883
TESIS DE DOCTORADO Franciscanismo galego medieval. Compendio documental e estudo da sociedade e mentalidades Andrés García Cid. ESCUELA DE DOCTORADO INTERNACIONAL PROGRAMA DE DOCTORADO EN ESTUDOS MEDIEVAIS. SANTIAGO DE COMPOSTELA 2020

Franciscanismo galego medieval

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

sociedade e mentalidades
Andrés García Cid.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
DECLARACIÓN DEL AUTOR DE LA TESIS Franciscanismo Galego Medieval. Compendio documental e estudo da sociedade e mentalidades.
D. Andrés García Cid
Presento mi tesis, siguiendo el procedimiento adecuado al Reglamento, y
declaro que:
1) La tesis abarca los resultados de la elaboración de mi trabajo.
2) En su caso, en la tesis se hace referencia a las colaboraciones que tu-
vo este trabajo.
3) La tesis es la versión definitiva presentada para su defensa y coinci-
de con la versión enviada en formato electrónico.
4) Confirmo que la tesis no incurre en ningún tipo de plagio de otros
autores ni de trabajos presentados por mí para la obtención de otros
títulos.
Fdo. Andrés García Cid.
LA TESIS Franciscanismo Galego Medieval. Compendio documental e estudo da sociedade e mentalidades.
D. Francisco Javier Buide del Real (Director) Dña. María Luz Ríos Rodríguez (Tutora)
INFORMAN: Que la presente tesis, corresponde con el trabajo realizado por
D/Dña. Andrés García Cid. bajo mi dirección, y autorizo su pre-
sentación, considerando que reúne los requisitos exigidos en el
Reglamento de Estudios de Doctorado de la USC, y que como di-
rector de ésta no incurre en las causas de abstención establecidas
en Ley 40/2015.
Fdo. María Luz Ríos Rodríguez
En Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020.
Resumo:
e bibliografía de apoio para este estudo, non obstante, editáronse
tamén novos documentos, os cales constitúen a columna vertebral
desta tese de doutoramento. No referente á temática abordada neste
traballo fíxose un percorrido polos tópicos clásicos de todo estudo
sobre unha orde regular, como sería un breve estudo dos conventos, a
súa labor cultural ou, tendo en conta esta orde, a viaxe do seu
fundador a Compostela; temas que se unirían ao da espiritualidade e
ao das relacións existentes entre o franciscanismo e os diferentes
estamentos da sociedade feudal galega, sendo estes os temas
principais deste traballo. Fíxose tamén fincapé en abrir novas vías de
investigación e incluso se fixo unha investigación filolóxica na
documentación, algo que, en conxunto, busca esclarecer e presentar
novas ideas sobre a temática do franciscanismo galego medieval.
Palabras clave: Mentalidades, documentación, espiritualidade, fran-
ciscanismo, Galicia.
Empleando diferentes fuentes y bibliografía se realizó un estudio de
las diferentes órdenes franciscanas de la Galicia actual en el transcurso
de los siglos XIII, XIV e XV. Se utilizaron mayoritariamente fuentes
editadas y bibliografía de apoyo para este estudo, no obstante, se edi-
taron también nuevos documentos, los cuales constituyen la columna
vertebral de esta tesis doctoral. En lo referente a la temática abordada
en este trabajo se hizo un recorrido por los tópicos clásicos de todo
estudio sobre una orden regular, como sería un breve estudio de los
conventos, su papel cultural o, teniendo en cuenta esta orden, el viaje
de su fundador a Compostela; temas que se unirían al de la espirituali-
dad y al de las relaciones existentes entre el franciscanismo y los dife-
rentes estamentos de la sociedad feudal gallega, siendo estos los temas
principales de este trabajo. Se hizo también hincapié en abrir nuevas
vías de investigación e incluso se hizo una investigación filológica en
la documentación, algo que, en conjunto, busca esclarecer y presentar
nuevas ideas sobre la temática del franciscanismo gallego medieval.
Palabras clave: Mentalidades, documentación, espiritualidad, francis-
canismo, Galicia.
Abstract:
Using different sources and bibliography it was done a study about the
different Franciscan orders in Galicia today in the course of the 13th,
14th and 15th centuries. It was used mostly edited sources and bibliog-
raphy as a support for that study, nevertheless, there were also edited
new documents, which constitute the backbone of this doctoral thesis.
In relation to the thematic addressed in this work, we made a tour for
the classic topics of the study of a regular order, such as a brief study
of their convents, their cultural role or, in the case of this order, the
trip of its founder to Compostela; themes that will be joined to the one
that talks about the espirituality and the one that talks about the rela-
tionship between the franciscanism and the different estates of the
medieval Galician society, being those the main subjects of this work.
We also made focus in oppening new research pathways and even a
philological investigation in the documentation, something that, as a
hole, wants to clarify and introduce new ideas about the subject of the
medieval Galician franciscanism.
Galicia.
ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN................................................................................. 19
2. DESENVOLVEMENTO DO FRANCISCANISMO GALEGO .... 33
2.1. Contexto histórico do franciscanismo....................................... 45
2.2. Historicidade da peregrinación de San Francisco de Asís a
Santiago de Compostela. ........................................................................ 52
2.2.2. A presenza de Francisco en Galicia: posturas
historiográficas ................................................................................... 53
2.2.4. Conclusións ......................................................................... 64
2.4. Elenco de relixiosos por comunidades topográfico nas fontes
estudadas ................................................................................................. 72
DUN IDEAL ............................................................................................... 73
3.1. Foros ............................................................................................ 78
4.1. Predicación ................................................................................ 109
4.3. A orde franciscana e a morte ................................................... 137
5. FRANCISCANOS E CULTURA .................................................... 147
5.1. Poder e validación de documentos .......................................... 154
5.2. Formación intelectual franciscana .......................................... 159
6. RELACIÓN DO FRANCISCANISMO COA SOCIEDADE E PODER .......... 169
6.1. Relación co clero secular .......................................................... 171
6.2. Relación co clero regular ......................................................... 185
6.3. Relación coa monarquía ........................................................... 191
6.4. Relación coa nobreza ................................................................ 200
6.5. Relación cos concellos ............................................................... 208
7. VIDA COTIÁ NOS CONVENTOS ................................................ 221
7.1. Regra de San Francisco e Santa Clara como modelos da
existencia nos conventos ....................................................................... 222
7.2. Xerarquía conventual ............................................................... 235
8. CONCLUSIÓNS ............................................................................... 257
COMUNIDADES ..................................................................................... 269
10.1. Normas de transcrición e edición de fontes ........................ 321
Índice
15
10.4. Índice de documentos inéditos non transcritos .................. 783
11. BIBLIOGRAFÍA .......................................................................... 787
11.1. Fontes .................................................................................... 787
11.2. Estudos .................................................................................. 789
AAN: Arquivo de San Paio de Antealtares de Santiago.
ACC: Arquivo de Santa Clara de Coruña.
ACM: Arquivo da Catedral de Mondoñedo.
ACO: Arquivo da Catedral de Ourense.
ACS: Arquivo da Catedral de Santiago.
ACT: Arquivo da Catedral de Toledo.
ACZ: Arquivo da Catedral de Zamora.
AFP: Arquivo do Mosteiro de Ferreira de Pantón.
AGS: Archivo General de Simancas.
AHC: Arquivo Histórico Municipal da Coruña.
AHDS: Arquivo Histórico Diocesán de Santiago.
AHN: Arquivo Histórico Nacional (Madrid).
AHO: Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
AMA: Arquivo Municipal de Allariz.
AMP: Arquivo do Museo de Pontevedra.
ARG: Arquivo do Reino de Galicia.
ASCS: Arquivo de Santa Clara (Santiago)
ACSF: Arquivo Conventual de San Francisco (Santiago)
ATT: Arquivo da Torre do Tombo (Lisboa).
AUS: Arquivo Histórico Universitario de Santiago.
CDP: Colección Documental de Pedroso1.
Ibíd.: Ibídem.
Ed.: Editor.
C.: Canon
Cf.: Confirmar
Fol.: Folio.
Vol.: Volume
Coord.: Coordinador
1E. CAL PARDO, El Monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos: Colec-
ción documental, Diputación Provincial de A Coruña. Imprenta Provincial, A Coruña, 1984.
1. INTRODUCIÓN
O clero regular buscou dende as súas orixes retomar os valores
predicados por Xesucristo, para o cal os seus membros aspiraban
apartarse dos luxos terrenais e abrazar un ideal de pobreza e devoción
próximo ao de Xesús e os apóstolos, co obxetivo de atopar a paz e
buscar un maior contacto coa Divinidade, tal e como se pode
comprobar no setimo capítulo da Regra de San Bieito de Nursia1. Este
ideal de pobreza e proximidade cara Xesucristo co paso do tempo,
foise perdendo ata convertirse nun clero ostentoso que, buscando
conseguir novamente recuperar eses ideais de humildade coas
Reformas de Cluny e do Císter, acabaron por volver a distanciarse
novamente da súa mensaxe orixinal e, en consecuencia, dos modelos
cristiáns primixenios2. Os principios de humildade e austeridade
cristiá quixéronos retomar as ordes mendicantes trala súa implantación
e desenvolvemento en Europa durante dos séculos XIII, XIV e XV, os
cales compoñen a Baixa Idade Media3.
A sociedade medieval galega buscou axuda espiritual nestes
frades e monxas, confiando os seus corpos a ser enterrados nos
diferentes conventos, e buscando axuda para as súas almas nas
invocacións aos santos destas ordes realizadas nos testamentos, así
como encargar as diferentes misas polas súas almas a estes frades.
Ademáis, estes relixiosos actuaban como un motor da economía
medieval mediante os contratos de aformanento que asinaban coas
diferentes persoas e de receptores das súas doazóns como pago pola
súa labor pastoral, así como pola súa actuación de testemuñas para a
validación de diferentes documentos, como eran os testamentos.
