Upload
encarna-lago
View
878
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Red Museistica Lugo. Practicas coordinadas por Encarna Lago
Citation preview
MEMORIA DE
PRÁCTICAS NA REDE
MUSEÍSTICA
PROVINCIAL DE
LUGO
Máter en Servizos Culturais
Silvia Aldariz Quintela
1
ÍNDICE
1. Introdución:…………………………………………………………………Páx.3
2. Rede Museística Provincial de Lugo:…………………………………….....Páx.4
3. Calendario de prácticas:…………………………………………………..…Páx.6
4. Reunión ca Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo:……………...Páx.7
5. Visita ao Museo Provincial do Mar:………………………………………...Páx.8
6. Visita ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla:…………………….….Páx.9
7. Visita ao Pazo de Tor:……………………………………………………..Páx.10
8. Posta en práctica do proxecto no Museo Provincial do Mar:……………...Páx.11
9. Posta en práctica do proxecto no Museo Etnográfico de San Paio de Narla:
………………………………………………………………………Páx.12
10. Posta en práctica do proxecto no Pazo de Tor:…………………………….Páx.13
11. Conclusión:………………………………………………………………...Páx.14
12. Proxecto:…………………………………………………………………..Páx. 15
13. Bibliografía:……………………………………………………………….Páx. 81
2
1. INTRODUCIÓN
As prácticas do Máster en Servizos Culturais foron realizadas na Rede
Museística Provincial de Lugo, concretamente no Museo Provincial do Mar, o Pazo de
Tor e o Museo Etnográfico de San Paio de Narla e coordinadas pola Xerente da Rede
Museística Dona Encarna Lago.
Ditas prácticas baseáronse na xestión cultural dos tres pequenos museos
pertencentes á Rede Museística Provincial de Lugo, unha labor nada doada xa que se
trata dun conxunto de museos que dispón de poucos recursos pero que se embargo
realiza unha importante labor social, achegando un amplo abanico de actividades
culturais á poboación local.
Neste sentido, a coordinadora da Rede Museística Provincial de Lugo
propúxonos coñecer o funcionamento e labor social de cada museo para posteriormente
elaborar un proxecto individual e levalo a cabo. Deste modo, enfrontámonos dunha
forma totalmente realista e única á xestión cultural.
3
2. REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
A Rede Museística Provincial de Lugo constitúese no ano 2006, agrupando aos
catro museos que nese momento dependían da Deputación Provincial de Lugo: Museo
Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Pazo de Tor e Museo
Provincial do Mar.
O Museo Provincial de Lugo foi creado no ano 1932 pola Deputación de Lugo
co motivo de reunir e protexer o patrimonio cultural lucense. Pero será no ano 1957
cando se traslade ao antigo convento de San Francisco, situado na praza da Soidade da
cidade amurallada. Na actualidade este museo conta con un total de dúas plantas que
albergan diferentes salas dedicadas a arqueoloxía, arte sacro, etnografía, cerámica e
vidro, pintura e escultura, abanicos e reloxos, numismática, etc.; así como unha ampla
sección de Arte Galego que inclúe mostras de pintura, escultura e cerámica de
Sargadelos, entre outros.
A Fortaleza de San Paio de Narla, situada no concello de Friol, pasou a mans da
Deputación de Lugo no ano 1939 pero non será ata 1983 cando se constitúa como
museo. O Museo Etnográfico de San Paio de Narla acolle na planta baixa diferentes
coleccións de aparellos relacionados ca agricultura e cos oficios tradicionais ademais
das cortes dos cabalos. Na primeira planta sitúase a cociña, o salón, a sala do tear, o
escritorio e un dormitorio; mentres que na Torre da Homenaxe sitúanse as coleccións de
armas.
O Museo Provincial do Mar, situado na localidade de San Cibrao, nace no ano
1969 grazas a Don Francisco Rivera Casás, mestre da zona que mostraba un gran
interese cara os obxectos mariños. Posteriormente, no ano 1994 será a Asociación de
4
Veciños Cruz da Venta a que se faga cargo da xestión do museo ata que no 2004 é
relevada pola Deputación Provincial de Lugo. Este museo consta de catro salas nas que
se mostra unha importante instrumentación de navegación, documentación gráfica,
fotografía das diferentes tipoloxías de barcos e de naufraxios da zona e unha ampla
colección malacolóxica.
O Pazo de Tor atópase no concello de Monforte de Lemos, na parroquia de San
Xoán de Tor. Este pazo, construído no século XVIII, tivo como derradeira propietaria a
Dona María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga, quen, tras a súa morte, o doou á
Deputación Provincial de Lugo. Pero non será ata o ano 2006, dez anos despois da
doazón, cando a Deputación de Lugo realice a musealización do pazo e abra as súas
portas para os visitantes.
Unha vez conformada a Rede Museística Provincial de Lugo a súa xerente, Dona
Encarna Lago, comprendeu a necesidade de acercar a cultura dos museos á xente e levar
a cabo unha importante labor social dende a súa xestión. Por esta razón, a programación
anual da Rede Museística Provincial de Lugo inclúe unha gran cantidade de actividades
didácticas, obradoiros, talleres, coloquios, congresos, exposicións, conferencias, ciclos
de cinema e concertos que se converten non só nunha importante chamada para a
sociedade senón tamén nunha oportunidade para achegar a cultura ao pobo.
Por outro lado, cabe destacar tamén a importante labor que dende a xestión da
Rede Museística Provincial de Lugo se realizou para acadar unha rede de museos
accesibles que non presentaran ningún tipo de barreiras que limitaran o acceso aos
discapacitados de calquera índole. Deste modo, no ano 2008 creouse o Departamento de
Accesibilidade e Capacidades Diferentes, ademais de levarse a cabo importantes
reformas nos edificios que facilitaran o acceso.
5
3. CALENDARIO DE PRÁCTICAS
REUNIÓNS CA COORDINADORA DA REDE MUSEÍSTICA E VISITA
AOS MUSEOS
12/ 01/ 2011 22/ 01/ 2011 10/ 02/ 2011 19/ 03/ 2011
1ª Reunión ca
Coordinadora
da Rede
Museística
Provincial de
Lugo
Visita Museo
Provincial do
Mar
Visita Museo
Etnográfico
San Paio de
Narla
Visita Pazo de
Tor
POSTA EN PRACTICA DO PROXECTO
17/ 05/ 2011 18/ 05/ 2011 21/ 05/ 2011
Museo Provincial do Mar Museo Etnográfico de San Paio de Narla
Pazo de Tor
6
4. 1ª REUNIÓN CA COORDINADORA DA REDE MUSEÍSTICA
PROVINCIAL DE LUGO
A primeira reunión ca coordinadora da Rede Museística Provincial de Lugo tivo
lugar no despacho da mesma, situado no Museo Provincial de Lugo, onde se presentou
tamén a coordinadora do Máster en Servizos Culturais Dona Jodee Anderson. Nesta
reunión, ademais das presentacións correspondentes, dona Encarna Lago explicounos o
procedemento a seguir no período de prácticas e a forma de funcionar e traballar dende
a xestión da Rede Museística Provincial de Lugo. Deste xeito, e xa dende o primeiro
minuto, a coordinadora intentou transmitir no só os puntos clave dunha boa xestión
cultural senón tamén o puntos máis importantes que se deben de ter en conta para
traballar en equipo e lograr os obxectivos fixados.
7
5. VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DO MAR
O día que realizamos a visita ao Museo Provincial do Mar tivemos a sorte non só
de facer unha visita guiada polo museo e de compartir anécdotas con rapaces próximos
ás actividades do museo, senón que tamén asistimos á representación teatral da obra
Residencial Paradiso, obra cómico-filosófica, a cargo do grupo de teatro Ardora
composto por un pequeno número de mulleres afincadas en San Cibrao.
8
6. VISITA AO MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA
A visita ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla foi realizada o día 10 de
febreiro de 2011 e dirixida pola guía Dona Francisca Abuín. Aínda que nesta ocasión
non había ningunha actividade programada, esta visita resultou moi interesante e
especialmente emotiva xa que a nosa guía era neta dos antigos guardeses da fortaleza e
explicaba con todo detalle non só a presenza e utilidade de todos os obxectos e as
actividades realizadas cos nenos da zona, senón tamén todos aqueles recordos de cando
ela era unha nena que deambulaba e xogaba pola fortaleza.
9
7. VISITA AO PAZO DE TOR
A nosa visita ao Pazo de Tor coincidiu co inicio dun novo proxecto da Rede
Museística Provincial de Lugo, Presenza versus ausencia da muller na arte, que
pretende poñer en contacto a diferentes mulleres artistas para destacar a súa presenza
dentro do mundo da arte. Este día tivo lugar un apaixonante diálogo entre diferentes
artistas, xestoras e comisarias de diferentes nacionalidades que analizaron o papel da
muller na arte.
10
8. PRESENTACIÓN DO PROXECTO NO MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Para levar a cabo a presentación do meu proxecto no Museo Provincial do Mar
achegámonos a San Cibrao a primeira hora da mañá para colocar o Tendal das letras
(Vid. Anexos). Posteriormente, preto das doce do mediodía comezou a miña exposición
sobre a Historia da Lingua Galega e sobre Lois Periro. A maior parte do público
resultaron ser rapaces adolescentes, de xeito que me vin na necesidade de improvisar e
modificar o meu discurso de xeito que resultara máis entretido para nenos desas idades.
Ambas actividades desenvolvéronse sen incidentes e tal como estaban previstas,
aínda que a ameaza de chuvia e forte vento limitou a presenza de visitantes e non foi
posible repetir a conferencia pola tarde.
11
9. PRESENTACIÓN DO PROXECTO NO MUSEO ETNOGRÁFICO DE
SAN PAIO DE NARLA
A posta en marcha do meu proxecto no Museo Etnográfico de San Paio de Narla
coincidiu ca representación dunha obra teatral escolar e a maior parte do público foron,
de novo, rapaces con idades comprendidas entre os 12 e 14 anos, ademais de algúns
pais, familiares e profesores.
Neste caso, a conferencia desenvolveuse segundo estaba prevista sen
acontecementos relevantes, ademais moitos dos rapaces mostráronse interesados xa que
na escola estaban a ver temas relacionados cos tratados no proxecto.
