43
Debaxo de nabis, sapis Quique Roxíos Castelo das letras Mesa pola defensa do galego de Asturias nabis 18/11/01 07:56 Página 3

Debaxo de nabis, sapis

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Historias de noites en que marchaba a lluz

Citation preview

Page 1: Debaxo de nabis, sapis

Debaxode nabis,

sapis

Quique Roxíos

Castelo das letrasMesa pola defensa do galego de Asturias2001

nabis 18/11/01 07:56 Página 3

Page 2: Debaxo de nabis, sapis

© Quique Roxíos© das ilustraciois: Román y Jato

© de esta edición: Mesa pola defensado galego de Asturias (MDGA)

A Rambla / 33734 EilaoISBN: 84-89880-54-9Depósito legal: AS-Edita: vtp editorial

Filmación: TecniprintImpresión: Apel

Esta obra editouse cunha subvención daXunta de Galicia

nabis 18/11/01 07:56 Página 4

Page 3: Debaxo de nabis, sapis

ÍNDICE

7. Presentación

9. Debaxo de nabis, sapis13. A curuxa marrulleira14. Aforrar15. El mallorazo17. El toupo19. El maceiro, el lloureiro e a pereira20. El milagro dos cinco panes e dos cinco

peixes22. El rinchín sen manchas mouras24. ¿Pra unde van as nubes?26. Vexo, vexo27. Fala, fala, sigue falando dese xeito31. Espantullos33. A mordida ou a retorcida39. A bruxa de Sampol

nabis 18/11/01 07:56 Página 5

Page 4: Debaxo de nabis, sapis

PRESENTACIÓN

Quique Roxíos (Enrique González Álvarez)naceu en Roxíos, Boal, Asturias no ano 1964.Licenciado en Dereito, foi socio fundador daMesa prá Defensa del Galego de Asturias.Ten colaboracióis na revista Ambitu, nosuplemento literario de A Freita: O Espello epublicou úa ponencia sobre «El galego deAsturias no proxecto de lei del bable», ClubeCultural Adiante, 1992. Colaborou realizan-do entrevistas no suplemento cultural de LaVoz de Asturias.

Nestos contos respétanse as normas ortográ-ficas elaboradas pola MDGA, escollendosempre aquellas formas que se achegan máisá variante lingüística del autor.

7

nabis 18/11/01 07:56 Página 7

Page 5: Debaxo de nabis, sapis

DEBAXO DE NABIS, SAPIS

Era úa vez un rapaz al que mandaron á capi-tal a estudiar pra cura, pero non estudiabanada e el que fía era engañar aos sous paispra que lle mandaran cuartos.

—Agora teño que ir de meditación a unmosteiro –decía núa carta.

—Si home sí. Tu teis que fer el quefagan todos —contestáballe el sou pai man-dándolle cuartos.

—El mes que vén, teño que ir alVaticano —escribía noutra carta.

—Pos claro.... a chucharlle a mao alPapa —respodialle farruco sou pai.

En tanto chegou el momento en que xatía que rematar os estudios e axina escribiudicindo que xa taba «ordenado sacerdote» eque regresaba.

El pai (Xoselo) avisou a todos os vecíos:—Xa sabedes que teño un fillo alló na

capital estudiando pra cura. Pos xa se orde-nou sacerdote delantre del Papa e el venresque ven chega xa vestido de sotana. Cuidoque vei dar a primeira misa nada máis chegar.

Os vecios miraban us pra os outros conollos azarentos. Todos pensaban que el fillode Xoselo taba na capital vivindo del conto eque tía engañados a súa nai e al sou pai.

9

nabis 18/11/01 07:56 Página 9

Page 6: Debaxo de nabis, sapis

Xoselo preparou úa comilúa, matou unxato e el día sinalado foron todos con caba-llerías esperallo al tren no que chegaba.

—El meu fillo é mui listo e sabe atálatín. Agora temos que chamarlle DonTomás.

El tal Don Tomás asomou pola portadel tren e condo vío tanta xente sintio que elcuspe non lle baxaba polo gorgoleiro. Xapasara us cuantos anos pedindo cuartos acasa. Na última volta fixéranlle falta algúsmáis que de costume e tuvera que inventarque tía que ordenarse sacerdote en Roma.¿Cómo lle iba decir ao sou pai que non eracerto? ¿Cómo llo iba decir a súa nai?Sentíase pecadento embutido na sotanadecindo que lle chucharan a mao.

El pai quedouse pasmado condo lo viubaxar del tren coa súa sotana e sombreiromouros e un crucifixo grande como el demono pescozo. El rapaz daballes a mao pra quella chucharan e despós dos saludos subiuse aúa das caballerías e colleron camín de volta.

Dende a mula outiaba dun lado praoutro. Polo ramal iba sou pai coel peito fora,máis inflado que nunca. Pola noite xelara etoda a mañá fixera úa friaxe que atereceran astruitas del rigueiro. Pero pra Xoselo era elmillor día de todo el ano. Se fía frio, fíalo pra

10

nabis 18/11/01 07:56 Página 10

Page 7: Debaxo de nabis, sapis

os outros; se chovía, chovía pra os demáis; sefía airón, él non se decataba.

