14
XV PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES TEATRO ROSALÍA DE CASTRO, A CORUÑA 23 DE MARZO DE 2011, 20:30 HORAS

DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

Embed Size (px)

DESCRIPTION

http://aaag.es/wp-content/uploads/DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011.pdf

Citation preview

Page 1: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

XV PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO, A CORUÑA

23 DE MARZO DE 2011, 20:30 HORAS

Page 2: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

-2- Dossier de prensa

XV Premios de Teatro María Casares

Os galardóns da escena galega Os Premios María Casares son os galardóns de carácter anual que distinguen as producións escénicas galegas feitas en lingua galega. Outórganse no ámbito da comunidade autónoma ás montaxes estreadas durante o ano anterior á súa concesión e a todos os profesionais que nelas participan. Creados e promovidos no ano 1997 pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) cumpren a misión de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral galega na súa integridade, dende os maquilladores, vestiaristas, iluminadores, músicos, guionistas, adaptadores, tradutores, autores, escenógrafos, iluminadores e directores ata o corpo actoral. Os galardóns constan de trece categorías ou apartados representativos do traballo realizado ademais do Premio de Honra “Marisa Soto”, que se enumeran a continuación: -Maquillaxe -Vestiario -Iluminación -Música orixinal -Adaptación/Tradución -Texto orixinal -Escenografía -Actor secundario -Actriz secundaria -Actor protagonista -Actriz protagonista -Dirección -Espectáculo

Page 3: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

-3- Dossier de prensa

XV Premios de Teatro María Casares

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa a máis de 300 profesionais do audiovisual e das artes escénicas de Galicia, cuxa misión é articular, desenvolver e promocionar o sector en especial a través da elevación técnica e a mellora laboral dos seus profesionais, acorde coas máis modernas políticas culturais. O colectivo asume tamén o obxectivo de fomentar a demanda cultural e a captación de público. Dende a súa constitución en 1985, a AAAG foi consolidando a súa representatividade e gañando posicións. Hoxe é o interlocutor de referencia entre as administración públicas e o sector empresarial escénico e audiovisual e un dos axentes culturais con máis presenza pública en Galicia. E todo cun papel proactivo, que se singulariza polo lanzamento de iniciativas produtivas que contribúen a xerar emprego para os asociados. En materia laboral e de representatividade sectorial a asociación reivindica melloras e trata de garantir o cumprimento dos convenios; presta asesoramento laboral e xurídico aos socios; xestiona unha bolsa de emprego e actualiza un catálogo de profesionais asociados, en versión impresa, dixital en formato DVD e on line. Ademais organiza cursos de formación e ofrece unha axenda con información sobre eventos, cástings, cursos e bolsa de traballo, mantén unha biblioteca virtual de textos de teatro e lecturas dramatizadas e elabora estudos e informes sobre o sector. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia conta cunha utilidade social debidamente contrastada e vén obtendo un constante recoñecemento e respaldo por parte de distintas entidades, desde un enfoque de fomento da demanda cultural en Galicia e de apoio á vertebración do noso sector escénico e audiovisual.

Page 4: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

-4- Dossier de prensa

XV Premios de Teatro María Casares

María Casares: unha actriz universal As razóns que levaron á Asociación de Actores e Actrices de Galicia a bautizar os galardóns da escena galega co nome de María Casares vense sustentadas na propia biografía e nunha dilatada carreira profesional, merecedora de lle render homenaxe, de quen foi a primeira actriz galega de proxección internacional. María Casares estudou interpretación no Conservatorio de París, onde conseguiu entrar en 1941 malias dificultades cun idioma que aínda non dominaba. O seu primeiro papel profesional foi en La Celestina. En octubre de 1943 representou con grande éxito a obra de Georges Neveux El viaje de Teseo e protagonizou varias obras escritas por Camus, como El malentendido, Estado de sitio y Los justos, ademais de obras de Sartre, Jean Anouilh, Jean Cocteau, Genet y Claudel, convertíndose na musa do existencialismo francés. En 1949 entra na Comédie Française e cinco anos máis tarde no Teatro Nacional Popular (TNP), compañía pública cunha forte preocupación social. Deu vida ás grandes protagonistas dos dramaturgos máis recoñecidos, como Lady Macbeth, María Tudor ou Ana Petrova, en obras de Shakespeare, Victor Hugo, Antón Chéjov, Ibsen ou Eurípides, entre outros. Iniciouse no cine cun papel secundario nunha película de Marcel Carné, Os nenos do paraíso e en 1944, protagoniza As damas da Fraga de Boloña de Robert Bresson. Jean Cocteau dirixiuna en Orpheo (1950).

