7
1

Inauguración da Biblioteca Bernardino Graña

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Opinións persoais do alumnado que acudiu ao acto da inaguración da biblioteca "Bernardino Graña" do IES As Barxas.

Citation preview

Page 1: Inauguración da Biblioteca Bernardino Graña

1

Page 2: Inauguración da Biblioteca Bernardino Graña

“O Acto a Bernardino Graña”

A min pareceume un acto moi interesante, onde se podía aprender dun dos mais coñecidos poetas de Galicia: Bernardino Graña.

Na conferencia rin, divertinme e o pasei moi ben, pero por outra parte, tamén resultou ser un acto profundo e serio.

O que máis me gustou da cerimonia foi quizáis ver como Bernardino (aínda que con moito esforzo) descorría a cortina azul, para deixar ver a praca no seu honor e logo asinala coa súa man esquerda. Tamén foi interesante o vídeo da biblioteca, no que se vía o proceso de transformación desta, ata converterse na “Biblioteca Bernardino Graña”, como figura no debuxo do Lobineno.

En resumen, pareceume un acto moi emocionante, así como ás veces tamen divertido.

Antón Entenza Martínez 1º ESO D

2

Page 3: Inauguración da Biblioteca Bernardino Graña

“O Acto a Bernardino Graña”

O 27 de abril de 2012, non só foi un día de gran importancia para Bernardino Graña, senón tamén para nós.

Choramos da emoción, cando fixo memoria das súas lembranzas de mozo en Darbo, e Ribadavia... sempre botando en falla Cangas “a súa Terra, o seu mar...”. Rompeu coa súa rutina, para vir a xunto nosa e facer dese día un gran recordo, e da nosa biblioteca, un recuncho con historia.

David Paredes Rosendo 4º ESO D

“O Acto a Bernardino Graña”

O venres 27 de abril do ano 2012, inaugurouse a bibloteca do meu instituto IES As Barxas de Moaña.

Eu, como membro do “Club de Lectura” fun invitada ao evento, en horas lectivas.

Á biblioteca acudiu Bernardino Graña, un coñecido escritor e poeta galego. El é un home maior con casi 80 anos, pero a pesar da súa idade presentouse na biblioteca á hora esperada.

3

Page 4: Inauguración da Biblioteca Bernardino Graña

Pediuselle vir, porque a biblioteca iba a ter o seu nome.

Durante a cerimonia falaron diversas persoas, entre elas, o director do instituto, o alcalde do concello, un profesor do centro que antaño fora alumno de Bernardino... Ao final Bernardino falounos a todos/as os/as asistentes, pero en especial a nós, os/as nenos/as. Contounos que estaba moi agradecido e que era un gran honor para el que lle puxésemos o seu nome ao noso “Fogar dos libros”.

Unha amiga miña, Claudia Fernández, leu un conto do escritor, “ A raposa cor de mel”, e outro alumno leu un poema de Bernardino. Ao terminar o evento saímos da biblioteca e destapamos unha placa adicada a Bernardino, feita na Aula de Plástica.

Eu e outro rapaz dimoslle un recordo a Graña co anagrama do Instituto (unhas olas) e un ramo de flores a súa dona respectivamente. Tivemos un pequeno descanso antes de volver a clase no que comentamos o evento.

A mín, persoalmente, pareceume moi amable pola súa parte que Bernardino acudise á cita, da que disfrutei moito.

Máis tarde entereime de que unhas fotos sairan no xornal e fun correndo a compralo. Menuda ledicia!!Sira Martínez Santomé 1ºESO A

4

Page 5: Inauguración da Biblioteca Bernardino Graña

“O Acto a Bernardino Graña”

O día venres 27 de abril, veu Bernardino Graña, o gran escritor, a nosa humilde biblioteca do centro. Escoitamos a súa voz e a de outros (amigos seus, antigos alumnos...) e dous dos rapaces alí presentes, léronnos un dos seus poemas e un conto.

Máis tarde firmou a placa coa súa foto. Agora a nosa biblioteca chámase “Bernardino Graña”.

O máis divertido, é que como son membro do “Club de lectura”, fun invitada polos profesores. Eu fun quen lín o conto de Bernardino Graña “Raposa cor de mel” e a miña mellor amiga Sira Martínez Santomé entregoulle un premio co logotipo do IES as Barxas.

Foi unha experiencia divertida e espectacular, comentándoo cos meus compañeiros/as, estamos de acordo eu que foi ¡un día marabilloso!.

Claudia Fernández Malvido 1º ESO A

5

Page 6: Inauguración da Biblioteca Bernardino Graña

“O acto a Bernardino Graña”

Bernardino Graña deunos o pasado venres unha visita ó instituto para inagurar a nosa biblioteca, chamada como el, na súa homenaxe.

Para min foi un acto e unha experiencia que poucas veces se vive.

Bernardino xa está moi demacrado, ainda que non pola súa idade, xa que non supera os oitenta anos, pero unha trombose fixo que perdera a mobilidade da man esquerda. Fala con moitas dificultades, e non camiña moito mellor.

Contamos tamén coa presenza do alcalde de Moaña, a concelleira de educación, o director do centro e o profesor de lingua galega, Millán, o cal foi alumno de Bernardino na súa adolescencia. Millán, despois de que que o director disexe unhas palabras sobre o honor que era para nós ter a unha figura da escritura do Morrazo e de Galicia enteira no noso centro, asistindo a inaguración a biblioteca que levaba o seu nome. Falou tamén dos anos nos que Bernardino foi o seu profesor, e lles ensinou moitas cousas das que nin el nin os outros alumnos se esquecerían porque as súas ensinanzas non so eran para poder despois asistir a unha boa universidade, ou ter unha carreira, senón que tamén lles ensinou a ver a lectura e a poesía doutras formas diferentes.

6

Page 7: Inauguración da Biblioteca Bernardino Graña

Entre charla e charla, dous alumnos leron un poema e un conto respectivamente; outro poema sobre John Lennon o leu un representante de “A porta verde”.

A profesora de lingua castelá, Verónica, foi a que presentou o acto.

O acto foi gravado, para que quedase para a prosperidade.

Ó final do acto, falou o homenaxeado, con bastantes dificultades, e cando deu as grazas, derramou unhas bágoas falando de cando era pequeno, a súa familia, onde viviu... fixo que todos botásemos unhas bágoas, profesores e alumnos.

Para min foi unha experiencia que nunca olvidarei, polas palabras de todas as persoas que falaron, polos poemas que leron e o conto, e porque fun unha das persoas que no futuro poderá dicir: eu coñecín a Bernardino Graña, un escritor do Morrazo recoñecido en todo Galicia e en España tamén, e estiven presente na inaguración da biblioteca que leva o seu nome.

Lucía Parcero Leites 2º ESO C

7