11
Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015 O xogo da morte Análise do documental O xogo da morte, 1 Directores Thomas Bornot, Gilles Amado e Alain-Michel Blanc País Francia Ano 2010

O xogo da morte - equipodeinvestigaxor.files.wordpress.com · Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015 1 Asuntos que se abordan no documental. Ideas e estrutura. O xogo da morte

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O xogo da morte - equipodeinvestigaxor.files.wordpress.com · Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015 1 Asuntos que se abordan no documental. Ideas e estrutura. O xogo da morte

Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015

O xogo da morte Análise do documental

O xogo da morte, �1

Directores Thomas Bornot, Gilles Amado e Alain-Michel Blanc

País Francia

Ano 2010

Page 2: O xogo da morte - equipodeinvestigaxor.files.wordpress.com · Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015 1 Asuntos que se abordan no documental. Ideas e estrutura. O xogo da morte

Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015

Índice 1. Asuntos que se abordan no documental.

As súas ideas e a súa estrutura. 2. Fontes

3. Antecedentes 4. Mapa conceptual

5. Bibliografía

O xogo da morte, �2

Page 3: O xogo da morte - equipodeinvestigaxor.files.wordpress.com · Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015 1 Asuntos que se abordan no documental. Ideas e estrutura. O xogo da morte

Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015

1 Asuntos que se abordan no documental. Ideas e estrutura.

O xogo da morte é un documental realizado no ano 2009 por France télévision coa coprodución da televisión suiza. Trata sobre un experimento realizado nese mesmo ano no país galo, para era estudar a autoridade da televisión e a súa influencia sobre a obediencia. Basándose no experimento de Milgram, o psicólogo Jean-León Beauvois crea un concurso de televisión ficticio onde busca evaluar a capacidade de desobediencia dos suxeitos experimentados cando son obligados a dañar a outra persoa. O obxectivo do documental non é outro que concienciarnos sobre a significativa interación entre os valores éticos dos suxeitos e a autoridade e o poder da televisión.

As ideas que se desenrolan no documental e a estrutura do mesmo son:

1. Introdución. Onde está o límite da televisión? Hoxe en día existen concursos de tortura no Xapón, presentadores xogando á ruleta rusa en directo coma Derren Brown e mesmo un programa no que se diseccionan cadáveres no Reino Unido. Ata onde se pode chegar?

2. O psicólogo Jean-León Beauvais e os seus acompañantes buscan adaptar o experimento de Milgram (anos 60) á actualidade. Para elo crean un piloto de concurso televisivo no que unha persoa (que se trata dun actor) recibirá descargas eléctricas que van subindo de intensdade ata poder provocar a morte (aínda que o actor non chega a recibir nunca unha descarga). Con este programa búscase descubrir ata que punto obedecemos e ata que punto ten poder a televisión.

3. Tras una enquisa e unha entrevista persoal escóllense 80 suxeitos para que participen no que eles pensan que é un verdadeiro programa. Sinalar que o público tamén é real.

4. Densenrolo do concurso “Zona Xtrema”. O actor, que se atopa fechado e atado dentro dun cubículo onde vai recibir as supostas descargas, ten que memorizarse unha lista de sustantivos e adxectivos. Por cada erro, esta persoa recibe unha descarga, dada polo suxeito experimentado e que vai dende un leve calambre ata os 480v, onde se supón que o torturado gaña un millón de euros. A pesares de que o actor lles pide que pare, porque lle doe moito, a maioría da xente sigue. Incluso se ríe ou fai oídos sordos aos seus berros. Moitos afirman que é inhumano,

O xogo da morte, �3

Page 4: O xogo da morte - equipodeinvestigaxor.files.wordpress.com · Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015 1 Asuntos que se abordan no documental. Ideas e estrutura. O xogo da morte

Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015

que lle debe estar doendo moito, pero casi ninguén para. Algúns inténtano pero non son capaces de decidirse, polo que continúan.

5. Resultados do experimento. O 81 % das persoas analizadas chegaron ata o final, é decir, fixeron caso omiso ao actor e seguiron suministrándolle descargas. O 21% fixo trampas, decíndolle máis alto a resposta correcta, para non sentirse culpables. O 70% falaron cos gritos de fondo. Soamente 9 persoas preferiron escoitar ao compañeiro e parar o programa.

