60
Quercus robur. Carballo. (Roble). O carballo é común en toda Galicia. É unha especie en regresión pola influencia humán, xa que foi, e inda é, sustituido polo piñeiro e o eucalipto, de máis rápido crecemento. As beiras dalgúns ríos inda quedan algunhas carballeiras fermosas. Estas árbores xa están nunha terceira liña do río. O carballo é unha árbore de valor mitolóxico en Galicia. En Galicia hai moitos tipos de carballos ou Quercos: Ilex, faginea, lusitánica, palustris, petraea, pyrenaica, robur, rubra, occidentalis, suber (sobreira ). De todos eles o máis común e coñecido é o descrito nesta ficha. Na fotografía do autor da www, un carballo con historia a beira do río Navea en Chandrexa de Queixa. Por certo moi fermoso...a pesar dos anos.... Hai ríos onde os carballos son moi comúns: o Lérez en Cerdedo, o Deva por riba de Arbo, etc. Actualmente, 2010. os

O carballo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

características do carballo

Citation preview

Page 1: O carballo

 

Quercus robur. Carballo. (Roble).

O carballo é común en toda Galicia. É unha especie en regresión pola influencia humán, xa que foi, e inda é, sustituido polo piñeiro e o eucalipto, de máis rápido crecemento. As beiras dalgúns ríos inda quedan algunhas carballeiras fermosas. Estas árbores xa están nunha terceira liña do río.

O carballo é unha árbore de valor mitolóxico en Galicia.

En Galicia hai moitos tipos de carballos ou Quercos: Ilex, faginea, lusitánica, palustris, petraea, pyrenaica, robur, rubra, occidentalis, suber (sobreira). De todos eles o máis común e coñecido é o descrito nesta ficha.

Na fotografía do autor da www, un carballo con historia a beira do río Navea en Chandrexa de Queixa. Por certo moi fermoso...a pesar dos anos....

Hai ríos onde os carballos son moi comúns: o Lérez en Cerdedo, o Deva por riba de Arbo, etc.

Actualmente, 2010. os carballos galegos están a ter unha plaga que non sabemos como rematará, a chamada "pulga do carballo".

Características.

Saír.

 

 

Page 2: O carballo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS DO CARBALLO.

Nome científico Nome galego Nome castelánDimensións Identificación HabitatFlores e froito O tronco e a madeira InterésCuriosidades As carballeiras A Carballeira de GrésCarballos monumentais O carballo: árbore

máxica. Links         

Os quercus en Galicia        

O carballo no inverno: fotos. Bibliografía.          

Fotografías O carballo e o viño A pulga do carballo-2010.

Page 3: O carballo

Posta o día: 09-12-2010

Saír.

 

 

 

 

 

Nome científico.

NOME CIENTÍFICO

A fotografía está sacada baixando a Ponte Ermida no río Arnoia, preto de Cobas de Río.

Page 4: O carballo

Quercus robur L.

Clase: Anxiospermas

Orde: Fagales

Familia: Fagáceas.

 

Volver a características

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego

Page 5: O carballo

Quercus robur en Chandrexa de Queixa, Ourense.

A este carballo vou a chamarlle "meu carballo" e así será referenciado nas fotografías que siguen...

Carballo. Roble. Alvariño, carballo branco, carballo verino, carvallo, rebolo alvar

 

Volver a características

 

Page 6: O carballo

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán

Roble albar.

Volver a características

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Page 7: O carballo

A súa altura é moi variable dependendo moito do lugar, hai exemplares baixos como o da fotografía anterior e moi altos como o da fotografía seguinte. Pode pasar de 40 metros. Pode vivir por riba dos 500 anos, podendo chegar ata os 1000 anos.

Page 8: O carballo

Realmente nesta fotografía figura un trocillo de carballo, botaba por riba dos 15 metros. A fotografía está sacada baixando a Ponte

Ermida no río Arnoia, preto de Cobas de Río.

Hai exemplares de ata 2 m. de diámetro (ou sexa 6,28 metros de perímetro), como é o caso do de Antas de Ulla ( que por certo nono coñezo, é unha cita que fan Marisa Castro, Luís Freire e Antonio Prunell no libro Guia das árbores de Galicia).

