15

Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos
Page 2: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos
Page 3: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

Calendario TFG (curso 17/18)

Xeral Envío de novas liñas para TFGs por parte profesorado (data límite):

- 21 de setembro de 2017 Anuncio das liñas para TFGs ofertadas (data límite):

- 2 de outubro de 2017 Solicitude de prórroga dos TFGs non defendidos ou suspensos nos cursos anteriorer (data límite):

- 16 de outubro de 2017 Solicitude de liñas de investigación por parte do alumnado (data límite):

- 16 de outubro de 2017 Anuncio da asignación de liñas de investigación ao alumnado e concesión de prórrogas (data límite):

- 27 de outubro de 2017 Nomeamento dos tribunais encargados da avaliación dos TFG (data límite):

- 27 de outubro de 2017 Entrega do formulario de inscrición e inicio do TFG (data límite):

- 20 de novembro de 2017 Anuncio de aceptación dos títulos propostos polo alumnado (data límite):

- 1 de decembro de 2017 Solicitude de cambio de título de TFG (datas límite):

- 1º semestre: 15 de xaneiro de 2018 - 2º semestre: 8 de xuño de 2018 - Setembro: 10 de xullo de 2018

Decisión e comunicación sobre solicitudes de cambio do título de TFG (datas límite):

- 1º semestre: 23 de xaneiro de 2018

wy8lipmqkgqmdq001090
Cuadro de texto
ANEXO I
Page 4: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

- 2º semestre: 15 de xuño de 2018 - Setembro: 18 de xullo de 2018

Período de solicitude de defensa de TFG na secretaría virtual do alumnado e de entrega de 3 copias impresas no Decanato da Facultade:

- 1º semestre: 25/01/2018 – 05/02/2018 - 2º semestre: 18/06/2018 – 29/06/2018 - Setembro: 20/07/2018 – 31/07/2018

Período para subir na secretaría virtual os informes preceptivos dos titores/as de TFG:

- 1º semestre: 25/01/2018 – 31/01/2018 - 2º semestre: 18/06/2018 – 22/06/2018 - Setembro: 20/07/2018 – 26/07/2018

Datas de defensa dos TFG:

- 1º semestre: 19 e 20 de febreiro de 2018 - 2º semestre: 16 e 17 de xullo de 2018 - Setembro: 17 e 18 de setembro de 2018

Page 5: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

GRAO EN FILOSOFÍA PROPOSTAS DE LIÑAS DE TRABALLOS FIN DE GRAO

CURSO 2017-2018

AAARRREEEAAA DDDEEE FFFIIILLLOOOSSSOOOFFFÍÍÍAAA Código F01_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título Filosofía do século XX: existencialismo, fenomenoloxía, estruturalismo e teoría crítica Titor/a Agís Villaverde, Marcelino Breve descrición do contido

Autores pertencentes ás distintas escolas filosóficas do século XX, tanto relacionados coas que conforman o temario na materia de Grao: Correntes Actuais da Filosofía (Fenomenoloxía, Existencialismo, Estruturalismo e Teoría Crítica) como outras sobranceiras correntes filosóficas do pasado século

Código F02_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título Camiños do pensamento oriental: India, China e Xapón Titor/a Agís Villaverde, Marcelino Breve descrición do contido

En particular, as filosofía relacionadas coa cultura da India, China, o Tibet e o Xapón e coa práctica relixiosa afín a estes ámbito culturais. Referímonos, pois, ao Hinduismo, Budismo, Confucianismo, Taoísmo, Sintoísmo, etc.

Código F03_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título Tipos de escepticismo en la construcción del sujeto moderno Titor/a Barcia González, F. Javier Breve descrición do contido

Se ofrece la posibilidad de reflexionar sobre los diferentes tipos de escepticismo, los diferentes tipos de tratamiento de la duda y el valor gnoseológico de la sensorialidad, en referencia a alguno de los principales autores de la construcción del 'sujeto moderno', fundamentales en la teoría del conocimiento

Código F04_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título Caracterización de la subjetividad en el esteticismo Titor/a Barcia González, F. Javier Breve descrición do contido

Se ofrece la posibilidad de ensayar una caracterización general del sujeto estético de finales del XIX a principios del XX, de reflexionar sobre la construcción de la subjetividad estética que tiene lugar con la irrupción del esteticismo, como una afirmación del individuo sobre la sociedad de masas, como una "instalación" del dandi entre el decadentismo, tomando como referencia a alguno de los principales autores de la genealogía del dandismo (O. Wilde, Walter Pater, Charles Baudelaire, Marcel Proust...) o del Modernismo

Código F05_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título O pensamento posestruturalista en Francia Titor/a Conde Soto, Francisco Breve descrición do Inclúense nesta liña temática calquera traballo de investigación sobre os filósofos

wy8lipmqkgqmdq001090
Cuadro de texto
ANEXO II
Page 6: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

contido franceses coñecidos como “postmodernos”. Posíbeis subliñas de traballo son: 1. A filosofía da deconstrucción de Jacques Derrida, 2. A crítica á psicanálise e ao capitalismo de Giles Deleuze, 3. A denuncia dos aparatos disciplinarios en Michel Foucault, 4. A formulación da postmodernidade en Jean-François Lyotard, 5. A ensinanza psicanalítica de Jacques Lacan.

