82
Normas Básicas Durante a Montaxe en Obra de Elementos de Cerramento

Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

Normas Básicas

Durante a Montaxe en Obra

de Elementos de Cerramento

Page 2: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados
Page 3: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

Normas básicas durante a montaxe en obra de

elementos de cerramento

Elaborado por AECALPO (Asociación de Empresas del Cerramiento de Galicia) en colaboración

con KAEME CONSULTORÍA Y PREVENCIÓN, S.L. e co financiamento da XUNTA DE GALICA.

Page 4: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados
Page 5: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

Reservados todos os dereitos desta edición para AECALPO - Asociación de Empresas del

Cerramiento de Galicia.

Depósito Legal: PO 513-2014

Data de Solicitude: 16/09/2014

Entidade: AECALPO - Asociación de Empresas del Cerramiento de Galicia

Autor: Kaeme Consultoría y Prevención, S.L.

Editor: AECALPO - Asociación de Empresas del Cerramiento de Galicia

Maquetación: Kaeme Consultoría y Prevención, S.L.

Impresión e encadernación: Gráficas Arousa, S.L.

Impreso en España

Queda rigurosamente prohibida calquera forma de reproducción, distribución, comunicación

pública ou transformación total ou parcial desta obra, sen permiso escrito do titular dos dereitos de

explotación.

Page 6: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados
Page 7: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

Agradecementos:

A tódolos membros de AECALPO polo interese mostrado na

proposta e pola súa disposición. Agradecemos que dedicaran un

intre do seu tempo a explicarnos o proceso de execución das

distintas unidades de obra, ademais de cedernos algunhas das

imaxes que ilustran este manual.

Page 8: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados
Page 9: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

Índice

1. NORMAS XERAIS 13

2. ANÁLISE DOS RISCOS EN CADA FASE DE OBRA 19

2.1. SUBMINISTROS A OBRA 21

2.2. DEMOLICIÓNS 23

2.3. ESTRUCTURAS METÁLICAS 25

2.4. CUBERTAS e LUCERNARIOS 28

2.5. FACHADAS METÁLICAS e FACHADAS TRASVENTILADAS 31

2.6. MUROS CORTINA 34

2.7. CARPINTERÍA EXTERIOR 37

2.8. VIDRARÍA 39

2.9. VARANDAS, DEFENSAS EXTERIORES e INTERIORES 41

2.10. VALADOS, PORTAIS e PORTAS AUTOMÁTICAS 43

2.11. PARTICIÓNS INTERIORES 45

3. MAQUINARIA, FERRAMENTA E MEDIOS AUXILIARES 49

3.1. CAMIÓN GRÚA 50

3.2. PLATAFORMAS ELEVADORAS 53

3.3. ESTADAS 56

3.4. ESCALEIRAS DE MAN 65

3.5. FERRAMENTAS PORTÁTILES 67

3.6. FERRAMENTAS MANUAIS 69

3.7. SOLDADURA 70

4. BIBLIOGRAFÍA 77

Page 10: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados
Page 11: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

9 Introdución

Introdución

Aínda que a prevención de riscos debe tratarse de forma global alcanzando todos os aspectos

do traballo, a súa análise pormenorizada obriga a unha subdivisión abstracta en diferentes

campos que en conxunto resultarían inabarcables nunha publicación coma esta. Por este

motivo, logo da publicación en 2013 do manual de Normas básicas no manexo de máquinas e

ferramentas manuais no sector de cerramento, dende a Asociación de Empresas do

Cerramento de Galicia (AECALPO), prestamos agora atención á posta en obra destes

elementos. Ó igual que o seu predecesor, este manual ten a finalidade de informar a tódolos

traballadores que desenvolven a súa actividade no sector do cerramento, independentemente

do seu cargo, fomentando a cultura preventiva en tódalas áreas e a tódolos niveis.

A pesar do camiño percorrido durante décadas de diferentes regulacións en materia de

prevención enfocadas, en primeira instancia, á redución dos accidentes; o certo é que as cifras

de sinistralidade laboral no sector da construción continúan a seren preocupantes. Segundo os

últimos datos do Ministerio de Traballo, correspondentes ao período abril 2013-marzo 2014,

aínda que o número de accidentes totais diminúe un 11% con respecto ó período anterior,

tamén o fai, en proporción semellante, o número de poboación traballadora, resultando un

aumento do índice de incidencia1 do 0,3%; e dicir, o obxectivo da diminución da sinistralidade

no sector da construción non se está acadando. Ademais, chama a atención o importante

aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%).

VARIACIÓN DO NÚMEDO DE ACCIDENTES DE TRABALLO CON BAIXA EN XORNADA DE TRABALLO E POBOACIÓN AFILIADA Período: abril 2013-marzo 2014 con resepecto a abril 2012-marzo 2013

NÚMERO TOTAL DE

ACCIDENTES DE TRABALLO

variación en % respecto do

periodo anterior

POBOACIÓN AFILIADA

variación en % respecto do

periodo anterior

ÍNDICE DE INCIDENCIA

variación en % respecto do

periodo anterior

Agrario 29.426 18,8% 983.797 -5,3% 2.991 25,5% Industria 83.067 -1,6% 1.816.430 -3,2% 4.573 1,6% Construccion 39.649 -11,0% 686.440 -11,3% 5.776 0,3% Servizos 246.700 5,9% 10.354.755 -1,2% 2.382 7,2%

Total 398.842 3,1% 13.841.422 -2,3% 2.882 5,6%

Fonte: Avance de estadísticas de accidentes de traballo MEYSS Base do ïndice: a media da Poboación Afiliada á Seguridad Social con continxencias por AT cuberta

1 Índice de incidencia: nº de accidentes de traballo por cada 100.000 traballadores con contixencias profesionais cubertas. Permite relacionar o número de accidentes de traballo co número de traballadores.

Page 12: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

10 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Fonte: Siniestralidad laboral abril 2013-marzo 2014, publicado polo Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo (INSHT) en maio de 2014.

Estes alarmantes datos aumentan máis se cabe a motivación de AECALPO para actuar como

axente impulsor e divulgador entre todos os seus asociados, difundindo e favorecendo a posta

en práctica dos principios básicos da acción preventiva dos que fala a normativa vixente. Por

este motivo se redacta este manual, encamiñado a servir de guía tanto a instaladores, coma a

mandos intermedios, cargos directivos e, con carácter xeral, a toda a organización xerárquica

das empresas que, independentemente do seu tamaño, forman parte da asociación AECALPO.

O contido do presente manual estrutúrase da seguinte forma: primeiro resínanse unha serie

de recomendacións xerais comúns a toda a actividade, logo analízanse os riscos presentes por

cada unha das unidades de obra máis comúns, ao tempo que se prescriben medidas

preventivas fronte ós mesmos; finalmente faise o propio cos medios auxiliares máis utilizados.

-11,0% -11,3%

0,3%

-12,0%

-10,0%

-8,0%

-6,0%

-4,0%

-2,0%

0,0%

2,0%

Construcción

Variación del número deAccidentes

Variación del la PoblaciónAfiliada

Variación del Índice deincidencia

Page 13: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

1. Normas xerais

Page 14: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados
Page 15: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

13 1. Normas Xerais

1. Normas Xerais

En primeiro lugar, cabe relacionar unha serie de normas básicas que son de aplicación con

carácter xeral durante toda a obra, sen quedar circunscritas a unha unidade de obra concreta.

Organización preventiva

Cumprir e facer cumprir as normas de seguridade e medidas preventivas que se

especifiquen para a obra en concreto, ben sexa no Plan de Seguridade e Saúde ou, no seu

caso, Avaliación de Riscos, ben a través das instrucións dadas polo Coordinador de

Seguridade e Saúde ou a Dirección Facultativa.

Utilizar, de acordo coas instrucións de seguridade mencionadas, os medios de traballo,

proteccións colectivas e individuais asignadas.

Velar pola súa seguridade e a de todas aquelas persoas a quen poida afectar a súa

actividade.

Asegurar que cada traballador realiza as actividades que lle corresponden e lle foran

asignadas de acordo a súa formación, capacitación e experiencia.

Cooperar co empresario e co resto da organización preventiva da obra para garantir e

mellorar as condicións de seguridade.

Comunicar verbalmente e, en caso necesario, por escrito, as instrucións preventivas

necesarias ó persoal subordinado.

Orden e limpieza

Manter as zonas de traballo limpas e ordenadas, especialmente as vías de circulación.

Delimitar e sinalizar as zonas de traballo e independizar as zonas de circulación de

maquinaria e persoas.

Segregar e depositar os residuos en contedores habilitados, controlar a correcta

almacenaxe dos escombros.

Non almacenar materiais ou escombros de forma que se comprometa a estabilidade dos

mesmos ou do propio edificio.

Page 16: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

14 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Condicións do lugar de traballo

Vixiar permanentemente que os elementos limitadores de acceso público permanecen

cerrados.

Dispoñer de sinalización en obra coas prohibicións e advertencias que sexan necesarias

en cada zona.

Dispoñer de iluminación adecuada en toda a obra, prestando especial atención ás vías de

circulación e evacuación. Mínimo 100 lux no plano de traballo, 1 lux sobre o eixo central

das vías de evacuación.

A iluminación portátil farase mediante portalámpadas estancos con mango illante e

protección fronte a golpes na lámpada, alimentados a 24 voltios.

Ventilación, natural ou forzada, dos lugares de traballo segundo as renovacións de aire

necesarias para garantir as condiciones de salubridade do ambiente interior,

especialmente en caso de que a actividade orixine concentracións perigosas de tóxicos ou

partículas en suspensión.

En caso de que as condicións meteorolóxicas supoñan un risco engadido tomaranse as

medidas preventivas necesarias para asegurar as condicións de seguridade e saúde dos

traballadores: proteccións fronte os axentes atmosféricos, instalacións de climatización,

reorganización de horarios laborais, etc. Interromperanse os traballos se estas medidas

non fosen suficientes (por exemplo, en traballos en exterior con fortes ventos ou choivas).

Dispoñer de servizos hixiénicos de acordo ó número de traballadores da obra. Estudar a

posición dos mesmos evitando, no posible, grandes desprazamentos. Limpeza periódica e

mantemento do seu equipamento.

Dispoñer de material e, no seu caso, locais de primeiros auxilios.

Dispoñer de medios de extinción de incendios. Informar ós traballadores da súa posición,

funcionamento e protocolos de actuación en caso de emerxencia.

Proteccións colectivas e individuais

Utilizar os equipos de protección axeitados a cada traballo.

Antepor o uso de proteccións colectivas ó de equipos de protección individual.

Verificar que as zonas de traballo son estables e dispoñen das proteccións axeitadas,

incluíndo o acceso ata as mesmas. Acceder unicamente ás zonas de traballo que ofrezan

as garantías de seguridade necesarias.

Mantemento e verificación da correcta montaxe dos elementos de protección colectiva.

Mantemento e verificación do estado de utilización dos equipos de protección individual.

Substituír os equipos degradados.

Page 17: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

15 1. Normas Xerais

Durante a montaxe de proteccións colectivas empregaranse proteccións individuais.

Durante as operacións de replanteo deberán seguirse as mesmas medidas preventivas

que as indicadas para a fase da obra da que se trate.

No caso de retirar unha protección colectiva temporalmente por circunstancias da

actividade, empregar sempre proteccións individuais fronte o mesmo risco, repoñendo a

protección colectiva unha vez rematada a operación que motivou a súa retirada.

Maquinaria, ferramentas e medios auxiliares

As máquinas e equipos de traballos serán empregados exclusivamente por persoal

cualificado e autorizado.

Empregar sempre a maquinaria ou ferramenta axeitada segundo o traballo a realizar.

Seguir as instrucións de uso e mantemento, respectando as medidas de seguridade

indicadas polo fabricante.

Utilización de maquinaria e ferramenta que dispoña de tódolos dispositivos de

seguridade segundo normativa vixente.

Mantemento preventivo da maquinaria e ferramenta portátil, a cargo de persoal

especializado.

