Upload
others
View
6
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Páxina 1 de 15
Formación profesional
Adaptación na programación para a finalización do curso 2019-2020
Centro educativo
Código Centro Curso académico
15006778 CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol - Coruña (A)) 2019-2020
Ciclo formativo
Código Nome
CBIFC02 Informática de oficina
Módulo profesional
Código Nome
MP3011 Comunicación e Sociedade I
Alumnado
Réxime Modalidade Grupo
Diurno Presencial 1º
Docente (se procede, indicar o nome e os apelidos)
Nome e apelidos
Yolanda Rozados López
Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación
Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020, nos centros da Comunidade
Autónoma de Galicia.
Páxina 2 de 15
1. Criterios de avaliación do terceiro trimestre afectados (por cada unidade didáctica)
1.1 Identificación da unidade didáctica
Nº Unidade didáctica
2 Comunicación escrita en lingua galega e castelá
Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Imprescindible
(si, non)
Desenvolvera-se neste curso
(si, non)
Instrumento de avaliación
RA2. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comu-nicar información escrita en lingua galega e en lingua castelá, aplicando á composición autónoma de textos breves seleccio-nados, estratexias de lectura comprensiva e de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado e progresivo
CA2.1. Valoráronse e analizáronse as características principais dos tipos de textos en relación coa súa idoneidade para o traballo que se desexe realizar e en función da súa finalidade
CA2.2. Utilizáronse diversas ferramentas de procura na comprensión dun texto escrito, aplicando estratexias de reinterpretación de contidos
CA2.3. Aplicáronse sistematicamente estratexias de lectura comprensiva na interpretación dos textos, extraendo conclusións para a súa aplicación nas actividades de aprendizaxe e recoñecendo posibles usos discrimina-torios desde a perspectiva de xénero
CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo, e revisáronse e reformulá-ronse as conclusións obtidas
CA2.5. Analizouse a estrutura de textos escritos de utilización diaria, recoñecendo usos e niveis da lingua, e pautas de elaboración
CA2.6. Aplicáronse as principais normas gramaticais e ortográficas na redacción de textos, de xeito que o texto final resulte claro e preciso
CA2.7. Utilizouse o léxico específico da familia profesional do título
CA2.8. Desenvolvéronse pautas sistemáticas na elaboración de textos escritos que permiten a valoración das aprendizaxes desenvolvidas e a reformulación das necesidades de aprendizaxe para mellorar a comuni-cación escrita
CA2.9. Seguíronse pautas de presentación de traballos escritos tendo en conta o contido, o formato e o público destinatario, utilizando un voca-bulario adecuado ao contexto
CA2.10. Resolvéronse actividades de comprensión e análise das estrutu-ras gramaticais e comprobouse a validez das inferencias realizadas
Si Non -
Páxina 3 de 15
Nº Unidade didáctica
4 Lectura textos literarios en galego anteriores ao século XX
Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Imprescindible
(si, non)
Desenvolvera-se neste curso
(si, non)
Instrumento de avaliación
RA2. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar información escrita en lingua galega e en lingua castelá, aplicando á composición autónoma de textos bre-ves seleccionados, estratexias de lectura comprensiva e de análise, síntese e clasificación, de xeito estruturado e pro-gresivo
CA2.1. Valoráronse e analizáronse as características principais dos tipos de textos en relación coa súa idoneidade para o traballo que se desexe realizar e en función da súa finalidade
CA2.2. Utilizáronse diversas ferramentas de procura na comprensión dun texto escrito, aplicando estratexias de reinterpretación de contidos
CA2.3. Aplicáronse sistematicamente estratexias de lectura comprensiva na interpretación dos textos, extraendo conclusións para a súa aplicación nas actividades de aprendizaxe e recoñecendo posibles usos discriminatorios desde a perspectiva de xénero
CA2.4. Resumiuse o contido dun texto escrito, extraendo a idea principal, as secundarias e o propósito comunicativo, e revisáronse e reformuláronse as conclusións obtidas
CA2.5. Analizouse a estrutura de textos escritos de utilización diaria, recoñe-cendo usos e niveis da lingua, e pautas de elaboración
CA2.6. Aplicáronse as principais normas gramaticais e ortográficas na redac-ción de textos, de xeito que o texto final resulte claro e preciso
CA2.7. Utilizouse o léxico específico da familia profesional do título
CA2.8. Desenvolvéronse pautas sistemáticas na elaboración de textos escri-tos que permiten a valoración das aprendizaxes desenvolvidas e a reformula-ción das necesidades de aprendizaxe para mellorar a comunicación escrita
CA2.9. Seguíronse pautas de presentación de traballos escritos tendo en conta o contido, o formato e o público destinatario, utilizando un vocabulario adecuado ao contexto
