2
Exposición Isaac Díaz Pardo Ano Isaac Díaz pardo no Cpi Fonte díaz de Touro CPI plurilingüe Fonte Díaz de Touro 15 de maio a 15 de xuño de 2017 Ano Isaac Díaz Pardo no CPI Fonte Díaz de Touro. Exposición concibida e realizada polo Equipo de Normalización do IES nº1 de Ordes e as súas profesoras Maka Arca e Ana M. Mosquera. “Se queremos, en fin, un cidadán comprometido coa súa patria e coa humanidade, un home honrado, modesto, traballador, xeneroso, queremos naturalmente que sexa coma ti” Xosé Neira Vilas “O home máis querido de Galicia” Manuel Rivas “Un dos grandes do século XX en Galicia e un exemplo desde o punto de vista ético pola súa modestia e esforzo constante” Ramón Villares Convite Con motivo da celebración do ano Isaac Díaz Pardo no noso Centro, temos o pracer de convidar a toda a comunidade educativa e demais veciños e veciñas do Concello de Touro a visitar a exposición sobre a obra e vida deste persoeiro tan importante da nosa cultura. Se se animan a acompañarnos, a exposición permanecerá aberta con entrada libre do 22 de maio ao 9 de xuño en horario de 10:00 a 16:00 horas. Ademais, o martes día 30 ás 11:45 poderán desfrutar dunha visita guiada polo profesor do centro Daniel Asorey Atentamente, o equipo directivo. Isaac Díaz Pardo foi un dos persoeiros máis importantes da Galiza do Século XX. Nado en Compostela, no 1920, é fillo do grande escenógrafo e pintor Camilo Díaz Baliño. Con 16 anos, Isaac vai ver como seu pai é asasinado pola represión franquista, polo que debe refuxiarse na Coruña. Anos despois, con dificultades, estudará na Escola de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, amplía estudos en Italia e fará exposicións en distintos países e continentes. No mundo da pintura, coñece a súa muller, Carme Arias, Mimina, unha enorme artista, acuarelista e decoradora, sen a cal sería imposible entender a súa obra e o seu legado. Díaz Pardo foi un pintor excelente, un deseñador e ilustrador gráfico de primeira orde. Alén diso, fundou Edicións do Castro, coa idea de recuperar a memoria histórica esnaquizada pola ditadura franquista. Así e todo, o labor polo que é máis coñecido é pola afouteza de poñer a andar, coa axuda doutros galeguistas do exilio como Luís Seoane, Cerámicas do Castro e Cerámicas Sargadelos. A súa idea era crear riqueza no rural do noso país, facer un produto que deixase valor engadido e que representase ante o mundo parte dos nosos valores como pobo. E conseguiuno! O Grupo Sargadelos reinvestía o que gañaba e, con ousadía, crea o Laboratorio de Formas, un lugar máxico e participativo onde deseñadores de todas as partes fan bulir as súas ideas. Tamén constrúe o Museo Carlos Maside, no que se recolle boa parte da produción de arte contemporánea da nosa terra, facendo o labor que lle correspondería ás autoridades. De mans de Isaac, nace tamén o IGI, que pretende ser o xermolo do primeiro xornal en galego. Así mesmo, medran as galerías Sargadelos, que se van converter en embaixadas da cultura galega por moitas vilas da nosa terra e mesmo en lugares tan afastados como Italia, chegando a súa sona ata as páxinas de New York Times. Ao final dos seus días, Isaac Díaz Pardo sufriu o engano dalgún dos seus máis achegados colaboradores, que o apartaron do Grupo Sargadelos, que el creara. Sen recursos económicos, neses derradeiros anos tivo que vender parte das súas poucas propiedades para sobrevivir, mentres vía como aqueles que se fixeran co control do Grupo Sargadelos pechaban a editorial, moitas das galerías e levaban a empresa de cerámica á quebra. Ferido de pena e de tristuras, Isaac Díaz Pardo morreu o 5 de xaneiro de 2012. A súa vida foi exemplo de compromiso coa nación galega. Isaac, pintor, editor, activista, decorador, empresario incansable... Isaac, unha raiola fulgurante que foi quen de alumear Galiza. Por iso, dende o CPI de Touro, habemos facer que a súa luz prodixiosa perdure para sempre. Acompáñanos!

Exposición Isaac Díaz Pardo Ano Isaac Díaz pardo …...Exposición Isaac Díaz Pardo Ano Isaac Díaz pardo no Cpi Fonte díaz de Touro CPI plurilingüe Fonte Díaz de Touro 15 de

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Exposición Isaac Díaz Pardo Ano Isaac Díaz pardo …...Exposición Isaac Díaz Pardo Ano Isaac Díaz pardo no Cpi Fonte díaz de Touro CPI plurilingüe Fonte Díaz de Touro 15 de

Exposición Isaac Díaz Pardo

Ano Isaac Díaz pardo no Cpi Fonte díaz de Touro

CPI plurilingüe Fonte Díaz de Touro

15 de maio a 15 de xuño de 2017Ano Isaac Díaz Pardo no CPI Fonte Díaz de Touro.