O espazo de investigación da presente tese abarca as catro
provincias da Comunidade Autónoma de Galicia actual, pois os con-
ventos aos que se fai referencia atópanse neste territorio, xa que a de-
nominada Provincia Franciscana de Santiago dos séculos XIV e XV
1B. DE NURSIA, A Regra de San Bieito, M. Mª. DÍAZ (trad. e pr.), Edicións do Adro. Sociedade
de estudos, publicacións e traballos, Santiago, 1982, pp. 22-27. 2F. J. FERNÁNDEZ CONDE, La religiosidad medieval en España. Plena Edad Media (siglos XI-
XIII), Ediciones Trea, Gijón, 2014, p. 291. 3Cf. M. F. LADERO QUESADA, Las ciudades de la Corona de Castilla en la Baja Edad Media
(siglos XIII al XV), Arco/Libros, S.L., Madrid, 1996.
ANDRÉS GARCÍA CID
ademais da Comunidade Autónoma actual, os conventos dos frades
menores de Portugal4 e Castela León5. No referente á cronoloxía, os
documentos comprenden dende o 1195, co testamento de Domus
Cotolaya6, ata unhas notas manuscritas de López Ferreiro do XIX e
XX referentes ás abadesas de Santa Clara de Santiago de entre 1296 e
12997; a isto hai que engadir 4 documentos que non presentan unha
datación concreta pero que, debido a que estes documentos xa
empregan o galego en lugar do latín, indícase que son posteriores ao
testamento de 1195.
Esta tese de doutoramento busca traballar e analizar os diferentes
aspectos do franciscanismo galego durante a Idade Media, entendendo
por franciscanismo as tres ordes desta vertente mendicante como é a
primeira orde de San Francisco, a orde de Santa Clara, e a terceira
orde regular. Nesta tese estudaranse os diferentes aspectos desta
temática, empregando estudos que complementarán as diferentes
fontes tanto editadas como inéditas que presentaremos no apéndice
documental. Os aspectos que traballaremos con maior profundidade
serán as relacións existentes entre o franciscanismo e a sociedade
medieval galega, prestando especial énfase na devoción e na confianza
depositada nestes santos e relixiosos para que as persoas tivesen unha
axuda nos seus asuntos terreais e, máis importante, uns mediadores
para as súas almas.
evanxelizadora e mediadora destas ordes franciscanas. A través de
fontes documentais e iconográficas farase un estudo sobre a
intercesión dos santos franciscanos, a labor pastoral destes frades e a
4J. A. SOUTO CABO, “Sobre o primeiro poeta luso-galaico. Nota lexical para a historia da
cultura franciscana na Idade Media” en D. CHAO CASTRO et alii. (coords.), Franciscanos en la
Edad Media. Memoria, cultura y promoción artística. Edizione dell’Orso, Alessandria, 2018,
p. 25, O convento do Porto, coma o conjunto dos pertencentes à Ordem dos Frades Menores
em Portugal, ficou integrado na província de Santiago. 5J. GARCÍA ORO, Francisco de Asís en la España Medieval, CSIC, Madrid, 1988, p. 240. 6ACS. Tombo C, fols. 24vº-25rº. 7ACS. LD 13/19.
Introdución
21
sociedade baixomedieval galega.
Outro tema importante foi o das relacións existentes entre a
sociedade e o franciscanismo e como evolucionaron estas durante o
período baixomedieval galego. Empregando a documentación
económica e xudicial que traballamos nesta tese poderase ver a
confianza ou desconfianza que había entre a sociedade e o
franciscanismo, pero tamén se sinalarán as tendencias xerais de
relación destes estamentos con estas ordes, marcando sempre as
diferentes excepcións que tiveron lugar, tal e como serían os preitos
entre particulares ou familias con estes frades, monxas ou terciarios.
Unha terceira temática a que se lle prestou especial atención
foi a das relacións entre os frades dunha mesma comunidade, a vida
cotiá dentro dos conventos destas ordes e a xerarquía conventual
existente, para o cal analizaranse as regras de San Francisco e Santa
Clara onde se recollen os ideais de convivencia destas ordes.
Como conclusión a este subapartado, unha vez presentados os
puntos máis traballados nesta tese, debemos engadir que se analizarán
o resto de temas clásicos de todo estudo sobre o franciscanismo,
intentando aportar novas vías e temas de investigación.
1.2. Estructura
O presente traballo presentará unha serie de temas que se explicarán
nos seis capítulos que, xunto cos dous apéndices seguintes, conforman
esta tese de doutoramento.
diferentes puntos de Galicia, algo que incluirá traballar e reflexionar
sobre a historicidade da peregrinación de San Francisco a Santiago de
Compostela. Un capítulo que busca aportar novas perspectivas a unha
temática xa tratada por historiadores e historiadores da arte e que
iniciará futuras investigacións para esta temática; incluirase tamén a
presentación do elenco de relixiosos por conventos que se presentará
no Apéndice 1.
conventos e a consecuente realidade do ideal franciscano de pobreza
evanxélica, o cal buscou recuperar o movemento observante.
ANDRÉS GARCÍA CID
22
O capítulo catro centrará a súa atención nun dos temas máis
importantes desta tese, pois tratarase a relixiosidade social cara estas
ordes regulares e a importancia destes frades e monxas para a
mentalidade de devoción e para facer fronte ao medo polo destino das
almas e a necesidade de encomendarse aos santos e aos seus
representantes para conseguir o perdón dos pecados e a consecuente
salvación das almas.
estudosos, creadores e preservadores de coñecemento, farase fincapé
en como estes relixiosos tiñan validez para manexar a documentación
das persoas, actuando como testemuñas, marcando o seu grao de
formación académica.
Os capítulos sexto e sétimo buscan estudar as relacións entre
os diferentes grupos da sociedade medieval galega e os membros do
franciscanismo. O sétimo capítulo ademáis busca analizar as regras
dos fundadores destas ordes para ver cal era a organización e,
utilizando a documentación, saber como eran as relacións entre os
membros dun mesmo convento.
cronolóxicamente e que constitúe a base e aportación máis importante
desta tese; o segundo elenco, presentado no punto 2.4, quere presentar
xerárquicamente aos frades e monxas destes conventos.
1.3. Metodoloxía
Tras presentar os capítulos que comporán esta tese falaremos de como
se realizou o traballo de investigación e baleirado documental para
conseguir redactar a presente tese de doutoramento.
En primeiro lugar, fíxose unha busca de documentación
intensiva en arquivos e en edicións realizadas en revistas e libros, as
cales se presentarán por orde cronolóxica no Apéndice 1, lugar onde
se transcribiron 126 documentos, tendo 123 de carácter inédito. Son
documentos dos que se porán citas ao longo de toda a tese para
reforzar as explicacións dadas en cada capítulo. Durante este período
de investigación e recopilación de fontes, realizouse esta labor en
diferentes arquivos que foron o Arquivo da Catedral de Santiago, o
Arquivo Histórico Diocesán de Santiago, o Arquivo Histórico Nacio-
Introdución
23
nal de Madrid e o Arquivo do Reino de Galicia de Coruña. A través de
diferentes publicacións consultadas accedeuse a unha maior cantidade
de fontes, das cales nalgúns casos preferiuse consultar o documento
orixinal e realizar unha transcrición propia, referindo sempre a revista
ou libro en que aparece a edición precedente. No que respecta a cen-
tros como o Arquivo Histórico Universitario de Santiago ou ao Arqui-
vo Conventual de San Francisco de Santiago non se atoparon fontes
inéditas correspondentes aos séculos XIII, XIV e XV sobre a nosa
temática, senón que as máis antigas datan a partires do século XVI;
non obstante, chegouse a analizar arredor de 1380 documentos.
No referente á tipoloxía das fontes, buscáronse documentos
cos que se puideran estudar as relacións entre a sociedade e o
franciscanismo medieval de Galicia, así como a actividade
predicadora e a consecuente devoción das persoas cara os santos
franciscanos e a confianza cara estas ordes á hora de encomendarlles
misas, contar con elas como testemuñas documentais ou solicitar un
lugar para o seu enterramento, sendo esta a temática principal. Para
realizar este traballo o máis completo posible buscamos documentos
nos que se fixese relación ao funcionamento das distintas
comunidades franciscanas, como son os contratos de aforamento, pero
tamén buscamos nos distintos documentos atopar datos sobre a
devoción e a confianza das persoas cara o franciscanismo, así
analizamos testamentos buscando atopar nas invocacións a San
Francisco, a Santa Clara ou a calquer santo franciscano como San
Antonio, investigando a ver se aparecían peticións de celebracións
litúrxicas a estas ordes, a tipoloxía e o número das mesmas. Tamén
investigamos nos testamentos se había solicitudes de enterramento en
recintos franciscanos, como era a maneira de celebralos e incluso se
pedían cubrir os corpos co hábito franciscano. Na diferente documen-
tación buscáronse tamén mencións a algún franciscano entre as teste-
muñas para dar validez ao documento en cuestión.
Investigamos tamén en contratos de aforamento, transaccións
comerciais, herdanzas e doazóns como funcionaban estas comunida-
des mendicantes, así como a realización da historia das mentalidades
empregando estas fontes para ver o máis fielmente posible estas rela-
cións entre a sociedade e o franciscanismo: franciscanos, clarisas, orde
ANDRÉS GARCÍA CID
24
da que atopamos unha cantidade importante de fontes, e a orde tercia-
ria, que era a prolongación no mundo laico da mensaxe de San Fran-
cisco de Asís e da que sacamos tamén un número destacado de docu-
mentos inéditos. Destas ordes buscamos tamén estudar como era a
vida cotiá dentro destas comunidades durante a Idade Media mirando
as súas respectivas regras e como este ideal de mendicidade se tradu-
cía na vida real mediante as distintas doazóns recibidas, pero tamén
como este ideal se atopaba sobretodo na mentalidade da xente cando
falaban destas doazóns, tanto de diñeiro como de propiedades, en ter-
mos de esmola.
