Hai un corazón que late, que palpita no Sagrario, o corazón solitario que se
alimenta de amor.
É un Corazón paciente, é un Corazón amigo,
o que habita no esquecemento: o Corazón do teu Deus.
É un Corazón que espera, un Corazón que perdoa,que te coñece e que toma da túa vida o peor.
Que comezou esta tarefa unha tarde no Calvario
e que agora, desde o Sagrario, tan só che pide amor.
Dicide a todos que veñan á fonte da vida, que hai unha historia agochada dentro deste
corazón.
Dicídelles que hai esperanza, que todo ten sentido, que Xesucristo está vivo...
Dicídelles que existe Deus!
É o Corazón que chora na casa de Betania, o Corazón que acompaña os dous de Emaús.
É o Corazón que ao mozo rico amou coa ollada, o que a Pedro perdoaba despois da negación.
É o Corazón que loita no Monte das Oliveiras, que amando os inimigos fixo crer o ladrón.
É o Corazón que salva pola súa fe a quen se lle achega,que amosou a súa ferida aberta ao apóstolo que dubidou.
Dicide a todos que veñan á fonte da vida, que hai unha historia agochada
dentro deste corazón.
Dicídelles que hai esperanza, que todo ten sentido, que Xesucristo está vivo...
Decídelles que existe Deus!
Creación: Antonia Castro PaneroCanción: Corazón de Cristo - Paloma Franconi -
xuño 2011