28
Memoria de actividades 2014 1 1 Estimadas amigas e amigos, Teño o pracer de presentar esta memoria anual do 2014 do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo. Un GDR que xa leva traballando catro anos no Programa Leader e no desenvolvemento endóxeno no territorio. Este ano, coma os anteriores, houbo moitos protagonistas, pero merecen mención especial os membros da Xunta Directiva, que de forma desinteresada pertencen a esta asociación e fana vivir, participando activamente nela. Tamén foron protagonistas aquelas empresas que realizaron os proxectos e investimentos e nos levaron a apoiar doce iniciativas produtivas, coa creación e consolidación de trinta empregos. Datos alentadores, e moi positivos, que me fan sentir orgullo de presidir este GDR. Son consciente do traballo que queda aínda por facer nestes dez concellos, para acadar un nivel de vida digno para tódalas persoas que aquí viven, con oportunidades de emprego para todo o mundo, sobre todo para a poboación máis nova, nun medio de saúde, benestar e respecto polo medio ambiente. Neste senso, o Leader é so un instrumento máis que axudará a crear as condicións óptimas para o desenvolvemento sostible que precisamos. E quero recalcar aquí a súa importancia, porque o Leader e o GDR non son só un orzamento (paupérrimo para tan elevado obxectivo), son moito máis: un punto de encontro entre poboación local, entidades públicas e empresas, un lugar de debate, de acollida de ideas, un laboratorio social, un organismo cheo de xente con gana de traballar, aprender e mellorar. Finalizamos este 2014 co sabor agridoce de algo que remata, un Programa Leader que dará os últimos coletazos no 2015, pero coa esperanza posta nun novo período 2014-2020 que virá cargado de novos proxectos, máis participación e máis ideas. Un novo período no que, desde o Ulla Tambre Mandeo, agardamos poder continuar coa labor iniciada naquel lonxano mes de setembro de 2008 no que se constituíu este GDR, na busca dun desenvolvemento rural sostible. Para logralo, necesitámosvos a vós, os membros da Asemblea Xeral, xa que coa vosa participación desinteresada logrades que exista e funcione o Leader no territorio. Polo tanto, quero aproveitar este pequeno espazo á miña disposición para pedirvos que sintades os resultados do Programa como vosos, xa que efectivamente o son. Na vindeira programación 2014-2020 a estratexia local que se deseñe desde os territorios será máis importante ca nunca, xa que terá que demostrar definitivamente a consecución dos obxectivos que persiga, polo cal vos animo a continuar participando activamente na labor deste GDR coa vosa voz e experiencia. Dende hoxe empezamos a traballar con ilusión, para buscar novas oportunidades e solucións para os problemas novos e vellos deste GDR e os seus habitantes. Grazas por acompañarnos no camiño. Un afectuoso saúdo, Don Ovidio Leiva Presidente

Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

1

1

Memoria de actividades 2014

Estimadas amigas e amigos,

Teño o pracer de presentar esta memoria anual do 2014 do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo. Un GDR que xa leva traballando catro anos no Programa Leader e no desenvolvemento endóxeno no territorio.

Este ano, coma os anteriores, houbo moitos protagonistas, pero merecen mención especial os membros da Xunta Directiva, que de forma desinteresada pertencen a esta asociación e fana vivir, participando activamente nela. Tamén foron protagonistas aquelas empresas que realizaron os proxectos e investimentos e nos levaron a apoiar doce iniciativas produtivas, coa creación e consolidación de trinta empregos. Datos alentadores, e moi positivos, que me fan sentir orgullo de presidir este GDR.

Son consciente do traballo que queda aínda por facer nestes dez concellos, para acadar un nivel de vida digno para tódalas persoas que aquí viven, con oportunidades de emprego para todo o mundo, sobre todo para a poboación máis nova, nun medio de saúde, benestar e respecto polo medio ambiente. Neste senso, o Leader é so un instrumento máis que axudará a crear as condicións óptimas para o desenvolvemento sostible que precisamos. E quero recalcar aquí a súa importancia, porque o Leader e o GDR non son só un orzamento (paupérrimo para tan elevado obxectivo), son moito máis: un punto de encontro entre poboación local, entidades públicas e empresas, un lugar de debate, de acollida de ideas, un laboratorio social, un organismo cheo de xente con gana de traballar, aprender e mellorar.

Finalizamos este 2014 co sabor agridoce de algo que remata, un Programa Leader que dará os últimos coletazos no 2015, pero coa esperanza posta nun novo período 2014-2020 que virá cargado de novos proxectos, máis participación e máis ideas.

Un novo período no que, desde o Ulla Tambre Mandeo, agardamos poder continuar coa labor iniciada naquel lonxano mes de setembro de 2008 no que se constituíu este GDR, na busca dun

desenvolvemento rural sostible. Para logralo, necesitámosvos a vós, os membros da Asemblea Xeral, xa que coa vosa participación desinteresada logrades que exista e funcione o Leader no territorio. Polo tanto, quero aproveitar este pequeno espazo á miña disposición para pedirvos que sintades os resultados do Programa como vosos, xa que efectivamente o son.

Na vindeira programación 2014-2020 a estratexia local que se deseñe desde os territorios será máis importante ca nunca, xa que terá que demostrar definitivamente a consecución dos obxectivos que persiga, polo cal vos animo a continuar participando activamente na labor deste GDR coa vosa voz e experiencia.

Dende hoxe empezamos a traballar con ilusión, para buscar novas oportunidades e solucións para os problemas novos e vellos deste GDR e os seus habitantes.

Grazas por acompañarnos no camiño.

