8
BASKET BA A A A A A A A A A A A A A A A AS S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S S K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K K KE E E E E E E E E E E E E E E E E E E E E T T T T T T T T T T T T T T T T T T T T T T T T T T T T T M MARTES MARTES 22 MAIO 22 MAIO 2018 2018 2018 ANO V - 164 ANO V - 164 Correo - liderlug[email protected] Correo - [email protected] A V Edición da Gala Líder Basket celebrarase o próximo 5 de xuño no Auditorio da Facultade de Veterinaria. Unha vez definidos os mellores equipos e quintetos da tempada, no transcurso da propia Gala coñeceranse os mellores xogadores e xogadoras da tempada

Fecha: 2018/05/22. Publicación: Suplemento Deporte Escolar

  • Upload
    others

  • View
    8

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Fecha: 2018/05/22. Publicación: Suplemento Deporte Escolar

BASKET

BAAAAAAAAAAAAAAAAASSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKKEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEETTTTTTTTTTTTTTTTTTTTTTTTTTTTT

MARTESMARTES MARTES 22 MAIO22 MAIO 2018 20182018 ANO V - Nº 164 ANO V - Nº 164 Correo - [email protected] Correo - [email protected] - [email protected]

A V Edición da Gala Líder Basket celebrarase o próximo 5 de xuño no Auditorio da Facultade de Veterinaria. Unha vez definidos os mellores

equipos e quintetos da tempada, no transcurso da propia Gala coñeceranse os mellores xogadores e xogadoras da tempada

Page 2: Fecha: 2018/05/22. Publicación: Suplemento Deporte Escolar

O Academia A Mariña 04 non puido continuar coa súa xeira de vitorias tras a derrota do pasado sábado contra Montrove por 74-64.

De inicio, as bure-lás partiron con vantaxe. Superando a defensa individual proposta polo conxunto local e bus-cando transicións rápidas

“Gran trabajo y buen partido de todas las jugadoras” MADAR Academia A Mariña Burela 04

A mariñá Sara mira o aro nun encontro en Lugo

O ACADEMÍA A MARIÑA 04 foi superior nos primeiros minutos e incluso gañou dous cuartos, pero Montrove estivo mellor en momentos clave do encontro para levarse a vitoria

74 64Xogador XogadorCabado Marta 23Velázquez Julia 12Domínguez Claudia 6Ansedez Sandra 6R. Alonso Iria 5Ocaña Sofía 4A. Alonso Ainoa 4M. Ocaña Ana 2P. Alonso Lucía 2Rodríguez Eva

MONTROVE AC. MARIÑA 04

O resultado non reflicte o bo partido

en ataque, as de Car-los Madar conseguiron un parcial inicial de 0-6 tralo que Montrove pediu un tempo morto. A partir de aí o conxunto hercu-lino comezou a acadar as primeiras vantaxes para finalizar o primeiro cuarto cunha renda de once pun-tos, 21-10,

No segundo parcial o Academia A Mariña tivo moita máis fluidez en ataque, aínda que non foi quen de frear as transi-cións locais. Pese a iso conseguiron reducir a vantaxe local a tan só

O propio Cidade de Lugo é o seu peor rival neste tramo final de tempada que os de Cristian Martín encaran desde o primeiro posto en solitario na fase de ascenso á Liga Galega infantil. O soño está cada vez máis preto, pero para iso a segunda parte que disputaron en Santiago ante Peleteiro debe ser a folla de ruta.

Si seguen o camiño dos

“No debemos relajarnos, no podemos mostrar dos caras tan distintas a lo largo de un mismo encuentro” CRISTIAN MARTÍN Cidade Lugo

Xogadores e corpo técnico de Cidade de Lugo nun tempo morto dun encontro xogado no Anexo

Esta vez, a Cidade chegoulle cunha boa segunda metadeOS DE CRISTIAN MARTÍN SEGUEN LÍDERES DE GRUPO, con pleno de vitorias, tras impoñerse en Santiago a Peleteiro nun partido con dúas partes moi distintas

+3AO DESCANSO Tras unha dis-creta primeira parte, o marca-dor reflectía un axustado 29-32 a favor do Cidade de Lugo en Santiago ante Peleterio

+25NA SEGUNDA PARTE a reacción foi total tanto na pista coma no marcador, cun parcial a favor dos lucenses na se-gunda metade de 17-42, no que trazaron a folla de ruta a seguir de cara aos próximos partidos

