2
O LABORATORIO AUDIOVISUAL DE INNOVACIÓN E CREACIÓN DA CORUÑA É UN ESPAZO DE ENCONTRO, COLABORACIÓN E APRENDIZAXE PARA PERSOAS E COLECTIVOS INTERESADOS NA CULTURA AUDIOVISUAL CONTEMPORÁNEA, OS NOVOS MEDIOS E A TRANSFORMACIÓN DIXITAL O Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación é unha iniciava da Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento dentro do programa Coruña Dixital. corunadixital.gal/laic ENCONTROS COAS COMUNIDADES #LAIC Ao longo deste semestre estamos a manter disntos encontros coas comunidades e persoas que xa se dedican na Coruña á cultura audiovisual dixital. Síguenos nas redes para estar ao día das novas convocatorias e suscríbete ao noso bolen e grupo de Facebook. // facebook.com/groups/ComunidadeLAIC [email protected] @corunadixital #laic PROGRAMACIÓN OUTONO 2017 Todas as acvidades son de inscrición gratuíta e con prazas limitadas. Podes inscribirte a través da web corunadixital.gal/axenda O LAIC quere xuntar a diferentes axentes creavos da cidade (cineastas, produtoras, estudantes, docentes, profesionais da comunicación e do deseño, acvistas, arstas, tecnólogas, especialistas en ferramentas dixitais) para comparr experiencias e boas práccas de innovación audiovisual. A misión é traballar coas comunidades en torno ao audiovisual e o dixital para visibilizalas, involucralas e facilitar a súa parcipación para acadar un obxecvo común, que é facer da Coruña un polo estratéxico de innovación, creavidade e boas práccas, que xeren novas oportunidades e modelos de traballo sustentable nun sector en pleno cambio de paradigma marcado pola dixitalización e democrazación dos medios. Para isto proponse un programa de acvidades de formación, encontro e laboratorio que explorarán as novas oportunidades para esta comunidade profesional e creava aproveitando as posibilidades de internet, tanto no uso de novas linguaxes narravas como na distribución e promoción a través de novas canles. Ao tempo que desenvolve esta programación, o LAIC vai facilitar e colaborar no desenvolvemento de outras acvidades impulsadas por disntos colecvos da cidade relacionados co audiovisual e a cultura dixital.

ENCONTROS COAS COMUNIDADES #LAIC O LAIC quere xuntar … · microformatos como os gifs, os memes, as emoticonas, as stories e os minivídeos para as redes sociais. Impartido por

  • Upload
    others

  • View
    6

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ENCONTROS COAS COMUNIDADES #LAIC O LAIC quere xuntar … · microformatos como os gifs, os memes, as emoticonas, as stories e os minivídeos para as redes sociais. Impartido por

O LABORATORIO AUDIOVISUAL DE INNOVACIÓN E CREACIÓN DA CORUÑA É UN ESPAZO DE ENCONTRO, COLABORACIÓN E APRENDIZAXE PARA PERSOAS E COLECTIVOS INTERESADOS NA CULTURA AUDIOVISUAL CONTEMPORÁNEA, OS NOVOS MEDIOS E A TRANSFORMACIÓN DIXITAL

O Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación é unha iniciativa da Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento dentro do programa Coruña Dixital.

corunadixital.gal/laic

ENCONTROS COAS COMUNIDADES #LAICAo longo deste semestre estamos a manter distintos encontros coas comunidades e persoas que xa se dedican na Coruña á cultura audiovisual dixital. Síguenos nas redes para estar ao día das novas convocatorias e suscríbete ao noso boletín e grupo de Facebook.

//

facebook.com/groups/ComunidadeLAIC

[email protected]

@corunadixital #laic

PROGRAMACIÓN OUTONO 2017Todas as actividades son de inscrición gratuíta e con prazas limitadas. Podes inscribirte a través da web corunadixital.gal/axenda

O LAIC quere xuntar a diferentes axentes creativos da cidade (cineastas, produtoras, estudantes, docentes, profesionais da comunicación e do deseño, activistas, artistas, tecnólogas, especialistas en ferramentas dixitais) para compartir experiencias e boas prácticas de innovación audiovisual.

A misión é traballar coas comunidades en torno ao audiovisual e o dixital para visibilizalas, involucralas e facilitar a súa participación para acadar un obxectivo común, que é facer da Coruña un polo estratéxico de innovación, creatividade e boas prácticas, que xeren novas oportunidades e modelos de traballo sustentable nun sector en pleno cambio de paradigma marcado pola dixitalización e democratización dos medios.

Para isto proponse un programa de actividades de formación, encontro e laboratorio que explorarán as novas oportunidades para esta comunidade profesional e creativa aproveitando as posibilidades de internet, tanto no uso de novas linguaxes narrativas como na distribución e promoción a través de novas canles.

