24
Cerne O xornal da Terra de Melide Nº 115. Agosto 2015. Distribución gratuíta EMPRESA O grande éxito da Noite Aberta anima a Asetem a repetila o ano que vén P6 EnTREvISTA J.M Mariño, Parrillada Pilmar P23 MELIDE Fomento dá luz verde ao tramo local da A-54 e presuposta 12 millóns P11 CULTURA O presidente do Atlético Melide fala dos novos proxectos para o club P19 ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE 25 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña) Dous días de lume queiman 321 hectáreas en Toques Non foi o único concello da comarca afectado pola vaga de incendios deste mes de agosto. O lume tamén queimou 81 hectáreas de monte en Sobrado. P13 Melide recibe o San Roque coas mellores orquestras Combo Dominicano, París de Noia, Panorama ou Fa- nia Blanco Show tocarán na vila entre os días 14 e 20. Antonio Orozco será unha das actuacións estelares .P9 POR UNS PREZOS XUSTOS E UNHA VIDA DIGNA NO MEDIO RURAL Manifestación masiva dos gandeiros da comarca con preto de 500 tractores na estrada entre Arzúa e Melide

Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

CerneO xornal da Terra de Melide

Nº 115. Agosto 2015. Distribución gratuíta

EMPRESA

O grande éxitoda Noite Abertaanima a Asetema repetila o anoque vén P6

EnTREvISTA

J.M Mariño, ParrilladaPilmar P23

MELIDEFomento dá luzverde ao tramolocal da A-54 epresuposta 12millóns P11

CULTURA

O presidente doAtlético Melidefala dos novosproxectos parao club P19

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE

25 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca

Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)

Dous días de lume queiman321 hectáreas en Toques

Non foi o único concello da comarca afectado polavaga de incendios deste mes de agosto. O lume taménqueimou 81 hectáreas de monte en Sobrado. P13

Melide recibe o San Roquecoas mellores orquestras

Combo Dominicano, París de Noia, Panorama ou Fa-nia Blanco Show tocarán na vila entre os días 14 e 20.Antonio Orozco será unha das actuacións estelares .P9

POR UNS PREZOS

XUSTOS E UNHA

VIDA DIGNANO MEDIO RURAL

Manifestación masiva dos gandeiros da comarca con pretode 500 tractores na estrada entre Arzúa e Melide

Page 2: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

2 AGOSTO 2015

O sector lácteoen loita

CERNE 115

“Conselleira, nincon esta malleira

nos axeonllaremos”

AS FRASES

Lema escrito na cisterna dun tractor

Os gandeiros sacan 500 tractores á rúapara reclamar “prezos xustos” para o leite

Os gandeiros das comarcasde Arzúa e Melide botáronsemasivamente á rúa o pasado 10de agosto para reclamar unprezo digno para o leite e paraesixirlle ás administraciónsque adopten medidas urxentesante unha das peores crisesque recorda o sector.

Arredor de 500 tractoresacudiron á chamada da Plata-forma en Defensa do SectorLácteo e participaron durantecase seis horas dunha marchalenta pola estrada N-547 conpunto de saída e chegada enArzúa, pasando por Melide.

A comitiva comezou a rodarás 11 da mañá e dúas horas emedia máis tarde facía entradana vila melidense o primeirodos tractores, tocando a bucinae portando unha pancarta colema “prezos xustos para to-dos”. Á súa chegada os mani-festantes botaron man deironía para manifestar o seumalestar coa alcaldesa de Me-lide (PP) e co presidente daCooperativa Melisanto (taménconcelleiro popular) por nonapoiar a mobilización: “quere-mos agradecer a súa colabora-ción”, berrou un voceiro através do altofalante, “xa queparece que non teñen nada quever cos gandeiros e non que-rían vernos aquí cos tractores”.

De feito, o percorrido ini-cial da marcha contemplabachegar ata as instalacións dedita cooperativa, pero final-mente os tractoristas deronvolta cara a Arzúa na rotondado centro da vila. Precisamentenese punto, numerosos espon-táneos decidiron facer casoomiso das indicacións dosaxentes de Tráfico e entreaplausos do público congre-gado no lugar botáronse á rúapara taponar as saídas da glo-rieta cara a Lugo, A Coruña eAgolada, interrompendo porcompleto a circulación de auto-móbiles. O amago de multa aun tractorista provocou que amarcha se detivese duranteunha hora nas rúas de Melideata que sanción foi cancelada.

Na tractorada participarongandeiros de Arzúa, Touro,Boimorto, Santiso, Toques eMelide. Dentro das cabinaspuidéronse ver moitos mozose mozas, ao igual que cativos

acompañando a seus pais, noque quixo ser unha mensaxedos manifestantes para alertarde que hai futuro no agro peroestá en perigo.

Ao paso da tractorada porMelide numerosos comerciosbaixaron as súas rexas en sinalde solidariedade coas reivindi-cacións dos gandeiros. O apoiofoi máis notable en Arzúa,onde a maioría dos establece-mentos permaneceron pecha-dos dende o mediodía ata ascinco da tarde, cando chegaronde volta os tractores.

Antes de que iso acontecera,realizouse unha manifestacióna pé polo centro da vila arzuá,que rematou coa lectura dunmanifesto ante a casa consisto-rial. Nel os gandeiros deronconta do “drama” que están avivir, con prezos “que ninsequera cobren os custos deprodución e baixo ameaza dedeixar de recollernos o leite”.Acusaron á Consellería doMedio Rural de “relativizar oproblema” e esixiron que seimpida o uso do leite comoproduto reclamo nos super-mercados, que se desenvolvaa figura do mediador paragarantir unhas negociaciónscoa industria en condiciónsde igualdade e que se potencieo consumo.

Fartos de “seguir con reu-nións eternas”, segundo dixoa secretaria xeral do SindicatoLabrego Galego, Isabel Vi-lalba, os gandeiros pídenlle aoMinisterio de Agricultura quedea un golpe enriba da mesae siga o modelo francés, esta-blecendo un nivel mínimo nosprezos que garanta a viabili-dade das explotacións. A esterespecto a Conselleira do Me-dio Rural contestou que as ad-ministracións só poden tomarmedidas legais e que para se-guir o exemplo de Francia haique consultar coa ComisiónNacional de Competencia ecoa Comisión Europea: “as so-lucións máxicas quedan moibonitas para dicirllas á xente,pero cando as analizas dástede conta que esa non é a ma-neira de resolver o problema”,respondeu Quintana, quenasegurou que a Xunta xa estáa conceder axudas e a traballarna reestruturación do sector.

Tractores chegando e saíndo da rotonda de Melide

Cantón de San Roque, Melide. “A vaquiña polo que vale”

Os tractores ocuparon case todo o tramo da N-547 Arzúa-Melide

Espontáneos botáronse á rúa en Melide para cortar o tráfico

“As solucións máxicas quedanmoi bonitas peronon resolven os

problemas”Rosa Quintana

Conselleira do Rural

“Se facer manifestaciónssolucionase os

problemas, sería aprimeira en acudir”

Ánxeles VázquezAlcaldesa de Melide

“A Xunta non tenpeso político ninvontade; non sepode seguir con

reunións eternas”Isabel Vilalba

Sindicato Labrego

“O problema quédase cando

o negan”Manifesto gandeiro

“En vez de tantochamar a Bruxelas,que chamen a París

e que aprendan”Ángel Rodríguez

UUAA -Arzúa

Page 3: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

3AGOSTO 2015

Cando na escola nos

ensinaban que o sector

primario estaba na

base da pirámide non

tiñamos aínda na ca-

beza que o seu nome

non vén por ser o máis

básico, senón por ser o

que sostén de todo.

Durante moitos anos, os gandeiros foron sobre-

vivindo a crises e decisións políticas que parecían

pensadas para ir medindo as forzas dos que daban

sobrevivido. Aínda así, profesionalizáronse, saca-

ron a cabeza no medio dos paus, das cotas millona-

rias que descapitalizaron por completo a moitos

deles, e continuaron sendo a base económica deste

país. Porque os gandeiros non son só os que se

manifestan nos seus tractores: son os que estudan

os fillos (ou os netos) na universidade deste país.

Son os que enchen os maleteiros dos coches de pata-

cas, chourizos e fiambreiras cada domingo para que

os seus coman “da casa” toda a semana.

E agora, despois de venderlles un sistema má-

xico de concentración parcelaria, que chega cando

xa non hai quen traballe a terra; cando xa non é

suficiente que os gandeiros teñan máis burocracia

ca avogados, resulta que o froito do seu traballo e

da súa superación xa non vale nada.

A resposta non podía ser menor cás tractoradas

destes días, que son unha expresión de dignidade

brutal, de alma ao desnudo, polo carácter tan defi-

nido das persoas –homes e moitas mulleres- que son

gandeiras. Todo o contrario ao que dicía na prensa

algún cacique do sector, os gandeiros non teñen

tempo para andar de festa cando todos andan:

moxen cando os festeiros dormen, andan á herba

seca cando os outros enchen as praias, teñen nas

vacas un espertador natural que nunca se pode pro-

gramar nin apagar para dar outra volta na cama.

Oficios vencellados ao corazón, a toda unha vida,

que se foi construíndo dende os primeiros recibos

que deixaba o leiteiro enriba dos bidóns de aceiro.

Recuperar os prezos do leite, que é o prezo do tra-

ballo, do esforzo e da raíz dun país non é só cuestión

política. Non se trata de xustiza, trátase de digni-

dade. Mais, como dicía unha das estampas de

Castelao, na que falaban dous labregos: “Vendiches

ben a vaca? Vendín, mais aínda non me chega

pra librarme da xustiza”.