Exposición concibida e realizada polo Equipo de Normalizacióndo IES nº1 de Ordes e as súas profesoras Maka Arca e Ana M.Mosquera.

“Se queremos, en fin, un cidadáncomprometido coa súa patria e coahumanidade, un home honrado, modesto,traballador, xeneroso, queremosnaturalmente que sexa coma ti”

Xosé Neira Vilas

“O home máis querido de Galicia”Manuel Rivas

“Un dos grandes do século XX en Galicia e unexemplo desde o punto de vista ético pola súamodestia e esforzo constante”

Ramón Villares

ConviteCon motivo da celebración do ano IsaacDíaz Pardo no noso Centro, temos opracer de convidar a toda a comunidadeeducativa e demais veciños e veciñas doConcello de Touro a visitar a exposiciónsobre a obra e vida deste persoeiro tanimportante da nosa cultura.Se se animan a acompañarnos, a

exposición permanecerá aberta conentrada libre do 22 de maio ao 9 de xuñoen horario de 10:00 a 16:00 horas.Ademais, o martes día 30 ás 11:45poderán desfrutar dunha visita guiadapolo profesor do centro Daniel Asorey

Atentamente, o equipo directivo.

Isaac Díaz Pardo foi un dos persoeiros máisimportantes da Galiza do Século XX. Nado enCompostela, no 1920, é fillo do grande escenógrafo epintor Camilo Díaz Baliño. Con 16 anos, Isaac vai vercomo seu pai é asasinado pola represión franquista, poloque debe refuxiarse na Coruña. Anos despois, condificultades, estudará na Escola de Belas Artes de SanFernando, en Madrid, amplía estudos en Italia e faráexposicións en distintos países e continentes. No mundoda pintura, coñece a súa muller, Carme Arias, Mimina,unha enorme artista, acuarelista e decoradora, sen a calsería imposible entender a súa obra e o seu legado.

Díaz Pardo foi un pintor excelente, undeseñador e ilustrador gráfico de primeira orde. Aléndiso, fundou Edicións do Castro, coa idea de recuperar amemoria histórica esnaquizada pola ditadura franquista.Así e todo, o labor polo que é máis coñecido é polaafouteza de poñer a andar, coa axuda doutrosgaleguistas do exilio como Luís Seoane, Cerámicas doCastro e Cerámicas Sargadelos. A súa idea era crearriqueza no rural do noso país, facer un produto quedeixase valor engadido e que representase ante o mundoparte dos nosos valores como pobo. E conseguiuno!

O Grupo Sargadelos reinvestía o que gañabae, con ousadía, crea o Laboratorio de Formas, un lugarmáxico e participativo onde deseñadores de todas aspartes fan bulir as súas ideas.

Tamén constrúe o Museo Carlos Maside, no que se recolle boa parte da produción de arte contemporánea da nosa terra, facendo o labor que lle correspondería ás autoridades. De mans de Isaac, nace tamén o IGI, que pretende ser o xermolo do primeiro xornal en galego. Así mesmo, medran as galerías Sargadelos, que se van converter en embaixadas da cultura galega por moitas vilas da nosa terra e mesmo en lugares tan afastados como Italia, chegando a súa sona ata as páxinas de New York Times.

Ao final dos seus días, Isaac Díaz Pardo sufriu o engano dalgún dos seus máis achegados colaboradores, que o apartaron do Grupo Sargadelos, que el creara.

Sen recursos económicos, neses derradeiros anos tivo que vender parte das súas poucas propiedades para sobrevivir, mentres vía como aqueles que se fixeran co control do Grupo Sargadelos pechaban a editorial, moitas das galerías e levaban a empresa de cerámica á quebra.

Ferido de pena e de tristuras, Isaac Díaz Pardo morreu o 5 de xaneiro de 2012. A súa vida foi exemplo de compromiso coa nación galega. Isaac, pintor, editor, activista, decorador, empresario incansable... Isaac, unha raiola fulgurante que foi quen de alumear Galiza. Por iso, dende o CPI de Touro, habemos facer que a súa luz prodixiosa perdure para sempre.

Acompáñanos!

Page 2: Exposición Isaac Díaz Pardo Ano Isaac Díaz pardo …...Exposición Isaac Díaz Pardo Ano Isaac Díaz pardo no Cpi Fonte díaz de Touro CPI plurilingüe Fonte Díaz de Touro 15 de