7
INFORME DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO MARCO DO PROXECTO RÍOS NA UDC NOVEMBRO 2010 Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestructuras e Xestión Ambiental

INFORME DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO MARCO DO PROXECTO … · O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: INFORME DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO MARCO DO PROXECTO … · O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos

INFORME DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO MARCO DO PROXECTO RÍOS NA UDC  

NOVEMBRO 2010 

 

 

 

 

Oficina de Medio Ambiente Vicerreitoría de Infraestructuras e Xestión Ambiental 

 

 

 

Page 2: INFORME DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO MARCO DO PROXECTO … · O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos

 

 

 

 

Índice  

____________________________________________________________ 

 

 

 

 

 

 

INTRODUCIÓN 

 

XORNADA FORMATIVA 

          Parte 1: Que é o Proxecto Ríos? 

          Parte 2: Metodoloxía de actuación 

Parte 3: Exemplo práctico no río do Lagar 

LIMPEZA DO RÍO 

CONCLUSIÓNS 

ACCIÓNS 

 

 

 

 

 

 

  1

Page 3: INFORME DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO MARCO DO PROXECTO … · O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos

 

 

INTRODUCIÓN 

En  novembro  de  2010  o  persoal  bolseiro  da Oficina  de Medio Ambiente  participamos  nas 

actividades propostas polo PROXECTO RÍOS da Asociación para a Defensa de Galiza baixo a 

coordinación de Francisco Bañobre e consistentes en: 

Xornadas formativas os días 12 e 24 de novembro 

Limpeza do río Lagar de Elviña o 25 de novembro 

que se completan coa elaboración deste informe. 

Con anterioridade a tales actividades os bolseiros quedamos encargados da súa divulgación. 

Concretamente  elaboramos  un  cartaz  e  organizamos  a  súa  pegada  nos  centros  e  a  súa 

divulgación  polos  medios  electrónicos  da  UDC:  blogues  e  webs  dos  centros.  Alén  diso, 

fomentamos a participación do voluntariado na comunidade universitaria (boca a boca). 

 

XORNADA FORMATIVA 

Desenvolveuse  en  tres  partes:  introdución  ao  que  é  o  Proxecto  Ríos,  a metodoloxía  de 

actuación e un exemplo práctico no río do Lagar. 

 

Parte 1: Que é o Proxecto Ríos? 

O  Proxecto  Ríos  é  unha  iniciativa  de  concienciación,  educación  e  participación  cidadá  en 

defensa  dos  nosos  ríos  que  nace  do  convenio  de  colaboración  subcrito  no  ano  2004  por 

ADEGA e a Associació Hábitats, que desde o ano 1999 desenvolvía un proxecto semellante en 

territorio  catalán,  de  aí  que  previamente  se  prevese  a  adaptación  dos  protocolos  ás 

características dos ríos galegos.  

O Proxecto Ríos está aberto a  calquera persoa ou  colectivo que asuma o  compromiso de 

levalo adiante: asociacións de veciños, de pescadores, deportivas, culturais, sociais, centros 

educativos,  escolas  de  tempo  libre,  grupos  familiares  ou  de  amigos....  Fundaméntase  na 

realización  de  inspeccións  do  estado  dos  ríos  galegos  por  parte  de  persoas  ou  grupos 

voluntarios  no  plano  local,  co  obxectivo  final  de  facerse  responsables  da  vixilancia 

(adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. 

Estas  inspeccións  realízanse  como mínimo dúas  veces  ao  ano  con base na metodoloxía e 

materiais de  apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que  axudarán  a  cubrir  as  follas de 

inspección. Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos 

datos subministrados por todas as persoas e colectivos participantes nas distintas campañas, 

así como se recollerán nunha base de datos accesible na rede. 

