6

Doce coma o mel

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Doce coma o mel
Page 2: Doce coma o mel
Page 3: Doce coma o mel
Page 4: Doce coma o mel
Page 5: Doce coma o mel
Page 6: Doce coma o mel

A miña terra é doce coma o mel,abondosos e gasalleiros os seus froitos.Na primavera agroman os touzales

e o cuco canta.

Xermola a naturezabaixo a fecunda codia das labranzas.Alédanse os boscosi as noites son infindas i estreladas.Si.A miña terra é doce coma o mel,pro, a carón de tanta fermosuraa miseria labroulleun túnel amarguísimo na historia.a miña é suave, solermiñapolo vrau, cando as anduriñas tecenos seus vos de soños. Os grilos poñenaxóuxeres vivrátiles na serán lenta.

Os reisiñoles cantan ás portas do mencer

e os ríos pasan en romería.

Si.

A miña terra é suave e solermiña,

pro, nos ollos dos meniños

que van á escola nas mañás frías,

hai unha tristura antiga.

A miña terra é aquelada coma unha mazá

polo outono, cando os arbres son de ouro

e a brisa acariña coma un beixo.

Nácenlle á paisaxe camiños novos

con merlos chifradores baixo as parras.