Selección axeitada dos medios auxiliares segundo o traballo a realizar e as condicións do

emprazamento.

Impedir a presenza de persoal no radio de acción da maquinaria. Non transitar baixo

cargas suspendidas. Independizar as zonas de circulación de maquinaria do resto da obra.

Instalacións eléctricas

Dotar ás instalacións dos elementos de protección necesarios: diferenciais,

magnetotérmicos, posta a terra, etc.

Manter as portas dos cadros eléctricos cerradas con chave.

Restrinxir o acceso a cadros eléctricos só a traballadores cualificados e autorizados.

Non manipular as instalacións eléctricas se non se está formado e autorizado para elo.

Comunicar á persoa responsable cando se detecte un elemento ou equipo defectuoso.

Sinalizar a avaría ata a súa reparación.

Mantemento preventivo de todos os equipos eléctricos. Comprobar o estado das

proteccións e dos illantes.

Evitar o paso de persoas ou equipos sobre alargadeiras ou cables eléctricos.

Page 18: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

16 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Conectar a terra os equipos que así o requiran.

Non sobrecargar a instalación eléctrica conectando demasiados aparatos a un mesmo

enchufe.

Non utilizar ferramentas eléctricas coas mans ou pes húmidos

Nunca conectar cables sen enchufe.

Non desconectar os equipos tirando dos cables.

Desconectar a instalación eléctrica antes de realizar reparacións.

Traballando con maquinaria, respectar as distancias de seguridade coas liñas aéreas,

colocando sinalización e resgardos para evitar o contacto coas mesmas. Con liñas

soterradas, marcar o trazado da canalización manter unha distancia de seguridade

mínima de 1m para o traballo con maquinaria.

Manipulación manual de cargas

Para o transporte de cargas utilizar preferiblemente axudas mecánicas. En caso de non ser

posible, seguir as seguintes recomendacións:

Planificar o levantamento

Seguir as indicacións que aparezan no embalaxe acerca dos posibles riscos da carga, como

poden ser un centro de gravidade inestable, materiais corrosivos, etc.

Se non aparecen indicacións, observar a carga prestando atención a súa forma, tamaño,

posible peso, zonas de agarre, etc. Probar primeiro a alzar un lado, xa que non sempre o

tamaño da carga ofrece unha idea exacta do seu peso.

Solicitar a axuda doutras persoas si o peso da carga é excesivo ou se deben adoptar

posturas incómodas durante o levantamento non solucionables mediante axudas

mecánicas.

O límite de peso nas condición máis favorables é de 40 Kg para traballadores sans e

adestrados, aínda que hai que ter en conta que este límite a de reducirse en función da

forma de agarre, distancia ó corpo, necesidade de xiros, etc. Para os demáis traballadores

o límite é de 25 Kg, non obstante recoméndase non superar os 15 Kg.

Ter prevista a ruta de transporte e o punto de destino final, retirando os materiais quen

entorpezan o paso.

Usar a vestimenta, calzado e equipos axeitados.

Colocar ben os pes: Separar os pés para proporcionar unha postura estable e equilibrada

para o levantamento, colocando un pé máis adiantado que o outro na dirección do

movemento.

Page 19: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

17 1. Normas Xerais

Adoptar a postura de levantamento: Dobrar

as pernas mantendo en todo momento as

costas dereitas, e a queixada metida. Non

flexionar demasiado os nocellos. Non xirar o

tronco nin adoptar posturas forzadas.

Asir firmemente a carga empregando ambas

mans pegándoa ó corpo. O mellor tipo de

agarre sería o de tipo gancho.

Cando fora preciso cambiar o tipo de agarre facelo suavemente apoiando a carga.

Erguerse suavemente, por extensión das pernas, mantendo as costas rectas. Non dar

tiróns á carga nin movela de xeito brusco.

Procurar non efectuar nunca xiros, é preferible mover os pés para colocarse na posición

axeitada.

Manter a carga pegada ó corpo durante todo o levantamento.

Si o levantamento é dende o chan ata unha altura importante, por exemplo a altura dos

ombreiros, ou máis; apoiar a carga a medio camiño para poder cambiar o agarre.

Depositar a carga e despois axustala se é necesario. Realizar levantamentos por quendas.

Ergonomía e carga postural

Evitar no posible movementos bruscos e forzados do corpo. Non inclinar excesivamente a

columna.

Manter o corpo erguido en todo momento, de esta maneira os discos intervertebrais

reparten correctamente o peso do corpo e se evitan deformacións permanentes da

columna.

Co obxecto de reducir a fatiga, non permanecer demasiado tempo na mesma posición, y

efectuar movementos suaves de alargamento dos músculos.

Os cóbados deberán quedar á altura do plano de traballo, de maneira que permitan

gardar a posición vertical do brazo e horizontal do antebrazo.

Non é recomendable realizar movementos cos brazos por encima dos ombreiros, por

detrás do corpo ou por debaixo das cadeiras. De seren inevitables, limitarase o tempo de

traballo nesta posición alternando con outras tarefas.

Evitar as torsións e xiros bruscos do tronco e outros movementos forzados. É preferible

xirar o corpo dando pasos cortos á torsión das costas. Para acadas obxectos é mellor

desprazarse que estirar o corpo.

Page 20: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

18 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Procurar que a maioría dos movementos se realicen cos brazos apoiados. Se non é

posible, hai que deixalos descansar de cando en cando.

Sempre que a tarefa o permita, evitarase traballar co cóbado totalmente estendido ou

dobrado e se reducirá a forza feita coas mans e cos dedos.

Todos aqueles materiais, utensilios e ferramentas de traballo que deban localizarse e

manipularse con frecuencia deberán situarse nunha posición próxima ó corpo do usuario

e por debaixo dos seus ollos.

É recomendable reducir a intensidade do traballo físico pesado, introducindo pausas moi

frecuentes, ou alternando con actividades máis lixeiras que non forcen a columna

vertebral. Tamén fronte ó traballo repetitivo é preferible alternar tarefas.

Situar as ferramentas de traballo nun lugar definido dentro da obra que resulte cómodo e

permita manter as condicións de orde e limpeza.

Prevención de accidentes in itinere

Os accidentes nos desprazamentos ó lugar de traballo, coñecidos como accidentes in itienere,

representan un porcentaxe en torno ó 10% do total de accidentes laborais con baixa, polo que

compre extremar as precaucións nestes traxectos seguindo as seguintes recomendacións:

Respectar sempre as sinais e normas de tráfico.

Abrocharse sempre o cinto de seguridade.

Revisar en manter o vehículo en bo estado, prestando especial atención ós elementos

críticos para a seguridade: os freos, a dirección, as rodas, luces, etc.

Avisar sempre con antelación suficiente antes de realizar unha manobra.

Respectar sempre os límites de velocidade e distancias de separación entre vehículos

establecidos. Ademais, ter en conta outras circunstancias que poden influír no tempo de

reacción: estado da vía, do vehículo, condicións meteorolóxicas, estado físico ou psíquico,

etc.

Nunca arriscar nos adiantamentos: comprobar que o outro automóbil non está

avanzando, estimar se se dispón de espazo e tempo suficiente para adiantar e sinalizar a

manobra.

En caso de detectar somnolencia, deter o vehículo e descansar. Facer descansos

periódicos en traxectos longos.

Prohíbese o consumo de bebidas alcohólicas. Nunca conducir baixo os efectos de alcohol

ou outras sustancias que alteren a percepción do condutor, como son as drogas e algúns

medicamentos.

Page 21: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

2. Análise dos riscos en cada fase de obra

Page 22: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados
Page 23: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

21 Análise dos riscos en cada fase de obra

2.1. SUBMINISTRACIÓN A OBRA

Descrición Operacións de transporte e descarga de materiais a pé de obra, ben sexa con medios propios

ou a cargo de empresas de trasporte. A descarga pode ser mediante elementos mecánicos,

tales como camión-grúa, carretillas, grúa torre, etc.; ou manual, xeralmente dende vehículos

comerciais, en caso de pequenos volumes.

Identificación dos riscos máis frecuentes - Caídas de persoas ó mesmo nivel.

- Caídas de persoas a distinto nivel.

- Caída de obxectos durante a súa manipulación.

- Caída de obxectos desprendidos.

- Pisadas sobre obxectos.

- Golpes contra obxectos inmóbiles.

- Golpes o contactos con elementos móbiles da maquinaria.

- Atrapamentos por envorco da maquinaria

- Accidentes causados por vehículos: choques, atropelos, golpes, etc.

- Accidentes en tránsito.

- Sobre-esforzos.

Page 24: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

22 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Medidas preventivas Dispoñer en obra de vías de acceso sinalizadas e diferenciadas das vías peonís.

Conducir con precaución na entrada e saída da obra, solicitando a colaboración dun

axudante de sinalización se fora necesario.

Utilizar maquinaria con declaración de conformidade CE ou certificado de homologación,

que dispoñan de tódolos dispositivos de seguridade necesarios, estando os seus

operadores estean formados e autorizados para o seu manexo.

Seguir as normas de seguridade e medidas preventivas fronte os accidentes in itinere

mencionadas no capítulo 1.

Verificar o correcto estado de mantemento da maquinaria.

Planificar a descarga, establecer unha zona para estacionamento do vehículo de

transporte, maquinaria de elevación e zona de almacenaxe de material.

Sinalizar e informar ó persoal da obra sobre a localización destas zonas.

Mantemento das condicións de orde e limpeza da obra. Iluminación adecuada.

Impedir o paso de persoal baixo cargas suspendidas e na zona de circulación e acción da

maquinaria.

No uso de camión grúa, verificar a estabilidade do terreo de apoio e estender os

estabilizadores antes de iniciar a descarga.

Verificar que non existen liñas aéreas ou servizos afectados. Respectar as distancias

mínimas a liñas eléctricas segundo a tensión dos cables.

O operador da maquinaria de elevación ou transporte debe manter a visibilidade da carga

constantemente. En caso contrario solicitará a colaboración dun axudante para

sinalización.

Respectar as limitacións de carga estipuladas polo fabricante da maquinaria de elevación.

En caso de que a descarga de material se faga total ou parcialmente con medios manuais,

cumprir as normas mencionadas no capítulo 1 para a manipulación manual de cargas.

Proteccións colectivas e individuais Sinalización e balizamento.

Calzado de seguridade.

Casco de seguridade, en caso necesario.

Page 25: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

23 Análise dos riscos en cada fase de obra

2.2. DEMOLICIÓNS

Descrición

Traballos de demolición, desmontaxe ou levantamento de elementos de carpintería ou

cerramento que se vaian a substituír en obras de rehabilitación.

Identificación dos riscos máis frecuentes - Caídas de persoas ó mesmo nivel.

- Caídas de persoas a distinto nivel (ó retirar defensas exteriores ou actuar en fachada).

- Caída de obxectos durante a súa manipulación.

- Caída de obxectos desprendidos.

- Pisadas sobre obxectos.

- Golpes por obxectos ou ferramentas.

- Sobre-esforzos.

Medidas preventivas Iniciar a desmontaxe ou levantamento en orde inverso ó que foi construido.

No caso de carpinterías, retirar primeiro as follas acristaladas, para continuar cos marcos.

Respectar as condicións de orde e limpeza da obra.

Non acumular escombros desordenadamente. Estibar o material a retirar en lugar seguro

ata a súa evacuación, que deberá ser inmediata.

En caso de varandas ou defensas exteriores, se as proteccións colectivas non son

Page 26: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

24 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

suficientes para evitar o risco de caída en altura, empregar arnés anticaídas ancorado a

punto fixo da estrutura.

Os traballos en fachada ou cuberta faranse dende medios auxiliares (estadas) ou

maquinaria (plataformas, estadas motorizadas, etc.) que dispoñan de todos os elementos

de seguridade segundo o exposto no capítulo 3 deste manual.

Se hai perigo de desprendemento de obxectos ou elementos inestables colocaranse

proteccións a niveles inferiores, como redes ou marquesiñas de protección, prohibindo a

presenza de persoal baixo as zonas non protexidas.

