16

NOME DA COMIDA - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/ceipderabadeira/webantiga/deliciasdomundo1.… · NOME DA COMIDA: PASTA PAÍS DE ORIXE: ITALIA INGREDIENTES: Pasta: Fariña

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • NOME DA COMIDA: CROISSANT PAIS DE ORIXE: AUSTRIA (VIENA) INGREDIENTES: 700 g de fariña floxa; 300 g de fariña forte; 125 g de azucre; 600 g de manteiga; 50 g de levadura; 1/2 litro de auga. Pastón de 1,5 kg. ELABORACIÓN: Amasar todos os ingredientes menos a levadura e a manteiga. Engadir a levadura diluida nun pouco de auga e deixar repousar. Dar os pliegues coa manteiga, estiramos, cortamos e lle damos forma. Pintamos con ovo e a cocer.

  • NOME DA COMIDA: PAVLOVA PAÍS DE ORIXE: AUSTRALIA INGREDIENTES: 4 claras; sal; 250 g de azucre; 2 pizcas de café de maicena; 1pizca de café de vinagre de viño branco; algunhas gotas de vainilla; 300 ml de crema de leite fresca batida, pulpa de 10 frutas da pasión. ELABORACIÓN: Batir as claras e o sal ata que estén a punto de neve. Agregar o azucre, maicena, vinagre e vainilla e mezclar. Facer un oco na parte interna. Colocar no forno, e deixar a Pavlova dentro ata enfriar. Colocala invertida nun plato e encher o medio con crema e froita, derramando por enriba froita da pasión.

  • NOME DA COMIDA: COCIDO MADRILEÑO PAÍS DE ORIXE: ESPAÑA (MADRID) INGREDIENTES: 2 vasos de agua de garbanzo, 4 cenorias, 4 patacas pequenas, 2 morcillas de arroz, 4 cachos de costela de porco adobada, 2 chourizos de guisar, 1 cacho de touciño, 2 cachos de xamón, sal, 2 litros de auga. ELABORACIÓN: Nunha ola exprés poñemos primeiro os garabanzos, e logo o resto dos ingredientes. Botamos 2 litros de auga por enriba e salamos. A ferver e o deixamos 1 hora. Poñemos nun cazo aparte 1 l. de caldo e engadimos fideos. Poñemos a ferver ata que se fagan os fideos. Servimos ben quente.

  • NOME DA COMIDA: DOCE DE LEITE PAÍS DE ORIXE: ARXENTINA INGREDIENTES: Leite, azucre e esencia de vainilla. ELABORACIÓN: Ferver o leite co azucre, agregarlle o bircabonato e revolver. O tempo de cocción é de aproximadamente 2 h. Colar de inmediato e mentres se está enfriando ir movendo cada tanto ca culler de madeira.

  • NOME DA COMIDA: KEBAB PAÍS DE ORIXE: ORIENTE MEDIO INGREDIENTES: Carne de cordeiro, tomates duros, salsa de tomate, zumo de limón e unha cebola rallada, aceite de oliva, sal, pementa e especias. ELABORACIÓN: Mestúrase a carne cortada en pedazos coa cebola, as especias, a salsa e o zume de limón. Déixase na neveira unha noite enteira. Póñense os pedazos de carne e tomate en pinchos. Ásase sobre carbón movendo os pinchos de vez en cando. Métese nun cacho de pan - “pita”- e acompáñase con ensaladas, salsas agrias ou patacas fritas.

  • NOME DA COMIDA: PIZZA PAIS DE ORIXE: ITALIA INGREDIENTES: 1kg fariña; 50 g de levadura de cervexa; 1/2 litro de auga; 500 g de tomates maduros; 400 g de mozarela; albahaca, aceite de oliva, sal. ELABORACIÓN: Mezcla a fariña con sal e con levadura disolta en auga tibia para obter a masa. Logo exténdea e condiméntaa cos tomates, aceite e sal. Métea ao forno quente. Cinco minutos antes da cocción agrega a mozarela e a albahaca.

  • NOME DA COMIDA: PASTA PAÍS DE ORIXE: ITALIA INGREDIENTES: Pasta: Fariña de trigo, auga, sal e ovo. Macarróns: Macarróns, mantequilla, xamón cocido, queixo raiado, pimenta. ELABORACIÓN: Faise a bechamel e engádese o queixo raiado. Remóvese e agrégaselle a pimenta e mestúrase ata que espese. Cócense os macarróns en auga con sal, escúrrese e mestúrase cun pouco de manteiga, o sal, a pementa, a salsa o e xamón. Espolvoréase co queixo e o pan raiado, e o resto da manteiga. Hornéase uns 15 minutos ata que se dore.

  • NOME DA COMIDA: PAELLA PAÍS DE ORIXE: ESPAÑA INGREDIENTES: Arroz, polo troceado, pemento vermello, tomates, pementa moída, 1 dente de allo, perexil, azafrán, aceite, limón, ramiñas de romeiro e tomillo e sal. ELABORACIÓN: Refogar o polo xunto cos pementos e os tomates e deixar cocer 5 minutos. Agregar auga quente e cocer. Engadir unha pinga de azafrán e comprobar o punto de sal. Comprobar o nivel da auga, debe estar xusto debaixo dos remaches das asas. Engadir o arroz, esparcíndoo todo por igual para que quede o mellor repartido posible.

  • NOME DA COMIDA: SUSHI PAÍS DE ORIXE: XAPÓN INGREDIENTES: Arroz sazonado con vinagre de arroz e recheo de pescado, marisco, verduras ou ovo. ELABORACIÓN: Prepárase típicamente en unidades pequenas, aproximadamente do tamaño dun bocado, enroladas nunha tira de algas chamadas nori, extendidas sobre varillas de arroz moldeadas a man, embutidas nunha pequena bolsa de tofu (queixo de soja).

  • NOME DA COMIDA: ROLIÑOS DE PRIMAVERA PAÍS DE ORIXE: CHINA INGREDIENTES: Ovo, fariña, cebola, gambas, repolo, terneira, aceite de oliva e sal. ELABORACIÓN: Para a pasta dos rolliños: faise un volcán coa fariña e o sal, bátese o ovo e colócase no centro do volcán. Amásase e déixase repousar toda a noite. Frítese a carne uns minutos coas cebolas, o repolo e as ganbas. Sazóase, escórrese e déixase enfriar. Córtase a pasta en láminas, énchese coa pasta e enrólase. Por último, fritense.

  • NOME DA COMIDA: EMPANADA PAÍS DE ORIXE: ESPAÑA (GALICIA) INGREDIENTES: 500 g de bonito en aceite (unha lata), 2 ovos cocidos, 3 cebolas medianas, 4 dentes de allo, perexil, 1 ½ vasos de aceite e masa de empanada. ELABORACIÓN: Picar as cebolas e poñelas a dourar no aceite, engadir allos picados no perexil. Cando esté dourado, mezclar o bonito previamente desfeito. Darlle unhas voltas na tixola. Colocar o bonito e espolvorear cos ovos duros picados, cubrir, adornar e pintala con ovo batido.

  • NOME DA COMIDA: CUS-CUS PAÍS DE ORIXE: MARROCOS INGREDIENTES: 250 g sémola trigo duro, 50 g de mantenga, 1 galiña, 400 g de carne de terneira, 2 tomates, 2 cenorias, 3 calabacíns, 100 g de garabanzos, pementos, sal, pementa, 1 cebola, comino, 2 alcachofas, 200 g de xudías verdes, 200 g de cardo. ELABORACIÓN: Ferver a cane salada e incorporar toda as verduras, os tomates, as xudías, o pemento, o comino e pementa. Deixar facer e mentres, poñer a sémola nun prato e botarlle auga. Cocer ao vapor cun coador enriba da cacerola. Esperar 15 minutos e poñer o cuscús nun prato, regalo cun pouco de auga e volver a poñelo no mesmo coador, pasados 15 minutos, co guiso.

  • NOME DA COMIDA: TABBOULEH PAÍS DE ORIXE: LÍBANO INGREDIENTES: ½ taza de bulgar (trigo); 3 tomates maduros picados; 1 taza de perexil, 1cebola, 1/3 taza de zumo de limón, 2 pizcas de sal, 1/3 taza de aceite de oliva, menta fresca. ELABORACIÓN: Remollar o bulgar uns 10 minutos en auga fría, colalo e metelo unnha toalla de cociña e secalo ben; meter o bulgar nun recipiente, engadir os tomates, o perexil, a cebola, zumo de limón e sal, mezclando lixeiramente. Xusto antes de servir, engadir o aceite de oliva e a menta.

  • NOME DA COMIDA: TORTILLA DE PATACA PAÍS DE ORIXE: ESPAÑA INGREDIENTES: Patacas, ovos, cebola, aceite e sal. ELABORACIÓN: Nunha sartén tóstanse con pouco de aceite as patacas laminadas finas e a cebola picada. Bátense os ovos cun pouco de sal e bótanse as patacas fritidas a éste. Reméxese e vólvese para a sartén sen aceite. Ó quedar sólido por un lado, dáselle a volta e faise polo outro.

  • NOME DA COMIDA: INJERA PAÍS DE ORIXE: ETIOPÍA INGREDIENTES: 1 taza de fariña de alforfón ou trigo mouro, 1 taza de galletas moídas, 1 ovo, aceite, auga. ELABORACIÓN: Mesturar o trigo, as galletas e o ovo e engadir 1 culler de aceite e 1 ou 2 tazas de auga; cocer nuha prancha cerámica.