98
O CAN QUE NON MORDE REVISTA ESCOLAR DO IES SANXILLAO CURSO 2011- 2012 IES SANXILLAO DE LUGO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O CAN QUE NON MORDE

Embed Size (px)

DESCRIPTION

REVISTA ESCOLAR DO IES SANXILLAO

Citation preview

Page 1: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

REVISTA ESCOLAR DO IES SANXILLAO

CURSO 2011-2012

IES SANXILLAO DE LUGO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Page 2: O CAN QUE NON MORDE

EDITORIAL

Como vén sendo habitual está aquí

unha nova edición do Can que non morde

cunha morea de información sobre

actividades que se realizaron neste curso

2011-2012, que está a piques de rematar,

e cos contidos que cabe esperar: algo de

creación literaria, reportaxes, crónicas de

viaxes, artigos de opinión e entrevistas de

todo tipo, sobre todo moitas entrevistas…

Como podedes ver está en formato

dixital (supoño que pensaredes no porqué

e non vos enganades). Pensando en

positivo, aporta una mellora no aspecto,

unha accesibilidade mundial, é

plenamente ecolóxica, ten unha maior

extensión de contidos, pode ser de fácil

localización, con posibilidades de

compartila, con fotos a toda cor, … En

resume, optimizamos recursos

(aforramos).

Grazas a todos os/as que

colaborastes neste número con ideas,

aportacións de textos e de fotos.

Agardamos que vos guste.

Page 3: O CAN QUE NON MORDE

1

UUNNHHAASS NNOOTTAASS SSOOBBRREE AA AAVVEENNIIDDAA DDAASS FFOONNTTIIÑÑAASS Adolfo de Abel Vilela

A cidade é coma un organismo vivo, nace, desenvólvese e morre. Ao longo dos máis de dous mil

anos de historia que ten Lugo, a cidade ata ben entrado o século XX non comezou a saír fóra do recinto que

pecha a muralla, agás da zona de Recatelo que xa existía en época romana. Por iso os veciños que vivían

por esta zona, os das Pedreiras, os de San Fiz, os de Montirón, os de San Xillao, dicían “imos a Lugo”,

porque Lugo só era o que estaba dentro da muralla. Case que os de San Roque non o dicían porque desde o

século XVI se celebraba no seu campo a feira mensual e anual e había un bo número de casas, moitas

dedicadas a mesóns.

O desarrollismo dos anos setenta fixo que Lugo medrase pola parte Leste, ocupando o que eran

prados e hortas, con algunha casa de labrego espallada. Así que neste artigo imos dicir algo sobre esta zona

que de momento ten pouca historia, pero que algunha xa tiña antes de que aparecera a avenida e as

edificacións que se alzaron ás beiras..

A BASÍLICA TARDORROMANA DE SAN XILLAO

Situado na depresión que polo Leste descende cara ao río Rato ou Chanca o Instituto San Xillao,

leva o nome do topónimo da zona comprendida entre a Avenida das Fontiñas e a Rampla de Claudio López.

Unha das rúas inmediatas é o antigo carreiro chamado Juiz, corrupción da palabra Xuíz, un topónimo que fai

alusión ao muíño que no río tiña unha das dignidades da catedral, o xuíz do foro, hoxe reconvertido, por non

dicir estragado pola Deputación Provincial nun restaurante co pretexto de instalar un centro de interpretación.

En canto a orixe do nome que lle puxeron ao IES, cómpre dicir que parafraseando o que di o anuncio

dun coñecido produto de limpeza, se el algodón no engaña, a toponimia tampouco. Resulta que en decembro

de 2002 descubríronse os restos dunha basílica tardorromana con necrópole, posiblemente dedicada a este

santo, que estaría ao pé da antiga vía romana.

Page 4: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

2

Logo de avaliar a súa importancia en abril de 2003 anunciouse que se conservarían in situ. Os

técnicos do Concello, a Consellería de Cultura e a xunta de compensación, chegaran a un acordo para a súa

conservación aplicándolles un tratamento museográfico, co que se pretendía “enriquecer el patrimonio

arqueológico visible y visitable”, pero lamentablemente o proxecto non se levou a cabo e perdemos un

referente moi interesante da nosa historia alto medieval.

A AVENIDA DO ALMIRANTE CARRERO BLANCO

A orixe desta avenida, é a segunda ronda de circunvalación á cidade, no tramo comprendido entre a

estrada N-VI, actual Avenida de Madrid, e a rúas de Montero Ríos e San Eufrasio, que recibiu o nome do que

era presidente do goberno de Franco con motivo do seu asasinato por ETA no atentado da rúa Claudio Coello

de Madrid, ocorrido o 20 de decembro de 1973. Coa chegada da democracia substituíse o nome polo de

Avenida das Fontiñas, máis inocuo e estable ao devir dos tempos, en referencia á grande cantidade de

mananciais de auga que había na zona. Unha das fontes máis coñecidas, hoxe no interior do portal dunha

casa, era a dos Paxariños, que foi moi útil para a veciñanza da zona do Burgo Novo (Rúa de San Pedro,

Nóreas, Campo do Castelo) e San Roque para fornecerse de auga nos anos 50 e 60 cando eran frecuentes

os cortes na subministración.

Nesta zona estaba tamén o coñecido como Prado das Monxas, por ser propiedade do Asilo de

Anciáns Desamparados situado en San Roque, onde os acollidos, que na súa maioría procedían do medio

rural, levaban as vacas a pastar continuando así co traballo que desenvolvían cando estaban na aldea. Nos

anos 50 este prado era utilizado por algunhas familias lucenses que acudían coas súas merendas a celebrar

a festa de Santiago o 25 de xullo.

A SEGUNDA RONDA

En 1969 aprobouse o primeiro Plan Xeral de Ordenación Urbana, sendo alcalde Fernando Pedrosa

Roldán, no que se contemplaba acometer as obras de infraestruturas que servisen de base á ordenación. Na

memoria do proxecto, elaborado polo enxeñeiro de Camiños Canles e Portos, Tomás Notario Vacas, que

despois sería en dúas ocasiones alcalde de Lugo (1976 - 1977, 1991 - 1995), di que a cidade tivo

condicionado o seu desenvolvemento pola muralla, aínda que recoñecía algo que é certo, “que se le atribuyen

más culpas urbanísticas de las que en realidad le corresponden, pues si bien es verdad que cortan la

intercomunicación de las dos zonas en que dividen a la capital, no por ello han de achacársele todos los

males que una falta de política previsora en materia ordenancistica ha ocasionado. Ya así se da el caso de

que en la zona exterior de murallas, sin inconveniente alguno para su ordenación, ha crecido anárquicamente

sin ningún esquema urbanístico a que atenerse, contando como única vía de enlace entre sus sectores con la

ronda actual que circunvala la muralla y cuya saturación es inminente.”

Esta era unha das razóns polas que o Concello dera carácter preferente á súa construción definida

no Plan Xeral, que era un novo anel exterior de circunvalación, discorrendo polos límites da edificación que

Page 5: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

3

había naquel momento, fóra das inmediacións da avenida da Coruña, á que cruzaba nas inmediacións de

FRIGSA.

Este tramo bordeaba o Polígono de Fingoi, cunha das súas dúas calzadas separadas, estaba

incluído no proxecto de Vías Complementarias, redactado pola Xerencia de Urbanismo do Ministerio da

Vivenda, o que facía supor que era unha obra a realizar en pouco tempo. Por iso considerouse necesario

abordar como primeira fase desta Segunda Ronda, enlazala con aquela vía perimetral do Polígono, co que se

culminaba “la más importante obra de urbanización realizada en Lugo permitirá una eficaz entrada en servicio

de los tramos proyectados con la recuperación de nuevas zonas urbanizadas y la ventaja que para el tráfico

supone su posibilidad inmediata de utilización.”

A primeira fase tiña dous tramos, o A, que afectou ás Costas do Parque, e o B. O A partía da C-547

de Lugo a Santiago nas inmediacións do Pavillón dos Deportes e concluía no seu entroncamento coa vía

perimetral a construír pola Xerencia de Urbanismo nos límites do Polígono de Fingoi, á altura da rúa de

Armando Durán, é dicir, o tramo que se coñece actualmente como Avenida da República Arxentina. O tramo

B partía da N-VI de Madrid á Coruña, fronte ao entroncamento da citada vía perimetral, prolongándose cara

ao camiño de Montirón, onde nos anos cincuenta se construíron vivendas unifamiliares das que hoxe

chamariamos vivendas sociais, tramo que actualmente se denomina Rolda das Mercedes, en recordo do asilo

e casa de maternidade, que nunca chegou a ser tal por destinalo o Concello e a Deputación a cuartel, ao que

se deu o nome da primeira esposa de Afonso XII con motivo da súa primeira voda.

Prevíase unha anchura de 30 metros, como a Avenida de Ramón Ferreiro, distribuídos en 4 m. para

cada unha das beirarrúas laterais, calzadas separadas de 7 m. de ancho cada unha, e unha plataforma

central ou boulevard de 8 m. de ancho. A pesar destas dimensións cometeuse o erro urbanístico de permitir

edificación pechada en lugar de aberta, de maneira que desde a estrada de Fonsagrada as traseiras das

casas aparecen como unha muralla. Consciente o Concello da mala estética e das carencias dalgúns servizos

da zona para a veciñanza, decidiron facer o chamado Parque do Paxariños, pola parte posterior do instituto,

na baixada cara ao río e paseo do Rato, unha zona moi agradable recuperada para o lecer.

Para rematar dicir que a primeira casa que se levantou nesta avenida, daba á rúa de San Eufrasio,

sendo o seu promotor Abelardo Buján. A casa estivo moitos anos sen poderse ocupar cunha sentencia que

obrigaba a derrubar parte da fachada porque o veciño da parcela de enfronte denunciou que invadía unha

parte da vía pública, creo que medio metro, o que obrigaba a collelo na súa finca e non estivo disposto a

transixir.

Page 6: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

4

OOFFEERRTTAA EEDDUUCCAATTIIVVAA NNOO IIEESS SSAANNXXIILLLLAAOO,, UUNN PPOOUUCCOO DDEE HHIISSTTOORRIIAA Mª Ángela Gómez Doval Directora do IES Sanxillao

O IES Sanxillao créase como Instituto de Educación Secundaria e Profesional de Lugo, no curso

1992-93. Entre esa data e hoxe o tipo de ensinanzas que se impartiron no Instituto fóronse modificando

debido aos sucesivos cambios que levaron á extinción duns plans de estudo e a incorporación doutros. Así,

nos cursos 1992-93 e 1993-94 simultaneáronse os estudos de BUP (2º e 3º cursos), os de COU e os do ESO

(segundo ciclo). En 1994-95, unha vez extinguido o antigo BUP no centro, impartiuse o último curso de COU e

o primeiro do Bacharelato LOXSE nas modalidades de Ciencias, Humanidades e Tecnoloxía. Nos cursos

seguintes implantáronse progresivamente o primeiro ciclo de Secundaria, o segundo curso de Bacharelato e

os Ciclos Formativos de grao medio de Cociña, Restaurante e Bar ata chegar ao ano académico 2000-01 no

que se deixa de impartir o Bacharelato Tecnolóxico, introducíndose a modalidade de Bacharelato de Artes e o

Ciclo Formativo de grao superior de Restauración, que finalizou no presente curso académico como

consecuencia dos cambios lexislativos que se están a producir nas ensinanzas de Formación Profesional.

O presente curso marcou, sen embargo, o inicio dun novo Ciclo Formativo de grao superior da

familia de Hostalería e Turismo: “Dirección en Cociña”.

No ano 2006, data do inicio da LOE, novos cambios lexislativos repercuten no noso centro,

afectando ao Bacharelato de Artes que se divide en dúas modalidades, así xurde a modalidade de Artes

escénicas, música e danza, manténdose a modalidade de Artes plásticas, deseño e imaxe. Aínda que naceu

moi timidamente, cada ano aumenta o número de alumnos que solicita a modalidade de Artes escénicas,

música e danza.

Page 7: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

5

Para o vindeiro curso, ademais das ensinanzas de ESO e BAC en todas as posibles modalidades,

ofértanse dous Ciclos Formativos de grao medio e un de grao superior, así como un Programa de Iniciación á

Formación Profesional o PCPI, a saber:

-Técnico en Servizos de Restauración.

-Técnico en Cociña e Gastronomía.

-Técnico superior de Dirección en Cociña (dotado na actualidade dunha sección bilingüe)

- e o PCPI: Axudante de Servizos de Restauración.

Isto é o que acontece un ano despois da fusión do alumnado e profesorado do antigo IES Politécnico

co IES Sanxillao. Con este punto de inflexión, iniciouse no presente ano unha nova etapa para o centro, que

sen dúbida, trouxo consigo unha readaptación e reorganización que paulatinamente comezará a dar os seus

froitos nun futuro próximo.

Para o curso vén, como novidades, establécese o adianto nun cuarto de hora a entrada ao centro

pola mañá, a oferta de estudos de alemán que se suma o francés como segunda lingua estranxeira, supón o

máis salientable dentro dos cambios que afectarán ao curso 2012-2013.

O centro posúe dende o presente curso, a Carta Erasmus para Ciclos Formativos que permitirá a

realización de prácticas fóra do país, e estamos á espera da súa ampliación para o Bacharelato.

Contamos con varios centros adscritos que proporcionan alumnado a este centro, aínda que a

dirección do centro é consciente de que debe traballar moito na proxección externa do Centro nos vindeiros

anos para manter o número de alumnos e seguir progresando. En resumo, contamos cunhas instalacións

modernas, por suposto mellorables, e unha oferta educativa equilibrada.

Son centros adscritos os seguintes:

CEIP As Gándaras

CEIP Sagrado Corazón

CPI Ramón Piñeiro de Póboa de Sanxiao

CPI de Castroverde

Nas oficinas do Centro poden recollerse dous trípticos: un de carácter máis xeral, relativo ás

ensinanzas de ESO e BAC, e outro, máis específico, que recolle as ensinanzas de Ciclos Formativos de

Hostalería e Turismo.

Page 8: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

6

Page 9: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

7

LLEETTRRAASS GGAALLEEGGAASS 22001122.. VVAALLEENNTTÍÍNN PPAAZZ AANNDDRRAADDEE

Licenciado en Dereito (1921) pola Universidade de Santiago de Compostela, o seu interese pola

literatura comezou grazas á influencia do seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade, quen lle presentou a

Castelao, un dos intelectuais que máis influíron na súa obra.

Durante a súa etapa formativa iniciouse no movemento

galeguista, participando na II Asemblea Nacionalista de Santiago de

Compostela (1919), e sendo colaborador do xornal Gaceta de Galicia.

Foi director do xornal galeguista Galicia entre 1922 e 1926, cando foi

pechado pola ditadura de Primo de Rivera. Á súa caída, presidiu o

Grupo Autonomista Galego (1930), que constituía o núcleo do

galeguismo en Vigo e, trala integración daquel no Partido Galeguista,

foi dirixente de devandito partido, do que foi nomeado secretario en

1934. Durante a folga xeral, en 1932, dos mariñeiros de Bouzas contra

os armadores, Paz-Andrade foi tiroteado na céntrica rúa do Príncipe

en Vigo. Salvou a vida grazas ao pequeno calibre das pistolas

empregadas. Foron detidos Vicente Lorenzo Vales, secretario do

Comité da CNT de Vigo, e Emilio Costas, que buscaban asasinar a

Paz-Andrade por ser avogado da patronal.

Foi candidato ás Cortes Constituyentes de 1930 pola Candidatura

Galeguista, xunto a Castelao e Ramón Cabanillas, sen éxito (posiblemente

debido ás irregularidades, fundamentalmente en beneficio do Partido

Radical). Ademais, colaborou na redacción do anteproxecto do Estatuto de

Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos (1931) e publicou

diversos artigos políticos no Pobo Galego.

Co estalido da Guerra Civil axudou a fuxir a diversos intelectuais

galeguistas e defendeu a outros das condenas que lles foran impostas.

Posteriormente, foi desterrado a Verín, a Castro Caldelas, a Pobra de

Trives e a Villanueva da Serena (Badajoz). Ao longo da súa vida, e debido

aos seus artigos e á súa vinculación política, foi detido en diversas

ocasións.

Foi director de revista Industrias Pesqueras (1942). Avogado de

prestixio en Vigo, foi un dos impulsores do grupo industrial Pescanova, que se converteu na primeira

compañía armadora europea de buques conxeladores, da que foi vicepresidente (1960). Traballou tamén

como técnico da FAO, coa que participou en diversos congresos e seminarios, e para a que publicou o

primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera (1954). Ademais, foi o primeiro especialista español

proposto por esta organización para misións internacionais en Hispanoamérica.

Page 10: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

8

Nesta época seguiu colaborando en El Pueblo Gallego e publicou diversos artigos en El Faro de

Vigo e La Noche, asinados cos pseudónimos M., Xan Quinto e Mareiro. A partir de 1945 organizou o faladoiro

do café Alameda, en Vigo, onde se reunía con intelectuais e artistas como Carlos Maside, Laxeiro, Prego de

Oliver, Fernández del Rego e os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, entre outros.

De novo en política, formou parte da Xunta Democrática, da Comisión dos Dez e da Plataforma de

Organizacións Democráticas, e foi elixido senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Galega nas

eleccións de 1977. Nas eleccións de 1979 repetiu candidatura, pero esta vez sen éxito. No ano 2012

dedícaselle o Día das Letras Galegas.

OBRA

Escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo

progreso de Galicia. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros.

Como poeta formou parte da Xeración de 1925 e na maior parte da súa obra poética evidénciase

unha motivación patriótica, como se pode observar en Soldado da morte (1921), Pranto matricial (1954), no

que evoca a morte de Castelao e que foi reeditada en 1975 en cinco linguas; Sementeira do vento (1968), en

que canta a paisaxe e a xente galega, ademais do exilio e o amor ausente; Cen chaves de sombra (1979) e

Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985), no que incluíu as composicións dedicadas ao autor

ourensán.

Colaborou en Ensino, Grial e Outeiro con artigos sobre literatura, especialmente ao redor da figura

de Castelao; e en Industrias Conserveras, El País e La Vanguardia con artigos económicos e políticos.

MMUULLLLEERREESS HHOOMMEENNAAXXEEAADDAASS OO ""DDÍÍAA DDAASS LLEETTRRAASS GGAALLEEGGAASS"" Laura Abraira Carballido, Lorena González Otero 4º ESO A

• FRANCISCA HERRERO GARRIDO

Francisca Herrera Garrido naceu na Coruña en 1869, e alí morreu en 1950. Viviu na Coruña e Madrid, aínda que a maior parte da súa obra escribiuna en Oleiros.

Tomou como exemplo a Rosalía de Castro para escribir os seus poemas. Murguía foi o prologuista do seu segundo libro de poemas iAlmas de Muller..volallas na luz! no ano 1915. No 1913 publicouse o seu primeiro libro, Sorrisas e bágoas.