Page 5: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

-5- Dossier de prensa

XV Premios de Teatro María Casares

A súa residencia en París non foi libremente escollida senón produto do exilio. María Casares Quiroga acompañou a seu pai Santiago Casares Quiroga, ministro e xefe de Goberno da República durante o Goberno de Manuel Azaña, en 1939, pouco antes do final da Guerra Civil. Por este motivo representa aqueles artistas galegos que por razóns políticas e/ou económicas se viron forzados a emigrar. En 1977 voltou a España para representar El Adefesio, de Rafael Alberti, en Madrid e Barcelona. En 1989 conseguiu o Premio Moliére á mellor actriz de teatro e foi nominada aos César. Recibiu do Goberno francés o Premio Nacional de Teatro, e en España, a Medalla ao Mérito das Belas Artes. Obtivo o Premio Segismundo da Asociación de Directores de España. A propia María Casares aceptou que os premios de teatro de Galicia levasen o seu nome, pero o seu pasamento en 1996 impediulle asistir á primeira edición dos mesmos.

Page 6: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

-6- Dossier de prensa

XV Premios de Teatro María Casares

A historia dos premios A historia dos Premios María Casares de Teatro remóntase ao ano 1997, quince anos antes desta última edición, cando por iniciativa da Asociación de Actores e Actrices de Galicia se instituíron os primeiros premios que recoñecían a labor dos profesionais que fan teatro en galego dentro na nosa comunidade autónoma, enchendo un oco baleiro ata o momento no eido do recoñecemento e estímulo aos artistas e os técnicos da escena do país. Os premios son concedidos dende o criterio dos propios compañeiros de profesión, integrados nun censo de electores conformado polos asociados da AAAG, todos os gañadores e finalistas das edicións anteriores, os programadores de toda Galicia, os críticos e estudosos teatrais. A idea é promocionar e colocar o teatro no lugar que merece dentro das artes e da cultura. Ata este 2011, moitos foron os cambios do teatro en Galicia. Pasamos da ditadura á democracia, e coa democracia á Autonomía de Galicia. Un ano antes da creación da nosa Asociación no 1985, púñase en marcha o Centro Dramático Galego. A Asociación traballou intensamente dende o seu nacemento por mellorar e consolidar a actividade teatral profesional, con propostas que se recolleron no “libro roxo”, e que foron concretándose, por exemplo, na posta en marcha do IGAEM, hoxe AGADIC, da Rede Galega de Teatros, Auditorios e Salas, e da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. E mais recentemente, na consecución longos anos agardada, do Convenio Colectivo de Teatro. Os Premios de Teatro María Casares xa son un momento central no esforzo permanente por difundir e promover a actividade dos nosos profesionais, e das Compañías teatrais galegas. E por suposto, de estimular ó público, que nestes anos incrementouse de xeito notable.

Page 7: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

-7- Dossier de prensa

XV Premios de Teatro María Casares

Premio de honra 2011 Xan Cejudo é o novo Premio de Honra Marisa Soto. Con este recoñecemento, a

Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) quere recoñecer a longa traxectoria deste “mestre de mestres” e máis a súa singular contribución á profesionalización do teatro en Galicia.

Nado na Coruña en 1947, a carreira de Xan Cejudo comezou a mediados dos anos

60 no grupo de teatro O Facho. Durante todos estes anos, exerceu como actor, autor e director.

Dende o 1984, con “Woyzeck,” colabora como actor co Centro Dramático Galego.

