de vista medioambiental, ecolóxico e paisaxístico,
senón tamén como elementos claves para o desenvolvemento da actividade
humana e non só da económica: auga para o rego de cultivos, limpeza de
instalacións, subministro imprescindible de certas actividades transformadoras,
senón mesmamente para o abastecemento de auga potable para lugares, pobos,
vilas e cidades.
Mananciais, regos, regatos e ríos, viñeron experimentando un deterioro na
calidade e pureza das súas augas case en paralelo á diminución dos caudais.
Primeiro foron vertidos moi illados e circunstanciais que nos anos 80 acabaron
por xeneralizarse coa proliferación da gandaría intensiva a utilización de
tratamentos químicos aos cultivos e os vertidos de lugares, pobos e vilas.
Por outra banda, o éxodo do rural e o conseguinte envellecemento da poboación
de lugares, pobos e vilas, de comarcas enteiras, non só está sustentado nun
drástico cambio do modelo demográfico, cultural e produtivo.
9780
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
A falta de postos de traballo e de oportunidades no eido rural é o elemento que
acaba por facer desistir a moita xente nova para que non fixen a súa residencia en
parroquias, vilas e comarcas do rural galego. As actividades de transformación de
materias primas do eido rural (agricultura, gandaría e silvicultura ...) en produtos
manufacturados substanciadas en pequenas e medianas “industrias” teñen que ter
un valor estratéxico e todo o apoio das administracións e do tecido social.
O debate de desenvolvemento e medioambiente debe solucionarse a favor dunha
convivencia e complementariedade entre a actividade transformadora xurdida do
rural e o medioambiente.
A realidade que se vive todos os días evidéncianos unha continua agresión ao
medio natural en forma de vertidos aos mananciais, regos, regatos e ríos
orixinados por actividades de transformación do sector primario que poñen en
perigo non só a saúde das propias canles, senón tamén a pervivencia dos veciños
e veciñas no eido rural.
Ante esta situación os deputados e as deputadas que asinan formulan as seguintes
preguntas para a súa resposta oral.
1ª) Dispón o Goberno galego dun mapa de vertidos nas canles de auga da
comunidade autónoma derivado da actividade transformadora xurdida do sector
primario?
2ª) Ese mapa de vertidos está especificado en función dos distintos tipos de
vertidos en canto á súa procedencia?
3ª) Os distintos vertidos en función da actividade están consignados e/ou
clasificados en función do seu impacto negativo e perigosidade nas augas e o
medio?
Pazo do Parlamento, 16 de xaneiro de 2016
9781
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
José Antonio Quiroga Díaz na data 17/01/2017 16:26:08
Luis Manuel Álvarez Matínez na data 17/01/2017 16:26:16
Maria de la Concepción Burgo López na data 17/01/2017 16:26:31
Patricia Vilán Lorenzo na data 17/01/2017 16:26:49
Jóse Manuel Pérez Seco na data 17/01/2017 16:26:58
9782
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Abel Losada Alvarez e José Manuel Pérez Seco, deputado e deputada
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan
ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión
6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.
A chegada de Donald Trump á Presidencia dos Estados Unidos de América
está introducindo elevados niveis de incerteza en moitas actividades
económicas, pero con poucos sectores ten sido tan claro como coa industria
da automoción, no só do seu país, senón tamén coas empresas no
estranxeiro.
Unha deriva proteccionista que está a afectar fundamentalmente a industria
automotriz de México, ameazando con impor "grandes aranceis" aos
fabricantes estadounidenses Ford e General Motors (GM), o xaponés
Toyota, si seguen ensamblando os seus vehículos fora de EE.UU. e os
venden no seu país. Así, Ford xa cancelou unha inversión de 1.600 millóns
de $ para unha planta en México.
Neste momento, a industria automotriz é un símbolo do estatus do sector
industrial en calquera parte do mundo. En Galicia, o Grupo PSA é un
tecido industrial moi competitivo en torno ás auxiliares da automoción,
teñen acadado un grande de competitividade internacional moi elevado.
De feito, a industria galega auxiliar da automoción ten situado en México
un dos seus focos máis importantes de expansión. México superou en 2010
os dous millóns de vehículos producidos; en 2015 superou os 3,25 millóns
e as proxeccións eran que antes de 2020 supere os 5 millóns.
Pero fronte a estas expectativas de crecemento, os riscos para a industria
mexicana de automoción son neste momento moi elevados, xa que pode
haber un efecto dominó en outras compañías e industrias que sigan o
exemplo.
Aínda que México non é o maior exportador de vehículos a EE.UU., pois
Xapón, Alemaña e Canadá disputan o primeiro lugar, ten algunhas
9783
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
vantaxes respecto a outros países. Por un lado, ten máis de 40 tratados de
libre comercio con diferentes países e a Unión Europea, que lle permiten
importar materias primas con aranceis preferenciais, e por outra, é parte do
Tratado de Libre Comercio de América del Norte (TLCAN), e así os
vehículos feitos en México poden pasar a través da fronteira USA sen
pagar impostos.
