208
MEMORIA CURSO 2017-2018 CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO CURSO 2017 - 2018

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

1

MEMORIA

CURSO 2017-2018

CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO

CURSO 2017 - 2018

Page 2: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

2

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN _________________________________________________________ 3

2. CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA ___________________________________ 4

3. PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRG. COLEXIADOS E DO EQ. DIRECTIVO _______________ 6

4. XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS E DE DIRECCIÓN. ______________________________ 9

5. AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E PROPOSTAS PARA O FUTURO ___________ 15

6. MEMORIAS. __________________________________________________________ 18

6.1.- MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL. ____________________________________ 18

6.2.- MEMORIA DO 1º E 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA ____________________ 28

6.3.- MEMORIA DOS CONTEXTOS DE APRENDIZAXE ____________________________ 38

OUTRAS CARACTERÍSTICAS METODOLOXÍCAS QUE NOS DEFINEN: _________________ 64

6.4.- MEMORIA DO PROXECTO SAMSUNG SMART SCHOOL ______________________ 78

6.5.- MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. _________ 81

6.6.- MEMORIA DO PLAMBE _______________________________________________ 88

6.7.- MEMORIA DO PROXECTO DE USO E FOMENTO DO GALEGO. ________________ 109

6.8.- MEMORIA DE LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS.____________________________ 121

6.9- MEMORIA DAS AULAS DE PT E AL ______________________________________ 127

MEMORIA MESTRA ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE ___________________ 127

MEMORIA MESTRA ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA ________________ 130

6.10.- MEMORIA DA SECCIÓN BILINGÜE _____________________________________ 139

6.11.- MEMORIA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN __________________________ 143

6.12.- MEMORIA DO EQUIPO DE RELACIÓN COAS FAMILIAS _____________________ 143

6.13.- MEMORIA DO EQUIPO DE COMISIÓNS DE MELLORA _____________________ 145

6.14.- MEMORIA DO EQUIPO DE ECOLOXÍA E VOZ NATURA _____________________ 147

6.14.- MEMORIA DE EDUCACIÓN MUSICAL __________________________________ 151

6.15.- MEMORIA DE EDUCACIÓN FÍSICA E PSICOMOTRICIDADE. _________________ 157

6.16.- MEMORIA PDC (PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO): “CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES” ___________________________________________________________ 161

6.17.- MEMORIA ALIMÉNTATE BEN: FAITE ECO DO LÓXICO _____________________ 167

6.18.- MEMORIA DO CONTRATO-PROGRAMA (MODALIDADE PROA) _____________ 171

6.19.- MEMORIA DE RELIXIÓN _____________________________________________ 174

6.20.- MEMORIA DO PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: “PEGADAS...” __________________________________________________________ 179

6.21.- MEMORIA DO PFPP: INTEGRACIÓN CURRICULAR DA ROBÓTICA E A PROGRAMACIÓN _____________________________________________________________________ 182

6.22.- MEMORIA OBSERVA_ACCIÓN ________________________________________ 185

6.22.- MEMORIA FARO DA ESCOLA _________________________________________ 189

6.23.- MEMORIA CRE.AP.CION 4.0 _________________________________________ 193

7.- INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 208

Page 3: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

3

1. INTRODUCIÓN

O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

distribuídos do seguinte xeito:

4 en Educación Infantil.

5 en Educación Primaria

1 Especialista de Pedagoxía Terapéutica.

1 Especialista en Educación Musical.

1 Especialista en Audición e Linguaxe (compartida co CEIP San Roque)

1 Especialista en Lingua Francesa

1 Especialista en Educación Física.

1 Especialista en Lingua Inglesa

1 Orientadora (compartida co CEIP San Roque de Corón).

1 mestra de Relixión Católica (compartida co CEIP Sestelo Baión).

Tamén contou cunha coidadora para determinado alumnado de Educación

Infantil.

As aulas en funcionamento foron:

3 aulas de Educación Infantil

6 aulas de Primaria

1 aula de Pedagoxía Terapéutica

1 aula Audición e Linguaxe (D.O)

1 aula de Educación Musical

1 aula de Inglés.

1 aula - ximnasio para Educación Física

O total de alumnos neste curso é de 156 distribuídos en:

48 en Educación Infantil

108 en Educación Primaria

Page 4: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

4

2. CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA

2.1. ÓRGANOS DE GOBERNO: UNIPERSOAIS E COLEXIADOS

2.1.1. Órganos unipersoais

DIRECTOR................................. JAVIER GARCIA GARCIA

XEFA DE ESTUDOS.................. MARÍA CASTRO NINE

SECRETARIA............................. ROCÍO BERNÁRDEZ CIBEIRA

HORARIO DE ADICACIÓN AO CARGO:

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES TOTAIS

DIRECCIÓN 1h30´ 1h30´ 1h30´ 45´ 1h30´ 6h45´

XEFATURA 0h 1h30´ 1h30´ 1h 1h 5h

SECRETARÍA 0h 2h 1h30´ 30´ 1h30´ 5h30´

2.1.2. Órganos colexiados:

CONSELLO ESCOLAR

Equipo directivo:

JAVIER GARCÍA GARCÍA, como Presidente.

MARÍA CASTRO NINE, como Xefa de Estudos.

ROCÍO BERNÁRDEZ CIBEIRA, como Secretaria (con voz pero sen voto).

Representantes dos profesores:

MARÍA LUÍSA BARREIRO PÉREZ

JOSEFA CASTRO CASTRO

CRISTINA LOUZAO GARCÍA

Page 5: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

5

MANUEL PIÑEIRO SÁNCHEZ

SERGIO ROSALES LÓPEZ

Representantes dos pais:

SUSANA VARELA SANTOS, representante da ANPA.

SILVIA GONÇALVES SANTÓRUM

JOSE MANUEL OTERO VIDAL

YÉSSICA BÉLVIS REVERÓN

LUCÍA REY VILA

Representante do Concello:

MANUEL SINEIRO CORES

Representantes PAS:

BENITO VIÑAS MORGADE

CLAUSTRO DE PROFESORES:

Estivo constituído este curso por 16 profesores:

Educación Infantil 4

Pedagoxía Terapéutica 1

Educación Física 1

Educación Musical 1

Filoloxía Inglesa 1

Filoloxía Francesa 1

Educación Primaria 5

Orientación 1 (itinerante)

Relixión Católica 1 (itinerante)

Page 6: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

6

2.2. COMISIÓN ECONÓMICA

Os representantes do Consello Escolar que forman parte da Comisión

Económica son os seguintes:

Javier García García, como director.

Yessica Belvis Reverón, como nai.

Cristina Louzao García, como mestre.

Rocío Bernárdez Cibeira, como secretaria.

3. PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRG. COLEXIADOS E DO EQ. DIRECTIVO

O Claustro de profesores mantivo ao longo do curso 9 reunións nas

que se trataron, entre outros, os seguintes temas:

4 de setembro de 2017:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2.- Adscrición do profesorado (titorías)

3.- Proxecto documental integrado, equipos docentes e elección de

coordinadores

4.- Continuación das seccións bilingües

5.- Organización do horario non lectivo

6.- Solicitude de días non lectivos

7.- Decisión sobre a participación en xornadas de formación

8.- Organización do primeiro día de clase

9.- Rolda de intervencións

7 de setembro de 2017:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2.- Entrega de horarios e quendas (criterios formación subgrupos)

3.- Organización dos apoios

4.- Organización do primeiro día de clase

Page 7: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

7

5.- Revisión e actualización da concreción curricular

6.- Rolda de intervencións

31 de outubro de 2017

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2.- Presentación e aprobación da Programación Xeral Anual

3.- Addenda ao regulamento de réxime interno en relación á organización

de entradas e saídas ao centro

4.- Rolda de intervencións

20 de novembro de 2017 – Carácter Extraordinario:

1.- Solicitude de participación nos Contratos Programa

30 de xaneiro de 2018

1.- Lectura e aprobación da acta anterior

2.- Información sobre a conta de xestión de orzamento do centro

3.- Proposta de orzamento para o ano 2018

4.- Rolda de intervencións

6 de febreiro de 2018 – Carácter Extraordinario:

1.- Aprobación da participación no proxecto de innovación educativa en

dinamización lingüística

16 de maio de 2017 – Carácter Extraordinario:

1.- Información da inundación acontecida

2.- Redacción dun comunicado oficial

5 de xuño de 2018:

1.- Lectura e aprobación das actas anteriores

2.- Aprobación da continuidade no PLAMBE

3.- Información sobre a escola de verán

Page 8: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

8

4.- Información sobre final de curso

5.- Rolda de intervencións

29 de xuño de 2018:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2.- Lectura e aprobación da memoria do curso 2017/2018

3.- Previsión de adscrición do profesorado para o curso 2018/2019

4.- Rolda de intervencións

O Consello Escolar mantivo ao longo do curso 7 reunións nas que se

trataron, entre outros, os seguintes temas:

31 de outuro de 2017:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2.- Presentación da Programación Xeral Anual

3.- Información de días non lectivos

4.- Addenda ao regulamento de réxime interno en relación á

organización de entradas e saídas ao centro

5.- Rolda de intervencións

20 de novembro de 2017 – Carácter extraordinario:

1.- Solicitude de participación nos Contratos Programa

30 de xaneiro de 2018:

1.- Lectura e aprobación da acta anterior

2.- Información sobre a conta de xestión de orzamento do centro

3.- Proposta de orzamento para o ano 2018

4.- Rolda de intervencións

7 de febreiro de 2018– Carácter extraordinario:

1.- Aprobación da participación no proxecto de innovación educativa en

Page 9: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

9

dinamización lingüística

16 de maio de 2018– Carácter extraordinario:

1.- Información da inundación acontecida.

2.- Redación dun comunicado oficial.

5 de xuño de 2018:

1.- Lectura e aprobación das actas anteriores

2.- Información sobre a continuidade no PLAMBE

3.- Aprobación da escola de verán

4.- Rolda de intervencións

29 de xuño de 2018:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2.- Lectura da memoria do curso 2017/2018

3.- Rolda de intervencións

4. XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS E DE DIRECCIÓN.

* Reorganización dos espazos do centro e mellora da estética interior.

Este ano tivemos a oportunidade de seguir coa reorganización dos espazos do

centro e mellorar a estética interior a través das seguintes actuacións que, a día

de hoxe, son unha realidade:

- Acondicionamento dun pequeno espacio de almacenamento como aula de

PT ao fondo da segunda planta.

- Embelecemento da planta alta coa incorporación de novos elementos de

albañilería (escaiola e pintura), carpintería (novas portas de madeira para

as aulas e rodapiés de madeira).

- Continuación coa mellora da biblioteca escolar: novo mobiliario.

Page 10: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

10

- A finais de curso continuouse co traballo de carpintería colocando marcos

de ventás interiores e pasamanos nas escaleiras.

- Diferentes espacios acondicionáronse con pequeno mobiliario: aulas de

infantil, música, almacén do ximnasio,...

- Levantouse o pavimento da pista exterior de fútbol, deixando esa parte do

patio con terra, para a creación dun espacio bio-saudable como patio de

infantil.

- Continuouse coa colación do valo exterior quedando rematada.

Este verán, coa aportación económica da Xefatura Territorial de Educación

acometeranse as obras dos baños do alumnado de infantil da planta baixa á vez

que se trasladarán as oficinas de dirección para o que actualmente é o

departamento de orientación e este estará ubicado ao lado da sala de mestres a

partires do curso 2018-19.

* Dinamizar o centro.

Outra das necesidades que estamos cubrindo con moi bos resulatados é a

participación do claustro en dinámicas de traballo e proxectos que promovan

melloras nos procesos de ensino e aprendizaxe e introduzan novas realidades

para o centro así como financiación para novos retos. Así, este ano (co traballo do

profesorado) conseguimos que o centro participara en proxectos como:.

- Proxecto Documental Integrado coa temática de MELLORA DA CALIDADE DE

VIDA.

- Contrato-Programa: modalidade Reforzo, Orientación e Apoio, Mellora da

Calidade e Xestión do centro, Mellora da convivencia e Promoción da

igualdade nos centros, Mellora das Competencias Clave (a través do proxecto

de Contextos de Aprendizaxe que se desenvolve no centro diariamente co

alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º).

- Continuación do PLAMBE: os medios de comunicación, actividades artísticas,

capacitación informacional, formación de usuarios, espazos para a lectura,

procesos de traballo en equipos…

Page 11: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

11

- Participación no proxecto de innovación en dinamización lingüística "Pegadas"

en colaboración co CEE Vilagarcía de Arousa. Resultamos gañadores.

https://www.thinglink.com/video/1018249040455794690

- Participación en proxectos que buscan o obxectivo de conformar a identidade

ecolóxica e deportiva do noso centro e algún deles terán continuidade

sistemática en vindeiros cursos: Xogade, Voz Natura e Aliméntate ben.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=taxonomy/term/85

- Proxecto de uso e fomento do galego. Inda que este proxecto se ven

presentado dende fai xa moitos anos, consideramos de gran importancia a

continuidade deste tipo de proxectos que favorecen o dinamismo do noso

centro.

- Samsung Smart School. Proxecto destinado a valorar como a incorporación

dos dispositivos móbiles na aula pode mellorar, cunha determinada

metodoloxía, a aprendizaxe do alumnado. Este ano consistíu na elaboración

dun proxecto de modificación de espacios educativos.

https://www.thinglink.com/video/1042449904032546817. Saíndo gañadores

coa presentación deste proxecto.

- Faro da escola: consistíu na elaboaración de prensa escrita (Informadeiro)

onde se reflexaba o traballo realizado polos nenos no día a día.

- CRE.AP.CIÓN 4.0. foi un ambicioso proxecto de aprendizaxe servizo que

resultou premiado no IV Concurso Proyecta Innovación cunha dotación

económica que permitiu ao noso centro e a unha das aulas do CEP Santa

Tegra de Vigo traballar conxuntamente co alumnado hospitalizado da Unidade

de Oncoloxía do hospital Álvaro Cunqueiro. A finalidade era conseguir romper

as barreiras da enfermidade e lograr que o alumno hospitalizado e o alumnado

dos nosos centros puidera compartir traballos curriculares nos que interviñera

dun xeito moi potente a tecnoloxía. Este proxecto non saíu como se esperaba

por diferentes motivos (un deles é a necesidade de que o profesorado

destinado nas aulas hospitalarias conte co perfil tecnolóxico necesario).

- Integración curricular da robótica e a programación: mencionar que este curso

comezamos formación e posta en práctica da robótica no noso centro.

Page 12: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

12

* Dotación de recursos

Este curso recibimos un material por parte da Consellería que

consideramos insuficiente xa que únicamente se antendeu a solicitude de material

para os novos espazos que se crearon, sendo necesario ampliar este mobiliario

polo aumento de matrícula para o vindeiro curso 2018-19.

Dada a alta matrícula que teremos para o vindeiro curso, vai ser necesario

que a Consellería nos envíe novo material para as aulas de Infantil e renovar

mesas e cadeiras de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

A día de hoxe non contamos con mesas e sillas suficientes para atender a

todo o alumnado que se incorporará novo para o vindeiro curso. De seguro será

necesario establecer un rápido contacto coa inspección educativa para que, antes

do 11 de setembro, sexa remitido ao noso centro novo mobilitario para o

alumando e o profesorado.

Con respecto ao material tecnolóxico, este ano grazas á participación no

proxecto Samsung Smart School contamos con 8 novos dispositivos móbiles e 4

teléfonos móviles. E grazas ao Proxecto de Robótica dispoñemos de diversos

robots e grazas ao proxecto CRE.AP.CIÓN puidemos ampliar a dotación de

dispositivos móbiles, unha cámara 630º e unha impresora 3D.

Ao resultar gañadores en diferentes convocatorias e concursos, para o

vindeiro curso integraremos no centro novidades no referido ao material

tecnolóxico.

Coa participación en Xogade obtense cada ano unha pequena dotación

económica que se invirte en material para Educación Fisica.

Este curso fíxose efectivo o Programa Escuelas Conectadas dependente do

Ministerio de Educación que permitiu navegación a maior velocidade.

En canto ao material didáctico, este foi un ano atípico xa que tivemos un

condicionante adverso que cremos supón unha discriminación hacia o noso

centro. Ao non traballar con libros de texto, as familias do noso centro non poden

dispoñer das cuantías económicas coas que poden contar outras familias para

mercar o material escolar. Inda así, tivemos a oportunidade de traballar cos

Page 13: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

13

materiais que o profesorado solicitaba ao contar con partidas específicas para

mercar material didáctico que proviñan do Contrato Programa asinado coa

Consellería de Educación para a mellora das competencias en comunicación

lingüística, matemática e científica tecnolóxica.

Este vai ser, sen dúbida, unha das actuacións máis importantes para

continuar os vindeiros cursos. Temos a necesaidade de seguir dotando os

contextos de aprendizaxe, crear ambientes nas aulas de Educación Infantil e

seguir mellorando as aulas de 1º e 2º de Educación Primaria co mellor material

didáctico posible coa finalidade de mellorar os procesos de ensino (para o

profesorado) e aprendizaxe (para o alumnado).

* Melloras nas instalacións do centro

Coa inestimable axuda da ANPA, seguimos en contacto coas administracións

locais, provinciais e autonómicas para acadar melloras importantes no exterior do

noso centro e no propio edificio. A través de numerosos escritos, solicitouse

dende a dirección do centro a urxencia para acometer melloras na:

- Carpintería exterior (fiestras e portas).

- Mellora nas aceras exteriores do noso patio.

- Remodelación dos baños do centro.

- Acondicionamento do ximnasio.

- Mellora dos elementos de autoprotección e evacuación do centro.

Este curso acometéronse algunhas melloras neste eido coa axuda do

Concello de Vilanova de Arousa:

- Cambio dos cristais rotos das fiestras das aulas.

- Aportación de terra para o futuro patio de Infantil.

Estamos á espera de que exista un acordo entre as distintas institucións para

continuar mellorando estas deficiencias que inda están pendentes.

Page 14: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

14

* Elaboración das sinais de identidade do noso centro:

Consideramos este curso como a continuación dunha nova etapa para o

noso centro. Continuamos coa posta en marcha do proxecto de dirección

presentado fai xa dous cursos e que constituíu unha verdadeira revolución

ordenada e ben estruturada para o noso centro.

Evidentemente son moitas as melloras que se irán sucendendo nos

vindeiros cursos pero, por fin, o noso centro posúe unhas sinais de identidade que

serán de obrigado cumprimento para todo aquel que traballe ou matricule aquí aos

seus fillos/as.

É para nós unha gran satifacción que se considere o CEIP de Viñagrande

Deiro como un centro innovador e cunha proposta concreta para toda a

comunidade educativa que será avaliada progresivamente ano a ano co obxectivo

de introducir melloras que permitan a vertebración dun centro educativo actual,

actualizado e transformador.

Propostas de mellora para as tarefas administrativas e de dirección.

Continuar coa elaboración da documentación oficial do centro na que quede

constancia das sinais de identidade que acordamos para o noso centro. O

próximo curso planificaranse reunións de todo o profesorado para elaborar

un regulamento que fixe as normas de organización e funcionamenteo.

Continuar coa mellora na organización espacial e temporal no referido á

atención educativa ao alumnado.

Continuar coa dotación de novo mobiliario, de nova tecnoloxía e de novos

materiais didácticos.

Mellorar a formación do profesorado en todo o referido á metodoloxía de

traballo que desenvolvemos no centro e na creación dun clima de traballo

positivo e motivante.

Abrir o centro ás familias creando unha escola específica coa cal se

organicen sesións de formación, coloquios...

Page 15: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

15

Darlle voz ao alumnado organizando Consellos Escolares de nenos para

que participen máis da xestión e funcionamento do centro.

As relacións coa ANPA e familias: este ano o clima xeral foi positivo.

Houbo posibilidade de facer un traballo conxunto coa ANPA para solicitar

melloras para o noso centro e para colaborar na organización de

conmemoracións interesantes. Seguiremos traballando neste senso e

intentaremos aumentar esta relación de axuda mutua. Coas familias tamén

tivemos boa relación e, inda que chegaron propostas de mellora para o

vindeiro curso e queixas lícitas, consideramos que continuamos abrindo

camiños para facer xuntos.

Continuar coa posibilidade de extender a nosa proposta metodolóxica con

outros centros de cara a tecer unha rede de colexios “por unha nova escola”

compartindo todos aqueles elementos que nos enriquezan a todos.

5. AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E PROPOSTAS PARA O FUTURO

Os recursos dos que dispón o centro foron en xeral, e unha vez máis, ben

aproveitados e a nova organización das aulas e dos tempos manifestouse como

axeitada ás necesidades do centro e dos alumnos. A maior necesidade neste eido

está relacionado con “vestir” mellor os contextos de aprendizaxe e os futuros

ambientes de infantil, especialidades e 1º e 2º de Educación Primaria mercando

material didáctico de alto potencial educativo e creativo.

Rematamos o curso solicitándolle ao profesorado a creación duns listados

de materiais e así chegar ao mes de setembro e iniciar o curso cunha previsión do

material didáctico necesario en todos os espacios educativos do centro.

Sabedores da complexidade de conseguir financiación, estamos iniciando

un novo procedemento para a mellora dos recursos económicos que o centro

posúe para esta tipoloxía de material. Consiste en facer partícipe ás familias de

determinados custos que o noso Proxecto Educativo require: gastos por

fotocopias, tóners, cartuchos de tinta e dalgúns materiais necesarios para a

realización de determinadas actividades (saídas, experiencias científicas, obras

Page 16: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

16

literarias, materiais matemáticos manipulativos, material necesario para a creación

de obras artísticas, pequeno mobiliario, material necesario para a realización de

actividade psicomotora diaria ou da expresión artística).

Para o vindeiro curso abordaremos unha nova modalidade neste eido.

Darémoslle a posibilidade ás familias de que sexa o propio centro quen se ocupe

de conseguir o material funxible e recursos didácticos que os seus fillos/as

precisen.

A coordinación entre os distintos órganos do centro levouse a cabo nun

clima de cordialidade sempre mellorable, respeto e cooperación entre os distintos

equipos, comisións e órganos existentes no noso centro.

Será necesario modificar algo a periodicidade de determinadas reunións

dos equipos e introducir algunhas sesións formativas entre os integrantes do

propio claustro e para a elaboración do NOF.

Destacar aquí que o traballo dos distintos equipos de profesores

posibilitou, na súa gran maioría, que o alumnado tivese a oportunidade de

profundizar nas aprendizaxes relativas ao coidado do noso entorno, de vivir con

ilusión, motivación e gañas os festivais e conmemoracións que celebramos no

noso centro, de achegarse á lectura de distintos tipos de recursos bibliográficos,

participar na selección destes, de participar máis na vida do centro a través das

comisións de mellora,…

En canto aos procesos de ensino e aprendizaxe, podemos afirmar que a

atención educativa ao alumnado con necesidades puido abordarse con totais

garantías de éxito como consecuencia da introducion de novas estratexias

pedagóxicas e didácticas que posibilitaron a este alumnado continuar co ritmo

normal da distintas clases.

Page 17: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

17

Propostas de mellora para os procesos de ensino.

Seguir dinamizando a cooperación familia-escola no interior das aulas.

Debemos seguir promovendo unha maior colaboración entre as familias e

o noso centro facendo realidade a “Escola de familias” onde se poidan tratar

temas que se consideren de interés para toda a comuniade educativa reflectindo

de xeito positivo no alumnado. Á vez que continuar coa organización de visitas das

familias á escola en horario lectivo para que poidan observar “in situ” como se

desenvolve o PE do centro.

Cooperación docente.

Considérase fundamental a creacción dun clima positivo entre o

profesorado do centro que ao longo deste curso se veu mermado, entre outros

motivos, polo exceso de traballo que en futuros cursos deberemos ir regulando

para poder dispor de momentos de xuntanzas que faciliten a cooperación.

Mellorar o uso que dende as titorías se fai da biblioteca escolar como

medio para acadar un maior hábito de ler entre o alumando.

Consideramos necesario seguir facendo fincapé no hábito de uso e

préstamo de fondos bibliográficos, tratando de guiar ao alumnado na selección

dos mesmos, de xeito que se fomente a lectura en diferentes formatos e soportes,

non só de documentos literarios senón tamén informativos e de consulta sobre

temáticas variadas e se potencie a investigación e busca de información

empregando os recursos da biblioteca. Ademais, seguiremos prestando atención

ás biblioteacs de aula, configurándoas cunha importante colección de fondos,

tanto de literatura como de consulta para que teñan un papel destacado nas

actividades diarias de cada aula e no desenvolvemento dos proxectos.

Page 18: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

18

6. MEMORIAS.

6.1.- MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO LONGO DO CURSO E OBSERVACIÓNS

SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN, DESEÑO,

PLANIFICACIÓN E AVALIACIÓN.

En canto a organización, os proxectos se desenvolven en actividades de

gran grupo (asamblea ou faladoiros), pequenos grupos (recantos) ou ABP (plans

de traballo).

1º TRIMESTRE: : “O CORPO”

Traballamos as partes principais do propio corpo e dos demais, os cinco

sentidos, as sensacións que perciben e hábitos básicos relacionados coa saúde e

a hixiene.

2º TRIMESTRE: : “A ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE”

Traballamos a pirámide da actividade física, na que recollemos tres tipos de

actividades (actividades diarias, actividades vigorosas e actividades sedentarias).

Tratamos de concienciar aos nen@s da importancia de realizar algunha

actividade física para manter un estilo de vida saudable. Seguindo o PDI do

centro, vinculamos o proxecto coas emocións que producen o feito de practicar

deporte.

3º TRIMESTRE: “ALIMENTOS SAUDABLES (VEXETAIS)”

Partimos do conto Sopa Verde, nel aparecen diferentes alimentos, sobre

todo vexetais. Con estes tratamos as partes da planta e o seu uso como parte de

unha alimentación saudable. Ademais os personaxes son diferentes animais que

clasificamos en función das súas características.

Page 19: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

19

Tratamos de concienciar aos nen@s da importancia de consumir este tipo

de alimentos e de probar diferentes sabores.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

Recursos humanos:

Contamos co apoio da titora de 5º unha sesión semanal.

Mestra de apoio e coidadora

Recursos materiais:

Contamos cunha macroaula de Infantil que se pode dividir con portas corredeiras

cando se considera necesario, como pode ser no MVA (especialidades). Esta aula

está organizada en diferentes espazos ou recantos que contan cos seguintes

materiais:

- Recanto do sabio: regretas, xogos de mesa sinxelos (parchís, oca, cartas, tres

en raia, bingo, dominós), tangram, xogos de psicomotricidade fina (pinchos,

colares, xogos de coser), bloques lóxicos, ábacos, pesas, formas xeométricas,

xogos de pesos e medidas.

- Recanto do xogo simbólico: cociña, supermercado con alimentos, caixa

rexistradora, maletíns de médico e perruquería, mesas de comedor e tallos,

bonecos, armario con roupas, trona e tocador.

- Recanto das construccións: mesa de bricolaxe, pezas de construcción, animais

diversos, pistas de construcción, diferentes medios de transporte e sinais de

circulación.

- Recanto das letras: pizarras, letras magnéticas, letras móbiles, xogos de

palabras.

- Recanto das TIC´s: contamos con 1 ordenador de sobremensa, 5 tabletas, 2

proxectores e unha impresora multifunción.

- Recanto de dramatización: disfraces, títeres, marionetas,…

Page 20: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

20

Ademais hai unha aula que conta cos seguintes recantos:

- Recanto dos puzzles: diferentes puzzles de madeira con diferentes niveis de

dificultade e temáticas variadas.

- Recanto de plástica: rotuladores, ceras, lápices de cores, papeis diversos,

plastilina, témperas, pinceis, pegamentos, tesoiras, alfombriñas, punzóns e

materiais que se van necesitando para os diferentes traballos.

- Recanto de modelaxe: plastilina, arcilla, …

METODOLOXÍA

O CEIP de Viñagrande Deiro caracterízase por un sistema de traballo

específico que determina a maneira na que, dende o centro, desenvolvemos o

currículo oficial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Atendendo a unha serie de estratexias organizativas (dende o punto de

vista temporal e espacial), o desenvolvemento das competencias clave facilítase

atendendo á seguinte estrucuración temporal:

ORGANIZACIÓN TEMPORAL

EDUCACIÓN INFANTIL

MOMENTO COLECTIVO

(1h 30 min)

Programa de Estimulación Temperá

Faladoiros

MOMENTO VIVENCIAL

(1h 30 min)

Constitúe un tempo de aprendizaxe

sentido, vivido e estimulante: a

aprendizaxe da música, da arte, da

lingua estranxeira, dos valores sociais e

cívicos,… debe realizarse dende unha

perspectiva moito máis práctica (con

Page 21: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

21

obradoiros, tarefas, experiencias). Para

iso, o profesorado titor e especialista

organizará sesións didácticas nas que o

alumnado teña a oportunidade de

sentir, vivir e emocionarse con estas

aprendizaxes.

MOMENTO DE LECER

(30 min)

É o momento que goza todo o

alumnado do centro e que

consideramos de vital importancia xa

que é onde teñen a oportunidade de

xogar dun xeito moito máis espontáneo

e libre. Pensamos que é un momento

educativo máis dentro do horario lectivo

e como tal debemos incorporar todo

tipo de elementos que axuden ao

alumnado a desenvolver esa

necesidade de xogo libre e espontáneo

tanto a nivel de dotación de recursos

materiais como de dotación de recursos

psicolóxicos, sociais e persoais.

MOMENTO COMPARTIDO

(1h 30 min)

Aprendizaxe Baseado en Proxectos e

Programa de Aprendizaxe Lúdico en

recantos

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ

Dende o curso 2015-2016 estase a por en marcha este proxecto de

estimulación temperá con sesións de psicomotricidade diarias de 45 minutos en

Page 22: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

22

dous grupos de Educación Infantil. O profesorado implicado inclúe ás mestras de

Infantil, a mestra especialista de Educación Musical e a mestra especialista de

Educación Física, que é a coordinadora.

Xustificación: O termo psicomotricidade fai referencia a dous tipos de

estruturas que definen o ser humano, as estruturas motrices e as estruturas

psíquicas, principais compoñentes do desenvolvemento humano e da formación

da súa personalidade. Na idade infantil o desenvolvemento psicomotor abarcao

todo, é dicir, o neno/a ten unha forma de aprender, de actuar, onde o motriz, o

emocional e o cognitivo van totalmente unidos, sendo o xogo a actividade principal

a través da cal se realizan os aprendizaxes básicos: “Toda aprendizaxe parte dun

movemento” (Glen Doman).

Para iso, os educadores, deben propoñer experiencias motrices axeitadas

ás súas posibilidades, que faciliten o desenvolvemento neurolóxico.

PROGRAMA DE APRENDIZAXE LÚDICO E APRENDIZAXE BASEADO EN

PROXECTOS

Este programa consiste na organización dun amplo espazo do centro (unión

de tres aulas) no que se ubiquen distintos recantos de traballo para adquirir

determinados contidos. Este programa só se desenvolve en Educación Infantil.

Neste espazo o alumnado, mesturado en idades diferentes, semella estar

xogando dun xeito libre e lúdico, mentres que o profesorado é o artífice da

integración nel de determinadas actividades sistematizadas (plans de traballo) que

buscan o desenvolvemento integral do alumnado e a aprendizaxe de conceptos

básicos establecidos nas programacións.

Os espazos que poden organizarse nestes espazos están determinados

polos tipos de contidos que neles se traballan: xogo simbólico (representacións),

recanto artístico (traballos plásticos), construcións (conceptos básicos), modelado

(grafomotriciade), biblioteca (pracer pola lectura e escritura), música (audicións

sonoras, bailes, ritmos…), ecolóxico (responsabilidades coa natureza), tertulia

(comunicación oral e interacción espontánea), etc.

Page 23: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

23

O programa de aprendizaxe lúdico dase durante o Momento Compartido e

no traballo de Aprendizaxe Baseado en Proxectos.

Dependendo da ratio que vaia configurando o centro nos vindeiros cursos,

poderase determinar outro tipo de organización co obxectivo de garantir unha

mellor atención educativa para o alumnado.

Así, poderanse determinar que a mestura de idades se configure en tres espazos

diferentes e, en cada un deles se establezan ambientes de aprendizaxe que

aseguren ao alumnado un desenvovemento global e permitan seguir o currículo da

etapa. Serán ambientes referidos aos diferentes ámbitos de expresión, ao

coñecemento de si mesmos e á necesaria interacción co mundo que lles rodea.

O Programa de Aprendizaxe Lúdico compleméntase con sesións de

FALADOIROS onde o alumnado participa activamente de conversas espontáneas

ou dirixidas polo profesorado.

Constitúen un momento extraordinario para que o alumando poida trasladar

as súas vivencias, experiencias, preocupacións, intereses... dende unha

perspectiva o máis normalizadora posible. Os faladoiros buscan axilizar a

expresión oral do alumnado e que, dende ben pequenos sexan capaces de

comunicar como se sinten, cales son os seus gustos, pequenos conflictos...

Este curso 2017 - 2018 o claustro acordou que os venres e durante 45

minutos o alumnado de Educación Infantil tería un faladoiro para traballar aspectos

relacionados co desenvolvemento emocional alternando con sesións de xuntanzas

de Comisións de Mellora. Un traballo que se traslada tamén a etapa de Educación

Primaria cunha maior duración. Cremos que si dende idades temperás

comezamos a traballar o coñecemento mutuo da parte máis íntima do alumnado,

teremos a oportunidade de coñecernos mellor e así posiblitar unha mellor

adecuación dos procesos de ensino e aprendizaxe e mellorar a convivencia no

noso centro.

O alumnado de Educación Infantil, mesturados en idades distintas,

desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á seguinte estratexia pedagóxica,

organizativa e didáctica: aprendizaxe baseada en proxectos (ABP): A ABP

Page 24: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

24

facilita enormemente a consecución dos obxectivos que nos marcamos co noso

alumnado: son motivadores, integradores, axudan a socializar, son significativos,

parten das intereses do alumnado e posibilitan un ensino globalizado dos contidos

escolares e unha aprendizaxe integral (non dividida por disciplinas).

No interior das aulas existen espazos (aos que chamamos recantos ou no

futuro os ambientes de aprendizaxe) nos que se traballa principalmente unha

materia que, unido a outros temas diversos e aos demáis minicontextos,

interrelacionan as áreas, complementan o currículo e desenvolven un proxecto

didáctico.

Así, nas aulas de Educación Infantil establécense distintos recantos: das

tecnoloxías, das artes, dos números e das palabras, etc. En cada un traballan

diariamente un equipo de cinco ou seis alumnos/as que, dun xeito cooperativo e

colaborativo, van desenvolvendo as competencias básicas a través do estudo dun

determinado proxecto didáctico.

Todo o alumnado se sitúa diariamente nos distintos recantos completando a

formación multidisciplinar ao longo de toda a semana. Ademais, en determinados

momentos, o alumnado conta co apoio doutros mestres dentro da aula e deciden,

en moitas ocasións, aproveitar outros espazos que existen no centro para poder

elaborar os seus traballos con maior concentración e autonomía (biblioteca, patio,

informadeiro, aulas vacías, os corredores, …). Neste tipo de organización os

recantos soen ser estables ao longo de todo o ano. Esto quere decir que o

alumnado pasa, periódica e sistemáticamente, por todas as zonas para traballar

nun proxecto determinado dun xeito multidisciplinar desenvolvendo as

competencias clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de

profundar no coñecemento e desenvolver as súas capacidades.

Os recantos son complementarios. En todos eles, á parte da aprendizaxe

de conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a personalidade

e as relacións sociais. A organización social destes recantos posibilita a expresión

de emocións e a interacción. Por medio desta interacción os esquemas

conceptuais e actitudinais van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise

desenvolvendo a identidade de cada persoa e a do grupo.

Page 25: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

25

AVALIACIÓN

RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS: valoramos positivamente a

mestura de idades, pero o desdobre dos grupos non favoreceu a cohesión

do grupo de orixe. Tamén foi desfavorable xuntar grupos na especialidade

de inglés, aínda contando coa mestra de apoio.

CASOS PARTICULARES A SINALAR : foron derivados ao UDIAF 1 neno

de 4º e 1 neno de 6º de Infantil, por terceiro ano consecutivo.

Reciben de forma individidual 1 sesión de estimulación da linguaxe oral 3

nenos de 4º, 1 neno de 5º e 3 nenos de 6º de E.I.( un destes foi dado de alta ao

final do 2º trimestre), por dificultades na linguaxe.

Un neno derivado ao Equipo de Orientación Específico, do cal se solicita a súa

flexibilización para quedar un ano máis en Infantil, pero que despois de ser

valorado por este, promociona.

Este ano suprimiuse a sesión de PELO nos 3 grupos de Infantil despois do 1º

trimestre, para poder atender mellor as dificultades individuais dos nenos/as dende

AL.

Dado que a mestra de AL é compartida con outro centro, non pode atender a

todas as necesidades individuais e á estimulación dos grupos-clase (PELO).

DOS RESULTADOS DO ALUMNADO : a maioría dos alumn@s acadan os

obxectivos, excepto algúns dos casos citados no punto anterior, e outro

neno de 6º de E.I..

Os alumn@s de 6º de E.I. promocionan todos, sen embargo, un neno non

acada os obxectivos da etapa.

Page 26: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

26

DA COORDINACIÓN DOCENTE: Consideramos que este curso non houbo

boa coordinación docente, nin en infantil nin co resto de profesorado, en

xeral. O feito de ter ocupado todo o horario lectivo con apoios en diferentes

cursos propiciou un clima de traballo no colexio que valoramos como

negativo (falta de comunicación, colas na fotocopiadora antes das entradas,

problemas que xurden cos equipos informáticos, organización de espazos e

actividades,…)

Cremos que deben existir dentro do horario lectivo tempos para poder

programar actividades conxuntas e favorecer un clima de traballo positivo.

Moitos dos apoios son moi útiles pero outros, como no tempo de faladoiros,

non foron necesarios.

DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: sempre que as titoras observamos

algunha dificultade, derivamos ao nen@ por escrito ao Departamento de

Orientación, para tomar as medidas que se consideran necesarias.

Queremos facer constar que hai un neno de 5º do cal se solicitou valoración

ao Departamento de Orientación e por diversos motivos, estamos á espera

de ser atendida.

DA METODOLOXÍA EMPREGADA: Cremos que debemos seguir

traballando de forma globalizada, respectando o ritmo e os intereses dos

nen@s. Valoramos positivamente a resposta dos nen@s ante os plans de

traballo, pero consideramos que ten que haber maior flexibilidade na

organización de grupos e tempos.

Por outra parte, pensamos que o feito de facer dous grupos para faladoiros e

psicomtricidade, tres grupos para especialidades (excepto inglés) e mesturar

todos os grupos en ABP non favoreceu o desenvolvemento da acción docente

como nos gustaría.

AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO: pensamos que o

XADE non se axusta completamente ao que queremos avaliar. Por iso este

Page 27: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

27

ano, todos os nenos/as de E.I. levaron un informe trimestral no que se

reflexa: o que traballaron durante o trimestre, observacións onde se

recollen aspectos nos que o neno/a destaca e os aspectos nos que debería

mellorar e, por último, especialidades. Ademais os nen@s de 6º levan un

informe onde se recollen aspectos do desenvolvemento psicomotor,

elaborado pola mestra de Ed. Física, mestra de Ed. Musical e as

respectivas titoras.

AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE: En

xeral, ningunha das mestras nos atopamos a gusto este ano desenvolvendo

o noso traballo debido entre outros factores á falta de coordinación e

comunicación e a organización dos grupos e espazos. Ademais a

incorporación de alumnado procedente de outros centros conlevan una

adaptación adicional tanto por parte dos nen@s como por parte das

mestras.

AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO: estamos dacordo e

valoramos positivamente o proxecto que se está a levar a cabo.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

Como xa mencionamos nun apartado anterior, botamos en falta ter máis

tempo para programar actividades de forma conxunta.

Por outra parte, cremos que o mobiliario das aulas debe continuar

renovándose para adaptarse mellor ás características dos nen@s, de forma que

favoreza a súa autonomía e resulte máis motivador.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

- Adaptar o horario as necesidades detectadas neste curso.

