14
PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR 2012 Departamento de Orientación Mónica Diz Besada 01/04/2012

Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Protocolo de actuación ante situaciones de acoso escolar

Citation preview

Page 1: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR

2012

Departamento de Orientación Mónica Diz Besada

01/04/2012

Page 2: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - MÓNICA DIZ BESADA 2012

1

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR:

I. DEFINICIÓN DE ACOSO E INTIMIDACIÓN ENTRE IGUAIS. 1. Definición. 2. Tipos. 3. Indicadores para identificar unha situación de acoso. II. OBXECTIVOS. III. PROTOCOLO DE ACTUACIÓN. 1. Solicitude de intervención. 2. Recollida de información. 3. Análise da información e adopción de medidas urxentes. 4. Plan de intervención:

a. Actuacións co alumnado. b. Profesor responsable da atención á vitima. c. Actuacións coas familias. d. Actuacións co equipo docente.

IV. MEDIDAS PREVENTIVAS. 1. Actividades de información e sensibilización entre o alumnado. 2. Canles de exteriorización das vítimas dunha situación de acoso escolar. 3. Actividades de información e sensibilización ás familias. 4. Actividades de información ao profesorado. V. RECURSOS NECESARIOS PARA LEVAR A CABO O PLAN. VI. TEMPORALIZACIÓN.

VII. AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN.

1. Revisión e análise das medidas aplicadas. 2. Propostas de mellora.

VIII. ESQUEMA – RESUMO DO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN. ANEXOS:

ANEXO I: Ficha de recollida de información. ANEXO II: Informe do plan de intervención. ANEXO III: Ficha de avaliación do Plan de intervención.

Page 3: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - MÓNICA DIZ BESADA 2012

2

I. DEFINICIÓN DE ACOSO E INTIMIDACIÓN ENTRE IGUAIS: 1. DEFINICIÓN:

A lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa define acoso escolar como calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo dun alumno ou alumna por outro ou outra ou outros, xa sexa de carácter verbal, físico ou psicolóxico, incluíndo o illamento ou baleiro social, con independencia do lugar onde se produza. Terán a mesma consideración as condutas realizadas a través de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan causa nunha relación que xurda no ámbito escolar. 2. TIPOS:

Verbal: insultos, motes, ameazas, … .

Social: rexeitos continuos, illamento, baleiro social.

Psicolóxico: humillacións, poñer en ridículo, difundir rumores, … .

Físico: golpes, patadas, empuxóns, cuspir, ... .

Tecnolóxico: gravacións e difusións a través móbil, Internet, insultar, difundir mentiras ou información privada, apropiarse de contrasinais ou contas peronais, … .

3. INDICADORES PARA IDENTIFICAR UNHA SITUACIÓN DE ACOSO:

- Éxiste unha vítima que sofre agresións e non pode defenderse adecuadamente, ou o fai de xeito inapropiado.

- Ocorre repetidamente, de xeito reiterado e durante un tempo prolongado. - O agresor ou agresores establecen unha relación de dominio – sumisión sobre a

vítima. Existe desigualdade de poder entre o agresor e a vítima.

II. OBXECTIVOS:

1º Detectar coa maior rapidez situacións de acoso escolar, intimidación e maltrato entre iguais. 2º Realizar unha intervención inmediata, urxente e coordinada no centro educativo ante unha situación de acoso detectada. 3º Desenvolver unha labor preventiva mediante actividades de sensibilización e información a todos os membros da comunidade educativa.

Page 4: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - MÓNICA DIZ BESADA 2012

3

III. PROTOCOLO DE ACTUACIÓN:

1. SOLICITUDE DE INTERVENCIÓN:

O primeiro nivel de actuación consiste en poñer en coñecemento da situación ao equipo directivo.

A demanda pode proceder de calquera dos membros da comunidade educativa que presencie ou teña constancia de que se está producindo acoso ou intimidación: alumnado, familias, profesorado, persoal de Administración e Servicios, … .

Unha vez recibida a demanda polo equipo directivo, decidirá sobre a conveniencia da intervención do orientador/a e coordinará a recollida de información. Asímesmo aplicará as medidas disciplinarias urxentes se así o aconsella a gravidade do problema.

2. RECOLLIDA DE INFORMACIÓN:

É preciso realizar unha observación sistemática na que se terá en conta o seguinte. 2.1 Onde realizar a observación:

Nos lugares nos que se producen agresións, normalmente zonas menos frecuentadas por adultos: entradas e saídas do centro, corredores, cambios de clase, baños, vestiarios, … .

Na clase, onde se produce illamento, burlas, rexeitamento nos traballos en grupo, …

No recreo.

No autobús escolar.

