Upload
others
View
10
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Nº 131
Boletín gratuito para os socios de Cofer
Decembro 2014
Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]
Séguenos @COFERferrol
@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste
Promoción da candidatura a Patri-monio Mundial cunha campaña de recollida de firmas que arrancou o pasado 29 de novembro no Centro Comercial Odeón de Narón e con-tinuará o vindeiro día 13 de de-cembro no centro comercial Par-que Ferrol. Ademáis preparamos outras moitas actividades divulga-tivas. Páx.5
Axenda e Lexislación Unha compilación dos eventos e feiras máis interesantes para o empresario programados para este mes nos principais recintos da xeografía nacional. Compila-mos tamén as últimas novidades lexislativas publicadas no pasa-do mes. Páx.6-7
IV Premio Joven Empresario de Galicia. A Asociación de Xoves Empresarios de Ferrolterra será a anfitriona da cuarta gala do premio Joven Empresario de Galicia que promove cada ano a Federación de AJE’s da nosa comunidade autónoma. O acto terá lugar o 11 de decembro no teatro Jofre. Páx.2
Novidades en Tapeate Ferrol. A edición de decembro do certame Tapéate Ferrol, convócase con importantes novidades que per-mitirán que o evento acade unha dimensión máis ampla e conte cun xurado de expertos de pri-meiro nivel, e con estrelas Mi-chelín Páx.3
S
U
M
A
R
I
O
S
U
M
A
R
I
O
O novo sistema de liquidación direta da Seguridade Social está a piques de entrar en vigor. Espé-rase que no comezo de 2015 as empresas teñan xa que estar adaptadas e funcionando con es-te novo servizo que pretende sim-plificar e perfeccionar os trámites das filiacións á S.S. Páx.4
Oportunidades de Negocio en Portugal e países de fala portu-guesa. A sede da CEC acollerá o vindeiro día 10 de decembro unha sesión sobre oportunidades de negocio e inversión no país veciño e nos de fala portuguesa que contará coa presenza do Embaixador de Portugal en Es-paña. Páx.5
2
recibirá como premio un Programa Executive en Desenvolvemento diretivo da Escola de Negocios Afundación e o gañador da segun-da, un Programa Executive en Dirección e Xestión de Empresas, da mesma entidade. Os accésits están dotados con mil euros en formación na Escola de Negocios Afundación.
Ferrol acollerá a gala de celebración do IV Premio Joven Empresario de Galicia
A Federación Galega de Xoves Empresarios celebrará este ano a gala do seu IV Premio Joven Empresario de Galicia no fe-rrolán teatro Jofre. A entidade, que aglutina a todas as asocia-ción de xoves empresarios de Galicia quere deste xeito iniciar un periodo de itinerancia deste evento polas diferentes cidades galegas onde as AJE teñen sede. O vindeiro día 11 de decembro é a data elixida para a celebra-ción desta gala coa que AJE Galicia quere recoñecer e pre-miar o labor daqueles empren-dedores e novos empresarios que co seu esforzo e adicación contribúen cada día a crear riqueza e xerar emprego en Galicia. Cinco galardóns A convocatoria comprende dúas categorías de premios: mellor xove empresario de Galicia, e mellor emprendedor, e tres accésits: á innovación, á crea-ción de emprego e á internacio-nalización. Poden concurrir a este certame os xoves empresarios con data de nacemento posterior ao 11 de decembro de 1973, titulares de empresas con domicilio so-cial en Galicia. O capital social das empresas candidatas ´deberán estar participadas nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos e non poderá estar participada por empresas de titularidade pú-
blica. Na categoría de Xove Empresario englóbanse as empresas consti-tuídas, cunha antigüidade superior a tres anos. Mentres que na cate-goría “Xove Emprendedor” a em-presa non pode superar os tres anos dende a súa posta en mar-cha. O gañador da primeira categoría
AJE Ferrolterra encárgase da organización do evento coa Federación Gale-ga de Asociacións de Xoves Empresarios, que promove esta convocatoria
Decembro2014
3
Decembro 2014
A anterior edición de Tapéate Fe-rrol celebrouse o pasado verán e nela resultou vencedor o Mesón o Camiño do Inglés, coa degustación “Bocata de Lomo”. Non era a pri-meira vez que este establecemen-to gañaba o certame, xa en ante-riores edicións a creatividade e o sabor das súas recetas acadaron o favor do público e do xurado. Re-centemente o equipo de cociña deste local tivo ocasión de partici-par nun showcooking celebrado en Barcelona.