Un afectuoso saúdo,

Don Ovidio Leiva Presidente

Page 2: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

2

2

Memoria de actividades 2014

XUNTA DIRECTIVA

Presidente Ovidio Leiva Pereiro Presidente Asoc. A Braña

Vicepresidentes Manuel Taboada Vigo Alcalde Concello O Pino

Javier Caínzos Vázquez Alcalde Concello Curtis

Tesoureiro Alfonso Gómez Corzo Presidente Asoc. Empresarios Comarca de Arzúa

Secretario Pablo Costoya Varela Presidente Soc. Coop. Melisanto

Vocais Álvaro Fotecova Vázquez Presidente CMVMC Boimil

Ana Ledo Fernández Alcaldesa Concello Boimorto

Emilio Souto Iglesias Presidente Asoc. Moteira Os Auténticos de Curtis

Ángeles Vázquez Mejuto Alcaldesa Concello Melide

Manuel Vázquez García Presidente de Asoc. Empresarios Terra de Melide

Pilar Pintor Gómez Presidenta Asoc. de Mulleres Rurais Río Noa Amfar

Matilde Pallares Cajide Presidenta Asoc. Turismo de Aldea

Daniel Roibás Mouriño Concelleiro Concello Santiso

Manuel Agra Fernández Presidente Asoc. Arrieiros Amigos del Camino de Santiago

Jacobo Fernández García Alcalde Concello Sobrado dos Monxes

Arturo Penas Prado Presidente Sociedade de Caza e Pesca A Xuntanza

Jorge Calvo Pestonit Concelleiro Concello Toques

Josefa Codesido Barreiro Presidenta Asoc. de Amas de Casa Amor

Jesús Martínez Pereira Presidente AAVV. San Félix de Quión

Manuel Barreiro Fernández Presidente AAVV. San Miguel de Vilar

Ignacio Codesido Barreiro Alcade Concello Touro

Fernando Pérez Fernández Alcalde Concello Vilasantar

Joselino Gómez Gundín Socio SAT San Martín de Armental

David Leiva Balboa Representante de Apralco

Teresa Díaz Gutiérrez Presidenta da Asoc. Ocio e TR Triemociones

Antonio Pazo Vázquez Presidente da Asoc. Sociocultural Santiso

María José Pazos Rubio Vice-presidenta de Perpetuo Socorro SCG

Page 3: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

3

3

Memoria de actividades 2014

ASEMBLEA XERAL

Asoc. de Empr. da Comarca de Arzúa (AECA) Representante• Alfonso Gómez Corzo

Asoc. Nosa Sra Do Viso de Dombodán Representante• Carmen Seijo Raposo

Asoc. de Empresarias Rurais ASER Representante•Minia Varela Antas

Asoc. EFA Galicia Representante•Enrique Rodríguez Rendo

Soc. Cooperativa Perpetuo Socorro Representante•María José Pazos Rubio

Asoc. DEPROECO Representante•Jesús Villanueva López

Concello de Boimorto Representante• Ana Ledo Fernández

CMVMC de Boimil Representante• Álvaro Fontecoba Vázquez

Sociedade de Caza Cinexética de Boimorto Representante• Álvaro Costoya Valiño

Asoc. Cultural Sta María dos Ánxeles Representante• Laura Fogueira García

Asoc. O Milenio de Boimorto Representante•Mª Jesús Novo Gómez

Concello de Curtis Representante• Javier Caínzos Vázquez

Asoc.de Cazadores Nosa Sra do Pilar Representante• José Barral López

Asoc.de Veciños o Cruceiro de Santaia Representante• Manuel Abad Abad

Asoc.Moteira Os Auténticos de Curtis Representante• Emilio Souto Iglesias

AAVV San Jorge de Recareo de Foxado Representante• Manuel García Souto

Concello de Melide Representante• Ángeles Vázquez Mejuto

Asoc. Empr. Terra de Melide (ASETEM) Representante• Manuel Vázquez García

Club de Caza de Maceda Representante• Santiago Liñeira Abad

Fungocerga SAT Representante• Santiago Liñeira Casal

Sociedade Cooperativa Melisanto Representante• Pablo Costoya Varela

Concello de O Pino Representante• Manuel Taboada Vigo

Asoc.Cultural Os Marteiros Representante• Alfonso Rey Gigirey

Sociedade de Cazadores A Magdalena Representante• José Barreiro Barreiro

Asoc. de Mulleres Río Noa Amfar Representante• Pilar Pintor Gómez

Asoc.de Voluntarios de Protección Civil Representante• Antonio Giadanes Míguez

Sociedade Deportiva O Pino Representante• Manuel Mosteiro Castro

Concello de Santiso Representante• Daniel Roibás Mouriño

Asoc. Sociocultural Santiso Representante• Antonio Pazo Vázquez

Asoc. San Esteban de Pezobrés Representante• Jose Manuel Laya

Asoc. Arrieiros Representante• J. Manuel Agra Fernández

Asoc. Turismo de Aldea Representante• Matilde Pallarés Cajide

AAVV de Arcediago, Rairiz e Mourazos Representante• Clemente Fociños Blanco

Asoc. Cultural A Braña Representante• Ovidio Leiva Pereiro

Concello de Sobrado Representante• Jacobo Fernández García

SAT Rebordiños Representante•Mª Celia Sánchez

Concello de Toques Representante• Jorge Calvo Pestonit

Sociedade de Caza e Pesca A Xuntanza Representante•Arturo Penas Prado

Concello de Touro Representante•Ignacio Codesido Barreiro

AAVV. San Félix de Quión Representante•Jesús Martínez Pereira

AAVV. San Miguel de Vilar Representante•Manuel Barreiro Fernández

AAVV. Sta Isabel de Bendaña Representante•José R. Barral Lago

Asoc. de Amas de Casa Amor Representante•Josefa Codesido Barreiro

Asoc. de Mull. Rurais de Touro/AAVV Foxás Representante•Mª Carmen Díaz Soto

AAVV. do Batán Representante•Mª Carmen Santiso Santos

AAVV. de San Vicente de Bama Representante•Roberto Montero Lortes

Banda de Música Isabel II Representante•José Lodeiro

Comisión de Festas Xuventude de Quión Representante•Mª José Rial Cutrín

Escudería Touro Motor Representante•Ramón González Villar

Sociedade Deportiva Touro Representante•Antonio García Ferreiro

AAVV. As Mimosas de Mouterón Representante•José Mª Fernández Puga

Gandería Sar SAT Representante•Carlos Fernández Ares

Concello de Vilasantar Representante•Fernando Pérez Fernández

SAT Chao Representante•José M. Mahía Porto

SAT. San Martín de Armental Representante•Joselino Gómez Gundín

Asoc. de Familias Rurais San Roque Representante•Antonio Vázquez Rodríguez

APRALCO Representante•J. David Leiva Balboa

Asoc. Agraria Xóvenes Agricultores Representante•Juan L. Pérez Miramontes

Asoc. Profesional de Silvicultura Silvanus Representante•Antonio de María Angulo Asoc. Turística Ulla Tambre Mandeo Representante•Teresa Díaz Gutiérrez

