65

Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

  • Upload
    haduong

  • View
    219

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto
Page 2: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto
Page 3: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

Carlos Marx, Federico Engels

MANIFESTO DO PARTIDOKOMUNISTA

e-Published by Georgian Section of Comintern (SH)

2014

Page 4: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto
Page 5: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto
Page 6: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

MANIFESTO DOPARTIDO COMUNISTA

Unha pantasma percorre Europa: a pantasma do comunismo. To-das as forzas da vella Europa uníronse en santa cruzada contraesa pantasma: o Papa e o tsar, Metternich e Guizot1, os radicaisfranceses e os polizontes alemáns.

¿Que partido de oposición non foi alcumado de comunistapolos seus adversarios no poder? ¿Que partido de oposición, ásúa vez, non lanzou, tanto ós representantes da oposición máisavanzados como ós seus inimigos reaccionarios, o epíteto morti-ficador de comunista?

Deste feito resulta unha dobre ensinanza: Que o comunismo está xa recoñecido como unha forza por to-

das as potencias de Europa. Que xa é hora de que os comunistas expoñan ó mundo enteiro

as súas ideas, os seus fins e as súas tendencias; que opoñan á len-da da pantasma do comunismo un manifesto do propio partido.

Con este fin, comunistas das máis diversas nacionalidadesreuníronse en Londres e redactaron o seguinte Manifesto, que serápublicado en inglés, francés, alemán, italiano, flamengo e dina-marqués.

1. O papa Pío IX, elixido en 1846, aínda que daquela considerado un “liberal”, eratan inimigo do socialismo como o tsar ruso Nicolás I, que xa antes da revoluciónde 1848 desempeñaba o papel de xendarme de Europa. Metternich, chanceler do Imperio austríaco e xefe recoñecido de toda a reaccióneuropea, estableceu contactos con Guizot, ministro francés ideólogo da granburguesía financeira e industrial, e inimigo irreconciliable do proletariado. A pe-tición do goberno prusiano, Guizot desterrou a Marx de París. A policía alemánon deixaba en paz aos comunistas non só en Alemaña, senón tamén en Fran-cia, Bélxica e Suíza, procurando impedir por calquera medio a súa propaganda.

Manifesto do partido comunista

- 1 -

Page 7: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

I. BURGUESES E PROLETARIOS2

A historia de todas as sociedades até os nosos días3 é a historiadas loitas de clases.

Homes libres e escravos, patricios e plebeos, señores e servos,mestres4 e oficiais, nunha palabra: opresores e oprimidos enfron-táronse sempre, mantiveron unha loita constante, velada unhas

2. Por burguesía enténdese a clase dos capitalistas modernos, que son os propieta-rios dos medios de produción social e empregan traballo asalariado. Por prole-tarios enténdese a clase dos traballadores asalariados modernos, que, privadosde medios de produción propios, vense obrigados a vender a súa forza de tra-ballo para poder subsistir. (Nota de Engels á edición inglesa de 1888)

3. É dicir, a historia escrita. En 1847, a historia da organización social que precedeua toda a historia escrita, a prehistoria, era case descoñecida. Posteriormente,Haxthausen descubriu en Rusia a propiedade comunal da terra; Maure demos-trou que esta foi a base social da que partiron historicamente todas as tribos xer-manas, e foise descubrindo aos poucos que a comunidade rural, coa posesión enman común da terra, foi a forma primitiva da sociedade, desde a India até Irlan-da. A organización interna desa sociedade comunista primitiva foi posta en cla-ro, no que ten de típico, co culminante descubrimento feito por Morgan da ver-dadeira natureza da xens e do seu lugar na tribo. Coa desintegración destas co-munidades primitivas comezou a diferenciación da sociedade en clases distintase, finalmente, antagónicas. Tentei analizar este proceso na obra A orixe da fami-lia, a propiedade privada e o Estado, 2ª ed., Stuttgart, 1886. (Nota de Engels á edicióninglesa de 1888)Haxthausen, August F. von (1792-1868): Barón prusiano que estudou o réximeagrario e a vida dos campesiños rusos. Autor dunha obra que describe os restosdo réxime comunal nas relacións agrarias en Rusia. || Maurer, Georg Ludwigvon (1790-1872): Historiador alemán, estudou o réxime social da Alemaña antigae medieval, e fixo unha gran achega ó estudo da historia da comunidade medie-val. || Morgan, Lewis H. (1818-1881): Etnógrafo, arqueólogo e historiador norte-americano. Baseándose no estudo do réxime social e a vida dos indios norteame-ricanos, argumentou a doutrina sobre o desenvolvemento da xens como formaprincipal do réxime da comunidade primitiva. Tentou, ademais, crear a periodi-zación da historia da sociedade preclasista. Marx e Engels valoraron moito osseus traballos. Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, queEngels utilizou no seu libro A orixe da familia, a propiedade privada e o Estado.

4. Zunftbürger, isto é, membro de pleno dereito dun gremio. (Nota de Engels á edi-ción inglesa de 1888)

Manifesto do partido comunista

- 2 -

Page 8: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

veces e outras, franca e aberta; loita que rematou sempre coa trans-formación revolucionaria de toda a sociedade ou o afundimentodas clases en pugna. Nas anteriores épocas históricas atopamoscase por todas partes unha completa diferenciación da sociedadeen diversos estamentos, unha múltiple escala gradual de condi-cións sociais. Na antiga Roma achamos patricios, plebeos e escra-vos; na Idade Media, señores feudais, vasalos, mestres, oficiais eservos, e, ademais, en case todas estas clases aínda atopamos gra-dacións especiais.

A sociedade burguesa moderna, que saíu das ruínas da socie-dade feudal, non aboliu as contradicións de clase. Unicamentesubstituíu as vellas clases, as vellas condicións de opresión, as ve-llas formas de loita, por outras novas.

A nosa época, a época da burguesía, distínguese, con todo,por simplificar as contradicións de clase. Toda a sociedade vai di-vidíndose, cada vez máis, en dous grandes campos inimigos, endúas grandes clases, que se enfrontan directamente: a burguesíae o proletariado.

Dos servos da Idade Media xurdiron os veciños libres das pri-meiras cidades; deste estamento urbano saíron os primeiros ele-mentos da burguesía.

O descubrimento de América e a circunnavegación de Áfricaofreceron á burguesía en ascenso un novo campo de actividade.Os mercados da India e de China, a colonización de América, ointercambio coas colonias, a multiplicación dos medios de cam-bio e das mercadorías en xeral imprimiron ó comercio, á navega-ción e á industria un impulso até entón descoñecido e aceleraroncon iso o desenvolvemento do elemento revolucionario da socie-dade feudal en descomposición.

A antiga organización feudal ou gremial da industria xa nonpodía satisfacer a demanda, que crecía coa apertura de novosmercados. Veu ocupar o seu posto a manufactura. O estamentomedio industrial suplantou ós mestres dos gremios; a división dotraballo entre as diferentes corporacións desapareceu ante a divi-sión do traballo no seo do mesmo taller.

Pero os mercados crecían sen cesar; a demanda ía sempre en au-mento. Xa non abondaba tampouco coa manufactura. O vapor e amaquinaria revolucionaron entón a produción industrial. A grandeindustria moderna substituíu á manufactura; o lugar do estamento

Manifesto do partido comunista

- 3 -

Page 9: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

medio industrial viñeron ocupalo os industriais millonarios —xefesde verdadeiros exércitos industriais—, os burgueses modernos.

A grande industria creou o mercado mundial, xa preparadopolo descubrimento de América. O mercado mundial acelerou pro-dixiosamente o desenvolvemento do comercio, da navegación edos medios de transporte terrestre. Este desenvolvemento influíu,á súa vez, no auxe da industria, e a medida que se ían estenden-do a industria, o comercio, a navegación e os ferrocarrís, desen-volvíase a burguesía, multiplicando os seus capitais e relegandoa segundo termo a todas as clases legadas pola Idade Media. Aburguesía moderna, como vemos, é xa de seu froito dun longoproceso de desenvolvemento, dunha serie de revolucións nomodo de produción e de intercambio.

Cada etapa da evolución percorrida pola burguesía foi acom-pañada do correspondente progreso político. Estamento baixo adominación dos señores feudais, a burguesía forma na comuna5

unha asociación armada e autónoma; nuns sitios como repúblicaurbana independente; noutros como terceiro estado tributario damonarquía6; despois, durante o período da manufactura, é o con-trapeso da nobreza nas monarquías estamentais, absolutas e, enxeral, pedra angular das grandes monarquías, até que, despois doestablecemento da grande industria e do mercado universal, aburguesía conquistou finalmente a hexemonía exclusiva do po-der político no Estado representativo moderno. O goberno do Es-tado moderno non é máis que unha xunta que administra os ne-gocios comúns de toda a clase burguesa.

A burguesía desempeñou na historia un papel altamente re-volucionario.

5. Comunas chamábanse en Francia as cidades nacentes aínda antes de arrincar aosseus amos e señores feudais a autonomía local e os dereitos políticos como “tercei-ro estado”. En termos xerais, tomouse aquí a Inglaterra como país típico do desen-volvemento económico da burguesía, e a Francia como país típico do seu desenvol-vemento político. (Nota de Engels á edición inglesa de 1888)Así denominaban os habitantes das cidades de Italia e Francia as súas comuni-dades urbanas, unha vez mercados ou arrincados aos seus señores feudais osprimeiros dereitos de autonomía. (Nota de Engels á edición alemá de 1890)

6. Na edición inglesa de 1888, redactada por Engels, ás palabras “república urbanaindependente” engadiuse “como en Italia e en Alemaña”, e ás palabras “tercei-ro estado tributario da monarquía”, as palabras “como en Francia”.

Manifesto do partido comunista

- 4 -

Page 10: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

Onde conquistou o poder, a burguesía destruíu as relaciónsfeudais, patriarcais, idílicas; rachou sen piedade as variadas liga-duras feudais que ataban o home ós seus “superiores naturais”,para non deixar subsistir outro vínculo entre os homes que o fríointerese, o cruel “pago en man”; afogou o sagrado éxtase do fer-vor relixioso, o entusiasmo cabaleiresco e o sentimentalismo dopequeno burgués nas augas xeadas do cálculo egoísta; fixo da dig-nidade persoal un simple valor de cambio; substituíu as numero-sas liberdades escrituradas e adquiridas pola única e desalmadaliberdade de comercio. Nunha palabra, no canto da explotaciónvelada por ilusións relixiosas e políticas, estableceu unha explo-tación aberta, descarada, directa e brutal. A burguesía desposuíuda súa aureola a todas as profesións que até entón se tiñan por ve-nerábeis e dignas de piadoso respecto. O médico, o xurista, o cre-go, o poeta, o científico, foron convertidos nos seus servidoresasalariados.

A burguesía esgazou o veo de emocionante sentimentalismoque encubría as relacións familiares, e reduciunas a simples rela-cións de diñeiro.

A burguesía revelou que a brutal manifestación de forza naIdade Media, tan admirada pola reacción, tiña o seu complemen-to natural na máis relaxada nugalla. Ela foi a primeira en demos-trar o que pode realizar a actividade humana; creou marabillasmoi distintas ás pirámides de Exipto, os acueductos romanos e ascatedrais góticas, e realizou campañas moi distintas ás migra-cións dos pobos e ás Cruzadas7.

A burguesía non pode existir senón é a condición de revolucio-nar incesantemente os instrumentos de produción e, por conse-guinte, as relacións de produción, e con iso todas as relacións so-ciais. A conservación do antigo modo de produción era, pola con-tra, a primeira condición de existencia de todas as clasesindustriais precedentes. Unha revolución continua na produción,unha incesante conmoción de todas as condicións sociais, unha in-quedanza e un movemento constantes distinguen a época burgue-sa de todas as anteriores. Todas as relacións estancadas e amofa-

7. Expedicións militares de colonización do Oriente Medio emprendidas polos se-ñores feudais de Europa Occidental entre os séculos XI e XIII coa escusa de llestirar aos musulmáns a posesión dos “Santos Lugares”.

Manifesto do partido comunista

- 5 -

Page 11: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

das, co seu cortexo de crenzas e ideas veneradas durante séculos,quedan rotas; as novas fanse vellas antes de chegar a osificarse.Todo o estamental e estancado esfúmase; todo o sacro é profana-do, e os homes, ó fin, vense forzados a considerar serenamente assúas condicións de existencia e as súas relacións recíprocas.

Aguilloada pola necesidade de dar cada vez maior saída ósseus produtos, a burguesía percorre o mundo enteiro. Necesitaaniñar en todas partes, establecerse en todas partes, crear víncu-los en todas partes.

Mediante a explotación do mercado mundial, a burguesía deuun carácter cosmopolita á produción e ó consumo de todos os paí-ses. Con gran sentimento dos reaccionarios, sacoulle á industria asúa base nacional. As antigas industrias nacionais foron destruí-das e están destruíndose arreo. Son suplantadas por novas indus-trias, cuxa introdución convértese en cuestión vital para todas asnacións civilizadas, por industrias que xa non empregan materiasprimas nacionais, senón materias primas chegadas das máis afas-tadas rexións do mundo, e cuxos produtos non só se consomenno propio país, senón en todas as partes do globo. No canto dasantigas necesidades, satisfeitas con produtos nacionais, xordennecesidades novas que reclaman para a súa satisfacción produtosdos países máis afastados e dos climas máis diversos. No cantodo antigo illamento e a autarquía das rexións e nacións, establé-cese un intercambio universal, unha interdependencia universaldas nacións. E isto refírese tanto á produción material como á in-telectual. A produción intelectual dunha nación convértese enpatrimonio común de todas. A estreiteza e o exclusivismo nacio-nais resultan día a día máis imposíbeis; das numerosas literaturasnacionais e locais fórmase unha literatura universal.

Debido ó rápido perfeccionamento dos instrumentos de pro-dución e ó constante progreso dos medios de comunicación, aburguesía arrastra á corrente da civilización a todas as nacións,incluso as máis bárbaras. Os baixos prezos das súas mercadoríasconstitúen a artillería pesada que derruba todas as murallas deChina e fai capitular ós bárbaros máis fanaticamente hostís ós es-tranxeiros. Obriga a todas as nacións, se non queren sucumbir, aadoptar o modo burgués de produción, obríganas a introducir achamada civilización, é dicir, a facerse burguesas. Nunha pala-bra: fórxase un mundo ó seu xeito.

Manifesto do partido comunista

- 6 -

Page 12: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

A burguesía someteu o campo ó dominio da cidade. Creou ur-bes inmensas; aumentou enormemente a poboación das cidadesen comparación coa do campo, subtraendo unha gran parte dapoboación ó analfabetismo da vida rural. Do mesmo xeito quesubordinou o campo á cidade, subordinou os países bárbaros ousemibárbaros ós países civilizados, os pobos campesiños ós po-bos burgueses, Oriente a Occidente.

A burguesía suprime cada vez máis o fraccionamento dos me-dios de produción, da propiedade e da poboación. Aglutinou apoboación, centralizou os medios de produción e concentrou apropiedade en mans duns poucos. A consecuencia obrigada disofoi a centralización política. As provincias independentes, ligadasentre si case unicamente por lazos federais, con intereses, leis, go-bernos e tarifas aduaneiras diferentes, foron consolidadas nunhasoa nación, baixo un só goberno, unha soa lei, un só interese na-cional de clase e unha soa liña aduaneira.

A burguesía, ó longo do seu dominio de clase, que conta ape-nas cun século de existencia, creou forzas produtivas máis abon-dosas e grandiosas que todas as xeracións pasadas xuntas. O so-metemento das forzas da natureza, o emprego das máquinas, aaplicación da química á industria e á agricultura, a navegación devapor, o ferrocarril, o telégrafo eléctrico, a asimilación para o cul-tivo de continentes enteiros, a apertura dos ríos á navegación, po-boacións enteiras xurdindo por encanto, como se saísen da terra.¿Cal dos séculos pasados puido sospeitar sequera que semellan-tes forzas produtivas durmiñasen no seo do traballo social?

Vimos, pois, que os medios de produción e de intercambio so-bre cuxa base se formou a burguesía foron creados na sociedadefeudal. Ó alcanzar estes medios de produción e de intercambioun certo grao de desenvolvemento, resultou que as condiciónsnas que a sociedade feudal producía e intercambiaba, a organiza-ción feudal da agricultura e da industria manufactureira, nunhapalabra, as relacións feudais de propiedade, non se correspondí-an xa co nivel de desenvolvemento das forzas produtivas. Frea-ban a produción no canto de impulsala. Transformáronse noutrostantos atrancos. Era preciso romper esas pexas, e rompéronas.