Nas saídas extraescolares. 2.2. Fontes de información: É necesario contrastar a información de varias fontes, sen embargo, ás veces é preciso garantizar a confidencialidade e discreción para poder levar a cabo a intervención con eficacia. Polo tanto, en cada situación debemos valorar a importancia de renunciar á recollida de datos dalgunha destas fontes:

Profesorado do grupo.

titor/a.

Familia da vítima.

Persoal de administración e servicios.

Alumnado: vítima, agresor/es, espectadores. 2.3. Identificación das zonas de risco: Dende o momento en que se coñece a posible existencia de maltrato hacia un alumno/a, é preciso impedir que se produza unha nova agresión. Polo tanto, a presencia dalgún adulto nas zonas de risco así como que o alumno evite estar só nesas zonas serán as medidas máis inmediatas que hai que tomar.

Na entrada e saída do centro.

Na clase.

Page 5: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - MÓNICA DIZ BESADA 2012

4

Nos baños.

No patio.

Nas actividades extraescolares.

No autobús.

Outros.

Para unha recollida de información sistemática cubrirase a ficha do ANEXO I.

3. ANÁLISE DA INFORMACIÓN E ADOPCIÓN DE MEDIDAS URXENTES: 3.1. Reunión do equipo directivo co titor/a e orientador/a para analizar os feitos e propoñer

medidas de urxencia se a gravidade do caso o aconsella:

Medidas para protexer ao alumno/a que foi agredido/a: incremento da vixiancia nos lugares onde se produce, cambio de grupo, … .

Medidas disciplinarias cautelares para o agresor/a: Aplicación do Regulamento de Réximen Interno.

Información ás familias. O titor/a e/ou equipo directivo realizará unha entrevista individual con cada unha das familias do alumnado implicado garantizando a confidencialidade da información.

Nesta reunión realizarase unha valoración da información recollida das diferentes fontes

tratando de establecer se hai indicios de acoso así como o tipo e gravidade do mesmo. 3.2. Elaboración do informe escrito das medidas urxentes adoptadas así como do plan de

intervención según o ANEXO II. Enviarase copia do informe a inspección. No caso de que as condutas sexan de especial gravidade, informarase da situación e das medidas aos servicios sociais do Concello.

3.3. No caso de que non sexa confirmada a existencia de maltrato, o plan de intervención

recollerá as medidas preventivas propostas para os diferentes sectores que compoñen a comunidade educativa.

3.4. Para determinar que existe acoso escolar terase en conta os seguintes indicadores: 1. Existe unha vítima que sofre agresións e non pode defenderse adecuadamente, ou o fai de xeito inapropiado. 2. Ocorre repetidamente, de xeito reiterado e durante un tempo prolongado. 3. O agresor ou agresores establecen unha relación de dominio – sumisión sobre a vítima. Existe desigualdade de poder entre o agresor e a vítima.

O equipo directivo responsabilizarase da custodia dos informes realizados.

4. PLAN DE INTERVENCIÓN:

Page 6: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - MÓNICA DIZ BESADA 2012

5

4.1. Actuacións co alumnado:

Vítima: Entrevistas individuales co orientador, nas que se analizará a situación vivida, e ensinaráselles habilidades para defender os seus dereitos e mellorar a súa autoestima.

Agresor/a: Entrevistas individuais co orientador, nas que se tratará de axudarlle a establecer empatía coa vítima, a responsabilizarse dos feitos e adoptar medidas para restaurar o dano.

Cos espectadores: Con todo o grupo clase, a través das sesións titoriais con actividades específicas, debatirase o tema, tratando de desenvolver o sentimento de corresponsabilidade na agresión por ser observadores pasivos, a empatía coa vítima, e habilidades para pedir axuda e denunciar inxusticias.

4.2. Profesor responsable de atención á vítima:

A Dirección proporá un profesor responsable de atención á vítima, procurando que garde unha relación de confianza e proximidade.

As funcións deste profesor serán: - Facer un seguimento da súa integración na clase e no centro. - Establecer contacto diario co alumno para coñecer o seu estado de ánimo, as

incidencias ocorridas e a evolución da situación de maltrato.

4.3. Actuacións coas familias:

Coa familia da vítima: - Entrevista individual co equipo directivo, onde se lles informará das medidas

adoptadas e do plan de intervención. - Entrevista co orientador/a, onde se lles darán pautas de axuda ao alumno.

Coa familia do agresor/a: - Entrevista individual co equipo directivo, onde se lles informará das medidas

adoptadas e do plan de intervención. - Entrevista co orientador/a, onde se lles darán pautas de axuda ao alumno.

4.4. Actuacións co equipo docente:

Reunirase ao equipo docente dos alumnos implicados, para informarlles da situación de maltrato e do plan de intervención.

Pediráselles colaboración na vixiancia e na axuda persoal á vítima.

Page 7: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - MÓNICA DIZ BESADA 2012

6

IV. MEDIDAS PREVENTIVAS: 1. ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN ENTRE O ALUMNADO:

Realizarase en tódolos cursos de ESO un programa de actividades de prevención de conductas de acoso e intimidación, a través do plan de acción titorial, co obxectivo de ensinarlles estratexias para identificar unha situación de bullying e mecanismos para defenderse e pedir axuda.

Nos dous primeiros cursos de ESO desenvolveranse charlas sobre ciberbullying contando con persoal experto alleo ao centro.

2. CANLES DE EXTERIORIZACIÓN DAS VÍTIMAS DUNHA SITUACIÓN DE ACOSO ESCOLAR E

DOS ALUMNOS EN XERAL:

Levarase a cabo o “BUZÓN PARA A CONVIVENCIA”, o cal poderán utilizar tódolos alumnos do centro para expresar libremente suxerencias para mellorar a convivencia do centro, pedir axuda ou denunciar situacións de acoso ou intimidación.

Enquisas de detección de situacións de acoso e intimidación. Nas sesións de titoría de ESO, e tamén nas outras etapas, aplicarase unha vez en cada curso unha enquisa para detectar situacións de acoso que poden non ser observadas polo profesorado. Estas enquisas serán analizadas polos titores e informarán ao equipo directivo e departamento de orientación os datos relevantes detectados.

2. ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN ÁS FAMILIAS:

En cada curso escolar enviarase ás familias un boletín informativo que sirva de guia para recoñecer e previr situacións de acoso cos seus fillos/as.

3. ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN AO PROFESORADO:

Facilitaráselles un documento guía sobre bullying.

V. RECURSOS NECESARIOS PARA LEVAR A CABO O PLAN:

- Modelos de informes e rexistros de recollida e análise de información (anexos I e II).

- Enquisa para os alumnos, para detectar situacións de acoso e intimidación. - “Buzon para a convivencia”. - Actividades PAT para a prevención de acoso e intimidación. - Guia sobre bullying para o profesorado. - Folleto informativo sobre bullying e ciberbullying para as familias.

Page 8: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - MÓNICA DIZ BESADA 2012

7

VI. TEMPORALIZACIÓN:

- As actividades preventivas realizaranse preferentemente no 1º trimestre do curso ou no inicio do 2º trimestre: actividades de información aos alumnos, pais e profesores.

- O buzón estará aberto todo o curso. - As actividades de intervención directa decidiranse e levaranse a cabo según

xurdan os casos.

VII. AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN:

- Ante cada intervención directa realizarase unha ficha de revisión, coas propostas de mellora e seguimento (anexo III).

- Ao inicio de cada curso escolar partindo das propostas do curso anterior, realizarase unha revisión do plan incluíndo modificacións, novas propostas de intervención e actividades de prevención.

VIII. ESQUEMA – RESUMO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN:

1º DETECCIÓN DO CASO E INFORME AO EQUIPO DIRECTIVO

2º RECOLLIDA DE INFORMACIÓN, CUBRIR O ANEXO I

3º REUNIÓN DIRECCIÓN, TITOR, ORIENTADOR/A PARA ANALIZAR A INFORMACIÓN, DECIDIR MEDIDAS URXENTES E ESTABLECER O PLAN DE INTERVENCIÓN. CUBRIR O ANEXO II E ENVIAR

COPIA A INSPECCIÓN.

4º POSTA EN MARCHA DO PLAN DE INTERVENCIÓN: ACCIÓNS CO ALUMNADO, EQUIPO DOCENTE E FAMILIAS, DESIGNAR PROFESOR RESPONSABLE DE ATENCIÓN Á VÍTIMA.

5º SEGUIMENTO DO CASO, REVISIÓN E PROPOSTA DE NOVAS ACTUACIÓNS SE PROCEDE.

Page 9: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - MÓNICA DIZ BESADA 2012

8

ANEXO I

FICHA DE RECOLLIDA DE INFORMACIÓN DO CASO DE ACOSO ESCOLAR DE ……………………………………………………………………..

1.-DATOS DE IDENTIFICACIÓN:

CENTRO:

Nº DE TELÉFONO:

DIRECCIÓN:

LOCALIDADE:

ALUMNO/A VÍCTIMA:

CURSO: IDADE:

AGRESOR/A PRINCIPAL:

CURSO: IDADE:

AGRESOR/A 2:

CURSO: IDADE:

AGRESOR/A 3:

CURSO: IDADE:

DATA DA SOLICITUDE: ORIXE DA SOLICITUDE: ____ Familia ____ Alumno/a ____ Titor/a ____ Profesorado ____ Orientador/a ____ Outros

Page 10: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - MÓNICA DIZ BESADA 2012

9

2.- RECOLLIDA DE INFORMACIÓN

2.1.- TIPO DE AGRESIÓN A.V.: Algunha vez

M.V.:Moitas veces SI NON A.V. M.V Verbal

Insultos, motes, amenazas, chantaxes.