Estas son as razóns polas que a industria automotriz de México está no
punto de mira do novo goberno dos Estados Unidos, o que engade un
elemento importante de incerteza máis ao sector galego das auxiliares da
automoción.
Por todo o exposto, os deputados que asinan formulan as seguintes
preguntas para o seu debate en Comisión:
1. É consciente a Xunta de Galicia do impacto que as políticas
comerciais anunciadas polo presidente dos USA, Donald Trump,
poden ter no sector da automoción galego?
2. Ten mantido contactos o Goberno galego con PSA e coas empresas
auxiliares da automoción en relación con este novo escenario?
3. Ten mantido contactos o Goberno galego cos sindicatos que teñen
representación no sector da fabricación de vehículos e as empresas
auxiliares?
4. Está elaborando a Xunta de Galicia algunha estratexia de actuación,
xunto coas empresas e sindicatos, ante o posible impacto no mercado
mundial de automóbiles e os seus compoñentes?
Pazo do Parlamento, 17 de xaneiro de 2017
Asdo.: Abel Losada Alvarez
José Manuel Pérez Seco
Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
9784
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Abel Fermín Losada Álvarez na data 17/01/2017 18:38:13
Jóse Manuel Pérez Seco na data 17/01/2017 18:38:19
9785
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Alvarez deputados pertencentes ao
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no
artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte
pregunta para a súa resposta oral en Comisión 6.ª.
O comercio en Galicia é unha as nosas maiores fontes de riqueza e
cohesión social. A súa importancia, non só para a economía senón tamén
dende o puntos de vista social e urbano, está fóra de toda dúbida.
En Galicia, o peso do comercio na economía é superior ao conxunto da
Unión Europea, alcanzando arredor do 12 % do PIB total e preto do 18 %
do emprego.
O Goberno galego aprobou un Plan estratéxico de impulso ao comercio
galego 2015 – 2020, cuxo obxectivo fundamental era o desenvolvemento
dunha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do
sector.
Por todo o exposto, os deputados que asinan formulan as seguintes
preguntas:
1ª) Ten pensado o Goberno galego elaborar e presentar un plan integral de
axudas ao pequeno e mediano comercio?
2ª) Contempla a posibilidade de presentar axudas para a mellora da
competitividade do pequeno e mediano comercio?
9786
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
3ª) Que medidas ten pensado implantar para o fomento do emprego neste
sector?
Pazo do Parlamento, 18 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Jóse Manuel Pérez Seco na data 18/01/2017 18:48:31
Abel Fermín Losada Álvarez na data 18/01/2017 18:48:40
9787
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Pérez Seco e Abel Losada Álvarez, deputados pertencentes ao
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo
152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta
para a súa resposta oral na Comisión 6ª.
Mentres o sector turístico en España bate records coa chegada de 75,3 millóns de
viaxeiros internacionais, en Galicia baixa un 19 %, cunha chegada de 1.021.536
de viaxeiros internacionais.
Galicia non só é a comunidade que experimentou un maior descenso na súa
rendibilidade, tamén é a que obtén os ingresos máis baixos das catro
comunidades do norte.
O sector do turismo a día de hoxe podemos consideralo como unha actividade
económica moi importante para Galicia, xa que contribúe a crear numerosos
postos de traballo e favorecer o reequilibrio territorial.
Ante esta situación os deputados que asinan preguntan:
1ª) Que valoración fai o Goberno galego dos resultados do turismo durante o ano
2016?
2ª) Que valoración fai o Goberno galego da disparidade dos datos, sobre a
chegada de turistas internacionais, entre os do Goberno de España e os da Xunta
de Galicia?
3ª) Considera que a situación actual pode ter a súa orixe na mala xestión e
errática política de promoción realizada nos últimos anos?
4ª) Que actuacións pensa desenvolver o Goberno galego para contribuír á
recuperación do sector turístico en Galicia?
9788
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Pazo do Parlamento, 19 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Jóse Manuel Pérez Seco na data 19/01/2017 14:17:28
Abel Fermín Losada Álvarez na data 19/01/2017 14:17:45
9789
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil
Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Xosé Luis Bará
Torres, deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 6ª.
Os datos do IGE coñecidos no mes de decembro de 2016 son preocupantes e
poñen o acento no incremento porcentual do grao de risco de exclusión e pobreza así
como nas dificultades por parte dos fogares galegos á hora de manter a vivenda a unha
temperatura axeitada nos meses de inverno. arredor de 375.000 fogares galegos que
cada mes ingresan menos do SMI.
O 18 de xaneiro, no marco dunha vaga de frío que se estendeu na Península e
afectou de forma considerábel ao noso país, que padeceu un grande descenso das
temperaturas, coñecemos un importante aumento das tarifas eléctricas. O propio
ministro de enerxía recoñecía que o recibo eléctrico sería en 2017 ata cen euros máis
caro do que o ano anterior. Nos primeiros días do ano 2017 os prezos da electricidade
incrementáronse até o 11% se comparamos co ano 2016 chegando até os 78'8€ por
megawatio hora, o que supuxo bater o récord á alza desde 2013. No noso contexto
socioeconómico isto supón o aumento da xa de por si enorme fenda entre os ingresos
dos fogares e o volume que supón nas súas economías o pagamento do recibo da luz, un
ben básico e de primeira necesidade.
Desde o nacionalismo galego temos denunciado o gran calote que supón o
mercado eléctrico no Estado español, máis aínda despois das modificacións de tarifas do
9790
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Partido Popular, que non fixeron máis que contribuír ao escurantismo dun oligopolio
cuxo funcionamento está nas antípodas da transparencia. Aliás, en aras do presunto
“déficit tarifario” o emporio eléctrico mantén os seus beneficios a custo das persoas
consumidoras, supoñendo un abuso ao tratarse dun ben de primeira necesidade.
Doutra banda, dende o punto de vista territorial, é un sistema deseñado en base a
unha óptica centralista que sitúa a Madrid como punto central e deseña o sistema
obviando a distribución das fontes de electricidade e as consecuencias que ten esta
produción sobre as poboacións e territorios que a acollen. Deste xeito, as políticas
centralistas e ao servizo das eléctricas do Partido Popular teñen impedido a negociación
dunha tarifa eléctrica galega con base na condición de Galiza como excedentaria na
produción de electricidade malia que isto abriría as portas a unhas menores e máis
controladas tarifas, redundando en última instancia no ben dos e das consumidoras
domésticas e das empresas.
Por todo isto, formulamos as seguintes preguntas para a súa reposta oral na
Comisión 6ª:
1.- Que actuacións ten desenvolvido ou vai desenvolver o Goberno galego para
evitar os abusos na suba da luz para as persoas usuarias?
2.- Que actuacións ten desenvolvido ou vai desenvolver para que o recibo da luz
deixe de ser un dos problemas máis preocupantes e relevantes para os fogares galegos?
3.- Ten tomado ou vai tomar medidas para que as persoas autónomas non teñan
no pagamento do recibo da luz un factor engadido de dificultade económica á hora de
manter os seus proxectos?
9791
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Ana Belén Pontón Mondelo
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Xosé Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 19/01/2017 17:04:34
Olalla Rodil Fernández na data 19/01/2017 17:04:40
Xose Luis Rivas Cruz na data 19/01/2017 17:04:44
María Montserrat Prado Cores na data 19/01/2017 17:04:48
Xosé Luis Bará Torres na data 19/01/2017 17:04:50
Ana Pontón Mondelo na data 19/01/2017 17:04:54
9792
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Luis Álvarez Martínez e Noela Blanco Rodriguez, deputado e deputada
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do
disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a
seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión permanente non
lexislativa de control da corporación da RTVG.
No proceso de dixitalización que se presupón que comezará este ano na CRTVG
non está contemplada a dixitalización do arquivo da Corporación. Chegados a
este punto, tendo en conta a necesidade de contar con estes recursos dixitais para
o funcionamento informativo ordinario así como para recuperar a memoria
histórica de Galicia, a RTVG non pode seguir obviando esta obrigación.
Ante esta situación de indefinición e falla de planificación, formúlanse as
seguintes preguntas:
1ª) Cales son os plans e os prazos para levalo a cabo?
2ª) Que orzamento se estima necesario para o dito proceso?
Pazo do Parlamento, 16 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Luis Manuel Álvarez Matínez na data 16/01/2017 11:24:50
Noela Blanco Rodríguez na data 16/01/2017 11:25:05
9793
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Luis Álvarez Martínez e Noela Blanco Rodriguez, deputado e deputada
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do
disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a
seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión permanente non
lexislativa de control da corporación da RTVG.
Para levar a cabo o proceso de dixitalización na RTVG está prevista a
construción dun edificio anexo á redacción da TVG onde serán desprazados
provisionalmente numerosos profesionais.
Ante esa situación o deputado e a deputada que asinan formulan as seguintes
preguntas:
1ª) Cal é o prezo final desta construción?
2ª) Cal é o calendario de traballo previsto?
3ª) Como se aproveitarán no futuro estas instalacións cuxo custo, sen dúbida,
será importante?
Pazo do Parlamento, 16 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Luis Manuel Álvarez Matínez na data 16/01/2017 11:25:28
Noela Blanco Rodríguez na data 16/01/2017 11:25:44
9794
9795
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 52. 25 de xaneiro de 2017
ESTRUTURA DO BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS 1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA
1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS
1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL1.2.1. INVESTIDURA1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA
1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI 1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN1.3.5. MOCIÓNS1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO
1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS1.4.4. PREGUNTAS1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS
1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN
2. ELECCIÓN E COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO, RÉXIME E GOBERNOINTERIOR, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO
3. ADMINISTRACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA
4. INFORMACIÓNS E CORRECCIÓNS DE ERROS4.1. INFORMACIÓNS
4.2. CORRECCIÓNS DE ERROS
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25 Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727