- Continuar renovando o mobiliario e o material nas aulas.

Page 28: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

28

- Establecer tres únicos grupos de alumn@s, pudendo mesturarse cando se

considere oportuno, como pode ser en ABP.

- Crear 3 ambientes de aprendizaxe: Arte e natureza, Palabras e artes

escénicas e Números e construccións.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

- Neurociencia e desenvolmento psicomotor dos nen@s.

- Inglés.

- Problemas de conducta e tratamento das emocións.

- Novas tecnoloxías e prácticas aplicadas á educación.

O equipo de Educación Infantil

Isabel Blanco Silva

Josefa Castro Castro

Cristina Louzao García

Mª Isabel Cañizo Castro

6.2.- MEMORIA DO 1º E 2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO LONGO DO CURSO E OBSERVACIÓNS

SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN, DESEÑO,

PLANIFICACIÓN E AVALIACIÓN.

Ao longo deste curso 2017-2018 no primeiro ciclo desenvolvéronse os

seguintes proxectos:

1º PROXECTO: AS ESTACIÓNS : " O OUTONO".

- As estacións do ano (semana do 25 -09-2017)

Quixemos que o alumnado se dera conta do paso do tempo e o que isto supoñía

na nosa vida, así traballamos meses do ano e as estacións.

Page 29: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

29

- O outono. Froitos (semana do 2-10-2017 a 16-10-17)

O noso obxectivo era que o alumnado reparase nos cambios que se producían ao

noso arredor coa chegada da nova estación e os froitos típicos desta estación.

- Prendas outono ( semana 17-10-17 a20-10-17)

Estudamos as diferentes prendas de vestir que soen usarse coa chegada desta

estación , así o alumnado traballou vocabulario referente a este campo semántico

e deuse conta que non sempre vestimos igual , o que ven influenciado polo tempo

traballando tamén o mapa do tempo.

A valoración do proxecto foi positiva, se ben é certo que algunha das actividades

para os de segundo curso lle resultaban doadas, o motivo de propoñelas máis

sinxelas foi que era a primeira vez que os de primeiro traballaban deste xeito e se

lle quixo facilitar un pouco o traballo.

2º PROXECTO: O SISTEMA SOLAR: A TERRA

- O sistema solar ( semana 3-11-17)

Iniciamos ao alumnado no coñecemento do noso Sistema Solar e os diferentes

elementos que o compoñen.

- A Terra. (semana 13-11-17)

Tendo en conta que o noso Planeta é a Terra , neste proxecto pretendemos

coñecela un pouco máis, as súas características ,movementos e as

consecuencias dos mesmos.

- A Lúa (semana 21-11-17)

Estudamos aquí a Lúa como satélite da Terra, os movementos fases da mesma,

así como as súas características e viron tamén a forma de vida dos astronautas

cando viaxan a ela.

- Os eclipses ( semana 11-12-17)

Vimos os diferentes tipos de eclipses (solar e lunar) e realizamos visionados dos

mesmos para unha maior comprensión dos mesmos.

Page 30: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

30

A valoración do proxecto é moi boa, xa que este tema en xeral desperta moito

interese e curiosidade no alumnado.

3º PROXECTO: A FAMILIA ( semana 8-01-18)

Consideramos que a familia é o primeiro espazo no que se desenvolven os

nen@as; nela é onde desenvolven sentimentos e ideas sobre si mesmo e forman

a súa personalidade ,e nela tamén aprenden a comunicarse e a relacionarse cos

membros dela e con outras persoas , por iso e polo que cumpre un papel

fundamental na forma de ser e actuar dos nen@as para que poidan relacionarse

coa sociedade, por iso estudamos os diferentes tipos de familia, as relacións de

parentesco, documentos que ten unha familia (libro de familia)...

A valoración do proxecto é positiva.

4º PROXECTO : AS VIVENDAS ( semana venres19-01-18 a 23-01-18)

Tendo en conta que a familia habitou en diferentes tipos de casas ao longo da

historia e que estas tamén son diferentes segundo onde se localicen, adicamos

este proxecto a coñecer as dependencias das vivendas e algunhas das diferentes

tipos de vivendas que existen , así como o material coas que se fabrican e os

profesionais que interveñen na súa construción.

A valoración do proxecto foi positiva, amosando interese e participando

activamente nas actividades.

5º PROXECTO : A LOCALIDADE ( semana 29-01-18 a07-02-18)

Ligado ao proxecto anterior realizamos este proxecto, xa que as familias teñen a

súa residencia nunha localidade, para que lles fose máis doado de entender

tomamos a súa como referente próximo; así estudamos a localidade de Vilanova

de Arousa como eixo central do proxecto.

6º PROXECTO : A RÚA ( semana 15-02-18)

Enlazando co anterior proxecto traballamos a rúa como parte da localidade onde

residimos, así aprendemos a movernos cun plano de Vilanova polas rúas , vimos

como se escribían os enderezos , os elementos e mobiliario que nos atopamos

nas rúas...

Page 31: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

31

A valoración do proxecto foi positiva, o alumnado amosou interese pola

realización das tarefas encomendadas.

A valoración do proxecto foi positiva, o que máis lle custou foi moverse polo plano

a a algúns.

7º PROXECTO : OS TRANSPORTES.

As persoas desprazámonos polas diversas localidades e lugares de diferentes

maneiras, e por iso polo que realizamos este proxecto, para que o alumnado

coñeza as diferentes formas de desprazamento ao longo da historia e na

actualidade , así como as profesións ligada aos mesmos .

Tamén aproveitamos o proxecto para traballar a seguridade vial, tan importante no

noso día a día .

Para que resultase máis doado de comprender consideramos que era mellor

dividir o proxecto en 3 apartados:

- Transportes terrestres (semana 27-02-18 a 06-03-18)

- Transportes acuáticos (semana do 07-03-18 a 12-03-18)

- Transportes aéreos (semana do 13-03-18 a 23-03-18)

Na realización deste proxecto incluímos un mural sobre o mesmo e a elaboración

dun Dicionario de Transportes.

A valoración do proxecto foi positiva, ao alumnado gustoulle moito realizar as

diferentes tarefas.

8º PROXECTO : OS INVENTOS ( semana 4-04-18)

Con este proxecto intentamos que o alumnado se dea conta de que a nosa vida é

moito máis fácil agora que na antigüidade debido a que houbo persoas que

realizaron inventos e descubrimentos, por iso realizamos un pequeno percorrido

pola historia dos inventos e aprendemos a usar algún deles(balanza)

A valoración do proxecto foi positiva, ao alumando sorprendeulle moito como

evolucionaron certos útiles ao longo da historia, por exemplo a roda.

9º PROXECTO: AS MÁQUINAS (semana 12-04-18 )

Page 32: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

32

Cando miramos ao noso redor vemos que no noso día a día vemos que moitos

deses inventos que estudamos no anterior proxecto son máquinas as cales se

usan a diario para realizar multitude de tarefas, e por elo que consideramos

oportuno que o alumnado reflexione sobre iso e se dea conta que existen

diferentes tipos de máquinas usadas en diferentes profesións.

A valoración do proxecto foi boa, descubriron que non so unha máquina é aquelo

que funciona con electricidade ,cuestión que a moitos sorprendeu.

10 º PROXECTO : AS PLANTAS.

Decidimos rematar o terceiro trimestre e o curso co proxecto das plantas, tendo en

conta que chega o bo tempo , o que nos permite observar mellor a natureza e os

cambios que se producen nela (saen as follas as árbores, florecen as plantas,

realízase o cultivo de moitas especies vexetais....) , nos queremos que o

alumnado sexa consciente de todo isto. Para levar o proxecto a cabo decidimos

dividilo en 3 partes:

- As plantas: partes e características. ( semana 27-04-18)

- A flor e o ciclo vital das plantas.(semana 10-05-18)

- O froito e partes comestibles das plantas(semana 31-05-18 a venres 8 de xuño).

Valoramos positivamente o proxecto, o alumnado amosou moito interese na súa

realización, gustoulle moito observar o desenvolvemento dunha planta día a día,

dende semente ata que apareceu a planta, así como as diferentes actividades

propostas, sobre todo amosaron moito interese polas de

investigación/experimentación propostas no recanto do xogo.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

No que respecta aos medios, materiais e recursos, utilizados este curso no

primeiro ciclo de primaria dividirémolos en catro apartados(humanos, materiais

tecnolóxicos e naturais) e repartirémolos polos recantos cos que se traballou. Así

no recanto das artes foron necesarios recursos humanos (profesores dos cursos

Page 33: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

33

e persoal de apoio) así como recursos materiais (cartolinas, plastilina, diversos

tipos de pinturas, barro, materiais funxibles diversos, materiais de reciclaxe). Os

recursos tecnolóxicos que se usaron foron :Internet, as tablets e diversos

programas e apps, como por exemplo para facer un cómic. Como recursos

naturais destacar o entorno máis próximo para investigar por exemplo os

diferentes tipos de plantas que hai segundo o talo. No recanto das palabras foi

imprescindible o uso de papel, lapis, goma, rotuladores, fotocopias, e dicir,

material funxible sobre todo pero tamén foi imprescindible a axuda dos profesores

antes citados, das saídas (ver en situ vocabulario que logo tiveron que utilizar nos

traballos), utilización das tecnoloxías (vídeos sobre temas que tratamos, procura

de información e outras tarefas que necesitaron dos medios tecnolóxicos

dispoñibles).

No recanto das tecnoloxías utilizáronse os ordenadores e as tablets coas

diferentes aplicacións que foron necesarias segundo os traballos que se foron

realizando así como a produción de vídeos.

No recanto dos números utilizáronse sobre todo fotocopias, material

funxible (lapis, goma, cores…) así como materiais de medidas (metros, pesas,

diferentes medidas de capacidade como botellas, medidores de cociña e

diferentes envases. Do mesmo xeito que nos outros recantos a labor de asesoría

dos profesores (titores, apoio), foi moi importante e tamén foi moi importante a

contorna mais inmediata como no caso de explicar as medidas.

No recanto do xogo usamos material funxible para realizar pasatempos ,

pizarras ( xogo do pictionary ou aforcado) vasos, pratos, envases, froita, flores,

follas... para realizar algúns dos experimentos propostos e a axuda dos mestres

para levalos a cabo.

Page 34: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

34

METODOLOXÍA EMPREGADA

A metodoloxía usada para levar a cabo estes proxectos foi a seguinte; o

primeiro día do proxecto realizamos un traballo grupal onde pretendíamos ver os

coñecementos que o alumnado tiña sobre o tema, eles debían dicir que cuestións

pensaban podíamos traballar nese tema e ibamos investigando entre todos cales

eran susceptibles de ser traballadas e cales non, nalgunha ocasión non daba

tempo nesa primeira sesión e collíamos un anaco sa seguinte onde realizabamos

tamén unha presentación dos plans de traballo dos recantos.

Nos días sucesivos os grupos ían rotando polos 5 recantos e traballaban de

xeito cooperativo e colaborativo co apoio do profesorado naquel recanto que se

consideraba que tiña máis necesidade deste apoio, ben polo alumnado que se

atopaba ese día no recanto ou pola complexidade do recanto.

Cando o alumnado pasaba e remataba os 5 recantos, consideramos

oportuno ao longo do curso adicar un último día para falar sobre os coñecementos

adquiridos (posta en común en gran grupo) ou para realizar algún traballo final en

gran grupo (liña do tempo dos inventos, mural dos transportes, dicionario dos

transportes,...) co fin de comprobar os coñecementos adquiridos ao longo dos 5

recantos.

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ

Dende o curso 2015-2016 estase a por en marcha este proxecto de

estimulación temperá con sesións de psicomotricidade diarias de 30 minutos nos

dous niveis de Educación Primaria. O profesorado implicado inclúe aos titores de

1º e 2º de Educación Primaria, a mestra especialista de Educación Musical e a

mestra especialista de Educación Física, que é a coordinadora.

Xustificación: O termo psicomotricidade fai referencia a dous tipos de

estruturas que definen o ser humano, as estruturas motrices e as estruturas

Page 35: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

35

psíquicas, principais compoñentes do desenvolvemento humano e da formación

da súa personalidade. Na idade infantil o desenvolvemento psicomotor abarcao

todo, é dicir, o neno/a ten unha forma de aprender, de actuar, onde o motriz, o

emocional e o cognitivo van totalmente unidos, sendo o xogo a actividade principal

a través da cal se realizan os aprendizaxes básicos: “Toda aprendizaxe parte dun

movemento” (Glen Doman).

Para iso, os educadores, deben propoñer experiencias motrices axeitadas

ás súas posibilidades, que faciliten o desenvolvemento neurolóxico.

PROGRAMA CURRICULAR ESPECÍFICO

En Educación Primaria, cada grupo de alumnos/as, do mesmo nivel, sitúase

na aula co seu titor/a para desenvolver tarefas centradas en determinados

contidos establecidos no currículo para estes niveis da Educación Primaria e que

están previamente determinados nas programacións didácticas: principalmente

contidos referidos á competencia en comunicación lingüística e matemática que

son propios de cada nivel: ortografía, vocabulario e gramática das linguas, cálculo,

xeometría e algúns contidos máis que é necesario traballar dun xeito máis

específico co grupo de igual idade.

Este curso 2017 - 2018 todo o claustro acordou que os venres e durante 60

minutos o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivera unha franxa horaria

para traballar aspectos relacionados co desenvolvemento emocional, afectivo e

sentimental, este traballo altérnase quincenalmente coas comisións de traballo

creadas neste curso. Cremos que si dende idades temperás comezamos a

traballar o coñecemento mutuo da parte máis íntima do alumnado, teremos a

oportunidade de coñecernos mellor e así posiblitar unha mellor adecuación dos

procesos de ensino e aprendizaxe e mellorar a convivencia no noso centro.

Page 36: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

36

AVALIACIÓN

Deixar constancia na memoria dunha breves referencias sobre a avaliación

nestes eidos:

RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS

A avaliación foi realizada mediante rúbricas xeradas para os diferentes

proxectos, unha rúbrica xeral para todos os plans e outra específica para cada un

dos proxectos.

En xeral o alumnado respondeu ben os proxectos, soamente comentar que

ás veces e sobre todo durante a primeira avaliación os alumnos de 2º lles custaba

ser titores dos de primeiro e estes a súa vez amosaban descontento por non saber

que facer se os profesores non estabamos xunto a eles, posto que os de 2º non

querían ir ao ritmo deles (estaban iniciándose no proceso de lectoescritura)

CASOS PARTICULARES A SINALAR (Sen nomes e apelidos)

En Viñapeques B, concretamente tivemos 4 casos de alumnos de 1º os que

lles custou moito seguir a dinámica dos recantos, sobre todo nas palabras, posto

que tiñan dificultades na lectoescritura, se ben, algúns deles foron mellorando, hai

2 casos aos que hai que dar apoio total cando están neste recanto, e sobre todo 1

ten que ser por parte dun adulto, xa que non admite moito a axuda dos

compañeiros.

DOS RESULTADOS DO ALUMNADO (A nivel xeral)

A valoración xeral do alumnado foi positiva.

DA COORDINACIÓN DOCENTE

Sempre se podería mellorar para favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe

do alumnado.

DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Debido ao grupo numeroso que era,é complicada se non contas con apoio

por parte de profesorado na aula, algún dos nenos como se citou necesita

apoio constante.

Page 37: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

37

DA METODOLOXÍA EMPREGADA

O longo do curso foi rectificándose e creo que os cambios foron positivos,

comprobouse que a veces o alumnado lle vai ben traballar grupalmente un

mesmo contido e coa dirección do profesorado.

AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO

Resultou complicado rexistrar nas rúbricas o traballo realizado diariamente

nos diferentes recantos por parte do alumnado e logo realizar o traspaso

desas valoracións a unha nota xeral cara a avaliación.

AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.

Creo que como todos sempre podemos mellorar a nosa actuación como

docente, e máis cando se está iniciando a traballar dunha forma diferente.

AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.

Valoramos o proxecto educativo como positivo.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

Tempo para realizar traballo de aula por parte do profesorado, fotocopias...

e tempo para adicarlle a algún dos alumnos con necesidades.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

Se ben é certo que a medida que avanzou o curso, flexibilizouse a

temporalización, creo que os tempos para realizar os plans de traballo non deben

ser tan cerrados, o ritmo dos nenos é impredicible e sobre todo as súas

inquietudes, a veces igual debemos atender un pouco a estas inquietudes e se un

día surxe unha cuestión que a eles lles suscita interese, por que non podemos ese

día non facer recantos e pararnos a falar ou investigar todos en grupo sobre el?

Tamén comentar que lles gusta moito expoñer os seus traballos, considero

que a veces deben facer traballos en pequeno grupo e expoñelos para gran grupo,

Page 38: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

38

senten moito orgullo de facelo e é moi positivo para practicar a exposición oral e a

investigación previa sobre un tema en diferentes fontes, teñen que aprender que

non so google da resposta, que hai libros para buscar información.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

Traballar por proxecto é moi interesante, igual nos debemos formar sobre o

que supón realmente traballar por proxectos, non é soamente realizar fichas cunha

temática común, igual debemos reflexionar sobre elo.

Os titores de 1º e 2º de Ed. Primaria

Eva Mª Puga Iglesias

Manuel Piñeiro Sánchez

6.3.- MEMORIA DOS CONTEXTOS DE APRENDIZAXE

DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO

LONGO DO CURSO.

CONTEXTO LINGÜÍSTICO – LITERARIO

Ao longo deste curso 2017 – 2018 no Contexto Lingüístico Literario

(Verbadeiro) desenvolvéronse un total de 7 proxectos que describimos

brevemente a continuación:

- Presentámonos: O inicio dun novo curso trae novidades. Novos

compañeiros, novos espazos, novos mestres e novas formas de traballar. Este

primeiro proxecto consistiu en coñecer aos novos compañeiros e compañeiras ao

mesmo tempo que traballabamos con diferentes tipos de textos: a descrición, a

entrevista, o protagonista dun relato e pasatempos relacionados coas

características que definen a cada neno/a.

Page 39: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

39

- O Informadeiro: O segundo do proxectos desenvolvidos no Contexto

Lingüístico Literario buscaba o obxectivo de iniciar ao alumnado a utilizar un novo

contexto de aprendizaxe creado a finais do curso pasado (O INFORMADEIRO) no

que contamos con catro espazos ben definidos: un plató de televisión, un estudo

de radio, unha zona para a produción do xornal escolar e tres tablets para publicar

o que sucede no colexio a través das Redes Sociais. Neste novo espazo o

alumnado tivo que preparar en unha semana un programa de radio con contidos

variados, un informativo con conexións en directo, publicar en Facebook,

Instagram e Twitter o que acontecía no colexio e redactar, a través de noticias, o

que sucede día a día no colexio.

- Aumentando a un Valle virtual: O terceiro proxecto desenvolvido no

Contexto Lingüístico foi un dos máis espectaculares. Buscaba principalmente que

calquera persoa, dende calquera parte do mundo, puidera acceder á casa museo

Valle Inclán cunhas gafas de RV e descubrir alí unha serie de traballos realizados

polo alumnado: historias esperpénticas, descrición das dependencias do museo,

caricaturas de Valle Inclán e mapas mentais da biografía do autor.

- O teatro como xénero literario dialogado: Foi o cuarto proxecto e un dos que

máis gustou ao alumnado. O achegamento á arte dramática sempre ten bos

resultados por parte do alumnado. Ao longo de sete días todos os nenos e nenas

de 3º a 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de coñecer (a través da

pescuda e selección de información) os elementos máis destacados das obras

dramáticas, de explorar a importancia da comunicación non verbal a través de

actividades xestuais, de escribir pequenas obras dramáticas nas que era moi

importante respectar o formato e elementos propios do guión dramático escrito e

de dramatizar breves obras teatrais que tiveron que ensaiar durante un tempo

determinado e, logo, representala na clase perante o resto de compañeiros/as.

- Anímate a ler: Este foi, sen dúbida, un dos proxectos máis formadores para

o alumnado. O obxectivo foi promover a lectura entre o alumando a través dunhas

actividades que pretendían visibilizar a lectura como fonte de pracer: a creación de

contos a partires de portadas en branco e negro para lerlle aos máis pequenos do

cole, a lectura compartida, a elaboración de cartas para as familias nas que se lle

Page 40: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

40

explicaba a importancia da lectura e os dez dereitos do lector de Daniel Pennac e

a dixitalización (en audio e vídeo) de contos clásicos galegos.

- A poesía: O sexto dos proxectos foi o que máis gustou. Foi un proxecto libre

que partiu da visita do poeta e dramaturgo David Fernández Rivera. Na visita todo

o alumnado tivo a oportunidade de coñecer diferentes formatos poéticos a través

dun obradoiro fantástico. Unha vez rematado o obradoiro o alumnado tivo que

decidir, libremente, o qué quería facer xuntándose en grupos. O resultado deste

proxecto abriu unha nova vertente para o traballo deste contexto xa que o nivel de

interese e motivación mostrado polo alumnado foi moi importante. Os produtos

finais tamén estiveron moi ben. Deste proxecto deducimos a importancia que ten

que deseñemos espazos e tempos nos que o alumnado teña a oportunidade de

xestionar por si mesmo a súa propia aprendizaxe.

- O cómic e as series de literatura infantil. O último proxecto do curso tamén

tivo moi boa acollida. Traballamos arredor do cómic e do coñecemento do que é

unha serie de literatura infantil. cales son as súas características e que todos

podemos converternos en grandes escritores afamados se temos claro unha serie

de condicións. As actividades que se propuxeron foron as seguintes: A primeira

chamámoslle os libros falan e consistiu en converter un libro dos Bolechas escrito

(versión máis importante en Galicia do que é unha serie de literatura infantil) en

formato audio no que personaxes e sons se mesturaban no medio do conto ao

escanar un códigos qr. A segunda actividade consistiu na creación escrita dun

capítulo do que sería unha futura serie de literatura infantil (todos podemos ser

grandes escritores). A terceira e cuarta actividade estivo máis centrada no cómic e

consistiron na elaboración dun traballo monográfico sobre os elementos do cómic

e na elaboración dun cómic propio que tivera presente eses elementos estudados

previamente.

O funcionamento do Contexto Lingüístico foi valorado como positivo polo

propio alumnado na enquisa que cubriron a finais de curso. Da necesidade de

coñecer a súa opinión sobre o funcionamento, organización, programación e

avaliación deste contexto, sacamos as seguintes conclusións:

Page 41: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

41

- Ao alumnado gustoulle moito traballar nestes proxectos e sinalan que as

actividades deseñadas non foron moi difíciles.

- Os plans de traballo estiveron redactados con bastante claridade.

- Existe alumnado que admite que non coñece o suficiente o modo de

avaliar do profesorado. Será necesario abordar esta realidade dentro do

contexto o vindeiro curso.

- O alumnado está moi de acordo co criterio para conformar os grupos no

interior da aula.

- Tamén hai alumnos (pouca porcentaxe) que manifestan que unha hora

e media diaria é insuficiente.

- Valoran moi positivamente o tipo de traballo que se desenvolve neste

contexto e o mestre responsable recibe unhas valoracións moi positivas.

- Traballar con videoxogos, incorporar actividades plásticas, a creación de

clubs xestionados polo alumnado, a elección de proxectos por parte do

alumnado, a elaboración de contos e imprimilos, introducir o xogo como

elemento de aprendizaxe, experiencias de stop motion, aumentar as

saídas didácticas… foron algunhas das propostas de mellora que

integrou o alumnado no proceso avaliador dos contextos de

aprendizaxe.

- As actividades que menos lles gustaron están relacionadas coa pescuda

de información e coas actividades de creación escrita.

Dende o punto de vista docente hai que sinalar que este ano foi un ano de

descubrimentos interesantes sobre os que será necesario reflexionar: a

elaboración de proxectos libres por parte do alumnado, a posibilidade de abrir

cada vez máis a tipoloxía de actividades que soen ser máis pechadas, a necesaria

introdución de faladoiros avaliadores onde o alumnado e profesorado avalía o

proxecto, os grupos de traballo e a si mesmos ao mesmo momento que detecta

dificultades e propostas de mellora.

Page 42: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

42

CONTEXTO HUMANÍSTICO

Ao longo deste curso 2017 – 2018 no Contexto Humanístico

desenvolvéronse un total de 7 proxectos que describo brevemente a continuación:

1- VILANOVA DE AROUSA

A idea deste primeiro proxecto era partir do entorno máis próximo ao alumnado,

é dicir, o seu propio concello (aínda que unha minoría do alumnado é de fóra).

Así pois, algún dos aspectos traballados foron: situar a Vilanova de Arousa no

mapa (como territorio que a súa vez forma parte dunha comarca, provincia,

comunidade autónoma, país, continente e do mundo); buscar información sobre a

súas as parroquias, habitantes, sectores económicos, escritores, monumentos e

lugares de interese; localizar no plano do casco urbano diferentes edificios e

lugares e trazar as rúas a percorrer para ir dun lugar a outro; debuxar o escudo do

concello; realizar un vídeo informativo sobre un lugar ou monumento de interese…

Con este proxecto o alumnado puido comprobar que cousas sabía sobre o seu

concello e aprender moitas outras que descoñecía, valorando deste xeito o seu

entorno máis próximo.

Para finalizar o proxecto realizouse un visita co alumando ao centro da vila onde

puideron visitar algúns dos lugares de interese do concello como: o Campanario

de Cálago, a Casa-Museo de Valle Inclán ou o conxunto escultórico Valle-Inclán.

2- O TRABALLO

Neste proxecto traballáronse diferentes aspectos como: os sectores

económicos, a publicidade e o turismo.

Unha das actividades que máis lles motivou, aínda que non lle resultou doado,

xa que tiveron que desenvolver moito a capacidade creativa, foi crear un vídeo

publicitario para animar aos consumidores a mercar un determinado produto.

3- OS TRANSPORTES

Page 43: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

43

Neste proxecto o alumnado traballou os diferentes medios de transporte,

empregaron un mapa da rede xeral de transportes en España no que localizaron

diferentes portos, aeroportos e trazaron diferentes rutas por estrada para ir dun

lugar a outro, para iso tamén botaron man da aplicación Google Maps.

Ademais, neste proxecto tamén se traballou a seguridade vial. Así pois, tiveron

que realizar vídeos de concienciación sobre as normas de seguridade vial e unha

maqueta con sinais de tráfico, estradas, beirarrúas, edificios… Esta actividade

gustoulles moito.

4- A PREHISTORIA

Tendo en conta os contidos sinalados no currículo, este proxecto só o traballaron

os grupos de 3º e 4º (Viñamedios).

Así pois, nel abordaron as diferentes etapas da Prehistoria e as súas

características: formas de vida, descubrimentos… Tamén, puideron ver e localizar

no mapa diferentes restos prehistóricos que se atoparon en Galicia: petróglifos,

dolmens e castros.

Tamén, participaron nun taller de cerámica (descubrimento desta época), no que

realizaron diferentes recipientes con barro. E, por último, recrearon nun mural

diferentes pinturas rupestres.

Cabe destacar que, en xeral, mostraron moito interese e curiosidade por este

período da historia.

5- A IDADE MODERNA

Tendo en conta os contidos sinalados no currículo, este proxecto só o

traballaron os grupos de 5º e 6º (Viñagrandes).

Así pois, nel abordaron acontecementos importantes que tiveron lugar neste

período da historia en España como: o descubrimento de América, o reinado do

Reis Católicos, a Monarquía dos Austrias (s.XVI-XVII) e os Borbóns (s.XVIII).

Page 44: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

44

No recanto xeográfico, traballaron o continente americano situando no mapa os

países que o forman e indicando en cales deles o idioma oficial é o español.

Por último, no recanto artístico traballaron ao pintor Diego Velázquez a través

dunha das súas obras máis coñecidas, “As meninas”.

Hai que destacar, que a temática deste proxecto non fora traballada

anteriormente polo alumnado, polo que houbo contidos, vocabulario e datos que

descoñecían e que lle resultaron máis complexos de abordar.

6- COÑECENDO ESPAÑA

Neste proxecto buscouse que o alumnado se acercara máis á realidade so seu

país, descubrindo como se organiza política e territorialmente. Plasmando esta

información no recanto documental.

No recanto xeográfico, a parte de investigar cales son as linguas cooficiais do

noso país, o alumnado de Viñamedios (3º e 4º) situou nun mapa as Comunidades

Autónomas, mentres que o alumnado de Viñagrandes (5º e 6º), situou as

provincias.

Despois de ter claro como se organiza territorialmente España, no recanto

artístico, fixeron un puzzle con goma eva, no que representaron as comunidades e

cidades autónomas.

Para finalizar, no recanto documental. Coa aplicación kinemaster ou Imovie,

fixeron unha presentación resumindo os aspectos traballados ao longo do

proxecto.

7- O CAMIÑO DE SANTIAGO

Este proxecto, xurdiu en relación á PDI “A vida saudable”. Dende a área de

Educación Física, estiveron traballando a variante espiritual do camiño de

Santiago, polo que, dende o contexto humanístico, decidimos afondar neste

aspecto. Soamente deu tempo a realizalo co alumnado de Viñamedios (3º e

4º).

O primeiro que fixemos, foi ver uns vídeos sobre o camiño de Santiago,

aportados pola mancomunidade. A partir disto, xurdiu o traballo do recanto

Page 45: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

45

audiovisual, facer un vídeo que animase á xente a facer o camiño e sobre todo

a visitar Galicia.

No recanto Xeográfico, investigaron cales son as variantes do camiño e as

plasmaron nun mapa. Indicando tamén algún monumento que se poida ver en

cada variante.

Noutra banda, no recanto documental, o que fixeron foi facer un picollage,

no que presentaron o monumento que máis lles gustou do camiño.

Por último, entre toda a clase, puxéronse de acordo, no que ían a facer no

recanto artístico, fixeron nun cartón a catedral de Santiago, a un peregrino e

unha pedra que indicaba o camiño. Todo iso o pintaron con témperas e o

puxeron na entrada do colexio.

O funcionamento do Contexto Humanístico foi valorado como positivo polo

propio alumnado na enquisa que cubriron a finais de curso. Así pois, froito da

necesidade de coñecer a súa opinión sobre o funcionamento, organización,

programación e avaliación deste contexto, sacamos as seguintes conclusións:

- En xeral, ao alumnado gustoulle moito traballar nestes proxectos e

sinalan que as actividades deseñadas non foron moi difíciles.

- Os plans de traballo estiveron redactados con bastante claridade.

- As rúbricas de avaliación deben ser coñecidas polo alumnado ao inicio

do proxecto a desenvolver.

- Suxiren que haxa un recanto de xogos didácticos.

- As actividades que máis lles gustaron foron as do recanto artístico (a

maqueta dos planetas, o mosaico romano...) e as do recanto

experimental (o volcán, experimentos con auga...).

- As actividades que menos lles gustaron foron as do recanto documental

(as de buscar e escribir información sobre os temas tratados) e do

recanto xeográfico (as de buscar e situar no mapa diferentes

elementos).

CONTEXTO CIENTÍFICO

Page 46: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

46

Neste contexto fóronse relacionando os temas do proxectos. Primeiro coa

contextualización dos seres vivos e logo dando comezo a formación do ser

humano coa célula (unidade mais pequena) chegando ó coidado do aparello

locomotor pasando polo estudo deste e das funcións de relacións.

Breve especificación de cada proxecto:

Proxecto 1: Un ser vivo mais na aula.

Proxecto dedicado os reinos do ser vivos en especifico o do reino animal. Na clase

había dous insectos pau e todas as actividades partían deles. Características;

coidado, hábitat …

Proxecto 2: A célula

Proxecto dedicado a unidade más pequena da que partimos calquera ser vivo, a

célula. Dunha forma moi sinxela estudaron a función, partes e tipos de células.

Con xogos interactivos, visualización real co microscopio e coa creación dunha

célula foron adquirindo conceptos.

Proxecto 3: Os sentidos e función de relación

Proxecto para traballar os sentidos e función de relación co aparato locomotor.

Neste proxecto cada recanto era un sentidos. Y en cada un deles traballaban o

sentido de xeito visual e manipulábel. O proxecto tamén estaba relacionado coa

diversidade; introduciuse a linguaxe de signos de forma sinxela.

Proxecto 4: O aparello locomotor

Estudo do ósos e músculos do ser humano. Traballaron cun esqueleto,

experimento con ósos, creación dun corpo con músculos de goma Eva. E moita

pescuda de información.

Proxecto 5: Alimentación e hábitos saudables.

Proxecto relacionado coa PDI, a saúde, alimentación e hábitos saudables.

Traballaron a pirámide nutricional, coidado do corpo, consumo de azucre e

etiquetaxe do produtos alimentarios.

Proxecto 6: Realidades científicas da nosa contorna.

Page 47: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

47

Proxecto libre sobre realidades científicas da nosa contorna, relacionado coa

andaina pola ruta de pedra e da auga. Fai referencia a contaminación da auga e

do aire; enerxías; arbores e plantas da contorna.

A gran maioría dos proxectos foron realizados coa mesma organización.

Catro recantos nos cales cada grupo de alumnos pasa en diferentes día. Nos

recantos as actividades era similares.

Tics: pescuda de información, presentación de traballo dixitais, manexo de

aplicacións de vídeo, montaxe de fotos etc.

Laboratorio: recanto para investigar e experimentar.

Museo: Creación de materiais visuais como por exemplo maquetas ou murais.

Biblioteca: Traballos escritos, información de libros de aula e biblioteca.

No primeiro e último proxecto a organización foi diferente. No primeiro por

mor dos insectos pau toda a aula foi pasando polos mesmos recantos para estar

preparados nos últimos días para o coidado do animal.

O último proxecto foi case na súa totalidade libre. Os alumnos podían

escoller o tema e por tanto poñerse no grupo que mellor lle conviñan. Tiñan unha

guía para a organización e os tempos pero eles organizaron o seu traballo.

Co aumento de tempo dedicado a cada proxecto foron resultando mais

satisfactorio para profesorado e alumnado. Sen presión o traballo foi mais levadío.

Deixando en cada proxecto mais liberdade ó alumnos os resultados tamén foron

mellorando.

CONTEXTO MATEMÁTICO

Ao longo deste curso 17-18 no Contexto Matemático desenvolvéronse un total

de 6 proxectos nos cursos de quinto e sexto e 5 proxectos en terceiro e cuarto, os

cales paso a describir brevemente a continuación:

A Auga

Page 48: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

48

Auga. Líquido transparente, incoloro, inodoro e insípido en estado puro, cuxas

moléculas están formadas por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno.

Constitúe o compoñente máis abundante da superficie terrestre e o maioritario de

todos os organismos vivos.

Logo de ler esta definición da auga, somos conscientes que está presente dun

xeito moi importante na vida cotiá das persoas, polo tanto, tamén está presente

nas matemáticas.

Nos diferentes retos que compoñen esta primeira proposta do contexto, vamos a

tratar diferentes contidos relacionados, todos eles, cun elemento común, a agua.

O contexto nesta proposta, estará estruturado en catro recantos, en cada un deles

o alumnado terá que desenvolver un reto, a realización destes catro retos

posibilitará poder realizar o último reto. Este último reto, mestura os diferentes

contidos traballados ao longo dos catro recantos.

Comezamos agora a detallar os diferentes recantos:

-Recanto de debuxo: Debuxamos un octaedro e tamén realizamos a súa plantilla

en cartolina.

-Recanto da vida cotiá: Interpretación dunha factura da auga e realización de

táboas ou gráficos de consumo e gasto.

-Recanto do supermercado: Realización dunha probeta para medir a capacidade

de diferentes recipientes.

-Recanto de creación: Realizar un prisma rectangular a escala co ROBOBO.

-Reto final: Relación volume-capacidade para poder calcular o prezo de encher

unha piscina.

Arquitectura

Page 49: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

49

A arquitectura é a arte e a técnica de realizar os planos e dirixir a construción de

edificios, ou tamén pode ser, o conxunto de características arquitectónicas dun

edificio, dunha zona ou período determinado.

Deste xeito, podemos constatar que arquitectura e matemáticas van da man:

debuxo, escalas, planos, corpos xeométricos, cálculos,... están presentes tanto na

arquitectura como nas matemáticas. Pero non só está presente nas matemáticas,

na nosa vida cotiá a arquitectura ten unha gran importancia, polo que os diferentes

recantos tratarán diferentes contidos presentes no día a día das persoas.

A proposta do Contexto Matemático estará estruturada en catro recantos, cada un

dos cales, plantexaranos retos relacionados coa arquitectura e o paso por todos

eles axudaranos á realización do reto final.

Comezamos agora a detallar os diferentes recantos:

-Recanto de debuxo:realización de debuxos e maquetas de corpos xeométricos.

-Recanto da vida cotiá:elaboración do plano dunha cidade a escala, cos seus

edificios, rúas, beirarrúas,...

-Recanto do supermercado: estudo das unidades de masa e achegamento ao

concepto de presión.

-Recanto de creación:creación dunha cidade virtual cunha serie de características.

-Reto final:realización dun percorrido co Robobo pola cidade virtual que creou o

alumnado.

Como mellorar o aparcamento e a circulación no CEIP Viñagrande-

Deiro?... (Específico para 5º e 6º)

Dende fai un tempo, a zona de aparcamento do noso colexio e a circulación

nas inmediacións do mesmo, veuse incrementada polo aumento de matrícula. Isto,

Page 50: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

50

fai necesario unha reorganización do aparcamento e unha mellor circulación dos

vehículos, cando veñen tanto a deixar como a recoller ao alumnado.

Consideramos urxente e necesario facer estas actuacións, para previr calquera

tipo de accidente que puidera acontecer.

Nos diferentes recantos que compoñen o contexto matemático trataremos

estas dúas actuacións dende diferentes perspectivas, pero todas elas, orientadas

á búsqueda de solucións que aportar para solucionar esta problemática.

Comezamos agora a detallar os diferentes recantos:

-Recanto de debuxo: realización dun plano das inmediacións do colexio, zona de

aparcamento e circulación.

-Recanto da vida cotiá: deseño de sinais de tráfico para o noso plano e realización

das mesmas na impresora 3D.

-Recanto do supermercado: estudo da circunferencia e os elementos que a

forman: raio, diámetro, corda, arco, tanxente e sector circular.

-Recanto de creación: creación e deseño do aparcamento e circulación de

vehículos en realidade virtual.

-Reto final: realización dun vídeo explicativo da zona de aparcamento e da

maneira idónea de circular polas inmediacións do colexio.

Medimos (Específico para 3º e 4º)

Medir é determinar a lonxitude, a superficie, o volume ou a intensidade de [algo ou

alguén] comparándoo coa unidade que se toma como patrón.

Na proposta do contexto para esta semana, os distintos recantos estarán

relacionados coa medición de determinadas lonxitudes, empregando

determinados utensilios e ferramentas que axuden á realización das diferentes

medicións.

Page 51: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

51

A utilización do compás, transportador, regra ou o mBlock, por exemplo, axudará

ao alumnado a iniciarse ou mellorar o uso que fai dos mesmos ao tempo que

constrúe a súa propia aprendizaxe.

A proposta do Contexto Matemático estará estruturada en catro recantos, cada un

dos cales, plantexaranos retos relacionados coa medición.

Comezamos agora a detallar os diferentes recantos:

-Recanto de debuxo: realización de debuxos de diferentes ángulos medidos

previamente con diferentes apps.

-Recanto da vida cotiá: utilización e manexo dun compás co que representar

diferentes rumbos nunha carta náutica.

-Recanto do supermercado: manipulación de diferentes utensilios de medición

utilizando a unidade de medida máis axeitada.

-Recanto creación: realización de diferentes retos co mBlock nos que deberá

dende medir espazos, realizar diferentes ángulos, percorrer espazos,...

O que o mar esconde...

O que o mar esconde é o título que leva esta proposta composta por diferentes

actividades, e que quere concienciar á comunidade educativa da importancia de

coidar o medio ambiente.

Este título fai referencia a unha problemática que está de actualidade, a excesiva

utilización de plásticos e o impacto destes nos nosos mares co futuro incerto que

este ocasiona. Diferentes estudos, amosan como os plásticos están presentes nun

80% en mostras de augas oceánicas, e a presenza destes en animais mariños é

cada día máis evidente.

