4

Ledicia na Biblio

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Encontro virtual con Ledicia Costas do Club de Lectura Arao. Biblioteca do IES Pedra da Aguia.

Citation preview

Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Ne-

ta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño me-

moria.

Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento”

sendo moi nova. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publi-

quei o relato Negrita no volume “Narradoras”.

“O corazón de Xúpiter” é a miña segunda novela,

“Recinto Gris” a terceira e ''Un animal chamado né-

boa'' a cuarta.

En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatu-

ra Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil

e Xuvenil, 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defun-

ta”.

Síntome poeta con alma de equilibrista, porque re-

cito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no

supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E

debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da

Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas

publicacións colectivas. Individualmente teño publicado

o poemario “Xardín de Inverno”.

A día de hoxe formo parte da directiva de Gálix (Asociación Galega do Li-

bro Infantil e Xuvenil). Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo.

E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.

Traballei no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual participan-

do no proceso creativo de diversos documentais e dirixindo e protagonizando a

curtametraxe poética: A miña vida é unha caixa de zapatos.

Podes ler una enterevista coa autora aquí:

Quero preguntarlle/comentarlle á autora:

_______________________________________

________________________________________

________________________________________

________________________________________

________________________________________

_____________________________________________________________

______________________________________________________________

______________________________________________________________

______________________________________________________________

______________________________________________________________

16 de febreiro 2016

Algúns dos libros de Ledicia que podes atopar

nos andeis da biblio