Page 4: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

4

4

Memoria de actividades 2014

XUNTAS DIRECTIVAS E ASEMBLEAS CELEBRADAS NO 2014: PRINCIPAIS ACORDOS

Xunta Directiva do 16 de xaneiro

Aprobación do cadro financeiro, en base ás novas dotacións orzamentarias, cun mínimo de 800.000€, e unha dotación a maiores, concedida en base a criterios de eficacia na xestión do Programa Leader en anos anteriores:

Medida Gasto público do programa

2014 2015 TOTAL

411 140.309,49 € 171.979,35 € 312.288,84 €

412 28.061,90 € 34.395,87 € 62.457,77 € 413 392.866,57 € 481.542,18 € 874.408,74 € ESTRATEXIA 561.237,96 € 687.917,40 € 1.249.155,35 €

431

Func. 96.452,44 € 96.452,44 € 192.904,88 €

Prom 24.113,11 € 24.113,11 € 48.226,22 €

TOTAL 120.565,55 € 120.565,55 € 241.131,10 € Total

Programa 681.803,51 € 808.482,95 € 1.490.286,45 €

FEADER (75%) 1.117.714,83 €

AXE (12%) 180.771,74 €

XUNTA (13%) 191.799,86 €

Arquivo dos seguintes expedientes, por diversos motivos atribuíbles ós solicitantes:

Creación de agrocenter en Castrofeito, promovido por Hiper Garden Center O Pino SL Centro tecnolóxico do téxtil e do calzado promovido por Simer Grumerosa SL. Restaurante especialmente dedicado ó peregrino promovido por Paso do Peregrino SL. Restauración dun muíño de auga promovido por Transformación de montes comunales SL. Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez López.

Solicitude a Agader do orzamento para gastos de funcionamento da anualidade 2014 polo total concedido de 96.452,44 €.

Aprobación dun proxecto de promoción do territorio, para a realización da memoria anual 2013 e actos relacionados coa Asemblea Xeral.

Xunta Directiva urxente do 11 de febreiro

Aprobación de fontes de financiamento do Grupo para o ano 2014.

Ratificación de proxectos Leader seleccionados previamente na convocatoria anterior.

Selección de proxectos para o Programa Leader:

Robot de muxido en Foxado, Curtis, promovido por Abeledo SC. Modernización de parque de maquinaria de empresa de servizos agroforestais, promovido por Servizos Agrícolas e Forestais Avelino SL.

Xunta Directiva do 11 de marzo

Aprobación da apertura do prazo de solicitude de axudas do período 2014-2015.

Selección de proxectos para o Programa Leader:

Mellora da eficiencia enerxética e ampliación das TIC na explotación, promovido por Gandería Sar SAT. Adquisición de maquinaria agrícola, promovido por Ignacio Rodríguez Iglesias. Taller de reparación de vehículos agrícolas, promovido por Juan Carlos Freire Vaamonde.

Aprobación dun proxecto de promoción do territorio para a realización do libro: Os Bolechas no territorio do Ulla Tambre Mandeo.

Xunta Directiva do 6 de maio

Selección de proxectos para o Programa Leader:

Panadería artesanal con forno de leña, promovido por David Ares Castro.

Aprobación da entrada de novos socios no GDR: Sociedade Cooperativa Cusoviame, en Curtis.

Aprobación da entrada do GDR Ulla Tambre Mandeo na Rede EuSumo, dedicada ó fomento do cooperativismo.

Page 5: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

5

5

Memoria de actividades 2014

ASEMBLEA XERAL do 6 de maio

Aprobación da memoria de actividades do ano 2013.

Aprobación das actividades previstas para o 2014. Aprobación de contas e informe económico do

2013. Aprobación das contas e orzamento do vixente

2014.

Xunta Directiva do 17 de xullo

Selección de proxectos para o Programa Leader:

Adquisición de maquinaria de alta tecnoloxía, promovido por Javier López Roca. Rehabilitación do contorno da Igrexa parroquial de Belmil, promovido por Asociación Cultural A Braña.

Xunta Directiva urxente do 29 de outubro

Selección de proxectos para o Programa Leader:

Aula TIC e elementos interactivos para Touro e a interpretación do río Ulla, promovido polo Concello de Touro. Tecmodulo, promovido por Tecnología Modular VLC SL.

Xunta Directiva urxente do 20 de novembro

Selección de proxectos para o Programa Leader:

Ampliación do parque de maquinaria, promovido por J. María López Díaz. Adquisición de maquinaria agrícola de alto rendemento promovido por Ignacio Rodríguez Iglesias.

Xunta Directiva do 2 de decembro

Solicitar a Agader o orzamento para gastos de funcionamento da anualidade 2015 polo total concedido de 96.452,44 €.

Aprobación de proxectos de promoción do territorio: Promoción da produción local para o fomento dos produtos agroalimentarios dos dez concellos, Difusión do Programa Leader 2015 e Curso de inglés para profesionais do turismo.

Ratificación do acordo de solicitude dunha Subvención á Deputación da Coruña para a promoción dos produtos agroalimentarios do territorio e a promoción turística.

Ratificación do acordo de convenio con La Caixa por importe de 1.000 euros para a mellora do comercio local e a realización dun encontro de Empresas Leader.

Page 6: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

PROGRAMA LEADER 2014:

Page 7: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

PROXECTOS FINANCIADOS

Page 8: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

8

8

Memoria de actividades 2014

RESULTADOS DO PROGRAMA LEADER NO 2014

Neste documento preséntase unha síntese dos resultados da xestión do Programa Leader para o ano 2014 no Ulla Tambre Mandeo. Tal e como se pode ver no gráfico, a execución final da anualidade foi do 93,12% do total dos fondos dispoñibles, 561.237,96€.