Máis abaixo, no apartado de carballos monumentais,  cítase un carballo de 12 metros de perímetro no Pazo de Cartelos en Carballedo.

Page 9: O carballo

Carballo en Carballedo (Lugo) de 35 metros e 12 metros de perímetro.

Page 10: O carballo

A fotografía está sacada baixando a Ponte Ermida no río Arnoia, preto de Cobas de Río. Este era un carballo normal sobre 2 metros de perímetro.

Volver a características

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Page 11: O carballo

A ficha está sacada do libro Guía das árbores de Galicia de Henrique Niño Ricoi e Carlos Silvar de Editorial Bahía. Un libro imprescindible si se quere recoñer as árbores en Galicia.

O carballo seguramente é a arbore máis coñecida en Galicia. Pódese atopar por tódolos lugares, o seu tronco dereito, a cortiza grisácea, as follas caedizas, simples alternas e membranosas; as flores o fruto que é un aquenio ovoide - oblongo (chamadas landras ou belotas que tanto gustan os porcos do país)) . Sin duda é unha das árbores máis coñecidas.

Page 12: O carballo

O tronco é bastante característico. Grisáceo liso ata os 20 anos e despois gretado, groso e parduzco, como o da

fotografía.

Page 13: O carballo

Fotografía do autor da www.

Page 14: O carballo

Este é o tronco do "meu carballo", por certo sobre 5 metros aproximadamente.

O carballo pode vivir mil anos.

Follas do "meu carballo".

Page 15: O carballo

Follas simples, ovais e lobuladas (entre tres a cinco lóbulos por banda) entre 10 a 12 cms. e 8 cm. de anchura. Rematan por riba de forma redondeada.

Na base rematan acorazonadas formando dous pequenos troziños; o que se chama ou di base do limbo auriculada.

As landras ou belotas están unidas as ramas por un pedúnculo longo, cousa que non pasa no rebolo (Quercus pyrenaica) e  na carba (Quercus petraea)  que se poden confundir có carballo. Nestes as landras non teñen apenas pedúnculo. O sea van directamente nas puntas das ponlas.

Tamén o rebolo ou cerquiño ten as follas, o envés,  pilosas o que lle da un aspecto áspero o tacto.

De tódolos xeitos non é fácil distinguir os quercus. Ver

Page 16: O carballo

este link desta misma páxina www.

Formas de distinguir os quercus.

Os quercus en Galicia.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Habitats: Habitat

En Galicia o Quercus robur prefire os terreos frescos sen grandes secas e por debaixo dos 1000 metros. de

altitude. Hai carballos por toda Galicia sobre todo pola parte das provincias da Coruña, Lugo na súa parte

occidental e todo Pontevedra. En Ourense tamén na súa parte occidental. De tódolos xeitos cada día á súa

distribución faixe máis irregular debido as talas e os incendios.

O conxunto de carballos en Galicia chámase Carballeira, dito dotro xeito un lugar poboado de carballos chámase carballeira, tamén carballal ou

Page 17: O carballo

touza.

As carballeiras e os soutos ( que é un lugar poboado de castañeiros) son do máis típico en

Galicia. 

Este carballo, Quercus robur  atópase en Galicia ata os 1000 metros. É bastante común en toda ela pero menos na zona alta da Provincia de Ourense e Lugo, onde é máis común a variedade

Quercus pyrenaica.

En Galicia hai moitos tipos de Quercos: ilex ( chámase tamén aciñeira, atópase pola zona do Barco de

Valdeorras en Ourense e nas montañas de Ourense e

Lugo xunto as de Zamora e León) ,faginea ( atópase algún exemplar por Triacastela e Samos e en Ourense

en Verín e Xinzo de Limia; chámase caxigo) ,

lusitanica ( no monte Pindo , preto de Carnota,

tamén se chama carballo enano),  palustris ( carballo dos pantanos que se atopa preto de Ourense

ciudade) , petraea ( de follas máis grandes, vive no Caurel ( Lugo), tamén se chama carba ou carballo

albariño) , pyrenaica ( árbore autóctono, de follas case perennes e vive en altitudes de ata 1700 m. por exemplo , atópase no invernadeiro en Ourense, pola

zona de Camba chámanlle cerquiño, rebolo ou carballo

negral) , rubra ( que é o carballo americano, que se está a usar nas repoboacións xa que medra moito) , 

occidentalis ( atópase sobre as zonas das rías galegas. Polo río Sil chega ata o Bierzo, vese moito polo

tanto nos vales fluvais. En galego fálase da sobreira ou corticeira e tamén do alcornoque,

que non é máis que o Quercus suber L. ou Quercus occidentalis Gay.). 

