Upload
others
View
12
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN
COVID-19 NO CURSO 2020-2021 DO
CEIP ALTAMAR
CÓDIGO DO CENTRO 36015834ENDEREZO: RÚA CESÁREO GONZÁLEZ, 4 36210 VIGO
TELÉFONO: 986213713CORREO: [email protected]
WEB: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipaltamar
mailto:[email protected]://www.edu.xunta.gal/centros/ceipaltamar/
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
ÍNDICE
INTRODUCCIÓN 4
1. MEDIDAS DE PREVENCIÓN BÁSICA 5
1.1. Membros do equipo COVID 5
1.2. Centro de saúde de referencia 5
1.3. Espazo de illamento COVID 5
1.4. Número de alumnos/as por aula. 6
1.5. Cadro de persoal do centro educativo 6
1.6. Determinación dos grupos estables de convivencia e medidas específicas para grupos
6
1.6.1 Aulas infantil 6
1.6.2 Aulas primaria 7
1.7. Determinación dos grupos estables de convivencia (con profesorado compartido)
9
1.8. Determinación dos grupos con profesorado especialista 11
1.9. Canle de comunicación 13
1.10. Rexistro de ausencias 13
1.11. Comunicación de incidencias 14
2. MEDIDAS XERAIS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL 14
2.1. Distribución dos espazos do centro 14
2.2. Situación de pupitres 16
2.3. Outras aulas e espazos. 21
2.4. Titorías coas familias 21
2.5. Canles de información coas familias e persoas alleas ao centro 21
2.6. Uso da máscara no centro 22
2.7. Información e distribución do Plan entre a comunidade educativa 23
3. MEDIDAS DE LIMPEZA E VENTILACIÓN 23
3.1. Asignación de tarefas ao persoal de limpeza e porteiro – vixiante 23
3.2. Distribución horaria do persoal de limpeza e porteiro – vixiante 23
3.3. Material e proteccións para a realización das tarefas de limpeza 23
3.4. Cadro de control de limpeza dos aseos 24
3.5. Determinación dos espazos para a xestión de residuos 24
4. MATERIAL DE PROTECCIÓN 24
4.1. Rexistro e inventario do material do que dispón o centro 24
4.2. Material de protección 24
Páxina 1
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
5. XESTIÓN DOS GROMOS 25
5.1. Medidas 25
5.2. Escenarios nos supostos de gromos 26
5.3. Responsable/s das COMUNICACIÓNS das incidencias á autoridadesanitaria e educativa.
27
6. XESTIÓN DAS PETICIÓNS DE SUPOSTOS DE VULNERABILIDADE 28
6.1. Procedemento de solicitudes 28
7. MEDIDAS DE CARÁCTER ORGANIZATIVO 28
7.1. Horarios entradas. 28
7.2. Horarios saídas 30
7.3. Horarios recreos 32
7.4. Profesorado de vixiancia 34
7.5. Horarios Educación física 34
7.6. Circulación polo centro 35
7.7. Cartelería e sinaléctica 35
7.8. Organización das merendas dentro da aula 35
8. MEDIDAS EN RELACIÓN COAS FAMILIAS E ANPA 39
8.1. Actividades previas ao comezo da xornada. 39
8.2. Actividades extraescolares. 39
8.3. Determinacións para as xuntanzas da ANPA e o Consello Escolar 39
8.4. Previsión de realización de titorías e comunicacións coas familias 39
8.5. Normas para a realización de eventos 40
9. MEDIDAS DE USO DO COMEDOR 40
9.1. Quendas, lugares ocupados polos comensais e priorización doalumnado
40
9.2. Persoal de atención aos comensais 42
10. MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA O USO DOUTROS ESPAZOS 42
10.1. Aulas especiais 42
10.2. Educación Física (pistas) 42
10.3. Cambio de aula 42
10.4. Biblioteca 42
10.5. Aseos 43
11. MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA RECREO 43
11.1. Horario e espazos 43
12. MEDIDAS ESPECIFICAS PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL 43
12.1. Metodoloxía 43
12.2. Actividades e merenda 44
Páxina 2
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
13. MEDIDAS ESPECIFICAS PARA ALUMNADO DE NEE 46
14. PREVISIÓNS ESPECÍFICAS PARA O PROFESORADO 46
14.1. Medidas 46
14.2. Órganos colexiados 46
15. MEDIDAS DE CARÁCTER FORMATIVO E PEDAGÓXICO 47
15.1. Formación en educación en saúde 47
15.2. Difusión das medidas de prevención e protección 47
15.3. Profesorado coordinador da xestión e dinamización das aulas virtuais 47
15.4. Previsións derivadas do documento “Instrucións de inicio de curso” 47
15.5. Difusión do plan 48
Anexo 1 - Enquisa de autoavaliación clínica do covid-19 49
Anexo 2 - Compromiso para realización da auto enquisa diaria covid-19segundo o requerido no protocolo de adaptación ao contexto da covid 19nos centros de ensino non universitario de galicia para o curso 2020-2021
50
Anexo 3 - Modelo de solicitude para a determinación de persoalespecialmente sensible
52
Anexo 4 - Modelo de certificación de condicións de seguridade no centroeducativo
53
Anexo 5 - Carteis 55
Anexo 6 - Rexistro de ausencias de alumnado/profesorado porsintomatoloxía compatible con covid-19
62
Anexo 7 - Cadro control ventilación de aulas 5º e 6º 64
Anexo 8 - Cadro control limpeza de aseos 65
Anexo 9 - Cuestionario de prevención dos centros 66
Anexo 10 – Plan de continxencia do centro 70
Anexo 11 - Protocolo de limpieza para la prevención de la covid-19 encentros educativos no universitarios.
83
Páxina 3
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
INTRODUCCIÓN
O “Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-21 do CEIP Altamar” foi
elaborado para dar resposta ás demandas do “Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-
19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-21” segundo a súa
derradeira versión do 22-07-2020 publicada pola Consellería de Educación de Galicia no seu
portal web www.edu.xunta.gal
O Plan responde aos puntos indicados no Protocolo coa intención de dar a mellor das
respostas posibles nun curso no que toda a comunidade educativa ten que adaptarse á unha
nova realidade.
A elaboración do mesmo parte de crear unha contorna escolar o máis saudable e segura
posible en base ás medidas preventivas, tanto colectivas como individuais, que imos ter que
adoptar neste curso 2020-21.
Para poder levar a cabo o Plan, toda a comunidade educativa deberá coñecer o
documento, no que se dan a coñecer as medidas preventivas básicas, medidas xerais de
protección individual, limpeza e ventilación, xestión de abrochos, organización do centro,
comedor, recreos, medidas pedagóxicas…
Na realización do Plan do CEIP Altamar tivemos en conta garantir a máxima seguridade
posible dentro da casuística do noso centro, intentando minimizar os contactos entre diferentes
aulas, tanto para o alumnado como para o profesorado, respondendo ás demandas do Protocolo
da Consellería de Educación.
É importante que toda a comunidade educativa coñeza o Plan do CEIP Altamar para poder
facer fronte de maneira colectiva á nova situación, de maneira que tódalas persoas se protexan a si
mesmas, protexendo así tamén a todo o colectivo. É por isto que tódalas posibles actualizacións e
melloras que se lle vaian facendo ao Plan en función do momento e da situación, serán postas en
coñecemento da comunidade educativa para que de maneira conxunta, tanto nenas/os, coma
familias e profesionais, poidamos traballar en mellorar todo o que estea nas nosas mans.
Páxina 4
http://www.edu.xunta.gal/
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
1.-MEDIDAS DE PREVENCIÓN BÁSICA
1.1. Membros do equipo COVID
Membro 1 Ángeles Rodríguez Carrera Directora do centro
Suplente Mª Aurelia Rodríguez Pérez Xefa de Estudos
Membro 2 Blanca Campo Arroyo Apoio Ed. Infantil
Suplente Begona Cao Pérez Coordinadora Infantil
Membro 3 Rosa Pérez Alonso Ed. Primaria_Filoloxía Inglesa
Suplente María Mercedes Piñeiro Mouriño Ed. Primaria_PT
Comunicacións Teléfono móbil Teléfono fixo
633233112 986213713
1.2. Centro de saúde de referencia
Centro saúde Centro Saúde Lopez Mora (750 m)
Enderezo Calle López Mora 54, 36211, Vigo
Teléfono 986294953
Contacto Alberto Bravo Pereiro
1.3. Espazo de illamento COVID
Deberase empregar a actual Aula de informática, xa que o centro non conta con ningún
outro espazo xa que a condición é que teña ventilación.
Este espazo estará dotado de botiquín con termómetro (sen contacto) e de material de
protección individual, como luvas e máscaras. Dispón tamén de panos desbotables, e
dispensador de xel , así como de papeleira con pedal.
O membro do profesorado que acompañe a un alumno/a con síntomas deberá de levar
sempre, uhna mascarilla FFP2, pantalla e bata desbotable.
