4

Click here to load reader

pobos eslavos

Embed Size (px)

DESCRIPTION

sara díaz garcía

Citation preview

Page 1: pobos eslavos

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

1. Que significa a palabra eslavo?Relativo ou pertencente a un grupo étnico que comprende varios pobos da mesma familia lingüística, establecidos en Europa central e oriental. Tamén pode denominarse ao Grupo de linguas indoeuropeas faladas en Europa central e oriental.

2. Completa a seguinte táboa indicando o nome do país correspondente a cada bandeira e logo explica brevemente algunhas características da independencia de cada un deles.

Os Pobo s Eslavos Bandeiras Nome do País Historia da Independencia

Serbia No século XVI o territorio serbio foi conquistado polo Imperio otomano, ao que pertenceu ata o século XIX, cando Serbia recuperou a súa independencia e expandiu o seu territorio. Tras a fin da Primeira Guerra Mundial Serbia formou canda outros territorios balcánicos o Reino de Yugoslavia. Despois da Segunda Guerra Mundial pasou a ser parte da República Federal Socialista de Yugoslavia, que terminou desintegrándose tras unha serie de guerras na década de 1990. Finalmente, Serbia converteuse de novo nun Estado independente en 2006, tras a disolución da unión de Serbia con Montenegro.

Montenegro A tensión entre serbios e montenegrinos debido á desigual posición que tiñan ambos os dous grupos na República Federal aumentou cos anos. Como forma de igualar a importancia de ambos os dous estados, en 2002 estableceuse a federación de Serbia e Montenegro. Porén, diversos grupos comezaron a presionar pola independencia, a cal foi aprobada a través dun plebiscito realizado o 21 de maio de 2006 por un 55,5% dos votantes. Finalmente, o Parlamento de Montenegro proclamou a independencia do estado, o 3 de xuño de 2006. O estado foi recoñecido nos días posteriores por diversos estados do mundo, incluíndo Serbia, o 15 de xuño, e finalmente ingresou como o 192º membro da Organización da Nacións Unidas, o 28 de xuño.

República Bosnia e hezergobina

en 1992 proclamou a súa independencia como República de Bosnia e Hezergobina, tras o referéndum do 1 de marzo de 1992.Os bosníacos e os Bosniocroatas apoiaron a independencia pero a maioria dos serbiobosnos, apoiados polo resto dos Serbios da ex Yugoslavia opuxéronse e comezoua guerra de Bosnia nun intento de creación da Gran Serbia. Esta guerra que fixo unha limpieza étnica, rematou ca Batalla de Bosnia Occidental e ca derrota do exército serbiobosnio que inmediatamente despois accederon a que Slobodan Milosevic firmara no seu nome os acordos de Dayton el 21 de novembro del 1995.

Eslovenia Foi formada o 25 de xuño de 1991 debido á súa independencia de Yugoslavia. Para facer efectiva a súa independencia, Eslovenia enfrentouse ás forzas armadas federais de Yugoslavia nun breve conflito armado denominado Guerra de los diez días ou tamén “ Guerra de Eslovenia”.

Macedonia (FYROM) En 1991, a antiga República Socialista de Macedonia que era parte da República Federal Socialista de Yugoslavia proclamou a súa independencia baixo o nome oficial de República de Macedonia. O uso do termo "Macedonia" foi rexeitado por Grecia xurdindo unha disputa sobre a denominación deste país

Profesor: Diego Xesús López González.

Page 2: pobos eslavos

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

que perdura na actualidade. O país é denominado nalgunhas oportunidades de forma simple como Macedonia, mentres que tras un compromiso entre Grecia e a República de Macedonia en 1993 é utilizada a referencia provisional Antiga República Iugoslava de Macedonia ou Ex República Iugoslava de Macedonia para designar ao devandito estado en diversas organizacións internacionais, como na Nacións Unidas.

Republica checa En 1989, Checoslovaquia adoptou o multipartidismo e comenzou a abandonar progresivamente a economía socialista, o que se coñece como Revolución de Terciopelo. O 1 de xaneiro de 1993 Checoslovaquia dividiuse en dous por decisión parlamentaria. Desde entón, a República Checa, por un lado, e a República Eslovaca (ou Eslovaquia), por outro, son dous países independentes.

Ucrania O 16 de xullo de 1990, o novo parlamento asinou a Declaración de Soberanía Estatal de Ucrania.Un mes antes, unha declaración similar foi aprobada polo Parlamento da SFSR de Rusia. Isto comezou un período de enfrontamento entre o Soviet central e as novas autoridades republicanas. En agosto de 1991, unha facción conservadora dos líderes comunistas da Unión Soviética intentou dar un golpe de estado para eliminar a Mijaíl Gorbachev e restaurar o poder do Partido Comunista. Despois de que o intento fracasou, o 24 de agosto de 1991, o parlamento ucraíno aprobou a Declaración de Independencia de Ucraína, na que se establece ao país como un estado independente e democrático.En 1996 aprobouse unha nova constitución, a cal converteu a Ucraína nunha república semipresidencialista e estableceu un sistema político estable.

