23
“Caneiro” Equipo Dinamización da Lingua Galega CEIP A Ponte (Lugo)

Manuel María - Actividades Letras Galegas 2016

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Manuel María - Actividades para Ed. Infantil e Primaria. Letras Galegas 2016

Citation preview

“Caneiro”

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

Índice

Actividades Ed. Infantil ........................................1-2

Actividades 1º Ed. Primaria................................3-4

Actividades TEA................................................................5

Actividades 2º Ed. Primaria.................................6-8

Actividades 3º Ed. Primaria...............................9-10

Actividades 4º Ed. Primaria...........................11-12

Actividades 5º Ed. Primaria...........................13-15

Actividades 6º Ed. Primaria...........................16-18

Técnicas e colaboracións.....................................19-20

Bibliograf ía

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

1Educación Infantil

Ola!, chámome Manuel María. Nacín na casa das Hortas. Fun estudar o bacharelato aos Ma-ristas en Lugo.Despois fun estudar a Santiago. Traballei como procurador en Monforte. Cando me retirei fun vivir á Coruña.

SEGUE OS CAMIÑOS QUE ME LEVARON DUN LUGAR A OUTRO.

Son moi amigo dos animais e das plantas. Escribín un libro “O bigote de Mimí”. Nel conto a historia de Fiz un neno ao que ta-mén lle gustan os animais. Tiña un can chamado Pufi e un gato chamado Mimí . A Mimí como a todos os gatos gustáballe cazar ratos.

MARCA O CAMIÑO QUE TEN QUE SEGUIR O GATO PARA PILLAR O RATO.

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

2

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

REPASA AS LETRAS E VERÁS O NOME DO AUTOR A QUEN SE LLE DEDICAN AS LETRAS GALEGAS NO 2016

AGORA VAS FACER UN MARCAPÁXINAS DE MIMÍ, O GATO DE FIZ. 1. COLOREA O GATO.2. RECORTA POLOS PUNTIÑOS.3. PON UN PAU DE XEADO ENTE AS DÚAS CARAS DO DEBUXO.4. ÚNTAAS CO PEGAMENTO. 5. AGORA XÚNTAAS E DEIXA SECAR.

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

3CaracolCaracol, col, col;caracol , caracoleiro:¡pon os teus cornos ao sol xa que es tan frioleiro!

Ao lombo levas a casa,Caracol, caracoleiro:¡e deixas cintas de sedaEngalanando o carreiro!

Caracol, col, col;caracol , caracoleiro:¡pon os teus cornos ao sol ao sol os teus cornos pon!

CONTA OS CARACOIS QUE APARECEN DEBUXADOS. COLOREA CADA UN DUNHA COR PARA QUE CHE SEXA MÁIS DOADO CONTALOS

1. COLLE UNHA CARTOLINA.2. COA AXUDA DA REGRA FAI UNHA TIRA LONGA.3. ENRÓSCAA PARA OBTER O CARACOL.4. PONLLE UN POUCO DE CELLO OU UNHA GRAMPA.5. RECÓRTALLE OS CORNOS.6. DEBÚXALLE OS OLLOS E A BOCA

RECITA ESTE POEMA DE MANUEL MARÍA E LOGO FAI ESTA DIVERTIDA MANUALIDADE, XA VERÁS COMO SE

BALANCEA.

Ed. Primaria 1ºEquipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

4

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

ORDENA ESTAS IMAXES DA VIDA DE MANUEL MARÍA

PICA OU RECORTA AS PEZAS PARA FACER O CREBACABEZAS.

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

5TEA

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

6

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

Ed. Primaria 2º ÁRBORE XENEALÓXICA DE MANUEL MARÍA

Pon cada imaxe onde corresponda:

Estes son os membros da familia de Manuel María, une cada foto co nome correspondente:

Consuelo

Mª Antonia

Pastora

José Ramón

Antonio

Antón María

Xesús María

Xosé María

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

7 A MANUEL MARÍA GUSTÁBANLLE MOITO OS PAXAROS. A TODOS ESTES QUE VES AQUÍ DEDICOULLES POEMAS.

IMOS VER CANTOS COÑECES. PONLLE A CADA UN O SEU NOME.

