Upload
aula-ocupacional
View
227
Download
4
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Revista elaborada por los usuarios del Aula de NN.TT. de Fingoi Lugo
Citation preview
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Índice
O Artigo
Deportes
Recuncho Literario
O Noticiero
Carteleira
Enlaces de interese
Poesía
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI
3
5
11
12
14
15
15
4
10
11
13
14
15
15
Edita:
COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.
Consejo de Dirección:
Directora:
Rosa M. Pías Salgado
Coordinadora:
Purificación Salvador Rebolo
Maquetación:
Enrique Sanmartín
Redactores de sección:
Juan Antonio García
José Manuel Ramil
José Luis Vázquez
Luis Fernández Trinidad
Enrique Sanmartín
Ana Varela
Jose Rodiño
Roberto Camba
Manuel Paz
Francisco Gullón
Ricardo Lamazares
Nieves Gayoso
Antonio Fernández
Ana Cristina Piñeiro
Manuel Rosón
Óscar Vigo
Jose Luis López
José Carlos Vázquez
Luis Alberto García
Ramón Veiga
Miguel Regueiro
Arturo Fojón
Francisco J. Solana
Gustavo Latorre
Manuel Álvarez
José Manuel Ulla
Juan Antonio Jiménez
Ana Novo
María Teresa Guerra Delgado
Colaboración Externa:
José Ángel Vázquez
3 ARTÍGO
PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar-Secretaría Xeral de Política Social e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade
COGAMI iniciou en Pontevedra un curso de condutor no que se van formar doce persoas con discapacidade Durante o pasado mes de maio, nas aulas da Autoescola Ecovial ( Avenida de Vigo nº40, Pontevedra) iniciouse un curso de Condutor D+CAP para vehículos de máis de nove prazas que organiza a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e na que se van formar 12 persoas con discapacidade, 11 homes e 1 muller, procedentes dos concellos de Caldas, Cuntis, Cangas, Ribadumia, Pontevedra, Vigo, Salvaterra de Miño, O Rosal e Tomiño.
O curso, que ten unha duración de 130 horas teóricas e 10 de prácticas en autobús, está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).
De luns a venres, en horario de 16:00 a 21:15 horas, o alumnado terá que acudir a clases sobre condución racional no transporte de viaxeiros, regulamentación do transporte de viaxeiros e organización do mercado e seguridade do servizo de transporte de viaxeiros.
Todas as persoas que forman parte deste curso son usuarias do Servizo de Inrermediación Laboral de COGAMI de Pontevedra e Vigo. Proceden doutras profesións e decidiron apuntarse ao curso porque o ven como unha oportunidade de novas posibilidades laborais, como ser condutor de transporte de 065 ou de calquera empresa que oferten ofertas de emprego para o manexo de vehículos de transporte de persoas.
Para formar parte desta formación, COGAMI entrevistou previamente a todo o alumnado que tivo que pasar unha proceso de selección no que demostraron coñecementos xerais, o nivel de condución ademais de realizar unha entrevista persoal.
Rematan cursos de auxiliar de transporte e de actividades de venda que COGAMI ven de impartir en Mos (Pontevedra) e Boiro (A Coruña)Estes cursos estiveron financiados pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).
No curso de Auxiliar de Transporte que se desenvolveu nas instalacións que COGAMI ten en Mos (Hospital Psiquiátrico do Rebullón, avda. do Rebullón, Puxeiros), participaron 13 persoas (3 homes e 10 mulleres) que se formaron durante 80 horas en coñecementos relacionados coas habilidades sociais e comunicativas, pautas correctas nas mobilizacións e transferencias de persoas con mobilidade reducida, coñecementos básicos en primeiros auxilios e seguridade e utilización e manexo da documentación de control e incidencias. O alumnado pertencía aos concellos de Vigo, Pazos de Borbén, Salceda, Ponteareas, Tomiño, Porriño e Tui.
O curso de Introducción ás actividades de venda, de 230 horas impartiuse na Casa da Cultura de A Cachada, do concello de Boiro (A Coruña). Foron 13 homes con discapacidade os que se formaron. Ao rematar a formación tres destas persoas realizaron prácticas laborais durante 80 horas en empresas da Comarca do Barbanza. O alumnado deste curso procedía dos concellos de Boiro, Noia, Rianxo, Ribeira e A Pobra do Caramiñal.