23PUNTOS de Marta. Que unha xornada máis foi a xogadora máis destacada do conxunto burelao. Nos tres partidos desta fase a mariñá anotou sempre máis de 20 puntos

3PARTIDOS réstanlle ao Academia A Mariña nesta fase de ascenso. A segunda volta co-meza a vindeira fin de semana, e as burelás recibirán en Vista Alegre ao líder do grupo norte, Basquet Coruña

47 75Xogador XogadorMontero 5 AntónLópez Fabio 8Valiño 2 Pablo 15Zas 19 Yoel 2Castiñeira 7 Anxo 6Espiña 4 Samuel 20Rigueiro 10 Juan 4Fernández Xacobe 16

Sergio 4Miguel 12

PELETEIRO CIDADE LUGO

primeiros vinte minutos nas próximas citas, non lles chegará cunha boa segunda parte tan só para saír airosos.

O nivel defensivo na pri-meira parte foi moi baixo, concedendo canastras fáciles, e cunha notable falta de intensidade no rebote, concederon segun-das opcións a un Peleterio que se mantivo vivo no marcador, 29-32 ao des-canso.

No intermedio Cristian Martín fixo recapacitar aos seus xogadores, meteunos no partido e con iso Cidade de Lugo cambioulle a cara ao encontro por completo.

Os lucenses empezaron a crecer desde a defensa, con máis agresividade e pechando ben o rebote,

o que lles permitiu correr e atacar mellor. Ademais, con confianza, subiron as porcentaxes de acerto no tiro exterior, xogando de xeito intelixente os ataques estáticos no cinco para cinco.

Todo iso viuse reflectido no marcador cun terceiro

oito puntos ao descanso. 41-33.

Montrove saíu de novo á pista cunha marcha máis e incrementou a súa vantaxe ata os 14 puntos. Foi entón cando chega-ron os mellores minutos das mariñas, que a falta de seis minutos para a conclusión do encontro puxéronse a só seis pun-tos. Pero o acerto no tiro do conxunto herculino e as malas decisións das de Madar nos minutos finais provocaron un parcial de 20-4 a favor de Montrove que deixaba o marcador no definitivo 74-64.

parcial de 11-17, pero sobre todo nos últimos dez minu-tos, nos que se impuxeron cun claro e contundente 7-26 no que debe ser o patrón de xogo a seguir nas tres últimas xornadas deste grupo Norte da fase de ascenso á Liga Galega infantil.

Infantil Masculino e Feminino › Fase de AscensoMARTES 22 MAIO 20182

Page 3: Fecha: 2018/05/22. Publicación: Suplemento Deporte Escolar

Xogador XogadorEloy FreirePillado AbelendaGarabito FuentesAnxo OteroÁlex LodeiroÁlvaro SantiagoOlloqui SantosDani MirandaIago CastroMarioManuAntón*Anotacións non facilitadas

54 70ESTUDIANTES 02 ARTAI

O Cidade de Lugo des-pediuse das súas opcións de ascenso á Liga Galega júnior masculina tras perder con claridade ante Basquet Coruña, nun partido no que os de Adrián González non puideron facer fronte ao ataque herculino, ao afron-tar o encontro con moitas ausencias.

As malas sensacións acompañaron aos lucenses desde os primeiros minutos, nos que se viron supera-dos atrás, apenas tiveron opcións de correr e tiveron moitos problemas para ano-tar con fluidez, de aí ao 26-11 co que finalizou o primeiro cuarto.

Coa premisa de meterse no partido comezou o segundo parcial, pero Cidade nunca chegou a igualar as forzas cos locais e ao des-canso o marcador xa era de 51-26. Co paso dos minutos na segunda parte as opcións de Cidade desapareceron ante a maior rotación local, polo que os últimos vinte minutos foron un querer e non poder na Coruña.

Os de Adrián González despedirán a tempada en casa, recibindo a un Gabadi Basket Ferrol que está inmerso na loita polo pri-meiro posto.