Ver un resumen gráfico dos tipos de quercos.

As sobreiras e aciñeiras son típicas de Ourense, no cañón do Sil e chegan ata altura de Castro Caldelas. Hai moitísimas na zona baixa do río Arnoia (están a cortarse

moitas por mor dunhas minicentrais que se están

Page 18: O carballo

facendo na zona...)

Todos eles están perfectamente descritos e documentados

no libro  Guia das árbores de Galicia de 

Henrique Niño Ricoi e Carlos Silvar. 

De todos eles o máis común é o descrito nesta ficha.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

As flores e o

froito:

As flores e o froito:

As flores son moi pouco aparentes. As masculinas, amarelas e as femininas de cor parda. Na

Page 19: O carballo

fotografía (da que descoñezo o autor) vense as dúas flores. Por certo que no carballo conviven as

flores masculinas e femininas o mesmo tempo.

As flores femininas están mismo no nacemento da folla. Nas axilas das follas.

Florece nos meses de febreiro a marzo.

Na fotografía vense as flores masculinas (parecen pompós) , moitas,  e algunha feminina de cor

marrón.

O fruto que é un aquenio ovoide - oblongo. Chámase landra ou belota e mide entre  3-4 cms

de longas e 1,5 a 2 cms. de ancho. Preséntase sobre un pedúnculo máis ou menos longo (4-8 cm)

Page 20: O carballo

e cunha cúpula escamosa.

A cúpula cubre menos da mitade. As landras aparecen en grupiños de dúas ou tres. Moitas veces teñen landras que non creceron de todo,

como as que se ven na fotografía.

Florece en abril e  maio e da fruto no outono , son as famosas landras ou belotas, que leva unha

Page 21: O carballo

cúpula que cubre menos da mitade.

Observar os bugallos (bolas que se forman o redor dos ovos e larvas dun insecto parásito do carballo, tamén se chaman carrabouxos) do meu carballo.

Esta fotografía está sacada no 2005 en maio.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

O tronco: O tronco e a súa madeira:

Page 22: O carballo

A casca da árbore é lisa e gris nos primeiros anos. Prácticamente ate os vinte anos.

Logo empezan a sairlle fendeduras e cambia a cor a parda.

Page 23: O carballo

Nos troncos vellos aparecen moitas fendiduras.

A madeira é de cor crara, tirando a rosada e moi dura.

Page 24: O carballo

Moderadamente pesada. É a madeira máis valiosa e dura para carpintería, por exemplos para portas.Moi utilizada para facer mobles.

Tamén utilizada en construcción naval, travesas, etc.

Parqués.

Toneis

etc.

Sacado deste web:

http://home.utad.pt/~floresta/LPF/quercus_robur.htm

A variedade americana é máis oscura:

Page 26: O carballo

A súa madeira é dura é de moi boa calidade e de dificil putrefacción, mesmo na auga, polo que foi

usada para a construcción naval, doelas dos bocois, etc.

Debido a que aguanta moitísimo a humidade e os cambios de clima, foi usada esta madeira na

fabricación de pipas e bocois, ademáis fai que saiba mellor os viños que se fan nos bocois ou

pipas de roble.

Page 27: O carballo

Tamén se utiliza en carpintería e abanistería. En tempos para a fabricación das travesas do

ferrocarril ( hoxe son de cemento armado). Nas casas metíanse para trabes, puntós e taboas para

o piso ( inda se siguen metendo).

A leña do roble ten un alto poder calorífico ( carbón). 

A cortiza contén taninos de utilidade para curtir peles e posúe propiedades astrinxentes.

Page 28: O carballo

Do carballo para a mediciña popular utilízase todo: a cortiza dos troncos novos como os

bugallos polo seu elevado contido de taninos, sobre todo o tanino gálico. Os bugallos, que xa

está dito que son excrecencias provocadas por un insecto himenóptero e a corteza poseen accións astrinxentes, antidiarreicas e hemostáticas. As infusións úsanse para hemoraxias internas. En

uso tópico vale para todo:  queimaduras, ecemas, farinxite e hemorroides.