Tamén escribiu tres libros en verso, nos que se albisca un sentimento campesiño e de alma popular característico de Rosalía. Ademais conta con varios relatos e ensaios. A súa novela Néveda é a obra máis coñecida da autora.

Page 11: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

9

Escribiu en castelán Pepiña, Réproba e Familia de Lobos.

Francisca Herrera Garrido foi a primeira muller elixida, no ano 1945, para entrar na Real Academia Galega e, no 1987, foi galardoada o "Día das Letras Galegas".

• MARÍA MARIÑO

María Mariño naceu en Noia no ano 1918. Despois de vivir en varios sitios de Galicia e de estranxeiro, sobre o ano 1948 asentouse no Courel, onde morrería prematuramente no ano 1967.

No 1963 publica "Palabra no Tempo", un libro que esperta grande atención da crítica doutros poetas, aínda que o público en xeral apenas a percibiu. Anos despois, en 1990, o Concello de Noia publicou o seu inédito "Verba que comenza".Trátase dunha poeta practicamente oculta para a historiografía literaria galega, que Ile debe o seu recoñecemento editorial e popular a Uxío Novoneyra. A súa obra está caracterizada pola presenza e vivencia da paisaxe galega e pola influencia de autores como o seu descubridor, anteriormente citado, ou Rosalía de Castro. A súa temática máis recorrente é o intimismo.

No 2007 foi homenaxeada o "Día das Letras Galegas" pola súa traxectoria literaria.

• ROSALÍA DE CASTRO

Rosalía de Castro naceu en Santiago en 1837 e morreu en Padrón en 1885. É unha das voces máis importantes da literatura española do s.XIX, e a máis importante da literatura galega, a primeira imaxe espiritual de Galicia.

Foi a primeira que avogou pola dignificación da lingua a través da creación literaria. Utilizando a fala do pobo, denunciou as mágoas de Galicia á vez que as súas propias. Grazas a iso, recuperou o valor literario do galego.

Cantares Gallegos e Follas Novas, en galego; e En las orillas del Sar, en castelán, foron as obras que fixeron de Rosalía unha figura recoñecida a nivel nacional e que a converteron nun referente do romanticismo español.

O ano 1963 cumpríronse cen anos da publicación de Cantares Gallegos. Para rememorar esta data, que supuxo o rexurdir do galego como lingua de cultura, a Real Academia Galega escolleuna como "Día das Letras Galegas". A primeira homenaxeada neste día foi Rosalía de Castro, á que Ile seguiron importantes autores da nosa literatura.

Page 12: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

10

MMAARRTTÍÍNN DDEE PPAADDRROOZZEELLOOSS

OO PPRRIIMMEEIIRROO TTRROOBBAADDOORR DDAA LLÍÍRRIICCAA GGAALLEEGGOO--PPOORRTTUUGGUUEESSAA Orlando Álvarez Profesor do IES Sanxillao

Naceu no século XII nas fermosas terras de Lóuzara,

entre Samos e o Courel, no lugar de Praducelo, onde aínda hoxe

se conserva a Casa de Martín.

As súas cantigas foron ambientadas no fragoso Val do

Mao, onde se poden aínda hoxe localizar O Valongo e o San

Salvador que se citan repetidamente no seu cancioneiro.

San Salvador é unha fermosa ermida que alberga un

curioso cemiterio cuberto, o mesmo resgardo do camposanto

que posúen as outras dúas igrexas do Val: San Romao e Santa

María.

Madr',enviou-vo-lo meu amigo

hoje dizer que vos veería,

se ousasse, par Santa María,

se o vós ante falardes migo;

se el vir vós, nen mí per meu grado,

San Salvador mi seja irado

de Valongo. Pero sospeitada

son de vós, ca lhi quero tan gran ben,

nunca lho quix, pois nací, e, por én,

se o creverdes, mia madre loada,

se el vir vós, nen mí per meu grado,

San Salvador mi seja irado.

Valongo, hoxe é un agro sobre Val, a medio camiño entre o río e a Serra do Édramo,

fermosa elevación, que separa Lóuzara e Val do Mao das terras de Samos e Sarria, ateigada de

túmulos funerarios, castros e os restos dun castelo.

Por outra banda, só a presenza do Camiño de Santiago pode explicar que Martín sexa o

introdutor do lirismo provenzal no seo da literatura Galega.

A pesar das múltiples evidencias: xeográficas, históricas, literarias,…. Martín segue a ser

considerado un poeta portugués.

Page 13: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

11

Bibliografía: - Martin de Padrozelos, , de Xulio Pardo de Neyra, 2005, Toxosoutos.

- Historia del Monasterio de San Julián de Samos. Arias Cuenllas, 1992. Samos: Publicaciones del Monasterio de Samos.

- Repertorio métrico della lirica galego-portoghese. Tavani G. 1967. Roma: Edizione dell´Ateneo.

AA NNAAVVAALLLLAA DDOO AAUURRIIGGAA Patricia Herves Fortes 2ºBAC B

Os romanos sempre están moi presentes na cidade de Lugo, que conta con numerosos restos deste importante imperio, moitos deles pezas única.

Unha escavación arqueolóxica sacou á luz hai uns anos unha navalla fabricada na época altoimperial e que procede seguramente dos obradoiros metalúrxicos que existían nalgúns barrios da cidade.

A navalla é unha peza cualificada como extraordinaria. Está moi ben conservada e apréciase perfectamente a folla de ferro. Na empuñadura obsérvase o retrato perfecto dun auriga que conduce un carro de dúas rodas. Séculos despois da súa fabricación aínda se pode ver perfectamente o sistema de resorte que se utilizaba para a apertura da navalla.

Podemos destacar a conservación da peza na que se poden ver perfectamente detalles como que as rodas teñen sete radios ou que o cabalo vai a trote. Cualifícase de perfecto o traballo de movemento que logrou o artesán que fabricou a peza.

A peza foi atopada no Carril dos Loureiros, un referente básico para o coñecemento da cidade romana. O desenvolvemento da zona na época romana comeza coa presenza de obradoiros artesanais de elaboración de metal, tanto de ferro coma de bronce.

Os primeiros obradoiros quedaron posteriormente en cadrados nunha estrutura cuberta e aberta; máis tarde cerrouse e converteuse nunha casa. Atopábase nun cruce de dúas calzadas con beirarrúa que se atoparon en perfecto estado.

Page 14: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

12

AA VVÍÍAA XXIIXX Patricia Herves Fortes 2ºBAC B

Fóra das murallas de Lugo, concretamente entre as hortas do barrio do Carme, discorre a antiga Vía

XIX da cidade de Lucus Augusti. Unha calzada romana que unía os eixes máis importantes da rexión da Gallaecia: Astorga, Braga e Lugo. A un metro e medio de profundidade, e continuando o discorrer dunha vetusta canalización de desaugue da época, localizouse parte desta Vía, construída con cantos de ría e que se cría que formaba parte do trazado primitivo do Camiño de Santiago.

A metrópole medrou máis alá da muralla no Alto Imperio, arredor do século III. Neste período a urbe estendeuse moito máis alá da fortificación. Xustamente nese barrio asentábanse artesáns e tamén estaba emprazada unha necrópole.

Actualmente está determinado un tramo de calzada grazas á aparición dun desaugue romano que discorre en paralelo e de forma inferior á Vía.

As escavacións realizadas nesta zona foron moi produtivas. Entre os restos atopados hai varios fornos e restos de moedas e de cerámica.

Os obxectivos deste proxecto non só polo estudo exhaustivo da Vía XIX senón tamén pola revalorización dos recursos arqueolóxicos e patrimoniais do barrio do Carme.

Esta iniciativa forma parte do proxecto europeo Interreg Vías Atlánticas III, no que participaron outras cidades galegas e tamén do Norte de Portugal, todas elas urbes por onde se cre que discorría a peculiar autoestrada dos romanos.

A posta en valor dos recursos patrimoniais é un dos obxectivos fundamentais deste programa de financiación europea.

Page 15: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

13

FFUUSSIIÓÓNN FFRRÍÍAA Jacobo, Rocío e Elisabeth 11ºº BBAACC CC

Hai arredor de 11 meses, comunicáronlles tanto ao alumnado como ao profesorado do IES Politécnico que tiñan que deixar o centro porque o ían converter nun centro integrado (só para ciclos).

Avisáronos uns días antes de que acabase o curso e sen ter posibilidade (e dereito) de poder elixir ir a outro centro, así que, os alumnos fixeron manifestacións diante do edificio da Xunta buscando explicacións, pero sobre todo solucións, xa que eles querían seguir no IES Politécnico.

Así que decidimos entrevistar aos antigos profesores e alumnos do IES Politécnico e aos profesores e alumnos do IES Sanxillao para saber as súas opinións sobre este tema, cómo se sentiron e qué fixeron no seu día cando todo isto se puxo en marcha. Tamén saber como se senten agora, despois de 11 meses, despois de que isto sucedese e xa estean integrados no IES Sanxillao. ENTREVISTAS:

GLORIA VIDAL (PROFESORA DE INGLÉS – PERTENCÍA AO IES SANXILLAO): Que opinou vostede cando lle comunicaron que os alumnos e algúns profesores do IES Politécnico viñan para o IES Sanxillao?

- Pareceume ben. Que opina vostede das manifestacións de protesta polo traslado que fixeran os estudantes?

- Desculpádeme, pero estou moi pouco informada sobre delas. Houbo moitos problemas no IES Sanxillao a causa deste cambio tan drástico?

- Non, soamente somos moitos máis e hai atascos nos corredores. Estamos a menos de dous meses para que acabe o curso, como se sente? Cre que todos xa están integrados ou, polo contrario, hai roces?

- Terrible, estou estresada. Creo que todos estamos ben aquí, e que todo foi ben pois puxemos todos da nosa parte.

Page 16: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

14

(Anexo: Dámoslle as grazas á profesora pola súa colaboración, e ela á súa vez sorprendeunos entrevistándonos a nós:) E que opinades vós de este tema? E como vos atopades aquí agora? - Elisabeth: Pois ao principio sorprendeume bastante pois chegounos por sorpresa, pero eu agora aquí atópome ben pois xa estamos afeitos e acomodados. - Jacobo: Pareceunos moi mal xa que non sabiamos nada, pero agora xa estamos integrados e a gusto. - Rocio: Creo que entramos un pouco á defensiva pero fómonos adaptando e fixemos bos amigos. - Alejandra: Pareceume moi mal, pois avisáronnos con moi pouco tempo e sen poder opinar do tema. Fixeron as cousas dunha forma moi mala. Agora atópome bastante integrada, estou feliz.

ESTHER CORREA (PROFESORA DE HISTORIA – PERTENCÍA AO IES POLITÉCNICO): Que opinou vostede cando lle comunicaron que os alumnos e algúns profesores do IES Politécnico viñan para o IES Sanxillao?

- Ao principio non o cría. Por suposto un desgusto. Que opina vostede das manifestacións de protesta polo traslado que fixeran os estudantes?

- Parecéronme adecuadas. Estamos a menos de dous meses para que acabe o curso, como se sente? Cre que todos xa están integrados ou, polo contrario, hai roces?

- Mellor que ao principio. Creo que entre os profesores hai boa relación.

RAQUEL VARELA (ALUMNA DE 1ºBAC. - PERTENCÍA AO IES POLITÉCNICO):

Que opinou vostede cando lle comunicaron que os alumnos e algúns profesores do IES Politécnico viñan para o IES Sanxillao?

- Ao ser todo de súpeto non me pareceu ben, porque non nos avisaron con tempo, e non nos deron opción a asimilalo ben nin tivemos opción a pedir praza noutros institutos pois o tempo para pedir praza xa rematara.

Que opina vostede das manifestacións de protesta polo traslado que fixeran os estudantes? - Pois creo que estivemos moi ben porque estabamos no noso dereito.

Estamos a menos de dous meses para que acabe o curso, como se sente? Cre que todos xa están integrados ou, polo contrario, hai roces?

- Síntome integrada por parte de todos os alumnos, aínda que non por parte de algúns profesores pois fan comparacións.

LEOPOLDO SUÁREZ (PROFESOR DE MÚSICA – PERTENCÍA AO IES POLITÉCNICO): Que opinou vostede cando lle comunicaron que os alumnos e algúns profesores do IES Politécnico viñan para o IES Sanxillao?

- Pois pareceume mal, máis que polo modo, polas formas, por como foi. Xa que fomos coñecedores do feito por un chivatazo. Podíano facer con mellores formas. Non é por que non quixera vir a este instituto senón por cómo se fixeron as cousas.

Que opina vostede das manifestacións de protesta polo traslado que fixeran os estudantes? - Ben, gustáronme, aínda que non serviu para nada.

Estamos a menos de dous meses para que acabe o curso, como se sente? Cre que todos xa están integrados ou, polo contrario, hai roces?

- Eu non teño mala relación con ningún profesor e síntome ben aquí. Gústame este instituto.

Page 17: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

15

CRISTINA FERNÁNDEZ (ALUMNA DE 1ºBAC. - PERTENCÍA AO IES SANXILLAO): Que opinou vostede cando lle comunicaron que os alumnos e algúns profesores do IES Politécnico viñan para o IES Sanxillao?

- Ao principio tiñamos un pouco de medo, porque nos dixeron que os alumnos do Politécnico eran un pouco “macarras”.

Que opina vostede das manifestacións de protesta polo traslado que fixeran os estudantes? - Pareceume ben pois tiñan que defender os seus dereitos e non os avisaron con tempo, aínda que

non estou moi informada sobre iso. Houbo moitos problemas no IES Sanxillao a causa de este cambio tan drástico?

- Non, pois coa cantidade de alumnos que eramos en cuarto era imposible que en bacharelato houbera moitas optativas, e con a súa chegada hai máis.

Qué opinas de que viñera moita xente nova a este instituto? - Gustounos porque eramos pouquiños e coñecidos desde sempre, e nunca está de máis coñecer a

xente nova. Estamos a menos de dous meses para que acabe o curso, como se sente? Cre que todos xa están integrados ou, polo contrario, hai roces?

- Non, levámonos moi ben, porque ambas partes colaboramos.

ÁNGELA DOVAL (DIRECTORA DO IES SANXILLAO):

Que opinou vostede cando lle comunicaron que os alumnos e algúns profesores do IES Politécnico viñan para o IES Sanxillao?

- Pois é unha situación inesperada. Sabía que ía ser complexa de resolver. Como se enterou de que isto ía pasar?

- Pois convocaron unha reunión, dixéronme que tiñan que ir ao día seguinte a Santiago e alí comunicáronmo.

Como pensaba que se resolvería? - Unha vez que me comunicaron a noticia sabía que era unha situación conflitiva e que había que

calmarse. Que opina vostede das manifestacións de protesta polo traslado que fixeran os estudantes?

- Pareceume una reacción normal pola súa parte. Cre que alguén sabía todo o que ía suceder antes de comunicalo?

- Non creo que ninguén o soubera. Houbo moitos problemas no IES Sanxillao a causa deste cambio tan drástico?

- Problemas non, quizás os máis preocupados eran os do IES Politécnico. Aquí había a preocupación de marchar pois ninguén quería verse prexudicado. Vivín outra situación parecida; fun a directora do INGABAD, e sufrín una situación difícil polas dúas partes, e tivemos que integrarnos. Por iso sei que ao final as cousas se amañan se a dirección sabe como debe reaccionar. Parte do profesorado non tivo praza e algúns profesores quedaron sen destino, por iso hai que integrarse aos cambios. O cambio ao final é positivo, e cando en vez é bo renovarse. Todos os alumnos son iguais.

Estamos a menos de dous meses para que acabe o curso, como se sente? Cre que todos xa están integrados ou, polo contrario, hai roces?

- Eu creo que unha mala relación nunca existiu. Hai alumnos que quizás se sintan sós por non ter aos seus antigos amigos e por isto, a pesar de pedirnos algúns cambios no puidemos acceder, pois se non formaríamos una cadea. E así tamén facilitamos a integración.

Page 18: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

16

Por último, está feliz ou desgustada coa presenza desta chegada tan repentina? - Estou feliz, pois é enriquecedor. A reacción do principio foi lóxica, pero isto vai pasar en cuestión dun

ano. Por suposto que se seguirá falando do IES Politécnico pero esta fusión non será tan achegada como agora. E grazas a este cambio e máis que desexamos poder dar, este instituto mellorará e quizás dentro duns anos poidan vir máis alumnos a este centro. Así que o cambio o valoro positivamente.

OO CCEENNTTRROO DDEE IINNTTEERRPPRREETTAACCIIÓÓNN DDAA BBUURRGGUUEESSÍÍAA

NNOO PPAAZZOO DDAASS PPOOMMBBAASS Adolfo de Abel Vilela

UNHA INFRAESTRUTURA CULTURAL PRIVADA PARA A CIDADE

O Pazo das Pombas está

situado na rúa do Miño, ao fondo da

Praza do Campo, no que foi

antigamente a Praza do Pozo dá

Pinguela por onde pasa o Camiño

Primitivo. As obras de rehabilitación,

iniciadas en 2007 interrompéronse

debido á crise económica no ano 2009 e

renováronse en febreiro deste ano. Está

previsto que a primeira fase, que

comprende a planta baixa onde se

situará a cafetería, abra para mediados

do mes de xuño, e que o museo ou

Centro de Interpretación da Burguesía,

que se montará en dúas planta do

edificio, se abra ao público a finais deste

ano ou nos primeiros meses do 2013.

Vanse expoñer algo máis de mil pezas, proceden dunha colección especializada en obxectos do

século XIX que serán o fío condutor da montaxe museográfica a través da que se poderá interpretar a forma

de vida da sociedade que xurdiu das revolucións Industrial, Francesa e Norteamericana, e que puxo as bases

da modernidade. Ademais da cafetería contará con tenda ou merchandising.

Page 19: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

17

O PAZO

No lugar que ocupa este pazo urbano houbo tres casas

medievais, reconstruídas na segunda metade do s. XV, permutadas

o 22 de agosto de 1447 por Juan López ao bispo don García de

Vaamonde. Despois compráronas os cumpridores testamentarios do

arcediago de Dozón, don Gómez García de Gaioso, o Vello que fixo

un edificio do que se conserva parte da fachada posterior, o patio da

Cabalariza e outros elementos de finais do s. XV, agora

recuperados.

Na Idade Media Lugo foi paso obrigado para os peregrinos

do Camiño Primitivo e os que non seguían o Camiño Francés. Unha

das casas medievais foi albergaría de peregrinos.

No s. XVIII era dun descendente de don Gómez García de

Gaioso, o rexedor don Manuel José de la Barrera e Gaioso, pasando

á súa filla dona Josefa de Gaioso Zárraga e Estrada que co seu

marido don Francisco Sanjurjo Acevedo, escribán do Concello, derrubou as casas para facer a actual en

1770.