Mentras, el nenón pensou que tía quedecir algo importante pra que visen que sabíamuito. Como era algo corto de bidallas nonacababa de ocurrirselle nada. E condo pasa-ban por úa ponte que cruzaba un rigueiro noque había muitas truitas dixo:

—Debaxo de pontis, fontis, viveresfontis.

Todos quedaron coa boca aberta.—¡Oh virxe! ¡Cónto sabe el meu fillo!

El que aprendeu el meu neno. Esto é un cura.Entón pasou por un eiro unde había

nabos e víu un sapo.—Debaxo de nabis, sapis —sentenciou.—¡Qué fillo máis listo teño!

¡Ouguisteis! Eh! ¡Menudo cura! Conto sabeel meu neno.

Nesto chegaron al poblo e, antias dacomilúa, tían organizada úa misa e destexeito el rapazón púxose no púlpito.

D. Tomás, Tomasín, el nenón, ergueu amao dereita deixando ver a palma da mao,fina e sen encetaduras nin moratois e a xenteguardou silencio.

—Jesucristo dijo... Jesucristo dijo...Naide gurgutaba. Todos miraban e el

nenón non sabía como salir del apuro. Elrapazón volveu a sentir que el cuspe non

11

nabis 18/11/01 07:56 Página 11

Page 8: Debaxo de nabis, sapis

corría polo gorgoleiro. A súa imaxinacióndebera quedar engobellada nalgún esquinodel cerebro de tanto que pimplara naquelosanos na capital

—E Jesucristo dijo... dijo Jesucristo...El asunto poñíase serio. Mialma nos se

acordaba de nada del que lle espricaran nasprimeiras crases ás que fora. Ademáis agoraxa non podía inventar zarapalladas en latínxa que taba escuitando D. Eusebio, el nota-rio, e éste tía que entender algo.

—Jesucristo dijo.... Jesucristo dijoEntón el pai póxose nervioso e condo xa

non puido aguantar máis berrou todo enfadado:—¿Qué carallo dixo Xesucristo, hou?

¿Qué dixo?—Pra que vosté fale, eu non predico.

¡Ala! E xa está dito todo e acabouse a misa.

12

nabis 18/11/01 07:56 Página 12

Page 9: Debaxo de nabis, sapis

A CURUXA MARRULLEIRA

Érase úa curuxa que viu nun palombar úaspalombías muito ben cuidadas e pensou:

—Se me pinto de branco poderei ir avivir con ellas e deste xeito non me faltaráde nada.

As palombas non recoñeceron a intrusamentras tevo sen abrir el pico, atá que un díaesqueiceuse del papel que representaba eberrou como curuxa que era:

—Uuuuuuuú Uuuuuuuú As palombas botáronla a picuadas del

palombar e a curuxa colleu el camín de voltaprá figueira unde tía antes a súa casa. Pero ascompañeiras nonrecoñeceron as súasbrancas plumas enon la quixeron alsou llado.

Deste xeito,por ser úa tramposae marrulleira apobre curuxa ato-pouse atá sen a casade sou.

13

nabis 18/11/01 07:56 Página 13

Page 10: Debaxo de nabis, sapis

14

AFORRAR

Érase un sapín que de condo en condo, allar-gaba el focico e mazcaba un pouco de terra.

—¿Por qué estás sempre tan fraque?—preguntoulle un día a sabicheira llebre.

—Pos porque sempre teño fame —con-testou el sapo.

—E se teis fame —respondeu a lle-bre— ¿Por qué non comes atá encherte?

—Porque un día —queixouse el mise-rable sapín— tamén pode acabarse a terra.

nabis 18/11/01 07:56 Página 14

Page 11: Debaxo de nabis, sapis

EL MALLORAZO

Había úa vez un llabrador que tía dous fillos.Como xa tía muitos anos pensou que tía queamañar el asunto del caserio e falou coel fillomáis vello.

—Mira neno. Eu xa teño muitos anos.Se tú queres eu nómbrote mallorazo e a pasasa ser tú el amo del caserio.

Deste xeito pai e fillo puxéronse dacor-do. El neno pediu que llo deixara todo a élmenos úa pequena parte pral sou hirmau.

Al día seguinte foron al notario. El paiiba subido na mula e el fillo llevabalo delramal.

—¿Vas ben pai?—Bou ben, neno, bou ben.—¿Queres que paremos un pedazo a

descansar, pai?—Non, neno. Bou ben.El notario amañou os papeis e al voltar

xunta a mula el fillo subiuse nela e díxolle asou pai que agora tocaballe a él ir andando.

E desta vez xa non lle preguntou se ibaben ou non.

—Agora tira vostede del ramal, pai.Al outro día el pai ergueuse ben cedo,

aparellou a mula.—¿A unde vei, pai?

15

nabis 18/11/01 07:56 Página 15

Page 12: Debaxo de nabis, sapis

—A ti que máis che da.E volveu al notario a cambiar de mallo-

razo.

16

nabis 18/11/01 07:56 Página 16

Page 13: Debaxo de nabis, sapis

EL TOUPO

Había úa vez un toupo que saltupiaba baxo aterra por llongas e embolortadas galerías quea súa familia esfuracara en muitos anos detraballo. Tan pronto engataba pra os pisos deriba como baxaba ás bodegas e pra ello cuasenon lle fía falta ver. En realidade vía muipouco pos os toupos tein os ollos cativos econ muita miopía.

