2
XORNADAS GASTRONÓMICAS A Asociación de Hostalería organiza tres xornadas de degustación de cabra o día 17 de abril ás 13:00 h. no Mercado de Abastos, o 26 de abril ás 21:30 h. na Bodeguilla de Santa Marta e o 3 de maio ás 14:00 h. no Mercado Gastrogalaico La Galiciana. Esta acción vén acompañada da preparación de cabra por parte de 16 restaurantes de Compostela entre o 2 e o 5 de maio; ademais dunha degustación de cabra o propio día 5 na carballeira de Conxo. Restaurantes participantes: Pulpería Fuentes, Paz Nogueira, Los Caracoles, O Muiñeiro, A Nave de Vidán, Don Quijote, Pazo de Altamira, Sexto II, María Castaña, Mesón de Lázaro, San Jaime, Pampín, Caney, Amoado, A Ostrería e Frebas. UNIDADE DIDÁCTICA PARA OS CENTROS DE ENSINO Este ano elaborouse unha unidade didáctica orientada aos últimos cursos de Educación Primaria (5º e 6º). O obxectivo é divulgar o ideario do Banquete de Conxo e investigar sobre o contexto histórico do momento, ademais de dar a coñecer a riqueza ambiental da flora e fauna das ribeiras dos ríos. COMO PARTICIPAR Como actor ou actriz nas distintas accións teatrais e paseos histórico-teatrais do sábado 13 de abril pola zona vella de Santiago, do venres 26 de abril polo barrio de Santa Marta, ou o do sábado 27 de abril no Mercado de Abastos e nos barrios do Castiñeiriño e A Pontepedriña. No desfile teatral de estudantes e artesáns do domingo 5 de maio da Praza do Toural a Conxo. Como persoa voluntaria na Festa do Banquete. A Asociación Itínera, xunto a veciñas e veciños de Conxo, están a estruturar unha rede de persoas voluntarias para mellor organizar a Festa do Banquete. No Serán da Fraternidade do 5 de maio, aberto á música e ao baile tradicional. Acude co teu grupo de música ou baile. Vestíndote de época para a Festa do Banquete. Nós axudámosche na confección da túa indumentaria. Se queres lucir un traxe tradicional, contamos co asesoramento e apoio da Asociación do Traxe Galego. Se prefires vir con outras vestimentas propias do século XIX (estudante, artesán, obreiro, fidalgo/a, crego...), impartiremos varios obradoiros de deseño de vestiario. OBRADOIROS DE TRAXE Centro Cívico de Conxo Obradoiros coa Asociación do Traxe Galego: venres de abril ás 18:00 h. Obradoiros de deseño de vestiario de época: sábados de abril ás 18:00 h. Necesaria inscrición previa. Centro Cívico de Santa Marta Obradoiros os días 24 e 26 de abril, e 3 de maio, de 16.00 a 18.00 h. Sesións informativas sobre o traxe tradicional o 4 de abril ás 19:30 h. e o 9 de abril ás 18:00 h. Sesión informativa sobre vestimenta de época o 9 de abril ás 18:45 h. Centro Cívico da Pontepedriña Sesión informativa sobre o traxe tradicional o 8 de abril ás 17:30 h. Sesión informativa sobre vestimenta de época o 8 de abril ás 18:15 h. Centro Cívico do Castiñeiriño Sesión informativa sobre o traxe tradicional o 11 de abril ás 17:30 h. Sesión informativa sobre vestimenta de época o 11 de abril ás 18:15 h. Centro Cívico da Rocha Sesión informativa sobre o traxe tradicional o 11 de abril ás 18:30 h. Sesión informativa sobre vestimenta de época o 11 de abril ás 19:15 h. Se queres ter máis información, inscribirte nos obradoiros ou ser persoa voluntaria na Festa contacta co Centro Cívico de Conxo, no correo csconxo@santiagodecompostela.gal ou ben no teléfono 981 528 740. COMO CHEGAR Liñas 5 e C2 dos autobuses urbanos. Recomendado! Camiñando polas beiras do Sar ata a carballeira de Conxo. Recomendado! * Se prefires achegarte en coche particular, lembra que podes deixar o teu vehículo no aparcadoiro de Conxo (Avenida de Ferrol). INFORMACIÓN DE INTERESE Na propia carballeira de Conxo teremos unha degustación de cabra de balde (con racións limitadas). Recolle o teu convite no Centro Cívico de Conxo, a partir do día 29 de abril. Haberá postos de comida e bebida, pero tamén podes asistir ao xantar popular do domingo 5 de maio traendo os alimentos e bebidas da casa. Máis información Centro Cívico de Conxo www.santiagodecompostela.gal