Durante o período de investigación buscamos en case 1400 do-
cumentos referencias á temática franciscana, fontes que se atoparon en
arquivos e revistas, así como en diferentes publicacións e arquivos
como o Arquivo Histórico Nacional de Madrid ou o Arquivo-
Biblioteca da Catedral de Santiago. Debida a esta intensiva busca e
investigación documental, atopamos unha cantidade importante de
fontes nas que non apareceu información relevante para a nosa inves-
tigación, razón pola que o número de fontes que aparecen no apéndice
documental definitivo se tivo que reducir ata 712, tal e como se pode
comprobar no subapartado 10.2. Os motivos polos que se descartaron
estas fontes foron porque, unha vez estudadas, comprobouse que, a
pesares de estar datadas en Galicia na Baixa Idade Media, non aporta-
ban información interesante sobre a temática do presente traballo.
A datación das fontes comprende os séculos XIII, XIV e XV,
tendo como a excepción máis antiga o testamento de “domus
Cotolaya”8 de 1195, e como máis recente unha doazón de propiedades
ao convento franciscano de Herbón datada en 15099, Estes casos
extremos serven para establecer unha visión de inicio do noso estudo
falando da familia de Cotolai, personaxe importante para o
franciscanismo galego de inicios do século XIII e de continuidade da
devoción franciscana a comezos do século XVI.
O estudo de fontes editadas fíxose a partires de diferentes
traballos que aparecen recollidos no subapartado 11.1 de “Fontes”.
8ACS. Tombo C. Fols. 24vº-25rº. 9A. DE HEROSA (autor); J. L. SOTO PÉREZ (ed.), "Memorial de las cosas notables de este Cole-
gio de Herbón. Compilación documental complementaria. Anexo I". Liceo Franciscano. 196-
198 (2013), pp. 54-57.
Introdución
25
Estas son edicións contemporáneas de documentos tal e como é o
traballo de Clara Cristela Rodríguez Núñez referente ao convento de
Santa Clara de Santiago10, a compilación documental de María del
Mar Graña Cid correspondente ao convento terciario de San Martiño
de Vilourente11, a edición de fontes do convento de San Francisco de
Pontevedra que se publicou en 2014 no 74 aniversario da revista
Archivo Ibero-americano12, a recopilación e edición de fontes do
convento de Santa Clara de Allariz de García Barriuso datado en
201413 ou, dese mesmo ano, o traballo de Souto Cabo sobre fontes
galego-portuguesas dos séculos XII e XIII14 que pertecen a diferentes
conventos e que están recollidas en diferentes arquivos, como son un
documento do mosteiro de Pedroso localizado no Arquivo da Torre do
Tombo15, ou outro do mosteiro de Pena Maior que está no Arquivo
Histórico Nacional de Madrid16, unhas fontes que recopilamos no
apéndice documental. Esta tese conta tamén con traballos de edición
de fontes que se atopan en arquivos catedralicios como sería o libro de
Duro Peña sobre documentos do Arquivo da Catedral de Ourense17, a
edición documental de Xosé Manuel Sánchez Sánchez da carpeta 13
do Arquivo da Catedral de Santiago18 ou o traballo de edición
10C. C. RODRÍGUEZ NÚÑEZ, “La colección documental de Santa Clara de Santiago (1196-
1500)”, Liceo Franciscano, 136-138 (1993), pp. 21-331. 11Mª DEL MAR GRAÑA CID, “Las órdenes mendicantes en el obispado de Mondoñedo: el con-
vento de San Martín de Villaoriente (1374-1500)”, Estudios Mindonienses (1990), pp.13-464. 12P. LEZA TELLO; P. PÉREZ FORMOSO, “Apuntes para la historia del convento de San Francisco
de Pontevedra”, Archivo Ibero-Americano, ano 74, nº 277-278 (2014), pp. 141-505. 13P. GARCÍA BARRIUSO, “Documentación sobre la fundación, privilegios y derechos históricos
del monasterio de Santa Clara de Allariz”, Liceo Franciscano 127-129 (1990), pp. 11-107. 14J. A. SOUTO CABO, Documentos galego-portugueses dos séculos XII e XIII, Universidade da
Coruña, Betanzos, 2008. 15ATT, Mosteiro de Pedroso, mazo 4, nº 38, ed., J. A. SOUTO CABO, Documentos galego-
portugueses dos séculos XII e XIII, cit., p. 45 16AHN. Mosteiro de Pena Maior, car. 1216, nº. 13, ed. J. A. SOUTO CABO, Documentos
galego-portugueses dos séculos XII e XIII, cit.,. p. 60 17E. DURO PEÑA, Documentos da catedral de Ourense, Consello da Cultura Galega, Santiago
de Compostela, 1996. 18X. M. SÁNCHEZ SÁNCHEZ, Estudio histórico y transcripción de los documentos particulares
(Carpeta 13) del Archivo capitular de la Catedral de Santiago de Compostela. 1169-1430,
Tesis de licenciatura inédita, Santiago de Compostela, 2000.
ANDRÉS GARCÍA CID
documental do tombo H dese mesmo arquivo realizado por Alexandra
Cabana en 200319.
A estas transcricións contemporáneas e máis recentes convén
engadir edicións máis clásicas como son as de Antonio López Ferreiro
que temos na obra Galicia Histórica. Colección Diplomática, revista
dirixida por el20, un autor que conta ademais cunha coleción documen-
tal de fontes inéditas21 que presentamos no apéndice de documenta-
ción, e incluso se consultaron as xa mencionadas notas deste autor
correspondentes ás abadesas do convento de Santa Clara de Santiago
de Compostela de finais do XIII22.
Entre os traballos que conteñen fontes editadas, temos tamén
obras sobre o franciscanismo dende unha perspectiva teolóxica que
presentan edicións dos textos e regras de San Francisco23 e de Santa
Clara24, así como traballos concernentes a santos mendicantes como
son os Atti del beato Francesco e dei suoi compagni25. Nesta categoría
están tamén os traballos concernentes a outros santos mendicantes
como o dominico San Vicente Ferrer26, así como libros enciclopédicos
sobre a historia da Igrexa en España27 e os estudos de diferentes
concilios que complementan as explicacións sobre o contexto
histórico28, así como a predicación e formación académica dos
franciscanos29.
19A. CABANA OUTEIRO, Santiago de Compostela do século XIV ó XV: O Tombo H na Catedral
de Santiago. Edición e Estudio Histórico. Santiago de Compostela. 2003. 20A. LÓPEZ FERREIRO, Galicia Histórica. Colección Diplomática, Ano I (1901). 21X. M. SÁNCHEZ SÁNCHEZ; Mª E. NOVÁS PÉREZ, Catálogo de las Colecciones López Ferreiro
y Guerra Campos del Archivo de la Catedral de Santiago. Santiago de Compostela. 2013. 22ACS. LD 13/19. 23J. A. GUERRA (ed.), San Francisco de Asís. Escritos. Biografías. Documentos de la época,
BAC, Madrid, 1978. 24I. OMAECHEVARRÍA (ed.), Escritos de Santa Clara y documentos complementarios. Edición
bilingüe, BAC, Madrid, 1982. 25M. T. DOLSO (ed.), Fonti agiografiche dell’ordine francescano, Editrici Francescane, Padua,
2014, pp. 519-657. 26J. M. DE GARGANTA; V. FORCADA (eds.), Biografía y escritos de San Vicente Ferrer, BAC,
Madrid, 1961. 27Q. ALDEA VAQUERO et alii. (dir.), Diccionario de Historia Eclesiástica de España, BAC,
Madrid, 1972. 28G. ALBERIGO et alii. (eds.), Conciliorum Oecumenicorum Decreta, Centro editoriale deho-
niano, Boloña, 20133
29H. DENZINGER; P. HÜNERMANN, El magisterio de la Iglesia, Herder, Barcelona, 201745
Introdución
27
A distinta documentación analizada nun primeiro lugar
mostraba o século XIII cunha maior abundancia de fontes, pois as
diferentes edicións consultadas presentaban unha alta cantidade de
documentos datados nesta centuria; seguía en número de documentos
o XV e o XIV constituía o século cun maior número de fontes
consultadas. Sen embargo, cando se procedeu a constituir un apéndice
documental definitivo, referimos símplemente as fontes que
utilizamos para a redación desta tese e que teñen algunha relación coa
temática abordada pola mesma, ben pode ser un documento inédito
transcrito na súa totalidade ou no que simplemente se faga algunha
invocación a San Francisco de Asís, que entre as testemuñas para
validar o manuscrito aparezan frades destas ordes e que os
destinatarios ou implicados nestes documentos pertezan a este
colectivo. Documentación inédita que constitúe algo máis da sétima
parte das fontes referidas no apéndice documental, as cales non
sempre estan transcritas, pois temos casos nos que simplemente
utilizamos unha mínima parte do contido desta fonte. Sen embargo,
temos tamén que apuntar que no apéndice documental aparecen
transcricións de documentos que xa están editados pero que se
preferiu consultar a fonte orixinal e presentar unha transcrición propia
ou incluso revisada, tendo como caso un testamento de 1473 no que
un tal Pedro González pide ser enterrado no convento de San
Francisco de Santiago de Compostela30.
A tipoloxía destes documentos é variada, xa que comprende
dende doazóns, documentos de carácter xurídico (denuncias, preitos e
resolucións xudiciais), documentación eclesiástica secular que afectou
ao franciscanismo, como sería a aplicación en 1289 do IV concilio
lateranense en Galicia polo arcebispo compostelán Rodrigo González
de León31, e contratos de aforamento, ata chegar aos testamentos,
documentación esta última da que máis información se obtivo,
especialmente sobre o tema da espiritualidade e mentalidades.