MERLOCARRIZOANDORIÑA

CUCOPARDAL

PEGA

ESCREBINTE

O

MERLOO señor Merlo larpeirona ponla máis alta está.¡Está subido á cerdeirae, dela, non baixará!

Está come que te come,non ten trazas de parar.¡O señor Merlo larpeirosen cereixas nos ha deixar!

O señor Merlo lambón,o señor Merlo larpeiro,¡coa inchente que colleuten rebentado o peteiro!

-Ai, home: ¿non tes vergoña?¡debes estar a estoupar!

LE O POEMA DE MANUEL MARÍA E CONTESTA A ESTAS PREGUNTAS:

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

8

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

ESTAS POBOACIÓNS FORON IMPORTANTES NA VIDA DO

AUTOR. SITÚAAS

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

9Ed. Primaria 3º

Vila na que traballou de procurador.Cidade na que estudou o bacharelato.Nome da súa dona.Era coñecido como o poeta desta co-marca.

Nome da libraría que tivo en Monforte.Mes do seu nacemento.Primeiro apelido de Manuel María.Profesión dos pais de Manuel María.

Mira as pistas para poder facer esta sopa de letras sobre a vida de Manuel María.

A MANUEL MARÍA COÑÉCESELLE COMO “O POETA CHAIREGO”, ISO SIGNIFICA DA “TERRA CHÁ”. EL NACEU NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI QUE AGORA NON PERTENCE Á TERRA CHA. INFÓRMATE, E NESTE MAPA DAS CO-MARCAS DE GALICIA COLOREA DE VER-MELLO Á COMARCA Á QUE PERTENCE AGORA OUTEIRO DE REI E EN VERDE A TE-RRA CHÁ.

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

10

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

<<… O gato Mimí era moi dado, manso e agarimoso. Tratábase dun gato precioso e moi mur- murador ou cazador, que ven ser o mesmo. Os ratos tíñanlle un medo enorme. Rato que se atre-vía a aparecer na casa de Fiz pagaba moi cara a súa valentía pois remataba, primeiro entre unllas e os afiados dentes do Mimí e, despois, no su bandullo…>>

Lede na clase o conto “O bigote de Mimí”. Aquí tedes un anaco para que podades contestar ás preguntas.

Como se titula o libro?..............................................................................Quen é o seu autor?....................................................................................Quen é o protagonista principal do conto?.............................................Como se chamaba o dono do gato?.........................................................Que outro animal había na casa?.............................................................Onde pensades que estaba situada a casa: na centro da cidade, nas aforas...?......................................................................................................No conto hai unha pequeniña trampa referida ao aniversario de Mimí. Sabes cal é?.....................................................................................Fixádevos no debuxo e facede frases nas que apareza: “en fronte de”, “ao carón de”, “detrás de”, “ao fondo”.

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

11 Galiza Galiza docementeestá ollando ao mar:¡ten vales e montañase terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros,cidades e labregos¡cargados de traballos,cargados de trafegos!

Galiza é unha naivelliña, soñadora:¡na voz da gaita rise,na voz da gaita chora!

Galiza é o que vemos:a terra, o mar, o vento...¡Pro hai outra Galizaque vai no sentimento!

Ed. Primaria 4º

Cita dúas cidades galegas da costa?.........................................................................................................................................................................Cita dúas cidades galegas de interior?....................................................................................................................................................................Manuel María fíxolle varios poemas a un río, cal? .......................... Coñéceslle algún afluente?...........................................................Que significado ten a expresión “O Miño leva a fama e o Sil a auga”?Manuel María naceu en .....................................................................a que comarca pertence na actualidade?................................... e a que provincia? ......................................................................................El considerábase poeta da Terra Chá. Que poboacións coñe-ces desta comarca...................................................................................Que xentilicio usamos para a xente da Terra Chá ........................ e para os de Monforte......................................................................Manuel María exerceu como procurador en Monforte, a quecomarca pertence?................................................................................

Que mares e océanos rodean Galicia?.................................................................................................................................................................................................................................

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

12

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

Aquí están os símbolos de Galicia. Falta un, cal é?...............................Busca información na biblioteca do Centro na Enciclopedia Galega ou ben na web para saber quen escribiu a letra do noso himno e quen com-puxo a música.Autor da música ..............................Autor da letra ..................................