Para a desmontaxe dos elementos de cerramento empregaranse as ferramentas

axeitadas.

Respectaranse as normas citadas para a manipulación de cargas.

Proteccións colectivas e individuais Varandas, redes e paneis de protección, no seu caso

Arnés anticaídas e liña de vida, no seu caso.

Casco de seguridade.

Calzado de seguridade.

Gafas de protección ocular e protectores auditivos, en operacións de corte ou

perforación. Máscara filtrante en caso necesario.

Luvas de protección e roupa axeitada.

Page 27: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

25 Análise dos riscos en cada fase de obra

2.3. ESTRUTURAS METÁLICAS

Descrición

Se ben este capítulo daría por si mesmo para un manual íntegro, daremos unhas medidas

preventivas básicas dado que é bastante común atopar empresas do sector do cerramento que

dedican parte da súa actividade ás estruturas metálicas, e viceversa.

Os traballos consisten na montaxe de perfiles metálicos, xeralmente unidos mediante

soldadura, aínda que tamén poden ser aparafusados, conformando a armazón de vigas e

soportes das edificacións. Adoitase subministrar os perfiles coa súa dimensión definitiva,

evitando así os cortes en obra. Salvo construcións de escasa entidade, precisase de guindastres

para situar as pezas e de medios auxiliares para traballar en altura.

Identificación dos riscos máis frecuentes - Caídas de persoas ó mesmo nivel.

- Caídas de persoas a distinto nivel.

- Caída de obxectos durante a súa manipulación.

- Caída de obxectos desprendidos.

- Golpes contra obxectos inmóbiles.

- Pisadas sobre obxectos.

- Proxección de fragmentos ou partículas (durante a perforación e corte de elementos).

- Sobre-esforzos.

Page 28: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

26 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

- Queimaduras por contacto térmico.

- Exposición a radiacións.

- Incendios.

- Exposición a temperaturas extremas.

Medidas preventivas Durante o subministro e aproximación das pezas soamente permanecerán na zona de

acción dos guindastres os traballadores que axudarán no montaxe.

A maquinaria de elevación disporá de gancho de seguridade e tódolos dispositivos de

seguridade esixibles en canto a limitación da carga e estabilidade do conxunto.

Empregaranse eslingas ou cadeas que suxeiten a peza por dous puntos, xeralmente a

través de perforacións ou asas previstas en taller.

O operador do guindastre estará formado e autorizado para o seu manexo.

Comprobarase a correcta suxeición dos perfiles antes do seu izado.

Verificarase que as pezas non presentan rebabas ou saíntes cortantes.

Interromperase a montaxe en caso de fortes ventos.

O operador manterá visibilidade constante da carga, solicitando a colaboración doutros

traballadores para sinalizar e advertir da posición de obstáculos.

Non se liberará a peza do cable de elevación ata que se realicen as soldaduras ou unións

suficientes que garantan a súa estabilidade. No montaxe de vigas adoitase utilizar

casquillos provisionais para apoiar a peza antes de soldala: comprobar que se solda ou

asegura fronte a envorco lateral antes de soltala do cable.

Durante a montaxe e unión dos perfis impedirase a presenza de traballadores nas

inmediacións e baixo a mesma vertical, ata que se dispoña de construcións definitivas ou

provisionais que eviten o risco de caída de obxectos.

Para os traballos en altura disporanse, se é posible, de plataformas axeitadas con

varandas de seguridade. Se se recorre a taboleiros ou panelados provisionais, han de ter

resistencia suficiente e suxeitarse firmemente á estrutura que os soporta.

Alternativa ou complementariamente poden empregarse fronte a este risco redes

horizontais de seguridade e proteccións de borde mediante o uso de redes ou varandas.

Cando a colocación das proteccións colectivas non fose viable, e en calquera caso,

mentres non se dispoña das mesmas, empregarase arnés de seguridade e liñas de vida

previstas nos elementos estruturais xa executados.

O uso de plataformas elevadores resulta moi efectivo para este tipo de traballos.

Page 29: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

27 Análise dos riscos en cada fase de obra

Limitarase, no posible, a soldadura en altura. Durante as operacións de soldadura

utilizaranse os EPIs necesarios: pantalla de soldadura, luvas, e polainas. Ademáis

comprobarase que non existen materiais inflamables a menos de 6m e disporase dun

extintor nas proximidades.

Prestarase especial atención á situación e estado dos equipos de soldadura, dotados de

válvulas antirretorno e mantendo sempre as bombonas en vertical sobre carros axeitados

para o seu transporte.

Proteccións colectivas e individuais Plataformas de traballo con varandas laterais.

Redes horizontais de seguridade.

Arnés anticaídas e liñas de vida, se as proteccións colectivas non son suficientes.

Casco de seguridade.

Calzado de seguridade.

Pantalla ou gafas de soldador, luvas e polainas de coiro.

Extintor portátil.

Gafas de protección ocular e protectores auditivos, se se realizan cortes ou perforacións.

Page 30: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

28 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

2.4. CUBERTAS e LUCERNARIOS

Descrición

Dentro das cubertas existen gran variedade de materiais e solucións construtivas, polo que a

continuación relaciónanse unha serie de normas básicas comúns a todas elas, debendo

estudar en cada caso concreto as particularidades do material a empregar e a configuración

arquitectónica da cuberta. Englóbanse neste grupo as cubertas habitualmente executadas no

sector, como son as metálicas de chapa ou de panel sándwich, as de placas plásticas onduladas

ou lisas (policarbonato, metacrilato, etc) ou as de vidro.

As prescricións citadas a continuación son de aplicación tanto a edificios de varias alturas coma

para edificacións e construcións auxiliares de planta baixa, se ben cando a plataforma de

traballo se sitúa a menos de dous metros de altura minimízanse os riscos especialmente graves

de caída en altura ou os derivados da elevación do material.

Identificación dos riscos máis frecuentes - Caídas de persoas ó mesmo nivel.

- Caídas de persoas a distinto nivel.

- Caída de obxectos por desplome

- Caída de obxectos durante a súa manipulación.

- Golpes, cortes ou atrapamentos durante a manipulación do material de cubrición.

Page 31: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

29 Análise dos riscos en cada fase de obra

- Caída de obxectos desprendidos.

- Proxección de fragmentos ou partículas (durante a perforación e corte de elementos).

- Sobre-esforzos.

- Exposición a temperaturas extremas.

- Exposición a axentes químicos (selado).

Medidas preventivas O principal é definir e organizar os traballos establecendo as proteccións colectivas a

instalar para evitar a caída de persoas a distinto nivel.

Poderá optarse por varandas ou estadas perimetrais para protexer os bordes da cuberta.

Sobresairán unha altura dun metro e incorporarán listón intermedio e rodapé. Fronte a

este risco tamén son válidas as redes tipo forca, sempre e cando a altura de caída non

sexa superior a 6m (dúas plantas).

Fronte o risco de cara ó interior do edifico é habitual empregar redes horizontais baixo a

estructura da cuberta.

Para protexer ocos de instalacións, claraboias ou chemineas, poderán utilizarse as

mesmas redes, ou plataformas e paneis convenientemente ancorados a estrutura. A súa

posición deberá sinalizarse.

Para evitar as caídas ao mesmo nivel ou escorregamentos dos traballadores disporanse

plataformas de paso ou escaleiras de tellado.

Page 32: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

30 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Se o material de cubrición non está concibido para o tránsito de persoas ou as proteccións

colectivas non foran suficientes para evitar o risco de caída en altura, instalaranse unha

ou varias liñas de vida, xeralmente no cumio, e empregarase arnés de seguridade.

O aprovisionamento de material sobre a cuberta farase almacenando unicamente o que

se vaia a colocar de inmediato, repartindo sobre a superficie sen comprometer a

estabilidade da estrutura.

Cando se empreguen guindastres ou maquinaria de elevación respectaranse as normas

mencionadas para suministros a obra (2.1).

En caso de fortes ventos, choivas ou xeadas interromperanse os traballos. En tempo

caloroso tomaranse medidas para evitar a exposición prolongada dos traballadores ó sol.

Fronte a caía de obxectos servirán as propias redes de seguridade ou, alternativamente,

instalaranse marquesiñas de protección sobre a rúa e pasos inferiores.

Prohibirase a presenza de persoal no baixo cuberta e nos ocos de comunicación mentres

duren os traballos en cuberta.

Durante as operacións de corte de pezas, se é o caso, utilizarase protección ocular e

auditiva.

Para a aplicación de produtos de selado seguiranse as instrucións da ficha de seguridade

do fabricante.

Proteccións colectivas e individuais Redes de seguridade horizontais e tipo forca.

Arnés anticaídas e liñas de vida.

Varandas perimetrais.

Calzado de seguridade antideslizante.

Plataformas ou escaleiras de tellador.

Gafas de protección ocular e protectores auditivo.

Page 33: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

31 Análise dos riscos en cada fase de obra

2.5. FACHADAS METÁLICAS e FACHADAS TRASVENTILADAS

Descrición

Cerramentos lixeiros de fachada, xa sexan ventiladas ou non, a base de paneis composite,

chapas metálicas, paneis sándwich, de resinas ou similares, montados sobre unha estrutura

auxiliar, xeralmente de aceiro galvanizado, que se fixa a folla interior do cerramento e a

estrutura principal do edificio. A montaxe realizase dende o exterior polo que faise necesaria a

montaxe de estadas, xa sexan tubulares ou colgantes; ou ben empregar plataformas e outras

máquinas que permitan o traballo de persoas en altura.

Identificación dos riscos máis frecuentes - Caídas de persoas ó mesmo nivel.

- Caídas de persoas a distinto nivel.

- Caída de obxectos durante a súa manipulación.

- Caída de obxectos desprendidos.

- Golpes contra obxectos inmóbiles.

- Proxección de fragmentos ou partículas (durante a perforación e corte de elementos).

- Atrapamento por e entre obxectos.

- Cortes con ferramentas ou pezas a colocar.

- Sobre-esforzos.

- Exposición a temperaturas extremas.

Page 34: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

32 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Medidas preventivas En caso de empregar estadas, a montaxe e desmontaxe destes medios auxiliares será a

cargo de persoal formado na materia, de acordo co plan de montaxe. A instalación será

obxecto de certificación emitida por técnico competente. Estes elementos estarán

dotados de tódolos elementos de seguridade necesarios (varandas, listón intermedio e

rodapé) e dos ancoraxes e apoios necesarios para garantir a súa estabilidade.

Cando se utilicen plataformas elevadoras o persoal estará formado para o seu manexo, e

cumprirá as normas recollidas no capítulo 3 deste manual.

Prestarase especial atención ó izado e descarga de materiais na zona de traballo,

prevendo plataformas de descarga de material ou instalando montacargas que permitan a

elevación de materias de xeito seguro.

En xeral o pequeno material elevarase en caixóns ou similares que impidan o seu

desprendemento. As pezas máis largas izaranse empaquetadas e suxeitas mediante

eslingas.

En caso de ser necesaria a desmontaxe puntual da protección colectiva utilizarase a

protección individual correspondente, por exemplo, no caso de desmontar unha varanda

utilizarase arnés de seguridade fixado a puntos previstos a tal efecto.

Fronte a caída de obxectos desprendidos instalaranse redes de protección e marquesiñas

baixo a fachada.

Non se acumularán materiais ou ferramentas sobre a estada ou plataforma que non se

vaian a utilizar inmediatamente.

Os traballadores transportarán as ferramentas manuais en cintos portaferramentas.

Page 35: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

33 Análise dos riscos en cada fase de obra

A fixación da subestrutura ó cerramento, así coma a montaxe das placas de acabado, ha

de garantir a estabilidade da folla de cerramento, cumprindo as especificacións do

fabricante do sistema e do proxecto técnico, no seu caso.

Interromperanse os traballos en caso de fortes ventos que dificulten o posicionamento

das pezas.

