Upload
yolanda-castro-lopez
View
193
Download
4
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Citation preview
DÇ
DIA
INTERNACIONAL
DOS DEREITOS
DOS NEN@S.
20 Novembro 2013 CPI Virxe da Cela
Monfero
POR UNHA INFANCIA DIGNA
O Día dos Dereitos Humanos é un día no que todas as persoas defendemos
os nosos dereitos e deberes pero, os nenos son moito mais vulnerables na
nosa sociedade e necesitan un trato especial, así que se crearon os
dereitos dos nenos e das nenas.
Ao principio non había estes dereitos e os nenos eran utilizados para os
traballos mais forzosos e nas condicións máis insalubres que un se pode
imaxinar; grazas aos dereitos isto cambiou pero… sempre se escapa algo,
unha pequena parte que se vai facendo máis e máis grande. Cal é a
maneira de paralo?, pois o 20 de novembro hai que reivindicar esa parte
que non se está a cumprir. Por exemplo erradicar a fame e a
enfermidade; como é posible que ninguén faga nada?. Nós co noso
programa de radio intentamos transmitir esta mensaxe, sabemos que non
vamos erradicar a fame nin a pobreza pero si podemos mandar unha
mensaxe que queremos que sexa escoitada por quen pode facer algo. Que
se poñan no lugar dun neno que é maltratado, ou dunha nena a piques de
morrer porque non ten unha simple vacina para curar un catarro.
Loitemos polos dereitos dos nen@s e por unha infancia digna.
Andrea Brage. 1º ESO
20 DE NOVEMBRO
DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS
Ola bos días vouvos contar o que me parece a min a data a
conmemorar este 20 de Novembro, que non é outra que o día dos
dereitos dos nenos.
Este día paréceme algo xenial, xa que dende que existe, millóns de
nenos e nenas puideron ir ao colexio, acceder a servizos sanitarios,
de protección… Grazas á Declaración Universal dos Dereitos dos
Nenos moitas destas cousas son unha realidade, pero aínda queda
moito por facer, xa que en moitos países aínda non hai acceso á
educación ou á sanidade.
Nós no cole fixemos un programa de radio coa nosa profesora de
relixión, para conmemorar este día como se merece, penso que con
el axudamos a contribuír un pouco a facer un mundo mellor para
todos.
¡DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS, ISO, NIN LOCOS OS PERDEMOS!
Iván Deive. 1º ESO
POR UN MUNDO DIGNO!!!
O 20 de novembro conmemórase o día dos dereitos dos nenos.
Os nenos de todo o mundo teñen uns dereitos pero a verdade e que
nalgúns lugares non se respectan moitos deles, por exemplo nalgúns
países os nenos son utilizados como man de obra barata, nos
conflitos armados…
Nós os alumnos de 1º de ESO do CPI Virxe da Cela fixemos un
programa de radio para conmemorar este día. O 20 de novembro é
unha oportunidade para reflexionar sobre si se están a cumprir
estes dereitos.
Adrián Mosquera Varela.1º ESO
Loita polos dereitos
dos nen@s
O dia dos dereitos dos nenos e moi
importante xa que sirve para
recordar que en moitos sitios do
mundo non se están a cumprir, e deberían de cumprirse, sobre
todo cousas tan sinxelas como ter comida ou unha vivenda
digna.
Porque non se cumpren?, porque os que poden cambiar isto son
os que teñen de todo e entón a eles lles dá igual.
Nós fixemos en clase de Reli un programa sobre este tema, o
dos Dereitos. Con el intentamos concienciar sobre o seu
incumprimento, falamos de cómo son os dereitos dos nen@s e
de cómo se poderían cumprir xa que non é tan difícil.
Tania Grueiro Buján. 1º ESO
OS DEREITOS DOS NEN@S
Os dereitos dos nen@s ai que cumprilos !!!!!!!!!!!!
Cúmprense ¿? ……. Non se cumpren ¿?..........
Estas preguntas facémonolas todos os días. No noso país
maioritariamente cúmprense, pero en países subdesenvolvidos non
se cumpren nin sequera no seu día o “20 de novembro “, o Día dos
Dereitos dos Nen@s.
Ai en países que nin sequera os dereitos mais prioritarios como a
comida , un lugar digno onde vivir ou a igualdade entre homes e
mulleres se cumpren.