6. Explicación do experimento. A clave é a obediencia. Chega unmomento no que os executores se dan conta de que están facendo dano, sen embargo seguen porque deben obedecer xa que firmaron un contrato. Todos creen que era verdade, como di Jean-León “se a xente fai trampas é porque o cría, se non o creran non farían trampas”. Os concursantes volvéronse xordos e lían de forma automática, xa que se non escoitan o problema non existe. Moitos querían parar, e intentaban convencer á autoridade para que parase o xogo, pero non eran capaces de sobrepasar a barreira que a presentadora facía a través de 5 exhortacións.

7. Opinións dos experimentados. Tras o programa piloto díselle aos concursantes que todo foi parte dun experimento. A maioría síntense aliviados de que todo fora falso. “Párome e estropeo o programa ou sigo? Sentíame dividida entre o que son e o que estaba facendo”, afirmaba unha experimentada. “Coma un títere. Lía as preguntas. Facía todo o que me pedían. Non pensei, seguín adiante”, decía un dos voluntarios. “O entorno e o estrés fanche darlle á palanca. Sentíame mal dándolle descargas. Sentíame só. Unha ovella obediente fai o que lle din”, afirmaba un dos experimentados.

8. Conclusión do psicólogo sobre o experimento. “A televisión é moi poderosa sobre os invididuos. Ensínanos a engañar, humillar e a ser sádicos, é decir, impón os seus valores”, afirma Jean-León Beauvais. “Tiñamos xente que era como calquera outra persoa. E o 80 % comportouse coma un torturador. Este dato reflexa o poder que alcanzou a televisión. É un totalitarismo audiovisual É terrorífico”, sinalaba o psicólogo. Como dato de optimismo podemos sinalar que case ninguén se aproveitou da súa posición dominante para facer daño a outro. Cando fixeron un segundo experimento onde os voluntarios non estaban acompañados polo presentador (a autoridade) o 75% plantouse, desobedeceu.

O xogo da morte, �4

Page 5: O xogo da morte - equipodeinvestigaxor.files.wordpress.com · Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015 1 Asuntos que se abordan no documental. Ideas e estrutura. O xogo da morte

Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015

2 Fontes. -Beauvois, Jean-Léon

Nado no ano 1943 en Francia, é un psicólogo que realizou estudos de psicoloxía clínica participando no experimento que se relata na reportaxe. É unha das figuras claves no proceso que se leva a cabo e fai una das análises máis profundas do mesmo: o feito de que somos seres que vivimos baixo o totalitarismo, pero non nos decatamos xa que non sufrimos castigos.

-Courbet, Didier

É un profesor universitario na escola de Comunicación e Información de Marsella. Tamén levou a cabo estudos sobre a psicoloxía experimental e foi do grupo de científicos que participaron no experimento.

-Experimento de Milgram

Foi un estudoo de psicoloxía social levado a cabo polo psicólogo Stanley Milgram na Universidade de Yale no ano 1963. Pretendía probar os niveis de obediencia dun individuo cando recibe mandatos de quen el considera unha autoridade. Fíxose con dos suxeitos: un deles, o analizado, facía preguntas ao segundo suxeito e aplicaba o castigo. Este era o suxeito analizado, o que recibía as ordenes, xa que o segundo suxeito era un actor e o sufrimento era irreal. Trala proba, un 62% dos participantes chegaron ata o final, acatando os mandatos e facendo sufrir ao compañeiro. Este estudo é a base fundamental do que vemos na reportaxe, xa que a idea de ambas investigacións é a mesma.

-Experimento TV baseado no experimento de Milgram

Fíxose no ano 2010 por un grupo de científicos moi variado. Realizouse nun plató de TV e seguíronse as pautas marcadas por Milgram. Ademais, ao ser nun plató, o nivel de dependencia dos participantes coa autoridade era maior e deste xeito, o 80% chegou ata o final. Con este experimento, non só se probou ata que nivel obedecemos a un individuo considerado superior, senón que permitimos o sufrimento dunha persoa se o consideramos entretido. Este segundo experimento superou os niveles de obediencia do anterior, obtendo un resultado inesperado por parte dos expertos.

O xogo da morte, �5

Page 6: O xogo da morte - equipodeinvestigaxor.files.wordpress.com · Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015 1 Asuntos que se abordan no documental. Ideas e estrutura. O xogo da morte

Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015

-Gráfica de barras

Utilízase para analizar os efectos do experimento. Esta gráfica, amosa os niveis de risa tanto do público como do participante no experimento, e determina cando nos rimos máis ou menos e cal é o motivo. A gráfica amósase posteriormente á realización da proba, no que parece ser una reunión do grupo de científicos para analizar os resultados.