Código F06_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A filosofía contemporánea continental Titor/a Conde Soto, Francisco Breve descrición do contido

Inclúese nesta liña de traballo calquera investigación encol do pensamento dos filósofos continentais contemporáneos. Posíbeis subliñas de traballo son: I. A fusión de psicanálise e marxismo na proposta de Slavoj Zizek, 2. A renovación da filosofia de Alain Badiou, 3. O pensamento estético-político de Giorgio Agamben, 4. A deconstrución do feminismo de Judith Butler

Código F07_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título Historia da filososofía, ocidental e oriental, dende a antiguídade ate o renacemento Titor/a González Fernández, Martiño Breve descrición do contido

Autores, escolas de filosofía e léxico filosófico correspondente ao período cronolóxico que se indica, así como o espazo xeográfico mencionado.

Código F08_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título Giordano Bruno de Nola: ateismo, panteísmo e materialismo no século XVI Titor/a González Fernández, Martiño Breve descrición do contido

Filosofía heterodoxa: en época de contrarreforma, hai unha corrente de pensamento anticristiá e subserviva en relación a cultura filosófica cristiá, un neoplatonismo moi alonxado do cristiá de académia neoplatónica de florencia, e inscluso antagónico a el, onde hermetismo, o materialismo lucrecián, etc.....

Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos Titor/a González Fernández, Martiño Breve descrición do contido

Adoitamos coñecer a primeira sofística. Ensombrecida pola cultura filosófica platónica primeiro e logo polo de novo polo órganon aristotélico, mais, pasados os séculos, deuse unha segunda sofística na que se recuperaron principios e ferramentas da vella escola socrático menor dos cínicos, agora empregada contra a cultura romá e as escolas filosóficas que nela desopuntaron, ....

Código F10_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título Filosofías da diferencia e a complexidade. A filosofía “a contradanza”: en torno a

Deleuze Titor/a Martínez Castro, Rafael V. Breve descrición do contido

“Complexidade” e “diferencia” sinalan as liñas de pensamento máis –se cadra as únicas- creativas e novidosas das últimas décadas; nun panorama dominado pola tristeza, o doutrinarismo e o clericalismo. O obxectivo do TFG é entrar nos problemas da filosofía nesa dobre perspectiva para, como quen sal a bailar, practicar a filosofía “a contradanza”, entregándonos a ela como ó único que ela é e pode ser, unha actividade de “creación” de conceptos. Asumimos así a filosofía de Deleuze como a música cuxo ritmo queremos seguir. Polo seu carácter “nodal” nos abre a ao que él mesmo chama o “dehors” –“fóra”–. E porque, en virtude desa metódica atención ao “dehors”, constitúe o pensamento máis propicio para encarar o “porvir”. No

Page 7: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

senso preciso en que Foucault a sinalou no seu día como a filosofía do “século”. Non se trata, porén, de tematizar a Deleuze nin a ningún outro autor, nin moito menos de entrar a competir na “guerra sucia” das doutrinas. O problema da filosofía é “acquérir une consistance sans perdre l’infini dans lequel la pensé plonge” (Qu’est-ce que la philosophie?, p.45). O TFG pretende configurarse como un exercicio de pensamento, como confrontación co “caos”

Código F11_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título Arte e filosofía na tardo-modernidade. As provocacións da arte contemporánea Titor/a Martínez Castro, Rafael V. Breve descrición do contido

Asumimos o dictum de Karl Kraus: "Die Kunst dient dazu, uns die Augen auszuwischen" ("Para esto serve a arte, para limparnos os ollos"). Dende as mesmas posiciósn ca outra adentrámonos, a través das ”provocacións da arte contemporánea”, no ámbito problemático no que conflúen e se confunden filosofía e arte. Para simplemente buscar unha posición propicia ao desenvolvemento creativo da cuestión “filosofía-arte” parece aconsellable comezar pola arte contemporánea. A arte “non-contemporánea” presenta serios problemas que queremos conxurar: o envoltorio institucional que –como dun “manual de instruccións”– a acompaña, nos tranquiliza e apacigua na mesma medida en que perturba o necesario proceso de “contaminación”. Non partimos de ningunha definición da arte conteporánea –ignoramos se existe-; tomamos meramente como ratio cognoscendi ese trazo negativo, a carencia de “manual de instruccións”, que tanto desacougo provoca no “espectador culto”. “Sitio específico”, “crítica institucional”, “estética relacional”, “nova arte pública” son suxestións que só deben ser tomadas aquí a título de exemplo.