Páxina 5
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
1.4. Número de alumnos/as por aula.
Educación Infantil2º ciclo 1º curso: 222º ciclo 2º curso: 162º ciclo 3º curso: 18
Alumnos/as totais en Educación Infantil: 56Educación Primaria
1º curso: 192º curso: 223º curso: 184º curso: 225º curso: 216º curso: 22
Alumnos/as totais en Educación Primaria: 125 Total alumnos: 181
1.5. Cadro de persoal do centro educativo.
-Profesorado que perence ao ClaustroEducación Infantil 4Educación Primaria 5Mestras/es especialistas 4PT 1Al 1*(compartida co CEIP Celso Emilio Ferreiro)
Total: 14 + 1 compartidoOutro profesorado non pertencente ao Claustro:
Orientación 1(compartida co CEIP Illas Cíes)
Relixión 1(compartida co CEIP Illas Cíes)
Total: 2 compartidos
Cadro de persoal do centro educativo: 14 + 3 compartidos
1.6. Determinación dos grupos estables de convivencia e medidas específicas para grupos
1.6.1 Aulas infantil
Educación Infantil Nivel 3 anos Alumnado asignado 22 Profesorado: titora + 1 apoio
Educación Infantil Nivel 4 anos Alumnado asignado 16 Profesorado: titora + 1 apoio
Educación Infantil Nivel 5 anos Alumnado asignado 18 Profesorado: titora + 1 apoio
Páxina 6
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
- Medidas específicas para grupos estables de convivencia
Neste caso específico de educación infantil, as titoras permanecerán o alumnado 4 sesións
diarias na aula (inclúe merenda cada alumno sentado na súa mesa) e a 5º será no exterior coa
mestra de apoio, que incluirá recreo e psicomotricidade, música, etc), axustándose ao horario
establecido de recreo (ver horario de recreos), non coincidindo nunca máis dun grupo á vez.
Polo momento o alumnado non recibirá as sesións de inglés presenciais para que non haxa
intercambio de profesorado, podéndose encargar as titoras co asesoramento da especialista. No
caso de relixión, xa que non dispomos de ningún espazo onde poder impartila, a mestra impartirá
clase nunha sesión libre do patio pequeno (de 13:10 a 13:50), alternativamente cada cinco
semanas, ademais preparará material e atenderá as necesidades do alumnado de relixión do noso
Centro, pero sen a súa presenza nas aulas.
O profesorado permanecerá en todo momento con máscara, no caso do alumnado, aínda
que son menores de 6 anos, dado que son altamente recomendadas dende a Consellería de
Sanidade de Educación o Centro decide o uso.
As familias terán que realizar a auto enquisa diaria Covid-19, que inclúe a toma de
temperatura (ANEXO 2 Compromiso para realización da auto enquisa diaria Covid-19), ademais se
lle tomará a temperatura a todo o alumnado á entrada na aula.
Prestarase especial atención a limpeza de mans, sendo preceptivo á entrada e a saída, á
baixada e subida ao recreo e as veces que sexa necesario (polo menos 5 veces ao día).
Tamén deberase prestar especial atención a roupa que vistan cada día os nenos e nenas,
indicándolle tanto ao alumnado coma as familias a necesidade de deixar en corentena ou
desinfectar adecuadamente cada unha delas, sendo inadecuado usala dous días seguidos.
O alumnado debe permanecer en todo momento no espazo reservado para educación
infantil (zona vermella_ver plano) e só poden empregar o seu baño, incluso no recreo.
En caso de falta de profesorado as substitucións farase entre o equipo de infantil, no caso
de non ser a propia titoría o profesorado debería levar pantalla a máis de máscara FFP2, para illarse
o máis posible do grupo que non é o seu.
1.6.2 Aulas primaria
Educación Primaria Nivel 1º Alumnado asignado 18 Profesorado: titora + AL
Educación Primaria Nivel 2º Alumnado asignado 22 Profesorado: titora +PT
Páxina 7
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
- Medidas específicas para grupos estables de convivencia
Neste caso específico de 1º de educación primaria, a titora de 1º e a mestra de AL
permanecerán no grupo todo o tempo, podendo ter sesións de preparación de traballo de aula,
no momento en que permanezan as dúas na aula realizarán reforzos ao alumnado de NEE.
Neste caso específico de 2º de educación primaria, o titor de 2º e a mestra de PT
permanecerán no grupo todo o tempo, podendo ter sesións de preparación de traballo de aula,
ademais o titor, que é o especialista en Educación Musical, terá sesión de preparación de traballo
de música para 1º, 3º e 4º, así como para asesorar ao profesorado destes cursos. (minimizando
así o intercambio de profesorado)
No momento en que permanezan os dous na aula realizarán reforzos ao alumnado de NEE.
axustándose ao horario establecido de recreo (ver apartado 7.3).
No caso de relixión, xa que non dispomos de ningún espazo onde poder impartila, a
mestra impartirá clase nunha sesión libre do patio pequeno (de 13:10 a 13:50), alternativamente
cada cinco semanas, ademais preparará material e atenderá as necesidades do alumnado de
relixión do noso Centro, pero sen a súa presenza nas aulas.
O recreo se realizará por quendas, nas pistas, en espazos separados e cada grupo cun
mestre. No caso de chuvia o recreo realizarase na propia aula, co profesor asignado en cada
garda. No recreo non coincidirán grupos das distintas zonas do centro á vez.
As especialidades de música, educación física serán impartidas na propia titoría con
asesoramento dos especialistas, no caso do inglés tamén será cos titores na aula co traballo
preparado pola especialista e con clases online se así o determina.
D entro da propia aula establecemos as seguintes medidas :
- O alumnado accederá con máscara a aula non podendo sacala durante toda a xornada, agás
durante a merenda, que terán que realizar sentados, e por quendas. (ver apartado 7.8)
- As familias terán que realizar a auto enquisa diaria Covid-19, que inclúe a toma de temperatura
(ANEXO 2 Compromiso para realización da auto enquisa diaria Covid-19), ademais se lle tomará a
temperatura a todo o alumnado á entrada na aula.
-O alumnado realizará unha correcta desinfección de mans na entrada na aula, co asesoramento
do profesorado.
- Deberá colocar as súas prendas e abrigo no respaldo da súa cadeira e ter o seu material
organizado. Non se empregaran os colgadores dos corredores. (Para os días de chuvia sería
adecuado que o alumnado trouxera un “chuvasqueiro” fino por riba da roupa, de maneira que se
puidera gardar nunha bolsa no caso de estar mollado)
- As mochilas estarán na aula ao carón de cada alumno/a.
Páxina 8
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
- O alumnado deixará os libros e o material persoal dentro dunha caixa facilmente desinfectable.
- Cada alumno terá o seu propio kit básico de material de traballo todo correctamente etiquetado
co seu nome (estoxo con obxectos de emprego máis común).
- Cando sexa necesario empregar material común (fotocopias), distribuirase en gabetas ou caixas ,
tendo que ser desinfectado unha vez finalizado o seu emprego.
- Ao trasladarse ao patio para levar a cabo as sesións de EF ou recreo deberán respectar o
percorrido deseñado para ese grupo en concreto e na orde de entrada/saída asignada.
- Limitaranse ao máximo, na medida do posible, os movementos dentro da aula, e cando sexan
imprescindibles.
- Se é preciso que un alumno empregue a pizarra, realizarase unha desinfección previa con xel
hidroalcohólico do rotulador que empregue.
- Prestarase especial atención a limpeza de mans, sendo preceptivo á entrada e a saída, á baixada
e subida ao recreo e as veces que sexa necesario (polo menos 5 veces ao día).
- Tamén deberase prestar especial atención a roupa que vistan cada día os nenos e nenas,
indicándolle tanto ao alumnado coma as familias a necesidade de deixar en corentena ou
desinfectar adecuadamente cada unha delas, sendo inadecuado usala dous días seguidos.
- O profesorado permanecerá en todo momento con máscara.
O alumnado debe permanecer en todo momento no espazo reservado para educación
primaria 1º e 2º (zona verde_ver plano) e só poden empregar o seu baño, incluso no recreo.
En caso de falta de profesorado as substitucións farase entre o equipo de 1º e 2º de
primaria, no caso de non ser a propia titoría o profesorado debería levar pantalla a máis de
máscara, para illarse o máis posible do grupo dun grupo que non é o seu.
1.7. Determinación dos grupos estables de convivencia (con profesorado compartido)
Educación Primaria Nivel 3º Alumnado asignado 18 Profesorado: 2 (titora + FI)
Educación Primaria Nivel 4º Alumnado asignado 22 Profesorado: 2 (titora + FI)+profesora de relixión
- Medidas específicas para grupos estables de convivencia (con profesorado compartido)
Neste caso específico de 3º e 4º de educación primaria, as titoras no grupo todo o
tempo, e a mestra de Filoloxía Inglesa impartira clase nos dous grupos, tanto de inglés como de
apoio e reforzo ao alumnado de NEE. As tres terán sesións de preparación de traballo de aula, e a
Páxina 9
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
mestra de F. Inglesa terá sesións específicas para preparación de traballo, asesoramento ao titor de
2º, minimizando asi o intercambio de profesorado. As especialidades de música, educación física
serán impartidas na propia titoría con asesoramento dos especialistas.
No caso de relixión, xa que non dispomos de ningún espazo onde poder impartila, a
mestra impartirá clase no patio pequeno de 13:10 a 14:00, os xoves para 3º de primaria e o
venres para 4º de primaria.
Os grupos deben axustarse ao horario establecido de recreo (ver apartado 7.3), non
coincidindo nunca máis dos grupos dunha zona á vez.
O recreo se realizará por quendas, nas pistas, en espazos separados e cada grupo cun
mestre. No caso de chuvia o recreo realizarase na propia aula, co profesor asignado en cada
garda. No recreo non coincidirán grupos das distintas zonas do centro á vez.
D entro da propia aula establecemos as seguintes medidas :
- O alumnado accederá con máscara a aula non podendo sacala durante toda a xornada, agás
durante a merenda, que terán que realizar sentados, e por quendas. (ver apartado 7.8)
- As familias terán que realizar a auto enquisa diaria Covid-19, que inclúe a toma de temperatura
(ANEXO 2 Compromiso para realización da auto enquisa diaria Covid-19), ademais se lle tomará a
temperatura a todo o alumnado á entrada na aula.
- O alumnado realizará unha correcta desinfección de mans na entrada na aula, co asesoramento
do profesorado.
- Deberá colocar as súas prendas e abrigo no respaldo da súa cadeira e ter o seu material
organizado. Non se empregaran os colgadores dos corredores. (Para os días de chuvia sería
adecuado que o alumnado trouxera un “chuvasqueiro” fino por riba da roupa, de maneira que se
puidera gardar nunha bolsa no caso de estar mollado)
- As mochilas estarán na aula ao carón de cada alumno/a.
- Non se deixaran os libros de texto na aula, para o material cada alumno/a deberá ter un estoxo
con asa para poder gardar o seu material persoal e deixalo colgado no gancho da mesa. Este de
material de traballo debe estar correctamente etiquetado co seu nome.
- Cando sexa necesario empregar material común (fotocopias), distribuirase en gabetas ou caixas ,
tendo que ser desinfectado unha vez finalizado o seu emprego.
- Ao trasladarse ao patio para levar a cabo as sesións de EF ou recreo deberán respectar o
percorrido deseñado para ese grupo en concreto e na orde de entrada/saída asignada.
- Limitaranse ao máximo, na medida do posible, os movementos dentro da aula, e cando sexan
imprescindibles.
Páxina 10
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
- Se é preciso que un alumno empregue a pizarra, realizarase unha desinfección previa con xel
hidroalcohólico do rotulador que empregue.
- Prestarase especial atención a limpeza de mans, sendo preceptivo á entrada e a saída, á baixada
e subida ao recreo e as veces que sexa necesario (polo menos 5 veces ao día).
- Tamén deberase prestar especial atención a roupa que vistan cada día os nenos e nenas,
indicándolle tanto ao alumnado coma as familias a necesidade de deixar en corentena ou
desinfectar adecuadamente cada unha delas, sendo inadecuado usala dous días seguidos.
- O profesorado permanecerá en todo momento con máscara.
O alumnado debe permanecer en todo momento no espazo reservado para educación
primaria 3º e 4º (zona amarela_ver plano) e só poden empregar o seu baño, incluso no recreo.
En caso de falta de profesorado as substitucións farase entre o equipo de 3º e 4º de
primaria, no caso de non ser a propia titoría o profesorado debería levar pantalla a máis de
máscara FFP2, para illarse o máis posible do grupo dun grupo que non é o seu.
1.8. Determinación dos grupos estables de convivencia (profesorado especialista)
Educación Primaria Nivel 5º Alumnado asignado 22 Profesorado: 3
Educación Primaria Nivel 6º Alumnado asignado 23 Profesorado: 4+profesora de relixión
- Medidas específicas para grupos con profesorado especialista
No caso de 5º e 6º de primaria contarán con 4 mestres co seguinte reparto de sesións:
- Mestra 1 e titora de 5º: 4 L. Galega 5º, 4 L.Castelá 5º, 2 sociais 5º, 2 naturais 5º, 1 valores
5º, 4 E. Física en 5º e 6º
- Mestra 2: 3 sociais 6º, 2 naturais 6º, 1 valores 6º, 2 música 5º e 6º
- Mestre 1 e titor de 6º: 3 L. Galega 6º, 3 L.Castelá 6º, 6 inglés 5º e 6º, 1 francés 6º
- Mestra 4: 10 matemáticas 5º e 6º, 2 plástica 5º e 6º
Entre este profesorado realizarase os reforzos do alumnado con NEE, tanto en 5º como en
6º, tamén vaise a solicitar profesorado de reforzo do programa ARCO, especialmente para 5º.
Tamén se terán en conta as sesións de asesoramento aos demais cursos da mestra de E. Física.
No caso de relixión, xa que non dispomos de ningún espazo onde poder impartila, a
mestra impartirá clase no patio pequeno de 9:00 a 9:50, os xoves para 5ºde primaria e o venres
para 6º de primaria.
Páxina 11
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
Os grupos deben axustarse ao horario establecido de recreo (apartado 7.3), non
coincidindo nunca máis dun grupo á vez. O recreo se realizará por quendas, nas pistas, en
espazos separados e cada grupo cun mestre. No caso de chuvia o recreo realizarase na propia
aula, co profesor asignado en cada garda.
D entro da propia aula establecemos as seguintes medidas :
- O alumnado accederá con máscara a aula non podendo sacala durante toda a xornada, agás
durante a merenda, que terán que realizar sentados, e por quendas. (ver apartado 7.8)
- As familias terán que realizar a auto enquisa diaria Covid-19, que inclúe a toma de temperatura
(ANEXO 2 Compromiso para realización da auto enquisa diaria Covid-19), ademais se lle tomará a
temperatura a todo o alumnado á entrada na aula.
- Ao entrar realizará unha correcta desinfección de mans limpeza de mans e teña colocadas as
súas prendas no respaldo da súa cadeira e o seu material organizado. (Para os días de chuvia sería
adecuado que o alumnado trouxera un “chuvasqueiro” fino por riba da roupa, de maneira que se
puidera gardar nunha bolsa no caso de estar mollado)
- Prestarase especial atención a limpeza de mans, sendo preceptivo á entrada e a saída, á baixada
e subida ao recreo e as veces que sexa necesario (polo menos 5 veces ao día).
-As mochilas estarán na aula ao carón de cada alumno/a.
- Non se deixaran os libros nin o material no centro. O alumnado deberá traer na mochila o que
precise para cada día.
- Cada alumno terá o seu propio kit básico de material de traballo todo correctamente etiquetado
co seu nome (estoxo con obxectos de emprego máis común).
- Cando sexa necesario empregar material común (fotocopias), distribuirase en gabetas ou caixas ,
tendo que ser desinfectado unha vez finalizado o seu emprego.
- Ao trasladarse ao patio para levar a cabo as sesións de EF ou recreo deberán respectar o
percorrido deseñado para ese grupo en concreto e na orde de entrada/saída asignada.
- Limitaranse ao máximo, na medida do posible, os movementos dentro da aula.
- Se é preciso que un alumno empregue a pizarra, realizarase unha desinfección previa con xel
hidroalcohólico do rotulador que empregue.
- O profesorado permanecerá en todo momento con máscara.
- Retiraranse as cortinas das fiestras.
O alumnado debe permanecer en todo momento no espazo reservado para educación
primaria 5º e 6º (zona azul_ver plano) e só poden empregar o seu baño, incluso no recreo.
Páxina 12
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
O recreo se realizará por quendas (ver anexo), nas pistas, en espazos separados e cada
grupo cun mestre. No caso de chuvia o recreo realizarase na propia aula, co profesor asignado en
cada garda. No recreo non coincidirán grupos das distintas zonas do centro á vez.
En caso de falta de profesorado as substitucións farase entre o equipo de 5º e 6º de
primaria, se hai que facer substitucións noutras aulas alleas á zona, deberán de levar pantalla e
máscara FFP2.
1.9. Canle de comunicación
As canles de comunicación para dar a coñecer ao equipo COVID os casos de
sintomatoloxía compatible (ANEXO 1-ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19), as ausencias de persoal
non docente e profesorado e para a comunicación das familias co equipo COVID para comunicar
incidencia e ausencias, serán as seguintes:
PROFESORADO:
- Vía telefónica (centro ou coordinador do equipo covid 986213713, móbil)
- Correo electrónico: [email protected]
Alumnado:
- Vía telefónica (centro ou coordinador do equipo covid 986213713, móbil)
- Correo electrónico: ceip. altamar @edu.xunta.gal
1.10. Rexistro de ausencias
Existirán dous modelos* paralelos para o rexistro de asistencia do persoal e do alumnado.
Ao rexistro convencional empregado habitualmente (follas de rexistro e Xade),
engadiremos un específico para aquelas ausencias provocadas por sintomatoloxía compatible coa
covid-19. As ausencias por sintomatoloxía compatible tamén serán rexistradas no convencional,
pero ao figurar no específico por covid-19 quedará a eximida a xustificación a efectos de apertura
do protocolo de absentismo escolar e, ao mesmo tempo, permitirá activar as medidas necesarias
en caso de confirmación do caso.
As follas de rexistro de ausencias por sintomatoloxía compatible serán entregadas cada fin
de mes á persoa que exerza a Xefatura de Estudos.*ANEXO 4-REXISTRO DE AUSENCIAS DE ALUMNADO E PROFESORADO POR SINTOMATOLOXÍA
Páxina 13
mailto:[email protected]:[email protected]:[email protected]
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
1.11. Comunicación de incidencias
- Aviso ao coordinador covid-19.
- A partir de aquí, establecerase a comunicación do coordinador covid-19 coas autoridades
sanitarias e a familia do afectado:
• Chamada telefónica á familia do afectado/a.
• Chamada telefónica ao centro de saúde de referencia.
• Comunicación coa Xefatura Territorial de Sanidade.
• Subida de datos á aplicación.
2. MEDIDAS XERAIS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL.
2.1. Distribución dos espazos do centro
Neste curso 20-21 vaise a dividir por zonas específicas para cada grupo de aulas, de xeito
que estes alumnos/as nunca están en contacto con alumnado de doutra zona.
Para cada zona, que estarán sinalizadas por cores, haberá uns circuítos de entrada e saída
específicos, tamén sinalizados por cores.
• Zona vermella: Educación Infantil
- Terán acceso pola entrada principal tanto para a entrada como para a saída (apartado
7.1).
- A saída ao recreo farase pola porta de cada aula.
- Só poderán usar o baño da súa zona, incluso no recreo.
• Zona azul: Educación primaria 5º e 6º
Páxina 14
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
- Terán acceso pola entrada principal tanto para a entrada como para a saída (apartado
7.1).
- A saída e entrada do recreo farase pola porta do patio e a das pistas, xa que por
horario non coinciden con outros grupos.
- Par ir ao baño tamén usarán a porta do patio, só poderán usar o baño da súa zona,
pero non no recreo, para evitar que se despracen polo patio pequeno.