Polonia A fins dos anos 1980 un movemento de oposición ao goberno, encabezado polo sindicato obreiro Solidarność logrou pór en xaque o réxime estalinista, apoiado polas potencias occidentais e a Igrexa Católica, que logrou influír no proceso, a través dos seus líderes, para afianzar a restauración das liberdades democráticas, o respecto aos dereitos humanos e o capitalismo e o libre mercado como basees do sistema económico baixo un réxime multipartidista electoral parlamentario, dando lugar ao moderno Estado polaco, que cambiou o seu nome oficial a República de Polonia.

Eslovaquia Checoslovaquia foi permanentemente ameazada por gobernos revisionistas de Alemaña e Hungría, ata que foi dividida mediante os Acordos de Múnich de 1938. En 1939, Eslovaquia converteuse nun estado separado baixo o mando do presidente Jozef Tiso. A pesar de que as políticas mostraban forte influencia da Alemaña Nazi, o movemento de resistencia anti-Nazi levou a cabo unha importante insurrección armada, coñecida como o Levantamento Nacional Eslovaco, en 1944.A Checoslovaquia posterior á Segunda Guerra Mundial foi restablecida, pero rapidamente caeu baixo a influencia da Unión Soviética e o seu Pacto de Varsovia a partir de 1945. En 1969, o estado converteuse nunha federación da República Socialista Checa e a República Socialista Eslovaca.En 1989 o final do comunismo en Checoslovaquia a través da pacífica Revolución de Veludo significou tamén a fin de Checoslovaquia como tal e a creación de dous estados

Profesor: Diego Xesús López González.

Page 3: pobos eslavos

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

sucesores; Eslovaquia e a República Checa separaron os seus camiños despois do 1 de xaneiro de 1993. Eslovaquia converteuse en membro da Unión Europea en maio de 2004.

Rusia O 8 de decembro de 1991, os presidentes de Rusia, Ucraína e Bielorrusia asinaron o Tratado de Belovesh que declarou a Unión Soviética disolta e estableceuse a Comunidade de Estados Independentes (CEI), no seu lugar. Como quedaban dúbidas sobre a autoridade do Tratado de Belovesh para disolver a Unión, o 21 de decembro de 1991, os representantes de todas as repúblicas soviéticas agás Xeorxia, inclusive as repúblicas que asinaran o Tratado de Belovesh, asinaron o Protocolo de Alma-Ata, que confirmou o desmembramiento e a extinción consecuente da URSS e volveu expoñer o establecemento da CEI.

Bulgaria Bulgaria recuperou a súa independencia en 1878 como principado autónomo e foi proclamada reino independente en 1908. Durante 1912 e 1913 Bulgaria estivo involucrada nas Guerras Balcánicas, unha serie de conflitos cos países veciños, durante os cales o territorio búlgaro variou a súa extensión, adquirindo acceso á costa do Mar Egeo ao Oeste do Turquía europea. Durante a primeira e segundas guerras mundiais, Bulgaria aliouse cos bandos que resultaron vencidos, os Imperios Centrais primeiro e o Eixe Roma-Berlín-Toquio despois.Bulgaria mantivo relacións diplomáticas coa Unión Soviética en todo momento. Ao termo da guerra Bulgaria caeu dentro da esfera de influencia da Unión Soviética e converteuse nunha república popular.

Croacia Yugoslavia foi invadida por Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial e Croacia foi convertida no Estado Independente de Croacia. Tras a derrota das forzas do eixe, Croacia reintegrouse novamente en Yugoslavia, foi convertida nun estado socialista federal, baixo a dirección de Josip Broz Tito.

Cando Croacia declara a súa independencia de Yugoslavia en 1991, os habitantes serbios néganse a secundar a secesión da República Federal Iugoslavo e, apoiadas polo exército federal iugoslavo, lle independizan de Croacia como a República Serbia de Krajina no territorio desa regió n.Trascatro anos de loitas esporádicas, o goberno croata da Eslavonia Oriental leva a cábose pacificamente e de maneira negociada con Belgrado en 1998 baixo a supervisión da Organización da Nacións Unidas (ONU).

2. Agora deberás copiar cada unha das bandeiras que aparecen na táboa e, sen modificalas, pegalas no mapa da páxina de abaixo.

3. Cando remates, deberás pasar o traballo a Open Office, logo a PDF e publicalo co teu nome na páxina de Issuu, sociaisnalama.

Profesor: Diego Xesús López González.

Page 4: pobos eslavos

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

Profesor: Diego Xesús López González.