No que respecta aos conventos galegos dos que temos
información a partires das fontes que presentamos nesta tese, podemos
30ACS S19/27, ed. A. GARCÍA CID, “La orden de San Francisco y la muerte: una introducción
documental”, Liceo Franciscano 208 (2017), pp. 107-108. 31A. GARCÍA Y GARCÍA, Synodicum Hispanum, Tomo 1. Galicia, BAC., Madrid, 1982, pp 272-
280.
28
facer relación a conventos dos cales presentaremos un elenco dos seus
gardiáns, ministros e abadesas xunto cos frades e persoal das
diferentes comunidades, nomes sacados da documentación desta tese e
que presentamos nas listas do Apéndice 1. Os conventos que
aparecerán neste elenco son o de San Francisco e Santa Clara de
Santiago, os seus homólogos de Pontevedra, San Francisco de
Ourense, San Francisco da Coruña, San Francisco de Lugo, San
Francisco de Sueiro, San Francisco de Monterrei, San Francisco de
Herbón, San Francisco de Betanzos, San Francisco de Noia, San
Francisco de Ribadeo e San Francisco da Pobra de Deán. Da segunda
orde temos tamén a Santa Clara de Allariz e o convento de Santa
Clara da Coruña; finalmente, dos terciarios temos a Santa María a
Nova de Santiago, Santa Cristina da Pena de Santiago, Santa Catalina
de Montefaro, Sancti Spíritus de Melide e San Martiño de Vilourente.
Tendo sobretodo documentación e datos dos conventos de San
Francisco de Santiago e Pontevedra, así como os seus respectivos da
segunda orde, deixando como os conventos terciarios con maior
cantidade de documentación presente nesta tese os de Sancti Spíritus
de Melide, San Martiño de Vilourente, Santa María a Nova e o de
Santa Cristina da Pena de Santiago.
Durante o período de investigación documental e estudo
bibliográfico, puidemos comprobar que hai traballos moi completos
dende o punto de vista histórico-artístico32, arquitectónico33 e
iconográfico34 dos conventos do franciscanismo galego medieval, polo
que este non é o obxectivo primordial desta tese de doutoramento,
32I. G. BANGO TORVISO, “Da negación da arquitectura a unha nova topografía do mosteiro de
carácter monumental: o convento dos franciscanos e unha revisión das supostas características
dos edificios dos mendicantes” en ARRIBAS ARIAS, F. (coord.), O claustro franciscano do
Museo Provincial de Lugo, Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, Lugo, 2011, pp.
13-43. 33M. REY CABEZUDO, “El claustro gótico del convento de San Francisco de A Coruña: un
patrimonio olvidado” en Mª D. FRAGA SAMPEDRO et alii. (eds.), Memoria, presenza e imaxe do
franciscanismo. Unha revisión necesaria, Universidade de Santiago de Compostela, Servizo
de Publicacións e Intercambio Científico, Santiago de Compostela, 2019, pp. 27-38. 34Mª D. FRAGA SAMPEDRO, “Iconografía franciscana en el gótico gallego: la predicación a los
animales” en M. ROMANÍ MARTÍNEZ e Mª. A. NOVOA GÓMEZ (eds.), Homenaje a José García
Oro, Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia, Servicio de
publicacións e intercambio científico, Santiago de Compostela, 2002, Santiago de
Compostela, 2002, pp. 461-474.
Introdución
29
pois esta non se centra nos “mosteiros”, que son os recintos físicos nos
que viven as diferentes comunidades, senón nos “conventos”, e dicir,
nas comunidades de frades, monxas e terciarios e das relacións entre
estas persoas co resto da sociedade e a relixiosidade e mentalidades de
todo este conxunto de persoas nos territorios da Galicia
contemporánea durante os séculos medievais do XIII, XIV e XV.
“Mosteiro” e “convento” son dous conceptos que aparecen
perfectamente distinguidos na documentación manexada35 e que
procederemos a clarificar no seguinte apartado estes e demais termos
atopados durante a investigación. Vemos que lingüísticamente xa se
lle da unha maior importancia á comunidade relixiosa por diante do
edificio monástico pola simple fórmula de convento do dito mosteiro.
1.4. Terminoloxía usada na documentación e tese
Trataremos neste apartado unha cuestión básica para entender os
documentos e as citas que se irán incluíndo ao longo deste traballo: o
léxico empregado na linguaxe medieval e que aparece nestas fontes.
Comezaremos a tratar os nomes empregados para referirse aos
diferentes grupos desta orde mendicante (menores, clarisas e
terciarios), xunto coas palabras que se empregan para referirse aos
frades e monxas dos diferentes grupos do franciscanismo galego, así
como os diferentes termos para referirse ás comunidades e aos
edificios mendicantes.
Os franciscanos reciben o nome de frades menores fronte os
dominicos que son a orde dos predicadores36, de curas, tal e como era
Domingo de Guzmán, implicando polo tanto unha clara labor relixiosa
de oración e predicación, como consecuencia da loita contra as
herexías cátara e albixense entre outras, así como unha vertente
evanxelizadora. San Francisco de Asís por outra banda fundou un
grupo de persoas devotas que predicaban un modelo de vida máis
humilde na sociedade e, por estensión, no clero, de aí o apelativo de
menores. Unhas persoas que, polo menos inicialmente, non ocupaban
cargos eclesiásticos a diferencia dos sacerdotes dominicos, sendo o
35AHN. car. 1856. Nº 2_007, Leonor Rodrigues, abbadesa do moesteyro de Santa Clara de
Ponteuedra e do conuento do dito moesteyro (29/10/1326) 36ACS. Tombo C, fol. 276 vº, ed., A. LÓPEZ OFM. en Boletín de la Real Academia Gallega.
Tomo III, doc. XXXV, p.116, fratres Predicatores aut Minores (1326/03/26)
ANDRÉS GARCÍA CID
30
propio Francisco un laico nas súas orixes e que posteriormente chegou
ao grao de diácono37. Para que estes frades puidesen realizar as misas
que lles pedisen as persoas nos testamentos, estes relixiosos deberían
de estar ordeados sacerdotes, algo que se coñecía como fraires de
misa38.
Na actualidade o apelativo frade asóciase cun membro dunha
orde relixiosa, pero nas súas orixes, a palabra frade ven do termo
latino “fratre” que significa “irmán”. Unha palabra que cobra sentido
cando falamos dun grupo de homes que viven xuntos nunha
asociación ou fraternidade, e marchan xuntos a predicar polo mundo
esa mensaxe de humildade e pobreza, que se reflicte na súa propia
denominación de irmáns menores ou frades menores.
Este nomeamento pode ser simplemente unha abreviatura
como “frei” ou directamente referirse a eles como “fraires”, “freires”
ou “frairas” entre outros termos que denotan, non necesariamente
unha enclaustración, senón unha teórica irmandade e contacto coa
sociedade. Unha terminoloxía que é igualmente válida para o resto das
ordes regulares, e a cal sempre precede ao nome e ao grao que ocupa
dentro do clero secular se ese é o caso, tal e como podemos observar
en exemplos de bispos e incluso de Papas que, aínda que non
especifiquen a orde á que pertecen, terán sempre que sinalar a súa
condición de regulares coa partícula “frei”.
Vemos distintos exemplos sacados das fontes consultadas, tal e
como é o caso de referirse a eles 8 veces como frades menores, tendo
no século XV 3 casos, como cando mencionan a frey Juan de Vigo,
vicario del Oratorio de Sant Francisco de Herbon de la Orden de los
menores39, no documento da fundación do hospital para peregrinos en
Padrón, tralo permiso concedido polo arcebispo Rodrigo de Luna o 13
de outubro de 1458. Unha denominación que se repite unha vez no
século XIV nun foro do coengo de Mondoñedo, Afonso López, a frei
37J. A. ALGARRADA LARGO, “San Francisco de Asís. Un posible original inédito de Zurbarán”
en Mª. DEL AMOR RODRÍGUEZ MIRANDA (coord.), Nuevas perspectivas sobre el Barroco anda-
luz. Arte, Tradición, Ornato y Símbolo, Asociación Hurtado Izquierdo, Córdoba, 2015, p. 733,
San Francisco de Asís (...) fue diácono fundador de la Orden Franciscana. 38Mª DEL MAR GRAÑA CID, “Las órdenes mendicantes en el obispado de Mondoñedo: El
convento de San Martín de Villaoriente (1374-1500)”, cit., p. 159. 39J. COUSELO BOUZAS, Boletín de la Real Academia Gallega. Tomo I, doc. CXIV, pp. 331-
332.
Introdución
31
Diego Fernández, irmán terciario de Vilourente. Foro do 25 de
novembro de 1374, no que aparece como testemuña frey Gonçaluo,
frayre da Orden dos Menores40; pero a maior parte das veces nas que
usan esta denominación data do século XIII no que aparece en catro
ocasións, todas elas repítense en 1292 no testamento da Raíña
Violante, no que fai como cumpridor documental, entre outros, al
ministro de los fraires menores de la provincia de Santiago,
qualquiera que fuese a ese tiempo asi como a doña Sancha Eanes,
abadesa del monesterio de Allariz y al guardian del convento de
Orense41. Fai ademais diferentes doazóns aos franciscanos de
Ourense, do resto de Galicia e aos que queiran asistir ao seu
enterramento.
Orense porque han de trabajar comigo e con este lugar
para siempre dos mill mrs. de los de la guerra. Y otrosi
mando a todos los conventos de los fraires menores de
Galicia tres mill mrs. de los de la guerra e que los ponta
el ministro de la provincia de Santiago e don fr. Garcia
Blondes e que den a cada convento aquello que entendie-
ren que fuera guisado (...) mando a cada un fraire de los
fraires menores de quantos fueren a mi enterramiento
sendos abitos de treinta mrs. el abito de los de la guerra
(1292/04/11)42.