O carballo tamén foi usado antiguamente para o curtido de peles, como xa está dito.

Casi nada...

 

Volver a características

 

 

Page 29: O carballo

 

 

 

Curiosidade do

carballo. As

carballeiras

As carballeiras:

Dende logo as Carballeiras están pretos dos ríos, inda que no sexan características dos mesmos. ( A

Carballeira de Gres no río Ulla é famosísima e preciosa).

A Carballeira en Galicia e algo mais cun conxunto de árbores..."Ei carballeira, o que me dé

un pau doulle un peso, e sí é de carballo trinta reás....."  dito típico de Graices , preto da Peroxa.

En algúns lugares os bosques de carballos tamén se chaman touzas e carballal ( por exemplo en

Camba ( ourense)). Tamén Carballedo e Carballidos.

Os romanos chamánbanlle os lugares onde había carballeiras Lucus, precisamente o nome de Lugo que ven desta palabra fai referencia a

Page 30: O carballo

lugares onde había carballos. Parece lóxico pensar que en Lugo houbese un bosque sagrado

ou algo similar.

En Galicia hai carballeiras en tódolos concellos, moitas delas moi famosas, como:

Carballeira de Santa Susana en Santiago de Compostela.

Page 31: O carballo

Carballeira de Caldas de Reis, con máis de 200 carballos de tódalas idades.

Carbelleira de Grés no río Ulla.

Outras moitas como a de San Xusto en Cotobade, a de Ponte Cabalos no río Arnego e tantas e tantas

Page 32: O carballo

famosas...

O carballo é común en toda Galicia. É unha especie en regresión pola influencia humán, xa

que foi e inda é sustituida polo piñeiro e o eucalipto de máis rápido crecemento.

Nesta fotografía vese "O meu carballo" que está

Page 33: O carballo

situado nun prado a carón do río Queixa moi preto do pobo de Taboazas. É unha auténtica

marabilla.

Ademais ten un fillo a carón. Moi a beira.

Nesta fotografía vese o fillo a esquerda e o pai a dereita, a perpectiva non dice como son...

Page 34: O carballo

Outra vista.

Page 35: O carballo

Máis cerca. O pai.

Page 36: O carballo

O tronco do pai.

Este carballo seguro que pasa dos 50 anos con moito...

 

Volver a características

 

 

 

Page 37: O carballo

 

A carballeir

a  de Grés,

nunha ínsua do río Ulla:

 

A carballeira de Grés no Ulla:

Fotografía do autor da www.

Hai moitas carballeiras en Galicia, como xa está dito, eu diría centos, todas son fermosas. A mín chamoume a atención unha que está preto dun río sensacional, o río Ulla. Unha carballeira que

está formando unha ínsua , unha marabilla. Trátase da carballeira de Gres en Vila

de Cruces. Merece a pena visitala.

 

Page 38: O carballo

O Can de Adolfo Villar. Fotografía do autor da www.

Nesta carballeira, ensinoume Adolfo Villar Donato ( dende estas liñas, moitas gracias e un saúdo) , moitas cousas un día de setembro do

2000. Un home que se ve, leva no sangue a fermosura deste lugar paradísíaco. Entre as

moitas cousas esta cabeza de can nun dos carballos centenarios que hai neste lugar. ¡¡¡ Hai que ir a Gres e ver esta carballeira e as ínsuas do

Ulla !!!.   ¡¡ Incríbles!!.

Das ínsuas tamén teño outras fotografías dunhas poldras noutro lugar desta www.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Outros carballos

Carballos monumentais:

Page 39: O carballo

monumentais en Galicia:

Fotografía de Enrique Touriño

Nesta fotografía aparece o carballo de Santa Margarida de Mourente en Pontevedra.

No texto, que se debe a Francisco de Ana Magán, que acompaña a fotografía, faise referencia o que supón o carballo en Galicia: "Esta especie arbórea sempre tivo un valor mitolóxico para o

pobo galego. As súas formacións ou matas chámanse carballeiras. En moitos casos estas

árbores señeiras o pe das ermidas son o punto de unión entre os ancestrais cultos pagáns e a

posterior cristanización dos mesmos...."