“Sin defensa es imposible competir a cualquier nivel” ADRIÁN GONZÁLEZ Cidade Lugo

A defensa descolga ao Cidade da loita polo ascensoOS 94 PUNTOS encaixados e as ausencias, claves

1PARTIDO MÁIS lle queda ao Cidade de Lugo por disputar esta tempada, que xogará na casa ante un rival coñecido, o Gabadi Ferrol ao que xa se mediron varias veces esta tempada

94 47Xogador XogadorSouto RasillaLópez AlejandroAumaitre Pablo D.Mariñas FizSmith HéctorGonzález IgnacioA. LópezIglesiasEstany

*Anotacións non facilitadas

B. CORUÑA CIDADE LUGO

A derrota de Estudiantes 02 no Anexo non empaña o gran encontro contra Artai, líder invicto no grupo norte da fase de Ascenso. Os celestes perderan en Carba-

“Hemos dado todo lo que teníamos y estoy contento con el compromiso del equipo” IAGO CASTRO Estudiantes 02

O celeste Eloy inicia unha xogada de ataque no Anexo

Olloqui facendo unha entrada a canastra Pillado coa pelota rodeado de xogadores rivais O infantil Dani subindo un contraataque

Tan só a diferencia física puido cun gran Estudiantes

Excesivos factores en contra

OS DE IAGO CASTRO tiveron unha gran actuación ante o líder do grupo e competiron de ti a ti contra un rival que chegou mellor aos minutos finais

O RÍA DE RIBADEO loitou contracorrente nun encontro no que a lesión de Aldara e a carga de faltas de Sara e Fátima desencadearon no 59-63 final

llo na xornada inaugural por 42 puntos, e neste encontro conseguiron reducir as dife-renzas e competir en todo momento ante o conxunto herculino, físicamente moi superior ante o cadro de 7 cadetes de primeiro ano e 5 infantís co que contaba Iago Castro.

Logo de tres cuartos de equilibrio e igualdade o encontro rompeuse nos últimos 10 minutos, nos que Estudiantes comezou a acusar o baixo acerto no tiro exterior e custoulle máis facer un bo balance defen-sivo. Artai comezou a abrir unha vantaxe da que os

celestes xa non se repuxe-ron, e o conxunto herculino levouse a vitoria co 54-70 final.

A vindeira xornada os de Iago Castro buscarán a súa segunda vitoria na fase en Santiago contra Obradoiro, que conta por derrotas todos os seus encontros.

2ENCONTROS restan para que finalice a Fase. O conxunto celeste viaxa a vindeira fin de semana a Santiago para enfron-tarse a Obradoiro e pechará a tempada no Anexo, contra Culle.

Ribadeo volveu ter demasiados factores en contra para poder alzarse coa vitoria. Un triunfo que as mariñás buscaban por máis de tres puntos para recuperar o basketaverage particular, e tiveron opcións para iso ata que as adver-sidades impedírono.

“Todo lo que nos está sucediendo en esta fase de ascenso está siendo muy negativo para nosotras. Aún así luchamos hasta que se nos agotó la gasolina” JOSE Ría de Ribadeo

Andrea baixo o aro nun partido desta tempada

59 63Xogador XogadorSara Mújica 17Aldara 5 Muñoz 10Alba Salgado 4Fátima 6 Rial 19Mireia Vidal 2Andrea 15 BreySara 6 Gómez 3Irene 24 Rivas 3Marta 3 MenéndezMónica AlonsoMaría Rodil 1

RIBADEO CÍA. MARÍA

No primeiro cuarto Ribadeo tomou o mando do partido cun parcial de 16-8 no que Jose sorpren-deu ás compostelás cunha defensa 1-3-1 coa que secou á mellor xogadora rival, autora de 24 puntos no partido de ida.

No segundo parcial Ribadeo ampliou a vantaxe nos primeiros minutos, pero no ecuador do segundo cuarto as visitantes subiron

a intensidade defensiva e unha polémica técnica ao banquiño local fixo que a diferenza se reducise ata o 33-29 co que se chegou ao descanso.

Na segunda parte Sara e Fátima, con problemas de faltas, estiveron moitos minutos fóra de pista, e unha mala caída de Aldara sacouna do encontro, algo que aproveitou o conxunto compostelán para darlle a

volta ao marcador de cara aos dez últimos minutos, nos que Ribadeo non esca-

timou en esforzos, pero non puido facer fronte a todas as adversidades.