Vanessa Martínez, xornalista

Dignidade labrega

O sector lácteoen loita

CERNE 115

Os manifestantes derramaron leite nalgúns puntos do percorrido e colapsaron a circulación

13 MILLÓNS EN AXUDAS PARA A COMARCA

Paula Prado e A. Vázquez nunha granxa de Melide en xullo

Apenas catro meses despois dafin do sistema de cotas o sectorlácteo de Galicia atravesaunha situación complexa, cunterzo das súas granxas concontratos polos que lles paganmenos de 27 céntimos porcada litro de leite, circunstan-cia que ameaza a súa viabi-lidade a curto prazo.

Ante esta situación e a pre-sión do sector, o presidente daXunta, Alberto Núñez Feijóo,reuniu por primeira vez a todaa cadea de valor (produtores,industria e distribución) coGoberno central. O encontroconcluíu cun chamamentopara que industria e distribu-ción adopten compromisosfirmes e del saíron tamén va-rias liñas de axuda para mello-rar a liquidez das granxas eun investimento no sector de500 millóns de euros ata o2020 con fondos europeos.

Con estas medidas a admi-nistración autonómica queredesbotar as acusacións de pa-rálise vertidas polos sindicatosagrarios e demostrar o com-promiso que vén mantendo cosector. Así o fixeron ver taménas deputadas populares PaulaPrado e Isabel García duranteunha recente visita a explo-tacións gandeiras de Orois eBaltar, no Concello de Melide.Acompañadas pola alcaldesa,Ánxeles Vázquez, as deputa-das recordaron que a xuntainvestiu “máis de 13 millónsde euros” nos últimos cinco

anos “en medidas de apoio aosector lácteo e agrogandeiro”da comarca “tanto para a me-llora das explotacións comopara investimentos en infraes-truturas viarias de acceso azonas do rural”.

Da situación so sector anivel local tamén se falou notranscurso da última sesiónplenaria de Melide a raízdunha moción presentadapolo BNG sobre o asunto.Ánxeles Vázquez asegurouque “nesta comarca non haininguén que cobre eses prezosnin que teña leite sen recoller”,ao tempo que manifestou que“se as manifestacións solucio-naran os problemas, sería aprimeira en ir”. A rexedoraaproveitou para apuntar aseivas nas que ao seu xuízo haique traballar; unha delas dar-

lle valor engadido ao produtotransformando o leite en de-rivados. Tamén apostou porfacer das Organizacións deProdutores Lácteos axentesnegociadores que impulsencontratos colectivos e por po-ñer en marcha campañaspublicitarias que contrarres-ten a diminución no consumo.

Dende a oposición o BNGargumentou que “sen modi-ficacións lexislativas que per-mitan establecer un prezo mí-nimo, non temos opcións”. Aomesmo tempo acusou á clasepolítica gobernante de demos-trar “un alto grao de inepti-tude e parálise ante unhasituación moi grave”. O PSOElamentou que “tendo o PPpoder absoluto en Bruxelas,Madrid, Santiago e Melide,non atopedes solucións”.

OPINIÓN

Page 4: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

A sexta edición do concursoMelide de Tapas, que se cele-brou entre os días 24 de xulloe 2 de agosto coa participaciónde 14 locais hostaleiros da vila,xa ten gañadores: Casa Estiloe Parrillada Pilmar. Ese foi oresultado das deliberacións doxurado profesional e dos votosemitidos polo público, que sederon a coñecer recentementenas oficinas da Asociación deEmpresarios Terra de Melide.

En concreto, a tapa pre-sentada por Casa Estilo, deno-minada Berbequecho, foi afavorita do xurado profesio-nal, que lle outorgou unhapuntuación de 104 puntossobre un máximo de 120. Osegundo posto foi para oSaltamontes, de ParrilladaPilmar, que obtivo tan só unpunto menos, 103. En terceirolugar o xurado situou a FilloaTaboada, de Pulpería Tabo-ada, cunha puntuación de 99puntos. En cuarto posto que-dou a tapa de Xebre, no quintoa do Bar Godiva e no sexto ada Fundación.

Por outra banda, taménse entregaron os premios co-rrespondentes ao votos emiti-dos polos clientes durante osdez días de concurso. Nestecaso, a tapa favorita do públicofoi a elaborada por ParrilladaPilmar, que obtivo unha notade 2,974 sobre 3. En segundolugar quedou a tapa de Pul-pería Taboada, cun 2,965 eo terceiro posto foi para aLarpeirada presentada polaTenda Xebre. Tivo unha pun-tuación de 2,964. En cuarto,quinto e sexto posto quedaronrespectivamente as tapas deCasa Estilo, Cafetería Cire eCasa Alongos.

As tapas ganadorasBerbequecho, a proposta deCasa Estilo, é unha tapa com-posta por queixo de cabra,berberecho e albahaca sobreunha tosta de pan con tomate.Na súa elaboración AlbertoRodríguez, creador do petisco,buscou “realzar o sabor domar”. De aí que o berberechofose o protagonista da tapa:“queríamos que tivese sabor epotencia”, comentou o respon-sable de Casa Estilo pouco

Parrillada Pilmar e

Casa Estilo triunfan

no vI Melide de Tapas

despois de recoller o premio.É por iso que un dos segredosda tapa foi “abrir o moluscopoucos segundos antes deservilo”. A isto sumóuselle “otoque fresco da albahaca” e ocontraste dun “sabor forte”como o do queixo de cabra.

No caso de Parrillada Pil-mar, que participaba por pri-meira vez no concurso, a tapaconsistiu nunha pata de coelloá brasa con tomiño sobrecrema de queixo Arzúa-Ulloae tomate Cherry. Segundoconta o responsable do ne-gocio, José Manuel Mariño,decidiu enfocar a tapa “aoque mellor se nos dá no local,que é a carne á grella”.

Repercusión nas redesDurante os 10 días de con-curso os establecementosparticipantes venderon 2.300tapas. Segundo os datos daorganización e as papeletas devotación recollidas, os locaisque máis petiscos repartironforon, por esta orde, PulperíaTaboada, Casa Alongos e CasaEstilo.

O Melide de Tapas taméntivo unha notable repercusiónnas redes sociais, con máis de250.000 impactos en Twittere unha audiencia estimada de40.000 persoas.

Premios para os clientesAdemais de dar a coñecer onome das tapas gañadoras,Asetem e Elemental Chefs ta-mén sortearon oito premiosentre os clientes que partici-paron na ruta: unha noite noPazo de Eidián, unha noite noHotel Louxo da Toxa, un lotede produtos de Bodegas Me-juto, un lote de produtos deCasa Alongos, un lote de pro-dutos de Cárnicas García, douslotes de queixos da D.O. Ar-zúa-Ulloa e un pack de bote-llas de vermú galego Nordesía.Os nomes de todos os premia-dos e os seus respectivos su-plentes pode consultarse napáxina web www.asetem.com.

Ademais, por cortesía deGalicia Calidade, o establece-mento premiado polo xuradoprofesional (Casa Estilo) reci-biu como agasallo unha visita áAdega Os Eidios, en Sanxenxo.

PREMIOS DO XURADO PROFESIONAL

Berbequecho

Casa Estilo104 puntos (sobre 120)

Saltamontes

Parrillada Pilmar103 puntos

Filloa Taboada

Pulpería Taboada99 puntos

PREMIOS DA VOTACIÓN POPULAR

Saltamontes

Parrillada PilmarNota: 2,974 (sobre 3)

Filloa Taboada

Pulpería TaboadaNota: 2,965

Larpeirada

Tenda XebreNota: 2,964

ENTREGA DE PREMIOS

Casa Estilo Parrillada Pilmar

Tenda XebrePulpería Taboada

1 2 3

5 6

1 2 3

4

Larpeirada

Tenda Xebre92 puntos

Arepa Reina

Bar Godiva82 puntos

Segredo de menta

A Fundación81puntos

Berbequecho

Casa EstiloNota: 2,948

5 Toma-Tada

Bar CireNota: 2,887

6 Crema de melón...

Casa AlongosNota: 2,883

4

4 Empresa Cerne 115. Agosto 2015

Page 5: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

Empresa 5Cerne 115. Agosto 2015

No ano 2003, unha reforma da lei de prevención de ris-cos laborais introduce unha serie de cambios co obxec-tivo de combater os sinistros laborais, fomentar unhaauténtica cultura preventiva, integrar a prevención nasempresas e mellorar no cumprimento da normativa.

Entre os aspectos modificados, permítese a habi-litación de funcionarios públicos que exercen laborestécnicos en materia de prevención de riscos laborais ecolaboran coa Inspección de Traballo, contribuíndo aocontrol do cumprimento da normativa. Para favorecera integración da prevención, preséntase o plan de pre-vención que cada empresa debe deseñar contando coaparticipación do persoal e previa identificación e ava-liación de riscos. Introdúcese tamén un regulamentoespecífico para mellorar a coordinación empresarial enprevención e implántase a figura do recurso preven-tivo como unha mellora na organización dos recursos.

Que é un recurso preventivo? Trátase de un ouvarios traballadores/as designados, membros do ser-vizo de prevención alleo ou un ou varios traballa-dores/as da empresa que, sen formar parte do servizode prevención propio nin ser designados, reúnan co-ñecementos, cualificación, experiencia e formaciónen prevención (como mínimo un nivel básico de PRL).

Cando se necesita un recurso preventivo? Naque-las situacións nas que os riscos poidan verse agravadospola concorrencia de varias operacións, cando se rea-licen actividades ou procesos que regulamenta-riamente sexan considerados perigosos ou cando orequira a Inspección de Traballo.

Cales son as funcións dos recursos preventivos?Principalmente son vixiar o cumprimento das activi-dades preventivas (comprobar a súa eficacia, a adecua-ción aos riscos definidos e aos non previstos), darindicacións necesarias se son detectadas deficienciasno cumprimento das actividades preventivas e dartraslado ao empresario/a sobre a ausencia, ineficienciaou falta de adecuación das medidas preventivas.

Por todo iso, o recurso preventivo é unha figuraimprescindible, xa que se trata dun/dunha profesionalque vela polo cumprimento da prevención nun centrode traballo. Xeralmente o recurso preventivo encárgasede velar polo cumprimento das actividades preventi-vas no centro de traballo, das medidas establecidas noplan de seguridade e saúde, de realizar unha correctacoordinación de actividades empresariais e de seguiras instrucións do coordinador/a de seguridade.

cos cinco sentidos

María Botana Rocamonde

Responsable do Servicio de Prevención de Riesgos Laborales da Confederación de Empresarios de A Coruña

Consellos para a prevención de riscos laborais

5. Recursos preventivos

Cheque de 100 € para Julia Salgado

O concurso Sintoniza co teucomercio, que Asetem leva acabo en colaboración coa radiomunicipal segue repartindopremios entre a clientela dastendas de Melide. Neste caso aafortunada foi Julia SalgadoRouco, veciña de Toques, quese fixo co cheque-regalo de100 euros correspondente aomes de xullo. Poderá gastaloen calquera dos establecemen-tos asociados a Asetem. Nestemes de agosto, con motivo dafestas, Sintoniza co teu comer-cio fará un descanso. O con-curso volverá ás ondas nomes de setembro. Julia recolleu o premio en Asetem acompañada polas súas netas

Mercamelide, o 29 e 30 de agosto

Agosto tamén rematará esteano cunha nova edición doMercamelide. O Pazo de Con-gresos e exposicións abrirá assúas portas os días 29 e 30 enhorario ininterrompido de11:00 a 20:00 horas para aco-ller a máis de 30 negocios davila que aplicarán descontosde ata o 80% en artigos detodo tipo.

Previa consulta cos comer-ciantes, a data do Mercame-lide de verán foi unha dasprimeiras resolucións queaprobou a nova Mesa Local deComercio, á que se incorporouo Luis Arias como represen-tante do Concello en substitu-

A Mesa Local de Comercio aprobou a celebración do Mercamelide

Obxectivo: venda de parcelas no polígono

O Concello de Melide seguea traballar co obxectivo decompletar a venda de todasas parcelas libres do polígonoda Madanela. Con ese propó-sito a alcaldesa reuniuse coaresponsable de Xestur, MaríaPorto, e con varios empresariosinteresados para explicar“de primeira man” o procesode adquisición. No encontro ta-mén se analizou cada un dosterreos “para ver o aproveita-mento máis axeitado para cadaparcela” e abordáronse os des-contos no solo industrial quepuxo en marcha a Xunta paraincentivar o emprendemento.Vázquez valorou ademais posi-

ción de Santos López. A presi-denta é Ánxeles Vázquez e

como suplente designouse áconcelleira Rosa Cabado.

Ánxeles Vázquez e María Porto, responsable de Xestur

tivamente a aprobación dotramo Arzúa-Melide da A-54,

que suporá para o polígono“unha mellora importante”.

Page 6: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

6 Empresa Cerne 115. Agosto 2015

Clientes premiad@s na NOITE ABERTAAdemais dos descontos, que nalgúns casos chega-ron ao 80%, a Noite Aberta do comercio melidensetivo outros atractivos: servíronse nas tendaspetiscos e vermú, pallasos levaron globoflexia esorrisos tenda por tenda e un grupo musical ame-nizou as rúas dende media tarde.

O colofón á xornada púxoo o sorteo de 14 pre-mios entre todos os clientes que realizaron algunhacompra nos comercios participantes. Realizousede xeito presencial no Cantón de San Roque egrazas á colaboración desinteresada dos seguintesnegocios e marcas: Moda Dándolo, Galaica Bisute-ría, Sisuka, Multiópticas Tábora, Librería Vitorio,Xoiería Oro Lei, Mis Mejores Labores, Alain Affle-lou Melide, Electrosan, Romero Zapaterías,Muxica, Vermú Nordesía, Hotel Balneario RíoPambre e D.O. Protexida Arzúa-Ulloa.

Lupe BalboaSesión no Balneario Río Pambre

Alberto VillamorLote de queixos D.O. Arzúa-Ulloa

O día 30 de xullo o comercioasociado de Melide abriu assúas portas ata as 12 da noitee aplicou dende a media tardegrandes descontos nos seusprodutos. As tendas ofreceronpinchos e luciron unha deco-ración especial para a primeiraedición da denominada NoiteAberta.

A incerteza planeaba sobreesta iniciativa por ter o comer-cio melidense un horario deapertura xa de por si amploe por coincidir cunha épocade rebaixas próxima á cele-bración do Mercamelide.Chegado o día, despexousecalquera tipo de dúbida: oéxito tanto de vendas como

Asetem-Cca repetirá a

Noite Aberta tralo éxito

da primeira edición

de público e a satisfacciónxeneralizada das tendas parti-cipantes levaron a Asetem, aentidade promotora, a garan-tir que haberá unha próximaedición o ano que vén.

Dende a patronal manifes-tan que están “abertos a cam-bios” tanto na data como noque á incorporación de novi-dades se refire: “as primeirasedicións sempre serven paratantear o terreo e aínda queteñan éxito é unha obriga tra-ballar para que as seguintessexan mellores”, declara o pre-sidente da entidade, ManuelGarcía. Co obxectivo de quea Noite Aberta acabe tendo“unha repercusión semellante

As tendas notaron un incremento de clientela. Na imaxe, Mis Mejores Labores ateigada de xente

á do Mercamelide”, Asetemconvocará nos próximos me-ses aos seus asociados pararecoller suxestións e debatercon eles novas ideas.

Un dos principais retos deAsetem é que na próxima

tirse moi satisfeito: “os comer-cios tomaron moi en serio acampaña, entenderon o quehabía que facer, traballárona epor iso saíu ben”, declara,“Asetem é un simple media-dor, o éxito é deles”.

Noite Aberta participen “odobre de comercios” (nestaedición inscribíronse 20) eque se consiga unha implica-ción semellante á que houboeste ano. Sobre ese aspectoManuel García asegura sen-

Tlf: 982 153 232 / 679 035 713

Page 7: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

Empresa 7Cerne 115. Agosto 2015

Mary CarmuegaVale de 50€, de Sisuka

Montse Carreira (recolle a súa irmá)Pulseira de Galaica Bisutería

Pilar VarelaCamisa de Modas Dándolo

Clientes premiad@s na NOITE ABERTA

Mª Carmen SánchezXogo infantil de Librería Victorio

Pilar LeivaGafas de sol e bolsa deportiva de Multiópticas

Antonio FerroBotellas de Vermú Nordesía

Sonia DíazUn par de zapatos de Romero Zapaterías

Pino Esther CarmonaPixama de Mis Mejores Labores

Milagros RodríguezReloxo de Xoiería Oro Ley

Soraya Gude Obxecto decorativo para o fogar, de Muxica

Beni MerelasVale de 50 €, de Electrosan

Isabel CarreiraGafas de sol de Alain Afflelou

Page 8: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

8 Publicidade Cerne 115. Agosto 2015

Page 9: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

Melide 9 Cerne 115. Agosto 2015

Como alcaldesa de Melide diríxome un anomáis, con gran satisfacción e orgullo, a todos os meli-daos e melidás mediante o tradicional saúdo da Alcadíaco gallo da festividade de San Roque, unhas festas tansinaladas para nós.

As festas do San Roque falan de nós, identifí-cannos dentro dunha tradición cultural e constitúen,xunto coas outras festas da vila e parroquias, ese xeitode vida que é a expresión da nosa vila.

En primeiro lugar quero agradecer a entrega eo esforzo inestimable da Comisión de Festexos do SanRoque 2015 á hora de configurar o programa das festas,que non teño ningunha dúbida de que estarán á alturadas expectativas creadas por todos os melidaos e melidás.

Haberá actuacións e actividades para todos ospúblicos, desde música sinfónica (coa actuación comotodos os anos da Orquestra Sinfónica de Melide) atésons roqueiros, pasando polas grandes orquestras ebandas de Galicia, alén de moitas actividades variadasque se desenvolverán ao longo das festas.

Tamén quero agradecer a colaboración de todosos veciños e veciñas, dos traballadores e traballadorasdo Concello de Melide e das casas comerciais, poiso éxito das festas é algo que atinxe a todos e todas.

Espero que vos divirtades con todas as activida-des programadas e que a hospitalidade, tolerancia esolidariedade que nos caracterizan se plasmen nestasfestas para o noso propio desfrute e o dos visitantesque se acerquen á nosa localidade.

Non quero esquecerme dos melidaos e melidás,que por un motivo ou outro, non pasarán estas festastan entrañables connosco, pero que si estarán presentesno noso recordo e corazón.

E por último, no meu nome e no da Corpora-ción municipal, desexarvos unhas felices festas.

Ánxeles Vázquez MejutoAlcaldesa do Concello de Melide

sAn RoQUe 2015

O San Roque invoca as multitudescun cartel “envexado en toda Galicia”

da vila deben saber o quecusta facelos”.

Máis que músicaAdemais das actuacións musi-cais, como adoita acontecer,o San Roque complétase connumerosas actividades de le-cer, como a marcha ciclista dodía 15 ou o xa famoso Campio-nato de Tirapedras da GalizaCentral, que chega este ano ásúa novena edición. Será o día19 a partir das 11:30 horas naPraza das Coles. Tamén enclave deportiva, o domingo 16disputarase un partido de fút-bol sala no polideportivo mu-nicipal entre o Santiago Futsale o Prone Lugo. Ese mesmodía os alumnos do conservato-rio farán un percorrido musi-cal polo casco antigo.

Non podería faltar no SanRoque o Día do río (mércores

19), con xantar multitudinarioe animación musical. Tam-pouco o Día do neno (xoves20), no que os máis cativospoderán gozar das atracciónsa prezos especiais.

Como preludio do que éa festa en si, o Concello deMelide contribuíu a animar oambiente da vila coa organiza-ción do IV Mercado Medieval,que durante os días 11, 12 e 13levou á zona vella máis de 75postos inspirados en oficiosda Idade Media, dende arte-sanía e gastronomía pasandopolas xoias e os xoguetes. Du-rante as tres xornadas, en ho-rario de 11:00 a 14:30 e de18:00 a 23:30 sucedéronse nadiferentes rúas do casco velloespectáculos de malabarismoe lume, actuacións musicais,shows de maxia e represen-tacións teatrais.

Tiveron pouco tempo pero pu-xeron toda a carne no asador.A comisión de festas do SanRoque 2015, coa Asociaciónde Hostalería á cabeza, conse-guiu nun tempo record de mese medio confeccionar un car-tel “que é a envexa de todaGalicia”.

Así o define o presidente docolectivo organizador, AlbertoBuján, quen en declaraciónsa Radio Melide, recoñeceu a“moita dor de cabeza” que deuencaixar nun mesmo pro-grama as mellores orquestrasda comunidade. Non só foicuestión de “ir mirando osdías libres que lles quedaban”senón tamén de “axustar aomáximo” un presuposto ini-cialmente “moi caro” que re-matou sendo “bo” en relaciónao punto de partida.

Finalmente as pretensióncumpríronse e París de Noia,Combo Dominicano, Pano-rama, Fania Blanco Show ouCinema, entre outras orques-tras, tocarán en Melide aolongo dos sete días que dura-rán os festexos. Isto acompa-ñado pola actuación estelarde Antonio Orozco e as tradi-cionais da Orquestra Sinfó-nica de Melide e das bandasde música. Ao cartel súmanseas principais agrupacións demúsica tradicional da vilae un peche tamén en clavegalega con Sés.

“Non queremos desprezara ninguén pero pensamos queMelide necesitaba unhas fes-tas así, boas, coma as que sefacían anos atrás”, declarouAlberto Buján. A ambición dacomisión de festas respondeao obxectivo de facer da vila“un punto de referencia” econseguir que sexa “o motor”do centro de Galicia: “vai virmoita xente, vanse gastarmoitos cartos e será beneficiopara todos”, explicaron osorganizadores. Sobre o custototal do San Roque 2015 ase-guran que darán “todos osdetalles” unha vez que rema-ten os festexos pois, na súaopinión, “todas as empresas

Page 10: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

10 Publicidade Cerne 115. Agosto 2015

para unha locomotora que precisa da vosaimplicación para abarrotala non de heroes,senón de ideas que ocupen os asentosasignados a eses personaxes desagradablesdos que vos falabamos.Pero non tod@sforon quen de chagar a esta nova parada.É por eles que temos a obriga de cambiarde vía aínda que saibamos que non escollero camiño fácil nos carrexe custes persoais,e para elo somos precisos todos e todas,pois só coa forza do grupo lograremoso empuxe necesario para que se poña enmarcha coa forza suficiente para poderarribar de novo.

O filósofo Francès Jean-JacquesRousseau inventou, xa hai dous séculos,unha historia sobre un grupo de cazadoresque habitaban nalgunha parte do Amazo-nas ou África. Equipados con redes, arcose frechas saían a cazar un gran cervo paralevalo ó campamento, compartilo e poderalimentar as súas familias. Tras albiscar asúa presa deciden rodealo, formando uncírculo, amodo e sen facer ruído para nonespantalo. A súa estratexia consistía enlanzar as redes de cada un para así podermatalo coas frechas unha vez inmobi-lizado. O problema é que para levar a cabo

Un ano máis o grupo municipal doBNG non quere deixar escapar a oportuni-dade que nos brinda o xornal CERNE parafelicitar as festas á veciñanza e visitantes.

Sen lugar a dúbidas agosto repre-senta a locomotora que ciclicamente chegaá mesma estación para apear un senfínde reencontros, sorrisos, apertas e expe-riencias que infunden en todos e cada unde nós a enerxía necesaria para enfrontaro resto do ano.

Non obstante, esta locomotora noné unha máquina inmóbil, senón que parachegar ata aquí ten que ir facendo múlti-ples paradas nas que non todo é festa ediversión. En moitas desas estacións sobenaos nosos vagóns, e ocupan os seus asentos,personaxes como o desemprego, a preca-riedade, a inxustiza, os recortes sociais,a corrupción e mesmo a fame, facendocada día máis difícil o avance dun trenque debería ser recargado de esperanza,de toneladas da esperanza necesaria parater verdadeiras oportunidades de mudaras cousas.

Por desgraza, non existe unhapíldora que poidamos tomar e nos permitavivir no país das marabillas. O que existeé o pensamento crítico e a persistencia ennon aceptar esta pesada carga só porqueoutros nolo din ou porque iso é o queopinan os poderosos, a maioría, os outros.É por iso que somos máis que conscientesdo longo camiño percorrido, das nume-rosas trabas atopadas no seu avance e daimportancia desta festividade.

Temos os suficientes motivos paracelebralo, pois chegar de novo á estación daledicia non é tarefa fácil para unha loco-motora democrática, constante e viva,

o seu plan precisaban de un día enteiro e senon eran capaces de capturalo todos pasa-rían fame. Eran ademais conscientes de queo seu intento fracasaría se alguén do grupoos abandonase para cazar lebres ou se undos cazadores se despistaba e deixaba queo cervo escapase pola súa parte do círculo,destruíndo o traballo de todo o colectivo.

A alegoría de Rousseau demóstra-nos que para que os nosos esforzos colecti-vos logren o seu obxectivo é preciso xeraroptimismo na sociedade á que pertence-mos. Crer que é posible lograr algo propi-cia que fagamos todo o necesario paraque se transforme en realidade, e entón asnosas previsións optimistas cumpriranse.O mesmo serve para o suposto contrario,se cremos que algo é difícil de lograr, entónnon faremos todo o que fai falla para lo-gralo e o noso intento fracasará. Chegoupois o tempo de recargarnos de optimismopara poder pór de novo en marcha o tren,pero un tren dirixido polo pobo cara uncamiño de esperanza tan necesario.

Dende o grupo municipal do BNGde Melide desexámosvos un San Roquecargado de optimismo e esperanza.

San Roque 2015

Page 11: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

Melide 11Cerne 115. Agosto 2015

O Ministerio de Fomentoacaba de darlle luz verde aoproxecto de trazado para otramo da A-54 entre Arzúa eMelide. Superado o trámite deinformación pública e de reco-llida de alegacións que se abriuen febreiro, a resolución foi pu-blicada no Boletín Oficial doEstado (BOE) do 3 de agosto esupón un paso adiante para otreito da autovía Santiago-Lugo que máis atraso acumula.

Con todo, o ministerio mo-difica as súas previsións e fixapara 2019 o remate dos traba-llos, un ano máis tarde do con-templado nas anterioresestimacións. Así se reflicte noProxecto de Presupostos Xe-rais do Estado para 2016, pre-sentados recentemente pologoberno central e nos que seasigna unha partida de 12 mi-llóns de euros para o tramoArzúa-Melide, cantidade quepermitirá licitar e iniciar asobras o próximo ano.

En total Fomento destinaráen 2016 preto de 57 millóns

Fomento aproba o tramo Arzúa -Melide da A-54 e destina 12 millóns

de euros para a construción daA-54. Desta cantidade, resér-vanse 7,5 para o tramo Me-lide-Palas de Rei e 23,9 para oque transcorre entre Lavacollae Arzúa. Algunhas das parti-das servirán para pagar treitosque xa están en funciona-mento ou que entrarán en ser-vizo proximamente, como é ocaso do tramo entre Palas deRei e Guntín, que se abrirá ácirculación a finais deste ano.

ReclamaciónsPublicada a resolución noBOE sobre o treito Arzúa-Me-lide, o Concello saíu á palestrapara informar que aquelesbens afectados pola autovíaque non aparecían contempla-dos no proxecto de trazado se-rán revisados e valorados“adecuadamente” durante aredacción do mesmo.

Ademais, mentres se trami-ten as expropiacións, os afec-tados poderán presentar asreclamacións que considerenoportunas. Por outra banda,

no proxecto de construciónmodificarase “a titularidade ea superficie daquelas parcelascuxos propietarios acheguendocumentación suficiente”.

velocidade limitadaOs 28 quilómetros de autovíaentre Arzúa e Palas de Reiterán a velocidade limitada a100 km/h, no canto dos 120km/h xenéricos para ese tipode vías. A restrición, que secontempla no proxecto delicitación e na declaración deimpacto ambiental destes tra-mos, obedece ao cumprimentodas normativas que obrigana limitar a velocidade candoas autovías atravesan zonasprotexidas ambientalmente(como a Serra do Careón),espazos agrícolas ou viadutos.

Non serán os únicos tra-mos limitados. O que transco-rre entre Guntín e O Picato, xainaugurado, tamén ten veloci-dade limitada. Se as normasnon cambian, as restriciónsafectarán a 50 km da A-54.

Obras nun dos tramos da A-54 (Jesús Ponte)

Tramo xa inaugurado entre Guntín e Monte Meda (Azierta)

O Parque Rosalía de Castropermanecerá por tempo inde-finido sen randeeiras, tobo-gáns nin balancíns para oscativos. O goberno local deci-diu retirar todo o mobiliarioda área infantil ante o “elevadoperigo” que supoñía o malestado dalgúns dos xogos.

Logo da voz de alarma lan-zada por algúns pais e tras pe-char as instalacións durantevarias semanas e colocar car-teis informativos, o executivomunicipal decidiu cortar polosan e desmantelar por com-pleto a área de xogos “paraevitar calquera incidente quese puidera producir”. A deci-sión amparouse nun informeelaborado polo arquitecto doConcello no que se daba contade que o material empregadono parque “se desintegra paraconverterse en serrín”.

O parque Rosalía de Castrofoi construído hai cinco anose á hora de buscar responsa-bilidades na súa rápida dete-

Proceso de retirada do mobiliario e detalle da madeira podre

Retiran os xogos do Parque Rosalíapolo perigoso estado que presentaban

rioración a alcaldesa, ÁnxelesVázquez, bota a vista atrás eculpa ao bipartito BNG-PSOE.Segundo deu a coñecer a tra-vés dun comunicado, en rela-ción cos xogos da área infantil“non consta en ningún delesa acreditación de cumprir coanormativa da CEE nesta mate-ria, ao tempo que tampoucoconsta no concello ningunha

ficha ou inventario que acre-dite o cumprimento en mate-ria de seguridade”.

A isto os populares enga-den que a infraestrutura, quecustou 325.000 euros, foifeita en varios proxectos ea través de contratos menores,o que imposibilita que se llepoidan pedir responsabilida-des a ningunha das empresas

xa que, aseguran, “en ningúndos proxectos figura o parqueinfantil como tal”.

A área infantil terá que serconstruída de novo, algo parao que non hai data concretanin cartos suficientes nestemomento, segundo adiantou xao mes pasado o goberno local.Haberá que agardar ao próximoano para incluír unha partidanos presupostos de 2016.

Mal estado xeralÁ marxe da área infantil, oPSOE de Melide aproveitou oúltimo pleno municipal paradenunciar o “mal estado xeral”que presenta o parque Rosalíade Castro. Aseguran que édoado ver excrementos decans, acumulación de excre-mentos de paxaros, bancosrotos ou céspede seco. Instanao goberno local a “realizarinmediatamente un plan dearranxo que permita facer unmellor uso e que evite un posi-ble risco sanitario”.

Dende o PP aseguran que omantemento é correcto peroque resulta difícil combater osefectos das bandadas de estor-niños que se asentan no lugar.

A Xunta de Goberno Localaprobou a contratación deasfaltados en 12 rúas docasco urbano e 8 pistasdo rural por importe de358.777 euros con cargoaos fondos do ProgramaPAI 2015. Os traballos re-alizaranse ao longo dospróximos meses nas se-guintes vías: Martagona,Curros Enríquez, VistaAlegre, Juan XXIII, PastorBarral, Alcalde ManuelSalgado, Alcalde AntonioRon, Circunvalación Cam-po da feira, AlmiranteBrown, Mestre Nilo CeaRodríguez, San Cosmee Eduardo M.Turner.

No rural actuarase nasseguintes pistas: Castiñei-roa-Xubial, O Leboreiro,acceso á area recreativade Furelos, Folladela, AVeiga, Alvite, Romeau eSobradelo-Igrexa de SanCosme.

Asfaltado de 12rúas e 8 pistas

Page 12: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

12 Melide Cerne 115. Agosto 2015

Os socialistas de Melide apro-veitaron o primeiro pleno ordi-nario do mandato para poñerenriba da mesa a petición dedimisión do concelleiro de Sa-nidade, Benito Nebril. Destexeito levaron á esfera institu-cional a denuncia que xa fixe-ran pública hai escasas se-manas sobre o suposto males-tar que existe entre os traballa-dores do centro de saúde pola“actitude despótica” do edil (ta-mén médico do ambulatorio),un malestar que segundo oPSOE derivou no envío dun es-crito de protesta á Xerencia deXestión Integrada de Santiago.

Co obxectivo de esixir res-ponsabilidades políticas e pe-dir explicacións sobre o asunto,os socialistas presentaron nopleno unha moción urxenteque foi tombada ás primeirasde cambio pola maioría de vo-tos do PP. Aínda sen a obrigalegal de abrir un debate sobre otema, produciuse un intercam-bio de argumentos no que Án-xeles Vázquez saíu en defensa

vázquez arroupa o edil de sanidadee rexeita a dimisión que pide o PSOE

do concelleiro e asumiu toda aresponsabilidade: “respondopor el e pola súa profesionali-dade”, dixo a rexedora, quenlamentou que “se poña encuestión alguén que leva trinta

anos exercendo e nunca tivounha soa queixa de cidadánsnin de compañeiros”.

Vázquez asegurou non terconstancia de ningún escritonin notificación por parte doSergas e instou aos socialistasa “ter respecto institucional” ea “diferenciar o ámbito políticodo ámbito profesional”. Aomesmo tempo acusounos de“ter unha mala dixestión polí-tica” e recomendoulles “non

A Xunta de Galicia fíxolle en-trega ao Concello de Melidedun vehículo adaptado comocoche patrulla para a PolicíaLocal e dun furgón de emer-xencias para a agrupación deProtección Civil.

Os vehículos foron entrega-dos mediante un acordo decesión por dous anos, permi-tindo o seu uso durante80.000 quilómetros e coa po-sibilidade de ampliar o conve-nio por outras dúas anua-lidades. Ademais de Melide,tamén resultaron beneficiadosos concellos de Ames, Boiro,Carnota, Cariño, Fene, Corcu-bión, Fisterra, Muros, Ordes,Oroso, Ribeira, Porto do Son eTeo. As concesións fixéronseatendendo a criterios como aratio entre policías e habitantesou a antigüidade dos vehículose só en concellos con menosde 50.000 habitantes.

Brigadas contra o lumeTamén en materia de segu-

Os dous vehículos novos aparcados na Praza do Convento

Melide recibe un coche patrulla e unfurgón para os corpos de seguridade

ridade, neste caso antiincen-dios, a Xunta puxo o foco so-bre Melide, que é o concello daprovincia que máis efectivossolicitou e conseguiu impulsara creación de tres brigadaspara a loita contra o lume.

Están constituídas cadaunha delas por seis membrose realizan actividades de lim-peza como a roza e a elimina-

ción de restos en terreos mu-nicipais, de dono descoñecidoou en vías nas que é imposibleacceder con máquinas. Ade-mais cooperan na defensacontra os lumes integrándoseno dispositivo do Distrito Fo-restal ao que pertence Melide.As tres brigadas contan coapoio doutros tres condutoresde motobomba.

seguir por esa liña”.

“Escasa sensibilidade”Pola súa banda o voceiro doPSOE, José Antonio Prado,acusou aos populares de “estaramparando unha mala condutadun político” e retou a BenitoNebril, que non interveu enningún momento, a tomar apalabra e expoñer os seuspropios argumentos: “por querenuncia a defenderse e a diciraquí que o PSOE está men-tindo?”, respondeu Prado. Aomesmo tempo criticou a“pouca sensibilidade” da alcal-desa por facer caso omiso dunescrito “que está presentadocon acusacións gravísimas” eque “asinou o 70% dos traba-lladores” do centro de saúde.

Os populares, para quen oasunto está zanxado, deixaroncaer a posibilidade de que Ne-bril emprenda accións legaiscontra o PSOE: “é unha ilegali-dade que vós teñades ese papele a persoa afectada non”, con-cluíu Ánxeles Vázquez.

J.A Prado: “hai unescrito presentadoe asinado polo 70%dos traballadores

con acusacións moi graves”

Que facemos con eles?

FOTO-DEnUnCIA

Son moi bonitiños. Dá gusto velos voar e sorprenden candovan en bandada e mesmo son quen de conformar unha nubenegra que reta a luz do sol. Pero xa se están facendo algo pesa-dos. Os estorniños invaden a vila cada serán deixando o mobi-liario urbano feito unha... feito un excremento, como o casodeste banco do parque Rosalía de Castro que máis ben pareceo pau dun galiñeiro, vítima das xenerosas dixestións destespaxaros. Como árbores hai poucas, os estorniños fan taménfesta sobre os edificios, deixando algunha que outra plumade recordo nos patios de luces. Non é broma, é un problema.E que facemos con eles? Pídense ideas.

O BNG de Melide quere quea alcaldesa lle pida perdónao pobo pola actitude man-tida durante a manifestaciónde gandeiros que transco-rreu polas rúas da vila o pa-sado día 10.

Os nacionalistas denun-cian que, lonxe de apoiar atractorada e facer acto depresenza, Ánxeles Vázquezfoi ese día á sesión vermú dasfestas de Maceda. “A alcal-desa debe dar explicaciónsante o sector pola súa falta deapoio”, esixe o voceiro dosnacionalistas, Xosé Igrexas,“ou non lle queda outra quedimitir por honradez e pornon cumprir coas súas fun-cións nun concello ruralcomo é Melide”. O BNG con-sidera que a postura mantidapor Vázquez ante a crise do

Critican a actitude da alcaldesaante a protesta dos gandeiros

sector lácteo é “lamentable” ecritica que o tenente de al-calde e presidente da Coope-rativa Melisanto tampoucoaparecese na manifestación.

Ao fío da protesta, a al-caldesa explicou na radiomunicipal que as manifesta-cións non arranxan proble-mas e que “hai distintasaccións que se poden levar acabo” para apoiar aos gan-deiros. “A máis importante”,dixo, “ e na que eu estivendándoo todo, é a consecuciónde 3,5 millóns de euros paraque Lasurgal xunto coa coo-perativa ICOS faga aquí atransformación do soro. An-tes facíase no exterior e agoravaise facer en Melide. Esaé a mellor nova que ten o sec-tor lácteo dende hai moitotempo nesta comarca”.

O BNG denuncia que Ánxeles Vázquez “foi de festa en plena tractorada”

Concello de Melide

PSOE Melide

Page 13: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

Comarca 13Cerne 115. Agosto 2015

O concello de Toques conver-teuse na segunda fin de se-mana de agosto no epicentroda vaga de incendios que afec-tou a Galicia. O lume queimouno municipio 321 hectáreas demonte baixo e arborado, 112das cales pertencían ao espazoprotexido da Rede Natura. Oincendio permaneceu activocase dous días, 45 horas exac-tamente, e a súa extinción re-quiriu un amplo despreguede medios: 9 avións, 7 helicóp-teros, 19 motobombas, 31 bri-gadas e 14 axentes forestais.

O lume comezou a arder odomingo día 9 pouco despoisdo mediodía a carón da víaque comunica Villamor conGoiás. Segundo explica o al-calde de Toques, José ÁngelPenas, “nun principio parecíafácil de controlar” pero “porfalta de medios ou por excesode confianza” as lapas acaba-ron cruzando a pista e a partir

Toques reclama unha mellor xestiónda Rede natura para evitar incendios

dese momento o lume “des-controlouse e xa foi imposiblede frear”.

Casas ameazadasOs momentos de maior ten-sión producíronse cando oincendio chegou a ameazar osnúcleos habitados de Villamore Irago de Abaixo, aos que orío lles fixo un favor: “foi unhabarreira importante e axudoua frear o lume”, comenta o re-xedor, quen destaca que amaior presenza de medios foideterminante para evitar queas casas resultasen afectadas.

Non foi o único susto, poisavanzada a tarde as lapastamén ameazaron a aldea deSan Martiño e posteriormentePena Trigueira e Penagundín,xa dentro do termo municipalde Melide.

Lume sobre queimadoA falta dos informes oficiais da

Consellería do Medio Rural,José Ángel Penas sinala que“hai moitas probabilidadesde que o incendio fose provo-cado” e recorda que hai exac-tamente nove anos ardeu amesma zona.

Ao seu xuízo, situacións se-mellantes volverán a repetirsese non se xestiona doutro xeitoa Rede Natura: “ata agora omonte incluído nela estivocompletamente abandonado”,di, “se queremos espazos pro-texidos hai que xestionalos”.Ao mesmo tempo aseguracomprender a indignación dosveciños, “que non poden nintocar as fincas para limpalas elogo ven como se convertennun polvorín”.

Ademais do incendio de To-ques, o lume tamén queimou65 hectáreas de monte rasoe 16 de monte arborado naparroquia de Codesoso, conce-llo de Sobrado.

Na extinción do lume participaron 9 avións e 7 helicópteros

Vista do incendio dende Melide, a onde chegaron o fume e a cinza

A Asociación Deportiva deCazadores de Melide estreapresidente tras vinte e cincoanos con Manuel García Váz-quez á fronte. Relevarao nocargo Juan González Gonzá-lez, veterinario de profesión evencedor das eleccións á xuntadirectiva que a sociedade cele-brou o pasado 19 de xullo.

A candidatura liderada porJuan González recibiu 140votos fronte aos 90 que obtivoa lista encabezada por RamónTorreiro Otero. Rexistrouseademais un voto en branconuns comicios cunha elevadaparticipación (87,5%) nos queacudiron ás urnas 231 dos 264socios con dereito a voto.

A nova xunta directiva estáintegrada por 13 persoas.Dela forman parte, ademaisde Juan González como presi-dente, José Luis Tarrío Prieto(vicepresidente), FranciscoSalvado Boo (secretario) eJosé Mourazos Buján (tesou-reiro). Como vogais figuran

Juan González, novo presidente daAsociación de Cazadores de Melide

David Balado Segade, JoséVázquez Valiño, Jesús GómezGarcía, Carlos Blanco Gonzá-lez, José Ramón Garea Fer-nández, Rufino García Mahía,José Luis Sueiro Sánchez,Emilio Ramos Barreiro e JesúsAbel García Santos.

Crear un clima cordialO novo presidente asegura que

foi “a insistencia dos compa-ñeiros de caza” a que o levou aoptar ao cargo e a superar asreticencias iniciais: “aínda queé unha sociedade pequena, sa-bía que en Melide había unambiente raro entre uns caza-dores e outros e que iso me íadar que facer”. Con este puntode partida, o principal obxec-tivo de Juan González será

crear un clima de cordialidadee “devolver a harmonía aogrupo”. Nesa liña explica que“hai dous bandos con visiónsdiferentes pero eu lévome bencon todos e a ver se logro quehaxa bo ambiente e poidamosgozar da caza sen problemas”.

Mingua de exemplaresOutro dos retos que ten JuanGonzález enriba da mesa émanter o número de pezas decaza no coto melidense, min-guado ano tras ano debido apestes e enfermidades, sobretodo no que ao coello e á lebrese refire: “a situación está fatalen toda Galicia e co coello te-mos unha desgraza dende haicinco anos coa peste da hemo-rraxia vírica”, explica, “os quese botan nas repoboacións xavan vacinados pero o trata-mento só é efectivo duranteseis meses e despois quedanexpostos igual”.

Este ano ceibaranse nosmontes locais arredor de1.200 coellos (xa mercadospola anterior directiva) e ta-mén perdices, a outra especiede caza menor característicado coto melidense.

O equipo de goberno deSantiso aprobou no plenode organización do Conce-llo unha dedicación exclu-siva para o alcalde, ManuelAdán (BNG), e outra par-cial para o tenente de al-calde, Fernando Suárez(PSOE). O primeiro co-brará 1.912 euros brutos aomes e o segundo 1.808. OPP cualificou de “excesiva”esta última retribucióne definiuna como “unhaburla ao pobo”. Os socialis-tas argumentaron que estádentro da lei e que os cus-tos dos membros da corpo-ración son inferiores aosdo anterior mandato.

Sobre o reparto de áreas,o BNG xestionará urba-nismo e obras, cultura, tu-rismo e promoción econó-mica. O PSOE medio am-biente, persoal e servizos.

O goberno deSantiso aprobaretribucións e

reparto de áreas

O lume queimou 321 hectáreas de monte no municipio

José González

BNG Toques

Adolfo Álvarez

Page 14: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

14 Comarca Cerne 115. Agosto 2015

Os Conselleiros de Cultura ede Medio Ambiente visitaron amediados de xullo o mosteirode Santa María de Sobradopara celebrar oficialmente ainclusión do edificio como bensingular dentro da declaracióndos camiños do Norte e Primi-tivo como Patrimonio Mun-dial da Humanidade.

Tanto o alcalde do muni-cipio como o prior do mosteiroaproveitaron a ocasión para

Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, durante a súa intervención no acto celebrado no mosteiro

demandar maior implicaciónda Xunta na conservación edinamización dos mosteiro:“as novas oportunidades quese abren deben reflectirsenun investimento acorde coatranscendencia da declaraciónda UNESCO”, sinalou o rexe-dor, Lirsardo Santos.

Pola súa banda o prior, Car-los Gutiérrez, convidou aosresponsables da Xunta a“seguir implicados y compro-

metidos en el mantenimiento,conservación y mejora deeste edificio emblemático”. Ávez recordou que xa no ano1.733 se documentou o pasode 8.000 peregrinos polomosteiro.

Os conselleiros presentarona nova Lei do Solo, cun capí-tulo específico para patrimo-nio, como unha oportunidadepara poñer en valor os cami-ños e os seus monumentos.

O alcalde de Sobrado, o socia-lista Lisardo Santos, terá quenegociar a composición daXunta de Goberno Local. Aproposta que presentou aorespecto no primeiro plenodo mandato non resultou doagrado da oposición, que fixovaler a maioría que suman osseus votos para obrigar aorexedor a deixar o asunto enpunto morto e retomalo nopróximo pleno.

Os dous concelleiros de To-dos por Sobrado (TxS) mani-festaron dende o primeiromomento a súa oposición aconstituír unha Xunta de Go-berno Local argumentandoque “por número de habitan-tes non é obrigatoria”. Comoalternativa propuxeron que“as decisións que non sonespecíficas do alcalde se man-teñan no pleno, xa que é oórgano máis transparente e o

O goberno en minoría de Sobradoatopa a primeira pedra no camiño

único ao que asisten os veci-ños”, explicou Chus G. Souto.

Ante isto o alcalde asegu-rou que “claridade vaina habersempre e legalidade tamén”,ao tempo que xustificou a cre-ación da Xunta de GobernoLocal na necesidade de “axili-zar o funcionamento do Con-cello e darlle unha saída máisrápida a certos temas”.

Nun punto intermediosituouse o PP, partidario deconstituír dito organismo perocontrario a que estivese inte-grado só por concelleiros doPSOE. “Xa que non hai maio-ría, propoño deixar o puntoenriba da mesa e levar aopróximo pleno unha xunta degoberno negociada”, solicitouo ex alcalde e actual voceirodos populares, Jacobo Fer-nández. Dita proposta foiapoiada finalmente por TxS:“nós somos contrarios á crea-

ción, pero xa que se vai cons-tituír preferimos esperar e quese falen as cousas”, explicou avoceira dos independentes.

Como consecuencia, o go-berno local viuse na obrigade aparcar a súa iniciativa edisporá agora de dous mesesata o próximo pleno para ne-gociar coa oposición a crea-ción e composición da xunta.

RetribuciónsO pleno serviu ademais paraestablecer a organización doConcello e para aprobar a de-dicación exclusiva de LisardoSantos, que percibirá 39.900euros brutos anuais en 14 pa-gas. Os concelleiros recibirán50 euros por asistir ás comi-sións informativas e 100 eurospor asistir aos plenos, que secelebrarán os últimos venresdos meses de marzo, xuño, se-tembro e decembro ás 19:00.

A oposición obriga ao PSOE de Lisardo Santos a deixar enribada mesa a creación da Xunta de Goberno Local

Piden para o mosteiro de Sobrado uninvestimento “acorde” ao novo status

Xosé Núñez, presidente de honra da Banda de Visantoña,aproveitou a celebración do seu aniversario para presentar naterra que o viu nacer hai 93 anos o seu último libro, La seriedaddel catalán y la sabiduría del gallego, un ensaio publicadopor Ediciones Cardeñoso no que este polifacético veciño deSantiso conta as súas vivencias en Galicia e Cataluña “relatandofeitos reais ao cento por cento”.

Con este son xa 16 os libros de diferentes temáticas que levapublicado Xosé Núñez, quen tiña especial interese en facer apresentación en Visantoña: “creo que todo o que fixen por aíadiante foi sempre pensando en que son de Visantoña”, dixoante os amigos e familiares que o acompañaron no acto, “de feitoo máis importante que fixen na miña vida foi ser de Visantoña”.

Xosé núñez presenta novolibro no seu 93º aniversario

Xosé Núñez, acompañado por amigos, no Mesón de Visantoña

Page 15: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

Publicidade 15Cerne 115. Agosto 2015

- Fotos antigas do Catastro de Melide- Concentración parcelaria- Legalización de pozos, traídas de

auga, etc...

JAVIER LÓPEZ LÓPEZENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049

- Partición de herdanzas (partixas)- Informes periciais e valoracións- Proxectos agrícolas

Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected]úa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña)

peritosmelide.blogspot.com.es

- Medición de terreos- Catastro- Segregacións e agrupacións- Imposto de sucesións

Page 16: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

16 Publicidade Cerne 115. Agosto 2015

- BOCADILLOS

- TAPAS

- HAMBURGUESAS

- PRATOS

COMBINADOS

- RACIÓNS

- TERRAZA

INTERIOR

APERTURA

Taboada Roca, 3 - MELIDE

Tlf.: 620 21 95 91

BIG BENIRISH

TAVERN

MELIDEZONA DOS VIÑOS

Estamos de voltaAgardámoste!

Page 17: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

Publicidade 17Cerne 115. Agosto 2015

CARNICERÍA

MELIDE

Ronda de Pontevedra, 42 - 44

TENREIRA GALEGA 100%

AMPLA SELECCIÓN DE QUEIXOS CARNE AO CORTE DE 1ª CALIDADE

EMBUTIDOS DAS MELLORES MARCAS

MELIDE

Nova xerencia

XAMÓNSTORRE DE

NÚÑEZPor calidade, prezo e

servizo a túa carniceríaestá en

Page 18: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

18 Publicidade Cerne 115. Agosto 2015

1º ANIVERSARIO

Xaneir O mellor da tradición e a innovación hostaleira

en Melide

Cafetería-Pensión

37

ANOS

5ºAniversario

Page 19: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

Cultura e lecer 19Cerne 115. Agosto 2015

CESÁREO IGLESIAS, PRESIDENTE DO ATLÉTICO MELIDE

“Un dos meus obxectivos é facer en Melide un campo novo para o Atlético”

Despois dun período de turbulencias, as augas semellan volver ao seu no

Atlético Melide, con Cesáreo Iglesias como presidente e unha nova xunta

directiva constituída hai pouco máis dun mes. Home con declarada paixón

polo fútbol e experiencia na xestión, o futuro do seu proxecto para o club

pasa por pechar nos próximos días un acordo de colaboración económica

cunha firma “de primeiro nivel”. Feito iso só resta “medrar”: a construción

dun campo propio para o Atlético e a creación dun equipo B e outro de

fútbol sala son algúns dos seus principais obxectivos a medio prazo.

“Estamos a piques de pechar

un acordo decolaboración

cunha firma deprimeiro nivel”

-O Atlético Melide vén deatravesar un momentocomplicado a nivel econó-mico. A situación chegoua ser crítica?-Cesáreo Iglesias (C.I.): oque podo dicir ao respectoé que unha vez que entrei nadirectiva e vin friamente o quehabía, aquilo deume medo;o equipo tiña sete socios e unempeño descomunal. O queme entregaron en 2013 candome puxen á fronte foi un foliocon tres conceptos no capítulode ingresos. O orzamento nonchegaba aos 3.000 euros ea débeda recoñecida era de8.000. Despois descubrín queera incluso superior. O desfasenos presupostos era enorme eo equipo estaba hipotecadopor moitos anos.

-Deduzo que a xestión quese realizou ata daquelanon foi a mellor das posi-bles...-C.I.: Levo moito tempo nomundo do fútbol, en Arzúa es-tiven 18 anos, e sei o que podefacer unha directiva. Aquí vincousas que non me coincidían;dende subvencións que se co-braban en contas de directivosata facturas que aínda nonapareceron a día de hoxe. Ato-pei que na Federación Galegade Fútbol se debían case 3.000euros da mutua e das fichasdos xogadores, corresponden-tes ás anualidades de 2012 e2013. Déronnos 48 horas deprazo para ingresar o diñeirobaixo ameaza de que o equiponon competiría e tiven queadiantar os cartos do meupeto. Outro exemplo do queencontrei foi a xogadores queestaban competindo sen terseguro. Un deles tivo un golpee tamén lle tiven que pagareu a mutua. Esa era a xestiónque se facía.

-Foi difícil romper coa

herdanza e saír desasituación? -C.I.: Non, non foi difícil. Euxa sabía o que había e o meuerro foi non facer cambios an-tes na xunta directiva. Pero eusempre fun un home de paz,de confiar na xente, de tratarde reconducir as situacións...ás veces por amizade ou por

compañeirismo tárdase en to-mar decisións que sabes queson necesarias. Equivoqueimeao non ter feito cambios antes.

-Eses cambios aos que serefire realizáronse haipouco máis dun mes. Quepersoas forman parte danova xunta directiva?-C.I.: Estamos sete persoas:eu, que son o presidente; Ós-car Vilariño Mallo, secretario;José Manuel Simón Martínez,tesoureiro; Aurora Piñeiro Ro-dríguez, contadora; e SergioVigo Villaverde, Alberto Seo-ane Mella e Iván Mosteiro Re-fojo como vogais. En poucosdías agardamos que haxaalgunha nova incorporación.

-A día de hoxe, cal é a situa-ción financeira do club?-C.I.: O club este ano quedoucun superávit de algo máis de2.000 euros. Certo é que faltao pago da prima dos xogado-res, que é bastante e quedouaprazada. No Atlético Melide

pagamos igual ca o resto deequipos pero temos menosingresos porque non dispoñe-mos do campo para explotaloa nivel publicitario. Nese as-pecto temos as mans atadas.Eu cheguei aquí hai dous anosco propósito de levantar oequipo, vin que necesitabamoscartos e púxenme a buscar unsponsor. Iso ocupou moitashoras do meu tempo pero adía de hoxe podo dicir que estápracticamente pechada a cola-boración dunha firma impor-tantísima de primeiro nivel. Asúa axuda vai ser moi positivapara o club e permitiranosfacer moitas cousas.

-Con estas boas perspec-tivas, cales son os obxec-tivos de futuro? -C.I.: O que menos me im-porta de cara ao comezo daliga, e mira o que digo, son osresultados do equipo. Teño asdoazóns a punto de carameloe que cheguen a bo porto é oobxectivo que me quita o sononeste momento. O segundo élevantar as alfombras e inves-tigar o que pasou no club anosatrás. Quero demostrar que oConcello, a Deputación e aXunta lle pagaron subven-cións ao club que nunca virona luz. A ver onde van... teñocatro ano por diante para acla-rar todo. O terceiro obxectivoé facer en Melide un campode fútbol novo. Estou nisoe xa conseguín pechar unhareunión con responsables daXunta para o mes de outubro.De cara a ese encontro, contocon saber xa o capital privadodo que imos dispoñer. Inclusoestá buscada a localización,aínda que de momento prefironon desvelala. O proxecto queteño para Atlético precisa duncampo propio. Tardarei anos,pero vouno conseguir.

-volvendo ao presente e

ao terreo deportivo, comose presenta a tempada?-C.I.: De momento, como ataagora houbo tantos proble-mas, competirá o equipo sé-nior e a ver se xuntamos obenxamín e pre-benxamín. Oque se fixo o ano pasado foiun auténtico desastre pero fi-xemos unha limpeza e agoramesmo estou moi feliz cos seishomes cos que conto. O ades-trador vai ser Ramón LamasSánchez e vai ter un prepara-dor físico. Para os cativos vanestar catro adestradores: Laya,Fran, Marcos e Teto. Por ou-tra parte, xa comentei coadirectiva de deixar autorizadoun equipo B. Non descarto

que poidamos comprar unhapraza. Hai varios equipos queestán na corda frouxa e sechega a doazón que estamosesperando nas próximas se-manas, pode ser viable. In-cluso poderíamos preparar unequipo de fútbol sala, do quese encargaría Óscar Vilariño,que xa foi porteiro do Lobelle.

- Por que se interesou poloAtlético Melide?-C.I.: Porque me encanta ofútbol. Xa estiven moitos anosen Arzúa. Deixeino porqueme morreu un fillo pero naceuoutro, acabou xogando noAtlético, e aí empezou outravez todo de novo.

Page 20: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

20 Cultura e lecer Cerne 115. Agosto 2015

Abrazo das idades con homenaxe

A Asociación Cultural Cha-ramela celebrou o pasado 8de agosto a sexta edición doEncontro Interxeneracional daTerra de Melide, tamén deno-minado “O abrazo das idades”.No marco desta iniciativa rea-lizouse unha homenaxe aogrupo de música tradicionalFroito Novo en tanto que aolongo dos seus máis de 40anos de vida son o máis claroexemplo desa convivenciaestreita de xeracións que se quere fomentar a través do Abrazo das Idades.

Iv Ruta Cabalar do Bocelo

Preto de 200 cabalos partici-paron na IV edición da RutaCabalar do Bocelo chegadosde diferentes puntos da xeo-grafía galega como Ferrol,Lugo, Guntín, Guitiriz, Oza-Cesuras ou Ordes. Pola mañárealizouse unha ruta polomonte e un concurso de mor-foloxía de pura raza galega.Tralo descanso para gozar dunxantar a base de polbo e chu-rrasco, na xornada de tardehoubo unha carreira de cabalos trotóns co correspondente entrega de premios.

Escuela Ayude estréase en boxeo

A Escuela Ayude conseguiu noscampionatos de España de bo-xeo olímpico infantil a súa pri-meira medalla a nivel nacionalnesta disciplina. O artífice foiRubén Simón, que se fixo coaprata. En 4º posto quedouNahum Ayude. Os dous contri-buíron ao éxito da seleccióngalega, que se proclamou cam-pioa de España por equipos.A próxima competición seráo europeo de kick boxing.

Nas margens do tempo, de Antom Laia

O escritor local Antom Laiapresentou en Casa Alongos oseu segundo libro de poemas,Nas margens do tempo, untraballo onde de novo fai unexercicio de introspecciónpara traer ao presente recor-dos e vivencias persoais dainfancia. No acto estivo acom-pañado por Tomás Roures,autor da portada e dos grava-dos que ilustran algúns poe-mas. Tamén pola música deMini e Mero. O día 14 Laia fará a presentación na librería Sisargas, na Coruña.

XXXIII Torneo de fútbol sala

Xa está en marcha a 33ª edi-ción do torneo de fútbol salaque cada verán organiza o Cire.Dende o 4 de agosto 26 equi-pos sénior compiten por chegará final e facerse con algún dospremios en metálico reserva-dos para esta categoría: 600,300 e 100 € para os tres pri-meiros clasificados. Tamén haicompetición nas categorías fe-minina, prebenxamín, benxa-mín, alevín, infantil e cadete.As finais disputaranse todas o día 30 de agosto entre as 17:00 e as 23:00 horas.

Tenis con “T” de Toques

Toques viviu un mara-tón de tenis o pasado7 de agosto co torneoindividual amateur noque participaron 48deportistas nas cate-gorías sénior, sub 16 esub 11. Nesta última aarzuá Andrea Vigoproclamouse campioae revalidou o títuloque xa obtivera enSemana Santa. Na ca-tegoría sub 16 alzouse

co título de campión o me-lidense Anxo Ares. Nos sé-nior, Martín Conde venceua Roberto Pérez nunha

Exposición: Retablo da Terra do Medio

Retablo da Terra do Medio éo título da mostra de VítorMejuto que ata o 28 de agostose poderá visitar na sala deexposicións da Casa da Cul-tura. Vinte anos despois dasúa primeira exposición navila, este artista nacido noBarreiro regresa á súa terranatal cun traballo compostopor once obras en papel edúas en tea nas que reflexionasobre o retablo barroco galegodende o punto de vista da abstracción xeométrica, a disciplina que el cultiva.

Rematando o verán co Circo Toquiño

final moi axustada e fíxoseco título por terceira vez.No outono disputarase otorneo de dobres mixto.

Turismo Melide

Os nenos e nenas doscampamentos de To-ques puxeron fin ásactividades de veráncun Circo Toquiño noque amosaron todasas súas habilidades esimpatía. Para despe-dir estas semanas deconvivencia, os cati-vos tamén foron deexcursión ao parquenatural da Muiñada

da Barosa, en Barro, ondevisitaron muíños fixeron

pan e tiveron a oportuni-dade de bañarse no río.

Page 21: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

Publicidade 21Cerne 115. Agosto 2015

Espectáculos Ángel Seoane botou a andar

hai 35 anos coa organización da festa de

Dormeá. Transcorridas máis de tres déca-

das, a día de hoxe organiza arredor de 200

festexos cada ano e converteuse na empresa

que contrata as mellores orquestras e

atraccións de Galicia. As súas oficinas de

Melide e Monterroso son na actualidade

puntos de referencia para comisións das

provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Entre elas está a actual comisión de festas

de Melide, que confiou no bo facer

desta axencia para configurar o cartel

do San Roque 2015, un dos mellores e

máis completos que se recordan.

Espectáculos Ángel Seoane, coñecida

pola súa seriedade e bo servizo, encárgase

integramente da organización das festas

dende o mesmo momento en que asina

AS MELLORES

ORQUESTRAS

DE GALICIA

o contrato coa comisión. Ademais das orquestras,

solicita permisos, ocúpase dos seguros necesarios,

dos pagos á SGAE, da contratación de grupos

electróxenos e carpas….

Dende estas páxinas Espectáculos Ángel Seo-

ane quere expresar o máximo agradecemento

aos centos de comisións que ao longo destes 35

anos depositaron a súa confianza na empresa

para organizar festas e celebracións.

Page 22: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

22 Publicidade Cerne 115. Agosto 2015

Page 23: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

Entrevista 23Cerne 115. Agosto 2015

JOSÉ MANUEL MARIñO PÉREZ, PARRILLADA-RESTAURANTE PILMAR

“A calidade, o bo prezo e a perseveranzason fundamentais en calquera negocio”O restaurante-parrillada Pilmar supuxo na vida de José Manuel Mariño unha

nova aventura profesional e un dobre reto: sacar adiante un negocio de

dubidosa reputación e saír airoso nun mundo “complicado” que sempre vira

de preto pero no que nunca se implicara; o da restauración. Dous anos

despois asegura ir “polo bo camiño”, froito do moito tempo dedicado, da

perseveranza e dunha boa relación calidade-prezo, criterios fundamentais

ao seu xuízo “para que un negocio funcione”. Agora no horizonte do Pilmar

asoma xa un novo proxecto en forma de refuxio gratuíto para peregrinos.

José Manuel Mariño na entrada do local que rexenta dende hai dous anos

“Os referentesda casa son a

carne e o peixeá brasa; aquí olume está todoo día acendido”

“En breve abrireina planta de

arriba un refuxiopara peregrinoscon capacidade

para 30 persoas”

-O seu coa hostalería évocacional?-José M. Mariño (J.M.):Non sei se vocacional, pero ocerto é que me dediquei sem-pre a isto, dende os 15 anosque empecei de camareiro nunpub. Ao principio estiven máisligado ao mundo da noite;cheguei a ter catro discotecase unha hamburguesería.

-Que o levou a dar o saltoá restauración?-J.M.: En parte foi pola crise,aínda que tamén se debeu aque tiña o meu traballo, sufrínun accidente e tiven que de-dicarme a outra cousa. Aí foionde pensei en coller un res-taurante. Era algo que xa melevaba idea; deses proxectosque un ten en mente sacaradiante algún día pero quenon se materializan ata queaparece a oportunidade.

-A oportunidade apareceuen Melide. Escolleu estavila por algunha razón? -J.M.: Non. Quen me dixo dolocal foi un amigo meu. Gustá-balle a el e recomendoumeque o visitara. A min taménme gustou nada máis velo e,de feito, o día que o fun mirarxa quedou contratado.

-Como foi a adaptacióna ese novo mundo?-J.M.: Máis complicado doque agardaba. Non é o mesmomercar unha botellas para unpub ca levar un local de comi-das. Traballas con elementosperecedoiros, hai que estarsempre moi atento, son50.000 referencias... pero écuestión de poñerse. Botándo-lle ganas axiña vai todo sobrerodas. O que máis me custoufoi adaptarme ao horario ou,mellor dito, ás moitas horasque hai que dedicarlle a isto.Se te implicas no negocio dei-xas de ter vida, vives só para

iso, sobre todo ao principio.

-Colleu un local pechado ecunha fama non moi boa.Iso non o botou paraatrás?-J.M.: A fama era moi mala. Écerto que ao principio iso tefai pensar, porque estás expo-ñendo cartos, o teu tempo, oteu traballo... e chegas a pre-guntarte se valerá a pena. Perocon tesón e con traballo, aofinal sempre compensa. Des-pois de dous anos, parece queconseguín levantar o negocio,aínda que non foi sen tempo esacrificio. Creo que imos polobo camiño.

-Que criterios hai queseguir para facer que unnegocio funcione? -J.M.: Na miña opinión paraque un negocio destes fun-cione, o bo prezo, a boa cali-

dade e a perseveranza son fun-damentais. Se non es perseve-rante, ou tes a sorte de que soea frauta ou vas a pique. Tam-pouco te podes cerrar nas túasideas; hai que estar aberto amodificacións e recoñecer queun se pode equivocar. Taméné importante conseguir o equi-librio entre calidade e prezo.Para iso hoxe en día imos moiaxustados porque as cousascustan cartos e os prezos sonos que son.

-Que servizos ofrece o res-taurante Pilmar? -J.M.: Pois por unha partetemos sempre menú do día,con tres primeiros pratos a eli-xir, tres segundos, sobremesa,café e bebida por 9 euros. Logotemos o referente da casa, queé polo que xa somos coñeci-dos: a grella. Churrasco de ten-reira, de porco, paspallás, polo,

peixe ou carne de vacún maiorá brasa son algunhas das nosasespecialidades. Aquí o lumeestá sempre acendido e calculoque un 90% do que se sae fórado menú é comida á brasa. Poroutra parte temos dous come-dores para a celebración deeventos como comuñóns ouxuntanzas de familia.

-Están en pleno camiño enun lugar emblemáticocomo Santa María. notaos efectos? -J.M.: Si, non hai dúbida deque se nota, sobre todo noverán. De todas formas non éo punto forte do noso negocioporque hai que ter en contaque estamos á saída de Melide,somos o último bar. Cando osperegrinos pasan por aquí xachegan con todas as súas nece-sidades cubertas. O negocionon está enfocado para o pere-

grino. O meu obxectivo, e es-touno conseguindo, é mantero local cun funcionamentoregular durante todo o ano.

-Acaba de habilitar nolocal un xardín interior.Ten algún proxecto máisá vista?-J.M.: Si, precisamente rela-cionado co Camiño de San-tiago. Teño pensado abrir unrefuxio para peregrinos cun-has 30 prazas. Se todo vai ben,a finais deste mes de agosto xaestará listo.Estará na plantasuperior do local e será gra-tuíto. Penso que pode ser unhaboa maneira de animar o localnas tardes e noites de verán.

Parrilada Pilmar

Tlf: 981 50 76 17

Santa María - Melide

Page 24: Cerne 68 - ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide · para investimentos en infraes-truturas viarias de acceso a zonas do rural”. Da situación so sector a nivel local tamén

CERNE Cerne 115. Agosto 2015