Tapeate Ferrol entra no circuito nacional e o xurado integrarano cociñeiros con estrela Michelín
Entre o 4 e o 7 de decembro celebrarase en Ferrol unha no-va edición do Concurso Tapéate Ferrol, no que cada ano se im-plican a Asociación de Hostalei-ros de Ferrol e comarcas, a Empresa Mixta de Turismo e o Concello. O concurso arranca nesta ocasión con importantes cambios no seu desenvolve-mento. En primeiro lugar, este concurso de tapas inclúese nesta edición nun circuito nacional que permi-tirá que as creacións dos hoste-leiros locais sexan coñecida s en toda España, facendo deste concurso un reclamo turístico máis. En segundo lugar, o evento incorpora, por vez primeira, ao seu xurado, cociñeiros con Es-trelas Michelín. A valoración do xurado terá lugar o vindeiro día 3 de decem-bro no acto inaugural do concur-so, previsto no Hotel Carrís Al-mirante, se ben o seu dictame coñecerase a partires do día 15 do mesmo mes en que se cele-brará a entrega de premios. Os clientes dos establecemen-tos participantes tamén inter-virán como xurado, degustando as tapas ao prezo de 2€ sen bedida, e depositando o seu voto nas furnas que se insta-larán ao efecto nos locais. Outorgarase un premio especial do público de 200€ e tres pre-mios do xurado por valor de
Na edición do pasado verán o se-gundo premio foi para o Mesón Nuevo Pissani, pola sua tapa “Maceta”. O terceiro posto corres-pondeulle ao Mesón Alfonso, por unha tapa de “Bacallao ao pil pil”. O premio especial do público foi para o establecemento A Pousada das Ánimas, pola súa Hamburgue-sa de Black Angus. Tapeate Ferrol esperta o interese dos ferroláns en cada edición, e contrbúe a promoción da econo-nomía local.
de dous bonos de actividades turísticas no entorno da comarca de Ferrolterra, por un valor de 100€.
400, 200 e 300€ respectivamente. Os propios clientes que participen votando para a elección da mellor tapa, entran a participar no sorteo
Preto dunha trintena de esta-blecementos están inscritos para participar nesta convo-catoria
Gañadores da anterior edición
5
Próximamente publicarase a norma que regulará o novo Sistema de Liqui-dación direta da Seguridade Social, englobado no proxecto CRET@, que ten previsto entrar en vigor a come-zos do vindeiro ano. A norma supón a substitución do actual modelo de autoliquidación por ún de facturación á Seguridade So-cial, o que fará posible un control integrado da recadación baseado no cálculo previo pola TGSS das cuotas de cada traballador. Con este cambio preténdese minimi-zar os erros e mellorar a transparen-cia e o xeito de relación coas empre-sas, baseado nun sistema completa-mente telemático que elimina a nece-sidade de actuacións presenciais e en soporte papel. Como é sabido, a cotización á Seguri-dade Social, respecto dos traballado-res por conta allea ou asimilados a estes, depende de múltiples factores. A variación dun destes parámetros pode determinar unha modificación na base de cotización, tipo, coeficien-tes corretores e redutores, deducións ou compensacións de cuotas, ou calquera do resto de elementos deter-minantes da cuota a ingresar.
Pasos para a adaptación ao novo sistema de liquidación direta da Seguridade Social
A determinación dos lapsos tempo-rais, dentro dun período de liquida-ción, no que os factores ou paráme-tros determinantes da cotización á Seguridade Social son coincidintes, é fundamental para o cálculo da cuota e o seu posterior ingreso. A estes lapsos temporáis se lles denomina “tramos”. Os tramos comunicados a través do novo sistema deben coinci-dir totalmente cos tramos que obran na TGSS. Para preparar o novo escenario é indispensable contrastar a informa-ción existente na TGSS coa obrante no programa de nóminas e, en caso de discrepancia, dispor de tempo suficiente para instar a súa depura-ción antes da entrada en vigor da nova norma. Sistema Red On-line Para lograr os obxectivos antes plan-texados, pódense obter os seguintes informes a través do sistema Red On-Line: Informe de datos de cotización por período de liquidación e CCC: Facilita todos os tramos de todos os traballa-dores do CCC, no mes de liquidación que interese. Tamén inclúe peculiari-dades de cotización e proporciona in-
Decembro 2014
formación do grupo de cotización de cada traballador, pero non o dos con-tratos de traballo. Informe de afiliados en alta nun C.C.C.: Este informe proporciona os seguintes datos de todos os traballa-dores dun C.C.C., á data de obten-ción do informe: número de afiliación, DNI/NIE, data de alta, grupo de coti-zación, contrato de traballo, coeficien-te tempo parcial, procentaxes de cotización por IT+IMS e códigos de peculiaridade de cotización. O terceiro e último dos informes que se poden obter a través do sistema on-line é o informe de datos de coti-zación dun traballador por conta allea. Dito informe facilita toda a infor-mación dun traballador dun C.C.C.: contrato de traballo, coeficiente tem-po parcial, ocupación específica, discapacidad, peculiaridade de coti-zación, etc. Caso de precisar a resolución de discrepancias que puideran existir en materia de afiliación, deberán contac-tar con calquera Administración da TGSS. Calquera outra incidencia ou duda pode consultarse na Unidade provin-cial do Sistema Red 901 502 050 (2).