Un día enfilou un corredor descoñeci-do e seguiu viradando sen fer caso a un com-pañeiro que lle berraba:

—¡Alto! ¡Para! ¡Ese corredor vei a fórae é perigoso!

Sen fer caso ningún, el toupo seguiu elsou camín atá que se atopou dentro dun mon-tón de terra e cuito inda calente. Ergueu elfocico pral alto e a lluz del sol que relluma-ba como se foran rellustros féxolle pechar ossous pequenos ollos.

Condo os abriu outra vez, nada mais unpouquín pra quel sol non llos queimase viucomo úa cousa forte e grandúa se lle vía enriba.

El llabrador deulle dúas ou tres cotua-das cúa eixada e dixo mentres lo remataba:

17

nabis 18/11/01 07:56 Página 17

Page 14: Debaxo de nabis, sapis

—¡Toupos! Sempre estarabouzándomeentre el cebollo.

18

nabis 18/11/01 07:56 Página 18

Page 15: Debaxo de nabis, sapis

EL MACEIRO, EL LLOUREIRO E A PEREIRA

Dous llabradores, con brosas nas maos, pará-ronse xunto a un maceiro.

—¡Maceiro! —berrou el lloureiro—,¡vein por ti!

Os llabradores principiaron neste intre apetar coas brosas no pobre maceiro pra tirallo.

—¿Pra unde te llevan, maceiro? ¿Undetá a soberbia que tías condo as túas ramallastaban chías de fruitos? —dixo a pereira.

El maceiro, morrendo, gurgutou a xeitín.—Eu voume con estos llabradores que

lles fago falta pra non sei que traballo..Vosoutros, axudádelles tamén se non quere-des rematar con as vosas canas esmoucadas.

El lloureiro e a pereira non lle contes-taron. ¿Qué lle iban decir?

19

nabis 18/11/01 07:56 Página 19

Page 16: Debaxo de nabis, sapis

EL MILAGRO DOS CINCO PANES E DOS CINCO PEIXES

A igresia taba chía. Un cristo de madeira aca-ronchada presidía. A esquerda e a dereitavelas altas e coloradas e frores tamén rubiase brancas. Detrás do altar un cura de sotanarañada e descolorida miraba praos feligresescon cara de poucos amigos.

—Por aquellos tiempos Jesus con susapostoles decidieron que debían trasladar-se....

Nos bancos da dereita as mulleres apre-tuñadas úas contra outras; coas súas milloresroupas, brancas e atoutadas as nenas novas,mouras e con tacos zurcidos as das máisvellas.

Nos bancos da esquerda sentábanse oshomes. Pero non todos. Xa sabemos quemuitos homes poinse na porta, medio dentro,medio fora, como con ganas de que a misaacabe depresa, as veces barullando algo, perotodos con as puchas nas maos.

El cura levantou as maos e falando benalto, case berrando, continuaba coel sermónpero equivocouse:

—¡Y Jesucristo hizo el milagro! Y diode comer a más de cinco personas con cincomil panes y cinco mil peces.

20

nabis 18/11/01 07:56 Página 20

Page 17: Debaxo de nabis, sapis

Inda non ben acabara de decir tal cousacondo el ferreiro del poblo que taba apalan-cado contra a porta dixo querendo falarbaixo:

—¡Bo! ¡Eso fíalo eu tamén!El cura ouguilo solo que como se eiqui-

vocara no sermón non dixo nada.Al ano seguinte, como os curas tein

que decir as mesmas cousas nos días sinala-dos, el párroco volveu a repetir el sermóncuidando de non confundirse:

—¡Y Jesucristo hizo el milagro! Y concinco panes y cinco peces dio de comer a másde cinco mil personas. —E siñalándolo coeldido preguntoulle—: ¿Fías tú tamén esoferreirin de pouca monta?

—¡Bo! Coel que sobrou del ano pasa-do.

21

nabis 18/11/01 07:56 Página 21

Page 18: Debaxo de nabis, sapis

EL RINCHÍN SEN MANCHAS MOURAS

Había úa vez un rinchín que non tía manchí-as. El pobre taba mui encollido pos os com-pañeiros ríanse dél.

—¿Cóndo se vío un rinchín sen lluna-res? —lle decían

Un día atopou un neno que escuruxadoúas veces, ás gatas outras, non deixaba demirar pral tarrén. El rinchín dende el pico dúapena outiaba pra ver cual era el traballo delneno.

Chegou un dos compañeiros del nosorinchín e el neno, al vello, botoulle de présaas súas manías enriba e pilloulo

—Rinchín, rinchín...vei a ver al toupadrín e dille que mañá e pasado faga bonsolín.

Con todo, el neno en vez de deixarlleceibarse enalando, tal e como se fai sempredespós de decir estas palabras, quería quitar-lle as manchas mouras e pra ello a cada unque pillaba remataba estrapallándolo de tantoaxenegar con úas e outras ferramentas.

Nesto viu el noso rinchín, el rinchínsen llunares, e posto que non tía manchíasdeixoulo escapar, pensando que podía seralgún bicho de pinchuada velenosa.

22

nabis 18/11/01 07:56 Página 22

Page 19: Debaxo de nabis, sapis

Deste xeito, por úa vez, el noso rínchínalegrouse muito de non ter as condenadasmanchías.