Nieves Gayoso
Nieves Gayoso
4 ARTIGO
áis de cen persoas reúnironse Mno centro que ten COGAMI en Lugo para formar parte dun taller de teatro
O pasado 8 de maio, no centro de recursos de Fingoi que COGAMI ten en Lugo (rúa da
Luz, nº4), máis de cen persoas usuarias de entidades que forman parte da
Confederación Galega de Persoas con Discapacidade e que están inmersos nun
proxecto europeo con outras entidades análogas procedentes de Alemaña e Turquía,
pasaron unha xornada de lecer.
Denominado Creative Ways, este proxecto europeo consiste nun intercambio de boas
prácticas na educación de persoas adultas con discapacidade utilizando técnicas de
lecer, que neste caso foi a través do teatro, como medio para afondar no
desenvolvemento das persoas e no intercambio cultural.
Máis de cen persoas de entidades que forman parte de COGAMI procedentes de A
Coruña, Ferrol, Pontevedra, comarca do Deza e Lugo participaron nesta actividade coa
fin de mellorar a calidade e a dimensión europea da educación de persoas adultas.
Os integrantes europeos deste proxecto estiveron de visita en Lugo dende o martes día
6 de maio e, ademais de facer intercambios culturais entre os seus lugares de orixe con
COGAMI-Lugo, puideron facer visitas culturais guiadas polos lugares máis
emblemáticos da cidade. Ana Mª Varela
5 NOTICIEIRO
ACADAR imparte obradoiros
“O Autocuidado a través da Saude Sexual”
ACADAR quere incidir na capacitación das mulleres con discapacidade nos distintos ámbitos e áreas de
participación social. As actuacións que desenvolve ACADAR pretenden incidir nos ámbitos de: Emprego, Violencia
de Xénero, Saúde, Maternidade, Sexualidade, Vida Independente, Medios de Comunicación, Participación Social
e Liderado.
É por iso, que dentro do ámbito da Sexualidade, a través da financiación do Concello de Lugo, no mes de Maio
desenvolveuse nesta cidade o Proxecto ”O Autocoidado a través da Saúde Sexual” que se leva desenvolvendo
dende o 2012 na cidade e que adoita ter unha gran acollida.
Os principais obxectivos destes obradoiros foron por un lado reforzar a autoimaxe e a autoestima
no marco afectivo sexual, contribuíndo así á mellora da saúde integral das persoas participantes e
por outro lado contribuír a eliminar os principais obstáculos que ocasionan unha desigualdade de
oportunidades nas mulleres con discapacidade, a través de medidas, que lles garantan o exercicio
e o desfrute dos seus dereitos e a participación plena na vida social.
Os obradoiros foron realizados en diferentes datas e horarios para facilitar a oportunidade de
participar, tendo en conta as necesidades das persoas potencialmente beneficiarias destas
accións formativas, potenciando tamén a posibilidade da conciliación da vida laboral e persoal.
Deste xeito realizáronse tres dos obradoiros nos días 08,13 ,15, no Centro Sociocultural Uxío
Novoneyra (dous obradoiros en horario de mañá e un obradoiro en horario de tarde) e dous dos
obradoiros nos días 22 e 27 de Maio no CRD COGAMI-Fingoi (un obradoiro en horario de mañá e
un obradoiro en horario de tarde)
Cada obradoiro, de tres horas de duración, estivo impartido pola Psicopedagoga María Rial.
Nestes obradoiros tratáronse aspectos como: o concepto e as dimensións da sexualidade; os
mitos e realidades que existen en torno á sexualidade; concepto e pautas para obter unha mellor
saúde sexual; os dereitos que temos tódalas persoas en torno á sexualidade; o coñecemento do
noso corpo; métodos de coidado sexual e métodos de apoio á saúde sexual para poder desfrutar
da sexualidade dunha forma sa e segura.
Os obradoiros tiveron unha gran acollida, tanto homes coma mulleres quixeron participar neles
dunha forma dinámica e participativa. Deste xeito contouse coa asistencia prevista, a través da
participación de 76 persoas en total.
Manuel Paz
6 NOTICIEIRO
Francisco Gullón
O Centro de Investigación aplicada TECNALIA desenvolveu unha ferramenta dirixida ás persoas con Discapacidade auditiva que
permite a detección de sons habituais no fogar como puidesen ser; un timbre dunha porta, a alarma de incendios ou unha fuga de
auga.