OBRADOIROS DE TRAXE XORNADAS GASTRONÓMICAS · 2019. 5. 3. · David Villar (Santa Marta - A Choupana). Carballeira de Conxo. “O serán da fraternidade”. Foliada de música tradicional

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: OBRADOIROS DE TRAXE XORNADAS GASTRONÓMICAS · 2019. 5. 3. · David Villar (Santa Marta - A Choupana). Carballeira de Conxo. “O serán da fraternidade”. Foliada de música tradicional

XORNADAS GASTRONÓMICAS

A Asociación de Hostalería organiza tres xornadas de degustación de cabra o día 17 de abril ás 13:00 h. no Mercado de Abastos, o 26 de abril ás 21:30 h. na Bodeguilla de Santa Marta e o 3 de maio ás 14:00 h. no Mercado Gastrogalaico La Galiciana. Esta acción vén acompañada da preparación de cabra por parte de 16 restaurantes de Compostela entre o 2 e o 5 de maio; ademais dunha degustación de cabra o propio día 5 na carballeira de Conxo.

Restaurantes participantes: Pulpería Fuentes, Paz Nogueira, Los Caracoles, O Muiñeiro, A Nave de Vidán, Don Quijote, Pazo de Altamira, Sexto II, María Castaña, Mesón de Lázaro, San Jaime, Pampín, Caney, Amoado, A Ostrería e Frebas.

UNIDADE DIDÁCTICA PARA OS CENTROS DE ENSINO

Este ano elaborouse unha unidade didáctica orientada aos últimos cursos de Educación Primaria (5º e 6º). O obxectivo é divulgar o ideario do Banquete de Conxo e investigar sobre o contexto histórico do momento, ademais de dar a coñecer a riqueza ambiental da flora e fauna das ribeiras dos ríos.

COMO PARTICIPAR

Como actor ou actriz nas distintas accións teatrais e paseos histórico-teatrais do sábado 13 de abril pola zona vella de Santiago, do venres 26 de abril polo barrio de Santa Marta, ou o do sábado 27 de abril no Mercado de Abastos e nos barrios do Castiñeiriño e A Pontepedriña.

No desfile teatral de estudantes e artesáns do domingo 5 de maio da Praza do Toural a Conxo.

Como persoa voluntaria na Festa do Banquete. A Asociación Itínera, xunto a veciñas e veciños de Conxo, están a estruturar unha rede de persoas voluntarias para mellor organizar a Festa do Banquete.

No Serán da Fraternidade do 5 de maio, aberto á música e ao baile tradicional. Acude co teu grupo de música ou baile.

Vestíndote de época para a Festa do Banquete. Nós axudámosche na confección da túa indumentaria. Se queres lucir un traxe tradicional, contamos co asesoramento e apoio da Asociación do Traxe Galego. Se prefires vir con outras vestimentas propias do século XIX (estudante, artesán, obreiro, fidalgo/a, crego...), impartiremos varios obradoiros de deseño de vestiario.

OBRADOIROS DE TRAXE

Centro Cívico de ConxoObradoiros coa Asociación do Traxe Galego: venres de abril ás 18:00 h.Obradoiros de deseño de vestiario de época: sábados de abril ás 18:00 h. Necesaria inscrición previa.

Centro Cívico de Santa MartaObradoiros os días 24 e 26 de abril, e 3 de maio, de 16.00 a 18.00 h.Sesións informativas sobre o traxe tradicional o 4 de abril ás 19:30 h. e o 9 de abril ás 18:00 h.Sesión informativa sobre vestimenta de época o 9 de abril ás 18:45 h.

Centro Cívico da PontepedriñaSesión informativa sobre o traxe tradicional o 8 de abril ás 17:30 h.Sesión informativa sobre vestimenta de época o 8 de abril ás 18:15 h.

Centro Cívico do CastiñeiriñoSesión informativa sobre o traxe tradicional o 11 de abril ás 17:30 h.Sesión informativa sobre vestimenta de época o 11 de abril ás 18:15 h.

Centro Cívico da RochaSesión informativa sobre o traxe tradicional o 11 de abril ás 18:30 h.Sesión informativa sobre vestimenta de época o 11 de abril ás 19:15 h.

Se queres ter máis información, inscribirte nos obradoiros ou ser persoa voluntaria na Festa contacta co Centro Cívico de Conxo, no correo [email protected] ou ben no teléfono 981 528 740.

COMO CHEGAR

Liñas 5 e C2 dos autobuses urbanos. Recomendado! Camiñando polas beiras do Sar ata a carballeira de Conxo. Recomendado! * Se prefires achegarte en coche particular, lembra que podes deixar o teu vehículono aparcadoiro de Conxo (Avenida de Ferrol).

INFORMACIÓN DE INTERESE

Na propia carballeira de Conxo teremos unha degustación de cabra de balde (con racións limitadas). Recolle o teu convite no Centro Cívico de Conxo, a partir do día 29 de abril.

Haberá postos de comida e bebida, pero tamén podes asistir ao xantar popular do domingo 5 de maio traendo os alimentos e bebidas da casa.

Máis informaciónCentro Cívico de Conxowww.santiagodecompostela.gal

Page 2: OBRADOIROS DE TRAXE XORNADAS GASTRONÓMICAS · 2019. 5. 3. · David Villar (Santa Marta - A Choupana). Carballeira de Conxo. “O serán da fraternidade”. Foliada de música tradicional

“O Pequeno Banquete”. Representación teatral e gravación de videoclip musical co alumnado do CEIP Quiroga Palacios (Santiago de Compostela) e do CEIP Plurilingüe Pepe Xan Baña (Santa Comba). Carballeira de Conxo.

“A aventura das sete landras”. Xincana xuvenil polos sendeiros do Sar. Organiza o Clube Mozo de Conxo e Asociación Xuvenil Itaca. Inscricións no Centro cívico de Conxo.

Obradoiro de cantos de taberna. Centro Cívico de Conxo.

“Cantares de Conxo”. Cantos de taberna nos bares do barrio: Taberna do Psiquiátrico, Pulpería Fuentes, Bar O Caimán, Bar A Chara, Bar-Restaurante A Pajueleira, Bar Piñón, Bar Noya, Bar Os Mallos, Bar Orpheus e Bar Marló.

11:00 h.

18:00 h.

19:00 h.

21:00 h.

12:00 h.

19:00 h.

12:30 h.18:00 h.

Roteiro botánico e histórico polo Bosque do Banquete de Conxo, guiado polo biólogo Martín Souto e polo escritor e editor Henrique Alvarellos. Saída desde o Centro Cívico de Conxo.

Mesa redonda: “O movemento veciñal en Santiago de Compostela. Historia, situación actual e principais desafíos”. Conducida por Marcos Lorenzo. Participan: Lois Ferradás (Castiñeiriño), Mercedes Vázquex (San Pedro), Cruz Vázquez (FERUSA), Adri Pérez (Rúa de Baixo). Centro Cívico de Conxo.

Concerto da Coral do Psiquiátrico de Conxo xunto coa Coral Amigos do Castiñeiriño e do Coro de Habaneras Rocha Forte. Escalinata do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

“A festa da poesía”. Conducida por Carlos Meixide. Canción de autora: Alba María / Poesía: Berta Dávila / Canción de autor: Os Tres Pés (O Leo, Sobrado e Constenla) / Poesía: Estevo Creus / Rap: Flow do Toxo /Karaoke disidente: Carlos Meixide.Praza Aurelio Aguirre.

11:30 h.

17:00 h.

19:00 h.

20:30 h.