23

nabis 18/11/01 07:56 Página 23

Page 20: Debaxo de nabis, sapis

¿PRA UNDE VAN AS NUBES?

Embaxo, naquel furaco, non se podía nin res-pirar. A aldea taba el máis abaxo que úa aldeapode tar pos, como xa saberedes, Soteiro, éun poblo mui pequeno no que hai cuatrocasas con fumo.

É mui cósto é ten un rigueiro unde sepoden coller truitas e anguilas. Condo el solcasca aquí, as plantas ferven e cocen. Condoel vento sopra, failo en remolíos, desfaragu-llando todo. Se chove muito, arrollan atá ospenedos.

Por iso, condo Xoanín chegou al picodel todo, condo el rigueiro asomellaba tarmui llonxe e as nubes llougo se pillabanespurrindo as maos... Xoanín sorprendeuse, equedou como abobado, como queda uncondo dormindo úa resaca lle tiran de golpeun cazapado de augua.

¡Aquella esplanada tan llarga e chá!¿Quén lle iba decir que puidera haber úacousa así? E alló, no cabo del todo, habíamáis montañas e máis nubes!

Nas súas costas taba Soteiro, máispequeno que nunca, máis embaxo inda, máiscósto e afuracado. ¿Quén lle iba decir quepuidera haber úa cousa asi?

Xoanín acababa de fer, con cinco ou sei

24

nabis 18/11/01 07:56 Página 24

Page 21: Debaxo de nabis, sapis

25

anos, a primeira salida da súa casa e aquellaexplanada llonga con aquella casúa brancatan grande e alta quedoulle grabada nacachola pra sempre. Aquel día, con cinco ouseis anos, Xoanín descubriu que el soumundo non era todo el mundo.

Avezado a vivir nun sito tan cósto nonpodía imaxinar que puidera haber un sito tanchao. A súa mai quería ensenarlles a Xuaníne a súa irmá xemelga el camín prá cantina deFrancisco de Agosto pra mandallos de condoen condo a mercar algúa cousa.

—¿Seredes quen a vir solos? —pre-guntoulles.

Al outro día, alló embaxo miraba prásnubres e víalas esconderse entre os piñeiros,pero él xa sabía que non quedaban allí. Él xasabía que seguían viaxe prás montañas bran-cas que taban no cabo del todo... e al mellorinda había outras máis alló.

—Aihó... ¿as nubes pra unde van?—preguntou.

—¡Ui! Eu que sei, neno... Non meveñas con zarapalladas.

nabis 18/11/01 07:56 Página 25

Page 22: Debaxo de nabis, sapis

VEXO, VEXO

Había úa vez úha vella que quería casarse. Osvecios querían ferlle entender que non tabaen condiciois pra dita empresa.

—Pero qué te vas a casar nía. ¡Se nonves!

—Vexo, vexo. Vexo atá agulla no picodel campanario da igresia.

—¿Ves a agulla?—Vexo.—¿E el campanario?—Non, el campanario non lo vexo.

26

nabis 18/11/01 07:56 Página 26

Page 23: Debaxo de nabis, sapis

FALA, FALA, SIGUE FALANDO DESE XEITO

No Cruceiro,unde se estrapellan us conoutros os camíos que collen pra Carrugueiro,Boal e Roxíos, no Cruceiro de San Llouguíssempre taba Antonio.

Antonio tía a zuna de erguerse cedo,mecer as vacas, soltallas nos prados que tía arentes da casa, pra despós sentarse na paredeque xebraba el eiro de sou del de Cesarín. Exa talmente asomeñaba que non se erguíadaquel sito atá a noite, condo recollía asvacas, mecíalas outra volta e íbase prá piltraatá a mañá seguinte.

Deste xeito, Antonio era como el perió-dico de toda a redolada. Falaba cos que ibane voltiaban de Carrugueiro, cos que chegabanou marchaban de Roxíos, cos que se arrima-ban ou fuxían de Peirois, cos que se achega-ban ou moscaban de Boal... Falaba con us econ outros, dicíndolles a us el que dellosdixeran os outros; dicíndolles aos outros elque dellos non dixera ningún.

Era cedo. El sol xa principiaba a calen-tarlle debaixo da pucha. Era día de feira e osollos de Antonio llegaraban polos cuatrocamíos. Nadie asomaba polo alto deLlaviada. Naide aparecía polos piñeiros deCarrugueiro. Os prados e os pataqueiros de A

27

nabis 18/11/01 07:56 Página 27

Page 24: Debaxo de nabis, sapis

Cámara deixaban destacar el alquitrán ballei-ro e sen compaña. Dende Peirois nin un ruxi-do mozcaba el aire.

Nesto, de entre os piñeiros, cuasemen-te como un dos escondidos de condo a gue-rra, apareceu coa súa pucha torta, coa súamuleta gorda e mal feita de castañeiro, coelsou celtas esbarroirando de mala maneira,apareceu Pepín de Xico. Por úa corda tría úabecerra... úa pelella con cornos.

Os ollos de Antonio abríronse e rellu-maron e os sous beizos debuxaron un sorriso.

—¿Non me digas que vas con... esa... áfeira? Dixo mirando prá anganida vaquía.

—¡Ui! ¿Pos que ten? —Non nada. Pero digamos que tá fra-

que como as arañas. —Mira, esta becerra búa pinta non ten.

Pero, aquí unde la ves, esta vaquía da trintalitros al día de lleite, pare dúas crias al ano…Culúas!, é mansa, branda, comedora...

—¡Si hou! E véndesla por ser búa. —Véndola porque son pensionista e

estou desféndome del gado. Que a pensióndanla pra traballar menos.

Pouco a pouco, as parolas de Pepín deXico foron caltrindo no espírito del bon deAntonio que, vindo el trato da súa vida,rematou por mercar a vaca.

28

nabis 18/11/01 07:56 Página 28

Page 25: Debaxo de nabis, sapis

Pasou el tempo e Antonio seguiuerguéndose cedo, mecendo as súas vacas,soltándolas nos prados de xunto á súa casa,pasando el día sentado no xebre do sou eirocoel de Cesarín, contándolles aos de Peiroisel que falaran os de Roxíos, aos de Boal elque non gurgutaran os de Carrugueiro, aos deCastrillón el que dellos dixera non sei quen,de non sei unde, non sei condo.

Era un día de feira, el sol calcaba quefía fumo e os ollos de Antonio miraban conespecial interés al fondo dos piñeiros, comoquerendo descubrir os camíos mallados polosxababarís. E aquella mañá apareceu derepente el elemento. Como aparecen os vecí-os condo un non ten ganas de parola, comomoscan as vacas no monte, sen avisar.

—¡Carape Pepín! Xa tía ganas deverte.

—Pos xa sabes unde vivo. Inda non émui llonxe.

—Mira teño que falar contigo mui enserio –—e el focico de Antonio retorceusequerendo poñer cara de poucos amigos.

—Xa sabes que tu e mais eu semprefomos bus amigos. Se teis daqué que contar-me eu escuito e non falo. -contestou Pepín-

—Mira Pepín,vendícheme úa vacamorta de fame. Mantívenla, engordeila, gas-tei herba seca, comeu pienso a esgalla,

29

nabis 18/11/01 07:56 Página 29

Page 26: Debaxo de nabis, sapis

encheuse de remolacha e meiceira verde. Senembargo a vaca nin da trinta litros de lleite,nin pare dúas crías al ano, nin queda preñada,nin é mansa, senón torriúa, nin é comedora,nin branda, nin sa...

—Fala, fala, sigue falando dese xeito,que falando dese xeito has a vendella a búahora.

30

nabis 18/11/01 07:56 Página 30

Page 27: Debaxo de nabis, sapis

ESPANTULLOS

Eran dous vecíos que cada un tía úa cereixalchía de cereixas xa maduras e os paporru-bios, as pegas e as mermas non deixaban depicoteallas.

—Terei que amañar esto poéndolles unbon espantullo —pensou un dos llabradores.

E póxose a fer un a base dúas pequenasplumas dun azor que atopara morto. Os páxa-ros non volveron máis.

Vindo esto el outro vecín, pensou quexa que aquel espantullo dera resultado, él íbafer outro mellor pra cuidar da súa cereixal erematoulo de présa con úas llongas plumas.

—Condo veñan os páxaros, irán prácereixal del vecín —pensou pra si.

Mais pasou al revés, e condo quixocaer na conta, xa non tía ningúa cereixa.

—¿Pos, cómo é —preguntoulle alvecín— que os páxaros fuxen del tou espan-tullo índa que é máis pequeno?

—Pero ¿Tú es bobo ou faiste? ¡Carape!Non ves que as plumas del meu espantullo,inda que máis pequenas, son de azor e ospáxaros teinlle muito medo? As que tu puxi-

31

nabis 18/11/01 07:56 Página 31

Page 28: Debaxo de nabis, sapis

che son de pavo e avultar avultan abondo,pero os paxaríos maldito el caso que lle fain.

32

nabis 18/11/01 07:56 Página 32

Page 29: Debaxo de nabis, sapis

A MORDIDA OU A RETORCIDA

Houbo un tempo en que a xente non tía máisremedio que emigrar na procura dun mellorfuturo, fuxindo da fame e da pobreza. Osmáis marchaban pra Cuba e deste xeito,andaban días e días, noites e noites atá che-gar á A Coruña unde collían un barco.

A historia que vou contar pasou naque-llos tempos.

Eran úa vez dous homes que ibanandando prá A Coruña, a coller un barco queos llevaría pra Cuba. Pedro e Aquilino xa lle-vaban us días andando. Iban mui cansados,mal comidos e algúa noite non tiveran máisremedio que durmir aterecidos al raso. Contodo case sempre atopaban quen lles deraalgún sito unde durmir e un pouco de caldo epan de centén.

Aquel día cruzaron un rigueiro e ibancos pés mollados. Aquilino tía os pés incha-dos e atá os escarpíos que llevaba mancában-lo un pouco nas didas. Así e todo iban con-tentos, coa ilusión de aforrar muitos cuartos evoltiar ricos ao sou poblo, vestidos cun traxebranco e cun sombreiro, tamén branco.

A Pedro, condo taba contento, apetecí-alle cantarexar:

33

nabis 18/11/01 07:56 Página 33

Page 30: Debaxo de nabis, sapis

Foi el Duque del Sestoel que me veu a ver estomandado del Rei.Érache un home pequenocerrado de barbabigote tamén.

Non che quero as túas castañas,non che quero el tou magosto.Non che quero as túas castañas,que me cheiran a chamosco.

En Cuba esperábalos un tio de Pedroque lles tía prometido traballar pra él úa tem-porada. Según decían, en Cuba, el que sobra-ban eran pesos...

As sallas de Carolinatein un llargato pintado,condo Carolina bailael llargato move el rabo

Bailaches Carolinabailei, si señorDime con quen bailachebailei coel meu amor.

Pouco a pouco foi escurecendo eAquilino e Pedro empezaron a coller algo demedo. Iban cruzando un monte e as ramallas

34

nabis 18/11/01 07:56 Página 34

Page 31: Debaxo de nabis, sapis

das árbores asomeñaban pezuñas de estrañosanimales que os quixeran atrapar.

—Temos que atopar unde durmir,Aquilino —dixo Pedro.

Entre as árbores, un pouquín llonxe,outearon úa lluz cativa e apartando a derro-meira foron achegándose. Era úa casa unpouco destartalada, e el que allumaba era uncandil de carburo.

Abriulles a porta úa vella con malafruxe e toda vestida de mouro. A pañoleta, elmandil, as medias, e atá as alparagatas eranmouras como a noite. Solo era branco elpelo, case gadellas, que lle asomaba da paño-leta.

—¿Qué ides prá Cuba? Pobres nenos.Pasade, pasade. Hai algo de palla no desváne poderedes durmir. Pero antes, vou darvosalgo de comer, que tedes que ter fame. ¿Quéqueredes, sopas á mordida ou á retorcida?

Como non sabían que sopas eran esas,Aquilino pensou que con a fame que tía, a éldaballe igual úa cousa ou outra con tal de quellas dera de présa, polo que dixo axina:

—¡Eu quérolas á retorcida!E a vella colleu con as súas maos tiz-

nadas e chías de berrugas un cacho de pan decentén e foi retorcendo nel e botando oscachos nun pote con augua fervendo a galla-rón.

35

nabis 18/11/01 07:56 Página 35

Page 32: Debaxo de nabis, sapis

Pedro miraba prás uñas chías de cotra,prás berrugas sanguiñentas e dixo ben alto:

—¡Pos eu quérolas á mordida!A vella puxo outro pote no llume e

colleu outro cacho de pan e cos poucos den-tes que lle quedaban iba mozcándolo e cus-pindo os cachos de pan no pote. Vindo talcousa, a Aquilino as súas sopas soubéronlle agloria e Pedro tiroulas por un furaco das tra-bas del piso sen proballas.

Despós da suposta cea, mortos defame, subiron pral desván e puxéronse a bus-car a palla que dixera a vella pra amañar algoparecido a un xargón unde durmir. Comotaban ás escuras foron cada un por un llado,engatando pra non tropezar coel llouxado.

—¿Hai palla, compadre? ¿Hai palla,compadre? —preguntou Aquilino, pra saberque era del sou compañeiro .

Nese momento Pedro caeu por úa tra-pella e tras el golpe empezou a queixarse.

—Ai, ai, ai, ai, ai...Aquilino ouguiulo e volveu preguntar:—¿Hai palla, compadre?E Pedro, que lle dolía todo el corpo,

seguiu queixando sen escuitar el que decíaAquilino:

—Ai, ai, ai, ai, ai...Deste xeito, Aquilino pensou que lle

contestaba que atopara palla e engatando

36

nabis 18/11/01 07:56 Página 36

Page 33: Debaxo de nabis, sapis

achegouse pra unde llanxía Pedro e caeutamén pola mesma trapella.

—¡Mal raio te parta a ti e á palla com-padre! —gurgutou Aquilino enfadado polallombada.

El caso foi que como tían tanta famenon podían durmir e tiveron esmoxeirando aver que fía a vella e víronla esconder uncacho de toucín entre dúas pedras da parede.

—¡Qué condenada de vella!. Ten tou-cin a esgalla e a nosoutros deunos esa sopasque non había quen as comera.

Deste xeito roubáronlle el toucín e des-pós de papallo, as tripas deixáronlles deruxir.

Pedro dixo que fía muito tempo quenon lle sabía tan ben un cacho de toucín e, axeitín, volveu a cantarexar un pedazo postaba contento

Vinlle as pernas a Carminadebaxo del corredor.¡Ai! que pernas ten Carminapra filla de llabrador.

Ven bailar Carmina, Carmina, CarmelaCon zapato baxo e a media de seda,A media de seda, de seda caladaVen bailar Carmina, miña namorada.

37

nabis 18/11/01 07:56 Página 37

Page 34: Debaxo de nabis, sapis

Pedro e Aquilino durmiron remexidosentre a palla atá que os berros da vella des-pertáronlos.

—¡Sape! ¡Sape! —berraba a vella eandaba ás carreiras detrás del gato con unbarredeiro nas maos.

—¿Qué pasa muller? ¿Qué inconven-cia lle causou el gato que lle quere atizar cúabasaxe de lloureiro? —preguntou Pedro.

E a vella contestou mui azarenta, cosollos encarnados que parecía que iba votar elfégado e, sen parar de angueirar, detrás delgato coel barredeiro nas maos:

—Este condenado de gato, que mellambeu el toucín que tía pra untar as almo-rrás.

—Ai, Aquilino –dixo Pedro–. Non seicomo nos vei sentar el toucín que comemos.