Código F12_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título Leibniz: metafísica e matemática Titor/a Parcero Oubiña, Óscar Breve descrición do contido

O traballo consistirá nun estudo na obra de Leibniz que procure poñer en relación a súa metafísica con algunhas das máis significativas achegas do seu inxente labor matemático. Mediante o diálogo de metafísica e matemática procúrase afondar na súa concepción matemática da realidade, a cal será mostrada como un caso exemplar do paradigma da filosofía moderna.

Código F13_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título Ortonimia e heteronimia Titor/a Parcero Oubiña, Óscar Breve descrición do contido

O traballo concíbese como unha reflexión sobre as cuestións de fondo implícitas na alternativa polémica e/ou dialóxica entre ortonimia e heteronimia e a configuración do discurso. Para isto, levarase a cabo un estudo centrado na(s) obra(s) daqueles autores que, máis aló da inocencia do simple emprego dun "nome de autor", asumiron problematicamente as súas implicacións.

Código F14_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título Filosofía de corte existencial, vitalista e fenomenolóxico-existencial Titor/a Pintos Peñaranda, Mª Luz Breve descrición do contido

1) Reflexión sobre o ser humano dende pensadores contemporáneos occidentais como Kierkegaard, Schopenhauer, Nietzsche e Freud, así como dende todos aqueles que dalgún modo siguen a estela dalgún deles (exemplos: Cioran, Unamuno, Camus, Rosset, Foucault, etc.) en canto a unha perspectiva centrada: (a) na existencia e na problemática relacionada

Page 8: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

co feito do existir humano, nas emocións, na angustia existencial, no egoísmo, no sufrimento, etc.; ou (b) na corporalidade e na dimensión pre-reflexiva animal que conleva toda vida humana; ou (c) na construcción social de todo existente; ou (d) no pensamento da sospeita; ou (c) no nihilismo; ou (d) ou na perspectiva de crise da creenza no progreso na historia, buscando as causas da crise desta creenza. 2) Reflexión fenomenolóxica e fenomenolóxico-existencial: (a) filosofía pre-fenomenolóxica de Bergson; (b) estudo de autores da escola fenomenolóxica, Husserl, discípulos directos e seguidores dentro da filosofía; (c) influencia do enfoque fenomenolóxico en disciplinas de fora da filosofía; (d) análise do suxeito humano dende a perspectiva fenomenolóxica (corporalidade, temporalidade, espacialidade, empatía-emocional, habitualidade, aspectos constituíntes da percepción, intersubxectividade); (e) construcción intersubxectiva do suxeito humano; (f) dimensión ético-política do pensamento fenomenolóxico; (g) a reflexión sobre a técnica en Heidegger; (h) aplicación do método fenomenolóxico a asuntos de debate actual (a crise histórico-cultural; o estranxerismo; filosofía da paz; a muller; os animais non humanos, etc.). 3) Reflexión sobre dimensións esenciais na vida do existente humano:

(a) Análise, dende unha Antropoloxía filosófica, da liberdade, como dimensión esencial do ser humano ligada ás súas características anatómico-biolóxicas, ao seu mundo propio humano e ao correspondente tipo de comportamento e vida nel.

(b) Análise, dende unha Antropoloxía filosófica, da empatía-emocional, como dimensión esencial de todo existente humano.

(c) Análise, dende unha Antropoloxía filosófica, dalgunha outra dimensión esencial do existente humano. (c) Estudo de autores contemporáneos clásicos que aportan unha reflexión filosófica sobre o ser humano, en xeral ou centrados nalgunha característica esencial humana en particular: Von UexKüll, Scheler, Gehlen, Freud, Ortega y Gasset, etc.

Código F15_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título Reflexión filosófica sobre a historia Titor/a Pintos Peñaranda, Mª Luz Breve descrición do contido

(1) Reflexión filosófica sobre a historia dende a perspectiva moderna, contemporánea en liña coa modernidade, contemporánea en ruptura coa modernidade, ou neomoderna (Teoría crítica e Fenomenoloxía), dende algún dos seguintes autores:

(a) Kant; (b) Hegel e hegelianos; (c) Comte; (d) Marx e marxistas; (e) Schopenhauer; (f) Nietzsche; (g) Freud; (h) Horkheimer; (i) Benjamin; (j) Marcuse; (k) Husserl e autores da escola fenomenolóxica; (l) outros autores directamente relacionados cos susoditos.

(2) Reflexión filosófica sobre la historia actual (mundo global, pensamento único, política economicista, crise medioambiental planetaria, sociedade do cansancio, da transparencia e do control, ¿progreso?, etc.) dende intelectuais de hoxe de distintas áreas do saber: Zizek, Hessel, Byung-Chul, Bauman, Beck, Lipovetsky, Patel, Sloterdijk, Baudrillard, Ziegler, etc

AAARRREEEAAA DDDEEE LLLÓÓÓXXXIIICCCAAA EEE FFFIIILLLOOOSSSOOOFFFÍÍÍAAA DDDAAA CCCIIIEEENNNCCCIIIAAA

Código LFC01_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título Problemas ontológicos de las teorías científicas: realismo, reduccionismo y unidad de la

Page 9: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

ciencia Titor/a Donato Rodríguez, Xavier de Breve descrición do contido

¿Refieren los términos teóricos a entidades realmente existentes? ¿Describen nuestras mejores teorías cómo de hecho es el mundo? ¿Cuál es la ontología del mundo según nuestras teorías? ¿Cómo se relaciona la reducción interteórica con la pretensión de dar cuenta de una ontología unificada del mundo? Éstas son algunas cuestiones básicas de la filosofía de la ciencia que tienen cabida en esta línea temática. Podrán considerarse los principales análisis filosóficos relacionados con la metafísica de la ciencia, principalmente con la ontología de la ciencia, así como con el análisis del lenguaje científico, el problema del realismo científico y, ligado a éste, el problema de la referencia de los términos teóricos, incluyendo los de aquellas teorías que se consideran falsas desde la perspectiva actual. También se analizarán los problemas generados por las relaciones entre distintas teorías científicas: inconmensurabilidad, reduccionismo nomológico y/o ontológico, unidad nomológica y/o ontológica de la ciencia, pluralismo

Recomendacións Poder ler en inglés

Código LFC02_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título Autoconsciencia y conocimiento del mundo interno Titor/a Donato Rodríguez, Xavier de Breve descrición do contido

¿Quién soy yo? ¿Qué es la consciencia? ¿Qué constituye la unidad de la consciencia? ¿Qué criterios de identidad son indicativos de que una persona es la misma a través del tiempo? ¿Cómo y en qué medida nos conocemos a nosotros mismos? ¿Hay un modo en que nos conocemos a nosotros mismos esencialmente distinto del modo en que conocemos el mundo? ¿Cuáles son las bases neurofisiológicas de la consciencia y de nuestro autoconocimiento? En fin, ¿cómo se relaciona la mente (o los contenidos de consciencia) con el cuerpo? Dentro de esta línea temática cabe estudiar temas como: autoconocimiento, acceso privilegiado y límites de la introspección, el autoengaño, identidad personal, el problema de las otras mentes, la naturaleza de la consciencia y de la autoconsciencia, tipos de consciencia y, en fin, las características fundamentales de la mente consciente. El objetivo es centrarse en los distintos análisis filosóficos de estos problemas y sus principales dificultades

Recomendacións Poder ler en inglés Código LFC03_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título Progreso científico no teleológico Titor/a Falguera López, José Luis Breve descrición do contido

Frente a ciertas propuestas clásicas acerca del progreso científico, que lo concebían como orientado hacia una determinada meta o fin, en especial la verdad (como correspondencia) o la acumulación de hechos y de teorías (posibilitando entre las últimas alguna suerte de teorías unificadoras a partir de otras previas de menor alcance), se han formulado desde los años 60 del s. XX hasta ahora algunas propuestas en las que el devenir de la ciencia no se asocia a la búsqueda de ningún fin preestablecido y a pesar de ello se sigue hablando de progreso científico. Se trata de analizar este tipo de propuestas y lo que en las mismas se entiende por progreso científico. Entra ellas encontramos, por ejemplo, las de Kuhn, Lakatos, Laudan y las de epistemología evolutiva

Recomendacións Poder ler en inglés

Código LFC04_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título A tensión entre coherentismo e empirismo na concepción de O. Neurath Titor/a Falguera López, José Luis Breve descrición do contido

Frente a los enfoques fundamentistas Otto Neurath defendió una peculiar concepción coherentista de la verdad. Eso supone una propuesta claramente alternativa a la

Page 10: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

concepción epistémica predominante, según la cual por CONOCIMIENTO se entiende CREENCIA, VERDADERA JUSTIFICADA, y la justificación de contenidos de conocimiento se obtiene por la vía fundamentista. En concreto, para un enfoque fundamentista la justificación de conocimiento del mundo externo debería encontrar ese fundamento último en la experiencia empírica, y en especial a la experiencia perceptiva, (o al menos en enunciados verdaderos acerca de tal experiencia). Neurath opone su peculiar propuesta coherentista a los enfoques coherentista, pero –como claro empirista– concede un papel destacado a un tipo de enunciados que tratan sobre la experiencia empírica: los llamados “enunciados protocolares”. Eso supone una cierta aparente tensión en sus propuestas. Se trata de dar cuenta de este problema en para el coherentismo de O. Neurath.