Fixo a obra o mestre da catedral Fulgencio Durán, construtor de varias casas barrocas das

inmediacións, a capela do Carme e as cinco casas do Hospital de San Lázaro destinado a leprosería. O estilo

arquitectónico corresponde á transición entre o barroco de placas compostelán e o neoclasicismo, con

elementos naturalistas nas ferraxes dos balcóns, como as ramas con follas e as pombas.

UN EDIFICIO HISTÓRICO

O edificio está catalogado co nivel 2, reservado para aqueles que

teñen características singulares e de elevado valor arquitectónico, histórico ou

cultural. Aplícase este nivel de protección aos edificios que posúen unha

elevada calidade na súa conformación arquitectónica global, tanto exterior

como interior, o que determina a súa valoración senlleira e a súa conservación

con tratamentos específicos para manter as súas condicións arquitectónicas

tanto volumétricas, estruturais e tipolóxicas como ambientais, sen prexuízo de

obras interiores ou exteriores con iso, compatibles e adecuadas ao uso

pertinente á súa estrutura e función urbana.

O 5 de xaneiro de 1809 chegou a Lugo o exército inglés ao mando do

xeneral John Moore e o día 9 o francés co mariscal Soult. Esta casa foi

utilizada como cuartel polo Estado Maior e o xeneral François Fournier-

Sarlovese que quedou ao mando da praza ata maio. Tamén foi hospital de

soldados inhábiles e cuartel de diferentes corpos do exército español ata a I Guerra Carlista. En 1953 un dos

seus propietarios, José María Pérez Longarela, estableceu na planta baixa a fábríca de gasosas “La

Moderna” que estivo en funcionamento ata 1964.

Page 20: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

18

CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA BURGUESÍA

A colección, que se iniciou en 1958, e que pola súa variedade e número de pezas está considerada

como unha das mellores de louzas de Pickman (La Cartuja de Sevilla) de España. Conta tamén con obxectos

dos s. XVIII e XIX, que serven para explicar os cambios sociais e culturais debidos á Revolución Industrial e á

Francesa, dando unha visión da forma de vivir da aristocracia e da burguesía, a través dos deseños e

decorados que figuran nos útiles usados por esta clase social.

Para explicar os cambios estéticos na dinastía Borbón (1700-1931),

desde o barroco á Art Déco, as louzas estarán acompañadas de numismática,

imaxinería, pintura, gravado, debuxos, ourivaría, reloxos, complementos,

bordados, abanicos, quinqués e obxectos utilizados pola burguesía, unha clase

social cun gusto e cultura peculiar que alcanzou o seu apoxeo na segunda

metade do s. XIX e que se prolongou ata os anos 20 do século seguinte.

A Colección contén exemplos de porcelanas da Compañía de Indias e

Vello París, das primeiras louzas industriais inglesas do s. XVIII, estampadas do

período vitoriano e de manufacturas españolas Pickman e Cía, La Cartuja de

Sevilla, Sargadelos (Lugo), La Amistad e La Cartagenera de Cartaxena, Falcó e

C a. de Valdemorillo (Madrid), San Juan de Aznalfarache (Sevilla), S.M. Cenal e

Cía de Oviedo, La Asturiana, Mariano Pola y Cía. de Xixón e outras.

Proxecto de montaxe

A montaxe do Centro de Interpretación

da Burguesía farase en dúas fases. Na primeira

abrirase a planta baixa, destinada á cafetería,

onde se explicará a historia do edificio con

obxectos relacionados coa peregrinación a

Santiago, a invasión francesa, algunhas pezas

arqueolóxicas de distintas épocas recuperadas

das paredes e do pavimento, a fábrica de

gasosas “La Moderna” e algúns exemplares de

louzas do século XIX.

Un lugar especial é o recuperado patio

con elementos arquitectónicos de finais do

século XV. Na segunda fase abriranse sete salas. A recepción estará na primeira planta, onde se presentarán

porcelanas de Vello París e faise unha introdución sobre a Revolución Industrial e os cambios sociais,

económicos e políticos a que deu lugar.

Unha das dúas salas desta planta estará dedicada aos estilos artísticos, do Rococó á Art Déco, na

que se exhibirán reloxos, porcelanas da Compañía de Indias, louzas, cristal, gravados, debuxos, numismática

e ourivería, dos séculos XVII ao primeiro terzo do século XX. Na outra, dedicada ao adorno feminino e da

mesa, haberá retratos, miniaturas en marfil e seda, abanicos, antucas, bolsos, estoxos para po, espellos,

alfineteiros, xoieiros, reloxos, reloxeiras, cristal da Real Fábrica de la Granja, cuberterías e outros obxectos de

mesa.

Page 21: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

19

Nas cinco salas da segunda planta, presentaranse pezas de louzas de manufacturas inglesas e

españolas, destacando Sargadelos e Pickman, coas súas producións azul cobalto e estampadas. As louzas

con temas de paisaxe imaxinaria, caza e botánica, reflicten o papel que a natureza ten no ideario romántico. A

Sala do Viaxeiro, está dedicada á navegación a vapor e ao ferrocarril, con pezas de Sargadelos e Pickman

con vistas de España e as súas Colonias e de cidades de Europa.

A Sala Sevilla, dedícase ao teatro e á música, dúas das grandes afeccións da burguesía, destacando

a cidade de Sevilla, na que se fundou Pickman, e onde discorre a ópera de Rossini, O Barbeiro de Sevilla.

Na Sala das Marabillas, presentaranse pezas artísticas pintadas a man, como imaxinería, figuras,

floreiros, escribanías e xerras.

A Sala Nouveau, está dedicada ás producións artísticas de Pickman de finais do século XIX, con

pezas como a Gran Xerra Neptuno e diversas pinturas de temática costumista sobre louza.

Algunhas pezas singulares

Unha das pezas singulares da colección é a

cabeza Frenolóxica de Mariano Cubí e Soler (1801-

1875), que fixo Pickman de Sevilla a finais do século XIX.

Esta peza é a que utilizou Pedro Almodóvar na película

“Hable con ella”, coa que gañou o Óscar.

Cubí é unha figura mundial e o principal

introdutor da frenoloxía en España.

Logo de dar clases en Baltimore, regresou a

España creando sociedades frenolóxicas e dando

conferencias. Comezou en Tarragona en 1845 e terminou en Santiago en 1847. O 19 de marzo de 1847 deu

no teatro de Lugo o discurso inaugural do curso que comezou o día 20 ás sete da noite no primeiro piso da

casa número 44 da rúa de San Pedro. Despois pasou á Coruña e Santiago, sendo arrestado por orde do

tribunal eclesiástico, por materialista e anticristián.

Outra peza histórica da colección, é a reloxeira do cardeal Miguel Payá e Rico (1875-1886), un

agasallo das Clarisas de Santiago de Compostela, que lle dedicaron no día da súa onomástica.

Na sección de cristal da Real Fábrica de la Granja, hai bágoas de lámpada talladas, que se utilizaron

na mesa de Isabel II no palacio de la Granja de San Ildefonso en Segovia, para apoiar os cubertos de maneira

que non tocasen ao mantel para evitar manchalo.

Page 22: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

20

AASS FFRRAAGGAASS DDOO EEUUMMEE Luz Ángela Sinisterra 2º BAC B

Nestes últimos días os medios de comunicación abren os seus telexornais falando dun espazo galego chamado As Fragas do Eume. Por desgraza non é para falar da súa beleza, senón para informarnos dun devastador incendio que está a acabar con elas.

Para os que descoñezades esta fermosa paraxe aí vai unha pequena descrición do lugar. As Fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997 que abrangue 9126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente en territorio dos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes, todos eles da provincia da Coruña. Está declarado como Lugar de importancia comunitaria, coincidindo os seus límites cos do parque natural.

O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas As Fragas como un dos mellores bosque atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos, que habitan a terra desde hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, desde pequenos anfibios e réptiles, como a samaraganta (salamántiga galega ou pinchorra rabilonga), ata especies maiores como o lobo ou diversas aves de rapina.

Como vedes todo o que se está queimando é un espazo privilexiado co que contabamos os galegos. Unha boa parte del foi devorado polas lapas. Dinnos os informativos que se queimaron 750 hectáreas. Tamén

Page 23: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

21

din que foi intencionado, e isto é o realmente grave, que haxa desaprehensivos aos que lles guste ver arder os bosques galegos. Non só hai que pensar nas árbores, xa que nestas Fragas habitan ou habitaban animais en perigo de extinción. Todo isto pódese cualificar de crime, e como tal debería ser castigado severamente, ou mellor, o ideal sería non chegar a esta situación. Algo está fallando na política contraincendios. Dun tempo para acó non facemos máis que ver incendios e máis incendios, a maioría deles intencionados. Por que non se vixía máis? O que está fallando é a prevención. É mellor previr que despois lamentar.

Neste labor deben traballar non só os políticos, senón tamén todos nós. Debemos concienciarnos do valor que ten a nosa natureza para loitar por ela e evitar que se destrúa ese grande patrimonio que temos.

OO CCIICCLLOO DDAA AAUUGGAA EENN LLUUGGOO Roseboud

A cidade de Lugo apostou pola calidade no tratamento das súas augas, tanto na

potabilización para consumo humano como na atención das residuais, antes da súa devolución ao

río Miño, isto sitúanos en ambos casos entre as mellores de Europa.

ESTACIÓN DE TRATAMENTO DE AUGA

POTABLE (ETAP)

A nova planta potabilizadora trata a auga

procedente do río Miño por medios mecánicos

para a súa descontaminación e aplica o ozono,

ademais de cloro, para a desinfección, deste

modo a auga que bebemos cumpre as severas

normativas española e da Comunidade Europea

de calidade de auga de abastecemento.

A auga que chega á billa das casas de

Lugo é inodora, insípida e transparente, ademais de superar continuos e esixentes controles

sanitarios que garanten a calidade sanitaria de maneira tanto ou más rigorosa que calquera produto

embotellado.

Page 24: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

22

ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR)

A depuración de augas

residuais da cidade de Lugo

sepárase en dous colectores

independentes, un para as negras

(cloacas), e outro para as de chuvia,

a través da rede de sumidoiros,

ambas conflúen nunhas instalacións

espectaculares, nas que despois de

varios procesos terminan en

cadanseus estanques de auga que

convidan ao baño, antes de ser

devoltas ao río Miño.

A EDAR, totalmente automatizada, está dotada con tecnoloxía de última xeración, punteira

en España. Os tratamentos constan basicamente de trituración e desbaste de sólidos, desareado e

desengraxe, decantación primaria (na que se eliminan máis de trece toneladas e media diarias de

lodos), tratamento biolóxico, para eliminar nutrientes que producirían algas nos embalses,

desgasificación e decantación secundaria. O gas obtido almacénase para uso das propias

instalacións; ademais os lodos trátanse para usos químicos e de abono.

Antes da saída da auga depurada final existen filtros de catro centésimas de milímetro, e

desinfección final por medio de raios ultravioleta.

RECICLAXE DE AUGAS DEPURADAS

Ademais do vertido de augas depuradas e desinfectadas ao Miño, que non afectarán o

ecosistema do río, están previstas dúas liñas de actuación:

1. Para preservar o caudal ecolóxico no verán. Cando a auga perda o seu caudal mínimo,

devólvese unha parte da auga depurada uns quilómetros río arriba, para conservar os niveis

ecolóxicos adecuados.

2. En circuíto independente ao efecto, outra parte da auga depurada retornará á cidade,

para usos non potables (industriais e rego de xardíns). Con isto conséguense dous obxectivos,

abaratar o prezo, pois só incluirá o custo da elevación da auga aos seus depósitos específicos, e

minorar esixencias á planta potabilizadora.

Page 25: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

23

TANQUES ALIVIADEIRO (T.A.)

As augas de chuvia condúcense á depuradora o través da rede de sumidoiros, como se ten

dito, seguindo as canalizacións próximas as bacías do Miño o do Rato-Fervedoira. Nelas,

construíuse unha rede composta por unha trintena de tanques aliviadoiro, tamén chamados de

tormenta, que en caso de chuvias fortes reterán a auga no seu interior para evitar o atasco da

EDAR, frearán a entrada de residuos voluminosos, triturarán os outros e filtrarán os de dimensións

superiores a tres milímetros.

En situacións extremas poderían

chegar a saturarse; nese caso, a auga

rebordaría por unha canle de alivio e

vertería directamente ao río,

suficientemente limpa, diluída e cribada

por filtros mecánicos.

Estas construcións, que os

lucenses podemos ver nas beiras das

bacías fluviais citadas (as amplas cámaras

de retención de auga sitúanse baixo terra)

foron merecedoras do premio San Telmo

2009 á mellor obra de enxeñería civil de

Galicia, outorgada polo Ilustre Colexio de

Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

CONCLUSIÓN

O esforzo realizado en equipamentos como a estación de tratamento de auga potable, a

estación depuradora de augas residuais e as súas instalacións complementarias, como novos

depósitos de almacenaxe de auga depurada, ampliación e substitución de entubados, e rede de

tanques de alivio, sitúan á cidade de Lugo entre as mellor dotadas e saneadas de Europa.

O seu abastecemento de „auga de boca‟ proporciónanos este elemento esencial para a

saúde con garantía de calidade e pureza sanitaria suficiente para competir coa embotellada.

Podemos elixir entón entre mercala ou bebela directamente da billa.

A depuración dos vertidos líquidos mima o río Miño, que recibe a auga limpa, libre de

organismos prexudiciais e, no verán, regularizará o caudal para a súa conservación ambiental.

Finalmente, os lucenses reutilizamos a auga, para usos industriais e rego de xardíns, sen

custos engadidos de potabilización.

Page 26: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

24

AA DDIIFFÍÍCCIILL EELLEECCCCIIÓÓNN Cristina Fernández Fernández e Uxía García Fernández 1º BAC C

Nesta sección da revista faremos unhas entrevistas a xente con diversas carreiras para orientar sobre

elas e sobre a vida universitaria, esperamos que vos sirva de axuda.

ARQUITECTURA- ANA MARTÍNEZ FERNÁNDEZ

-En que curso estás?

Acabo de rematar co proxecto, así que xa rematei a carreira.

-Como elixiches a túa carreira, que te motivou?

Pois eu dende sempre tiven claro que me gustaban as ciencias e o bacharelato técnico e por outra banda

todo o que é arte, o debuxo técnico e artístico, entón paréceme que a arquitectura é un pouco coma un

compendio de todo iso. Aínda que non o tiven claro ata segundo de bacharelato; de feito escollín un

bacharelato un pouco mixto con Bioloxía que daquela era a miña materia favorita pero coñecía a dúas

persoas que fixeran arquitectura e contáranme que a carreira era dura pero que era moi bonita e eles foron

quen me animaron a escollela. Eu nunca fun desa xente que ten a vocación moi clara e dende que son nenos

xa saben que queren estudar.

-Arrepínteste de escollela, optarías agora por outra?

Non, non me arrepinto nada, gustoume moito a carreira e o que máis me gusta é traballar. Antes no que máis

pensaba era na carreira, á hora de escoller, pero agora que rematei o que máis me gusta é o traballo, na

arquitectura sempre estás aprendendo. Cando tes un proxecto novo tes que adecuar o edificio ás funcións

que ten, non é sempre o mesmo, non é repetitivo. Respondendo a túa outra pregunta, non escollería outra

carreira, agora sei que a arquitectura é o meu.

-Estarías disposta a facer outra carreira agora que remataches?

Si, pero unha especialización como decoradora, pero agora como acabo de rematar, a verdade e que estou

cansa de tanto estudar.

-Algún consello para a xente que este dubidando escoller arquitectura?

Pois a verdade é que a cousa agora está moi difícil, somos moitos, hai poucas prazas, hai pouco traballo, así

que os que estudamos arquitectura non aconsellamos moito, pero ben eu daría o consello de que se es

traballador, constante e che gusta, que non te bote para atrás o de que é difícil .

Page 27: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

25

-Que tal a saída laboral, xa tiveches algún traballo?

Si, traballei dous veráns cun arquitecto que ten 71 anos, entón ten moitísima experiencia, sobre todo aprendín

arquitectura tradicional, o que non se aprende na escola, aprendino con el. O que é a parte práctica da teoría

da carreira, por exemplo facer visitas de obras, todo o que te pasas na carreira debuxando nos planos ves

como se fai realidade, ves como se constrúe, como quedan os espazos e a verdade e que é moi satisfactorio,

foi unha experiencia xenial.

Agora o meu futuro preséntase diferente, ir ao estranxeiro, a cousa está moi mal, ben e tamén non só pola

situación económica española senón porque dende sempre quixen marchar, e a maiores de traballar nisto

tamén me parece interesante aprender un idioma novo (aínda que xa estiven un tempo en Alemaña) e logo

volver pero en principio quero seguir formándome, coller experiencia.

-Animaríaste agora a empezar outra carreira?

Agora mesmo non pero nuns anos si, faría un máster ou pode que comezar outra carreira.

-Que tal a experiencia universitaria?

Moi boa, e o feito de ter maior liberdade e marchar da casa é xenial porque eu creo que o feito de estudar e

independizarse debe ir unido xa que moita xente queda na casa e non é o mesmo, cando marchas tes que

facer números ti só e saber como manterte.

Por riba é unha cidade nova na que non coñeces a ninguén e tes que relacionarte, coñecer xente nova.

-Botaches moito de menos aos teus?

Si, ben, pero no meu caso volvía todos os fines de semana para a casa entón facíase menos duro, o domingo

era o día máis difícil xa que pensas agora volver para aló soa e poñerte a estudar.

-Que pensas facer nos meses vindeiros?

Pois agora mesmo voume tomar un descansiño e no verán vou buscar prácticas, aínda non quero traballar eu

soa tendo o meu propio estudio, de feito en Alemaña para obter o título tes que traballar tres anos, entón ao

principio prefiro comezar traballando baixo a supervisión de alguén, e a verdade é que tampouco é o meu

soño ter un estudo propio, pero si non depender de ninguén; o que si me gustaría é formar un grupo entre

varios especialistas, por exemplo, un especialista en estruturas, outro en grafía, outro de cara ao público,

formar un convenio cada un que se dedique o que se lle dá mellor, que o considero máis positivo que traballar

só.

Page 28: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

26

MEDICINA-MARÍA FERNÁNDEZ REVALDERÍA

-En que curso estás?

Estudo primeiro na universidade de A Coruña, acabo de empezar.

-Como elixiches a túa carreira, que te motivou?

Eu sempre tiven claro que quería facer unha carreira de ciencias, pero non estaba segura dubidaba entre

moitas, eu non son destas persoas que teñen clara a súa vocación dende pequenos. Dubidei entre moitas

carreiras enxeñaría, medicina, ou mesmo arquitectura, pero no Bacharelato xa me decantei por medicina, xa

non tanto pola carreira (que tamén me gustaba, e a Bioloxía en segundo de BAC encantábame) senón máis

que nada polo traballo, por exercer que era o que máis me gustaba sen dúbida.