Este carballo é bastante famoso en Galicia xa que debaixo desta árbore seica se xura o amor eterno,

entre outras cousas. Dende logo o carballo é curioso xa que está torto e ten unha parte seca,

pero a outra é a primeira que bota follas e a última que as perde.

Este carballo xa o menciona Frai Martín Sarmiento no ano 1735, xa naqueles anos falaba

da súa lonxetividade polo tanto debe ter hoxe moitos, moitísimos anos.

Nota: a fotografía e parte de texto está sacada dun calendario editado por Cementos Cosmos no ano 2004.

Page 40: O carballo

Autor da foto Enrique Touriño. O texto é de Francisco de Ana Magán.

----------------------

En Galicia hai moitos carballos de moitos anos e moita altura como o do Pazo de Cartelos

(Carballedo - Lugo) que ten 35 metros e chega a 12 metros de perímetro. É un dos máis altos de

Galicia e está considerado o de maior edade, posiblemente supere os 500 anos.

Hai un dato curioso: no ano 1984 o ciclón Hortesia derribou unha póla deste carballo e

seica analizada tiña sobre 800 anos. Desto pode deducirse que o carballo ten por riba dos 1.500

anos o que o podería situar como o maior do mundo. De tódolos xeitos xa se ve, que depende

de onde se tome a información.

Page 41: O carballo

Outra fotografía sacada do video sensacional "Corpos Arbóreos" de Andrés Victorero.

Hai outro dato curioso sobre esta árbore: no ano 1932 foi vendida esta árbore e outras para facer travesas para o ferrocaril que viña de Benavente ata Galicia, o dono Luis Taboada vendeu en oito

millóns de pesetas (que era moitísimo diñeiro) toda a finca. Pero o dono no momento de cerrar

o trato non quiso vender e témoslle que estar agradecidos.

Este conto está sacada do video "Corpos arbóreos" de Andrés Victorero.

A fotografía está tomada do libro "Árbores de Galiza" de Adela leiro Lois, e varios e publicado no 2006 por A Nosa Terra. No libro aparecen

moitos máis carballos famosos. Merece  a pena o libro.

 

------------------------------

Tamén é famoso o Carballo de San Antón en Carballo (A Coruña)

Page 42: O carballo

Deste carballo falan moitas milagres, tanto para buscar o gando que se perde como por medio de pedras que se tiran os ocos da árbore conseguir un bon marido.

Ten máis de catrocentos anos, un perímetro de 7 metros e 5 metros de altura.

A fotografía está sacada do video "Corpos arbóreos" de Andrés Victorero.

Volver a características

 

 

 

 

 

O carballo

como unha

árbore máxica:

O carballo como árbore máxica:

Page 43: O carballo

"O carballo é unha árbore máxica e lexendaria.

 A máis grande, a máis forte, a árbore dos deuses. Era a árbore preferida de Zeus. Plinio di que os carballos precederon ós homes na creación. Segundo os celtas tódalas xuntanzas importantes para un

pobo, debían ter lugar baixo dun carballo. O culto desta árbore era como o culto ó

fogar. Tamén o visco de carballo era recollido cunha grande cerimonia polos

druidas, que logo da maceración, repartían esta 'auga lustral' para sanar enfermidades

e protexer dos males".

Texto recollido nesta www.

Ver tamén o que aparece neste link sobre o carballo.

Volver a características

 

 

 

 

 

Link sobre o

carballo:

 

Links sobre o Carballo:

Page 45: O carballo

Nota: a información anterior está sacada de dous libros sensacionais, o de Marisa Castro, Luís Freire e Antonio Prunell,

Guia das árbores de Galicia e o de Guía das árbores de Galicia. de  Henrique Niño Ricoi. Carlos

Silvar.

Tamén saquei cousas do libro "Guía de plantas medicinais de Galicia" de Antonio Rigueiro e varios de editorial

Galaxia.

Tamén saquei cousas do libro "Árbores de Galiza" de Adela Leiro Lois e outros. de editorial A nosa Terra. 2006.

Volver a características

Saír.