CA2.10. Resolvéronse actividades de comprensión e análise das estruturas gramaticais e comprobouse a validez das inferencias realizadas
Si Non -
Páxina 4 de 15
Nº Unidade didáctica
5 Coñecemento formación lingua galega e castelá
Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Imprescindible
(si, non)
Desenvolvera-se neste curso
(si, non)
Instrumento de avaliación
RA5. Coñece a formación da lingua galega e da lingua castelá e as distintas etapas da súa historia social ata o século XIX, así como os fenómenos de contacto de linguas, sendo consciente da necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo
CA5.1. Analizáronse as características de formación da lingua galega e da lingua castelá
CA5.2. Identificáronse as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega e da lingua castelá an-terior ao século XX
CA5.3. Analizáronse os fenómenos de contacto de linguas, atenden-do a situacións de bilingüismo, diglosia, interferencias e o conflito lingüístico
CA5.4. Valorouse a necesidade de normalizar a lingua galega no marco do plurilingüismo, rexeitando os prexuízos lingüísticos
Si Non -
Páxina 5 de 15
Nº Unidade didáctica
7 Conversas en lingua inglesa
Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Imprescindible
(si, non)
Desenvolvera-se neste curso
(si, non)
Instrumento de avaliación
RA2. Participa en conversas en lingua inglesa utilizando unha lingua-xe sinxela e clara en situacións habituais frecuentes dos ámbitos persoal ou profesional, activando estratexias de comunicación bási-cas
CA2.1. Dialogouse, de xeito dirixido e seguindo un guión ben estru-turado, utilizando un repertorio memorizado de modelos de ora-cións e conversas breves e básicas, sobre situacións habituais fre-cuentes e de contido altamente predicible
CA2.2. Mantívose a interacción utilizando estratexias de comunica-ción sinxelas para amosar o interese e a comprensión
CA2.3. Utilizáronse estratexias básicas de compensación para suplir carencias na lingua estranxeira, como a observación da persoa inter-locutora e a procura da súa axuda para facilitar a bidirecionalidade da comunicación
CA2.4. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio esencial e restrinxido de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, segundo o propósito comunicativo do texto
CA2.5. Expresouse con certa claridade, utilizando unha entoación e unha pronuncia comprensibles, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes, nun rexistro formal ou neutro e sempre que as condi-cións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada
Si Non -
Páxina 6 de 15
Nº Unidade didáctica
10 Idade Media e Idade Moderna
Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Imprescindible
(si, non)
Desenvolvera-se neste curso
(si, non)
Instrumento de avaliación
RA2. Valora a construción do espazo europeo ata as primeiras trans-formacións industriais das sociedades agrarias, analizando as súas características principais, así como a súa persistencia na sociedade actual e no contorno inmediato
CA2.1. Analizouse a transformación do mundo antigo no medieval, recoñecendo a evolución do espazo europeo, as súas relacións co espazo extraeuropeo e as características máis significativas das so-ciedades medievais en Galicia e en España
CA2.2. Valoráronse as características das paisaxes agrarias medievais e a súa persistencia nas sociedades actuais galega e española, identi-ficando os seus elementos principais
CA2.3. Valoráronse as consecuencias da construción dos imperios coloniais en América nas culturas autóctonas e nas europeas
CA2.4. Analizouse o modelo político e social da monarquía absoluta durante a Idade Moderna nas principais potencias europeas, así co-mo as súas peculiaridades en Galicia e en España
CA2.5. Valoráronse os indicadores demográficos básicos das trans-formacións na poboación europea, española e galega durante o pe-ríodo analizado
CA2.6. Describíronse as principais características da análise das obras pictóricas a través do estudo de exemplos arquetípicos das es-colas e dos estilos que se suceden en Europa, en España e en Galicia desde o Renacemento ata a irrupción das vangardas históricas
CA2.7. Analizouse a evolución do sector ou dos sectores produtivos propios do perfil do título, analizando as súas transformacións e os principais fitos de evolución nos seus sistemas organizativos e tecno-lóxicos
CA2.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de informa-ción mediante estratexias de composición protocolizadas, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación
CA2.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolve-mento do propio esforzo e o traballo en equipo
Si Non -
Páxina 7 de 15
5. Mínimos exixibles para alcanzar a avaliación positiva e os criterios de cualificación
MÍNIMOS ESIXIBLES DA UF DE COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA E CASTELÁ I
- Aplicación das normas lingüísticas na comunicación oral. Organización da frase: estruturas gramaticais básicas en lingua castelá e galega.
- Estratexias básicas no proceso de composición escrita.
- Aplicación das normas gramaticais e ortográficas en lingua castelá e en lingua galega.
- Léxico específico da familia profesional do título.
- Instrumentos para a recollida de información da lectura dunha obra literaria.
- A formación da lingua galega e da lingua castelá.
- Análise dos fenómenos de contacto de linguas (bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico e interferencias).
- Principais características da literatura galega e castelá, dende a Idade Media ata os séculos XIX e XVII, respectivamente.
MÍNIMOS ESIXIBLES DA UF DE COMUNICACIÓN EN LINGUA INGLESA I
I. Grammar: To be e Have got; Presente simple; Preposicións de tempo; There's, are; Pasado simple do verbo to b.
II. Listening and speaking: Participar en conversas utilizando unha linguaxe sinxela; Comprender e producir textos orais básicos. Ideas principais en chamadas, mensaxes, ordes e indicacións moi claras; Utilizar léxico, ex-presións e frases sinxelas frecuentes para se desenvolver en transaccións e xestións cotiás dos ámbitos persoal ou profesional.
III. Writing: Interpretar e elaborar textos escritos moi breves; Usar recursos sinxelos para iniciar, desenvolver ou rematar un texto escrito; Amosar interese pola presentación dos textos escritos; Utilizar o léxico esencial axeitado para situacións frecuentes e para o contexto dos ámbitos persoal ou profesional.
MÍNIMOS ESIXIBLES DA UF DE SOCIEDADE I
- Paisaxes naturais: aspectos xerais e locais.
- Sociedades prehistóricas.
- Europa medieval
- Galicia na época medieval e moderna.
Páxina 8 de 15
6. Procedemento para a recuperación das partes non superadas
Criterios de avaliación imprescindibles (por cada unidade didáctica)
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
En aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19, e de acordo coas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020, quedan modificados os criterios de cualificación correspondentes a esta programación nos seguintes termos: a) Alumnado que a 13 de marzo tiña unha puntuación igual ou superior a 4 como resultado de aplicar a media aritmética a todas as probas realizadas ata esa data e que non realizou ningunha actividade durante o perío-do de suspensión das clases: Este alumnado manterá esa media como cualificación final, unha vez redondeada a nota á cifra enteira máis próxima e a 5 no caso de alumnos que obtiveran unha media entre 4 e 4,5. b) Alumnado que a 13 de marzo tiña unha puntuación igual ou superior a 4 como resultado de aplicar a media aritmética a todas as probas realizadas ata esa data e realizou alomenos o 50 % das actividades propostas durante o período de suspensión das clases: Este alumnado poderá sumar á media referida anteriormente ata 1 punto. A cualificación das actividades voluntarias propostas será asignada en función da calidade das mes-mas, a súa adecuación ás instrucións de realización e a puntualidade nas entregas. A nota final resultante de este proceso será redondeada á cifra enteira máis próxima. O alumnado que non supere o módulo aplicando o sistema anteriormente descrito terá que seguir o procedemento que se explica no apartado 6.a.
Páxina 9 de 15
Nº Unidade didáctica
1 Comunicación oral en lingua galega e castelá
1ª aval.
2ª aval.
Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación
X RA1. Utiliza estratexias comunicativas para interpretar e comunicar informa-ción oral en lingua galega e en lingua castelá, aplicando os principios da escoita activa, estratexias sinxelas de composición e as normas lingüísticas básicas
CA1.1. Analizouse a estrutura de textos orais procedentes dos medios de comunicación de actualidade e identificáronse as súas características principais
CA1.2. Aplicáronse as habilidades básicas para realizar unha escoita activa, identificando o sentido global e os contidos específicos dunha mensaxe oral
CA1.3. Realizouse un bo uso dos elementos de comunicación non verbal nas argumentacións e nas exposicións
CA1.4. Analizáronse os usos e os niveis da lingua e as normas lingüísticas na comprensión e aplicáronse na composición de mensaxes orais, e revisáronse e elimináronse os usos discriminatorios, nomeadamente nas relacións de xénero
CA1.5. Utilizouse a terminoloxía gramatical axeitada na comprensión das actividades gramaticais propostas e na súa resolución
Proba escrita
Páxina 10 de 15
Nº Unidade didáctica
8 Mensaxes sinxelas escritas en lingua inglesa
1ª aval.
2ª aval.
Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación
X RA3. Elabora textos escritos breves e sinxelos en lingua inglesa, en situacións de comunicacións habituais e frecuentes dos ámbitos persoal, público ou pro-fesional, desenvolvendo estratexias estruturadas de composición, e aplica es-tratexias de lectura comprensiva
CA3.1. Leuse o texto de xeito comprensivo, recoñecendo os seus trazos bási-cos, o seu contido global, e analizouse a súa intención e o seu contexto
CA3.2. Identificáronse as ideas fundamentais e a intención comunicativa básica do texto
CA3.3. Identificáronse estruturas gramaticais básicas e un repertorio limitado de expresións, frases, palabras e marcadores de discurso lineais, en situacións habituais frecuentes, de contido moi predicible
CA3.4. Completáronse e reorganizáronse frases e oracións, atendendo ao propósito comunicativo e a normas gramaticais básicas
CA3.5. Elaboráronse textos breves e adecuados a un propósito comunicativo, seguindo modelos estruturados
CA3.6. Utilizouse o léxico esencial axeitado para situacións frecuentes e para o contexto dos ámbitos persoal ou profesional
CA3.7. Amosouse interese pola boa presentación dos textos escritos, respec-tando as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas, e seguindo sinxelas pautas de revisión
CA3.8. Utilizáronse dicionarios impresos e en liña e correctores ortográficos dos procesadores na composición dos textos
CA3.9. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación
Proba escrita
Páxina 11 de 15
Nº Unidade didáctica
9 Sociedades prehistóricas e antigas
1ª aval.
2ª aval.
Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación
X RA1. Valora a evolución histórica das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga, así como as súas relacións coas paisaxes naturais, analizando os facto-res e os elementos implicados, e desenvolvendo actitudes e valores de aprecio do patrimonio natural e artístico
CA1.1. Describíronse mediante a análise de fontes gráficas as principais carac-terísticas dunha paisaxe natural, e recoñecéronse esas características no con-torno máis próximo
CA1.2. Explicáronse a localización, o desprazamento e a adaptación ao medio dos grupos humanos do período da hominización, ata o dominio técnico dos metais por parte das principais culturas que o exemplifican
CA1.3. Relacionáronse as características dos fitos artísticos máis significativos do período prehistórico coa organización social e co corpo de crenzas, e valo-ráronse as súas diferenzas coas sociedades actuais
CA1.4. Valorouse a persistencia destas sociedades nas actuais, en especial no territorio galego e peninsular, identificando e comparando as súas principais características
CA1.5. Discrimináronse as principais características que require a análise das obras arquitectónicas e escultóricas mediante exemplos arquetípicos, diferen-ciando estilos canónicos
CA1.6. Xulgouse o impacto das primeiras sociedades humanas na paisaxe natural, analizando as características das cidades antigas e a súa evolución na actualidade no territorio galego e peninsular
CA1.7. Analizouse a persistencia en Galicia, na Península Ibérica e nos territo-rios extrapeninsulares españois das sociedades prehistóricas e da Idade Antiga
CA1.8. Elaboráronse instrumentos sinxelos de recollida de información me-diante estratexias de composición protocolizadas, utilizando tecnoloxías da in-formación e da comunicación
CA1.9. Desenvolvéronse comportamentos acordes co desenvolvemento do propio esforzo e o traballo colaborativo
Elaboración dun traballo en grupos
Páxina 12 de 15
Nº Unidade didáctica
3 Lectura textos literarios en castelán anteriores ao século XIX
1ª aval.
2ª aval.
Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación
X RA3. Realiza a lectura de textos literarios representativos da literatura castelá anteriores ao século XIX, xerando criterios estéticos para a construción do gus-to persoal
CA3.1. Contrastáronse as etapas de evolución da literatura en lingua castelá no período considerado e recoñecéronse as obras máis representativas
CA3.2. Valorouse a estrutura e o uso da linguaxe na lectura persoal dunha obra literaria adecuada ao nivel, situándoa no seu contexto e utilizando instrumen-tos protocolizados de recollida de información
CA3.3. Expresáronse opinións persoais razoadas sobre os aspectos máis e menos apreciados dunha obra e sobre a implicación entre o seu contido e as propias experiencias vitais
CA3.4. Aplicáronse estratexias para a comprensión de textos literarios, tendo en conta os temas e os motivos básicos
CA3.5. Presentouse información sobre períodos, autores/as e obras da litera-tura en lingua castelá a partir de textos literarios
Elaboración dunha presentación dun texto representativo
Páxina 13 de 15
Nº Unidade didáctica
6 Textos orais básicos en lingua inglesa
1ª aval.
2ª aval.
Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación
X RA1. Utiliza estratexias para interpretar e comunicar información oral en lingua inglesa, elaborando presentacións orais de pouca extensión, ben estru-turadas, relativas a situacións habituais de comunicación cotiá e frecuente de ámbito persoal, público ou profesional
CA1.1. Analizouse a estrutura de textos orais procedentes dos medios de comunicación de actualidade e identificáronse as súas características principais
CA1.2. Aplicáronse as habilidades básicas para realizar unha escoita activa, identificando o sentido global e os contidos específicos dunha mensaxe oral
CA1.3. Realizouse un bo uso dos elementos de comunicación non verbal nas argumentacións e nas exposicións
CA1.4. Analizáronse os usos e os niveis da lingua e as normas lingüísticas na comprensión e aplicáronse na composición de mensaxes orais, e revisáronse e elimináronse os usos discriminatorios, nomeadamente nas relacións de xénero
CA1.5. Utilizouse a terminoloxía gramatical axeitada na comprensión das actividades gramaticais propostas e na súa resolución
CA1.6. Utilizáronse estruturas gramaticais básicas adaptadas a contextos diferentes (formal, non formal e situacións profesionais), e un repertorio esen-cial e restrinxido de expresións, frases e palabras de situacións habituais fre-cuentes e de contido altamente predicible segundo o propósito comunicativo do texto
CA1.7. Expresouse con certa claridade, usando unha entoación e unha pronun-cia comprensible, aceptándose as pausas e as dúbidas frecuentes
CA1.8. Amosouse unha actitude reflexiva acerca da información que supoña calquera tipo de discriminación
CA1.9. Identificáronse as normas de relacións sociais básicas e estandarizadas dos países onde se fale a lingua estranxeira
CA1.10. Identificáronse os costumes ou as actividades cotiás da comunidade onde se fale a lingua estranxeira
Análise dun texto oral en lingua inglesa
Páxina 14 de 15
6.a) Procedemento para definir as actividades de recuperación
a) Alumnado que a 13 de marzo tiña unha puntuación inferior a 4 nalgunha das UF traballadas ata esa data e non realizou ningunha actividade durante o período de suspensión das clases: Este alumnado realizará un traballo de investigación de cada unha das UF correspondentes.
b) Alumnado que a 13 de marzo tiña unha puntuación inferior a 4 nalgunha das UF traballadas ata esa data e realizou parcial ou totalmente as actividades propostas durante o período de suspensión das clases: Este alumnado realizará un traballo de investigación de cada unha das UF correspondentes. Asemade, este alumnado poderá sumar á nota obtida na proba final de recuperación a puntuación acadada polas actividades realizadas durante o período de suspensión das clases, segundo o explicado no apartado 5. A nota final resultante deste proceso será redondeada á cifra enteira máis próxima.
O alumnado referido neste apartado deberá realizar as actividades de recuperación propostas polo profesor. Estas actividades desenvolveranse no periodo entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final do módulo e estarán baseadas no informe de avaliación individualizado. A súa finalidade é axudar ao alumnado a repasar a materia vista ao longo do curso e a preparar a proba final de recuperación, pero non serán tidas en conta a efectos de cualifi-cación. O profesor resolverá as dúbidas sobre as actividades propostas e fará as pertinentes correccións e orientación.
6.b) Procedemento para definir a proba de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda de dereito á avaliación continua
O alumnado que a 13 de marzo, de acordo ao que estipula a normativa vixente e as propias NOF do centro, tivera aplicada unha perda do dereito á avaliación continua (PD) será avaliado nos seguintes termos:
a) Alumnado con PD que non realizou ningunha actividade durante o período de suspensión das clases: Este alumnado terá que realizar un traballo de investigación de cada un dos módulos traballados ata o 13 de marzo de 2020.
b) Alumnado con PD que realizou parcial ou totalmente as actividades propostas durante o período de suspensión das clases: Este alumnado terá que realizar un traballo de investigación de cada un dos módulos traballados ata o 13 de marzo de 2020. Asemade, este alumnado poderá sumar á nota obtida na proba final de recuperación, a puntuación acadada polas actividades realizadas durante o período de suspensión das clases, segundo no explicado no apartado 5.
Páxina 15 de 15
8. Medidas de atención á diversidade
8.b) Medidas de reforzo educativo para o alumnado que non responda globalmente aos obxectivos programados
Para o alumnado ao que se lle detecten necesidades de reforzo educativo adaptaranse aqueles aspectos do proceso de ensinanza aprendizaxe susceptibles de modificación (tarefas, recursos, tempos...) que permitan ao alumnado a adquisición dos obxectivos do módulo, requisito imprescindible para a súa superación.