  2

Page 4: INFORME DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO MARCO DO PROXECTO … · O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos

 

 

 

Posteriormente, os grupos que así o  desexaren poden participar no Programa de Adopción 

de  Ríos  con  que  se  fan  responsable,  nalgunha medida,  de  velaren  polo  estado  daqueles 

treitos do río que escollan. 

A nova Directiva marco da auga  2000/60/CE pon de manifesto a importancia da xestión e o 

mantemento  da  calidade  das  masas  de  auga  continentais.  Neste  contexto  o  labor  que 

desenvolve  o  Proxecto  Ríos  ten  un  especial  interese,  pois,  para  alén  do  proxecto  en  si, 

procura a implicación da poboación nos seus obxectivos finais e o seu achegamento ao medio 

natural co programa de adopción de ríos, cara a un  ideal en que cada tramo de río galego 

estivese adoptado, cartografiado e controlado na súa calidade e conservación. 

 

Parte 2: Metodoloxía de actuación 

En primeiro  lugar cada grupo deberá elixir de entre os que aínda non están adoptados, o 

tramo  de  río  que  quere  adoptar,  aproximadamente  duns  500  metros,  comunicarllo  á 

Asociación  e  recoller  o material  que  esta  facilita:  unha  guía  de  inspección,  as  fichas  de 

campo e outros materiais de análise, caso dos reactivos de análise química da auga. 

En segundo lugar, na primeira visita o grupo deberá de elaborar un perfil do seu tramo de río 

en que  indique as  súas  características e do  seu  contorno. Un plano elaborado a man que 

reflicta as especies arbóreas, o tamaño da canle, as construcións etc. 

http://www.proxectorios.org/files/descargas/carpeta%20esquema%20do%20treito.pdf  

En terceiro lugar, para realizar a mostraxe o grupo debe elixir un punto accesible do que tirar 

una mostra de auga e outra de fauna. 

A auga analizarase cos reactivos facilitados cofin de determinar os niveis de pH, os nitratos e 

o  osíxeno  disolto.  Ademais,  realizaranse  inspeccións  oculares  de  transparencia,  fluxo  da 

auga… 

A microfauna do río determinarase a nivel de familia para establecer un índice de calidade. 

Este índice baséase en que a presenza ou ausencia de determinadas familias é un indicador 

do bo ou mal estado da saúde dun río e, en definitiva, da súa calidade e do  impacto a que 

está sometido. 

A combinación destes parámetros permitirán ao grupo avaliar a saúde xeral deste treito de 

río e plasmalo nos formularios estándar que entregará posteriormente á Asociación: 

http://www.proxectorios.org/files/descargas/fichas%202010%20final.pdf  

http://www.proxectorios.org/files/descargas/folla%20resumo%20formulario.doc  

 

  3

Page 5: INFORME DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO MARCO DO PROXECTO … · O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos

 

 

 

Parte 3: Exemplo práctico no río do Lagar 

Tras  a  xornada  saímos  ao  río  que  atravesa  o  campus  de  Elviña  para  poñer  en  práctica  o 

método. 

Unha primeira  inspección visual da contorna do  río  indica que está  sometido a unha gran 

presión  humana.    Repárese  en  que  se  trata  dun  río  canalizado    e  axardinado  cunha  forte 

poboación ao seu redor. 

A análise físico‐química dunha mostra de auga  indicou que estaba ben osixenada, en parte grazas a que as chuvias dos días anteriores aumentaron a caudal. Concretamente, a análise dos nitratos deu un resultado de entre 5mg/L, mentres que o seu pH é de 7.  

Con  respecto á mostraxe da  (micro)fauna algunhas das  familias que atopamos pertencían aogrupo dos  crustáceos, planarias,  tricópteros  sen  estoxo,  gammáridos  e odonatos  (unha soa  familia)  entre  outros.  Do  análise  da  fauna  concluímos  que  o  estado  xeral  era  entre moderado e deficiente.  

A  valoración  de  todos  estes  parámetros  permite  cualificar  o  estado  do  río  como  de 

“deficiente”. 