 

 

 

 

 

Page 46: O carballo

 

 

 

 

 

O carballo no inverno: fotos

Page 47: O carballo

Este carballo e outros están nunha pequena carballeira que rodea a Ermida do Xurés en Lobios. Por certo na carballeira hai seis carballos moi grandes e de moitos anos, un é

este da fotografía, sin follas lóxicamente. A fotografía é do 19/01/2008.

Page 48: O carballo

Outra vista da ermita do Xurés. Por certo que dende a beira da ermida vese unha paisaxe única e marabillosa  coa Serra de Santa Eufemia e o Val de Río Caldo; máis o lonxe o

encoro de Lindoso e a Serra de leboreiro e os montes do Quinxo. Merece a pena visitar esta ermida.

  Volver a características

 

Page 49: O carballo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍAS

Page 50: O carballo

Carballo de Cartelos, seguramente o maior de Galicia. Ten unha altura de 35 metros e un perímetro de 12 metros. Está no Pazo lugués de Cartelos,

preto da Barrela. A fotografía é de Grobas.

Page 51: O carballo

Carballo o pe do río Deva, por riba de arbo en Pontevedra. Neste río hai auténticos exemplares. Fotografía do autor da web

  Volver a características

 

Page 52: O carballo

 

 

 

 

 

 

O carballo e o viño

Este é o carballo de Pelete. O único carballo do mundo que se emborracha tódolos anos co mellor viño do Ribeiro.

Pois sí que é certo. O carballo de Pelete está na Lama en Pontevedra, seica ten uns quinientos anos e tódolos anos se emborracha na

romería dos Remedios. Os romeiros van polo mellor viño posible o Ribeiro e mercan, por exemplo este ano sobre 1.500 litros de viño. O

viño tense un tempo no Suído esperando o día da festa.

Despois de bendecir o viño a primeira xarra sempre é para o carballo.

Esta festa data xa no século XVIII onde os romeiros iban en mulas o Ribeiro buscar o mellor viño. Contan que polo lugar  pasaban os

arrieiros transportando o viño do Ribeiro. Nunha ocasión, un cabalo propinou unha couce ao fillo dun deses arrieiros e estivo moi grave. O

Page 53: O carballo

pai ofreceu entón á Virxe dos Remedios, que alí se venera, que se o seu fillo curábase, todos os anos regalaría unha pipa de viño en

agradecemento á súa intercesión. E asi pasou...

Seguramente o arrieiro morreu pero seguiu a tradición do viño...

A festa faise no lugar nos primeiros días de setembro.

"O vermello brebaxe mollará por dentro e por fora aos que se atrevan a asomarse pola zona que deben ir vestidos con «vaqueiros vellos e

cunhas camiseta da festa do Pelete que se poden mercar no recinto por sete euros», segundo unha veciña da parroquia"

Na festa dende logo non falta o viño, o pulpo e a carne.

Ver este link de onde está sacada a frase.

Ver tamén este link da Voz con un resume da festa deste ano 2009.

 

Page 54: O carballo

Fotografía do carballo de Pelete, sacado do video "Corpos Arbóreos" de  Andrés Victorero.

  Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Page 55: O carballo

A pulga do carballo

As follas póllense así...

Esta é a pulga do carballo.

Este é a larva do gusano A altica comendo.

Noticia de abril do 2010

A Altica é en realidade a Altica quercetorum, a pulga do carballo, e trátase dun insecto que pega coas follas dos carballos e produce un debilitamento tal

que cambia o cor das follas e pode debilitar as raíces da árbore e mesmo morrer.

A Altica está sendo moi forte, a súa incidencia nos carballos,  en Ourense e Lugo, concretamente en Ourense pola zona de Sandiás, Vilar de Santos,

Rairiz de Veiga, Xinzo, Sarreaus, Trasmiras, A Merca,, Barbadas. Tamén San Cibrao das Viñas, Celanova e Ourense xunto a cartelle e a Bola. En Ourense

hai máis de 5000 Ha afectadas.

En Lugo está facendo estragos no Incio, Sober, Pobla de Brollón, Bóveda, Saviñao, Ribas do Sil, Quiroga e Chantada.

Sobre o seu tratamento hai moita controversia xa que os pesticidas que se utilizan poden dañar terriblemente a fauna. Ver este link.

A plaga ten unha alta incidencia no Miño Medio, pero tamén no Limia e no Arnoia. Ver este link.

Volver a características