Cabe salientar que do 6,88% restante sen execución, a maior parte se corresponde con distintas incidencias como certificacións de proxectos á baixa, minoración de porcentaxes de axuda polo incumprimento ou a modificación de compromisos ou erros nas xustificacións documentais, posto que grazas á axilidade e compromiso da Xunta Directiva do GDR na selección de proxectos, no mes de novembro de 2014 o 97% dos fondos dispoñibles estaban comprometidos.

Por outra banda, convén resaltar que o 88,48% do total das axudas executadas no 2014 fan referencia a iniciativas que foro aprobadas polo Grupo, pero que carecía de fondos para poder ser financiadas en base ó cadro orzamentario establecido para o período 2007-2013.A nova dotación orzamentaria para os anos 2014 e 2015 permitiu subvencionar estes proxectos. Constátase, a simple vista, a importancia vital que tivo para o territorio do Ulla Tambre Mandeo esta nova asignación de fondos para o remate final do Programa.

O Leader deixa un investimento total, sen IVE, no territorio para o ano 2014, por valor de 2.425.399,89€, dos cales 1.902.721,65€ se corresponden co investimento privado das entidades promotoras e os 522.678,24€ restantes foron aportados a fondo perdido polo Leader.

O total executado aparece clasificado, na gráfica, segundo as administracións cofinanciadoras, o que deixa claro o enorme potencial que ten o Leader: por cada euro que aportou a Xunta de Galicia, recibiu un cofinanciamento de 0,94€ do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente; de 5,81€ do FEADER europeo e, finalmente, 28,29€ netos foron aportados polas entidades beneficiarias.

En síntese, por cada euro que aportou a Xunta de Galicia investíronse un total de 35,06 € no territorio da man do Programa Leader.

Distribución da axuda pública dispoñible para o Leader na anualidade 2014:

Ademais, e como se pode observar na gráfica seguinte, do total do investido, case o 43% foi mercado ou contratado con empresas e negocios dos dez concellos do GDR, polo tanto, novamente, o efecto multiplicador do Programa faise visible.

Investimento Leader 2014 total

Por último, no eido do emprego, o 2014 sáldase coa creación de 6 novos postos de traballo e coa consolidación de máis de 25 empregos xa existentes, mais a cifra real é superior, pois creáronse empregos que non computan dentro dos respectivos compromisos das empresas.

Page 9: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

9

9

Memoria de actividades 2014

PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE ELEMENTOS DECORATIVOS EN BREIXO SECO

Breve descrición do proxecto e investimentos: O proxecto contempla o acondicionamento do taller e a adquisición do equipamento necesario (tractor, carretilla elevadora e equipo informático) para poñer en marcha unha actividade de colleita, cortado e trenzado de rolos de uz que, trala venda, serán utilizados na produción de elementos decorativos: cubertas, peches, parasoles para xardíns ou praias, etc.

Solicitante: Sogader S.L.U. Concello: Santiso Investimento: 187.140,89 € Axuda: 73.583,80 € (38,70%) Emprego: Creación de dous postos de traballo

PANADERÍA ARTESANAL CON FORNO DE LEÑA

Breve descrición do proxecto e investimentos: O proxecto consiste na posta en marcha dunha panadería tradicional na parroquia de Grixalba de Sobrado dos Monxes. A panadería contará cun obrador (amasadora, laminadora, etc.) na que a cocción das pezas se efectuará en dous fornos de leña tradicionais. Os investimentos consisten na rehabilitación dun pendello familiar, construción dos fornos e compra de equipamento e mobiliario.

Solicitante: David Ares Castro Concello: Sobrado dos Monxes Investimento: 60.209,60 € Axuda:19.995,61 € (33,21%), dos cales 4.320,49 € cobraranse no 2015 Emprego: Creación dun posto de traballo

TALLER DE REPARACIÓN DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS EN BESEÑO

Breve descrición do proxecto e investimentos: O proxecto consiste na posta en marcha dun taller mecánico para vehículos agrícolas e forestais no concello de Touro. Inclúe a construción dunha nave e a compra da maquinaria necesaria.

Solicitante: Juan Carlos Freire Baamonde Concello: Touro Investimento: 63.173,60 € Axuda:17.657,02 € (27,95%) Emprego: Creación de 1,50 postos de traballo

Total: 73.583,80€

Page 10: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

10

10

Memoria de actividades 2014

MEDIDAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA E AMPLIACIÓN DAS TIC EN EXPLOTACIÓN DE VACÚN

Breve descrición do proxecto e investimentos: Nunha moderna SAT introdúcese un arranque automático para o muxido xunto cun sistema informático que avisa ós socios de todas as incidencias da actividade produtiva, identificadores de pata (podómetros) para as vacas, sistema automático de detección de celos, cepillos para rascarse e, o investimento máis custoso, un carro mesturador de gran capacidade co que alimentar na explotación ás máis das 250 vacas coas que contan en muxido.

Solicitante: Gandería Sar SAT Concello: Touro Investimento: 242.302,73 € Axuda: 67.723,61 € (27,95%) Emprego: Consolidación de 8 empregos

ROBOT DE MUXIDO EN FOXADO

Breve descrición do proxecto e investimentos: Un matrimonio con dúas fillas, que rexenta unha explotación leiteira e unha casa de turismo rural na parroquia de Foxado, afronta o investimento dun robot de muxido coa intención de aforrar tempo no traballo diario e aumentar desta maneira a rendibilidade da granxa.

Solicitante: Abeledo S.C. Concello: Curtis Investimento:110.000,00 € Axuda: 30.125,00€ (27,39%) Emprego: Consolidación de 3 empregos

RECUPERACIÓN DE CRUCEIRO E CONTORNO DA IGREXA DE BELMIL

Breve descrición do proxecto e investimentos: A asociación veciñal decide recompoñer o patrimonio da aldea, rehabilitando o cruceiro e o contorno da igrexa, coa reconstrución en pedra a dúas caras vista, sempre respectando na obra a tipoloxía orixinal do patrimonio.