“Alá van estudantes e artesáns”. Desfile teatral desde o centro de Santiago até Conxo. Os Quinquilláns e diversos colectivos. Saída da praza do Toural.

Pregón da Festa do Banquete. Mercedes Franqueira. Diante do Centro Cívico de Conxo.

“Baixamos ao Bosque do Banquete”. Continuación do desfile teatral até a carballeira de Conxo. Os Quinquilláns e diversos colectivos.

Concerto de Caxade. Carballeira de Conxo.

Recreación teatral do Banquete de Conxo. Os Quinquilláns. Carballeira de Conxo.

Xantar e romaría popular, con brindes de veciñas e veciños: Lucía Bañobre (Conxo), Olga Iglesias (Asociación Fonte da Virxe), Claudia Castro (Castiñeiriño), Nidia Aquino (Colectivo Paraguay) e Pablo David Villar (Santa Marta - A Choupana). Carballeira de Conxo.

“O serán da fraternidade”. Foliada de música tradicional cos Muiñeiros do Sarela e Os Fondaos do Pífaro. Carballeira de Conxo.

Despedida da Festa do Banquete 2019 e convite á seguinte edición. Discursos de veciñas e veciños: Pacheco Otero (Santa Marta - A Choupana), María Monteagudo (Castiñeiriño) e Xavier Sánchez (Conxo).

11:00 h.

12:45 h.

13:00 h.

13:30 h.

14:15 h.

15:00 h.

17:00 h.

19:30 h.

MERCADO DO LIBRO E DA ARTESANÍA

Estrea do documental “Pacto de irmãos. Os primórdios da língua”. Dirección: R. Janeiro. AGAL – Através – Axóuxere. Centro Cívico de Conxo.Sinatura de libros: Blanca Millán (ilustradora de libro infantil). Librería Palacios.Monicreques: “De Carral a Conxo”. Os Quinquilláns.Sesión Vermú. Batucada a cargo de Trópico de Grelos. Praza Aurelio Aguirre.Sinatura de exemplares do libro “Bestiario do vestiario, segundo tempo”: Martiño Suárez (autor). Espazo Editorial Carlos Meixide.Presentación do xornal “Novas da Galiza”, unha experiencia de xornalismo desde baixo: Charo Lopes e Xoán Sampedro. Chan da Pólvora Libraría.Conferencia “A Galicia de Chané”: Sixto Gómez. ACentral Folque. Concerto á tardiña: Os Novos. Praza Aurelio Aguirre.

Presentación e sinatura de exemplares do libro “Unha matanza esquecida”: Severino Fernández (autor). Libraría Palacios.Presentación do libro “Bailegramas” do compostelán Sergio Cobos. ACentral Folque. Recital poético “Polvorín de versos”: Serxio Abalo, Lucía Novas, Belén Senín e Regina Touceda. Chan da Pólvora Libraría.Chocolatada. Praza Aurelio Aguirre.Concerto de peche: A Companhia do Ruído. Praza Aurelio Aguirre.

12:00 h.

12:30 h.

13:00 h.13:30 h.

18:00 h.

18:30 h.

19:00 h.19:30 h.

18:00 h.

19:00 h.

19:30 h.

20:15 h.20:30 h.

4 de maioDe 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30. Praza Aurelio Aguirre. Xogos populares durante todo o día en horario do mercado.

5 de maioDe 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 h. Praza Aurelio Aguirre. Xogos populares de 17:00 a 20:30 h.

13 de abrilPaseo histórico-teatral. Os Quinquilláns. Praza de Cervantes-Praza de Santo Agostiño-Mercado de Abastos-Praza de Mazarelos-Rúa Orfas-Praza do Toural. Animación musical dos Muiñeiros do Sarela.

26 de abrilPaseo histórico-teatral. Os Quinquilláns e Cavort Teatro.Centro Cívico de Santa Marta-Bodeguilla de Santa Marta.

27 de abrilAcción teatral. Os Quinquilláns. Mercado de Abastos. Acción teatral. Os Quinquilláns. Parque Eugenio Granell.

ACTIVIDADES PREVIAS AO BANQUETE