40AHN. Clero. Pergaminos, car. 1190, nº7, ed. Mª DEL MAR GRAÑA CID, “Las órdenes
mendicantes en el obispado de Mondoñedo: El convento de San Martín de Villaoriente (1374-
1500)”, cit, p. 147. 41AHN. Clero, car. 1429, nn. 5.6., ed. ACS. LD 13/1. 42Ibíd.
2. DESENVOLVE-
LEGO
Et mando a Santa Crara de Santiago a mina meatade de
Neda con todos seus dereytos, pera vinno pro convento.
Et faço o moesteyro de Santa Crara de Santiago meu
eree, en estas cousas que le eu mando et non en mais. Et
mando vender o meu couto de Santa María Mayor et que
o vendan meus cabeçaes, et qanto deren por él, mando
que dían pera faser a Iglesia de Santa Crara de Santiago
(1323/11/29)1.
Debido ao rexurdimento das cidades e seguindo o exemplo dalgunhas
colexiatas regulares asentadas en núcleos urbáns, como era o caso da
Colexiata do Sar, construida no século XII e rexentada pola orde de
San Agustín2, as diferentes ordes mendicantes pasaron a asentarse no
interior dos núcleos urbáns, consagrándose estes como tales pola che-
gada das ordes mendicantes3, ou polo menos a facelo extramuros, para
así atender ás persoas que entraran na cidade, algunhas delas chegarí-
an a incluso entrar a formar parte das novas comunidades regulares, ás
que a xente, como se verá posteriormente, mostraba unha gran devo-
ción e confianza.
Este capítulo resulta necesario en toda tese que verse sobre
calquer orde regular debido a que é preciso situar os lugares de asen-
tamento destes relixiosos para así coñecer como foi o trato recibido
por parte da sociedade, algo que veremos con profundidade no capítu-
lo 6 desta tese. Este traballo non se dedicará á historia da arte destes
1E. CAL PARDO, El Monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos, cit. p.
254. 2Ver, https://www.arteguias.com/catedral/colegiatasar.htm (02/10/2017). 3F. LÓPEZ ALSINA, Introducción al fenómeno urbano medieval gallego, a través de tres ejem-
plos: Mondoñedo, Vivero y Ribadeo, Universidade de Santiago de Compostela, 1976, p. 62,
Ambas órdenes mendicantes (...) vinieron a consagrar con plenitud la realidad urbana.
veremos a través da documentación varias consideracións importantes
para comprender mellor esta temática.
En primeiro lugar comezarase a falar sobre o contexto histórico
do franciscanismo e o xurdimento destes regulares, seguindo coa len-
da da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compos-
tela e, polo tanto, sobre as diferentes posturas de varios autores sobre a
cuestión, que, xunto coa documentación atopada para tratar este tema,
buscarase dar unha resposta o máis fiable posible. Estudarase tamén a
terminoloxía que define aos lugares de asentamento destas comunida-
des mendicantes. Se miramos o dicionario da RAG8, veremos as defi-
nicións destes dous termos e atopamos que a palabra mosteiro se de-
fine como “convento grande, xeralmente apartado das poboacións,
onde viven os membros dunha orde relixiosa”, mentres que a palabra
convento ten dúas definicións. Por un lado defíneo como un edificio
onde vive unha orde relixiosa, pero non especifica o tamaño que debe
ter nen di que teña que estar apartado de núcleos urbáns; por outro
lado esta palabra pode servir para referirse á propia comunidade
relixiosa do edificio, independientemente da orde que sexa. As
definicións contemporáneas destas dúas palabras son similares na
terminoloxía medieval que aparece recollida nas fontes que se foron
consultando para a realización desta tese, e que se refiren a distintos
grupos regulares como se verá en diferentes casos que se analizarán
neste apartado.
Comezamos a busca destes termos a comezos do século XIII,
cun privilexio do Rei Afonso IX ao mosteiro de Sobrado datado o 13
de febreiro de 1219, un Rei que se autodenomina Rei de León e de
4Mª D. BARRAL RIVADULLA, “A la búsqueda del pasado medieval de San Francisco de A
Coruña”, D. CHAO CASTRO et alii. (coords.). cit. pp. 159-176. 5M. PÉREZ MARTÍNEZ, “Arquitectura mendicante en Galicia: el ejemplo de San Francisco de
Lugo”, Estudios Mindonienses 12 (1996), pp. 13-190. 6P. J. GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, “El retablo mayor de la iglesia de San Francisco de Ferrol.
Aportación documental”, Estudios Mindonienses 9 (1993), pp. 821-837. 7D. CALONGE, Los tres conventos de San Francisco de Orense, Imprenta Hodire, Ourense,
1949. 8Ver, http://academia.gal/dicionario (02/10/2017).
Galicia (Adefonsus Dei gratia Rex Legionis et Galletiae9), e que
mostra o seu achegamento cara Galicia mediante un privilexio do
monarca a Sobrado no que se dirixe ao abade do mosteiro beneditino
desta cidade facendo unha clara distinción entre as palabras convento
e mosteiro; Abbati domino Henrrico et conventui ipsius Monasterii
de Superaddo (1219/02/13)10.
Este é un caso que se repite con esta orde monástica, pero esta
vez no testamento de María de Caldas, datado o 17 de xaneiro de
1368, e referíndose ao mosteiro beneditino de San Martiño Pinario
(abade e convento do moesteyro de San Martino11).
Temos unha clara distinción entre as palabras “convento” e
“mosteiro”, pondo o primeiro como a comunidade regular e o segundo
como o recinto e o edificio no que viven os frades ou as monxas, nun
foro no que a monxa Clara Machada conta co permiso da abadesa e do
resto da comunidade para a súa formalización, tal e como citamos de
seguido.
convento do dito moesteyro (1476/10/08)12.
“Convento” do dito ”mosteiro” é unha fórmula que aparece con
frecuencia ao longo de tódolos documentos dos que dispuxemos para
a realización desta tese, tanto nos datados no século XIII, coma no
XIV e no XV. Comezando polo século XIII podemos atopar esta
combinación de palabras no caso xa mencionado de febreiro de 1219
do mosteiro de Sobrado, pero centrándonos no franciscanismo, vemos
como esta fórmula se ve no testamento de Arias Fernandi que manda
douscentos maravedís para a obra de San Francisco de Pontevedra.
9Privilexio nº 27, copiado na Historia de Sobrado, lib. 2º, cap. XI, nº 6 en V. CAÑIZARES DEL
REY, Colección Diplomática I (569-1463), M. RODRÍGUEZ SÁNCHEZ; O. GONZÁLEZ MURADO
(eds.), Ediciones Diócesis de Lugo, Lugo, 2012, p. 290. 10Ibíd. 11AHDS, San Martiño 28. Carpeta 10. 12AHN. car. 1857. Nº. 4_009.
ANDRÉS GARCÍA CID
francisci ponteueteri CC. morabetinos alfonsinorum
brancorum (1274/12/13)13.
No século XIII tamén aparece esta fórmula nun documento de petición
da abadesa e convento de Santa Clara de Allariz ao bispo de Silves
para que, ante a negativa do bispo ourensán Pedro Eanes de Novoa,
sexa este outro o que consagre o cemiterio e poña a primeira pedra da
súa igrexa.
Allariz e o convento dese mismo lugar (1294/03/23)14.
O século XIV ofrece variados exemplos desta combinación de
palabras nas que se aparece mosteiro en alusión ao edificio e convento
para referirse á comunidade. Temos varios exemplos como o da
doazón que dona Maior, viúva de Fernán Núñez de Aldán, realiza ao
convento de Santa Clara de Pontevedra en 1327. Exemplo que
atopamos tamén nun foro deste mesmo convento de 1374, ou o caso
dun desembargo de 1376 do escudeiro Alvar Fernández de Valladares,
quen tiña ocupados uns bens do convento de Santa Clara de
Pontevedra.
Peyte a a dita abbadesa e ao convento do dito moesteiro
ou a suas uozes a dita doaçon (1327/01/18)15.
Ines Rodrigues, abbadessa et o conuento do moesteyro
de Santa Clara de Pontevedra (1374/02/19)16.
Eu Alvar Fernandes de Valadares secudeyro por min e
por toda mina vos leixo, livro e desenbargo por senpre a
vos dona Ines Rodrigues abadesa do moesteiro de Santa
Clara de Pontevedra et ao convento do dito moesteiro
todos los herdamentos, chantados, casas, vinas, voses e
13ACS. LD 13/1. 14Ibíd. 15ARG, perg. 463. 16ARG, perg. 465.
Desenvolvemento do franciscanismo galego
moesteiro (1376/12/15)17.
No XV temos unha destacable parte destas fórmulas, en gran medida
pola cantidade importante de documentación e de que é o século no
que se editaron a maior cantidade de fontes nesta tese de
doutoramento.
Iniciarase a busca desta fórmula no século XV o primeiro de
xullo de 1403 co recoñecemento da débeda por parte duns veciños de
San Salvador de Bastavales sobre unhas rendas para as monxas do
convento de Santa Clara de Santiago que o dito moesteiro et conuento
del am ennas ditas herdades de Gandara et de Duriz18.
A procura desta combinación de termos prosigue cun acordo
de 1408 entre o convento de San Francisco de Pontevedra e os
herdeiros e cumplidores do testamento dunha veciña de Pontevedra
falecida, unha tal Sancha Gómez, no que aparecen diferentes membros
que ocupaban graos de xerarquía dentro da comunidade.
Estando enno capitolo do moosteiro de San Françisco de
Pontevedra ajuntados o doctor frei Iohan Rodriges,
gardian do dito moosteiro, et o meestre frei Estevo da
Silva, et os doctores frei Rodrigo de Romay et frei
Fernando de Morana, et frey Martin Cabeça, et os outros
fraires et convento do dito moosteiro (1408/12/15)19.
Atopamos esta denominación noutros foros do XV como un do
convento de Santa Clara de Pontevedra sobre uns veciños da freguesía
de San Vicente de Nogueira.