Para a manipulación das pezas, seguiranse as normas de manipulación manual de cargas

mencionadas no capítulo 1.

Verificarase a inexistencia de rebabas ou elementos cortantes nas pezas.

As ferramentas portátiles disporán de tódolos dispositivos de seguridade e estarán en

correcto estado de mantemento.

Proteccións colectivas e individuais Varandas con listón intermedio e rodapé.

Redes e marquesiñas de protección.

Arnés anticaídas, se as proteccións colectivas non son suficientes.

Casco de seguridade.

Calzado de seguridade.

Gafas de protección ocular e protectores auditivos, en operacións de corte ou

perforación. Máscara antipó en caso necesario.

Luvas de protección antideslizante.

Page 36: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

34 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

2.6. MUROS CORTINA

Descrición Sistema de cerramento de fachada autoportante, habitualmente acristalada, que se dispón

ininterrompidamente polo exterior da estrutura principal do edificio. Está composto por unha

estrutura auxiliar metálica que, na actualidade, adoita ser de aluminio reforzado ancorado á

estrutura principal nos cantos dos forxados. Aínda que existen solucións que se adaptan a todo

tipo de superficies, o habitual é que a configuración de esta estrutura forme un armazón

reticular sobre o que se montan os paneis de vidro ou doutro material. A montaxe dos paneis

pode ser con perfilaría vista ou oculta, empregando neste último caso siliconas estruturais.

Identificación dos riscos máis frecuentes - Caídas de persoas ó mesmo nivel.

- Caídas de persoas a distinto nivel.

- Caída de obxectos durante a súa manipulación.

- Caída de obxectos desprendidos.

- Golpes contra obxectos inmóbiles.

- Proxección de fragmentos ou partículas (durante a perforación e corte de elementos).

- Atrapamento por e entre obxectos.

- Cortes con ferramentas ou pezas a colocar.

- Sobre-esforzos.

- Exposición a temperaturas extremas.

- Exposición a axentes químicos (siliconas).

Page 37: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

35 Análise dos riscos en cada fase de obra

Medidas preventivas En caso de empregar estadas, a montaxe e desmontaxe destes medios auxiliares será a

cargo de persoal formado na materia, de acordo co plan de montaxe. A instalación será

obxecto de certificación emitida por técnico competente. Estes elementos estarán

dotados de tódolos elementos de seguridade necesarios (varandas, listón intermedio e

rodapé) e dos ancoraxes e apoios necesarios para garantir a súa estabilidade.

Cando se utilicen plataformas elevadoras o persoal estará formado para o seu manexo, e

cumprirá as normas recollidas no capítulo 3 deste manual.

Se a montaxe da estrutura auxiliar se realiza dende o interior empregarase arnés de

seguridade ancorado a liña de vida ou puntos fixos previstos con anterioridade. De ser

posible, é prioritaria a instalación de varandas ou redes no canto dos forxados.

O vidro izarase preferiblemente con maquinaria de elevación e ventosas específicas para

este material. A manipulación manual, con axuda de ventosas, será a cargo de persoal

formado e capacitado.

Fronte a caída de obxectos desprendidos instalaranse redes de protección e marquesiñas

baixo a fachada.

Delimitarase inferiormente o tramo no que se está traballando prohibindo o acceso baixo

a mesma vertical e nas proximidades.

O vidro presentado na oco correspondente, recibirase e terminará de instalarse

inmediatamente.

Page 38: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

36 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Non se acumularán materiais ou ferramentas sobre a estada ou plataforma que non se

vaian a utilizar inmediatamente.

Os traballadores transportarán as ferramentas manuais en cintos portaferramentas.

Interromperanse os traballos en caso de fortes ventos que dificulten o posicionamento

das pezas. Tamén en caso de xeadas que aumentan a tendencia a esvarar do material.

En tempo extremadamente caloroso tomaranse as medidas organizativas necesarias para

limitar a exposición dos traballadores, ou instalaranse proteccións axeitadas que

minimicen a acción directa do sol.

Durante a aplicación de produtos de selado seguiranse as indicacións da ficha de

seguridade do material.

Proteccións colectivas e individuais Arnés anticaídas, se as proteccións colectivas non son suficientes.

Varandas e redes de seguridade.

Marquesiñas de protección e delimitación das zonas inferiores.

Casco de seguridade.

Calzado de seguridade.

Luvas de protección antideslizante.

Correas de pulso e brazo de coiro fronte a posibles roturas do vidro.

Page 39: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

37 Análise dos riscos en cada fase de obra

2.7. CARPINTERÍA EXTERIOR

Descrición Comprende esta unidade de obra a instalación de portas, ventás e os seus complementos:

persianas, contraventás, mallorquinas, lamas, etc. Adoitan ser de aluminio ou PVC, aínda que

tamén se fan en aceiro e aceiro inoxidable.

A carpintería fabrícase en taller e subminístrase a obra cos seus marcos e bastidores das follas

xa montados, incluíndo, polo xeral, os remates das xambas e a caixa de persiana; colocando en

obra os vidros, guarnicións e remates necesarios.

Identificación dos riscos máis frecuentes - Caídas de persoas ó mesmo nivel.

- Caídas de persoas a distinto nivel.

- Caída de obxectos durante a súa manipulación.

- Caída de obxectos desprendidos.

- Pisadas sobre obxectos.

- Golpes contra obxectos inmóbiles.

- Proxección de fragmentos ou partículas (durante a perforación e corte de elementos).

- Atrapamento por e entre obxectos.

- Cortes con ferramentas ou pezas a colocar.

- Sobre-esforzos.

Page 40: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

38 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Medidas preventivas Durante o subministro seguiranse as normas citadas no apartado 2.1. Prestarase especial

atención á manobra de descarga do material no piso correspondente: se se fai en

plataformas de descarga ou bordes de forxado desprotexido empregarase arnés de

seguridade ancorado en punto fixo estrutural previsto a tal efecto.

Neste senso, é tamén importante almacenar as carpinterías, sempre que sexa posible,

preto do seu punto de colocación; minimizando así as interferencias co resto da obra.

A montaxe adoita facerse dende o interior, polo que, se o oco de fachada non dispón dun

antepeito suficiente, é necesario utilizar arnés de seguridade. Cando a montaxe se fai

dende o exterior, empregando estadas ou plataformas, os riscos son similares os

mencionados para a execución de fachadas, polo tanto, hanse de respectar as normas

establecidas no capítulo correspondente (Ver 2.5).

Fronte a caída de obxectos desprendidos instalaranse redes de protección e marquesiñas

baixo a fachada.

Nas operación de mecanizado de chapas da carpintería ou dos seus remates empregarase

protección ocular e auditiva.

Utilizarase a ferramenta máis axeitada para cada operación a realizar. Verificarase que

dispoñen de tódolos mecanismos de seguridade en correcto estado de mantemento. Os

traballadores estarán formados e autorizados para o seu manexo.

Os riscos derivados do acristalamento das carpinterías analízanse no apartado seguinte.

Durante a aplicación de produtos químicos de selado e fixación seguiranse as indicacións

da ficha de seguridade do material.

Manter as condicións de orde e limpeza da obra.

Proteccións colectivas e individuais Arnés anticaídas, se as proteccións colectivas non son suficientes.

Marquesiñas de protección e delimitación das zonas inferiores.

Casco de seguridade.

Calzado de seguridade, xa que acostumase a circular por distintas zonas da obra.

Gafas ou pantalla protectora dos ollos e da cara.

Auriculares ou tapóns de protección auditiva.

Estudiarase o uso de luvas para as operacións de corte. Indispensable cando se xeren

virutas.

Para a manipulación do vidro: os mencionados no apartado seguinte.

Page 41: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

39 Análise dos riscos en cada fase de obra

2.8. VIDRARÍA

Descrición

O vidro é un material moi empregado en construción debido principalmente a súa capacidade

de permitir o paso da luz o seu través. Esta característica faino un compoñente fundamental

no sector do cerramento, estando presente tanto en fachadas coma en cubertas. Todo elo sen

menosprezar outras aplicacións en particións interiores, mobiliario ou decoración.

Segundo a súa función e situación poderá tratarse de acristalamentos sinxelos, dobres e

illantes ou vidros especiais nos que se modifican a súa absorción e reflexión de luz. A súa vez,

poden ser temperados, con maior resistencia mecánica; ou laminados, formados por varios

vidros superpostos que intercalan unha lámina polimérica que os une solidariamente,

conferíndolle gran resistencia á rotura do conxunto.

Identificación dos riscos máis frecuentes Sen desestimar o especificado para cada fase de obra, identifícanse os seguintes riscos

adicionais durante a manipulación e colocación do vidro:

- Cortes durante a súa manipulación, transporte ou colocación.

- Caída de obxectos durante a súa manipulación.

- Cortes por obxectos desprendidos.

- Atrapamentos entre obxectos.

- Pisadas sobre obxectos.

- Sobre-esforzos derivados da incorrecta manipulación.

Page 42: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

40 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Medidas preventivas

Acoutar as zonas de paso na obra, para facilitar o súa manipulación, evitar interferencias

entre oficios e danos a todo o persoal da obra.

Tanto a manipulación como o almacenamento se fará en posición vertical. As follas de

vidro almacenaranse cunha inclinación entre 4 e 6 grados, en cabaletes para tal fin, con

apoios de goma ou materiais flexibles, interpoñendo separadores entre cada folla. A zona

de almacenaxe será sinalizada.

Prioritariamente a colocación do vidro farase dende o interior, agás cando por motivos

técnicos non fose posible. En caso de colocación exterior, atenderase ó disposto para os

medios auxiliares que se prevexa utilizar. Cando se empreguen guindastres equiparanse

con ventosas eléctricas de seguridade.

Dada que, xeralmente se trata de elementos de gran superficie, non se traballará baixo a

acción de fortes ventos.

Coidarase manter a obra limpa e ordenada, especialmente nas zonas de paso.

En caso de rotura dalgunha peza ou presenza de fragmentos de vidro, limparase

inmediatamente.

Salvo os de pequena dimensión, os vidros manexaranse con ventosas específicas,

habitualmente precísase de dous operarios para o manexo das follas. Os traballadores

estarán formados e capacitados para o súa manipulación.

Respectaranse as medidas preventivas para a manipulación manual de cargas, de cara a

evitar sobre-esforzos.

Os vidros xa instalados, en zonas de paso, sinalizaranse para evitar golpes.

Proteccións colectivas e individuais

Balizamento e sinalización das zonas de paso e almacenamento

Marquesiñas de protección e delimitación das zonas inferiores.

Casco de seguridade.

Calzado de seguridade.

Luvas de protección antideslizantes, proteccións de brazos e pernas de coiro.

Page 43: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

41 Análise dos riscos en cada fase de obra

2.9 VARANDAS, DEFENSAS EXTERIORES e INTERIORES

Descrición

Inclúense neste apartado as barreiras de protección instaladas en ocos de fachada, balcóns,

patios, terrazas, escaleiras e ocos de forxado. Os materiais empregados poden ser: a forxa,

aceiro laminado, aceiro conformado, aceiro inoxidable, aluminio ou vidro, así coma

combinacións dos anteriores.

Identificación dos riscos máis frecuentes - Caídas de persoas a distinto nivel.

- Caídas de persoas ó mesmo nivel.

- Caída de obxectos na súa manipulación.

- Caída de obxectos desprendidos.

- Pisadas sobre obxectos.

- Golpes contra obxectos inmóbiles

- Proxección de fragmentos ou partículas.

- Atrapamentos por e entre obxectos.

- Sobre-esforzos.

- En caso de soldadura en obra: exposición a radiacións.

Page 44: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

42 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Medidas preventivas Prioritariamente a colocación farase

dende o interior, agás cando por

motivos técnicos non fose posible. En

caso de colocación exterior, atenderase

ó disposto para os medios auxiliares

que se prevexa utilizar.

En traballos preto de ocos ou bordes

desprotexidos empregarase arnés de

seguridade ancorado a punto fixo

estrutural ou outro sistema anticaídas.