12
10. PRESENTACIÓN DO PROXECTO NO PAZO DE TOR
A presentación do proxecto no Pazo de Tor conincidiu ca xornada de
convivencia no pazo ca Asociación Raiola, integrada por pais e nais de persoas con
autismos e trastornos xeneralizados do desenvolvemento. A presenza da Asociación
Raiola, e especialmente a presenza de rapaces con trastornos xeneralizados do
desenvolvemento, requeriu facer un forte xiro no meu proxecto e centrarme
especialmente na actividade Tendal das Letras.
Posteriormente realizáronse diferentes xogos e unha viaxe ao Parnaso do Pazo
de Tor, onde non só disfrutaron os rapaces senón tamén todos os adultos que tivemos a
sorte de compartir todo un día con eles.
13
11. CONCLUSIÓNS
A miña experiencia durante o período de prácticas na Rede Museística
Provincial de Lugo foi realmente gratificante e reconfortante, no só polo que aprendín
en relación á xestión cultural senón por todos os valores que a coordinadora das
prácticas nos intentou inculcar. Neste sentido, aprendín a valorar a importante labor
social que realizan estes museos que contan con un presuposto moi reducido, tamén o
importante papel que o esforzo e o empeño xogan na xestión cultural e a gran
necesidade de eliminar as barreiras que impiden aos discapacitados o acceso á cultura.
Por esta razón quero agradecer dende aquí a, Paquita, Amelia, Mercedes e
Ángeles, entre moitos outros traballadores, o apoio, cariño e interese que mostraron con
nós durante todo o período de prácticas, conseguindo que nos sentíramos como un máis.
Finalmente quero agradecer especialmente a Encarna Lago a gran confianza que
depositou en min, xa que en todo momento tiven a total liberdade para decidir sobre
todas as cuestións relacionadas co proxecto e a súa posta en práctica, de xeito que me
permitiu coñecer e comprobar as miñas capacidades, ideas e oportunidades no ámbito
da xestión cultural.
14
12. PROXECTO
PERCORRIDO POLAS
NOSAS LETRAS E
HOMENAXE A LOIS
PEREIRO
SILVIA ALDARIZ QUINTELA
15
ÍNDICE
1. Introdución:……………………………………………………………… Páx. 17
2. Obxectivos:……………………………………………………………......Páx. 17
3. Exposición:…………………………………………………………...…...Páx. 18
3.1. Historia da lingua galega:……………………………………………Páx. 18
3.1.1. Orixe da lingua galega:…………………………………………Páx. 18
3.1.2. A época de esplendor do galego:…………………………...…..Páx. 19
3.1.3. Os séculos escuros:……………………………………………..Páx. 19
3.1.4. Dos Precursores ao Rexurdimento:…………………...……….Páx. 20
3.1.5. O galego na época franquista:…………………………………Páx. 22
3.1.6. O galego na actualidade:………………………………………Páx. 23
3.2. Historia do Día das Letras Galegas:…………………...…………..…Páx. 23
3.3. Lois Pereiro:…………………………………………………….....…Páx. 24
4. Instrumentación necesaria:…………………………………. ……..……….Páx. 26
5. Temporalización:………………….…………………………………...…...Páx. 27
6. O Tendal das Letras………………………………………………………...Páx. 28
16
1. INTRODUCIÓN
O presente proxecto pretende ser un percorrido pola historia da lingua galega, así
como unha conmemoración especial ao Día das Letras Galegas, facendo un percorrido
por todos os escritores aos que lles foi dedicado este día e, en especial, ao homenaxeado
no ano 2011: Lois Pereiro.
2. OBXECTIVOS:
Dar a coñecer de forma resumida a historia da lingua galega.
Dar a coñecer a historia da conmemoración do Día das Letras Galegas.
Realizar un breve percorrido polos escritos dos autores homenaxeados no Día
das Letras Galegas dende o ano 1963.
Coñecer aqueles aspectos biográficos de Lois Pereiro que marcaron a súa obra
literaria.
Coñecer a traxectoria e importancia literaria de Lois Pereiro.
Recitar pequenos fragmentos da poesía de Lois Pereiro.
17
3. EXPOSICIÓN
3.1. HISTORIA DA LINGUA GALEGA
3.1.1. Orixe da lingua galega
A lingua galega é unha lingua romance, produto da evolución do latín
implantado polos romanos no noroeste da Península Ibérica, pero por este territorio
pasan tamén outros pobos que farán tamén as súas contribución á lingua galega; como é
o caso de xermanos ou os árabes.
O documento literario máis antigo en lingua galega, dos coñecidos na
actualidade, é a cantiga satírica "Ora faz ost'o senhor de Navarra" de Joam Soares de
Pavia, escrita contra o ano 1200.
Ora faz ost’o senhor de Navarra,pois en Proenç’est’el-Rei d’Aragon;
non lh’an medo de pico nen de marrraTarraçona, pero vezinhos son;nen an medo de lhis poer boçon
e riir-s’an muit’Endurra e Darra;mais, se Deus traj’o senhor de Monçonben mi cuid’eu que a cunca lhis varra.
Se lh’o bon Rei varrê-la escudelaque de Pamplona oístes nomear,mal ficará aquest’outr’en Todela,
que al non á a que olhos alçar:ca verrá i o bon Rei sejornare destruir atá burgo d’Estela:
e veredes Navarros lazerare o senhor que os todos caudela.
18
Quand’el-Rei sal de Todela, estrëaele sa ost’e todo seu poder;
ben sofren i de trabalh’e de pëa,ca van a furt’e tornan-s’en correr;
guarda-s’el-Rei, comde de bon saber,que o non filhe a luz en terra alhëa,
e onde sal, i s’ar torn’a jazerao jantar ou se on aa cëa.
Mesmo desta época, comezos de século XIII, atópanse outros documentos non
literarios como a Noticia de Torto(1211) e o Testamento de Alfonso II de Portugal
(1214).
3.1.2. A época de esplendor do galego.
Ata este momento, a lingua galega quedaba relegada ao uso oral, mentres que o
latín era a lingua de prestixio utilizada na escrita. Sen embargo, o amplo uso do galego
no ámbito oral comeza a facer presión no ámbito escrito e a lingua galega convértese así
na lingua de prestixio da lírica e todos os poetas comezan a escribir en galego-
portugués no século XIV. Destaca, de este modo, unha abundante produción lírica en
galego-portugués: as cantigas de amigo, as cantigas de amor e as cantigas de escarnio e
maldicir e as cantigas de Santa María do rei de Castela Alfonso X O Sabio. Este
esplendor da lírica galego-portuguesa esténdese ata o fin da Idade Media.
3.1.3. Os Séculos Escuros
Trala Idade Media comeza unha época de decadencia para a lingua galega que se
alonga ata o século XVIII, coñecida como Séculos Escuros. Esta época ven marcada
pola presenza dunha nobreza estranxeira que utiliza o castelán, pola ausencia dunha
burguesía galega que loite pola súa nación, pola perda de autonomía da Igrexa galega e
19
polo novo concepto de Estado Nacional que reivindica a necesidade de normalización
lingüística como un factor de cohesión da nova estrutura política.
Durante este período, que abrangue tres séculos, a lingua galega mantense
totalmente allea á produción escrita e as súas letras non coñecen movementos tan
importantes como o Renacemento ou o Barroco. De tal forma que esta época escura na
literatura galega contrasta cos famosos Siglos de Oro da literatura española. Sen
embargo, ao longo deste Séculos Escuros sobrevive a lírica popular (cantigas de berce,
adiviñanzas, lendas, contos, etc.) que se transmitía oralmente e que chegou ata os nosos
días.
3.1.4. Dos Precursores ao Rexurdimento
No século XVIII destacan as figuras do Padre Frei Martín Sarmiento, que
defende o uso do galego no Ensino, na Igrexa e na Administración, o Padre Feijoo que
comeza unha labor lexicográfica en lingua galega e o Padre Sobreira que manterá a
labor do Padre Feijoo.
Estes son os inicios do chamado Rexurdimento que ten lugar no século XIX e
que fai referencia a un movemento que impulsou o renacemento da nosa cultura e da
nosa lingua.
Na primeira metade do século aparecen xa os primeiros escritos en lingua galega
que serán escritos propagandísticos pero o punto de inflexión será o ano 1846, no que se
produce unha revolta contra o poder central, coñecido como o levantamento de Solís,
que tivo como consecuencias o fusilamento de un grupo de rebeldes que serán
coñecidos como Os Mártires de Carral e a partir deste intre esperta xa unha conciencia
lingüística.
20
Posteriormente no ano 1853 publícase A gaita gallega de Xoán Manuel Pintos
que constitúe o primeiro libro da literatura galega contemporánea. En 1861 celébranse
os primeiros Xogos Frorais de Galicia onde só unha das composición premiadas estaba
en galego A Galicia de Francisco Añón.
No ano 1863 publícase Cantares Gallegos que é a primeira obra escrita
integramente en galego por Rosalía de Castro e con ela inaugúrase o Rexurdimento
pleno e a partir deste momento publícanse moitas obras en lingua galega e aparecen
xornais tamén en galego e xa deica finais do século comezan a aparecer as primeiras
gramáticas de lingua galega e en 1905 fúndase a Real Academia Galega.
Xa na segunda década do século XX, aparecen as Irmandades da Fala, creadas
para a defensa, dignificación e cultivo da lingua galega, que promoveron a elaboración
de dicionarios, gramáticas e outros estudos, ademais de reivindicar a presenza do galego
na Administración e no Ensino.
Neste momento aparece a revista Nós, da man de Vicente Risco, Otero Pedrayo
e Florentino Cuevillas, que conforman o coñecido "Grupo Nós". Os membros de "Nós",
cunha ampla formación intelectual, pretenden eliminar o lastre folclorista da cultura
galega mediante a súa actualización, normalización e universalización, poñéndose en
contacto e colaborando con autores estranxeiros. Deste xeito, a literatura galega entra en
contacto cas correntes europeas e ten lugar unha importante produción artística en
tódolos xéneros, con figuras como Manuel Antonio, Amado Carballo e o sempre
recordado Castelao.
En 1931 créase o Partido Galeguista, que consegue a aprobación do Estatuto de
Autonomía de Galicia, no que a lingua galega adquire por vez primeira o
21
recoñecemento de "idioma oficial de Galicia". Sen embargo este logro non chegou a ter
aplicación na práctica por mor do estoupido da Guerra Civil, que supuxo o principio da
máis crúa etapa para as linguas minoritarias do Estado español.