Cando imos á biblioteca temos que cubrir uns datos sobre o libro que queremos solicitar.Pon a cada número o que lle corresponde.(Autor, título, colección, editorial)

1.- ............................................................

2..- ............................................................

3.- .............................................................

4.- ..............................................................

Tamén teñen todos posta unha etiqueta para identificalos e localizalos dentro da biblioteca. Sabes como se chama esa eti-queta. Se non o sabes pregúntalle á biblio-tecaria ou fíxate na ficha que debes cubrir porque aí atoparás a resposta.......................................................................

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

13

O muíñoO muíño roula, roula.O muíño é roulador:¡Volve as augas do regatoen muíño cantador!

O muíño roula, roulae non deixa de roular¡e coas augas do regatoo rodicio fai cantar!

O muíño é cantador.O muíño é cantareiro:¡volve notas musicaisas ondiñas do regueiro!

O muíño moe e moe;Nunca deixa de moer:¡que as ondiñas do regatocon canciós o fan mover!

Fai moito tempo que o home aprendeu a apro-veitar a auga. Os muíños son un aproveitamento tradicional da forza da auga. No muíño tradicional, a forza da auga move o rodicio que á súa vez fai que se mova unha gra pedra chamada “moa” sobre outra fixa chamada “penedo ou pé” e así é como se desfai o gran convertíndoo en fariña.Dependendo da pro-piedade podemos clasificalos en muíños de herdeiros que perten-cían a varios veciños e moíase por quendas e o outro tipo son os

muíños de maquía que pertencían a un só pro-pietario e cobraban en cartos ou en especie se

moían para outros.Ao longo da xeografía galega,

temos milleiros de muíños aproveitan-do todas as augas: unhas son en ríos abondosos e cumpri-dos, outros en regos cativos.Lamentablemente a maioría deles estás

en estado de abandono camufla-dos entre silvas e bidueiros.

Lede este poema:

Ed. Primaria 5º

Explica o significado das palabras subliñadas no poema. Se non o sabes podes usar un dicionario en formato papel ou ben na internet “o portal das palabras” ou o dicionario da RAG.

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

14

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

A falaO idioma é a chavecoa que abrimos o mundo:o salouco máis feble,o pensar máis profundo.O idioma é a vida,o coitelo da dor,o murmurio do vento,a palabra de amor.(…)O idioma é a forzaque nos xungue e sostén.¡Se perdemos a falanon seremos ninguén!(…)Renunciar ao idiomaé ser mudo e morrer.¡Precisamos a linguase queremos vencer!

Manuel María foi un escritor cunha ampla pro-dución . Escribiu poesía, narrativa, teatro... Amante da nosa terra, ecoloxista, defensor da natureza e moi preocupado pola difusión da lingua por iso fixo moitas obras especiais para nós, os nenos.

A que idioma se refire Manuel María neste poema?..............................................................Que nos di Manuel María que nos pasaría se perdemos a nosa fala? Estás de acordo con el?...............................................................................Estarías ti disposto/a a renunciar á túa fala? e Manuel María que pensaba de renunciar ao idioma?...............................................................Que idioma cres que se falaba na escola cando estudaba Manuel María?...................................Se ven un compañeiro/a de novo á escola e non quere falar en galego porque non o fala ben, non sabe a normativa, ti que lle aconsella-rías?...............................................................Busca información en internet ou na biblioteca para saber que forma de goberno había cando naceu Manuel María. Busca tamén a forma de goberno da súa época de infancia e o que pa-sou cando el contaba 7 anos.Cando teñades a información necesaria, face-de un debate para ver diferenzas e semellanzas coa época actual.

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

15

Que instrumento se menciona no poema?...........................

Foi precisamente nos muíños onde naceu a peza galega por excelencia “a muiñeira”.

A gaita pasou un bo tempo no esquecemento, parecía contraria a moder-nidade pero hoxe en día músicos coma Susana Seivane Carlos Núñez, Cristina Pato...déronlle un novo sentido. En “youtube” poderás gozar con moitas das súas producións.

Imos ver se coas pistas que che damos atopas todas as partes da gaita neste encrucillado: HORIZONTAIS

1. Saco de aire insuflado polo gaiteiro que tra-dicionalmente se facía con pel de año.2. Parte da gaita que produce a melodía con 8 buratos melódicos.

VERTICAIS1. Serve para insuflar o aire no fol2. Borlas e flocos de adorno a xogo coa funda.3.Tubo sonoro que se coloca riba do ombrei-ro do gaiteiro.4.Tubo sonoro que tamén se chama ronquillo.

Aquí tedes varios muíños. A que tipo se refire Manuel María no seu poe-ma?......................................Infórmate na biblioteca e/ou na rede para poder contestar a estas preguntas:Que tipo de enerxía empregan?.........................................................Onde tedes visto cada un destes tipos de muíños?......................................

Saberiades construír algún deles?

No noso refraneiro son moitas as alusións á gaita e aos muíños. Pregúntalle aos teus avós e aos veciños de maior idade, de seguro que che prestan unha boa axuda.

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

16

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

Sempre foi un fiel defensor da nosa terra e da nosa fala ás que lle dedicou fermo-sos versos. Ademais do compromiso cultural tamén destacou polo seu carácter reivin-dicativo participando activamente na vida política, mesmo foi concelleiro no 1979 en Monforte onde de-fendeu coma sempre o nacionalismo galego.Con só 21 anos xa publicou o seu primeiro libro “Muiñeiro de bré-temas”.Escribiu unha morea de libros tocando todos os xéneros litera-rios aínda que a produción máis

abondosa foi a de poesía. Os seus poemas serviron de inspira-

ción a moitos cantantes como Uxía Senlle, Suso Vaamonde, Rof Casal, Manuel R. Crespo e grupos coma Fuxan os Ventos, A Quenlla, Milladoiro…Ao longo da súa vida recibiu moitos premios

en recoñecemento ao seu labor en prol de difu-

sión da nosa terra e da nosa lingua.No 1975 rexeitou ser correspon-dente pero logo ingresou na RAG no ano 2003.Morreu o 8 de setembro do 2004 na Coruña.

Ed. Primaria 6ºManuel María Fernández Teixeiro , naceu en Outeiro de Rei, o 6 de outubro do 1929.

Para dicir o significado destas palabras podes usar o dicionario (en formato papel ou na internet “o portal das palabras” ou o dicionario da RAG.: defen-sor, compromiso, reivindicativo, nacionalismo, inspiración e difusión.

Agora, tras ler os poemas, emparéllaos coa clasificación da dereita. Lembra que algún deles pode estar unido a máis dun.

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

17Manuel María ten versos ateigados de referencias ao espazo xeográfico galego. Un exemplo e este poema, lédeo con atención para logo responder ás preguntas.

Ergo os ollos namais polo lecerde mirar a nai terra tan fermosa.¡Galiza para vivir, para morrer:terra túa e máis miña, terra nosa!

Terra clara e escura, ingrata e nobre.Terra pobre, sinxela e complicada.Raíz da que vimos, teito que nos cobre:nai indiferente, xorda, patria amada.

Estou sobre ti, ben sei, sen merecerte,tripando o teu chao, o teu torrón.A miña alma é pequena para quererte:é pequeño, para amarte, o corazón.

Homes e terras fante a ti, Galiza:ti es mar, terra, homes, ruín sorte.¡Galiza na tristura e na lediza.xogándote a ti mesma a vida ou morte!

Neste poema Manuel María emprega unha mo-rea de adxectivos para describir a nosa terra.Separa os que che parecen positivos e os que che parecen que teñen sentido negativo.

+ -

Agora tócavos atopar os antónimos: tristuraclarasinxelavida

CANCIÓN DO INTRE DE OLLAR A PROPIA TERRA(Canciós do lusco ao fusco (1970)

Cantos versos ten o poema? .................................Son versos de arte maior ou de arte menor?..........................Cantas estrofas compoñen este este poema?:.......................Que tipo de rima ten?......................................................

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

18

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

1. Importante na vida do autor

2. Obra de Manuel María

Fomos de excursión á Casa-Museo de Manuel María. Os meus avós déronme 40€ para que mercara libros de Manuel María e algún chuche.Por ser un colexio facíannos un desconto do 2% do PVP .

9€9€ 8€

15€

Polo transporte escolar teño que pagar 2€, Gastei en chuches 3€. Co que me queda vou mercar 3 libros, un deles que teña música.

1. Cales son as combinacións posibles?.2. Canto valerían os libros en cada caso sen ter en conta o desconto?.3. Como me fan o 2% de desconto canto me costa real-mente cada libro.?4. Canto debo pagar?5. Cantos cartos me sobran?

Resolve estes xeroglíficos:

9€

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

19

“Galiza” da obra “Os so-ños na gaiola”.

Técnicas utilizadas na elaboración dos carteis

“Carné de identi-dade” da obra “Do-

cumentos persoa-is”, fotocopias de

fotografías do pai, a nai, os irmáns e

“Infancia perdida” da obra “Mar Maior”, fotocopia dunha fo-tografía do autor e dos seus compa-ñeiros de instituto.

En todos os carteis usáronse témperas, lapis de cores acuarelables, re-cortes de papel de periódico con textos en galego e fragmentos de poe-mas do autor agás o número 8. A fotografía da cara do autor (fotocopia) é unha constante en todos. O contido específico por cartel é como se

Recortes de fotocopias de portadas da revista Xistral.“Anceios” da obra “Advento”.

Recortes da fotocopia das obras:”Muiñeiro de brétemas”, “Canto de pregos” e “Mo-rrendo a cada in-tre”,.“Carné de identidade” da obra “Documentos persoais”.

“Canción para dicirlle a Saleta” da obra “Cancións do lusco ao fusco” e fotocopia dunha fotografía da cara de Saleta Goi e outra da cara do autor.

“A fala” da obra “As rúas do vento ceibe”.

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

20

MA

NU

EL M

AR

ÍA Letra

s Ga

lega

s 2016

Rotulación en negro, fotoco-pias das porta-das dos libros: “Os soños na gaiola” e “As rúas do vento ceibe” recortes de papel cos títulos da obra de Manuel María.

Fotocopias da partitura co-

rrespondente á música “O

muíño”, textos escritos á man

do poema “O muíño” da obra “Os soños na

Fotocopia do logo da Real Academia Galega.“Canción do intre de ollar a propia terra” da obra “Cancións do lusco e o fusco”.

Na elaboración dos carteis participou todo o alumnado: - Ed. Infantil: recortado e pegado de grandes motivos.- 1º e 2º de Primaria: recortado e cor con acuarela.- 3º e 4º de Primaria: debuxos de personaxes e retoque de fondos.- 5º e 6º de Primaria: debuxos de edificios e montaxe final con textos.

Colaboran na creación de actividades baixo a dirección do Equipo de Dinami-zación da Lingua Galega os equipos que se relacionan:- Equipo da Biblioteca- Equipo TICEstes tres equipos contan con profesorado de todos os niveis educativos.

As actividades aquí presentadas en formato papel están tamén dispoñibles en formato dixital. Os audios das actividades interactivas son do alumnado de 6º.Temos elaborada unha web que conta con:- actividades creadas coas ferramentas de autor LIM e ARDORA- test sobre a vida e obra do autor- brincaletras- pasa-palabra en formato flash- presentación: vida e obra do autor

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)

Bibliografía

XAN FRAGA R., MÓNICA RODRÍGUEZ V., CARLOS DÍAZ M., XURXO SOUTO E., CAMILO GÓMEZ T. “Fotobiografía so-nora de Manuel María” 2005 Ouvirmos

GÓMEZ TORRES, Camilo “Escolma de Versos de trinta outono de Manuel María” 1980 Colección Ramón Cabanillas de poesía. Edicións Xistral

Real Academia da Lingua Galega http://academia.gal/letras-ac-tual

Fundación Manuel María http://www.casamuseomanuelmaria.gal/

Asociación Xermolos http://www.xermolos.org/

Biblioteca virtual galega http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=ManFern%E1

Asociación Galega de Escritores http://www.aelg.org/

Equipo Dinamización da Lingua Galega

CEIP A Ponte (Lugo)