Este sistema, é unha aplicación móbil, por medio da cal persoas con déficit de audición
poden recibir información de calquera son que se produza, tanto no fogar, coma nun hotel,
ou en calquera lugar pechado, o que supoñerá un beneficio para este colectivo e o seu
entorno. A citada aplicación, My Eardroid, dispoñible en Google Play, pódese descargar
gratuitamente no smarphone. Este sistema que é personalizable, xa que pode elixir cada
usuario os sons que lle interesen, ten ademais a vantaxe de que ao ser portátil está
dispoñible en calquera lugar e momento e non depende de ningunha instalación fixa.
Alerta de incidencias sonoras por medio dunha aplicación do smartphone
Ana C. Piñeiro
Novo videoxogo sen mandos accesible para discapacidade intelectual
A UAB explicou que CipoActivity (que detecta voces e
movementos cun dispositivo Kinect de Microsoft ) cumpre cos
compoñentes educativos e lúdicos de calquera “xogo serio” e
serve para potenciar o benestar físico e emocional das persoas
con discapacidade e trastornos mentais, de distintas edades.
O director de Cipo, Xavier Martinez, comentou que cando
empezaron a utilizar novas tecnoloxías para comunicarse,
déronse conta que había un vacío no mercado de contido
formativo e lúdico para este colectivo.
CipoActivity está formado por catro videoxogos: un de música,
outro de cores, outro de relaxación, e outro bautizado como “el
bosque de los juegos” e está dispoñible en catalán, castelán e
inglés.
As actividades van dende a realización dunha coreografía de
aerobic, ata exercicios de relaxación para adiestrar diferentes
capacidades como a atención, a concentración, o equilibrio, a
memoria, a coordinación, a flexibilidade, a respiración e a
visualización.
Cipo, empresa social sen ánimo de lucro, e a Universitat
Autónoma de Barcelona (UAB) crearon un videoxogo que
funciona sen mandos para potenciar as capacidades cognitivas e
motoras das persoas con discapacidade intelectual e trastornos
mentais. Contaron co respaldo da Obra Social la Caixa.
7 NOTICIEIRO
Juan Solana
A discapacidade nos cuestionarios de violencia de xénero
Xustiza e Interior revisan a valoración policial do risco das vítimas de violencia de xénero cun novo cuestionario.
A discapacidade débese de incluír nas estadísticas de violencia en mulleres, esta é unha reivindicación presentada polo sector da
discapacidade.
Mario García, presidente de Cocemfe, considera que esta inclusión sería moi positiva, xa que permitirá coñecer as situacións de
maltrato e poñer en marcha actuacións dirixidas a erradicalo.
Cocemfe sinala ó mesmo tempo que é necesario un cambio social para loitar contra a violencia de xénero en mulleres con
discapacidade.
Cocemfe segue dende o 2010 un programa de
apoio psicosocial e prevención da violencia de
xénero en mulleres con discapacidade coa
colaboración da Confederación Estatal de
Mulleres con Discapacidade (Cemudis).
A Delegación do Goberno para a Violencia de
Xénero incorpora no seu boletín anual publicado
en 2013 un apartado sobre mulleres con
discapacidade.
As administracións públicas deben poñer en
marcha medidas para loitar contra a
invisibilidade que sofren as mulleres e as nenas
con discapacidade.
Miguel Regueiro
Nova liña de asesoramento para os emprendedores con discapacidade
Existe unha crecente necesidade de promover o emprendimiento no colectivo de persoas con
discapacidad. Para facilitar esta necesidade, a Fundación Universia pon en marcha un proxecto de
orientación por medio do cal se acompaña aos participantes con discapacidade ata que estes fagan
efectiva a posta en marcha do seu proxecto como emprendedor.
Para a consecución deste obxectivo a Fundación Universia desenvolveu un servizo de orientación gratuíto
online para os emprendedores con discapacidade que queiran iniciar un proxecto empresarial. Este
servizo acompañará aos participantes na realización da análise da idea de negocio, a elaboración do plan
de viabilidade, a xestión administrativa, a elección da forma xurídica a adoptar, a solicitude de pagamento
único da prestación de desemprego, a solicitude de subvencións, a análise das alternativas de
financiamento e algunha necesidade de asesoramento máis que puidese xurdir.
A Fundación Universia recibiu por parte do Ministerio de Emprego e Seguridade Social o selo de "Entidad
Adherida á Estratexia de Emprendimiento e Emprego Novo 2013-2016"
8 NOTICIEIRO
Presentáronse no Ministerio de Sanidade,
Servizos Sociais e Igualdade máis de
173.000 firmas recadadas a través da
plataforma "Change.org", co obxectivo de
solicitar ao departamento de Ana Mato a
regulación do mercado dos implantes
cocleares e que se cubran, ao mesmo tempo,
o mantemento destes ou a súa substitución
ás persoas con menos recursos. Esta
iniciativa foi posta en marcha por Marcos
Lechet, que padece xordeira profunta dende
os cinco anos e grazas a un destes
dispositivos conseguiu recuperar parte da
súa audición perdida.