3.1.5. O galego na época franquista
O franquismo provocou a desaparición do galego da escena pública, do ensino e
de todas as actividades socioeconómicas. Moitos escritores galegos, que ata aquel
momento foran os encargados de manter viva a lingua e a cultura galegas, víronse
obrigados ao exilio e a produción galega emigrou con eles.
Pouco a pouco, no ámbito cultural o galego comezou a manifestarse de novo e a
creación da editorial Galaxia no ano 1950, promovida por Otero Pedrayo e Ramón
Piñeiro, entre outros, será clave na recuperación do uso escrito da nosa lingua; xa que
esta editorial publicará diferentes revistas como a de Economía de Galicia, Atlántida ou
Grial.
A partir dos anos 60 prodúcese un cambio económico e social e a censura
modérase, de forma que xa se permiten certas publicacións, amplíase o mundo editorial,
conmemórase o Días das Letras Galegas, a Universidade crea a Cátedra de Lingua e
Literatura Galegas e incluso se crean asociacións culturais en defensa do galego: O
Facho, O Gaio, a Asociación Cultural de Vigo…
Nesta época destacan autores como Carballo Calero, Álvaro Cunqueiro, Anxel
Fole, Blanco Amor, Méndez Ferrín ou Carlos Casares.
22
3.1.7. O galego na actualidade
Ca instauración da democracia, Galicia convértese en Comunidade Autónoma,
tendo como linguas oficiais o galego e o castelán. De xeito paralelo instáurase tamén
unha lexislación reguladora dos usos do idioma. O Instituto da Lingua Galega e a Real
Academia Galega propoñen en 1982 as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma
galego, que acadan así o carácter de oficiais coa promulgación da Lei de Normalización
Lingüística no ano 1983.
A literatura galega contemporánea volve a brillar, tras anos de represión e as
obras de moitos autores galegos son traducidas a varios idiomas, como é o caso de
Manuel Rivas ou Suso de Toro.
3.2. HISTORIA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Cada 17 de maio, dende 1963, celébrase o Día das Letras Galegas, día no que
Galicia honra á súa lingua, aos seus escritores e ás súas letras. A iniciativa da
conmemoración do Día das Letras Galegas nace de tres académicos: Manuel Gómez
Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Hierro, que o día 20 de marzo
de 1963 propuxeron na Real Academia Galega declarar o 17 de maio de cada ano o Día
das Letras Galegas para “recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega co
motivo de se celebrar o centenario da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía de
Castro xa que estimaban que o libro de Rosalía foi a primeira obra maestra coa que
contou a literatura galega contemporánea e un fito decisivo na historia da renacencia
cultural de Galicia”. Os académicos propuxeron ese día porque, non coñecendo o día
exacto da publicación da obra de Rosalía, escolleron a data na que a autora llo dedicou a
Fernán Caballero.
23
3.3. LOIS PEREIRO
Lois Pereiro, homenaxeado deste ano, nace en Monforte de Lemos en 1958,
aínda que con tan só 17 anos marcha a Madrid para cursar estudos de Ciencias Políticas
e Socioloxía, aínda que posteriormente, tras un breve período no que volve a Galicia
para traballar na empresa familiar, regresa a Madrid para centrase no aprendizaxe de
idiomas.
Será precisamente na capital de España onde comece a súa traxectoria literaria,
na revista experimental Loia, na que colabora xunto a outros galegos universitarios
como Antón Patiño, Manuel Rivas e seu propio irmán Xosé Manuel Pereiro.
De regreso a Galicia, arredor dos anos 80, instálase na Coruña e comeza a
colaborar na revista La Naval, Trilateral e Luzes de Galicia con outros contemporáneos
e tamén forma parte do Grupo de Amor e Desamor, con outros escritores como Pilar
Pallarés, Manuel Rivas, Francisco Salinas, Fermín Bouza, etc.; que publicaron dúas
antoloxías colectivas co mesmo nome: De amor e desamor I (1984) e De amor e
desamor II (1985). Posteriormente, no ano 1987, tamén foi incluído noutra antoloxía
Después de la modernidad, na que aparecían Pedro Casariego, Felipe Benítez ou Luis
Alberto de Cuenca.
Finalmente, tras colaborar en diferentes revistas e en antoloxías colectivas, será
en 1992 cando publique a primeira das súas dúas únicas obras publicadas en vida:
Poemas 1981/1991. Tres anos máis tarde publica Poesía última de amor e enfermidade
(1995).
Xa no ano 1996, o día 24 de maio, Lois Pereiro, enfermo de sida, falece na
Coruña a causa dunha insuficiencia hepática por un envelenamento de aceite de colza
24
desnaturalizado. Sen embargo, a súa poesía seguirá dando de que falar e en 1997
publícase a obra póstuma Poemas para unha Loia que recolle os primeiros poemas do
escritor monfortino, moitos deles publicados na revista Loia, e o ensaio “Modesta
proposición para renunciar a facer xirar a rida hidráulica dunha cíclica historia universal
da infamia”, dado a coñecer na revista Luzes de Galicia, onde tamén se publicaron oito
capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do Paradiso.
Durante moitos anos, reivindicouse a dedicación do Día das Letras Galegas a
este poeta monfortino e foi finalmente o 26 de xuño de 2010 cando a Real Academia
Galega publicou a súa decisión de homenaxealo no ano 2011. A Academia apreciou na
obra de Lois Pereiro: “evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura
xermánica e certas influencias da contracultura (…) unha imaxe e unha estética que
fixeron del un autor de culto. Cartografiou como ninguén o labirinto do mundo
contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico ca tradición
demoledora do expresionismo europeo.”
O seu amigo, Manuel Rivas, e membro da Real Academia Galega recoñeceu
que: “dedicarlle a Lois Pereiro o Día das Letras Galegas 2011 foi unha decisión valente
da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un
autor moi popular” “é un mito contemporáneo. A súa obra é vangardista, universal e
tamén dramática, pero con moito alento. Lois Pereiro invoca aos bos espíritos, as
marabillas, a rebeldía e a xenerosidade”.
Finalmente, como exemplo da súa crúa poesía, mostrase un parágrafo dun dos
seus poemas que se atopa como epitafio gravado en pedra na súa tumba de Santa
Cristina do Viso: “Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu
repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria”
25
INSTRUMENTACIÓN NECESARIA
Para levar a cabo este proxecto será necesario un instrumental mínimo que se
describe a continuación:
Impresión e plastificación das fichas presentes nos anexos con motivo da súa
exposición ao público.
20 metro de cordel e 50 pinzas para colocar as fichas presentes nos anexos.
Ordenador con proxector e pantalla para reproducir o Power Point que se atopa
nos anexos.
26
4. TEMPORALIZACIÓN
O presente proxecto levarase a cabo na Rede Museística Provincial de Lugo nas
seguintes datas:
Día 15 de maio de 2011 no Museo Provincial do Mar (San Cibrao).
Día 17 de maio de 2011 no Museo Etnográfico San Paio de Narla (Friol).
Día 21 de maio de 2011 no Pazo de Tor (Monforte de Lemos).
A duración aproximada para a exposición oral do proxecto, acompañada da
proxección do documento en Power Point, será de 30 minutos. Sen embargo
contémplase propoñer outros 30 minutos para a lectura de poemas de Lois Pereiro e
para a quenda de preguntas e debate sobre o tema. Finalmente tamén se propón a
contemplación das fichas de cada un dos escritores que foron homenaxeados no Día das
Letras Galegas.
27
O TENDAL
DAS
LETRAS
28
Lois Pereiro Homenaxeado Ano 2011
(Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996)
Acróstico
Somentes
Intentaba conseguir
Deixar na terra
Algo de min que me sobrevivise
Sabendo que debería ter sabido
Impedirme a min mesmo
Descubrir que só fun un interludio
Atroz entre dous muros de silencio
Só puiden evitar vivindo á sombra
Inocularlle para sempre a quen amaba
Doses letais do amor que envelenaba
A súa alma cunha dor eterna
Sustituíndo o desexo polo exilio
Iniciei a viaxe sen retorno
Deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
Aniquilación chea de nostalxia.
29
Uxío Novoneyra Homenaxeado Ano 2010
(Parada do Courel, 1930 – Santiago de Compostela, 1999)
Terras outas e soias!
Serras longas mouras!
Eu son esta coor de soedá
Ancares soñados co lonxe!
Penas de Marco de Meio Mundo en ringuileira do
Candedo ás Moás!
Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía-Páxaro
Tesos cumes do Courel! Pobos probes
Ardidos de tristura mouros de queimados!
Lor ruxindo polo val pecho!
Ucedo e ucedo!
Fontiñas outas
penedos
carrozos escuros
fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras
que soio vistes
istes tesos e máis estes vales!
Aturula a curuxa e canta o cuco
Medindo o tempo quedo que se para na cor e tornándose
Contra un ven cravarse no sitio onde máis se sinte!
Serra aberta (Os eidos 2)
30
Ramón Piñeiro López Homenaxeado Ano 2009
(Armeá - Láncara (Lugo), 1915-1990)
Lugo, 24-4-1950
Meu querido amigo:
Xa te podes imaxinar canta ledicia me produxo o fallo do “concurso de novela gallega”. Foi
unha doble ledicia: po-lo trunfo persoal do amigo e po-lo trunfo comun- que así lle podemos
chamar- das letras galegas; despois do resoante trunfo académico de Otero teu trunfo literario
veu a ser como un podente aturuxo que pregoa o rexurdir das letras galegas. E así foi como o
entenden as xentes, pois moitos que non te conocen persoalmente mostrábanse moi satisfeitos
do resultado do concurso “por ser a única das presentadas que estaba escrrita en galego”.
Entre os que te conocen foi unánime a alegría, mesmamente como se foras d-eiquí e viviras
eiquí decote.
Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero
31
Xosé María Álvarez Blázquez Homenaxeado Ano 2008
(Tui, 1915- Vigo,1985)
Ise neno da rúa
Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todo
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes¡
32
María Mariño Homenaxeada Ano 2007
(Noia, 1918 – Courel, 1967)
María Mariño
De forte ollar, amiga,
de frío que non se quenta,
Amiga, que eres de todos
e por ninguén esquencida.
Soia co teu silencio
na forza do teu poder,
un por un de cada ser
levas do fin ó comenzo,
descansar a túa fonte.
................................................
E logo d'alí cansiños,
amigo, dinos pra onde?