4
Decembro 2014
A actividade é parte das accións previstas para dar difusión á Candida-tura dentro do Convenio asinado co Concello de Ferrol no mes de xuño
O vindeiro sábado día 13 de de-cembro, a Confederación levará a cabo unha nova sesión da súa campaña de recollida de firmas de apoio á candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial. Esta acción suscríbese dentro do convenio de colaboración asinado co Concello de Ferrol o pasado mes de xuño. Dita sesión terá lugar no Centro Comercial Parque Ferrol e servirá tamén para dar divulgación dos detalles da candidatura. A mesma acción levouse a cabo o pasado 22 de novembro no Centro Comercial e de Ocio Odeón, en Narón. De xeito permanente están dispos-tos para a firma por semana e en fin de semana, sendos libros en Exponav e a Oficina de Turismo do porto.
A Confederación de Empresarios de A Coruña organiza, en colabora-ción co Consulado Honorario de Portugal na cidade herculina unha xornada sobre oportunidades de negocio e inversión en Portugal e países de fala portuguesa na que estará presente o Embaixador do país luso, Francisco Ribeiro de Menezes. A sesión terá lugar o vindeiro día 10 de decembro na sede da CEC na cidade herculina a partires das 9:30 horas. Os asistentes terán a oportunidade de coñecer, de man dos expertos
exposición dirixida a escolares, a edi-ción dixital de guías que ofrecen per-corridos polos principais bens que conforman a candidatura e a apertura dunha exposición virtual que reprodu-ce os contidos da mostra preparada o pasado ano para Exponav.
Retomamos a recollida de firmas de apoio á Candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial
A CEC promove unha xornada sobre Oportu-nidades de negocio e inversión en Portugal
Para dar cumprimento ás obrigas establecidas no convenio asinado co Concello de Ferrol a mediados de ano, a Confederación desenvolverá en datas próximas novas accións de difusión da candidatura entre a po-
boación, entre elas a apertura dunha
da Axencia para a inversión e o Comercio Exterior de Portugal, as vantaxes que ofrece o país veciño como espacio para os negocios e como plataforma de proxección cara a países de fala portuguesa, como Brasil, Angola, Mozambique ou Cabo Verde. Exporanse tamén aos presentes os detalles relacionados con as cues-tións xurídicas que afectan á activi-dade empresarial en Portugal e as vantaxes xurídicas que se ofrecen para acceder a outros mercados de fala portuguesa. Este encontro intégrase no road
show de Portugal que a AICEP está a celebrar en todas as comu-nidades autónomas. Os participantes na xornada coñe-cerán tamén a experiencia de em-presas españolas que xa teñen participado na iniciativa e os siste-mas de apoio á inversión con que conta o país veciño. Para asistir é necesario inscribirse no teléfono da CEC 981 13 37 02, ou no do Consulado Honorario en Portugal en A Coruña 981 21 81 30. Tamén nos mails [email protected], e [email protected]
Lexislación
6
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se procede á publicación
das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 23 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade,
pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a
fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocato-
ria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia número 145, do 1 de agosto).DOG Nº 226 de 25 de novembro.
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se lles dá
publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2015, correspondentes aos concellos das catro provin-
cias da Comunidade Autónoma de Galicia.DOG Nº223 de 20 de novembro
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria,
pola que se adxudican as subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de
comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego (código de procedemento IN201H) convoca-
das na Orde do 24 de xullo de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 145, do 1 de agosto).
