8
Illas de Galicia Parque Nacional das Illas Atlánticas Arquipélagos e illas integrantes Arquipélago de Ons: As Illas Ons forman un arquipélago situado na boca da Ría de Pontevedra. Componse da Illa de Ons, a Illa de Onza ou Onzeta, e outras pequenas penas entre as que destacan O Corveiro. Na estación estival realízanse viaxes marítimas a diario dende os portos de Marín, Cangas, Bueu, Sanxenxo e Portonovo. Arquipélago de Cíes: As Illas Cíes forman un arquipélago situado na boca da Ría de Vigo, pertencente ás Rías Baixas, na Provincia de Pontevedra (Galicia, España). Está formada pola Illa do Sur ou San Martiño e do Norde ou Monteagudo Pertencen ao municipio de Vigo (parroquia de San Francisco de Afora). Foron declaradas parque natural en 1980, e están incluídas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia creado en 2002. En Febreiro do ano 2007 o xornal británico The Guardian elixiu a praia de Rodas, na illa de Monteagudo, como "a praia máis bonita do mundo". Illa de Cortegada: A Illa de Cortegada é unha illa situada na provincia de Pontevedra, no interior da Ría de Arosa. É a maior dun arquipélago que á parte de Cortegada conta con outros grupos de illas, como as Illas Malveiras ou as Illas Briñas. Illa de Sálvora: A Illa de Sálvora encóntrase na bocana de entrada da Ría de Arosa, separada de terra firme por unha distancia duns 3 km polo norte. Ocupa unha superficie de preto de 190 Ha, e ten unha altitude máxima de 71 metros. Case todo o perímetro da illa é zona rochosa, a excepción de tres pequenas praias de area branca e fina.

Illas de Galicia

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Islas gallegas

Citation preview

Page 1: Illas de Galicia

Illas de Galicia

Parque Nacional das Illas Atlánticas

Arquipélagos e illas integrantes

Arquipélago de Ons: As Illas Ons forman un arquipélago situado na boca da Ría de Pontevedra. Componse da Illa de Ons, a Illa de Onza ou Onzeta, e outras pequenas penas entre as que destacan O Corveiro. Na estación estival realízanse viaxes marítimas a diario dende os portos de Marín, Cangas, Bueu, Sanxenxo e Portonovo.

Arquipélago de Cíes: As Illas Cíes forman un arquipélago situado na boca da Ría de Vigo, pertencente ás Rías Baixas, na Provincia de Pontevedra (Galicia, España). Está formada pola Illa do Sur ou San Martiño e do Norde ou Monteagudo Pertencen ao municipio de Vigo (parroquia de San Francisco de Afora). Foron declaradas parque natural en 1980, e están incluídas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia creado en 2002. En Febreiro do ano 2007 o xornal británico The Guardian elixiu a praia de Rodas, na illa de Monteagudo, como "a praia máis bonita do mundo".

Illa de Cortegada: A Illa de Cortegada é unha illa situada na provincia de Pontevedra, no interior da Ría de Arosa. É a maior dun arquipélago que á parte de Cortegada conta con outros grupos de illas, como as Illas Malveiras ou as Illas Briñas.

Illa de Sálvora: A Illa de Sálvora encóntrase na bocana de entrada da Ría de Arosa, separada de terra firme por unha distancia duns 3 km polo norte. Ocupa unha superficie de preto de 190 Ha, e ten unha altitude máxima de 71 metros. Case todo o perímetro da illa é zona rochosa, a excepción de tres pequenas praias de area branca e fina.

Page 2: Illas de Galicia

Arquipélagos e illas aspirantes

A parte das illas que pertencen ao conxunto do parque nacional, hai outras illas que aspiran a integralo ou que están en proceso para iso:

Illa de Tambo:Situada en medio da Ría de Pontevedra, xa na súa parte final, fronte á vila de Marín aínda que pertence ao concello de Poio. Ten unha superficie de 28 Ha e alcanza os 80 metros de altitude. É ovalada e ten unha típica forma piramidal completamente cuberta de árbores, especialmente eucaliptos. Polo sur ten unha pequena península que parece case unha illa vista dende terra e que conta cun vello faro. Tambo conta con dúas praias unidas na parte norte da illa e con tres pequenos embarcadoiros. O principal problema para a inclusión da illa no parque nacional é a relativa suciedade das augas no interior da ría producida, principalmente pola fábrica de celulosas de Lourizán (Pontevedra). A isto hai que engadir a ocupación militar que a illa tivo dende hai décadas ata a súa recente desocupación.

Illas Sisargas: Estas illas pertencen ao concello de Malpica de Bergantiños e ao igual que Tambo a súa adhesión ao parque nacional depende principalmente da compra por parte do Goberno ou da Xunta de Galicia aos seus donos e facela, así, pública. Á diferenza de todas as demais illas estas se encontran fóra das Rías Baixas, na zona da Costa da Morte. O arquipélago está formado por tres illas, chamadas Sisarga Grande, Malante e Sisarga Chica, e unha serie de illotes circundantes. As illas son na súa maioría de natureza escarpada, o que propicia que na Sisarga Grande haxa numerosos acantilados. Nembargantes, nesta mesma illa podemos atopar un embarcadoiro e unha pequena praia no sur.