No seu lugar estableceuse a libre concorrencia, cunha consti-tución social e política axeitada a ela e coa dominación económi-ca e política da clase burguesa.

Manifesto do partido comunista

- 7 -

Page 13: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

Ante os nosos ollos estase producindo un movemento análo-go. As relacións burguesas de produción e de intercambio, as re-lacións burguesas de propiedade, toda esta sociedade burguesamoderna, que fixo xurdir como por encanto tan potentes mediosde produción e de intercambio, aseméllase ó mago que xa non écapaz de dominar as potencias infernais que desencadeou cosseus esconxuros. Desde hai algunhas décadas, a historia da in-dustria e do comercio non é máis que a historia da rebelión dasforzas produtivas modernas contra as actuais relacións de produ-ción, contra as relacións de propiedade que condicionan a exis-tencia da burguesía e a súa dominación. Abonda con mencionaras crises comerciais que, co seu retorno periódico, expoñen, deforma cada vez máis ameazante, a cuestión da existencia de todaa sociedade burguesa. Durante cada crise comercial destrúese sis-tematicamente non só unha parte considerábel de produtos ela-borados, senón incluso das mesmas forzas produtivas xa creadas.Durante as crises, unha epidemia social que en calquera épocaanterior tería parecido absurda esténdese pola sociedade: a epi-demia da sobreproducción. A sociedade atópase de súpeto retro-traída a un estado de repentina barbarie: diríase que a fame ouque unha devastadora guerra mundial privouna de todos os seusmedios de subsistencia; a industria e o comercio parecen aniqui-lados. E todo iso, ¿por que? Porque a sociedade posúe demasiadacivilización, demasiados medios de vida, demasiada industria,demasiado comercio. As forzas produtivas de que dispón non fa-vorecen xa o réxime da propiedade burguesa; pola contra, resul-tan demasiado poderosas para estas relacións, que constitúen unobstáculo para o seu desenvolvemento; e cada vez que as forzasprodutivas salvan este obstáculo, precipitan na desorde a toda asociedade burguesa e ameazan a existencia da propiedade bur-guesa. As relacións burguesas resultan demasiado estreitas paraconter as riquezas creadas no seu seo. ¿Como vence esta crise aburguesía? Dunha parte, coa destrución obrigada dunha masa deforzas produtivas; doutra, coa conquista de novos mercados e aexplotación máis intensa dos antigos. ¿De que xeito o fai, pois?Preparando crises máis extensas e máis violentas, e diminuíndoos medios de previlas.

As armas de que se serviu a burguesía para derrubar o feuda-lismo vólvense agora contra a propia burguesía.

Manifesto do partido comunista

- 8 -

Page 14: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

Pero a burguesía non forxou soamente as armas que debendarlle morte; produciu tamén os homes que empuñarán esas ar-mas: os obreiros modernos, os proletarios.

Na mesma proporción en que se desenvolve a burguesía, é di-cir, o capital, desenvólvese tamén o proletariado, a clase dosobreiros modernos, que non viven senón a condición de atopartraballo, e atópano unicamente mentres o seu traballo acrecenta ocapital. Estes obreiros, obrigados a se vender a anacos, son unhamercadoría como calquera outro artigo de comercio, suxeita, xaque logo, a todas as vicisitudes da competencia, a todas as fluc-tuacións do mercado.

“O crecente emprego das máquinas e a división do traballo sá-canlle ó traballo do proletario todo carácter propio, e con iso fan-lle perder todo atractivo para o obreiro. Este convértese nun sim-ple apéndice da máquina, e só se lle esixen as operacións máis sin-xelas, máis monótonas e de máis doada aprendizaxe. Polo tanto, oque custa hoxe en día o obreiro redúcese, pouco máis ou menos,ós medios de subsistencia indispensábeis para vivir e para perpe-tuar a súa liñaxe. Pero o prezo de todo traballo8, como o de todamercadoría, é igual ós gastos de produción. Por conseguinte, can-to máis amolante resulta o traballo, máis baixan os salarios. Aíndamáis, canto maior é o desenvolvemento da maquinaria e da divi-sión do traballo, máis aumenta a cantidade de traballo, ben me-diante a prolongación da xornada, ben polo aumento do traballoesixido nun tempo dado, a aceleración do ritmo das máquinas, etc.

A industria moderna transformou o pequeno taller do mestrepatriarcal na gran fábrica do capitalista industrial. Masas deobreiros, amontoados na fábrica, son organizados militarmente.Como soldados rasos da industria, están colocados baixo a vixi-lancia de toda a xerarquía de oficiais e suboficiais. Non son soa-mente escravos da clase burguesa, do Estado burgués, senón dia-riamente, a cotío, escravos da máquina, do capataz e, sobre todo,do burgués individual, patrón da fábrica. E este despotismo étanto máis mesquiño, odioso e exasperante canto maior é a fran-queza con que proclama que non ten outro fin que o lucro.

8. Máis tarde, no canto de “valor do traballo” e “prezo do traballo”, Marx e Engelsempregaron nas súas obras conceptos máis exactos introducidos por Marx: “va-lor da forza de traballo” e “prezo da forza de traballo”.

Manifesto do partido comunista

- 9 -

Page 15: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

Canta menos habilidade e forza require o traballo manual, édicir, canto maior é o desenvolvemento da industria moderna,maior é a proporción en que o traballo dos homes é suplantadopolo das mulleres e os nenos. Polo que respecta á clase obreira, asdiferenzas de idade e sexo perden toda significación social. Nonhai máis que instrumentos de traballo, cuxo custo varía segundoa idade e o sexo.

Unha vez que o obreiro sufriu a explotación do fabricante e re-cibiu o seu salario en metálico, convértese en vítima doutros ele-mentos da burguesía: o caseiro, o tendeiro, o prestamista, etc.

Pequenos industriais, pequenos comerciantes e rendeiros, ar-tesáns e campesiños, toda a escala inferior das clases medias dou-tro tempo, caen nas filas do proletariado; uns, porque os seus pe-quenos capitais non chegan para acometer grandes empresas in-dustriais e sucumben na competencia cos capitalistas máis fortes;outros, porque a súa habilidade profesional vese desprezada anteos novos métodos de produción. De tal sorte, o proletariado re-crútase entre todas as clases da poboación.

O proletariado pasa por diferentes etapas de desenvolvemen-to. A súa loita contra a burguesía comeza co seu xurdimento.

Ó principio, a loita é establecida por obreiros illados; despois,polos obreiros dunha mesma fábrica; máis tarde, polos obreirosdo mesmo oficio da localidade contra o burgués individual queos explota directamente. Non se contentan con dirixir os seus ata-ques contra as relacións burguesas de produción, e diríxenos con-tra os mesmos instrumentos de produción: destrúen as mercado-rías estranxeiras que lles fan competencia, rompen as máquinas,incendian as fábricas, tentan reconquistar pola forza a posiciónperdida do artesán da Idade Media.

Nesta etapa, os obreiros forman unha masa espallada portodo o país e disgregada pola competencia. Se os obreiros formanmasas compactas, esta acción non é aínda consecuencia da súapropia unión, senón da unión da burguesía, que para acadar osseus propios fins políticos debe —e, por agora, aínda pode— po-nier en movemento todo o proletariado. Durante esta etapa, osproletarios non combaten, polo tanto, contra os seus propios in-imigos, senón contra os inimigos dos seus inimigos, é dicir, con-tra os restos da monarquía absoluta, os propietarios territoriais,os burgueses non industriais e os pequenos burgueses. Todo o

Manifesto do partido comunista

- 10 -

Page 16: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

movemento histórico concéntrase, desta sorte, en mans da bur-guesía; cada vitoria alcanzada nestas condicións é unha vitoria daburguesía.

Pero a industria, no seu desenvolvemento, non só acrecenta onúmero de proletarios, senón que os concentra en masas conside-rábeis; a súa forza aumenta e adquiren maior conciencia da mes-ma. Os intereses e as condicións de existencia dos proletariosiguálanse cada vez máis a medida que a máquina vai borrando asdiferenzas no traballo e reduce o salario, case en todas partes, aun nivel igualmente baixo. Como resultado da crecente compe-tencia dos burgueses entre si e das crises comerciais que ocasio-na, os salarios son cada vez máis fluctuantes; o constante e acele-rado perfeccionamento da máquina coloca ó obreiro en situacióncada vez máis precaria; as colisións entre o obreiro individual e oburgués individual adquiren máis e máis o carácter de colisiónsentre dúas clases. Os obreiros empezan a formar coalicións9 con-tra os burgueses e actúan en común para a defensa dos seus sala-rios. Chegan a formar asociacións permanentes para asegurarseos medios necesarios en previsión deses eventuais choques. Aquíe alá a loita estala en sublevación.

Ás veces os obreiros triúnfan; pero é un triunfo efémero. Overdadeiro resultado das súas loitas non é o éxito inmediato, se-nón a unión cada vez máis extensa dos obreiros. Esta unión é pro-piciada polo crecemento dos medios de comunicación creadospola grande industria, que poñen en contacto ós obreiros de dife-rentes localidades. E ese contacto é dabondo para que as numero-sas loitas locais, que en todas partes teñen un mesmo carácter, secentralicen nunha loita nacional, nunha loita de clases. Pero todaloita de clases é unha loita política. E a unión que os habitantesdas cidades da Idade Media, cos seus camiños veciñais, tardaronséculos en establecer, os proletarios modernos, cos ferrocarrís, lé-vana a cabo nuns poucos anos.

Esta organización do proletariado en clase e, xa que logo, enpartido político, volve sen cesar a ser socavada pola competenciaentre os propios obreiros. Pero rexorde, e sempre máis forte, máisfirme, máis potente. Aproveita as disensións intestinas dos burgue-

9. Na edición inglesa de 1888, logo de “coalicións” se engadiu “(sindicatos)”.

Manifesto do partido comunista

- 11 -

Page 17: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

ses para lles obrigar a recoñecer por lei algúns intereses da claseobreira; por exemplo, a lei da xornada de dez horas en Inglaterra.

En xeral, as colisións na vella sociedade favorecen de diversosxeitos o proceso de desenvolvemento do proletariado. A burgue-sía vive en loita permanente: ó principio, contra a aristocracia;despois, contra aqueles sectores da mesma burguesía cuxos inte-reses entran en contradición cos progresos da industria, e sem-pre, en fin, contra a burguesía de todos os demais países. En to-das estas loitas vese forzada a apelar ó proletariado, a reclamar asúa axuda, arrastrándoo así ó movemento político. De tal xeito, aburguesía proporciona ós proletarios os elementos da súa propiaeducación10, é dicir, armas contra ela mesma.

Ademais, como vimos de ver, o progreso da industria precipi-ta ás ringleiras do proletariado a capas enteiras da clase domi-nante, ou, polo menos, ameaza as súas condicións de existencia.Tamén elas achegan ó proletariado numerosos elementos de edu-cación.

Finalmente, nos períodos en que a loita de clases achégase óseu desenlace, o proceso de desintegración da clase dominante,de toda a vella sociedade, adquire un carácter tan violento e tanagudo que unha pequena fracción desa clase renega dela e adhí-rese á clase revolucionaria, á clase en cuxas mans está o porvir. Easí como antes unha parte da nobreza pasouse á burguesía, nosnosos días un sector da burguesía pásase ó proletariado, particu-larmente ese sector dos ideólogos burgueses que se elevaron atéa comprensión teórica do conxunto do movemento histórico.

De todas as clases que hoxe se enfrontan coa burguesía, só oproletariado é unha clase verdadeiramente revolucionaria. As de-mais clases van dexenerando e desaparecen co desenvolvementoda grande industria; o proletariado, en cambio, é o seu produtomáis peculiar.

Os estamentos medios —o pequeno industrial, o pequeno co-merciante, o artesán, o campesiño—, todos eles loitan contra aburguesía para salvar da ruína a súa existencia como tales esta-mentos medios. Non son, pois, revolucionarios, senón conserva-dores. Máis aínda, son reaccionarios, xa que pretenden volver

10. No canto de “elementos da súa propia educación”, a edición inglesa de 1888 di“elementos da súa propia educación política e xeral”.

Manifesto do partido comunista

- 12 -

Page 18: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

atrás a roda da historia. Son revolucionarios unicamente por can-to teñen ante si a perspectiva do seu tránsito inminente ó proleta-riado, defendendo así non os seus intereses presentes, senón osseus intereses futuros, por canto abandonan os seus propios pun-tos de vista para adoptar os do proletariado.

O lumpemproletariado, ese produto pasivo da putrefaccióndas capas máis baixas da vella sociedade, pode ás veces ser arras-trado ó movemento por unha revolución proletaria; con todo, envirtude de todas as súas condicións de vida, está máis ben dispos-to a venderse á reacción para servir ás súas manobras.

As condicións de existencia da vella sociedade están xa aboli-das nas condicións de existencia do proletariado. O proletariadonon ten propiedade; as súas relacións coa muller e cos fillos nonteñen nada en común coas relacións familiares burguesas; o tra-ballo industrial moderno, o moderno xugo do capital, que é omesmo en Inglaterra que en Francia, en Norteamérica que en Ale-maña, desposúe ó proletariado de todo carácter nacional. As leis,a moral, a relixión son para el meros prexuízos burgueses detrásdos cales agáchanse outros tantos intereses da burguesía.

Todas as clases que no pasado lograron facerse dominantestrataron de consolidar a situación adquirida sometendo a toda asociedade ás condicións do seu modo de apropiación. Os proleta-rios non poden conquistar as forzas produtivas sociais senón abo-lindo o modo de apropiación en vigor e, polo tanto, todo modode apropiación existente até os nosos días. Os proletarios non te-ñen nada que salvagardar; teñen que destruír todo o que até ago-ra veu garantindo e asegurando a propiedade privada existente.

Todos os movementos foron até agora realizados por minorí-as ou en proveito de minorías. O movemento proletario é un mo-vemento propio da inmensa maioría en proveito da inmensamaioría. O proletariado, capa inferior da sociedade actual, nonpode erguerse, non pode incorporarse sen facer saltar toda asuperestructura das capas que constitúen a sociedade oficial.

Pola súa forma, aínda que non polo seu contido, a loita doproletariado contra a burguesía é primeiramente unha loita na-cional. É natural que o proletariado de cada país deba acabar, enprimeiro lugar, coa súa propia burguesía.

Ó esbozar as fases máis xerais do desenvolvemento do proleta-riado, seguimos o curso da guerra civil máis ou menos oculta que se

Manifesto do partido comunista

- 13 -

Page 19: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

desenvolve no seo da sociedade existente, até o momento en que setransforma nunha revolución aberta, e o proletariado, derrocandopola violencia á burguesía, implanta a súa dominación.

Todas as sociedades anteriores, como vimos, descansaron noantagonismo entre clases opresoras e oprimidas. Pero para poderoprimir a unha clase é preciso asegurarlle unhas condicións quelle permitan, polo menos, arrastrar a súa existencia de escravitu-de. O servo, en pleno réxime de servidume, chegou a membro dacomuna, o mesmo que o pequeno burgués chegou a elevarse á ca-tegoría de burgués baixo o xugo do absolutismo feudal. O obrei-ro moderno, pola contra, lonxe de elevarse co progreso da indus-tria, descende sempre máis e máis por baixo das condicións devida da súa propia clase. O traballador cae na miseria, e o paupe-rismo crece aínda máis rapidamente que a poboación e a riqueza.É, pois, evidente que a burguesía xa non é capaz de seguir des-empeñando o papel de clase dominante da sociedade nin de lleimponier a esta, como lei reguladora, as condicións de existenciada súa clase. Non é capaz de dominar porque non é capaz de ase-gurar ó seu escravo a existencia nin sequera dentro do marco daescravitude, porque se ve obrigada a deixalo decaer até o puntode ter que mantelo, no canto de ser mantida por el. A sociedadexa non pode seguir vivindo baixo a súa dominación; o que equi-vale a dicir que a existencia da burguesía é, en diante, incompatí-bel coa existencia da sociedade.