Cadete e Júnior › Fase de AscensoMARTES 22 MAIO 2018 3

Page 4: Fecha: 2018/05/22. Publicación: Suplemento Deporte Escolar

A pola Final Galega P reminiCB RIBADEO e ESTUDIANTES VIOLETA xogarán polo título galego a vindeira semana na Estrada, onde se reunirán os 8 mellores equipos femininos e masculinos da categoría

CB Ría de Ribadeo e Estudian-tes Violeta serán os representantes lucenses na Final da Liga Galega Premini que se disputará a vindeira fin de semana na Estrada. Os dous selaron a clasificación nas derra-deiras concentracións da competi-ción, en Ribadeo e en Sarria.

Dous derbisO CB Ribadeo afrontaba no seu

pavillón unha xornada decisiva, na que estaba en xogo a última praza para a final galega. Tras a súa vitoria contra Baloncesto Narón e a derrota de Maristas Azul co líder, Basket Ferrol, na xornada de mañá, todo quedaba pendente do resul-tado dun derbi provincial decisivo entre ribadenses e colexiais. Era o cuarto duelo da temporada entre os dous equipos, que xa mantive-

A segunda fase das competi-cións provinciais de minibasket concluíron esta fin de semana con dous equipos, nas primeiras pra-zas do grupo A -no que se dirimiu o título provincial- e no grupo B.

Franciscanos pechou a liga

MGR CB Sarria finaliza a segunda fase como campión invicto do grupo B despois da cómoda vitoria ante C. B. Ría de Ribadeo 07

Os xogadores do CB Ribadeo celebran a súa clasificación para disputar a final do campionato galego

Franciscanos encara invicto a gran cita da vindeira fin de semanaMGR CB SARRIA tamén concluíu esta segunda fase da temporada sen encaixar ningunha derrota, tras vencer a Estudiantes no último partido da liga no grupo B da categoría provincial masculina

Mini e Preminibasket › Segunda e Primeira divisiónMARTES 22 MAIO 20184

ran un vibrante pulso polo título provincial.

O máis esixido era o Ribadeo que, ademais de gañar, tiña que contrarrestar o basketaverage favorable a Maristas (+8) tralo par-tido de ida. Os de Sama entraron forte no partido ante un Maris-tas tocado pola baixa inesperada de Juan a última hora, mantén-dose nos 10-12 puntos de van-taxe durante a primeira metade. Na segunda parte, coa aportación clave de Néstor, Maristas mellorou e recurtou distancias para afrontar os últimos intres do partido 5 pun-tos abaixo, 72-67, un marcador que lle daba a clasificación. No entanto, un triple no último segundo levou a diferenza aos 8 puntos, 75-67, para o Ribadeo que, co average igualado, se clasificou por anotar

provincial cunha vitoria ante CB Ribadeo, 54-64, que lle permite encarar invito a gran cita da vin-deira fin de semana na Estrada, onde se disputará a final galega de Segunda División de Minibas-ket. Por esa cita agardan tamén

as xogadoras do CB Burela, que xa concluiron o pasado día 5 o seu periplo na competición pro-vincial, tamén invictas.

Ao peche desta edición, os dous equipos estaban pendentes de coñecer os seus rivais para os

cuartos de final, que se disputa-rán o sábado.

Grupo BEsta fin de semana tamén se

disputou a derradeira xornada da competición provincial no grupo B, que rematou co MGR CB Sarria

como líder. Os sarriaos pecharon unha gran segunda volta cunha vitoria ante Estudiantes Branco, 60-78, que lles permite pechar o ano con mois boas sensacións, como líderes invictos do seu grupo.

máis puntos nun dos enfronta-mentos.

Menos tensa foi a xornada para Estudiantes Violeta e Adrián Salgado CB Sarria. As estudian-tís aseguraron a súa clasificación

para a final no primeiro partido do día, cunha vitoria ante Merceda-rias, 58-8. As sarriás pecharon o seu debut competición galega cun triunfo ante as capitalinas, 43-33.

CB Ribadeo e Estudiantes com-

parten agora un mesmo itinera-rio. A próxima cita é o sábado na Estrada, nos cuartos de final polo título galego. Os mariñaos medi-ranse a Rosalía Pío XII; as capitali-nas , a Peleteiro Azul

Page 5: Fecha: 2018/05/22. Publicación: Suplemento Deporte Escolar

74 53Xogador XogadorCastro BraisSoutillo MarioSaavedra SergueiBarral DiegoValenzuela ManuPérez MateoBarreiro PabloFernández Isma

NayoRubén

* Anotación individual non facilitada

PÍO XII ESTUDAINTES55 93

Xogador XogadorGarcía Mauro 7Lugilde Néstor 4Solla Samuel N.Sierra David 12López Samuel V. 19Paredes Gabriel R. 4Míguez Alexis 4Baamonde Jorge 4Varela Julián 38Crende Gabriel F.