Illa de San Simon

Á illa de San Simón está situada no municipio galego de Redondela (España), preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo.

Page 3: Illas de Galicia

A illa foi un antigo centro monástico saqueado por piratas. Posteriormente a illa converteuse nun lazareto (1842-1927), no que nunca houbo enfermos de lepra pero si de cólera, e unha prisión sucesivamente. Durante a guerra e posguerra franquista a illa foi usada como campo de concentración (1936-1943) no que foron recluídos miles de presos políticos contrarios ao réxime de Franco, na súa maior parte en situación preventiva, na súa maioría de zonas próximas como Vigo, Pontevedra, Ourense e Villagarcía de Arousa, aínda que tamén eran frecuentes os presos de Asturias e do País Vasco.

O antigo lazareto quedou relegado a albergar os militares que viaxaban á illa, así coma o persoal complementario (administrativos, intendencia ou enfermaría). Construíronse ademais torres de vixiancia e melloráronse os muros e os accesos. As condicións ás que estaban sometidos os presos eran inhumanas e crueis, as condicións sanitarias eran deficientes e o amontoamento de presos era considerable. Estaban distribuídos en diferentes pavillóns ao longo da illa. Os fusilamentos producíanse en terra e na illa fusiláronse 7 presos asturianos e leoneses no paredón do cemiterio da illa de San Antón. Crese que centos de persoas morreron alí. A illa era considerada un dos centros penitenciarios máis temibles.

Foi cualificada polo franquismo como colonia penitenciaria. Mantívose en funcionamento ata 1943.

A illa despois da Guerra civil deixou de funcionar como cárcere, sufrindo un abandono paulatino, só interrompido polos membros da organización falanxista chamada Garda de Franco que en períodos estivais pasaban alí as súas vacacións. O 22 de agosto de 1950 sucedeu un tráxico incidente. Uns cincuenta pasaxeiros da Garda de Franco volvían da illa nunha embarcación, "A Monchiña", cando debido ás malas condicións do tempo e as correntes habituais da zona, a embarcación naufragou. Case ningún dos pasaxeiros sabía nadar, e corenta e tres tripulantes perderon a vida. Na illa de San Norberto, na cara sur do arquipélago construíuse un pequeno cruceiro en honor dos falecidos.

A illa foi clausurada debido á traxedia, e reabriuse para ser empregada como Hogar Méndez Núñez para a Formación de orfos de mariñeiros, que funcionou entre 1955 e 1963.

No ano 1999 as illas de San Simón e San Antón foron declaradas Ben de Interese Cultural e comezou a reconstruírse o conxunto, procurando alcanzar unha harmonía entre a natureza, rescatando os xardíns ou o centenario "Paseo dous buxos" (polos buxos, árbores que poboan o xardín) e a remodelación dos edificios xa existentes sen deteriorar o contorno.

Na actualidade as illas de San Simón e San Antón foron remodeladas

Page 4: Illas de Galicia

e convertidas pola man de César Portela en centro de recuperación da memoria histórica, rehabilitadas como un espazo protexido, cunha completa rexeneración dos xardíns e das especies arbóreas. Ademais tamén foi redirixida cunha función cultural, xa que conta con auditorio, biblioteca, escola do mar, hotel e restaurante. Entre as diferentes actividades culturais realizadas no lugar destaca a celebración da entrega dos Premios Xerais da lingua galega e do Premio Merlín, cooperativismo no mar, etc.

Illas Estelas

As Illas Ronseis (Illas Estelas, As Estelas) son un arquipélago español da provincia de Pontevedra situado fronte á península de Monteferro, na parroquia de Panxón (Nigrán). Está composto por dúas illas maiores (Ronsel de Dentro, con 9'6 Ha, e Ronsel de Fóra, con 7 Ha) e un grupo de illotes chamados As Serralleiras, ademais doutros illotes menores e varias penas. En total o arquipélago suma 19 Ha de superficie. As dúas illas maiores son de aparencia amesetadas, rodeadas de arrecife e cubertas de vexetación arbórea e arbustiva. Carecen de construcións e constitúen un importante banco marisqueiro.

Illa de Vionta

É unha illa española da provincia da Coruña, situada ao Nordés da Isla de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a un quilómetro e medio desa illa. É alongada e baixa, conformándose como unha das illas máis singulares de Galicia debido á gran praia que se forma en toda a metade Sur do seu pequeno territorio insular (11'5 hectáreas). Esta praia achega areas que cobren case toda a illa, a excepción do seu parte norte, que é rochosa, creando dunas que superan os 10 metros de altura. Na illa cría un importante número de aves mariñas. Abundan as ratas e os lagartos hispánicos.