• Zona amarela: Educación primaria 3º e 4º
- Terán acceso pola entrada do comedor tanto para a entrada como para a saída,
subindo polas escaleiras metálicas do patio, pasando polo salón da residencia,
momento no que entran na súa zona onde deben permanecer. (apartado 7.1).
- A saída e entrada do recreo farase polas escaleiras metálicas e a porta do patio, xa que
por horario non coinciden con outros grupos.
- Só poderán usar o baño da súa zona, pero non no recreo, para evitar que se
despracen polo centro.
Páxina 15
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
• Zona verde: Educación primaria 1º e 2º
- Terán acceso pola entrada do comedor tanto para a entrada como para a saída,
pasando polo patio pequeno e subindo polas escaleiras interiores do centro,
momento no que entran na súa zona onde deben permanecer.
- A saída e entrada do recreo farase polas escaleiras interiores e a porta do patio, xa que
por horario non coinciden con outros grupos.
- Só poderán usar o baño da súa zona, pero non no recreo, para evitar que se
despracen polo centro.
2.2. Situación de pupitres
En toda primaria se intentará buscar a maior separación posible entre pupitres, aínda que
debido o espazo tan reducido que ten o noso centro non se poderá conseguir en ningunha aula
a separación de 1,5 metros, de calquera xeito, en primaria, colocaranse as mesas todas no mesmo
sentido (mirando cara as pizarras e a mesa do profesorado). No caso de 1º e 2º e Infantil, onde o
alumnado ten mesas dobres, o alumnado sentarase nos extremos das mesas para manter maior
separación .
INFANTIL 3 ANOS
dispensador de xel dispensador de panos desbotables Papeleira con padal
Páxina 16
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
INFANTIL 4 ANOS
1,10 cm 1,10 cm
1,20 cm
1,20
cm
dispensador de xel dispensador de panos desbotables Papeleira con padal
INFANTIL 5 ANOS
1,20 cm
1,10 cm
1,15
cm
1,05
cm
dispensador de xel dispensador de panos desbotables Papeleira con padal
Páxina 17
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
1º PRIMARIA
1,60 cm
1,25 cm
1,30
cm
1,20
cm1,
25 cm
dispensador de xel dispensador de panos desbotables Papeleira con padal
2º PRIMARIA
1,60 cm 1,30
cm
1,30
cm
1,20
cm
1,25 cm
1,20 cm
dispensador de xel dispensador de panos desbotables Papeleira con padal
Páxina 18
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
3º PRIMARIA
1,30 cm
1,10 cm
1,20 cm
1,10
cm
dispensador de xel dispensador de panos desbotables Papeleira con padal
4º PRIMARIA
1,50 cm
1,05 cm
1,10cm
1,20
cm
dispensador de xel dispensador de panos desbotables Papeleira con padal
Páxina 19
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
5º PRIMARIA
1,50 cm
1,10 cm
1,20
cm
dispensador de xel dispensador de panos desbotables Papeleira con padal
6º PRIMARIA
1,50 cm
1,20 cm
1,15 cm
1,20
cm
dispensador de xel dispensador de panos desbotables Papeleira con padal
Páxina 20
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
2.3. Outras aulas e espazos.
Debido á falta de espazos do noso centro, non haberá ningún desprazamento do
alumnado.
No caso de Relixión impartirase no patio pequeno, na última sesión de mércores
(alternativamente 3, 4 e 5 anos,1º e 2º de primaria) xoves e venres (3º,4º,5º,e,6º de primaria), xa
que a aula de informática está asignada como espazo de illamento e o salón non se pode
empregar, pois vai ser empregado pola tarde por persoal da Residencia. Unido á obrigación do
alumnado de cada zona a permanecer nesta. Tampouco se poderá impartir a clase nos patios xa
que están ocupados cos horarios de recreo e Educación Física.
No caso de PT e AL, este profesorado está integrado nas aulas nos grupos estables de 1º e
2º, se nalgún momento puntual, precisan a atención individual dalgún alumno/a poderán empregar
a aula de PT na planta 2º. Recoméndase máscara e pantalla.
O reforzo en 3º, 4º ,5º e 6º realizarase dentro da aula. Recoméndase máscara e pantalla.
As clases de Ed. Física, tanto as impartidas polas titoras como as de 5º e 6º serán nas pistas
exteriores, se permite o tempo, ou dentro a aula con traballos adaptados á situación.
2.4. Titorías coas familias
As titorías levaranse a cabo baixo dúas modalidades:
- Virtual (opción preferente) a través da plataforma videoconferencias eduXunta Webex
*https://www.youtube.com/watch?v=BUp6_7ZfcDk
- Presencial: para aqueles casos nas que a videoconferencia non sexa posible. Nesta modalidade,
a reunión levarase a cabo na aula da titoría correspondente, previa cita e garantido a distancia
social. Todos os asistentes á titoría levarán máscara e farán a pertinente desinfección de mans.
Cando nalgunha destas reunións sexa necesario o visionado dalgunha proba escrita, avisarase con
anterioridade para poder facer copias da mesma e evitar a manipulación conxunta.
En ambos casos, será obrigatoria a cita previa (abalarmóbil, axenda do alumnado, teléfono)
2.5. Canles de información coas familias e persoas alleas ao centro
Neste curso as canles de información e comunicación coa comunidade educativa serán
fundamentalmente as dixitais, polo que a web do colexio pasará a ser o portal onde se colgue
toda a información de relevancia a nivel xeral.
Páxina 21
https://www.youtube.com/watch?v=BUp6_7ZfcDk
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
- Como sistema de mensaxería empregaremos “abalarmóbil*, é moi importante que todas as
familias descarguen a aplicación para reducir as comunicacións alleas a esta canle.
(*https://www.youtube.com/watch?v=O5AQ6P0Z_Tc )
- Para as familias que non poidan ter a aplicación, empregarase unha vía alternativa, que será o
correo electrónico ou, en último lugar, a chamada telefónica.
- A información cos provedores xa se realiza habitualmente por mail ou teléfono, polo que
seguiremos a empregar estas vías.
2.6. Uso da máscara no centro
Segundo a norma actual, empregarase a máscara en todo momento, tanto dentro sa aula
como en todas as zonas comúns: patio, corredores. Polo tanto será obrigatorio o seu emprego
para todo o alumnado maior de 6 anos e tamén para Infantil xa que o Centro decide o seu usi
seguindo as recomendacións da Consellería de Sanidade de Educación polo que o Centro
decide o uso.
O profesorado, e atendendo ao carácter exemplarizante, empregará en todo momento a
máscara, agás naqueles momentos nos que impida o normal desenvolvemento do seu traballo,
como poidan ser as sesións de AL, PT e reforzos. Cando isto se produza, será obrigatorio manter a
distancia de seguridade e aconséllase o emprego de pantallas protectoras.
No caso de primaria cada alumno/a debe traer unha máscara de reposto e un estoxo para
gardala. En E. Infantil cada alumno/ debe traer dúas máscaras de reposto e un estoxo para gardalas.
O alumnado pode traer ao centro máscaras cirúrxicas ou hixiénicas, pero todas deben
estar HOMOLOGADAS:
-hixiénicas: UNE0064 - UNE0065.
-cirúrxicas: UNE 14683
-FFP2: UNE EN - 149
No etiquetado das hixienicas tamén debe constar a eficacia de filtración bacteriana (EFB)
igual ou superior ao 95% para as non reutilizables e do 90% para as reutilizables. A respirabilidade
inferior a 60% Pa/CM2.
Máis información no seguinte enlace:
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/
030520_GUIA_COMPRA_MASCARILLAS.pdf
Páxina 22
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/030520_GUIA_COMPRA_MASCARILLAS.pdfhttps://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/030520_GUIA_COMPRA_MASCARILLAS.pdfhttps://www.youtube.com/watch?v=O5AQ6P0Z_Tc
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
2.7. Información e distribución do Plan entre a comunidade educativa
O plan difundirase a través da web do centro. Para dar a coñecelo, enviarase ás familias o
link mediante o sistema habitual de mensaxería do colexio: Abalarmóbil. Tamén, trasladarase á
ANPA para que o difunda a través das súas canles habituais
- Deixamos a porta aberta a modificacións na primeira versión, xa que as achegas que recibamos
por parte da comunidade educativa poder dar lugar a melloras no documento.
3. MEDIDAS DE LIMPEZA E VENTILACIÓN
3.1. Asignación de tarefas ao persoal de limpeza e consexe
- Pola mañá: (ver anexo 10)
- Conserxe: Ventilación das aulas antes da chegada do alumnado.
- Persoal de limpeza durante a xornada escolar (2 horas e media): Limpeza/desinfección
dos baños 2 veces ao longo da xornada lectiva e limpeza dos pomos e pasamáns cando
sexa necesario.
- De ser posible a aulas terán as portas e fiestras abertas toda a xornada lectiva. Se non é
posible e hai que abrir para ventilar das aulas esta correrá a cargo do profesorado,
levando un rexistro das ventilacións realizadas.
- Pola tarde:
- Persoal de limpeza de tarde: Limpeza, ventilación e desinfección de todas as aulas, baños
e zonas de uso común, así coma dos despachos.
3.2. Distribución horaria do persoal de limpeza e porteiro - vixiante
- Porteiro – vixiante: de 8 a 15 horas
- Persoal de limpeza de mañá:
-de 7 a 9: limpeza pranta baixa
-de 10:30 a 13:00: reforzo Covid
- Persoal de limpeza de tarde:
-de 16:30 a 21:00: limpeza pranta 1º e 2º
3.3. Material e proteccións para a realización das tarefas de limpeza
Todo o persoal de limpeza pertence a unha empresa privada contratada polo Concello,
polo que terá que contar co seu propio protocolo, dende o centro vixiarase que empreguen os
elementos de protección aconsellados para levar a cabo este labor, como son as luvas e a
máscara. Empregaranse distintivos móbiles para indicar a presenza de persoal de limpeza na
Páxina 23
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
dependencia que estea a ser desinfectada, debendo esperar a que estea o labor feito antes de
ser posible o seu novo uso.
3.4. Cadro de control de limpeza dos aseos
En cada baño existirá un modelo semanal de control de limpeza, no que se anotarán ás
horas ás que se realizaron os labores e a persoa encargada de levalos a cabo. (ANEXO 10-CADRO CONTROLLIMPEZA DE ASEOS)
3.5. Determinación dos espazos para a xestión de residuos
En todos os espazos do centro haberá unha papeleira específica e diferenciada (con tapa
e pedal), para desbotar todos aqueles elementos de hixiene persoal (panos desbotables, luvas,
máscaras).
O resto de papeleiras terán o uso habitual para separar o lixo: papel, envases de plástico e
lixo xeral (labras de lapis, plásticos que non sexan de reciclaxe...)
A xestión dos residuos das papeleiras específicas será tratado dun xeito distinto,
empregando unha bolsa de diferente color, evitando a súa mestura co lixo xeral para evitar riscos
ao persoal de limpeza.
4. MATERIAL DE PROTECCIÓN
4.1. Rexistro e inventario do material do que dispón o centro
A Dirección do Centro será a responsable de inventariar todo o material de protección que
dispón o centro. Para iso, crearase un apartado específico dentro do gastos xerais do centro
denominado “material covid-19”
4.2. Material de protección
O Centro xa realizou, ao final de xuño, unha primeira compra de material para poder iniciar
o curso coa maior normalidade, esta compra consta de:
- Papeleiras con tapa e pedal para todas as aulas e tamén para a aula de illamento.
- Dispensadores de gel hidroalcohólico para todas as aulas (deberán ser reenchidos polo
personal de limpeza así como os panos desbotables que xa existen en todas as aulas)
- Garrafas de gel hidroalcohólico para repoñer.
- Máscaras cirúrxicas.
- Máscaras FFP2.
Páxina 24
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
- Esterilizador UV, 59S UV LED
- Spray con alcohol isopropílico para desinfección de teclados, ratos e outro material
electrónico, só para uso do profesorado.
- Limpador desinfectante de superficies, só para uso do profesorado.
- Termómetros sen contacto.
- Alfombra desinfectante de pés para as entradas principal e comedor.
Á espera da dotación inicial por parte da consellería, o centro ten garantida a existencia
de material suficiente para as posibles continxencias que poidan xurdir.
Con relación ás máscaras haberá unha dotación delas en cada andar, onde están
colocados os botiquíns.
O aprovisionamento de máscaras para o profesorado e resto de persoal non docente será
individual, pois actualmente é un elemento de uso obrigatorio para saír da casa, se ben poderá
facerse uso das existentes no centro en caso necesario.
Outro material de protección, pero cun emprego máis específico e limitado, serán as luvas
de vitrilo, que estarán situadas nos botiquíns existentes no colexio.
5. XESTIÓN DOS GROMOS
5.1. Medidas
No contexto deste protocolo, defínese gromo como a aparición súbita dunha enfermidade
epidémica entre a poboación nun determinado lugar, sendo sinónimo de abrocho ou brote.
Non asistirán ao centro aqueles estudantes, docentes e outros profesionais que teñan
síntomas compatibles con COVID-19, así como aqueles que se atopen en illamento por
diagnóstico de COVID-19, ou en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con
algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19. Tampouco acudirán aos centros as
persoas en espera de resultado de PCR por sospeita clínica.
Diante dun suposto no que unha persoa ou alumno/a da que se sospeita que comeza a
desenvolver síntomas compatibles con COVID-19 no centro educativo as medidas de prevención
e control levaranse a cabo por parte do SERGAS en base ao documento técnico elaborado pola
Ponencia de Alertas y Planes de Preparación y Respuesta. En virtude das mesmas:
• Levarase a un espazo separado de uso individual, colocaráselle unha máscara cirúrxica
(tanto ao que iniciou síntomas como á persoa que quede ao seu coidado, e contactarase
coa familia, no caso de afectar a alumnado. A persoa ou o seu titor deberán chamar ao seu
Páxina 25
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
centro de saúde de Atención Primaria para solicitar consulta, ou ao teléfono de referencia
do SERGAS e seguiranse as súas instrucións.
• En caso de presentar síntomas de gravidade ou dificultade respiratoria chamarase ao 061.
O/A traballador/a abandonara o seu centro de traballo protexido por unha máscara
cirúrxica e pedirá cita telefónica co seu MAP. De confirmarse o caso, o equipo Covid do
centro educativo comunicará os datos do positivo ao centro de saúde de referencia e
incluirá á rede de contactos a través da aplicación “EduCovid” para a identificación por
parte da Autoridade Sanitaria.
No suposto da aparición dun caso, ou dunha sospeita, de coronavirus nun centro
educativo tanto sexa do alumnado, profesorado ou persoal do centro, a persoa coordinadora do
equipo formado na COVID-19 incluirá na aplicación informática a información prevista do eventual
afectado/a; os que teñan a consideración de contactos estreitos, os dos compañeiros/as
afectados/as e do seu profesorado, así como de quen poida ser unha persoa próxima que estea
vencellada ao centro educativo. A aplicación xerará unha alerta no Central de Seguimento de
Contactos (CSC) quen se encargará da vixilancia evolutiva das persoas identificadas como
contactos.
A familia dun neno ou nena con sospeita de contaxio, deberá solicitar unha consulta
telefónica co seu pediatra para que este avalíe a necesidade de solicitude dunha proba
diagnóstica.
Tras a aparición dun caso confirmado da Covid 19 seguíranse as instrucións da Autoridade
Sanitaria.
5.2. Escenarios no suposto dos gromos
A autoridade sanitaria, en función do número de contaxios, poderá ordenar a corentena
dun grupo determinado de contactos estreitos do centro escolar, o peche dunha ou varias aulas,
dun nivel educativo ou do centro educativo na súa totalidade de conformidade co previsto na
”Guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos”, e co
“Protocolo de actuación da Consellería de Sanidade en materia de Saúde Pública en relación con
illamentos e corentenas para a prevención e control da infección por SARS-Co-V-2” publicada por
Orde da Consellería de Sanidade no D.O.G. do 20 de agosto de 2020, cos seguintes supostos:
• Tendo en conta que segundo o criterio epidemiolóxico considerase contacto estreito a
calquera alumno, ou profesional do centro educativo, profesor ou outro traballador que
compartise espazo co caso confirmado a unha distancia
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
• As persoas que teñan a consideración de contactos estreitos da persoa cun diagnóstico
confirmado (cunha obriga de illamento durante 10 días) deberán entran en corentena,
estando corentenados nos seus domicilios e suspenderán mentres dure este a ensinanza
presencial polo un período de 14 días. O restante alumnado da aula que non teña a
consideración de contacto estreito poderá continuar coa asistencia presencial á aula. Aos
contactos estreitos realizaráselle unha proba de COVID nun prazo non superior a 48 horas
para identificar ás persoas que teñan unha posible infección por COVID-19.
• En función da intensidade e virulencia do gromo, así como do número de persoas e niveis
educativos afectados a Autoridade Sanitaria poderá acordar a medida de corentena da
totalidade das persoas que conforman unha aula, das que conforman un nivel educativo
completo onde teña xurdido o gromo ou, de ser o caso, da totalidade das persoas que
integran un centro educativo. A medida será proposta pola Autoridade Sanitaria dentro do
Grupo de Coordinación e Seguimento da Pandemia, previsto no punto 10.1 deste
protocolo.
A aparición dun contaxio sospeitoso con posterior confirmación é un suposto de
declaración obrigatoria que implicará por parte da autoridade sanitaria a obriga de entrada en
illamento de polo menos 10 días no caso da persoa enferma, e de entrada en corentena de 14
días a todas as persoas que teñan a consideración de contacto estreito de conformidade coas
indicacións das autoridades sanitarias.
A suspensión da actividade lectiva presencial suporá a aplicación das normas previstas no
presente protocolo relativas ao ensino a distancia.
Finalizado o período de illamento das persoas que conforman unha aula, nivel
educativo ou centro realizarase un proceso de retorno a actividade educativa ordinaria
presencial. O Grupo de Coordinación e Seguimento da Pandemia determinará o momento
a partir do cal se iniciará o retorno e as medidas específicas que sexa preciso adoptar e o
comunicará ao centro.
5.3. Responsable/s das COMUNICACIÓNS das incidencias á autoridade sanitaria e educativa.
A responsable de realizar as comunicacións será a directora do centro, e na súa ausencia a
xefa de estudos.
Páxina 27
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
6. XESTIÓN DAS PETICIÓNS DE SUPOSTOS DE VULNERABILIDADE
6.1. Procedemento de solicitudes
Atendendo ao apartado 9 do protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos
centros de ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021 a persoa solicitante do
suposto de vulnerabilidade entregará á persoa que exerza a dirección do centro o anexo 3
debidamente cuberto xunto coa documentación que deba achegar. Esta documentación poderá
entregarse de xeito presencial ou enviándoa ao correo do colexio : [email protected]
Unha vez revisada e rexistrada, esta documentación será enviada vía mail á Xefatura
Territorial de Pontevedra, en espera da resolución da mesma.
Se procede, tramitarase a solicitude de persoal substituto na aplicación persoalcentros
reflectindo no apartado observacións a casuística.
7. MEDIDAS DE CARÁCTER ORGANIZATIVO
7.1. Horarios entradas.
- Porta principal:
• Ás 9:00: 5° e 6° (entran directamente nas aulas onde estará xa o profesorado)
• Ás 9:10: Infantil (entran directamente nas aulas onde estará o profesorado)
- Non fai falla limpeza xa que van por circuítos distintos.
- As portas abriranse para primaria e volverán pecharse ata as 9:10, só se permitirá a
entrada se de 5° e 6° retrasados, para evitar que os de infantil estean arriba esperando a
entrar. A partir de abrir a porta para infantil ás 9:10, primaria non pode pasar.
- Non se collerán nenos de infantil antes de tempo, aínda que teñan irmáns maiores, iste
ano é excepcional.
- Porta comedor:
• Ás 9:00: 3°e 4°. Soben polas escaleiras metálicas do patio (van directamente ás aulas onde
estará xa o profesorado)
• Ás 9:10: 1°e 2°. Soben polas escaleiras interiores do centro (van directamente ás aulas onde
estará xa o profesorado)
-Ao non compartir circuíto non é preciso a limpeza de pasamáns. Debe coidarse que o
alumnado non saia da súa zona.
-As portas abriranse para 3° e 4° de primaria e volverán pecharse ata as 9:10, só se
permitirá a entrada destes cursos retrasados, para evitar que os de 1° e 2° estean xunto a
Páxina 28
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
porta esperando a entrar. A partir de abrir a porta para 1° e 2°ás 9:10, os anteriores non
poden pasar.
-Non entrarán nenos de 1° e 2° antes de tempo, aínda que teñan irmáns maiores, este ano
é excepcional.
O alumnado que chegue tarde debe esperar a rematar todo o proceso de entrada e
facelo pola porta principal, se este feito obriga a pasar por zonas que non le corresponden ao
seu grupo debe ir SEMPRE ACOMPAÑADO DUN ADULTO DO CENTRO, atendendo á realización de
desinfección de pasamáns no caso de que sexa necesaria (alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º). Esto
mesmo se aplica ao alumnado que se incorpore ao centro ao longo da mañá.
Durante o mes de setembro os nenos /as de educación infantil terán un período e
adaptación, durante ese tempo o horario de entrada será de 10:30 a 10:40, distribuídas así.
• 10:30 – 5 anos
• 10:35 – 4 anos
• 10:40 – 3 anos
Páxina 29
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
7.2. Horarios saídas
- Porta principal:
• Ás 13:50: sairá infantil por grupos e separados por clases, procurando non xuntarse, no caso
de que se retrasen en recollelos ou algún vai con irmáns terán que permanecer na aula co
profesorado e esperar á saída completa de 5° e 6°.
• Ás 14:00: sairá 5° e 6°, por aulas sen xuntarse. Se teñen irmáns de infantil que recoller terán
que esperar ao final.
Páxina 30
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
- Porta comedor:
• Ás 13:50: sairá 1° e 2° por grupos e separados por clases baixando polas escaleiras
interiores do centro, procurando non xuntarse, no caso de que se retrasen en recollelos ou
algún vai con irmáns (estes o recollerán sempre por fóra) terán que esperar retirados ata
que salga o outro grupo.
• Ás 14:00: sairá 3° e 4°, por grupos e separados por clases baixando polas escaleiras
metálicas do patio, procurando non xuntarse, no caso de que se retrasen en recollelos ou
algún vai con irmáns (estes o recollerán sempre por fóra) terán que esperar retirados ata
que salga o outro grupo.
Durante o período de adaptación os horarios e educación infantil serán:
• 13:00 – 3 anos
• 13:05 – 4 anos
• 13:10 – 5 anos
Páxina 31
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
7.3.Horarios recreos
- 1° bloque - zona verde:
• 1° primaria: de 10:50 a 11:10
• 2° primaria: de 10:55 a 11:15
-No patio non se poden xuntar, cada curso terá a súa zona.
- 2° bloque – zona azul:
• 5° primaria: de 11:25 a 11:45
• 6° primaria: de 11:30 a 11:50
-No patio non se poden xuntar, cada curso terá a súa zona.
- 3° bloque – zona amarela:
• 3° primaria: de 12:00 a 12:20
• 4° primaria: de 12:05 a 12:25
-No patio non se poden xuntar, cada curso terá a súa zona.
-Cando suba 4° hai que limpar pasamáns
Páxina 32
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
Hai que respectar o horario escrupulosamente, do contrario algún curso quedaría sen parte
do seu tempo, xa que ata que non suba o último curso de cada bloque non poden saír só
seguinte.
Non se pode ir ao baño durante o recreo.
As alguén ten que quedar na aula durante o recreo ten que ser todo o tempo do mesmo e
acompañado do profesorado.
1º primaria10:50 a 11:10
2º primaria10:55 a 11:15
5º primaria11:25 a 11:45
6º primaria11:30 a 11:50
3º primaria12:00 a 12:20
4º primaria12:05 a 12:25
Infantil – zona vermella:
• 3 anos: de 10:15 a 11:15
• 4 anos: de 11:15 a 12:15
• 5 anos: de 12:15 a 13:15
Os grupos non se poden xuntar, entrarán e sairán polas súas respectivas portas de acceso
ao patio, as mesmas que terán que usar para ir ao baño durante o recreo. (non poden ir aos
baños da planta balxa, corresponden ao alumnado da zona azul)
3 anos10:15 a 11:15
4 anos11:15 a 12:15
5 anos12:15 a 13:15
Páxina 33
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
7.4. Profesorado de vixiancia
Para realizar as vixilancias tanto das portas de entrada e saída coma dos recreos, o
profesorado soamente realizará gardas no nivel ou zona na que imparte docencia.
• Infantil:
- Porta de entrada: mestra de apoio (ás 9:10)
- Porta de saída: titoras (ás 13:50)
- Recreos: mestra de apoio
• Primaria:
- Porta de entrada principal: garda 1 (profesorado zona azul) (ás 9:00)
- Porta de entrada comedor:
▪ garda 2 (profesorado zona amarela) (ás 9:00)
▪ garda 3 (profesorado zona verde) (ás 9:10)
- Portas de saída: profesorado da última sesión.
- Recreos: cada grupo terá un mestre de garda que ten que ser necesariamente da súa
zona.
7.5. Horarios Educación física
As clases de Educación Física deberan ser impartidas nas pistas exteriores, xa que a pista
do frontón cuberto é empregada por persoas allea ao centro polo que non se pode garantir a
seguridade. Nos cursos e 1º , 2º 3º e 4º será impartida polas titoras co asesoramento da mestra
especialista para minimizar contactos nos grupos de convivencia. No caso de 5º e 6º será
impartida pola mestra especialista xa que non forman grupos de convivencia. Xúntanse as dúas
sesións para minimizar desprazamentos polo centro. Todo o alumnado debe empregar o mesmo
itinerario que para as entradas e os recreos.
A distribución horaria é a seguinte:
HORARIO EDUCACIÓN FÍSICA
SESIÓNS HORAS LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRESEntrada 9:00 a 9:10
1ª 9:10* a 10:00
2ª 10:00 a 10:50*ED. FÍSICA 5º ED. FÍSICA 2º ED. FÍSICA 1º
3º 10:50 a 12:25 QUENDAS DE RECREO
4ª 12:25* a 13:10
5ª 13:10 a 13:50*ED. FÍSICA 3º ED. FÍSICA 4º ED. FÍSICA 6º
Saída 13:50 a 14:00
Páxina 34
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
Para impedir que o alumnado se xunte os horarios axustaranse do seguinte xeito:
• de 9:15 a 10:45
• de 12:30 a 13:45
7.6. Circulación polo centro
O alumnado só poderá circular polo centro nas zonas que correspondan coa súa cor, no
caso da entrada e saída e do desprazamento ao recreo, deberá facelo polo itinerario que lle é
asignado, sempre en orde e gardando a distancia de seguridade, sen interactuar con outros
nenos/as do centro. Haberá que reforzar a vixilancia, xa que ao pasar para as pistas no patio
pequeno pode estar o alumnado de infantil, para o que se vai colocar no chan unha flechas que
marquen os itinerarios indicándolle ao alumnado por onde ten que transitar.
7.7. Cartelería e sinaléctica
Colocarase cartelería informativa nos accesos ao centro, nas aulas e nos corredores. A
información será a xeral relacionada coa Covid e coas medidas de seguridade básicas. Ademais
da cartelería “oficial” enviada pola Consellería, colocaranse carteis de elaboración propia, coa
mascota da biblioteca, Pinzas, para que resulten máis motivadores, sobre todo para os máis
pequenos (anexo 5)
Nos corredores estarán marcados con frechas indicativas do sentido da marcha, a seguir
para a entrada e saída así coma a distancia de seguridade.
Sinalización bos baños, ver apartado 10.5
7.8. Organización das merendas dentro da aula
Para minimizar a distancia entre o alumnado que estará sen máscara durante a merenda,
tense establecido quendas dentro da aula, de maneira que empreguen o tempo de lectura e de
merenda alternativamente.
- A merenda será silenciosa, posto que será o tempo para ler, nutrirnos e relaxarnos.
- Non se poden levantar máis dunha persoa á vez para botar o lixo.