-Medicina ten unha nota de corte moi alta que tal levaches o bacharelato?

Pois si foi duro, pero máis que duro o ter que estudar tanto, o que máis estresaba era a presión, sempre tiñas

a presión da nota e a dúbida de se ías poder entrar ou non, xa abondo difícil é escoller a carreira para canto

máis ter a dúbida de se che daría a media.

En selectividade non vas coa idea de facelo o mellor que poidas senón que estás pensando teño que sacar

moi boa nota, teño que entrar… e era moi estresante esperar polas notas, mirar as notas de corte e esperar a

ver se entras.

-Algún consello para a xente que queira facer medicina?

Que se é o que queren facer e lles gusta, que estuden porque merece a pena estudar moito en primeiro e

segundo de BAC, se che gusta de verdade e queres traballar niso, pero se non lles gusta e só o escollen por

facer algo que non o fagan porque a carreira é dura.

-Arrepínteste de escollela?

Non, aínda que cando tes tanto que estudar resitúas a vocación, pero non.

-Animaríaste a comezar outra, ao rematar medicina?

Non é que non me anime pero e que teño moitas ganas de exercer así que creo que cando acabe a carreira

vou ter tantas gañas de traballar no meu que non creo, pero quizais nun futuro máis lonxincuo, cando estea

máis asentada laboralmente.

-Que tal a experiencia universitaria?

Moi ben, ao principio dura por estar lonxe da familia, pero é moi boa. Eu estou vivindo nunha residencia.

-Botas de menos aos teus?

Si, claro, estar lonxe da casa soa, todo iso é moi duro pero ben, se tes a sorte de estudar preto e poder vir a

casa todo os fins de semana non se fai tan difícil.

Page 29: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

27

-Que che gustaría facer ao rematar a carreira?

Pois supoño que farei o MIR, para poder traballar nun hospital, porque é o que quero e o que non teño nada

claro aínda é a especialidade, supoño que cos anos que estea estudando a carreira inclinareime por unha

especialidade concreta ou realizarei a miña idea principal que era ser médico de familia, porque me gusta

moito o trato co paciente.

PSICOLOXÍA E TRABALLO SOCIAL-ALBA FERNÁNDEZ REVALDERÍA

-En que curso estás?

Xa rematei de estudar Psicoloxía en Santiago e agora estou estudando traballo social polas mañás pola

Universidade a Distancia.

-Como elixiches a túa carreira e que te motivou?

Dende que tiña máis ou menos doce anos, por vocación, sempre me gustou, e traballo social porque ten

relación, de feito en moitas profesións estas funcións solápanse, seino pola experiencia de cando estiven

facendo prácticas na Cruz Vermella, a verdade e que facían as mesmas funcións un psicólogo ca un

traballador social, e como agora está a situación laboral tan mal, mentres estudo isto saco o PIR que son

catro anos fixos traballando.

-Arrepínteste de escollela, optarías por outra?

Non, porque me encantou e ademais acabo de rematar e xa estou traballando e ademais só no meu, así que

non me arrepinto de nada e é o que me gusta.

-Que tal a saída laboral, tiveches algún traballo?

Moi ben, xa que en teoría Psicoloxía non ten moita saída laboral de feito, da miña promoción que rematou o

ano pasado só están traballando dúas persoas que quedaron de becarios na universidade e eu, así que

obxectivamente a saída laboral é mala xa que aínda antes da crise non había saída, cando comezou aínda

empeorou. A miña experiencia persoal, de marabilla, estou traballando de psicóloga nun centro de

información á muller, non levo nin un mes e é unha contratación temporal, pero ben, moi ben.

-Que tal a experiencia universitaria?

Moi boa, eu penso que todo o mundo debería pasar pola universidade pero non na mesma cidade na que

vives, xa que ao marchar gañas independencia e aprendes a manexarte soa. Coñeces a moita xente e é unha

experiencia que non se debería perder ninguén.

-Botabas de menos aos teus?

Si, sobre todo á miña irmá e aos meus curmáns. O primeiro ano é un cambio moi grande marchar a outro

lugar onde non están teus pais, aos que sempre recorres se tes algún problema, a comida de túa nai, poder

cear todos xuntos ou xa só ver a tele.

Page 30: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

28

-Que dirías para animar á xente a escoller psicoloxía?

Que é unha carreira moi interesante pero tenche que gustar, é unha carreira que podes aplicar no teu día a

día e axudas á xente que para min é unha motivación moi importante.

GRAO EN LINGUA E LITERATURA HISPÁNICA- PAULA LLENDERROZAS RON

-En que curso te atopas?

No 3º da carreira. Estúdoa aquí en Lugo, aínda que eu non son de aquí; son de Viveiro.

-Cal é a túa materia favorita?

Calquera de literatura, xa que todo o relacionado coa literatura interésame moito desde sempre.

-Arrepínteste de escoller esa carreira? Se fose agora escollerías outra?

Non, non me arrepinto para nada, estou moi contenta con ela, se tivera que volver a comezar daría os

mesmos pasos que dín, ademais xa estou a piques de rematala!

-Completarías os teus estudos con outra cousa, ou estalos a completar?

Tamén me gusta moito a música e estudo 5º de Grao Profesional de Frauta traveseira no Conservatorio de

Música de Lugo, e son 6 materias máis a maiores das do grao. Con estas dúas cousas non tería tempo para

traballar aínda que quixera.

-Botas de menos a túa xente?

Lévoos Botando de menos 3 anos xa, pero co paso do tempo xa me acostumei a vivir aquí en Lugo, pero iso

non quita de que estea desexando que chegue o verán para volver a miña casa.

-Que consellos lle darías a alguén que quere facer a túa carreira?

Que se realmente lle gusta a lingua e a literatura, aínda que sexa unha carreira con poucas saídas, merece a

pena facela, nos tempos que corren imos ter moito tempo para estudar cousas que non nos gusten.

1º DE DEREITO+ADE en Deusto (Bilbao)- DELIA LUCÍA MARTÍNEZ LORENZO

-Cal é a túa materia favorita?

Sen ningunha dúbida é Dereito constitucional.

-Gústache o que estás a facer ou cambiarías de carreira?

A verdade é que me arrepinto bastante de escoller ADE, mais ben porque non a escollín eu, foi decisión de

meus pais. O ano que vén vou continuar co segundo curso de Dereito e comezar Filoloxía Hispánica, algo

que me gustou dende sempre.

Page 31: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

29

-Completarías os teus estudos con outra cousa, ou estalos a completar?

A verdade é que un dobre grao paréceme xa bastante completo, pero aínda así estounos a completar co

CPE de inglés.

-Que consellos lle darías a alguén que queira facer a túa carreira?

Ter moi claro que ao ser un dobre grao é o dobre de esforzo, que estudar todos os días é algo obrigatorio se

queres ter posibilidades de aprobar, e aínda así non é unha garantía por desgraza. Outro consello que daría é

que se hai algunha carreira da que estean seguros que lles gusta que a fagan, que arrisquen, porque o malo

é arrepentirse despois de comezar algo do que non estabas moi seguro.

-Botas de menos Lugo?

Pois si, moitísimo, a verdade é que pasei un ano bastante malo, moi lonxe da miña familia e dos meus amigos

(Lugo-Bilbao), arrepentinme de escoller ADE.

O bo é que agora xa sei que hai que tirar polo que de verdade lle gusta a un, e iso é o que me motiva.

4º DE GRAO PROFESIONAL NO CMUS de Lugo (CLARINETE)- LUCÍA EXPÓSITO

-Cal é a túa materia favorita?

Banda, ademais eu toco na Banda municipal de Ribadeo.

-Gústache o que estás a facer ou cambiarías de carreira?

Encántame, eu estou contentísima co que estou a facer, xa que o ano pasado comezara unha carreira e

arrepentinme, agora estou a facer o que de verdade me gusta.

-Estudas algo ademais do Conservatorio?

Estou a estudar Inglés tamén, porque o considero realmente importante.

Aínda así con estudar o Conservatorio só chegaría, porque ser bó músico necesita moitísimo tempo de

estudo e sacrificio, non é dabondo estudar dous ou tres días á semana, estudar todos os días mínimo 2 horas

ao día é obrigatorio.

-Cómo te ves no futuro?

Pois despois de acabar o superior de música véxome como directora dalgunha orquestra ou banda, porque

aínda que me guste moito o clarinete o que de verdade me gusta é dirixir, é algo que me gusta.

-Botas en falta Ribadeo?

Pois si bastante, sobre todo o mar, é algo que boto moito en falta aquí en Lugo, ademais da miña familia é

amigos, claro. Aínda así teño a sorte de coñecer a moitos músicos aquí en Lugo cos que me levo

estupendamente e fanme sentir coma na casa.

Page 32: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

30

-Algún consello?

Que se de verdade lle gusta a música ten que dedicarlle moitas horas e loitar polo que lle gusta, para

conseguir ser o mellor.

Page 33: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

31

BBEERRLLÍÍNN Antón Lodeiro Sarmiento 4º ESO A

O 25 de marzo tiñamos que estar na porta do IES Sanxillao ás 6:30 para saír en autobús en dirección ao

aeroporto de Madrid. Tardamos en chegar alí, máis ou menos seis horas. Como eramos bastantes alumnos,

iamos en dous avións, un saía primeiro e outro despois. Os que foron no primeiro xa foron directamente a

Berlín, cando chegaramos a Madrid, pero os que foramos no segundo, fixemos unha pequena excursión por

Madrid. Despois xa fomos a Berlín, e a viaxe durou unhas catro horas. Ao chegar alí, xa fomos directos ao

hotel. E así foi a nosa chegada. Polas noites saïamos un pouco todos os días. Por certo, a cervexa alemá

está moi boa.

Todos os días tiñamos que estar xa almorzados ás 9:30, hora en que iamos facer algunha visita a museos ou

sitios así.

O 26 de marzo, despois de almorzar, fixemos unha visita por Berlín. Nesta visita fixemos un percorrido en bus

polo máis destacado da capital de Alemaña. Tamén foramos ver restos do famoso muro de Berlín, a porta de

Brandemburgo. Pola noite festa.

O 27 de marzo foramos ver o museo de Pérgamo despois do almorzo. Ese mesmo día tamén visitarnos un

barrio xudeu no centro de Berlín.

O 28 de marzo fomos visitar o campo de concentración de Sachsenhausen. Foi unha das visitas que máis me

gustou. Para ir a este campo fomos en tren, xa que se atopaba nunha pequena cidade a unha media hora de

Berlín. Tamén fomos ver moitos palacios no centro de Berlín, como o Sanssouci.

O 29 de marzo fixemos unha excursión a Postdam durante todo o día. Fomos en tren, xa que tamén se

atopaba a unha media hora de Berlín. Gran parte desta excursión fixémola en autobús, onde víamos a cidade.

O 30 de marzo despois de almorzar saímos para o aeroporto, onde perdín o meu pasaporte!, e cando

chegamos a Madrid, fixemos as últimas compras e volvemos para Lugo en autobús. Chegamos o 31 de

marzo ás 6:30 da mañá aproximadamente.

Durante a excursión deixáronos moito tempo libre, para facer o que queríamos, facer compras, ir dar unhas

voltas...

Foi unha boísima excursión, para min a mellor das que fun.

.

Page 34: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

32

FFOOTTOOSS DDAA VVIIAAXXEE AA BBEERRLLÍÍNN Carolina Núñez Andrade 1º BAC C

Page 35: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

33

Page 36: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

34

Page 37: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

35

Page 38: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

36

Page 39: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

37

.

Page 40: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

38

VVIIAAXXEE AA BBEERRLLIINN,, DDÍÍAA 2288 DDEE MMAARRZZOO Carolina Núñez Andrade 1º BAC C

Como todos os días, espertámonos coa ansia nun novo día en Berlín, ademais hoxe tamén teriamos que incluír nesta ansia a visita o campo de concentración “Sachsenhausen”, poderíamos dicir que era una das excursións máis desexadas desta viaxe, en xeral tiñamos ganas de coñecer un pouco máis de preto a terrible historia do nazismo, e o comunismo, xa que debido as consecuencias da segunda guerra mundial, na división de Alemaña, “Sachsenhausen” quedou na parte pertencente ao comunismo e converteuse nun campo especial soviético, que seguiu utilizándose para as mesmas funcións que antano, e non pechará as súas portas ata 1950.

Para ir a Orinenburg, tiñamos que coller o metro, que nos levaría ata aquela localidade onde se atopaba aquel anaco da historia, dende a estación andamos tan só un pouco e xa nos atopamos fronte con fronte coa entrada do museo do campo, comemos e repartimos as audiguías, e por fin comezamos coa visita, primeiro cunha explicación sobre maqueta, onde podíamos observar as grandes dimensións daquel cárcere, logo seguiríamos por un camiño pedregoso chamado “Lagerstrasse”, á man dereita observamos as intendencias dos gardas e o lugar onde se formaban para facer ditas tarefas; co fin deste camiño, abríanse ante nós, as portas daquel matadoiro de persoas, rodeado dunha enorme aramado eléctrico. Xa dentro do campo, puidemos ver de preto os barracóns onde se amoreaban os presos, e onde comprobamos as lamentables condicións nas que vivían, percorremos a lavandería, a cociña dos presos e os diversos museos explicativos que encontramos a ao largo do campo, as terribles cámaras de gas e a parte máis me abraiou, desde a miña perspectiva: a visita a sala de operacións, o máis parecido a unha carnicería, tan só con lembralo, dáme uns tremendos arrefríos.

Poñer os pés, neste cárcere, lembrando todo o sufrimento das persoas que confinaron naquel lugar e que moitas delas pereceron tanto a causa das cámaras de gas ou das diversas torturas ás que foron sometidas, tan só por pensar de diferente maneira ao réxime, pola súa orixe étnica, por incapacidades físicas ou mentais ou por algunha anomalía social, temos que destacar dentro do grupo da orixe étnica, a comunidade xudía, xa que é o grupo máis amplo de vítimas.

.

Page 41: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

39

UUNN CCAADDEERRNNOO EE UUNN FFUUTTUURROO Antía Carreira 1º BAC A

Todos os estudantes actuais sabemos que oo

nnoossoo ffuuttuurroo eessttáá ccrruu.. Somos a primeira xeración na historia que ve como rreettrroocceeddeenn

ooss sseeuuss ddeerreeiittooss,, aqueles polos que tanto suaron e loitaron as súas nais e pais, avoas e avós... e intentamos enfrontarnos ao que se nos vén enriba. Pero de nada sirve

desanimarse. É agora cando máis temos que MOVERNOS E ESPERTAR! Cada un temos que tirar polo que realmente queremos facer. Estamos a medio camiño e todos temos que alcanzar a nosa propia meta.

Así fai Javier Bascuas, exalumno do bacharelato artístico no Sanxillao. Percorreu os mesmos corredores que xa temos todos tan ben coñecidos. Estudou máis tarde un ciclo superior de Gráfica Publicitaria na Escola de Arte Pablo Picasso na Coruña.

Tes boas lembranzas do instituto? Si, a maioría son boas. Alí coñecín aos que serían os meus amigos actuais. Que aconsellarías a un estudante de bacharelato? Que se empape de todo, que non descarte nada, exposicións, máster, clases do que sexa, cine, botánica,... que intente visitar museos e exposición alá onde vaia. Somos esponxas e logo poderemos utilizar todas esas imaxes e momentos para crear as nosas propias obras, sexan de deseño gráfico, pinturas, esculturas... Como ves o futuro para os estudantes do bacharelato artístico? Se realmente se sente, hai futuro. O problema é que a grande maioría só está neste bacharelato porque é máis fácil, e acaban desmotivando a xente que leva isto da pequenos, así que, na miña humilde opinión, hai que facer algo que te motive sen importar demasiado a saída que poida ter, porque a terá, se a buscas. Somos parte da sociedade do futuro, non podemos vvoollvveerr aa eerrrraarr do mesmo xeito, é O

NOSO DEBER ENTENDER E APRENDER do mundo que nos rodea, da natureza, da historia da humanidade, da política, das outras culturas…

NON PODEMOS RETROCEDER NIN DEIXAR QUE NOS

ENGANEN, O NOSO É AVANZAR! Tamén é certo que moitos países encóntranse en situacións moito peores ca nosa e non é o momento de ppeelleexxaarr se non da COOPERACIÓN.

Page 42: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

40

. Hai pouco, Javier viaxou a Marrocos como voluntario e fixo un caderno de viaxe, formato libro, onde se pode ver como son as cousas alí, ademais de ser o eu proxecto de fin de carreira.

É a lembranza dunha viaxe, na que fun moi feliz, e estiven moi tranquilo, que é algo que valoro moito na miña vida. O libro leva unha orde cronolóxica da viaxe, dende que cheguei a Casablanca, o bus a Errachidia onde estiven case todo o tempo, Meknes.. e moitas das vivencias que tiven durante a miña estancia. Por que escolliches Marrocos como destino? Proximidade por unha parte e, por contra, quería saber máis a preto desa cultura tan diferente á nosa. Todo é diferente: dende que aterrei no aeroporto de Casablanca, a luz era diferente, logo a xente os xestos, as rúas de terra, o clima...todo. Que salientarías da túa experiencia alí? Os amigos marroquís que me quedaron de por vida e a amabilidade en xeral.

Este é un pequeno exemplo de todo o que nos queda e poderiamos aprender e facer sen ddeeiixxaarrnnooss lleevvaarr

ppoolloo ppeessiimmiissmmoo nnoo qquuee nnooss aaffuunnddeenn..

TEMOS QUE SER UNHA SOCIEDADE ACTIVA, COOPERATIVA, ESPERTA, INTELIXENTE, XUSTA E UNIDA.

Este e outros traballos de Javier Bascuas poden ser vistos na súa páxina web http://dosdes.tumblr.com/

Page 43: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

41

AA LLIINNGGUUAAXXEE EENNMMAASSCCAARRAADDAA DDAA CCRRIISSEE Laura Abraira 4º ESO A

O uso persuasivo da linguaxe forma parte do discurso político dende que este existe e móvese entre

esa delicada fronteira entre a maquillaxe e a máscara, pero o uso de eufemismos intensifícase en tempos de

crise, esas épocas de malas noticias e o seu abuso pode raiar entre o cómico e o grotesco.

A idea de fondo é aquilo de que as cousas existen en canto que as nomean. O xiro lingüístico explica

que a linguaxe non é tanto un vehículo de expresión dun pensamento previo, se non da formación do

pensamento en si mesmo.