O alumnado terá que recoller e clasificar datos relacionados co uso de plásticos

nos diferentes fogares, estes datos permitiranlle: construír táboas, realizar medias,

Page 52: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

52

modas e rangos, interpretar gráficas, analizar información,... e dar a coñecer a

información analizada, elaborando unha serie de propostas que axuden a reducir o

uso de plásticos nos fogares.

A proposta do Contexto Matemático estará estruturada en catro recantos, cada un

dos cales, plantexaranos actividades relacionados coa recollida, clasificación e

análise de información relacionada co uso de plásticos, o paso por todos os

recantos axudaranos á realización do reto final.

Comezamos agora a detallar os diferentes recantos:

-Recanto da vida cotiá: deseño e construción de táboas para recoller información

da utilización de plásticos nos fogares.

-Recanto de debuxo: realización de diferentes gráficas onde se reflicten os datos

recollidos nas táboas.

-Recanto do supermercado: realización de cálculos necesarios para a análise e

estudo dos diferentes datos (media, moda e rango...).

-Recanto de creación: análise e estudo da información recollida e plantexamento

de posibles solucións.

-Reto final: dar a coñecer a información analizada e elaboración de propostas que

axuden a reducir o uso de plásticos nos nosos fogares.

Eu teño unha idea, e ti?...

Eu teño unha idea, e ti?... Este é o título que leva esta proposta que se lle

presenta ao alumnado de Vinhagrandes e Vinhamedios e pretende que sexa o

propio alumnado quen decida o que quere aprender.

Unha proposta libre no Contexto Matemático para que cada alumno amose os

seus propios intereses, intereses que poden estar relacionados con contidos vistos

Page 53: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

53

con anterioridade ou non, intereses de aprendizaxe na compaña dos seus

compañeiros.

Comezamos esta proposta propoñendo a cada alumno que conte o que quere

aprender e logo de manifestar o que quere aprender mestúrase o alumnado por

centros de interese compartidos. Deste xeito, o alumnado comparte experiencias

de aprendizaxe cos seus compañeiros, algo que consideramos fundamental no

seu proceso de aprendizaxe.

Logo de amosar os seus intereses xorden estas diferentes propostas, as cales

falan duns intereses semellantes, creativos e moi tecnolóxicos...

- Robótica

- Programación

- Deseño

- Impresión 3D

- Debuxo

- Elaboración de titoriais de diversos contidos

- ...

Estas diferentes propostas ou intereses mestúranse con contidos que o alumnado

domina ou ten que asimilar propios do currículo para que o proceso de

aprendizaxe sexa o máis significativo posible.

InformaMates(Desenvolvido soamente en 5º e 6º)

Informamates é o último reto deste curso e quere facer que o alumnado dea a

coñecer os diferentes contidos traballados ao longo deste ano nos diferentes retos

ou proxectos.

Page 54: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

54

Facendo uso do Informadeiro que é o espazo onde usamos os medios de

comunicación para dar a coñecer todo aquilo que acontece no colexio, neste caso,

o Informadeiro axudaranos a dar a coñecer aqueles contidos traballados e que o

alumnado debe ter adquiridos. O alumnado será quen de transmitir coñecementos

cando estes son asimilados por el mesmo e o seu dominio facilitará a maneira en

que estes coñecementos son transmitidos.

O xornal, a televisión, a radio e unha rede social coma Instagram estarán ao

servizo do alumnado para darlle difusión a diferentes contidos coma: área e

perímetro, triángulos, volume e capacidade, figuras planas, círculo e

circunferencia, ángulos,...

Neste reto, a adquisición de contidos é algo que xa se ten que ter adquirido,

agora, a diferenza dos anteriores retos o que se pretende é que o alumnado dea a

coñecer ese coñecemento que posúe ou nalgúns casos coñecemento que debe

ser reforzado e no que os medios de comunicación xogarán un papel

importantísimo.

O alumnado en pequenos grupos deberá redactar información dun contido

determinado de diferente maneira dependendo do medio de comunicación que

está utilizando.

Todos os contidos traballados quedarán recollidos nun xornal, nun programa de

televisión, nun programa de radio e nas diferentes entradas que se fan en

Instagram.

Darlle a posibilidade ao alumnado que sexa el mesmo quen exprese os

coñecementos adquiridos polos diferentes medios consideramos que é importante,

neste proceso aquel alumnado que non ten ben asimilados determinados contidos

veraos reforzados coa axuda dos seus compañeiros dunha maneira colaborativa.

Os produtos finais estarán a disposición do alumnado para cando o precisen e a

fácil accesibilidade aos mesmos será de gran axuda para calquera alumno.

Page 55: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

55

O funcionamento do Contexto Matemático foi valorado como positivo polo

propio alumnado na enquisa que cubriron a finais de curso. Da necesidade de

coñecer a súa opinión sobre o funcionamento, organización, programación e

avaliación deste contexto, sacamos as seguintes conclusións:

- Ao alumnado gustoulle moito traballar nestes retos e nos diferentes

recantos que compoñen o contexto.

- Os retos nalgúns casos precisan estar redactados con maior claridade.

- As rúbricas de avaliación deben ser coñecidas polo alumnado.

- Unha vez rubricados os retos, estes deberían amosarse ao alumnado.

- Realización de máis proxectos libre xa que son ben acollidos polo

alumnado.

- As actividades que máis gustaron foron as máis relacionadas coa

tecnoloxía: robótica, impresión 3D, escenarios virtuais,...

- As actividades que menos gustaron foron aquelas nas que o alumnado

buscaba información e esta tiña que ser redactada.

Dende o punto de vista docente, destaco a cantidade de contidos propostos

nos diferentes retos e a oportunidade que ten o alumnado de compartir estas

experiencias de aprendizaxe con diferentes compañeiros do seu curso e do curso

que os acompaña, experiencias de aprendizaxe moi enriquecedoras e motivantes.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

Ao longo deste curso no Contexto Lingüístico empregamos os

seguintes recursos:

a) Humanos: Contamos co apoio da mestra de PT e de varios mestres que se

achegaban a axudar en determinadas actividades que se desenvolven no

Page 56: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

56

contexto.

b) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os proxectos

desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas, ordenadores,

portátiles, variadas apps e software informáticos para a edición de textos,

audios, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo, a radio escolar, a

impresora...

c) Funxibles: A integración das TIC estivo aparelladas ao uso de recursos

funxibles básicos e usados en toda escola: cadernos, cartolinas,

plastificadores, rotuladores, folios, lápices de cores, bolígrafos, goma,

pegamento, tesoiras...etc.

d) Bibliográficos: Ao seu un contexto no que a literatura e a palabra escrita

está tan presente, tivemos que botar man de numerosos recursos

bibliográficos de diferentes tipos:

- Variados tipos de cómics

- Series de literatura infantil: Bolechas, Gerónimo Stilton, Kika, Os

megatoxos...

- Obras teatrais breves.

- Libros variados de poesía galega e castelá, poesía visual, obxectual...

- Contos clásicos da literatura galega máis contemporánea.

- Obras e biografías de Valle Inclán.

- Revistas de pasatempos lingüísticos.

- Xornais, revistas...

- Páxinas web para o acceso e tratamento da información.

Ao longo deste curso no Contexto Humanístico empregamos os

seguintes recursos:

Ao longo deste curso no Contexto Humanístico empregamos os seguintes

recursos:

a) Humanos: Contamos con mestres de apoio do mestre durante algunhas

sesións.

Page 57: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

57

b) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os proxectos

desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas, un ordenador,

diferentes aplicacións e programas informáticos para a edición de textos,

audio, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo...

c) Funxibles: cadernos, folios, lapis de cores, bolígrafos, goma, pegamento,

tesoiras, cartolinas, plastilina, barro, témperas…

d) Bibliográficos: libros temáticos relacionados cos proxectos traballados,

libros de texto empregados como ferramenta de consulta, atlas, mapas,

fichas e plans de traballo...

Ao longo deste curso no Contexto Científico empregamos os

seguintes recursos que se encontran nos diferentes recantos nos cal

a aula está estruturada:

Organización do material didáctico de cada recanto:

Tics: Ordenador de aula e portátil. Catro tabletas Samsung e dúas iPads

Laboratorio: Dous microscopios (un sen luz) e os seus materiais. Obxectos

habituais de un laboratorio: guantes, lupas, pinzas, etc. Líquidos de experimentos.

Pesas. Obxectos específicos para cada proxecto.

Museo: Todo tipo de material funxibles. Goma Eva, cartolinas. E materiais

concretos para cada proxectos.

Biblioteca: Libro xerais de ciencia naturais, para recanto libros relacionados co

tema da biblioteca do centro.

Organización dos apoios:

Presencia da PT en vinhagrandes B ó logo de todos os proxectos. E apoio en

vinhamedios B a maioría dos días. Houbo proxectos onde foi precisa a súa axuda

continua con un terminado grupo por necesitades do alumnado e noutros

axudaban todo o proxecto no recanto de biblioteca pola complexidade da

actividade.

Page 58: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

58

As características do contexto matemático fai que sexa necesario

contar con diverso material que foi empregado nos diferentes

recantos.

As características do contexto matemático fai que sexa necesario contar con

diverso material que foi empregado nos diferentes recantos.

No momento de programar os diferentes retos tivemos en conta o material que

dispoñemos no centro para garantir o seu desenvolvemento, outro material tivo

que ser comprado pola ausencia do mesmo.

Neste sentido unha posible clasificación sería:

- Material de debuxo: regras, escuadras, cartabóns, compases,

transportadores, escalímetros,...

- Material manipulable: pesas, metros, figuras xeométricas, corpos

xeométricos, fraccións, reloxos, termómetros, calculadoras, reloxo, diñeiro,

regretas, material de base 10, probetas,...

- Material de creación: cartolinas, xeoplanos, bloques lóxicos, policubos,

bloques xeométricos,...

- Material tecnolóxico: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os retos

desenvolvidos, ferramentas tecnolóxicas como tabletas, ordenadores,

portátiles, variadas apps e software informáticos, robots, impresora 3D,

gafas vr, móbiles,...

- Materiais ou recursos que ofrece o medio escolar e a contorna socio-natural

na que vive o alumnado.

Este material axudou a desenvolver os diferentes retos que se establecían nos

recantos do contexto matemático.

Page 59: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

59

METODOLOXÍA EMPREGADA

O CEIP de Viñagrande Deiro caracterízase por un sistema de traballo

específico que determina a maneira na que, dende o centro, desenvolvemos o

currículo oficial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Atendendo a unha serie de estratexias organizativas (dende o punto de

vista temporal e espacial), o desenvolvemento das competencias clave facilítase

atendendo á seguinte estrucuración temporal:

ORGANIZACIÓN

TEMPORAL

EDUCACIÓN

INFANTIL

1º e 2º NIVEL DE

EDUC. PRIMARIA

3º, 4º, 5º e 6º

DE EDUC.

PRIMARIA

MOMENTO

COLECTIVO

(1h 30 min)

Programa de

Estimulación

Temperá.

Programa de

Estimulación

Temperá.

Programa

Curricular

Específico

Programa de

Aprendizaxe

Lúdico

Programa

Curricular

Específico

MOMENTO

VIVENCIAL

(1h 30 min)

Constitúe un tempo de aprendizaxe sentido, vivido e estimulante: a

aprendizaxe da música, da arte, da lingua estranxeira, dos valores sociais

e cívicos, … debe realizarse dende unha perspectiva moito máis práctica

(con obradoiros, tarefas, experiencias). Para iso, o profesorado titor e

especialista organizará sesións didácticas nas que o alumnado teña a

oportunidade de sentir, vivir e emocionarse con estas aprendizaxes.

MOMENTO

DE LECER

(30 min)

É o momento que goza todos o alumnado do centro e que consideramos

de vital importancia xa que é onde teñen a oportunidade de xogar dun xeito

moito máis espontáneo e libre. Pensamos que é un momento educativo

máis dentro do horario lectivo e como tal debemos incorporar todo tipo de

elementos que axuden ao alumnado a desenvolver esa necesidade de

xogo libre e espontáneo tanto a nivel de dotación de recursos materiais

como de dotación de recursos psicolóxicos, sociais e persoais. É un

momento no que o alumnado debe aprender a xestionar o seu tempo libre.

MOMENTO

COMPARTIDO

(1h 30 min)

Aprendizaxe

Baseado en

Proxectos

Aprendizaxe

Baseado en

Proxectos

Apr. Baseado en

Contextos de

Aprendizaxe

Page 60: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

60

Nos distintos momentos nos que se divide o horario lectivo diario suceden

distintas propostas didácticas que determinan o desenvolvemento das

competencias clave no alumnado.

Co obxectivo de explicitar mellor o funcionamento destas propostas, a

continuación se definen e determina o modo de traballar nelas:

APRENDIZAXE BASEADA EN CONTEXTOS DE APRENDIZAXE

O alumnado de 3º e 4º, mesturados, e de 5º e 6º (tamén mesturados)

desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á seguinte actuación pedagóxica,

organizativa e didáctica:

Contextos de Aprendizaxe: En cada contexto trabállanse proxectos dunha área

que, unido a outros temas diversos, interrelaciona coas distintas áreas de

coñecemento e complementan o currículo dun xeito multidisciplinar. En cada

contexto traballa un docente como mínimo. As aulas de 3º, 4º, 5º e 6º

convertéranse nos seguintes contextos de aprendizaxe e neles traballarase

atendendo ás seguintes dinámicas:

LABORATORIO: Proxectos Científicos nos que se desenvolven todas as

competencias clave dun xeito integral e con naturalidade, e nos que se

traballan establecendo relacións entre os contidos da competencia científica e

os de outras competencias (lingüística, tecnolóxica, lóxica e matemática,

social…etc.).

O contexto científico está dividido en catro minicontextos nos que se traballan

devanditos proxectos dende unha perspectiva ampla de desenvolvemento

competencial. Os diferentes recantos presentes nesa aula determinan a

tipoloxía de actividades a desenvolver.

- O museo: Pensado para a creación de elementos (xogos, maquetas,

murais, monográficos...) nos que demostrar os coñecementos adquiridos ou

contidos traballdos.

- O laboratorio: A experimentación é o fin deste recanto. Recanto moi

práctico que buscaba aproximar a ciencia ás mans do alumnado.

Page 61: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

61

- A biblioteca: A búsqueda, selección, análise da información necesaria para

a elaboración de monográficos e outros traballos.

- Espazo TIC: Espazo dedicado á creación de contido propio por parte do

alumnado con contidos referidos ás ciencias naturais.

A CALCULADEIRA: Proxectos Matemáticos nos que é moi importante

acercar os conceptos matemáticos á vida e á posibilidade de vivencialos dun

xeito práctico e manipulativo. Neste contexto haberá distintos espazos

(recantos) que, dun xeito global, nos permitirán comprender a utilidade das

matemáticas na vida real:

- O supermercado: Para o cálculo e o traballo de capacidades, volumes,

tamaños.

- A vida cotiá: Pensado para traballar aspectos matemáticos da vida real:

recibos, facturas, compras, cartas mariñas...

- A xeometría: Recanto no que o debuxo lineal ten unha importancia vital.

- O tratamento da información: É o recanto máis teórico onde o alumnado ten

que buscar e analizar a información topada para coñecer a base teórica das

matemáticas.

A VERBADEIRA: Proxectos Literarios ou Lingüísticos nos que se

desenvolverán dun xeito multidisciplinar e transversal contidos variados e de

distintas disciplinas: ciencias, valores, linguas, conmemoracións especiais, os

temas transversais…etc. Neste contexto terán especial tratamento a linguaxe

oral e a linguaxe escrita a través do establecemento de recantos que

permitirán traballar con diferentes tipoloxías de textos e programar distintas

actividades:

- Literatura Creativa: Espazo adicado á creación de textos de variada

tipoloxía dende unha perspectiva máis libre dando saída á imaxinación e

orixinalidade infantil: contos, relatos, cómics, adiviñas, deficións, anuncios...

- Conferencias: Recanto pensado para a expresión oral: radio, debates,

exposicións, videocontos, audiolibros...

Page 62: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

62

- Pasatempos: É o minicontexto ideado para o traballo no coñecemento e

práctica das normas ortográficas e gramaticáis básicas a través da

elaboración, creación e solución a pasatempos lingüísticos.

- Procesando Textos: Recanto adicado ao traballo de textos escritos

variados: resumos, mapas mentáis, noticias, receita, cartas, monográficos...

HUMANIDADEIRO: Dende unha perspectiva actual e atendendo sempre a

realidade social e cultural onde vive e se desenvolve o alumnado, este

contexto vai ser vital para comprender o que nos rodea. Serán proxectos nos

que tamén van intervir varias disciplinas e onde se tratarán fundamentalmente

temas relacionados coas as ciencias sociais dende unha perspectiva

determinada: entendendo o que sucede ou sucedeu ao noso redor,

poderemos entender o que sucede ou sucedeu en contextos máis amplos e

descoñecidos.

No contexto humanístico existen catro ou cinto espazos ben diferenciados que

permiten o desenvovemento competencial do alumnado;

- Xeografíco: Pensado para un traballo centrado no estudo da parte

xeográfica dos lugares onde vivimos.

- Audiovisual: Espazo adicado á creación de contido propio por parte do

alumnado con contidos referidos ás ciencias sociais.

- Artístico: A modo de atelier, este espazo conecta a expresión plástica cos

proxectos e contidos que se traballan no contexto humanístico.

- Documental: A búsqueda, selección, análise da información necesaria para

a elaboración de monográficos e outros traballos.

INFORMADEIRO: Todas as actividades teñen un paraqué en sí mesmas,

unhas veces é gozar ao realizalas, e outras veces na saída que teñen cara ao

exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión,

internet, exposicións, presentacións, representacións, debates, etc. Á vez que

lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, os medios de comunicación

fan que medre o interese e a motivación. O tipo de saída que teñan as

Page 63: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

63

actividades determinará a planificación, a responsabilidade do alumnado e o

uso de recursos. Contamos cun espazo no centro no que colocamos os

recursos necesarios para desenvolver nel programas de radio, televisión,

elaboración da prensa escrita e confección e edición dun caderno de bitácora

online. Este espazo ten un grupo asignado cada dous días e conta cuns

mestres que diariamente pasa a xornada lectiva nese espazo.

Neste tipo de organización, os contextos de aprendizaxe soen ser estables ao

longo de todo o ano. Esto quere decir que o alumnado pasa, periódica e

sistemáticamente por todas as zonas para traballar nun proxecto determinado dun

xeito multidisciplinar desenvolvendo así todas e cada unha das competencias

clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de profundar no

coñecemento e desenvolver as súas capacidades.

Os contextos de aprendizaxe son complementarios. En todos eles, á parte da

aprendizaxe de conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a

personalidade e as relacións sociais.

A organización social destes espazos posibilita a expresión de emocións e a

interacción. Por medio desta interacción os esquemas conceptuais e actitudinais

van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise desenvolvendo a identidade de cada

persoa e a do grupo. Para logralo, fomentamos o traballo en grupo, xa que a

interación mutua serve para enriquecer o proceso de aprendizaxe de cada

individuo.

PROGRAMA CURRICULAR ESPECÍFICO

A maiores do traballo que se desenvolve nos contextos de aprendizaxe, en 3º,

4º, 5º e 6º de Educación Primaria, cada grupo de alumnos/as, do mesmo nivel,

sitúase na aula co seu titor/a para desenvolver tarefas centradas en determinados

contidos establecidos no currículo para estes niveis da Educación Primaria e que

están previamente determinados nas programacións didácticas: principalmente

contidos referidos á competencia en comunicación lingüística e matemática.

Page 64: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

64

Concretamente estamos falando que o bloque 2 de contidos da área de

matemáticas e o bloque 4 das áreas de lingua galega e lingua castelá son

desenvolvidos dun xeito máis específico fóra dos contextos en catro sesións

semanáis de unha hora e media con cada un dos titores.

Á hora de avaliar as áreas de lingua e matemáticas chegouse ao acordo de que o

peso do traballo nos contextos lingüístico e matemático fose dun 60% e o peso do

traballo desenvolvido no Programa Curricular Específico fose dun 40%.

OUTRAS CARACTERÍSTICAS METODOLOXÍCAS QUE NOS DEFINEN:

o A mestura de idades é un elemento máis que amplía tanto o marco da

diversidade como o da interación social. Nos grupos contextos de aprendizaxe

de Primaria (3º con 4º e 5º con 6º) xúntase o alumnado dos dous niveis

diferentes dos xa desaparecidos ciclos. Deste xeito, posibilitamos a interación e

ofrecemos a posibilidade de desempeñar roles diferentes.

o Aprendizaxe cooperativa e disposición do alumnado en grupos/equipos.

Nos contextos de aprendizaxe o alumnado traballará atendendo ás normas

xerais de aprendizaxe cooperativo e colaborativo. Para iso é fundamental a

disposición das mesas e sillas. En todos nos contextos as mesas e sillas están

colocadas en grupos (mínimo de 3 e máximo de 5).

o Programas de ciclo. Pensamos que a mellor maneira de organizar a

planificación didáctica no relativo ao currículo é deseñando programas

curriculares por ciclos de dous anos. Este feito ofrece a posibilidade a cada

individuo de desenvolver o seu propio potencial e avanzar segundo o seu ritmo

e nivel. Ao longo deste curso nos catro contextos, puidemos desenvolver máis

dun 80% do currículo das áreas das linguas, matemáticas, ciencias sociais e

ciencias naturais.

o A integración real e efectiva das TACs. A nosa aposta pola integración e o

uso das tecnoloxías nas nosas aulas é a de utilizalas para que o alumnado

poida crear contido propio por si mesmo.

Page 65: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

65

Utilizamos a tecnoloxía con sentido común (e en igualdade de condicións que o

resto de materiais didácticos). Ao igual que co aprendizaxe de calqueira tipo de

contido dunha determinada área, a entrada de información que se lle ofrece ao

alumno debe ser de calidade e a saida que o alumno lle da a esa información a

través dun produto final debe ser tamén de calidade. Para facelo así xoga unha

importancia vital o uso das TAC dende unha perspectiva creadora e creativa.

Por outro lado o uso das TIC no noso centro ten unha doble finalidade: gozar do

seu uso e darlle saída ao exterior aos traballos que elabora o alumnado a través

dos medios de comunicación que traballamos na escola.

o A Mediateca e a Biblioteca son os lugares de recursos, son as fontes básicas

de información para realizar as actividades dos contextos de aprendizaxe. O

libro de texto non é un recurso básico. Existen moitos mateirias e compártense.

A mediateca é o lugar onde se gardan os distintos materiais didácticos que son

necesarios para traballar nos contextos e minicontextos de aprendizaxe.

A biblioteca é o eixo central do acceso á infomación para traballar as distintas

propostas didácticas e proxectos.

o Utilizamos plans de traballo: son listados de procedementos ordenados e

sistemáticos para realizar as actividades presentes nos recantos dos distintos

contextos de aprendizaxe, que axudan ao alumno a planificar o traballo, a

centrarse na actividade, a situarse no proceso de aprendizaxe e a desenvolver

a súa autonomía.

o O traballo en equipo do profesorado é imprescindible para deseñar e

xestionar os programas e proxectos didácticos, avaliar o proceso de

aprendizaxe, cumprir co traballo diario e levar a cabo os proxectos do centro.

O profesorado ten a obriga de traballar en equipo cos demais mestres que

conforman o claustro. Esta coordinación dase con maior cercanía entre os

mestres da etapa de Educación Infantil, 1º ciclo e entre os responsables dos

contextos de aprendizaxe.

De todas maneiras, o profesorado especialista preocupouse moito por coñecer

os proxectos que están desenvolvendo nas diferentes aulas para que as

Page 66: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

66

propostas didácticas das especialidades poidan relacionarse cos proxectos

didácticos das titorías. E viceversa tamén.

AVALIACIÓN

Neste apartado queremos deixar constacia na memoria dunha breves

referencias sobre a avaliación nestes eidos:

RESPECTO DOS GRUPOS

En xeral os catro grupos de alumnos que asistiron aos Contextos de Aprendizaxe

mostraron un rendemento académico positivo. Únicamente salientar o grupo de 3º

de Educación Primaria que ao non estar acostumado a este tipo de traballo,

cremos que o seu nivel de base era máis baixo do esperado e isto provocou que

tivesen que facer un esforzo maior para adaptarse ao ritmo e ao tipo de traballo

que se propón.

Neste senso, destacar a gran axuda ofrecida polo alumnado de 4º de Educación

Primaria. Ao longo de todo o curso tivo que axudar dun xeito guiado e pautado ao

alumnado de 3º co obxectivo de seguir o ritmo normal de traballo no contexto

literario.

En xeral podemos afirmar que o traballo desenvolvido os dous últimos anos no

contexto literario permitiu un achegamento moito máis real e competencial aos

usos da lingua galega e castelá. Cremos que o alumnado ten a oportunidade de

vivir os procesos de creación literaria de primeira man e non só estar pendente da

ortografía e gramática (ás que consideramos igualmente de vital importancia).

O alumnado posúe, a día de hoxe, unha bagaxe literaria e creativa moi potente.

Este feito fai que esteamos contentos do funcionamento e da formación que se

ofrece neste espazo de aprendizaxe.

Do cuestionario que se lle pasou ao alumnado para que valoraran os proxectos

desenvolvidos ao longo do curso manifestaron na súa inmensa maioría que

descoñecían o xeito de avaliar do profesorado e que tampouco recoñecían que

debían realizar para subir nota. Isto lévame a modificar a miña forma de avaliar, é

Page 67: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

67

necesario que sexa máis explícita cos criterios de avaliación que se van utilizar á

hora de valorar o traballo dos alumnos e alumnas; os alumnos e alumnas deben

coñecer as rúbricas antes de comezar co proxecto.

No traballo grupal ás veces era complicado que cada alumno ou alumna fora

responsable da parte equitativa, da carga de traballo que lle correspondía. Ese

tipo de alumno/a mostrábase máis observador que participante no traballo.

Un dos grupos de maiores tivo en determinados momentos do curso un

comportamento inaceptable, logo de varias intervencións con eles foise

solventando.

O profesorado de nova incorporación manifestou que os progresos nos procesos

de ensino foron aparecendo dun xeito progresivo co tempo e practica.

En xeral, o alumnado que acude ao Contexto Matemático mostrou un rendemento

académico positivo pero tamén é certo que a composición dos grupos inflúe moito

neste rendemento. En ocasións ponse en dúbidas si a elección do grupo debería

seguir sendo libre ou un pouco dirixida. Constátase que certo alumnado deixase

levar dentro do grupo e as súas achegas son moi escasas polo que temos que

mellorar este aspecto.

CASOS PARTICULARES A SINALAR

Cómpre sinalar que hai alumnos que no traballo en grupo teñen que aportar e

implicarse moito máis.

Continuando co mencionado no apartado anterior, destacar a falta de esixencia e

compromiso dalgúns alumnos/as amosando unha pobreza nos seus traballos.

Cremos, de tódolos xeitos, que é esta unha metodoloxía que respecta os ritmos

individuais de aprendizaxe. Neste senso deberemos ser máis pacientes e

acompañar dun xeito máis cercano a este alumnado ao que, por maduración, lle

falta ese compromiso e autoesixencia que se poden ver noutros.

Page 68: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

68

DA COORDINACIÓN DOCENTE

A coordinación docente foi moi enriquecedora e estivo ben planificada e

executada. Todos os martes (de 16:00 a 17:00 horas) o profesorado responsable

dos contextos se reunía para distintas finalidades (planificación, avaliación,

información, organización...da actuación educativa no contextos de aprendizaxe).

O profesorado especialista acudía a estas xuntanzas unha vez cada tres

semanas.

Para mellorar este eido será necesario sistematizar estas xuntanzas xa que ás

veces resultan sempre iguais. Falamos da necesidade de que cada martes de

16:00 a 17:00 horas teñamos un guión que cumprir que nos obrigue a facer un

seguimento real do que se comenta. Sistematizar determinado procesos por

escrito non estaría de máis.

Tamén consideramos necesaria a figura do coordinador/a dos contextos. A

creación dun órgano como a CCP no que poder realizar determinados traballos de

centro esixirá a presenza dos coordinadores. A figura do coordinador/a dos

contextos axudará moito a que a información e o traballo sexa máis fluído e máis

efectivo.

DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Sen dúbida a metodoloxía coa que traballamos facilitou enormemente a atención á

diversidade do alumnado. Ao longo do curso nos contextos de aprendizaxe non

tivemos a necesidade de adaptar os plans de traballo a ningún alumno pero o que

si constatamos e que este alumnado ten que aportar algo máis e os compañeiros

de grupo esixirlle que o faga.

Neste eido destacar especialmente o grupo de terceiro de primaria que posúe

unha diversidade tan variada que esixirá o inicio de determinados procedementos

coordinados entre todo o profesorado que lle da clase. Un acompañamentos moito

máis próximo no que axudemos a este alumnado a crer nas súas posibilidades e a

facerlle ver que son capaces de abordar calquera tipo de actividade se aportan

vontade será un principio de actuación básico.

Page 69: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

69

Tamén, cómpre sinalar neste sentido a axuda recibida por parte do profesorado de

apoio.

DA METODOLOXÍA EMPREGADA

A metodoloxía no contextos de aprendizaxe foi positiva. Máis adiante coméntanse

algunhas propostas de mellora neste eido pero a nivel xeral a metodoloxía

permitiu un traballo serio, esixente e coherente co desenvolvemento curricular

actual.

AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO

Debemos mellorar o procedemento avaliador e facelo algo máis sinxelo.

Se atendemos ao verdadeiramente importante de cada contexto seremos capaces

de crear unha rúbrica trimestral que, unida a unha recollida diaria de datos,

configurará unha avaliación seria, rigorosa e completa.

Foi moi positivo traballar cunha aplicación que nos facilitou a cuantificación das

rúbricas dos contextos de aprendizaxe.

Tamén consideramos moi positivo, inda que hai que melloralo e sistematizalo inda

máis, integrar o último día de traballo nos contextos para a autoavaliación,

coavaliación e avaliación do proxecto por parte do alumnado e profesorado (triple

vertente da avaliación). Cremos que sería importante que ese último día todo o

profesorado tivese unha guía e o alumando contara cunha rúbrica individual na

que puidese avaliarse a si mesmo e ao grupo no que traballou en relación a

determinados indicadores xerais (con presenza en todos os contextos) e

específicos de cada contexto.

AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.

1.- Como responsable do contexto lingüístico e co obxectivo de ofrecer unha

avaliación do máis obxectiva, intentarei facer unhas observacións ao respecto:

- O 100% do alumnado valora a miña actuación neste contexto como positiva

ou moi positiva. Ningún alumno destaca a miña actuación como regular ou

negativa.

Page 70: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

70

- A carga emocional de inicios de curso (ao ser director tamén) puido

aféctame negativamente (e por extensión tamén ao alumnado). Pronto me

din conta e puiden volver a mostrar a miña profesionalidade dun xeito máis

tranquilo e seguro.

- Os proxectos deseñados e as actividades planificadas foron valoradas

positivamente.

2.- Como responsables dos contextos científico e humanístico e co obxectivo de

ofrecer unha avaliación do máis obxectiva, reflectimos as seguintes observacións

ao respecto:

- Practicamente a totalidade do alumando, valora a miña actuación neste

contexto como positiva ou moi positiva (segundo a enquisa realizada).

- Neste segundo curso empregando esta metodoloxía, a valoración é

positiva. Aínda así, considero importante seguir formándome no que se

refire ao aprendizaxe baseado en proxectos, na traballo cooperativo, nas

TICs ... , coa intención de seguir aprendendo e mellorando a miña labor

como docente.

3.- Como responsable do Contexto Matemático e co obxectivo de ofrecer unha

avaliación do máis obxectiva, intentarei facer unhas observacións ao respecto:

- O alumnado valora a miña actuación neste contexto de xeito diferente,

constato que aquel alumnado que se lle esixiu compromiso destaca a miña

actuación coma regular ou incluso mala, pola contra, o alumnado que tiña

xa establecido unha dinámica de traballo moi similar a actual destaca a

miña actuación coma boa ou moi boa.

- Os proxectos deseñados e as actividades planificadas foron valoradas

coma positivas.

Page 71: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

71

AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.

Este segundo ano avaliamos o proxecto educativo desenvolvido como moi

positivo. Existen melloras a incorporar en vindeiros anos e, de seguro, que esta

avaliación provocará a integración de melloras nel. O PE constitúe un auténtico

valor de futuro para nós.

Existen moitas dúbidas entre a comunidade educativa sobre a adaptación do noso

alumnado á ESO. A día de hoxe non podemos avaliar esta adaptación xa que non

contamos coa experiencia previa necesaria pero o si comezamos a notar é que as

xeracións que se van marchado do colexio irán para a ESO moito mellor formadas

e, a nivel competencial, moito máis capacitadas.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

De seguro que este ano cometemos erros e agora, unha vez rematado o

curso, notamos que nos faltou algo que permitira ao alumnado aprende máis e

mellor, ao profesorado traballar máis e mellor e ás famlias ou ao centro mellorar

nos seus eidos de actuación.

Deixamos constancia neste apartado eses elementos que tal vez nos faltaron ou

puideron facerse de mellor maneira:

a) Implicar ao alumnado na avaliación.

Consideramos necesario repetir esta mellora que xa integrabamos o ano pasado.

Pero esta vez con outras aportacions (engadidas en cursiva).

O alumnado, a través de rúbricas, debe coñecer de antemán o plantexamento das

actividades, exercicios e tarefas a desenvolver e as competencias e

coñecementos que se van avaliar. Isto axudará ao alumnado a tomar conciencia

da súa propia evolución nos procesos de aprendizaxe que se desenvolvan.

Cada proxecto debera iniciarse dándolle a coñecer ao alumnado a rúbrica que

determinará a avaliación. Esa rúbrica integrará elementos propios de cada

proxecto e items xerais que serán utilizados en todos os proxectos.

Ao finalizar tamén sería aconsellable que o alumnado se autoavaliase e desta

maneira sería consciente do seu progreso na adquisición de novos contidos. Esta

Page 72: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

72

última parte non a levamos a cabo este curso e cremos que é necesario ter clara e

sistematizala para o vindeiro ano.

As rúbricas serán remitidas (ao inicio do proxecto) á dirección do centro coa

finalidade de facerse cun banco de recursos que determinará a avaliación do

alumnado. Ao remate de cada proxecto (28 días lectivos) o/a responsable de cada

contexto de aprendizaxe remitirá os plans de traballo e a rúbrica a todas as

familias para asegurarse que sexan coñecedoras do que se está traballando na

aula.

Ao remate do curso o profesorado lle pide ao alumnado unha avaliación do

proceso educativo seguido nos diferentes contextos de aprendizaxe.

b) Ter máis coidado coa avaliación nos cursos impares (3º e 5º)

Ao estar mesturados en idades e segundo puidemos comprobar este curso,

cremos que debemos introducir melloras nas rúbricas para os cursos impares nos

que o alumnado é o de menor idade. Tendemos a avaliar ao alumnado destes

cursos en función dos traballos e rúbricas elaboradas para os cursos do alumnado

de 4º e 6º sen ter en consideración que teñen un ano menos que os seus

compañeiros.

c) Realizar un maior e mellor seguimento do traballo en grupo.

Ao deseñar actividades en pequenos grupos, temos que intentar asegurar que non

existan alumnos que non aporten ao grupo. Un porcentaxe de alumnado manifesta

que algunhas ou bastantes veces se atopou con compañeiros/as que non

aportaron nada ou moi pouco nos grupos de traballo. O alumnado debe ser

consciente da necesidade das súas achegas e o outro alumnado de conducir

adecuadamente ao grupo para que todos se vexan importantes á hora completar o

traballo.

d) Falta de material e mellora da autonomía:

A falta de materiais e recursos no contexto científico é o hándicap mais salientable

Page 73: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

73

do contexto. Tanto electrónico como bibliográfico. Falta dun espazo preparado

para a realización de experimentos e sobre todo de investigación e descubrimento.

Utilizamos unha metodoloxía de descubrimento e no eido científico é si cabe máis

importante proporcionarlle ó alumnado os recursos necesarios para iso.

Ó longo dos proxecto fun comprobando a autonomía do alumnado e do que son

capaces sen ter a necesidade de guialo continuamente. Cando maior é a liberdade

maior é o seu interese.

e) Modificación das explicacións dos plans de traballo.

Algúns plan de traballo deberían ser máis completos nas súas explicacións pero

corremos o risco de guiar en exceso a aprendizaxe do alumnado, e desta maneira,

non convertelos en verdadeiros protagonistas das súas aprendizaxes.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

a) Maior información e formación ás familias co que se está

traballando nos contextos. Empregar máis o INFORMADEIRO para

publicar e difundir os traballos realizados no contexto.

Iniciar unha verdadeira “Escola de familias” onde se poidan organizar sesións que

conecten co traballo que estamos facendo nos contextos de aprendizaxe:

educación emocional, usos das redes sociais, ecoloxía e natureza, sexualidade,

igualdade, conversar máis cos nenos, autoestima e autoconcepto, autonomía,

creatividade, estereotipos educativos, accidentes infantiles...

Dar a coñecer e difundir os traballos colgándoos na web do colexio ou ben os

emitidos a través dos medios de comunicación do centro. Deberiamos

responsabilizarnos de publicar os traballos que se fan nas aulas. Para iso igual

estaría ben configurar doutro xeito o informadeiro e convertelo nun espazo onde

se lle da saída aos traballos que se fan no cole e non só se informa deles.

Preparar os videos, os audios, o xornal escolar coa diferentes seccións... O

Page 74: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

74

alumnado que vaia ao informadeiro xa ten que ter o contido nas súas mans e alí

(no informadeiro) editalo e publicalo.

b) Integración de proxectos libres.

Despois da experiencia deste curso consideramos imprescindible que en todos os

contextos de aprendizaxe se integren un ou dous proxectos libres onde o

alumnado teña a oportunidade de xestionar o seu proceso de aprendizaxe.

Para facelo realidade será necesario elaborar unha pequena guía que axude ao

alumnado a non perderse e a ter en conta todos os elementos que precisa para

poder levar á práctica a súa idea ou proxecto.

Sería idóneo conseguir máis independentismo en relación ó tempo do proxectos

de cada contextos. Limitando o tempo constantemente xurde a presión en

profesorado e alumnado.

c) Asignar responsabilidades ou roles no traballo cooperativo.

Co obxectivo de asegurar que non existan alumnos que non aporten ao grupo,

podería ser interesante determinar uns roles específicos para o alumnado que

teña que desenvolver un traballo grupal. Unha posibilidade podería ser esta:

d) Integrar dende inicio de curso faladeiros diarios cunha estrutura

determinada e só en lingua galega.

Page 75: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

75

Estamos de acordo no baixo uso que ten a lingua galega no noso centro. Dende o

contexto lingüístico literario propoñemos que de xeito diario se integren nas aulas

faladeiros sistematizados nos que se traten temas como os seguintes: a fin de

semana, o tempo e a axenda (todos os días), novas da sociedade, chistes e

adiviñas, fálame de ti, música, poesía (todos os días)… Como mínimo deberiamos

contar con trinta minutos diarios para esta actividade.

Debemos fomentar no alumando a conversa, o respecto polas diferentes opinións,

o debate (sistematizado moito mellor), a oralidade popular… e prioritariamente en

lingua galega.

e) Modificar o traballo por proxectos finais deseñados polo profesor

cara un traballo por proxectos continuados e relacionados

elaborados polo alumnado.

Co obxectivo de levar o proceso de aprendizaxe para o alumnado dun xeito moito

máis adaptado aos seus ritmos de maduración e aprendizaxe cremos que sería

necesario modificar a actual organización de proxectos que cambian cada vez que

o alumno/a vai a un contexto por un modelo no que se perciba un proxecto anual

continuado no que exista unha clara relación entre os plans de traballo ao longo

de todo o curso.

Nese camiño os proxectos non deben ser deseñados polo profesorado senón que

deben permitir que sexan pensados, planificados e executados polo propio

alumnado.