A condición esencial da existencia e da dominación da claseburguesa é a acumulación da riqueza en mans de particulares, aformación e o acrecentamento do capital. A condición de existen-cia do capital é o traballo asalariado. O traballo asalariado des-cansa exclusivamente sobre a competencia dos obreiros entre si.O progreso da industria, do que a burguesía, incapaz de se lleopoñer, é axente involuntario, substitúe o illamento dos obreiros,resultante da competencia, pola súa unión revolucionaria me-diante a asociación. Así, o desenvolvemento da grande industriasocava baixo os pés da burguesía as bases sobre as que esta pro-duce e se apropia do producido. A burguesía produce, ante todo,os seus propios sepultureiros. O seu afundimento e a vitoria doproletariado son igualmente inevitábeis.

Manifesto do partido comunista

- 14 -

Page 20: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

II. PROLETARIOS E COMUNISTAS

¿Que relación gardan os comunistas cos proletarios en xeral? Os comunistas non forman un partido aparte, oposto ós ou-

tros partidos obreiros. Non teñen intereses propios que se distingan dos intereses xe-

rais do proletariado. Non proclaman principios especiais11 ós que queiran amoldar

o movemento proletario. Os comunistas só se distinguen dos demais partidos proleta-

rios en que, por unha banda, nas diferentes loitas nacionais dosproletarios, destacan e fan valer os intereses comúns a todo o pro-letariado, independentemente da nacionalidade; e, por outra ban-da, en que, nas diferentes fases de desenvolvemento polo quepasa a loita entre o proletariado e a burguesía, representan sem-pre os intereses do movemento no seu conxunto. Á hora da ac-ción, os comunistas son, pois, o sector máis resolto dos partidosobreiros de todos os países, o sector que sempre impulsa adian-te12 ós demais; no aspecto teórico, teñen sobre o resto do proleta-riado a vantaxe da súa clara visión das condicións, a marcha e osresultados xerais do movemento proletario.

O obxectivo inmediato dos comunistas é o mesmo que o de to-dos os demais partidos proletarios: constitución dos proletariosen clase, derrocamento da dominación burguesa, conquista dopoder político polo proletariado.

As teses teóricas dos comunistas non se basean de ningún xei-to en ideas e principios inventados ou descubertos por tal ou calreformador do mundo, senón que son a expresión xeral das con-dicións reais dunha loita de clases existente, dun movemento his-tórico que se está a desenvolver ante os nosos ollos.

11. No canto de “especiais”, a edición inglesa de 1888 di “sectarios”. 12. No canto de “que sempre impulsa adiante”, a edición inglesa de 1888 di “máis

avanzado”.

Manifesto do partido comunista

- 15 -

Page 21: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

A abolición das relacións de propiedade existentes até o deagora non é unha característica propia do comunismo. Todas asrelacións de propiedade sufriron constantes cambios históricos,continuas transformacións históricas. A revolución francesa, porexemplo, aboliu a propiedade feudal en proveito da propiedadeburguesa.

O trazo distintivo do comunismo non é a abolición da propie-dade en xeral, senón a abolición da propiedade burguesa. Pero apropiedade privada burguesa moderna é a derradeira e máis aca-bada expresión dos modos de produción e de apropiación doproducido baseados nos antagonismos de clase, na explotacióndos uns polos outros13. Neste sentido, os comunistas poden resu-mir a súa teoría nesta fórmula única: abolición da propiedade pri-vada.

Reprochóusenos ós comunistas o querer abolir a propiedadepersoalmente adquirida, froito do traballo propio, esa propieda-de que forma a base de toda liberdade, actividade e independen-cia individual.

¡A propiedade adquirida, froito do traballo, do esforzo perso-al! ¿Referídesvos seica á propiedade do pequeno burgués, do pe-queno labrego, esa forma de propiedade que precedeu á propie-dade burguesa? Non temos que abolila: o progreso da industriaaboliuna e está a abolila a cotío.

¿Ou talvez referídesvos á propiedade privada burguesa mo-derna?

¿É que o traballo asalariado, o traballo do proletario, crea pro-piedade para o proletario? De ningún xeito. O que crea é capital,é dicir, a propiedade que explota ó traballo asalariado e que sópode acrecentarse a condición de producir novo traballo asalaria-do para volver explotalo. Na súa forma actual, a propiedade mó-vese no antagonismo entre o capital e o traballo asalariado. Exa-minemos os dous termos deste antagonismo.

Ser capitalista significa ocupar non só unha posición pura-mente persoal na produción, senón tamén unha posición social.O capital é un produto colectivo; só pode ser posto en movemen-to pola actividade conxunta de moitos membros da sociedade e,

13. No canto de “a explotación dos uns polos outros”, a edición inglesa de 1888 di“a explotación da maioría pola minoría”.

Manifesto do partido comunista

- 16 -

Page 22: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

en derradeira instancia, só pola actividade conxunta de todos osmembros da sociedade.

O capital non é, pois, unha forza persoal; é unha forza social. En consecuencia, se o capital é transformado en propiedade

colectiva, pertencente a todos os membros da sociedade, non é apropiedade persoal a que se transforma en propiedade social. Sócambia o carácter social da propiedade. Esta perde o seu carácterde clase.

Examinemos o traballo asalariado. O prezo medio do traballo asalariado é o mínimo do salario, é

dicir, a suma dos medios de subsistencia indispensábeis ó obrei-ro para conservar a súa vida como tal obreiro. Polo tanto, o que oobreiro asalariado se apropia pola súa actividade é estritamenteo que necesita para a mera reprodución da súa vida. Non quere-mos de ningún xeito abolir esta apropiación persoal dos produ-tos do traballo, indispensábel para a mera reprodución da vidahumana (apropiación, doutra banda, que non deixa ningún bene-ficio líquido que poida dar poder sobre o traballo doutro). O quequeremos suprimir é o carácter miserábel desa apropiación, quefai que o obreiro non viva senón para acrecentar o capital, e tansó na medida en que o interese da clase dominante esixe que viva.

Na sociedade burguesa, o traballo vivo non é máis que un me-dio de incrementar o traballo acumulado. Na sociedade comunis-ta, o traballo acumulado non é máis que un medio de ampliar, en-riquecer e facer máis doada a vida dos traballadores.

Deste xeito, na sociedade burguesa o pasado domina sobre opresente; na sociedade comunista é o presente o que domina so-bre o pasado. Na sociedade burguesa o capital é independente eten personalidade, mentres que o individuo que traballa carecede independencia e está despersonalizado. ¡E a burguesía di quea abolición de semellante estado de cousas é a abolición da per-sonalidade e da liberdade! E con razón. Pois se trata, efectiva-mente, de abolir a personalidade burguesa, a independencia bur-guesa e a liberdade burguesa.

Por liberdade, nas condicións actuais da produción burguesa,enténdese a liberdade de comercio, a liberdade de comprar e ven-der. Desaparecida a compravenda, desaparecerá tamén a liberda-de de compravenda. As declamacións sobre a liberdade de com-pravenda, o mesmo que as demais bravatas liberais da nosa bur-

Manifesto do partido comunista

- 17 -

Page 23: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

guesía, só teñen sentido aplicadas á compravenda encadeada e óburgués sometido da Idade Media; pero non ante a abolición co-munista da compravenda das relacións de produción burguesase da propia burguesía.

Arrepiádesvos de que queiramos abolir a propiedade priva-da. Pero, na vosa sociedade actual, a propiedade privada estáabolida para as nove décimas partes dos seus membros; precisa-mente porque non existe para esas nove décimas partes. Repro-chádesnos, pois, o querer abolir unha forma de propiedade quesó pode existir a condición de que a inmensa maioría da socieda-de sexa privada de propiedade.

Nunha palabra, acusádesnos de querer abolir a vosa propie-dade.

Efectivamente, iso é o que queremos. Para vós, desde o momento en que o traballo non pode ser

convertido en capital, en diñeiro, en renda da terra, nunha pala-bra, en poder social susceptíbel de ser monopolizado; é dicir, des-de o instante en que a propiedade persoal non pode transformar-se en propiedade burguesa, desde ese instante a personalidadequeda suprimida.

Recoñecedes, pois, que por personalidade entendedes ó bur-gués, ó propietario burgués. E esta personalidade certamentedebe ser suprimida. O comunismo non arrebata a ninguén a fa-cultade de apropiarse dos produtos sociais; só saca o poder de so-meter, por medio desta apropiación, o traballo alleo.

Obxectouse que coa abolición da propiedade privada cesaríatoda actividade e sobreviría unha indolencia xeral.

Se así for, hai xa moito tempo que a sociedade burguesa teríasucumbido á preguiza, posto que nela os que traballan non ad-quiren e os que adquiren non traballan. Toda a obxección redú-cese a esta tautoloxía: non hai traballo asalariado onde non haicapital.

Todas as obxeccións dirixidas contra o modo comunista deapropiación e de produción de bens materiais fanse extensivasigualmente respecto da apropiación e da produción dos produtosdo traballo intelectual. Igual que para o burgués a desapariciónda propiedade de clase equivale á desaparición de toda produ-ción, a desaparición da cultura de clase significa para el a desapa-rición de toda cultura.

Manifesto do partido comunista

- 18 -

Page 24: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

A cultura cuxa perda deplora non é para a inmensa maioría doshomes máis que o adestramento que os transforma en máquinas.

Pero non discutades connosco mentres apliquedes á aboliciónda propiedade burguesa o criterio das vosas nocións burguesasde liberdade, cultura, dereito, etc. As vosas ideas mesmas sonproduto das relacións de produción e de propiedade burguesas,como o voso dereito non é máis que a vontade da vosa clase eri-xida en lei; vontade cuxo contido está determinado polas condi-cións materiais de existencia da vosa clase.

Compartides con todas as clases dominantes xa desaparecidasa concepción interesada que vos fixo erixir en leis eternas da Na-tureza e da Razón as relacións sociais dimanadas do voso modode produción e de propiedade —relacións históricas que xordene desaparecen no curso da produción—. O que concibides para apropiedade antiga, o que concibides para a propiedade feudal,non vos atrevedes a admitilo para a propiedade burguesa.

¡Querer abolir a familia! Até os máis radicais indígnanse anteeste infame designio dos comunistas.

¿Sobre que alicerces descansa a familia actual, a familia bur-guesa? Sobre o capital, sobre o lucro privado. A familia plena-mente desenvolvida non existe máis que para a burguesía; peroatopa o seu complemento na supresión forzosa de toda familiapara o proletariado e na prostitución pública.

A familia burguesa desaparece de forma natural ó deixar deexistir ese complemento seu, e ambos desaparecen coa desapari-ción do capital.

¿Reprochádesnos o querermos abolir a explotación dos fillospolos seus pais? Confesamos este crime.

Pero dicides que destruímos os vínculos máis íntimos, substi-tuíndo a educación doméstica pola educación social.

E a vosa educación, ¿non está tamén determinada pola socie-dade, polas condicións sociais en que educades ós vosos fillos,pola intervención directa ou indirecta da sociedade a través da es-cola, etc.? Os comunistas non inventaron esta intromisión da so-ciedade na educación; non fan máis que cambiar o seu carácter earrincar a educación da influencia da clase dominante.

As declamacións burguesas sobre a familia e a educación, so-bre os doces lazos que unen ós pais cos seus fillos, resultan máis re-pugnantes a medida que a grande industria destrúe todo vínculo

Manifesto do partido comunista

- 19 -

Page 25: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

de familia para o proletario e transforma ós nenos en simples ar-tigos de comercio, en simples instrumentos de traballo.

¡Pero é que vós, os comunistas, queredes establecer a comuni-dade das mulleres! —bérranos a un tempo toda a burguesía.

Para o burgués, a súa muller non é outra cousa que un instru-mento de produción. Oe dicir que os instrumentos de producióndeben ser de utilización común, e, naturalmente, non pode me-nos que pensar que as mulleres correrán a mesma sorte coa socia-lización.

Non sospeita que se trata precisamente de acabar con esa si-tuación da muller como simple instrumento de produción.

Nada máis grotesco, por outra banda, que o horror ultramoralque inspira ós nosos burgueses a pretendida comunidade oficialdas mulleres que atribúen ós comunistas. Os comunistas non te-ñen necesidade de introducir a comunidade das mulleres: casesempre existiu.

Os nosos burgueses, non satisfeitos con ter á súa disposiciónas mulleres e as fillas dos seus obreiros, sen falar da prostituciónoficial, atopan un pracer singular en seducir mutuamente as es-posas.

O matrimonio burgués é, en realidade, a comunidade das es-posas. Como máximo, poderíase acusar ós comunistas de querersubstituír unha comunidade das mulleres hipocritamente disi-mulada, por unha comunidade franca e oficial. É evidente, poroutra banda, que coa abolición das relacións de produción ac-tuais desaparecerá a comunidade das mulleres que delas se deri-va, é dicir, a prostitución oficial e non oficial.

Acúsase tamén ós comunistas de querer abolir a patria, a na-cionalidade.

Os obreiros non teñen patria. Non se lles pode arrebatar o quenon posúen. Pero, na medida que o proletariado debe en primei-ro lugar conquistar o poder político, elevarse á condición de cla-se nacional14, constituírse en nación, aínda é nacional, aínda quede ningún xeito no sentido burgués.

O illamento nacional e os antagonismos entre os pobos des-aparecen día a día co desenvolvemento da burguesía, a liberdade

14. No canto de “elevarse á condición de clase nacional”, a edición inglesa de 1888di “elevarse á condición de clase dirixente da nación”.

Manifesto do partido comunista

- 20 -

Page 26: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

de comercio e o mercado mundial, coa uniformidade da produ-ción industrial e as condicións de existencia que lle corresponden.

O dominio do proletariado faraos desaparecer aínda máis rá-pido. A acción común, polo menos dos países civilizados, é unhadas primeiras condicións da súa emancipación.

Na mesma medida en que sexa abolida a explotación dun in-dividuo por outro, será abolida a explotación dunha nación poroutra.

Ó mesmo tempo que o antagonismo das clases no interior dasnacións, desaparecerá a hostilidade das nacións entre si.

En canto ás acusacións lanzadas contra o comunismo, partin-do do punto de vista da relixión, da filosofía e da ideoloxía en xe-ral, non merecen un exame detallado.

¿Seica se necesita unha gran perspicacia para comprender quecon toda modificación nas condicións de vida, nas relacións so-ciais, na existencia social, cambian tamén as ideas, as nocións e asconcepcións, nunha palabra, a conciencia do home?

¿Que demostra a historia das ideas senón que a produción in-telectual transfórmase coa produción material? As ideas dominan-tes en calquera época sempre foron as ideas da clase dominante.

Cando se fala de ideas que revolucionan toda unha socieda-de, exprésase soamente o feito de que no seo da vella sociedadeformáronse os elementos dunha nova, e a disolución das vellasideas marcha á vez coa disolución das antigas condicións devida.

No ocaso do mundo antigo, as vellas relixións foron vencidaspola relixión cristiá. Cando, no século XVIII, as ideas cristiás fo-ron vencidas polas ideas da Ilustración, a sociedade feudal libra-ba unha loita a morte contra a burguesía, entón revolucionaria.As ideas de liberdade relixiosa e de liberdade de conciencia nonfixeron máis que reflectir o reinado da libre concorrencia no do-minio do saber.

“Sen dúbida —dirásenos—, as ideas relixiosas, morais, filosó-ficas, políticas, xurídicas, etc., fóronse modificando no curso dodesenvolvemento histórico. Pero a relixión, a moral, a filosofía, apolítica, o dereito mantivéronse sempre a través destas transfor-macións. Existen, ademais, verdades eternas, tales como a liber-dade, a xustiza, etc., que son comúns a todo estado da sociedade.Pero o comunismo quere abolir estas verdades eternas, quere abolir

Manifesto do partido comunista

- 21 -

Page 27: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

a relixión e a moral, no canto de darlles unha forma nova, e poriso contradí todo o desenvolvemento histórico anterior”.

¿A que se reduce esta acusación? A historia de todas as socie-dades que existiron até hoxe desenvólvese no medio de contradi-cións de clase, de contradicións que revisten formas diversas nasdiferentes épocas.

Pero calquera que sexa a forma destas contradicións, a explo-tación dunha parte da sociedade pola outra é un feito común a to-dos os séculos anteriores. Polo tanto, non ten nada de sorpren-dente que a conciencia social de todos os séculos, a despeito detoda variedade e de toda diversidade, moveuse sempre dentro decertas formas comúns, dentro dunhas formas —formas de con-ciencia— que só desaparecerán completamente coa desaparicióndefinitiva dos antagonismos de clase.