Solicitante: Asociación veciñal e cultural A Braña. Concello: Santiso Investimento:74.479,86 € Axuda: 43.399,41€ (58,57%) dos cales 4.339,94€ cobraranse no 2015

Page 11: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

11

11

Memoria de actividades 2014

ADQUISICIÓN DE MAQUINARIA EN EMPRESAS DE SERVICIOS AGRÍCOLAS OU FORESTAIS

Neste ano 2014, moitas das solicitudes de axuda presentadas foron encamiñadas a adquisición de maquinaria agrícola e forestal para empresas de servizos. No sector forestal o principal investimento faise para a adquisición de procesadoras, pero tamén se solicitaron axudas para adquirir tractores, trituradoras-descachoponadoras, desbrozadoras… No ámbito agrícola as solicitudes inclúen tractores, sementadoras, colleitadoras con cabezais de millo e de herba, gradas, remolque esparexedor, remolques autocargadores, anciños fileiradores, cisternas, segadoras, picadoras e remolques que tamén fan a función de picar…. Moitas máquinas moi modernas, cos últimos avances tecnolóxicos, que ata fai pouco, era impensable que existiran no campo galego.

Ante a avalancha de solicitudes e a proliferación deste tipo de empresas no territorio do Ulla Tambre Mandeo, a Xunta Directiva aprobou a mediados de ano, a condición de que, aquelas empresas que xa solicitaran unha axuda anteriormente, soamente poderían ser beneficiarias de outras cando crearan

emprego co seu proxecto. Non obstante, este requisito non conseguiu frear o número de solicitudes, nin a cantidade de recursos do Leader destinados a estes proxectos.

As vantaxes son que temos un campo moderno, eficiente dende o punto de vista enerxético, con capacidade de desenvolver gran cantidade de traballo en pouco tempo e con especialización. Modernización que, sen as axudas do Leader, tería sido máis lenta e menos intensa. Polo lado das desvantaxes hai que apuntar que a tecnoloxía adquirida é foránea, de forma que unha gran parte dos investimentos realizados cos cartos europeos repercuten no desenvolvemento de sectores e empresas punteiras doutros países europeos. Ademais, proxectos interesantes e innovadores, diversificadores da economía rural non puideron ser financiados por falta de fondos, e quedaron en lista de agarda.

A continuación, reflíctense as subvencións concedidas a estas empresas:

Fondos destinados a subvencionar empresas de servizos agrícolas e forestais no ano 2014

Total: 368.923,50 €

Total: 116.506,14 €

Total: 166.753,04 €

Total: 120.507,39 €

Total: 116.506,14 €

Total: 166.753,04 €

Total: 120.507,39 €

Total: 116.506,14 €

Total: 166.753,04 €

Total: 120.507,39 €

Total: 116.506,14 €

Total: 166.753,04 €

Total: 120.507,39 €

Total: 337.918,43 €

Total: 74.685,83 €

Total: 9.762,40 €

Total: 337.918,43 €

Total: 74.685,83 €

Total: 9.762,40 €

Total: 337.918,43 €

Total: 74.685,83 €

Total: 9.762,40 €

Total: 337.918,43 €

Total: 74.685,83 €

Total: 9.762,40 €

Total: 116.506,14 €

Total: 166.753,04 €

Total: 120.507,39 €

Total: 116.506,14 €

Total: 166.753,04 €

Total: 120.507,39 €

Total: 116.506,14 €

Total: 166.753,04 €

Total: 120.507,39 €

Page 12: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

PROGRAMA LEADER 2014:

Page 13: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

PLAN DE DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DO TERRITORIO

Page 14: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

14

14

Memoria de actividades 2014

PROGRAMA LEADER: PLAN DE DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DO TERRITORIO

O GDR leva a cabo distintas actividades para dar a coñecer o Leader á poboación, estreitar os lazos entre os axentes socioeconómicos do territorio que fan posible a súa existencia no mesmo, e favorecer a implicación de todos os colectivos na súa xestión. Unha segunda liña de actuacións ten como obxectivo promocionar o territorio e os seus recursos endóxenos, dando valor a aquilo que nos fai diferentes e valiosos.

O Grupo destina a este propósito o 4% do seu orzamento anual, en concreto 24.113 € durante o 2014. A continuación recóllense as actuacións levadas a cabo durante o ano:

REDES SOCIAIS

Os medios e ferramentas que se utilizan de forma habitual para difundir o funcionamento, labor e actualidade do Grupo son, fundamentalmente en rede, debido ás súas grandes vantaxes: carácter gratuíto, facilidade de mantemento, posicionamento, bidireccionalidade da información, etc.

Dentro desta categoría está o mantemento e actualización do blog corporativo do Ulla Tambre Mandeo, www.ullatambremandeo.blogspot.com, o cal

acumula máis de 17.600 visitas, froito da súa continua actualización, que redunda nun magnífico posicionamento nos motores de busca da rede, tal e como o demostra o feito de que o 64% do tráfico web veña dado polos mesmos.

Mantense plenamente actualizado o perfil do GDR, www.facebook.com/gdr.ullatambremandeo, onde se conseguiu crear unha comunidade activa de 350 membros, entre os que se atopan entidades públicas, axentes socioeconómicos do territorio, empresas locais, etc. que se retroalimentan con información económica, cultural e laboral do territorio e noticias sobre outros proxectos de desenvolvemento rural.

ESPAZO LEADER EN RADIO MELIDE

No ano 2014 mantívose o espazo informativo sobre o Leader co que conta o GDR en Radio Melide, dedicado a informar sobre a actualidade do Grupo, o programa de axudas e das actividades da asociación, no que se segue unha estrutura de entrevistas, nas que participan os membros da Xunta Directiva e Asemblea Xeral, o equipo técnico do GDR, as empresas beneficiarias das axudas e expertos en diversas materias.

