Upload
nuria-m-nunez-elissetche
View
587
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Unha viaxe pola Coresma…
… en clave de oración
A Coresma: ir ao deserto para encontrar o esencial
Dáme forza, Señor, para adentrarme no meu interior e encontrar o que ti sementaches en min para ofrecelo aos demais.
A Coresma: deixarse iluminar pola Luz
Que a túa Luz, Señor, me faga ver a luz, ilumine a miña vida e me axude a comprender o que me dá felicidade e sentido.
A Coresma: deixarse guiar polo Señor que nos leva polos seus camiños
Grazas, Señor, por todos os que me transmitiron a fe e me axudan a facela máis intensa, máis profunda, máis personalizada, máis madura.
A Coresma: urxencia de conversión
Que te coñeza, Señor, e me coñeza a min, como ti me coñeces, para que irradie o teu amor a toda persoa que se relacione comigo.
A Coresma: cambiar de vida.
Axúdame, Señor, a camiñar polos teus camiños. Que nada nin ninguén me aparte do teu amor de Pai.
A Coresma: facer a vontade de Deus
Veña, Señor, o teu Reino á miña vida, ao noso mundo, á nosa casa, ás nosas relacións humanas. Fai que loite por construír un ambiente máis habitable coa miña presenza sinxela e achegada.
A Coresma: renovar a fe na oración
Señor, ensíname a orar con limpo corazón, con sentido profundo, con perseverancia e asiduidade, para que saiba discernir a túa vontade.
A Coresma: corresponder á elección e chamada do Señor.
Señor, empúxame a ser máis, a vivir máis intensamente, a desenvolver todas as miñas capacidades, a loitar por mellorar. Que non me deixe vencer pola comodidade.
A Coresma: tempo favorable para camiñar e converterse obrando segundo Deus.
Mírote, Señor, e ti mírasme. Fai que encontre en ti a forza que me guía.
A Coresma: reconciliación con Deus e cos irmáns
Señor, ensíname a vivir as túas ensinanzas desde o interior e sen barreiras. Que elas fecunden en min os bos propósitos que guían a miña vida.
A Coresma: confiar nos verdadeiros valores.
Axúdame, Señor, a descubrir a quen me necesita, a quen podo botar unha man, e dáme forza para acompañalo, escoitalo e estar ao seu lado.
A Coresma: recordar a mensaxe de Deus e poñela en práctica
Creo, Señor, pero aumenta a miña fe. Dáme a ledicia de saberte achegado, e a confianza de sentir que ti sempre estás ao meu carón.
A Coresma: amar a Deus sobre todas as cousas.
Quero, Señor, marchar polos teus camiños, rexeitar os ídolos que non me deixan achegarme a ti,e arraigarme no teu amor.
A Coresma: facer xermolar a vida que levas no teu interior
Axúdame, Señor, a desenvolver o moito e bo que sementaches en min.
Axúdame, Señor, a discernir os meus camiños, a descubrir o que axuda a crecer e madurar, o que conduce ao encontro contigo e cos irmáns.
A Coresma: acoller a vida
A Coresma: acompañar a Cristo na súa Paixón
Axúdame, Señor, a ser servidor de todos, con sinxeleza, con humildade, con sinceridade, con amor.
Feliz camiño cara á Pascua de Resurrección!