Deixa, amiga, ós nosos pes,
fríos polo teu ver,
algo do noso sentir,
do són que tí fas fuxir
amiga, por aquil nacer...
33
Manuel Lugrís Homenaxeado Ano 2006
(Sada,1863 – 1940)
Era Rosiña a rapaza máis feiticeira das Mariñas; digo a máis feiticeira, e penso que
este verbe non esprica dabondo a bonitura de tal meniña. Bástevos con que diga que era
roxiña como o ouro, de dente brancos cal xogas dun regato, ollos azús e cheos da melanconía
máis arroubadora, e labres tan coorados cama a grana do seu refaixo. O seu peito era resio e
levantado, e si ben se incrinaba un pouquiño ó andar, dáballe máis gracia que outra cousa. Era,
en fin, unha desas rapazas que basta velas unha soa vez pra que inspiren un amor tenro, pra
que leven tras si tódolos sentimentos dun corazón namorado. Preto do seu rueiro vivía Manuel,
o afillado de Xuana, rapaz que ó rivés de Rosiña, era trigueño, de ollos mouros e gachos.
O Penedo do Crime (frag.)
Xesús Lorenzo Varela Vázquez Homenaxeado Ano 2005
34
(Fillo de emigrantes, nace en 1916 a bordo do barco “La Navarre” á entrada do porto da
Habana (Cuba). Morre en Madrid en 1978)
LUGO
Na fonte de ferro,
no coiro dos bois
no espello do vento,
da navalla e da frol.
No recén da herba,
no lobo e no can,
nos ollos da meiga,
na pedra do lar.
No refaixo dela,
na ponte do alén
no andar das ovellas.
no ar do mencer.
No cabalo quente,
no viño millor
no que non se perde
no meu corazón.
Na noite senlleira,
no liño tecido,
na madeira tenra
dos vellos castiros.
Na vida, na morte, no amor e no ren,
loubareite, Lugo de aceiro e de mel.
Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas" Homenaxeado Ano 2004
35
(Ourense, 1907 – 1989)
A malla
«(…) Hoxe desapareceu completamente por estas terras o antigo sistema de degrañar
o centeo por medio dos mallos, que foron substituídos por trilladoras mecánicas, o que fixo
trocar o procedemento de aproveitamento do gran, suprimindo algunhas angueiras agora
innecesarias; unha de elas, precisamente a derradeira, é a que dá motivo a estas notas.
Polo mes de Santiago está xa a més en sazón e entón procédese á seitura. Unha vez
segado o centeo é atado en feixes e tense amoreado a carón da eira até o intre da malla.
É este un dos traballos de tipo comunitario que aínda se conservan no noso campo,
pois sgue na súa forma tradicional, pese á mecanización desta tarefa”.
En “No esprito da més en Lobeira (Ourense)”. Cuadernos de Estudios Gallegos. 1973
Antón Avilés de Taramancos Homenaxeado Ano 2003
36
(Taramancos (Noia), 1935 -A Coruña, 1992)
OBRA
VIII
Aquela chambra fina con bordados
de delicada man! ¡Que ar tan xoven
cinguía no teu peito! ¡Que nobreza
campesiña e galana oferecía!
Camiñabas na tarde paseniño,
eras columna ergueita e soleada
e o meu amor un cabirtiño novo
que brincaba e que ria tolamente.
Miña noiva de abril, rapaza nova
recendo de fiuncho e ruda fresca
decátaste da dor que me asolaga?
Tiña o tou corazón como unha sella
preferida, como un vello xardín
onde deixaba a mais pequena risa
a mais fonda Saudade e a mais alta
grandeza do querer.
E dime agora:
¿qué ramo de loureiro nesta fronte
para cantar a tua chambra clara?
Frei Martín Sarmiento Homenaxeado Ano 2002
37
(Vilafranca do Bierzo, 1695 – 1772)
Coloquio de 24 Gallegos Rústicos
No chan que en Morrazo
chaman os galegos
tamen San Cybran
que chega hasta o ceo,
que está no camiño
que vay ao Ribeyro
dendes Pontevedra
a vila do reyno,
a hum-ha legoiña,
camiño dereyto,
fay conta que sigues
o rumbo surlesto
se sube en relanzo
por todo o vieyro
sen muita fadiga
nem muito tormento,
38
Eladio Rodríguez González Homenaxeado Ano 2001
(San Clodio (Leiro), 1864 – A Coruña, 1949)
ORACIÓS CAMPESIÑAS
Quixera que os meus versos
cheirasen á terra húmida,
………………………………………….
sonasen sempre a cántigas barudas;
………………………………………
tivesen oraciós de atardeceres
………………………………………
chegasen as concencias máis escuras
e despertasen n’elas
as voluntades murchas,
e prendesen nas almas
as arelas patrióticas máis xurdias,
e rezasen á eito
a pregaria eucarística e litúrxica
do santo amor á todo canto é noso
i-á todo canto en nós vive e perdura,
pra que así nos sentísemos
nas xornadas futuras
máis grandes e máis donos de nós mesmos,
..............................................
39
Manuel Murguía Homenaxeado Ano 2000
(Frexel (Arteixo), 1833 – A Coruña, 1923)
DISCURSO NOS XOGOS FRORAIS DE TUI
¡O noso idioma! O que falaron nosos pais e vamos esquecendo, o que falan os aldeáns
e nos achamos a ponto de n’entendelo; aquel en que cantaron reis e trovadores; o que, fillo
maor da pátrea gallega, nola conservóu e conserva coma un don da providencia; o que aínda
ten nos nosos labres as dozuras eternas e acentos que van ó corazón; o que agora oídes coma
si fose un himno relixioso; o hermoso, o nobre idioma que do outro lado dese río é léngoa
oficial que serve a máis de vinte millóns de homes e ten unha literatura representada polos
nomes gloriosos de Camoens e Vieira, de Garret e de Herculano; o gallego, en fin, que é o que
nos dá dereito á enteira posesión da terra en que fomos nados, que nos de que, pois somos un
pobo distinto, debemos selo; que nos pormete o porvir que procuramos, e nos dá a certeza de
que ha de ser fecundo en bens para nós todos. Nel, coma en vaso sagrado en que se axuntan
todos os prefumes, achanse os principaes elementos da nosa nacionalidade, de novo negada,
e, aínda máis, escarnecida. Doulle o celta a súa dozura e a maor parte do seu vocabulario; o
romano afirmóuno; ten do suevo as inflesións; do noso corazón, o acento afalagador; e os
brandos sonos, e os sentimentos das razas célticas. Un tanto femeninos, é certo, pro que se
tempran no valor heroico dos seus fillos. Léngoa distinta –di o aforismo político- acusa distinta
nacionalidade. Digámolo nós tamén, se nos compre, con maor firmeza aínda, e poñamos de
nós o que faga falla, para que sea para sempre esta léngoa en consonancia co noso esprito, e
feita coma ningunha outra para a espresión dunha literatura tan oposta ó xenio da de Castilla
como é esta que nós temos.
40
Roberto Blanco Torres Homenaxeado Ano 1999
(Santa María dos Baños, 1891 – Madrid, 1936)
DIANTE DA NATUREZA
Pra Bernardino Varel Soilo os viles imbéciles
Pra Manoel Cabanillas as mágoas d’a fatiga
O monte está sereo, N-as leiras que dan froito,
os penedos vixían; sóbor chan que xermina,
a gándara está virxe o traballo fecundo
d’a profanazón ainda impón a lei da vida.
Soilo as cibdás imbéciles Soilo as cibdás imbéciles
Iñoran a cousina. co pitismo dan grima.
Na rasa Natureza O agro, o agro, é a musa
todo rechouta e brilla: d’ardente melonía
de cote ten o encanto en onde a frol d’a loita
d’a meiga poesía. chea d’arume e limpa,
Soilo os salóns imbéciles ergue seus cores roxos
fan normas da mentira. ô cume que aloumiña,
Xunt’ô paisaxe ledo, falando ôs peitos nobres
a fonte deita a linia d’a redentora obriga.
na qu’o sedento afoga Soilo as cibdás imbéciles traicionan a consina…
41
n-alcohol vil s’esnaquizan.
Meendinho, Homenaxeado Ano 1998
MEENDINHO
Seiam’ eu na ermida de San Simón,
e cercaronmi as ondas que grandes son.
Eu atendendo meu amig’! E ver[r]a?
Estando na ermida ant’ o altar
cercaronmi as ondas grandes do mar.
Eu atendendo o meu amig’! E ver[r]a?
E cercaronmi as ondas, que grandes son;
nen ei [i]barqueiro nen remador.
Eu atendendo o meu amig’! E ver[r]a?
E cercaronmi [as]ondas do alto mar;
non ei [i]barqueiro nen sei remar.
Eu atendendo o meu amig’! E ver[r]a?
Non ei i barqueiro nen remador:
morrerei [eu]fremosa no mar maior.
Eu atendendo meu amig’! E ver[r]a?
Nen ei [i]barqueiro nen sei remar,
Morrerei eu fremosa no alto mar.
Eu atendendo meu amig’! E ver[r]a?
42
Martín Codax, Homenaxeado Ano 1998
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo,
e, ai Deus, se verra cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado,
e, ai Deus, se verra cedo!
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro,
e, ai Deus, se verra cedo!
Se vistes meu amado,
o por que ei gran coidado,
e, ai Deus, se verra cedo!
43
Johan de Cangas, Homenaxeado Ano 1998
En San Momed’, u sabedes
que viste-lo meu amigo,
oj’ ouver’ a seer migo;
mia madre, fe que devedes,
leixedesmio ir veer.
O que vistes esse día
andar por mi mui coitado
chegoum’ ora seu mandado;
madre, por Santa Maria,
leixedesmio ir veer.
Pois el foi d’ atal ventura
que sofreu tan muito mal
por mi, e ren non lhi val;
mia madre, e por mesura,
leixedesmio ir veer.
Eu serei por el coitada
pois el é por mi coitado
se de Deus ajades grado,
madre ben aventurada,
44
leixedesmio ir veer.
Ánxel Fole Homenaxeado Ano 1997
UN LADRÓN ANDABA POLA CASA
Historia de Misterio
Sempre soñaba isto o recaudador de contribución de alá de Pastoriza. Pastoriza ten
sona de ter moi bo gando. Sempre o decía o don Casto Méndez, cando iba botar un vaso á
tasca do Benedicto, que era tamén un bon zapateiro. Unha vez contóunos a don Cándido e
máis a min que sempre soñaba que un ladrón entraba na súa casa cunha ganzúa.