A revolución comunista é a ruptura máis radical coas rela-cións de propiedade tradicionais; nada de estraño ten que no cur-so do seu desenvolvemento rompa do xeito máis radical coas ide-as tradicionais. Pero deixemos aquí as obxeccións feitas pola bur-guesía ó comunismo. Como xa vimos máis arriba, o primeiropaso da revolución obreira é a elevación do proletariado a clasedominante, a conquista da democracia.

O proletariado valerase da súa dominación política para irarrincando gradualmente á burguesía todo o capital, para cen-tralizar todos os instrumentos de produción en mans do Estado,é dicir, do proletariado organizado como clase dominante, epara aumentar coa maior rapidez posíbel a suma das forzas pro-dutivas.

Isto, naturalmente, non poderá cumprirse ó principio máisque por unha violación despótica do dereito de propiedade e dasrelacións burguesas de produción, é dicir, pola adopción de me-didas que desde o punto de vista económico parecerán insufi-cientes e insostíbeis, pero que no curso do movemento excede-ranse a si mesmas15 e serán indispensábeis como medio paratransformar radicalmente todo o modo de produción.

Estas medidas, naturalmente, serán diferentes nos diversospaíses.

15. Na edición inglesa de 1888, logo das palabras “excederanse a si mesmas” foi en-gadido “farase necesario continuar os ataques ó vello réxime social”.

Manifesto do partido comunista

- 22 -

Page 28: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

Con todo, nos países máis avanzados poderán ser postas enpráctica case en todas partes as seguintes medidas:

1. Expropiación da propiedade territorial e emprego da rendada terra para os gastos do Estado.

2. Forte imposto progresivo. 3. Abolición do dereito de herdanza. 4. Confiscación da propiedade de todos os emigrados e sedi-

ciosos. 5. Centralización do crédito en mans do Estado por medio

dun banco nacional con capital estatal e réxime de monopolio. 6. Centralización en mans do Estado de todos os medios de

transporte. 7. Multiplicación das empresas fabrís pertencentes ó Estado e

dos instrumentos de produción, posta en cultivo dos terreos bal-díos e mellora das terras, segundo un plan xeral.

8. Obrigación de traballar para todos; organización de exérci-tos industriais, particularmente para a agricultura.

9. Combinación da agricultura e a industria; medidas encami-ñadas a facer desaparecer gradualmente a diferenza entre a cida-de e o campo16.

10. Educación pública e gratuíta de todos os nenos; abolicióndo traballo infantil nas fábricas tal como se practica hoxe; réximede educación combinado coa produción material, etc.

Unha vez que no curso do desenvolvemento desaparezan asdiferenzas de clase e se concentre toda a produción en mans dosindividuos asociados, o poder público perderá o seu carácterpolítico. O poder político, falando propiamente, é a violencia or-ganizada dunha clase para a opresión doutra. Se, na loita contraa burguesía, o proletariado constitúese indefectibelmente enclase, se mediante a revolución convértese en clase dominante e,en canto clase dominante, suprime pola forza as vellas relaciónsde produción, suprime, ó mesmo tempo que estas relacións deprodución, as condicións para a existencia do antagonismo de

16. Na edición de 1848 dicíase “a oposición entre a cidade e o campo”. Na ediciónde 1872 e nas edicións alemás posteriores, a palabra “oposición” foi substituídapola palabra “diferenzas”. Na edición inglesa de 1888, no canto de “contribu-ción á desaparición gradual das diferenzas entre a cidade e o campo” dise “des-aparición gradual das diferenzas entre a cidade e o campo mediante unha dis-tribución máis uniforme da poboación polo país”.

Manifesto do partido comunista

- 23 -

Page 29: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

clase e das clases en xeral, e, polo tanto, a súa propia domina-ción como clase.

En substitución da antiga sociedade burguesa, coas súas cla-ses e os seus antagonismos de clase, xurdirá unha asociación enque o libre desenvolvemento de cada un será a condición do libredesenvolvemento de todos.

Manifesto do partido comunista

- 24 -

Page 30: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

III. LITERATURA SOCIALISTAE COMUNISTA

1. O SOCIALISMO REACCIONARIO

a) O SOCIALISMO FEUDAL

Pola súa posición histórica, as aristocracias francesa e inglesa es-taban chamadas a escribir libelos contra a moderna sociedadeburguesa. Na revolución francesa de xullo de 1830 e no move-mento inglés pola reforma parlamentaria17, sucumbiran unha vezmáis baixo os golpes do odiado adventicio. En diante non podíafalarse sequera dunha loita política seria. Non lles quedaba máisque a loita literaria. Pero, tamén no terreo literario, a vella frase-oloxía da época da Restauración18 chegara a ser inaplicábel. Paracrearse simpatías, era mester que a aristocracia aparentase nonter en conta os seus propios intereses e que formulase a súa actade acusación contra a burguesía só en interese da clase obreira ex-plotada. Deuse desta sorte a satisfacción de compoñer canciónssatíricas contra o seu novo amo e de lle bisbar ó oído profecíasmáis ou menos sinistras.

Así é como naceu o socialismo feudal, mestura de saloucos epasquíns, de ecos do pasado e de ameazas sobre o porvir. Se algun-ha vez a súa crítica amarga, mordaz e enxeñosa feriu á burguesíano corazón, a súa incapacidade absoluta para comprender a mar-cha da historia moderna concluíu sempre por cubrilo de ridículo.

17. Trátase da reforma do dereito electoral. O proxecto de lei foi aprobado pola Cá-mara dos Comúns inglesa en 1831 e ratificado pola dos Lores en 1832. A refor-ma, dirixida contra o monopolio político da aristocracia agraria e financeira,deu acceso ó Parlamento aos representantes da burguesía industrial. O proleta-riado e a pequena burguesía, que foran a forza principal na loita pola reforma,foron enganados pola burguesía liberal e non recibiron dereitos electorais.

18. Non se trata da Restauración inglesa de 1660-89, senón da francesa de 1814-30.(Nota de Engels á edición inglesa de 1888)

Manifesto do partido comunista

- 25 -

Page 31: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

A guisa de bandeira, estes señores enarboraban o saco de es-moleiro do proletario, a fin de atraer ó pobo. Pero cada vez que opobo acudía, advertía que as súas nádegas estaban adornadas covello brasón feudal e dispersábase entre grandes e irreverentesgargalladas.

Unha parte dos lexitimistas franceses e a “Nova Inglaterra”19

deron ó mundo este espectáculo cómico. Cando os campións do feudalismo aseveran que o seu modo

de explotación era distinto do da burguesía, esquecen unha cou-sa, e é que eles explotaban en condicións e circunstancias porcompleto diferentes e hoxe anticuadas. Cando advirten que baixoa súa dominación non existía o proletariado moderno, esquecenque a burguesía moderna é precisamente un xermolo necesariodo seu réxime social.

Disfrazan tan pouco, por outra banda, o carácter reaccionarioda súa crítica, que a principal acusación que presentan contra aburguesía é precisamente crear baixo o seu réxime unha clase quefará saltar polo aire toda a antiga orde social. O que imputan áburguesía non é tanto o facer xurdir un proletariado en xeral, se-nón o facer xurdir un proletariado revolucionario.

Por iso, na práctica política, toman parte en todas as medidasde represión contra a clase obreira. E na vida diaria, a pesar dasúa fraseoloxía pomposa, as enxeñan para recoller os froitos deouro20 e trocar a honra, o amor e a fidelidade polo comercio en las,remolacha azucreira e augardente21.

19. Lexitimistas franceses: Partidarios da dinastía borbónica, derrocada en 1830 eque representaba os intereses da gran propiedade agraria herdada. Loitandocontra a dinastía reinante dos Orleáns, que se apoiaba na aristocracia financei-ra e na gran burguesía, unha parte dos lexitimistas recorría a miúdo á demago-xia social, presentándose como defensores dos traballadores fronte aos explota-dores burgueses. || Nova Inglaterra: Grupo de políticos e literatos ingleses to-ries formado a principios dos anos 40 do século XIX. Ó expresar o descontentoda aristocracia agraria polo aumento do poderío económico e político da bur-guesía, os seus membros empregaban a demagoxia para subordinar á claseobreira e utilizala na súa loita contra a burguesía.

20. Na edición inglesa de 1888, logo de “os froitos do ouro” engadiuse “da árboreda industria”.

21. Isto refírese en primeiro termo a Alemaña, onde os terratenentes aristócratas eos junkers cultivan por conta propia gran parte das súas terras con axuda de ad-ministradores e posúen, ademais, grandes fábricas de azucre de remolacha edestilarías de alcol. Os aristócratas británicos máis adiñeirados aínda non che-

Manifesto do partido comunista

- 26 -

Page 32: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

Do mesmo xeito que o crego e o señor feudal marcharon sempreda man, o socialismo clerical marcha unido co socialismo feudal.

Nada máis doado que recubrir cun verniz socialista o ascetis-mo cristián. ¿Seica o cristianismo non se ergueu tamén contra apropiedade privada, o matrimonio e o Estado? ¿Non predicou,no canto deles, a caridade e a pobreza, o celibato e a mortificaciónda carne, a vida monástica e a igrexa? O socialismo cristián non émáis que a auga bendita con que o crego consagra o despeito daaristocracia.

b) O SOCIALISMO PEQUENOBURGUÉS

A aristocracia feudal non é a única clase derrubada pola burgue-sía nin é a única clase cuxas condiciones de existencia empeorane van extinguíndose na sociedade burguesa moderna. Os habi-tantes das cidades medievais e o estamento dos pequenos agri-cultores da Idade Media foron os precursores da burguesía mo-derna. Nos países cunha industria e un comercio menos desen-volvidos, esta clase continúa vexetando á beira da burguesía enauxe.

Nos países onde se desenvolveu a civilización moderna for-mouse —e, como parte complementaria da sociedade burguesa,segue a formarse sen cesar— unha nova clase de pequenos bur-gueses que oscila entre o proletariado e a burguesía. Pero os indi-viduos que a compoñen vense continuamente precipitados ás fi-las do proletariado por mor da competencia e, co desenvolve-mento da grande industria, ven aproximarse o momento no quedesaparecerán por completo como fracción independente da so-ciedade moderna, para ser substituídos no comercio, a manufac-tura e a agricultura por capataces e empregados.

En países como Francia, onde os campesiños constitúen bas-tante máis da metade da poboación, era natural que os escritoresque defendesen a causa do proletariado contra a burguesía apli-

garon a tanto; pero tamén eles saben como poden compensar a diminución darenda, cedendo os seus nomes aos fundadores de toda clase de sociedades anó-nimas de reputación máis ou menos dubidosa. (Nota de Engels á edición inglesade 1888)

Manifesto do partido comunista

- 27 -

Page 33: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

casen á súa crítica do réxime burgués a vara de medir do peque-no burgués e do pequeno campesiño, e defendesen a causaobreira desde o punto de vista da pequena burguesía. Así se for-mou o socialismo pequenoburgués. Sismondi22 é o máis alto ex-poñente desta literatura, non só en Francia, senón tamén en In-glaterra.

Este socialismo analizou con moita sagacidade as contradi-cións inherentes ás modernas relacións de produción. Puxo ó nuas hipócritas apoloxías dos economistas. Demostrou dun xeitoirrefutábel os efectos destrutores da maquinaria e da división dotraballo, a concentración dos capitais e da propiedade territorial,a sobreprodución, as crises, a inevitábel ruína dos pequenos bur-gueses e dos campesiños, a miseria do proletariado, a anarquía naprodución, a escandalosa desigualdade na distribución das ri-quezas, a exterminadora guerra industrial das nacións entre si, adisolución dos vellos costumes, das antigas relacións familiares,das vellas nacionalidades.

Con todo, o contido positivo dese socialismo consiste, ben nasúa arela de restablecer os antigos medios de produción e de in-tercambio, e con eles as antigas relacións de propiedade e toda asociedade antiga, ben en querer encaixar pola forza os mediosmodernos de produción e de intercambio no marco das antigasrelacións de propiedade, que xa foron rotas, que fatalmente debí-an ser rotas por eles. Nun e noutro caso, este socialismo é á vezreaccionario e utópico.

Para a manufactura, o sistema gremial; para a agricultura, oréxime patriarcal; velaquí a súa derradeira palabra.

No seu ulterior desenvolvemento, esta tendencia caeu nunhaparálise covarde23.

22. Sismondi, Jean Charles (1773-1842): Economista e historiador suízo represen-tante do socialismo pequenoburgués. Non comprendía as tendencias progresis-tas da gran produción capitalista e trataba de buscar modelos no vello réxime,na organización gremial da industria e na agricultura patriarcal, que non co-rrespondían en absoluto ás novas condicións económicas.

23. Na edición inglesa de 1888, este parágrafo di así: “Finalmente, cando feitos his-tóricos irrefutábeis desvaneceron todos os efectos embriagadores das falsas ilu-sións, esta forma de socialismo acabou nun miserábel abatemento”.

Manifesto do partido comunista

- 28 -

Page 34: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

c) O SOCIALISMO ALEMÁN OU SOCIALISMO ‘VERDADEIRO’

A literatura socialista e comunista de Francia, que naceu baixo oxugo dunha burguesía dominante como expresión literaria daloita contra devandita dominación, foi introducida en Alemañano momento en que a burguesía acababa de comezar a súa loitacontra o absolutismo feudal.

Filósofos, semifilósofos e charlatáns de salón alemáns lanzá-ronse avidamente sobre esta literatura; pero esqueceron que coaimportación da literatura francesa a Alemaña non foran importa-das, ó mesmo tempo, as condicións sociais de Francia. Nas condi-cións alemás, a literatura francesa perdeu toda significación prác-tica inmediata e tomou un carácter puramente literario. Debía pa-recer máis ben unha especulación ociosa sobre a realización daesencia humana. Deste xeito, para os filósofos alemáns do séculoXVIII, as reivindicacións da primeira revolución francesa noneran máis ca reivindicacións da “razón práctica” en xeral, e as ma-nifestacións da vontade da burguesía revolucionaria de Francianon expresaban ós seus ollos máis cás leis da vontade pura, davontade tal como debía ser, da vontade verdadeiramente huma-na. Todo o labor dos literatos alemáns reduciuse exclusivamentea poñer de acordo as novas ideas francesas coa súa vella concien-cia filosófica, ou, máis exactamente, a asimilar as ideas francesaspartindo das súas propias opinións filosóficas.

E asimiláronas como se asimila en xeral unha lingua estran-xeira: pola tradución.

Sábese como os frades superpuxeron sobre os manuscritosdas obras clásicas do antigo paganismo as absurdas descriciónsda vida dos santos católicos. Os literatos alemáns procederon in-versamente con respecto á literatura profana francesa. Deslizaronos seus absurdos filosóficos baixo o orixinal francés. Por exemplo:baixo a crítica francesa das funcións do diñeiro, escribían: “allea-mento da esencia humana”; baixo a crítica francesa do Estadoburgués, dicían: “eliminación do poder do universal abstracto”, easí sucesivamente.

A esta interpolación da súa fraseoloxía filosófica na críticafrancesa déronlle o nome de “filosofía da acción”, “socialismoverdadeiro”, “ciencia alemá do socialismo”, “fundamentación fi-losófica do socialismo”, etc.

Manifesto do partido comunista

- 29 -

Page 35: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

Deste xeito foi completamente castrada a literatura socialista-co-munista francesa. E como en mans dos alemáns deixou de ser a ex-presión da loita dunha clase contra outra, os alemáns imaxinaronestar moi por riba da “estreiteza francesa” e defender, no canto dasverdadeiras necesidades, a necesidade da verdade, no canto dos in-tereses do proletariado, os intereses da esencia humana, do homeen xeral, do home que non pertence a ningunha clase nin a nin-gunha realidade e que non existe máis que no ceo neboento dafantasía filosófica. Este socialismo alemán, que tomaba tan solem-nemente en serio os seus torpes exercicios de escolar e que contanto estrépito charlatanesco os pregoaba ós catro ventos, foi per-dendo ós poucos a súa inocencia pedantesca.

A loita da burguesía alemá, principalmente da prusiana, con-tra os feudais e a monarquía absoluta, nunha palabra, o move-mento liberal, adquiría un carácter máis serio.

Desta sorte, ofrecéuselle ó “verdadeiro” socialismo a ocasióntan desexada de contrapoñer ó movemento político as reivindica-cións socialistas, de fulminar os anatemas tradicionais contra o li-beralismo, contra o Estado representativo, contra a concorrenciaburguesa, contra a liberdade burguesa de prensa, contra o derei-to burgués, contra a liberdade e a igualdade burguesas, e de pre-dicar ás masas populares que elas non tiñan nada que gañar, eque máis ben perderían todo neste movemento burgués. O socia-lismo alemán esqueceu á mantenta que a crítica francesa, da calera un simple eco insípido, presupoñía a sociedade burguesa mo-derna, coas correspondentes condicións materiais de vida e unhaconstitución política axeitada, é dicir, precisamente as premisasque aínda se trataba de conquistar en Alemaña.

Para os gobernos absolutos de Alemaña, co seu séquito de cre-gos, mentores, fidalgos rústicos24 e burócratas, este socialismoconverteuse nun espantallo propicio contra a burguesía, que seerguía ameazadora. Formou o complemento edulcorado dosamargos vergallazos e tiros con que eses mesmos gobernos res-pondían ós alzamentos dos obreiros alemáns.

Se o “verdadeiro” socialismo converteuse deste xeito nunhaarma en mans dos gobernos contra a burguesía alemá, represen-taba ademais, directamente, un interese reaccionario, o interese

24. Os junkers, a aristocracia terratenente prusiana.

Manifesto do partido comunista

- 30 -

Page 36: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

do pequeno burgués alemán. A pequena burguesía, legada poloséculo XVI e desde entón renacida sen cesar baixo diversas for-mas, constitúe para Alemaña a verdadeira base social da orde es-tablecida.

Mantela é conservar en Alemaña a orde establecida. A supre-macía industrial e política da burguesía ameázalle cunha mortecerta: dunha parte, pola concentración dos capitais, e doutra,polo desenvolvemento dun proletariado revolucionario. Á pe-quena burguesía pareceulle que o “verdadeiro” socialismo podíamatar os dous paxaros dun tiro. E este propagouse coma un an-dazo. Tecida cos fíos da especulación, bordada de flores retóricase bañada por un orballo sentimental, esa roupaxe fantástica naque os socialistas alemáns envolveron as súas tres ou catro des-carnadas “verdades eternas” non fixo senón aumentar a deman-da da súa mercadoría entre semellante público.

Pola súa banda, o socialismo alemán comprendeu cada vezmellor que estaba chamado a ser o representante pomposo destapequena burguesía.

Proclamou que a nación alemá era a nación modelo e o mesó-crata25 alemán o home modelo. A todas as infamias deste homemodelo deulles un sentido oculto, un sentido superior e socialis-ta, contrario á realidade. Foi consecuente até o final, manifestán-dose dun xeito aberto contra a tendencia “brutalmente destruti-va” do comunismo e declarando a súa imparcial elevación porriba de todas as loitas de clases. Salvo moi raras excepcións, todasas obras chamadas socialistas que circulan en Alemaña pertencena esta inmunda e enervante literatura26.

2. O SOCIALISMO CONSERVADOR OU BURGUÉS

Unha parte da burguesía desexa remediar os males sociais co finde consolidar a sociedade burguesa.

25. Pequeno burgués filisteo.26. A tormenta revolucionaria de 1848 varreu esta miserable escola e sacoulle aos

seus partidarios todo desexo de seguir especulando co socialismo. O principalrepresentante e o tipo clásico desta escola é o señor Karl Grün. (Nota de Engelsá edición alemá de 1890)

Manifesto do partido comunista

- 31 -

Page 37: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

A esta categoría pertencen os economistas, os filántropos, oshumanitarios, os que pretenden mellorar a sorte das clases traba-lladoras, os organizadores da beneficencia, os protectores de ani-mais, os fundadores das sociedades de temperanza, os reforma-dores domésticos de toda caste. E até chegouse a elaborar este so-cialismo burgués en sistemas completos.

Citemos como exemplo a Filosofía da Miseria, de Proudhon. Os burgueses socialistas queren perpetuar as condicións de

vida da sociedade moderna sen as loitas e os perigos que xordenfatalmente delas. Queren a sociedade actual sen os elementos quea revolucionan e descompoñen. Queren a burguesía sen o proleta-riado. A burguesía, como é natural, represéntase o mundo no queela domina como o mellor dos mundos. O socialismo burgués faidesta representación consoladora un sistema máis ou menos com-pleto. Cando invita ó proletariado a levar á práctica o seu sistemae a entrar na nova Xerusalén, non fai outra cousa, no fondo, que in-ducilo a continuar na sociedade actual, pero desposuíndose daconcepción odiosa que se formou dela. Outra forma deste socialis-mo, menos sistemática pero máis práctica, tenta apartar ós obreirosde todo movemento revolucionario, demostrándolles que non é talou cal cambio político o que poderá beneficialos, senón soamenteunha transformación das condicións materiais de vida, das rela-cións económicas. Pero, por transformación das condicións mate-riais de vida, este socialismo non entende, de ningún xeito, a abo-lición das relacións de produción burguesas —o que non é posíbelmáis que por vía revolucionaria—, senón unicamente reformas ad-ministrativas realizadas sobre a base das mesmas relacións de pro-dución burguesas e que, polo tanto, non afectan ás relacións entreo capital e o traballo asalariado, servindo unicamente, no mellordos casos, para reducirlle á burguesía os gastos que require o seudominio e simplificarlle a administración do seu Estado.

O socialismo burgués non alcanza a súa expresión adecuadasenón cando se converte en simple figura retórica.

¡Libre cambio, en interese da clase obreira! ¡Aranceis protecto-res, en interese da clase obreira! ¡Prisións celulares, en interese daclase obreira! Velaí a derradeira palabra do socialismo burgués, aúnica que dixo seriamente.

O socialismo burgués resúmese precisamente nesta afirma-ción: os burgueses son burgueses en interese da clase obreira.

Manifesto do partido comunista

- 32 -

Page 38: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

3. O SOCIALISMO E O COMUNISMO CRÍTICO-UTÓPlCOS

Non se trata aquí da literatura que en todas as grandes revolu-cións modernas formulou as reivindicacións do proletariado (osescritos de Babeuf27, etc.). As primeiras tentativas directas do pro-letariado para facer prevalecer os seus propios intereses de clase,realizadas en tempos de efervescencia xeral, no período do derru-bamento da sociedade feudal, fracasaron necesariamente, tantopolo feble desenvolvemento do mesmo proletariado como polaausencia das condicións materiais para a súa emancipación, con-dicións que só xorden como produto da época burguesa. A litera-tura revolucionaria que acompaña a estes primeiros movementosdo proletariado é forzosamente, polo seu contido, reaccionaria.Preconiza un ascetismo xeral e un groseiro igualitarismo.

Os sistemas socialistas e comunistas propiamente ditos, os sis-temas de Saint-Simon, de Fourier, de Owen28, etc., fan a súa apa-rición no período inicial e rudimentario da loita entre o proleta-riado e a burguesía, período descrito anteriormente (véxase “Bur-gueses e proletarios”).

Os inventores destes sistemas, por certo, danse conta do anta-gonismo entre as clases, así como da acción dos elementos des-trutores dentro da mesma sociedade dominante. Pero non advir-ten do lado do proletariado ningunha iniciativa histórica, ningúnmovemento político propio.

Como o desenvolvemento do antagonismo de clases vai á vezco desenvolvemento da industria, tampouco poden atopar as con-

27. Babeuf, François Nöel, alias Graco (1760-1797): Revolucionario francés e desta-cado representante do comunismo utópico. Organizou unha sociedade secretaque preparou unha insurrección armada para establecer unha ditadura revolu-cionaria que defendese os intereses das masas populares; descuberta a confabu-lación, foi executado.

28. Saint-Simon, Claude Henri (1760-1825): Socialista utópico francés, criticou o ca-pitalismo e propuxo substituílo por unha sociedade baseada nos principios deasociación, na que todos terían que traballar e o papel de cada quen depende-ría dos seus méritos laborais; promoveu a idea da comunidade da industria e aciencia, así como da produción centralizada e planificada. Mais deixaba intac-tos a propiedade privada e os intereses sobre o capital, rexeitaba a loita políti-ca e a revolución, non comprendía o papel histórico do proletariado e cría queas reformas gobernamentais e a educación moral da sociedade conducirían áextinción das contradicións de clase.

Manifesto do partido comunista

- 33 -

Page 39: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

dicións materiais da emancipación do proletariado, e lánzanse naprocura dunha ciencia social, dunhas leis sociais que permitancrear esas condicións.

No canto da acción social teñen que poñer a acción do seupropio enxeño; no canto das condicións históricas da emancipa-ción, condicións fantásticas; no canto da organización gradual doproletariado en clase, unha organización da sociedade inventadapor eles. A futura historia do mundo redúcese para eles á propa-ganda e execución práctica dos seus plans sociais.

Na confección dos seus plans teñen conciencia, por certo, dedefender ante todo os intereses da clase obreira, por ser a clase quemáis sofre. O proletariado non existe para eles senón baixo esteaspecto da clase que máis padece.

Pero a forma rudimentaria da loita de clases, así como a súapropia posición social, lévalles a considerarse moi por riba detodo antagonismo de clase. Desexan mellorar as condicións devida de todos os membros da sociedade, incluso dos máis privi-lexiados. Por iso non cesan de apelar a toda a sociedade sen dis-tinción, e incluso se dirixen con preferencia á clase dominante.Porque abonda comprender o seu sistema, para recoñecer que éo mellor de todos os plans posíbeis para a mellor de todas as so-ciedades posíbeis.

Repudian, por iso, toda acción política e, en particular, todaacción revolucionaria; propóñense acadar o seu obxectivo pormedios pacíficos, tentando abrir camiño ó novo evanxeo socialvaléndose da forza do exemplo, por medio de pequenos experi-mentos, que naturalmente fracasan sempre.

Estas fantásticas descricións da sociedade futura, que xordennunha época na que o proletariado, aínda moi pouco desenvolvi-do, considera aínda a súa propia situación dun xeito tamén fan-tástico, proveñen das primeiras aspiracións dos obreiros, cheasde fondo presentimento cara a unha completa transformación dasociedade.

Pero estas obras socialistas e comunistas encerran tamén ele-mentos críticos. Atacan todas as bases da sociedade existente. E,deste xeito, proporcionaron materiais dun gran valor para ins-truír ós obreiros. As súas teses positivas referentes á sociedadefutura, tales como a supresión do contraste entre a cidade e o

Manifesto do partido comunista

- 34 -

Page 40: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

campo29, a abolición da familia, da ganancia privada e do traballoasalariado, a proclamación da harmonía social e a transformacióndo Estado nunha simple administración da produción; todas es-tas teses non fan senón enunciar a eliminación do antagonismoentre as clases, antagonismo que comeza soamente a perfilarse edo que os inventores de sistemas só coñecen as primeiras formasindistintas e confusas. Así, estas teses tampouco teñen máis queun sentido puramente utópico.

A importancia do socialismo e do comunismo crítico-utópicosestá en razón inversa ó desenvolvemento histórico. A medidaque a loita de clases acentúase e toma formas máis definidas, ofantástico afán de se poñer por riba dela, esa fantástica oposiciónque se lle fai, perde todo valor práctico, toda xustificación teóri-ca. Velaí por que, se en moitos aspectos os autores deses sistemaseran revolucionarios, as seitas formadas polos seus discípulosson sempre reaccionarias, pois se aferran ás vellas concepciónsdos seus mestres a pesar do ulterior desenvolvemento históricodo proletariado. Buscan, pois, e niso son consecuentes, atenuar aloita de clases e conciliar os antagonismos. Continúan soñandocoa experimentación das súas utopías sociais; con establecer fa-lansterios illados, crear home-colonies nos seus países ou fundarunha pequena Icaria30, edición en miniatura da nova Xerusalén. Epara a construción de todos estes castelos no ar vense forzados aapelar á filantropía dos corazóns e os petos burgueses. Ós poucosvan caendo na categoría dos socialistas reaccionarios ou conser-vadores descritos máis arriba e só se distinguen deles por unhapedantería máis sistemática e unha fe supersticiosa e fanática naeficacia milagreira da súa ciencia social.

Por iso opóñense con xenreira a todo movemento políticoda clase obreira, pois non ven nel senón o resultado dunha cega

29. Na edición inglesa de 1888, esta frase foi redactada así: “As medidas prácticas pro-postas por eles, tales como a desaparición do contraste entre a cidade e o campo”.

30. Os falansterios eran as colonias socialistas proxectadas por Charles Fourier. Ica-ria era o nome dado por Cabet ó seu país utópico e máis tarde á súa colonia co-munista en América. (Nota de Engels á edición inglesa de 1888)Owen chamou ás súas sociedades comunistas modelo home-colonies. O falanste-rio era o nome dos pazos sociais proxectados por Fourier. Chamábase Icaria ópaís fantástico-utópico cuxas institucións comunistas describía Cabet. (Nota deEngels á edición alemá de 1890)

Manifesto do partido comunista

- 35 -

Page 41: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

falta de fe no novo evanxeo. Os owenistas, en Inglaterra, reaccio-nan contra os cartistas31, e os fourieristas, en Francia, contra os re-formistas32.

31. Primeiro movemento obreiro independente da historia, xurdido en Inglaterranos anos 30 e 40 do século XIX. O cartismo elevou peticións ó Parlamento en di-versas ocasións; a máis coñecida recibiu o nome de “Carta do Pobo” (de aí a de-nominación), que incluía sete reivindicacións, empezando polo sufraxio uni-versal para os varóns. O seu fracaso debeuse ó seu programa reformista, aíndaque isto non librou aos cartistas de ser reprimidos pola burguesía.

32. Partidarios do xornal La Réforme (París, 1843-1850), que loitaban pola instaura-ción da república e a aplicación de reformas democráticas e sociais.

Manifesto do partido comunista

- 36 -

Page 42: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

IV. ACTITUDE DOS COMUNISTASRESPECTO DOS DIFERENTESPARTIDOS DE OPOSICIÓN

Logo do dito no capítulo II, a actitude dos comunistas respectodos partidos obreiros xa constituídos explícase por si mesma, e xaque logo a súa actitude respecto dos cartistas de Inglaterra e ospartidarios da reforma agraria en América do Norte.

Os comunistas loitan por acadar os obxectivos e intereses in-mediatos da clase obreira; pero, ó mesmo tempo, defenden ta-mén, dentro do movemento actual, o porvir dese movemento. EnFrancia, os comunistas súmanse ó Partido Socialista Democráti-co33 contra a burguesía conservadora e radical, sen renunciar, senembargo, ó dereito de criticar as ilusións e os tópicos legados polatradición revolucionaria.

En Suíza apoian ós radicais, sen descoñecer que este partidose compón de elementos contraditorios, en parte de socialistasdemocráticos, ó estilo francés, e en parte de burgueses radicais.

33. Naquel entón, este partido estaba representado por Ledru-Rollin, na literaturapor Louis Blanc e na prensa diaria por La Réforme. O nome de Socialista Demo-crático significaba, en boca dos seus inventores, a parte do Partido Democráti-co ou Republicano que tiña un matiz máis ou menos socialista. (Nota de Engelsá edición inglesa de 1888)O que se chamaba entón en Francia o Partido Socialista Democrático estaba re-presentado en política por Ledru-Rollin e na literatura por Louis Blanc; achába-se, pois, a cen mil leguas da socialdemocracia alemá do noso tempo. (Nota deEngels á edición alemá de 1890)Ledru-Rollin, Alexandre Auguste (1807-1874): Publicista e político francés, undos líderes dos demócratas pequenoburgueses. Foi director de La Réforme emembro do goberno provisorio en 1848. | Blanc, Louis (1811-1882): Historiadore socialista pequenoburgués francés, personalidade da revolución de 1848-1849, que defendía a conciliación coa burguesía.

Manifesto do partido comunista

- 37 -

Page 43: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

Entre os polacos, os comunistas apoian ó partido que ve nun-ha revolución agraria a condición da liberación nacional; é dicir,ó partido que provocou en 184634 a insurrección de Cracovia.

En Alemaña, o Partido Comunista loita á beira da burguesía, entanto que esta actúa revolucionariamente contra a monarquía absolu-ta, a propiedade territorial feudal e a pequena burguesía reaccionaria.

Pero xamais, en ningún momento, este partido esquece incul-car ós obreiros a máis clara conciencia do antagonismo hostil queexiste entre a burguesía e o proletariado, a fin de que os obreirosalemáns saiban converter de inmediato as condicións sociais epolíticas que forzosamente ha traer consigo a dominación bur-guesa noutras tantas armas contra a burguesía, a fin de que, axi-ña que sexan derrocadas as clases reaccionarias en Alemaña, co-mece inmediatamente a loita contra a mesma burguesía.

Os comunistas fixan a súa principal atención en Alemaña por-que Alemaña áchase en vésperas dunha revolución burguesa eporque levará a cabo esta revolución baixo as condicións máis pro-gresistas da civilización europea en xeral, e cun proletariado moi-to máis desenvolvido có de Inglaterra no século XVII e có de Fran-cia no XVIII, e, polo tanto, a revolución burguesa alemá non pode-rá ser senón o preludio inmediato dunha revolución proletaria.

En resumo, os comunistas apoian en todas partes todo move-mento revolucionario contra o réxime social e político existente.

Nestes movementos, poñen en primeiro termo, como aspectofundamental, a cuestión da propiedade, calquera que sexa a for-ma máis ou menos desenvolvida que revista.

En fin, os comunistas traballan en todas partes pola unión e oacordo entre os partidos democráticos de todos os países.

Os comunistas consideran indigno ocultar as súas ideas e pro-pósitos. Proclaman abertamente que os seus obxectivos só podenser alcanzados derrocando pola violencia toda a orde social exis-tente. As clases dominantes poden tremer ante unha revolucióncomunista. Os proletarios non teñen nada que perder nela máisque as súas cadeas. Teñen, en cambio, un mundo que gañar.

¡PROLETARIOS DE TODOS OS PAÍSES, UNÍDEVOS!

34. Os principais iniciadores desta insurrección co fin de lograr a liberación nacio-nal de Polonia foron os demócratas revolucionarios.

Manifesto do partido comunista

- 38 -

Page 44: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

APÉNDICESI

PREFACIO Á EDICIÓN ALEMÁ DE 1872

A Liga dos Comunistas, asociación obreira internacional que, na-turalmente, dadas as condicións da época, só podía existir naclandestinidade, encargou ós que subscriben, no congreso cele-brado en Londres en novembro de 1847, a redacción dun progra-ma detallado do partido, á vez teórico e práctico, destinado á pu-blicación. Tal é a orixe deste Manifesto, cuxo manuscrito foi envia-do a Londres, para ser impreso, algunhas semanas antes darevolución de febreiro35. Publicado primeiro en alemán, fixéronseneste idioma, como mínimo, doce edicións diferentes en Alema-ña, Inglaterra e Norteamérica. En inglés apareceu primeiramenteen Londres, en 1850, no Red Republican, traducido por Miss HelenMacfarlane, e máis tarde, en 1871, publicáronse, polo menos, trestraducións diferentes en Norteamérica. Apareceu en francés porprimeira vez en París, en vésperas da insurrección de xuño de184836, e recentemente en Le Socialiste de Nova York. Na actuali-dade, prepárase unha nova tradución. Unha edición en polaco foipublicada en Londres pouco tempo logo da primeira edición ale-má. En Xenebra apareceu en ruso, na década do 60. Foi traducidotamén ó dinamarqués, a pouco da súa publicación orixinal. Aín-da que as condicións mudasen moito nos últimos vintecincoanos, os principios xerais expostos neste Manifesto seguen sendohoxe, a grandes liñas, enteiramente atinados. Algúns puntos de-berían ser retocados. O mesmo Manifesto explica que a aplicaciónpráctica destes principios dependerá, sempre e en todas partes,das circunstancias históricas existentes e que, polo tanto, non seconcede especial importancia ás medidas revolucionarias enume-

35. Refírese á revolución de febreiro de 1848 en Francia. 36. Trátase da insurrección do proletariado parisiense do 23-26 de xuño de 1848,

que foi o cumio da onda revolucionaria de 1848-49 en Europa.

Manifesto do partido comunista

- 39 -

Page 45: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

radas ó final do capítulo II. Esta pasaxe tería que ser redactadahoxe de distinto xeito en máis dun aspecto. Dado o desenvolve-mento colosal da grande industria nos últimos vintecinco anos e,con este, o da organización do partido da clase obreira; dadas asexperiencias, primeiro, da revolución de Febreiro, e despois, enmaior grao aínda, da Comuna de París37, que eleva por primeiravez ó proletariado, durante dous meses, ó poder político, esteprograma avellentou nalgúns dos seus puntos. A Comuna de-mostrou, sobre todo, que “a clase obreira non pode limitarse sim-plemente a tomar posesión da máquina do Estado tal e como está,e servirse dela para os seus propios fins” (véxase A guerra civil enFrancia. Nota do Consello Xeral da Asociación Internacional dos Traba-lladores, páxina 19 da edición alemá38, onde esta idea está máiscumpridamente desenvolvida). Ademais, evidentemente, a críti-ca da literatura socialista é incompleta para estes momentos, poissó chega até 1847; e, ó mesmo tempo, se as observacións que sefan sobre a actitude dos comunistas ante os diferentes partidos deoposición (capítulo IV) aínda son exactas nos seus trazos xerais,ficaron anticuadas nos seus detalles, xa que a situación políticamudou completamente e o desenvolvemento histórico borrou daface da terra a maioría dos partidos que alí se enumeran. Contodo, o Manifesto é un documento histórico que xa non temos de-reito a modificar. Unha edición posterior quizais vaia precedidadun prefacio que pode encher a lagoa existente entre 1847 e osnosos días; a actual reimpresión foi tan inesperada para nós, quenon tivemos tempo de escribilo.

Carlos Marx, Federico EngelsLondres, 24 de xuño de 1872

37. Goberno revolucionario da clase obreira trala revolución de 1871 en París. Foia primeira experiencia de dictadura do proletariado. Durou 72 días, do 18 demarzo ó 28 de maio.

38. Véxase C. Marx e F. Engels, La guerra civil en Francia, FUNDACIÓN FEDERICOENGELS, Madrid, 2004, páx. 64.

Manifesto do partido comunista

- 40 -

Page 46: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

IIPREFACIO Á EDICIÓN RUSA DE 1882

A primeira edición rusa do Manifesto do Partido Comunista, tradu-cido por Bakunin, foi feita a principios da década do 6039 na im-prenta do Kólokol40. Naquel tempo, unha edición rusa desta obrapodía parecer en Occidente tan só unha curiosidade literaria.Hoxe, semellante concepto sería imposíbel.

O reducido do terreo de acción do movemento proletario na-quel entón (decembro de 1847) o demostra mellor que nada o de-rradeiro capítulo do Manifesto: “Actitude dos comunistas ante osdiferentes partidos de oposición”. Precisamente, Rusia e os Esta-dos Unidos non son mencionados. Era o momento en que Rusiaformaba a derradeira gran reserva de toda a reacción europea e aemigración ós Estados Unidos absorbía o exceso de forzas doproletariado europeo. Estes dous países provían a Europa de ma-terias primas e eran, ó mesmo tempo, mercados para a venda dasúa produción industrial. Os dous eran, pois, dun ou doutro xei-to, bases da orde vixente en Europa.

¡Que cambiado está todo! Precisamente a emigración europeafixo posíbel o colosal desenvolvemento da agricultura en Améri-ca do Norte, cuxa competencia conmove os alicerces mesmos dagrande e pequena propiedade territorial de Europa. É ela a quedeu, ademais, ós Estados Unidos, a posibilidade de emprender aexplotación dos seus enormes recursos industriais con tal enerxíae en tales proporcións, que en breve prazo ha rematar co mono-polio industrial da Europa occidental, especialmente co de Ingla-terra. Estas dúas circunstancias repercuten á súa vez dun xeito

39. A edición mencionada publicouse en 1869. No limiar de Engels á edición ingle-sa de 1888 tamén se cita con inexactitude a data de aparición da edición rusa doManifesto.

40. Kólokol (“A Campá”): Xornal democrático-revolucionario editado de 1857 a1867 por A. Herzen e N. Ogariov; publicouse primeiro en Londres e máis tardeen Xenebra.

Manifesto do partido comunista

- 41 -

Page 47: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

revolucionario sobre a mesma Norteamérica. A pequena e media-na propiedade agraria dos granxeiros, pedra angular de todo oréxime político norteamericano, sucumben gradualmente ante acompetencia de facendas xigantescas, mentres que nas rexións in-dustriais, xunto a unha fabulosa concentración de capitais, fór-mase por vez primeira un numeroso proletariado.

¿E en Rusia? ó producirse a revolución de 1848-49, non só osmonarcas de Europa, senón tamén a burguesía europea, vían naintervención rusa o único medio de salvación contra o proletaria-do que empezaba a espertar. O tsar foi aclamado como xefe da re-acción europea. Agora, en Gátchina, é o prisioneiro de guerra darevolución41, e Rusia está na vangarda do movemento revolucio-nario de Europa.

O Manifesto Comunista propúxose como tarefa proclamar adesaparición próxima e inevitábel da moderna propiedade bur-guesa. Pero en Rusia, á beira do florecemento febril da fraude ca-pitalista e da propiedade territorial burguesa en vías de forma-ción, máis da metade da terra é posuída en man común poloscampesiños. Cabe, entón, a pregunta: ¿podería a comunidade ru-ral rusa —forma, por certo, xa moi desnaturalizada da primitivapropiedade en man común da terra— pasar directamente á formasuperior da propiedade colectiva, a forma comunista, ou, polacontra, deberá pasar primeiro polo mesmo proceso de disoluciónque constitúe o desenvolvemento histórico de Occidente? A úni-ca resposta que se pode dar hoxe a esta cuestión é a seguinte: sea revolución rusa dá o sinal para unha revolución proletaria enOccidente, de xeito que ambas se complementen, a actual propie-dade en man común da terra en Rusia poderá servir de punto departida para o desenvolvemento comunista.

Carlos Marx, Federico Engels Londres, 21 de xaneiro de 1882

41. Trátase da situación creada tralo asasinato do tsar Alexandre II, perpetrado porNaródnaia Volia (“A Vontade do Pobo”, organización política dos populistas te-rroristas) o 1 de marzo de 1881. Alexandre III, que subiu ó trono, non abando-naba Gátchina por temor a posíbeis atentados.

Manifesto do partido comunista

- 42 -

Page 48: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

IIIPREFACIO Á EDICIÓN ALEMÁ DE 1883

Desgraciadamente, teño que asinar só o prefacio desta edición.Marx, o home a quen a clase obreira de Europa e América debemáis cá ningún outro, repousa no cemiterio de Highgate, e sobrea súa tumba verdea xa a primeira herba. Logo da súa morte, ninfalar cabe de refacer ou completar o Manifesto. Creo, pois, tantomáis preciso lembrar aquí implicitamente o que segue.

A idea fundamental que percorre todo o Manifesto —a saber:que a produción económica e a estrutura social que dela necesa-riamente se deriva en cada época histórica constitúen a base sobrea cal descansa a historia política e intelectual de dita época; que,polo tanto, toda a historia (desde a disolución do réxime primiti-vo de propiedade en man común da terra) foi unha historia de loi-ta de clases, de loita entre clases explotadoras e explotadas, domi-nantes e dominadas, nas diferentes fases do desenvolvemento so-cial; e que agora esta loita chegou a unha fase na que a claseexplotada e oprimida (o proletariado) non pode xa emanciparseda clase que a explota e oprime (a burguesía) sen emancipar, ómesmo tempo e para sempre, á sociedade enteira da explotación,a opresión e as loitas de clases—, esta idea fundamental pertenceúnica e exclusivamente a Marx42.

Declareino a miúdo; pero agora xustamente é preciso que estadeclaración tamén figure á cabeza do propio Manifesto.

F. Engels Londres, 28 de xuño de 1883

42. A esta idea, chamada, segundo creo —como consignei no limiar á edición ingle-sa—, a ser para a historia o que a teoría de Darwin foi para a bioloxía, fómonosachegando ambos aos poucos xa varios anos antes de 1845. Até que punto euavancei independentemente nesta dirección pode verse mellor na miña obra Asituación da clase obreira en Inglaterra. Pero cando volvín atopar a Marx en Bruxe-las, na primavera de 1845, el xa elaborara esta tese e expúxoma en termos casetan claros como os que expresei aquí. (Nota de Engels á edición alemá de 1890)

Manifesto do partido comunista

- 43 -

Page 49: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

IVPREFACIO Á EDICIÓN INGLESA DE 1888

O Manifesto foi publicado como programa da Liga dos Comunis-tas, unha asociación de traballadores, ó principio exclusivamentealemá e máis tarde internacional, que, dadas as condicións políti-cas existentes antes de 1848 no continente europeo, víase obriga-da a permanecer na clandestinidade. Nun congreso da Liga, cele-brado en Londres en novembro de 1847, encomendouse a Marx eEngels que preparasen para a publicación un programa detalladodo partido, que fose á vez teórico e práctico. En xaneiro de 1848,o manuscrito, en alemán, foi rematado e, unhas semanas antes darevolución do 24 de febreiro en Francia, enviado a Londres ó edi-tor. A tradución francesa apareceu en París pouco antes da insu-rrección de xuño de 1848. En 1850, a revista Red Republican, edita-da por George Julian Harney, publicou en Londres a primeira tra-dución inglesa, debida á pluma de Miss Helen Macfarlane. OManifesto foi impreso tamén en dinamarqués e en polaco. A de-rrota da insurrección de xuño de 1848 en París —primeira granbatalla entre o proletariado e a burguesía— relegou de novo a se-gundo plano, por certo tempo, as aspiracións sociais e políticasda clase obreira europea. Desde entón, a loita pola supremacíadesenvólvese, como ocorrera antes da revolución de febreiro, so-amente entre diferentes sectores da clase posuidora; a clase obrei-ra tivo que limitarse a loitar por un escenario político para a súaactividade e a ocupar a posición de flanco extremo da clase me-dia radical. Todo movemento obreiro independente era desapia-dadamente perseguido en canto daba sinais de vida. Así, a poli-cía prusiana localizou o Comité Central da Liga dos Comunistas,que se achaba naquel momento en Colonia. Os membros do co-mité foron detidos e, logo de dezaoito meses de reclusión, xulga-dos en outubro de 1852. Este soado “Proceso dos comunistas enColonia” prolongouse do 4 de outubro ó 12 de novembro; setedos acusados foron condenados a penas que oscilaban entre trese seis anos de reclusión nunha fortaleza. Inmediatamente logo de

Manifesto do partido comunista

- 44 -

Page 50: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

publicada a sentenza, a Liga foi formalmente disolta polos mem-bros da mesma que quedaran en liberdade. En canto ó Manifesto,parecía entón condenado ó esquecemento.

Cando a clase obreira europea recuperou as forzas suficien-tes para emprender un novo ataque contra as clases dominantes,xurdiu a Asociación Internacional dos Traballadores. Pero estaasociación, formada coa finalidade concreta de agrupar no seuseo a todo o proletariado combativo de Europa e América, nonpuido proclamar inmediatamente os principios expostos no Ma-nifesto. O programa da Internacional debía ser o bastante amplopara que puidesen aceptalo as Trade Unions inglesas, os adep-tos de Proudhon43 en Francia, Bélxica, Italia e España, e os lassa-lleanos44 en Alemaña. Marx, ó escribir este programa de xeitoque puidese satisfacer a todos estes partidos, confiaba enteira-mente no desenvolvemento intelectual da clase obreira, que de-bía resultar inevitabelmente da acción e a discusión en común.Os propios acontecementos e vicisitudes da loita contra o capi-tal, as derrotas aínda máis que as vitorias, non podían deixar defacer ver ós obreiros a insuficiencia de todas as súas panaceas fa-voritas e preparar o camiño para unha mellor comprensión das

43. Proudhon, Pierre Joseph (1809-1865): Publicista, economista e sociólogo fran-cés, ideólogo da pequena burguesía e un dos fundadores do anarquismo. Soña-ba con perpetuar a pequena propiedade privada e criticaba, desde posicións pe-quenoburguesas, a gran propiedade capitalista. Propoñía organizar o “Bancodo Pobo”, que, por medio do “crédito de balde”, axudaría aos obreiros a adqui-rir medios de produción propios e facerse artesáns. Tamén foi reaccionaria asúa idea de fundar “Bancos de Cambio” que asegurarían aos traballadores avenda “equitativa” dos seus produtos sen afectar á propiedade capitalista dosmedios de produción. Proudhon non comprendía o papel histórico do proleta-riado e negaba a necesidade dun Estado obreiro. No seu libro Miseria da filoso-fía, Marx criticou duramente a doutrina de Proudhon.

44. Lassalleanos: Partidarios do socialista pequenoburgués alemán Lassalle, mem-bros da Unión Xeral Obreira Alemá, fundada en 1863 e da que Lassalle foi o pri-meiro presidente. A constitución dun partido político de masas da clase obrei-ra foi indubidabelmente un paso adiante no desenvolvemento do movementoobreiro en Alemaña. Con todo, Lassalle e os seus adeptos tiveron unha posiciónoportunista respecto a cuestións teóricas e políticas fundamentais. Considera-ban posíbel utilizar o Estado prusiano para resolver o problema social e tenta-ron establecer conversacións con Bismarck, xefe do goberno prusiano. Marx eEngels criticaron repetidas veces e con dureza a teoría, a táctica e os principiosorganizativos dos lassalleanos.

Manifesto do partido comunista

- 45 -

Page 51: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

verdadeiras condicións da emancipación da clase obreira. E Marxtiña razón. Os obreiros de 1874, na época da disolución da Inter-nacional, xa non eran, nin moito menos, os mesmos de 1864, can-do a Internacional fora fundada. O proudhonismo en Francia e olassalleanismo en Alemaña agonizaban, e incluso as conservado-ras Trade Unions inglesas, que na súa maioría romperan todovínculo coa Internacional moito antes da disolución desta, íanseachegando ós poucos ó momento en que o presidente do seu con-greso, o ano pasado en Swansea, puido dicir no seu nome: “O so-cialismo continental xa non nos asusta”. En efecto, os principiosdo Manifesto difundíronse amplamente entre os obreiros de todosos países.

Así pois, o propio Manifesto situouse de novo no primeiro pla-no. Desde 1850, o texto alemán fora reeditado varias veces en Su-íza, Inglaterra e Norteamérica. En 1872 foi traducido ó inglés enNova York e publicado na revista Woodhull and Claflin´s Weekly.Esta versión inglesa foi traducida ó francés e apareceu en Le So-cialiste de Nova York. Desde entón, dous ou máis traducións in-glesas, máis ou menos deficientes, apareceron en Norteamérica,e unha delas foi reeditada en Inglaterra. A primeira traduciónrusa, feita por Bakunin, foi publicada na imprenta do Kólokol deHerzen en Xenebra, contra 1863; a segunda, debida á heroicaVera Zasúlich45, viu a luz en 1882, tamén en Xenebra. Unha novaedición dinamarquesa publicouse en Socialdemokratisk Bibliothek,en Copenhague, en 1885; este mesmo ano apareceu unha novatradución francesa en Le Socialiste de París. Desta última prepa-rouse unha versión española, publicada en Madrid en 1886. Istosen mencionar as reedicións alemás, que foron polo menos doce.Unha tradución armenia, que debía ser impresa hai uns meses enConstantinopla, non viu a luz, segundo teño entendido, porqueo editor temeu sacar un libro co nome de Marx e o tradutor ne-gouse a facer pasar o Manifesto pola súa propia obra. Teño noti-cias de traducións posteriores noutras linguas, pero non as vin.E así, a historia do Manifesto reflicte en gran medida a historia domovemento obreiro moderno; actualmente é, sen dúbida, a obramáis difundida, a máis internacional de toda a literatura socialista,

45. O tradutor foi J. Plejánov. Engels indicouno máis tarde no epílogo ó artigo Asrelacións sociais en Rusia.

Manifesto do partido comunista

- 46 -

Page 52: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

46. Partidarios do socialista utópico inglés Robert Owen (1771-1858). Owen fixounha dura crítica dos fundamentos do réxime capitalista, pero non soubo des-cubrir as verdadeiras raíces das contradicións do capitalismo. Consideraba quea educación insuficiente, e non o propio modo de produción capitalista, era acausa principal da desigualdade social, que polo tanto podería ser suprimidamediante a divulgación do coñecemento e as reformas sociais. Concebía a futu-ra sociedade “racional” en forma de libre federación de pequenas comunas au-toadministradas. Os seus intentos para aplicar as súas ideas remataron en fra-caso.

47. Fourieristas: Partidarios do socialista utópico francés Charles Fourier (1772-1837). Fourier ofreceu unha crítica dura e profunda do réxime burgués e debu-xou un cadro da futura sociedade humana “harmónica”, baseada no coñece-mento das paixóns humanas. Pronunciábase en contra da revolución violenta esupoñía que podía pasarse á sociedade socialista futura mediante unha propa-ganda pacífica dun modelo de sociedade (falansterios), nos que o traballo vo-luntario e atractivo se convertería nunha necesidade do ser humano. Non erapartidario da abolición da propiedade privada, e nos seus falansterios existíanricos e pobres.

48. Cabet, Étienne (1778-1856): Publicista pequenoburgués francés, destacado re-presentante do comunismo utópico. Opinaba que se podían eliminar os defec-tos do réxime burgués mediante a transformación pacífica da sociedade. Expu-xo as súas ideas no libro Unha viaxe a Icaria (1840) e tentou levalas á práctica or-

a plataforma común aceptada por millóns de traballadores, des-de Siberia até California.

Con todo, cando foi escrito non puidemos titulalo Manifestosocialista. En 1847 chamábanse socialistas, por unha banda, to-dos os partidarios dos diferentes sistemas utópicos: os owenis-tas46 en Inglaterra e os fourieristas47 en Francia, reducidos xa ameras seitas e en proceso de extinción paulatina; doutra banda,toda caste de menciñeiros sociais que prometían suprimir, cosseus diferentes emplastos, as eivas sociais sen danar o capitalnin a ganancia. En ambos os casos, xentes que se achaban fóra domovemento obreiro e que buscaban apoio máis ben nas clases“instruídas”. En cambio, daquela chamábase comunista ó sectorda clase obreira que chegara ó convencemento da insuficienciadas simples revolucións políticas e proclamaba a necesidadedunha transformación fundamental de toda a sociedade. Era uncomunismo primario e rudo, puramente instintivo; con todo,soubo percibir o máis importante e amosouse o suficientementeforte entre a clase obreira para producir o comunismo utópico deCabet, en Francia, e o de Weitling48, en Alemaña. Así, en 1847, osocialismo era un movemento da clase burguesa, e o comunismo

Manifesto do partido comunista

- 47 -

Page 53: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

érao da clase obreira. O socialismo era, polo menos no continen-te, algo “respectábel”; o comunismo, todo o contrario. E comonós mantiñamos desde un principio que “a emancipación da claseobreira debe ser obra da clase obreira mesma”, para nós non podía ha-ber ningunha dúbida sobre cal das dúas denominacións proce-día elixir. Máis aínda, despois non se nos ocorreu xamais renun-ciar a ela.

Malia que o Manifesto é a nosa obra común, considérome obri-gado a sinalar que a tese fundamental, o núcleo do mesmo, per-tence a Marx. Esta tese afirma que, en cada época histórica, omodo predominante de produción económica e de intercambio ea organización social que del se deriva forman necesariamente abase sobre a cal se ergue e a única que explica a historia políticae intelectual de dita época; que, polo tanto (logo da disolución dasociedade xentilicia primitiva coa súa propiedade en man comúnda terra), toda a historia da humanidade foi unha historia de loi-ta de clases, de loita entre explotadores e explotados, entre clasesdominantes e clases oprimidas; que a historia desas loitas de cla-ses é unha serie de revolucións, que alcanzou na actualidade talgrao de desenvolvemento que a clase explotada e oprimida (oproletariado) non pode xa emanciparse do xugo da clase explota-dora e dominante (a burguesía) sen emancipar, ó mesmo tempoe para sempre, a toda a sociedade de toda explotación, opresión,división en clases e loita de clases.

A esta idea, chamada, segundo creo, a ser para a historia o quea teoría de Darwin foi para a bioloxía, xa chegáramos ambos,paulatinamente, uns anos antes de 1845.

Até que punto eu avancei independentemente nesta direc-ción, pode verse mellor que en calquera outra obra na miña A si-tuación da clase obreira en Inglaterra. Pero cando me volvín atoparcon Marx en Bruxelas, na primavera de 1845, el xa elaborara esta

ganizando unha comunidade comunista en América, pero o seu experimentoterminou nun fracaso rotundo. || Weitling, Wilhem (1808-1871): Destacadapersonalidade do movemento obreiro de Alemaña no período do seu xurdi-mento e un dos teóricos do comunismo “igualitario” utópico. Segundo Engels,as ideas de Weitling desempeñaron un papel positivo “como primeiro move-mento teórico independente do proletariado alemán”, mais cando apareceu ocomunismo científico esas ideas empezaron a frear o desenvolvemento da con-ciencia de clase do proletariado.

Manifesto do partido comunista

- 48 -

Page 54: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

tese e expúxoma en termos case tan claros como os que expreseiaquí. Cito as seguintes palabras do prefacio á edición alemá de1872, escrito por nós conxuntamente:

“Aínda que as condicións mudasen moito nos últimos vinte-cinco anos, os principios xerais expostos neste Manifesto seguensendo hoxe, a grandes liñas, enteiramente atinados. Algúns pun-tos deberían ser retocados. O mesmo Manifesto explica que a apli-cación práctica destes principios dependerá, sempre e en todaspartes, das circunstancias históricas existentes e que, polo tanto,non se concede especial importancia ás medidas revolucionariasenumeradas ó final do capítulo II. Esta pasaxe tería que ser redac-tada hoxe de distinto xeito en máis dun aspecto. Dado o desen-volvemento colosal da grande industria nos últimos vintecincoanos e, con este, o da organización do partido da clase obreira;dadas as experiencias, primeiro, da revolución de Febreiro, e des-pois, en maior grao aínda, da Comuna de París49, que eleva porprimeira vez ó proletariado, durante dous meses, ó poder políti-co, este programa avellentou nalgúns dos seus puntos. A Comu-na demostrou, sobre todo, que ‘a clase obreira non pode limitar-se simplemente a tomar posesión da máquina do Estado tal ecomo está, e servirse dela para os seus propios fins’ (véxase Aguerra civil en Francia. Nota do Consello Xeral da Asociación Interna-cional dos Traballadores, páxina 19 da edición alemá50, onde estaidea está máis cumpridamente desenvolvida). Ademais, eviden-temente, a crítica da literatura socialista é incompleta para estesmomentos, pois só chega até 1847; e, ó mesmo tempo, se as obser-vacións que se fan sobre a actitude dos comunistas ante os dife-rentes partidos de oposición (capítulo IV) aínda son exactas nosseus trazos xerais, ficaron anticuadas nos seus detalles, xa que asituación política mudou completamente e o desenvolvementohistórico borrou da face da terra a maioría dos partidos que alí seenumeran. Con todo, o Manifesto é un documento histórico quexa non temos dereito a modificar”.

49. Goberno revolucionario da clase obreira trala revolución de 1871 en París. Foia primeira experiencia de dictadura do proletariado. Durou 72 días, do 18 demarzo ó 28 de maio.

50. Véxase C. Marx e F. Engels, La guerra civil en Francia, FUNDACIÓN FEDERICOENGELS, Madrid, 2004, páx. 64.

Manifesto do partido comunista

- 49 -

Page 55: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

A presente tradución débese a Mr. Samuel Moore, tradutor damaior parte d’O capital de Marx. Revisamos xuntos a tradución eengadín unhas notas para explicar as alusións históricas.

Federico EngelsLondres, 30 de xaneiro de 1888

Manifesto do partido comunista

- 50 -

Page 56: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

VPREFACIO Á EDICIÓN ALEMÁ DE 1890

No tempo transcorrido desde que foi escrito o que precede51, fíxo-se imprescindíbel unha nova edición alemá do Manifesto, e inte-resa lembrar aquí os acontecementos con el relacionados.

Unha segunda tradución rusa —debida a Vera Zasúlich—apareceu en Xenebra en 1882; Marx e máis eu redactamos o pre-facio. Desgraciadamente, perdín o manuscrito alemán orixinal52 edebo retraducir do ruso, o que non é de ningún beneficio para otexto. Di:

“A primeira edición rusa do Manifesto do Partido Comunista,traducido por Bakunin, foi feita a principios da década do 60 naimprenta do Kólokol. Naquel tempo, unha edición rusa desta obrapodía parecer en Occidente tan só unha curiosidade literaria.Hoxe, semellante concepto sería imposíbel.

“O reducido do terreo de acción do movemento proletario na-quel entón (decembro de 1847) o demostra mellor que nada o de-rradeiro capítulo do Manifesto: ‘Actitude dos comunistas ante osdiferentes partidos de oposición’. Precisamente, Rusia e os Esta-dos Unidos non son mencionados. Era o momento en que Rusiaformaba a derradeira gran reserva de toda a reacción europea e aemigración ós Estados Unidos absorbía o exceso de forzas doproletariado europeo. Estes dous países provían a Europa de ma-terias primas e eran, ó mesmo tempo, mercados para a venda dasúa produción industrial. Os dous eran, pois, dun ou doutro xei-to, bases da orde vixente en Europa.

“¡Que cambiado está todo! Precisamente a emigración euro-pea fixo posíbel o colosal desenvolvemento da agricultura enAmérica do Norte, cuxa competencia conmove os alicerces mes-mos da grande e pequena propiedade territorial de Europa. É ela

51. Engels refírese ó seu limiar á edición alemá de 1883. 52. Este orixinal foi atopado posteriormente.

Manifesto do partido comunista

- 51 -

Page 57: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

a que deu, ademais, ós Estados Unidos, a posibilidade de em-prender a explotación dos seus enormes recursos industriais contal enerxía e en tales proporcións, que en breve prazo ha rematarco monopolio industrial da Europa occidental, especialmente code Inglaterra. Estas dúas circunstancias repercuten á súa vez dunxeito revolucionario sobre a mesma Norteamérica. A pequena emediana propiedade agraria dos granxeiros, pedra angular detodo o réxime político norteamericano, sucumben gradualmenteante a competencia de facendas xigantescas, mentres que nas re-xións industriais, xunto a unha fabulosa concentración de capi-tais, fórmase por vez primeira un numeroso proletariado.

“¿E en Rusia? ó producirse a revolución de 1848-49, non só osmonarcas de Europa, senón tamén a burguesía europea, vían naintervención rusa o único medio de salvación contra o proletaria-do que empezaba a espertar. O tsar foi aclamado como xefe da re-acción europea. Agora, en Gátchina, é o prisioneiro de guerra darevolución, e Rusia está na vangarda do movemento revoluciona-rio de Europa.

“O Manifesto Comunista propúxose como tarefa proclamar adesaparición próxima e inevitábel da moderna propiedade bur-guesa. Pero en Rusia, á beira do florecemento febril da fraude ca-pitalista e da propiedade territorial burguesa en vías de forma-ción, máis da metade da terra é posuída en man común poloscampesiños. Cabe, entón, a pregunta: ¿podería a comunidade ru-ral rusa —forma, por certo, xa moi desnaturalizada da primitivapropiedade en man común da terra— pasar directamente á formasuperior da propiedade colectiva, a forma comunista, ou, polacontra, deberá pasar primeiro polo mesmo proceso de disoluciónque constitúe o desenvolvemento histórico de Occidente? A úni-ca resposta que se pode dar hoxe a esta cuestión é a seguinte: sea revolución rusa dá o sinal para unha revolución proletaria enOccidente, de xeito que ambas se complementen, a actual propie-dade en man común da terra en Rusia poderá servir de punto departida para o desenvolvemento comunista.

“Carlos Marx, Federico Engels “Londres, 21 de xaneiro de 1882”.

Unha nova tradución polaca apareceu por aquela época enXenebra: Manifiest Kommunistyczny. Despois apareceu unha nova

Manifesto do partido comunista

- 52 -

Page 58: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

tradución dinamarquesa na Socialdemokratisk Bibliothek, Copenha-gue, 1885. Desgraciadamente, non é completa; algunhas pasaxesesenciais, ó parecer por dificultades de tradución, foron omitidase, en xeral, nalgunhas pasaxes nótanse sinais de neglixencia, tan-to máis lamentábeis dado que polo resto se ve que a tradución po-dería ser excelente cun chisco máis de coidado por parte do tra-dutor. En 1885 apareceu unha nova tradución francesa en Le So-cialiste de París; até agora, é a mellor. Desta fíxose unha traduciónó español, que se publicou no mesmo ano, primeiro en El Socialis-ta de Madrid e logo nun folleto: Manifiesto del Partido Comunista,por C. Marx y F. Engels, administración de El Socialista, HernánCortés, 8, Madrid. Como curiosidade, direi que en 1887 foille ofre-cido a un editor de Constantinopla o manuscrito dunha traduciónarmenia; pero ó bo home faltoulle valor para imprimir un traba-llo no que figuraba o nome de Marx, e pensou que sería preferí-bel que o tradutor aparecese como autor, o que o tradutor negou-se a aceptar. Logo de terse reimpreso varias veces en Inglaterracertas traducións norteamericanas máis ou menos inexactas, apa-receu por fin, en 1888, unha tradución auténtica. Esta é debida ómeu amigo Samuel Moore, e foi revisada polos dous antes da súaimpresión. Leva por título: “Manifesto of the Communist Party, byKarl Marx and Frederick Engels. Authorized English Translation,edited and annotated by Frederick Engels. 1888. London, WilliamReeves, 185 Fleet St. E. C.”. Reproducín na presente edición al-gunhas notas escritas por min para esa tradución inglesa.