En España na actualidade utilizan este dispositivo unhas 10.000 persoas, algún deles nenos. A implantación destes implantes
cocleares está cuberta polo Sistema Nacional de Saúde, pero o mantemento destes, que supón un elevado custo, corre a cargo do
usuario, dende o cambio dun cable que custa de 100 a 200 euros ata o dun portapilas que supón uns 1.400 euros. Na actual situación
de crise é moi difícil costear a repososición das pizas para algún usuario.
Por outro lado, a Sanidade Pública cobre aos sete anos a substitución do implante pero isto faise só se o dispositivo quedou obsoleto
ou que así o aconselle o criterio médico, isto supón que moitos usuarios deban asumir o gasto da substitución.
Na carta presentada ante ao Ministerio solicítase que o departamento de Ana Mato negocie un prezo alcanzable coa compañía
fabricante e que rompa o monopolio existente, neste momento, cunha das marcas destes dispositivos.
Así mesmo, piden que se resolva o que se entende como unha discriminación por razón de idade, xa que as persoas que necesitan
utilizar audiófonos só teñen cobertura de financiamento destes dispositivos ata os 16 anos.
Carlos Vázquez
Regulación do mercado dos implantes cocleares
O delito de discriminación por odio (por razóns de raza ou étnia, orientación sexual, discapacidade ), non está recolleito expresamente
como tal no código penal, con todo o pasado ano foron recollidos pola policía 1.172 incidentes que se poden enmarcar neste contexto.
Estes datos foron dados a coñecer polo secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez. Destes datos despréndese que o
maior número de delitos foron cometidos contra persoas por razóns de orientación sexual, seguidos dos relacionados por motivos
racistas; polo que se refire aos actos de odio en contra das persoas con discapacidade, o vinte por cento foron hurtos, mentres que un
doce por cento fórono por abusos sexuais.
Un dos problemas cos que se atopan as autoridades é o feito de que un bo número
das vítimas dos mencionados abusos non denuncian estes por considerar inútil
este feito, polo que se recomenda que a policía ou outras testemuñas dos feitos
poidan facelo por eles.
Así mesmo hai que recoller ademais dos mencionados outros motivos de odio e
discriminación como, os relacionados con motivo de crenzas relixiosas ou por
atoparse as vítimas nunha situación de extrema pobreza ou desamparo.
Discriminación en España
Antonio Fernández
9 NOTICIEIRO
Renovouse a ampliación dun convenio
marco de colaboración asinado no 2010 de
colaboración, por parte da UNED,
Fundación ONCE e CERMI para traballar
en distintos ámbitos da accesibilidade, a
adaptación e a inserción laboral de
estudantes e titulados universitarios con
discapacidade.
Na firma da renovación deste convenio
interviñeron Alejandro Tiana Ferrer, reitor
da UNED; Alberto Durán, vicepresidente
executivo de Fundación ONCE, e Luis
Cayo Pérez Bueno, presidente do Comité
Español de Representantes de Persoas
con Discapacidade (CERMI).
Alberto Durán destacou que para que
exista unha universidade mellor, a
discapacidade debe estar nela. O
presidente do CERMI, Luis Cayo eloxiou á
UNED por estar na vangarda nas
estratexias de inclusión e sinalou ao
mesmo tempo que a empregabilidade das
persoas con discapacidade é moi baixa
entorno a un 36%, e, no caso de que a
persoa con discapacidade acceda ao
mercado laboral dende a universidade
elévase esta porcentaxe a máis do 50%, o
que supón que cun título universitario se
aumenta a taxa de empregabilidade en 20
puntos.
José M. Ulla
Inserción laboral dos titulados con discapacidade
Oscar Vigo
A entidade de Fundación ONCE para a
formación e o emprego das persoas con
discapacidade puxo en marcha unha App
Despertador para recordar as razóns para
levantarse cada día, iniciativa de "Por Mil
Razóns", na que os cidadáns poden enviar e
recibir os motivos polos cales é bo levantarse e
poñerse en marcha cada mañá.
Para poder utilizar esta aplicación hai que
entrar en www.portalento.es e programar as
alarmas de forma doada e sinxela, ou baixar a
aplicación do Espertador Por Mil Razones, de
Google Play ou de Apple Store.
