3
David Alonso Cid, 3º ESO A, nº 1 Descrición obxectiva de Vigo. Vigo é a cidade máis poboada e industrializada de Galicia. As súas industrias princiais son a do automóbil con PSA Peugeot-Citroën e auxiliares, as pesqueiras e derivadas, o porto e os asteleiros. Vigo sitúase na beira da Ría de Vigo e nas ladeiras dos montes Castro, Galiñeiro e Vixiador, polo que é unha cidade costenta. A entrada da Ría están as Illas Cíes, que se poden ver dende tódalas praias da cidade. Entre os seus museos están o MARCO(Museo de Arte Contemporánea), que contén obras de artistas actuais. Este museo antigamente foi unha cárcere. Tamén está o museo Quiñones de León, que contén pezas da prehistoria e romanas e se atopa dentro do parque de Castrelos. Outros museos son o Verbum, adicado as palabras; o Museo do Mar, sobre a vida marítima da ría; e o Museo Liste, que é un museo para a difusión do patrimonio galego. A cidade conta con zonas verdes moi concentradas en grandes espazos. Os máis destacados son o Parque de Castrelos, que contén o Pazo-Museo Quiñones de León cos seus xardíns francés e inglés, un parque infantil, un auditorio aberto e unha ruta para correr entre as súas árbores. O

Descripción Vigo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Descripcion vigo

Citation preview

David Alonso Cid, 3º ESO A, nº 1

Descrición obxectiva de Vigo.

Vigo é a cidade máis poboada e industrializada de Galicia. As súas industrias princiais son a do automóbil con PSA Peugeot-Citroën e auxiliares, as pesqueiras e derivadas, o porto e os asteleiros.

Vigo sitúase na beira da Ría de Vigo e nas ladeiras dos montes Castro, Galiñeiro e Vixiador, polo que é unha cidade costenta. A entrada da Ría están as Illas Cíes, que se poden ver dende tódalas praias da cidade.

Entre os seus museos están o MARCO(Museo de Arte Contemporánea), que contén obras de artistas actuais. Este museo antigamente foi unha cárcere. Tamén está o museo Quiñones de León, que contén pezas da prehistoria e romanas e se atopa dentro do parque de Castrelos. Outros museos son o Verbum, adicado as palabras; o Museo do Mar, sobre a vida marítima da ría; e o Museo Liste, que é un museo para a difusión do patrimonio galego.

A cidade conta con zonas verdes moi concentradas en grandes espazos. Os máis destacados son o Parque de Castrelos, que contén o Pazo-Museo Quiñones de León cos seus xardíns francés e inglés, un parque infantil, un auditorio aberto e unha ruta para correr entre as súas árbores. O Castro, no que se ergue o castelo fortificado e hai restos dun castro celta, ten as súas ladeiras cheas de árbores e ademáis ten unha pista de circulación vial para bicicletas, dous parques infantís e pista para patinaxe. Outra das grandes superficies é o Monte da Guía, que ten no seu cume unha capela adicada á Nosa Señora da Guía. Ademáis destas zonas, que son as máis coñecidas, hai outras moitas nas distintas parroquias como son a Riouxa (Teis), Bouza (Navia), e os Parques Forestais de Valadares,

Beade, o Vixiador e A Madroa, no que se atopa o único zoolóxico de Galicia.

Historicamente Vigo estivo poboada dende a época prerromana, como o demostran os múltiples dolmes e mámoas encontrados na cidade e arredores así como restos castrexos. Da época romana temos varias salinas, estelas e outros obxectos. Hai restos da Batalla de Rande, que tivo lugar no interior da Ría, da cal estanse a buscar pecios. O feito histórico máis imporante da cidade é a Reconquista, que conmemoramos o 28 de Marzo, posto que foi a primeira cidade en expulsar ós franceses en 1809.

A cidade foi medrando dende o Casco Vello ata os concellos de Lavadores e Bouzas, agora integrados no Concello de Vigo. Os barrios máis importantes son: Casco Vello, Centro, Casablanca, Calvario, Castrelos, Coia, Lavadores, Teis, Navia e Bouzas. Nos arredores tamén están: Cabral, Alcabre, Bembrive, Beade, Matamá, Valadares, Coruxo, Canido,...