JESUITINAS MARISTAS

Fin de curso baixo mínimos Maristas remata campión de grupoESTUDIANTES ACUDIU A SANTIAGO CON MOITAS AUSENCIAS OS COLEXIAIS PECHARON A SEGUNDA FASE CUNHA SOA DERROTA

Estudiantes puxo o punto e final á tempada en San-tiago, onde os de Iago Cas-tro medíronse con Pío XII nun partido marcado polas ausencias por parte dos celestes.

Ante elas, por diferen-tes motivos, o adestra-dor lucense tirou de dous xogadores en idade premini, Nayo e Rubén Carreira.

Á marxe das ausen-cias, Pío XII mostrou o seu potencial desde os primeiros minutos. Un nivel de xogo que non se ve reflectido na clasificación, pero a nivel de formación os compos-teláns son un dos mellores conxuntos deste grupo.

Estudiantes non tivo

Pese a saltar á pista do último clasificado con dema-siada confianza, Maristas impuxo a súa superioridade co paso dos minutos, ata asinar unha clara e con-tundente vitoria coa que os de Óscar Engroba puxeron o punto e final á tempada como primeiros de grupo na segunda fase, na que tan só perderon un encontro.

O partido comezou con intercambio de canastras, o que levou o marcador ata o 18-14 co que finali-zou o primeiro parcial. Xa no segundo a defensa local raiou a un gran nivel e o tenteo foi moito máis baixo, 6-7. Pero como vén sendo habitual Maristas despegou

“Enhorabuena a Rosalía por una merecida victoria. Nosotros seguiremos mejorando”IAGO CASTRO Estudiantes

“Primeros en la segunda fase con una sola derrota. Equipo de menos a más. Enhorabuena a todos”ÓSCAR ENGROBA Maristasopcións de loitar pola vitoria

pero competiu ata o último segundo, co que puxo o punto e final a nivel com-petitivo, pero os celestes seguirán adestrando malia acabar xa a tempada para seguir mellorando de cara aos próximos cursos.

no marcador no terceiro parcial, no que endosaron un claro 0-20 para chegar ao descanso con 25-48 no marcador.

Lonxe de deixarse levar, no cuarto periodo Maristas

volveu mostrarse intratable, 1-27, co que o partido que-dou completamente sen-tenciado. Unha vez supera-dos os corenta puntos de vantaxe, Maristas tomouse un merecido descanso no último encontro oficial que disputaron os de Óscar Engroba esta tempada.

2PREMINIS, Nayo e Rubén Carreira, participaron neste encontro cunha boa aportación pese a ser xogadores aínda en idade premini

3VITORIAS Estudiantes pe-chou a súa participación nesta segunda fase con tres triunfos e sete derrotas. A tan só dúas vitorias de Montrove, que sa-cou praza para fase final que se disputará na Estrada.

1-47PARCIAL entre o terceiro e o cuarto periodo a favor de Maristas, no treito no que exhibiron a súa condición de primeiros de grupo

Estudiantes puxo o punto e final á segunda fase con pleno de vitorias, igual que fixo o Celta no sur, polo que os dous equipos chegan á fase final do campionato galego de minibasket como

“Nos vamos contentas tras el último partido, y pese a no haber jugado como mejor sabemos encaramos con ilusión esta semana previa a la fase final” GEMMA Estudiantes Lugo

O celeste Diego Serguei na loita por un balón Alexis coa pelota no partido contra Basquet Coruña

As xogadoras de Estudiantes con Gemma durante un encontro disputado no Anexo

Estudiantes chega en plena forma á cita grande da tempadaAS LUCENSES AGARDAN RIVAL NAS SEMIFINAIS DO CAMPIONATO GALEGO, ronda na que tamén está o Celta de Vigo. Os outros dous postos sairán da fase previa entre segundos e terceiros

0CERROTAS de Celta e Estu-diantes, que se presentarán na Estrada como favoritos para disputar a gran final. Ambos clasificáronse sen perder ningún encontro nos seus respectivos grupos

6EQUIPOS NA ESTRADA para disputar o Campionato Galego de minibasket. Estudiantes e Celta xa están en semifinais como cabezas de serie

2POSIBLES RIVAIS en semifi-nais para Estudiantes, que se medirá ao gañador da elimina-toria previa que enfrontará a Porriño e Costa Ártabra. Polo outro lado, Celta espera rival do gañador entre Sigaltec e Carmelitas cabezas de serie o que lles

permite estar xa en semifi-nais.