17ASCPO. Caixa 2.22, ed., P. LEZA TELLO; P. PÉREZ FORMOSO, “Apuntes para la historia del
convento de San Francisco de Pontevedra”, cit., pp. 322-323. 18AHDS 45/37, ed. C.C. RODRÍGUEZ NÚÑEZ, "La colección documental de Santa Clara de
Santiago (1196-1500)", cit. pp. 149-150. 19AHN. Clero, códice 421B, fol. 142 vº., ed. P. LEZA TELLO; P. PÉREZ FORMOSO, “Apuntes
para la historia del convento de San Francisco de Pontevedra”, cit., pp. 328-329.
ANDRÉS GARCÍA CID
Eu dona Maior de Limia, abadesa do moesteyro de Santa
Clara de Pontevedra, et as outras flairas et convento do
dito moesteyro (1429/02/03)20.
Para concluír este apartado porase un derradeiro exemplo no que se fai
a xa mencionada distinción entre ámbalas dúas palabras. Este caso
volve a ser un foro do convento pontevedrés de Santa Clara que
afectou ao zapateiro Afonso Frade e a súa muller María, veciños desta
mesma cidade.
Santa Clara d'estramuros de la villa de Pontevedra.
(1492/10/29)21.
Esta fórmula non só se atopa en documentación sobre mendicantes
como clarisas22 ou frades da Terceira Orde de San Francisco23, senón
que tamén aparece nos documentos referidos á orde beneditina24.
Despois de tratar esta cuestión filolóxica, pasarase agora a
abordar a historia dos asentamentos franciscanos dentro dos límites da
Galicia actual. Esta orde mendicante dende a primeira metade do sécu-
lo XIII foise asentando en diferentes casas e conventos de toda Euro-
pa, algo que se debeu en gran medida á axuda e patrocinio dos nobres,
a Igrexa e a monarquía. Unha instalación que nun principio estaba
censurada na regra de San Francisco, pois os seus irmáns ou fratres
debían peregrinar e evanxelizar, seguindo simbólicamente a senda dos
antigos eremitas do deserto25. Esta postura tivo que suavizarse e cam-
biar no transcurso do tempo cando o número de franciscanos fíxose
20AHN. car. 1857. Nº 2_001. 21AHN. car. 1856. Nº 7_011-013. 22AHN. car. 1856. Nº 4_008, Sabean todos que nos donna Aldonça Esteues de Soutomayor,
abadesa do moesteyro de Santa Clara de Pontevedra et o convento do dito moesteyro que
estamos juntadas (1399/11/06). 23ACS. LD 21, fol. 2 vº, frayres et convento do dito moesteyro (1429/07/01). 24AHDS. San Martiño 28. Carpeta 10, abade e convento do moesteyro de San Martino
(1368/01/17). 25A. RUCQUOI, “Los franciscanos en el reino de Castilla” en J. I. DE LA IGLESIA DUARTE et alii.
(coords.), VI Semana de Estudios Medievales: Nájera, 31 de julio al 4 de agosto. 1995, Insti-
tuto de Estudios Riojanos, Logroño, 1996, p. 65.
Desenvolvemento do franciscanismo galego
demasiado elevado para poder controlar unha hipotética orientación
peregrinante e predicadora desta orde polo mundo para así poder loitar
contra as herexías, sen ter un punto ao que retornar e dende o cal con-
trolar as actividades dos frades dunha comunidade concreta.
No referente ás monxas de Santa Clara, estas mulleres terían
que permanecer nun recinto conventual para así ter maior seguridade,
e asegurarse de que poderían estar nunha comunidade en paz espiritual
coas súas compañeiras. No caso das ordes terciarias, estes recintos
serían lugares de reunión e incluso de habitabilidade nalgúns casos,
pero a flexibilidade desta orde era moito maior dadas as súas caracte-
rísticas de laicidade e capacidade de ter un traballo entre o resto das
persoas do núcleo urbán, podendo incluso de casarse e ter fillos.
Para este capítulo utilizaránse diferentes estudos que axudaron
a localizar e a traballar sobre os diferentes conventos do franciscanis-
mo, estudos que complementaron ás fontes correspondentes ao patro-
cinio das edificacións e reparación das mesmas, así como os docu-
mentos nos que se ven os consellos das monxas e que se reunían nu-
nha parte concreta do recinto conventual. Para concluír, farase un es-
tudo para establecer un parámetro de análise demográfico usando os
lugares e momentos nos que se edificaron os diferentes conventos
mendicantes de Galicia.
San Francisco de Asís nun principio non quería establecer unha
orde relixiosa senón conseguir expandir a súa mensaxe polo mundo
coñecido mediante a predicación, a peregrinación e incluso o sacrifi-
cio26. O fundador non buscaba construír conventos, xa que eran un
grupo de mendicantes que predicaban a austeridade social en xeral e
clerical en particular, polo que a edificación de varios edificios reli-
xiosos era algo que estaba en contra dos principios predicados e esta-
blecidos por San Francisco na súa regra27. Tiñan tamén como outra
gran aspiración a de viaxar polo mundo para así difundir a súa mensa-
26A peregrinación e a defensa dos valores de pobreza e humildade para achegarse a Deus
tiveron un importante representante na Cristiandade por San Francisco de Asís, pero no
mundo islámico seguiuse ese ideal mediante a predicación da pobreza e humildade de al-
Sustari, dous “xograres” do amor divino (N. Mª LOPES NUNES, “S. Francisco de Assis e al-
Sustari- os pobres e loucos de Deus nas místicas crista e musulmana”, Sémata 26 (2014), pp.
63-85). 27J. A. GUERRA (ed.), San Francisco de Asís, cit., p. 113, los hermanos no se apropien nada
para sí, ni casa, ni lugar ni cosa alguna.
ANDRÉS GARCÍA CID
40
xe entre a xente de Europa, ben a herexes como os cátaros, ben a mu-
sulmáns de Al-Ándalus e incluso do norte de África, ou simplemente
peregrinar a diferentes puntos do continente e lugares sacros, como
Xerusalén, Roma ou Santiago de Compostela, para dar a coñecer a súa
mensaxe de pobreza e humildade e que aspiraba voltar ás orixes da
relixión predicada por Xesucristo. Era polo tanto contraproducente nas
súas orixes establecerse nunha localización determinada, xa que así
deterían a súa peregrinación e consecuente expansión; non obstante,
unha vez que este grupo pasou de ter menos de vinte integrantes a ter
centos e incluso miles, era preciso que a Igrexa controlara dalgunha
maneira a estes frades e os establecese en diferentes puntos, así tamén
os franciscanos poderían asegurarse de que a súa mensaxe se espan-
diría mellor entre a poboación dese lugar; ademais desta forma sería-
lles máis doado conseguir recursos para manter á orde.
Como no caso da cita referente a Santa Clara de Santiago coa
que iniciamos este apartado, os mosteiros e conventos das diferentes
ordes franciscanas construíronse grazas ás doazóns económicas e de
territorios que as persoas e institucións realizaban aos diferentes
frades e monxas. Estes eran os lugares onde vivían e realizaban as
súas actividades, tanto espirituais como económicas, as distintas
comunidades mendicantes, neste caso dos diferentes grupos
franciscanos, englobando nesta clasificación tanto á orde dos irmáns
menores propiamente dita, a orde de Santa Clara, así como os outros
grupos mendicantes pero de corte laica, tal era o caso da Terceira Orde
Regular ou terciarios, tanto masculinos como femininos.
Os conventos tanto das ordes de predicadores como as do
franciscanismo, establecéronse durante os séculos XIII e XIV, dando
unha nova imaxe de orde regular que asentaba os seus núcleos de vida
e económicos, tal e como foi nos casos precedentes da orde
beneditina, cluniacense e cisterciense, estes mendicantes querían
volver a intentar o restablecemento dos valores cristiáns prístinos;
pero, como ocorrera nos casos anteriores, foi precisamente co
establecemento de conventos e mosteiros, xunto con outras
manifestacións de riqueza, como estes relixiosos derivaron na
dinámica do resto de regulares de ter propiedades, establecer contratos
Desenvolvemento do franciscanismo galego
de aforamento entre outros acordos que traían diñeiro á comunidade
correspondente, descartando a súa mensaxe de pobreza orixinal.
Como reacción a esta práxis, a orde franciscana iniciou unha
renovación destes votos de humildade e pobreza mediante o
movemento da Observancia28, da cal xurdiron frades que crearon
oratorios, como foi o caso de San Francisco de Herbón para os
peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela, un oratorio e
convento franciscano que os coengos da igrexa de Santa María de Iria
axudaron a súa edificación.
Era do anno da natiuida de Noso Sennor Ihesu Christo
de mill et tresentos e noueenta e seis annos uynte e seiss
dias do mes de dezenbro. Sabean todos que nos Rodrigo
Yanes Yrijo, e Gonçaluo Peres, e Françisco Afonso, et
Giao Peres, e Rodrigo Ares, e Lopo Gomes, coengos da
igllesia de santa Maria d’Iria de Padron, por tangemento
de canpana todos en huun acordo, consyderando o
seruiço de Deus e prol e honrra desta igllesia et de
nosoutros coengos e de nosos suçesores, damos e
outorgamos para senpre e por jur de herdade a uos frey
Pedro de Nemancos, da ordeen de san Françisco,
conpanero de frey Gonçaluo Marinno, conuen a saber,
a meatade de toda a herdade, que nos auemos e nos
perteesçe por la dita igilesia, o qual chaman o agro da
Longara, que he en na frigesia de santa Maria d’Eruon,
que esta una emillina de santa Maria d’Iria, o qual esta
acerqua da Ulla, do qual agro a igllesia de santa Maria
d’Eruon ha a moatade, e a igllesia de santa Maria d’Iria
a outra meatade; et a qual meatade, que uos damos, jaz
contra a deuesa onde esta a fonte, a qual a uos damos
con a dita fonte et con a deuesa, que perteesçe a a dita
igllesia de santa Maria d’Iria, segon que a Rodrigo
Yanes Yrijo, coengo da dita igllesia, tenia, usaba e
pesuya por la dita iglesia e otros por el. O qual agro e
fonte e deuesa a uos damos por que o dito frey Gonçaluo
28J. GARCÍA ORO; Mª J. PORTELA SILVA, “La regular observancia en la provincia franciscana de
Santiago: itinerario y proyección externa de una reforma religiosa”, Compostellanum, v. 44 nº
3-4 (1999), pp. 615-715.