A idea sería ter a disposición do alumnado plans de traballo nos distintos recantos

con propostas abertas que permitiran ao alumnado achegarse a todos os contidos

curriculares dun xeito moito máis adaptado á individualidade do neno e onde o

tempo non sexa o condicionante máis importante (inda que sí telo moi en conta).

Deste xeito o alumno achégase a unha actividade e cando a remata podería pasar

a outra cando se considere que a realiza dun xeito correcto e aportando un

proceso de mellora individual importante. Pode ser que un neno necesita máis

tempo que outro para facer unha mesma actividade. Nós non o estamo permitindo

iso. O feito de que un neno tarde máis días en facer unha actividade non ten

Page 76: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

76

porque ser malo. Puidera ser que as seguintes catro actividades as faga máis

rápidas porque se sinta máis capacitado.

Así, cada vez que o alumnado se achegue ao contexto só ten que seguir o seu

propio proceso collendo plans de traballo sucesivos.

Para iso deberiamos pensar en ampliar a oito días cada contexto e que o alumno

bote dous seguidos en cada recanto.

Deste xeito, dende o Contexto Literario, consideramos que se podería acompañar

dun xeito máis próximo á totalidade do alumnado e tendo en conta os seus

procesos madurativos e de aprendizaxe.

f) Outras propostas de mellora:

- Continuar coas sesións de desenvolvemento emocional e de comisións de

mellora pero con unha mellor organización. As sesións de desenvolvemento

emocional deberían ser programadas e planificadas por todo o centro non tendo

que ser impartidas unicamente polo titor/a. Deberiamos ter un calendario no que

integrar temas específicos de traballo co alumnado e que en todas as aulas se

traballara ese mesmo tema a mesma semana. Deste xeito asegurariámonos

que todo o alumnado do centro tratara ao longo de todo un ano os mesmos

temas. Podería ser interesante contar con momentos ou días libres para tratar

temas da propia aula ou temas candentes na sociedade. Un equipo de profes

podería adicarse a achegar información sobre os temas a tratar, as novas

sociais interesantes e outras ideas para levalas á práctica nas aulas.

Tamén se podería extender o traballo que se está facendo nos contextos de

aprendizaxe. Que un mestre se responsabilice dun determinado tema.

- Integrar o xogo nun contexto ao que acudir no mesmo momento que se vai á

biblioteca do centro. Cada titoría ten un momento para ir á biblioteca do centro.

Se a biblioteca tivese tamén xogos podería converterse nun contexto

gammificado tal e como se viu no centro de Valladolid. Outra opción sería

integrar ese momento no PCE das titorías e que os materiais foran pasando

polas aulas.

Page 77: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

77

- Creación de bibliotecas de aula con material da biblioteca do centro para cada

contexto.

- Integrar a expresión plástica nos plans de traballo dos contextos e tamén

solicitar á escola de artes de Pontevedra unha colaboración co noso centro para

que nos axuden a definir cómo deberiamos ensinar arte ao alumnado. Unha

proposta didáctica que puideramos integrar no noso centro con naturalidade e

sen romper as estruturas presentes.

g) Repaso dos contidos.

Sería axeitado ó inicio do ano seguinte facer un repaso dos proxectos realizados

neste dous anos e programar de forma real o proxectos (contidos) de cara o

seguintes curso académico.

h) Traballo por proxectos tamén no PCE.

Elaboración de proxectos moi motivantes e de gran contido educativo para realizar

na parte correspondente ao proxecto curricular específico.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

Detectamos as seguintes necesidades formativas:

- Atención á diversidade en casos de especial tratamento educativo. Como

conseguir a mellora.

- A creación dun clima de traballo profesional favorable. Traballalo entre nós

a través de reunións onde falemos abertamente deste tema e

consensuemos unha serie de “normas” de obrigado cumprimento.

- O desenvolvemento emocional do alumnado.

- Co - formación entre docentes. Iniciar este ano unha experiencia piloto que

consiste en reunirse para formarnos uns aos outros sobre aspectos que

deberan ter unha clara coordinación curricular vertical. Nestas sesións

debería haber reunións entre o profesorado afectado onde puideran

Page 78: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

78

ensinarse uns a outros como traballan determinados contidos curriculares

(e tamén os presentes no currículum oculto).

- OAOA método matemático.

- Didáctica da expresión plástica.

- Programas e plans europeos e internacionais onde poder seguir mellorando

a nosa escola e a nosa práctica docente.

- Cada mestre de contexto debería ter unha mínima formación no seu ámbito

para mellora no desenvolvemento do seu traballo. Deste xeito a

organización e preparación do proxecto sería mais sinxela e sobre todo

máis rápida. Ó igual que formación sobre o sistema. Estamos en constante

cambio de mellora e para iso sería necesaria moita mais formación, incluso

de forma interna.

Os responsable dos Contextos de Aprendizaxe

Javier García García

Almudena Bermúdez Montenegro

Mª Manuela Pérez Rodríguez

Sergio Rosales López

6.4.- MEMORIA DO PROXECTO SAMSUNG SMART SCHOOL

MEMORIA DO PROXECTO DE SAMSUNG SMART SCHOOL

Nesta memoria queremos recoller brevemente dous aspectos do proxecto

deste ano, por unha parte a formación recibida polo profesorado participante, e por

outra, o traballo elaborado.

A formación deseñada para o curso 2017-18 estivo enfocada en explorar e

avaliar as posibilidades ofrecidas polos distintos modelos de espazos educativos

aprendendo a xestionalos con vistas a mellorar as experiencias de aprendizaxe do

alumnado a través de dispositivos móbiles e recursos dixitais.

Page 79: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

79

Os mestres participantes este ano no proxecto de Samsung Smart School

realizaron unha formación en liña coa realización do MOOC de “Xestión de

espazos educativos” e tres sesións presenciais coa visita ao centro do titor

asignado para a formación.

No referido á formación en liña elaborouse unha bitácora onde todo o

profesorado tivo que analizar, reflexionar e abordar a necesaria transformación de

espazos educativos nos procesos de modificación metodolóxica e de organización

e funcionamento do noso centro.

No seguinte enlace pódese ver o traballo desenvolvido polo profesorado:

http://colexiovinhagrande.blogspot.com/

Con esta formación pretendeuse que cos mestres participantes:

Identifiquen as posibilidades de transformación de distintos espazos

educativos en tres niveles (aula, centro educativo, comunidade).

Valoren a necesidade de atender ás perspectivas das distintas persoas que

conforman a súa comunidade educativa durante todo o proceso de

transformación dos espazos educativos.

Deseñen pequenos plans de transformación dos espazos educativos.

Poñan en marcha as transformacións que planifiquen durante o curso a

condición de que teñan a posibilidade de levar a cabo a súa execución.

Empreguen distintas ferramentas para a avaliación do proceso de

transformación dos espazos educativos.

Outro aspecto a recoller é o traballo realizado que tivo que ser exposto nunha

feira de proxectos en Madrid entre todos os colexios participantes no proxecto. O

traballo consistiu en amosar a transformación de espazos que se realizou no noso

colexio e como estes espazos axudan e melloran o proceso de aprendizaxe do

alumnado.

Page 80: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

80

Traballo realizado para a feira de proxectos. Ao escanear as imaxes coa app Layar accédese ao contido.

PROPOSTAS DE MELLORA

- Valoramos como positiva a participación do centro neste proxecto durante

os últimos tres anos. Supuxo unha verdadeira revolución que favoreceu a

integración real e efectiva das TIC nas aulas e o cambio cara unha

metodoloxía máis creadora e creativa por parte do alumnado. Un alumnado

que se viu obrigado a modificar tamén o seu rol e converterse en

Page 81: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

81

protagonista ao crear contido propio coa axuda dos dispositivos móbiles

que nos cederon.

- Consideramos esgotado este proxecto xa que durante os tres últimos anos

tivemos que facer un enorme traballo no eido da formación para levar á

práctica unha nova maneira de integrar os dispositivos móbiles e as

tecnoloxías no centro. A día de hoxe temos asentada esta cuestión cunha

visión propia e ben argumentada. Precisamos dedicar o tempo a outras

cuestións de gran importancia e, para facelo, xestionar o tempo e a

participación en proxectos diferentes vai ser clave. Polo tanto, para o

vindeiro ano cremos que o CEIP de Viñagrande Deiro non debe participar

no cuarto ano (período unicamente voluntario) no proxecto Samsung Smart

School.

- O propio centro deberá ir autofinanciado a renovación destes dispositivos

para continuar co traballo cos dispositivos móbiles nas aulas.

O Embaixador do Proxecto

Sergio Rosales López

6.5.- MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E

EXTRAESCOLARES.

No presente curso académico no C.E.I.P. DE VIÑAGRANDE-DEIRO

leváronse a cabo as seguintes actividades complementarias e extraescolares:

SAMAÍN

A celebración do Samaín tivo lugar os días 30 e 31 de outubro e, coma en anos

anteriores, realizouse unha exposición de cabazas feitas polo alumnado coa

colaboración das familias.

Tamén se elaboraron receitas terroríficamente saudables en grupos de diferentes

idades e coa axuda dun mestre/a. Logo, tivo lugar a degustación.

Page 82: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

82

Por último, houbo unha sesión de cine de terror coa proxección de diferentes

películas.

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/samain.html

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/receitas-terrorificamente-

monstruosas.html

MAGOSTO

Con motivo da celebración do Magosto, pedíronse a un particular, 50 xogos

tradicionais.

A celebración do Magosto tivo lugar o día 10 de novembro coas seguintes

actividades:

1º- Merenda de castañas asadas.

2º- Xogos tradicionais para infantil e primaria.

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/magosto-18.html

NADAL

O festival de Nadal celebrouse o xoves 21 de decembro na Casa de Cultura.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º durante a sesión semanal de plástica encargouse de

decorar o escenario onde tivo o festival de Nadal.

O alumnado de 6º encargouse do guión para presentar o Festival.

A partir do luns 11 de decembro, cada titor ou especialista baixou á Casa de

Cultura para ensaiar a actuación do Festival, anotándose previamente nun horario

que estará na Sala do Profesorado.

O Mércores 20 de decembro recibimos a Visita do Pandigueiro (organizada pola

ANPA).

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/pandigueiro.html

Page 83: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

83

DÍA DA PAZ

Celebrouse o luns 30 de xaneiro, no campo de fútbol de Terrón, xunto con 4

colexios de Vilanova (CEIP Xulio Camba, CEIP San Roque de Corón, CEIP San

Bartolomeu de Tremoedo e CEIP Sestelo-Baión).

As actividades que se realizaron foron:

1. Presentación do acto (Sestelo-Baión).

2. Lectura dun manifesto pola Paz (Viñagrande-Deiro, alumnado de 6º).

3. Solta de pombas.

4. Alumnos do CEIP San Bartolomé presentaron a “Amigos de Galicia”

(Agradecemento por parte de “Amigos de Galicia”).

5. Presentación do Baile e carreira por alumnado do Xulio Camba.

6. Coreografía “Madre Tierra” de Chayanne (Todos os coles).

7. Carreira solidaria (organizada polo colexio San Bartolomé de

Tremoedo): coa inscripción cada neno entregou un 1 kg de alimento que

será destinado a “Amigos de Galicia”. Haberá dúas categorías:

• Infantil+1º de Primaria (corren unha volta)

• De 2º a 6º de Primaria (corren durante 5 minutos)

8. Alumnado do CEIP San Roque clausurou o evento con

agradecementos aos colaboradores.

9. Merenda (organizada polo colexio Xulio Camba de Vilanova).

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/maios.html

Page 84: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

84

ENTROIDO

- Mandas do Momo

Durante a semana do luns 5 ata o venres día 9 de febreiro, celebramos a festa do

entroido. Cada día os nenos e nenas preparáronse para participar e gozar do que

o Momo ordenou. Os alumnos e alumnas remataron totalmente disfrazados o

xoves 8. Ademais, este día tivo lugar a “Batalla da fariña”.

- Festival

O venres 9 de febreiro celebrouse o entroido. Os disfraces tiveron a temática da

saúde. A organización foi a seguinte:

1º- Unha sesión de fotos por curso.

2º- Desfile de disfraces facendo un percorrido pola zona e despois no patio. Logo,

cada grupo cantou unha copla adaptando a letra á ocasión.

3º- Merenda (colaboración das familias e da ANPA ) e tempo de lecer.

OS MAIOS

Entre todos os nenos e nenas do colexio elaboraron un maio e o alumnado cantou

ao redor do maio coplas compostas para a ocasión.

LETRAS GALEGAS

Celebramos as Letras Galegas cun festival de teatro. Durante 3 días, toda a

escola foi á Casa da Cultura as 12, onde se representaron obras de teatro. Unha

de infantil, outra de 1º, de 2º, de 3º, de 4º, de 5º, de 6º e de inglés.

O martes 19 de xuño visitou a nosa escola Magín Blanco. Pensado inicialmente

como actuación para as letras galegas, por motivos de datas fíxose na semana de

fin de curso.

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/magin-blanco.html

Page 85: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

85

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

O mércores 20 de xuño tivemos una saída a praia da Area da Secada, na illa de

Arousa.

Pola mañá realizamos unha ruta de sendeirismo dende o Naval ata a praia,

parando no Faro a descansar. Logo comemos debaixo dos pinos.

Pola tarde tivemos actividades acuáticas na praia organizadas pola empresa

Marexada.

FIN DE CURSO

A celebración do fin de curso tivo lugar o xoves 21 de xuño. Comezou cunha

exposición da PDI da escola, que tratou sobre a saúde. Viñeron mais de 100 pais

que repartimos en catro grupos e foron pasando por todas as aulas vendo o que

os nenos fixeron en relación ao tema durante todo o ano.

Despois tiveron unha merendola, coa colaboración da ANPA do colexio.

A continuación, os alumnos e alumnas puideron participar nunha “Batalla da

auga”.

SAIDAS DO ALUMNADO

Tem

p.

Curso Saída

3º, 4º, 5º e 6º de

primaria

Educación Vial en colaboración do

concello e a DXT.

Educación Infantil

Obra “El pequeño musical” no auditorio de

Vilagarcía de Arousa

Page 86: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

86

3º, 4º, 5º e 6º de

primaria

Visita do científico do CSIC Alexandre

Alonso

Toda Primaria e Ed.

Infantil

Teatro Caracol “O Oeste”

6º Primaria Visita ao I.E.S. “ A Basella”

De 3º a 6º

Obra de teatro “Pum Pum” en Pontevedra

Infantil

Obra de Teatro “Antón Comodón” en

Pontevedra.

Toda Primaria e

infantil

Rutas de sendeirismo.

Excursión de fin de curso a Manzaneda

3º a 5º Entrega de premios Faro da Escola en

Vigo

3º, 4º, 5º, 6º de

Primaria

Visita do poeta David Fernandez Rivera

Page 87: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

87

DEPORTE ESCOLAR

Campo a través: Sanxenxo (17/11/17). Participaron 2º, 3º , 4º, 5º, e 6º de

Primaria.

1ª xornada deportiva: CEIP de Viñagrande – Deiro – CEIP As Bizocas (O

Grove 24/01/18). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.

2ª xornada deportiva: CEIP Cruceiro – CEIP de Viñagrande – Deiro

(Vilalonga 27/02/18). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.

3ª xornada deportiva: CEIP de Viñagrande – Deiro – CEIP As Covas de

Meaño (San Miguel 20/03/18). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.

4ª xornada deportiva: CEIP de Viñagrande – Deiro – CEIP San Roque de

Corón (Corón 25/04/18). Participou 5º e 6º de Educación Primaria.

Carreira Escolar do Salnés (Portonovo 01/06/17). Participou 1º e 2º de

Educación Primaria.

VALORACIÓN E PROPOSTAS DE MELLORA

A valoración é positiva aínda que sempre é posible mellorar determinados

aspectos.

Cabe destacar o éxito das actividades organizadas para o fin de curso, sobre todo

a exposición da PDI, na que as familias puideron ver os traballos feitos ao longo

do ano e que tivo gran aceptación.

Polo demais, sempre sería aconsellable preparar as actividades con maior

antelación, aínda que ás veces o calendario e a falta de tempo condiciona a

programación das mesmas.

O coordinador,

Asdo.: Víctor Chousal Ferreira

Page 88: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

88

6.6.- MEMORIA DO PLAMBE

INTRODUCIÓN

Este curso foi o segundo no que o CEIP Viñagrande- Deiroparticipou no

Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares, grazas ao cal puidemos continuar coa

modificación da nosa biblioteca, converténdoa no espazo de referencia do noso

centro ao reflectir os principios metodolóxicos nos que se asenta o noso proxecto

educativo: ABP e traballo por proxectos, integración das novas tecnoloxías como

ferramentas de uso cotiá que posibilitan a creación de contidos propios do

alumando, o traballo cooperativo, a atención á diversidade e a compensación de

desigualdades sociais, a colaboración coas familias e outros axentes da

comunidade educativa, a apertura ao exterior da actividade do centro…

Ao longo desta memoria recollemos o traballo realizado durante este curso:

consecución de obxectivos, actividades, avaliación, xestión e organización e

outros aspectos relativos á Biblioteca do centro. Engadimos, ademais, unha

memoria gráfica (carpeta ZIP con fotos na plataforma online) e enlaces á nosa

páxina web para exemplificar algunhas das accións que se mencionan.

GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS NAS

LIÑAS PRIORITARIAS

Este segundo ano de participación no PLAMBE permitiunos continuar

afianzando o modelo de biblioteca escolar do noso centro, acorde coas liñas de

acción prioritarias presentadas para este curso, polo que podemos dicir que os

obxectivos foron acadados en maior ou menor medida. Analizamos a continuación

cada un deles:

En relación á organización e xestión da biblioteca

Durante este curso adquirimos novo mobiliario que nos permitiu mellorar o

acondicionamento do espazo, creando zonas máis versátiles e que permiten unha

Page 89: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

89

maior mobilidade do alumnado, pero sempre garantindo que teñan un fácil acceso

a todos os recursos da biblioteca.

Por outra banda, continuamos coa actualización e diversificación dos

fondos da biblioteca, adquirindo novos documentos que atenderon ás necesidades

e peticións do alumnado e profesorado, segundo os seus gustos e intereses ou

segundo os proxectos que se levaron a cabo. Tamén continuamos coa labor de

expurgo para desbotar aqueles fondos que estaban deteriorados ou obsoletos.

Por outra banda, en canto a recursos tecnolóxicos, este curso incorporamos

un Mac para Televiñagrande (parte do Informadeiro) con maiores posibilidades

para a edición de vídeo, novas tablets, robots, impresora 3D e gafas virtuais.

En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa

integración no tratamento do currículo e a súa contribución á alfabetización

múltiple e ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado.

Un dos obxectivos da biblioteca en canto á dinamización e promoción dos

recursos foi tratar de darlle visibilidade aos mesmos. Para iso, fixemos diferentes

exposicións e presentacións de novidades, elaboramos boletíns informativos e

publicitamos as actividades e recursos da biblioteca, no propio espazo da

biblioteca, nas aulas e noutros espazos do centro.

Desenvolvemos un proxecto documental integrado no que participou todo o

alumnado dende as distintas titorías ou especialidades e que foi organizado dende

a biblioteca. Fíxose a presentación do mesmo a principios de curso, houbo

diferentes propostas coa finalidade de propiciar o interese e a curiosidade do

alumnado, tamén houbo propostas dirixidas ás familias e elaboráronse

documentos que serviron de guía para o desenvolvemento dos diferentes

proxectos de investigación en cada aula. O derradeiro día de curso, as familias

están convidadas ao centro para coñecer os traballos realizados.

En relación coa formación de usuarios e a adquisición da competencia

informacional.

Page 90: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

90

A comezos do curso tivemos unha xuntanza formativa con todo o

profesorado na que realizamos actividades de localización de documentos, de

lectura de etiquetas, de coñecemento da CDU, de uso do MEIGA e de busca de

recursos a través de OpacMeiga. Deste xeito, todo o profesorado tivo a

oportunidade de coñecer como está organizada a biblioteca, os distintos espazos,

os criterios de catalogación, etc. Así, ao longo do curso, co apoio do equipo de

biblioteca, cada mestre traballou co alumnado estes aspectos, tratando de

fomentar o uso autónomo da biblioteca e propiciar o coñecemento dos distintos

recursos que nela podemos atopar.

O traballo de ABP, sendo un dos principios metodolóxicos do noso centro,

lévase a cabo en todas as aulas. Así pois, traballamos a competencia

informacional a diario, abarcando a busca, o tratamento e a comunicación da

información e integrando a cultura impresa e dixital. Neste senso, a biblioteca xoga

un papel destacado como espazo de traballo e ofrecendo os recursos necesarios.

Ademais, dende o “Informadeiro” o alumando achégase aos distintos medios de

comunicación e ás súas linguaxes características, dándolle saída ás propias

creacións.

En relación co fomento da lectura e o desenvolvemento do proxecto lector

de centro

O fomento da lectura é un dos principais obxectivos da biblioteca, de tal

xeito que ao longo do curso organizamos e levamos a cabo múltiples actividades

encamiñadas a este fin, tal e como se recolle nesta memoria: proxectos

específicos en relación ao traballo literario, lecturas en diferentes soportes e

formatos, visita de contacontos ou realización dos mesmos por parte do alumnado

ou profesorado, recomendacións lectoras, presentación de novidades, etc.

Ademais, grazas ao orzamento do PLAMBE puidemos continuar coa actualización

e diversificación dos fondos para a biblioteca, facilitando así o achegamento aos

intereses e preferencias de cada un dos alumnos do centro. Neste senso,

podemos dicir que houbo un importante incremento de préstamos de fondos, tanto

Page 91: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

91

nas sesións de titorías como durante os recreos, sendo tamén significativo o

aumento de alumando que se achegou á biblioteca durante este momento.

Este curso non nos foi posible abordar a modificación do proxecto lector do

centro, tal e como se recollía nas liñas prioritarias presentadas.

En relación cos avances cara unha biblioteca inclusiva

As modificacións do mobiliario que levamos a cabo permitiron crear

espazos inda máis versátiles, eliminando mesas e cadeiras que dificultaban a

flexibilidade dos agrupamentos ou os cambios de disposición.

A biblioteca estivo aberta polas tardes (ademais de todo o horario lectivo) e

continuou o desenvolvemento do PROA. Tamén se levaron a cabo algunhas

actividades planificadas polo profesorado e dirixidas a familias en horario de tarde,

como faladoiros literarios e xornadas formativas.

Outras actuacións

Este curso puxemos en funcionamento no centro as comisións de mellora,

nas que participa o alumnado de todos os cursos, tanto de Educación Infantil

como Primaria. Unha destas comisións de mellora foi a de biblioteca. Así, ao longo

do curso tivemos varias xuntanzas cos nenos que formaban parte desta comisión

nas que se recolleron as súas propostas de mellora e as súas inquedanzas e nas

que se realizaron diferentes actividades (constitución dun equipo de apoio nos

recreos, construción do buzón dos desexos, colocación e ordenación de fondos,

etiquetaxe e sinalización de andeis...)

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/800

Durante os primeiros días de curso fixemos unha xornada de portas abertas

para as familias, para que puideran achegarse á biblioteca e ver “in situ” os

cambios realizados despois das reformas do curso pasado e as múltiples

posibilidades desta nova biblioteca. Contamos coa presenza de numerosas

familias, sendo unha gran oportunidade para intercambiar opinións sobre o

proxecto de biblioteca do centro e as inquedanzas das familias.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/770

Page 92: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

92

DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS

Ao longo deste curso desenvolvemos as actividades recollidas nas liñas

prioritarias e incluídas no Plan Anual de Lectura, referidas tanto á xestión técnica e

organización da biblioteca como á proposta de actividades para realizar a nivel de

centro, nas distintas aulas ou xunto coas familias. Moitas das actividades

programadas foron organizadas e realizadas en colaboración cos demais equipos

docentes e en relación a outros programas ou proxectos que se desenvolveron no

centro.

3.1- EN RELACIÓN Á XESTIÓN TÉCNICA

- Reestruturación do espazo. Este curso centrámonos na adquisición de novo

mobiliario para as zonas de lectura relaxada. Creamos zonas máis acolledoras e

con maior posibilidade de uso relaxado por parte do alumnado, o que nos permitiu

reorganizar outras zonas da biblioteca, retirando algunhas mesas e cadeiras e

deixando maior espazo libre. Isto facilita o movemento do alumnado e

agrupamentos máis flexibles.

O equipamento da biblioteca tamén mellorou notablemente, xa que

engadimos un novo ordenador, máis tablets e unha nova impresora.

- Organización inicial. Inicio do préstamo, horario de biblioteca, criterios para a

adquisición de novos fondos e recollida de demandas do profesorado, propostas

de proxectos, preparación das mochilas viaxeiras, subscrición ao xornal O

Papagaio …

- Exposición de fondos e presentacións periódicas de novidades, fisicamente

(na biblioteca e noutros espazos como a entrada do centro, corredores, aulas...) e

a través da páxina web.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/819

- Boletín de recomendacións lectoras enviado ás familias en Nadal.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/785

- Catalogación MEIGA e expurgo. Todos os fondos adquiridos son catalogados

no MEIGA seguindo os criterios de catalogación acordados. Tamén fixemos

expurgo dun bo número de documentos, dando de baixa fondos que estaban

Page 93: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

93

deteriorados ou que consideramos desfasados ou non axeitados para o noso

alumnado.

- Revisión, actualización e deseño de carteis e indicativos para sinalizar

andeis, librarías...

3.2- EN RELACIÓN Á FORMACIÓN DE USUARIOS

- Equipo de voluntarios. Dentro da comisión de mellora da biblioteca escolar

creamos un equipo de “Axudantes de Chaveta”, alumnado que colaborou coa

biblioteca durante os recreos de xeito voluntario (axudando no rexistro de

préstamos e devolucións, na localización ou colocación dos fondos nos andeis ou

como guía do alumnado máis pequeno).

- Xuntanzas formativas e informativas para o profesorado. A inicio de curso

realizamos unha primeira xuntanza na que recordamos a organización da

biblioteca e entregamos un boletín coa información máis salientable. Ademais,

fixemos actividades de formación para o profesorado sobre a etiquetaxe dos

fondos, a súa colocación nos distintos espazos da biblioteca, a CDU, o uso do

programa MEIGA e a busca e consulta de documentos a través de OpacMEIGA.

En posteriores xuntanzas informamos das actividades propostas, recollemos

suxestións sobre as mesmas e tamén en relación á modificación do espazo e ás

necesidades prioritarias, á adquisición de novos fondos…

- Divulgación de boletíns para as aulas, recordando a información máis

relevante sobre o uso da biblioteca nos distintos momentos, os membros do

equipo, informando sobre as actividades…

- Móvete pola biblioteca. Nestas sesións cada grupo de alumnos xunto co seu

titor realizou actividades na biblioteca para coñecer o espazo, a localización e

colocación dos distintos fondos,o uso do MEIGA para o préstamo e devolución…

Estas actividades foron apoiadas e guiadas polo equipo de biblioteca.

3.3- EN RELACIÓN AO FOMENTO DA LECTURA

Ademais de actividades habituais que xa vimos realizando nos pasados

cursos (mochilas viaxeiras, hora de ler, apadriñamentos lectores, contacontos…)

leváronse a cabo outras máis específicas que recollemos a continuación:

Page 94: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

94

- III Semana do teatro. Cada curso preparou unha obra de teatro que foi

representada para toda a comunidade educativa na casa da cultura de San Miguel

de Deiro durante os días 14, 15 e 25 de maio. Previamente, elaboráronse carteis

para anunciar as obras de teatro que expuxemos na entrada do centro os días

anteriores co fin de que as familias puideran ter un adianto de todas as obras que

ían ser representadas. Estas foron as seguintes: As laranxas máis laranxas de

todas as laranxas, Sopa verde, Cinderella Bigfoot, O espantallo amigo, Contos en

verso para nenos perversos, Actualidade desgraciada, Todo é un conto e De quen

ves sendo?

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/825

- Sopa verde. Contacontos que culminou coa degustación dunha riquísima sopa

feita cos ingredientes recollidos no horto escolar.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/788

- Día da poesía. Para conmemorar este día fixemos un intercambio de poemas

creados polo propio alumnado, de xeito que cada grupo presentou as súas

creacións ao demais compañeiros. Puidemos ver, escoitar e sentir creacións tan

diversas como “Chegou o momento do movemento” de Educación Infantil, poesías

con pictogramas ou os traballos realizados no Contexto Lingüístico Literario sobre

diferentes tipos de poesías.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/816

- Caderno de lectura realizado en 1º, no que o alumnado fixo unha compilación

das súas lecturas ao longo do curso.

- Buzón dos desexos, elaborado polo alumnado da comisión de mellora da

biblioteca para que calquera alumno do centro poida deixar as súas peticións de

libros e así sexa posible atender aos gustos e preferencias de todos.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/764

- Cantos Rosalianos. Musicalización e gravación de poesías de Rosalía de

Castro empregando a app Musica Maker Jam.

- O Informadeiro é o espazo dos medios de comunicación, configurado por “A

xanela de Vilagrande” (prensa escrita), “Radiodeiro” (radio), “Televiñagrande”

(televisión) e “RedeiraSociasis” (redes sociais). O traballo no Informadeiro permite

Page 95: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

95

ao alumando coñecer as características principais destes medios e o tipo de textos

e formatos que empregan, ademais de permitir que o alumnado poida darlle saída

ao traballo que realiza. Durante este curso, dous días á semana, alumnado de 3º a

6º foi rotando polos distintos espazos do Informadeiro, facéndose cargo das novas

máis salientables que se ían producindo no colexio.

- Faladoiro Literario arredor da obra O Principiño. Tivo lugar en horario non

lectivo e foi aberto a toda a comunidade educativa. Nel realizouse unha lectura

conxunta de parte desta obra, realizando un posterior intercambio de impresións

sobre o lido.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/765

- Xornadas formativas para as familias, neste caso sobre o método ABN, coa

finalidade de que as familias coñezan o seu potencial para o traballo do cálculo

matemático.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/764

Ao longo do curso tivemos a visita ao centro de diferentes persoas:

- Anxo Fariña: escritor e ilustrador, autor de diferentes obras de literatura infantil

que nos amosou como van xurdindo diferentes personaxes a partires dos seus

trazos e que nos agasallou con varias láminas realizadas durante a actividade.

- Sonia Carbón: fisioterapeuta e osteópata que nos recordou o importante dunha

alimentación saudable para o bo funcionamento do noso organismo, baseada en

produtos naturais da nosa contorna e propios de cada tempada. Ademais, tamén

nos axudou a reflexionar como os nosos hábitos de alimentación poden influír no

medioambiente.

- Magín Blanco: que visitará o centro o día 19 de xuño para agasallarnos co

mellor das súas cancións.

- Alexandre Alonso: investigador membro do CSIC co que fixemos unha

experimentación para comprobar a diferenza de densidade da auga doce e

salgada e tamén nos achegou información moi interesante sobre o estado dos

océanos ou o tipo de seres que os habitan.

- David Fernández Rivera: poeta e educador que nos achegou o seu proxecto

Caligrama 2000, un obradoiro de poesía experimental que nos permitiu

Page 96: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

96

achegarnos a manifestacións menos tradicionais como a poesía visual ou

obxectual, explorar novas posibilidades de creación e incluso coñecer a obra de

grandes clásicos como Joan Brossa ou Apollinarie.

3.4- EN RELACIÓN Á EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN

INFORMACIÓN

A liña metodolóxica acordada e seguida no noso centro ten como un dos

piares principais a aprendizaxe baseada en problemas e o traballo por proxectos.

Deste xeito, todo o alumnado participa deste tipo de actividade no día a día, sendo

numerosos os proxectos que se desenvolven ao longo do curso. Estes lévanse a

cabo a través de propostas de traballo cooperativo, nas que o alumnado,

mesturado en idades (Infantil, 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º) realiza actividades de

investigación documental e de creación (literaria, artística, audiovisual…). As

novas tecnoloxías xogan un papel fundamental no traballo diario do alumando,

facendo unha incorporación efectiva das mesmas nos distintos espazos do centro,

pero tendo en conta que o obxectivo principal é a creación de contido propio a

través de distintos programas ou apps. O espazo do “Informadeiro” na biblioteca

convértese nun lugar esencial para dar saída ás producións do alumnado.

Recollemos a continuación algúns dos proxectos que se levaron a cabo:

- A mellora da calidade de vida das persoas. Este proxecto de centro serviu, ao

longo do curso, de fío condutor de diferentes momentos, actividades e

celebracións como o Entroido ou a semana do teatro. Foi presentado nas aulas

durante o 1º trimestre, deixando unha caixa cunha carta de Chaveta dirixida ao

alumnado na que eran convidados a pensar sobre que temática relacionada co

PDI querían investigar. A caixa tamén contiña un libro que podía ser empregado

como punto de partida para decidir o proxecto de aula.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/781

En cada un dos trimestres enviouse unha carta ás familias nas que se

presentaba o proxecto e nas que se invitaban a participar realizando distintas

actividades: fotos de hábitos saudables cos seus fillos, remedios caseiros e

sabedoría popular relacionada coa saúde. Ademais, o derradeiro día do curso,

Page 97: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

97

todas as familias están convidadas á exposición dos proxectos realizados, a través

dunha visita guiada polo alumando de 6º.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/806

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/809

No Entroido cada unha das aulas elixiu unha emoción para o seu disfrace,

coa pretensión de facer fincapé en que a saúde emocional das persoas é tan

relevante como a saúde física.

No marco deste PDI realizáronse os seguintes proxectos:

- En Educación Infantil fixemos un proxecto inicial sobre o corpo para

coñecer as partes principais do propio corpo e dos demais, coñecer algúns dos

cinco sentidos e identificar as sensacións que perciben. Tamén traballamos

hábitos básicos relacionados coa saúde e hixiene.

Fixemos outro proxecto sobre a actividade física e o deporte partindo da

pirámide da actividade física, na que recollemos tres tipos de actividades: diarias,

vigorosas e sedentarias. Tamén traballamos diferentes tipos de pirámides (de

base cadrada e triangular) e, como resultado final, elaboramos unha pirámide con

bricks que recolle debuxos, fotos, vídeos, etc. dos nenos, que reflexa as diferentes

actividades que fan na súa vida cotiá e que trata de concienciar da importancia de

realizar algunha actividade física para manter un estilo de vida saudable.

Vinculamos este proxecto coas emocións que produce o feito de practicar deporte,

o que nos levou a escoller a emoción do “amor” para o disfrace de Entroido dos

máis cativos do colexio. Por iso, traballamos o conto “De que cor é un bico” e

baseándonos neste os nenos elaboraron o seu disfrace no recanto de plástica con

diferentes materiais, facendo primeiro o deseño do mesmo coa app Snote. Para

esta conmemoración tamén interpretamos a canción “Ven xunto a min”.

Finalmente, levamos a cabo o proxecto Sopa verde (verduras e hortalizas).

Partindo do conto Sopa Verde tratamos as partes da planta e o seu uso como

parte dunha alimentación saudable, ademais de clasificar os animais que

aparecen como protagonistas en función das súas características. Tratamos de

concienciar aos nenos da importancia de consumir este tipo de alimentos e de

Page 98: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

98

probar diferentes sabores, incidindo na importancia de incluír os vexetais como

parte dunha vida sa, xunto co coidado do corpo e a práctica dalgún deporte.

Tamén realizamos actividades no horto escolar, removemos a terra do noso

bancal, abonamos e plantamos. Logo recollemos os produtos sementados e con

eles elaboramos unha sopa ecolóxica que degustamos no momento da merenda.

- Na aula de 1º investigamos sobre a repercusión que ten o uso e abuso

das novas tecnoloxías na saúde emocional, física… Partindo dunha choiva de

ideas delimitamos o que nos gustaría saber, para logo afondar sobre como nos

afecta, dende o punto de vista emocional o uso diario da televisión, teléfonos,

ordenadores... A partires da análise de imaxes investigamos sobre os posibles

efectos da tecnoloxía na saúde, buscando información sobre enfermidades

relacionadas co seu uso abusivo e localizando a parte do corpo na que se

manifesta a doenza. Tamén vimos as recomendacións existentes para que a

presenza das tecnoloxías nas nosas casas non sexa tan nocivo e, por último,

revisamos que consecuencias ten o uso excesivo da televisión, ordenadores,

móbiles, etc. sobre todo nos nenos.

- Na aula de 2º ofreceremos aos nenos oportunidades para observar,

identificar e interactuar coas plantas e inicialos na responsabilidade do seu

coidado, facendo fincapé na toma de conciencia sobre a preservación das plantas

como parte do noso patrimonio natural, cultural, científico, histórico, artístico e

turístico; tratamos de xerar inquedanzas vinculadas ao espazo social e natural.

Durante o proxecto traballamos algunhas características das plantas e os cambios

que estas experimentaron, ademais de incidir na valoracións das plantas como

seres vivos, desenvolvendo unha actitude afectiva cara elas.

- Na aula de 3º traballamos “O universo das emocións” sobre a xestión

emocional. Neste proxecto abarcamos o coñecemento das emocións primarias

máis importantes a través da creación dun gran mural no que destacaban seis

emocións principais e unha serie de palabras que poderían relacionarse con esas

emocións. Tamén vivenciamos emocións coa creación de cómics no que se podía

ver como os nenos viven esas seis emocións no seu día a día, tratamos de

comprender estas por medio de redaccións nas que desmembraban as

Page 99: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

99

peculiaridades de cada unha, expresamos emocións a través de distintas

linguaxes artísticas (dramáticas, plásticas e musicais), de xeito que o alumnado

expresaba por medio de xestos, debuxos ou cancións a emoción elixida e,

finalmente, entre todos, tiveron que buscar un método para xestionar esas

emocións dun xeito positivo e así medrar como persoas. Ese método foi facilitado

á comunidade educativa para que todas as persoas puideran coñecelo e practicalo

a diario.

- Na aula de 4º levouse a cabo un proxecto sobre a influencia das froitas na

nosa saúde. Partimos dunha chuvia de ideas e logo centramos a investigación

naqueles aspectos que eran de máis interese para o alumando. Elaboramos unha

enquisa, na que participou todo o colexio, para saber cales eran as froitas que

máis gustaban e cales as que menos e cos datos obtidos fixemos unha gráfica coa

aplicación Number. Investigamos que receitas se poden facer con froitas,

preparando ao final unha marmelada de fresas e cales son as froitas mais

saudables. Nesta busca de información descubrimos froitas ata ese momento

descoñecidas. Situamos nun mapa de España as froitas típicas de cada zona e,

con arxila, fixemos réplicas de dúas froitas velenosas. Para finalizar, elaboramos

un mural explicando o termo de alimentos transxénicos, así como a evolución que

tiveron determinadas froitas debido á manipulación nos laboratorios.

- Na aula de 5º levouse a cabo un proxecto sobre alimentación e hábitos

saudables, no que se traballou a pirámide nutricional, o coidado do corpo, o

consumo de azucre e a etiquetaxe dos produtos alimentarios.

- Na aula de 6º levamos a cabo o proxecto “O que o mar esconde”, que

quere concienciar á comunidade educativa da importancia de coidar o medio

ambiente. En particular, fai referencia a unha problemática que está de

actualidade, a excesiva utilización de plásticos e o impacto destes nos nosos

mares co futuro incerto que isto ocasiona. O alumnado tivo que recoller e clasificar

datos relacionados co uso de plásticos nos fogares e con eles construír táboas,

realizar medias, modas e rangos, interpretar gráficas, analizar información... e dar

a coñecer a información analizada, elaborando unha serie de propostas que

axuden a reducir o uso de plásticos nos fogares.

Page 100: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

100

- En relación á música traballamos o baile como actividade física que

repercute positivamente na nosa saúde, xa que non só é un modo de facer

exercicio coa conseguinte mellora da saúde a nivel físico, senón que tamén

achega importantes beneficios a nivel emocional e mental, ao ser unha actividade

moi pracenteira. Realizamos un “Emocionario musical” facendo fincapé nas

diferentes emocións que nos poden transmitir diferentes tipos de música, sendo

conscientes de que estas dependen de cada persoa, da súa propia sensibilidade e

do estado anímico no que se atope en cada momento. E, por último, fixemos un

proxecto de investigación arredor da contaminación acústica, buscando

información sobre o que é, a diferenza entre son e ruído, como se mide, etc, pero

sobre todo cales son os posibles efectos deste tipo de contaminación na nosa

saúde. Posteriormente, tamén fixemos medicións de ruído en diferentes

momentos e lugares do centro coa aplicación “Sonómetro”, para facer un estudo

sobre o ambiente sonoro do noso centro.

