3
1 NORMAS E SERVIZOS HORARIO DA BIBLIOTECA A Biblioteca permanecerá aberta, en horario lectivo, nos períodos en que exista profesorado de garda ou colaborador para cubrir o servizo. O préstamo realizarase só nos recreos, polo profesor encargado e, no seu caso, polos alumnos do equipo auxiliar. En horario extraescolar abrirá as tardes dos MARTES, MÉRCORES E XOVES entre as 15,30 e as 18,00. O uso da Biblioteca polos socios lectores (libros, ordenadores, wifi, espazos de estudo ou actividades) será posible: Cando así figure no horario de uso da biblioteca (clases programadas para todo o curso, que terán preferencia sobre outras actividades). Cando o profesorado de garda así o decida, sempre para realizar actividades de lectura ou formación documental e respectando as normas de conduta. Non debe usarse como gardería nin deixar ao alumnado só. Cando o profesorado de aula decida usar os recursos da Biblioteca durante o tempo da súa clase, acompañando ao alumnado. SERVIZO DE LECTURA E PRÉSTAMO DE LIBROS E REVISTAS O PROFESORADO poderá tomar en préstamo libros por períodos indefinidos, nunca máis dun curso, para unha Biblioteca de Aula ou para a Biblioteca de Departamento. O ALUMNADO E OS SOCIOS EXTERNOS disporán dos libros en préstamo: A. durante unha semana, sen posibilidade de renovación, cando se trate de libros de lectura obrigatoria. B. dos libros de lectura voluntaria por un período de dúas semanas, prorrogable unha semana máis. C. nos períodos vacacionais. Libros como dicionarios e enciclopedias, atlas... non se prestan fóra da sala.

Normas e servizos

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Normas e servizos da Biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro

Citation preview

Page 1: Normas e servizos

1

NORMAS E SERVIZOS HORARIO DA BIBLIOTECA A Biblioteca permanecerá aberta, en horario lectivo, nos períodos en que exista profesorado de garda ou colaborador para cubrir o servizo. O préstamo realizarase só nos recreos, polo profesor encargado e, no seu caso, polos alumnos do equipo auxiliar. En horario extraescolar abrirá as tardes dos MARTES, MÉRCORES E XOVES entre as 15,30 e as 18,00. O uso da Biblioteca polos socios lectores (libros, ordenadores, wifi, espazos de estudo ou actividades) será posible:

� Cando así figure no horario de uso da biblioteca (clases programadas para todo o curso, que terán preferencia sobre outras actividades).

� Cando o profesorado de garda así o decida, sempre para realizar actividades de lectura ou formación documental e respectando as normas de conduta. Non debe usarse como gardería nin deixar ao alumnado só.

� Cando o profesorado de aula decida usar os recursos da Biblioteca durante o tempo da súa clase, acompañando ao alumnado.

SERVIZO DE LECTURA E PRÉSTAMO DE LIBROS E REVISTAS O PROFESORADO poderá tomar en préstamo libros por períodos indefinidos, nunca máis dun curso, para unha Biblioteca de Aula ou para a Biblioteca de Departamento. O ALUMNADO E OS SOCIOS EXTERNOS disporán dos libros en préstamo:

A. durante unha semana, sen posibilidade de renovación, cando se trate de libros de lectura obrigatoria.

B. dos libros de lectura voluntaria por un período de dúas semanas, prorrogable unha semana máis.

C. nos períodos vacacionais. Libros como dicionarios e enciclopedias, atlas... non se prestan fóra da sala.

Page 2: Normas e servizos

2

SERVIZO DE PRÉSTAMO DE PELÍCULAS E VIDEOXOGOS PROFESORADO, PARA USO NAS AULAS: Recoller o material con antelación e anotar o período de tempo que o van necesitar. PROFESORADO E SOCIOS EXTERNOS, PARA USO PRIVADO: Quince días, sen renovación. ALUMNADO: Recollida o venres (ou último día lectivo da semana) e devolución o luns (ou no primeiro día da volta de vacacións).

ACCESO A INTERNET

ORDENADORES Poderase dispoñer dos ordenadores durante os vinte minutos dos recreos e cando así o autorice o profesorado encargado do grupo que está a traballar na biblioteca. É recomendable que non haxa máis de dous alumnos por ordenador. Non se poderán conectar dispositivos (pendrives, CD, teléfonos) sen autorización do profesor encargado. Os únicos usos permitidos son os didácticos.

WIFI Poderase acceder á wifi da sala (coa chave de acceso 47175716) nos dispositivos móbiles que o profesorado autorice.

NORMAS PARA OS USUARIOS

� SILENCIO: todos temos dereito a ler e estudar sen molestias.

� PROHIBIDO COMER E BEBER.

� Cando se abandone a sala deberanse colocar as cadeiras no seu sitio e apagar os ordenadores.

� Traer o carné para préstamos e devolucións e non esquecer o número de rexistro electrónico.

� Tratar os fondos con coidado para evitar o seu deterioro. No caso de películas, videoxogos ou música, asegurarse de devolver a caixa e o disco.

Page 3: Normas e servizos

3

SANCIÓNS

CONDUTAS RUIDOSAS OU IMPROPIAS

• O alumnado que incorra nesta falta será apercibido polo profesorado encargado, e quen reincida será expulsado da sala. A acumulación de expulsións, mediante os correspondentes partes de incidencia, será sancionado conforme ao previsto nas normas de convivencia do Centro.

CANDO SE EXCEDA O LÍMITE DO PERÍODO DE PRÉSTAMO:

• O lector non poderá beneficiarse de novos préstamos en tanto non se produza a devolución (MEIGA consentirá 0 empréstitos).

• O alumnado que non devolva os fondos emprestados dentro do trimestre será apercibido polos seus titores e non recibirán as súas cualificacións de avaliación ata que se produza a devolución.

• O alumnado que a final de curso non devolva un libro prestado pola Biblioteca incorre nunha falta grave, será sancionado conforme ao disposto no ordenamento disciplinario do Centro e, en todo caso, deberá abonar o custe do fondo ou repoñelo.

FUNCIÓNS DO PROFESORADO ENCARGADO DURANTE OS RECREOS

• Facer cumprir as normas aos usuarios, especialmente no relativo a orde, o silencio e o uso dos ordenadores.

• Xestionar préstamos e devolucións a través do programa MEIGA, coa colaboración do alumnado do equipo auxiliar. As devolucións depositaranse na caixa habilitada ao efecto, nunca no andel.

• Colaborar na consulta de fondos a través de MEIGA.

• Orientar aos usuarios na localización de fondos nas diferentes seccións e armarios.