42
Marinno, e uos con el, façades en el huun oratorio ou
moesterio da ordeen de san Françisco con sua claustra
e dormytorio e refortorio e neçesarias e çelas e çircuyto
e horta e outros edificios algunos quaes uirdes, que
conpren a o dito lugar, para que con o dito lugar e
horatorio se faca seruiço a Deus para fraires da dita
ordeen, que byuan enna dita Regla de san Françisco. O
qual agro e fonte e deuesa a uos damos por amor e
seruiço de Deus(1396/12/26)29.
asentando paulatinamente nas diferentes cidades galegas, podendo
desta maneira realizar, o polo menos aproximar, un estudo
demográfico das cidades de Galicia na Baixa Idade Media,
relacionándoo coa presenza dos diferentes conventos das ordes
franciscana e dominica, instalación que foi paulatina, o que podería
indicar o crecemento da poboación nas diferentes partes de Galicia,
tendo a Santiago de Compostela como unha das cidades máis grandes
cunha poboación de entre 4000 e 5000 habitantes na Baixa Idade
Media30, situándose entre as pequenas e medianas cidades de
Europa31.
Esta xeral instalación periurbana dos conventos mendicantes,
débese primeiramente a que as cidades na Baixa Idade Media volvían
a coller forza, polo que eran importantes núcleos de concentración
demográfica e, dado que a supervivencia dunha orde dependía das
relacións tanto espirituais como económicas existentes entre os
reulares coas persoas, esta localización dos conventos estaba
xustificada. A xeral situación dalgúns conventos nas portas das
cidades pode deberse tamén o sentido mendicante destes relixiosos,
pois os mendigos sitúanse nas portas das igrexas para pedir esmolas e,
29A. DE HEROSA (autor); J. L. SOTO PÉREZ (ed.), “Memorial de las cosas notables de este
Colegio de Herbón. Compilación documental complementaria. Anexo I”, cit., p. 46. 30J. ARMAS CASTRO, “El afianzamiento de la realidad urbana después del año mil”, E. PORTE-
LA SILVA (coord), Historia de la ciudad de Santiago de Compostela, Universidade de Santia-
go de Compostela, Servicio de Publicaciones, Santiago de Compostela, 2003, p. 86. 31Ibíd., p. 102, En este sentido, la instalación de franciscanos, dominicos, clarisas y
dominicas en Santiago a la altura del siglo XIII puede considerarse como expresión de un
eleva o nivel de desarrollo dentro de los parámetros de las pequeñas y medianas ciudades de
la época.
43
xa na Idade Media, nas entradas das cidades, lugares en definitiva por
onde transcurría moita xente e podían recibir esmola, algo simbólico
no caso destes frades pero que nos seus orixes tería razón de ser. Un
sentido mendicante que se pode comprobar tamén nos documentos
nos que se emprega a palabra esmola para referirse a unha doazón ou
un pago obrigatorio, tal e como ocorría nos casos das misas pedidas a
estas ordes32.
Mediante a obra de Manso Porto, podemos ver os diferentes
edificios mendicantes por toda Galicia, destacando como centros
urbáns de importancia a Santiago de Compostela, Ribadavia,
Pontevedra, A Coruña, Lugo ou Viveiro, cidades nas que atopamos
máis conventos dos diferentes grupos mendicantes33. Os dominicos
contaban con 8 conventos situados en: Viveiro, Ortigueira, A
Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra, Tui e
Ribadavia, mentres que a orde feminina que soamente contaba con 3:
Viveiro, Lugo e Santiago de Compostela. Da Orde dos Irmáns
Menores, o número ascende a 17 conventos medievais en Galicia, os
cales se edificaron en: Monterrei, Ribadavia, Ourense, Pontevedra,
Herbón, Louro, Noia, Pobra do Deán, Santiago de Compostela,
Portomarín, Lugo, Vilabade, Ribadeo, Viveiro, Ferrol, Betanzos e
A Coruña; dentro da Orde de Terciarios de San Francisco existen 6
conventos en: Ribadavia, Santiago de Compostela, Melide, A
Barcia, Montefaro e Mondoñedo; os 4 conventos medievais das
clarisas situanse en: Allariz, Pontevedra, A Coruña e Ribadeo; e das
Terciarias de San Francisco atopamos 3: Tui, Ribadavia e Santiago
de Compostela.
A esta lista de conventos tense que engadir o de San Francisco
de Sueiro34, e da Terceira Orde de San Francisco convén ter en conta
o de San Martiño de Vilourente35 e destacar os de Santa María a
32ACS S14/36, Que lles den por cada huun trintanario por esmola deles çen moravidies por
cada huun(1421/11/15). 33C. MANSO PORTO, Arte gótico en Galicia: Los dominicos, Fundación Barrié, A Coruña,
1993, p. 33. 34ACS S16/19, moesteiro de San Françisco de Sueyro. 35Mª DEL MAR GRAÑA CID, “Las órdenes mendicantes en el obispado de Mondoñedo: el con-
vento de San Martín de Villaoriente (1374-1500)”, cit., pp. 13-464.
ANDRÉS GARCÍA CID
44
Nova36 e Santa Cristina da Pena37 na cidade de Santiago, estando
este último desaparecido na actualidade.
Se empregamos a estimación de habitantes de Armas Castro
para Santiago de Compostela e a ligamos co establecemento destes
conventos en Galicia, podemos sacar unha media de entre 4500 e 5000
habitantes en cada unha das 27 cidades de Galicia onde os
mendicantes se estableceron, dando unha media de poboación urbana
en Galicia de entre 121.500 e 135.000 habitantes na Baixa Idade
Media. Isto, lonxe de ser unha resposta definitiva e moito menos un
censo da poboación das cidades galegas medievais, podería servir para
iniciar unha investigación demográfica utilizando como base o
número dos conventos mendicantes e as datas da súa implantación o
longo do territorio.
Tendo en conta o libro de Manso Porto, a división xeográfica
establecida por este clero regular mendicante, as provincias dominicas
estaban dirixidas polo mestre xeral e as franciscanas polo ministro
xeral38, establecéndose as primeiras once provincias franciscanas no
primeiro Capítulo Xeral na Porciúncula celebrado por Francisco de
Asís en 1217: seis en Italia, dúas en Francia e unha en Alemaña,
España e Próximo Oriente39. No caso da provincia española ou Pro-
vincia Franciscana de Santiago, esta comprendía non so Galicia, tendo
a cidade compostelá como gran centro de peregrinación, senón tamén
ocupa os territorios de Castela e boa parte de Portugal40. Esta provin-
cia franciscana experimentaría unha escisión entre Galicia e Portugal
debida a diferenza de apoios entre os Papas de Aviñón por parte de
Castela, e o pontificado de Roma por parte dos portugueses durante o
Cisma de Occidente (1378-1417) ou o movemento da Observancia41.
36Mª D. FRAGA SAMPEDRO; Mª L. RÍOS RODRÍGUEZ, “Santa María a Nova, un convento tercia-
rio en la Compostela medieval: fundación y benefactores”, Sémata 26 (2014), pp. 131-173. 37ACS. S19/12, Santa Cristina da Pena da çidade de Santiago 38Ibíd., p. 22. 39Ibíd. 40J. GARCÍA ORO, Francisco de Asís en la España Medieval, cit., p. 240. 41M. DE CASTRO, La provincia franciscana de Santiago. Ocho siglos de historia, El Eco Fran-
ciscano, Santiago de Compostela, 1984, pp. 30-31.
Desenvolvemento do franciscanismo galego
2.1. Contexto histórico do franciscanismo
O xurdimento dun novo clero regular a comezos do século XIII viuse
enmarcado en importantes cambios sociais como a reaparición e
fortificación do mundo urbán42, a creación de universidades43 e, no
terreo da relixión, ao xurdimento de diferentes movementos
heterodoxos que levaron a reformas profundas na Igrexa que
comprenderon dende a Reforma Gregoriana ata a creación das ordes
mendicantes44.
Franciscanos e dominicos xurdiron durante o pontificado de
Inocencio III, un Papa que se tivo que enfrontar a unha crise relixiosa
na que os coengos regulares e as ordes cistercienses estaban nun
momento de dificultades tanto económicas como espirituais, ante o cal
o pontífice mandou legados para así poder axudar a estes mosteiros,
pero tamén buscou establecer contacto con movementos de grupos de
homes e mulleres que predicaban e defendían a humildade e a pobreza
para así podelos reconducir a posturas máis moderadas45.
Estes movementos pauperísticos chegaban en ocasións ata a
herexía, como foi o caso dos cátaros no sur de Francia ou dos
valdenses en territorio español, dous movementos que se opuñan á
necesidade dunha xerarquía na Igrexa e chegaban incluso á
consecuente reclamación da difusión das Sagradas Escrituras nas
diferentes linguas vernáculas europeas46. Un movemento cátaro que
42X. M. SÁNCHEZ SÁNCHEZ, Iglesia, mentalidad y vida cotidiana en la Compostela medieval,
Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2019, p. 232, El cambio
de los tiempos desde la expansión económica pleno medieval hacia los siglos finales de la
Edad Media trae consigo la difusión del elemento urbano como ámbito principal de organi-
zación del poblamiento y relación socioeconómica. 43Mª P. RÁBADE OBRADÓ, Las universidades en la Edad Media, Arco Libros, Madrid, 1996, p.
7, La universidad es producto de la maduración cultural experimentada en los siglos centra-
les del Medievo por Europa Occidental, fruto del que probablemente sea el momento de
mayor impulso cultural que vivió aquélla durante la Edad Media. A su vez, la universidad es
uno de los hechos de mayor significado cultural que se producen en el transcurso del Medie-
vo. 44F. J. FERNÁNDEZ CONDE, “Movimientos de pobreza evangélica e Iglesia oficial.
Conflictividad interreligiosa” en J. I. DE LA IGLESIA DUARTE (coord.) Conflictos sociales,
políticos e intelectuales en los siglos XIV y XV. XIV Semana de Estudios Medievales. Nájera,
del 4 al 8 de agosto de 2003, Instituto de Estudios Riojanos, Logroño, 2004, p. 295. 45H. JEDIN, Manual de historia de la Iglesia. Tomo IV, Barcelona, 1973, pp. 298-299. 46A. VAUCHEZ, A espiritualidade na Idade Media Ocidental. Séculos VIII-XIII, Editorial
Estampa, Lisboa, 1995, p. 142.
ANDRÉS GARCÍA CID
46
chegou incluso a pasar a fronteira natural dos Pireneos, tendo unha
presencia escasa na Coroa de Castela, pero que gozou dunha maior
importancia na Coroa de Aragón, chegando a ter un bispo desta
corrente herética no Val de Arán47; unha circunstancia que levou a
Gregorio IX a enviar a Pamplona ao ministro da orde franciscana para
perseguir a estes heterodoxos. Tamén teremos que mencionar o caso
dos humiliatti de Lombardía, os cales eran un grupo de laicos, xeral-
mente artesáns tecedores, que vivían, rezaban e predicaban un modelo
social de pobreza popular48.
Sería precisamente nos territorios do sur de Francia e do centro
de Italia, na Umbría, onde as tensións por motivos relixiosos eran
máis importantes, os lugares nos que para apaciguar e eliminar estes
movementos de herexía xurdirían as ordes mendicantes, movementos
de pobreza cristiá na súa orixe pero que respectaban e recoñecían ás
autoridades seculares49.
pauperísticos deste período medieval sen antes falar do Libre Espírito
de begardos e beguinas. Ante unha Igrexa poderosa e centrada na
utilización dos sacramentos para controlar a sociedade, existían estes
grupos, maioritariamente compostos por laicos, que predicaban a
humanidade de Xesús e da Virxe María para así lograr un contacto
directo coa Divinidade sen ter que pasar por tantos e tan complexos
rituais, algo que derivou en ideas de desprezo por todo o material e
incluso corporal50. Durante os séculos XIII e XIV, estes begardos e
beguinas circularon por toda a Cristiandade europea predicando os
valores dun cristianismo máis próximo á xente, tendo axuda e guía
dalgúns frades franciscanos. A postura maioritaria desta orde foi a de
47F. J. FERNÁNDEZ CONDE, “Movimientos de pobreza evangélica e Iglesia oficial”, cit., pp.
298-299. 48A.VAUCHEZ, A espiritualidade na Idade Media Ocidental, cit., p.123. 49I. VÁZQUEZ JANEIRO, “Los estudios franciscanos medievales en España”en J. I. DE LA IGLE-
SIA DUARTE et alii (coords.), VI Semana de Estudios Medievales: Nájera, 31 del 4 al 8 de
agosto. 1995. Instituto de Estudios Riojanos, Logroño, 1996, p. 44, Para predicar
legítimamente hay que ser llamado y enviado por la Iglesia. 50F. J. FERNÁNDEZ CONDE, “Movimientos de pobreza evangélica e Iglesia oficial.
Conflictividad interreligiosa”, cit., p. 305.
Desenvolvemento do franciscanismo galego
47
rexeitar a esta corrente, pois estes frades xa crearan aos terciarios para
así incorporar o mundo laico na súa orde51.
Os novos movementos de renovación eclesiástica que deron
orixe ás ordes mendicantes, aspiraban sempre a conseguir volver ao
modelo do cristianismo predicado por Xesucristo baseado na humil-
dade e austeridade popular, e, por extensión, reclamaban pobreza ta-
mén dentro das institucións eclesiásticas, para lograr estar máis pró-
ximos ás persoas. No contexto da creación do franciscanismo era ne-
cesario afrontar contra os heterodoxos unha loita física, pero sobre
todo moral, o que forzou a creación dun clero que predicase e mani-
festara a pobreza evanxélica, pero que ao mesmo tempo que fose auto-
rizado e apoiado pola xerarquía eclesiástica, tal foi o caso destes men-
dicantes para os que Clemente V estableceu unha constitución dedica-
da á obriga de pobreza52. Os franciscanos experimentaron tamén esci-
sións dentro da súa orde, aparecendo correntes máis radicais á mensa-
xe de San Francisco que foron declaradas heréticas, chegando a esta-
blecerse no IV Concilio de Letrán a prohibición de que aparecesen
novas ordes.
rigorosamente che in futuro si fondino nuovi ordini53.
Esta correntes novas personificáronse en exemplos de frades que de-
sobedecían o seu fundador, tal e como sucedeu cun franciscano de
Boloña chamado Giovanni di Sciacca, quen quixo establecer un centro
nesa cidade sen permiso de Francisco de Asís, segundo se escribe no
51Ibíd,, p. 307. 52Clemente V, Constitución “Exivi de paradiso”, Error sobre la obligación del voto de la
pobreza franciscana en H. DENZINGER; P. HÜNERMANN, cit. § 908, Queriendo tranquilizar la
conciencia de los hermanos y poner fin a esta discusión, afirmamos que los hermanos Meno-
res por la profesión de su regla están obligados a aquellos usos limitados y pobres, indicados
por la misma regla, y según aquella forma de obligación que ésta establece para tales usos.
En cambio, juzgamos presuntuoso y temerario decir, como algunos parecen afirmar, que sea
herético considerar que el uso pobre está incluido o excluido en el voto de pobreza evangéli-
ca. 53G. ALBERIGO et alii. (eds.), cit., p. 242, c. 13, Proibizione di nuovi ordini religiosi..
ANDRÉS GARCÍA CID
48
capítulo 69 dos Atti del beato Francesco e dei suoi compagni54; ocorre
tamén no capítulo 74 desta obra onde se di que un franciscano inglés
nun momento de trance ten unha visión dalgúns frades que estaban
errados e desviados, como ocorría cun franciscano que vestía cun há-
bito ostentoso.
glese: udì dal ministro di quella provincia, un uomo di
grande santità, che un frate, solito ai rapimenti, benché
una volta per un giorno intero era stato in estasi, era tut-
to cosparso di lacrime.
Vedendo ciò, il ministro disse: ”questo frate
muore.” e gli disse: o frate, ti ordino per obbedienza che
tu ritorni dal tuo rapimento. Lui subito ritornò in sé e gli
fece dare da mangiare. Subito dopo aver mangiato gli
disse: “Ti ordino per obbedienza che mi dica la causa
del tuo pianto, poiché mai altre volte abbiamo visto ac-
caderti ciò, anzì sembra che tu sia stato rapito contro na-
tura”.
Poiche lui non poteva tacere ciò che non era ne-
cessario rivelare, disse che vedeva il Signore Gesù Cristo
su un trono eccelso circondato dalla milizia celeste per
emettere il giudizio; e avendo visto non solo secolari, ma
anche chierici e molti religiosi di diversi ordini religiosi
(diversarum religionum) essere dannati, alla fine fu con-
dotto uno con l’abito di frate Minore, vestito in modo
molto delicato e con un vestito assai prezioso55.
A mensaxe franciscana que se impuxo finalmente foi o dunha orde
máis moderada no seu ideal de pobreza, sendo desta maneira aprobada
polo papado de Roma, tendo primeiro unha aprobación verbal de Ino-
cencio III en 121056 e no ano 1223 a aprobación por parte de Honorio
III da regra desta orde57, descartando a primeira regra, que era consi-
54M. T. DOLSO (ed.), Fonti agiografiche dell’ordine francescano, cit., p. 653, Era a Bologna
come ministro un certo frate Minore, cioè frate Giovanni di Sciacca, di grande cultura (valde
litteratus), egli senza la licenza del beato Francesco instituì un studio a Bologna. 55Ibíd, p. 657. 56J. LE GOFF, San Francisco de Asís, Akal, Madrid, 2003, p. 10. 57Ibíd., p. 11.
Desenvolvemento do franciscanismo galego
derada demasiado rigorosa. Estas cuestións sobre a pobreza francisca-
na foron tratadas na obra Quaestio de paupertate que San Buenaven-
tura escribiu pouco antes do seu falecemento en 1274, onde defendía
limitar todo o posible o uso de bens materiais58. Durante o pontificado
de Nicolás III (1277-1280), o Papa promulgou a constitución Exiit qui
seminat de 1279 na que se recoñecía a santidade da pobreza evanxéli-
ca, pero estes frades poderían tamén conservar as súas propiedades e
conventos, algo que faría que franciscanos como Pietro Olivi se quere-
llasen contra a riqueza do clero, dando posteriormente orixe aos espi-
rituais franciscanos59. Esta vertente de pobreza radical, baseada na
primeira regra franciscana e sobre todo no testamento de San Francis-
co, lograría contar co apoio de Celestino V, o Papa-monxe que permi-
tiu que un grupo deles, encabezados por Ángelo da Clareno e Pietro
de Macerata, puidesen escindirse da orde e ter o testamento de San
Francisco como guía para a vida conventual60. Un proxecto que se viu
truncado co sucesor de Celestino V, o Papa Bonifacio VIII coa súa
loita contra os espirituais que o levou a declarar o seu predecesor co-
mo herético e que depuxo ao xeral da orde, Raimundo Gaufridi
(†1310), polas súas relacións cos espirituais61.
Centrando a atención na o