6
DOSSIER UN DÍA DE FESTA +info: www.culturactiva.org

Dossier Un día de Festa

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Dossier Un día de Festa

Citation preview

Page 1: Dossier Un día de Festa

DOSSIER UN DÍA DE FESTA+info: www.culturactiva.org

Page 2: Dossier Un día de Festa

presentación

culturactiva

Desde Coper@ctiva Cultural - Culturactiva SCG distribuí-mos un grande abano de espectáculos e compañías galegas, do Estado e do resto do mundo e levámolas ao mercado local, estatal e europeo “poñéndoas ao alcance de programadores/as, concellos, festivais, Entidades e programacións”.Ofrecemos un grande abano de espectáculos teatrais e musicais do máis destacado, tanto na calidade das propostas como na variedade das mesmas. Este catálogo que se presenta a continuación é só unha pequena mostra da nosa oferta, xa que estamos espe-cializados na realización de programacións culturais, festi-vais e na xestión integral de todo tipo de eventos e trabal-lamos cun número de compañías e grupos moito mais elevado do aquí presentado. Estamos ao seu dispor para estudar, artellar e propor unha programación, proxecto ou intervención para cada caso concreto.Somos a principal distribuidora de teatro en Galicia e traballamos unha grande cantidade de estilos, sempre co humor e a calidade como nexo de unión e referencia dos nosos espectáculos. No 2010 foron mais de 300 as actuacións as que xestionamos, cantidade superada no 2011 onde acada-mos unha cifra de 350 e de novo superadas en 2012 no que case chegamos ás 450 actuacións. A pesares da forte crise que sofre ao sector optamos por centrarnos mais ca nunca na nosa política de facer a cultura e a risa accesible a todos os petos e a todos os corazóns e mostra é este elevado número de representacións. Teatro de rúa, clown, circo, música, maxia, teatro de interior, teatro cómico, animacións, inauguracións, pasar-rúas, pirotecnia … son só algunhas das propostas coas que contamos á hora de confeccionar as nosas propos-tas de programacións, ou que poñemos a disposición dos nosos clientes para que eles mesmos o fagan, adap-tándoas a todos os niveis (orzamentario, formato, estilo, etc).

Traballamos con concellos, asociacións veciñais, ANPAS, entidades bancarias, a administración pública en xeral, comisións de festas, festivais, programacións teatrais, empresas, etc... non só na venta teatral, senón tamén ofrecendo os nosos servizos integrais, podendo encargarnos de todo o que implica a elaboración dunha programación (deseño, prensa, produción, dirección, xestión, etc)Malia a que en 2013 cumpriremos doce anos de vida, non nos acomodamos, senón que expandimos o noso volume de traballo cada ano. Diversas programacións culturais para todos os petos,e o orgullo e diferenciación de contar coa distribución en exclusiva de artistas estatais como Leo Bassi, Pez en Raya, Alba Sarraute ou Yllana en Galicia, de grupos de música abandeirados da música catalá como Txarango ou La Troba Kung Fu, de traballar con espectáculos de compañías internacionais coma Andy Snatch, Fraser Hooper ou Jango Edwards e, de promover compañías galegas coma Os 7 Magníficos + 1, O Sonoro Maxín, Peter Punk e moitas outras.A nosa oferta de xestión profesional e integral de calquera tipo de evento ou programación, son as ferramentas que nos permiten seguir medrando ano a ano, nos motivan a seguir creando e transformando a cultura do noso país festa a festa, parroquia a parroquia, vila a vila, cidade a cidade. Para afondar nestas propostas, rogamos nos contacten no

+info: www.culturactiva.org

poderás atopar informacióndetallada, video, dossier...

de cada espectáculo en: www.culturactiva.org

Page 3: Dossier Un día de Festa

presentación

descrición “un día de festa”

Culturactiva SCG, unha das distribuidoras musicais e teatrais con máis actividade de Galicia, e Os Quinquilláns, unha das compañía de refrencia do teatro de rúa galego, únense para crear un innovador produto cultural.Un Día de Festa é unha xornada completa de progra-mación teatral para todos os públicos, con contacontos, espectáculos de novo circo e unha grande animación final.O día comeza cunha sesión de contacontos a cargo de Os Quinquilláns (Morgana e Arturo), Os Sete Magníficos máis Un (A Historia de Brancaflor) ou mesmo un contac-ontos exclusivo en función do acto no que se programe a actividade.A tarde está reservada ao clown, a maxia e ao novo circo, con dous espectáculos de rúa. Peter Punk, Os Sete Magníficos máis Un, Roi Sixto, Cé Orquestra Pantasma ou Rudi Dudi serán as compañías protagonistas do serán.E para rematar, unha grande animación nocturna da man de Os Quinquilláns, que pecharán a xornada con No Fondo do Mar, Ladróns de Sona ou Arrieiros, poñendo un espectacular broche de ouro a Un Día de Festa.

En activo desde 1989, a compañía especialízase desde o inicio no teatro de rúa e infantil. Nos seus preto de 25 anos de traxectoria profesional, estrean multitude de espectáculos, entre os que sobrancean As Viaxes Fantásticas (1994), As Voces do Mar (1996), Irmandiños (1998), Gulliver (2000), O Circo das Máscaras (2002), Moby Dick (2004) ou A Diáspora (2005).

Mañá: unha sesión de contacontosSerán: dous espectáculos de clown, maxia ou novo circoNoite: unha grande animación nocturna +info: www.culturactiva.org

poderás atopar informacióndetallada, video, dossier...

de cada espectáculo en: www.culturactiva.org

os quinquilláns

programa

Page 4: Dossier Un día de Festa

+info: www.culturactiva.org

Page 5: Dossier Un día de Festa

+info: www.culturactiva.org

Page 6: Dossier Un día de Festa

+info: www.culturactiva.org