A ela seguíronlle A “noite vai coma un río” (1986), “O mozo que chegou de lonxe” (1988), “O incerto señor don Hamlet” (1991), “Leoncio e Helena” (1993), “A fiestra valdeira” (1994), “O Mariscal” (1994), “Nin me abandonarás nunca” (1995), “Viaxe e fin de don Frontán” (1995), “Nau de amores” (1995), “Hostia” (1996), “Xelmírez ou a gloria de Compostela” (1999), “Se ou vello Simbad volvese ás illas” (1999), “Rosalía” (2001), “O ano do cometa” (2004), “Seis personaxes á procura de autor” (2005) e “Illa Reunión” (2006).

Tamén dirixiu para o CDG “A Pousadeira” (1987), “Da Vinci levaba razón” (1987) e

“A burla do galo” (2000). Como director de escena, tamén dirixiu máis dunha vintena de pezas, entre as que

destacan, ademais das xa mencionadas, “Códice clandestino” (1989), de Quico Cadaval para a compañía O Moucho Clerc, pola que recibiu o Premio Compostela ao Mellor Director; “Na fraga do conde”; e “Galimatías”, coa mesma compañía.

Ademais, como actor de teatro participou en numerosos espectáculos de

compañías como Teatro Circo, Teatro Tranco, Malbarate Teatro e na produción “Truenos y Misterios” (Matarile Teatro, 2007), creada e dirixida por Ana Vallés. Pero foi o seu papel protagonista en “Tío Vania” (Factoría Teatro, 2005) de Antón Chejov, dirixida por Cristina Domínguez, co que acadou o Premio María Casares 2006 ao Mellor Actor. No 2008 recibiu o Premio María Casares ao Mellor Actor secundario polo seu traballo en “Noite de Reis, ou o que queirades” do Centro Dramático Galego.

No 2010 participa como actor no espectáculo "Cerrado por aburrimento" , de

Matarile Teatro.

Page 8: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

-8- Dossier de prensa

XV Premios de Teatro María Casares

No audiovisual, Xan Cejudo tamén amosou o seu talento en diversas

longametraxes e series de televisión, galegas (Pratos Combinados, Mareas Vivas, Rías Baixas, Galicia Express, As leis de Celavella) e españolas (El Comisario, Periodistas, Policías, Cuéntame) .

Foi actor e guionista en longametraxes como “Morrer no mar” de Alfredo

Rabuñal; “Coxo” de X. Zapata; “El río tiene manos” de Beatriz del Monte; “Mofa e Befa: grande liquidación” e “El Matachín” de Jorge Coira; “Unha extraña mirada” de J. L. Quiroga; “A todo tren” de Lidia Mosquera; “Se o sei non veño” de P. Pazos; ou “El pianista” de Mario Gas. Con Carlos Soler traballou en “O párroco enmbaucado”, “Tornabón” e “O ferreiro paspallás”. No 2010, obtivo o premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Cine Social de Castilla-La Mancha, polo seu traballo na curta “Dies Dei” de Nani Matos.

Page 9: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

-9- Dossier de prensa

XV Premios de Teatro María Casares

A gran festa do teatro galego Todos os anos o Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a Gala dos Premios de Teatro María Casares, facéndoa coincidir co Día Internacional do Teatro. Este ano a cita é o mércores, 23 de marzo. A elección da cidade da Coruña como sede da celebración débese ao lugar de procedencia da persoa que da nome aos Premios, a actriz María Casares, filla predilecta da cidade. O evento é retransmitido pola televisión pública de Galicia e cada ano a súa celebración responde á intención de destacar ou reinvindicar un aspecto determinado da profesión ou do sector. Previamente a Festa dos Nominados, celebrada o pasado 2 de marzo na sede da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) no concello de Ames, deu a coñecer os finalistas nas distintas categorías que optan aos Premios de Teatro María Casares. O evento, cun marcado carácter festivo, serve ademais como punto de encontro entre os actores e actrices, directores, autores, o resto dos traballadores teatrais e os distintos axentes sociais.