- Na área de inglés levamos a cabo o proxecto “Doctor, doctor”, no que se

traballou sobre vocabulario referido a enfermidades e outros aspectos

relacionados cos centros médicos. Tamén fixemos a gravación dunha canción e

un “role- play” consistente na recreación dunha consulta cun doutor. En 5º e 6º

tamén traballamos en relación ás emocións, facendo carteis que describían as

máis habituais (felicidade, tristeza, noxo, sorpresa, enfado e medo).

- Dende a área de Educación Física traballamos o sendeirismo con

múltiples obxectivos, sendo o máis destacado a mellora do benestar físico,

psíquico e social, a través da práctica de exercicio físico nun entorno natural como

o que nos presta a contorna do noso colexio. Ademais de distintas rutas realizadas

con todos os cursos polas proximidades do centro, propuxemos un gran reto final

para os maiores. Este consistirá en facer un tramo da Ruta Xacobea Portuguesa

coñecida como “Variante espiritual” e que transcorre dende a Armenteira ata

Vilanova de Arousa, pasando pola parroquia onte está situado o noso centro. O

percorrido total é de 22,7 km.

Outros proxectos desenvolvidos no contexto Lingüístico Literario:

Page 101: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

101

- O Informadeiro. Este proxecto inicial levouse a cabo nos catro espazos dos que

consta na biblioteca: TeleViñagrande, RadioDeiro, RedeiraSociais e A Xanela de

Viñagrande. Un dos obxectivos foi ensinar ao alumnado o traballo que se ía facer

ao longo do curso no Informadeiro. Así, en TeleViñagrande elaboráronse

informativos arredor da vida do centro, en RadioDeiro creáronse parrillas

radiofónicas con contidos variados no que os nenos informaban á comunidade

educativa dos traballos que se estaban desenvolvendo no centro, nas

RedeiraSociais o alumnado aprendeu a utilizar as redes sociais para darlle saída

aos traballos que se elaboran nas aulas ou no centro e na Xanela de Viñagrande

escribíronse novas de interese educativo respectando o tipo de texto da nova

xornalística.

- Anímate a ler. O alumnado abordou, entre outras, actividades de lectura

compartida, de elaboración de relatos narrativos a través dunha imaxe dunha

portada dun conto descoñecido, a creación de videocontos de clásicos da

literatura infantil galega e o envío dunha carta ás familias sobre a importancia de

ler en familia e o respecto ás dez normas que Daniel Pennac estipula para a

lectura.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/801

- Aumentando a un Valle virtual, proxecto que parte da idea de que calquera

persoa dende calquera parte do mundo puidera ver e entender como era a vida e

a obra de Valle Inclán entrando na súa casa natal, hoxe convertida nun pequeno

museo. Para facelo, o alumnado realizou descricións dos lugares interiores da

casa museo Valle Inclán, elaborou mapas mentais sobre a vida e obra deste autor,

fixo creacións escritas de relatos esperpénticos a través de fotos modificadas

dixitalmente, solucionou determinados pasatempos arredor da figura deste autor

literario e fixo caricaturas do mesmo. O produto final consistiu na creación dun

escenario e percorrido virtual do museo de Valle Inclán, onde se sitúan os

traballos realizados polo alumnado.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdevinhagrande/?q=node/784

- O teatro como xénero literario dialogado, proxecto que se desenvolveu de 3º

a 6º e no que o alumnado fixo tarefas como a elaboración dun guión teatral, a

Page 102: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

102

busca de información sobre os elementos máis importantes da expresión

dramática, a representación de miniobras dramáticas ou a participou en xogos de

expresión corporal e xestual como medio para coñecer a importancia da

comunicación non verbal no teatro. Este proxecto complementouse coa asistencia

a dúas obras de teatro nas que puideron comprobar como se manifesta nun

espectáculo real todo o aprendido.

- A poesía, proxecto que se iniciou coa visita de David Fernández e no que o

alumnado realizou traballos xestionados por eles mesmos que foron presentados

o Día da Poesía ao resto dos compañeiros: murais sobre a obra de autores tan

destacados como Joan Brossa, Chema Madoz, David Fernández, Fran Alonso,

Gloria Fuertes..., monográficos sobre a poesía visual, caligramas, obxectual e

textual, exposicións orais onde o alumando explicaba as características destes

tipos de poesía que descoñeciamos, creación de poemas textuais, obxectuais,

visuais e caligramas.

https://www.youtube.com/watch?v=u6lqdjBCPM0

- O cómic e as series de literatura infantil. Neste proxecto ao alumnado creou

cómics, realizou monográficos en diferentes formatos (audio, video, texto...)

arredor dos elementos do cómic, fixo gravacións do texto e dos sons de narracións

de literatura infantil que, pasadas a códigos qr, permitiron crear unha forma de

“que os libros falen”, de xeito que calquera persoa pode seguir a lectura do relato

escaneando eses códigos e escribiu relatos didácticos (coma os dos Bolechas)

nos que recrearon situacións cotiás que posteriormente, empregando a app

Toontastic, converteron en audio e vídeo.

Proxectos desenvolvidos no Contexto Científico.

- Un ser vivo mais na aula, proxecto dedicado aos reinos dos seres vivos, en

especial ao do reino animal. Partindo de dous insectos pau que tivemos na clase

estudáronse as súas características, o coidado, o hábitat …, procuraron

información sobre os insectos e fixeron mapas conceptuais.

- A célula, proxecto dedicado á unidade máis pequena da que partimos calquera

ser vivo, a célula. Dunha forma moi sinxela estudaron a función, partes e tipos de

células.

Page 103: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

103

-Os sentidos e función de relación, proxecto para traballar os sentidos e a

función de relación co aparato locomotor, no que cada recanto da aula estaba

centrado no estudo dun dos sentidos.

- Realidades científicas da nosa contorna. Este foi un proxecto libre sobre

realidades científicas da nosa contorna, que estivo relacionado coa andaina pola

ruta Xacobea da Pedra e da Auga que realizaron os maiores do colexio.

Traballamos sobre a contaminación da auga e do aire, as enerxías e as árbores e

plantas da contorna.

Proxectos desenvolvidos no contexto humanístico:

- Vilanova de Arousa, proxecto no que descubrimos a nosa contorna,

aprendemos a situarnos no concello e coñecemos os lugares máis emblemáticos.

- A prehistoria e A idade moderna, proxectos relacionados con estas dúas

etapas do pasado, nos que analizamos como foi evolucionando a sociedade,

realizamos murais de arte rupestre ou cuncos de cerámica e descubrimos as

achegas de diferentes personaxes como a de Cristóbal Colón ou Velázquez.

- Os medios de transporte, proxecto que tamén aproveitamos para estudar o

paso do tempo en relación aos avances nos transportes acuáticos, terrestres e

mariños.

- A organización política e territorial de España. Neste proxecto afondamos no

coñecemento dos mapas físicos, tanto de América como de España. Partimos

dende a nosa contorna máis próxima, o concello de Vilanova e traballamos as

diferentes provincias e comunidades, ata situar o noso país na Unión Europea.

Politicamente investigamos como está organizada España e coñecemos algúns

aspectos da Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia

- O camiño de Santiago, estudando a súa realidade máis próxima a través da

investigación sobre o patrimonio galego, pratos típicos, bailes tradicionais,

monumentos emblemáticos.

Proxecto de robótica desenvolvido no contexto matemático:

Este proxecto foi unha continuidade do iniciado no último trimestre do curso

pasado e supón unha maneira diferente de abarcar contidos, empregando unha

“nova” linguaxe para o alumnado, a programación, por medio da creación e

Page 104: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

104

execución de programas simples. No recanto da creación, dentro do contexto

matemático, presentáronse plans de traballo con múltiples retos nos que o robot é

protagonista xunto co alumnado e a través dos cales se desenvolveron contidos

diversos (rectas e circunferencias, ángulos, sistema de coordenadas cartesianas,

formas planas e espaciais, figuras xeométricas, medicións, etc.) Así, o alumnado

tivo que programar para realizar un cadrado, un circuíto, unha medición, unha

estimación, situar puntos nun plano, debuxar ángulos,...

Proxectos realizados no 1º ciclo:

- O sistema solar. Neste proxecto abarcamos o coñecemento dos corpos que

conforman o Sistema Solar, centrándonos logo no planeta no que habitamos, nas

súas características e no seu satélite, a través de vídeos, contos ou consulta de

bibliografía, actividades que se levaron a cabo nos diferentes recantos.

- A localidade, proxecto no que incidimos no coñecemento de Vilanova, onde

reside a maioría do alumando. Realizamos unha maqueta do escudo de Vilanova

e consultaron os elementos que o compoñen.

- Transportes. O alumnado descubriu e investigou as diferentes formas en que

persoas e mercadorías se desprazan dun lugar a outro, así como o lugar por onde

se desprazan. Identificamos diferentes medios de transporte, clasificándoos en

terrestres, aéreos e acuáticos e creamos un dicionario dos transportes coas

características e imaxe de cada un deles.

- Máquinas, proxecto no que o alumnado tivo que aprender a diferenciar entre os

distintos tipos de máquinas que nos rodean, iniciarse no concepto de máquina

simple e composta e investigar sobre cando apareceron as máquinas ligadas á

tecnoloxía que se descubriron ou inventaron ao longo da historia.

- Inventos. Realizamos a nosa particular liña do tempo sobre algún do inventos

que marcaron a historia, para o que foi preciso buscar información sobre o autor,

lugar onde se inventou, data do descubrimento...

No contexto de Inglés leváronse a cabo diversos proxectos para adquirir

novo vocabulario (Animals, Halloween, Clothes, Restaurants, The house, The

Page 105: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

105

body) e un proxecto final Viñagrande Entertainment Proyect consistente na

creación dunha revista, un episodio de televisión, unha bitácora e unha entrevista,

empregando os espazos do Informadeiro. Cabe dicir que este curso aumentamos

considerablemente os fondos en Inglés da nosa biblioteca.

AVALIACIÓN DAS ACTIVIDADES E DO FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

A avaliación do funcionamento da biblioteca e do desenvolvemento das

liñas prioritarias realizouse tendo en conta os datos recollidos en valoracións do

alumnado, profesorado e familias, ademais de listados e estatísticas obtidos do

MEIGA.

Por outro lado, nas sesións de traballo do equipo de biblioteca comentamos

e valoramos a organización e desenvolvemento das diferentes actividades e as

necesidades que fomos observando.

Estas son as conclusión que obtivemos:

Organización espazo- temporal

Considérase axeitada a disposición actual da biblioteca que permite usos

diversos, valorando positivamente as últimas modificacións de mobiliario e

organización realizadas.

Os recursos bibliográficos considéranse adecuados, inda que segue a

notarse a necesidade de ampliar o fondo documental, especialmente de consulta,

para poder apoiar todos os proxectos que se leven a cabo. Tamén se botan en

falta maior visualización das novidades.

Con respecto ao alumnado

A avaliación que se fai das actividades de fomento da lectura é, en xeral,

moi positiva, xa que se considera que favorecen o hábito lector. Tamén se valoran

moi positivamente as presentación de novidades que axudan ao mellor

coñecemento dos fondos.

O traballo por proxectos favorece enormemente as competencias do

alumnado, quizais de xeito especial as competencias lingüística e

informacional.Poténciase o hábito de consulta e tratamento da información, inda

Page 106: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

106

que se considera que é necesario incidir máis na consulta de fondos bibliográficos

e a comunicación dos contidos creados mellora a escritura e a oralidade. Dado

que a biblioteca favorece o traballo por proxectos, podemos dicir que axuda a

avanzar no proceso de ensino aprendizaxe.

Con respecto ao profesorado e familias

A implicación das familias nas actividades propostas é boa, se ben

esperamos que sexa moito maior o vindeiro curso no que se refira ás propostas

presentadas en relación ao PDI.

As mochilas viaxeiras cumpren o obxectivo fundamental de compartir

lecturas en familia e implicalas no fomento do hábito lector dos seus fillos, sendo

moi boa a aceptación desta actividade, tanto por parte das familias como do propio

alumnado, que se amosa con moitas ganas de levalas para a casa. En canto ao

contido das mochilas, o profesorado propón que estea máis relacionado co PDI.

Unha porcentaxe alta de familias tamén considera útiles os boletíns de

recomendacións, entendendo que facilitan a busca de lecturas de calidade en

diferentes formatos. Tamén valoraron moi positivamente a xornada de portas

abertas realizada a comezos de curso.

A implicación do profesorado nas actividades foi positiva e a súa valoración,

tanto das propostas realizadas como do espazo creado e dos recursos foi, en

xeral, boa.

Con respecto ás actividades

Tanto alumnado, como profesorado e familias valoran positivamente as

actividades levadas a cabo, as accións da biblioteca en canto ao fomento do

hábito lector e o apoio a proxectos.

O desenvolvemento do PDI este curso considérase máis axeitado, xa que

tivo maior repercusión nas distintas aulas e no centro en xeral, se ben se propón

darlle maior visibilidade en todos os espazos do centro ao longo do curso. A

presentación ás familias dos proxectos realizados tamén é valorada positivamente.

Page 107: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

107

PREVISIÓNS DE FUTURO

De cara ao vindeiro curso esperamos que a biblioteca siga sendo un

referente en canto ao traballo por proxectos e as distintas dinámicas que se levan

a cabo nas aulas. Para iso, propoñemos as seguintes accións que nos permitan

mellorar aspectos nos que é necesarios seguir facendo fincapé.

En relación ao espazo e aos recursos.

Logo das modificacións de espazo e mobiliario que realizamos estes dous

últimos anos, unha das principais carencias neste momento da biblioteca é a falta

de expositores que permitan colocar de xeito visible e perfectamente accesible

para todo o alumnado as novidades ou seleccións de fondos que se fan en

momentos determinados.

En canto a recursos é necesario seguir coa actualización e diversificación

dos fondos bibliográficos, facendo unha boa selección dos mesmos, de xeito que

sexan cada vez máis diversos e que atendan a todas as necesidades do centro.

Ademais, procuraremos facer inda máis partícipe ao alumando das novas

adquisicións. Este curso xa introducimos na biblioteca o “Buzón dos desexos” que

foi un bo comezo neste senso, pero intentaremos que o seu uso se sistematice o

vindeiro ano.

Por outra banda, inda que todos os anos levamos a cabo o expurgo de

fondos pouco apropiados, consideramos que é preciso facer unha acción máis

contundente.Hai fondos que están en bo estado e con temáticas interesantes,

pero debido a que entran fondos novos e máis actuais, faise preciso ir sacando

eses volumes.

En relación ás actividades

Continuaremos incidindo na formación de usuarios, xa que notamos que hai

lagoas neste ámbito. É certo que nos últimos cursos tivemos que realizar

bastantes cambios de disposición e colocación dos recursos da biblioteca debido a

todas as obras e modificacións que se realizaron.

En canto ao “Informadeiro”, no que xa participaron activamente os alumnos

de 3º a 6º este curso, trataremos de involucrar aos demais cursos o vindeiro ano.

Page 108: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

108

Desenvolvemento do PDI

Continuaremos co desenvolvemento dun proxecto documental integrado en

todo o centro que favoreza a coordinación vertical entre todos os niveis.

Procuraremos seguir mellorando na súa organización, darlle máis visibilidade ao

longo de todo o curso e relacionar máis con este proxecto outras actividades que

se leven a cabo (mochilas viaxeiras, contacontos, visitas de diferentes persoas,

saídas...). Seguiremos involucrando ás familias neste proxecto con diferentes

propostas para fomentar a participación dende as casas e invitándoas en distintos

momentos, tanto ao longo do curso como na presentación final.

Fomento do hábito lector

Seguiremos facendo fincapé no hábito de préstamo de fondos da biblioteca,

tratando de guiar ao alumnado na selección dos mesmos, de xeito que se fomente

a lectura en diferentes formatos e soportes. Ademais, trataremos de seguir

aumentando o préstamo de fondos informativos e de consulta, xa que, inda que se

emprestan máis fondos deste tipo, os máis emprestados seguen a ser os de

narrativa.

As bibliotecas de aula seguen a ser unha gran prioridade. Trataremos de

continuar configurándoas cunha importante colección de fondos, tanto de literatura

como de consulta para que teñan un papel destacado nas actividades diarias de

cada aula e no desenvolvemento dos proxectos. Procuraremos que sexan

dinámicas e atractivas, como complemento necesario da biblioteca de centro.

Colaboración coas familias

Neste ámbito tamén seguiremos centrando o noso esforzo, posto que

esperamos abrir novos canles de participación para as familias, que teñan un

maior e mellor coñecemento dos recursos da biblioteca e que sexan máis

partícipes das actividades que se realicen. En moitas ocasións, as familias xa

colaboran achegando información ou materiais que axudan no desenvolvemento

dos proxectos, pero tamén queremos que participen en contacontos, en

obradoiros, en visitas de autores… Ademais, trataremos de levar a cabo algunhas

actividades polas tardes, entre elas xuntanzas formativas sobre diferentes

temáticas dirixidas ás familias, contando coa colaboración de diferentes persoas.

Page 109: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

109

A coordinadora do Equipo de Biblioteca

Rocío Bernárdez Cibeira

6.7.- MEMORIA DO PROXECTO DE USO E FOMENTO DO GALEGO.

Introdución

Recollemos nesta memoria do Proxecto de fomento e uso do Galego do

CEIP de Viñagrande-Deiro, as diferentes actividades levadas a cabo dende o

ENDL coa colaboración do equipo de Actividades Extraescolares e Biblioteca,

para acadar os obxectivos que nos propuxemos no proxecto.

Continuamos neste curso o traballo iniciado en anos anteriores polo ENDL,

dándolle un enfoque similar a algunhas das actividades propostas e a outras non,

e pretendendo ser máis ambiciosos na nosa loita diaria pola difusión,

conservación, protección,... da nosa lingua que é o galego. Este ano continuamos

como eixo central a difusión do galego nos medios de comunicación e así garantir

co alumnado se exprese tanto oralmente coma na escrita no noso idioma. Estes

medios de comunicación que nos axudarán a exportar tódalas actividades que se

realizan no centro en galego serán a radio, a televisión, a prensa e as diferentes

redes sociais.

Deste xeito damos a coñecer a funcionalidade e significatividade da nosa

lingua como medio de comunicación e expresión dende distintas perspectivas e

como recoñecemento da lingua galega como eixo fundamental da nosa identidade

(conxuntamente coas nosas paisaxes, tradicións, festexos...).

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística actual constituído

para o curso 2017/2018 estivo formado polos seguintes membros:

Profesorado:

María Luisa Barreiro Pérez: Mestra de Educación Primaria.

María Castro Nine: Mestra de Educación Física.

Page 110: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

110

Víctor Chousal Ferreira: Mestre de Inglés.

Sergio Rosales López: Coordinador e mestre de Educación Primaria.

Obxectivos

A realidade do centro como aparece no proxecto sitúase nun contorno

castelán falante, coa conseguinte necesidade de iniciar procesos, actividades e

dinámicas que favorezan unha modificación desta situación. O estudo

sociolingüístico demostrounos que a maioría do alumnado é castelán falante e as

familias (que son maioritariamente galego falantes) soen dirixirse aos máis cativos

en lingua castelá.

Sendo conscientes que a lingua galega no noso centro e na contorna máis

próxima está vivindo unha situación de retroceso, co perigo que iso vai ter para a

vida da nosa lingua, as actividades programadas tiveron como grandes

finalidades:

Lograr a competencia e o uso do galego como primeira lingua.

Consolidar a competencia do castelán sen que o fomento do galego

implique un retroceso nas competencias lingüísticas en castelán.

Poñer en valor a lingua galega implicando a todos os axentes escolares

neste proceso.

Dar a coñecer a toda a comunidade educativa aspectos culturais do entorno

e de Galicia vinculados ao emprego do galego.

Darlle ó noso alumnado a posibilidade de percibir as innumerables

utilidades que ten o noso idioma.

Mellorar a valoración da nosa lingua.

Así, a partires destas finalidades establecemos os seguintes obxectivos:

A longo prazo

Lograr a plena normalización do noso idioma na vida diaria do centro

por parte de toda a comunidade educativa, tanto nas aulas como fóra

delas.

Page 111: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

111

Iniciar un camiño de cooperación e participación do profesorado e

familias ante un proxecto común referido á nosa lingua.

A medio prazo

Lograr unha actitude positiva da comunidade educativa en favor da

normalización.

Dispoñer de material didáctico e multimedia en galego para todas as

áreas.

Aumentar progresivamente os espazos e tempos nos que se

desenvolve o alumnado en lingua galega.

A curto prazo

Comprometer na tarefa normalizadora o maior número posíbel de

membros da comunidade educativa.

Concienciar os sectores máis próximos ou afíns á nosa realidade

para lograr un cambio progresivo da súa actitude lingüística.

Manter en galego toda a documentación administrativa e de xestión

do centro.

Promover o uso do noso idioma en carteis, murais, festivais e todo

tipo de actividades que se realicen dende o centro.

Adquirir por parte do centro material en galego.

Dar os pasos necesarios para a definición da liña lingüística do

centro, planificando o emprego do galego como lingua vehicular do

ensino, partindo do coñecemento detallado e realista da situación.

Deseñar e coordinar un proxecto de sensibilización e actividades a

prol da normalización lingüística dirixidas á comunidade educativa no

seu conxunto.

Concienciar á comunidade educativa de que o galego é unha lingua

que pode servir perfectamente para desenvolverse en todos os

campos (artísticos) e realidades (médico, casa, colexio, con

amizades...).

Page 112: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

112

Amosar ante o alumnado que a aprendizaxe e utilización da nosa

lingua ten interese e utilidade social.

Acadar que o alumnado tome conciencia de que o futuro da lingua

non vai ser indiferente á nosa actuación social concreta e de que a

nosa participación e uso individual van ser elementos positivos na

recuperación de usos.

Potenciar en toda a comunidade educativa as actitudes positivas

cara ao noso idioma.

Para a consecución destes obxectivos marcados fíxose necesario contar

coa axuda, compromiso e participación de toda a comunidade educativa:

alumnado, profesorado, familias e institucións da contorna máis próxima.

Os obxectivos marcados a curto prazo, continuando co xa traballado o ano

pasado foron acadados nunha porcentaxe bastante alta. Agora falta un traballo se

cadra máis duro, ser quen de continuar acadando os obxectivos que nos

marcabamos a medio e longo prazo.

Seguimento e avaliación

Mediante as reunións dos membros do ENDL realízase unha avaliación

conxunta das actividades levadas a cabo e das opinións do profesorado do centro

implicado na realización destas actividades. Dita avaliación serviu para valorar o

traballo que se está a facer e para introducir os cambios precisos que nos levan

cara unha correcta actuación.

A partir da recollida destas valoracións, lévase a cabo unha toma de

decisións sobre a conveniencia de seguir con algunha actividade, as posibilidades

de mellora, a opción de eliminar aquelas que non deron o resultado esperado, etc.

Todo isto queda reflectido na presente memoria final, a cal servirá para a

elaboración do proxecto do ano académico 2018/19.

Entre os aspectos avaliados nomeamos os seguintes:

- Unha parte dos obxectivos son acadados segundo o previsto. Pola contra, a

realización e temporalización dalgunha actividade tivo que ser modificada ou

cancelada.

Page 113: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

113

- Da valoración do profesorado podemos extraer as seguintes conclusións:

• Aquelas actividades que gozan dun respaldo maioritario volveranse a

realizar ou propoñer para o vindeiro curso: Teatro, Música, Entroido-Fariñento,

Magosto-Xogos,...

• Algunhas das visitas que recibimos deberíanse traballar na aula e en

reunións do profesorado para poder aproveitar moito mellor ditas visitas.

- A avaliación do proxecto dende o ENDL é necesaria e importante e cremos

necesario establecer unha maior coordinación cos outros equipos. O obxectivo

para o vindeiro ano será que os distintos equipos presentes no centro con

competencias para a programación de actividades busquen a maneira de levar a

cabo un proxecto común entre todos, cunha temporalización ben establecida

dende o inicio e co establecemento dos responsables en por en marcha as

actividades planificadas, tanto as que o alumnado desenvolva na aula co seu titor,

as que se realicen dende o centro como aquelas a realizar coa familia. Deste xeito

creemos que se establecerá unha maior implicación coa finalidade de garantir o

éxito na realización das diferentes actividades.

- Como propostas de mellora, dende o ENDL facemos as seguintes:

• Garantir que as actividades que se leven a cabo provoquen consecuencias

positivas no uso do galego na comunidade educativa.

• Organizar as diferentes actividades en relación aos contidos que se estean

traballando nas aulas na medida do posible.

• Establecer canles de comunicación coas familias a través da rede onde se

comenten as actividades desenvolvidas, se fagan propostas,...etc.

• Programar actividades encamiñadas ao fomento da lingua oral en galego.

Propoñemos que o vindeiro ano se traballe o teatro, videoconferencias, creación

dunha radio escolar,... actividades que potencien o uso da linguaxe oral en galego.

• Necesidade de dispor dun tempo no que desenvolver as xuntanzas que

requiran do traballo conxunto non só do equipo de normalización, senón cos

demais equipos co fin de realizar un traballo conxunto.

Page 114: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

114

Actividades realizadas

Neste apartado aparecen todas as actividades que se levaron a cabo ao

longo deste ano, comezando a partir do primeiro trimestre e comentando

brevemente dita actividade:

PRIMEIRO TRIMESTRE

Samaín

Esta celebración serviu para dar a coñecer a través de diferentes

actividades,... e coa recollida de cabazas unha tradición e costume moi

arraigada nesta zona e no colexio.

A participación das familias nesta actividade é maioritaria e as cabazas que

presentan para ser expostas no colexio destacan pola súa orixinalidade.

Esta actividade conta cunha gran participación do alumnado e familias e é

visitada por un número delas.

Como novidade este ano, elaboramos nas aulas as larpeiradas do Samaín.

Nas diferentes aulas o alumnado tivo que crear un prato monstruoso que

posteriormente foi exposto para ser degustado.

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/samain.html

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/receitas-terrorificamente-

monstruosas.html

Page 115: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

115

Magosto-Xogos tradicionais

Este ano a realización do magosto e o tradicional asado de castañas contou

novamente cunha colección de xogos tradicionais que axudaron a vivir esta

data propia da cultura galega.

Estes xogos tiveron moi boa aceptación e neles participaron a totalidade do

alumnado do centro, estes xogos estiveron distribuídos por diferentes

espazos e o alumnado foi pasando polos diferentes espazos habilitados.

As familias asistiron a dita celebración e a incorporación dos xogos axudou

a enriquecer a actividade na que as familias participaban activamente.

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/magosto-18.html

Pandigueiro

Un ano máis o Pandigueiro achegouse ao noso cole para goce do

alumnado e deixarnos un agasallo. Estamos moi contentos da presenza do

noso amigo o Pandigueiro que percorre as diferentes aulas contando

diferentes contos das montañas onde vive.

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/pandigueiro.html

Page 116: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

116

SEGUNDO TRIMESTRE

Entroido-Faraleiro

Celebramos o Entroido como parte da cultura tan arraigada a Galicia onde o

alumnado goza ano tras ano desta celebración. Este ano a temática foi a

“Arte” e os distintos ciclos escolleron o seu disfrace.

Continuamos a realizar o Entroido Fareleiro, no cal o alumnado recreou

unha batalla de fariña como se fai en Entroidos da zona de Ourense. Desta

maneira inténtase achegar ao colexio outras maneiras de gozar desta festa

e como novidade invitamos as familias a participar.

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/vinagrande-fareleiro.html

TERCEIRO TRIMESTRE

Teatro Caracol

Page 117: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

117

A obra do teatro da compañía Caracol este ano levou por título “Oeste”,

polo xeral gustou bastante ao alumnado e ao profesorado.

Parécenos importante co alumnado teña a posibilidade de acudir a un teatro

e que este sexa en galego.

O maio

Este ano ao igual que o ano pasado o maio acompañouse de cantigas que

as familias puideron escoitar. O alumnado foi elaborando o maio en dous

días e cada ciclo dedicouse a unha tarefa concreta. Dende as casas

colabórase moito xa que traen dende pampullos, cartuchos, laranxas,

ovos,... en cantidade suficiente para a súa realización.

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/maios.html

Page 118: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

118

Letras Galegas

Esta é a gran semana de celebración das nosas letras e no colexio este

ano volvemos a realizar a semana do teatro coincidindo coas nosas letras,

pero deixamos unha actuación musical que por motivo de datas non

puidemos realizar esa semana para máis adiante.

Contamos coa presenza de Magín Blanco e as súas fantásticas cancións

coas que o alumnado gozou moitísimo.

Magín Blanco

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/magin-blanco.html

Semana do teatro

Volvese a realizar a semana do teatro xunto co equipo de biblioteca e

resulta todo un acerto, pola participación do alumnado e a asistencia das

Page 119: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

119

familias ás diferentes obras. O alumnado utilizou o galego para expresarse

na realización das diferentes obras.

https://chisquinha.blogspot.com/2018/06/semana-do-teatro.html

ANUAIS

Informadeiro

Espazo onde conviven diferentes medios de comunicación para dar a

coñecer diferente información relacionada co colexio ou non. Neste espazo

o galego é a lingua que se emprega tanto no xornal, televisión, radio e

redes sociais.

Page 120: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

120

Proxecto “Pegadas...”

Proxecto de innovación educativa realizado xunto co CEE de Vilagarcía de

Arousa e que consistiu na realización dun roteiro virtual pola Casa Museo

de Valle Inclán. Neste roteiro, a linguaxe de signos comparte protagonismo

co galego para dar a coñecer aos visitantes diferentes particularidades da

vida de Valle e deste Pazo Cuadrante.

https://www.thinglink.com/video/1018249040455794690

Blog do ENDL http://chisquinha.blogspot.com.es/

O coordinador

Sergio Rosales López

Page 121: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

121

6.8.- MEMORIA DE LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS.

DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO

LONGO DO CURSO.

Na etapa de infantil non se empregou a metodoloxía de aprendizaxe

baseado en proxectos na materia de inglés. En lugar de elo empregáronse o xogo

e a canción co obxectivo de que os nenos pasen a primaria cunha boa base de

vocabulario e estruturas que lles permita desenvolverse con soltura nos proxectos

de natureza mais creadora de esta etapa.

Os proxectos levados a cabo na etapa de primaria foron os seguintes:

Animal proyect. (primeiro trimestre, de 1º a 6º curso) Foi o primeiro proxecto.

O seu obxectivo era utilizar un tema sinxelo e próximo aos nenos para

implantar a nova metodoloxía e que se familiarizasen con recantos.

Halloween proyect. (primeiro trimestre, de 1º a 6º), utilizamos esta celebración

típica dos países anglosaxóns para seguir reforzando as diferentes

competencias da lingua inglesa. No recanto de speakland introduciuse a

gravación con tablets polos propios alumnos dos diálogos, que se converte a

partir dese momento en peza básica na forma de traballar o inglés na materia.

Clothes proyect. (primeiro trimestre, de 1º a 6º), con vocabulario sobre a

roupa. Trabállase o presente continuo.

Restaurant proyect. (segundo trimestre, de 1º a 6º). Vocabulario sobre a

comida. Trabállanse os gustos e o presente simple.

The house proyect. (segundo trimestre, de 1º a 4º). Vocabulario sobre as

partes da casa e o mobiliario. Trabállanse as preposicións de lugar e o verbo

ser.

The past proyect. (segundo trimestre, de 5º a 6º). Neste proxecto

introducimos o tempo pasado, tanto dos verbos regulares como dos

irregulares.

Page 122: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

122

Verbs proyect. (terceiro trimestre, de 1º a 2º). Traballouse o vocabulario dos

verbos de movemento e o verbo de habilidade (poder/non poder)

Doctor Doctor proyect. (terceiro trimestre, de 1º a 6º). Traballouse o

vocabulario das enfermidades e relacionado cos médicos e os hospitais.

Tamén vimos o verbo ter e o tempo futuro.

The body proyect. (terceiro trimestre, de 1º a 2º). Vocabulario sobre as partes

do corpo e a descrición física. Repasamos o verbo ser e o verbo ter.

Viñagrande Entertainment Proyect. (Terceiro trimestre, de 3º a 6º). A modo

de repaso final, foi un proxecto que consistiu en crear unha revista, un episodio

dunha serie de televisión, unha bitácora e unha entrevista. Non deu tempo de

rematalo.

A maiores, ao longo do curso gravamos vídeo clips de cancións, fixemos unha

obra de teatro, intercambiámonos desafíos cos alumnos de outra escola, e, de 3º

a 6º, na sesión semanal na que non traballamos por recantos introducimos o resto

do currículo non traballado nos recantos mediante xogos, audicións e explicacións.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

Material humano:

Nas clases de infantil tiña o apoio dunha profesora de infantil na clase.

Material tecnolóxico:

Tablets, ordenadores, canons, impresora, gravadora.

Material funxible:

Fotocopias, periódicos, folios, cartolinas, etc…

Material didáctico:

Elaborado polo mestre de Inglés e polos propios alumnos, vídeos musicais, etc…

Page 123: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

123

METODOLOXÍA EMPREGADA

Infantil

En infantil a metodoloxía baséase en facer moitas actividades curtas e variadas en

cada clase, mesturando o vocabulario e o tipo: cancións, contos, xogos de

movemento, actividades de repetición, etc.

Primaria

O funcionamento, aínda que similar, foi diferente en primeiro e segundo do que foi

nos curso de terceiro a sexto.

Primeiro e segundo

Os alumnos teñen unha sesión semanal de inglés de hora e media, con nenos

mesturados de primeiro e de segundo. Nos primeiros 20 minutos ou media hora da

sesión traballarase en gran grupo para ver, de forma predominantemente oral, os

novos contidos e para explicar como se traballará nos recunchos. Na hora

restante, os nenos van a un recuncho e traballarán nas actividades de cada un.

Todos os alumnos pasarán por todos os recunchos, xa que cada hora ou media

hora os grupos rotarán. Os catro recunchos son os seguintes:

Vocabulary: neste recuncho traballarase vocabulario relativo a un mesmo

campo semántico de forma oral.

Songs: neste recuncho os nenos realizarán actividades en base a unha

canción (para reforzar o vocabulario ou estruturas sintácticas) ou a un baile

(para, por exemplo, ver os verbos de movemento)

Games: o recuncho mais lúdico no que por medio de xogos como o bingo,

sopas de letras, o aforcado, etc. se traballarán os diferentes aspectos da

lingua.

Worksheets: por medio de fichas trabállanse a comprensión e expresión

escritas.

Terceiro, cuarto, quinto e sexto

Nestes cursos danse dous cambios importantes: por unha parte, a maiores da

sesión de hora e media hai outra sesión de corenta e cinco minutos. Polo tanto,

Page 124: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

124

esta pequena sesión dedicarase a impartir os conceptos teóricos de forma mais

tradicional, quedando a hora e media restante (restándolle cinco ou dez minutos

ao principio para traballar as rutinas como a data, o tempo ou as noticias do día)

para o traballo por proxectos. O outro característica e que o traballo en cada

recuncho estará moito mais enfocado en crear algo en lugar de en utilizar algo

creado por outra persoa. Por isto, os recunchos utilizados cambian:

Speakland: neste recuncho traballarase a parte oral. Por exemplo, para

crear un noticiario ou unha canción.

Gameland: neste recuncho os rapaces reforzan e amplían o vocabulario

mediante dicionarios de imaxes, crucigramas, sopas de letras, o uso do

ordenador ou das tablets, etc.

Storyland: neste recuncho desenvolvese a comprensión lectora e oral a

través de historias orais ou escritas, pequenos diálogos, poesías, etc.

Wonderland: Neste recurso traballarase o inglés dunha forma mais

orientada ao mundo real, mesturando a lingua con outros temas da

realidade próxima ao neno, na medida do posible conectándoos cos

proxectos elaborados noutras materias.

AVALIACIÓN

RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS

A adaptación dos nenos ao traballo por recantos foi, en xeral, boa. Ao longo

do curso foi destacable o aumento progresivo de soltura para traballar as

actividades orais. Nun dos grupos houbo certos problemas persoais entre o

alumnado que afectou ao traballo en equipo.

CASOS PARTICULARES A SINALAR

Na etapa de infantil subliñar o caso de dous alumnos que pasan a primaria

con dificultades para seguir o ritmo da clase de inglés.

Na etapa de primaria, mencionar varios casos de nenos que, dende o

comezo do curso mostraron unha diferencia de nivel moi grande cos seus

Page 125: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

125

compañeiros de clase, dificultando o seu aprendizaxe e xerando neles certa

falta de motivación.

DOS RESULTADOS DO ALUMNADO

Nesta área de Inglés, o currículo foi desenvolvido na súa práctica

totalidade. Os alumnos, en liñas xerais e en maior ou menor grado,

conseguiron alcanzar os obxectivos marcados.

DA COORDINACIÓN DOCENTE

A comunicación entre o profesorado foi fluída e cando se atoparon

dificultades foron solucionadas con consenso entre o corpo docente.

DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Na etapa de primaria houbo un alumno con necesidades de apoio e

medidas de atención a diversidade. O seu progreso ao longo do curso foi

bo e cumpriu os obxectivos da adaptación curricular.

DA METODOLOXÍA EMPREGADA

A metodoloxía, pese a contar neste curso con certos problemas que se

mellorarán para o ano, foi positiva, xa que permite ao alumnado utilizar a

lingua inglesa durante unha porcentaxe de tempo por clase moito mais alta

que na ensinanza “tradicional”. Ademais empregan a lingua de unha forma

moito mais libre e menos guiada, o que, a maiores de ser mais motivador,

aseméllase mais ao modo en que empregan a lingua no día a día.

AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO

Para avaliar ao alumnado empregáronse rúbricas nas que por medio da

observación, da gravación de vídeos e arquivos de son e de corrección da

libreta avaliáronse todas as actividades levadas a cabo polos nenos. É

unha forma de avaliar moito mais real que os exames, pero tamén da moito

mais traballo e resta tempo que se podería dedicar a atender as dificultades

dos nenos.

AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.

O meu traballo, tanto á hora de planear as clases como de impartilas, foi

mellorando paulatinamente ao longo do curso, xa que era o meu primeiro

ano con esta metodoloxía e a medida que pasaron os proxectos funme

Page 126: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

126

sentindo mais cómodo. Aínda que hai certos aspectos nos que intentarei

mellorar para o curso que ben, considero a miña labor e adaptación ao

sistema como boa.

AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.

Dende o punto de vista da área de Inglés, este novo sistema resulta máis

eficaz á hora de ensinar o idioma, e para os alumnos é máis doado xa que

estudan de forma máis conectada coa realidade que lles rodea. O traballo

por proxectos motiva moito máis ós alumnos, así como a mestura de

idades. É un sistema onde os alumnos comproban que o que aprenden ten

unha conexión máis forte co mundo real. Vólvense máis autónomos e

responsables á hora de traballar. A nivel do docente implica un cambio de

rol, que aínda que máis complicado, tamén é máis gratificante á hora de

traballar.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

Faltou máis comunicación entre titores e mestre de inglés á hora de enfocar

os proxectos. Debería facerse un esforzo por coordinar e colaborar máis.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

Un maior apoio ao alumnado con mais dificultades.

Maior coordinación coas familias para axudar ao alumnado con mais

dificultades.

Que as actividades admitan respostas cunha maior variación de nivel, para

facelas mais motivadoras para os alumnos con mais habilidade na lingua

inglesa pero ao mesmo tempo non desmotivar aos alumnos con maiores

dificultades.

Novos roles no traballo en equipo para que todo o alumnado teña sempre

unha tarefa acorde ao seu nivel, xa que este ano dábase o caso de que as

veces os nenos dos cursos mais altos levaban o peso do traballo e os dos

cursos mais baixos limitábanse a copiar o seu traballo.

Page 127: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

127

Unha mellor planificación e reparto dos contidos ao longo de todo o curso.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

Máis formación cara á diversidade do alumnado.

O especialista de Inglés,

Víctor Chousal Ferreira

6.9- MEMORIA DAS AULAS DE PT E AL

MEMORIA MESTRA ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE

Ó longo deste curso levouse a cabo unha atención ó alumnado que

presentou diversas dificultades na área da comunicación e da linguaxe.

Este curso académico, como especialista en Audición e Linguaxe, ocupei

unha praza itinerante compartida co C.E.I.P. San Roque, ambos no concello de

Vilanova de Arousa, funcionando 3 días no centro base: luns, martes e xoves de

9:35 a 14:35 horas e dous no C.E.I.P. de Viñagrande: mércores e venres 9.00 a

14.00 horas.

O alumnado tivo unha atención individualizada e ou grupal, en sesións de

30 a 50 minutos.

Realizouse un programa de estimulación da linguaxe cos tres grupos de

Viñananos A, B e C con nenos de 3, 4 e 5 anos en sesións de 50’ nas aulas de

Educación Infantil. A partir do segundo trimestre dita estimulación estivo a cargo

dos titores de cada grupo debido á organización do centro e das poucas horas

para impartir audición e linguaxe a nenos con N.E.A.E.

Sempre que se puido, as intervencións foron dentro da aula ordinaria xunto

cos seus compañeiros e titor/a (especialmente para xeneralizar o aprendido).

As intervencións específicas que levei a cabo como Mestra de Audición e

Linguaxe foron propostas e deseñadas polo Departamento de Orientación. A miña

Page 128: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

128

labor neste centro desenvolveuse de forma coordinada cos/as titores/as dos

alumnos/as, co profesor de Pedagoxía Terapéutica e Orientadora do centro.

Alumnado atendido de audición e linguaxe

EDUCACIÓN INFANTIL

3 anos (4º) 3 alumnos

4 anos (5º) 1 alumno

5 anos (6º) 3 alumnos/a + 2 dados de alta

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º A 3 alumnos/a + 1 dado de alta

2º A 3 alumnos

3º A 4 alumnos/a + 1 dada de alta

4º A 1 alumna + 2 dados de alta

A casuística atendida foi diversa: dislalias funcionais, retrasos xeneralizados

do desenvolvemento, TEL, alteracións na lecto- escritura, TEA, ...

A acción educativa tivo sempre presente os principios de normalización e

inclusión educativa. A programación contemplou tanto as necesidades educativas

xa identificadas como as novas.

Recursos

Recursos persoais: O traballo en equipo foi imprescindible para o logro dos

obxectivos propostos. Traballarase conxuntamente con todo o profesorado do

centro, persoal Directivo, especialista de Pedagoxía Terapéutica (PT) e

Orientadora do Centro; familias e os propios alumnos.

Recursos Espaciais:

Un aula de Audición e Linguaxe compartida con P.T.e Xefa do departamento

de orientación e tamén contamos co resto das instalacións do Centro.

Page 129: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

129

Recursos materiais:

Todos aqueles dispoñibles na aula de A.L:, Departamento de Orientación e

do Centro en xeral, como por exemplo: ordenador con Internet, tablet,

monicreques, espello de parede, material de sopro, láminas, pictogramas, etc.

Ademais de materiais de elaboración propia.

Coordinación, reunións e actividades dende o Departamento de Orientación

Ao longo do curso, estableceuse unha liña de coordinación cos titores para

intercambiar información en relación ao desenvolvemento dos alumnos.

Cos pais, conversouse a través de reunións en presenza do titor/a co fin de

orientalos e intercambiar información acerca do funcionamento dos alumnos no

contorno escolar e familiar.

Avaliacións e informes finais

Realizouse informes trimestrais e un informe final para os pais de cada

alumno, titor/a e Departamento de Orientación, no que figura a valoración da

comunicación e da linguaxe, a evolución durante o curso, a súa actitude, os datos

familiares relevantes, si é o caso, e a conveniencia ou non de seguir coa

intervención da mestra/e de AL no próximo curso.

Entregouse ao Departamento de Orientación unha lista dos alumnos que

deberán seguir concorrendo o curso que vén e os posibles novos casos para

valorar.

Propostas de mellora para o próximo curso

Suxiro continuar coas sesións de apoios dados durante este curso.

Resultou positivo o realizar un apoio aos nenos/as de infantil con dificultades na

fala, a linguaxe e a comunicación en pequenos grupos, obténdose mellores

resultados que en gran grupo.

Page 130: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

130

Sería conveniente, dentro do posible, realizar máis reunións de

coordinación cos titores e cos membros do Departamento de Orientación para

xuntar criterios de actuacións e materiais.

É necesario contar con mais material acorde ás necesidades dos alumnos.

Silvia Alba González Hermida

Audición e Linguaxe

MEMORIA MESTRA ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Durante este curso escolar 2017/2018 a mestra especialista en Pedagoxía

Terapéutica (PT) atendeu a un total de 13 alumnos/as. A continuación, reflíctese o

horario de PT que foi modificado en función das necesidades detectadas do

alumnado.

Page 131: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

131

ABC ABP aula PT aula ordinaria

HORARIO DE PT

O horario está formulado de maneira que se poida atender ao maior número

posible de alumnos/as con neae.

Tendo en conta a metodoloxía do noso centro e as necesidades

detectadas, todos os días a 1º hora (menos os xoves) a PT actúa na ABC

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

9:00/

10:30

ABC

científico

Viñagrandes

B

ABC

matemático

Viñamedios

A

ABC

lingüístico

Viñamedios

B

Aula de PT

(2º)

9:00/9:45

ABC

lingüístico

Viñagrandes

B

PCE

(2º)

9:45/10:30

10:30/

12:00

Aula de PT

(2º)

10:30/11:00

PCE

(4º)

Aula de PT

(6º)

10:30/11:15

Aula de PT

(3º)

10:30/11

PET

(2º) /

Comisións de

mellora /

Desenvolv.

emocional

Aula de PT

(2º)

11:00/11:30

ABP

Viñapeques

A

PCE

(1º)

Aula de PT

(6º)

11:30/12

12:30/

14:00

ABP

Viñapeques

A

ABP

Viñapeques

B

PCE

(3º)

ABP

Viñapeques

B

ABP

Viñapeques

B

Aula de PT

(3º)

13:30/14

Page 132: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

132

(aprendizaxe baseada en contextos) acompañando ao alumnado que precise unha

atención específica por parte da especialista en PT, previa coordinación co/a

mestre/a que imparte o contexto e co/a titor/a. Deste xeito, a PT está durante os 7

días que dura o proxecto do contexto acompañando ao alumnado con neae para

poder ofrecerlle o apoio e a atención educativa pertinente. Só o alumnado de 3º a

6º acode a ABC.

As últimas horas (menos os mércores) o apoio lévase a cabo na ABP

(aprendizaxe baseada por proxectos) onde se traballa co alumnado de 1º e 2º de

EP que precisa atención por parte da mestra de PT.

O resto do horario está cuberto coas sesións realizadas na aula de PT ou

na aula ordinaria.

Ademais, a PT ten adxudicadas 2 horas de garda (os luns a primeira hora e

os mércores a última). Aínda que no horario figuran estas dúas horas, se non é

preciso cubrir a ninguén a hora dedícase a atención directa co alumnado,

seguindo o horario que figura arriba.

ALUMNADO QUE RECIBIU APOIO DA ESPECIALISTA PT

En base ao horario, pasarase a falar do alumnado que recibiu apoio por

parte da mestra de PT:

Na etapa de educación infantil, unha vez coñecidas as necesidades do

alumnado e tendo en conta que nesta etapa contaban cunha mestra de apoio,

decidiuse non intervir directamente nesta etapa.

Na educación primaria atendéronse un total de 13 alumnos/as distribuídos da

seguinte maneira:

1º EP: 3 alumnos.

Alumno que cumpre criterios de desfase madurativo en base aos criterios

específicos deste trastorno que se inclúen no DSM - 5 e na CIE - 10.

Recibiu apoio en ABP (3 sesións/semanais) e 1 sesión/semanal no PCE

(programa curricular específico) na aula ordinaria. Este alumno non

promociona.

Page 133: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

133

Alumno con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade de

presentación predominante hiperactiva - impulsiva, en base a criterios

específicos deste trastorno que se inclúen no DSM - 5 e na CIE - 10.

Recibe apoio durante 1 sesión/ semanal no PCE (programa curricular

específico) na aula ordinaria.

Alumno con Trastorno hipercinético da conduta (F901) diagnosticado pola

Clínica Pediátrica Amado. Recibiu apoio en ABP (3 sesións/semanais) e 1

sesión/semanal no PCE (programa curricular específico) na aula ordinaria.

2º EP: 5 alumnos.

Alumno que repite 2º EP. Presenta dificultades de aprendizaxe. Recibiu

apoio 2 sesións/semanais en ABP, apoio na aula ordinaria no PCE dunha

hora/semanal e 2 sesións/semanais na aula de PT.

Alumno que repite 2º EP. Presenta dificultades de aprendizaxe. Recibiu

apoio 3 sesións/semanais en ABP e apoio na aula ordinaria no PCE dunha

hora/semanal.

Alumno con retraso madurativo. Recibiu apoio 3 sesións/semanais en ABP,

apoio na aula ordinaria no PCE dunha hora/semanal e 2 sesións/semanais

na aula de PT. Promociona de curso con 3 materias suspensas.

Alumno con síntomas clínicos propios dun Trastorno do

Neurodesenvolvemento. Recibiu apoio durante 1 sesión/semanal no PCE

na aula ordinaria.

Alumno con TEA e unha discapacidade sensorial dun 34%. Recibiu apoio

durante 3 sesións/semanais en ABP e 1 sesión/semanal no PCE na aula

ordinaria.

3º EP: 2 alumnos.

Alumno con Trastorno por déficit de atención e hiperactividade presentación

combinada e dificultades de aprendizaxe. Recibiu apoio no contexto

lingüístico, 1 sesión/semanal no PCE e 2 sesións/semanais na aula de PT.

Alumno con trastorno de aprendizaxe con dislexia. Recibiu apoio no

contexto lingüístico e 1 sesión/semanal no PCE.

4º EP: 2 alumnas.

Page 134: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

134

Alumna con capacidade intelectual límite, dificultades de atención e

concentración que se encadran nun Trastorno por déficit de atención e

hiperactividade con predominio inatento e problemas de sono. Recibiu

apoio no contexto matemático e 1 sesión/semanal no PCE (na área

matemática).

Alumna con Trastorno por déficit de atención e hiperactividade con

predominio inatento. Grao de discapacidade do 10%. Recibiu apoio no

contexto matemático e 1 sesión/semanal no PCE (na área matemática).

6º EP: 1 alumno.

Alumno con trastorno de aprendizaxe e grao de discapacidade do 33%.

Cursa 6º con ACS (lingua galega, castelá e estranxeira e matemáticas).

Recibiu apoio no contexto lingüístico e no científico e 2 sesións/semanais

na aula de PT.

O apoio no ABC e no ABP consistiu en apoiar os contidos dos proxectos en

base ás necesidades de cada alumno, proporcionándolle estratexias para a busca

de información, fomentando a súa autonomía no traballo individual, revisión de

escritos, xeneralización dos contidos traballados co alumno na aula de PT (cando

foi preciso), reforzo na compresión lectora, no razoamento lóxico- matemático,

reconducindo as condutas disruptivas e fomento da autoestima.

No PCE reforzáronse os contidos da aula propios do curso, facilitáronse materias

que axudaran ao alumnado a acadar os contidos dados, así como técnicas e

estratexias precisas en función das aprendizaxes.

Na aula de PT, o alumnado seguiu os obxectivos e contidos reflectidos nos seus

programas de intervención.

OBXECTIVOS

En canto aos obxectivos da especialista de PT pódense organizar en 4 bloques:

Obxectivos a nivel centro:

Colaborar na toma de decisións respecto a metodoloxía e organización que

afecte á atención á diversidade.

Page 135: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

135

Colaborar na elaboración dos criterios de atención á diversidade recollidos

nos diferentes documentos do centro.

Obxectivos a nivel de profesorado:

Colaborar e asesorar sobre adaptacións metodolóxicas.

Colaborar e asesorar sobre adaptacións curriculares significativas

Coordinarse cos titores para manter unha liña común en canto á

metodoloxía e contidos e obxectivos a acadar co alumnado con neae.

Asistir ás reunións de ciclos e contextos para manter un seguimento

axeitado do alumnado.

Colaborar na elaboración e adaptación de materiais.

Orientar sobre a avaliación e promoción do alumnado con neae.

Colaborar na planificación e desenvolvemento dos procesos de ensino-

aprendizaxe.

Colaborar e asesorar ao resto de profesorado nas medidas de atención á

diversidade.

Obxectivos a nivel de alumnado:

Intervir directamente co alumnado con neae.

Suplir as súas carencias socio-familiares.

Atender ao alumnado nun ambiente o máis normalizado e inclusivo posible.

Fomentar a súa autonomía.

Favorecer a súa autoestima e un bo autoconcepto.

Reforzar os contidos nos que presentan dificultades.

Desenvolver técnicas de traballo axeitadas.

Obxectivos a nivel de familias:

Informar sobre as dificultades dos/as seus/súas fillo/as.

Manter unha reunión trimestral co fin de establecer pautas comúns.

CONTIDOS

Os contidos que se traballaron ao longo do curso foron, en ABP e en ABC

os mesmos que o resto do alumnado. Na aula ordinaria os contidos tratados foron

Page 136: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

136

os propostos polos/as mestres/as, sendo a función da PT a de apoiar os

devanditos contidos co fin de que o alumnado os acadase con maior facilidade. Os

contidos relativos ás sesións na aula de PT foron os establecidos nos programas

de intervención deseñados para cada un dos alumnos que acudía a nivel

individual á aula de PT.

METODOLOXÍA

A metodoloxía variou en función do apoio dado pola PT. Este centro conta

cunha metodoloxía moi específica (contextos de aprendizaxe, recantos na aula,

proxectos…).

A nivel de aula de PT a metodoloxía empregada foi o máis variada posible co fin

de que o alumnado acadase os obxectivos propostos con maior facilidade.

Empregouse unha metodoloxía lúdica e cooperativa (cando foi posible).

Procurouse en todo momento que houbese un clima de confianza e proximidade

entre a mestra e o alumnado.

RECURSOS MATERIAIS

Os recursos empregados na aula de PT foron xogos de mesa adaptados,

xogos convencionais, materiais manipulativos, axudas visuais, caixa de area,

letras de fieltro, pulsadores de luz…

AVALIACIÓN

En canto á avaliación, dicir que a mestra de PT colaborou cos/as titores/as

na avaliación dos/as alumnos/as aportando sempre unha visión de inclusión,

valorando e priorizando a mellor medida e resposta educativa posible para cada

alumno/a.

Ao final de cada trimestre a mestra de PT elaborou o informe trimestral dos

alumnos que acudían á aula de PT que entregaba en man ás familias para

explicarlle o desenvolvemento dos/as seus/súas fillo/as e manter así contacto coas

familias, polo menos unha vez ao trimestre.

Page 137: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

137

PROPOSTAS DE MELLORA

1. É imprescindible que haxa reunións do DO para poder establecer unhas

liñas de actuación conxunta co alumnado común entre PT e AL, así como

para poder informar á orientadora e AL de calquera imprevisto/novidade, xa

que ao estar só a PT os 5 días, ás veces pérdese información por falta de

tempo para reunirnos.

2. En canto á organización da ABC é imprescindible facer os grupos en

función do horario do/a PT e non ao revés. Só deste xeito será posible

atender axeitadamente ao alumnado con neae. É dicir, que si 2 grupos

necesitan apoio no contexto matemático e no lingüístico non se poden

solapar. Poñamos un exemplo para entendelo mellor:

Viñamedios A: precisa apoio en matemático e lingüístico.

Viñamedios B: precisa apoio en matemático e lingüístico.

Viñagrandes A: precisa apoio en matemático.

Viñagrandes B: precisa apoio en lingüístico.

1º SEMANA

HUMANÍSTICO CIENTÍFICO

VGA VGB

LINGÜÍSTICO MATEMÁTICO

VMA VMB

2º SEMANA

HUMANÍSTICO CIENTÍFICO

VGB VGA

LINGÜÍSTICO MATEMÁTICO

VMB VMA

3º SEMANA

HUMANÍSTICO CIENTÍFICO

VMB VMA

Page 138: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

138

LINGÜÍSTICO MATEMÁTICO

VGB VGA

4º SEMANA

HUMANÍSTICO CIENTÍFICO

VMA VMB

LINGÜÍSTICO MATEMÁTICO

VGA VGB

3. Sería interesante que o alumnado que recibe apoio por parte das

especialistas de PT/AL non salgan fóra da aula o mesmo día para recibir

ese apoio, xa que hai nenos que non o toleran. Así, ademais, as mestras de

PT e AL poderían compartir espazo (aula do fondo do corredor do 1º andar)

xa que o centro anda escaso de aulas. Quedando deste xeito o despacho

de orientación libre para a xefa de departamento (para realizar probas,

gardar datos/expedientes confidenciais, atender ás familias…)

4. Un aspecto moi importante a mellorar serían as gardas de PT. Se fose

posible non ter gardas ou reducilas, o horario da mestra sería de atención

ao alumnado na súa totalidade. Se por recursos persoais isto non fose

posible, o máis factible é que as gardas sexan na 1º franxa do horario que é

cando se leva a cabo a ABC. Os proxectos dos contextos teñen unha

duración de 7 días, polo tanto, se hai que facer algunha garda sempre

quedan máis días do proxecto para apoiar ao alumnado.

NECESIDADES DE FORMACIÓN

Calquera formación no marco de atención á diversidade é beneficiosa tanto

para o alumnado como para o/a mestre/a.

A especialista en Pedagoxía Terapéutica

Beatriz Prieto Álvare

Page 139: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

139

6.10.- MEMORIA DA SECCIÓN BILINGÜE

DESCRICIÓN E OBSERVACIÓNS DOS PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO

LONGO DO CURSO.

Os proxectos desenvolvidos ao longo do curso foron os seguintes:

Primeiro trimestre

- Portrait: os nenos/as realizaron dous retratos. Un seguindo as instruccións

do mestre/a e outro libre. Os retratos incluían as partes da cara, respetando

a simetría entre as partes e as proporcións.

- Robot: realizouse unha figura con aspecto de robot (con decoración libre)

facendo cubos de cartulina baseándose nunha plantilla. Os nenos/as tiñan

que recortar, doblar e facer a montaxe.

- Wonderful chessnut box: utilizando papel de periódico, os nenos/as

elaboraron tubos que logo pegaron ao redor dunha caixa de zapatos. Logo

endurecéronna con alkyl, pintáronna, decoráronna e cubriron o interior con

papel de seda, conseguindo unha caixa que imitaba unha cesta de mimbre.

- Christmas decoration: elaboraron un mural para o festival que incluía

estrelas, corazóns, abetos e outros motivos do Nadal. Os materiais que

utilizaron foron cartulina, limpiapipas, goma eva, cartón, etc.

Segundo trimestre

- Munch’s Scream: os nenos/as escolleron unha emoción e sacaron unha

foto expresándoa. Logo diseñaron o fondo nunha cartulina tamaño A3

baseándose no cadro El Grito de Edward Munch, pintaron con ceras

brandas e pegaron a súa foto sobre el.

- Carnival Masks: os alumnos/as elaboraron antifaces e máscaras

empregando goma eva e outros materiais. Ao remate tiñan que sacarse

unha foto con elas encadradas nun marco feito e decorado por eles/as en

cartón. Ademais utilizamos as máscaras para decorar a entrada do centro.

Page 140: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

140

- Modelling with clay. os nenos/as utilizaron pasta de modelar para realizar

edificacións e esculturas famosas, como a torre Eiffel, o David de Miguel

Ángel, o Pensador, etc. Logo pintáronna con témperas e déronlle Alkyl.

Terceiro trimestre

Despois de observar dificultades para levar a cabo o ritmo e o tipo de

actividades propostas, nos cursos de 3º e 4º decidimos cambiar a

metodoloxía e traballar por recantos.

En 5º e 6º fixeron os seguintes proxectos:

- Mandalas: baseándose nun modelo, os nenos/as debuxaron unha mandala

e decoráronna empregando bolígrafos de gel. A decoración de mandalas se

emprega como unha técnica antiestrés e ademais os colores que se utilizan

reflexan, ás veces, o estado de ánimo do neno/a.

- Stop motion short movie. os nenos/as pensaron un argumento e

empregaron plastilina para facer as personaxes para unha curta de

animación. Uutilizaron a aplicación Clayframes para sacar as fotografías,

montar o vídeo e, nalgúns casos, engadir son.

Os grupos de 3º e 4º traballaron por recantos: modelling corner (curta de

animación), painting corner (pintar con témperas en caballetes), relaxing

corner (mandalas) and famous artists corner (mural sobre un artista ou

construcción famosa no mundo da arte).

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

No desenvolvemento das sesións empregamos material diverso habitual

para as creacións artísticas:

- Útiles de escritura e debuxo: lapis de cores, ceras, rotuladores, pinceis,

témperas, regras…

- Materiais funxibles: folios, cartolinas, papel contínuo, pasta de modelado,

goma eva, celofán, cartón, cola…

Page 141: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

141

Como recursos tecnolóxicos empregamos ordenador, proxector, cámara de

fotos e tablets.

METODOLOXÍA EMPREGADA

Os proxectos que se propuxeron trataron de conxugar a creación artística,

debuxo, pintura, creacións manuais e produción audiovisual.

Tivo gran relevancia o traballo colaborativo, sendo moitas das actividades

realizadas creacións feitas en grupo.

AVALIACIÓN

RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS

Todos os grupos traballaron de forma positiva, participando activamente

nas actividades propostas e amosando unha boa colaboración nas realizacións de

grupo.

Sen embargo, houbo algunha dificultade porque moitas veces os grupos

non foron estables por diversos motivos (Informadeiro, sesións de avaliación

diagnóstica, saídas,...)

DOS RESULTADOS DO ALUMNADO

Todo o alumnado conseguiu os obxectivos propostos en maior ou menor

medida. Si é certo que hai algúns alumnos/as non acadaron unha notable

evolución no seu debuxo ou nas creacións de carácter máis manual, facéndose

notable en moitos casos, a necesidade de potenciar este tipo de actividades.

Ademais os grupos de 3º e 4º traballaron con maior interese co cambio de

metodoloxía no 3º trimestre. Sen embargo, os resultado das súas creacións,

nalgúns casos, non cumpriron as expectativas que se esperaban deles.

DA COORDINACIÓN DOCENTE

As sesións de coordinación entre os responsables das seccións bilingües

resultou moi positiva, permitindo unha estreita colaboración na planificación das

Page 142: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

142

sesións, na preparación dos materiais necesarios, na valoración do

desenvolvemento dos proxectos…

AVALIAR O FUNCIONAMENTO DAS SECCIÓNS BILINGÜES

Atopáronse dificultades en algúns alumnos/as no segundo ciclo na

comprensión das actividades en inglés, aínda que percibiuse unha melloría ao

longo do curso. Cando o traballo se realizou por recantos, a implicación do

alumnado coa tarefa aumentou pero baixou o uso da lingua inglesa e a expresión

oral.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

Por unha parte, unha maior coordinación co resto do profesorado, poder

facer creacións e actividades que complementen os proxectos ou actividades que

se desenvolven nos diferentes contextos.

Por outra parte, ambos mestres recoñecemos ter carencias en canto a

formación artística e expresión plástica.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

- Valorar a posibilidade de crear un contexto artístico.

- Establecer sesións de coordinación cos demais mestres/as que inciden nos

grupos para complementar ou evitar que se solapen as propostas de

traballo.

- Propoñer actividades que sirvan aos nenos/as como unha forma de

comunicación e expresión de emocións.

Os mestres responsables das seccións bilingües

Víctor Chousal Ferreira

Cristina Louzao García

Page 143: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

143

6.11.- MEMORIA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Esta memoria non foi realizada por estar a mestra titular da praza de

orientación de baixa e non estar esta praza cuberta.

6.12.- MEMORIA DO EQUIPO DE RELACIÓN COAS FAMILIAS

PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO LONGO DO CURSO E OBSERVACIÓNS

SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN, DESEÑO,

PLANIFICACIÓN E AVALIACIÓN.

O Equipo de Relación coas familias levou a cabo diversas actuacións

destinadas a promover a participación e relación das familias no noso centro:

Grupos Interactivos:

No primeiro trimestre, do 27 ao 30 novembro, celebrouse a primeira semana

de grupos interactivos dende 4º de Infantil a 6º de Primaria e no terceiro trimestre,

do 21 ao 25 de maio, celebrouse a segunda semana. No segundo trimestre non

chegamos a organizar ninguna sesión, por tratarse de un trimestre curto e coincidir

co entroido, viaxes do e visitas de profesorado,…

Xornadas de Portas Abertas para Familias:

Houbo unha única sesión o 16 de novembro. Moitas familias mostraron o seu

interese por coñecer o funcionamento e as iniciativas que se levan a cabo no

centro. Viñeron 15 persoas que foron acompañadas polo director observando e

pudendo ver como se desenvolven as diferentes actividades na escola. As demais

familias quedaron en lista de espera para a seguinte ocasión. No 2º trimestre non

foi posible organizala por visitas de outros mestres ao noso centro e viceversa e

outras actividades levadas a cabo.

No 3º trimestre organizouse unha visita para o 7 de maio que tivo que ser

posposta pola viaxe que o director e outro nestre tiñan a Madrid no marco do

Page 144: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

144

proxecto Samsung Smart School. Tampoco chegou a celebrarse por asistir

unicamente dúas familias. Os motivos expostos polas familias para non acudir

foron esquecemento da data ou imprevistos.

Faladoiros e sesións formativas: desenvolveranse os luns, mércores ou xoves

de 16:00 a 18:00, e poderán ser sobre diferentes temas: falodoiros literarios,

científicos, artísticos, método ABN… Estas serán organizadas e levadas a cabo

por profesorado do centro interesado na proposta.

Convocáronse dúas sesión formativas para as familias:

- Método ABN (16 de outubro), co obxectivo de que as familias coñecesen

este método de cáculo matemático. A sesión desenvolveuse na biblioteca e

foi impartida por Sergio. Asistiron aproximadamente 30 persoas e a súa

resposta foi valorada como moi positiva. Puideron coñecer o método ABN e

poñelo en práctica.

- Faladoiro literario “O Principiño” (23 de outubro): co obxectivo de compartir

impresións sobre os dous primeiros capítulos desta obra. Asistiron

aproximadamente 15 persoas.

AVALIACIÓN

- Grupos interactivos: a proposta é valorada como moi positiva por parte de

mestres, familias e alumnado. Sen embargo, a resposta por parte das

familias(voluntarios) non é suficiente para poder organizar esta actividade

de maneira sistemática.

Nos vindeiros cursos haberá que plantexar a posibilidade de facer xornadas

para dous ou tres grupos, de maneira que non se precisen tantos

voluntarios/as na mesma semana e ir aumentando progresivamente se a

resposta é positiva.

Page 145: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

145

Á vez que se propón que sexan os familiares do alumnado en concreto os

que formen parte do grupo intereactivo, o que fará que as familias estén

máis motivadas para participar.

- Xornada de Portas Abertas: a valoración por parte das familias é positiva,

manifestando que lles gusta ver como é o traballo dos seus fill@s e dos

mestres no centro. Na medida en que estas xornadas se vaian

organizando, nos vindeiros cursos igual sería necesario plantexalas

unicamente para o alumnado de nova incorporación ao centro.

- Faladoiros ou sesións formativas: haberá que replantexar estas

actividades de maneira que resulten interesantes para as familias e non

supoñan unha carga de traballo adicional para o profesorado do centro. Tal

vez unha Escola de Familias poida ser unha boa opción. A colaboración

entre o centro e a propia ANPA puideran axudar a financiar determinadas

charlas, visitas, obradoiros...

A coordinadora

Cristina Louzao García

6.13.- MEMORIA DO EQUIPO DE COMISIÓNS DE MELLORA

Neste curso 2017-18 comezouse a levar a cabo as comisións de mellora no centro

cada 15 días, na primeira sesión do venres.

Dende infantil e toda primaria, no primeiro e segundo trimestre, cada titor na súa

aula, formaron os grupos das distintas comisións : Coidado do centro, ecoloxía,

biblioteca, recreo e convivencia.

Os integrantes de cada comisión de mellora estaba formado por 4 ou 5 nenos/as,

de cada curso, tiveron que pensar en eses grupos que funcións como comisión

tiñan e como levalas a cabo.

Page 146: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

146

Para darlle saída, executar, as propostas das distintas comisións, no terceiro

trimestre, xuntáronse os grupos dos distintos cursos dende primeiro ata sexto,

excepto infantil que por horario continuaron ca titora no faladoiro.

Responsables 2 mestres en cada comisión.

Rocio, Eva e Vanesa na comisión de mellora da biblioteca.

María e Javier na comisión de mellora do recreo.

Bea e Lucía na comisión de mellora da convivencia.

Manuel e Almudena na comisión de mellora da ecoloxía.

Sergio e Maribel na mellora do coidado do centro.

QUE FALTOU PARA MELLORAR?

Por un lado, a falta de comunicación entre os membros do equipo. Unha dos

membros do equipo comparte centro e cando eran as reunións estaba no outro

centro.

Por outro lado, ao ser un equipo de nova creación e non ideada polas integrantes

do mesmo, ás veces non sabiamos ben o que se pretendía coa proposta do

equipo directivo. Ademais os titores tamén manifestaban non saber como levar a

cabo as comisións.

Os nenos/as mostraron interese nas diferentes comisións e propuxeron iniciativas

e propostas de mellora. Sen embargo, moitas non se levaron a cabo por falta de

organización dende o equipo.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

Maior coordinación entre os membros do equipo.

Concretar medidas de actuación para levar a cabo as propostas dos nenos/as.

A coordinadora

Josefa Castro Castro

Page 147: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

147

6.14.- MEMORIA DO EQUIPO DE ECOLOXÍA E VOZ NATURA

INTRODUCIÓN

Recollemos nesta memoria do equipo de Ecoloxía do CEIP de Viñagrande

Deiro, as diferentes actividades e actuacións levadas a cabo dende o devandito

equipo coa colaboración de todo o profesorado do centro.

Comezamos neste curso co novo equipo, conscientes da importancia de

crear unha conciencia ecolóxica no alumnado.

O Equipo de Ecoloxía constituído para o curso 2017/2018 estivo formado

polos seguintes membros do profesorado:

Beatriz Prieto Álvarez: mestra de Pedagoxía Terapéutica.

Isabel Blanco Silva: titora de 5º de Educación Infantil.

Maria José Mollinedo García: mestra de Relixión.

Manuel Piñeiro Sánchez: coordinador e titor de 1º Educación Primaria.

OBXECTIVOS

Consideramos como os máis importantes:

Acadar que o alumnado sexa o protagonista do cambio nos comportamentos

en relación coa natureza nos ambientes nos que vive (colexio, casa,

parroquia, concello e outros lugares).

Concienciar de forma lúdica e educativa sobre a importancia da reciclaxe.

Concienciar sobre a importancia da educación ambiental e as súas

consecuencias.

Coñecer formas de alimentación saudables mediante a creación do noso

propio horto escolar.

Coñecer, plantar, cultivar e recoller produtos de tempada.

Elaborar distintas preparacións culinarias cos nosos produtos.

Page 148: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

148

O grao de consecución dos obxectivos previstos para este programa

podemos consideralo moi elevado, pois co comezo da campaña conseguimos un

cambio nos hábitos de reciclaxe das nenas e nenos, así como a consecución dun

compromiso por parte das familias para implicarse neste proceso.

Para a consecución destes obxectivos marcados fíxose necesario contar

coa axuda, compromiso e participación de toda a comunidade educativa:

alumnado, profesorado, familias e institucións da contorna máis próxima.

Os obxectivos marcados foron acadados nunha porcentaxe bastante alta. Agora

falta un traballo se cadra máis duro, ser quen de continuar acadando os

obxectivos que nos marcabamos a medio e longo prazo.

ACTIVIDADES REALIZADAS

Neste apartado aparecen todas as actividades que se levaron a cabo ao

longo deste ano:

COLECTORES

Este ano mercáronse uns colectores para facer a reciclaxe no centro. Así

tódolos espazos e dependencias do centro contan a día de hoxe con tres

colectores de distinta cor: azul, amarelo e verde.

POSTA EN MARCHA DA PATRULLA VIÑAVERDE

Creouse a patrulla Viñaverde. Esta patrulla tería entre as súas funcións:

encargarse de recollelo lixo dos distintos colectores e espazos ao comezo do

recreo e nos primeiros minutos do mesmo supervisar que se reciclaxe ben nos

colectores do patio. Elaborouse e reparteuse a cada titoría un calendario coas

quendas de actuación, así cada grupo ou clase se encargou desta función en

quendas dunha semana. O alumnado de Educación Infantil participou nesta

laboura acompañando aos maiores de 5º e 6º na súa quenda.

Page 149: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

149

ACTIVIDADE DE CONCIENCIACIÓN DE SEPARACIÓN DO LIXO

Fíxose unha actividade de concienciación para separar correctamente o lixo

en tódalas aulas.

As nenas e os nenos ían separando os sobrantes e os envoltorios das súas

merendas, que posteriormente pegarían sobre unhas cartolinas coas tres cores

dos colectores. No derradeiro paso desta actividade pegarían na parede, enriba de

cada colector, a cartolina da súa cor.

BATIDAS

Esta actividade tamén de concienciación para non enlixar o patio foi

realizada por todo o alumnado do centro.

Consisteu en facer dúas grandes cadeas humanas e ir camiñando nun mesmo

nivel á vez que se recollía o lixo do chan, envoltorios e envases das súas

merendas, en case a súa totalidade.

HORTO ESCOLARE

Coa axuda do programa voz Natura o ano pasado construíse un horto

escolar. Debido a falla de tempo e prazos alleos ao centro ao final soamente se

puideron plantar unhas poucas leitugas que o alumnado levou para os seus

fogares.

Este ano, sen embargo, planificamos dúas franxas temporais de cultivo, a

primeira delas plantamos distintas especies propias da tempada invernal: brocoli,

coliflor, pac-choi, repolo, acelga, espinaca, puerro, romanesco… e nunha segunda

franxa, xa en primavera, plantamos leitugas, fresas, xudías, chicharos…

Ademais de plantar, realizaronse as tarefas propias ou colaterais que

implica o proceso: fresar, abonar, regar,….

Deste xeito o horto estivo en funcionamento durante todo o curso.

PREPARACIÓNS CULINARIAS

Coas distintas verduras da tempada invernal: brocoli, coliflor, pac-choi,

repolo, acelga, espinaca, puerro, romanesco… os alumnos e alumnas das

Page 150: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

150

distintas clases prepararon unha crema de verduras que tivemos o gusto de

degustar.

PLANTACIÓN DE CARBALLOS E CASTIÑEIROS

Aínda que non co éxito que se esperaba, tódolos nenos e nenas do cole,

aproximadamente uns 150, plantaron a súa landra ou castaña e só naceron uns

20 exemplares.

RECOLLIDA DE FROITOS

Mercáronse uns froiteiros e o alumnado das distintas aulas baixou en

distintos momentos a recoller froitos no outono. Recolléronse mazás e castañas.

SEGUIMENTO E AVALIACIÓN

Mediante as reunións dos membros do equipo realízase unha avaliación

conxunta das actividades levadas a cabo e das opinións do profesorado do centro

implicado na realización destas actividades.

A partir da recollida destas valoracións, lévase a cabo unha toma de

decisións sobre a conveniencia de seguir con algunha actividade, as posibilidades

de mellora, a opción de eliminar aquelas que non deron o resultado esperado, etc.

Salientar que a maior parte parte dos obxectivos son acadados segundo o

previsto pero a realización e temporalización dalgunha actividade tivo que ser

modificada.

Como propostas de mellora, dende o Equipo de Ecoloxía facemos as

seguintes:

Programar actividades encamiñadas ao fomento da conciencia ecolóxica.

Garantir que as actividades que se leven a cabo provoquen consecuencias

positivas no alumnado.

Baleirado máis eficiente por parte do alumnado dos colectores de reciclaxe

de aula.

Facer un calendario anual de plantación.

Page 151: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

151

Establecer sesións semanais por aula para o traballo no horto escolar.

Equipamento adecuado de traballo no horto escolar (tomas de riego,

regadeiras, rastrillos pequenos, plantador, …)

Planificar ben o funcionamento da comisión de ecoloxía.

Dotar de operatividade ás decisións dos membros da comisión de ecoloxía.

Dotar de tempo de liberación no horario, non existente neste curso, para o

coordinador do equipo ou para algún dos seus membros. Tempo necesario

no desenvolvemento ou preparación de moitas das actividades levadas a

cabo.

O Coordinador do Equipo de Ecoloxía

Manuel Piñeiro Sánchez

6.14.- MEMORIA DE EDUCACIÓN MUSICAL

PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO LONGO DO CURSO E OBSERVACIÓNS

SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN, DESEÑO,

PLANIFICACIÓN E AVALIACIÓN.

- Proxecto de estimulación temperá. Neste proxecto, desenvolvido en

Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria, realizouse un traballo conxunto cos

titores destes cursos e a mestra de Educación Física. Dende música colaborouse

na programación das sesións de psicomotricidade e no desenvolvemento das

mesmas, no que se refire ao traballo do ritmo. As actividades propostas

centráronse na percusión corporal, no movemento rítmico e no ritmo da linguaxe.

- Música e saúde, proxecto relacionado co PDI do centro: “A saúde e a

mellora da calidade de vida das persoas”. Participamos nunha “Escola de baile”,

aprendendo e creando coreografías. Deste xeito, traballamos o baile como

actividade física que repercute positivamente na nosa saúde, debido á mellora que

supón a nivel físico e á achega de importantes beneficios a nivel emocional e

Page 152: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

152

mental, ao ser unha actividade moi pracenteira. Realizamos un “Emocionario

musical” facendo fincapé nas diferentes emocións que nos poden transmitir

diferentes tipos de música, sendo conscientes de que estas dependen de cada

persoa, da súa propia sensibilidade e do estado anímico no que se atope en cada

momento. E, por último, fixemos un proxecto de investigación arredor da

contaminación acústica e os posibles efectos na nosa saúde. Posteriormente,

tamén fixemos medicións de ruído en diferentes momentos e lugares do centro

coa aplicación “Sonómetro”, para facer un estudo sobre o ambiente sonoro do

noso centro.

- As calidades do son. Neste proxecto, que se levou a cabo en distintos

momentos ao longo do curso, traballamos as calidades do son a nivel auditivo,

corporal e de movemento e tamén gráfico, o que nos permitiu o achegamento á

representación do son.

- Escenas rítmicas, proxecto de creación de coreografías rítmicas con

elementos corporais e obxectos desenvolvido nos grupos de Viñagrandes.

- Cantos Rosalianos, no que realizamos a musicalización de diversas

poesías de Rosalía de Castro, empregando a aplicación Music Maker Jam, tamén

nos grupos de Viñagrandes.

Ademais, desenvolvéronse outras actividades ao longo do curso en relación

aos distintos ámbitos da Expresión Musical: ritmo e movemento, expresión vocal e

instrumental, audición e linguaxe musical.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

No desenvolvemento das sesións empregamos discografía e bibliografía

diversa, os distintos instrumentos que temos na aula (instrumentos de pequena

percusión, de placas e teclado), ademais de diferentes obxectos sonoros. O

alumnado de Viñamedios e Viñagrandes tamén empregou a súa propia frauta

doce.

Como recursos tecnolóxicos empregamos o equipo de música, ordenador e

proxector, cámara de fotos e de vídeo e tablets.

Page 153: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

153

METODOLOXÍA EMPREGADA

Nas contexto musical tratouse de desenvolver todos os contidos a partires

da práctica, primando a vivencia e a experimentación dos mesmos e incorporando

a linguaxe musical progresivamente, de xeito máis relevante a partires do 2º ciclo

de Educación Primaria.