Máis ise ladrón soñado era tamén un asesino. Xa se sabe que os ladrós que andan de noite
son moitas veces asesinos tamén. Van dispostos a matar a quen sea, porque non se lles
descubra o roubo.
Don Casto era un home pequenote il, dus cincoenta anos e moi rebusto. Máis tiña unha
voz de neno que facía rir a moitos mal insinados.
- Sempre soño con un ladrón que entra na miña casa pola noite. Sempre se me achega
ó leito. E sempre me bota as maos á gorxa para me afogar. Eu berro i a miña muller esperta.
Esto me contóu unha vez en Vián, ceando na casa do cura don Cándido. Era po-lo
outono, despóis de San Froilán, e ceáramos perdices que o mesmo cura don Cándido cazara
coa súa escopeta do dazaseis.
Era noite de lúa chea i eu collín o camiño de volta para Pacios. E fun pensando que a
voz de neno de don Casto facía tempo que era un pouco rouca, coma si tivera un catarro á
gorxa.
45
Pasaron algúns anos i eu atopéime de casual en Santiago, cuns vellos amigos a
quenes non vira en vinte anos. Andabamos de vagar po-la rúa da Calderería. Sería coma unha
hora antes do xantar.
O Venancio, que sabía moitas historias disas que chaman do outro mundo, falaba das
premonicións.
-Hai moitos casos en que se aduviña o porvir dunha maneira que chamaremos
instintiva.
-Ista conversa era millor prá noite, coma cando paseabamos po-la Ferradura e
contabamos disas historias de medo, ás que era tan afeizoado o gran clínico don Roberto
Nóvoa Santos.
- Penso recordar que me dixeron que don Roberto cría que os cás oubeaban cando
sentían a morte dunha persoa, poucas horas antes de morrer.
Pasamos por diante dunha casa estreitiña. No portal había unha mesa mortuoria. Non
sei cómo, acheguéime a vé-la esquela. “Don Casto Méndez, ex recaudador de
contribuciones...” Era o de Pastoriza.
-Non sei o que daría –dixen- por saber de que morréu ise don Casto, que eu coñecía.
Naquil intre saía un cabaleiro do portal, cunha carteira debaixo do brazo.
- Si tanto che interesa…
O Venancio estivo inda un bon ratiño falando co cabaleiro da carteira. Despedíronse
con moita cerimonia
- Ise don Casto morréu dun cáncer na gorxa. Mesmamente se valeiróu dunha
hemorraxia. Fai tres días, aínda andaba de pé. Apenas se lle entendía xa o que falaba dende
algún tempo.
A frase de obriga é eiquí que “me quedei dunha peza”.
(Ánxel Fole, Contos Da Neboa, Edicións Castrelos, 1973)
46
Xesús Ferro Couselo Homenaxeado Ano 1996
(Louro (Valga), 1906- Ourense, 1975)
COMO E POR QUÉ OS ESCRIBANOS DEIXARON DE EMPREGAR O GALEGO
O galego entón é a fala dos vasalos e dos señores, dos cregos e dos labregos, e óucese o
mesmo nos concellos que nas eirexas, misturado co latín nas prédicas e cerimonias. “E esto
así dito e outorgado ergueuse o dito chantre e tomou por las maos aos ditos Afonso Ougea e
Tereixa Alvares e en suas maos feceron logo palavras de casamento ambos e dous, segundo
que manda a nosa Santa Madre Iglesia, dizendo o dito Afoso Ougea que recebía a dita Tereixa
Alvares por sua muller boaa e leal e a dita Tereixa Alvares dizendo que reçebía ao dito Afonso
Ougea por seu marido boo e leal…” Ansí se fixo un casamento, nos comenzos do catrocentos,
según as Notas de Estebo Pérez, chanceller do Cabidoo da Catedral de Ourense.
Inda que o rei de Castela non se alcuña xa Emperador, como noutrora o imperante en León,
ténse por tal de feito e de dereito e leva a honra mandar en reinos de costumes e falares
diversos. No seu famoso discurso pola primacía de asento no Concilio de Basileia o daián de
Santiago don Alonso de Cartagena, conselleiro do rei don Xohán II e logo bispo de Buros, antre
as probas da preeminencia do Rei de Castela sobor do da Ingalaterra, apón a de que aquil era
rei de reinos con diversas língoas. Vemos por iso como endexamais recusa que lle falen os
vasalos cada un na sua fala.
Namentras gobernan os endiantados, a conciencia de Reino de seu mantense viva. Pro a
anarquía feudal –que en Galicia houbo feudalismo como en ningures- trouxo o debilitamento
das vellas institucións xurídicas.
De contado, cos Trastámaras, de fora veñen arreo bispos, alcaldes maores, correxidores,
daiáns de Caidoos e hastra cregos, coengos e abades…
(Do libro Homenaxe a Otero Pedrayo. VV.AA. Ed. Galaxia. Vigo, 1958 )
47
Rafael Dieste Homenaxeado Ano 1995
(Rianxo, 1899 - Santiago de Compostela, 1981)
O GRANDOR DO MUNDO
Tanto ouvira falar de Bôs-Aires, das ruas longas e direitas que non se dan ademiradas
nin andadas, da prata relocinte e xenerosa con que alá premian o traballo, dos boletíns de
moitas llanas e da xente sabida que os lé, dos longos trens que bruan pol-a pampa infinda e de
mil cousas ledas, lanzales e rumosas, tanto ouvira falar, antrementres co-a navalla barbeira –a
mais levián da vila- percorría as fazulas dos seus parroquianos de sempre, e tanto no seu
maxín escarabellou o falado, que un día topouse de súpito co-a circia vôntá d’ir a Bôs-Aires.
Dez anos alá, e voltaría rico de pecunia e lembranzas.
Unha mañanciña saeu da vila cun baul pequerrecho.
Cando chegou ao porto –endexamais vira unha cidade- sinteuse atordoado e pequecho
n’aquel reducio de escintilos e romores novos, e a rentes andivo de voltar. E hai quen di que
dixo moi ademirado, moi anguriado e moi pol-o baixo: -¡Qué grande é o mundo!
Dez anos alá e voltou rico de pecunia e lembranzas.
Chegou en tempo de invernía, cando andan os gatos a se pasearen pol-a casa moi
desacougados, e as galiñas fan ringolas na sombra do alpendre, e as badaladas que chaman â
novena fan o serán esguío, espiritado.
E cando estivo na casa e pasou o ledo barullo do recibimento, púxose a asubiar algo
que escomenzou en tango e rematou en vella cantiga, mentras os vidros da fiestra
choromicaban diante dos seus ollos, estragoando a rua homilde.
Algo moi vello e moi novo foi sortindo solermiñamente de non sabía que esquencidas
veas do seu intro. E sinteuse asolagado ate a gorxa de dôce e rara anguria de morto
reviviscido. E cando pasaron uns picariños correndo e salmodiando aquelo, (“Chove – chove -
na casa do probe, - na miña non chove”) marmulou co-a voce esnaquizada:
- ¡Qué grande é o mundo!.
(A Fiestra Valdeira, Rafael Dieste, IGAEM, 1994)
48
Luis Seoane Homenaxeado Ano 1994
(Buenos Aires , 1910- a Coruña, 1979)
A FONTE (frag.)
Semellaba o vello un vagamundo,
unha braga ao meio da coxa
máis curta a outra e de difrente coor,
desguedellado e arrodeado de moscas,
ollando cara a fonte.
Un burato cun picho no muro,
A fonte da rúa do Franco,
con unha auga mellor que outras,
que roidosa enchía as sellas
cantando a auga e brincando.
Ao agochárese as mozas
amostraban as pernas, as coxas
frescas como a auga da fonte.
Eso é todo o que agardaba,
encostado, desdenoso, no muro,
aquel vello que semellaba un vagamundo.
49
Eduardo Blanco-Amor Homenaxeado Ano 1993
(Ourense, 1897- Vigo, 1979)
A PESCA (frag.)
Agarimantes cóxegas, moxenas
no teimoso cristal bulinte espello
dos vimios confidentes pola beira.
Sobro de nós, dondo silenzo, o ceio.
O peixe foi, seu pulo e bris de prata,
un istante no tempo de ar e rede;
dempois, nota e puñal, fendeu as augas,
arrepío de luz na linfa verde.
Como ispido na forza do seu arco,
lanzal teu corpo, sen ferir a area,
sortíuse con lediza de venablo
para o cachón das augos balbordeiras.
Eu témero de ti, cos teus alentos
na aperta da fondura entebrecidos,
funte buscar nos arcos medoñentos
onde amolece o sol en mornos limos.
Tremantes de tolicie, prata e riso
o peixe e ti, nos verdes solagados,
xa as guirlandas da morte en rodopío,
foron a dar nas redes dos meus brazos.
50
Fermín Bouza-Brey Homenaxeado Ano 1992
(Ponteareas, 1901- Santiago de Compostela, 1973)
RETORNO (frag.)
"Mol rabanda do Mundo,sabrosa terra nai,
que ventura manxartecomo un lírico pan
e chantarche a dentamia dos ollosna códea vidal,
madura, recendente,vizosa, a latexar!…
Somentes ti me saciasa fame perennal
Regusto de alonxarmepara logo voltar,
e adormir no teu coloabranguendo o teu van,como un Miño quencido
polo peito dos vals,coas augas quedas, quedas,
sen presa polo mar.Salcóchate de estrelas,que é o teu doado sal,
ollece de liñaresa máis non verdexar.Afúmate de brétemasno caínzo do serán,
que os sentidos precisande ti, fogaza albar;de ti, suprema bica
e propia caroal;de ti, en sazón e chea,
ouh Galiza maná!
51
Álvaro Cunqueiro Mora Homenaxeado Ano 1991
(Mondoñedo, 1911- Vigo, 1981)
SOEDADES DA MIÑA BRANCA SEÑOR (frag.)
Escóitasme tí, miña señor amada, cando do peito
meu o trobo arde
ou atrás de ti a sombra do meu soño
loucamente a túa apreixa e bica ?
Ouh doce o peso do teu corpo no meu maxín deitado
Neste río do meu vagar sin fin
qué incendiado navío non navegas na noite?