Ao tempo que desenvolve esta programación, o LAIC vai facilitar e colaborar no desenvolvemento de outras actividades impulsadas por distintos colectivos da cidade relacionados co audiovisual e a cultura dixital.

Page 2: ENCONTROS COAS COMUNIDADES #LAIC O LAIC quere xuntar … · microformatos como os gifs, os memes, as emoticonas, as stories e os minivídeos para as redes sociais. Impartido por

5 OUTUBRO | 19 - 20:30 h | Accede Papagaio

COMO PUBLICAR CONTIDOS AUDIOVISUAIS CON LICENZAS LIBRESPara todas as persoas interesadas na creación audiovisual e na publicación de contidos en internet, neste obradoiro Jorge Lama contaranos como usar de xeito correcto as licenzas Creative Commons.

//

//

//

//

//

//

//

//

//2 NOVEMBRO | 19 - 20:30 h | Accede Papagaio

AVENTURAS DUNHA YOUTUBER LEGALBárbara Román e Jose Manuel Sendín de NoLegalTech falarannos da vídeo guía legal que crearon titulada “La guía legal para YouTubers” onde explican moitas das cuestións legais que un youtuber pode atopar no seu día a día, desde algo tan sinxelo como abrir unha canle, pasando pola monetización ou alta en networks, ata etapas máis avanzadas como realizar actuacións en directo.

18 NOVEMBRO | 10:30 - 14 e 16 - 20 h | Centro Cívico da Cidade Vella

TALLER DE NARRATIVAS POPULARES CONTEMPORÁNEASUn obradoiro teórico-práctico para coñecer e practicar novas narrativas audiovisuais baseadas en microformatos como os gifs, os memes, as emoticonas, as stories e os minivídeos para as redes sociais. Impartido por Felipe G. Gil e Lucas Tello de Zemos98.

24 NOVEMBRO | 16 - 20 h | Centro Cívico da Cidade Vella

LABORATORIO DE CREACIÓN DE VIDEOXOGOSXuntamos persoas que están a desenvolver videoxogos con creativos de outras disciplinas nunha xornada para idear e prototipar proxectos. En colaboración con Monkey Laboratory.

3 NOVEMBRO | 16 - 20 h4 NOVEMBRO | 10 - 20 h | Centro Ágora

LABORATORIO TRANSMEDIA “A CORUÑA REBELDE”: HACKATÓNCo material arquivado no repositorio, imos facer un taller de realidade aumentada co obxectivo de crear un prototipo de aplicación para móbiles e tablets coa que se poida acceder aos materiais de forma xeolocalizada, relacionando cada arquivo con espazos reais a través da cámara do móbil. De forma complementaria, faremos unha versión en formato webdoc cun mapa interactivo que comparta os mesmos materiais e contidos, mais cun deseño de interface diferente. Con Bermudas.land.

9 NOVEMBRO | 10 - 14 e 16 - 20 h | Espazo por determinar

ENCONTRO: NOVOS MODELOS PROFESIONAIS PARA O AUDIOVISUALUnha xornada para coñecer de perto as novas oportunidades que abre internet para o mundo audiovisual: novas plataformas, novos formatos, novos clientes, novos perfís profesionais. Con presentación de experiencias, debate, contacto entre empresas e talento, e reflexión conxunta sobre a sustentabilidade e a precariedade laboral neste novo sector. En colaboración coa Academia Galega do Audiovisual.

19 OUTUBRO | 16 - 20 h | Accede Papagaio

COMO PROFESIONALIZAR A TÚA CANLE DE YOUTUBEUn seminario no que adultos/as e mozas/os da Coruña cun proxecto de canal de YouTube aprenderán a xestionalo e a quitarlle o máximo partido. Impartido por 2 profesionais de 2btube, axencia de representación de talentos dixitais, e polo youtuber Sebas G. Mouret (“El coleccionista de mundos”).

27 OUTUBRO | 17 - 20 h 28 OUTUBRO | 10 - 14 h | Quiosco Alfonso

LABORATORIO TRANSMEDIA“A CORUÑA REBELDE”: ARQUIVATÓNNo Día Internacional do Patrimonio Audiovisual celebramos esta xornada intensiva para a recompilación e creación dun repositorio de arquivos multimedia en aberto baixo o tema “A Coruña rebelde”, a partir de documentos domésticos e institucionais. O reto concreto sería chegar a dixitalizar e publicar 50 elementos en Archive.org para conseguir poder crear unha colección con este tema.

21 OUTUBRO | 10:30 - 20 h | Centro Cívico da Cidade Vella

SUPERCINE: TALLER DE CINEMA CROWDSaca adiante a túa película usando a economía colaborativa, o movemento crowd, as comunidades online e as novas audiencias. Con Miguel Ángel Rolland, produtor e director da longametraxe documental “Santa Fiesta”. Dirixido a cineastas e produtores audiovisuais con proxecto.