Page 15: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

15

15

Memoria de actividades 2014

ASEMBLEA XERAL E PROMOCIÓN DOS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS LOCAIS

No mes de maio celebrouse a Asemblea Xeral do Grupo. Esta reunión, á que están citadas as máis de sesenta entidades asociativas que forman parte do GDR, aprovéitase tradicionalmente para levar a cabo actividades de tipo participativo coas que avaliar o funcionamento do Leader e poder concretar novas melloras. Por outra banda, tamén é un lugar onde ten cabida a promoción da produción agroalimentaria local, este ano, a degustación realizada estivo enfocada a todos os produtos agroalimentarios de calidade dos nosos dez concellos e da man do alumnado do instituto Efa Piñeiral de Arzúa, cociñáronse elaborados con queixo Arzúa-Ulloa, embutidos, mel, hortalizas, doces tradicionais e moito máis. CURSO DE ESCAPARATISMO E DESEÑO DE STANDS

Coincidindo coa III Feira de Agasallos Locais, o GDR organizou un Curso de Escaparatismo e Deseño de Stands. O obxectivo principal da iniciativa foi ofertar a formación e asesoramento sobre como sacarlle o máximo partido a un negocio a través da presentación do mesmo, xa fora no propio local, escaparatismo, ou naqueles eventos de exposición e promoción ós que asistiran como feiras de mostras, feiras comerciais, rastros, etc.

A forma de concibilo foi eminentemente práctica, ademais de realizar o propio deseño, coa axuda do equipo formador, o alumnado confeccionou distintos elementos decorativos con moita imaxinación que o público asistente á Feira de Agasallos Locais puído ver, pois nela se exhibiron varios dos stands realizados.

Page 16: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

16

16

Memoria de actividades 2014

III FEIRA DE AGASALLOS LOCAIS PARA NADAL

O GDR reiteirou a súa participación na Feira de Agasallos Locais para Nadal, organizada no mes de decembro polo Grupo e o Concello de Melide e que neste 2014 celebrou a súa terceira edición. Nela déronse cita, de novo, unha vintena de negocios de produción local agroalimentaria de calidade e produtos artesáns e culturais con orixe no territorio.

Se por algo se caracteriza a Feira de Agasallos Locais, ademais de por concentrar en exclusiva produción agroalimentaria e artesanal con valor engadido local, é por contar con actividades paralelas da man dos distintos negocios participantes. O sábado á tarde, o alumnado do curso de cociña do Concello de Melide amosou ós asistentes as habilidades culinarias aprendidas nun divertido showcooking, no que os “minichefs” se familiarizaron cos nosos produtos máis saborosos e fixeron as delicias do público.

Os stands agroalimentarios da Feira tamén se animaron coa súa propia degustación o domingo polamañá, amosando unha vez máis a súa implicación cun evento que, ano a ano, se consolida como un referente para aquelas persoas que buscan produtos de primeira calidade e de proximidade no Nadal.

II ENCONTRO DE EMPRESAS LEADER

O mesmo día da feira, o 13 de decembro de 2014 organizouse a segunda edición do Encontro de Empresas Leader. A este foro de debate foron convocadas, de novo, todas aquelas persoas beneficiarias dunha axuda Leader e asistiron a práctica totalidade das mesmas, o que amosa a súa implicación no desenvolvemento socioeconómico do territorio e a fortaleza das redes de colaboración que a Asociación é capaz de crear e consolidar.

Os participantes, organizados en dúas mesas de traballo, debateron sobre distintos temas durante o café-diálogo: os principais problemas sociais, económicos e sectoriais do territorio, as medidas e actuacións que debería apoiar o vindeiro Leader, etc. Finalmente, os representantes das dúas mesas de traballo, expuxeron as súas conclusións na clausura do Encontro, no que estiveron presentes dona Ánxeles Vázquez, alcaldesa de Melide, e don Severino Álvarez, secretario xeral de Agader.

Page 17: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

17

17

Memoria de actividades 2014

VÍDEO TURÍSTICO DO ULLA TAMBRE MANDEO

O Grupo de Desenvolvemento Rural editou o pasado ano un vídeo promocional cos principais atractivos do territorio: patrimonio natural e cultural, servizos e actividades de ocio e aventura, gastronomía, etc. En definitiva, unha iniciativa de baixo custo co que abrir boca ós potenciais visitantes sobre a riqueza turística do destino.

Este vídeo promocional está dispoñible no canal da plataforma Youtube do GDR, en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Do mesmo xeito, elaborouse material divulgativo, en forma de postais e carteis a través dos cales se pode acceder á súa visualización, e repartiuse polos negocios hostaleiros do territorio.

Foi presentado oficialmente nun acto celebrado na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, onde estiveron presentes o seu director xeral, don Antonio Crespo e o subdirector de relacións cos Grupos, don Javier Blanco, e membros da Xunta Directiva do GDR, don Ovidio Leiva, presidente, don Manuel Taboada, vicepresidente 1º, dona Matilde Pallares, membro da mesa sectorial de turismo e, tamén, a xerenta; dona María Fernández.

“OS BOLECHAS VISITAN AS TERRAS DO ULLA TAMBRE E MANDEO”

No ámbito da promoción territorial, outra das iniciativas levadas a cabo no 2014, esta vez entre os máis pequenos e pequenas da contorna e as súas familias, foi a edición e realización de 2.000 exemplares do libro infantil “Os Bolechas visitan as terras do Ulla, o Tambre e o Mandeo”.

O libro foi presentado oficialmente na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar o día 13 de xuño de 2014, acto ó que foron convidados os centros de ensinanza do territorio e que contou coa presenza do autor dos Bolechas, Pepe Carreiro, que fixo as delicias dos preto de setenta nenos e nenas que acudiron á presentación, cun taller de debuxo e coa sinatura dos exemplares do libro, repartidos entre os asistentes.

Por outra banda, os nenos e nenas aproveitaron a ocasión para visitar a propia Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar onde coñeceron da man dos responsables da mesma ós distintos animais que viven nas instalacións e os cultivos que se están a realizar nos seus invernadoiros.