Recomendacións Poder ler en inglés Código LFC05_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título Necesidade de re versus necesidade de dicto Titor/a Martínez Vidal, Concha Breve descrición do contido

O problema radica como entender a noción modal de necesidade. A cuestión pode abordarse en moitos ámtibos e desde moitas perspectivas. A proposta é que se aborde ou ben no ámbito lóxico ou no metafísico. No ámbito lóxico o problema toma a forma de como entender a necesidade lóxica, é dicir, como entender a natureza e a fonte da necesidade lóxica. Na literatura existen, por suposto, diferentes respostas e cabe un enfoque histórico da cuestión; alternativamente, trataríase de analizar o problema e, ao obxecto de situar e avaliar a cuestión, estudar por que é e foi un problema filosófico destacado. No ámbito metafísico, trataríase de abordar e clarificar as dúas nocións de necesidade, -de re e de dicto-, así como de explorar a fondo as consecuencias últimas de ambas as teses (En concreto unha proposta posible sería a de tentar responder a preguntas como as seguintes: hai individuos posibles ou só actuais?, como entender a noción de esencia e a de propiedade esencial?, etc).

Recomendacións Ler textos en inglés Código LFC06_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título Cuestiones de Filosofía de la Lógica y de la Matemática Titor/a Martínez Vidal, Concha Breve descrición do contido

Soluciones a la paradoja del mentiroso, Teorías de la verdad, Paradojas del infinito, el teorema de Gödel y sus implicaciones filosóficas.

Recomendacións Ler textos en inglés Código LFC07_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título Semántica fregeana. Evolución, alternativas e dificultades Titor/a Rivas Monroy, Mª Uxía Breve descrición do contido

A partir da análise e comprensión do marco teórico da semántica de Frege poden abordarse diferentes problemas e cuestións, tales como as dificultades que supón a aplicación da distinción sentido e referencia aos nomes propios e as expresións dependentes do contexto, as propostas alternativas que se deron á introdución desta distinción semántica e as súas consecuencias, entre elas a proposta russelliana e os defensores da teoría da referencia directa, ou a modificación da mesma en termos de extensión e intensión, realizada por Carnap. Igualmente son elementos destacables desta semántica a relevancia do contexto á hora de aplicar a distinción sentido/referencia, e a vinculación do sentido ao contido cognitivo, directamente vinculado coa noción de significado como condicións de verdade. Temas máis concretos que poderían abordarse, entre outros, serían os seguintes: 1. As dificultades da aplicación da distinción sentido e referencia aos nomes propios e as expresións dependentes do contexto.

Page 11: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

2. Relacións entre a semántica de Frege e a semántica de Carnap. 3. Do sentido fregeano ao significado como condicións de verdade: principais achegas teóricas. 4. Sentido e referencia dos termos singulares: a teoría descricionista vs. a teoría da referencia directa. 5. A dimensión pragmática da análise da linguaxe. A importancia do contexto e do uso. (Frege, Wittgenstein, Austin, Searle, Davidson).

Código LFC08_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título Pragmatismo americano Titor/a Rivas Monroy, Mª Uxía Breve descrición do contido

Neste marco teórico poden temas como os seguintes: As características xerais do pragmatismo americano na súa orixe e desenvolvemento (C.S. Peirce, W. James e J. Dewey), e tamén na actualidade (H. Putnam e R. Rorty); os temas do realismo, o relativismo e o pluralismo dende a perspectiva pragmatista; a discusión en torno ós universais; a importancia da máxima pragmática; o pragmatismo como un humanismo; a concepción pragmatista da verdade; a crítica pragmatista á concepción dualista do pensamento occidental. O autor pragmatista o que se prestará unha especial atención nestes temas será W. James Temas máis concretos que poderían abordarse, entre outros, serían os seguintes: 1. A doutrina da crenza de Peirce. 2. A máxima pragmática en Peirce e James. 3. A concepción da verdade en Peirce como converxencia e acordo da comunidade de investigadores a longo prazo. 4. A concepción da verdade de James como proceso de verificación, orientación e conservación. 5. Pragmatismo e humanismo. 6. O instrumentalismo de Dewey e a crítica aos dualismos. 7. A actualidade do pragmatismo: H. Putnam e R. Rorty.