 

LIMPEZA DO RÍO 

O 25 de novembro partiuse do Edificio de Servizos Centrais de Investigacións Xerais da UDC debidamente  equipados.  Isto  é,  con  calzado  e  roupa  acaídos.  Logo  de  recibirmos  a explicación do protocolo de  limpeza e da distribución de  luvas e bolsas,  iniciouse a recolla por parellas. Durante aproximadamente dúas horas retirouse todo o  lixo atopado na canle do río e mais nos xardíns e nas súas papeleiras.  Na  posta  en  común  posterior  analizouse  o  lixo  recollido:  predominaban  os  papeis  de 

publicidade e os envases alimentarios, mais  tamén había  latas, bolsas de plástico, vidro e 

materiais de refugallo procedentes de obras (sacos de cemento, madeiros con cravos...). En 

total quince persoas conseguiron xuntar preto de cen quilos de residuos. 

 

 

 

 

 

 

 

  4

Page 6: INFORME DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO MARCO DO PROXECTO … · O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos

 

 

 

 

 

CONCLUSIÓNS 

Pareceunos moi interesante o traballo que ADEGA está a desenvolver  no marco do Proxecto 

Ríos. Implicar a sociedade en actividades ambientais ten un beneficio directo para o medio 

como para a sociedade: a concienciación é o paso previo que dá a cidadanía  para a esixencia 

do cumprimento de políticas ambientais por parte dos gobernos. 

Por outra banda, a actividade de voluntariado ambiental realizado por ADEGA supón unha 

posta en valor do patrimonio natural de Galicia. 

As actividades de difusión previas deron os seus froitos e foi posible formar un grupo dunhas 

15 persoas, algunhas delas voluntarias e alleas á OMA. Un número ideal para a  actividade, 

se se establecen como marxes de 10 a 20 persoas. 

A  nosa  presenza  limpando  o  río  xerou  curiosidade  na  comunidade  universitaria.  Quen 

pasaba polo  lugar preguntaba a que andabamos e amosou  interese pola actividade. Esta é 

outra  forma  de  divulgación.  Achegáronse  tamén  membros  da  prensa  que  redactaron 

algunhas novas e tiraron algunhas fotos. 

  5

Page 7: INFORME DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO MARCO DO PROXECTO … · O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos

  6

 

 

 

Como membros da comunidade universitaria, pareceunos bastante lamentable o estado do 

río.  Tendo  en  conta  que  no  2009  se  realizara  outra  limpeza,  100  quilos  son moitos  para 

acumularse nun ano. Isto foi en parte debido a unha mala práctica por parte dos operarios 

das obras próximas e ás deficiencias do actual servizo de limpeza dos espazos exteriores dos 

campus  universitarios.  Neste  sentido,  vimos  de  ser  informados  de  que  o  servizo  de 

xardinaría do campus se atopa en fase de adxudicación dun novo concurso no cal se teñen 

en conta estes aspectos, e no que tamén se incluíron criterios de sustentabilidade seguindo 

as pautas de contratación ecolóxica.  

Outro aspecto salientábel é a falta de concienciación entre a poboación en xeral, no que se 

centrarán as propostas do grupo, reflectidas na seguinte epígrafe. 

 

ACCIÓNS 

Como  accións  complementarias  ás  actividades  realizadas  propoñemos  a  divulgación  dos 

resultados obtidos entre a comunidade universitaria a través doutras actividades educativas 

ou artísticas a modo de exposición. Deste xeito todos saberán que o papel que eles tiran ao 

chan súmase a aqueles que outras persoas tiraron antes. 

A organización dunha xornada informativa do Proxecto Ríos para a comunidade universitaria 

xeral:  unha  carpa  na  rotonda  de  Elviña  por  exemplo,  na  que  poidan  incluso  concretarse 

adopcións de tramos de río por parte de grupos de estudantes.