-Por qué este corazón tanta frol murcha,
por qué inda son eu de tanta verba a boca?
Miña branca señor, corpo delgado:
este bosque é do tempo da máis recente lúa,
i ese malvís que tanto áer enfrauta
cada día que amence renasce e asubía.
Amante, no meu vaso aínda canta a sede.
Esa lúa nevada, amor, que do teu corpo
medra coa noite sober das cumes dos meus ollos.
Deixa que rose, ao arrimo das cerdeiras,
nas illas dos teus ollos a i-alba rumorosa
Adormece ao meu carón, namentras quebra o día
baixo un teito de aluadas, tímidas cantadoras.
-Ese sono que por dentro escorre
e pouco a pouco amósase ao meu rostro !
fai falla, quezáis, un cabalo roxo
52
ou unha aza mortal e fría para brincar fora desta
língua de lume?
Luis Pimentel Homenaxeado Ano 1990
(Lugo, 1895-1958)
SOLPORES DA MIÑA VILA
Solpores da miña vila,
longos, case eternos.
(Os anos pasan rápidos;
os días, lentos).
a luz esbara polo meu piano lustroso
¿Qué música lle poñeremos?
As maos, soñan.
Solpor de prata
sobor do ébano.
Penso nos poetas mortos.
Calma, calma...
Tarde inmóvil, eterna.
Quédase dulcemente
¿en que soedade, lonxe?
Ceo, ceo, máis ben luz.
Equilibrio diste gris
tan tenro.
No, non hai paisaxe
nin carne nin sangue.
Solpores da miña vila,
53
longos, lentos, música.
As maos, soñan.
SOMBRA DO AIRE NA TERRA
Celso Emilio Ferreiro Homenaxeado Ano 1989
(Celanova -Ourense, 1912- Vigo,1979)
LONGA NOITE DE PEDRA (frag.)
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazóns dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
54
de pedra.
Ramón Otero Pedrayo Homenaxeado Ano 1988
(Ourense, 1888 – 1976)
A CASA SOIANas queixumosas táboas
Brosladas finalmente polo vermeanalista de insomnios e fantasmasrepousou o mou pai no cadoleito,
e inda a piedade de unha bágoa de óliogarda a lembranza gosalleira e triste
pra o fillo sempre na querida coimbra,neno xiado de augural pavura
pola friaxe glacial de aquela manquentor de Deus, forteza e recompensa.
Sofren meus probes libresproba de soedade, noite e poeira,apreixan requintados pensadoresos seus cristalográficos esquemasen procura da chama dos poetasaínda nos ermos bailadora lapa.
E encentándome o peitoos dentes do remorso, non sosteñen
os ollos o reproche amarguradodas páxinas sin ordre folleadas,onde se sinte o delorido prantodas escumas e torres das ideas
batendo en xordas praias e roquedosde indiferente tempo acugulado.
…Arestora un irónico paxaro
peteira na gaiola do meu peito,non quero pescudar o cemiterio
dos quebrados ensaios dos meus egos,os imprefeitos testos de cerámica
deste meu barro, ás veces Kaolín puro
55
dina lampada do locir eterno,outras trollo calcado polos casos
dos armentíos mouros do pecado,ou tristeiros refrexos de outros ceusapreixados na lama. De este barro,
feito e desfeito deica a man da Morte,a suprema escultura das facianas.
Francisca Herrero Garrido Homenaxeado Ano 1987
(A Coruña, 1869-1950)
NÉVEDA (Introducción).
"Querendo un gran poema cantar, dúbidas teño; que se falo galego non me entenden; e a
cantar castillán nan me comprendo. Así mesmo pregúntome, se en prosa hei de escribir ou ben
en verso; e ríome soíña deste meu dubidar; que é un aletexo igual ó dun poliño que se debote,
coidándose atrapado no poleiro por un espanta-paxaros de trapo movido polos ímpetus do
vento. Ninguén ha de le-lo meu escrito nin naide ha de folla-lo meu pensamento... abonda con
deixar corre-la pruma; abasta con cumpri-lo meu desexo. ¡Lectores... quen os vira, mulpocado!
couberan nun puñiño ben pequecho!... Deixade, pois, que escriba como canto: deixádeme que
fale cos galegos, que son irmáns da alma os que me escoitan, e non ha de asolagar nos meus
defectos. E aqueles que non entenden os meus falacios, e se sintan no propio Iar alleos,
relembren que nasceron en Galicia; que eiquí atallecerán fillos e netos; que dormen nesta terra,
aloumiñadas, as cinzas brancuxadas dos seus deudos”
56
Aquilino Iglesia Alvariño Homenaxeado Ano 1986
(Abadín, 1909- Santiago de Compostela, 1961)
HOMENAXE A RAMÓN CABANILLAS (frag.)
Viñeran anos de carnada e alas de corvo,sombras desabogosas, chegaran as rulas,o vento cantaba nas lanzas e nas almeas,
esa canción de ferro tan sabida.Os que irían ás rilleiras do olvido,
cansos de andar arrastro polas viñas e pumaregas,viran chegar os señores da terra sobre os seus cabalos,
e fixeron homenaxe ós poderososcos seus corazóns máis tristes que a noite
á sombra das súas fillas.E soñaron entón en terras anchas coma maresonde pousar o mel do seu corazón sin medida,
e botaron negras naus á mar dos deuses,e sobre mares de cinza de orxos tristes,
e sobre mares ledas de ribeiras sin conto,puxéronse de xonllos cos ollos entrabertos ós lonxes.E nunha doce fumareda viran esborrallarse as torres;
unha polvareda de terra morta íbaas pouquiño a pouco soterrandoSoñaran entón outra vez en erguer a cidá de arriba abaixo
e abrir os camiños ás canciós,esperar neles aínda o mercador de panos e coiros finos de cerro
e o de copas de aramio e lámparas de corno,e o que trae un corvo que fala e herbas de amor,e o que libra do medo o corazón servo e cativo.
Doce deserto de sonos de area, que o vento leva e trae,Ciudades de ouro rebrilando no aire morno do serán.
57
Doces ciudades asolagadas en sons que despertan ó menceros labancos pelengrinos.
Corazóns desfeitos como mares sin sosegonavegan tristes cara ás terras de xentes de outra fala
e xa pensan morrere sen ver o doce fume dos eidos nativos.Pero aquí está o poeta das aradas leves do sono,
noso irmán o poeta das boas novas.Na ribeira onde se fon os barcos ledos dos sonos que non morren
o seu canto arbora claras bandeiras no mencer.
Antón Losada Diéguez Homenaxeado Ano 1985
(Boborás-Ourense, 1884 – Pontevedra, 1929)
Nós, Nº 71 (frag.)
Probos rosas, saundosas
esperando amañecer;
loumiñadas, degaradas
por medrar i arrencender.
Tristes rosas amorosas,
todo chega, i o fin chega
cando a póla se dobrega
e nan vos pode soster.
Craros soños, frolecidos
cobizando un ideal;
aniñados, enchoiados
nunha roseira lanzal.
Tristes soños noitecidos,
todo chega i o fin chega
58
se dos soños soilo queda
o imposibre no rosal.
Armando Cotarelo Valledor Homenaxeado Ano 1984
(Veiga, 1879 – Madrid, 1956)
HOSTIA (frag.)
“¿Relembras?... Foi na doce Aquitaña. A raiosa primaveira enguirlandaba a campía e a serán
deitaba tranquil coma un misteiro frolido. Despeado e polvorente cheguei ó teu sarego.
Proscritos da terra nosa, decote perseguidos cal bestas montesías, chamamos onde vós. E
aquela porta, a porta de túa nai, a úneca para nós aberta, foi para min a porta dos ceos. No
atrio estabas ti, abeiro da “triquilla” arrodeada de pombas como Vénus, belida como Flora,
graciosa como Aglae, como Hera sorrinte... ¡Ai! terrible como o amor. Teur ollos feiticeiros
miraron garimosos o estrano pelerino de quen todos fuxían... ¡Gracias, ouh Prócula, aínda
gracias, sempre gracias!
59
Manuel Leiras Pulpeiro Homenaxeado Ano 1983
(Mondoñedo, 1854 – 1912)
OBRAS COMPLETAS. POESÍAS (frag.)
¿Por qué o ceo máis limpo ao galego
lle párce afumado?
¿Por qué a terra frolida que manda
lle cheira a escamallo?
¿Por qué a iauga, hastra no ollo da fonte,
pra el ten sempre tasto?
¿Por qué sinte que a sangue sorenta
figura aburalo?
¿Por qué trema, dormente, e dacondo
somella ter rautos?
Porque está cos comenzos da febre
que aos probos deixados
fai perder a cabeza, i erguila,
dar fungueirazos,
cando pintan que poden gandilos
os corvos que, a bandos,
nunca faltan onde eles, famentos
60
seu coiro buscando…
¡Ogallá que nin un se lles lisque,
nin gordo, nin fraco!...
Luis Amado Carballo Homenaxeado Ano 1982
(Pontevedra, 1901 – 1927)
PROEL (frag.)
O xesto monacal da pedra
benzoa o acougo da aldea…
Axiónllanse os camiños
abrazados ao cruceiro,
nunha azul eternidade
de pedra e ceo.
A agonía do solpor
conmove o planto da terra,
e a paisaxe presígnase
con santas cruces de pedra.
A campaíña de prata
do día,
latexa un ángelus
de epifanía.
61
E o sol agoniante
ven a encravarse na cruz,
abrindo os marelos brazos
como o salvador Xesús.
Vicente Martínez Risco Homenaxeado Ano 1981
(Ourense, 1884 – 1963)
LERIA (frag.)
“Nas camiñatas longas polas vereas enlamadas do val, antre as muradellas dos eidos e á
sombra dos carballos, polos vieiros abertos da serra, batidas do vento, antre as uces e as
carqueixas, polas estradas poeirentas baixo un sol de xusticia; nas pousas na porta de chouza
e na portalada do pazo, ao pé do cruceiro ou debaixo dun cabaceiro, ao acollido da chuvia,
xantando nos mesós, sentados nos longos bancos onde se sentan osarrieiros e os camiñantes;
durmindo nas pousadas da aldea, baixo o faiado de rexas trabes de castiñeiro; falando cos
rapaces, cos vellos, coas mulleriñas, cos homes que andan no traballo; ollando os longos
horizontes cinguidos de serras azúes, sorbendo o ár fresco da mañá e o luar da noite, vai ún
comungando coa terra, deixándoa entrar máis adentro na ialma, sintinto a suprema mística
identidade coa gran Nai silenzosa, ao tempo que a súa vida imensa nos inunda e adonámonos
dun pouco da forza plástica criadora de todas as cousas. A forza inmorredoira que ha dar forma
fatura á ialma segreda e diviña de Galicia."
