29
PLAN TIC CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015 XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO As tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) tiveron, en pouco tempo, un enorme impacto social e ninguén discute que estamos xa na chamada sociedade da información e do coñecemento. Esta revolución social, causada polas TICs, obriga necesariamente aos centros educativos a non manternos alleos a un cambio tan profundo en todos os ámbitos da vida cotiá que, ademais, afecta tan de cheo ao obxectivo central do sistema educativo, a creación e a transmisión de información e coñecemento. As TICs deben estar ao servizo dunha transformación e innovación no currículo ordinario do centro e deben ter como obxectivo final, favorecer o paso dende un xeito tradicional de traballar a un innovador. Naturalmente, esta transformación non pode producirse da noite á mañá, o cambio debe partir do convencemento de que os métodos tradicionais deben evolucionar para formar adecuadamente as xeracións que vivirán nunha sociedade que xa comeza a dislumbrarse, dominada polas TICs. Ademais, son precisamente estas tecnoloxías, as que nos poden axudar a levar á práctica este cambio de mentalidade en relación coa ensinanza e a aprendizaxe. As Neves - A Capela 15613 - A Coruña Tlfno e fax: 981 459022 E-Mail: [email protected]

CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

PLAN TIC

CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO – A CAPELA

CURSO 2014/2015

XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO

As tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) tiveron, en

pouco tempo, un enorme impacto social e ninguén discute que estamos xa na

chamada sociedade da información e do coñecemento.

Esta revolución social, causada polas TICs, obriga necesariamente aos

centros educativos a non manternos alleos a un cambio tan profundo en todos

os ámbitos da vida cotiá que, ademais, afecta tan de cheo ao obxectivo central

do sistema educativo, a creación e a transmisión de información e

coñecemento.

As TICs deben estar ao servizo dunha transformación e innovación no

currículo ordinario do centro e deben ter como obxectivo final, favorecer o paso

dende un xeito tradicional de traballar a un innovador.

Naturalmente, esta transformación non pode producirse da noite á mañá,

o cambio debe partir do convencemento de que os métodos tradicionais deben

evolucionar para formar adecuadamente as xeracións que vivirán nunha

sociedade que xa comeza a dislumbrarse, dominada polas TICs. Ademais, son

precisamente estas tecnoloxías, as que nos poden axudar a levar á práctica

este cambio de mentalidade en relación coa ensinanza e a aprendizaxe.

As Neves - A Capela

15613 - A Coruña

Tlfno e fax: 981 459022 E-Mail: [email protected]

Page 2: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

ESTUDO INICIAL

O CEIP Mosteiro de Caaveiro está situado nunha zona rural que na

actualidade ten, maioritariamente, nas súas casas acceso a un ordenador e, en

menor medida, conexión a Internet.

Os nenos e nenas poden disfrutar de todo tipo de máquinas multimedia

para entretemento nos seus fogares.

Mencionar tamén, que dende que se escolarizan, os rapaces entran en

contacto coas TICs en horario escolar.

O centro dispón dun cableado integral e conexión wifi que permite o uso

de Internet nas aulas para así poder incorporar os novos recursos á practica

educativa do profesorado.

Está en funcionamento a páxina web do centro a través do sistema de

webs dinámicas da Consellería.

O colexio dispón dunha aula de informática que conta con 11

ordenadores e un telecentro, con cinco ordenadores, que durante o horario

escolar, funciona tamén como aula de informática.

Secretaría e dirección dispoñen de cadanseu ordenador así como, as

aulas de infantil, primaria, aula de PT, de AL, a de relixión, música e o

equipamento ABALAR nas dúas aulas do terceiro ciclo. Tamén hai catro

ordenadores portátiles, catro proxectores e un EDI.

O CEIP Mosteiro de Caaveiro consolida este curso, un novo reto no seu

labor educativo, o PROXECTO EDIXGAL, neste segundo ano de implantación

en 5º e 6º de primaria.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN TIC

O equipo de dinamización TIC do CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO para

este curso 2014/2015 está formado polos seguintes mestres:

- Marina González Martínez, titora de 1º de primaria.

- Aida Vila Sabín, titora de 5º de primaria e coordinadora ENDL

- María del Carmen González Pardo, especialista en Pedagoxía

Terapéutica e coordinadora ABALAR.

Page 3: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

- María del Mar Ares Travieso, titora do 6º de primaria, Coordinadora do

E_DIXGAL e Coordinadora do equipo TIC.

HORARIO E ORGANIZACIÓN DOS ESPAZOS DO CENTRO

Cada grupo de infantil e primaria ten asignada unha sesión semanal

para ir á aula de informática co seu titor@. Ademais cada titor ou especialista

poderá facer un uso opcional dentro do horario de libre disposición co fin de

aproveitar os recursos TIC, cando o precisen para a súa práctica docente

habitual.

HORARIO DE INFORMÁTICA POR CURSOS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

EI 4/5 anos

2º/3º I

EI 3 anos

EI 4/5 (alt)

(matemáticas)

3º (cs)

4º I

1º (cs)

Page 4: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte espazo coa

biblioteca de 2º e 3º ciclo dende o curso pasado, que funciona como aula de

informática durante o horario lectivo e como actividade de lecer e entretemento,

permitindo un uso autónomo e responsable por parte dos alumnos de segundo

e terceiro ciclo, durante os recreos do comedor. A asignación de días para

cada grupo é a seguinte.

HORARIO DO TELECENTRO

DÍAS DA SEMANA

CURSO

3º PRIMARIA

LUNS

4º PRIMARIA

MARTES

5º PRIMARIA

XOVES

6º PRIMARIA

VENRES

As áreas do centro con espazos TIC son as seguintes:

- Administración, 4 ordenadores e 2 impresoras (color e láser b/n e unha

multifunción)

- Aula de informática, (11 ordenadores, dúas impresoras, un escáner,

portátil con videoproxector e PDI).

- Telecentro ( 5 ordenadores e unha impresora color e un ordenador de

administración de biblioteca)

Page 5: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

- Biblioteca (Ordenador, impresora láser color, impresora color, DVD).

- Aulas de EI, ( 2 ordenadores , unha impresora, un videoproxector e unha

pantalla plegable).

- Aulas de E. Primaria, (dúas aulas con equipamento ABALAR)

- Aula de Inglés, (DVD, video VHS e televisión).

- Aula de PT, (portátil, impresora tinta, pizarra de proxección e

videoproxector).

- A disposición do resto do claustro hai dous portátiles e tres video-

proxectores).

- Aula de Relixión: Ordenador e impresoras

- Aula de AL: ordenador

- Aula de Música: Ordenador portátil, proxector, pantalla.

EQUIPAMENTO

A aula de informática conta cunha boa cantidade de programas orixinais

e software educativo de diferentes empresas e casas comerciais, todos eles

adaptados ao currículo de infantil e primaria. Tamén dispoñemos de material

audiovisual (CDs,. DVDs., VHS…).

No que se refire a equipos contamos con:

6 Ordenadores portátiles

28 ordenadores

9 impresoras

1 multifuncións

6 proxectores

4 pantallas de proxeción

1 EDI

2 televisións analóxicas

Cámara de video

Cámara de fotos dixital

Cámara de fotos analóxica

Vídeo

Page 6: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

DVD

Megafonía con dous altavoces

Máis dous equipamentos ABALAR

OBXECTIVOS

Obxectivos xerais

- Familiarizarse coas ferramentas básicas para utilizar o ordenador como

medio de aprendizaxe, de acceso a novas informacións e de

comunicación.

- Traballar as áreas e os contidos do currículo mediante o uso de

programas informáticos, en coordinación co traballo desenvolvido nas

respectivas aulas.

- Utilización do ordenador como medio de presentación de traballos e

realización de investigacións.

- Utilización de Internet como medio de información nas diferentes áreas.

- Utilización de Internet como medio de comunicación con outras persoas

e alumnos de Galicia, España e o resto do mundo.

- Utilización de Internet como instrumento para traballar e propoñer

actividades das diferentes áreas e materias do currículo.

- Traballar especialmente nos aspectos da creatividade, razoamento,

lóxica, comprensión lingüística, por dispoñer de programas que traballan

dunha forma atractiva estas áreas.

Page 7: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

Obxectivos específicos para o curso 2015-2016

- Seguir avanzando co Proxecto ABALAR e EDIXGAL.

- Traballar a mecanografía como parte da formación para desenvolverse

mellor cos netbooks.

- Participar en actividades de formación externas, co fin de coñecer as

novas tecnoloxías para facer máis doada a incorporación dos Proxectos

E_DIXGAL e ABALAR no centro.

- Dar un novo pulo á elaboración, mantemento e actualización da páxina

web do centro.

- Manter os blogs xa existentes no centro para promocionar a

participación de mestres, alumnos e pais nas actividades do colexio.

- Continuar co banco de fotos para a elaboración dun vídeo de fin de

curso e actividades varias.

- Confeccionar un arquivo de páxinas webs, páxinas de xogos, blogs… de

interese educativo que estivesen a disposición dos integrantes do

centro.

- Desenvolver o uso dos medios audiovisuais do centro para levar a cabo

un correcto uso por parte de alumnos e mestres.

- Finalizar o inventario do material informático.

- Actualización de IPs.

- Contratación dun servizo de mantemento informático para o centro co fin

de solventar, o máis axiña posible, as incidencias que van aparecendo

ao longo do curso.

Page 8: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

- Adquisición dun novo equipo para conservar as copias de seguridade

con documentación audiovisual do centro.

- Informatizar a aula de inglés cunha dotación de ordenador do mestre,

PDI e proxector.

- Consolidar o protocolo TIC para rexistrar posibles incidencias co

equipamento informático.

- Introducir, por primeira vez, o proxecto ABALARMÓBIL no centro, que

foi posto en funcionamento e comunicado ás familias no mes de

setembro.

Obxectivos para o profesorado

En canto ao profesorado teranse en conta os seguintes obxectivos:

- Acoller e participar do proxecto ABALAR no noso centro.

- Participar en cursos fóra do centro para mellorar a formación

tecnolóxica.

- Incorporar progresivamente o uso das TIC na práctica docente diaria.

- Favorecer o perfeccionamento do profesorado e a utilización das TIC

nas tarefas habituais do Centro: programacións, memoria, plans…

- Fomentar o emprego da P.D.I.

- Empregar as TIC como un recurso cotiá de aula.

- Utilizar as TIC como medio de información co fin de mellorar a práctica

docente.

- Intercambiar experiencias a través de foros, chats…

Page 9: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

Obxectivos para o alumnado

- Recoñecer os recursos TIC do centro e o seu aproveitamento.

- Acadar un manexo autónomo e básico dos recursos acorde a súa idade

e nivel.

- Coñecer o funcionamento de determinados programas seleccionados

para o seu nivel e idade.

- Aplicar ao uso diario a información adquirida a través das TIC.

- Potenciar no alumnado a súa capacidade de razoamento, comprensión,

motivación…

- Potenciar a comunicación co resto da comunidade educativa e o

contorno que os rodea.

- Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de

cooperación e de expresión das propias ideas.

- Potenciar o uso da mecanografía nos alumnos para ter un nivel

aceptable cando cheguen ás aula ABALAR.

- Familiarizar ao alumnado de 5º de primaria co equipamento ABALAR,

CONTIDOS XERAIS

Como contidos xerais a traballar nas aulas con respecto ás TIC destacamos

os seguintes:

Page 10: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

- Partes fundamentais do ordenador.

- O sistema operativo WINDOWS e LINUX

- Traballo co procesador de textos.

- Traballo con programas de debuxo e imaxes.

- Internet. Acceso a páxinas web.

- Internet. Utilización de buscadores e portais.

- Internet. Utilización de blogs

- Utilización do correo electrónico.

- Traballos co EDI.

- Recursos educativos e formativos en Internet.

- Traballo co diferente software educativo do centro e das aulas.

- Internet e as redes sociais. Navegar con seguridade.

- Facilitar a comunicación coas familias a través do ABALAR MÓBIL.

METODOLOXÍA

As actividades a realizar deben ser sistemáticas, é dicir, que o alumnado

debe acostumarse a utilizar recursos TIC como unha tarefa diaria, como unha

ferramente máis de traballo. Esto favorecerá a autoaprendizaxe, a aprendizaxe

significativa, que permitirá a cada alumno investigar, buscar solucións aos

seus problemas, é dicir, APRENDER A APRENDER.

Paralelamente, propiciaremos unha aprendizaxe como proceso

interactivo, fomentando a aprendizaxe cooperativa.

ACTIVIDADES QUE SE INTEGRAN DENTRO DAS TIC

Ao longo deste proxecto estase a diseñar una estratexia a longo prazo

posto que, a introducción das TIC no currículo non se pode facer nun só curso

nin como resultado dunha moda pasaxeira. Somos conscientes de que

debemos comezar por obxectivos e actividades concretas que fagan realidade,

a curto prazo, o uso das TIC nas aulas, ao mesmo tempo que os mestres se

preparan para acadar obxectivos máis ambiciosos. Polo tanto debemos adaptar

a utilización das TIC a cada ciclo ao longo do curso.

Page 11: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

As TICs en Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria

Os alumnos deste ciclo deben familiarizarse cos conceptos máis

elementais da informática, dun xeito lúdico e divertido, á vez que traballan

contidos e obxectivos curriculares.

Poder utilizar software educativo, por exemplo, colorear, facer puzles,

aprender letras, numeración, etc.

Tamén poden iniciarse na navegación pola web utilizando páxinas

adaptadas ás súas capacidades e dun uso sinxelo.

O manexo dun procesador de datos é tamén aconsellable a estas

idades. No 1º ciclo, iníciase aos nenos ao manexo sinxelo dun procesador de

texto, no que sexan quen de facer ditados, pequenos textos utilizando a misma

letra que en lecto-escritura. Pouco a pouco o mestre axudará a realizar outras

tarefas necesarias como gardar e recuperar un traballo.

Na educación infantil, a metodoloxía máis axeitada consiste en utilizar o

rincón do ordenador, o que permitirá ao mestre traballar individualmente con

cada rapaz dende os tres anos axudándolles no manexo do rato, e o uso de

xogos sinxelos adaptados ao seu nivel.

As TICs 3º e 4º de primaria

Continuarase co uso das TIC na práctica diaria, de xeito que se integre

na aprendizaxe dos fundamentos informáticos imprescindible no currículo. Así

comezaremos dende o máis sinxelo ata o máis complicado. O traballo xirará en

torno aos seguintes eixes: utilización do software adaptado á etapa, ulización

de Internet e a navegación de xeito seguro, utilizando enlaces e páxinas

atractivas para os alumnos e educativas. Tamén se iniciarán en tarefas básica

como buscar una foto, localizar imaxes que posteriormente poderán incluir no

seu traballo.

Page 12: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

As TICs e 5º e 6º de primaria

Continuarán utilizándose os recursos TIC pero dada a experiencia

acumulada e a idade dos alumnos abordaranse tarefas máis complicadas que

xirarán en torno a catro eixes:

- Uso do software axeitado ao seu nivel e relacionado coas materias do

curso.

- Utilización de Internet tendo en conta a súa iniciación no ciclo anterior.

- Ulización de diversos recursos TIC, (escáner, impresora, fotografía…).

- Elaboración de traballos, informes, dossier utilizando os medios TIC ao

seu alcance.

Para facer un visionado das actividades máis concretas a realizar podemos

destacar as seguintes:

- Manexo autónomo dos equipos.

- Coñecer as posibilidades dos recursos TIC (escáner, cámara de fotos,

de vídeo, PDI, Internet…).

- Coñecemento dos periféricos.

- Búsqueda de información en Internet.

- Búsqueda dirixida en Enciclopedias Multimedia.

- Uso de servizos e aplicacións interactivas que serven de apoio á

aprendizaxe (calculadora, buscadores, traductores, atlas virtuais…).

- Webquest

- Consulta de diarios dixitais.

- Manexo de distintos xeitos de almacenamento (lapis dixital, CD, DVD…).

- Iniciación ao uso da cámara dixital.

- Manexo de imaxes (baixar, gardar, inserir…).

- Realizar produccións propias de xeito indiviual ou colectivo: horarios,

táboas, pegatinas, rotulacións, calendarios, presentación en PowerPoint,

textos ilustrados…

Page 13: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

PROXECTO E_DIXGAL

O proxecto EDIXGAL saíu a convocatoría o pasado mes de maio de

2014 coa fin de levar a cabo un proceso de ensinanza-aprendizaxe

exclusivamente dixital. Despois de adquirir o compromiso deste equipo TIC e

dos docentes do centro, os pais ratificaron o seu interese por este novedoso

método.

Actualmente, o proxecto EDIXGAL se aplica dentro do 5º e 6º curso de

EP, tendo o compromiso de manter o proxecto ao longo de 3 anos académicos,

dos que este é o segundo, sendo utilizado por 18 alumnos e alumnas.

Ao comezo do curso, nunha reunión coas familias pertencentes a ambas

aulas, os pais asinaron un contrato co centro para facerse responsables do uso

dos netbooks Abalar no domicilio particular. Todas as familias, sen excepcións,

firmaron o contrato e se comprometeron ao bo uso dos ordenadores portátiles

(anexo I).Actualmente, son 7os alumnos de 6º e 9 en 5º que están levando os

computadores ás súas casas.

Elaborouse tamén un protocolo de utilización dos computadores que se

adxunta a este proxecto e que quedará integrado no NOF do centro coas

sancións pertinentes relativas a conservación do material escolar e respecto

polo material do centro, que xa figuran no mesmo.(anexo II)

- Obxectivos

Con este proxecto pretendemos dar un novo pulo para:

- Utilizar a contorna dixital na incorporación de materiais dixitais coma

unha nova linguaxe educativa e un modelo de ensino-aprendizaxe .

- Potenciar a aprendizaxe dixital do alumnado e así aumentar a súa

participación, motivación e a súa creatividade.

- Impartir clases máis atractivas e documentadas a través de mateirais

dixitais.

- Evitar fracturas dixitais excluíntes.

- Promover o desenvolvemento da iniciativa, autonomía e autorregulación

progresiva do alumnado… así como das súas habilidades en todos os

ámbitos.

Page 14: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

- Potenciar a responsabilidade do alumnado ante as súas aprendizaxes e

a capacidade de superación de dificultades.

- Promover actividades contextualizadas e significativas.

Pretendemos que sexa unha nova aposta:

- Pola calidade e a igualdade da educación.

- Por atender á diversidade e á interculturalidade adecuando as

aprendizaxes ás características dos alumnos, ás súas dificultades

individuais, necesidades e intereses.

Se queremos un sistema educativo moderno, a educación dixital pasa a

ser parte fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe, asumindo a

necesidade de orientalo cara á innovación e o coñecemento.

- Profesorado

O traballo do profesorado para levar a cabo este proxecto será un traballo

en equipo, que contará coa cooperación e coordinación entre todos nós.

As nosas liñas básicas de actuación serán as seguintes:

- Utilización dos contidos dixitais exclusivamente.

- Saber obter información, interpretala e transformala en coñecemento

significativo dentro dunha contorna de contidos dixitais.

- Educar para que os alumnos desenvolvan os coñecementos, destrezas

e aptitudes dentro dunha contorna dixital.

- Crear un coñecemento crítico, no que a autoaprendizaxe vai xogar un

papel moi importante.

- O alumnado convértense nun usuario intelixente que desenvolve

capacidades para aprender a buscar, procesar e comunicar.

- Facer que os alumnos sexan creativos e responsables con iniciativa

propia, motivación e perseverancia no traballo, froito do labor

colaborativo de familias e escola.

Page 15: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

- Realizar un bo control e seguimento do alumnado a través da plataforma

dixital.

- Utlizar os recursos dixitais para traballar colaborativamente.

- Avaliación

A avaliación estará presente durante todo o proxecto e será fundamental

retroalimentar e facer as modificacións pertinentes cando a propia marcha do

proxecto o vai aconsellando.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Manexo do software do equipamento Abalar, plataforma dixital do proxecto

e outros presentes en aulas virtuais, na rede, etc….

- Emprego de contidos educativos dixitais do espazo Abalar.

- Manexo de ferramentas básicas: Buscadores, procesador de textos,

programas de imaxe, son, ...

- Grao de difusión das actividades realizadas dentro e fóra do centro.

- Presenza das TIC na vida diaria do centro a través de exposicións,

publicación de traballos, resolución de exercicios e xogos on line…

- Grao de contribución das novas tecnoloxías á adquisición das

Competencias Básicas.

- Nivel de contribución das TIC á consecución de obxectivos na atención á

diversidade.

INDICADORES PARA EVALUAR. - Enquisas aos alumn@s e ao profesorado e familias.

- Contadores de visitas nos Blogs.

- Observación directa sobre traballos cotiás relacionados coas TIC.

- Probas escritas e orais.

- Grao de manexo da plataforma E-dixgal.

- Elaboración de actividades facendo uso das ferramentas educativas da

Page 16: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

WEB 2.0.

- Atención, motivación e participación do alumnado.

- Presenza de recusos dixitais na programación.

AS TIC NO TRATAMENTO DA DIVERSIDADE E NA ATENCIÓN A

ALUMNOS CON NEAE.

As TIC están plenamente integradas dentro da dinámica de traballo co

alumnado de NEAE , tanto na aula de PT como na de AL., traballando con

equipos informáticos e coa PDI.

ACCESO ÁS TIC EN CONDICIÓN DE IGUALDADE POR SEXOS E

CONDICIÓN SOCIAL

Todo o alumnado do centro ten as mesmas posibilidades de acceso aos

recursos TIC sen ningún tipo de discriminacón.

PLAN DE AVALIACIÓN INICIAL

A avaliación será contínua, por observación directa de cada actividade

realizada ou material empregado, servindo así de revisión sobre o traballo feito

e permitindo a corrección e o reprantexamento, se fose necesario, sobre

calquera aspecto que resultase pouco axeitado ou non permitise alcanzar os

resultados.

Para valorar as actividades teranse en conta os seguintes aspectos:

Page 17: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

- Grao de interese, do alumnado e da comunidade educativa.

- Grao de participación, por parte de toda a comunicade educativa.

- Grao de aceptación, interiorización e aplicación.

En canto á competencia dixital, valoraranse aspectos como:

- Nivel de dominio acadado por parte do alumnado e do profesorado.

- Dificultades atopadas, de calquera índole (software, medio, espaxos…).

- Medidas correctoras, se fose necesario, para reconducir calquera

aspecto.

O gran reto ao que nos enfrentamos neste curso, ademáis de todo o exposto

anteriormente, é o Proxecto ABALAR MÓBIL. Implantado no centro no mes de

setembro, xa foi comunicado ás familias e explicado á smesmas, nas titorías de

principio de curso. Tamén se incluiu un post na páxina web do centro para

apoio ás familias que enlaza co que xa ten publicada a Consellería na súa

páxina. Só nos queda botar a andar e fomentar día a día este novo proxecto

innovador que facilitará a comunicación familia_escola.

A Capela, 1 de outubro de 2015

Marina González Martínez

María del Carmen González Pardo

Aida Vila Sabín

Mar Ares Travieso (Coordinadora)

Page 18: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

ANEXO I

Acordo de cesión de uso de netbook do alumnado do equipamento Abalar para

proxecto E-DIXGAL

D./Dña _______________________, con DNI Nª ___________, pai/nai/titor legal de

________________________________________________, alumno/a do curso 5º de

Educación Primaria do centro

______________________________________________________________

É INFORMADO:

Page 19: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

1. Que o centro participa no proxecto E-DIXGAL para o uso das novas tecnoloxías da

información e da comunicación, o cal require a posta a disposición do alumnado do

centro de ordenadores para a realización das súas tarefas escolares.

2. Que o centro ten a súa disposición o netbook marca Inves, modelo

____________________ con número de serie ___________________________

ACEPTA AS SEGUINTES CLÁUSULAS DE PRÉSTAMO DO EQUIPO:

PRIMEIRA. OBXECTO.

Mediante este acordo o centro cede o uso do ordenador descrito ao alumno/a cunha finalidade

educativa para a realización de tarefas escolares coas condicións e normas recollidas neste

documento.

SEGUNDA. CONDICIÓNS DE USO

1. O/a alumno/a levará o ordenador ao seu domicilio para estudar e realizar as tarefas

encargadas polo seu profesorado. Non se poderá utilizar o citado equipo para ningún

outro uso persoal ou profesional sen a expresa autorización do centro. Ademais non

poderá cederse a terceiras persoas. A utilización non permitida do equipo será recollida

como falta no Regulamento de Réxime Interno do centro.

2. O/a alumno/a e a súa familia non poderán realizar manipulacións no ordenador nin no

software nel instalado. Deberá informarse ao titor do curso de calquera desperfecto

observado no equipo no menor prazo posible.

3. O/a alumno/a comprométese a levar todos os días o ordenador ao centro coa batería

completamente cargada.

4. O ordenador deberá devolverse ao rematar o curso e cando o centro o solicite para

realizar actualizacións, tarefas de mantemento, etc.

5. O profesorado e o coordinador E-DIXGAL do centro poderán inspeccionar o ordenador

cando o estimen oportuno coa fin de constatar o seu estado.

Page 20: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

TERCEIRA. RESPONSABILIDADE

Responsabilízome do correcto coidado e uso do equipo, respondendo da perda do ordenador

ou do seu mal uso. Isto non inclúe as avarías que podan producirse na utilización diaria do

equipo e estean recollidas na súa garantía.

Segundo a Consellería, cada centro acordará a cuantía correspondente á baixa ou perda dun

equipo. Este centro decidiu que o importe desta cuantía ascenda a un total de 300€.

En ____________________________________a ____ de_________________ de 2014

Asdo.: pai/nai/titor legal

ANEXO II

ANEXO II

PROTOCOLO DE USO DOS RECURSOS TIC DAS AULAS

ABALAR/EDIXGAL

Unha vez foi aprobado o Proxecto de fomento das Tecnoloxías da Información e

Comunicación que solicitamos á Consellería de Educación dirixido a 5º e 6º de

Educación Primaria, ponse en marcha o proxecto EDIXGAL nas aulas ABALAR que

xa ten funcionando o centro.

Cada aula conta con

As Neves - A Capela

15613 - A Coruña

Tlfno e fax: 981 459022 E-Mail: [email protected]

C.E.I.P. "Mosteiro de Caaveiro"

Page 21: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

Un proxector EPSON co seu mando.

Unha pantalla dixital interactiva

Un carro de carga.

Un portátil para o mestre

Ultraportátiles para cada alumno, co seu cargador correspondente

Estes equipos son parte dos recursos informáticos do CEIP Mosteiro de Caaveiro. Son,

polo tanto, un instrumento de traballo escolar ao que se ten aceso pola participación do

centro no proxecto ABALAR e agora no proxecto EDIXGAL.

Deberase cumprir e respectar en todo momento esta normativa de uso, incorporada no

NOF, tendo en conta que o non facelo levará consigo sancións se chegase o caso.

O correcto emprego e axeitada conservación do material de aula é responsabilidade do

grupo que ten asignado dita aula polo que, ademais das habituais normas de

funcionamento do grupo, este material está suxeito a unha normativa propia e

complementaria que pasamos a detallar:

NORMATIVA DE USO

1. Antes de coller o portátil dos carriños establecidos para gardalos os alumnos

Deixarán na súas mesas o material que o mestre considere oportuno para o

adecuado desenvolvemento da clase e así evitar ter que colocalo en situacións de

equilibrio precario.

Cada alumno/a irá ao armario por orde para evitar posibles caídas dos equipos.

Sempre se collerá ó portátil con dúas mans, de xeito que ó levalo non lles tape a

visión do camiño e tropecen.

Cada ordenador portátil ten unha etiqueta co número que lle corresponde a cada

alumno e sempre se collerá o portátil que se corresponda co seu número para que

exista unha responsabilidade persoal no coidado do mesmo.

O alumno non acenderá o portátil ata recibir a orde expresa do profesor, unha

vez rematada a exposición do traballo que van realizar.

Page 22: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

É responsabilidade do alumn@ o coidado do equipo asignado e o seu

mantemento en bo estado, evitando golpes, humidades e temperaturas extremas.

Non se colocarán obxectos de ningunha clase sobre o portátil nin cando estea

aberta nin pechada a tapa.

A pantalla é moi delicada. Non se debe tocar nunca cos dedos, só co punteiro do

portátil ou un stylus.

Ante calquera incidencia no equipo o alumn@ debe avisar ao mestre que lle

transmitirá a información ao Coordinador ABALAR

Cando o profesor teña que interromper o traballo do alumnado para dar unha

explicación baixaranse as tapas dos portátiles sen chegar a pechalos de xeito que

estes non entren en estado de suspensión.

Cada alumno/a será responsable do correcto mantemento do escritorio, carpetas

e arquivos da súa conta, velando pola súa orde e conservación.

Cando o alumno/a teña que ausentarse temporalmente da aula, baixará

totalmente a tapa do portátil para evitar posibles golpes e aforrar batería.

Os alumnos devolverán o portátil ao lugar que lle corresponde no carriño,

asegurándose de que queda conectado ao cargador. Irán por orde evitando

aglomeracións..

Os equipos son propiedade do centro, polo que queda prohibida a instalación de

calquera programa, aplicación ou ferramenta.

Page 23: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

Dentro do contexto do Proxecto Edixgal, os Netbooks poderán sacarse da aula a

aquelas outras onde o proxecto se desenvolve; ou aos domicilios dos alumnos

que forman parte do proxecto.

Aqueles alumnos que desexen levar o netbook aos seus domicilios terán que

proverse da funda para tal fin que aporta o centro. Só levanrán o ultraportátil ao

domicilio aquelas familias que o demandaran previamente.

Non utilizarán obxectos ou instrumentos puntiagudos (bolígrafos, lapis ou

rotuladores) que poden danar a superficie analóxica-resistiva da EDI

Non pegar cinta adhesiva sobre a superficie de escritura da EDI (posible

desprendemento do recubrimento exterior da mesma)

Os alumnos non deben usar o EDI sen permiso

O feito de non aceptar estas normas ou de non as respetalas traerá consigo a

restricción dos privilexios de acceso ao mesmo aos alumnos ABALAR

ASIGNACIÓN DE PORTÁTILES

Cada alumno do centro recibirá ao incorporarse a 5º E.Primaria un ultraportátil do que

será responsable mentres estea matriculado no mesmo con independencia do momento

no que fai a matrícula e ata que remate a súa permanencia no centro.

Coidados básicos do portátil.

a) Cando se estea a traballar co equipo, deberá colocarse nun lugar estable, a salvo de

posibles incidencias: caídas, golpes, evitando posibles caídas de obxectos sobre el e de

calquera outra circunstancia na que perigue a integridade física do aparello.

Page 24: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

b) Non se pode comer nin beber cando se está a utilizar o portátil.

c) Non se pode coller o portátil pola pantalla, sempre debe transportarse collendoo pola

base.

d) Evitar a exposición do portátil ao sol, á chuvia e ás fontes de calor; por exemplo, non

colocalo a carón dun radiador.

e) Está prohibido para os alumnos Abalar (6º Curso) sacar o equipo do Centro.

f) O portátil terá que estar no carriño de transporte cando non se estea a utilizar e

procurando que estea a cargar a batería.

Avarías do portátil

Comúns

a) Cando o portátil estea avariado, deberá seguirse a clase con outro compañeiro.

b) Cando ocorra unha incidencia co portátil o mestre deberá tramitar un parte de

incidencias (ANEXO I) que se entregará ao coordinador ABALAR o cal, se procede,

deberá entregar o documento ao Equipo Directivo para a súa tramitación disciplinaria e

ao asesor ABALAR para a reparación do equipo

Debidas ao uso indebido

a)Cando se detecte que a avaría do portátil ten a súa orixe nun uso indebido do mesmo

arbitraranse as medidas correctoras recollidas nesta normativa e no NOF do centro.

Page 25: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

b)Cando se detecte que un alumno está a ter avarías graves debidas ao uso indebido ou

ao coidado pouco esmerado, procederase a poner en marcha o protocolo neste tipo de

situación onde as sancións poden chegar a ser económicas recollidas no ANEXO II.

Responsabilidades derivadas do uso

Cada alumn@ é responsable do que faga co seu portátil. Terán consideración de faltas

graves ou moi graves, en función das circunstancias nas que se producen os feitos e das

súas consecuencias, as seguintes:

Calquera intento de danar equipos, materiais, datos ou programas, será sancionado polo

NOF do centro. O vandalismo levará consigo a obriga de reposición dos custos

orixinados pola reparación, compromiso que as familias asinarán a principio de curso.

(ANEXO II)

Están prohibidos:

os intentos de ver, copiar, modificar ou interferir o correo ou os ficheiros doutros

usuarios. O incumprimento desta norma será obxecto das sancións disciplinarias

que se contemplan no RRI do centro

Ver ou transmitir material ilegal ou obsceno

Revelar información persoal

Trasladar o portátil ao recreo ou fóra do centro para os alumnos ABALAR e no

caso dos alumnos EDIXGAL, sempre debe quedar debidamente rexistrada a súa

saída do centro

PROFESORADO. ELEMENTOS DA AULA ABALAR

. Durante o tempo do recreo o videoproxector permanecerá apagado

. O profesorado non permitirá que o alumnado colla/deixe os portátiles pola súa conta.

. O profesorado que imparta a última clase do día debe asegurarse de que os equipos

quedan no carro pechado dispostos para cargarse e que este está enchufado ao

dispositivo electrónico previsto a tal efecto. Deberá asimesmo asegurarse de que aqueles

alumnos que leven os Netbooks á casa o rexistren debidamente.

. O profesorado disporá dun documento no cal se relacionará cada alumno co número do

equipo portátil que ten asignado.

Page 26: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

. As conexións de internet están destinadas exclusivamente á busca de información

educativa e á realización de actividades didácticas. En ningún caso se lle permitirá a

navegación libre por internet

. O alumnado non debe usar o EDI sen permiso

DIRECTRICES E PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVO

O usuario/a ABALAR que viole as directrices e os procedementos administrativos,

estará suxeito/a á suspensión temporal ou definitiva dos seus dereitos de utilización do

portátil e da rede/sistema, e estará suxeito/a ás correspondentes sancións disciplinarias,

recollidas no Regulamento de Réxime

Interno ou nos procedementos legais oportunos.

O PORTÁTIL É UN INSTRUMENTO DE TRABALLO ESCOLAR Ó QUE SE TEN ACCESO POLO

FEITO DE PARTICIPAR NO PROXECTO EDIXGAL/ABALAR. O ALUMNADO E OS SEUS PAIS

OU TITORES LEGAIS ADMITEN DENDE UN PRINCIPIO AS NORMAS ESTABLECIDAS PARA

O SEU USO E, QUE O INCUMPRIMENTO DAS MESMAS, PODE SER OBXECTO DALGÚN TIPO

DE SANCIÓN.

AS SANCIÓNS QUE SE PODERÁN CONTEMPLAR, EN FUNCIÓN DA GRAVIDADE DO

INCLUMPRIMENTO SON:

- As que figuran no NOF do centro relativas á conservación e bo uso do material escolar e do

centro.

- Condutas contrarias ás nomas de convivencia.

- Aboamento de 300€ acordados ao principio de curso coas familas. (ANEXOII).

- CALQUERA OUTRA APROBADA POLO CONSELLO ESCOLAR E QUE SE INCLÚA NO

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO CENTRO.

A Capela, 1 de outubro de 2014

Page 27: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

ANEXO III

ANEXO III

PARTE DE INCIDENCIAS ABALAR

NOME______________________________________________________

DATA

TIPO INCIDENCIA

RESOLUCIÓN

Técnica Mal uso Olvido Outras

As Neves - A Capela

15613 - A Coruña

Tlfno e fax: 981 459022 E-Mail: [email protected]

Page 28: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte
Page 29: CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO A CAPELA CURSO 2014/2015€¦ · EI 3 anos EI 4/5 (alt) 2º (matemáticas) 3º (cs) 4º 4º I 1º (cs) Tamén dispón o colexio dun Telecentro, que comparte

29 PROXECTO TIC – CURSO 2014/2015

CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO – A CAPELA