Razóns para levantarse cada día, segundo unha App Despertador
10 NOTICIEIRO
A Confederación de Empresarios de A Coruña visitou as instalacións do grupo de empresas que COGAMI ten en SantiagoO Presidente da Confederación de Empresarios de A Coruña,
Antonio Fontenla Ramil, acompañado de polo Comité Executivo da
CEC, visitaron as instalacións de COREGAL, GES e TRAMEVE
empresas que forman parte do grupo empresarial Galega de
Economía Social, que conta cun cadro de persoal no que o 90% das
persoas traballadoras teñen discapacidade.
A visita comezou tras finalizar a reunión que a comitiva mantivo co
Alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás Fernández. A
visita foi dirixida polo Presidente de CEGASAL, José Antonio
Vázquez Freire, unha entidade que forma parte de COGAMI e que
está integrada por 19 empresas de economía social.
O primeiro centro de traballo visitado foi a planta de xestión integral
de residuos de COREGAL, onde traballan en Santiago 59 persoas.
Esta empresa iniciou coa recollida de papel e cartón e actualmente
dedícase tamén á recollida doutros refugallos como son os
colchóns, plásticos e materiais orgánicos que van ser tratados para
a súa posterior conversión e reutilización. O ano pasado, foron preto
de 16 mil toneladas de residuos as que Coregal xestionou en
Santiago.
O seguinte centro de traballo visitado foi GES, a matriz de Galega
de Economía Social, que realiza labores de xestión e de calidade do
resto das empresas que forman parte do grupo.
En GES traballan 19 persoas con discapacidade que se encargan
de establecer as liñas estratéxicas do grupo.
A última empresa visitada foi durante a tarde. Tralo xantar
desprazáronse ata Trameve, unha nave situada no polígono do
Tambre que se dedica ao despezamento de vehículos sinistrados e
fóra de uso, que conta con 13 mil metros cadrados de extensión e
nela traballan 12 persoas.
Ramón Veiga
11 DEPORTES
A Escola de Tenis Marineda culmina con grande éxito un ano máis o Open Internacional Ciudad da Coruña de tenis en cadeira de rodas. As instalacións de Cambre acolleron durante catro días o mellor do tenis en cadeira nacional. A selección española ao completo participou tamén na Coruña demostrando o seu gran nivel de xogo.
O torneo contou con representación internacional pois participaron xogadores británicos, marroquís e portugueses.
En canto á representación española, por un lado e como seleccionables absolutos estaban Álvaro Illobre, Martín Varela e Roberto Chamizo; e os júniors Félix García e Martín da Ponte. Xunto a eles e seguindo as súas evolucións, estaba na bancada o adestrador nacional Lorenzo Hernández, o cal non perdeu ningún detalle dos seus pupilos.
Na gran final individual enfrontábanse o vigués Martín da Ponte e o madrileño Roberto Chamizo. Nos compases iniciais o galego saíu un tanto nervioso, pero durante o transcurso do encontro foise metendo neste e rematou impoñéndose por 6/7 (3) -7/5 -7/6 (3). O espectáculo que ofreceron ambos xogadores foi digno de mención, un partido épico que será recordado nas pistas de Marineda como un dos mellores da súa historia.
A final de dobres enfrontou aos júniors galegos Félix García e Martín da Ponte contra Roberto Chamizo e José Coronado, impoñéndose os locais por un resultado final 5-7/7-6/10-8.
Este Open contou tamén coa participación de dous usuarios da Aula Ocupacional de Novas Tecnoloxías do CRD Fingoi de COGAMI, José Manuel Ramil e Miguel Regueiro Trímboli.
A súa incursión no tenis de cadeira de rodas foi posible grazas a un convenio de colaboración entre COGAMI e o Club de Tenis Marineda que se iniciou en outubro do 2010, polo cal, se lles deu a oportunidade de iniciarse no deporte de tenis en cadeira de rodas.
José Manuel Ramil manifesta sentirse moi satisfeito coa súa participación, xa que pola escola Marineda pasaron máis de 400 persoas de asociacións de persoas con e sen discapacidade e poder competir a nivel internacional é un gran logro, ademais gañou un partido de dobres no que xogou cun participante de Portugal, gañando, ademais, aos favoritos nesta serie e aínda que posteriormente quedaron eliminados conseguiron puntuar. O seu desexo para o futuro é seguir competindo.
