8
MÁRTIRES DE SOBREDO OS POEMAS

POEMAS

Embed Size (px)

DESCRIPTION

POEMAS CON ALUSIONS AOS FOROS

Citation preview

Page 1: POEMAS

MÁRTIRES DE SOBREDO

OS POEMAS

Page 2: POEMAS

GALICIA encadeada con ferros de Castelapor fillos treizoeiros e por caciques lobos,no teu ceo azuado hai unha nova estrela!¡Ardente e sanguiñenta, agoira os tempos novos!

¡Irmáns! ¡Erguede o berrode amor e santidade!¡Galicia e Libertadedo Traballo e do Chan!Son verbas de Dios mesmodo Dios Todopotente,¡Co suor da túa frentegañarás o teu pan!

¡Nai galega que diche a sangue xenerosapara calmar a sede rabiosa da Impiedade,nos agros de Sobredo froreceu unha rosa!¡Ardente e sanguiñenta, agoira Libertade!

Son verbas de Dios mesmo,do Dios Todopotente:¡Co suor da túa frentegañarás o teu pan!¿Irmáns! ¡Erguede o berroe o legón aferrade!Galicia e Libertadedo Traballo e do Chan!

SOBREDO

Ramón Cabanillas

Page 3: POEMAS

Repouso abafanteno ceo e na terra.Silencio de mortena chouza labrega.

Currales baleiros,pallotas desfeitase o piorno sen millocoas portas abertas.Nin gado na corte,nin fume nas tellas,nin carro no alpendre,nin xente na eira.

Mais triste que a noite, a alma entre brétemas,pechados os beizos,ferido da pena,sen dar unha falanin dar unha queixa,os brazos caídos,a vista na terra,ardendo coa febre,ó pé da cancelao pobre labregodoente tolea.

Todo lle veu xunto.Ó empezo do anomorreulle a filliñaque era o seu amparo.Despois, tivo un preito,venceuse o reparto,perdeu media anadaen xiadas e orballos,e ó caer as rendastopouse trabado,coa auga ó pescozo,sen froitos nin cartos.Foi hoxe a desgracia.A cousa das catrochegaron dous homesco alcalde pedáneo.Papeles abaixo,escribe que escribe,fixéronlle o embargo.Quedouse por portas,sen chouza nin agros.Xa non ten remedio.Xa está de prestado

A FOUCE ESQUECIDA

Ramón Cabanillas

Page 4: POEMAS

CAMIÑO ADIANTE

Camiño adiante, triste sen congoxa,a fronte erguida, o paso ventureiro,ó lombo un pau e nel cangada a roupaenvolveita nun pano, o pensamentona chouza en que viviu seu anos mozos,o amor á terra en que naceu no peito,unha visión de brétema nos ollose unha copla nostálxica nos beizoscamiño adiante...adiante...¡sempre adiante!Aléxase da aldea o bo labrego.

Crecente nas virtudes da súa raza,valente no sufrir, forte, sereocoa humilde maxestá daqueles reisesrelixiosos, pastores e guerreirosque adoraban a Deus nos altos cumes na noite do misterio,tiñan por pazo unha catiza chouzae o trono ó pé dun vello castiñeiro;canso de sementar en terra escrava de vergonzosos feudos;agrilloado por ladróns caciques,amos sen lei e sen honor; famentodo día de xustiza que alumee a liberda dos servos, do día en que o fouciño mangado no fungueiro,sen piedá sen perdón, a lume e sangue, dende os castros suevosás covas en que os lobos se entobaronbaixe en nome de Deus e do Dereito,buscando redención..., camiño adiante,aléxase da aldea o bo labrego.

¡¡Abride paso ó loitador!! Da minano abafador e temeroso seo,suando a fío baixo o sol ardente,batido pola neve e polo ventona montaña, mollado na lameira,entre as areas roxas do deserto,sobre as augas do mar, no bosque virxe...Traballará pra redimir seus edioscrebando sobre as testas dos tiranosas cadeas que o teñen prisioneiro.

Ramón Cabanillas

Page 5: POEMAS

MISERERE

Morre abafada a Galiciabaixo a pouta castelán:temos fame de xusticia;fame de lobo e de can. ¡Pobre de nós!¡Deus nos colla da súa man!

Saen o vapores cheos;nenos e homes que se van;cae o pedrizo dos ceose deixa arrasado o chan. ¡Pobre de nós!¡Deus nos colla da súa man!

Ó chegar o Sanmartiñoos foreiros voltarán:nin esquecerán o camiñonin as rendas esquecerán. ¡Pobre de nós!¡Deus nos colla da súa man!

Xuraron nas elecciónsfacer a vida levián:soben as contribucuóns;o ano que ven dobrarán. ¡Pobre de nós!¡Deus nos colla da súa man!