Deste xeito, grazas á gráfica de barras observamos que a partir dos 80 voltios o examinado e o público comezan a rirse nerviosamente. É a primeira fase da proba; esta manifestación psicosomática elimina tensión e axuda ao participante a calmarse.

A partir dos 180 voltios, as risas diminúen xa que a situación é máis delicada e comeza unha nova fase, un intento de tomar decisión. Así, o 17% dos participantes intentan facer trampa para axudar ao compañeiro, evitando sempre enfrontarse coa autoridade. Neste punto xa non respetan as normas pero non son capaces de negalas, e facendo trambas reducen a sensación de culpabilidade.

A partir dos 320 voltios entramos na terceira e última fase. Agora os participantes teñen que tomar a decisión de continuar ou deterse, segundo a gráfica é o momento de máxima tensión. Neste punto, o 70% dos que continúan no xogo falan por encima dos berros do compañeiro, evitando escoitalo. Negan así a súa situación, aínda que berre non escoitan.

-Oberté, Dominique

É profesora experta en psicoloxía social na Universidade de París. Foi una das participantes no experimento e traballou nas conclusións finais que o estudo aportou.

-Programa TV Autopsy: Life and Death

Neste programa de Channel 4 o presentador abre cadáveres en directo para analizalos e desfacelos. A finalidade de entretemento do programa a base de traballar cun cadáver amosa os niveis de tolerancia aos que chegamos sempre e cando sexa por entretemento.

-Programa TV L´ile on a Ntation

É un programa francés, que ten como principal finalidade facer que as parellas sufran e discutan entre elas para finalmente romper a relación. Utiliza este programa

O xogo da morte, �6

Page 7: O xogo da morte - equipodeinvestigaxor.files.wordpress.com · Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015 1 Asuntos que se abordan no documental. Ideas e estrutura. O xogo da morte

Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015

como outro exemplo de xustificar o entretemento aínda que os contidos do programa non sexan sempre válidos moralmente.

-Programa TV Russian Roulette

É un programa realizado por un ilusionista e mentalista inglés no que este se xoga a vida intentando adiviñar onde se atopa a bala. Deste xeito, observamos como a morte e o perigo son outras das facetas que nos aporta a televisión e nós aceptamos, sendo esta outra das ideas que defende o estudo.

-Programa TV Scared

Este programa da MTV amosa vídeos nos que a xente ten accidentes. A primeira vez que se emitiu foi o 10 de abril do 2007 e axúdanos a ver como podemos ver a xente sufrir trala pantalla sen ningún tipo de pudor.

-Programa xaponés

Neste programa, os participantes sofren torturas como meterse en auga fervendo ou tragar una pelota ardendo. Outro exemplo máis do tipo de entretemento ao que estamos acostumados.

O xogo da morte, �7

Page 8: O xogo da morte - equipodeinvestigaxor.files.wordpress.com · Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015 1 Asuntos que se abordan no documental. Ideas e estrutura. O xogo da morte

Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015

3. Antecedentes Experimento do cárcere de Stanford

Este experimento (levado a cabo a principios dos 70 e cancelado aos poucos días de comezalo) foi liderado por Philip Zimbardo e é un coñecido estudo psicolóxico sobre a influenza da vida en prisión en conductas desenvolvidas polo home, dependiente dos roles sociais que se desenrolan. Tomáronse voluntarios que desempeñarían os roles de guardias e prisioneiros nun cárcere ficticio. Tentábase probar que os policías de prisións e os convictos se autoseleccionaban, o que explicaría os abusos cometidos nas prisións.

O estudo foi subvencionado pola Armada dos EEUU, e escolléronse 24 voluntarios (12 serían policías e 12 presos), que resultaron ser todos universitarios. Os guardias tiñan porras, gafas de espello e uniformes, e traballaban en turnos. Díxoselles que tiñan que dirixir a prisión como cresen convinte, sen exercer a violencia física. Os prisioneiros vestían batas e sandalias de goma, eran designados por números que ían cosidos á bata, e tiñan que levar medias na cabeza para simular calvas. Levaban tamén unha pequena cadena arredor dos nocellos.