A cerimonia de clausura pechou o acto coa entrega de premios e os merecidos trofeos de campións aos galegos. Todos gabaron a boa organización e prometeron estar ao "pé do canón" para o próximo ano. A Escola de Tenis Marineda xa traballa nese 5º Torneo Cidade da Coruña de Tenis en Cadeira de Rodas e 2º Torneo Inclusivo.
inaliza o IV Open Internacional daCoruña de Tenis en cadeira de rodas, conFvitoria dos galegos
José M. Ramil
12 CARTELEIRA
Argumento: Un home e unha muller van un resort coas súas respectivas familias e
non poden ocultar a súa sorpresa ao verse o un ao outro. Xa se coñecían, tivera unha cita ás cegas hai algún tempo, un encontro cuxo resultado non fora para nada satisfactorio. Non obstante, contra todo prognóstico, a atracción que entón non sentiron no seu momento fai agora a súa aparición.
Pero eles non son os únicos que se ven beneficiados por isto, os seus fillos tamén saben sacar partido á situación, convertendo a crecente relación en algo do que poden tirar proveito.
Argumento: Tras descubrir que o seu noivo está casado, Carly Whitten trata de volver canalizar a súa vida. Pero cando coñece á muller coa que a enganaba, decátase do moito que teñen en común e así a súa maior inimiga convértese na súa mellor amiga. E cando as dúas descobren que ten outra amante máis, as tres mulleres alíanse para planear a vinganza contra o desgraciado mentireiro que as enganou a todas.
Carly Whitten é unha avogada neoiorquina de armas tomar cunhas regras moi estritas no que aos homes e as relacións se refire. Cando coñece a Mark King, descoida o seu garda e empeza a namorarse del. Nunha visita sorpresa que lle fai á súa casa de Connecticut, Carly descobre que Mark está casado con Kate, unha fiel súper ama de casa. Kate non se pode crer que Mark a dera enganado e Carly entra en cólera ao saber que Mark é un home casado. Pero, en vez de descargar a súa furia a unha contra a outra, Carly e Kate únense contra o seu inimigo común e, coa axuda de Amber, a terceira muller en discordia, trazarán un plan para darlle o que merece. A medida que se van coñecendo e van pensando enxeñosas estratexias, os seus lazos vanse facendo máis fortes.
Ficha TécnicaDirector:Frank Coraci
Reparto: Drew Barrymore, Adam Sandler, Joel Mchale, Wendi Mclendon –Covey, Kevin Nealon, Bella Thorne
Ficha TécnicaDirector: Nick Cassavetes
Reparto: Cameron Díaz, Leslie Mann, Kate Upton, Nikolaj Coster –Waldau, Nicki Minaj,
Don Johnson, Taylor Kinney
Ficha TécnicaDirector:Tom Fernández
Reparto: Iván Massagué, Patricia Conde, Armando del Río, Alex O'Dogherty, Secun de la Rosa, César Sarachu, Marta Hazas, Chiqui Fernández, David
XUNTOS E REVOLTOS
PANCHO
NON HAI DOUS SEN TRES
Alejandro Carballeira
Fran Solana
Juan A. Jiménez
Pancho vive gozando da boa vida e dos caprichos máis extravagantes dende que un billete de lotaría cambiou a súa vida para sempre. O seu secretario persoal, Alberto, adminístralle a súa inmensa fortuna e intenta que se converta nun can rico responsable e que abandone a súa vida de dispendios e caprichos...ainda que sen demasiado éxito.
Entre as múltiples ofertas de investidores que queren facer negocios con Pancho chega un bo día a de Montalbán, un multimillonario sen escrúpulos decidido a converter a Pancho nunha estrela da industria do xoguete. A pesar de contar co asesoramento de Patricia, unha fermosa moza que foi compañeira de universidade de Alberto, Montalbán ve os seus plans frustrados e decide facerse con Pancho polas boas ou polas malas coa axuda dos seus dous secuaces: Marcos e Tenaces. A partir dese momento Pancho descubrirá os perigos da vida real, chea de situacións inesperadas e trepidantes que o farán coñecerse moito mellor e descubrir que a verdadeira riqueza non se encontra nas posesións materiais senón na amizade.
13 CARTELEIRA
Argumento: Álex é un executivo publicitario de éxito. Teno todo: é atractivo, intelixente
e brillante, pero aos seus 37 anos aínda non alcanzou a estabilidade emocional que tanto ansía. Incapaz de asumir o rexeitamento da súa noiva á súa proposta de matrimonio, a súa idílica vida comeza a esborrallarse.