A corenta reais o milloe non se atopa nin un graneles...dándolle ó sarillo,facendo como que fan. ¡Pobre de nós!¡Deus nos colla da súa man!

Temos o frío nos ósose non hai follato nin larchoran os filliños nosospedindo quentura e pan. ¡Pobre de nós!¡Deus nos colla da súa man!

¡Temos frío! ¡Temos medode erguer o sacho na man!¡Bebemos o viño ácedoe xa o sangue é solimán! ¡Pobre de nós!¡Pobre dos pobres sen pan!¡Deus nos colla da súa man!

Ramón Cabanillas

Page 6: POEMAS

A BASILIO ÁLVAREZ

¡Sementador! O trigo dos veiralesmostra as espigas mestas e douradas,i as segadoras fouces, afiadas,teñen tráxico brilo de puñales.O teu verbo, estalante nos pinales,troca, ó chegar ás chouzas das valgadas,os salaios das gorxas abafadasen ruxidos guerreiros e trunfales.

A aldea ergueuse co craror da auroraagardando a siñal, e non sosegaen axexo da loita vingadora.

Xa a lus do sol do mediodía cega,sementador! ¡Sementador, xa é horade da-lo berro e comenza-la sega!

Frente ós dores da Terra malferida,dende as tristes ribeiras do desterrooutra ves, loitador, vai o meu berroa pedirche a siñal para a partida.

Fora vergonza conserva-la vida,fora traición ter envainado o ferrovendo ós caciques propararlle o enterro,creiéndoa morta porque está ferida.

¿A que agardar? Xa se falou abondo.Compre,agora,aforquemos,antre o estrondoda revolta, os ladróns feitos siñores.

¡Ou trunfar ou morrer! ¡ E non se digaque non soupemos cancela-la obrigaque firmaron coa Patria os Precursores!

¡Capitán! ¡Capitán! ¡Chámate a Terra! ¡Os tempos son chegados!Na veiga, no pinal, na corredoira,alenta o medo dos silenzos tráxicos...¡Vanse comprir as vellas profecías,as verbas bruxas dos antigos bardos!

Hai siñales no ceo.Como ó meigo conxuro dun encanto,alá pola alta noite, ó porse a lúa, uns berros estricados oubeando mal-agoiros van correndo medosos de adro en adro,i unhas estrelas roxas, sanguiñentas,brilan no cume dos altivos castros.

¡Ou vello loitador! Torna ós teus eidos que os tempos son chegados...¡Fuxe dese Madrí, desa esterqueiragoio de cobras e niñal de sapos,apodrecido ventre dunha España que se desfai a anacos!

Vanse a comprir as vellas profesías... ¡Ven! ¡Ven que te agardamos! Si hai que mata-lo lobo... ¡Cada home ten un sacho!

Ramón Cabanillas

Page 7: POEMAS

¡PRA A HABANA!

Vendéronlle os bois,vendéronlle as vacas,o pote do caldoia manta da cama.Vendéronlle o carroi as leiras que tiña;deixárono soiocoa roupa vestida.“María eu son mozo,pedir non me é dado;eu vou polo mundopor ver de ganalo.Galicia está probe,i ´a Habana vou...¡Adiós, adiós, prendasdo meu corazón!” ¿POR QUE?

-Escoitai: os algoasiles andan correndo a aldea;mais¿como pagar, como, si un non pode inda pagala renda?

Embargárannos todo, que non teñenesas xentes concencia, nin ten alma. ¡Quedaremos por portas, meus fillos das entrañas!

¡Mala morte vos mate antes de que aquí entredes!... Dos probes, ó sentirvos,¡os corazóns, cal baten tristemente!

-María, se non foraporque hai un Dios que premia e que castiga, eu matara eses homescomo mata un raposo a unha galiña.

-¡Silencio! ¡Non blasfemes, que este é un valle de lágrimas!...Mais¿por que a algúns lles toca sufrir tantoi outros a vida antre contentos pasan?

Rosalía de Castro

Page 8: POEMAS

O MAIO

Aquí ven o maiode frores cuberto...Puxéronse á portacantándome os nenos;i os puchos furadospra min extendendo,pedíronme crocasdos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,calados e quedos,que o que é polo de hoxeque darvos non teño.Eu sónvo-lo probedo pobo gallego:¡Pra min non hai maio,pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atoparede donos libertoi o pan non me quitentrabucos e préstemos,e como os do abadefrorezan meus eidos,chegado habrá etonceso maio que eu quero.

¿Queredes castañasdos meus castiñeiros?...Cantádeme un maiosin bruxas nin demos;un maio sin segas,usuras nin preitos,sin quintas nin portas,nin foros, nin cregos.

Curros Enríquez