Código LFC09_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título Verdade, consecuencia, e proba Titor/a Sagüillo Fernández-Vega, José Miguel Breve descrición do contido

Estos tres elementos son nucleares na lóxica e na metodoloxía das ciencias deductivas desde Tales na antigua Grecia hasta Tarski en nosos días. Conceptos como consistencia e inconsistencia, necesidade y posibilidade, razoamento e procesamiento da información, todos eles se articulanse sobre as suas bases tanto na tradición como nas técnicas matemáticas contemporáneas

Recomendacións Disposición a leer en inglés Código LFC10_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título La práctica de la argumentación y sus variedades: conclusivas, inductivas, demostrativas,

directas e indirectas, falacias y paradojas Titor/a Sagüillo Fernández-Vega, José Miguel Breve descrición do contido

Los registros, el tono, la persuasión y el razonamiento subyacente están presentes en los aspectos lógicos, dialécticos y retóricos de la actividad humana racional por excelencia que es la argumentación. La distancia entre estas prácticas argumentativas y nuestras teorías del razonamiento permite una evaluación crítica de nuestra comprensión del fenómeno transversal de la argumentación. Dentro de esta línea temática cabe el estudio de las múltiples prácticas argumentativas en contextos tanto ordinarios como filosóficos y científicos. En general se puede abordar el análisis de la estructura y los tipos de estas distintas prácticas y, más en particular, el estudio de temas como: los dilemas, los

Page 12: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

entimemas, las paradojas, los experimentos mentales, las distintas falacias informales Recomendacións Disposición a leer en inglés Código LFC11_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título Recursión e linguaxe natural Titor/a Sobrino Cerdeiriña, Alejandro Breve descrición do contido

Trátase de analizar e discutir a tese, defendida orixinariamente por Hauser, Chomsky e Fitch, de que as reglas recursivas son o elemento diferenciador entre a linguaxe humana e os sistemas de comunicación animal, usando para elo a xerarquía de gramaticas formais de Chomsky

Recomendacións Ler en inglés Código LFC12_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título Filosofía da Intelixencia Artificial Titor/a Sobrino Cerdeiriña, Alejandro Breve descrición do contido

Trátase de analizar e responder a preguntas clásicas da Filosofía da Intelixencia Artificial, como: pode pensar unha computadora?, pode dortarse de linguaxe unha computadora?, pode sentir unha computadora?, pode ter mente unha computadora? é o cerebro humano unha máquina computadora?, ten conciencia dos seus procesos unha computadora?, e o mesmo ser que simular?

Recomendacións Ler en inglés Código LFC13_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título Importancia filosófica de las propiedades meta lógicas de los sistemas formales Titor/a Plebani, Matteo Breve descrición do contido

Paradoja de Lowenheim Skolem, la individuación del modelo standard de la aritmética, lógicas paraconsistentes, los teoremas de incompletud de Gödel

Código LFC14_18 Área de coñecemento LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA Título Las paradojas del infinito Titor/a Plebani, Matteo Breve descrición do contido

Las concepciones de los conjuntos de Cantor y de Zermelo. Dummett y la extensibilidad infinita. Linnebo y la jerarquía potencial de los conjuntos

AAARRREEEAAA DDDEEE FFFIIILLLOOOSSSOOOFFFÍÍÍAAA MMMOOORRRAAALLL EEE PPPOOOLLLÍÍÍTTTIIICCCAAA Código FMP01_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA MORAL E POLÍTICA Título Xustiza e Igualdade Titor/a Agra Romero, María Xosé Breve descrición do contido

Problemas fundamentais nas teorías clásicas e contemporáneas: capacidades, necesidades, recursos, bens. Desigualdade, discriminación, marxinación, exclusión, pobreza, recoñecemento/redistribución. Neste traballo abordaranse os problemas da xustiza social e política en conexión coa democracia e a cidadanía e as súas distintas articulacións. Así como a xustiza e ecoloxía. Prestarase especial atención aos enfoques da teoría política feminista

Page 13: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

Código FMP02_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA MORAL E POLÍTICA Título Cidadanía Titor/a Agra Romero, María Xosé Breve descrición do contido

Historia e problemas da cidadanía. Modelos de cidadanía. Cidadanía e inclusión/exclusión. Cidadanía e Dereitos Humanos. Cidadanía e ecoloxía. Cidadanía global/transnacional. Neste traballo abordaranse os problemas da cidadanía como idea política e como ideal político, sendo de especial atención os enfoques da teoría política feminista, multicultural, poscolonial, e ecoloxista