Desta maneira non atravesamos unha época de crise, se non de “severa deceleración” polo que son

necesarios unha serie de recortes ou, mellor dito, “reformas” ou “axustes”. Aínda así, ninguén pretende baixar

os soldos, é máis ben unha “devaluación competitiva dos salarios”. Outra consecuencia máis deste período

de “crecemento económico negativo” é o crecemento da lista do paro, non tanto porque as compañías

despediran aos seus traballadores, se non porque se encontran inmersas en procesos de “racionalización da

rede de oficinas”. Unha forma de afirmar algo malo é negar algo positivo.

Circunloquios, perífrases, rodeos, ambigüidades, tecnicismos inintelixibles, anglicismos

innecesarios…. En definitiva, xogos de palabras para ocultar o evidente.

Page 44: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

42

RRAADDAARREESS XXUUVVEENNÍÍSS Carlos Vázquez Díaz 2º BAC

O proxecto Radares Xuvenís é un programa mediante o cal a concellería de xuventude pretende

achegarse á mocidade lucense para entender mellor os seus intereses, costumes, inquedanzas etc. para

deste xeito poder organizar actividades, cursos e seminarios adaptados aos novos tempos.

Está integrado pola propia concellería e por mozos e mozas da maioría dos centros da capital que,

de xeito altruísta, se ofrecen como mediadores entre a concellería e os seus compañeiros e compañeiras.

Cal é a labor dos radares?

Os radares pretendemos facilitar aos nosos compañeiros toda a información sobre as actividades e

cursos que dende a concellería organizan. Pero ademais, neste programa somos os mozos os protagonistas,

polo que tamén realizamos a función de “radares”, isto é, captamos entre os nosos compañeiros os seus

intereses, recollemos as súas propostas sobre actividades e realizamos nós mesmos peticións á concellería

sobre actividades que nos gustaría levar a cabo no ámbito local.

Que posibilidades ofrece este programa?

Como xa dixemos neste programa os mozos e mozas somos os protagonistas e por iso ofrece un

amplo abano de posibilidades. Mediante os radares, ou na propia concellería podedes realizar peticións sobre

calquera actividade que vos gustaría, ben sexan cursos, actividades lúdicas, competicións, etc ... Dende a

concellería, coa nosa colaboración farán un estudo da viabilidade da vosa petición, contactando cos

instrutores, buscando espazos para realizala e cofinanciándoa, e na maioría dos casos facéndoa posible. Polo

tanto, atopámonos ante un programa que nos escoita, que trata de facer realidade as actividades que dende

sempre nos gustaría levar a cabo. Coa mesma finalidade de achegarse á mocidade, os radares mantemos un

taboleiro actualizado acerca das actividades que se están a levar a cabo, para que ninguén perda por falta de

información a posibilidade de participar en ningunha delas. Tamén con este propósito estamos presentes nas

redes sociais e mantemos un blog actualizado, de xeito que cun simple click podades realizar todas as vosas

propostas e mantervos informados.

Page 45: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

43

Onde nos atopamos?

No noso centro, os radares mantemos un taboleiro actualizado na segunda planta (ao lado da

biblioteca) e dispoñemos dunha aula no terceiro andar, na que nos atopamos todos os luns e venres á hora

do recreo. Alí poderedes atopar máis información sobre as actividades expostas no taboleiro e realizar as

vosas peticións.

O IES SANXILLAO conta con dous radares, Antía e Carlos, que vos animamos a mantervos

informados e a realizar peticións, pois é un xeito doado de poder levar a cabo actividades para as que non

dispoñedes de medios por vós mesmos. Do mesmo xeito animámosvos a seguirnos no blog

www.radares.bitacoras.com. Pois é un xeito cómodo, rápido e sinxelo de facer chegar ao Concello as

nosas peticións e de saber que opcións nos oferta a concellería de Xuventude.

Page 46: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

44

EENNTTRREEVVIISSTTAA AAOO AALLCCAALLDDEE DDEE LLUUGGOO Denise González Seco 4º ESOA

1.- Cando comezou a súa vida política?

Cando estaba na Universidade polos anos 66-71, e vendo que nos faltaba a liberdade e a

democracia. Tomei conciencia de defensa dos Dereitos Humanos e de loita contra a Ditadura. A partir da

morte de Franco comecei a militar no Partido Socialista Popular e logo no PSdeG-PSOE.

2.- Gústalle ser Alcalde de Lugo?

Si, porque creo que é necesario que haxa homes e mulleres que dean un paso para liderar á cidade. Traballar

pola cidade na que vives, á que queres, da que coñeces os seus problemas e as súas xentes é o traballo

político máis gratificante. Se ademais os veciños te votan...

3.- Despois de trece anos ao

fronte da Alcaldía, non está

canso?

En absoluto. A ilusión, o traballo en

equipo, as gañas de mellorar a

realidade social, política e

económica na que vives, as gañas

de colaborar para que os problemas

teñan solución é para min unha

constante retroalimentación para traballar todos os días. Haberá algo mellor que traballar coa xente e pola

xente que convive contigo no mesmo espazo xeográfico e social?.

4.- Cal é o maior problema que ten hoxe Lugo?

A falta de emprego de tanta e tanta xente e o perigo de que perdamos a esperanza nas nosas

posibilidades. Se todos traballamos en común os problemas serían menores. Teño confianza no presente e

no futuro de Lugo, porque nunca tivemos unhas circunstancias materiais e humanas tan positivas como temos

na actualidade. Sairemos desta situación na medida que haxa acordos políticos e económico-sociais.

5.- Que lle falta a Lugo?

Neste momento emprendedores que na medida das súas posibilidades aposten por facer empresa;

para iso é preciso que o sector financeiro aposte por dar creto aos empresarios e autónomos que queiran

desenvolver unha actividade económica. Aqueles que temos a sorte de ter traballo temos que consumir, dun

xeito responsable, pero consumir.

Page 47: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

45

6.- Lugo é unha cidade na que un se pode divertir?

Creo que si, aínda que habería que definir o que é divertirse. Temos unhas boas instalacións

deportivas públicas, numerosos clubs para facer diversos deportes, instalacións privadas de deporte e ocio,

cines, actividades culturais e sociais ...É unha paisaxe no entorno do Miño e Rato que invita a pasearse e vivir

á natureza.

7.- Ten importancia a Universidade na cidade de Lugo?

Moita. Temos unha Muralla Patrimonio da Humanidade, somos a cidade do Sacramento, somos un

Concello urbano e rural que nos define con unha riqueza medioambiental importante, somos unha cidade

Universitaria. A Universidade é a oportunidade de formar recursos humanos de excelencia e de fomentar a

investigación e o desenvolvemento. Debemos sentirnos orgullosos de ser unha cidade Universitaria. Por iso é

preciso coidar o conxunto do ensino que en Lugo é de moita calidade.

8.- Somos coñecidos no resto de España e en Europa? Somos unha cidade turística?

Aínda non dun xeito suficiente. É necesario facer unha maior difusión e promoción das nosas

riquezas históricas, paisaxísticas e gastronómicas. Temos que aproveitar nese sentido as novas tecnoloxías,

que nos poñen a un clic en calquera parte do mundo. Ten que ser unha das nosas vocacións xa que ademais

o turismo é unha fonte económica importante e por iso creadora de emprego.

9.- Non vota de menos a súa etapa de profesor?

Moitas veces porque creo na profesionalidade, pero tamén na vocación. Pero non é menos certo que

polo feito de estar durante tantos anos dedicado ao ensino, faime ver a importancia tan grande que ten na

sociedade. Por iso non estou de acordo cos recortes no Ensino Público. Se a crise ten solución ten que vir

acompañado de uns homes e mulleres ben formados. E para iso o Ensino, a Comunidade Educativa, é

esencial.

10.- Cales son as súas actividades fóra da vida no Concello?

Case non teño porque teño unha dedicación de dez ou doce horas diarias ao meu labor institucional

e político, sen apenas fins de semana libres. Por iso cada vez que podo estar coa familia, facer unha pequena

viaxe, ler un libro, escoitar música ou pasear pola cidade é o que máis me gusta.

11.- Aconsellaría aos alumnos e alumnas a pensar en ser políticos?

Sen lugar a dúbidas. O labor político é un labor moi nobre e necesario nunha sociedade moderna e

democrática, polo que ten de servizo aos demais. A sociedade é plural e hai moitas perspectivas para buscar

solucións a esta sociedade. Por iso é importante formarse como ser humano, formarse como profesional e

dedicarlle parte do tempo, cada un desde a súa perspectiva, a ese servizo público.

Page 48: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

46

12.- Gústalle o deporte?.

Para practicar camiñar, aínda que teño pouco tempo; para ver o fútbol e o baloncesto. Espero que a

selección de España faga un bo papel no campionato de Europa.

13.- Ten fama de bo cociñeiro...

Son faladoiros. Si é verdade que nada como cociñar para distraerme. Algúns pratos non me saen

mal, como por exemplo a paella. Iso din os amigos, pero seguro que é porque son amigos.

14.- Sr. Alcalde e para terminar, porque falar en galego?

Porque é o noso Idioma. É o que nos define como galegos, é o noso modo de estar e de comprender

o mundo. Que sorte vivir nun País que ten dous idiomas, mellor catro!. Ademais temos que aprender un dos

da Unión Europea. Se

perdemos o noso idioma

perderemos o noso propio ser.

Seremos, pero de outro xeito.

Grazas por esta

oportunidade de “falar” coa

Comunidade Escolar do

Instituto “I.E.S Sanxillao” . Sorte

nos exames e un saúdo para

todos e todas.

Page 49: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

47

XXOOEELLIIKKII EE UUNN DDOOSS SSEEUUSS AAUUTTOORREESS Félix Martínez Eiriz 1º ESO C

Este ano os alumnos de 1º da ESO limos para Galego o

libro Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata de Matías Segura e Abraham Carreiro. Xoeliki é un neno de once anos ao que lle encanta a informática que bota moitas horas xogando a videoxogos e chateando na Internet. A vida deste rapaz cambiará cando teña que enfrontarse a un malvado virus.

Abraham Carreiro, que foi o que fixo os debuxos do libro, estivo no salón de actos do noso instituto charlando cos alumnos de 1º de ESO. Ensinounos un vídeo no que se ensina como foi facendo os debuxos desde o esquema máis simple ata a forma completa e con cores. Despois, nunhas follas ben grandes, foinos debuxando os seus personaxes principais e pegándoos na parede para velos mellor todos. Os alumnos fixéronlle unha serie de preguntas, entre as cales estaba a de que nos contar mellor o final, de cómo eran algúns personaxes que non saían debuxados. Quedou todo nun pouco de misterio e intriga ata que saia a segunda parte do libro proximamente, tal e como nos asegurou o seu autor. Ao final asinou unhas dedicatorias nos libros e libretas. Algúns, que foron rápidos, colleron os debuxos que fixera o autor…

Page 50: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

48

EEXXPPOOSSIICCIIÓÓNN 112255 AANNOOSS DDOO NNAACCEEMMEENNTTOO DDEE CCAASSTTEELLAAOO

Con motivo da exposición 125 anos do nacemento de Castelao, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, o alumnado da clase de 4º ESO A asistiu o día 20 de decembro á exposición exhibida no IES Leiras Pulpeiro.

Page 51: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

49

Page 52: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

50

BBAALLEEIIRRAA

RRUUTTAA DDAA MMAARRRROONNDDAA Sandra Fernández Lage 1º BAC A

A Ruta da Marronda é o primeiro itinerario da comunidade autónoma galega seleccionado para

formar parte do sendeiro de Grande Percorrido. Tamén é o primeiro sendeiro de gran percorrido da provincia de Lugo, cunha lonxitude aproximada de 66 quilómetros.

Homologada pola Federación Galega de Montañismo, está convenientemente sinalada segundo o modelo estipulado polo Comité Nacional de Sendeirismo, polo cal é posible percorrelo sen necesidade de coñecelo previamente. O seu trazo acércanos a paraxes dominados pola natureza, con bosques, paisaxes fluviais e de montaña que sen dúbida sorprenderán a quen se achegue a esta ruta.

O percorrido transcorre de forma maioritaria por vellos camiños, corredoiras e sendas de pescadores, con algúns pequenos tramos nos que o asfalto ou os camiños de terra restan interese e permítennos gozar de excelentes vistas. Destaca a Fraga da Marronda que consta dun magnífico exemplo do bosque autóctono galego que ademais mantén un excepcional estado de conservación, ten unha extensión de 611 Ha. Outros bosques de menor tamaño son: As ribeiras do Eo que se percorre desde o seu propio nacemento en Fonteo, observando as fermosas fervenzas como a do Pozo de A Ferrería e que sorprende en A Cortevella. RUTA DOS CASTROS - Castro de Antiguallas ( Córneas)

Situado a 19 Km do Cádavo, sobre unha elevación do terreo desde a que domina todo o val de Córneas, este castro é un dos máis relevantes de Baleira. Conservan vestixios de prehistóricas vivendas e na zona é posible contemplar construcións circulares cubertas de palla de evidente herdanza celta. - Pena do Castro (Vilar dos Adros)

Asentamento castrexo no que se observan as estruturas defensivas, unha serie de murallas e pequenos foxos que rodean unha ampla (croa) coroada por varias rochas onde se divisa todo o val do río Neira. Está situado na parroquia de Fontaneira. - Castro da Degolada

Componse dunha pequena muralla exterior, un foxo e unha ampla (croa) erguida sobre una rocha. Coroa unha pendente de certa altitude desde a que se divisa case por completo a parroquia de Degolada. Neste castro atopáronse importantes vestixios castrexos.

Page 53: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

51

- A Pena dos Mouros (Real de Cubilledo) No asentamento da Pena dos Mouros, 8 km de la capitalidade municipal, consérvanse restos dunha primitiva construción, son os alicerces dun vello edificio de grandes proporcións que lle chaman A Casa dos Mouros, en alusión directa ao carácter de fortaleza que antes debía de ter. - Ruta das Igrexas

Oito igrexas permítenos coñecer parte do patrimonio histórico-artístico do Concello de Baleira. Todas elas

están situadas en lugares de extraordinaria beleza natural e presentan elementos de diferentes estilos (románico, barroco, neoclásico...) dando conta da riqueza cultural destas terras en tempos pasados: - San Pedro de A Esperela, igrexa románica do século XII, sufriu unha profunda reforma a mediados do

século XVIII. Os documentos, un do ano 900 e outro do 857, sitúan aquí un mosteiro medieval. - Santiago de Córneas, é un interesante templo renacentista do século XVI con sucesivas reformas

segundo consta en varias inscricións situadas no mesmo. - Santiago de A Fontaneira, construída no século XVIII sobre a capela medieval do Hospital de

Peregrinos, situado fronte á mesma. Ubicada na estrada que une O Cádavo coa Fonsagrada. - Santiago de Martín, ubicada na aba dereita do río

Martín.

- San Miguel da Braña, instalada ao lado do Camiño Real de Castela a Mondoñedo, atópase a igrexa protexida por un cruceiro. Esta igrexa, anterior ao século XVIII, ten a súa orixe nunha capela do século XI.

- Santiago de Cubilledo,con aparello de pizarra

enfuscada nos laterais e a cabeceira. É posterior ao século XVIII.

- Outras igrexas a visitar nesta ruta son:

Santa María de Librán. San Lourenzo de Pousada, considerada a mai da capitalidade do municipio.

• Ruta das Áreas Recreativas

En Baleira ten un a posibilidade de practicar o turismo verde achegándose ás numerosas áreas

recreativas habilitadas para tal fin. Ao longo do seu percorrido achegarémonos ao nacemento de ríos tan importantes como o Eo e o Neira, que moldean a paisaxe nestas terras. O lugar onde nacen estes ríos podémolo contemplar na Área Recreativa de Fonteo e na Área Recreativa da Fontaneira. Se o que queremos é buscar unha contorna de beleza natural achegarémonos ata a Área Recreativa da Cortevella, onde o río Eo nos sorprenderá cunha espectacular paisaxe fluvial.

Page 54: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

52

AA FFEEIIRRAA DDEE CCAASSTTRROOVVEERRDDEE Cristina Cascudo 1º BAC A

A feira de Castroverde celébrase cada quince días, una semana en Castroverde e outra semana en

Meira. Nesta feira véndense produtos de alimentación (queixos, carne, verduras..), cestería (coitelos, sillas, bancos...), maquinaria agrícola, panaderías e tamén hai polbeiras. Tamén na feira hai un mercado de gando onde se venden animais como: polos, porcos, cabalos...

Nestas épocas podemos atopar pouca xente... Pero antigamente ían case todos vender produtos que se producían na casa como: chourizos, xamón, leitugas, tomates...e era moi entretido.

Page 55: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

53

Page 56: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

54

OO MMEEDDOO ÉÉ LLIIBBRREE Iria Acal Carballeira e Andrea Calderón Rodríguez 2º BAC B

Estaba un día eu na casa aburrido, sen compaña. Era unha tarde fría de inverno e había unha boa

nevarada, calculo que sería duns corenta centímetros porque case Ile chegaba por enriba á camelia de miña nai, pero o máis perigoso non era a neve, senón o xeo, xa que caera por enriba dunha boa xeada, uns enormes caramelos pingaban dos tellados dos pendellos onde meu pai acostumaba gardar a maquinaria para que estivese ao abeiro. Había que ser moi ousado para atreverse a saír, a sensación térmica aínda era máis baixa da real, pero...

....Vin á miña nai remexer nos armarios e demais mobles e pregunteille qué buscaba. Díxome que non había azucre na casa e que facía falla para a noite. Sen dubidalo ofrecinme a ir para matar o aburrimento. Nós non tiñamos vacas, eu era novo e ela aceptou despois de pensalo un anaco. Deixoume ir por el ao Cádavo, unha pequena vila situada no sector nororiental de Galicia preto da nosa aldea. Puxen unhas catiúscas e un chuvasqueiro e decidín ir ata alí dando un rodeo polo monte, un monte mesto, escuro, xa que daquela plantábanse os piñeiros moi xuntos, pero doado de percorrer porque non había moito tempo que o rozaran os seus donos para aproveitar a estrume para facer as camas dos animais.

Cheguei ao Cádavo arredor das sete da tarde. Merquei o azucre e cando me dispoñía a marchar, atopei uns amigos que me convidaron a tomar algo. Fun, pero sabendo que tiña algo de présa. Entre viños e conversas saíu o tema de xogar unha partida de tute, encantábame o tute e non me neguei. Xogando unha tras doutra fíxose de noite, moi de noite, e cando saín do Cádavo eran sobre as tres da mañá.

Eu camiñaba sobre a neve coas altas catiúscas que me regalara meu pai e co chuvasqueiro que me abeiraba da neve que, con rabia, soltaban as nubes. Levaba un paso lixeiro, o máis lixeiro que a neve me permitía, non sei se porque tiña présa, porque tiña a sensación de que alguén me seguía ou por ambas as dúas cousas. Seguín andando outro anaco, andaría cen metros máis e detívenme para albiscar se viñan ou non seguíndome. Entre o medo e a invisibilidade que a neve provoca, afirmeime a min mesmo que ninguén me seguía.

Xa me quedaba pouco para alcanzar a cima do monte e comezar o descenso cara a miña casa. Cando a alcancei detívenme novamente e desta vez sentín uns ouvidos dun lobo que me puxeron os pelos de punta. Case estaba no certo de que non había lobos por esta zona pero os ouvidos fixéronme mudar de opinión. Sen pensalo dúas veces botei a correr pola ladeira abaixo cara ao piñeiral. Ao chegar ao cortalumes reducín o paso, xa que o frío e a neve, que caía con intensidade, facían que me arderan literalmente os beizos e o nariz. Acabei por determe completamente, e o primeiro que fixen foi virarme para ver se o lobo me acompañaba, cousa que non puiden deducir por completo, xa que malia que detrás non estaba, eu sentía unhas pegadas procedentes do piñeiral que non me soaban ben.

Agarrei un chanzo que atopei no chan e prepareime para, se facía falla, defenderme do animal que viña. As pegadas cada vez se aproximaban máis e eu cada vez agarraba máis forte o chanzo, incrementando a autoestima co fin de captar calquera movemento. De súpeto, vin saír unha pelaxe negra, e abondou o tempo que me levou recoñecer ao meu can para evitar que Ile dera un pau.

A chegada do meu animal de compañía deume máis confianza e seguridade, pero tamén supuxo un incremento dos reflexos, xa que tiña que velar pola seguridade do can e máis pola miña.

Seguimos pois camiñando os dous pola neve, que cesara de caer unha miguiña, pero que tiña pintas de volver ás andadas. Dende había algúns minutos, notábaselle ao can algo raro, ía moi paseniño e

Page 57: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

55

coas orellas dereitas, co rabo moi teso e como se tivera algunha incomodidade. Non Ile din demasiada importancia porque aínda nos quedaba que andar e non merecía a pena pararse para iso. Metros máis adiante puidemos observar como atravesaba polo camiño un raposiño, o can non Ile perdía detalle e botou a correr tras do condenado. Tratei de frealo pero non puiden, sabía que era un can moi insistente e que Ile gustaban moito as persecucións e por iso, porque non ía dar collido ó raposo, preocupábame que fora detrás del xa que o lobo andaba pola zona e podía comelo.

Púxenme ledo cando vin de maneira borrosa, pola neve que volvera a comezar a caer unha luz dende o alto. O que non me gustou tanto foi que houbese pegadas de animais, probablemente o lobo, cando fun cara ao Cádavo non as había. Pensando na partida, distraínme durante un tempo e sentín entre pensamentos esvaecidos pola memoria unha voz... Inmediatamente un presaxio indicoume que era o lobo, e desta vez si co entendín...

Botei a correr todo o que as pernas me daban, pero aínda así parecíame que non era abondo e que me ía alcanzar o lobo. Estiven a quitar o chuvasqueiro para correr máis, pero decateime de que nel levaba o azucre e deixeino quedar. No tempo que me levou chegar a "Olga de Valderia" pensei infinidade de cousas, que hora era?, onde está o meu can?, ven lobo tras miña?....

Seguín andando, pero como afrouxara o ritmo, a min seguíame parecendo que non avanzaba nada. Entón, corrín, a carreira fíxoseme interminable cando.... Á fin, avistei a luz do meu fogar, rapidamente metinme no curral da casa e derrubeime a carón da parede intentando recuperar o alento despois da fuxida ó lobo. Din dous ou tres pasos para adiante chamando ao can por ver se aparecía, sorprendeume velo saír do palleiro, chegara antes ca min e entón decidín ouvear ao lobo, a xeito de provocación, pero o medo, ou que xa non tiña máis folgos, fixeron que de min non saíse son ningún.

Segundo entrei deiteime no escano da cociña, principalmente por dous motivos: intentar que me quecera o corpo e procurar non espertar á miña familia, aínda que eu sabía moi ben que miña nai non durmía, xa que era a típica nai que non pechaba un ollo mentres tiña algún dos seus fillos fóra da casa. Non tardou nin dous minutos en chegar onda min, alí estaba ela, co seu sorriso de sempre, a súa inquedanza esvaeceu ao verme alí estirado, delatouna un leve suspiro. Non fixeron falla preguntas nin tampouco respostas, as palabras sobraban entre dúas persoas que se coñecían tan ben, bastou con que nos mirásemos aos ollos e unha vez que se entrecruzaron as nosas miradas, comezaron a circular polo local unha morea de sensacións, as que eu experimentara… Alí estaban todas! Xa non era o medo ao exterior, agora eu describiríao como medo ao medo, pode parecer redundante pero, ninguén sentiu ese medo que queda despois de vivir unha sensación de pánico? O medo évos libre, que volo digo eu!

....E se alguén dos que lea este relato quere debatelo, que se pase polos montes de Baleira unha noitiña calquera e ....xa falaremos! (Recollido a Julio Calderón Prieto de Baleira)

Page 58: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

56

OO SSEEÑÑOORR DDOOMMIINNGGOOSS Luís do Castiñeiriño

Había na miña parroquia hai moito tempo, tanto tempo que eu non cheguei a coñecelo, un home do que todos

contaban a historia. Como oín distintas versións decidín poñer por escrito só aquilo no que todos coincidían e por iso

penso que no que escribín debe haber pouco ou nada de mentira.

Trátase do señor Domingo, si, señor Domingo, así lle chamaba todo o mundo, non por vello, senón porque,

como era maquinista, poñía certo respecto entre a xente da parroquia á que eu pertenzo. Parece ser que isto de ser do

tren xa lle viña de familia, pois a nai era guardesa do paso a nivel e, polo tanto, dedicábase a cerralo cando o convoi

estaba preto da parroquia e a abrilo cando xa tiña pasado. O señor Domingo pasou unha boa mocidade; como había

cartos e forzas, había moitas mozas que andaban tras del. Un bo día, a nai díxolle que tiña que casar, que un home de

trinta e pico de anos xa debía sentar a cabeza e que ela quería ver os netos antes de morrer. Así o señor Domingo

andou probando, din as malas linguas e as boas tamén, que andou probando en todas cantas mozas se lle ofrecían, que

eran moitas. O bo do home non sabía por cal decidirse, polo que despois de probalas, fixo unha lista na que, por orde

de preferencia, ía anotando as mozas probadas. Igualiño, igualiño que nos concursos de Mr e Miss. España, coa única

diferenza de que o xurado era unipersoal. Logo escolleu ás dez primeiras e pensou que non estaría mal catalas outra

vez e así tería máis elementos de xuízo para acertar mellor na decisión que tomara. Meu pensamento, meu feito. Botou

man á obra, nunca mellor dito, e da recatadura saíu unha moza da parroquia de Adai, de preto da Póboa de San Xiao,

chamada, que casualidade, Dominga. Tiña dezaoito anos, era guapa e, din os entendidos, que tiña a cute branca e fina

como se fora de porcelana. Nin que dicir ten que en canto casaron e a trouxo para a casa todos deron en chamala

señora Dominga, e Reina, non porque o fora de verdade senón porque o home era coñecido como O Rey, pois tal era o

seu apelido. Debían formar unha boa parella; el ben traxado, de trinta e pico, señor Domingo, O Rey, ela ben parecida,

señora Dominga, A Reina. As mozas, sobre todo as non elixidas, dicían que non era unha cousa do outro mundo, que

para iso non facía falla ir buscar moza de tan lonxe e cousas semellantes, pero os homes opinaban que a elección fora

un acerto. Si, a elección sería un acerto, pero ao mes de casados a señora Dominga marchou para a súa terra, pero logo

voltou porque a nai lle dixo que a muller casada tiña que estar onde o seu home, deste xeito tivo que se vir para a miña

terra. O matrimonio nunca ben marchou porque como o señor Domingo tiña que estar varios días á semana, debido ao

seu traballo, lonxe da casa, a muller afíxose a durmir soa, sen que ninguén a molestara, polo que cando o home estaba

na casa, mentres el ía tomar uns chiquitos á taberna, ela metíase na cama mirando cara a parede e, por máis que el lle

prometía o ouro e o mouro, se o miraba, ela sempre contestaba que para que ía mirar se xa o coñecía abondo. Dicíase

que por iso a boa da guardesa nunca un neto tivera. Ao mellor foi por iso. Un bo día, mellor dito, unha mala noite na que

A Reina se atopaba durmindo e o home estaba na Coruña, sentiu andar na cociña, como se alguén quixera roubar algo

nela. A señora Dominga, que tiña fama de que nin o home se lle podía achegar, deu en berrar que quen andaba por

baixo, que se ela baixaba que o mataría coa escopeta do home, pero ese alguén seguía a revolver na cociña. Despois

de moito berrar, unha voz de home contestou: Cala, muller, que son o Foucellas e, como suba haste enterar como son.

Ela seguía e seguía berrando. A ver se pensaba quen estaba abaixo que A Reina lle ía ter medo aínda que fora ao

mesmísimo Foucellas!. Tanto berrou que uns veciños oírona e acudiron no seu auxilio e quen estaba na cociña largou

antes da chegada dos auxiliadores. Despois do acontecido, algúns dicían que todo fora un soño da señora Dominga,

outros dicían que efectivamente fora o Foucellas quen entrara na casa, pero que como era coñecido pola gardesa, pois

comentábase polo baixo que o Foucellas e a guardesa, aínda que eran de idades moi diferentes, andaban namoriscados

e que el entrara confundido na casa da nora da muller a quen tanto quería, pero todos coincidían nunha cousa: Todos

eran a dicir que se non fora pola A Reina, a casa de O Rey había saír mal parada.

Page 59: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

57

AA MMIIÑÑAA VVIILLAA

A vila onde eu nacín non a esquecerei xamais, e o tempo que nela vivín é moi digno de apreciar. Meus pais tamén naceron na vila dos meus amores, e as veces que volveron disfrutaron dos seus valores. Os meus avós alí dormen un soño de eternidades: Que ditosos os meus avós que pudieron gozar do seu aire! Cando volvo á miña vila E sinto cantar os paxaros para min é un doce consolo que non consigo olvidalo . Nos días grandes do verán descálzome pola herba. Que gusto o tocar o chan! Que quentiñas están as pedras! A vila onde eu nacín, onde naceron meus pais, a vila onde eu vivín e onde viviría máis. Canto extraño as súas fontes os seus ríos e prados , as súas montañas e vales, os castiñeiros e carballos! Na miña vila son feliz. Que non mo contradiga ninguén! Que non me saquen de aquí! Quero gozar deste ben!

Lorena Fonteboa Carricoba 4º ESO B

DDÚÚAASS BBÁÁGGOOAASS PPOORR PPIISSTTÓÓNN

Naceu un día de inverno no niño que hai na palleira, era o máis fermoso de todos, era a alegría da eira . Tiña un grupiño de irmáns E todos enchían o niño, a súa nai aniñábaos e tratábaos con cariño. Eran canciños de boa lei foron medrando, medrando, moito os acariñei para que non acabaran fallando. Agora xa son grandiños os cachorros da palleira, e o can que eu escollín botaba moitas carreiras. Cando chegou o outono meu avó levouno de caza, gustáballe rastrexar coellos, era o campión da manada . Levou moitas molladuras E cazaba algúns coellos E como as pasaba duras eu sempre Ile daba premios. Acabouse a caza, veu a veda, o meu Pistón estaba preso, pero un día soltouse a cadea e o can marchou ós coellos. Ai!, pobre do meu canciño que non sabe que hai veleno! Voltou andando o camiño pero para salvalo non teño. Adeus Pistón, amigo meu, dixen cando mo trouxeron, e non puiden evitalo: dúas bágoas me caeron.

Page 60: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

58

AA HHUUMMAANNIIDDAADDEE NNOONN SSAABBEE……

A Humanidade non sabe O que está a facer, As árbores choran e choran E non o pode ver. A Humanidade pensa Que a Terra xa berra E protesta desacougada. Aí vas! É que non vedes O que estades a facer? A Terra estades matando E non o queredes ver. Miriam Matanzas López 2º ESO C

NNAADDAA NNEENN NNIINNGGUUÉÉNN

Nada nin ninguén me acompaña neste baile, deixando en escena sangue e suor brillarei con esplendor loitarei con valor ata gañar o honor Son dos poucos que ven en cor Se me dás o teu odio dareiche aínda maior, Con principios distintos E activos distintos Programo o meu futuro Sen fronteiras e sen un duro. A miña única inimiga é esta mente Rota desde crío Con sangue quente Empurrándome ao vacío, mais son consciente e sigo o curso do río. Só teño un soño O de ser un máis O non ter dono, O de non mirar atrás, o de ser este pequeno ao que tanto amas Sergio Estrada Carreira 4º ESO PDC

Page 61: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

59

BBRRAANNCCAANNEEVVEESS EE OOSS SSEETTEE AANNAANNOOSS ((ddee oouuttrroo xxeeiittoo)) Cristina López Pérez 1º BAC A

Nun país no quinto demo vivía unha princesa moi cachorra chamada Brancaneves, tiña unha madrasta, unha raíña moi crida. A madrasta preguntáballe ao seu espello máxico quen era a máis cachorra do reino e este dicíalle: _ Es ti, raíña, a máis cachorra de todas as chorbas. Foron pasando os anos, e un día a raíña preguntoulle, coa mesma raiada de sempre, ao espello: _ Espelliño, Espelliño. Quen é a máis cachorra do reino? Pero o espello desta vez respondeu: _ A máis cachorra é Brancaneves. Entón , a raíña, chea de rabia e de coraxe, ordenoulle a un cazador un traballo. _ Leva a Brancaneves ao monte, mátaa e como proba de que a espichou, tráeme nesta caixa o seu corazón.

Cando chegaron ao monte o cazador e a moza, este apiadouse dela e deixouna escapar, e substituíu o

corazón da chavala por o corazón dun xabaril que matara. Brancaneves, ao verse soa, sentiu moito medo e púxose moi raiada a chorar. Chorando pasou a noite. Ata que , pola mañá chegou a un lugar no monte, no que había unha choupana moi chula. Entrou sen pensalo. Os mobles eran raquíticos e sobre a mesa había sete pratos e cubertos. Subiu á parte de arriba e nunha habitación atopou sete camiñas ananas. Brancaneves, tope cansada, tirouse nas camas e adormeceu. Pola tarde chegaron os donos da choupana, eran sete ananos que curraban nunhas minas, estes , fliparon ao ver a chorba nas súas ridículas camas.

A chorba espertou e comezou a raiar os ananos coa súa historia, e o porqué de estar na súa casa durmindo nas súas camas. Os donos da casa, pídenlle que quede con eles, e a rapariga acepta. Mentres tanto, na choza real, a raíña volve a preguntarlle ao espelliño o de sempre. _ Quen é a chorba máis cachorra do reino? _ Segue sendo Brancaneves, aínda que agora viva no monte na choza dos ananos.

Rabiosa e con moita coraxe, a madrasta disfrazouse de vella bruxa e foi ata a casa dos ananos. Brancaneves estaba soa, posto que os seu amigos estaban a currar nas minas. A malvada vella ofreceulle unha mazá moi xugosa e apetitosa e a moza aceptouna, cando esta Ile deu a primeira trabada caeu de cu ao chan desvanecida. Pasaran unhas horas, a bruxa xa marchara e os ananos chegaban de currar, cando atoparon a Brancaneves tirada na porta da casa patas para arriba, estes creron que a espichara, entón, construíronlle unha caixa de cristal para que os animais do monte se despedisen dela.

Cando os animais se estaban a despedir dela, apareceu un fermoso chorbo todo cachas, era un príncipe a lombo dun cabalo, cando este viu a moza na caixa de cristal quedou namorado por completo dela. Quixo despedirse dela cun bico nos morros e de súpeto espertou co contacto dos morros do chorbo contra os seus. Pasada unha tempada, a moza casou co príncipe to cachas e botaron a raíña do reino. E dende esa todos viven tope contentos e con toda a liberdade do mundo.

Page 62: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

60

OO LLOOBBOO FFAAMMEENNTTOO Lorena Varela Domínguez 2º ESO C

O lobo levaba días que atopaba poucas presas. Chegaba a noite e ás veces non tiña nada que botar á boca. Sabía que chegaba o inverno e que a súa supervivencia dependía da comida que enxerira e que, se non xantaba pronto, morrería sen remedio. Os días seguiron para o lobo sen novidade; os carballos xa comezaban a tornar as súas follas de cor escura, feito que Ile confirmou ao cánido que o perigoso inverno non andaba lonxe. Buscou e buscou, camiñou e camiñou polos montes galegos sen éxito, ata que chegou a un outeiro onde se atopaba una manda de xabarís que fixeron del a súa vivenda. Cazou uns poucos e volveu cara a súa lobeira. Deu boa conta deles, aproveitando cada bocado pensando que podería ser o derradeiro que daba. Dito e feito. Non pasaron unhas semanas cando o lobo volvía ter fame, e saíu ao monte, lembrando o camiño que levaba ao outeiro dos xabarís. Pero cando chegou, xa non había ningún. Só se atopou cunha peza de madeira suxeita a un pau, tamén de madeira. Claro que o lobo non sabía ler e non puido adiviñar que o cartel tiña escrito que esa, a partir de agora, era unha zona protexida. Por iso regresou, pensando que tería máis sorte a próxima vez. Pero non foi así. Volveu ao monte, pero non había ningún animal; ata os merlos e os corvos, que antes inundaban o bosque de sons, estaban calados. O lobo chegou a unha parte que nunca vira do monte: tiña cor gris e era áspero, non como a terra. Escoitou un ruído enxordecedor que proviña do fondo desa parte do bosque, e o lobo detívose para ver se era unha ameaza ou non, sen darse conta de que estaba no medio e medio da estrada. A piques estivo de morrer atropelado, e o aparato do ruído enxordecedor, que non era outra cousa ca un automóbil, fixo un son curto e agudo, que asustou ao cánido. Este correu e correu , ata chegar a un cumio elevado, no que puido observar un conxunto de bloques, que, aínda que el non o soubera, era o causante da desaparición dos animais e a orixe de todos o seus problemas: era unha cidade.

MMEESSSSII Manuel Vázquez Quintela 2º ESO C

Messi é o mellor xogador do mundo, naceu en Rosario cidade Arxentina o 24 de xuño de 1987. Este xogador xa foi varias veces laureado co balón de ouro, este balón é o maior premio que pode alcanzar un xogador de fútbol a nivel individual.

Leo Messi comezou a xogar o fútbol dende moi novo e isto serviulle para que o F.C. Barcelona vira o seu potencial e o fichara. Deixou Rosario mentres xogaba no Club Atlético Newell's Old Boys e trasladouse a Europa coa súa familia con trece anos, onde o Barcelona lle dixo que lle pagaba os gastos da súa enfermidade hormonal. Realizou o seu debut no Barcelona en decembro de 2003 nun partido ante o FC Porto adestrado por Xosé Mourinho. Aínda que o seu debut en partido oficial foi na tempada 2004/2005 ante o Espanyol. Messi ese ano converteuse no xogador máis novo do Fútbol Club Barcelona en disputar un partido de liga (contaba con 16 anos).

Page 63: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

61

Messi a parte do fútbol ten diferentes hobbies: gústalle ler, encántalle a praia, etc... A xogada preferida é a elástica de Ronaldinho.

CCRRIISSTTIIAANNOO RROONNAALLDDOO José Luis Pampín Aguiar 2º ESO C

Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, nace en Madeira (Portugal) o 5 de febreiro de 1985. Debuta

co Spórting de Lisboa no ano 2001, no ano 2003. Posteriormente, Cristiano foi fichado polo Manchester

United por 12 millóns de euros. Na tempada 2007-2008 foi galardoado co título de Mellor Xogador da Premier

League. Tamén esa mesma tempada recibiu a Bota de Ouro, o Balón de Ouro o Fifa World Player.balón de

ouro e o Fifa world player .

Page 64: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

62

No 2009 fichou polo Real Madrid por 94 millóns de euros converténdose na fichaxe máis cara da

historia do fútbol. Títulos cos seus equipos: 3 Premieres Leagues, a FA cup, dúas Football League Cups, a

Community Shield, a Liga de Campións da UEFA e a Copa Mundial de Clubes da FIFA. Co Real Madrid C.F.

conseguiu unha Copa do Rei no 2011. Coa Selección de Fútbol de Portugal logrou o sub-campionato na

Eurocopa 2004 de Portugal, e un cuarto lugar na Copa Mundial de 2006 en Alemaña. A finais de 2011 foi

nomeado segundo mellor xogador europeo do ano.

Page 65: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

63

EENNTTRREEVVIISSTTAA AA NNIICCAANNOORR SSÁÁIINNZZ DDAA MMAAZZAA FFEERRNNÁÁNNDDEEZZ Cristina Sáinz 1º ESO C

“NADAR CURA OS MALES”

Á piscina de Frigsa en Lugo a xente sácalle moi bo proveito, pois, a moita xente gústalle ir á piscina logo de

traballar, din que “nadar cura os males”.

O noso entrevistado chámase Nicanor, traballa como electricista, é de mediana estatura, pelo castaño claro e

ollos castaños. O seu hobby é a pesca. Durante a tempada de pesca vai pescar todos os domingos ás 7:00

da mañá.

-Logo do teu traballo que é o que máis che gusta facer?

-Relaxarme e descansar, para iso adoito darme unha ducha e cada dous días

pasarme unha hora na piscina.

-Anímaste a iso ou te animan?

-Anímome só, pero hai circunstancias familiares que me axudan a facelo .

-Hai alguén máis da túa familia que te acompañe a estas sesións de relax?

-Pois si, pero máis que acompañarme son eu o acompañante; pois todos os días

cando chego do traballo levo á miña filla ao adestramento de natación. Porque a

parte de ter todo o traballo do cole adestra dúas horas e media todos os días e isto

axudou a que eu me animase un pouco.

-Canto tempo lle dedicas á semana?

-Sobre tres ou catro horas.

-Pode afectar isto ao teu estado de ánimo?

-Por suposto que si, xa que moitas veces debido á responsabilidade no traballo véxome un pouco angustiado e a

natación cánsame un pouco fisicamente pero reláxame a cabeza.

-Fixeches amigos grazas ao deporte que practicas?

-Si, moitos; bo máis ben grazas ao grupo da miña filla, pois varios pais tamén se animaron e practican a natación.

-Recomendaríasllo á xente?

-Por suposto que si, xa que é moi beneficioso para o ánimo e o benestar corporal, tamén é relativamente económico.

Page 66: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

64

EENNTTRREEVVIISSTTAA AA DDIIEEGGOO VVAALLÍÍNN Lucía Pardo Mourenza 1º ESO C

“Sempre estiven no EMEVÉ e para min xa é a miña segunda familia”

Diego Valín, un mozo que con 25 anos é deportista profesional e ademais, tamén adestra a nenos e nenas interesados en practicar voleibol.

-Con cantos anos comezaches a xogar ao voleibol?

-Con dez anos xa comezara a gustarme o voleibol. Eu daquelas estaba xogando ao fútbol, pero os meus pais dicíanme

que probase con este deporte que tanto me gustaba, e mira onde estou.

-Como comezaches a interesarte por este deporte?

-Pois como xa che dixen antes, desde pequeniño gustoume ver como se xogaba e, ademais, a miña irmá maior

practicaba este deporte e entre ela e os meus pais convencéronme.

-Ademais de dar clases de voleibol, xogas nalgún equipo profesional?

-Si, xogo co meu equipo aos que lles teño moito afecto, ademais, desde que comecei co vólei sempre estiven no EMEVÉ

e para min xa son a miña segunda familia.

O equipo que adestras actualmente, é feminino, masculino ou mixto?

-Agora, esta tempada adestro a un equipo feminino que se non me falla a memoria, creo lembrar que teñen entre 12 e 14

anos. Cando as estou adestrando son moi esixente xa que quero que cando sexan maiores destaquen neste deporte e,

agora, aínda que se queixen por que lles dou “cana” sei que dentro duns anos agradeceranmo.

-Gáñaste a vida doutra forma que non sexa o voleibol?

-Pois a verdade é que non, por dicilo dalgunha forma, vivo como un rei do que gaño xogando e sendo adestrador de

voleibol, saco para os meus pequenos caprichos, xa que como vivo cos meus pais, non me fai falta moito máis (risas)

-Tes pensado dedicarte a algo cando deixes o mundo do deporte?

-Home, espero que si, porque non vou depender toda a vida dos meus pais e por sorte con 25 anos aínda podo estar

xogando ao voleibol pero por moito que eu non queira dentro duns anos xa non poderei.

-Ti e o teu equipo en que posto da clasificación ides?

-Pois agora mesmo, imos cuartos aínda que espero e estou convencidísimo de que imos lograr estar entre os tres

primeiros.

-Que vantaxes lles dá aos mozos este deporte?

-Pois eu creo que co voleibol, faise moito exercicio e eu animaría a todas as persoas a que o proben porque merece a

pena.

Page 67: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

65

EENNTTRREEVVIISSTTAA AA RREEBBEECCAA GGOONNZZÁÁLLEEZZ VVIILLAARR Ana Seijas Cerceda

1º ESO C

“Abrazámonos as tres como monas e comezamos a chorar”

Rebeca González é unha nova karateka de Lugo. Leva practicando 18 anos e ten gañados moitos premios,

algúns, con recoñecemento oficial no BOE. É cinto negro e imparte clases a colexios e no seu ximnasio.

Está estudando para ser profesora de Lingua e Literatura.

-Cando comezaches a facer karate?

-A miña nai queríame apuntar a karate para aprender a defenderme, pero eu non

quería; ao final acaboume convencendo e xa levo 18 anos facendo karate. Comecei

aos 6 anos no colexio Sagrado Corazón e aos dous anos cambieime ao Shihan

onde adestro desde entón.

-Comezaches coas túas compañeiras de equipo?

-Non cada unha comezou no seu colexio e xuntámonos no ximnasio. Unha delas

xa comezara directamente no ximnasio e adestramos xuntas haberá uns 7 anos.

-Como son os adestramentos?

-Os días que adestramos para competicións son moito máis duros, pero tamén

porque o facemos soas e marcamos o nivel de esixencia .

-Cantas horas adestras á semana?

-Adestro todos os días, menos o domingo que o fago unha hora: luns, mércores e venres: dúas; martes, xoves e o

sábado desprázome ata Coruña para adestrar durante todo o día.

-Gáñaste a vida facendo karate?

-A maior parte do meu soldo componse do karate. Desde hai 5 anos dou clases de karate e compaxínoo con traballar de

noite nun bar tamén traballo con nenos en ludotecas e festas infantís, tamén dou clases particulares de Lingua e

Francés.

-De pequena gañabas copas igual que agora?

-Comecei a gañar copas aos 9 anos, pero tantas como agora non. Comecei a gañar máis a partir dos 17 anos co equipo

e a nivel individual porque mellorei e puiden ir a competicións nacionais, internacionais…

-Como foi aquel día no que conseguiches o pódium?

-Foi nun campionato de España a primeira vez que quedamos de terceiras. Aínda que pareza mentira non é o feito de

gañar, quedamos de terceiras cando levabamos adestrando moitos anos soas e, ao xuntarnos e conseguir quedar tan

ben, abrazámonos as tres como monas e comezamos a chorar .

- O teu maior premio ou do que esteas máis orgullosa

-O bronce no campionato de Europa das rexións do ano 2010 porque era o 1º campionato internacional no que

conseguiamos medalla polo apoio do público e dos medios de comunicación, e porque foi a primeira vez que tivo

recoñecemento oficial no BOE podendo optar a becas polo deporte.

Page 68: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

66

EENNTTRREEVVIISSTTAA AA JJOOSSÉÉ MMAANNUUEELL CCAASSTTRROO Poli 1ºESO C

“Vénme de familia”

José Manuel corre rallies por toda España, aínda que máis por Galicia. É un mozo alto e un pouco maior que lle gusta ensinar e os coches.

- Que fixo que quixeses ser piloto de rallies?

- Vénme de familia. O meu tío e os meus cuñados corrían en moto e sempre me

gustaron os coches así que comecei ás présas.

- Cantas carreiras tes ao ano?

- Deben de ser vinte carreiras pero eu só corro unhas catro ou cinco. Depende do

orzamento de cada ano.

- Nos rallies hai moitos participantes?

- Si, da Comunidade Galega saen uns cento vinte equipos. Creo que é a comunidade que máis participantes ten.

-Tamén, nos rallies, as carreiras adoitan ser moi longas. Cal foi a carreira máis longa que tiveches?

-Nos rallies de España sobre uns setecentos e uns cincocentos cronometrados. Nos de Galicia menos. Tamén depende

do campionato que sexa.

- Polas carreiras viaxaches a moitos sitios?

- Non. Só fago carreiras en Galicia ou algunha en Asturias.

- Has ir algunha carreira fóra de España?

-Ás présas non. Pero a ver se vou aos rallies de Portugal... Como queda aquí á beira…

- Vas só no coche?

- Nas subidas si. Pero no monte fai falta que che digan onde está cada cousa .

-Lévaste ben cos copilotos?

- Si

- O coche onde o preparades?

-No departamento de automoción do IES As Mercedes

-Ides a outro tipo de competicións?

-Si, hai pouco a unha de autocross nun circuíto de Coruña.

Page 69: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

67

EENNTTRREEVVIISSTTAA AA PPAABBLLOO CCAASSTTRROO GGIIRROONNAA Antía Hierro Ferreiro 1ºESO C

O xadrez non é un deporte moi coñecido, pero existe.Grazas a Pablo Castro e á súa escola podemos achegarnos un pouco máis ao xadrez. Pablo creou unha escola de xadrez, con outros monitores, que agora está tendo moito éxito entre os mozos. Hoxe explicaranos un pouco da súa vida.

- Como comezaches a interesarte polo xadrez?

-Ensinoume o meu irmán maior cando eu tiña 8 anos, participei nalgún

torneo escolar e metinme no equipo escolar do meu colexio.

-Como foron os inicios da “ Escola Luguesa”?

-Pois tiñamos un club e queríamos crear unha canteira, varios monitores

comezamos a facer campañas de promoción do xadrez en colexios e no

propio club.

-Que idades teñen os teus alumnos e que tal se traballa con eles?

-Temos alumnos de todas as idades, comezamos coa clases de pre-xadrez, nas cales fomentamos o xadrez aos máis

novos, de 4-5 anos. Temos grupos de iniciación e de perfeccionamento, e agora traballamos con outros equipos

formados por adultos, principalmente pais e nais dos alumnos.

-Hai mozas na escola?

-Si, temos un equipo de mozas que participan no deporte escolar e na liga federada, cada vez hai máis rapazas na

escola. Este equipo gañou dous campionatos galegos escolares consecutivos, e esperamos gañar este ano tamén.

-Gústache dar clases de xadrez?

-Son un privilexiado, como os demais monitores da escola, xa que facemos o que nos gusta e estamos moi ben

valorados polos pais dos nosos alumnos.

-A parte de dar clases de xadrez, dedícaste a outra cousa?

-Teño libros publicados, arbitro torneos e son técnico informático da Federación Española de Xadrez.

-Que lle dirías a un neno que está dubidando en inscribirse na escola? Que lle aportaría?

-Eu animaríao, porque ademais de ser unha actividade moi divertida, faría moitos amigos e podería participar en moitas

actividades que facemos durante todo o ano. Ademais, o xadrez é un hobby bo para todas as etapas da vida.

-Que proxectos tendes para a escola?

-Temos varios, a nivel deportivo, a organización do campionato de España de seleccións autonómicas, o primeiro torneo

“Scacorum” e aumentar o número de alumnos. De tipo social é o programa “Xadrelia”, os mozos da entidade levarán a

cabo un proxecto que englobará a área de voluntariado e medioambiental, traballaremos con mozos en situación de

exclusión social.Tamén colaboraremos co hospital organizando dous talleres para os nenos ingresados.

Page 70: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

68

Page 71: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

69

EENNTTRREEVVIISSTTAA AA SSAABBEELLAA MMAARRTTÍÍNNEEZZ EEIIRRIIZZ Félix Martínez Eiriz 1º ESO C

"Estou a estudar o que me gusta e iso é unha sorte" Sabela Martínez Eiriz (Lugo 1991), é unha estudante lucense de Comunicación Audiovisual na Universidade de

Santiago de Compostela

Amante do cine, a fotografía, a pintura, o teatro... Estuda en Santiago, onde reside durante o curso e onde

comeza a facer os seus primeiros traballos no mundo audiovisual.

- É o teu terceiro ano en Santiago. Afixécheste ben a esta nova vida?

- Si. Santiago está moi preto de Lugo e veño moito a casa. Ademais, é unha vida bonita

e é doado afacerse.

- Botas de menos moito a túa familia?

- Ás veces, pero falo moito con eles por teléfono e vou a Lugo case todos os fins de

semana.

- Os estudantes tedes fama de saír moito, ir de festa, de botellón... É certo?

- É certo, ás veces, pero o de xeneralizar nunca sae ben. Dise que temos moito tempo

libre pero en moitas carreiras, como a miña, iso non é verdade. Non digo estar todos os

días de festa, pero saír a celebrar que remataron os exames e a angustia, iso, a min

paréceme ben.

- Que se estuda en Comunicación Audiovisual?

- Como en todas as carreiras, hai materias máis xerais, pero necesarias, como historia do cine, socioloxía, narrativa,

linguaxe…, que che dan unha base teórica. Despois, teño outras máis específicas e para postos concretos, como

produción, guión, dirección, son, fotografa, dirección de arte...

- Cres que é coñecida a túa carreira?

- Creo que agora comeza a coñecerse máis, pero moita xente séguea confundindo con periodismo ou cun ciclo de imaxe

e son. Cando ves unha película, cando escoitas a radio, cando ves a televisión...aí detrás está a xente de Comunicación

Audiovisual, pero a moitos aínda lles custa relacionala.

- É boa a educación que che dan?

- Si, a maioría éo, salvo algunha excepción, en xeral estou a aprender bastantes cousas que me interesan saber.

-Que saídas profesionais ten a túa carreira?

- Podes traballar en moitas cousas diferentes: cine, radio, televisión, publicidade, Internet, videoxogos... Pero dentro de

cada cousa hai moitos tipos de traballos. Eu, por exemplo, comecei a facer traballos este ano como deseñadora gráfica

nun especial de televisión.

- Estás contenta de escoller esta carreira?

- Si, a medida que a vou facendo, decátome de que estou a estudar o que me gusta e iso é unha sorte.

Page 72: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

70

EENNTTRREEVVIISSTTAA AA CCAARRLLOOSS PPEERREEIIRRAA QQUUIINNTTÁÁSS Pablo Pereira Hospido 1º ESO C

“VIXIANTE DE SEGURIDADE: UNHA PROFESIÓN INTERESANTE.”

Carlos traballa desde fai anos como Vixiante en Correos. A súa misión: controlar que non se

meta nada ilegal e/ou perigoso no correo, para que ao final todos os clientes de Correos

estean máis seguros.

Carlos é un home grande, que a primeira impresión

causa respecto, pero cando se coñece, é amable,

cariñoso e boa persoa.

- Que é un Vixiante de Seguridade ?

-É un profesional da seguridade privada, cuxo traballo consiste en

protexer persoas, os seus bens e todo aquilo que lle sexa

encargado. Estamos subordinados ás forzas e corpos de

seguridade do Estado.

-Cantos anos levas traballando de Vixiante de Seguridade ?

- 24 anos

-En que sitios poderías traballar?

-En Centros Comerciais, Bancos, Administración, Hospitais, Aeroportos, e en todo aquilo que precise -Ademais de en Correos, en que outros sitios traballaches?

-En transporte de fondos (levando diñeiro aos bancos), estadios de fútbol, no Radar do Aeroporto de

Santiago, e na Autovía de Leizarán .

-Que fas en Correos?

-Manexo un equipo de Radioscopia, para revisar todas as cartas e os paquetes que saen de Lugo

cara ao resto do mundo e garantir a seguridade dos usuarios. Ademais de realizar todas as demais

tarefas de Seguridade .

-Estiveches algunha vez en perigo ?

-Non, pero traballei nunha obra ameazada polo grupo terrorista ETA.

-É interesante o teu traballo?

-Si, porque cada día vivo situacións moi distintas, das cales sigo aprendendo.

Page 73: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

71

EENNTTRREEVVIISSTTAA AA AANNTTOONNIIOO LLÓÓPPEEZZ FFEERRNNÁÁNNDDEEZZ Iván López López 1º ESO C

“Fun a casa do Mago Antón, co que pasei un bo intre cheo de risas e maxia”

Antonio López Fernández (Lugo,1967) traballa en

Telefónica desde o ano 1990 e levántase todos os días ás 7:15 da

mañá para cumprir co seu traballo facendo cada día 300

quilómetros aproximadamente. Ten 44 anos e traballa durante 9

ou 10 horas diarias arranxando teléfonos ou instalando ADSL. Ao

seu destino acode nunha furgoneta co logotipo da empresa

Liteyca, a empresa para a cal traballa.

-Canto tempo levas neste traballo, gústache ou cambiarías algo del ? - Levo moito tempo, concretamente 22 anos, e espero seguir moitos máis. Gústame moito, aínda que o único que cambiaría é traballar os días festivos porque non podo estar coa miña familia.

-Con cantas máquinas traballas? -Con demasiadas das que me gustaría ter, pero teño entre 8 e 9, nas que se atopan o ordenador e a PDA, que son ás que máis uso lles dou.

-Son fáciles de manexar ou lévache moito tempo a adaptarte a elas ? -Algunhas son bastantes complicadas, pero para iso fixemos uns cursos de preparación para aprender a utilizalas.

Con estes tempos de crise, a xente segue poñendo ADSL nos seus fogares? -Si, en verdade. Coa crise a xente segue poñendo ADSL para navegar por internet.Tamén inflúe que as altas son gratis.

-Canto tempo che leva amañar unha avaría e sobre cantas fas nun día? -Pódeme levar desde 10 minutos ata 1 hora e media, depende do estado do cable.

-Cantos quilómetros podes facer nunha semana? -Ao redor de 2000 km, porque hai moitos lugares que percorrer.

-Que che parece o cambio de ter as avarías en papel a telas na PDA? -Paréceme moi ben, porque é moito máis cómodo para traballar e aforramos papel e tempo.

-Algunha vez danche propina ou convídanche a tomar algo? -Sempre me convidan a tomar algo, pero case nunca o acepto. Algunhas veces danme unha pequena propina.

-E para acabar, algunha vez fuches a casa dun famoso? -Unha vez fun á casa do Mago Antón , o que me fixo uns trucos moi bos e co que pasei un bo momento.

Page 74: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

72

EENNTTRREEVVIISSTTAA AA AASSUUNNCCIIÓÓNN FFEERRNNÁÁNNDDEEZZ DDÍÍAAZZ Andrea Villamil Fernández 1º ESO C

“Foi por casualidade. Empecei traballando de auxiliar administrativo”

Asunción Fernández é unha celadora lucense que todos os días vai traballar ao Hospital de

Monforte.

Leva traballando de celadora 15 anos dos cales 14 foron no Hospital da cidade de Lugo e agora

mesmo está no hospital de Monforte.

- Por que decidiches facerte celadora?

-Foi por casualidade. Empecei traballando de auxiliar

administrativo pero vin que tiña máis opcións de traballar de

celadora e aí estou.

-Gústache o teu traballo?

-Si, gústame bastante.

-Sempre quixeches facer isto de pequena ?

-Non, de pequena non tiña nin idea do que ía ser de maior.

-A que idade comezaches a facer isto?

-Non o sei, pero tería ao redor de 30 anos.

-Pagan ben?

-Estaría ben que me pagasen máis, pero agora mesmo estou satisfeita co que me pagan.

-Como te sentes sabendo que estas axudando á xente ?

-Síntome ben, é o máis gratificante do traballo. Hai xente moi agradecida.

-No teu traballo nótase a crise?

-Si que se nota. Creo que a crise estase notando en todos os traballos.

-Que pensas pola mañá cando te espertas para ir traballar?

-No momento de espertarme dáme un pouco de preguiza pero pásame axiña porque creo que hoxe en día son

afortunada por ter traballo.

-Que é o que máis e o que menos che gusta do teu traballo?

-O que máis me gusta é ver á xente cando sae recuperada e pensar que eu aportei algo para iso, e o que

menos me gusta é poñerme o uniforme de traballo todas as mañás.

-Se puideses farías outra cousa ou quedarías con isto ?

-Agora mesmo estou contenta, pero non descarto facer outra cosa se tivese oportunidade.

Page 75: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

73

EENNTTRREEVVIISSTTAA AA MMªª SSAARRAA LLÓÓPPEEZZ VVIILLLLAANNUUEEVVAA Celia Vila Fernández 1º ESO C

"Daquela arranxábaste con menos diñeiro, o “metro” custaba unha

peseta. " Hoxe internámonos no Madrid dos anos 60, con Mª Sara López Villanueva, unha modista que viaxou aos seus

14 anos de idade á nosa capital a traballar de modista vivindo coa súa tía.

Idade: 64 anos

Profesión: antes traballaba como modista en Madrid

-Por que decidiches ir traballar a Madrid con só 14 anos?

-Pola ilusión de ver outras cousas outras cidades...Aínda que basicamente para

aprender a coser.

-Como era o Madrid dos anos 60?

-Moito máis tranquilo, con poucos coches. Normalmente moviámonos en metro e

autobús, e había moi poucos turismos. Tamén había moitos descampados sen

edificar.

-A moda cambiou moito dende aquela?

-Si, aínda que as modas van e veñen. Nunha época lévase unha cousa e anos despois vólvese levar.

-Había máis rapazas da túa idade traballando alí?

-Si, practicamente todas eran rapazas novas, quizais un pouco máis maiores ca min. Cando comezabamos,

encargabámonos dos recados, ata que aprendíamos algo e entón viñan rapazas novas para encargarse dos recados.

-Como era voso lugar de traballo?

-Tiñamos unha mesa alongada cunha barra de metal por riba onde se colgaban os fíos, para coller o que necesitaramos.

Cada unha tiña un caixón para gardar as súas cousas.

-A economía estaba tan mal como agora?

-Daquela arranxábaste con menos diñeiro, e por iso os soldos eran máis pequenos. O “metro” custaba unha peseta e o

autobús dúas.

-Perdícheste algunha vez?

-Perder, perder non, porque preguntabas aos gardas de tráfico, aínda que ás veces non sabiamos onde había que levar

as entregas.

-Levábaste ben coa túa tía?

-Si, obedecíaa e punto, aínda que ás veces non se fiaba de min.

Page 76: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

74

GGRRAADDUUAACCIIÓÓNN CCUURRSSOO 22001111 -- 22001122

Page 77: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

75

Page 78: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

76

Page 79: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

77

EEXXPPOOSSIICCIIÓÓNN DDEE FFOOTTOOGGRRAAFFÍÍAA 22001111 –– 22001122

Page 80: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

75

Page 81: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

76

Page 82: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

77

Page 83: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

78

Page 84: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

79

Page 85: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

80

EEXXCCUURRSSIIÓÓNN AAOO CCOOUURREELL

Page 86: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

81

Page 87: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

82

EEXXCCUURRSSIIÓÓNN AAOO BBIIEERRZZOO ((MMÉÉDDUULLAASS))

VVIIAAXXEE ÁÁSS MMEEDDUULLAASS Antía Hierro Ferreiro 1º ESO C

-- CCaasstteelloo ddee CCoorrnnaatteell

AAllíí eennssiinnáárroonnnnooss aass ssúúaass iinnssttaallaacciióónnss ee ccoommoo eerraann aass ssúúaass ffoorrmmaass ddee aattaaqquuee nnaass bbaattaallllaass.. TTaamméénn

eennssiinnáárroonnnnooss aass ssúúaass aarrmmaass ee llooggoo ffiixxéérroonnnnooss uunn ppaarr ddee ddeemmoossttrraacciióónnss ddoo sseeuu xxeeiittoo ddee llooiittaarr..

-- LLaaggoo ddee CCaarruucceeddoo::

AAllíí eennssiinnáárroonnnnooss ccoommoo ddeebbiiaammooss ccooiiddaarr aa nnaattuurreezzaa,, ppoorrqquuee eellaa nnooss ddaabbaa mmooiittaass ccoouussaass ee nnóóss nnoonn lllloo

aaggrraaddeecceemmooss.. TTaamméénn nnooss ddeerroonn aallgguunnhhaa iinnffoorrmmaacciióónn ssoobbrree AAss MMeedduullaass.. LLooggoo eennssiinnáárroonnnnooss oo llaaggoo ee aass

eessppeecciieess aanniimmaaiiss qquuee hhaabbiittaabbaann nneell.. DDeessppooiiss oo gguuííaa ccoonnttoouunnooss aa lleennddaa ddoo llaaggoo..

-- AAss MMeedduullaass::

AAllíí eennssiinnáárroonnnnooss aass MMeedduullaass.. NNoonn ppuuiiddeemmooss vveerr ttooddoo ppoorrqquuee oo ppeerrccoorrrriiddoo eerraa mmooii lloonnggoo,, eennttóónn ssóó ffoommooss aa

uunnhhaa ccoovvaa ccaammiiññaannddoo ttrreess qquuiillóómmeettrrooss (( 11,,55 iiddaa 11,,55 vvoollttaa))

DDeessppooiiss ffoommooss ccoommpprraarr nnaa tteennddaa ddee ssoouuvveenniirrss..

-- OO CCeebbrreeiirroo ee aass ppaalllloozzaass::

DDéérroonnnnooss uunnhhaass ffiicchhaass ccoonn aaccttiivviiddaaddeess qquuee ttiivveemmooss qquuee pprreegguunnttaarr ppoolloo ppoobboo ((nnóóss sseennttiiaammooss ccoommoo eenn PPeekkíínn

EExxpprreessss)) DDeessppooiiss ffoommooss ddee ccoommpprraass ppoollaass tteennddaass.. EEssttaabbaa ttooddoo mmooii ccaarroo.. AAoo aaccaabbaarr ffoommooss vviissiittaarr aa iiggrreexxaa ddoo

lluuggaarr ee vvoollvveemmooss ppaarraa LLuuggoo..

-- NNoo bbuuss::

GGúússttoommee mmooiittoo ppoorrqquuee ccoommeezzaammooss aa ggrriittaarr ((““eessaa mmoozzaa ccoommoo mmoollaa mmeerréécceessee uunnhhaa oollaa,, uuuuoooo ,, oouuttrraa,,uuoooo ,, uunn

ttssuunnaammii,, eehheehheehheehheehheehh””))

PPaassáámmoolloo mmooii bbeenn aaggááss nnoo ddee aannddaarr .. ;;))

UUNNHHAA BBOOAA EEXXPPEERRIIEENNCCIIAA..

Page 88: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

83

EEXXCCUURRSSIIOONN PPOOLLAA CCOOMMAARRCCAA DDOO BBIIEERRZZOO EE OO CCEEBBRREEIIRROO Verónica Vigara Sainz de la Maza 1º ESO B

O mércores día 20 de xuño os alumnos de 1º da ESO, realizamos unha excursión ao Castelo de Cornatel, ao

Lago de Carucedo, ás Medulas e por último fíxemos unha pequena visita a Pedrafita do Cebreiro.

Logo fomos ao Lago de Carucedo. Primeiro entramos no museo do Lago onde vimos un pequeno vídeo

sobre o que era bo e o que era malo para a natureza. Cando acabou o vídeo fixemos un xogo sobre qué podíamos

facer para no estragala. Despois, ao saír do museo, leváronos ver o lago onde nos contaron una lenda de cómo se

formara, a lenda comeza así:

Había unha princesa chamada Carissia, que era pastora. O seu pobo atopábase onde agora esta o lago.

Todos os días saía coas súas ovellas ás montañas do redor. Un día escoitou un ruído como as pisadas dun cabalo,

nese cabalo viña Tito Carissio, os dous, miráronse aos ollos e namoráronse.

Todos os días ían pasear mentres levaban as ovellas. Ata que un día chegaron noticias de Roma que

dicían que Tito Corissio debía volver a Roma. El prometeulle que volvería xunto dela. Todas as tardes ela

agardábao baixo unha árbore que había preto da súa vila. Un día chegaron noticias de Roma para ela que dicían

que Tito Corissio non volvería, que casara e que tivera oito fillos.

Carissia comezou a chorar ata que as súas bágoas chegaron ata os seus xeonllos.

Logo tivo que subir ao tellado máis alto dunha casa para non afogar. De tanto que chorou formouse o lago

e ela acabou afogando, pero non morreu, converteuse nun espírito do lago, que era como unha serea e que protexe

a todo o mundo que vai ao lago. Hai algunhas persoas que din ter visto a Carissia debaixo da árbore cos seus

longos cabelos na noite de San Xoán.

Despois fomos ás Médulas, onde nos dixeron que os romanos se enteraran de que alí había ouro mediante

chismes. Os romanos estiveron extraendo ouro das Medulas durante 200 anos. A súa técnica chámase ruina

montium que era un sistema de explotación que se realizaba mediante a escavación na montaña duns cantos pozos

e galerías polas que entraba a auga con moitísima presión e así comprimía o aire dos extremos producindo coma

O castelo de Cornatel atópase no

alto dunha montaña, e para chegar a

el hai que subir un pouco a pé. No

castelo explicáronos a quen

pertencera aquel castelo, e tamén

qué armas usaban e como se

usaban. Logo tamén fixeron unha

exhibición de cómo loitaban nesa

época e dixéronos que todo o que

levaban posto: cota de malla, casco,

espada... Pesaba entre todo entre 20

e 30 quilos.

Page 89: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

84

unha explosión; deste xeito derrubaban parte da montaña. O que máis

impresionou á maioría foi que nos dixeron que se atopabamos ouro

podiámonolo quedar. Pero o peor foi que ninguén o atopou.

Preguntámoslle á guía e díxonos que por agora ninguén atopara ouro e

que se o atopara que calara.

Logo fixemos unha pequena visita en Pedrafita do Cebreiro

duns 20 o 30 minutos, alí fixemos unhas actividades, unha delas

debuxar e outras investigar e buscar información; despois deixáronos ir

un pouco á tenda de agasallos. Cando xa estabamos todos reunidos

leváronos ver a igrexa e cando xa a vimos volvemos para Lugo.

FOI UNHA EXCURSION MOI DIVERTIDA!!

Page 90: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

85

EEXXCCUURRSSIIÓÓNN ÁÁSS MMEEDDUULLAASS Ana Seijas Cerceda 1º ESO C

O pasado día 20 de xuño achegámonos a León para coñecer un pouco máis a historia das Medulas e

doutros monumentos que tamén visitamos.

Fomos ao castelo de Cornatel que se atopa en Ponferrada. Puidemos ver as armas que se usaban hai

anos así como as súas armaduras. Tamén presenciamos a actuación que representaron dous homes vestidos con

roupas daquela época, na que escenificaban un pequeno combate e no que nos mostraban ataques e defensas con

espada.

A continuación fomos ao Lago de Carucedo no que nos explicaron como se formou e as especies que nel

habitan. Formouse porque nas Medulas necesitaban un procedemento para derrubar a terra quedando o ouro ao

descuberto, desta forma obtiñan o ouro os romanos. A auga acomodouse nunha zona determinada e formáronse

dous lagos, o que actualmente coñecemos co nome de Lago de Carucedo.

Hai anos, as especies que habitaron nel eran moitas pero, co paso do tempo, por culpa da contaminación e

dun encoro construído preto desa zona, diminuíron moito as especies que alí se vivían.

Despois comemos nunhas mesas que había preto del.

A continuación desprazámonos ás Medulas, onde nos explicaron a formación destas e como as atoparon

os romanos cando chegaron, de cómo as deixaron despois de 200 anos alí. Sacaban moi pouco ouro, menos de 25

quilos ao ano, pero necesitábano, xa que as súas moedas eran de ouro e prata. Recolleron aproximadamente 4,5

toneladas de ouro.

Page 91: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

86

EEXXCCUURRSSIIÓÓNN ÁÁSS MMEEDDUULLAASS

Andrea Villamil Fernández Laura Saavedra Expósito 1º ESO C

O día 20 de Xuño os alumnos de 1º ESO fomos de excursión. Primeiro fomos ao castelo de Cornatel, alí

ensináronos cómo vivían, as armas que usaban, como se usaban e despois fixeron unha demostración dalgúns

movementos de combate. Os rapaces que nolo ensinaron pertencían a un asociación, e ían vestidos como o farían

a xente daquela época. Logo fomos ver o lago de Carucedo, alí hai un museo onde nos explicaron cómo se formou

o lago, cómo os romanos explotaban as Medulas e outras cousas. Máis tarde, cando rematamos de ver o museo,

fomos ver o lago. Alí vimos parrulos e peixes. Cando rematamos fomos comer a un merendeiro que había por alí.

Pola tarde fomos ás Medulas onde fixemos un percorrido de 3 Km (1'5 Km de ida e outro tanto de volta), a medida

que nos ían explicando iamos camiñando, explicáronnos cousas sobre os romanos e a explotación das Medulas.

No regreso á casa fixemos unha parada en Pedrafita do Cebreiro onde fixemos unhas actividades, compramos

souvenirs e entramos na igrexa, onde vimos figuras e outras cousas; por último subimos ao autobús e regresamos

ao Instituto.

EEXXCCUURRSSIIÓÓNN ÁÁSS MMEEDDUULLAASS

Cristina Sáinz de la Maza Rivas Celia Vila Fernández 1º ESO C

Realizamos tres visitas diferentes:

. A primeira pola mañá ao Castelo de Cornatel, onde nos explicaron a súa historia e a súa reconstrución. A

continuación, explicáronnos as diferentes armas que utilizaban: como frechas, lanzas e mazas. A parte de explicalo,

fixéronnos unha exhibición con espadas.

. Despois disto, fomos ver o lago de Carucedo, onde a parte de ver o lago e todas as especies que habitan

nel, explicáronnos cómo se formara o lago a partir da explotación das Medulas polos romanos. Comimos na área

recreativa deste lago e gozamos da paisaxe.

. Pola tarde, fomos de ruta ás Médulas, andamos tres quilómetros en total. Na ruta, explicáronnos o

método que utilizaban os romanos para extraer o ouro das minas.

Ao final de todo, fixemos unha parada no Cebreiro, onde realizamos unhas actividades e compramos

diferentes regalos.

Page 92: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

87

Page 93: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

88

Page 94: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

89

Page 95: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

90

Page 96: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

91

SSOOPPAA DDEE LLEETTRRAASS MMaarrttaa RRooddrríígguueezz AAnnddiióónn

22ºº EESSOO CC

AATTOOPPAA OOSS 1155 AANNIIMMAAIISS

Page 97: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

92

RREECCEEIITTAA

TTaappaass ddee qquueeiixxoo ccoonn ttoommaattee ee

aanncchhooaa ccoonn rreedduucciióónn ddee vviinnaaggrree ddee MMóóddeennaa

OOmmaarr CCoorrrraall NNoovvoo

44ºº EESSOO AA

IInnggrreeddiieenntteess:: - 4 rebandas de pan - 8 anchoas en salazón 2 ovos - 2 tomates - 250 gr. de queixo (manchego) 100 gr. de sucre

200 ml. De vinagre de Módena

Auga

EEllaabboorraacciióónn::

Poñer os ovos a cocer nun cazo con auga durante 10 minutos. ( Refrescar, pelar e cortalos en rodas).

Colocar as rebandas de pan nunha bandexa apta para o forno e enfornar ( co forno prequente) ata que se tosten e queden ben douradas. Relar os tomates e reservar nun cazo. Cortar o queixo en 8 triángulos

Para rematar, montar a tapa, unta as rebandas de pan tostado co tomate. Despois

coloca enr iba de cada rebanda dúas anchoas.e engade por riba dúas porcións de

queixo e dúas rodas de ovo cocido. Por último, salpica as tapas coa redución de Módena.

Page 98: O CAN QUE NON MORDE

O CAN QUE NON MORDE

93