Finalmente, co obxectivo de que o libro tivera a máxima difusión entre as familias do territorio, os membros da Xunta Directiva e do equipo técnico desprazáronse os distintos centros educativos de primaria dos dez concellos para efectuar un reparto de exemplares entre a poboación máis nova do territorio.

Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre MandeoVídeo - http://bit.do/gdrutmFacebook / Twitter / Blogspot

Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre MandeoVídeo - http://bit.do/gdrutmFacebook / Twitter / Blogspot

Page 18: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Memoria de actividades 2014

18

18

Memoria de actividades 2014

XV FESTA DO GALO PIÑEIRO DE O PINO

No primeiro fin de semana de agosto, o GDR foi convidado polo Concello de O Pino a participar na XV Festa do Galo Piñeiro, declarada de Interese Turístico de Galicia. Dado o importante escaparate que supón o gran aforo de público que acada todos os anos esta Festa; o Ulla Tambre Mandeo habilitou un stand atendido polo equipo técnico no que o protagonismo, unha vez máis, foi para o territorio como destino turístico e para os manxares agroalimentarios que teñen nel a súa orixe.

O stand do GDR contou, ó igual que o ano anterior, cunha distribución multidisciplinar dando cabida á difusión e promoción do Programa Leader, do territorio como destino turístico e da produción agroalimentaria local.

PRESENTACIÓN NO TERRITORIO DO PROXECTO AGFORWARD

No mes de outubro de 2014, o GDR colaborou coa Unidade de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela na organización dunha xornada informativa sobre o seu proxecto de investigación europeo “AGFORWARD”. O obxectivo principal do proxecto é o estudo e implementación de sistemas agroforestais no rural galego: cultivos mixtos agrícolas e forestais, sistemas silvopastorís, etc. A xornada celebrouse na Casa da Cultura de Boimorto, que o Concello puxo a disposición dos organizadores, e rematou cunha visita á empresa Bosques Naturales S.A., na Mota, a cal se dedica á produción de madeira de calidade de cerdeira e nogal, principalmente, e introduciu un sistema silvopastoril nas instalacións

para aforrar custes de mantemento á empresa e proporcionar rendas complementarias na explotación.

A xornada tivo un carácter moi participativo pois, ademais de presentar o proxecto, buscábase desde a Universidade de Santiago coñecer a opinión que lles merecen ós profesionais do sector agrario e forestal a posible implantación destes sistemas.

CHARLA-COLOQUIO NO CENTRO DE PROMOCIÓN RURAL EFA PIÑEIRAL DE ARZÚA

A finais de ano, e como ven sendo habitual, o equipo técnico desprazouse ó Centro de Promoción Rural EFA Piñeiral de Arzúa; para realizar unha charla-coloquio co alumnado do Curso Superior de Comercio e Marketing sobre o Programa Leader, a labor do GDR e o emprendemento no rural.

De maneira conxunta entre estudantes, equipo técnico e profesorado analizáronse as actividades de promoción levadas a cabo polo GDR así como os proxecto beneficiarios das axudas Leader e o procedemento a seguir na súa instrución; de cara ó posible emprendemento profesional dos asistentes.

Page 19: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Dosier de prensa 2014

19

Page 20: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Dosier de prensa 2014

20

Page 21: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Dosier de prensa 2014

21

Page 22: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Dosier de prensa 2014

22

Page 23: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Dosier de prensa 2014

23

Page 24: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Dosier de prensa 2014

24

Page 25: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Contas anuais 2014

25

Cuenta de explotaciónEmpresa: GRUPO DE DESENV. RURAL UTM 23: ULLA

PÉRDIDAS Y GANANCIASDe Apertura a DiciembreAcumulados 2014 (Euro)

1. Importe neto cifra de negocios 1.180,007000000 INGRESOS 1.180,00

2. Variación exist. prod. term. y en curso 4.923,187100000 EXISTENCIAS TRABAJOS EN CURSO 4.923,18

3. Trab.realizados por la emp. para su activo4. Aprovisionamientos -3.613,14

6100000 VARIACION EXISTENCIAS -3.613,145. Otros ingresos de explotación 89.373,37

7400000 SUBVENCIONES, DONACIONES Y LEGADOS 600,007401000 SUBV. AGADER FUNCIONAMENTO (SUBV AGADER) 73.979,937402000 SUBV. AGADER DIFUSION ( SUBV AGADER) 14.793,44

6. Gastos de personal -66.085,386400000 SUELDOS Y SALARIOS SUBV FEADER -48.011,646420000 SEG.SOCIAL CARGO EMPRESA SUBV FEADER -17.910,346491000 OTROS GASTOS SOCIALES ( FUNCIONAMIENTO)SU -163,40

7. Otros gastos de explotación -23.151,726231000 SERV. PROF.INDEP. ( FUNCIONAMENTO) SUBV FE -2.205,516260000 SERVICIOS BANCARIOS Y SIMILARES -654,956290000 GASTOS VARIOS SUBV FEADER -518,206290001 MATERIAL OFICINA SUBV FEADER -1.039,126290002 DIETAS SUBV FEADER -23,906291000 GTOS VARIOS ( FUNCIONAMENTO)SUBV FEADER -11,206291001 MATERIAL OFICINA ( FUNCIONAMENTO)SUBV FEAD -183,896291002 DIETAS (FUNCIONAMENTO)SUBV FEADER -533,506291003 DESPLAZAMIENTOS ( FUNCIONAMIENTO)SUBV FEA -1.965,426291004 GASTOS TELEFONO ( FUNCIONAMENTO)SUBV FEA -1.093,976291005 CUOTA ASOCIACION GDRs GALICIA ( FUNCIONAME -50,006291006 GASTOS CORRESPONDENCIA ( FUNCIONAMENTO)S -247,826291007 PARKING ( FUNCIONAMENTO)SUBV FEADER -21,006291008 CURSOS FORMATIVOS FUNCIONAMENTO SUBV FE -363,006291009 DEGUSTACION PRODUCTOS SUBV FEADER -836,666292002 DIETAS (G.DIFUSION)SUBV FEADER -183,806292003 DESPLAZAMIENTOS (G.DIFUSIÓN)SUBV FEADER -273,606292007 PARKING ( DIFUSION)SUBV FEADER -1,656292009 MATERIAL DIVULGATIVO ( DIFUSION) SUBV FEAD -3.141,166292010 GASTOS VARIOS DIFUSION SUBV FEADER -726,006292013 EDICION DE LIBROS /( DIFUSION)SUBV FEADER -8.944,006310000 OTROS TRIBUTOS SUBV FEADER -133,37