Illa de Sagres

Pertence ao Concello de Pobra do Caramiñal e conforma xunto co Perico en Couso unha corredoira estreita pola que pasan os barcos cando saen do porto de Aguiño cara os bancos pesqueiros situados ó norte da ría. Só se pode pasar por alí cando o mal tempo non o impide, xa que está plagado de trampas en forma de pedras.

Illa de Toralla

É unha pequena illa situada na costa sur da ría de Vigo (España), a uns 200 metros da praia do Vao.

Page 5: Illas de Galicia

Está urbanizada e comunicada coa costa viguesa por unha ponte de uso público. A urbanización incontrolada da illa dende os anos 60 destruiu o seu patrimonio natural e cultural. Dentro deste último inclúese un importante castro da Idade do Ferro, con evidencias de comercio mediterráneo, e unha necrópole romana

A Illa de Arousa

É unha illa situada na Ría de Arousa, na provincia de Pontevedra. A poboación da illa é duns 4900 habitantes. A poboación repártese en varios barrios, e os seus lugares de maior interese son o ámbito do faro, a illa Areoso (próxima á Isla de Arosa) e o parque natural de Carreirón, que está catalogado como zona de especial protección para as aves polas poboacións de garza real, entre outras aves que habitan na illa. Ten cinco portos, sendo o de Xufre o máis importante, tamén son importantes os peiraos do Campo, Chazo e Cabodeiro. O miradoiro do Santo é o punto máis alto da illa, dende onde se pode contemplar o pobo, a súa actividade turística e comercial, e ademais a beleza do lugar. San Xian da Illa de Arousa é a única parroquia desta illa. Algunhas das súas praias son A Area da Secada, A Lavanqueira, ou Vao, Camaxe, Carreirón, Espiñeiro e O Cabodeiro.

Ten unha superficie aproximada de 7 Km cadrados e os habitantes están concentrados nun istmo estreito e as súas inmediacións. O istmo une unha pequena península onde se atopa o punto máis alto do municipio (69 m) co resto da illa. Enlaza coa Península Ibérica por medio dunha ponte con case dous Km de lonxitude, un dos máis longos de España, que foi inaugurado en 1985. Ten uns 36 Km de costa, dos cales 11 son de praia, con area fina e branca. Grazas a iso, entre outras cousas, a Unión Europea declarou á illa reserva natural.

Illa da Toxa

A Illa dá Toxa, Illa dá Toxa Grande ou Illa de Louxo é unha illa da provincia de Pontevedra situada no concello do Grove, ó que está unida por unha ponte decimonónica. Ten unha superficie de 110 Ha

Durante séculos foi utilizada polos veciños do Grove como lugar de pastoreo do seu gando (ao que transportaban en barcas) e tamén para as súas tarefas agrícolas. Pero a raíz do descubrimento no século XIX das súas lamas termais e augas medicinais pasou a ser de propiedade privada para explotar os seus bens termais, construindose o antigo balneario, que trouxo consigo un aumento espectacular do turismo e o nacemento doutras dotacións.

Trátase dunha das illas máis coñecidas de Galicia debido a ser un centro termal, de ocio e turístico: conta con balnearios, antigas fábricas de xabóns e cosméticos, hoteis de luxo, campo de golf, porto

Page 6: Illas de Galicia

deportivo, centro de congresos, casino, pistas de tenis, paddle, tiro ao voo, tiro con arco, piscinas, urbanizacións e outros establecementos. Non obstante o centro da illa aínda conserva virxe un denso piñeiral. Así a illa está repartida en: 32 Ha de urbanizacións (a súa parte sur e os flancos orientais e occidentais), 25 Ha de campo de golf (toda a súa parte norte) e 25 de piñeiral virxe (no centro da illa).

Posúe unha característica ermida consagrada a San Caralampio e a Virxe do Carmen, cuxa planta orixinal data do século XII, recuberta hoxe completamente de cunchas de vieira nas que a xente adoita deixar escrito o seu nome.

Page 7: Illas de Galicia

Illa Coelleira

Está situada no concello do Vicedo fronte á Punta do Embarcadoiro, a uns 500 m. da costa. Presenta forma de trapecio irregular cunha extensión de 26 hai. e unha altitude máxima de 82 mt., onde se encontra o faro. A parte do Norte ao Noroeste é escarpada e a do Sur, baixa; ao Leste atópase a Punta de San Antonio, con pequenos illotes, logo unhas entradas ao mar; ao Nornoroeste o illote de Cabaliño, que, en marea baixa, está unido á Coelleira; seguen os illotes de Percebosa ou Percebellosa; ao oeste, os illotes de Carabelas e ao sur encóntrase a punta de Cruz de Liñeira. Pódese atracar á illa polo Portiño, situado ao Sudoeste, e polo Liñeiro, que se acha ao Leste.

Illa Ansarón

É unha illa dá a provincia de Lugo situada no municipio de Xove. Coas súas 10 Ha de extensión é unha das maiores illas da costa lucense. É alta (alcanza os 80 metros de altitude) e abrupta, con acantilados produtores de percebe e áreas de cría de aves mariñas.