O experimento descontrolouse rápidamente e os prisioneiros sufriron un tratamento sádico e humillante. Ao segundo día houbo un motín, no que os guardias atacaron con extintores aos presos. O dereito a ir ao lavabo pasou a ser un privilexio e diversos presos foron obrigados a limpar retretes coas mans núas. Obrigóuselles a dormir sobre o chan de formigón e a comida éralles denegada. Os prisioneiros comezaron a mostrar desordes emocionais.

Experimento de Sherif

Muzafer Sherif (psicólogo turco) levou a cabo –en 1935- certos experimentos sobre os efectos dos xuízos doutros grupos sobre os xuízos e opinión de cada individuo.

Segundo os expertos no proceso de influencia hai tres modalidades: conformidade, innovación e normalización. Sherif estudou a última delas, onde se

O xogo da morte, �8

Page 9: O xogo da morte - equipodeinvestigaxor.files.wordpress.com · Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015 1 Asuntos que se abordan no documental. Ideas e estrutura. O xogo da morte

Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015

presentan situación reais nas cales non existe unha norma previa e nas que os suxeitos teñen dúbidas sobre a solución.

O participante tiña que resolver a ubicación dunha pequeña luz no espazo, cunha resposta persoal. Esto baseábase no efecto autocinético que é o aparente movemento dun punto luminoso no espazo, aínda cando este non se está a desprazar. Despois tiña que facer o mesmo chegando a un consenso con outros participantes que non coñecía, e finalmente era volto a poñer en solitario. Desta última volta escollía como correcta a resposta consensuada en grupo e non por el mesmo ao principio, desmostrando así que aínda ao sepáralo da influenza do grupo, seguía a tela presente.

Strip search phone call scam

O experimento Strip search pone call scam –en 2004- foi baseado nunha serie de incidentes que tiveron lugar ao longo de dez anos, e que significaron as chamadas dun home a restaurantes afirmando ser policía e convencendo aos responsables de que desnudasen aos seus empregados (na busca de algo agochado) e de que fixesen outros actos horrendos co consentimento da policía. Só tivo efecto nun local de comida rápida, no que a encargada fixo desnudarse a unha empregada para comprobar se roubara algo.

Finalmente sospeitouse que estaban feitas por David Richard Stewart, mais nunca chegou a ter cargos por isto.

Experimentos de Asch

Os experimentos de Asch foron realizados a mediados do século XX e tentaban demostrar a conformidade nos grupos. Todos os participantes menos un eran cómplices do experimentador, e a finalidade era comprobar como este respondía ante o comportamento os cómplices. O experimento repetiuse con máis de cen participantes distintos.

Os participantes (entre 7 e 9) sentaban nun aula onde tiñan que dicir cal era para eles a lonxitude de varias liñas debuxadas en comparación con elas mesmas. Ás dúas primeiras respondían todos de maneira correcta, mais a partires desa os cómplices daban respostas incorrectas e esto influenciaba ao participante restante. Na terceira e cuarta

O xogo da morte, �9

Page 10: O xogo da morte - equipodeinvestigaxor.files.wordpress.com · Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015 1 Asuntos que se abordan no documental. Ideas e estrutura. O xogo da morte

Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015

ronda o participante que non é cómplice dá a resposta correcta, a diferenza dos demais, mais a dende ese punto xa comeza a dubidar da súa concepción.

Case nun 40% das ocasións o concursante deixábase levar pola presión de grupo. Canto máis coincidían os cómplices nunha resposta (aínda que errónea) máis presión e malestar influían no outro.

Experimento da cova dos ladróns

Este é o nome dun estudio de psicoloxía social que realizou Muzafer Sherif xunto con Carolyn Sherif a mediados do século XX.

Durante o estudo, no que se observaron 22 nenos de 11 anos, Sherif foi o guarda do campo. Foron trasladados en dous grupos de once, sen saber uns e outros da existencia do outro grupo. Situáronos en áreas lonxanas ao primeiro, polo que a presenza dos outros foi ignorada. Logo de dous a tres días os grupos xa tiñan xerarquías internas.

Os rapaces non se coñecían de antes, mais logo das hostilidades do principio, tiveron que traballar en colaboración e estableceron fortes vínculos.

O xogo da morte, �10

Page 11: O xogo da morte - equipodeinvestigaxor.files.wordpress.com · Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015 1 Asuntos que se abordan no documental. Ideas e estrutura. O xogo da morte

Equipo de Investigaxor 12 de octubre de 2015

4. Mapa conceptual

O xogo da morte, �11