É nese momento cando irrompe no seu camiño como un vendaval Niki, unha nova estudante de tan só 17 anos que non só consegue seducir e namorar a Álex, senón dar un xiro total á súa vida.
Argumento: Kate e Richard levan varios anos divorciados. A amante de Richard acaba de abandonalo, e unha quenlla das finanzas deixouno na ruína, xunto ao resto dos seus compañeiros de traballo.
Desolado, Richard decide dar un xiro á súa vida e proponlle a Kate roubar o empresario que lle quitou todo. A pesar da mala relación que manteñen, Kate acepta esta estraña proposición, movida polo futuro económico dos seus fillos. Os seus veciños e amigos deciden axudalos a efectuar este singular roubo, no que intentarán subtraer o valioso colar que o empresario lle regalou á súa prometida.
Argumento: O Dr. Will Caster é un investigador de intelixencia artificial que traballa para
crear unha máquina que posúa consciencia colectiva e autosuficiente. Un grupo extremista que se opón ao avance tecnolóxico márcalle no seu punto de mira, pero as súas accións non fan senón impulsalo para lograr o seu obxectivo. Caster tamén quere formar parte desta nova tecnoloxía e a súa muller Evelyn e o seu mellor amigo Max Waters, tamén investigadores, cuestionan este aspecto.
O obxectivo de Caster de adquirir coñecemento convértese nun de perseguir poder e así vólvese imparable. En estado terminal, a súa conciencia é trasladada a un superordenador, con inesperadas consecuencias...
Ficha TécnicaDirector: Joaquín Llamas
Reparto: Paloma Bloy, Daniele Liotti, Irene Montalá, Lucía Delgado, Andrea Duro, Joel Bosqued, Álex Maruny, Álex Batllori, Pablo Chiapella, Jordi Rico, Adriá Collado, Cristina Brondo, Olalla Moreno, Marina Gatell, Patricia Vico, Pep Munné, Jan Cornet, Oriol Vila, Mariona Ribas
Ficha TécnicaDirector: Wally Pfister
Reparto: Kate Mara, Johnny Depp, Morgan Freeman, Rebecca Hall, Cillian Murphy, Paul Bettany, Cole Hauser, Clifton Collins Jr., Josh Stewart, Olivia Taylor Dudley, Cory Hardrict
Arturo Fojón
UN GOLPE BRILLANTE
PERDOA SE TE CHAMO AMOR
TRANSCENDENCE
Luis Fernández
Ricardo Lamazares
Ficha TécnicaDirector:Joel Hopkins
Reparto: Emma Thompson, Pierce Brosnan, Timothy Spall, Celia Imrie, Louise Bourgoin, Laurent Lafitte
14 RINCÓN LITERARIO
Antonio Perchek e dous dos seus axudantes escapáranse outra vez das garras da policía. Parecía un gato con sete vidas. Había máis de quince minutos que o vixilante da caseta non se comunicaba coa mansión, isto lles fixo sospeitar, e entón decidiron fuxir. Esta vez lográrano grazas a uns condutos secretos, que se encontraban por debaixo da mansión. Elixiron o camiño máis longo, o que ía cara á caseta. Os tres chegaron á parte de atrás e viron o vixilante no chan, non había tempo para sermóns e decidiron deixalo alí. Había un policía vixiando o enreixado, polo tanto debían ir con moito sixilo para poder montar no 4 x 4. Acenderon o coche, pero antes de que puidesen saír do terreo, Xesús quen viña por detrás vendo todo o panorama, disparou dúas veces ao vehículo, rompendo a lúa de atrás e ferindo no brazo dereito a Antonio Perchek, que ía detrás, deixando escapar un berro e ao levarse a man dereita facía a ferida caeulle a pistola, pero coa man esquerda conseguiu recuperala e disparou tres veces facía unhas sombras que apareceron ao longo do muro, pero non conseguiu darlle a ninguén.
Conseguiron saír de alí, a duras penas, rompendo o enreixado, o policía que estaba alí tamén disparoulles, para que parasen, pero a velocidade era tal que non puido facer nada. Xesús e tres dos seus homes, montaron rapidamente nunha furgoneta da policía, non había tempo para pedir reforzos e iniciaron a persecución, os outros quedaron con Amaya. Xesús maldiciuse por non disparar aos neumáticos do coche cando pasaron xunto a el.