A maioría das actividades desenvolvéronse en gran grupo, onde se fai

relevante a achega de cada alumno para acadar un resultado global. Pero tamén

se realizaron traballos individuais e en grupos pequenos.

Este curso tamén introducimos os recantos na aula, de xeito que, en

determinados momentos, propuxéronse distintas actividades en diferentes zonas,

polas que o alumnado ía rotando en pequenos grupos. Cabe dicir que foi preciso

modificar a proposta de recantos inicial debido a que non é factible levar a cabo

varias actividades simultáneas nas que o protagonista é o son, xa que unhas

interfiren nas outras. Así pois, ao longo do curso esta proposta de recantos foi

variando para adaptarse mellor ás peculiaridades dunha clase de música.

AVALIACIÓN

RESPECTO DOS GRUPOS

En xeral, os grupos traballaron de forma positiva, acadando os obxectivos

establecidos. Con todo, caben sinalar dúas situacións. Por un lado, a motivación,

esforzo e responsabilidade amosada polos grupos de Viñagrandes non foi de todo

a esperada, de xeito especial cara finais de curso. Por outro lado, é preciso sinalar

as dificultades atopadas en Educación Infantil para motivar aos grupos e propiciar

a súa participación activa e positiva nas actividades propostas, sendo

especialmente difícil conseguir un clima de calma inicial para presentar as

actividades ou poder gozar da música escoitándoa e vivenciándoa. Con algún

grupo esta situación foi mellorando ao longo do curso, pero non así con outros.

Page 154: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

154

CASOS PARTICULARES A SINALAR

En Educación Infantil podemos mencionar a situación de catro nenos que

amosaron importantes dificultades na realización das actividades musicais, dous

deles pola dificultade de manter a atención e participación e os outros dous máis

propiciado por cuestións actitudinais.

En Viñapeques caben sinalar dous casos, un por cuestións de

comportamento que foi mellorando notablemente ao longo do curso e o outro por

dificultades de aprendizaxe e de participación no seo do grupo, ao que lle custou

seguir o ritmo da clase en determinadas ocasións.

No 2º ciclo houbo dous nenos que amosaron máis dificultades para

participar en determinadas actividades, especialmente de expresión vocal e de

expresión corporal e movemento. Foi máis significativo un deles que nalgunha

ocasión incluso rexeitou participar nas actividades propostas, sendo ademais moi

complexo establecer unha conversa con el para poder entender o motivo deste

rexeite.

No 3º ciclo non se atoparon dificultades individuais especialmente

relevantes, pero si se produciron pequenos conflitos á hora de traballar en

pequeno grupo, ao igual que no 2º ciclo.

DA COORDINACIÓN DOCENTE

As sesións de coordinación de ciclos semanais, ás que fomos asistindo os

especialistas de forma rotatoria, propiciaron unha mellor coordinación entre os

distintos mestres, facilitando o intercambio de opinións sobre o progreso dos

grupos e as dificultades que se foron atopando con algúns nenos en particular.

Con todo, considero que é preciso establecer unha certa orde do día dos temas a

tratar que sirva de guía destas reunións e evitar deste xeito divagacións ou

xuntanzas pouco produtivas que nalgunhas ocasións se produciron.

DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A mestura de idades nos grupos favorece a atención á diversidade, xa que

o propio grupo ofrece axuda. As actividades propostas son, na súa maioría

abertas, polo que se adaptan á realización de cada neno e, ademais, prestouse

maior apoio a aqueles nenos que así o precisaron.

Page 155: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

155

DA METODOLOXÍA EMPREGADA

En canto á metodoloxía empregada esta adaptouse aos grupos e ao

carácter propio da materia, pero creo que é preciso mellorar a planificación e

secuencia temporal dos proxectos a desenvolver, reorganizar os recantos e as

actividades que neles se propoñen e darlle maior cabida á creación propia do

alumnado.

AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO

Os criterios de cualificación establecidos na programación e tidos en conta

na avaliación foron explicados ao alumnado ao comezo de curso. Ao longo do

mesmo informouse dos aspectos que se ían avaliar a través de rúbricas,

nalgunhas das cales se incluíu un apartado de autoavaliación, tanto do pequeno

grupo como individual. Con todo, creo que é preciso darlles máis cabida a estas

rúbricas nas sesións para que sexan unha guía para o alumnado sobre a súa

evolución no proceso de aprendizaxe.

AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.

Este foi un ano moi intenso que en determinadas ocasións levei con

bastante tensión, o que repercutiu na miña práctica docente, tanto na planificación

como no desenvolvemento das sesións. Considero que debo mellorar a selección

de materiais e a presentación das actividades ao alumnado para garantir unha

maior motivación cara ás mesmas.

AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO

Considero que o proxecto educativo do centro é moi positivo, xa que

favorece o traballo autónomo do alumnado, a significatividade das súas

aprendizaxes, a súa implicación cara ás tarefas escolares e a atención á

diversidade. Si é certo, por suposto, que hai aspectos que mellorar pero, sobre

todo, diferentes cuestións que asentar e sobre as que acadar un consenso que

será necesario ir abordando o vindeiro curso.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

Como xa comentei anteriormente, considero que a proposta inicial de

Page 156: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

156

recantos non foi a máis axeitada, polo que tivo que ser modificada e deberá ser

valorada de novo de cara ao vindeiro curso.

Tamén é necesaria máis continuidade na realización dos proxectos e mellor

planificación temporal destes, para conseguir que se finalicen axeitadamente e se

poida ver e valorar o proceso levado a cabo e o resultado final, xa que neste curso

algúns proxectos estendéronse excesivamente ou non puideron ser rematados.

Por último, creo que é necesario que o alumnado estea máis involucrado na

avaliación, sendo coñecedores de antemán da finalidade de cada proposta de

actividade e de que coñecementos se espera que adquiran. Ademais, tamén

considero preciso introducir a autoavaliación para facelos conscientes da súa

evolución e da súa participación e implicación. Esta foi unha proposta iniciada este

ano e que deberá ser máis sistematizada o vindeiro curso.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

- Continuar coa reorganización dos recantos, para tratar de buscar a

proposta que mellor se adapte ás clases de música. Para iso, estudarei a

posibilidade de empregar outros espazos do centro en determinados momentos.

- Introducir máis momentos e espazos de creación propia do alumnado, de

xeito que teñan máis oportunidades de desenvolver as súas propias propostas en

relación aos distintos ámbitos da Educación Musical.

- Colocar un espello nunha das paredes da aula para permitir que o

alumnado se vexa nas actividades de movemento e expresión corporal, co fin de

potenciar a conciencia corporal.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

As necesidades de formación que considero máis relevantes refírense a:

- xestión de aula, diálogo positivo co grupo e educación emocional.

- detención de posibles dificultades significativas no alumnado e atención das

mesmas.

Page 157: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

157

Ademais, considero necesaria a formación noutros aspectos máis

específicos en relación á musica como o método BAPNE de percusión corporal,

técnicas de expresión corporal e movemento ou a música en relación á

psicomotricidade.

A especialista de Educación Musical

Rocío Bernárdez Cibeira

6.15.- MEMORIA DE EDUCACIÓN FÍSICA E PSICOMOTRICIDADE.

PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO LONGO DO CURSO E OBSERVACIÓNS

SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN, DESEÑO,

PLANIFICACIÓN E AVALIACIÓN.

PROXECTO DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ: “ESTIMULA O TEU CORPO,

ACTIVA O TEU CEREBRO”

No curso que remata continuamos o proxecto de atención temperá

“Estimula o teu corpo, activa o teu cerebro” (en diante PET). O obxectivo

fundamental foi traballar e afianzar habilidades perceptivas a través do

movemento co fin de favorecer un desenvolvemento neurolóxico adecuado no

alumnado da etapa de infantil, como prevención de futuros trastornos de atención

e aprendizaxe.

O alumnado entre os 3 e os 7 anos realizou unha sesión diaria de

psicomotricidade, impartidas polas mestras titoras, a mestra especialista en Ed.

Física e a mestra especialista e Ed. Musical.

Unha vez rematado o curso, somos máis conscientes da importancia de este tipo

de traballo xa que nos axudou a situarnos máis claramente en que momento

evolutivo se atopa o alumnado e a tomar as decisións necesarias en caso de

alumnos que precisen algún tipo de reforzo neste eido.

Page 158: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

158

PDC (PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO) – CENTROS ACTIVOS E

SAUDABLES: “VIÑAGRANDE ACTIVO E SAUDABLE”

Como cada ano dende o CEIP Viñagrande-Deiro quixemos fomentar a

práctica de actividade física en idade escolar sendo conscientes da importancia

que ten o movemento no desenvolvemento integral dos nenos.

Co fin de asentar as bases para unha infancia máis saudable e menos

sedentaria quixemos continuar participando no presente curso 2017-2018 no

programa Xogade para fomentar entre os máis novos o gusto pola práctica físico-

deportiva e sigan, de este xeito, cunha vida activa e saudable no futuro.

A participación en Xogade tamén nos sirve como continuidade do traballo

de psicomotricidade que se fai neste centro nas primeiras idades, buscando un

adecuado desenvolvemento da infancia a través do movemento.

Sendo conscientes da importancia que a actividade física e o deporte teñen

no mantemento da saúde, neste curso a participación en Xogade tivo cabida

dentro do PDI do noso colexio (Proxecto Documental Integrado), xa que versou

sobre a Saúde.

A continuación móstrase o enlace á páxina wed do centro onde se ían

colgando imaxes e videos das diferentes actividades deportivas. Premer no

apartado de Educación Física:

www.edu.xunta.es/centros/ceipdevinhagrande/

UNIDADES DIDÁCTICAS TRABALLADAS AO LONDO DO CURSO:

Benvida e avaliación inicial

Habilidades motrices básicas

As habilidades nos xogos colectivos

Aplicación das habilidades básicas no deporte: atletismo

Page 159: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

159

Coordinación e equilibrio

Xogos predeportivos

Copbol

Xogos tradicionais de goma e corda

Sendeirismo

NOTA: as unidades programadas traballáronse todas.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

No ximnasio utilizamos, ao longo deste curso, tanto pequeno material como

pelotas, ata gran material como pode ser a escaleira de braquiación.

En canto aos recursos humanos, as sesións de EF de 3º a 6º foron impartidas pola

mestra especialista mentres as clases de psicomotricidade foron impartidas pola

especialista e os tirores.

METODOLOXÍA EMPREGADA

PET (PROXECTO DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ):

Utilizouse unha metodoloxía activa e sistemática por descubrimento, onde

se plantexaban as diferentes tarefas deixando ao alumnado que atopase

unha execución motora adecuada buscando sempre unha maior eficacia

motriz. Cando isto non se conseguía sí se lle daban consignas para

logralo.

A organización podía ser en gran grupo, grupos reducidos, parellas ou

individuais.

EF (EDUCACIÓN FÍSICA):

En 3º, 4º, 5º e 6º de EP traballouse por circuitos aspectos relativos a

habilidades motrices simples. E a través de xogos e deportes (de

adversario e de equipo) a aplicación ás situacións complexas das

habilidades antes citadas.

Page 160: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

160

AVALIACIÓN

Nos niveis onde se traballa o PET, a avaliación consiste nunha batería de

exercicios motrices, de ritmo e de comprobación de integración de reflexos

primitivos. Esta batería realizouse cos nenos de 6º de Educación Infantil e unha

vez reaizada obsérvase que a evolución motriz é significativa e positiva,

esperando se vexa reflexada noutros aspectos do alumnado. Coa aplicación de

esta batería púidose observar que hai un alto porcentaxe do alumnado que pasa

para Primaria, que aínda non ten afianzada a lateralidade, sendo esto normal a

estas idades.

Nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º as avaliacións das diferentes unidades

didácticas traballadas ao longo do curso, foron mediante rúbricas coa aplicación

adittio. A forma de avaliar foi continua, e consistiu en probas específicas para

comprobar o grao de afianzamento das diferentes habilidades que se

consideraban fundamentais para un adecuado desenvolvemento psicomotriz e

ademais empregouse fundamentalmente a observación directa nas diferentes

sesións. Un porcentaxe alto das rúbricas estaba adicado a aspectos conductuais.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE?

O que nos falta é máis formación. O traballo diario é suficiente e o material

que imos necesitando vaise comprando.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

As propostas de mellora para o curso 2017-2018 son:

Traballo na área:

o programar as actividades en función das carencias observadas

na avaliación

o facer tres grupos para o traballo da psicomotricidade en Ed.

Infantil, por limitacións de espacio.

Page 161: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

161

o valorar a posibilidade de realizar algunha sesión no pavillón.

Instalacións e material.

o Pintar as paredes do ximnasio.

o Arranxar o corcho do chan e das paredes.

o Seguir invertindo en material para crear un almancén básico para

o traballo motriz.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

Educación emocional.

Neurociencia.

A especialista en Educación Física

María Castro Nine

6.16.- MEMORIA PDC (PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO): “CENTROS

ACTIVOS E SAUDABLES”

Título do proxecto:

VIÑAGRANDE ACTIVO E SAUDABLE

Introdución (sinopse do proxecto):

Como cada ano dende o CEIP Viñagrande-Deiro quixemos fomentar a

práctica de actividade física en idade escolar sendo conscientes da importancia

que ten o movemento no desenvolvemento integral dos nenos.

Co fin de asentar as bases para unha infancia máis saudable e menos

sedentaria quixemos continuar participando no presente curso 2017-2018 no

Page 162: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

162

programa Xogade para fomentar entre os máis novos o gusto pola práctica físico-

deportiva e sigan, de este xeito, cunha vida activa e saudable no futuro.

A participación en Xogade tamén nos sirve como continuidade do traballo

de psicomotricidade que se fai neste centro nas primeiras idades, buscando un

adecuado desenvolvemento da infancia a través do movemento.

Sendo conscientes da importancia que a actividade física e o deporte teñen

no mantemento da saúde, neste curso a participación en Xogade tivo cabida

dentro do PDI do noso colexio (Proxecto Documental Integrado), xa que versou

sobre a Saúde.

A continuación móstrase o enlace á páxina wed do centro onde se ían

colgando imaxes e videos das diferentes actividades deportivas. Premer no

apartado de Educación Física:

www.edu.xunta.es/centros/ceipdevinhagrande/

Grao de consecución dos obxectivos:

Con respecto aos obxectivos plantexados na solicitude de participación:

Neste curso destacar que a consecución dos obxectivos foi moi positiva xa

que os alumnos do colexio practicaron varios deportes na área de Educación

Física evitando deste xeito o sedentarismo, e buscando sempre o traballo das

competencias básicas tendo como eixe fundamental de traballo o mantemento da

saúde e o afianzamento de habilidades motrices perceptivas e básicas como

prevención de trastornos de atención e aprendizaxe.

Todo este traballo súmase ao realizado no centro a través do Programa de

estimulación temperá “Estimula o teu corpo, activa a túa mente”, proxecto posto en

marcha no curso 2015-16.

Os alumnos tiveron a oportunidade de practicar e vivenciar diferentes

deportes de xeito lúdico compartindo xornadas deportivas có alumnado doutros

colexios o que axudou a fomentar

as relacións sociais entre eles.

Page 163: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

163

En tódalas xornadas deportivas todo o alumnado participou

independentemente das súas cualidades físico-deportivas, feito imprescindible si

dende os centros educativos pretendemos favorecer a inclusión.

Organización, desenvolvemento e metodoloxía:

O noso centro pretendía participar en dúas modalidades diferentes, unha

deportiva-competitiva e outra de xogos populares. Pero debemos mencionar que

ao longo deste curso o baúl destes últimos xogos non nos foi concedido.

Polo que a continuación describiremos a modalidade deportiva-competitiva:

1. Actividade deportiva-competitiva. Coordináronse os diferentes centros

participantes en Xogade do Val do Salnés para organizar diferentes xornadas

deportivas intercentros: campo a través, deportes colectivos, deportes

individuais… O Ceip Viñagrande- Deiro participou nas seguintes actividades.

• Campo a través: carreira de campo a través celebrada en Portonovo o venres 17

de novembro de 2016. Participaron os nenos e nenas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed.

Primaria.

https://youtu.be/XxckMkY3Lv8

• 1ª Xornada de Deporte Escolar: o mércores 24 de xaneiro visitamos o CEIP As

Bizocas de O Grove. Alumnado de ambos centros disfrutaron dunha xornada de

actividade física e saúde xogando a baloncesto, fútbol, balonmán, brilé e xadrez.

https://youtu.be/wLfMppiMjo

• 2º Xornada de Deporte Escolar: O martes 27 de febreiro de 2018 organizamos

no noso cole a II Xornada de Deporte na Escola 2018. Tivemos a oportunidade de

que alumnado do CEIP Cruceiro de Vilalonga viñese a compartir connosco unha

sesión matinal deportiva. Practicamos diversos deportes de equipo e adversario.

https://youtu.be/nM9vcXCymdA

• 3º Xornada de Deporte Escolar: O 20 de marzo estivo no noso centro alumnado

do CEIP As Covas de Meaño, para gozar conosco dunha mañá deportiva e de

convivencia.

https://youtu.be/MpirqQUILUo

Page 164: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

164

• 4ª Xornada de Deporte Escolar: O mércores 25 de abril disfrutamos da nosa

última xornada de deporte escolar deste curso. Visitamos o CEIP San Roque de

Corón. Como en xornadas anteriores practicamos deportes de equipo como fútbol,

baloncesto, balonmán, brilé, bádminton e xadrez.

https://youtu.be/OLrDmNaFNkY

• XXV Carreira escolar do Salnés: alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación

Primaria participou nunha carreira organizada polo Colexio Abrente de Portonovo,

o venres 1 de xuño.

https://youtu.be/R2_HsFTNdAY

Avaliación (instrumentos utilizados e resultados obtidos)):

Levouse a cabo unha avaliación continua, global e integradora, tendo en

conta o progreso e a consecución dos obxectivos plantexados.

Unha vez rematada a participación en Xogade a valoración é positiva pois

alcanzáronse tódolos obxectivos previstos.

Logo de seis cursos consecutivos participando no Programa Xogade, o

profesorado e o alumnado do centro móstranse satisfeitos e con ganas de seguir o

próximo curso.

Listaxe de profesorado participante e tarefas realizadas:

María Castro Nine

Encargada de coordinar a participación do CEIP Viñagrande- Deiro en

Xogade (Plan proxecta). Organización das xornadas celebradas na "casa" e das

saídas tanto para participar en carreiras como para acudir a outros colexios.

Como mestra de Educación Física traballou os distintos deportes na súa área,

preparando previamente ao alumnado para a súa participación en Xogade.

Para a organización das xornadas multideporte e a arbitraxe dos diferentes

partidos das xornadas organizadas na casa, tamén colaboraron os seguintes

mestres:

Page 165: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

165

- Sergio Rosales López

Observacións complementarias ás actividades realizadas

Ao longo deste último trimestre, e dende a área de Educación Física en

colaboración co traballo nos contextos de Aprendizaxe, traballamos o Sendeirismo

con múltiples obxectivos.

Dentro destes o máis destacado é “mellorar o benestar físico, psíquico e

social” practicando exercicio físico nun entorno natural como o que nos presta a

contorna do colexio. Este obxectivo está enmarcado dentro da PDI (Proxecto

Documental Integrado) do centro que este curso xira entorno á “MELLORA DA

CALIDADE DE VIDA”.

Para todo isto tivemos un gran reto final que foi facer un tramo da Ruta

Xacobea Portuguesa, coñecida como “Variante espiritual” e que transcorre dende

a Armenteira ata Vilanova de Arousa, pasando pola parroquia onde está ubicado o

noso centro. Dita ruta ten un percorrido de 22´7km.

Sen dúbida un gran reto de superación persoal para o que semana a

semana nos estivemos preparando:

• Aprendendo a coidar o noso corpo e mente.

• Aprendendo a traballar cos demais e a ser bos compañeiros de

equipo.

• Aprendendo a soportar fracasos cando non se chega ao

obxectivo.

• Aprendendo que todo require dun esforzo.

• Aprendendo que para lograr un obxectivo hai moitas horas de

traballo previo.

• Que os éxitos non se conseguen da noite para a mañá.

• Que facendo deporte fórxanse profundas amizades.

• Aprendendo que hai alternativas divertidas ás “pantallas”.

• Aprendendo que o deporte e a actividade física é moito máis que

o coidado do corpo: responsabilidade, humildade, entrega, amizade, convivencia,

superación persoal, resiliencia, disciplina,… e un sinfín de valores máis.

Page 166: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

166

A continuación deixamos un enlace que reflexa a nosa experiencia

en imaxes 360º (premer nas frechas para avanzar na ruta):

https://www.thinglink.com/video/1064097551747121155

Bibliografía:

- Glen Doman, Douglas Doman e Bruce Hagy: Bebé en forma, bebé

inteligente. Desde el nacimiento a los seis años. La revolución pacífica.

EDAF, 2012.

- Jorge Ferré Viciana e María del Mar Ferré Rodríguez: Neuro-psico-

pedagogía infantil. Bases neurofuncionales del aprendizaje cognitivo y

emocional. Editorial Lebón, Barcelona, 2013.

- Jorge Ferré, Jorge Catalán, Víctor Casaprima e José V. Mombiela: Técnicas

de tratamiento de los trastornos de la lateralidad. Editorial Lebón, Barcelona

2006.

- Jorge Ferré, Jorge Catalán, Víctor Casaprima e José V. Mombiela: El

desarrollo de la lateralidad infantil. Niño diestro – Niño zurdo. Editorial

Lebón, Barcelona 2014.

- Jorge Ferré Viciana e María del Mar Ferré Rodríguez: Lateralidad infantil.

100 preguntas – 100 respuestas. Editorial Lebón, Barcelona 2015.

- www.disanedu.com

- www.vozymovimiento.com

- Estimulaciónydesarrollo.blogspot.com

- https://escuelaconcerebro.wordpress.com

- Guía Así, así?: web da Consellería de política social.

A coordinador

María Castro Nine

Page 167: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

167

6.17.- MEMORIA ALIMÉNTATE BEN: FAITE ECO DO LÓXICO

Título do proxecto:

ALIMENTANDO A SAÚDE

Introdución (sinopse do proxecto):

Neste curso 2017-18 no C.E.I.P. Viñagrande-Deiro estivemos inmersos nun

Proxecto Documental Integrado sobre a saúde e a calidade de vida, ademais

tendo en conta que no centro contamos cun horto ecolóxico e o aumento de

enfermidades hipocinéticas co conseguinte aumento da obesidade infantil, no

curso actual o profesorado considerou imprescindible abordar este tipo de

contidos.

Grao de consecución dos obxectivos:

Con respecto aos obxectivos plantexados na solicitude de participación:

Neste curso destacar que a consecución dos obxectivos foi moi positiva xa que os

alumnos do colexio participaron en moitas actividades que os axudaron a entender

a importancia dunha boa alimentación e da orixe dos produtos que degustan cada

día.

Os alumnos tiveron a oportunidade de diferenciar entre alimentos naturais e

procesados e de concienciarse da relación entre unha boa alimentación e una boa

saude.

Ademais, non só o alumnado, senón toda a comunidade educativa

participou na actividade, xa que os pais puideron observar a exposición dos

proxectos e participar na degustación de platos preparados con produtos naturais.

Page 168: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

168

Organización, desenvolvemento e metodoloxía:

O noso centro participou nesta iniciativa por medio de actividades,

proxectos e exposicións levadas a cabo polas diferentes clases:

Para o samaín realizamos unha actividade que lle damos continuidade do

ano anterior e que consistiu na realización de receitas terroríficas empregando

froita, contribuimos a adquisición de hábitos máis saudables no alumnado e o

recoñecemento dun léxico específico como é o das froitas. Pódese apreciar o

traballo no seguinte enlace:

https://youtu.be/kTmCdGZb_XI

Dende infantil fixeron unha sopa de verduras. Foron ao horto escolar a

coller as verduras, laváronas e cortáronas.

Prepararon a olla con auga, aceite e un chisco de sal. Cociñaron todo e toda a

escola comeu. Foi un éxito. O resultado pódese ver no seguinte enlace:

https://youtu.be/LPqwxIokZwE

Os cursos de primeiro e segundo levaron a cabo as seguintes actividades:

Horto escolar. Planificaronse dúas franxas temporais de cultivo, a primeira delas

plantaron distintas especies propias da tempada invernal: brocoli, coliflor, pac-choi,

repolo, acelga, espinaca, puerro, romanesco… e nunha segunda franxa, xa en

primavera, plantaron leitugas, fresas, xudías, chicharos…

Preparacións culinarias coas distintas verduras da tempada invernal:

brocoli, coliflor, pac-choi, repolo, acelga, espinaca, puerro, romanesco… os

alumnos e alumnas das distintas clases prepararon unha crema de verduras que

tivemos o gusto de degustar.

Recollida de froitos. Mercáronse uns froiteiros e o alumnado das distintas

aulas baixou en distintos momentos a recoller froitos no outono. Recolléronse

mazás e castañas.

O alumnado de 4º fixo un traballo sobre as froitas para, a través delas,

fomentar a vida saudable. Investigaron sobre as vitaminas das froitas,

curiosidades como cal é a mais grande e a mais pequena... O produto final deste

Page 169: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

169

traballo foi a elaboración dunha mermelada caseira, que despois degustaron entre

todos e todas.

Por último, o alumnado de 3º a 6º realizou un proxecto sobre alimentación e

hábitos saudables. Traballaron facendo unha pirámide nutricional e o coidado do

corpo. Estiveron vendo o consumo de azucre investigando eles mesmos as

cantidades nos productos que mais se consumen. Tamen viron a etiquetaxe do

produtos alimentarios moitas veces enganosos. No seguinte enlace pódese ver o

resultado:

https://youtu.be/0iOHZAlx6KE

Avaliación (instrumentos utilizados e resultados obtidos)):

Levouse a cabo unha avaliación continua, global e integradora, tendo en

conta o progreso e a consecución dos obxectivos

plantexados.

Unha vez rematada a participación en Alimentando a Saúde, a valoración é

positiva pois alcanzáronse tódolos obxectivos

previstos.

Tanto o profesorado como o alumnado do centro móstranse satisfeitos e

con ganas de seguir o próximo curso.

Listaxe de profesorado participante e tarefas realizadas:

María Luísa Barreiro Pérez

Encargouse de coordinar as diferentes actividades levadas a cabo no centro

durante a

primeira metade do curso.

Participou con actividades na súa titoría.

Víctor Chousal Ferreira

Page 170: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

170

Encargouse de coordinar as diferentes actividades levadas a cabo no centro

durante a

segunda metade do curso, unha vez a coordinadora colleu a baixa.

Participou con actividades dende a especialidade de inglés.

Para a coordinación das actividades tamén participaron os seguintes mestres:

- María Castro Nine

- Sergio Rosales López

Observacións complementarias ás actividades realizadas

Todas as actividades resultaron moi positivas. Agradecer a implicación de todo o

profesorado no proxecto.

Ao final de curso, con todos estos proxectos sobre alimentación e tamén sobre

outros de calidade de vida realizouse una PDI na que as familias puideron ser

parte desta enriquecedora

experiencia. A exposición tivo gran aceptación.

Bibliografía:

• Título: Sopa verde

• Publicado: OQO Pontevedra 2013

• Autores: Ángela Madeira, Till Charlier, Paco Livaín

O coordinador

Víctor Chousal Ferreira

Page 171: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

171

6.18.- MEMORIA DO CONTRATO-PROGRAMA (MODALIDADE PROA)

INTRODUCIÓN

Durante este curso escolar 2017/2018 o profesor que impartiu o PROA foi

compartido co CEIP As Covas (Meaño), acudindo ao noso centro os luns e os

mércores de 16 a 18 h para impartir o devandito programa e os martes pola mañá

para levar a cabo a coordinación entre o mestre en cuestión e a coordinadora

(especialista en PT). Dado que a coordinación era dunha hora e o mestre acudía 2

horas ao centro pola mañá a hora restante dedicábaa a apoiar/observar ao

alumnado que acudía ao PROA. No outro centro non podía facer o apoio da hora

restante que tiña de permanencia no centro polas mañás por estar o alumnado en

especialidades, polo tanto decidiuse que o mestre acudira ao noso centro de 9 a

11 h un martes e o seguinte de 12 a 14h ao igual que no centro de Meaño

(alternar as horas de coordinación). Deste xeito tería a oportunidade de observar

ao alumnado dos dous centros mentres traballaban na aula.

Antes de iniciar o PROA tivo lugar unha reunión entre os dous directores do

centro, o mestre que impartiu o PROA e a coordinadora do CEIP Viñagrande (a

coordinadora do CEIP As Covas non puido asistir). Nesta reunión asentáronse a

metodoloxía e a organización do PROA que se buscaba por parte de ambos

centros. Decidiuse que o programa tivese como fío condutor entre os dous centros

os medios de comunicación, xa que en ambos coles se traballan e dispoñen de

medios para facer as actividades pertinentes. Así, a primeira hora da tarde se

dedicaría a traballo individual e a segunda aos medios de comunicación.

COORDINACIÓN

Para determinar cales eran as dificultades de aprendizaxe de cada

alumno/a ou cales eran os aspectos máis importantes a traballar con eles, cada

titor/a cubriu un impreso coas carencias que se percibían a nivel de aula que foi

entregado ao mestre para que fose coñecedor e puidera así traballar co alumnado

en cuestión.

Page 172: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

172

O mestre que impartiu o PROA mantivo sempre unha actitude positiva cara o

programa e tivo moi boa disposición. Implicouse moito co grupo e procurou en

todo momento manter unha relación de respecto e proximidade co alumnado.

ALUMNADO QUE ACUDIU AO PROA

O grupo formárono un total de 12 alumnos: 6 de 3º EP, 4 de 4º de EP e 2 de 5º de

EP. O alumnado foi seleccionado polos/as mestres/as de 3º-6º. Tendo en conta as

necesidades dos/as alumnos/as destes cursos decidiuse que non acudise ao

PROA ningún neno de 6º, posto que non había alumnado con necesidades

importantes ou que, téndoas non lle fose de proveito acudir ao PROA, e así ter

máis vacantes para os/as alumnos/as de 3º que era o curso que máis dificultades

tiña.

GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS PERSEGUIDOS

O profesor acompañante traballou na primeira hora de cada sesión as habilidades

instrumentais básicas segundo as necesidades de cada alumno: mecánica e

fluidez lectora, comprensión lectora, expresión oral e escrita, caligrafía e

presentación dos escritos, cálculo, razoamento lóxico-matemático, apoio na

realización das tarefas escolares, técnicas de estudo e aumento da motivación.

O mestre dedicou a segunda hora de cada sesión a traballar os medios de

comunicación. Por falta de tempo só foi posible gravar un programa de radio.

O mestre responsable do PROA analizou semanalmente o grao e calidade das

relacións que se deron entre o alumnado. Ademais proporcionoulle aos titores (a

través da coordinadora) información sobre a evolución das condutas dos alumnos.

Traballouse cunha metodoloxía baseada no traballo cooperativo, a titoría entre

iguais…, A organización do alumnado na aula consistiu na agrupación individual e

grupal de distinto número de alumnos/as, sempre de cara a mellorar as

habilidades sociais dos alumnos así como as relacións e de cara á prevención de

conflitos e a súa resolución de maneira pacífica.

Page 173: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

173

MELLORAS NO RENDEMENTO ESCOLAR DO ALUMNADO

A melloría no rendemento escolar variou dun alumno/a a outro/a sendo a

propia situación ou actitude do alumno/a o que favoreceu que se dera esa

melloría. Pódese dicir que houbo alumnos/as que si melloraron favorablemente e

outros que, por actitude, non tanto.

TEMPORALIZACIÓN DO PROA

O devandito programa levouse a cabo entre os meses de febreiro e xuño.

Consideramos que o inicio do programa foi moi tardío o que afectou aos tempos

para acadar todos os obxectivos que se formularon a nivel individual con cada

alumno/a.

INDICADORES ESPECÍFICOS DO PROA

Pódese dicir que houbo unha asistencia continuada por parte de todo o

alumnado, salvo un neno que tivo moitas faltas de asistencia no último mes e

medio.

DIFICULTADES ATOPADAS

O número de alumnos/as e as distintas idades dificulta a realización de tarefas

nas que intervén todo o grupo, traballar en grupos máis reducidos posibilitaría

unha atención máis individualizada.

PROPOSTAS DE MELLORA

Iniciar o programa con anterioridade.

A coordinadora do Contrato - Programa

Beatriz Prieto Álvarez

Page 174: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

174

6.19.- MEMORIA DE RELIXIÓN

PROXECTOS DESENVOLVIDOS AO LONGO DO CURSO E OBSERVACIÓNS

SOBRE O SEU FUNCIONAMENTO, ORGANIZACIÓN, DESEÑO,

PLANIFICACIÓN E AVALIACIÓN.

Na etapa de infantíl, estes foron os proxectos por trimestre:

1º - Proxecto axudar. Partindo da comprensión da lectura do conto “El elefante

Bernardo”, amosaron unha actitude de axuda e colaboración cara a os amigos e

amigas e recoñeceron a alegría que produce axudar aos demais.

- Proxecto O Nadal. Recoñeceron que o máis importante do Nadal e

celebrar o nacemento de Xesús.

2º - Proxecto a paz. Coñeceron ca lectura e despois ca versión dixital, do conto

“Por cuatro esquinitas de nada”, o respecto aos demais e á diversidade; que todos

somos diferentes e, non por iso, uns mellores ca outros.

- Proxecto A Semana Santa. Descubriron a Xesús como un amigo que nos

quere e nos axuda (expresándoo tamén mediante a canción) e, coñeceron a cruz

como símbolo dos amigos de Xesús.

3º - Proxecto de compartir. Mostraron interese por facer e compartir actividades

con outros nenos e nenas; recoñeceron a María como nai de Xesús e dos

cristiáns. Por último, identificaron a igrexa como a casa onde nos reunimos os

amigos de Xesús.

Proxectos de primaria por trimestre:

1º- Proxecto a Creación de Deus (1º e 2º). Recordaron os elementos da creación

(algúns a través da papiroflexia), o seu coidado e a relación do ser humano con

Deus.

- Proxecto os patriarcas (1º e 2º). Saber qué é un patriarca e recoñecer

algún nome ( Abrahám, Moisés,...).

- Proxecto o pecado (3º e 4º). Coñecer a existencia do pecado na

antigüedade e na actualidade. Recoñecer o camiño da felicidade.

Page 175: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

175

- Proxecto as relixións da angüedade (5º e 6º). Coñecer a relixión de

Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma.

- Proxecto O Nadal. Recordar o que celebramos no Nadal e aprender

panxoliñas.

2º - Proxecto da paz. Fixeron unha reflexión sobre os libros ¨Por cuatro esquinitas

de nada¨ (1º e 2º de primaria) e “Wonder, todos somos únicos” (3º, 4º, 5º e 6º) e,

analizaron os sentimentos de “cuadradito” e “Wonder”.

- Proxecto a familia (1º e 2º). Aprenderon que Xesús pertencía a unha

familia, igual que eles forman parte da súa.

- Proxecto Xesús e as parábolas (3º e 4º). Coñeceron algunha parábola de

Xesús, quenes eran os seus amigos, ...

- Proxecto O pais de Xesús (5º e 6º). Descubriron a súa localización, como

se chamaba en tempos de Xesús e na actualidade, como vivían naquela

época, que relixión practicaban,...

- Proxecto A Semana Santa. Recordaron o que celebramos na semana

santa.

3º - Proxecto a igrexa (1º e 2º). Recordaron como é unha igrexa por fora e como

recoñecela, e tamén saber, que ten dentro.

- Proxecto o camiño de Santiago (3º, 4º, 5º e 6º). Coñecer a orixe do

camiño, a importancia do apóstolo Santiago, os distintos camiños (ca

variante espiritual) que levan a Santiago, símbolos, o peregrino,...

Traballar por proxectos, sin utilizar libros de texto, obriga a levar as sesións máis

planificadas. Todos os alumnos de primaria traballaron con fichas adaptadas para

a súa idade segundo os obxectivos que se querían conquerir.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

Material humano:

No grupo “C” de infantil, a área de relixión, estivo apoiada pola profesora Cristina

Louzao.

Material tecnolóxico:

Page 176: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

176

Tabletas (para a procura de información,...), ordenadores (para ver videos sobre

temas que se trataron,...), cañóns, impresora.

Material funxible:

Fotocopias, cartolinas, pintura de dedos, goma eva, plastilina, etc.

Material de reciclaxe:

Caixa de cartón, xornais antigos,...

Material didáctico:

1. Elaborado pola mestra de relixión e polos alumnos, películas (Moisés,...),

videos musicais (parábolas,...), cancións (panxoliñas), libros da biblioteca

do centro.

METODOLOXÍA EMPREGADA

Constitúe un tempo de aprendizaxe vivido: a música, a arte, a segunda

lingua estranxeira, os valores sociais e cívicos, a relixión católica, o teatro… deben

ser aprendidos dende unha perspectiva moito máis práctica. Para iso, o

profesorado especialista organizará sesións didácticas nas que o alumnado teña a

oportunidade de sentir, vivir e emocionarse coas aprendizaxes.

Impartirase en espazos determinados e específicos que posibilitarán un

traballo manipulativo, directo, eminentemente práctico e moi conectado coas

vivencias do propio alumnado. Así, os contidos curriculares referidos á música, ó

inglés, aos valores sociais e cívicos, á relixión, aos obradoiros científicos,

matemáticos, lingüísticos e artísticos serán tratados dende unha vertente moito

máis real e significativa: bailes, cancións, ritmos e melodías, dramatizacións,

obradoiros en inglés, proxectos didácticos coordinados entre o profesorado… son

exemplos nos que desenvolvemos determinados contidos destes niveis e das

áreas de coñecemento.

En Educación Primaria a tipoloxía de actividades son xa máis específicas e

cun maior grado de dificultade e estarán centradas en retos e plans de traballo ou

proxectos nos que se desenvolva o currículo das especialidades de: música, EF,

Page 177: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

177

inglés, relixión e outros contidos que poden ser ensinados e aprendidos en

obradoiros: marquetería, traballo con barro, sesións de ganmificación,

aprendizaxes vivenciais en situacións reais ou simuladas (supermercado, rueiros,

mapas)…etc

AVALIACIÓN

RESPECTO DO GRUPO / GRUPOS

Destacar as dificultades que se atoparon en moitas ocasións no grupo de

Viñananos C para un desenvolvemento normal da clase xa que, resultou moi difícil

conseguir a súa atención para a realización das diferentes actividades. Os grupos

tiveron unha progresión importante ao longo do curso. O aprendizaxe grupal

axuda a que o ritmo da clase sexa un pouco máis homoxéneo á hora de traballar e

rematar as tarefas. Os alumnos implicáronse na maioría das actividades

acadándose os obxectivos establecidos.

CASOS PARTICULARES A SINALAR

- En infantíl, había varios nenos e nenas a os que lles costaba centrar a

atención.

- En primaria, había alumnos a os que lles resultou difícil seguir o ritmo da

clase polo que o traballo grupal favoreceulles. Tamén houbo que resolver

algúns conflictos nas relacións interpersonais entre alumnos que foron

mellorando a medida que avanzaba o curso .

DOS RESULTADOS DO ALUMNADO

Na área de Relixión Católica, o currículo, foi desenvolvido na sua totalidade e

todos os alumnos e alumnas lograron a consecución dos obxectivos.

Page 178: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

178

DA COORDINACIÓN DOCENTE

Realizouse unha coordinación mensual por ciclo entre titores e especialistas,

sendo moi positiva para o intercambio de opinións e levar un bo seguimento do

alumnado.

DA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Nesta área, non houbo ningún alumno/a coa necesidade de establecer medidas

de atención á diversidade.

DA METODOLOXÍA EMPREGADA

Mellorou con repecto ao curso anterior xa que, os alumnos e alumnas tiveron

unha función mais autónoma con actividades que tamén espertaron a súa

creatividade.

AVALIAR O MODO DE AVALIACIÓN AO ALUMNADO

Informouse a os alumnos, a o comezo do curso e durante o mesmo, dos

criterios de cualificación que se ían ter en conta para avaliar e, fíxose un

seguimento continuo en cada sesión recollendo datos do alumnado.