Manter as condicións de orde e limpeza. Se hai actividades simultáneas, delimitar as

zonas de tránsito e actuación.

Dispoñer de proteccións no exterior fronte a caída de obxectos: redes ou marquesiñas. En

traballos cortos no interior, se non se dispón de redes, acoutarase a zona inferior para

impedir o paso baixo a vertical e as inmediacións.

En caso de traballos con vidro respectarase as normas citadas anteriormente (ver 2.9)

Preferiblemente prefabricaranse en taller tódolos elementos posibles para facilitar a

posta en obra. Se fose necesario empregar soldadura en obra, empregaranse os EPIs

correspondentes, disporase dun extintor cercano e coidarase de favorecer a ventilación

cando os traballos se realicen en interior. En caso contrario empregarase máscara con

filtro axeitado.

Durante as operacións de corte e perforación empregarase protección auditiva e ocular.

Respectaranse as medidas preventivas para a manipulación manual de cargas, de cara a

evitar sobre-esforzos.

Proteccións colectivas e individuais Marquesiñas de protección e delimitación das zonas inferiores

Casco de seguridade.

Calzado de seguridade.

Luvas de protección.

Protección ocular e auditiva, en caso de corte de pezas ou perforación.

En caso de soldadura: mandil, polainas, luvas de coiro e pantalla de soldador.

Page 45: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

43 Análise dos riscos en cada fase de obra

2.10. VALADOS, PORTAIS e PORTAS AUTOMÁTICAS

Descrición

Cabe tamén prestar atención ós elementos de carpintería empregados para accesos principais

de edificios e cerramentos de parcelas. Englóbanse neste grupo os valados e enreixados que

adoitan servir de elemento de delimitación e ocultación dos terreos, así coma os portais e

portas principais, posúan ou non automatismos.

Identificación dos riscos máis frecuentes - Caídas de persoas ó mesmo nivel.

- Caída de obxectos na súa manipulación.

- Pisadas sobre obxectos.

- Golpes contra obxectos inmóbiles

- Proxección de fragmentos ou partículas.

- Atrapamentos por e entre obxectos.

- Sobre-esforzos.

Page 46: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

44 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Medidas preventivas Os cerramentos e carpinterías subminístranse premontados de taller, a súa colocación

asemellase ós elementos de carpintería e carrexaría xa analizados, coa salvedade de que estes

traballos desenvólvense en planta baixa. Non obstante, a aparente sinxeleza non debe

traducirse no descoido das seguintes medidas preventivas:

Ante posibles interferencias con outros oficios da obra, ou persoal alleo á mesma,

tomaranse as mesmas medidas de sinalización e balizamento prescritas para a obra en

xeral.

O uso de ferramentas eléctricas quedará restrinxido a persoal formado e autorizado. Todo

equipo de traballo disporá dos mecanismos e resgardos de protección esixibles. En xeral,

respectaranse as medidas preventivas citadas no capítulo 1.

Comunmente é necesario realizar pequenos aloxamentos na obra de albanelería que

recibirá o cerramento. Os cortes e perforacións faranse utilizando protección ocular e

auditiva. Preferentemente empregarase maquinaria con extracción localizada, se non fose

posible empregarase máscara filtrante.

En canto á manipulación de cargas estarase ó disposto para os subministros a obra e a

manipulación manual de cargas.

O material almacenarase sobre cuñas de madeira ou material flexible, a ser posible,

preto da zona de colocación.

Nos traballos con vidro seguiranse as normas do apartado correspondente (Ver 2.8).

Para traballar en altura empregaranse borriquetas ou estadas normalizadas, prohibíndose

o traballo dende plataformas improvisadas. O uso de escaleiras limitarase a zonas onde

non sexa viable a montaxe doutros medios auxiliares, sempre que o risco fronte a caídas

non fora importante.

Proteccións colectivas e individuais Cinta de balizamento.

Calzado de seguridade.

Luvas de protección.

Protección ocular e auditiva, en

caso de corte de pezas ou

perforación.

Page 47: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

45 Análise dos riscos en cada fase de obra

2.11. PARTICIÓNS INTERIORES

Descrición

Atendemos agora ás particións interiores de carrexaría, de ampla difusión en oficinas e

despachos, que poden ser modulares ou a medida, ben sexan cegas ou acristaladas (total ou

parcialmente). Están formadas por unha perfilaría a modo de bastidor de aluminio ou aceiro,

aínda que tamén as hai de madeira; tapiadas con paneis de distintos materiais: madeira,

metal, plástico; ou vidro.

Identificación dos riscos máis frecuentes - Caídas de persoas ó mesmo nivel.

- Caída de obxectos na súa manipulación.

- Pisadas sobre obxectos.

- Golpes contra obxectos inmóbiles

- Proxección de fragmentos ou partículas.

- Atrapamentos por e entre obxectos.

- Sobre-esforzos.

Page 48: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

46 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Medidas preventivas A súa colocación asemellase ós elementos de carpintería e carrexaría xa analizados, coa

salvedade de que estes traballos desenvólvense no interior de edificios terminados ou nas

ultimas fases de execución. Non obstante, a aparente sinxeleza non debe traducirse no

descoido das seguintes medidas preventivas:

O uso de ferramentas eléctricas quedará restrinxido a persoal formado e autorizado.

Disporán de tódolos mecanismos e resgardos de protección esixibles. En xeral,

respectaranse as medidas preventivas citadas no capítulo 1.

Os cortes e perforacións faranse utilizando protección ocular e auditiva.

En canto á manipulación de cargas estarase ó disposto para os subministros a obra e a

manipulación manual de cargas.

O material almacenarase sobre cuñas de madeira ou material flexible, a ser posible, preto

da zona de colocación.

Nos traballos con vidro seguiranse as normas do apartado correspondente (Ver 2.8).

Para traballar en altura empregaranse borriquetas ou estadas normalizadas, prohibíndose

o traballo dende plataformas improvisadas.

Proteccións colectivas e individuais Calzado de seguridade.

Luvas de protección.

Protección ocular e auditiva, en caso de corte de pezas ou perforación.

Page 49: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

Page 50: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados
Page 51: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

49 3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

Introdución

A continuación analízanse os riscos derivados dos medios auxiliares e maquinaria empregados

durante a subministración e execución de cerramentos en obra. Entre a variedade de equipos

de traballo, selecciónanse os de uso máis estendido e que son empregados de maneira directa

por traballadores do sector.

Mantemento

Como consideración común a tódolos equipos de traballo empregados en obra ou taller, cabe

recordar a importancia de preservalos nun óptimo estado de uso e mantemento xa que isto

repercutirá directamente nos riscos derivados do seu uso, ademais aumenta a súa vida útil e

mellora o rendemento, reducindo, por tanto, os custos do propio equipo e do seu uso.

As operacións de mantemento e reparación dos equipos de traballo realizaranas traballadores

capacitados e autorizados para estas tarefas, que serán realizadas segundo a frecuencia e

procedementos indicados polo fabricante.

Formación e acreditacións

Os traballadores recibirán formación teórico-práctica para a utilización da maquinaria e outros

equipos de traballo, incluíndo aspectos relativos á prevención de riscos laborais. Por parte da

empresa emitiranse autorizacións de uso de maquinaria e ferramentas identificando os

equipos a empregar e o persoal habilitado paro o seu uso ou manexo. Algunhas máquinas

requiren ademais a posesión de carnés oficiais (grúas torre, grúas móbiles ou vehículos de

carreteira).

Page 52: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

50 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

3.1. CAMIÓN GRÚA

Descrición

Equipo de traballo formado por un vehículo portante dotado de sistemas de propulsión e

dirección propios, no que se instala un aparato de elevación tipo pluma.

Identificación dos riscos máis frecuentes - Caída de persoas a distinto nivel.

- Caídas de persoas ó mesmo nivel.

- Caída de obxectos na súa manipulación.

- Caída de obxectos desprendidos.

- Pisadas sobre obxectos.

- Golpes contra obxectos inmóbiles

- Proxección de fragmentos ou partículas.

- Atrapamentos por e entre obxectos.

- Atrapamentos por envorque da máquina.

- Contactos térmicos e contactos eléctricos.

- Incendios.

- Atropelos, golpes ou choques con ou contra vehículos

- Enfermidades profesionais derivados da exposición a ruídos e vibracións.

Page 53: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

51 3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

Medidas preventivas Empregarase maquinaria que dispoña de marcado CE, declaración de conformidade e

manual de instrucións, ou que se someteran á procedemento de conformidade segundo o

RD 1215/97.

Recoméndase que dispoña de avisador luminoso de tipo rotatorio ou flash.

Deberá estar dotado de sinal acústica de marcha atrás.

Deberá garantirse en todo momento a comunicación entre o condutor e o encargado da

descarga.

Antes de iniciar os traballos, comprobar que todos os dispositivos do camión responden

correctamente, estando en correcto estado.

En canto á prevención dos accidentes in itinere seguiranse as normas mencionadas no

capítulo 1.

Asegurar a máxima visibilidade do camión grúa.

Manter limpa e ordenada a cabina e a zona de manobra.

Subir e baixar do camión unicamente mediante a escaleira prevista polo fabricante.

O operador deberá limpar o calzado antes de utilizar a escaleira de acceso, así como subir

e baixar sempre de cara ó camión, empregando as dúas mans .

Verificar a existencia dun extintor no camión.

O vehículo ha de instalarse en terreo compacto. En terreos non asfaltados, ter en conta a

influencia da humidade do solo, despois das choivas.

Page 54: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

52 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Situar o guindastre nunha zona segura con respecto ó vento, suspendendo a actividade en

caso de fortes vendavais.

Prohíbese a utilización do guindastre como elemento de transporte de persoas, excepto

no caso de que a máquina estea prevista para este fin e dispoña dos accesorios axeitados

previstos polo fabricante.

Prohíbese a presenza de traballadores ou terceiros no radio de acción da máquina.

En traballos en zonas de servizos afectados ou cando non se dispoña de boa visibilidade

requirirase a colaboración dun sinalista.

En proximidade a cables eléctricos, identificar primeiro a tensión dos cables e respectar a

distancia de seguridade: 3, 5 ou 7 metros en función da mesma.

Ademais de respectar todas as normas de seguridade na vía, estremaranse as precaucións

nas inmediacións dos accesos á obra, que deberán estar sinalizados. Solicitar a

colaboración dun sinalista en caso necesario.

Antes de comezar a carga ou descarga estabilizar a máquina estendendo os gatos e

calzando as rodas.

Proteccións colectivas e individuais Sinalización e balizamento das zonas de

traballo

Casco de seguridade (fora da máquina).

Calzado de seguridade.

Luvas de protección.

Faixas e cintos antivibracións (en caso de

ser necesario).

SEÑALES GESTUALES CODIFICADAS (INSHT: NTP 701)

GESTOS GENERALES

COMIENZO / ATENCIÓN

ALTO / INTERRUPCIÓN

FIN

MOVIMIENTOS VERTICALES

IZAR BAJAR DISTANCIA VERTICAL

MOVIMIENTOS HORIZONTALES

AVANZAR RETROCEDER HACIA LA DERECHA

PELIGRO

HACIA LA IZQUIERDA

DISTANCIA HORIZONTAL

ALTO

Page 55: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

53 3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

3.2. PLATAFORMAS ELEVADORAS

Descrición

Máquina móbil dotada dunha plataforma de traballo que pode subir, baixar ou desprazarse,

destinada a desprazar a persoas ata unha posición de traballo, grazas a unha estrutura

extensible. Existen varios tipos de plataformas elevadoras: de tesoira, de brazo articulado, de

brazo telescópico ou elevadores verticais.

Identificación dos riscos máis frecuentes - Caída de persoas a distinto nivel.

- Caídas de persoas ó mesmo nivel.

- Caída de obxectos por desplome

- Caída de obxectos na súa manipulación.

- Caída de obxectos desprendidos.

- Pisadas sobre obxectos.

- Golpes contra obxectos inmóbiles

- Proxección de fragmentos ou partículas.

- Atrapamentos por e entre obxectos.

- Atrapamentos por envorque da máquina.

- Contactos térmicos e contactos eléctricos.

- Incendios.

- Atropelos, golpes ou choques con ou contra vehículos

Page 56: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

54 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Medidas preventivas Empregaranse plataformas que

dispoñan de marcado CE,

declaración de conformidade e

manual de instrucións.

Disporá de todos os elementos de

seguridade exixibles, como son:

avisador acústico, parada de

emerxencia, inclinómetro,

varandas de protección ou

elementos de protección de borde

e dispositivo limitador da carga.

Queda prohibida a manipulación

dos sistemas de seguridade.

O operador deberá estar formado e autorizado para o seu manexo.

Verificar que as condicións do terreo ou pavimento polo que discorre son apropiadas para

soportar a carga máxima indicada polo fabricante. Igualmente, evitar as zonas con

descontinuidades, buratos, manchas ou calquera risco potencial.

Inspeccionar a zona de traballo identificando elementos de risco: liñas eléctricas, vigas ou

saíntes perigosos. Deixar suficiente espazo de seguridade a obstáculos na parte superior e

lateral da plataforma.

Respectar as distancias de seguridade a liñas eléctricas, en caso de que non poidan ser

desconectadas.

Utilizar sempre os sistemas de estabilización dos que dispoña a máquina.

Queda prohibido o uso da plataforma para finalidades distintas ó desprazamento de

persoas, ferramentas e equipos á zona de traballo.

O operador da plataforma debe ter total visibilidade no radio de acción da máquina.

Está prohibido baixar da plataforma cando se atope en movemento. Manter sempre o

corpo no interior.

Non superar a carga máxima ou número máximo de persoas autorizado polo fabricante.

As máquinas dispoñen de órganos de movemento na plataforma e na parte baixa. Queda

prohibido accionar os mandos dende o solo cando existan persoas na plataforma.

Non se pode aumentar o alcance da plataforma empregando elementos auxiliares, como

escaleiras.

Non se poden empregar plataformas diesel en lugares mal ventilados.

Page 57: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

55 3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

Acceder á plataforma polas vías de acceso previstas polo fabricante, nunca pola estrutura.

Manter a zona de traballo limpa, sen elementos que poidan desprenderse mentres se

traballa. Se permanece o risco de caída de obxectos colocaranse proteccións nas zonas

inferiores e sinalizaranse as inmediacións.

Nas plataformas articuladas e telescópicas, empregar arnés de seguridade ancorado a

lugar previsto polo fabricante no interior da plataforma

Proteccións colectivas e individuais Varandas perimetrais da plataforma, sistema de seguridade na porta de acceso.

Balizamento e sinalización inferior.

Persoal de apoio a nivel de solo.

Casco de seguridade

Calzado de seguridade

Arnés anticaídas.

Page 58: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

56 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

3.3. ESTADAS

Descrición

Os traballos dende o exterior das fachadas, especialmente os de larga duración, e os traballos

en altura en interior de edificio adoitan facerse dende estadas: estruturas desmontables

provisionais, que serven para a construción e sostén de plataformas de traballo a distintas

alturas. Existen diversas tipoloxías de estadas: estadas metálicas tubulares apoiadas ou voadas,

estadas colgadas (manuais ou motorizadas) ou plataformas de traballos sobre mástil.

Xeneralidades - As estadas deberán proxectarse, montarse e manterse convenientemente de maneira que

se evite que se derruben ou despracen accidentalmente. As plataformas de traballo,

pasarelas e escaleiras das estadas deberán construírse, dimensionarse, protexerse e

utilizarse de forma que se evite que as persoas caian ou estean expostas a caídas de

obxectos.

- O equipo empregado disporá de nota de cálculo que especifique a súa resistencia, en caso

contrario efectuarase o cálculo de resistencia e estabilidade correspondente, salvo cando

se empreguen configuracións tipo xeralmente recoñecidas.

- Previamente á montaxe deste equipo, en función da súa complexidade, deberá redactarse

un plan de montaxe, utilización e desmontaxe, a cargo de técnico competente. Este plan

de montaxe é obrigatorio nos casos seguintes:

- Plataformas suspendidas de nivel variable (manuais ou motorizadas) e

plataformas elevadoras sobre mástil.

- Estadas apoiados de máis de 6m de altura, ou con distancias entre apoios

maiores de 8m.

- Estadas instaladas no exterior, sobre azoteas, cúpulas, tellados ou estruturas

superiores, nos que a distancia entre o nivel do apoio e o terreo exceda de 24m.

- Torres de acceso e torres de traballo móbiles nas que os traballos se efectúan a

máis de 6m de altura dende o punto de operación ata o chan.

- Cando as estadas, a pesar de estaren incluídas nos grupos anteriores, dispoñan de

marcado CE –non implantado para o caso de estadas tubulares, na data de publicación

deste manual– o citado plan poderá ser substituído polas instrucións específicas do

fabricante; salvo que a súa montaxe, utilización e desmontaxe se realicen de forma ou en

condicións non previstas en ditas instrucións.

- Os elementos de apoio dunha estada deberán estar protexidos para que non esvaren, xa

sexa mediante a suxeición á superficie de apoio, ben mediante un dispositivo

Page 59: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

57 3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

antideslizante, ou ben calquera outra solución de eficacia equivalente. A superficie deberá

ter capacidade suficiente. As estadas móbiles disporán de dispositivos que eviten o

desprazamento inesperado do equipo.

- As dimensións, forma e disposición das plataformas dunha estada deberán ser axeitadas

para o tipo de traballo que se vai realizar, adecuadas ás cargas que vaian a soportar e

permitir que se traballe e circule por elas con seguridade. Montaranse de xeito que non se

despracen nunha utilización normal dos equipos. Non deberá existir ningún baleiro

perigoso entre os compoñentes da plataforma e as proteccións colectivas fronte a caídas.

- As estadas só poderán ser montadas, desmontadas ou modificadas substancialmente

baixo a dirección e inspección dunha persoa con formación que o habilite para estas

funcións, e por traballadores que recibiran unha formación axeitada e específica para as

operacións previstas. Cando non sexa exixible o plan de montaxe mencionado, estas

operacións poderán ser dirixidas por unha persoa con experiencia certificada polo

empresario de máis de dous anos e que conte con formación, como mínimo

correspondente ó nivel básico en PRL.

- Cando algunha das partes da estada non estea en condicións de ser utilizada ten que estar

sinalizada de acordo co RD 485/1997 e o RD 2177/2004.

3.3.1. Estadas metálicas tubulares

Identificación dos riscos máis habituais

- Caída de persoas a distinto nivel.

- Caída de persoas ó mesmo nivel.

- Caída de obxectos por derrube.

- Caída de obxectos desprendidos.

- Golpes contra obxectos inmóbiles.

- Atrapamentos por e entre obxectos.

- Sobre-esforzos.

Page 60: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

58 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Medidas preventivas Deberán respectarse as normas municipais e os regulamentos de seguridade vial cando se

ocupe a vía pública.

Tomaranse as medidas de proteccións necesarias para evitar a caída de obxectos sobre o

persoal situado nas plantas inferiores ou sobre os viandantes: redes e marquesiñas de

protección, ampliación das estadas en planta baixa, delimitación das zonas de paso, etc.

Prohibirase traballar na mesma vertical da estada simultaneamente.

Analizarase o tipo de traballo que se ten que levar a cabo sobre o equipo de traballo para

planificar a distancia ó paramento.

Calzar, nivelar e ancorar correctamente as estadas apoiadas no chan. Verificar o estado do

firme sobre o que se apoiará a estrutura auxiliar.

As fixacións da estada respectarán as indicacións do plan de montaxe e do técnico

director. No seu defecto, instalarase un ancoraxe cada 24m2 de estada sen rede, ou 12m2

de estada con rede; ademais de ancorar tódolos pés no primeiro e último nivel.

Comprobar a ausencia de liñas eléctricas. En caso de que a súa proximidade sexa

inevitable, debe solicitarse a descarga da liña a compañía eléctrica. SI houbera que

realizar traballos preto de liñas eléctricas en tensión respectaranse as distancias de

seguridade esixidas no RD 614/2001 (con carácter xeral: 3, 5 ou 7 metros dependendo da

tensión).

Paralizar os traballos en casos de ventos fortes.

As plataformas deben ser metálicas ou doutro material resistente e antideslizante,

debendo ter dispositivos de encravamento que eviten o balanceo. Deben sinalar a carga

máxima admisible.

Manter as zonas de traballo limpas e ordenadas.

Prohíbense as modificacións da estada unha vez rematada a montaxe. Non se montarán

elementos doutros fabricantes.

O acceso á estada realizarase mediante módulos acoplados ós laterais ou mediante

escaleiras integradas entre as plataformas. As comportas de acceso deberán estar

cerradas cando non teñan a finalidade de escaleira. Os accesos ó edificio, no seu caso,

disporán de plataformas ou pasarelas protexidas.

Proteccións colectivas e individuais As plataformas deberán ir provistas de varandas metálicas, como mínimo de 1m de altura,

barra intermedia e rodapé de 15cm en todo o contorno, a excepción dos lados que estean

a menos de 20cm da fachada.

Page 61: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

59 3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

Protección con marquesiñas e desvíos provisionais a nivel de calle, con sinalización e

iluminación.

Caso de seguridade.

Calzado de seguridade.

Adicionalmente, luvas de protección en arnés anticaídas para os montadores da estada.

3.3.2. Estadas colgadas

Constituídas por pescantes metálicos suxeitos ás placas de último piso, ben sexa mediante

ancoraxe ás mesmas, ben encaixados en pilares executados para tal fin ou ben utilizando

contrapesos. Dos pescantes colgan os cables que sosteñen a plataforma de traballo, que

ascende ou descende mediante aparellos de elevación manuais ou electromecánicos

Identificación dos riscos máis habituais

- Caída de persoas a distinto nivel.

- Caída de persoas ó mesmo nivel.

- Caída de obxectos por derrube.

- Caída de obxectos desprendidos.

- Golpes contra obxectos inmóbiles.

- Atrapamentos por e entre

obxectos.

- Sobre-esforzos.

- Golpes e contactos con elementos

móbiles da máquina.

Medidas preventivas Este tipo de equipos está sometido a lexislación específica. Deben estar provistos de

marcado CE e ir acompañados do manual de instrucións e a declaración CE de

conformidade.

Serán instalados por persoal coñecedor do sistema de montaxe específico segundo o

modelo a instalar. A montaxe será dirixida por un técnico ou encargado, seguindo as

normas do fabricante.

Page 62: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

60 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Á súa chegada á obra revisaranse os seus compoñentes desbotando os que non se atopen

en bo estado, se fose o caso.

Os traballadores que empregarán o equipo estarán formados no seu manexo.

A suxeición da estada farase en todo caso seguindo as indicacións do fabricante, sexa cal

sexa o sistema de ancoraxe dos pescantes. Empregaranse sempre elementos de suxeición

subministrados e certificados polo fabricante.

Cada polipasto irá provisto dun cable de suspensión e outro de seguridade.

Os cables de suspensión serán como mínimo 3, distanciados un máximo de 3m. As

dimensións dos cables serán adecuadas á carga prevista, e atoparanse en bo estado.

Instalaranse contrapesos que aseguren a tensión do cable.

A plataforma terán un ancho mínimo de 60cm e a súa lonxitude non excederá de 8m. A

súa superficie será resistente e antideslizante, estando provista de varandas en todo o seu

perímetro, con listón intermedio e rodapé de 15cm. A distancia ó paramento de traballo

non será superior a 30cm.

Para evitar movementos oscilatorios excesivos se establecerán puntos de amarre

intermedios nos sucesivos pisos.

Respectarase a carga máxima e número de operarios indicados polo fabricante.

Para acceder e abandonar a plataforma empregarase arnés de seguridade ancorado a

punto fixo previsto.

Tomaranse as medidas de proteccións necesarias para evitar a caída de obxectos sobre o

persoal situado nas plantas inferiores ou sobre os viandantes: redes e marquesiñas de

protección, ampliación das estadas en planta baixa, delimitación das zonas de paso, etc.

Comprobar a ausencia de liñas eléctricas. En caso de que a súa proximidade sexa

inevitable, debe solicitarse a descarga da liña a compañía eléctrica. Se houbera que

realizar traballos preto de liñas eléctricas en tensión respectaranse as distancias de

seguridade esixidas no RD 614/2001 (con carácter xeral: 3, 5 ou 7 metros dependendo da

tensión).

Paralizar os traballos en casos de ventos fortes.

Page 63: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

61 3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

Proteccións colectivas e individuais As varandas perimetrais e a plataforma de traballo que forma parte do propio equipo de

traballo.

Os cables de seguridade, contrapesos e demais elementos de fixación e seguridade

propios da máquina. Verificar o seu correcto estado de mantemento.

Protección con marquesiñas e desvíos provisionais a nivel de calle, con sinalización e

iluminación, en caso necesario.

Caso de seguridade.

Calzado de seguridade.

Arnés anticaídas e técnicas de posicionamento para acceder e baixar da plataforma.

3.3.3. Plataformas sobre mástil

Equipos de traballo que, en forma de estada, permiten o desprazamento vertical da

plataforma de traballo sen posibilitar ningún outro movemento. Poden desprazarse sobre

unha ou dúas columnas ou mástiles, separados entre 5 e 20m. O conxunto é estable entre os 6

e os 20m de altura, debendo ir arriostados á fachada a partir de esa altura.

Identificación dos riscos máis habituais

- Caída de persoas a distinto nivel.

- Caída de persoas ó mesmo nivel.

- Caída de obxectos por derrube.

- Caída de obxectos desprendidos.

- Golpes contra obxectos inmóbiles.

- Atrapamentos por e entre obxectos.

- Sobre-esforzos.

- Golpes e contactos con elementos

móbiles da máquina.

Page 64: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

62 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Medidas preventivas Este tipo de equipos de traballo considéranse máquinas, estando sometidos a lexislación

específica. Deben estar provistos de marcado CE e ir acompañados do manual de

instrucións e a declaración CE de conformidade.

Serán instalados por persoal cualificado e con experiencia demostrada. A montaxe será

dirixida por un técnico ou encargado, seguindo as normas do fabricante.

Comprobarase a existencia de servicios aéreos afectados e posibles interferencias con

elementos estruturais.

Verificar a resistencia e estabilidade da superficie de apoio dos estabilizadores dos

mástiles ou columnas.

As columnas irán ancoradas solidariamente a elementos estruturais seguindo as

indicacións do fabricante en canto a tipoloxía, número e distribución.

Comprobar o estado de todos os compoñentes desbotando os que supoñan unha

diminución de resistencia, no seu caso.

A plataforma disporá de varandas de altura mínima 1m, barra intermedia e rodapé en

todo o perímetro.

Protexeranse todas as zonas de posible atrapamento, como son os encontros entre a

plataforma e as columnas.

Protexerase a zona a nivel do chan impedindo o paso de persoal se a plataforma puidera

traballar a menos de 2m de altura.

Instalaranse protección fronte a caída de obxectos desprendidos: viseiras, marquesiñas,

redes.

Preverase a instalación de liñas de vida e puntos de ancoraxe se fose necesario eliminar

temporalmente as proteccións colectivas fronte a caídas.

Non se utilizarán outros medios auxiliares ou suplementos improvisados para aumentar o

alcance ás zonas onde non chegue a plataforma. En xeral, prohíbese todo tipo de montaxe

auxiliar que non siga as normas indicadas polo fabricante.

Respectarase a carga máxima da máquina,

que deberá repartirse uniformemente.

Prohíbese o traballo baixo a mesma vertical.

Balizarase a zona inferior donde se traballe

coa estada.

Paralizaranse os traballos en caso de fortes

ventos.

Page 65: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

63 3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

Proteccións colectivas e individuais As varandas perimetrais e a plataforma de traballo que forma parte do propio equipo de

traballo.

Protección con marquesiñas e desvíos provisionais a nivel de calle, con sinalización e

iluminación, en caso necesario.

En todo caso, delimitación en protección ó nivel do chan fronte a presenza de persoal ou

terceiros baixo a plataforma.

Caso de seguridade.

Calzado de seguridade.

Arnés anticaídas cando non sexan suficientes as proteccións colectivas.

3.3.4. Borriquetas

Tipo elemental de estada formado por un taboleiro ou plataforma horizontal colocado sobre

soportes ou patas nos extremos.

Identificación dos riscos máis habituais

- Caída de persoas a distinto nivel.

- Caída de persoas ó mesmo nivel.

- Caída de obxectos por derrube.

- Golpes contra obxectos ou ferramentas.

- Sobre-esforzos.

Page 66: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

64 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Medidas preventivas A utilización de este tipo de estada sen varandas de protección está limitado a unha altura

de plataforma de traballo de 2m. Precisamente, trátase do tipo de traballo no que o seu

uso está máis estendido.

En caso de alturas superiores a 3m deberán arriostrarse e de utilizarse en alturas

superiores a 6m terían que cumprir as exixencias mencionadas no apartado de normas

xerais (Plan de montaxe uso e desmontaxe, certificado de montaxe, etc.)

Montaranse sempre niveladas horizontalmente, para evitar riscos por traballar por

traballar sobre superficies inclinadas.

Verificarase que a superficie de apoio ten suficiente resistencia e estabilidade.

Se son de madeira, estarán sas, perfectamente encoladas e sen deformacións ou roturas.

A plataforma, se fose de madeira, será de tablón con un espesor recomendado de 7,5cm,

unidos entre si e ás borriquetas de xeito que se evite o seu basculamento.

Tamén poden empregarse módulos metálicos prefabricados de resistencia axeitada e

encravamentos laterais. Prohíbese o uso de taboleiros de encofrado ou semellantes como

plataformas de traballo.

De igual xeito, nunca se empregarán en substitución das borriquetas, bidóns ou

construcións improvisadas.

A separación entre as borriquetas dependerá do seu espesor, non debendo superar nunca

os 3,5m a eixos.

As plataformas de traballo non sobresairán do lateral da borriqueta máis de 40cm. O

solape de tablóns sobre plataformas consecutivas será de 20cm, polo menos, coincidindo

co apoio da plataforma na borriqueta.

As plataformas terán un ancho mínimo de 60cm, que se aumentará a 80cm cando se

almacene material sobre a mesma. En todo caso, o almacenamento de material

limitarase ó mínimo necesario.

O traballo preto de bordes de forxado, ocos ou similares requirirá a instalación de

proteccións fronte a caídas: varandas, redes de seguridade, apantallamentos, ou, en

último caso arnés de seguridade.

Proteccións colectivas e individuais Varandas perimetrais cando a plataforma se sitúe a 2m de altura.

Protección contra caídas (varandas ou redes de seguridade) cando se traballe preto de

ocos de fachada ou forxado.

Segundo o tipo de traballo a realizar, os EPIs correspondentes.

Page 67: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

65 3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

3.4. ESCALEIRAS DE MAN

Descrición

Equipo de traballo, xeralmente portátil, que consiste en dúas pezas paralelas, ou lixeiramente

converxentes, unidas a intervalos polo seus propios chanzos, que serve para salvar desniveis.

Poden ser de madeira ou metálicas.

Identificación dos riscos máis habituais

- Caída de persoas a distinto nivel.

- Caída de persoas ó mesmo nivel.

- Caída de obxectos por derrube.

- Caída de obxectos durante a súa manipulación.

- Caída de obxectos desprendidos.

- Atrapamentos por e entre obxectos.

- Sobre-esforzos.

- Posturas forzadas ou riscos ergonómicos.

Medidas preventivas A utilización de escaleiras como plataforma de traballo permitirase unicamente cando o

emprego de outros equipos de traballo máis seguros non estea xustificada polo baixo

nivel de risco, ou ben cando as características dos emprazamentos non permitan outras

solucións.

Verificarase que os puntos de apoio da escaleira son sólidos e estables e que as patas

están en boas condicións dispoñendo de tacos antideslizantes. A escaleira colocarase

sobre un firme nivelado, non se empregarán calzos improvisados coma ladrillos ou bidóns.

Na parte superior suxeitarase á estrutura soporte.

Asegurarase que as trabas de chanzos e as riostas nas escaleiras extensibles están en bo

estado. As de tesoira disporán de elementos de retención.

Comprobar que os chanzos están libre de graxa ou calquera outro material.

O apoio superior sobresairá un mínimo de 1m sobre a zona de desembarco.

Revisar periodicamente o seu estado. As de madeira non presentarán fendas, nós ou

roturas. As metálicas estarán libres de óxido, fisuras ou deformacións.

Page 68: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

66 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

As escaleiras de madeira estarán vernizadas, nunca

pintadas; e os seus chanzos irán ensamblados, non

cravados ou aparafusados.

Está prohibida a utilización de escaleiras de man de

construción improvisada.

A inclinación ideal para dispor a escaleira é de

aproximadamente 75º coa horizontal.

Os traballos a máis de 3,5m de altura que requiran

movementos o esforzos perigosos para a estabilidade

do traballador, só se efectuarán si se emprega equipo

de protección individual fronte a caídas.

Non se utilizarán para salvar desniveis maiores a 5m.

En ningún caso se traballará dende unha escaleira mantendo posturas forzadas,

mantendo o corpo dentro da anchura da mesma.

Prohíbese o transporte ou manipulación de cargas dende a escaleira se polo seu peso ou

dimensións poden comprometer a seguridade do traballador.

Non poden ser utilizadas por varios traballadores á vez.

O ascenso e descenso da mesma ten que facerse de cara ós chanzos, utilizando as dúas

mans agarrando dos largueiros.

Manter as zonas de traballo limpas e ordenadas.

Non se permite o traballo desde escaleiras nas proximidades a ocos de fachada ou

forxado non protexidos.

As ferramentas transportaranse e depositaranse en cintos portaferramentas.

Non transportar as escaleiras en horizontal.

Proteccións colectivas e individuais Sinalización prohibindo o paso baixo a escaleira.

Calzado de seguridade antideslizante.

Arnés anticaídas para alturas maiores a 3,5m

Cinto portaferramentas ou sistemas que permitan a suxeición das ferramentas á escaleira.

Page 69: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

67 3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

3.5. FERRAMENTAS PORTÁTILES

Descrición

Inclúense neste grupo a maquinaria portátil e ferramenta eléctrica de uso común nas obras:

trades, aparafusadores eléctricos, rebarbadoras, ingletadoras, pulidoras, etc.

Riscos xerais Os principais riscos asociados á utilización de ferramentas manuais a motor son os seguintes:

- Contacto eléctrico directo ou indirecto.

- Cortes, golpes, queimaduras ou lesións nas mans ou noutras partes do corpo ocasionadas

por contacto con partes activas da máquina.

- Lesións oculares por proxección de partículas.

- Golpes producidos por despido violento da ferramenta ou do material co que se está a

traballar.

- Sobreesforzos. Fatiga e lesións musculares.

- Traumatismos por movementos repetitivos.

Medidas preventivas Antes do seu uso:

Lectura e comprensión do manual de instrucións, que deberá estar a disposición dos

traballadores.

Selección da ferramenta máis adecuada ao traballo a realizar.

Comprobación do estado da ferramenta. Especialmente o estado das conexións eléctricas,

así como das proteccións ou resgardos.

Nas ferramentas accionadas por aire comprimido, revisar o estado das mangueiras e a

presión da instalación.

No seu caso, revisar o estado dos útiles de corte e cambialos se fose necesario.

Page 70: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

68 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

Durante o seu uso:

Seguir as indicacións do manual de instrucións.

Evitar cables tendidos polas zonas de paso.

Comprobar que non existen alteracións nos resgardos e elementos de protección do

equipo.

Evitar o uso de prendas folgadas, pulseiras, ou outros elementos que poidan atrapar ó

traballador.

As ferramentas xeradoras de po, empregaranse en vía húmida ou en zonas ben

ventiladas.

Empregar os EPIs axeitados segundo a tarefa a realizar: gafas ou pantallas en caso de risco

de proxección de partículas, luvas para evitar golpes ou cortes, calzado de seguridade

fronte ao risco de caída de materiais ou ferramentas, protección auditiva en ambientes

ruidosos, protección das vías respiratorias, etc.

Non utilizar ferramentas eléctricas en ambientes húmidos, salvo que foran deseñadas

para tal fin: alimentadas a tensión inferior a 24V ou dobre aislamento.

Evitar posturas forzadas.

Son de vital importancia a orde e a limpeza, mantendo as zonas de traballo libres de

obstáculos e de sustancias escorregadizas.

Despois do seu uso:

Deben almacenarse en lugares axeitados, desconectadas e colocando proteccións nos

seus elementos cortantes ou punzantes.

No caso de ferramentas pneumáticas, purgar a instalación antes de desconectar a

ferramenta.

Mantemento e limpeza da máquina, con ela desconectada e totalmente detida.

En caso de ferramentas averiadas, colocar carteles de tipo “máquina averiada” ou “fora

de servizo” e notificalo ao responsable de mantemento.

Page 71: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

69 3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

3.6. FERRAMENTAS MANUAIS

Descrición

A continuación recóllense as normas de seguridade para a utilización do conxunto de

ferramentas manuais, entendendo como tal aquelas que unicamente requiren para a súa

acción, a forza motriz humana.

Normas xerais de seguridade: Empregar ferramentas manuais só para os seus fins específicos.

Escoller ferramentas con deseño ergonómico.

Inspeccionalas periodicamente. As ferramentas defectuosas deberán ser retiradas.

Non levar ferramentas nos bolsillos. Empregar cinto porta-ferramentas ou caixa.

Cando non se utilicen, deixaranse en lugares onde non causen accidentes,

preferiblemente nunha zona destinada ó seu almacenaxe.

Evitar posturas forzadas, sobre todo por tempo prolongado.

Sempre que sexa posible, realizar o traballo sobre bancos deseñados a tal efecto. Se non é

posible mover a peza, tratarase de crear unha plataforma de traballo estable e segura,

que permita alcanzar a altura desexada e traballar con comodidade.

No posible, alternar actividades evitando os movementos repetitivos.

Page 72: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

70 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

3.7. SOLDADURA

Descrición Soldar é a operación de unir, por diversos procesos, pezas metálicas a base de transformar as

superficies de unión en estado plástico ou líquido, utilizando calor, presión ou ambos sistemas

ao mesmo tempo. Preferentemente, os cerramentos a instalar en obra sóldanse en taller,

aínda que, nalgúns traballos, ás veces resulta inevitable realizar estas operacións en obra.

Existen moitos tipos de soldadura, os máis habituais son a soldadura oxiacetilénica e a

soldadura por arco eléctrico, en todas as súas variantes.

Riscos específicos: - Incendio ou explosión.

- Queimaduras.

- Proxección de partículas.

- Exposición a radiacións.

- Exposición a gases e fumes de soldadura.

- Golpes durante a manipulación das pezas ou os equipos.

- Contacto eléctrico directo ou indirecto (soldadura por arco)

Page 73: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

71 3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

Medidas preventivas

Xerais

Verificar que non hai elementos combustibles nas proximidades.

Dispoñer de extintores nas proximidades.

No emprego de gases, verificar o correcto estado de mantemento dos equipos, en

particular das mangueiras, da válvula antirretorno e dos manorreductores. A detección

poderá realizarse con auga xabonosa, nunca con chama.

Toda instalación de soldadura oxiacetilénica debe estar equipada con dispositivos de

seguridade que eviten o retorno de oxíxeno ás canalizacións.

Evitar que as chispas caian sobre as botellas, mangueiras ou líquidos inflamables.

Cando se detecte o quentamento das botellas deberán cerrarse as billas e arrefriar as

botellas con auga.

Se se incendia unha billa tratarase de cerrala e, se non se consegue, apagarase con

extintor de neve carbónica ou po.

Os equipos eléctricos disporán de sistemas de protección que limiten a tensión. As masas

de cada aparato de soldadura estarán postas a terra, así como os conductores do circuíto

de utilización para soldadura. O cable de terra deberá conectarse o máis cerca posible da

peza na que se traballa.

Os cables de alimentación deben ter a sección adecuada para non dar lugar a

sobrequentamentos. Os bornes de conexión e o enchufe deben de estar illados, así coma

as superficies exteriores, carcasas e cables.

O soldador revisará o equipo antes de cada xornada.

As labores de mantemento faranse coa máquina desconectada da rede eléctrica.

Evitar que os cables descansen sobre obxectos quentes, charcos, bordes afiados ou

calquera outro lugar que puidera prexudicar ó illamento.

O soldador non deberá levar aneis nin pulseiras metálicas.

Usará roupa de traballo axeitada.

No uso de botellas

As botellas deben almacenarse separadas entre sí. Tampouco deben almacenarse botellas

cheas xunto ás valeiras. Deben estar perfectamente identificadas, suxeitas a bastidores ou

carros, a resgardo de contactos eléctricos, separadas de fontes de calor e protexidas dos

raios do sol.

Antes de transportar as botellas, hai que asegurarse de que a billa está cerrada e a

Page 74: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

72 Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de cerramento

carapucha de protección colocada.

Para o manexo e transporte de botellas empregaranse carros ou soportes axeitados para

tal fin. Non se levantará ningunha botella, chea ou valeira, asíndoa pola billa.

As botellas en servizo deben manterse en posición vertical. As botellas de acetileno cheas,

deberán manterse necesariamente en posición vertical, polo menos 12 horas antes de

seren empregadas. Cando sexa necesario deitalas, coidarase que a billa quede có orificio

de saída cara arriba, e nunca a menos de 50cm de chan.

A distancia das botellas ao lugar de traballo deberá estar entre 5 e 10m.

Antes de empezar unha botella, debe comprobarse que o manómetro marca cero coa

billa pechada. Non se debe consumir as botellas por completo, debe conservarse sempre

unha lixeira sobrepresión na mesma.

As billas das botellas deben cerrarse despóis de cada sesión de traballo. Tras cerrar a billa,

descargarase o manorreductor, as mangueiras e o soprete.

No uso do soprete (soldadura oxiacetilénica)

Deberá coidarse a limpeza das boquillas do soplete. Unha boquilla sucia pode producir

perigosos retornos da chama.

Utilizar a presión de gas indicada polo fabricante.

Para acender o soprete abrirase primeiro, lixeiramente, a válvula de oxíxeno e despois a

de acetileno en maior proporción. A continuación acéndese a mestura e regúlase a chama

ata obter o dardo correcto.

Para acender o soprete debe utilizarse un acendedor de chispa, nunca mediante unha

chama.

Para apagar o soprete hai que cerrar primeiro a válvula de acetileno e a continuación a de

oxíxeno.

Non se debe colgar o soprete das botellas, aínda que estea apagado.

No uso das mangueiras

As mangueiras deben estar en perfectas condicións de uso e solidamente fixas ás roscas

de empalme.

As mangueiras non deben atravesar vías de tránsito, sen estaren debidamente protexidas

con apoios de paso resistentes á compresión.

Para impedir o deterioro das mangueiras, evitarase o seu contacto con superficies

quentes, charcos, productos químicos, bordes afiados, etc.

Page 75: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

73 3. Maquinaria, Ferramenta e Medios Auxiliares

Cando as mangueiras opoñan resistencia ao seu manexo non se tirará delas.

Fronte a exposición a fumes e gases de soldadura

Sempre que sexa posible traballarase en zonas ou recintos especialmente preparados,

dotados de sistemas de ventilación xeral e extracción localizada, suficientes para eliminar

o risco.

É preferible que os traballos de soldadura se realicen en lugares fixos. Se o tamaño das

pezas a soldar o permite, cómpre dispoñer de mesas especiais dotadas de extracción

localizada.

Se non é posible a ventilación do local será necesario utilizar equipo de protección

respiratoria con filtro axeitado.

A presenza de disolventes e desengraxantes sobre as pezas a soldar poder dar lugar a que

se orixinen gases asfixantes ou altamente tóxicos. Por esta razón convén lavar as pezas

con auga quente ou vapor, antes de soldalas.

Fronte ás radiacións, proxeccións, queimaduras ou golpes

Protección ocular e facial fronte as radiacións. É conveniente comprobar que a pantalla ou

careta non ten fendas e que o cristal é o axeitado.

Para picar escoria ou cepillar soldadura, protexeranse os ollos con gafas de seguridade ou

pantalla transparente.

Utilizaranse mamparas de separación, ou

outros elementos para protexer ao resto de

operarios.

Mandil e polainas de coiro.

Luvas de protección.

Calzado de seguridade.

É importante que a roupa de traballo non

conteña sustancias inflamables, coma

manchas de graxa ou disolventes. Tampouco

debe estar húmida.

Evitar posturas forzadas ou inseguras.

Page 76: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados
Page 77: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

4. Bibliografía

Page 78: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados
Page 79: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

77 4. BIBLIOGRAFÍA

4. BIBLIOGRAFÍA

- REAL DECRETO 1627/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións

mínimas de seguridade e saúde en obras de construción. BOE nº 256 25-10-1997

- Guía Técnica do INSHT para a avaliación e prevención de riscos laborais en obras de

construción.

- REAL DECRETO 486/1997, de 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas

de seguridade e saúde nos lugares de traballo. BOE nº 97 23-04-1997

- REAL DECRETO 1215/1997, de 18 de xullo polo que se establecen as disposicións mínimas

de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo. BOE

nº 188 07-08-1997.

- Guía Técnica do INSHT para a avaliación e prevención de riscos relativos á utilización de

equipos de traballo.

- REAL DECRETO 2177/2004, de 12 de novembro, polo que se modifica o RD 1215/1997 do

18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a

utilización polos traballadores dos equipos de traballo, en materia de traballos temporais

en altura. BOE nº 274 13-11-2004

- REAL DECRETO 614/2001, de 8 de xuño, sobre disposicións mínimas para a protección da

saúde e seguridade dos traballadores fronte ó risco eléctrico. BOE nº 148 21-06-2001

- REAL DECRETO 773/1997, 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde

relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual. BOE nº 140

12-06-1997

- Notas Técnicas de Prevención do INSHT:

- NTP 669 e 670: Estadas prefabricadas.

- NTP 202: Borriquetas.

- NTP 634: Plataformas elevadoras móbiles de persoal.

- NTP 239: Escaleiras de man.

- NTP 71 e 87 sobre risco eléctrico en máquinas e ferramentas.

- NTP 494 Soldadura eléctrica por arco

Page 80: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

78 4. BIBLIOGRAFÍA

- NTP 495 Soldadura oxiacetilénica.

- NTP 208 e 869: Grúas.

- Os riscos da soldadura e a súa prevención, de Manuel Bernaola Alonso, Centro Nacional

de Novas Tecnoloxías.

- Manual práctico de carpintería metálica. J. Espinosa. Vision Net, 2014.

- Instalacións, reparación, montaxe, estruturas metálicas, ferraxaría e carpintería metálica.

Tarxeta profesional. A. González Ruiz, Fundación Confemetal, 2009.

- Carpintería metálica e de PVC e vidraría. E. Cenzano, E. Esteire y A. Madrid. 2014.

- Manual do Vidro. Citav. 1985.

- Medios auxiliares: Montaxe, dirección e inspección de estadas apoiadas. ULMA e

Fundación Laboral da Construción, Tornapunta Ediciones. 2010.

Page 81: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados
Page 82: Normas básicas durante a montaxe en obra de elementos de ... · aumento do índice de incidencia dos accidentes mortais (23%). ... protección fronte a golpes na lámpada, alimentados

Normas básicas durante a montaxe en obra

de elementos de cerramento

Realizado por:

Coa colaboración de:

Co financiamento de: