12
Erros e Tánatos de Gonzalo Navaza XERAIS «Relatos maxistralemente tramados, controlados coa precisión dun reloxeiro…» Xulio Valcárcel, El Ideal Gallego «Neste libro Navaza aduba con gusto as súas extraordinarias narracións e convida a deleitármonos co sabor do conto.» Ramón Gutiérrez Izquierdo, A Trabe de Ouro caderno de críticas

caderno cader- de críticas no - LAROUSSE | Inicio · 2008. 1. 31. · relato de consumo que vén confirmar ... chan as palabras, desde o propio título –un eros que non é eros,

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: caderno cader- de críticas no - LAROUSSE | Inicio · 2008. 1. 31. · relato de consumo que vén confirmar ... chan as palabras, desde o propio título –un eros que non é eros,

Atuado na brañade Xabier Quiroga

cader-no

«Estamos ante un gran

relato de consumo

que vén confirmar

a emerxencia dunha

literatura nacional,

á altura de calquera

outra.»

FFeerrnnaannddoo CCaarrbbaallllaa,,

AA NNoossaa TTeerrrraa

«Un volume que

cobreguea nas mans

satisfacendo todos

os posibles puntos

de interese (morbo,

intriga, paixón…)

dos lectores.»

XXoosséé MMaannuueell EEnnrrííqquueezz,,

FFaarroo ddee VViiggoo

«Nunha novela na que

a natureza ten tanto

protagonismo, o idioma

ten que ulir, cheirar,

saber, cegar, ten que

poder acariñarse e

mastigarse. E abofé

que isto é o que

acontece aquí.

A lectura destas

páxinas é unha festa

para os sentidos.»

DDoolloorreess VViillaavveeddrraa,,

OO CCoorrrreeoo GGaalleeggoo

Erros e Tánatosde Gonzalo Navaza

X E R A I S

«Relatos maxistralemente tramados,

controlados coa precisión dun reloxeiro…»

XXuulliioo VVaallccáárrcceell,, EEll IIddeeaall GGaalllleeggoo

«Neste libro Navaza aduba con gusto

as súas extraordinarias narracións e convida

a deleitármonos co sabor do conto.»

RRaammóónn GGuuttiiéérrrreezz IIzzqquuiieerrddoo,, AA TTrraabbee ddee OOuurroo

cadernode críticas

Page 2: caderno cader- de críticas no - LAROUSSE | Inicio · 2008. 1. 31. · relato de consumo que vén confirmar ... chan as palabras, desde o propio título –un eros que non é eros,

2 Erros e Tánatos

XULIO VALCÁRCEL, El Ideal Gallego, 9 de maio de 1999

Erros e TánatosNavaza móvese entre o humor e o drama

nun territorio ambivalente

Avoráxine consumista leva á escri-ta de libros que se esgotan nunhalectura, pero benditos aqueles

que aguantan o regreso ás súas páxinas coasensación renovada de descubrimento, deaventura ou de abraio. Unha recente visi-ta ao autor propiciou un novo encontrocon Erros e Tánatos. O resultado foi moigratificante.

Gonzalo Navaza é unha rara avis nopanorama das nosas letras. Consciente doinmenso territorio inexplorado que ago-chan as palabras, desde o propio título–un eros que non é eros, senón erros–,Navaza recolle un xogo que tiña plantexa-do nun libro anterior: A torre da derrotA–versos palindrómicos– no que convertíaa linguaxe en protagonista, investigandoen extensión e en profundidade no queunha palabra di e no que connota.

INTELIXENCIA E LUCIDEZ

Palabra que se integra noutras e que sedesintegra a si mesma, nun xogo inteli-xente e lúcido. Rebelión tamén contra adictadura da univocidade, a favor daspalabras que aclaran e que dubidan, quese desdobran en novos significados…

Conceptualmente, en Erros e Tánatosestamos perto dos plantexamentos domi-nantes nese libro anterior.

Non será agora a verbalización, o xogodas palabras, pero si a dualidade, a ambi-güidade, a interpretación plural. As cousase as persoas non son o que parecen, asapariencias enganan –a rubia impoñente esensual é unha tola sádica, o home do sacoé un coitado pai de familia…–. GonzaloNavaza aborda a escrita destes dez brevesrelatos nun territorio ambivalente: o quesemella ser cómico resulta ser dramático,o que aparenta dramático resólvese concomicidade («Viva la Revolución»).

Relatos maxistralmente tramados, con-trolados coa precisión dun reloxeiro, nosque non hai lugar á improvisación. Aquítodo está calculado, o narrador coñece decabo a rabo á estructura e o desenvolve-mento do que vai contar e dosifica sabia-mente a información que vai dando aolector para manter a intriga.

Nada hai xustificado, ou gratuíto. Nunmomento da narración o autor introducecon habilidade algo, intrascendente enapariencia, que despois resultará moi sig-nificativo, chave que abre a fechadura,solución que se desvela ao final.

Dez relatos inquedantes, turbadores,desde primeira persoa do narrador –agás o

Page 3: caderno cader- de críticas no - LAROUSSE | Inicio · 2008. 1. 31. · relato de consumo que vén confirmar ... chan as palabras, desde o propio título –un eros que non é eros,

Erros e Tánatos 3

último– que o converte en testemuña privi-lexiada, heroe e antiheroe á vez, un coitadocon sorte, un argonauta existencial que segoberna con tino, que asiste como especta-dor máis que como actor ao que pasa ao seucarón, e líbrase de situacións comprometi-das nas que se ve envolto gracias a unhaintelixente cautela.

Personaxes secundarios, tenros e simpá-ticos, adustos e temibles, desdeñados conpatróns estereotipados, por veces con rasgoscaricaturescos.

Gonzalo Navaza non pretende afondaren grandes complexidades psicolóxicas, oseu xogo é outro: mesturar realidade e ima-xinación, transitar polo gume da navallaque divide o aparente do que se escondedetrás… reflexionar, en fin, sobre a irreali-dade do real, pero desde convencións acep-tadas. Do erro, do equívoco, do que seme-lla unha cousa pero é outra, virá o tánatos,ese resultado fatal que se produce en todos

os retalos, sexa cal sexa a varia casuísticaque traten e o espacio onde se movan: ainfancia, en Santiago, París, o mundo doestudiantado na década dos setenta ou aaventura da viaxe por Europa.

Cunha grande precisión de dados, casefotograficamente, sitúa o autor a acción eos personaxes.

SOMBRAS E INTRIGA

As historias de Erros e Tánatos desenvól-vense nun territorio de sombras, de certamarxinalidade. Relatos de intriga –magnífi-co «A proba do alfinete»–, cunha grandepresencia do tánatos tras esa apariencia decampechana cotidianeidade, e con finaisinesperables –«Bull e Mignone»– ou sor-prendentes –«Vinte pesos de prata»–, perosempre xustificados, coherentes. Un libroao que cómpre volver.

Page 4: caderno cader- de críticas no - LAROUSSE | Inicio · 2008. 1. 31. · relato de consumo que vén confirmar ... chan as palabras, desde o propio título –un eros que non é eros,

4 Erros e Tánatos

ANXO TARRÍO VARELA, O Correo Galego, 28 de abril de 1996

Os simpáticos Errosde Gonzalo Navaza

Por fortuna, agora que se achega omes das Letras Galegas, é unha ver-dadeira e feliz enchente de libros a

que invade o meu buzón. Naturalmente,nesta avalancha que propician as feiras dolibro, hai de todo: bo, menos bo e purolixo, como ocorre en calquera literatura,pero para min, que non son dos que opi-nan que en todo libro hai algo aproveita-ble, senón que preferiría poñer comoundécimo mandamento do deus do bogusto e do edil da saúde mental públicanon editar cousas inútiles (como queríanxa, coido que eran, tanto Ortega comoGasset), eu, repito, pecador impenitentecontra ese mandamento aínda non escri-to, síntome optimista con tal de que brilleunha alfaia no cascallo e de que naza uncarabel na esterqueira. Doutra banda,contra o que opinan conspicuos colegas emoi atentos observadores do noso patri-monio literario, non creo que a calidadeda literatura galega teña baixado o seunivel, o que ocorre é que somos máis esi-xentes para o actual e en cambio aplica-mos lecturas xenerosas a cousas do pasadoque se privilexian da (necesaria perotamén ceguiña, por veces) perspectiva his-tórica e dunha disposición pola nosa parte

moi condescendente e relativista que faique verdadeiros perpiaños indixestospasen por obras de arte. E a isto non éalleo o sectarismo ideolóxico e político,que de sempre promocionou os seus adep-tos, anque fose sacrificando o máis ele-mental sentido da estética.

Hoxe quero falar só dun libro do quegocei dende o principio á fin practica-mente nunha soa sesión de lectura. Trátaseda serie de relatos que acaba de saír doprelo das Edicións Xerais de Galicia baixoo título de Erros e Tánatos, así (admiradoscorrectores e correctoras lingüísticos/as):Erros e non Eros, que entón sería un títu-lo ben pouco orixinal e non respondería ócontido que nos ofrece nel o seu autor,Gonzalo Navaza.

Erros e Tánatos é un bo exemplo deliteratura amable e entretida que non pre-tende subirse á parra de ningunha tribunamoral, ética, doutrinal, ideolóxica, políti-ca nin mesmo literariamente trascenden-te, tan frecuentes, por mágoa na nosa lite-ratura, aínda nalgunha da máis recente, esi presentarlle ó lector pequenas historiasdoadamente recoñecibles ou próximas ásque nalgún momento puido el experi-mentar, soñar ou mesmo perpetrar na súa

Page 5: caderno cader- de críticas no - LAROUSSE | Inicio · 2008. 1. 31. · relato de consumo que vén confirmar ... chan as palabras, desde o propio título –un eros que non é eros,

Erros e Tánatos 5

mente, sen levalas a cabo máis que na súaensoñación ficcional.

A maioría dos contos responden máisben ó enxeñoso do título pois, en efecto, osprotagonistas, xa ben son testemuñas doserros ou da prepotencia dos outros xa benson movidos eles mesmos por falsas eincomprensibles certezas ou simplementepolo azar, que os leva cara a situacións deinútil e imposible explicación lóxica, mesmocara a situacións clásicas que, por outraparte, van parar ó inventario do egoísmoautoprotector ou da inocencia, condiciónsámbalas dúas que nada saben, máis quedifusa e intuitivamente, da inxustiza ou domal cometidos, xa, en fin, cara a incruentasxustizas literarias, só realizadas nos escuroslabirintos do desexo, que, de tódolos xeitos,non condicionan desastres definitivos, gra-cias á visión irónica, humorística e algocínica do autor, moi próximo ós puntos devista adoptados por Hitchcock na súa obracinematográfica.

Por outra parte, Gonzalo Navaza, queconxuga moi ben o (predominante) relatourbano con algunhas incursións na idiosin-crasia do persoal rural, achéganos taménnun dos seus contos a experiencias estu-

diantís da época franquista corresponden-tes ós aledaños do mítico ano 68, candoalgúns iluminados activistas de certasesquerdas radicais e utópicas, posterior-mente reconvertidos en yuppies de multi-nacionais e do capitalismo máis puro eduro, nos miraban con cara de perdoavidaschamándonos despectivamente pequeno-burgueses liberais.

En fin, coido que este libro de GonzaloNavaza alinéase moi ben coa saúde e coagran cualidade que adquiriu o conto litera-rio galego todo ó longo deste século, unhacualidade que non ten nada que envexar áque poidan presentar neste xénero as litera-turas normalizadas máis recoñecidas epotentes. Así pois, laus Deo, e a ler aNavaza, quen doutra banda é, entre outrasmoitas cousas, querido lector, pioneiro ecoido que único autor de palíndromos(véxase o seu libro A torre da derrotA) daliteratura galega.

Page 6: caderno cader- de críticas no - LAROUSSE | Inicio · 2008. 1. 31. · relato de consumo que vén confirmar ... chan as palabras, desde o propio título –un eros que non é eros,

6 Erros e Tánatos

RAMÓN GUTIÉRREZ IZQUIERDO, A Trabe de Ouro, abril, maio e xuño de 1996

«Todo o que se pode dicir,pode dicirse con clarida-de», afirmaba Wittgens-

tein no seu Tractatus. Esta sen-tencia, que vale tanto para orazoamento filosófico comopara a exposición científica,tampouco é allea ao discursoliterario, cando menos nunhaafortunada dirección estéticaque, no caso da narrativa, resu-mía Cunqueiro cunha sorte deaforismo: «Contar claro, segui-do e ben».

Este bo norte semella traercon forza a planificación litera-ria presente en Erros e Tánatos.A primeira obra narrativa deGonzalo Navaza aparece convocación de clásico, entenden-do este termo nos parámetrosnos que se move o conto litera-rio: o engado do acontecemen-to referido, a atinada seleccióne transición dos motivos ima-xinados, a contención expresi-va e a cohesión estructural. A eficacia narrativa é o corolario.

A través dos dez relatos deErros e Tánatos contemplamos(a hábil xestión da inventiva e atransparencia da prosa teñenun grande poder visual) reta-llos de vidas que se volvenmemorables por mor dunhaequivocación, dun erro vital, e

cuxa importancia se revelapolo efecto que a experienciasupón para os protagonistas.Os diversos acontecementosprovocan inquedanzas nos per-sonaxes dos contos, sufrindoestes as súas vivencias como unrito de tránsito que conducecara ao coñecemento da desilu-sión ou da morte. Subxaceunha certa consideración iró-nica verbo da capacidade per-ceptiva do ser humano, poloque a sorpresa ou derivaciónfinal da historia subliña conrigor estético ese escepticismoamable.

Os diversos ámbitos nosque acontecen os sucedidosencaixan con xusteza na histo-ria referida, sen dúbida porqueforma parte das xeografíastransitadas polo autor, omesmo que as vivencias quetransmutadas literariamenteacollen. A esta idoneidadesúmase o perfilado tratamentodo espacio, de xeito que noconxunto do libro se traza unplano do mundo coherente–nesa función de personaxes,intriga e marco espacial– quetransmite un alento de univer-salidade, logrado de formanatural, sen imposturas cos-mopolitas.

En moitos dos relatosobservamos unha inversióndos valores comúns atribuídosa diferentes arquetipos: aquísucumbe o solerte, a inocenciainfantil devén homicida, amocidade maniféstase medo-ñenta, o cazador resulta caza-do… O final dos contos é cer-tamente significativo, pero istonon supón unha renuncia doescritor –nin do lector– adeleitarse no camiño, debido áriqueza das situacións e emo-cións, narradas con elocuenteconcisión e léxico ponderado,entendendo este non comomera etnografía lingüística,nin como adorno cultural,senón como ferramenta deanálise da realidade. A linguaxenon é labirinto senón fío deAriadna, forma de reconstruíro novelo das experienciasvitais.

Alén destas apreciaciónsglobalizadoras convén falar,sequera brevemente, das histo-rias, pois Erros e Tánatos con-tén varios relatos dignos defigurar en calquera antoloxíado conto galego. Abre o libro«Bull & Mignonne», unhanarración onde se concretanalgún dos trazos comúns ante-riormente apuntados, ademais

O saber do conto. Acerca de Err

Page 7: caderno cader- de críticas no - LAROUSSE | Inicio · 2008. 1. 31. · relato de consumo que vén confirmar ... chan as palabras, desde o propio título –un eros que non é eros,

Erros e Tánatos 7

ros e Tánatos, de Gonzalo Navazado humor que ao longo daobra fluctuará entre a ironía e atenrura, subliñando en cadacaso a atmosfera do relato.Neste texto inicial advertimostamén unha concepción estéti-ca da literatura, a penas insi-nuada na consideración irónicaque se fai da «lambida prosapublicitaria» dos folletos turís-ticos suízos; por outro lado, oenxeño da anécdota e a atinadatransición das escenas configu-ran un relato que impele aolector a proseguir con entusias-mo a lectura do libro.«Castelos de area» modula ununiverso máis conmovente,onde asistimos á axitacióninterior do protagonista infan-til, que pasa da ilusión á amr-gura, derivando esta en arreba-to xusticeiro, para finalizar cunemotivo xesto que dilúe aculpa e o medo e afirma a con-fianza na humanidade. Taménse aventura no mundo infantil«O home do saco», utilizandoeste mitema depredador paraincidir no poder da mentecomo mecanismo de tormen-to, pero tamén como salvocon-ducto que nos permite difumi-nar e mesmo anular, mediantea dúbida da «realidade», asexperiencias límite. Visitando

outro mundo, en Salvador deBahia, «O amigo Delmiro»instálanos na sospeita enmedio da receosa sociedadefinisecular, baixo esa sensaciónde que nada é o que parece.Esa mesma desconfianza acercada percepción está presentenoutros contos, como é o casode «Tinta chinesa», unha pezamestra que terma do motivodo apócrifo con gracia e inven-tiva, aproveitando para facerunha fina sátira de certas xerar-quías, no entanto o percorridodos protagonistas exploraambientes varios, nalgúns doscales tal vez puidera advertirseun certo xogo intertextual comáis significado das nosasletras. O enredo donxoanescoasoma en «Decoración e inte-riorismo», que desenvolve unsuceso presidido pola ilusión eposterior frustración feminina,víctima da seducción e doengano. Tampouco falta avariación na modalidade dorelato policíaco en «A proba doalfinete», coa inversión dalgúnsdos trazos habituais no xéneroe cun certo tratamento hitch-cockiano no trazado psicolóxi-co e vivencial do protagonista.«Balagandán» retoma outrocoñecido motivo literario, a

alteración do fluír temporal,presente na tradición xudeu-critiá, oriental e centroeuropea–tal vez cunha orixe en antigaslendas rabínicas– e obxecto deatención por autores tan signi-ficativos como Afonso X,Ambrose Bierce ou Borges.Con respecto aos dous contosfinais, aconsello ao lector queos lea en orde inversa: «Vintepesos de prata» tende cara ápicaresca, mentres que en«Viva a Revolución» a memo-ria embaza a épica da mocida-de con humor, lirismo e nos-talxia; o seu espléndido finaldebera figurar como coda dolibro, pola súa forza para esten-der a súa benéfica sombra demaneira retrospectiva, envol-vendo toda a obra.

Con excesiva frecuencia noxénero do conto, a untuosida-de lírica, cando non a imperti-nencia descritiva ou, o que épeor, o suceso intrascendente ebanal, intentan xustificar unexercicio de estilo ou «reflexio-nar» pretendidamente sobre aexistencia. Fronte ao insulsodestas prácticas, GonzaloNavaza aduba con gusto assúas extraordinarias invenciónse convida a deleitármonos cosabor do conto.

Page 8: caderno cader- de críticas no - LAROUSSE | Inicio · 2008. 1. 31. · relato de consumo que vén confirmar ... chan as palabras, desde o propio título –un eros que non é eros,

8 Erros e Tánatos

A finalidade primordial da literaturaé proporcionar pracer

Dende os tempos da adolescenciaen que os seus primeiros textosapareceron en Vagalume ata o seu

labor actual como escritor, traductor, lin-güista e ensinante, Gonzalo Navaza tenseconvertido nun valor seguro da literaturagalega. No seu último libro de relatos Errose Tánatos (Ed. Xerais, 1996) procurouunha fórmula clásica e un ton irónico: «Terunha boa historia e argallar a mellor manei-ra de contala co obxecto de seducir ó lector.Creo que a finalidade primordial da litera-tura e proporcionar pracer». Un certofondo humorístico se percibe en todo olibro, e co mesmo talante, ante o falso dile-ma ¿Erros ou Tánatos? que esta pregunta-dora lle formula, resposta: «Eros, natural-mente». Como poeta obtivo o premio daCrítica Española en 1991 con Fábrica ínti-ma, e é autor tamén dun libro absoluta-mente orixinal, A torre da derrotA (Ed.Xerais, 1992), no que desde o título ata overso derradeiro, son palíndromos: «Comopartía dunha forma tan constrinxente,resultaba que o que pedantemente sechama «o acto creativo» tiña algo de máxi-co, porque cada vez que construía un palín-dromo poeticamente interesante, dábame aimpresión de que se producía unha revela-ción, ou sexa, que as palabras mostraban os

seus segredos ocultos, como querían oscabalistas». En todo caso, participa dalgúnxeito da tradición esotética: «Botei man,efectivamente, dalgúns elementos daCábala ou do Tarot, sobre todo, pero noncomo contidos propiamente ditos, senónporque me serviron para reforzar a cohe-sión dos símbolos que empregaba nos poe-mas. A simboloxía esotérica non difire dapoética en xeral porque forman parte damesma tradición e usei aqueles elementosque coinciden con tópicos da tradiciónpoética universal: a rosa, o mar, a torre…».

A característica principal de GonzaloNavaza é a súa condición profesional defilólogo: «É dicir, de amante das palabras».A faceta de investigador da onomástica oumembro da Comisión de Toponimia, asícomo as de coordinador de diccionarios ede profesor: «Son as manifestacións for-mais, mentres que as de traductor, poeta ounarrador, constitúen as máis informais ecreativas. Pero tanto unhas coma outrasresponden a unha mesma paixón polaspalabras». O que non é é entomólogo, e cabea aclaración porque nun sho’s who publica-do a principios dos 90 aparece como tal:«Hai anos, durante a presentación dun dic-cionario, á pregunta dun xornalista dixennonseiqué sobre o interese pola etimoloxía

MARÍA XOSÉ PORTEIRO, La Voz de Galicia. Revista Cultura, 9 de maio de 1996

Page 9: caderno cader- de críticas no - LAROUSSE | Inicio · 2008. 1. 31. · relato de consumo que vén confirmar ... chan as palabras, desde o propio título –un eros que non é eros,

Erros e Tánatos 9

das palabras, e ó día seguinte facíanmeexperto en entomoloxía».

Como aportación sobranceira dos gale-gos ó mosaico europeo en construcción,argumenta: «¿Que cousa máis importanteque unha lingua propia e unha cultura vivafeita nesa lingua se pode ofrecer, cultural-mente falando? Para elo precísase vontadepolítica: pero na maior parte dos casosmoitos políticos e personalidades públicasson uns irresponsables neste terreo; temosunha Lei de Normalización Lingüística quenon sempre se cumpre, uns medios decomunicacións con demasiada frecuenciainsensibles, profesionais de tódolos camposque ó cabo manteñen vellas inercias porpreguiza ou por prexuízos… pero vexo moipositivamente fenómenos como o ClubXabarín da TVG, o rock bravú e outras ini-ciativas libres de complexos». Ó cabo, estáen xogo a supervivencia da lingua: «Para isoé necesaria a extensión dunha concienciapositiva, que comprenda que a nosa linguaé unha riqueza que ofrecemos ó mundo e anós mesmos. Do mesmo xeito que un indi-viduo cun complexo de inferioridade nonten forma de enfrontar a vida cotiá, unpobo que non ten conciencia do valor dassúas singularidades non pode enfrontar ahistoria».

Page 10: caderno cader- de críticas no - LAROUSSE | Inicio · 2008. 1. 31. · relato de consumo que vén confirmar ... chan as palabras, desde o propio título –un eros que non é eros,

10 Erros e Tánatos

Gozosa literatura

Acerta de cheo o autor da folla pro-mocional deste libro ó remitirnosa Cunqueiro, ó ‘dictum’ cunquei-

rán: contar claro, seguido e ben. Acerta,polo menos, na primeira parte da senten-cia. Gonzalo Navaza efectivamente, unhome de letras sobradamente coñecido–mais nin figurón nin figura– noutros eira-dos e dominios desta nosa pequena repú-blica literaria, fai a súa estrea no mesternarrativo con dez relatos breves que, rodri-gados no engano, no equívoco, no erro–poucas veces un libriño vertebrou tan bena súa substancia narrativa– fan da claridadeexpositiva a súa máxima virtude.

Mais para acadar tal propósito, que conCunqueiro loamos todos os lectores, oautor ten no seu maxín boas historias, his-torias con enxulla, con gordura narrativa.Dificilmente se poderán argallar contos ounovelas presentables, libros que non nosfinen nas mans, se os seus parágrafos e rin-gleiras non son capaces de somerxernosintensamente no que acontece. Candonada acontece, por moi ben contado queestea o conto, esvaécese este xénero que sedi narrativa. Teremos, se cadra, outracousa, ensaio ou mesmo oratoria, que nonson poucos os escritores aboados a morali-zar ó persoal. Seguramente que as grandes

obras esixan algo máis, como tal aquel plusdo que falaba Deleuze poucos meses antesde morrer: empurrar a linguaxe e a sintaxecon forzas salvaxes e universais ata os seuslímites.