O Manifesto ten a súa propia historia. Recibido con entusiasmono momento da súa aparición pola entón aínda pouco numerosavangarda do socialismo científico (como proban as traducións ci-tadas no primeiro prefacio), foi pronto relegado a segundo planopor mor da reacción que seguiu á derrota dos obreiros parisien-ses, en xuño de 1848, e proscrito “de dereito” a consecuencia dacondena dos comunistas en Colonia, en novembro de 185253. Ódesaparecer da area pública o movemento obreiro iniciado coarevolución de febreiro, o Manifesto pasou tamén a segundo plano.

53. Trátase da provocación (4 de outubro-12 de novembro de 1852) argallada pologoberno prusiano, que acusou a once membros da Liga dos Comunistas de“complot con carácter de alta traizón”. Con axuda de falsos documentos e tes-temuñas, sete deles foron condenados a presidio por prazos de tres a seis anos.

Manifesto do partido comunista

- 53 -

Page 59: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

Cando a clase obreira europea houbo recuperado as forzassuficientes para emprender un novo ataque contra o poder dasclases dominantes, xurdiu a Asociación Internacional dos Traba-lladores. Esta tiña por obxecto reunir nun inmenso exército úni-co a toda a clase obreira combativa de Europa e América. Nonpodía, pois, partir dos principios expostos no Manifesto. Debía terun programa que non pechase a porta ás Trade Unions inglesas,ós proudhonianos franceses, belgas, italianos e españois, nin óslassalleanos alemáns54. Este programa —o preámbulo dos estatu-tos da Internacional55— foi redactado por Marx cunha mestríaque foi recoñecida incluso por Bakunin e os anarquistas. Para otriunfo definitivo das teses expostas no Manifesto, Marx confiabatan só no desenvolvemento intelectual da clase obreira, resulta-do inevitábel da acción conxunta e da discusión. Os acontece-mentos e as vicisitudes da loita contra o capital, as derrotas aín-da máis que as vitorias, non podían deixar de facer ver ós com-batentes a insuficiencia de todas as panaceas nas que até entóncreran e de tornarlles máis capaces de penetrar até as verdadei-ras condicións da emancipación obreira. E Marx tiña razón. Aclase obreira de 1874, cando a Internacional deixou de existir, eramoi diferente da de 1864, o momento da súa fundación. O proud-honismo nos países latinos e o lassalleanismo específico en Ale-maña estaban agonizando, e incluso as Trade Unions inglesas deentón, ultraconservadoras, íanse achegando ós poucos ó momen-to en que o presidente do seu congreso de Swansea, en 1887, pui-dese dicir no seu nome: “O socialismo continental xa non nosasusta”. Pero, en 1887, o socialismo continental era case exclusi-vamente a teoría formulada no Manifesto. E así, a historia do Mani-festo reflicte —até certo punto— a historia do movemento obrei-ro moderno desde 1848. Actualmente é, sen dúbida, a obra máisdifundida, a máis internacional de toda a literatura socialista, o

54. Persoalmente Lassalle, nas súas relacións connosco, declarábanos sempre queera un “discípulo” de Marx e, como tal, colocábase sen dúbida sobre o terreo doManifesto. Outra cousa sucedía con aqueles dos seus partidarios que non foronmáis aló das súas esixencias de cooperativas de produción con crédito do Esta-do e que dividiron a toda a clase traballadora en obreiros que contaban coa axu-da do Estado e obreiros que só contaban con eles mesmos. (Nota de Engels)

55. Véxase C. Marx, Estatutos Xerais da Asociación Internacional dos Traballadores.

Manifesto do partido comunista

- 54 -

Page 60: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

programa común de moitos millóns de obreiros de todos os paí-ses, desde Siberia até California.

E, con todo, cando apareceu non puidemos titulalo O manifes-to socialista: En 1847, o nome de socialista englobaba dúas catego-rías de persoas. Dunha banda, os partidarios de diferentes siste-mas utópicos, particularmente os owenistas en Inglaterra e osfourieristas en Francia, que eran xa simples seitas en proceso deextinción paulatina. Doutra banda, os máis diversos menciñeirossociais que aspiraban a suprimir, coas súas variadas panaceas eemplastos de toda sorte, as secuelas sociais, sen danar no máismínimo o capital ou a ganancia. En ambos os casos, xentes que seachaban fóra do movemento obreiro e que buscaban apoio máisben nas clases “instruídas”. En cambio, a parte dos obreiros que,convencida da insuficiencia das revolucións meramente políticas,esixía unha transformación radical da sociedade chamábase en-tón comunista. Era un comunismo apenas elaborado, só instinti-vo, ás veces algo basto; pero foi puxante dabondo para crear doussistemas de comunismo utópico: en Francia, o “icario” de Cabet,e en Alemaña, o de Weitling. En 1847, o socialismo designaba unmovemento burgués; o comunismo, un movemento obreiro. Osocialismo era, polo menos no continente, moi respectábel; o co-munismo era todo o contrario. E como nós xa daquela sostiñamosmoi decididamente o criterio de que “a emancipación da clase obrei-ra debe ser obra da clase obreira mesma”, non vacilamos un instantesobre cal das dúas denominacións procedía elixir. E posterior-mente non se nos ocorreu xamais renunciar a ela.

¡Proletarios de todos os países, unídevos! Só unhas poucas vocesrespondéronnos cando lanzamos estas palabras polo mundo, haixa corenta e dous anos, en vésperas da primeira revolución pari-siense na que o proletariado actuou expoñendo as súas propiasreivindicacións. Pero, o 28 de setembro de 1864, os proletarios damaioría dos países europeos occidentais uníronse formando aAsociación Internacional dos Traballadores, de gloriosa lembran-za. Certo é que a Internacional viviu tan só nove anos, pero aunión eterna que estableceu entre os proletarios de todos os paí-ses vive aínda e subsiste máis forte ca nunca, e non hai mellorproba diso que a xornada de hoxe. Pois hoxe, no momento en queescribo estas liñas, o proletariado de Europa e América pasa re-vista ás súas forzas, mobilizadas por vez primeira nun só exército,

Manifesto do partido comunista

- 55 -

Page 61: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

baixo unha soa bandeira e para un só obxectivo inmediato: a fixa-ción legal da xornada de oito horas, proclamada xa en 1866 polocongreso da Internacional celebrado en Xenebra e de novo en1889 polo Congreso Obreiro de París. O espectáculo de hoxe de-mostrará ós capitalistas e ós terratenentes de todos os países que,en efecto, os proletarios de todos os países están unidos.

¡Oh, se Marx estivese ó meu carón para velo cos seus propiosollos!

F. EngelsLondres, 1º de Maio de 1890

Manifesto do partido comunista

- 56 -

Page 62: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

VIPREFACIO Á EDICIÓN POLACA DE 1892

Que sexa necesaria unha nova edición polaca do Manifesto Comu-nista invita a diferentes reflexións.

Ante todo, convén sinalar que, durante os últimos tempos, oManifesto pasou a ser, en certa maneira, un índice do desenvolve-mento da grande industria en Europa. A medida que nun paísdesenvólvese a grande industria, vese crecer entre os obreirosdese país o desexo de comprender a súa situación, como tal claseobreira, con respecto á clase dos posuidores; vese progresar entreeles o movemento socialista e aumentar a demanda de exempla-res do Manifesto. Así pois, o número destes exemplares difundi-dos nun idioma permite non só determinar, con bastante exacti-tude, a situación do movemento obreiro, senón tamén o grao dedesenvolvemento da grande industria en cada país.

Por iso a nova edición polaca do Manifesto indica o decisivoprogreso da grande industria en Polonia. Non hai dúbida de quetal desenvolvemento tivo lugar realmente nos dez anos transcorri-dos desde a última edición. A Polonia rusa, a do Congreso56, pa-sou a ser unha gran rexión industrial do Imperio Ruso. Mentres agrande industria rusa áchase dispersa —unha parte atópase nacosta do golfo de Finlandia, outra nas provincias do centro (Mos-cova e Vladímir), outra nos litorais do mar Negro e do mar deAzov, etc.—, a industria polaca está concentrada nunha extensiónrelativamente pequena e goza de todas as vantaxes e inconvenien-tes de tal concentración. As vantaxes recoñécenas os fabricantesrusos, os seus competidores, ó reclamar aranceis protectores con-tra Polonia, a pesar do seu fervoroso desexo de rusificar ós pola-cos. Os inconvenientes —para os fabricantes polacos e para o go-berno ruso— residen na rápida difusión das ideas socialistas entreos obreiros polacos e na progresiva demanda do Manifesto.

56. Nome que recibiu a parte de Polonia que, baixo o nome oficial de Reino de Polonia,pasou a Rusia segundo os acordos do Congreso de Viena, celebrado en 1814-15.

Manifesto do partido comunista

- 57 -

Page 63: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

Pero o rápido desenvolvemento da industria polaca, que exce-de o da industria rusa, constitúe á súa vez unha nova proba da ines-gotábel enerxía vital do pobo polaco e unha nova garantía do seufuturo renacemento nacional. O rexurdir dunha Polonia indepen-dente e forte é cuestión que interesa non só ós polacos, senón a to-dos nós. A sincera colaboración internacional das nacións europe-as só será posíbel cando cada unha delas sexa completamentedona do seu propio lar. A revolución de 1848, que, ó cabo, non le-vou ós combatentes proletarios que loitaban baixo a bandeira doproletariado máis que a lle sacar a cobra da silveira á burguesía,levou a cabo, por obra dos seus testamenteiros (Luís Bonaparte eBismarck57), a independencia de Italia, de Alemaña e de Hungría.En cambio, Polonia, que desde 1792 fixera pola revolución máis caeses tres países xuntos, foi abandonada á súa sorte en 1863, candosucumbía baixo o empuxe de forzas rusas dez veces superiores58.A nobreza polaca non foi quen de defender nin de reconquistar asúa independencia; neste momento, a independencia de Poloniaélle á burguesía, cando menos, indiferente. Con todo, para a cola-boración harmónica das nacións europeas, esta independencia éunha necesidade. E só poderá ser conquistada polo novo proleta-riado polaco. En mans del, o seu destino está seguro, pois para osobreiros do resto de Europa a independencia de Polonia é tan ne-cesaria como para os propios obreiros polacos.

F. EngelsLondres, 10 de febreiro de 1892

57. Napoleón III (Luís Bonaparte) (1808-1873): Sobriño de Napoleón I, presidente daII República (1848-1851) e emperador de Francia (1852-1870). || Bismarck, Ottovon (1815-1898): Estadista e diplomático de Prusia e Alemaña. Defensor dos inte-reses dos junkers e da gran burguesía, mediante guerras de rapina e afortunadosactos diplomáticos logrou en 1871 reunificar Alemaña baixo hexemonía de Pru-sia. Chanceler do Imperio Alemán de 1871 a 1890. “A revolución de 1848, igualque outras moitas anteriores a ela, tivo un destino ben estraño. Os mesmos queas esmagaron convertéronse, como adoitaba dicir Marx, nos seus testamenteiros.Luís Napoleón viuse obrigado a crear a Italia unha e independente. Bismarck tivoque revolucionar Alemaña ó seu xeito e devolver a Hungría certa independen-cia”. (Engels, limiar á edición inglesa d’A situación da clase obreira en Inglaterra)

58. Alusión á insurrección polaca contra a dominación rusa, iniciada en xaneiro de1863 e reprimida salvaxemente. Os seus dirixentes, de tendencias conservado-ras, confiaban na intervención das potencias europeas occidentais, que sen em-bargo deixaron facer ó tsar.

Manifesto do partido comunista

- 58 -

Page 64: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

VIIPREFACIO Á EDICIÓN ITALIANA DE 1893

Ós lectores italianos: A publicación do Manifesto do Partido Comunista coincidiu, por

dicilo así, coa xornada do 18 de marzo de 1848, coas revoluciónsde Milán e Berlín, que foron as insurreccións armadas de dúasnacións que ocupan zonas centrais: a unha no continente euro-peo, a outra no Mediterráneo; dúas nacións que até entón estabandebilitadas polo fraccionamento do seu territorio e por liortas in-testinas que as fixeron caer baixo a dominación estranxeira. Men-tres Italia achábase subxugada polo emperador austríaco, o xugoque pesaba sobre Alemaña —o do tsar de todas as Rusias— non eramenos real, aínda que máis indirecto. As consecuencias do 18 demarzo de 1848 liberaron Italia e Alemaña dese oprobio. Entre1848 e 1871, as dúas grandes nacións quedaron restablecidas e,dun ou doutro xeito, recobraron a súa independencia, e este fei-to, como dicía Carlos Marx, debeuse a que os mesmos personaxesque esmagaron a revolución de 1848 foron, ó seu pesar, os seustestamenteiros.

A revolución de 1848 fora, en todas partes, obra da clase obreira:ela levantara as barricadas e ela expuxera a súa vida. Pero só osobreiros de París tiñan a intención ben precisa, derrubando o go-berno, de rematar á vez con todo o réxime burgués. E aínda quexa tiñan conciencia do irredutíbel antagonismo que existe entre asúa propia clase e a burguesía, nin o progreso económico do paísnin o desenvolvemento intelectual das masas obreiras francesasalcanzaran aínda o nivel que permitiría levar a cabo unha recons-trución social. Velaquí por que os froitos da revolución foron, ófinal, a parar a mans da clase capitalista. Noutros países, en Ita-lia, en Alemaña, en Austria, os obreiros, desde o primeiro mo-mento, non fixeron máis que axudar á burguesía a conquistar opoder. Pero en ningún país a dominación da burguesía é posíbelsen a independencia nacional. Por iso, a revolución de 1848 debíaconducir á unidade e á independencia das nacións que até entón

Manifesto do partido comunista

- 59 -

Page 65: Carlos Marx, Federico Engels - joseph-stalin.net · Marx fixo un resumo detallado do seu libro A sociedade antiga, que Engels utilizou no seu libro A orixe da familia, ... Manifesto

non as conquistaron: Italia, Alemaña, Hungría. Polonia seguiraas.Así pois, aínda que a revolución de 1848 non foi unha revoluciónsocialista, abriu o camiño e preparou o terreo para esta última. Oréxime burgués, en virtude do vizoso impulso que deu en todosos países ó desenvolvemento da grande industria, creou nos últi-mos corenta e cinco anos un proletariado numeroso, forte e uni-do, e produciu así —para empregar a expresión do Manifesto— ósseus propios sepultureiros. Sen restituír a independencia e a uni-dade de cada nación, non é posíbel realizar a unión internacionaldo proletariado nin a cooperación pacífica e intelixente desas na-cións para o logro de obxectivos comúns. ¿Seica é posíbel conci-bir a acción mancomunada e internacional dos obreiros italianos,húngaros, alemáns, polacos e rusos nas condicións políticas queexistiron até 1848?

Isto quere dicir que os combates de 1848 non pasaron en bal-de; tampouco pasaron en balde os corenta e cinco anos que nosseparan desa época revolucionaria. Os seus froitos comezan amadurecer, e todo o que eu desexo é que a publicación desta tra-dución italiana sexa un bo agoiro para a vitoria do proletariadoitaliano, como a publicación do orixinal foino para a revolucióninternacional.

O Manifesto rende plena xustiza ós servizos revolucionariosprestados polo capitalismo no pasado. A primeira nación capita-lista foi Italia. A figura xigantesca dun italiano, Dante, que é á vezo derradeiro poeta da Idade Media e o primeiro dos tempos mo-dernos, marca a fin do medievo feudal e a alborada da era capi-talista contemporánea. Agora, como en 1300, comeza a agromarunha nova era histórica. ¿Daranos Italia o novo Dante que mar-que a hora do nacemento desta nova era proletaria?

Federico EngelsLondres, 1 de febreiro de 1893

Manifesto do partido comunista

- 60 -