Ai nenos que sofren violencia machista por parte da xente e incluso
dos seus pais .
Ai persoas que utilizan aos nenos e nenas como método de
contrabando sexual ou como man de obra Barata . ¡¡¡¡¡¡¡¡ Isto non se
pode permitir!!!!!!!!, e unha cousa incomprensible .
Non podo soportar que non se cumpra algo tan esencial coma os
seguintes dereitos:
Paréceme unha gran falta de respecto cara nós os
nenos ……..
Queremos que se cumpran os nosos dereitos.
Os dereitos son necesarios.
!!!!!!!! NON Á EXPLOTACIÓN DOS NEN@S ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Un bebe como este debe crecer decentemente
Antía Lista Ramos. 1º ESO
OS DEREITOS DOS NENOS E
DAS NENAS O Día dos Dereitos dos Nen@s é o 20 de Novembro. A min
paréceme ben a conmemoración deste día e que existan
estes dereitos porque se non os nen@s non irían ao colexio
nin terían outros dereitos.
No colexio fixemos un programa de radio sobre esta data .
VIVAN OS DEREITOS DOS NENOS.
O MUNDO SERA MOITO MELLOR!!!!!!!
Ángel Varela. 1º ESO
DEREITOS DOS NEN@S
Hola boas tardes, son Kevin Sanjurjo e quero
falarvos dos Dereitos dos Nenos. Na clase de Reli
fixemos un programa baseado nestes dereitos e
falamos de moitas cousas sobre eles como por
exemplo: dos nenos que traballan escravizados, que
caen en mafias de prostitución, dos nenos que non
teñen teito e comida, etc.
Aquí vos deixo unha imaxe que seguro nos vos vai a
gustar nada.
Kevin Sanjurjo. 1º ESO
Loitemos polos dereitos
O 20 de novembro celébrase o Dia dos Dereitos dos nenos
e das nenas .Sabemos que hai moitos nen@s que non poden
comer todas as comidas necesarias ao día, non poden ir ao
colexio nin ao médico, etc. Pero todos os nen@s debemos
recibir e disfrutar de todos os dereitos.
Levantemos as mans polos
dereitos dos nen@s
Laura Río. 1º ESO
20 DE NOVEMBRO
DIA DOS DEREITOS DOS NENOS
O día 20 de novembro é un día moi especial xa que é o día
dos nosos dereitos. Eu creo que noutros países non se
respectan os dereitos xa que os nenos e as nenas son
prostituídos, utilizados como man de obra barata, non
teñen acceso á escola…
Coa profe fixemos un programa de radio sobre este día.
Deberíamos contribuír para que todas estas cousas non
ocorran de novo.
Loitemos polo dia dos nenos.
Martín Fernández Rodríguez.1º ESO
DIA DOS DEREITOS DOS NENOS
O outro dia fixemos un programa de radio con unha
entrevista e un concurso sobre os dereitos dos nenos e
das nenas.Tivemos uns invitados e fixemos ata un anuncio
no que eu tiña un papel: era un rapaz e me entrevistaban na
rúa sobre o Día dos Dereitos. Eu penso que non en todos os
lugares se cumpren os dereitos.
Gustoume moito facer o programa.
Raúl Rodríguez. 1º ESO
OS DEREITOS DOS NENOS
O Día dos Dereitos dos nen@s é o 20 de Novembro. O outro día
fixemos un programa de radio. Dividímonos en grupos cos nenos da
clase: uns fixeron unha entrevista, outros un concurso , outros un
anuncio e outros unha enquisa pola rúa. O meu papel era o anuncio
de piensos Biona. Despois de gravalo na clase, sacamos en
conclusión que non se cumprían en todos os países os dereitos dos
nen@s.
Eu quero que todos vexan o programa de radio por que é moi
interesante e grazas a el reflexionamos sobre os Dereitos .
Sergio Torrado. 1º ESO
DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS
O Día dos Dereitos dos Nen@s é o 20 de Novembro. Todos
temos dereitos pero hai veces que non se cumpren. Nós no
colexio fixemos un programa de radio sobre os Dereitos.
Eu fun un dos concursantes do programa e a min gustoume
moito. O podedes ver todos e todas porque o subimos ao
blogue.
Esperamos que vos guste.
Ángel Seijas. 1º ESO