38

nabis 18/11/01 07:56 Página 38

Page 35: Debaxo de nabis, sapis

A BRUXA DE SAMPOL

Esta historia non é inventada. A min contou-ma el meu amigo Ernesto de Casanova, e a élcontoulla, según teño entendido, Alfonso daBouzúa.

En Boal, el meu poblo, sempre existiuúa adivía. ¿Quén non ouguiu falar da bruxade Brañavara? Xa no ano 1898, el ilustreboalense Bernardo Acevedo y Huelves.Escribíu úa monografía titulada Boal e el souconcello unde decía:

Inda vive en Sampol, poblo deste concello, úamuller que fai anos era consultada polas xentessinxelas que querían coñecer a sorte que tive-ran algús débedos ou amigos mortos (...)Explicaba a muller ese poder de comunicarsecoas almas del outro mundo, por ter usado elcura que a bautizou, por equÍvoco, estola dedefuntos.

Mais xa non explico máis e paso a con-tarvos a historia tal e como ma contaron amín:

Na taberna de Pacho sempre se amaña-ban búas e llongas partidas de cartas. Pachocoñecía el percal e condo había búa parellaapuntábase tamén.

39

nabis 18/11/01 07:56 Página 39

Page 36: Debaxo de nabis, sapis

Condo non era dese xeito, preferíamirar, pos non lle gostaba perder. Todos pre-ferían que él xogase, pos de non ser desexeito, botábalos cedo da cantina.

Hoxe Pacho taba un pouco neurasténi-co e non había quen lo aguantase e Suso,Xardón, Ramón e Tomás preferiron poerse apredicar un pedacín.

Na cantina, úa sala con tres mesas cua-dradas de castañeiro gordas e pintadas delmesmo gris que us banquetos de cuatro patas,respirábase un aire espeso de fumo de pica-dura, de bafo de alcol esqueicido no cul dal-gún vaso, de cuba vella recén llavada e decuito seco nas regandixas das trabas del piso.

Úa mosca angueiraba de garrafa engarrafa. Das de coñá ás da casera; das demagalla ás de viño, achegándose ás de lexíae aos paquetes de zucre; pousándose nas gor-das pastillas de xabón e nos pelellos de baca-lao emporondados núa viga.

Suso, metendo como sempre el dido nofuraco da ourella, empezou a discusión pre-guntando se sería ben ir á Bruxa de Sampolpra ver de saber que fora del sou neto que,según se contara, marchara pra traballar demariñeiro, xa llougo iba pra dous anos, xus-tamente condo se amañara aquel díxome-díxome de que fora él quen preñara aMarinía, a das Pereirías.

40

nabis 18/11/01 07:56 Página 40

Page 37: Debaxo de nabis, sapis

Xardón, el intelectual del grupo, posestudara dous anos pra cura e, según decían,aprendera un pouco de latín, asegurou queeso vulneraba os principios da Santa MadreIgresia. E inda que todos estiveron mui aten-tos mentres contaba úa historia na que Deuscastigaba aos que se puxeran a adorar deusespaganos, non opinaron que el caso fose tras-ladable, pos, ¿qué tía que ver a bruxa deSampol con esas cousas?

—Nosoutros nada máis cremos enDeus —afirmou Ramón.

E con a súa cara enrugada e arada polotempo, coel sou mirar de carneiro vello pre-feriu non meterse muito na discusión. Ramónpensaba que desas cousas, por se acaso, eramillor non falar. Despós, se hai algo, enfáda-se e nunca se sabe.

Tomás era el máis revolucionario e nonde muitas crenzas. Era dos que se quedaba naporta da igresia, dos que non soltaba un ralcondo nos enterros pasaban os sacristais elcesto, dos que cumpría con todos os ritosmais non deixaba pasar ocasión de poñer pin-gando a todos os rangos xerárquicos delclero. Por suposto menos inda cría neso daSanta Compaña.

—Eso son zarapalladas. Eso é uninvento dos curas pra meter medo —decía.

Tampouco fía caso dos consellos que

41

nabis 18/11/01 07:56 Página 41

Page 38: Debaxo de nabis, sapis

xa lle mandara a Bruxa de Sampol por mediodos vecíos que foran consultar con ella.

—¿Cincuenta misas a San Gregorio?¿Que as deixou a deber meu avolo? ¡Hui!Pos que llo diga a él. ¿Non fala cos mortos?

Al final a discusión acabou en aposta:—Apóstoche el que queiras a que eu

engaño a bruxa —berrou Tomás.—Úa merenda pra todos –contestou

Pacho.—Eu digo que vale máis crello que

averiguallo –sentenciou Ramón, que de raloen ralo falaba con refrais.

—Mira —dixo Tomás poñéndose colo-rado—, pensando dese xeito non é de estra-ñar que vos teñan abobados. A bruxa el quefai é inventar. ¿Qué lle preguntas por úavaca? Contéstache que inda está viva. Seaparece ben e, se non, tamén. ¿Qué queressaber dun parente que marchou prá Habana?Pos díceche que se fexo rico ou, se lle peta,que tá pasando fame e que non ten cuartosnin pra picadura. ¿Qué estás malo dos ner-vios e escuitas pasuadas ou queixidos polanoite? Entón mándache dar misas pra cum-prir úa promesa esqueicida por un bisavolotou, e punto. Pra dar todos esos remedios nonfai falta ser bruxa. Eso fágolo eu tamén.

—Ben, ben. Todo eso xa lo discutimos—predicou Pacho—. Tu quedache en que

42

nabis 18/11/01 07:56 Página 42

Page 39: Debaxo de nabis, sapis

ibas ir coel tou fillo a ver a bruxa e que ibasdemostrar que non era adiviba nin porasomo.

E Pacho acabou de pasar un trapomouro polas mesas e polo mostrador. Despósde rematar con Tomás os detalles da aposta,botoulos a todos fóra e pechou a cantina.

Al ameicer, Tomás despertou a soufillo.

—¡Érguete, que teis que vir conmigo!El rapaz, un nenón dus dazesete anos,

algo apalominado, refregou os ollos e vestiu-se sen preguntar sequera unde tía que ferllecompaña. Tras tomar a parva, cada un úa búaconcada de lleite entrillado en pan de centén,puxéronlle a cabezada e a albarda aos caba-llos e pasaron pola casa de Pacho.

—Xa llevo un bon cacho esperando.Pensei que te volveras pra tras.

Pacho sabía ben el que mancaban estaspalabras no orgullo de Tomás.

—Inda nunca faltei á mía palabra –dixoTomás.

Case todo el camín foron silenciososescuitando el petar das ferraduras nas pedrasdel camín, escuitando os esquilos escondén-dose al sou pasar e como enalaban os páxa-ros, asustados, mascando un perigo queTomás presentía.

43

nabis 18/11/01 07:56 Página 43

Page 40: Debaxo de nabis, sapis

Fexo falta case toda a mañá pral viaxe.Xantaron en Carballo Forcado.

—¿Qué lle vas decir? —preguntouTomás.

—Nada. Eu pregúntolle polo meu fillo,que despareceu e non sei que é del, e punto.

—¿E se che pregunta quén é este?—Dígolle que un sobrín. ¿Qué sabe

ella?—Comes pouco Tomás. E tu es bon

comedor. Sampol non era gran cousa. Na entra-

da, polo camín que chega según se vei daxungueira, atopábanse a un llado e outro unpar de cabazos e dúas paneiras. Deixaban unpaso estreito que cuido non sobraba muitopra pasar con carros de herba ou ganza.

A casa da adivía era grandúa e, comoquedaba embaxo del camín, víanse as cuatroaguas del llouxado adornado por mofo velloque medraba na punta das llouxas. Nas por-tas grises de castañeiro centenario non falta-ba úa cruz pintada de colorado coroada porúa ferradura de caballo. Xa sabemos que é elremedio máis efectivo contra el demo.

Foron ben recibidos. A primeira vezque vas ver á bruxa non teis que llevar grancousa. Úas poucas de mazás ou un cuarto dezucre xa chegan.

Non se empeza a falar del asunto da

44

nabis 18/11/01 07:56 Página 44

Page 41: Debaxo de nabis, sapis

que se chega. Primeiro tómase un cafetín e úacopexa e fálase das llabores agrícolas e deltempo. Non sei de que xeito, mais el caso éque sempre acábase falando de coñecidos evecíos, algún dellos que xa hai anos que nonves. A bruxa sempre tá acompañada doutramuller máis nova, a súa filla ou úa nora, quenon ten poder ningún e que fai que a conver-sa seña natural. Por suposto, non hai que cha-marlle bruxa nin adivía nin nada polo estilo.Na villa e na súa casa ella é Dolores.

Dolores ten cara de úa búa muller.Centos de profundos regos fain entrañable asúa cara, como a de cualquera avola. Maisnin as enrugas nin el pano mouro da cabezapoden acobardar el brillo dos sous ollosgrandes como cereixas.

Pacho pensaba atopar úa bruxa e tal-mente lle pintaba que taba na casa dúa vecíaou de un familiar, mais xa empezaba a pare-cerlle que aquella muller podía saber todo elque él pensaba. E como xa taba mui nervio-so, non puido aguantar máis.

—Pos eu veño —arrivinouse a decirTomás— porque non sei que é del meu fillo.

—El tou fillo morreu hai muito tempo—contestou a adivía.

Tomás quedou seco. Non contaba conúa victoria tan doada. Nin úa pregunta. ¡Ala!¡Tá morto e acabouse! Pos si que gana facil

45

nabis 18/11/01 07:56 Página 45

Page 42: Debaxo de nabis, sapis

el xornal.—Pos meu fillo non tá morto –—con-

testou contento de ganar a aposta, pero sobre-todo de ter razón–. E non tá morto por que elmeu fillo é éste.

A adivía Dolores miroulo como se lledera dolo dél e, mui seria, sen sequera unpequeno sorriso, como el que dice que chovecondo chove ou que fai sol condo fai sol,díxolle :

—Non. Este non é fillo tou... non étou... el fillo tou moriu xa hai muitos anos.

Naide sabe a cara que puxo nin el quecontestou Tomás. Si dicen que foi un poucoacobardado prá súa casa e que según entrabapola porta decía:

—¡Ah, nía! ¡Ah, nía! Chamando á súa muller.

46

nabis 18/11/01 07:56 Página 46

Page 43: Debaxo de nabis, sapis

47

nabis 18/11/01 07:56 Página 47