Percheck resgouse a manga do xersei, a bala perforara o deltoides, un músculo que afecta ao brazo e á rexión da clavícula e da omoplata. Aínda que a ferida sangraba, era sangue veosa e non arterial. Podía mover os dedos e o cóbado, pero o brazo doíalle moito, vendouse a ferida coa manga e anouna cos dentes tan fortemente como puido resistir.
-Perséguennos -afirmou o condutor, que os vira polo espello retrovisor -. Hacía onde vou?
-O río queda á dereita, segue ata que encontres un camiño á esquerda, polo que poidas meterte -ordenou Perchek. Os neumáticos chiaron ao xirar o volante cara á esquerda. O vehículo patinou no mollado asfalto e, de pronto notaron que chocaron contra algo metálico. Tratábase do coche de policía, que viña a toda velocidade, por unha estrada que era moi estreita, chea de curvas e fochas, por iso Xesús tivo que facer unha manobra de escape para non caer ao río.
-¡Non os vexo! -berrou un dos axudantes de Perchek. Ao mellor arremetémolos e os metemos na cuneta.
Nada máis dicilo, oíronse dous disparos que deron na parte de atrás do 4 x 4, á vez que o condutor xiraba bruscamente cara á dereita. Perchek perdeu o equilibrio e pegou un pequeno berro ao golpearse o brazo ferido contra a porta.
A colisión coa furgoneta da policía foi nesta ocasión máis ostensible e estrepitosa. O todoterreo era moito máis rápido, pero a furgoneta tiña máis forza. Co ruxido de ambos os dous motores e o forte vento que sopraba na serra de Madrid, apenas se oían, ían lanzados costa abaixo.
-Espero e desexo que non nos encontremos cunha curva demasiado pronunciada ou envorcaremos -dixo un dos axudantes de Perchek.A furgoneta da policía situouse entón á altura do todoterreo. Varios disparos perforaron o parabrisas polo lado do condutor. Perchek apertou o gatillo, disparando cinco veces, facendo retroceder Xesús e os seus. Pero a policía non se rendía doadamente e volveron outra vez á carga. Un novo disparo deixo o parabrisas como unha cristalizada tea de araña, só a presión da furgoneta evitaba que se saísen da estrada.-¡Nos adiantaron! Tratan de cortarnos o paso! -berrou o condutor. Apenas vexo a través do parabrisas!
A furgoneta arremetera o radiador do Todoterreo, o coche de Perchek estaba feito unha piltrafa e o radiador levábao lixeiramente a rastro.
-¡Jesús! Xesús! -berraba un policía -. Desleitámonos!
O Todoterreo e a furgoneta superaron xuntos o bordo do precipicio. Xesús suxeitouse ao asento e estirou as pernas, a través do parabrisas viu horrorizado, que o Todoterreo caía como un meteorito e se estrelaba no leito do río. A furgoneta tamén se balanceou uns instantes no borde do acantilado e logo caeu aparatosamente. Ao chocar coa auga, o parabrisas rebentou cara a dentro e a furgoneta encheuse de auga. A escuridade era total e dous dos seus homes quedaran inconscientes. Xesús, sen apenas aire nos pulmóns, decidiu patexar para impulsarse, pero non había xeito, os seus movementos eran cada vez máis débiles e máis inútiles. Tragaba auga e sentía pánico a morrer afogado. Xesús rendeuse, e no momento de perder o coñecemento, notou que unha man o agarraba pola camisa.
O Ultimo Tramo- Capítulo 41
Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo
15 POESÍA
EN INTERNET
- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:
- Proyecto Retadis:
- Polibea Turismo: e-mail:
Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:
- Canal Discapacidade:
- Información Discapacidade:
- Portal Solidario:
- Blog Amica:
- Cogami:
- Cocemfe:
- Cermi:
- Sin Barreras:
- Socialia:
- Lugo Accesible:
- Voluntariado Galego:
http://www.disincreibles blogspot.com
http://www.retadis.es
http://www.polibea.com [email protected]
http://www.fedop.org [email protected]
http://www.risolidaria.org
http://www.discapnet.es
http://www.portalsolidario.net
http://www.sotileision.blogspot.com
http://www.cogami.es
http://www.cocemfe.es
http://www.cermi.es
http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/
http://www.socialia.org
http://www.lugoaccesible.net
http://www.voluntariadogalego.org/web/
-
(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)
Non sei como
fixeches, pero
ao final o meu
corazón gravou
o teu nome.
Ese nome de
muller deume
a seguridade,
a ilusión, a forza
e a intelixencia
suficiente para seguir
namorado dela.
Enrique Sanmartín
Nome de muller
PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013
COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE