1
Naceu en Pontevedra en 1867 e morreu en Vendol (Francia) en 1952. Político liberal, foi elexido deputado xa en 1.905 e 1.910. En 1.923 foi ministro de Fomento e en 1.935 ministro de Gobernación. A finais dese ano preside o Goberno, e preséntase ás eleccións do 1.936 polo Partido del Centro. Tralo triunfo da Frente Popular, resiste ás presións de Gil Robles, José Antonio, Franco e Calvo Sotelo para declarar o estado de guerra e evitar o goberno de esquerdas; polo contrario dimitiu e entregou o poder a Manuel Azaña. Durante a Guerra Civil defendeu á República Española e exiliouse en Francia, onde morreu. Ademais do seu papel na política española, estivo vinculado ao autonomismo galego. En 1.910 participou na formación de Acción Galega, e defende no parlamento aos agrarios galegos. En 1.922 escribiu en “A Nosa Terra”: “…Non pasará unha hora… sen que diante deles érganse o peito en sangue, a testa en resprandor- os galegos caídos en SOBREDO; e na Mai Terra, tan sofrida, tan aldraxada, tan querida, tamén erguerase do seu leito de secular inmovilidade nun berro de delor e de alumbramento…” Asinou, con outros galeguistas, o Pacto de Barrantes a prol da autonomía galega. Tivo unha cordial relación con Castelao, e apoiou a campaña do Estatuto dende a súa actividade política e dende o seu xornal “El Pueblo Gallego”

Portela valladares

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Reseña biográfica

Citation preview

Page 1: Portela valladares

Naceu en Pontevedra en 1867 e morreu en Vendol (Francia) en 1952.Político liberal, foi elexido deputado xa en 1.905 e 1.910. En 1.923 foi ministro deFomento e en 1.935 ministro de Gobernación. A finais dese ano preside oGoberno, e preséntase ás eleccións do 1.936 polo Partido del Centro. Tralo triunfoda Frente Popular, resiste ás presións de Gil Robles, JoséAntonio, Franco e CalvoSotelo para declarar o estado de guerra e evitar o goberno de esquerdas; polocontrario dimitiu e entregou o poder a Manuel Azaña. Durante a Guerra Civildefendeu á República Española e exiliouse en Francia, onde morreu.

Ademais do seu papel na política española, estivo vinculado aoautonomismo galego. En 1.910 participou na formación de Acción Galega, edefende no parlamento aos agrarios galegos.

En 1.922 escribiu en “A Nosa Terra”: “…Non pasará unha hora… sen quediante deles érganse o peito en sangue, a testa en resprandor- os galegos caídos enSOBREDO; e na Mai Terra, tan sofrida, tan aldraxada, tan querida, taménerguerase do seu leito de secular inmovilidade nun berro de delor e dealumbramento…”

Asinou, con outros galeguistas, o Pacto de Barrantes a prol da autonomíagalega. Tivo unha cordial relación con Castelao, e apoiou a campaña do Estatutodende a súa actividade política e dende o seu xornal “El Pueblo Gallego”