Código FMP03_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA MORAL E POLÍTICA Título O momento republicano na filosofía política contemporánea Titor/a Blanco Echauri, Jesús M. Breve descrición do contido

Temos decidido chamar deste xeito ao rexurdimento, no ámbito da filosofía política contemporánea, da linguaxe e tradición conceptual republicanas (Aristóteles, Maquiavelo, Espinosa, Rousseau, Kant) que, cunha ambición normativa, propia da nosa disciplina, artella e constrúe (novos) modelos de cidadanía e democracia alternativos ós (mais desenvoltos) das teorías liberais. Esta liña de traballo fai posible o coñecimento daqueles dous grandes temas da filosofía política contemporánea e as achegas e estudos desta problemática (transversal) da historia da filosofía política

Recomendacións Existen boas traducións ao castelán e portugués dos textos clásicos e dalgúns contemporáneos, pero resulta recomendable a lo menos a lectura en lingua inglesa.

Código FMP04_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA MORAL E POLÍTICA Título Fenomenoloxía da vida afectiva e goberno das emocións na filosofía práctica do século

XVII (Descartes, Hobbes, Espinosa) Titor/a Blanco Echauri, Jesús M. Breve descrición do contido

Lonxe de permanecer vencellado ao discurso tradicional sobre as paixóns e á estructura, forxada no decurso dos séculos, que aspira (ilusoriamente) a silenciar os corpos e os afectos, a posición de Espinosa inscríbese no marco do renovado interés que despliégase no século XVII (Descartes, Hobbes, …) polo estudo e coñecimento das paixóns, ó concebir a vida humana (individual e colectiva), non como o dominio dun poder ou dun carácter, se non como campo de conflicto ou composición entre elas. Por moito que a concepción de Espinosa non é allea a ese novo proceso de constitución dun dominio propio dos afectos, entendido como campo de forzas (que entraña un certo orden inmanente e compon una rede de relacións), a singularidade da súa proposta expresase, tanto na ambición de codificar e artellar una nova linguaxe sobre as paixóns, como no modo de concebir a súa constitución, natureza e posibilidades. O coñecimento desta problemática ilustra tamén algúns camiños da filosofía moral e política contemporáneas

Recomendacións Aínda que temos traducións axeitadas dos textos en castelán e portugués, resultan aconsellables algúns coñecimentos do latín (vulgar) e a lectura de obras en línguas inglesa, francesa e italiana

Código FMP05_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA MORAL E POLÍTICA Título A consideración do futuro na ética aplicada Titor/a Horta Álvarez, Oscar Breve descrición do contido

A moral do sentido común plantexa razóns para actuar relativas aos acontecementos esperábeis no presente e o futuro cercano. Con todo, o impacto das nosas decisións morais exténdese ao longo do tempo cara o futuro, tendo unha magnitude potencial amplísima neste, por mor do número de potenciais receptores de valor e desvalor que estarán presentes no futuro e do noso poder actual de condicionar traxectórias de estados

Page 14: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

de cousas futuras. As dificuldades son moi significativas á hora de facer estimacións de cais poden ser estas traxectórias e de como ter un impacto nelas, se ben conforme a ferramentas como as dunha perspectiva bayesiana podemos levar estas adiante e considerar cursos de acción xerais. O conflito que isto supón coa moral do sentido común leva a ter que repensar o que implican as principais teorías éticas rigurosas nas suas esixéncias ás/aos axentes. Este é un tema de trato moi recente na filosofía moral, e na ética aplicada en concreto. Implica traballar en teoria da decisión e epistemoloxia.

Recomendacións Para facer este traballo é necesario poder ler bibliografia en inglés Código FMP06_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA MORAL E POLÍTICA Título O conflito entre a consideración moral dos animais e as éticas ambientales Titor/a Horta Álvarez, Oscar Breve descrición do contido

As éticas ambientais que se definen como non antropocéntricas (fundamentalmente as holistas, as biocéntricas e as naturocéntricas) parten de axioloxias impersonais que son rexeitadas desde as posicións que de maneira habitual defenden a consideración moral dos animais. Estas últimas asumen polo comun teorias do valor experiencialistas ou preferencialistas, e en ocasións da lista obxectiva. As éticas ambientais antropocéntricas entran tamén en conflito coas que defenden consideración dos animais polo carácter non antropocéntrico destas. Estas oposicións teóricas no que toca aos principios axiolóxicos e, consecuentemente, normativos, plásmanse tamén na sua aplicación, ao promoveren diferentes políticas no que toca a xestión ambiental e a interacción co mundo salvaxe. Neste traballo examinaranse estas diferenzas teóricas e nas implicacións nas políticas práticas de cada enfoque

Recomendacións Para facer este traballo é convinte, ainda que non necesario, poder ler bibliografia en inglés

AAARRREEEAAA DDDEEE AAANNNTTTRRROOOPPPOOOLLLOOOXXXÍÍÍAAA SSSOOOCCCIIIAAALLL Código AS01_18 Área de coñecemento ANTROPOLOXÍA SOCIAL Título Achegas teóricas a análise das masculinidades Titor/a Herrero Pérez, Mª Nieves Breve descrición do contido

O traballo utilizará os instrumentos teóricos relativos á construción social das diferenzas de xénero que aportan as distintas materias do grao e, particularmente, a materia de “Antropoloxía e Filosofía do xénero”. Consistirá na recompilación bibliográfica, selección e análise de algunhas das contribucións máis relevantes que se veñen producindo no ámbito das ciencias sociais ao estudo da construción cultural das masculinidades. As tarefas máis importantes para a realización deste traballo serán:

1) Enmarque teórico do traballo apoiándose en conceptos como feminismo, xénero, discursos sobre o xénero, estereotipos de xénero, aprendizaxe dos estereotipos.

2) Recompilación bibliográfica e selección de obras. 3) Lectura e sistematización de contidos. O número de obras sobre as que se

concentrará esta tarefa será determinado en función da extensión e complexidade das obras escollidas (entre 3 ou 4)

Código AS02_18 Área de coñecemento ANTROPOLOXÍA SOCIAL Título A feminidade nas revistas para adolescentes Titor/a Herrero Pérez, Mª Nieves

Page 15: Calendario TFG (curso 17/18) - USC...2017/09/26  · Código F09_18 Área de coñecemento FILOSOFÍA Título A segunda sofística: Luciano de Samosata e os seus diálogos cínicos

Breve descrición do contido

O traballo utilizará os instrumentos teóricos relativos á construción social das diferenzas de xénero que aportan as distintas materias do grao e, particularmente, a materia de “Antropoloxía e Filosofía do xénero”. Consistirá na análise dos estereotipos de feminidade que transmiten as revistas dirixidas aos adolescentes. As tarefas máis importantes para a realización deste traballo serán:

1) Enmarque teórico do traballo apoiándose en conceptos como feminismo, xénero, discursos sobre o xénero, estereotipos de xénero, aprendizaxe dos estereotipos.

2) Enmarque metodolóxico apoiándose nas achegas da análise do discurso. 3) Selección e análise de revistas

Código AS03_18 Área de coñecemento ANTROPOLOXÍA SOCIAL Título Movementos sociais e activismos contemporáneos Titor/a Jiménez Esquinas, Guadalupe Breve descrición do contido

O traballo consisitirá na análise dalgún movemento social contemporáneo ou novas formas de activismo (novos activismos feministas e transfeministas, antifeminismos e masculinismos, movementos sociais urbanos e de dereito á cidade, movementos de base relixiosa, activismos políticos, etc.) Tamén se poderá abordar algún proxecto de intervención social nalgún destes ámbitos. A base para a elaboracióin do TFG será o traballo de campo etnográfico e o enfoque teórico propio da antropoloxía, polo que será preciso ter cursada a materia de "Antropoloxía Aplicada", manexar a metodoloxía de investigación e os conceptos propios da materia "Antropoloxía e Filosofía do xénero"

Recomendacións Ler en inglés Código AS04_18 Área de coñecemento ANTROPOLOXÍA SOCIAL Título Procesos de patrimonialización Titor/a Jiménez Esquinas, Guadalupe Breve descrición do contido

O traballo consistirá na análise dalgún proceso de patrimonialización desde unha perspectiva crítica, tanto en Galicia como noutros lugares. A base para a elaboración do TFG será o traballo de campo etnográfico e o enfoque teórico propio da antropoloxía, polo que será preciso ter cursada a materia de "Antropoloxía Aplicada" e manexar a metodoloxía de investigación

Recomendacións Ler en inglés Código AS05_18 Área de coñecemento ANTROPOLOXÍA SOCIAL Título Mitoloxía grega e romana Titor/a Mariño Ferro, Xosé Ramón Breve descrición do contido

O obxectivo dos traballos será aprender a analizar a linguaxe mítica, e profundizar na relación entre mito e razón, como complemento ao estudo da filosofía grega

Código AS06_18 Área de coñecemento ANTROPOLOXÍA SOCIAL Título Relixión popular galega Titor/a Mariño Ferro, Xosé Ramón Breve descrición do contido

O alumno deberá facer traballo de campo ou una analise antropolóxica -ou ambas cousas- sobre calquera dos aspectos da relixiosidade popular