62
Alfonso X "O Sabio" Homenaxeado Ano 1980
Rei de Castela
(Toledo, 1221 – Sevilla, 1284)
CANTIGAS DE SANTA MARÍA (frag.)
Da que Deus mamou leite do seu peito
non é maravilla de sâar contreito.
Desto fez Santa María miragre fremoso
ena ssa eigreja'n Lugo, grand'e piadoso.
por hûa moller que avía tolleito
o máis do seu corp'e de mal encolleito:
Da que Deus mamou leite do seu peito
non é maravilla de sâar contreito.
Que ámbalas súas mâos assí s'encolleran
que ben por cabo dos ombros todas se meteran.
e os calcannares ben en seu dereito
63
se meteron todos no corpo maltreito.
Da que Deus mamou leite do seu peito
nan é maravilla de sâar contreito.
Manuel Antonio Pérez Homenaxeado Ano 1979
(Rianxo, 1900 – 1930)
DE CATRO A CATRO (frag.)
Fomos ficando sóso Mar o barco e máis nos.
Roubáronnos o Sol.
O paquebote esmultadoque cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco.
Ronbáronnos o vento.Aquel veleiro que se evadéupola corda floxa do horizonte.
Este océano desatracóu das costas
e os ventos da Rosetaourentáronse ao esquenzo.
As nosas soedadesveñen de tan lonxe .
como as horas do reloxe.Pero tamén sabemos a maniobra
dos novíos que fondeana sotavento dunha singladura.
64
No cuadrante estantío das estrelasficóu parada esta hora:
O cadavre do Marfixo do barco un cadaleito.
Fume da pipa Saudade
Noite Silenzo Frío.E ficamos nós sós
sin o Mar e sin o barconós.
Antonio López Ferreiro Homenaxeado Ano 1978
(Santiago de Compostela, 1837 – Vedra, 1910)
O CASTELO DE PAMBRE (frag.)
"A Sobrado algo xa o conocemos; agora paréceme posto en razón que tamén
enxerguemos algunhas palabras acerca do Vilar de Mella. Xa dixemos que esta fortaleza de
Vasco Fernández estaba situada onde se xuntan dous rigueiros que van ao Iso, antre as
parroquias de Mella e Sendelle. Compúñase dunha torre cadrada de tres pisos cas súas
correspondentes almeas e con dous corpos de casa a ela pegados, un polo lado do Norte e
outro polo do Solano.
Este estaba en tres grandes salóns a continuación un do outro e o último entestaba ca
torre. O outro corpo de casa soilo tiña un salón, que tamén comunicaba como os outros co
segundo piso da torre. Todo ao redor había unha forte muralla tamén almeada, e arrimadas a
ela estaban as caballerizas, o graneiro, a leñeira, a palleira e outras dependencias da casa.
Dous cubos redondos defendían a porta da muralla que estaba encontra a torre, e ademáis
65
axudaban a ter man do aparello e arteficio da ponte levadiza. Os dous regos, de que falamos,
pasaban ao pe da muralla e ao mesmo tempo que servían de foso, facían máis vistoso e
animado o paisaxe.
O moblaxe da casa consistía en grandes catres cerrados con cortinas, xa de seda, xa
de lan, esparcidos por tódolas habitacións; en huchas non pequenas entalladas por tres dos
costados; en tal cal almario, en mesas de pes moi repinicados cos seus correspondentes
bancos e taboletes, e en caixóns, baules, canapés e outras cousas polo estilo”
Antón Vilar Ponte Homenaxeado Ano 1977
(Viveiro, 1881- A Coruña 1936)
PENSAMENTO E SEMENTEIRA (frag.)
"Eu xa fai tempo que ando a dicir que axiña non haberá na Galiza máis que unha só
aristocracia - aristocracia de pensamento, non de sangue -, aristocracia ou aristarquía, si vos
parece millor, a do galeguismo; a que leva por bandeira e por escudo o "orgullo orixinal"
simbolizado no emprego da lingua materna, que é o supremo froito de diferenciación da lingua
materna, que é o supremo froito de diferenciación da raza á que perteñecemos. O galego culto
que hoxe se esprese en galego, por ese só feito demostra levar na ialma un nidio sentimento
de libertade; un nobre afán de asolagar a súa intelixencia nas augas vivas do traballo enxebre
co fin de lles dar o tempero perciso para que poidan fecundar mortas terras, cheias de lixos de
escravitude, trocándoas en viveiros de vizosa democracia.
A medida que o galeguismo vai encentando concencias novas e póndoas a xeito coas
relidades da terra, é doado decatarse de que outras moitas cousas que parecían grandes
66
cousas camiñan cara ó deserto por ocas i estériles, inda que fagan tanto ruído coma o tambor
valeiro da parábola de Tolstoi.
Eu penso que as únicas saetas que van sempre rectas a furar o branco do futuro son
aquelas que se lanzan valéndose do arco da nosa lingua, xa ,que só entón mostrámonos
orixinaes".
Ramón Cabanillas Enríquez Homenaxeado Ano 1976
(Fefiñáns-Cambados, 1876 – 1959)
NA MORTE DE CASTELAO
¡Irmán Daniel!Na praia de Rianxo
caían como bágoas as estrelas,espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas serras,e ondas galgantes, en cramor, chegadas
da pratense ribeira,contaban no areeiro que te forasda sereidade pola plan vereda...o camiño que nunca se desanda,
o vieiro sin fin...Na noite pecha
entréi pinal adiante, medoñento,a ialma dun feitizo prisioneira.
Fungaban os ramallos un responso,brilaba a frouma verdecente acesa,en velorio de honra ó teu relembro.
67
Ergueitas cara ó ceo as ponlas, eracada pino un cruceiro,
labra xenial da túa man maiestra,e aquel forte e lanzal, que tempos idos
escoitou a túa prácida conversaco sabidor e xurdio
Profundador de voces milagreiras,inquiréu delorido, en desespero:
¿De qué morte morréu a nosa prenda?Atravesóume o peito
un dór punxente e esguío de saietae díxenlle a verdade crú, tinguindo
cunha pinga de sangue cada verba:¡ Morreu do mul dos bós
e xenerosos !¡Morréu de amor á Terra!
Xoan Manuel Pintos Villar
Homenaxeado Ano 1975
(Pontevedra, 1811- Vigo, 1876)
A GAITA GALEGA TOCADA POLO GAITEIRO (frag.)
Ou Galicia, Galicia boi de palla
canta lástima ten de tí o Gaiteiro!
O aguillón que che meten é de aceiro
e con él muita forza te asoballa.
No lombo teu zorrega, bate e malla
fasta o máis nomicreque ferrancheiro
e calesquer podenco forasteiro
te vafa de vergonza sin migalla!
Agarima alleeira eses ingratos
68
ou víboras que postas ao teu peito
co ferrete che rompen mil buratos!
Si o sangre teu refugas do teu leito
malas novas madrasta de insensatos
dos fillos teus ao amor nan tés direito.
Xoan Vicente Viqueira Cortón Homenaxeado Ano 1974
(Madrid, 1886 - Bergondo (A Coruña), 1924)
DA GÁNDARA ERMA E TRISTE
¿Da gándara erma e triste,
piñeiro bravo,
non ouces do mar o mar molto
tan solitario?
¿Non sintes te chamar á vida
pra un vivir sempre máis alto?
Piñeiro antigo,
vello e engruñado,
ergue as sempre verdecentes ponlas
que ao vento traman cal tramaron
as daqués que, rexos e amorosos,
69
aquí cantaron.
Eu son como un carballo solitario,
rexo e podente,
que ten reminiscencias milenarias,
alta a cabeleira verdecente.
E cando cheguen os ventos da invernía
ou as brisas do vran,
as cordas da miña arpa cal as ponlas,
á vida cantarán.
ENSAYOS Y POESÍAS
Manuel Lago González Homenaxeado Ano 1973
(Tui, 1865, Santiago de Compostela, 1925)
HOMAXE O ARCEBISPO MANOEL LAGO GONZÁLEZ (frag.)
Aquí dentro da cárcere vives
sereno e tranquilo
como viven os páxaros ceibos
nas prumas do niño.
Polas reixas de ferro contempras
o ceo infinito
onde brilan as luces do día
tecendo sorrisos.
Ves os montes cubertos de nubes
y-os campos froridos,
y-o pasar arredor da cadea
parentes y-amigos.
E non sintes o peito magoado
70
y-o rostro alcendido;
que te miras no fondo da y-alma
y-atópaste limpo.
Anque teñas o corpo aquí preso
non tés meu amigo
con cadeas atada esa y-alma
que é filla de Cristo.
Libertade do corpo non vale
que o corpo é cativo.
Cántos hay que son libres do corpo
e presos do esprito!
Valentín Lamas Carvajal Homenaxeado Ano 1972
(Ourense, 1849 – 1906)
A ALDEA (frag.)
No medio dun souto, ao pé dunha serra,na cume dun monte, no fondo dun val,
coas chouzas de seixos telladas de colmo,están as aldeas, o mundo rural.
. . .Alí como os corpos, o espritu esmorece,sin outros alentos que a superstición;
os mortos as bruxas, os trasnos, as meigas,seus dioses penates, seus númenes son.Fanáticos, chámanlle á cencia herexíaao xenio loucura, grandeza ao poder,
valor á osadía, ao medo pacencia,á usura comercio, vergonza ao non ter.
. . .Alí, os caciques engordan e chegana ricos sin teren nin rentas nin bés,
namentras o triste maestro de escola,un ánema en pena de fraco parés.
71
. . .Alí non pensedes hachar agarimosi apóstoles sodes de algún ideal,
a inmovre rutina secóu os celebros,i a cega iñorancia xunguíunos ao mal.
. . .¡Ai míseros, probes, coitados labregos
que están nas aldeas rabeando de bós...escravos que levan o nome de libres,
que viven no inferno rezándolle a Dios!
Gonzalo López Abente Homenaxeado Ano 1971
(Muxía, 1878 – 1963)
CENTILEOS NAS ONDAS (frag.)