Page 10: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

-10- Dossier de prensa

XV Premios de Teatro María Casares

Finalistas dos XV Premios María Casares

MELLOR MAQUILLAXE Nomeado Espectáculo Compañía Dolores Centeno As actas escuras Centro Dramático Galego Martina Cambeiro Volpone Talía Teatro Tanxarina Trogloditas Tanxarina MELLOR VESTIARIO Nomeado Espectáculo Compañía Carlos Alonso Trogloditas Tanxarina La Canalla As actas escuras Centro Dramático Galego Roberto Salgueiro Volpone Talía Teatro MELLOR ILUMINACIÓN Nomeado Espectáculo Compañía Baltasar Patiño Super8 Voadora Baltasar Patiño Un Cranio Furado Producións Teatráis

Excéntricas Suso Díaz O incerto señor don Hamlet,

príncipe de Dinamarca Sarabela teatro

Xúlio Lago Memoria de Helena e María Teatro do Atlántico MELLOR MÚSICA ORIXINAL Nomeado Espectáculo Compañía Fran Pérez “Narf” Memoria de Helena e María Teatro do Atlántico Hugo Torres e José Díaz Super8 Voadora José Luis Prieto e Carlos Mosquera “Mos”

Life is a Paripé Obras Públicas

Piti Sanz Un Cranio Furado Producións Teatráis Excéntricas

MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN Nomeado Espectáculo Compañía Avelino González Un Cranio Furado Producións Teatráis

Excéntricas Cándido Pazó Memorias das Memorias dun

neno labrego Abrapalabra Creacións Escénicas

Roberto Salgueiro Volpone Talía Teatro

Page 11: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

-11- Dossier de prensa

XV Premios de Teatro María Casares

MELLOR TEXTO ORIXINAL Nomeado Espectáculo Compañía Roberto Salgueiro Memoria de Helena e María Teatro do Atlántico Roberto Vidal Bolaño As actas escuras Centro Dramático Galego Rubén Ruibal Limpeza de Sangue Espello Cóncavo MELLOR ESCENOGRAFÍA Nomeado Espectáculo Compañía Marcelino de Santiago “Kukas”

Un Cranio Furado Producións Teatráis Excéntricas

Rodrigo Roel As actas escuras Centro Dramático Galego Suso Díaz O incerto señor don Hamlet,

príncipe de Dinamarca Sarabela teatro

MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA Nomeado Espectáculo Compañía Dorotea Bárcena Un Cranio Furado Producións Teatráis

Excéntricas Iolanda Muiños A Nona Teatro do Morcego Marta Ríos Volpone Talía Teatro MELLOR ACTOR SECUNDARIO Nomeado Espectáculo Compañía Marcos Viéitez As actas escuras Centro Dramático Galego Santi Romay Un Cranio Furado Producións Teatráis

Excéntricas Víctor Mosqueira Un Cranio Furado Producións Teatráis

Excéntricas MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA Nomeado Espectáculo Compañía Iolanda Muiños Life is a Paripé Obras Públicas Lucía Regueiro Memoria de Helena e María Teatro do Atlántico María Barcala Memoria de Helena e María Teatro do Atlántico MELLOR ACTOR PROTAGONISTA Nomeado Espectáculo Compañía César Goldi Life is a Paripé Obras Públicas Evaristo Calvo Un Cranio Furado Producións Teatráis

Excéntricas Xosé M. Olveira “Pico” As actas escuras Producións Teatráis

Excéntricas

Page 12: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

-12- Dossier de prensa

XV Premios de Teatro María Casares

MELLOR DIRECCIÓN Nomeado Espectáculo Compañía Marta Pazos Super8 Voadora Quico Cadaval Un Cranio Furado Producións Teatráis

Excéntricas Xúlio Lago As actas escuras Centro Dramático Galego Xúlio Lago Memoria de Helena e María Teatro do Atlántico MELLOR ESPECTÁCULO Nomeado Espectáculo Life is a Paripé Obras Públicas Memoria de Helena e María Teatro do Atlántico Un Cranio Furado Producións Teatráis

Excéntricas

Page 13: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

-13- Dossier de prensa

XV Premios de Teatro María Casares

breve sinopse de espectáculos (entre paréntese, número de postos de finalistas acadados)