Os seus rivais sairán dos duelos entre segundos e terceiros de ambos gru-pos. No caso de Estudiantes verase as caras co vencedor da eliminatoria entre Sigal-

tec e Carmelitas.A última parada das de

Gemma antes de chegar á Estrada foi en Santiago, onde se impuxeron a Pío XII. Estudiantes sempre levou o mando no marcador malia

non realizar un xogo do todo fluído, sobre todo en está-tico.

Unha vez sentenciado o encontro antes do descanso, ao terminar a primeira parte con 24-50, Estudiantes foise

48 80Xogador XogadorPérez Laura M. Otero Ana A.Pazos LolaMerelles MaríaLado Paula A.Cea DanielaSilva Paula L.N. Perez AlmaTrías Sara L.Andión Sara G.CasusoBrea* Anotación individual non facilitada

PÍO XII ESTUDIANTES

desconectando aos pou-cos do encontro, ao poñer xa toda a súa atención na Estrada, onde se disputará a fase final.

Rosalía aproveitou a relaxación lucense para

impoñerse no último par-cial 18-5, maquillando deste xeito o resultado final.

A próxima cita das celes-tes será nas semifinais, onde xa esperan final para asaltar un posto na gran final.

Minibasket feminino e masculino › Primeira divisiónMARTES 22 MAIO 2018 5

Page 6: Fecha: 2018/05/22. Publicación: Suplemento Deporte Escolar

Estudiantes quedouse ás portas do Campionato de España infantil feminino, ao que acudirá Allariz tras impoñerse nas semifinais da final four.

Todo o que podía saír mal no momento clave saíu mal, empezando pola lesión de Anxela no quencemento, que sacou do partido ás súas compañeiras, xa demasiado tensas antes de empezar.

Estudantes foi durante a tempada o mellor equipo da Liga defensivamente, pero ante Allariz as celes-tes fixeron augas, polo que tampouco estiveron cómo-das en ataque ao non poder

“Estuvimos muy tensas y nerviosas. No fuimos el equipo de siempre, ni en ataque ni en defensa. Así es el basket, espero que esta experiencia nos ayude a seguir creciendo con humildad, compromiso y con la sensación del trabajo bien hecho” JULIA PENA Estudiantes Lugo

Julia Pena coas súas xogadoras durante un partido disputado esta tempada no Anexo

Un mal día no peor momento posible apeou ao EstudiantesA FLUIDEZ OFENSIVA E A INTENSIDADE DEFENSIVA, sinais de identidade das de Julia Pena ao longo da tempada, abandonaron ao equipo na cita clave

xogar e realizar o xogo ale-gre e vertical co que máis a gusto se atopan.

O primeiro parcial de 8-18 engadiu máis presión si cabe. En calquera outro momento e partido de tempada Estudiantes tería

36 61Xogador XogadorIrene MascareñaCarla BarbosaCandela FidalgoEnma VidalÁnxela MeireAdriana SimónCarla CidLian RodríguezMarta CidreCarmen GonzálezClaudia GómezMaría

ESTUDIANTES ALLARIZ

tempo dabondo para levan-tarse e ir polo partido. Con todo, neste encontro as de Julia Pena non atoparon o revulsivo que necesitaban.

No segundo cuarto houbo un atisbo, pero a efectividade de Allariz no tiro castigaba os intentos de remontada de Estudian-tes, que terminou o encon-tro con tan só 36 puntos.

As celestes perderon, pero o potencial segue intacto e esta derrota as fará máis fortes de cara aos próximos encontros nos que teñan situacións similares que afrontar. A pesar da derrota, a tem-pada foi moi boa.

Infantil Feminino › Primeira DivisiónMARTES 22 MAIO 20186

A temporada 2017-2018 segue deixando días para o recordo no CV Emevé, que segue a saborear éxitos como o Ascenso do seu equipo feminino á Super-liga Feminina 1.

Neste momento doce, o club lucense suma un novo recoñecemento. Veñen de recibir o Premio á Mellor entidade na promoción do Deporte Base, outor-gado pola Secrataría Xeral para o Deporte. Un reco-ñecemento que -no plano simbólico- enche as aspi-racions dunha entidade que reivindica día a día o traballo coas categorías inferiores.

“Temos claro que o esforzo económico que fagamos cos equipos de arriba non debe supo-

“Queremos devolverlle á cidadanía o que nos dá a través das institucións”O EMEVÉ reafirma o compromiso coas categorías inferiores tras o premio ao mellor club de base

ñer ningunha renuncia en relación coa base”, di con firmeza a presidenta do

club, Bibi Bouza, en sinto-nía tamén cos adestrado-res das máximas catego-

rías. “Vivimos das achegas públicas, e o noso compro-miso é devolverlle á cida-

danía de Lugo o que nos dá a través das institucións” continúa Bouza, que agarda

outra temporada facendo equilibrismo para que as contas cadren no balance económico. “Nestas últimas semanas tivemos aos dous equipos xuvenís e ao infan-til masculino disputando campionatos de España en Tenerife, Murcia e Boiro, que tamén implican gastos importantes para o club. É un círculo, o club mantense polas subvencións que nos chegan para os equipos sénior. pero a base tamén require recursos”. Un inves-timento coa vista posta no longo prazo que, ademais, esta tempada deu froitos anticipados. O equipo femi-nino deu o salto á maxima categoría cun plantel con moitas xogadoras xuvenís e mesmo unha cadete de primeiro ano.

Page 7: Fecha: 2018/05/22. Publicación: Suplemento Deporte Escolar

Campus Basket EntreNosDO 1 AO 7 DE XULLO EN SAN CIPRIÁN con Sergi Quintela, Adrián Chapela e Erik Quintela entre outros destacados do baloncesto. Poden inscribirse nenas e nenos nados entre 2002 e 2008

Reportaxe› Campus Baloncesto

Xa están abertas as inscricións para a primeira edición do Campus Basket EntreNos, que se celebrará do 1 ao 7 de xullo en San Cibrao. O CD San Ciprián impulsa este proxecto formativo dirixido a nenos e nenas nados entre 2002 e 2008 en colaboración con Estudiantes. O vínculo creado entre as dúas entidades, a raíz da organización do Campionato de España júnior feminino en maio pasado, fructifi-cou na organización deste campus que nace cunha premisa, “busca-mos xogadores saídos da base, con traxectorias coas que os nenos e nenas se poidan identificar, e que se involucren ao cento por cento, adestrando e convivivindo con eles todos os días”, remarca Nacho Mota, coordinador da sección de baloncesto do San Ciprián.

O elenco desta primeira edi-ción do Campus responde clara-mente a este perfil. O cabeza de cartel é Sergi Quintela, que vén de ascender a ACB co Breogán, e que chegou a elite do baloncesto tras formarse nas categorías inferiores de Cidade de Lugo e Estudiantes. O seu irmán, Erik Quintela, que esta temporada competiu na LEB Ouro co CB Clavijo de Logroño; Adríán Chapela, xogador do Club Lucentum Alicante, tamén formado na base lucense; e Candela Abejón, que medrou na canteira do CD Basket-Mar Gijón e que hai catro anos deu o salto ao baloncesto americano, xogando a última temporada no Manhattan College da NCAA Divi-sión 1 Conferencia MACC.

Cristino Menor, director depor-tivo de Estudiantes, dirixe este campus que contará cun grupo de destacados adestradores da base lucense, Fernán Varela, de Estu-diantes; David Martínez, de Galén Ensino e Juanma López, que dirixe varios equipos de formación no CD San Ciprián e no CB Viveiro.

O campus, no que tamén cola-boran Distribuciones Carreiras, 325 Sportswear, CB Breogán e o Con-cello de Cervo, ofrece a posibilidade de profundizar na formación en baloncesto, e propón tamén acti-vidades deportivas e lúdicas para completar as xornadas de adestra-mentos.

4EMBLEMAS DO BALONCESTO BASE Os lucenses Sergi Quintela, Erik Quintela e Adrián Chapela, e a as-turiana Candela Abejón completan o elenco de xogadores desta primera edición do campus, que nace coa vontade de poñer aos nenos e ne-nas que se están formando fronte ao espello no que se poden mirar

220EUROS Esta é a cuota para os xogadores e xogadoras que se inscriban en réxime externo. En réxime interno, o prezo sube aos 330 euros. As fami-lias con máis dun neno/a inscrito, os xogadores/as de CD San Ciprián e os socios do Breogán contarán cun desconto sobre a cota inicial

1-7XULLO O Campus Basket EntreNos ofrece sete días de adestramentos e convivencia que terán como centro o pavillón da Veig,a, onde se realizarán as sesións formativas. O CEIP de Cervo habilitarase como espazo de aloxamento para os que participen no campus como internos

10/16ANOS O Campus está dirixido a xogadores e xogadoras nados entre os anos 2002 e 2008 que poderán participarán en sesións de adestramento diarias, ademais de disfrutar de actividades deportivas, lúdicas e culturais progra-madas de forma paralela para disfru-tar das posibilidades do entorno

MARTES 22 MAIO 2018 7

Page 8: Fecha: 2018/05/22. Publicación: Suplemento Deporte Escolar

Copa Deputación de Baloncesto

500 RAPACES DE TODA A PROVINCIA participarán neste evento promovido pola Deputación de Lugo e organizado polo Ensino

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Vicepresidente do Club Durán Maquinaria Ensino, Enrique Alonso, e o irmán da homenaxeada, Alberto Seijo Cabana, presentaron este luns no salón de actos do Pazo de San Marcos a Copa Deputación de Baloncesto Memorial Cristina Seijo, que terá lugar o vindeiro domingo 27 de maio no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo e no pavillón anexo. O Goberno da Deputación é o principal promotor deste evento deportivo, totalmente gratuíto para os participantes e organizado polo Ensino, que reunirá a preto de 500 nenas e nenos, de entre 6 e 14 anos de toda a Provincia. Deste xeito, o Executivo fai unha achega de 14.000 euros, coa que fomentar o baloncesto base lucense e promover hábitos de vida saudables, da man dun dos clubs femininos de referencia na cidade de Lugo como é o Club Baloncesto Ensino.

Campos Conde subliñou que “promovemos unha nova edición da Copa Deputación dentro da nosa aposta polo fomento do deporte base, o baloncesto

MARTES 22 MAIO 2018

“É unha edición especial, pois quixemos dedicala á memoria de Cristina Seijo, unha referente na Provincia no deporte da canastra e sempre lle estaremos agradecidos polo seu inmenso labor e a súa dedicación absoluta”Darío Campos, Presidente da Deputación Provincial de Lugo

A Deputación de Lugo achega para este evento 14.000 euros

feminino e a igualdade de xénero, así como a educación en valores, a través dunha xornada de convivencia entre rapazas e rapaces chegados de toda a Provincia. Así, o domingo Lugo respirará baloncesto coa Copa, que reunirá a equipos das categorías baby, benxamín, alevín e infantil”.

Campos Conde engadiu que “é unha edición especial, pois quixemos dedicala á memoria de Cristina Seijo, expresidenta e adestradora do Cidade de Lugo, que tristemente nos deixou este ano despois dunha longa enfermidade. Cristina foi unha referente na Provincia no deporte da canastra e sempre lle estaremos agradecidos polo seu inmenso labor e a súa dedicación absoluta”.

Sistema de competiciónO evento reunirá a equipos de categoría babybasket mixto, equipos de categoría benxamín mixto, equipos de categoría alevín feminino, equipos de categoría alevín masculino ou mixto, equipos de categoría infantil feminino e equipos de categoría infantil masculino. En canto á duración dos encontros, será a seguinte:

Na categoría baby serán 6 períodos de 6 minutos a tempo corrido, con 1 minuto de descanso en cada cuarto. Terán

5 minutos de quecemento previo ao encontro na pista de xogo.

En categoría benxamín e alevín serán 6 períodos de 8 minutos a tempo corrido con 1 minuto de descanso en cada cuarto. Terán 5 minutos de quecemento previo ao encontro na pista de xogo.

En categoría infantil serán 4 períodos de 10 minutos a tempo corrido, con 1 minuto de descanso en cada cuarto,

e parado os 2 últimos do cuarto. Terán 5 minutos de quecemento previo ao encontro na pista de xogo.