Pois, como diciamos, Gonzalo Navazaarmou nestes textos breves dez historiasateigadas de claridade e sobriedade narrati-va, de acontecementos que se sucedenengordando paseniñamente a tensión ata arealización final, sempre sorpresiva, e porveces nos territorios da morte. Endalí a sig-nificatividade do xogo de palabras do títu-lo: a morte, a confusión azarosa, e por veceso amor, eros –certamente moitas máisdoses de erros que de eros–, que, como xaapuntamos, compendia de forma sobran-ceira o contido da publicación. Publicaciónque, con seguranza, algún asisado puristaquererá encadrar na área da literaturacomercial, esa que se vende nas grandessuperficies mercantís, porque, e niso tenrazón, aquí non hai experimentalismos for-mais, tempos superpostos, analepses deningún grao. Nin tan sequera linguaxesucia. Benvidas, así pois, moitas manifesta-cións de «literatura comercial» argalladassobre boas historias, sobre estimulantesargumentos e coa finalidade primordial deproporcionar pracer, como vén repetindoNavaza. Daquela, gozosa literatura.

FRANCISCO MARTÍNEZ BOUZAS, O Correo Galego, 8 de agosto de 1996

Page 11: caderno cader- de críticas no - LAROUSSE | Inicio · 2008. 1. 31. · relato de consumo que vén confirmar ... chan as palabras, desde o propio título –un eros que non é eros,

Erros e Tánatos 11

DOLORES VILAVEDRA, Revista Lateral, xullo-agosto de 1996

Erros e Tánatos

De uno de los más singulares poe-tas gallegos (autor de un fasci-nante libro de palíndromos,

A torre da derrotA), con esta colección dediez narraciones que saben a poco, dignascontinuadoras de la ya tópicamente desta-cada tradición cuentística gallega, Navazademuestra aquí una soltura en el manejo delas técnicas del relato insólita en un poetaque se estrena en el género narrativo, espe-cialmente en lo referido a la dosificación dela información para crear intriga y conse-guir un final sorprendente, a la manera queaconsejaba Rafael Dieste.

Son relatos de temática y ambientaciónvariadas, sugerentes, en los que el plenoprotagonismo le corresponde a un narradorentre divertido y escéptico.

El resultado, diez historias entretenidaspero no intrascendentes, pues por mediode la ironía el autor nos obliga a aceptar ennuestras vidas la amenaza de esas trampasque el azar nos tiende antes o después, a

asumir los retos que el destino y la imagi-nación, de vez en cuando, nos lanzan enforma de mensajes codificados, y sugiere elejercicio de la inteligencia como única víapara salir airoso de esos desafíos.

Quizá sea la flexibilidad con que Navazatraza las fronteras entre realidad y ficción,sueño y vigilia, presente y pasado, el nexocon el que se integra en la tradición litera-ria gallega.

En esa línea asume el tiempo que supe-ra, y esa definición del estatuto ontológicode lo narrado es lo que explica que en estosrelatos puede acontecer con la mayor natu-ralidad casi cualquier cosa. Incluso las crue-les burlas del destino que originan dos delos mejores y más contundentes relatos dellibro, protagonizados ambos por niños,sujetos y objetos de una violencia que nosimpacta por lo espontánea, por lo inevita-ble y por lo estrechamente vinculada queaparece la condición humana.

Se trata, simplemente, de uno de esoserrores (erros) en los que se inspira Tánatos.

Page 12: caderno cader- de críticas no - LAROUSSE | Inicio · 2008. 1. 31. · relato de consumo que vén confirmar ... chan as palabras, desde o propio título –un eros que non é eros,

FICHA TÉCNICA

Título: Erros e TánatosAutor: Gonzalo NavazaXénero: NarrativaISBN: 84-8302-993-6128 páxinas

SINOPSE

Erros e Tánatos componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navazademostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunhaprosa breve, limpa, directa, chea de sentido do humor, que sorprende ao lectorcoa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender.Erros e Tánatos é un libro magnífico que, con moita claridade narrativa, atrapa aolector coas súas boas historias, historias en que os acontecementos se sucedenmedrando e creando unha gran tensión narrativa que remata nun final sorpren-dente, un final que explora os territorios do tánatos por culpa do Erros do azar.Partindo dunha fórmula clásica de narrar, Gonzalo Navaza escribiu un libro quedivirte, que seduce; é o libro dun narrador eficiente que, sen lugar a dúbidas,constrúe unha obra notable.

X E R A I S

Dep

ósito

Leg

al: V

G. 9

32-2

003