Quendas:
Páxina 35
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
INFANTIL 4 ANOS
1,10 cm 1,10 cm
1,20 cm
1,20
cm
INFANTIL 4 ANOS
1º quenda 2º quenda
INFANTIL 5 ANOS
1,20 cm
1,10 cm
1,15
cm
1,05 c
m
INFANTIL 5 ANOS
1º quenda 2º quenda
GAPáxina 36
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
1º PRIMARIA
1º quenda 2º quenda
TEMPO: 20 MINUTOS (10 MINUTOS CADA QUENDA)
2º PRIMARIA
1º quenda 2º quenda
TEMPO: 20 MINUTOS (10 MINUTOS CADA QUENDA)
3º PRIMARIA
3º quenda1º quenda 2º quenda
TEMPO: 30 MINUTOS (10 MINUTOS CADA QUENDA)
Páxina 37
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
4º PRIMARIA
TEMPO: 30 MINUTOS (10 MINUTOS CADA QUENDA)
3º quenda1º quenda 2º quenda
5º PRIMARIA
TEMPO: 30 MINUTOS (10 MINUTOS CADA QUENDA)
3º quenda1º quenda 2º quenda
Páxina 38
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
8. MEDIDAS EN RELACIÓN COAS FAMILIAS E ANPA
8.1. Actividades previas ao comezo da xornada.
Á atención do alumnado dende as 8:00 ata as 9:00, organizado pola ANPA do centro, non
se poderá levar a cabo, por imposibilidade de cumprir coas medidas esixidas polo protocolo, a
causa da falta de espazo específico para facelo, o que levaría a non poder empregar unha aula na
primeira sesión de clase. Ademais habería que xuntar alumnado de distintas aula de convivencia
nun espazo moi reducido, nin as medidas de seguridade adecuadas.
8.2. Actividades extraescolares.
Á actividades extraescolares dentro do centro, organizado pola ANPA do centro, non se
poderá levar a cabo, por imposibilidade de cumprir coas medidas esixidas polo protocolo, a
causa da falta de espazo específico para facelo. Ademais habería que xuntar alumnado de
distintas aula de convivencia nun espazo moi reducido, nin as medidas de seguridade adecuadas.
A ANPA está a espera de ter información sobre a que se realiza fóra do centro que é a de piscina.
8.3. Determinacións para as xuntanzas da ANPA e o Consello Escolar
As reunións do Consello Escolar terán dúas modalidades dependendo da situación
epidemiolóxica no momento das mesmas. Deste xeito propoñemos:
• Reunións telemáticas na plataforma oficial que oferte a consellería
• Presenciais, sempre e cando a evolución da Covid o permita. Neste caso, e dado que o
Consello Escolar está formado por 13 persoas, as reunións levaríanse a cabo no Salón da
Residencia, sempre que se poida garantir a súa desinfección.
- Para as xuntanzas da ANPA, facemos dúas distincións:
• Reunións da directiva: ao ser un número reducido de persoas, poderán facela de xeito
presencial se a situación epidemiolóxica o permite, empregando un espazo do colexio o
suficientemente amplo que garanta a distancia social. Farase unha solicitude previa para asignar
espazo e facer as tarefas de desinfección e ventilación pertinentes.
• Reunións xerais da ANPA: estas reunións realizaranse de xeito telemático.
8.4. Previsión de realización de titorías e comunicacións coas familias
As titorías levaranse a cabo os martes de 16h a 17h, como de costume, e con cita previa
empregando as seguintes canles: abalarmóbil, axenda do alumnado, chamada telefónica
Serán preferentemente telemáticas e, no caso de ser presenciais, terán lugar na aula da
titoría do alumno e coas seguintes medidas:
Páxina 39
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
- Emprego de máscara.
- Hixiene de mans ao acceder á aula.
- Colocación de mesas como separación para garantir a distancia.
- No caso de ser preciso a revisión dunha proba escrita, solicitarse previamente para
ter unha copia e evitar a manipulación conxunta de documentos.
As reunións de inicio de curso irán detalladas no plan de acollida, e faranse de xeito
presencial telemático, xa que o centro non dispón de ningún espazo grande onde se poidan
realizar gardando as distancias adecuadas.
8.5. Normas para a realización de eventos
Durante este curso e mentres a situación epidemiolóxica así o determine, non se realizarán
festas nin eventos. Tampouco saídas e visitas escolares.
9. MEDIDAS DE USO DO COMEDOR
9.1. Quendas, lugares ocupados polos comensais e priorización do alumnado
O número de quendas dependerá do número de persoas de atención aos comensais. No
caso de contar con catro monitoras coma o curso pasado, só se poderán realizar dúas quendas.
O número de comensais dependerá das solicitudes por grupos estables. Xa que non podemos
respectar a distancia recomendada do Protocolo da Consellería, haberá que poñer unha mampara
en medio de cada mesa, e tamén separando os distintos grupos estables, deste xeito o comedor
contaría con 19 comensais de maneira simultánea, como máximo
No caso de contar con máis persoal de atención, tamén podería flexibilizarse parte da
última sesión da mañá para establecer unha terceira quenda.
As quendas quedarían do seguinte xeito:
- 1º quenda: de 14:00 a 14:30
- Desinfección e ventilación: de 14:30 a 14:45
- 2º quenda: de 14:45 a 15:15
Páxina 40
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
As normas xerais deste curso son:
- O alumnado ten que ter un posto fixo, non podendo cambiar.
- Deberá permanecer todo o tempo no comedor ata que remate a súa quenda ata que
rematara de comer.
- Se no se remata de comer en media hora non se poderá permanecer máis tempo, xa que
se impediría a entrada da seguinte quenda.
Páxina 41
Turno 1
1º4º4º 1º
1º
4A
4A 4A
A4
4A
4A 4A
4A
1º4º4º
1º
1º
4º
4º
4º
3A
3A 3A
3A
4º4º
1º
1º
1º
MAMPARAS COLGANTES MAMPARAS INDIVIDUAIS
Turno 2
6º3º3º 6º
6º
2º
2º 2º
2º
2º
2º 2º
2º
6º3º3º
6º
6º
5º
5º
5º
5A
5A 5A
5A
3º3º
5º
5º
5º
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
- Non se pode cambiar de quenda xa que é por grupos estables de convivencia (aínda que
teñan irmáns)
- As familias poderán recoller aos nenos/as ao rematar cada quenda.
- As monitoras serán fixas para cada quenda, tanto no comedor como no patio, antes e
despois de comer.
- No patio cada curso terá unha zona onde terá que permanecer, esta zona estará pintada
no chan e haberá un banco. Non poderán interactuar con outros cursos.
9.2. Persoal de atención aos comensais
Contamos con catro monitoras, o que permite facer só dúas quendas.
10. MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA O USO DOUTROS ESPAZOS
10.1. Aulas especiais
Durante este curso, o espazo que empregaba a especialista de AL non se pode usar xa
que está no salón que será empregado pola residencia, ademais a mestra formará parte do grupo
de convivencia convivencia estable de 1º de primaria. A aula de PT, pode ser usada pola
especialista en casos puntuais, xa que a especialista forma parte do grupo de convivencia
convivencia estable de 2º de primaria. Esta mesmo espazo pode ser empregado pola especialista
de AL nun momento puntual, despois de realizar a desinfección do espazo.
10.2. Educación Física (pistas)
Ver apartado 7.5.
10.3. Cambio de aula
Este curso non se realizarán cambios de aula.
10.4. Biblioteca
Este curso non se empregará a biblioteca, polo momento.
Páxina 42
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
10.5. Aseos
Instaláronse nos baños uns sensores que detectan a presenza no interior, de xeito que uns
pilotos sobre os portas indican cando se pode acceder ao interior, segundo estea baleiro ou ocupado.
No caso de estar ocupado deberán esperar na bandas horizontais que marcarán o punto de espera.
Dentro dos baños haberá cartelería recordando o lavado de mans e a técnica correcta
dese procedemento. (ver anexo 5)
11. MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA RECREO
11.1. Horario e espazos
Para primaria empréganse as dúas pistas grandes do patio, unha para cada grupo que
poderán interactuar entre eles, pero non co outro grupo, cada un cun mestre de garda. As filas
para a subida realizarase tamén na pista correspondente. Estas filas deben realizarse na hora que
lle corresponda a cada curso, habendo un tempo e cinco minutos entre cada grupo que
constitúe unha zona do centro, que son os que comparten recreo. As distinta zonas do centro
non comparten recreo, habendo dez minutos entre un bloque e outro. Non se poderán levar ao
recreo ningún tipo de xoguete, cordas, gomas, etc. Tampouco balóns nin pelotas. Polo momento
queda suspendido os xogo de fútbol que se viña realizando os martes e xoves.
Para infantil emprégase o patio pequeno, un curso de cada vez, tendo a súa disposición
unha hora libre de patio para poder realizar outras actividades (psicomotricidade, etc). Non se
poderán levar ao recreo ningún tipo de xoguete, cordas, gomas, etc. A zoa de xogos infantís
(casiñas, tobogán, etc) permanecerá clausurada, polo momento.
Para horarios e gardas ver apartado 7.3 e 7.4.
12. MEDIDAS ESPECIFICAS PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTI
12.1. Metodoloxía
As tres aulas de educación infantil comparten a zona vermella do centro, forman grupos de
convivencia estable, como aparece reflectido no apartado 1.6.1 deste protocolo.
As titoras permanecerán co alumnado 4 sesións diarias na aula, será difícil poder merendar
no patio debido ao uso polas distintas quendas de recreo, xa que non poden compartir ese
espazo en ningún momento. A 5º sesión será no exterior coa mestra de apoio, que incluirá recreo
e psicomotricidade, música, etc, axustándose ao horario establecido de recreo (ver apartado 7.3),
non coincidindo nunca máis dun grupo á vez. Polo momento o alumnado non recibirá as sesións
de inglés presenciais para que non haxa intercambio de profesorado, podéndose encargar as
titoras co asesoramento da especialista.
Páxina 43
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
12.2. Actividades e merenda
• Asemblea: En vez de facela todo o alumnado sentado, realizarase cos nenos/as sentados no
seu lugar nas mesas, excepto o equipo encargado esa semana de levar a cabo as rutinas iniciais,
que ocupará a zona separada pero ben visible a todo o grupo. Dentro desas rutinas habituais
incluirase a lembranza de normas de hixiene e a concienciación do alumnado coa pandemia,
actividades que se realizarán presentadas como algo lúdico, así como a hixiene correcta de
mans. Neste sentido, e dado que este alumnado xa conta con autonomía na súa hixiene os
dispensadores de xel están situados na parede, coma no resto das aulas, o que obrigará a estar
especialmente atento cando o empreguen.
• Colocación do alumnado / agrupamentos: A meas se colocarán intentando a máxima
separación entre o alumnado, polo que non haberá equipo (ver plano apartado 2,2). Estes
postos deben ser estables, non habendo cambio entre eles. Tamén hai que ter en conta para a
súa colocación a elección entre relixión e alternativa, xa que, por fala de espazo no centro e a
imposibilidade de transitar por outras zonas, deben compartir espazo.
• Recunchos: Os postos creados para a colocación na aula serán os mesmos para o xogo en
recunchos. Ademais, dado a ocupación das mesas na aula, estas tarefas deberán realizarse
sobre as mesmas pola falta de espazo, salvo algunha excepción. O material dos recunchos
reducirase ao imprescindible e eliminaranse aqueles obxectos susceptibles de levar á boca.
Antes de xogar nun recunchos realizarase unha limpeza de mans e unha vez finalizados
repetirase esta acción. É importante o traballo de concienciación para que non leven obxectos
e mans á boca. Estes recunchos poderán empregarse varias veces na mañá, pero deberán
desinfectarse as pezas empregando un produto virucida e realizar unha ventilación correcta da
aula. Otra posibilidade e organizar os recunchos cada 2 días facendo pasar aos xogos unha
cuarentena de 48 horas e levando un rexistro escrito.
• Uso de baños:Os tres grupos de infantil teñen aseos compartidos, unicamente con dous sanitarios,
polo que haberá que evitar que coincidan simultaneamente alumnos de clases distintas, debido á
idade neste alumado pode resultar moi difícil, pero poderá axudar establecer unhas franxas horarias
para cada clase, e un semáforo na porta da aula. Motivo polo que estes baños requiren unha limpeza
máis frecuente por parte do servizo de limpeza., a poder ser, máis de tres veces.
• Uso de máscara. Aínda que a normativa sobre o seu uso, non obriga ao alumado desta idade,
pero recomenda a ser posible o seu uso, debería empragarse en espazos comúns e recreos xa
que resulta beneficioso, tanto a nivel de protección como para xerar un hábito moi
Páxina 44
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
recomendable entre a poboación. Sempre consensuado coas familias, que serán, xunto coa
escola os encargados de traballar os hábitos correctos para colocalas e quitalas, así como a
maneira de gardalas na funda.
• Material: O material necesario mercarase en conxunto, coma todos os anos, pero dentro da aula
farase unha distribición entre o alumnado, de xeito que cada un teña unha caixa co seu meu
nome para gardar o seu material, debidamente marcado. Ademais, cada alumno/a deberá traer na
súa mochila unha funda para a máscara, e unha botella de auga, todo debidamente marcado.
(este curso non haberá nin vasos nin toallas). Non se empregará mandilón, para non deixar nos
colgadores prendas dun día para outro, xa que poden representar un foco de infección.
• Material común: colocarase en gabetas exclusivas para cada grupo. Antes do emprego de
material común procederase á limpeza de mans e posteriormente aplicarase o produto virucida.
• Metodoloxía por proxectos: como metodoloxía de traballos poderá manterse o traballo por
proxectos, pero simplificando o material que traían a unha mera exposición que non poderán
manipular salvo que se xestione coma os recantos anteriormente definidos, respectando a
cuarentena de 48 horas para o material, excepto o que sexa de papel que terá 24 horas de
cuarentena.
• Educación para a saúde: a maiores do xa estipulado para traballar na asamblea coma unha
rutina máis, unha sesión semanal adicarase a traballar aspectos de educación para a saúde
relacionados coa situación actual.
• Medidas xerais na aula: non colocar carteis, non empregar toallas, cada cadeira e mesa terán
nome e/ou foto do neno ou nena que se sente nela. É recomendable manter as portas abertas
tanto co corredor coma do patio para favorecer a circulación de aire.
• Cambio de roupa do alumnado de Educación Infantil. Cando haxa que chamar ás familias para
que acudan a cambiar a roupa aos nenos/as porque se mollaron por diversas causas, é preciso
marcar unhas pautas. No Centro non poden entrar persoas alleas á comunidade educativa polo
que o alumno terá que irse para casa e despois de cambialo pode voltar ao cole. Non temos un
baño específico para que os poidades cambiar . Hai que evitar, na medida do posible, riscos
de contaxio. O profesorado libre ou a conserxe será quen acuda á aula avisar de que veñen a
buscar ao neno e encargarase do seu desprazamento
• Merenda: Realizarase na propia mesa, incidindo en que non se debe compartir. Empregarán
dúas servilletas de papel, unha delas servirá de mantel.
Páxina 45
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
Actividades e xogos no recreo: O alumnado debe repartirse polo espazo saíndo
escalonadamente cada grupo e nunca coincidindo no recreo distintas aulas. A zona de xogos
infantís estará clausurada polo momento.
13. MEDIDAS ESPECIFICAS PARA ALUMNADO DE NEE
A atención ao alumnado con necesidades educativas especiais farase dentro das aulas
polo profesorado que forma parte do grupo de convivencia, xa que non se poderá manter a
debida distancia de seguridade ademais do uso das máscaras optarase por outras fórmulas que
garantan a protección individual como pode ser o uso de pantallas/viseiras.
O departamento de orientación colaborará co equipo Covid na identificación das
necesidades de protección e hixiene que este alumnado precisa para a súa atención.
14. PREVISIÓNS ESPECÍFICAS PARA O PROFESORADO
14.1. Medidas
-Reunións: Para aquelas que impliquen a participación de todo o profesorado empregarase o salón de
actos da residencia, despois de ter realizada a súa desinfección. As reunións dos diferentes equipos
docentes terán lugar nas aulas, coas medidas de seguridade reflectidas neste plan.
-Sala de mestres: Polo reducido tamaño, a sala de mestres non se poderá empregar como tal no
período de recreo. No resto da xornada deberá adecuarse as seguintes normas de aforo: unha
persoa no ordenador, despois do seu uso deberá ser desinfectado con alcohol isopropílico, e
dúas na mesa debidamente separadas para gardar as medidas de seguridade. Prestarase especial
atención á ventilación da sala. Na sala haberá dispensador de xel e panos desbotables. Non se
recomenda o uso da cafetera
14.2. Órganos colexiados
O centro incluirá previsións para acomodar ás situacións máis seguras a reunión dos órganos
colexiados do centro mediante o uso, de ser o caso, de ferramentas de comunicación a distancia.
Reunións dos órganos colexiados:
• Claustro: antes do comenzo das clases, levaranse a cabo no salón da residencia, nas
condicións expostas no punto anterior. A partir dese momento empregarase a comunicación
telemática usando a plataforma ofertada pola Xunta.
• Consello escolar: Preferentemente, empregarase a comunicación telemática usando a
plataforma ofertada pola Xunta.
Páxina 46
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
15. MEDIDAS DE CARÁCTER FORMATIVO E PEDAGÓXICO
15.1. Formación en educación en saúde
Ao longo de todo o curso e de xeito transversal terá un carácter prioritario a prevención e
hixiene fronte á Covid-19. Con respecto a este punto, cumpriranse coas premisas descritas no
protocolo das Consellerías de Educación e Sanidade.
15.2. Difusión das medidas de prevención e protección
Empregaranse todas as canles de comunicación reflectidas neste protocolo para a difusión
de toda a información de relevancia con respecto a este tema, en especial ás enviadas polas
Consellerías de Educación e Sanidade.
15.3. Profesorado coordinador da xestión e dinamización das aulas virtuais
Todo o profesorado do centro ter unha formación básica que lle permite empregar as
aulas virtuais, fomentando para elo os cursos de formación que oferta a Xunta.
O coordinador do equipo Tics será o responsable do traballo de mantemento da aula virtual
(xestión da administración, páxina de inicio, creación de cursos e subida de información básica), que, a
día de hoxe, xa está preparada para o comezo de curso cos cursos do 2020/2021 creados. O resto de
funcións (comunicación coa UAC, coa responsable Abalar de zona, divulgar accións de formación...)
tamén forman parte das tarefas do equipo Tics, e do Equipo Directivo do centro.
Ao principio de curso se lle asignará unha clase a todo o alumnado para poder acceder a dita
aula onde se irán engadindo contidos, de maneira que , se fose preciso facer corentena nalgún
momento, poidan seguir as clases por este media.
15.4. Previsións derivadas do documento “Instrucións de inicio de curso”
O equipo directivo elaborará Instrucións de inicio de curso que será publicado coa maior
brevidade posible para que a comunidade educativa poida organizar o inicio e curso. Este documento
os horarios de entrada e saída do primeiro día, que serán flexibilizados para poder ter unha mellor
organización e facilitar a adquisición de hábitos recollidos neste plan. Levará recollido tamén unha
estimación do período de adaptación para todo o alumnado de infantil. Tamén a flexibilización na
incorporación do alumnado de 1º de primaria, debido as circunstancias do curso pasado.
15.5. Difusión do plan
O “Plan de adaptación á situación COVID-19” é un documento público do centro que
estará a disposición das autoridades sanitarias e educativas e poderá ser consultado por calquera
Páxina 47
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021
membro da comunidade educativa, será obxecto de difusión na páxina web do centro e por
aquelas canles que o centro considere oportunas. Será publicada na web do colexio e enviado
ás familias a través da aplicación abalarmóbil ou correo electrónico, así coma aos membros do
Claustro e Consello Escolar.
Vigo, 30 de setembro de 2020
Páxina 48
CEIP ALTAMAR PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 CURSO 2020-2021