SI NON A.V. M.V Social

Rexeitamento, aillamiento, “facer o vacío”. SI NON A.V. M.V Psicolóxica

Humillacións, poñer en ridículo, difundir rumores. SI NON A.V. M.V Física

Esconder, romper materiais, golpes, patadas, empuxóns. SI NON A.V. M.V Ciberacoso Usurpar claves/contrasinais, calumnias, inxurias, ameazas. 2.2.- ESPACIOS DONDE SE PRODUCE O ACOSO OU INTIMIDACIÓN

Na clase Corredores/cambios de clase Baños Vestiarios Entradas e saídas del centro

No patio No autobús Fóra do centro Outros

Page 11: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - MÓNICA DIZ BESADA 2012

10

2.3.- FEITOS OBSERVADOS Conduta: ______________________________________________________________________

__________________________________________________________________________ Data______________Lugar_________________Observado por_______________________

Conduta:______________________________________________________________________

__________________________________________________________________________ Data______________Lugar_______________Observado por_________________________

Conduta:______________________________________________________________________

__________________________________________________________________________ Data______________Lugar_________________Observado por_______________________

Conduta:______________________________________________________________________

__________________________________________________________________________ Data______________Lugar_________________Observado por_______________________

Conduta:______________________________________________________________________

__________________________________________________________________________ Data______________Lugar_________________Observado por_______________________

Conducta:_____________________________________________________________________

__________________________________________________________________________ Data ______________Lugar________________Observado por_______________________

Data ....................................................... Asdo. ..........................................................................

Page 12: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - MÓNICA DIZ BESADA 2012

11

ANEXO II

INFORME DO PLAN DE INTERVENCIÓN ANTE O CASO DE ACOSO ESCOLAR ................................................................

1. REUNIÓN CONVOCADA POR: DON/DNA____________________________________CARGO_________________________ ASISTENTES: ________________________________________________________________ ________________________________________________________________ ________________________________________________________________ ________________________________________________________________

2. BREVE DESCRIPCIÓN DOS FEITOS: ______________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

3. MEDIDAS URXENTES: PROTECCIÓN Á VÍTIMA:

MEDIDA: ________________________________________________________________ ________________________________________________________________ ________________________________________________________________ ________________________________________________________________

RESPONSABLE/ES:_________________________________________________________ _________________________________________________________ _________________________________________________________

APLICACIÓN DE MEDIDAS DISCIPLINARIAS CAUTELARES: __________________________

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Page 13: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - MÓNICA DIZ BESADA 2012

12

APERTURA DE EXPEDIENTE DISCIPLINARIO: SI NON Alumno/a: ___________________________________________________________________ Data: _________________________Instructor/a: ____________________________________

4. OUTRAS MEDIDAS DE INTERVENCIÓN: CO ALUMNO/A VÍTIMA: ____________________________________________________ ___________________________________________________________________________

CO ALUMNO/A AGRESOR/A: ________________________________________________ ___________________________________________________________________________

COS ALUMNOS OBSERVADORES/AS: __________________________________________ ___________________________________________________________________________

PROFESOR RESPONSABLE DE ATENCIÓN Á VÍTIMA: ______________________________ ___________________________________________________________________________

INTERVENCIÓN COAS FAMILIAS: _____________________________________________ ___________________________________________________________________________

ACTUACIÓNS CO EQUIPO DOCENTE: __________________________________________ ___________________________________________________________________________

OUTROS: ________________________________________________________________ ___________________________________________________________________________

No caso de non confirmarse o acoso entre compañeros/as, o plan de actuación recollerá as medidas preventivas que se aplicarán nos diferentes sectores que compoñen a comunidade educativa: ________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Data……………………………….. Asdo. ……………………………………………………….

Page 14: Plan de Prevención e Tratamento de Situacións de Acoso Escolar

PLAN DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE ACOSO ESCOLAR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - MÓNICA DIZ BESADA 2012

13

ANEXO III

FICHA DE AVALIACIÓN DO PLAN DE INTERVENCIÓN DO CASO DE ACOSO ESCOLAR ……………………………………

1. INTERVENCIÓNS LEVADAS A CABO:

2. RESULTADO DAS INTERVENCIÓNS:

3. MODIFICACIÓNS PROPOSTAS E SEGUIMENTO DO CASO:

Data: …………………………………… Asdo: ……………………………………………..