DOG Nº127 de 12 de novembro
Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas e Impuesto sobre el Valor Añadido
Orden HAP/2222/2014, de 27 de noviembre, por la que se desarrollan para el año 2015 el método de estimación objetiva del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas y el régimen especial simplificado del Impuesto sobre el Valor Añadido. BOE Nº289 de 29 de noviembre
Medidas Tributarias y Financieras Ley 28/2014, de 27 de noviembre, por la que se modifican la Ley 37/1992, de 28 de diciembre, del Impuesto sobre el Valor Añadido, la Ley 20/1991, de 7 de junio, de modificación de los aspectos fiscales del Régimen Económico Fiscal de Canarias, la Ley 38/1992, de 28 de diciembre, de Impuestos Especiales, y la Ley 16/2013, de 29 de octu bre, por la que se establecen determinadas medidas en materia de fiscalidad medioambiental y se adoptan otras medidas tributarias y financieras. BOE Nº288 de 28 de noviembre
MINISTERIO DE HACIENDA Días Hábiles Resolución de 17 de noviembre de 2014, de la Secretaría de Estado de Administracio nes Públicas, por la que se establece el calendario de días inhábiles en el ámbito de la Administración General del Estado para el año 2015, a efectos de cómputos de plazos. BOE Nº287 de 27 de noviembre
Orden HAP/2178/2014, de 18 de noviembre, por la que se aprueba el modelo 410 de pago a cuenta del Impuesto sobre los Depósitos en las Entidades de Crédito y se establecen las condiciones y el procedimiento para su pre-sentación y se modifica la Orden EHA/3127/2009, de 10 de noviembre, por la que se aprueba el modelo 190 para la declaración del resumen anual de retenciones e ingresos a cuenta del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas sobre rendimientos del trabajo y de actividades económicas, premios y determinadas ganancias patrimo-niales e imputaciones de renta y se modifican otras normas tributarias.BOE Nº284 de 24 de noviembre
MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL Corrección de errores de la Orden ESS/2098/2014, de 6 de noviembre, por la que se modifica el anexo de la Or den de 27 de diciembre de 1994, por la que se aprueba el modelo de recibo individual de salarios.BOE Nº 273 de 11 de noviembre
COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA. CONVENIO Resolución de 13 de octubre de 2014, de la Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo, por la que se publica el Convenio de colaboración con la Comunidad Autónoma de Galicia, para la ejecución del Plan Estatal de Fomento del alquiler de viviendas, la rehabilitación edificatoria, y la regeneración y renovación urbanas, 2013- 2016. BOE Nº 278 de 17 de Noviembre
MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL Orden ESS/2098/2014, de 6 de noviembre, por la que se modifica el anexo de la Orden de 27 de diciembre de 1994, por la que se aprueba el modelo de recibo individual de salarios. BOE nº 273 de 12 de Noviembre
Decembro 2014
IFEMA. Feria de Madrid
Expocoruña
Decembro 2014
7
Axenda
RESTO DE ESPAÑA
FIRA DE BARCELONA
GALICIA
GamerGy.– Competicións de e-sports (videoxogos online) Do 5 ao 7 de decembro Dabadum.– Salón de ocio infantil e xuvenil Do 5 ao 8 de decembro Almoneda Navidad.– Feira de Antigüidades, galerías de arte e coleccionismo Do 10 ao 14 de decembro
AutoRetro Do 28 de novembro ao 8 de decembro Infancia Do 27 de Decembro ao 1 de xaneiro XD Young Festival Do 27 de decembro ao 4 de xaneiro
FEMAGA.– XXI Feira de Mostras de Autónomos de Galicia Do 4 ao 8 de Decembro EXPOPARK.– Feira Infantil Do 19 a0 31 de Decembro
Expourense
XIV Concurso de Proxectos Tecnolóxicos 2 de Decembro Megaxove Do 5 ao 8 de decembro
IFEVI. Instituto Feiral de Vigo
Vigolandia.– Feira de ocio infantil e xuvenil 26 ao 30 de decembro
XuvenLugo.– Salón de Ocio infantil e xuvenil Fins de semana e festivos de decembro
Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo
Integran Cofer:
8
Sección de Empresas Independientes
Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]
Síguenos @COFERferrol
@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste
Decembro 2014
Asociación de Campings do Noroeste
Asociación de Empresarios Ferrolterra
Asociación de Empresarios de Instalaciones Eléctricas
Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Ferrol, Eume y Ortegal
Asociación de Empresarios de As Pontes
Asoc. Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas
Asociación de Comerciantes Mercado de Recimil
Asociación de Comerciantes Novo Ferrol
Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra
Asociación Profesional de Ximnasios e Activida-des Físicas de Ferrolterra
Asociación de Profesionales Inmobiliarios del Noroeste
Asociación de Peluqueros y Esteticistas de Ferrolterra
Asoc. Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña
Asoc. de Tecnologías de la Información y la Comunicación de Ferrolterra
Asoc. Veterinarios de Ferrol, Eume y Ortegal
Asociación de Jóvenes Empresarios Ferrolterra
Asociación de Empresarios de As Somozas
Asociación de Empresarios, Comercian-tes y Hosteleros de Catabois
Asoc. de Empresas Siderometalúrgicas de A Coruña-Comarcal de Ferrol
Asociación Prov. Empresarios Marítimos de A Coruña