UN CRANIO FURADO (10): Coprodución entre Producións Teatráis Excéntricas e o Festival Internacional de Outono de Carballo que adapta unha obra do irlandés Martin Mc Donagh. Horror e humor combínanse nunha mestura que “non é unha comedia de terror, non é un policial inglés, non é unha serie de tv de forenses, non é unha festa dos difuntos, non é un esperpento… mais ten un pouco de todo” MEMORIA DE HELENA E MARÍA (7): Esta obra de Teatro do Atlántico condúcenos aos meses previos á Guerra Civil, cando se produce o primeiro encontro entre Helena e Manuel. A chegada da Guerra de 1936 vai levar a Manuel á fronte republicana, e a súa vida vai rematar en Albacete un ano despois. Á morte de Manuel, Helena, a súa viúva, fica na vila coa súa pequena filla, María, froito daquel amor, e con outra herdanza, deixada tamén polo seu home, que ha traer dramáticas consecuencias. AS ACTAS ESCURAS (7): O Centro Dramático Galego leva a escena esta peza do gran Roberto Vidal Bolaño, que reflexiona sobre a ocultación da verdade nun exercicio cheo de compromiso ético e político. Unha aposta arriscada, polas dificultades técnicas e artísticas, que se salda con éxito. LIFE IS A PARIPÉ (4): Obras Públicas consigue 4 nominacións con este espectáculo de humor dividido en 11 escenas e pico no que”33 por cento de música, 33 por cento de teatro e 33 por cento de cachondeo “dan un “100 por cen de paripé”. VOLPONE (4): A obra máis famosa do dramaturgo inglés Ben Johnson, é unha fábula descarnada que xira arredor da avaricia e da luxuria. Ao mesmo tempo, é unha sátira sobre a debilidade humana e as ansias por acumular poder. O vestiario e as máscaras acentúan unha expresividade clave no espectáculo de Talía Teatro. SUPER8 (3): O cine coma metáfora da memoria e a memoria coma teatro do vivido. Voadora maxina a nosa memoria coma unha estancia na que almacenamos as películas que fomos reunindo na nosa vida. Os tres elementos (cine, teatro e memoria) coma tres espellos colocados en triángulo nesta comedia musical. TROGLODITAS (2): Tanxarina lévanos ao teatro máis antigo da Prehistoria: unha cova onde se desenvolve un espectáculo cheo de tolemia e humor. Trogloditas é unha viaxe no tempo para coñecer aos nosos antepasados.

Page 14: DOSSIER-DE-PRENSA-MAR%C3%8DA-CASARES-2011

-14- Dossier de prensa

XV Premios de Teatro María Casares

O INCERTO SEÑOR DON HAMLET, PRÍNCIPE DE DINAMARCA (2): Hamlet recibe unha nova sorprendente, non é fillo do seu pai lexítimo (Olaf, o rei envelenado) senón do ursurpador e tío seu, o asasino Halmar. Sarabela Teatro achéganos a unha obra única de Álvaro Cunqueiro, un texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito ritmo, musicalidade e escrita marabillosa. Unha montaxe na que se equilibran as forzas: amor e morte. A NONA (1): Nunha familia arxentina, de orixe italiana, hai unha avoa (a Nona) de avanzada idade que come sen parar. Mentres a familia camiña cara á ruína, procuran os máis diversos camiños para gañar diñeiro. Nun momento de desesperación, a familia comeza a tentar asasinar a Nona, pero son os membros da familia os que van resultando mortos neses intentos por desfacerse dela. Teatro do Morcego é a compañía desta obra. LIMPEZA DE SANGUE (1): En verbas do autor e candidato Rubén Ruibal: “En Limpeza de Sangue, imitando malamente ó mestre Vidal Bolaño, tentei retratar a miña Coruña do boom inmobiliario e puxen o ollo en dous personaxes unidos polo cerca que andan do delito e, sobre todo, polo cerca que andan da dor e da morte”, Espello Cóncavo amósanos a historia de Fernando e Pantaleón. MEMORIAS DAS MEMORIAS DUN NENO LABREGO (1): A compañía Abrapalabra únese ao cincuenta aniversario da publicación de “Memorias dun neno labrego” pondo en escena un espectáculo unipersoal escénico-narrativo protagonizado e adaptado por Cándido Pazó a partires do emblemático texto de Neira Vilas.

Máis información:

Luís Cividanes González

Teléfono: 662 126 398

[email protected]