Lostregueante choviscar de estrelas
No escuro seo dunha noite en calma;
Labarada de auceiros e de arelas
A arder na seca gándara da ialma.
Anceios meus de lles ronbare aos mares
Rondas de escuma, pérolas nacradas,
72
Rebrilos de ronseles estelares
Nos albos colos das mariñas fadas.
Ladrón, a vixiar nas penedías,
Nas pardas lombas dos adustos cabos,
No fervente balbor das ardentías,
Nas mouras furnas nos rochedos bravos.
No brancore dos seixos dos coídos,
No morno abrigo das arnelas fondas...
Só puiden apañar estes louridos
Centileos nas ondas.
Marcial Valladares Núñez Homenaxeado Ano 1970
(Vilancosta-Berres (A Estrada), 1821 - 1903)
MAXINA OU A FILLA ESPÚREA (frag.)
"Corría o ano mil oitocentos sesenta e seis: era unha mañán de maio; empezaba a
esclarecer, e ladrando os cans nas eiras, daban a xente que pasaba polas congostras;
cantaban xa o millangarrido, a bubela e o cuco nas carballeiras, o merlo e o reiseñor nos
salgueirales, o paspallás entre os centeos, e os xílgaros e carrinciños, os chincheiros e siríns
desfacíanse nos eidos mirando cada un pra o seu amor, que alí os oviños no níxaro empolaba,
e adozando todos en concerto vario, traballos preludio de maternidá. Era o día vintesete, día da
73
romería no Pico Sagro, e subindo a aquela altura de dous mil cento trinta e oi-to pes sobre o
nivel do mar, altura onde, según lendas e tradicións do País, habitaron antigos mouros, e dis
que algún habita aínda; onde en novecentos catorce fundóu o bispo don Sisnando menesterio
de Benitos;onde en mil oitocentos trinta e un o arzobispo compostelano Frei Rafa el Veles
mandóu poñer, e en primeiro de novembre daquel ano púxose no curuto mismo unha gran crus
de pau pra que os pasaxeiros a adoraran, feita astelas por un raio o sábado de Ramos de mil
oitocentos trinta e seis; rubindo por aquel monte de carronchiñas frolidas, queiroas e recentes
tomelos, acudían de moitos lados, por diferentes carreiros, devotos que iban a visitar o Santo
San Sebastián, algúns asta con ofrendas; todos a rezarlle, a oirlle misas na súa solitaria ermita,
único que hoxe se ve alí, pausado como unha pombiña blanca ó pé da cresta".
Antonio Noriega Varela Homenaxeado Ano 1969
(Mondoñedo, 1869 - Chavín de Viveiro, 1947)
D´O ERMO (frag.)
iNin rosiñas brancas, nin claveles roxos!
Eu venero as froliñas d'os toxos.
D'os toxales as ténues froliñas,
que sorríen, a medo, entr'espiñas.
Entr'espiñas que o Ceyo agasalla
74
con diamante-las noites qu'orballa.
¡Oh d'o yerm'o preciado tesouro!
as froliñas d'os toxos son d'ouro.
D'ouro vello son, mai, as froliñas
d'os bravos toxales, ¡d'as devocións miñas!...
Florentino López Cuevillas Homenaxeado Ano 1968
(Ourense, 1886 – 1958)
PROSAS GALEGAS (frag.)
"¡Probiños os ríos! Os máis pequenos morreron xa. As fervenzas dos outros calaron ca
súa leda cantiga, e os muiñeiros esqueceron as noites afrodíticas dos muíños. De vagar, de
vagar, soio escoan por entre as pedras das presas fíos de auga, tan miudos, tan febles, que
semellan as bagoas dun neno. ¿Onde foi, ouh ríos, a vosa forza de viaxeiros arriscados?
75
Tristeiros, mudos, a vosa iauga encora nas chás e fede por que, falla de azos pra camiñar,
morreu ca soedade do alén.
E aínda os grandes ríos da nosa terra: O Miño, O Sil, o Ulla, qué debecidos, qué
probes! De cada día, o voso leito afúndese máis, como si andivérades a abrir a vosa propia
sepultura.
E tí, gabacha fonte do lugar, amiga das mozas e dos parrafeos, e tí, fontiña homildosa
da gándara, consolo de pogoreiros, casa frorida da moura encantada, ¿ Qué sentides ao ollar
estiñadas as vosas augas? ¿Qué vai ser da moura encantada, cando a fontiña da gándara
sexa soio unha cotra regañada?"
Manuel Curros Enríquez Homenaxeado Ano 1967
(Celanova (Ourense), 1851- La Habana, 1908)
AIRES DA MIÑA TERRA (frag.)
Como a miniña tolaque sai por ves primeiracon dengue e muradana
prá festa do lugar;así, xentil i aposta,
vai vindo a Primaveira,
76
grinaldas de cravelesvertendo ó seu pasar.
Os álbores espidosDe fruto e de ramaxe,cubertos xa de follacomenzan a dar fror;
i á sombra agachapadodo prácido follaxe,
mentras que o gando garda,fai chifros o pastor.
Xa de amarelo e brancose pintan os outeiros,xa nacen nas silveirasas froles de San Xoan;xa crecen nos valados
as hedras i os loureiros;xa ten carroucho o millo,xa as vides gromos dan.
Ai, estación florida,gallarda primaveira,
quén pra botarche coprastivera o que non ten!…
Co corazón ferido,sin lira garruleira,
¿Quén te cantóu, hermosa?¿ Quén te cantóu ?... ¡Ninguén!.
Francisco Añón Paz Homenaxeado Ano 1966
(Boel (Outes), 1812 – Madrid, 1878)
¡Ai!, esperta, adorada Galiciadese sono en que estás debruzada;
do teu rico porvir a alboradapolo ceo enxergándose vai.
Xa cantando os teus fillos te chaman,e cos brazos en cruz se espreguizan…
¡Malpocados! o que eles cobizané un bico dos labios da nai.
77
Dese chan venturoso arrincadopola man do meu negro destino,astra mesmo soñando maxinoeses campos risoños cruzar.
E correr polas hortas e pradosonde leda pasou miña infancia,respirando a suave fraganciade xazmín, caravel, azahar.Coido ver esa rías serenas,
escumando, con barcos veleiros,e cantares oir feiticeiros,
que en ningures tan dóces oín.Inda creo senti-las lavercas,
que peneiran nos aires cantando,cando o sol vai as nubes pintando
de amarelo, de lume e carmín.. . .
Eu soñei ver no cume do Pindo,adornados de mirto e loureiros,escritores, poetas, guerreiros,que sorrindo se daban a man.Eran eses os fillos mais caros
que da pátria aumentaron a gloria;os seus nomes nos fastos da historia
con diamantes grabados serán.
Eduardo Pondal Homenaxeado Ano 1965
(Ponteceso, 1835 – A Coruña, 1917)
HIMNO GALEGO
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente,
a nosa voz entenden,
e con arroubo atenden
78
ó raio transparente
do plácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
-"Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
esperta do teu sono,
Fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
O noso rouco son,
mais só os ignorantes,
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das idades,
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois onde quer xigante
a nosa voz pregoa
a redención da boa
nación de Breogán.
QUEIXUMES DOS PINOS
Castelao Homenaxeado Ano 1964
(Rianxo, 1886 - Buenos Aires, 1950)
SEMPRE EN GALIZA (frag.)
"Galicia é a mellor esquina do solar hispánico, cabo do mundo antigo e avanzada de
Europa nomar inmenso da libertade. A arquitectura barroca do noso chan, labrada en pedra
granítica, está sempre coberta por un manto de zugoso verdor. Os montes son redondos como
79
peitos de muller e as serras son como lombos de boi cebado. Os vales son ledos e farturentos.
O mar tolea de carraxe cando nono deixan penetrar na terra; pero cando entra, quédase
adormecido no leito das rías. Galiza é unha unidade territorial armónica, de formas e coor,
perfeitamente diferenciada do resto da Hespaña. A patria é a Terra. A Terra que nos dou o ser
e que nos recollerá na morte como semente de novas criaturas. A Terra que cria frores nos
campos onde atopamos sombra fresca no vran e quentura garimosa no inverno; onde sofremos
as inquedanzas das sementeiras e gozamos a ledicia das colleitas; onde o vendaval brúa nas
ponlas dos carballos e funga nas cordas dos barcos; onde esboufan as ondas do mar nos cons
da ribeira e ruxen nos areaes; onde por primeira vez ollamos a choiva, a brétema, o sol, o luar,
o "arco da vella" e a noite estrelecida.
¡Como lle queremos á Terra! Eu de min sei decirvos que si dispóis de morto tivese que
voarmáis ala das estrelas visibles, para ir a un ceo tan lonxano da Terra, que nunca máis
podera vela,de boa gana renunciaría á inmortalidade para rematar a miña vida debaixo dunha
laxe e convertirme en herbas ventureiras.
Certo que a Terra que amomos tanto aínda é un "val de bágoas"; pero nós, os galegos,
superaremos a predicción relixiosa e trocarémola en paradiso ".
Rosalía de Castro Homenaxeado Ano 1963
(Santiago de Compostela, 1837 - Padrón, 1885)
UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO
Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón
i eu non me acordo xa si era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Sóio sei que me fixo un mul tan fondo,
80
que tanto me atormentou,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal choróu Madalena na Pasión.
Señor, que todo o podedes
-pedinlle unha vez a Dios-,
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición.
E deumo Dios, e arrinqueimo,
Mais…¿Quen pensara?… Despóis
xa non sentín máis tormentos
nin soupen qué era delor;
soupen só que non sei qué me faltaba
en donde o cravo faltóu
e seica…seica tiven soidades
de aquela pena…¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito,
¡quén o entendera, Señor…!
FOLLAS NOVAS
13. BIBLIOGRAFÍA
Calveiro, Marcos; (2011): Lois Pereiro, náufrago do paraíso: biografía e
antoloxía; Ed. Xerais; Vigo.
Domínguez Cuña, Abraham; (2011): Lois Pereiro: Letras galegas 2011.
Sánchez Puga, Xosé; (2005): De Rosalía a Lorenzo Varela: escolma do Día das
Letras Galegas, 1963-2005.
WEBGRAFÍA
http://www.museolugo.org/
http://encarnalagogonzalez.blogspot.com/
http://www.diadasletrasgalegas.com/
http://loispereiro.blogaliza.org/
81