AVALIARSE A SÍ MESMO EN CANTO Á AVALIACIÓN DOCENTE.

Procurarase corrixir e mellorar algúns aspectos de cara ao vindeiro curso.

AVALIAR O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.

Dende a área de Relixión e seguindo co proxecto educativo de centro,

demostrouse que o alumnado sigue mellorando e espertando unha serie de

“sentimentos” coa aprendizaxe.

QUE FALTOU PARA MELLORAR O PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE

- Facer un esforzo por coordinar as saídas para que a mestra de relixión

poida acompañar a os alumnos cando se trata de ver “in situ” algo

traballado na clase de relixión e coordinado con outras áreas.

- Intentar coordinar as asignaturas de valores e relixión católica en temas

puntuales como por exemplo a paz.

Page 179: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

179

- Visión de actividades da área de Relixión Católica na páxina web do centro.

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

- Procurar unha maior motivación dalgúns alumnos e seguir concienciándoos

na importancia do esforzo para a consecución de obxectivos.

- Necesidade de información para poder colgar na páxina web do cole: fotos,

traballos, videos,…, das actividades feitas na clase de Relixión.

- Visión e presenza das actividades da área de Relixión Católica.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

Necesidade de formacion no centro sobre o acoso escolar ou a resolución

de conflictos, temas fundamentais para unha boa convivencia no ámbito escolar e

social.

A especialista de Relixión Católica

Mª Josefa Mollinedo García

6.20.- MEMORIA DO PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN

LINGÜÍSTICA: “PEGADAS...”

Este proxecto que leva por nome “PEGADAS...” e que foi levado a cabo

durante este ano entre o alumnado do CEIP Viñagrande-Deiro e o CEE de

Vilagarcía de Arousa converteu ao alumnado de ambos centros en guías de

camiños virtuais.

Realizamos un roteiro da Casa Museo de Valle Inclán en realidade virtual

coa utilización de fotografías 360º e realidade aumentada. Toda a información que

aparece neste roteiro está en galego, deste xeito, quixemos garantir, que o

alumnado recoñeza o valor da nosa lingua e como esta ten un uso actual,

Page 180: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

180

moderno e tecnolóxico. Tamén achegamos a información en linguaxe de signos,

dando así un pasiño máis de cara a accesibilidade e a integración e normalización

das persoas con diversidade funcional.

Os diferentes medios que se utilizaron para a realización destes produtos

son do máis actual, e a posibilidade que estes medios foran empregados polo

alumnado tivo un compoñente motivacional a destacar.

Todas as actividades que se propuxeron neste proxecto conseguiron que o

alumnado gozase ao realizalas e outras veces é a saída que teñen ao exterior o

que fai que medre no alumnado o interese e a motivación. Con estas actividades

garantimos unha plena inmersión en galego na realización das actividades, na

planificación para darlle saída e na mesma saída, e todo isto cunha motivación

extra pola utilización de dispositivos móbiles, cámaras 360º,.... A utilización dos

dispositivos móbiles facilitounos a posibilidade de utilizar diferentes apps

relacionadas coa gravación, edición,... Deste xeito, tamén estamos garantindo

unha educación dixital non soamente ao alumnado senón tamén a comunidade

educativa que participa e é coñecedora deste proxecto.

Os obxectivos que se traballaron como resposta ás necesidades detectadas

foron os seguintes:

● Fomentar o uso da lingua galega como lingua oficial do centro tanto oral

como escrita, na realización das tarefas e na saída destas ao exterior.

● Garantir a presenza do galego coas novas tecnoloxías.

● Propiciar a aprendizaxe e goce coa realización de actividades con estes

medios tecnolóxicos empregando como lingua vehicular o idioma galego.

● Facer accesible a nosa cultura e contorna ás persoas con diversidade

funcional.

O alumnado, mesturados en idades distintas, desenvolveu a súa

aprendizaxe atendendo á seguinte estratexia metodolóxica, a aprendizaxe

baseada en servizos (ABS). Esta aprendizaxe facilitou enormemente a

consecución dos obxectivos que nos marcamos co noso alumnado: son

motivadores, integradores, axudan a socializar, son significativos, parten dos

Page 181: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

181

intereses do alumnado e posibilitan un ensino globalizado dos contidos escolares

e unha aprendizaxe integral.

Todo o alumnado contou cun espazo nos centros para realizar este

proxecto, cos recursos necesarios para desenvolvelo, unha tea para gravación en

croma, dispositivos móbiles, micrófonos de ambiente, luces de estudo e un

ordenador cun programa de edición.

Á realización das diferentes actividades temos que engadirlle todas aquelas

que se realizan con anterioridade nas aulas e que son o xerme do produto final.

Este proxecto realizouse durante o curso 2017-18 ca posibilidade de darlle

continuidade no tempo. Realizamos reunións quincenais para compartir

información do proxecto e de todos os cambios, melloras,... que foron xurdindo

entre os dous centros.

Dende o CEIP Viñagrande-Deiro e o CEE de Vilagarcía de Arousa, estamos

convencidos dos beneficios para o alumnado tivo a creación deste espazo de

colaboración entre centros e de darlle continuidade a este proxecto e a futuras

iniciativas en común.

Para finalizar mencionar e agradecer a todo o alumnado que participou

neste proxecto, alumnado de diferentes etapas educativas, infantil, primaria e

alumnado pertencente á etapa de transición á vida adulta a súa implicación e as

gañas por facer un fermoso proxecto que amosamos a continuación.

https://www.thinglink.com/video/1018249040455794690

“PEGADAS...”

Page 182: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

182

O coordinador

Sergio Rosales López

6.21.- MEMORIA DO PFPP: INTEGRACIÓN CURRICULAR DA ROBÓTICA E A

PROGRAMACIÓN

CARACTERÍSTICAS DO CONTEXTO NO QUE SE DESENVOLVEU O

PROXECTO

O proxecto estivo orientado á etapa de Educación Primaria. No primeiro

ciclo a aprendizaxe baseada en proxectos e no segundo e terceiro ciclo ao

contexto matemático cos diferentes retos que se plantexan. Tamén tivo cabida na

parte específica deste segundo e tercer ciclo na área das matemáticas.

XUSTIFICACIÓN DAS VARIACIÓNS INTRODUCIDAS CON RESPECTO AO

PROXECTO INICIAL

A variación máis destacada é a implementación no primeiro ciclo de

Educación Primaria así como nas diferentes titorías de 3º, 4º, 5º e 6º na área de

matemáticas.

OBXECTIVOS ACADADOS

Planificar, deseñar desenvolver e avaliar accións formativas de aula no

marco da integración curricular da robótica, a programación e a perspectiva

maker.

Planificar, deseñar desenvolver e avaliar accións formativas de aula no

marco de materias de libre configuración de centro en 4º ou 6º de EP.

Integrar accións educativas extraescolares e complementarias STEAM no

proxecto educativo do centro.

Page 183: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

183

PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES

Solución de problemas e pensamento baseado no deseño.

Creatividade e perspectiva maker na Educación Primaria.

METODOLOXÍA

A metodoloxía que se emprega é a aprendizaxe colaborativa dentro de

diferentes retos que se plantexan, estos retos crean situacións de aprendizaxe

diversas nas que non soamente se fai referencia á robótica, senón ten cabida o

deseño 3D, creatividade,...

ORGANIZACIÓN DE RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

Os recursos materiais están localizados no contexto matemático por ser

este un lugar onde se sitúan todos os materiais tecnolóxicos pero estes son de

fácil acceso para o resto do alumnado. Dende este lugar o alumnado accede a

eles así como os diferentes titores.

Si falamos dos recursos humanos, temos que mencionar a gran cantidade

de apoios que se realizan nos diferentes cursos e contextos polo que

continuamente temos mestres e mestras formados e formadas en robótica polos

diferentes espazos polo que a incorporación desta faise dunha maneira moito máis

fácil.

TEMPORALIZACIÓN

A temporalización no contexto matemático é evidente e nos diferentes

proxectos que se desenvolven neste contexto a robótica está presente en algún

dos recantos que se crean.

O alumnado vai pasando por este recanto en grupos de catro e ao longo

dos seis días que dura o proxecto sempre hai alumnado traballando robótica.

Page 184: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

184

Neste último proxecto realizado tres dos catro recantos estaban adicados á

robótica.

No que fai referencia ao primeiro ciclo esta non está presente dunha

maneira tan continuada e si nalgún proxecto que outro.

PROCESOS E CRITERIOS PARA A AVALIACIÓN DO PROXECTO

O proxecto avalíase coa incidencia do mesmo nas diferentes aulas,

especialmente no contexto matemático.

A día de hoxe podemos constatar que un dos criterios que facía referencia

ao uso da robótica neste contexto vese ampliamente superado polas expectativas

que tiñamos de principio.

Outros dos criterios que facían referencia ao traballo de diferentes contidos

coa robótica ou a motivación do alumnado con esta nova ferramenta tamén

acadan un resultados mellor do esperado.

CONCLUSIÓNS: LOGROS E INCIDENCIA NO CENTRO

Como conclusión máis destacada é a normal convivencia da robótica na

aula como unha ferramenta máis. Ferramenta destacada polo uso que se fai da

mesma e o gran número de posibilidades que nos ofrece.

O coordinador

Sergio Rosales lópez

Page 185: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

185

6.22.- MEMORIA OBSERVA_ACCIÓN

INTRODUCCIÓN

A necesidade de madurar e enraizar o iniciado, a necesidade de continuar

formándonos, a necesidade de avaliar as estruturas que se están desenvolvendo

no noso centro, a necesidade de observar e vivenciar en primeira persoa outras

maneiras de traballar no ensino infantil e primario levounos a participar desta

interesantes convocatoria.

Coñecedores de que o profesorado do século XXI debe estar nun constante

proceso de formación e transformación continuada, dende o CEIP de Viñagrande

Deiro quixemos formar parte desta convocatoria para continuar co noso proceso

de cambio innovador achegándonos a outras realidades observando (e

analizando) e se é preciso introducir modificacións en determinadas iniciativas no

noso centro que será necesario analizar con profundidade e profesionalidade.

Foi para nós unha oportunidade que non quixemos desaproveitar xa que, ao igual

que nos definimos como “en continuado estado de cambio”, somos conscientes

que só se pode crecer profesionalmente entrando en realidades diferentes,

valorándoas, aprendendo delas e levándoas, con moderación e calma, á nosa

realidade propia.

A liña escollida polo noso centro neste programa de innovación educativa

Observa_Acción é Innova_Acción: Competencias, formación e innovación e

educador e guía, novas propostas didácticas, metodolóxicas e de avaliación.

De todas as liñas ofertadas cremos que é esta a que máis necesitamos.

Sabedores de que os centros educativos deben estar en continua actualización,

debemos dar resposta ás novas demandas sociais e iso só seremos capaces de

facelo se iniciamos procesos de observación, reflexión e acción.

A toma de decisións para o establecemento de cambios metodolóxicos, na

avaliación, na función docente e na organización e funcionamento do centro só

serán posibles despois dun proceso de estudo amplo, serio e responsable.

Page 186: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

186

LOGRO DOS OBXECTIVOS

Obxectivos para a modalidade de equipos directivos

- Observar en directo o papel do alumnado na súa aprendizaxe no interior das

aulas.

- Analizar a acción educativa no interior das aulas

- Contrastar con outros centros a aposta que se está facendo

- Cuantificar a avaliación das propostas

- Modular a acción docente

- Reconfigurar o proxecto

- Apostar por novas propostas

Dalgún xeito podemos dicir que os obxectivos citados anteriormente

relativos á modalidade de equipos directivos cumpríronse, inda que debemos

matizar que en diferentes graos.

Puidemos observar no interior das aulas, dos colexios que visitamos, tanto

o papel do alumnado como o do profesorado. Puntualizando que nun só día, a

observación é moi reducida limitándose a unha experiencia puntual.

Si houbo a posibilidades de reflexionar xunto cos membros do claustro dos

centro observados, sobre o conveniente de apostar por unha reforma profunda da

educación e as liñas fundamentais que deberiamos seguir.

Por outro lado, comentar que non é fácil cuantificar a avaliación das

propostas obtendo datos obxectivos.

A observación directa doutras realidades sempre invita á reflexión e a toma

de decisións, co fin de introducir novas propostas ou polo menos variar as xa

existentes.

Obxectivos para a modalidade docente.

- Perfeccionar a labor docente no marco do proxecto educativo a desenvolver

- Reflexionar sobre o que é digno aprender

- Repensar a capacitación profesional docente

- Valorar o cumprimento do que o proxecto defende.

Page 187: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

187

- Ver outras maneiras de actuar e traballar no interior das aulas.

Na mesma liña que o comentado no apartado anterior a consecución dos

obxectivos é positiva, inda que uns obxectivos foron máis exitosos que outros.

Esperamos que o observado nos outros centros nos axude a perfeccionar a

nosa labor docente. Aspecto que iremos observando fundamentalmente ao longo

do vindeiro curso.

Si é unha realidade actual que o noso claustro está reflexionando

profundamente sobre que é o que realmente debe aprender o noso alumnado e

que capacidades deben desenvolver ao longo da súa escolaridade, co fin de ser

quen de adaptarse ás realidades que se lle presenten.

Ver en directo outro xeito de facer sempre fai que “repenses” a túa propia

labor como docente. Sendo consciente da realidade do teu propio espazo

educativo, das túas propias capacidades e limitacións buscando realizar os

cambios oportunos que te guíen para seguir avanzando como docente.

Sen dúbida un obxectivo que si se conseguiu foi ver outras maneiras de actuar e

traballar no interior das aulas doutros centros.

XERACIÓN DE LAZOS DE CONTINUIDADE ENTRE CENTROS

É evidente que un dos maiores enriquecementos da participación neste

proxecto é a rede que estamos construíndo entre os centros.

A estreita relación existente, e reforzada a partires da participación en

Observa Acción, permitiu afondar moito no desenvolvemento dos Proxecto

Educativos de cada centro. A día de hoxe estamos compartindo moitas das

iniciativas que se están desenvolvendo nos outros centros, compartimos

comunicación directas, experiencias didácticas e pedagóxicas, visitas a

centros…etc.

Foi e seguirá sendo un verdadeiro enriquecemento profesional e persoal

para todos nós.

Page 188: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

188

PROPOSTAS DE MELLORA

En canto á guía de observación en aula comentar que ter unha guía sempre

fai que te orientes en puntos en concreto que observar, pero o certo é que

consideramos que cada quen se centra en observar o que máis lle interesa o máis

salientable. Polo que a guía realmente serve para completar o trámite burocrático.

Por outro lado, cabe resaltar que a guía está orientada á observación das titorías

sen ter en conta as diferentes especialidades.

CONCLUSIÓN

Estamos moi interesados en consolidar e fomentar a formación do

profesorado a través da observación dos nosos iguais, por considerala a

formación máis efectiva e máis próxima á realidade dos procesos de ensino-

aprendizaxe, ben sexa a través dos PFPP ou doutros modos de formación.

Somos conscientes de que o noso centro está nun proceso de cambio profundo

cun PE específico grazas a este tipo de formación e a que outros centros nos

abriron as súas portas cando o solicitamos e o consideramos de interese.

A coordinadora

María Castro Nine

Page 189: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

189

6.22.- MEMORIA FARO DA ESCOLA

INTRODUCCIÓN

Faro da Escola é o proxecto editorial de Faro de Vigo que pretende achegar a

prensa e os xornais aos centros educativos. A importancia da información e a

maneira de facer xornalismo en diferentes soportes, son os eixos vertebradores

deste proxecto educativo.

Faro de Vigo, como periódico local que é, trata desta forma de fortalecer o

vínculo entre prensa de proximidade e educación, e para iso propón aos centros

educativos a realización dun xornal.

Esta III edición dirixiuse de novo aos alumnos de Educación Primaria dos

colexios das cidades de Vigo e Redondela e por primeira vez de Pontevedra. A

maiores destas habilitáronse 8 prazas para centros do resto da provincia de

Pontevedra que é onde ten cabida a nosa participación deste curso. O

desenvolvemento do mesmo realizouse entre os meses de outubro de 2017 e

maio de 2018.

MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO

Para participar neste proxecto foi necesario contar cos seguintes materiais:

- Ordenadores

- Tablets

- Cámara de fotos

- Impresora

Ademais deste material tecnolóxico o alumnado tamén tivo que botar man de

material funxible de uso diario: cadernos, lápis, goma, bolígrafo…etc.

Por último, todo o alumnado de 3º a 6º participou activamente na elaboración de

noticias en base a un modelo de plan de traballo específico para a creación do

xornal escolar “A xanela de Viñagrande” que foi a base do xornal entregado para o

proxecto de Faro da Escola.

Page 190: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

190

METODOLOXÍA EMPREGADA

Dous alumnos de 3º, 4º, 5º e

6º desenvolveron os martes e os

xoves o traballo nos medios de

comunicación do centro. Neles está

o espazo dedidado á prensa escolar

onde o alumnado tiña que seguir un

plan de traballo deteminado e que a

continuación se detalla:

Todas as actividades teñen un

paraqué en sí mesmas, unhas veces

é gozar ao realizalas, e outras veces

na saída que teñen cara ao exterior

a través dos medios de

comunicación: radio, prensa, televisión, internet, exposicións, presentacións,

representacións, debates, etc. Á vez que lle dan sentido e funcionalidade ás

actividades, os medios de comunicación fan que medre o interese e a motivación.

O tipo de saída que teñan as actividades

determinará a planificación, a responsabilidade

do alumnado e o uso de recursos. Contamos

cun espazo no centro no que colocamos os

recursos necesarios para desenvolver nel

programas de radio, televisión, elaboración da

prensa escrita e confección e edición dun

caderno de bitácora online. Este espazo ten un

grupo asignado cada dous días e conta cuns

mestres que diariamente pasa a xornada lectiva

nese espazo.

Page 191: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

191

Para a elaboración do xornal que se presentou ao proxecto Faro da Escola

seleccionáronse as novas elaboradas polo alumnado ao longo do curso e

categorizáronse en función das seccións creadas no xornal: infantil, primaria,

artística, móvete máis e mellor, literatura creativa, a nova científica, retos

matemáticos, para saber máis, festexando…etc.

O resultado final foi un xornal a través do cal se puideron ver as actividades

que se desenvolven no centro e as novas redactadas polo propio alumnado.

Para acceder, premer na imaxe anterior.

AVALIACIÓN

O traballo desenvolvido tivo os seus pros e contras:

- Segundo informacións do propio alumnado facíase moi aburrido traballar

sempre o mesmo plan de traballo (a noticia). O alumnado esixe que o

xornal teña diferentes seccións e que cada vez que lle toque ao alumnado

traballar no xornal escolar poidan facer diferentes seccións e non só a

redacción de noticias periodísticas.

- Por outra parte, tamén temos que considerar o bo resultado que tivo esta

proposta para a mellora da competencia lingüística no eido escritor. Sobre

todo ao alumnado máis novo que contou coa axuda de compañeiros/as

maiores que o axudaban a escribir moito mellor.

- Manifestamos como moi positivas as visitas que se achegaron ao cole por

mor da participación neste proxecto e cremos que é o elemento máis

enriquecedor.

- Dende a perspectiva docente cremos que a participación en Faro da Escola

só supuxo un extra de traballo para o profesorado á hora de maquetar ben

o xornal segundo as indicacións que se establecían na convocatoria.

Pensamos que non é necesario participar neste tipo de concursos xa que

actualmente xa contamos no noso centro coa infraestrutura necesaria para

abordar a creación de xornais escolares de calidade.

Page 192: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

192

PROPOSTAS DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO

Inda que non consideramos necesario a participación neste proxecto para o

vindeiro curso, si que pensamos nunha serie de propostas de mellora no referido

ao xornal escolar do centro A XANELA DE VIÑAGRANDE:

- Deseñar diferentes plans de traballo axustados ás diferentes seccións que

puidera ter o novo xornal escolar: entrevistas, pasatempos, xogos, seccións

específicas de cada nivel, etapa ou especialidade, curiosidades, deportes…

- Que os responsables da redacción do xornal conten con traballo

previamente para que eles o editen e maqueten no xornal escolar definitivo.

- Utilizar un procesador de textos que ofreza máis posibilidades que Canva.

O alumnado debe coñecer as innumerables ferramentas coas que contan

procesadores de texto como Word, Writer, Pages…

- Imprimir un xornal cada mes e repartir copias nas aulas para que o

alumnado poida levar á casa cada día. Así as familias poderían ler o xornal

do mes anterior cando lle toque ao seu fillo levalo para a casa.

- Que todos os niveis participen na elaboración do xornal escolar con páxinas

específicas mensuais que, unha vez maquetadas, serán entregadas aos

responsables para que as coloquen no xornal a imprimir.

- Nomear un mestre/a responsable do xornal escolar que tería as funcións de

realizar o seguimento, corrixir, organizar as quendas, imprimir, conseguir a

participación de todos os niveis, aportar ideas…etc.

- Deseñar páxinas do xornal nas que as familias tamén puideran participar.

NECESIDADES FORMATIVAS DETECTADAS

Será necesario formar a todo o profesorado nas novas seccións do xornal e

tamén na maneira que dende as titorías se pode participar na elaboración do

xornal escolar mensual.

Page 193: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

193

Se conseguimos ter isto claro poderiamos conseguir un xornal escolar moito máis

elaborado e no que participe toda a comunidade educativa do centro.

O coordinador do proxecto Faro da Escola

Javier García García

6.23.- MEMORIA CRE.AP.CION 4.0

INTRODUCCIÓN

O que a continuación describimos é o relato do traballo desenvolvido no marco do

proxecto CRE.AP.CIÓN 4.0 no que estivemos traballando dende o CEIP de

Viñagrande Deiro (os responsables dos contextos de aprendizaxe lingüístico,

matemático, científico e humanístico), o CEP Santa Tegra (a través do titor do 3º

nivel de Educación Primaria), as mestras que actualmente desenvolven o seu

traballo na aula hospitalaria do Hospital Álvaro Cunqueiro e na Unidade de

Oncoloxía Pediátrica do citado centro sanitario e os responsable do propio

hospital.

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO

FASE INICIAL

Page 194: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

194

Dende o pasado 8 de xuño, día no que se resolveu o IV Concurso Proyecta

Innovación, o traballo desenvolvido polos responsables do proxecto CRE.AP.CIÓN

4.0 foi moi intenso:

- Unha vez rematado o curso tivemos varias xuntanzas cos responsables da

Unidade de Oncoloxía Pediátrica e o director de Procesos Asistenciais do

Hospital Álvaro Cunqueiro para determinar como podiamos executar o

proxecto que, naqueles momentos, tan só era un soño para todos nós.

Daquelas xuntanzas saíu a petición por parte do Hospital e dos docentes

responsables da execución do proxecto da elaboración dun primeiro

borrador do que podería chegar a ser o Proxecto Educativo do Hospital

Álvaro Cunqueiro.

A idea era determinar nese primeiro documento cales serian as

condicións que debera reunir a atención educativa de todo o alumnado (en

idade de escolarización obrigatoria) hospitalizado, fose cal fose a súa

doenza: oncoloxía, traumatoloxía, hospitalizacións breves...etc.

Así, e en función do tipo de alumnado a atender, considerouse

oportuno inserir naquel documento base unha serie de propostas que

habería de intentar acadar:

a) Conseguir duas mestras: unha para a aula hospitalaria e outra

para a aula onde se traballaría co alumnado da Unidade de

Oncoloxía Pediátrica (xa que non se poden mesturar por

condicións de saúde moi específicas).

b) Conseguir que o alumnado da Unidade de Oncoloxía Pediátrica

tivese a oportunidade de contar cunha aula específica para eles

con espazos ben definidos (matemático, lingüístico, científico, dos

medios de comunicación e humanístico) onde poder realizar,

cando as condicións de saúde o permitiran, os plans de traballo

que compartiriamos con eles dende os dous centros

c) Deseñar propostas de intervención máis activas para este

alumnado onde tivesen a oportunidade de sentir que outros nenos

Page 195: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

195

doutros centros querían compartir vivencias e experiencias

didácticas e non didácticas con eles.

O documento foi presentado ante os responsables do Hospital que fixeron o

traslado do mesmo á administración educativa para que puideran contar cunha

mestra a tempo completo para a Unidade de Oncoloxía Pediátrica e así garantir,

por primeira vez na historia da sanidade galega, que este alumnado puidera ter

unha mestra que os axudara a realizar proxectos compartidos con outros nenos e

nenas.

Grazas, polo tanto, a este proxecto, o hospital e o alumnado hospitalizado

conta con dúas mestras.

Unha vez acadado este obxectivo principal, foi momento para trasladar á

adminstración educativa a proposta que estabamos deseñando para a mellor

atención educativa ao alumnado hospitalizado. Daquela, a inicios de curso, fomos

chamados para acudir a unha xuntanza cos Conselleiros de Educación e

Sanidade, a inspección educativa e responsables do Hospital Álvaro Cunqueiro

para comentar dun xeito máis pormenorizado as actuacións a desenvolver no

marco do proxecto.

Daquela xuntanza saiu o compromiso das mestras, do hospital e dos

responsables da administración educativa a apoiar e desenvolver o proxecto

CRE.AP.CIÓN 4.0 durante este ano e continuar, en vindeiros cursos se se

estimara positivo, o Proxecto Educativo presentado e que contiña outras

realidades máis amplas: metodoloxía, espazos da aula na Unidade de Oncoloxía

Pediátrica, avaliación, materiais funxibles, didácticos e tecnolóxicos, recursos

humanos..etc.

RECURSOS E MATERIAIS EMPREGADOS

Con respecto aos recursos, o hospital Álvaro Cunqueiro apoiou fortemente

polo uso da tecnoloxía tal e como nós nos propoñiamos e decidiu investir neste

apartado fortemente para contar dende xa con unha loxística tecnolóxica moi

importante (tabletas, robótica, materiais de RV, aplicacións de alto potencial

Page 196: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

196

educativo para utilizar co alumnado...) que, cremos, non existe en ningún sitio a

nivel de calidade e tratamento metodolóxico.

Nas aulas dos dous centros tamén contamos con numeroso e variado material

didáctico, funxible e tecnolóxico aportado polo propio centro, conseguido grazas a

aportación económica do concurso e cedido polo propio hospital para iniciar o que

puidera ser un proxecto de gran envergadura.

A continuación especifícanse os materiais e recursos empregados no CEIP de

Viñagrande Deiro:

Ao longo deste curso no Contexto Lingüístico, e tamén no marco do

proxecto CRE.AP.CION 4.0, empregamos os seguintes recursos:

e) Humanos: Contamos co apoio da mestra de PT e de varios mestres que se

achegaban a axudar en determinadas actividades que se desenvolven no

contexto.

f) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os proxectos

desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas, ordenadores,

portátiles, variadas apps e software informáticos para a edición de textos,

audios, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo, a radio escolar, a

impresora...

g) Funxibles: A integración das TIC estivo aparelladas ao uso de recursos

funxibles básicos e usados en toda escola: cadernos, cartolinas,

plastificadores, rotuladores, folios, lápices de cores, bolígrafos, goma,

pegamento, tesoiras...etc.

h) Bibliográficos: Ao seu un contexto no que a literatura e a palabra escrita

está tan presente, tivemos que botar man de numerosos recursos

bibliográficos de diferentes tipos:

- Variados tipos de cómics

- Series de literatura infantil: Bolechas, Gerónimo Stilton, Kika, Os

megatoxos...

- Obras teatrais breves.

- Libros variados de poesía galega e castelá, poesía visual, obxectual...

- Contos clásicos da literatura galega máis contemporánea.

Page 197: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

197

- Obras e biografías de Valle Inclán.

- Revistas de pasatempos lingüísticos.

- Xornais, revistas...

- Páxinas web para o acceso e tratamento da información.

Ao longo deste curso no Contexto Humanístico, e tamén no marco do

proxecto CRE.AP.CION 4.0, empregamos os seguintes recursos:

Ao longo deste curso no Contexto Humanístico empregamos os seguintes

recursos:

e) Humanos: Contamos con mestres de apoio durante algunhas sesións.

f) Tecnolóxicos: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os proxectos

desenvolvidos. Ferramentas tecnolóxicas como: tabletas, un ordenador,

diferentes aplicacións e programas informáticos para a edición de textos,

audio, imaxes e vídeos, cámaras de fotos e vídeo...

g) Funxibles: cadernos, folios, lapis de cores, bolígrafos, goma, pegamento,

tesoiras, cartolinas, plastilina, barro, témperas…

h) Bibliográficos: libros temáticos relacionados cos proxectos traballados,

libros de texto empregados como ferramenta de consulta, atlas, mapas,

fichas e plans de traballo...

Ao longo deste curso no Contexto Científico, e tamén no marco do

proxecto CRE.AP.CION 4.0, empregamos os seguintes recursos que

se encontran nos diferentes recantos nos cal a aula está estruturada:

Organización do material didáctico de cada recanto:

Tics: Ordenador de aula e portátil. Catro tabletas Samsung e dúas iPads

Laboratorio: Dous microscopios (un sen luz) e os seus materiais. Obxectos

habituais de un laboratorio: guantes, lupas, pinzas, etc. Líquidos de experimentos.

Pesas. Obxectos específicos para cada proxecto.

Museo: Todo tipo de material funxibles. Goma Eva, cartolinas. E materiais

concretos para cada proxectos.

Page 198: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

198

Biblioteca: Libro xerais de ciencia naturais, para recanto libros relacionados co

tema da biblioteca do centro.

Organización dos apoios:

Presencia da PT en vinhagrandes B ó logo de todos os proxectos. E apoio en

vinhamedios B a maioría dos días. Houbo proxectos onde foi precisa a súa axuda

continua con un terminado grupo por necesitades do alumnado e noutros

axudaban todo o proxecto no recanto de biblioteca pola complexidade da

actividade.

As características do Contexto Matemático, e tamén no marco do

proxecto CRE.AP.CION 4.0, fai que sexa necesario contar con diverso

material que foi empregado nos diferentes recantos.

As características do contexto matemático fai que sexa necesario contar con

diverso material que foi empregado nos diferentes recantos.

No momento de programar os diferentes retos tivemos en conta o material que

dispoñemos no centro para garantir o seu desenvolvemento, outro material tivo

que ser comprado pola ausencia do mesmo.

Neste sentido unha posible clasificación sería:

- Material de debuxo: regras, escuadras, cartabóns, compases,

transportadores, escalímetros,...

- Material manipulable: pesas, metros, figuras xeométricas, corpos

xeométricos, fraccións, reloxos, termómetros, calculadoras, reloxo, diñeiro,

regretas, material de base 10, probetas,...

- Material de creación: cartolinas, xeoplanos, bloques lóxicos, policubos,

bloques xeométricos,...

- Material tecnolóxico: O uso da tecnoloxía estivo presente en todos os retos

desenvolvidos, ferramentas tecnolóxicas como tabletas, ordenadores,

portátiles, variadas apps e software informáticos, robots, impresora 3D,

gafas vr, móbiles,...

Page 199: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

199

- Materiais ou recursos que ofrece o medio escolar e a contorna socio-natural

na que vive o alumnado.

Este material axudou a desenvolver os diferentes retos que se establecían nos

recantos do contexto matemático.

FORMACIÓN ÁS MESTRAS DA AULA HOSPITALARIA.

Para conseguir que o proxecto CRE.AP.CIÓN 4.0 e o enfoque educativo

proposto (e que debería estar máis presente en todos os centros educativos)

puidera comezar con bo pé, decidimos iniciar unha forte aposta formativa.

Participamos en varias sesións de formación e inspiración coas mestras do

alumnado hospitalizado co obxectivo de decidir que tipo de plans de traballo

comezariamos a compartir e como o uso da tecnoloxía ía facilitar que o alumnado

puidese desenvolver proxectos específicos cos que axudar na formación integral

dos seus iguais.

ACTIVIDADES COMPARTIDAS ENTRE O ALUMNADO.

Así, a finais de outubro decidimos iniciamos iniciar o traballo co alumnado.

Algunha das actividades xa compartidas poderedes velas nos seguintes enlaces:

TITORIAIS MATEMÁTICOS:

Enviamos titoriais ao alumnado hospitalizado co obxectivo de que

coñeceran o contido e que nun futuro puideran realizarse titoriais deste tipo

conxuntamente.

https://www.youtube.com/playlist?list=PLsklGKr0W9e-A8_316Ac3OeqWfX3_2gz2

COÑECENDO A VALLE INCLÁN DUN XEITO VIRTUAL:

Este é o resultado final do proxecto "O esperpento virtual de Valle Inclán"

no que mostramos, dun xeito diferente, como era, vivía e escribía este polifácético

e particular escritor da nosa Vilanova de Arousa.

Page 200: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

200

Este producto foi remitido ao hospital para que o alumnado hospitalizado tivera a

oportunidade de percorrer a Casa Museo Valle Inclán a través dunhas gafas de

RV.

Meses despois continuamos compartindo actividades co alumnado

hospitalizado e eles, na medida das súas posibilidades tamén comezaron a

compartir as súas connosco:

Presentacións persoais dos nenos e nenas para coñecernos mellor.

Enviamos estes videos para que o profesorado e alumnado do hospital

Álvaro Cunqueiro puidera coñecernos mellor.

https://www.youtube.com/watch?v=cflQKRkzPEI&list=PLWBKljOhZn4JEfirygt9lOe

Z1S4T7jtjf

Imáxes interactivas e aumentadas.

Dende o Contexto Humanístico enviamos unha serie de imaxes aumentadas para

que o alumando do hospital accedera a determinados contidos relacionados coa

localidade na que vive o noso alumnado.

Page 201: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

201

Tamén dende o Contexto Lingüístico se enviaron unhas adiviñas

tecnolóxicas sobre o mundo das emocións para que o alumnado

hospitalizado puidera xogar e traballar ese mundo tan próximo a todos

como é a xestión emocional.

Page 202: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

202

OBXECTOS 3D E MAQUETAS CIENTÍFICAS (aparatao locomotor, a

célula, azúcar…).

Dende os contextos científico e matemático traballáronse a creación de

obxectos 3D para trasladar posteriormente ao alumnado hosptalizado para que

puidera traballar dun xeito máis manipulativo determinados contidos cucrriculares.

No seguinte enlace e fotografías pódense ver algúns dos traballos que se

presentaron e outros que inda están por enviarlles. Chuza na imaxe inferior para

acceder ao video no que se pode ver como o alumnado do noso centro ensina a

utilizar un programa para traballar coa impresora 3D.

Nas imaxes que seguen pódense ver maquetas realizadas no Contexto

Científico polo alumnado do noso centro. O aparato locomotor, as fontes de

enrxía, a pirámide dos alimentos, a célula e un traballo sobre a cantidade de

azucre que existe en determinados produtos alimenticios foron algunhas das

maquetas realizadas.

Page 203: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

203

Page 204: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

204

Retos de robótica

No contexto matemático o alumnado do noso centro mantivo

videoconferencias nos que axudaban ao alumnado hospitalizado a realizar retos

cunha linguaxe de programación para que os robots (Mbot e Robobo) realizasen

diferentes retos.

Page 205: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

205

Actividades de animación á lectura:

Este proxecto xorde no marco do proxecto CRE.AP.CIÓN 4.0 co que

pretendemos compartir determinados recursos educativos co alumnado da

Unidade de Oncoloxía Pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Este proxecto pretende achegar ao alumnado hospitalizado unha serie de

propostas que animen a divertirse coa lectura:

Videocontos da literatura infantil galega.

Ler e comentar libros a través da técnica de aprendizaxe cooperativa de

VIC: Lectura Compartida.

Creación de contos a partires de portadas descoñecidas para o alumnado.

Elaboración dunha carta para enviar ás familias onde informarlle dos nosos

dereitos lectores e algunha petición

Para acceder ao traballo compartido, chuzar na imaxe.

O coñecemento do alumnado, dos espazos e da maneira de traballar no CEIP

de Viñagrande Deiro

No IV Encontro Samsung Smart School o Ceip DE Viñagrande

Deiro colleitou un novo premio polo proxecto de modificación dos espacios

educativos no que levamos inmersos nos últimos tres anos: contextos e

minicontextos de aprendizaxe, estética agradable, mellora da biblioteca, medios

Page 206: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

206

de comunicación, novos corredores, novo proxecto de patio escolar, reforma de

espazos sanitarios...

Enviamos este traballo ao alumnado hospitalizado para que tiveran a

oportunidade de coñecer, visitar o centro e ver como se traballa nel a través

dunhas gafas de RV.

https://www.thinglink.com/video/1042449904032546817

Como percibides, o traballo desenvolvido foi moi intenso. Con altos e baixos

no camiño e coa idea de que pode ser este un proxecto que supoña o inicio dunha

nova maneira de atender, dende o punto de vista educativo, ao todo aquel

alumnado que se atope nunha situación de hospitalización leve e pasaxeira ou

máis grave e longa.

PRESENZA EN MEDIOS DE COMUNICACIÓN E ESPAZOS DE DIFUSIÓN

EDUCATIVOS EN INTERNET

Durante todo este curso foron un par de veces as que se publicou algún

artigo periodístico sobre o proxecto CRE.AP.CIÓN 4.0

Page 207: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

207

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/01/14/motivador-nexo-virtual-

coles/1819549.html

http://www.plataformaproyecta.org/es/blog/desarrollo-del-proyecto-cre-ap-cion-4-0

DIFICULTADES DURANTE O PROCESO

Dende a nosa perspectiva foron moitos os esforzos feitos e, a día de hoxe, non

sabemos o que puido fallar para conseguir maior colaboración dentro das aulas

hospitalarias. Algunhas reflexións que facemos son as seguintes:

- Necesidade dun perfil algo máis tecnolóxico no profesorado das aulas

hospitalarias.

- Non se abordou unha comunicación coas familias do alumnado da unidade

de oncoloxía e iso fixo, tal vez, provocou unha menor tensión por parte de

tódolos axentes implicados á hora de levar a cabo o proxecto.

- Necesidade de máis tempo para abordar o traballo que se propoñía na

proposta que fixemos e que incluía a creación dun espazo propio para o

alumnado de oncoloxía.

- Tardanza na adquisición e entrega do material do hospital (manifestamos o

gran esforzo económico que este realizou).

- A mestra que se conseguiu para a aula hospitalaria non exerceu de nexo

entre as aulas do CEIP Viñagrande-Deiro, do CEP Santa Tegra e a aula

hospitalaria do Álvaro Cunqueiro. Esta mestra, dedicouse a colaborar coa

mestra da aula hospitalaria atendendo só a unha parte do alumnado

(principalmente os de ESO e Bacharelato) e deixando de lado o proxecto

CRE.AP.CIÓN 4.0. polo que foi nomeada.

- Falta de maior dedicación dos mestres, por falta de tempo adicado ás

coordinacións entre os executores do proxecto.

Tamén atopamos un erro pola nosa conta. Entendemos que ao non ter

alumnado das nosas titorías hospitalizados, as mestras tiñan que atender as

demandas dos titores dos centros nos que o alumando estaba matriculado e, polo

Page 208: MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018...MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO 3 1. INTRODUCIÓN O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 17 profesores

MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2017-2018 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

208

tanto, a nosa proposta (no canto de ser prioritaria) converteuse en secundaria no

proceso de aprendizaxe do alumnado e de ensino do profesorado.

Entendemos que este proxecto é moi ambicioso e factible sempre e cando conte

cunha serie de características:

- Titor e mestra da aula hospitalaria teñen que crer nesta maneira de ensinar

e aprender.

- Contar cos medios materiais, temporais e espaciais adecuados.

- Organizar un Proxecto Documental Integrado entre centros e aulas

hospitalarias.

- Dedicación exclusiva do profesorado para este proxecto (como nun

principio contabamos nós).

O responsable do proxecto CRE.AP.CIÓN

Sergio Rosales López

7.- INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á

MEMORIA.

O Consello Escolar foi informado da Memoria do curso escolar 2017 - 2018

o venres día 29 de xuño de 2018.

O Claustro aprobou o contido da Memoria do curso escolar 2017-2018 o

venres día 29 de xuño de 2018.

En San Miguel de Deiro a 29 de xuño de 2018

Asdo. A xefa de Estudos Vº e prace. O director

María Castro Nine Javier García García