8. Amortización del inmovilizado -1.643,556810000 DOT.AMORTZ.INMV.MATERIAL -1.643,55

9. Imputación subvenciones inmovil.no financ.10. Excesos de provisiones11. Deterioro y Rtdo. enajenaciones inmovil.12. Otros resultados

A) Resultado explotación (del 1 al 12) 982,7613. Ingresos financieros

a) Imp. Subvenciones, donanc. y legadosb) Otros ingresos financieros

14. Gastos financieros -982,766620001 INTERESES DE DEUDAS.SUBV FEADER -746,456623000 INTERESES A CORTO PLAZO SUBV FEADER -236,31

15. Variación valor razonable instrum. finan.16. Diferencias de cambio17. Deterioro y Rtdo.enajenaciones instr.fin.18. Otros ingresos y gastos carácter financ.

a) Incorporación al activo de gastos financ.

Page 26: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Contas anuais 2014

26

Cuenta de explotaciónEmpresa: GRUPO DE DESENV. RURAL UTM 23: ULLA

PÉRDIDAS Y GANANCIASDe Apertura a DiciembreAcumulados 2014 (Euro)

b) Ing. fin. derivados convenios acreedoresc) Resto de ingresos y gastos

B) Resultado financiero (13+14+15+16+17+18) -982,76C) Resultado antes de impuestos (A+B)

19. Impuestos sobre beneficiosD) Resultado del ejercicio (C+19)

Page 27: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Contas anuais 2014

27

Balance de situaciónEmpresa: GRUPO DE DESENV. RURAL UTM 23: ULLA

ACTIVODe Apertura a Cierre Ejer.Acumulados 2014 (Euro)

A) ACTIVO NO CORRIENTE 7.160,71 I. Inmovilizado Intangible

a) Fondo de comerciob) Resto

II. Inmovilizado Material 6.155,58 III. Inversiones Inmobiliarias IV. Invers. empresas grupo y asociadas a L/P

a) Instrumentos de patrimoniob) RestoV.Inversiones financieras a L/Pa) Instrumentos de patrimoniob) RestoVI. Activos por impuesto diferido 1.005,13VII. Deudores comerciales no corrientes

B) ACTIVO CORRIENTE 5.900,83 I. Activos no corrientes mantenidos para vta II. Existencias 5.818,39 III. Deudores ciales y otras ctas.cobrar

1. Clientes ventas y Prestaciones Serviciosa) Clientes vtas y prest. serv. a L/Pb) Clientes vtas y prest. serv. a C/P

2. Accionistas (socios) por desembolsos exig.3. Otros deudores

IV. Invers. empresas grupo y asociadas a C/Pa) Instrumentos de patrimoniob) RestoV. Inversiones financieras a C/Pa) Instrumentos de patrimoniob) RestoVI. Periodificaciones a C/PVII. Efectivo y otros activos líquidos equiv. 82,44

TOTAL ACTIVO (A + B) 13.061,54

Page 28: Memoria de actividades 2014 Memoria de actividades 2014 de... · Proxecto para taberna rústica, exposición de produtos tradicionais e pensión promovido por dona Mª Fe Álvarez

Contas anuais 2014

28

Balance de situaciónEmpresa: GRUPO DE DESENV. RURAL UTM 23: ULLA

PATRIMONIO NETO Y PASIVODe Apertura a Cierre Ejer.Acumulados 2014 (Euro)

A) PATRIMONIO NETO 3.339,61A-1) Fondos propios 3.339,61

I. Capital1. Capital escriturado2.(Capital no exigido)

II. Prima de Emisión III. Reservas 6.355,00

1. Reservas 6.355,002. Reservas pendiente de cierre

IV. (Acciones y particip. patrimonio propias)V. Resultados Ejercicios Anteriores -3.015,39VI. Otras aportaciones de sociosVII. Resultado del ejercicio

Cuenta Perd. y Ganancias (129) Ingresos/Gastos pendiente cierre

VIII. (Dividendo a Cuenta) IX. Otros instrumentos de patrimonio neto

A-2) Ajustes por cambio de valor1. Ajustes por cambio valor2. Ajustes por cambio valor pendiente cierre

A-3) Subvenciones, donacion. y legados recib.1. Subvenciones, donacion. y legados recib.2. Subv., donac. y legados pendiente cierre

A-4) Patrimonio Neto pendiente ajustar NPGCB) PASIVO NO CORRIENTE

I. Provisiones a L/P II. Deudas a L/P

1. Deudas con entidades de crédito2. Acreedores por arrendamiento financiero3. Otras deudas a L/P

III. Deudas empresas grupo y asociadas a L/P IV. Pasivos por impuesto diferido

V. Periodificaciones a L/PVI. Acreedores comerciales no corrientesVII. Deuda caract. especiales a L/PVIII. Pasivo no Corriente pdte. ajustes NPGC

C) PASIVO CORRIENTE 9.721,93 I. Pasivos vinc. activos no ctes. mant. venta II. Provisiones a C/P III. Deudas a C/P 4.419,27

1. Deudas con entidades de crédito 4.419,272. Acreedores por arrendamiento financiero3. Otras deudas a C/P

IV. Deudas con emp. grupo y asociadas a C/PV. Acreedores ciales. y otras ctas. a pagar 5.302,66

1. Proveedores 22,66a) Proveedores a L/Pb) Proveedores a C/P 22,66

2. Otros acreedores 5.280,00VI. Periodificaciones a C/PVII. Deuda caract. especiales a C/PVIII. Pasivo Corriente pendiente ajustes NPGC

TOTAL PATRIMONIO NETO Y PASIVO (A+B+C) 13.061,54