20
1 PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS DE BENVIDA Sección: Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato CHEGA O OUTONO E O TEMPO DE LECTURA Sección: 3º de Infantil 23 DE OUTUBRO: CAMPAÑA DO DOMUND Sección: Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato Todos os titores saúdan ós seus alumnos e ó novo curso con estupendas mensaxes nos taboleiros nas aulas e no colexio en xeral. Algúns destes traballos están feitos xa con axuda por parte dos alumnos. Outros grupos fixeron entre todos carteis de presentación. Pincha nas fotos para ver máis de cerca algúns destas pequenas obras de arte Chega ou outono. Na mesa temática dunha aula de 3º de Infantil podemos ver o que a profesora Isabel Blanco preparou coa axuda dos nenos e os seus pais. O Outono é un bo momento para afacernos a ler, por iso tamén podedes ver un magnífico recuncho de lectura, así os rapaces e rapazas do último de Infantil poderán ir acostumándose ós cursos vindeiros onde a lectura é fundamental. O día do Domund é o día en que a Igrexa universal reza polos misioneiros e colabora con eles economicamente no seu labor, que con frecuencia se desenvolve entre os máis pobres. Cos donativos constrúense templos, cómpranse vehículos, aténdense proxectos sociais, sanitarios e educativos...Nestes días bríndasenos a oportunidade de axudar aos máis necesitados. Cun pequeno xesto, podemos colaborar para que o mundo sexa un pouquiño mellor. Grazas pola túa colaboración. CURSO 2010-2011

PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

1

PRIMEIRO TRIMESTRE

SETEMBRO.- TABOLEIROS DE BENVIDA Sección: Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato CHEGA O OUTONO E O TEMPO DE LECTURA Sección: 3º de Infantil 23 DE OUTUBRO: CAMPAÑA DO DOMUND Sección: Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato

Todos os titores saúdan ós seus alumnos e ó novo curso con estupendas mensaxes nos taboleiros nas aulas e no colexio en xeral. Algúns destes traballos están feitos xa con axuda por parte dos alumnos. Outros grupos fixeron entre todos carteis de presentación. Pincha nas fotos para ver máis de cerca algúns destas pequenas obras de arte

Chega ou outono. Na mesa temática dunha aula de 3º de Infantil podemos ver o que a profesora Isabel Blanco preparou coa axuda dos nenos e os seus pais. O Outono é un bo momento para afacernos a ler, por iso tamén podedes ver un magnífico recuncho de lectura, así os rapaces e rapazas do último de Infantil poderán ir acostumándose ós cursos vindeiros onde a lectura é fundamental.

O día do Domund é o día en que a Igrexa universal reza polos misioneiros e colabora con eles economicamente no seu labor, que con frecuencia se desenvolve entre os máis pobres. Cos donativos constrúense templos, cómpranse vehículos, aténdense proxectos sociais, sanitarios e educativos...Nestes días bríndasenos a oportunidade de axudar aos máis necesitados. Cun pequeno xesto, podemos colaborar para que o mundo sexa un pouquiño mellor. Grazas pola túa colaboración.

CURSO 2010-2011

Page 2: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

2

COMENZA O CURSO DE CURTAMETRAXES Actividades EDLG ACTIVIDADES VOLUNTARIADO D.A.S. ALMORZOS SAUDABLES Sección: Infantil / Proposta da profesora Diana Zaera López

O curso consta de dúas sesións. A primeira tivo lugar o venres 15 de outubro e tratou sobre aspectos teóricos de como facer unha curta, o guión, personaxes, luz, son, etc. Imparte o curso Alfredo Ferreiro, de Blogaliza e Algueirada . A segunda sesión realizarase o venres 12 de novembro. Nela instruirase aos alumnos no manexo do programa de edición de vídeos Movie Maker. Á dereita pódese ver unha foto da primeira sesión..

O pasado venres 21 de outubro o DEPARTAMENTO DE ACCIÓN SOCIAL iniciou un novo curso de voluntariado e solidariedade coa celebración de dúas reunións informativas cos alumnos/as interesados en pertencer ao GRUPO DE MOZOS SOLIDARIOS 2010 2011. A primeira actividade de voluntariado comezará o próximo mes de novembro no Instituto Benéfico Social Padre Rubinos. Os alumnos voluntarios que desexan participar nesta actividade, acudirán periódicamente á residencia de anciáns do devandito centro para compartir o tempo cos residentes, realizando diversas actividades como manualidades, charlas, coro, xogos de tempo ibre etc. Desta maneira, os nosos alumnos teñen a posibilidade de establecer un diálogo interxeracional e coñecer unha realidade social que seguro lles reportará experiencias novas e gratificantes. Seguiremos por tanto, neste diario, o día a día do noso GRUPO DE MOZOS SOLIDARIOS. Animamos desde aquí a toda a comunidade educativa a formar parte deste ilusionante proxecto do DEPARTAMENTO DE ACCIÓN SOCIAL do noso colexio.Na dereita abaixo podedes ver a foto dos voluntarios do ano pasado.

Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as, quedando en segundo plano os clásicos bocadillos ou pezas de froita. Por tal motivo proponse implantar un almorzo saudable entre os escolares para a hora do recreo, baseado nunha dieta saudable. Os obxectivos deste proxecto son: Achegar aos alumnos/as os produtos que constitúen a esencia dunha dieta sa e equilibrada. Contribuír, no contexto do Centro Educativo, á transmisión de hábitos de alimentación saudable, importante tanto na etapa de crecemento e desenvolvemento no que se encontran os nenos/as coma no seu futuro. Garantir unha sociedade con boa saúde levando a mensaxe aos máis pequenos por medio dun almorzo con produtos naturais e beneficiosos para a saúde.

Page 3: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

3

A ARTE NA EDUCACIÓN INFANTIL Sección: Infantil TEMPO PARA LEMBRAR SAMAÍN Seccións: Infantil, Primaria, Secundaria / Actividades EDLG

Este curso 2010-2011 a temática que envolve o corredor de Educación Infantil está relacionada coa arte. Así pois, o corredor converteuse nun gran museo onde cada clase representa un pintor. Entre eles atópanse Van Gogh, Gauguin, Murillo, Velázquez, Miró, Goya, Degas, Matisse e Sorolla. Cada aula realiza un mural con imaxes e información destos artistas grazas á indispensable colaboración das familias. Con este tipo de actividade pretendese achegar a arte ós nenos desde un punto de vista didáctico e motivador, xa que os alumnos/as enchen de ilusión ó ver os seus traballos colgados no corredor.

De cando en vez poremos no noso diario un vídeo ou algunha foto que nos leve a lembrar outros tempos do noso colexio. Nesta ocasión lembraremos un momento mítico dun profesor dunha excursión a Melide de fai uns dez anos. Sabes quen é o profesor? Pensa, é facil...

A semana do 25 ao 29 de outubro celebramos a festa do Samaín, durante eses días aprendemos algunha canción, lemos contos e decoramos o cole con esta temática. Ademais pedímoslles ás familias que nos trouxesen cabazas e cousas relacionadas con esta festa popular para logo poder expoñelas xunto coas cabazas que fixemos cos nenos e nenas en cada clase. Dado que o tempo non acampañou ese día, decidimos facer a exposición no corredor e que vós a puidésedes ver. ¡Grazas a todas as familias polo voso esforzo e dedicación! Pica na foto para ver a galería de fotos dos traballos feitos.

Page 4: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

4

"SAVIA SIN OTOÑO" Libro de Jesús Díaz Insua TUTORÍAS DAS Seccion: Secundaria

O noso compañeiro e profesor Jesús Díaz Insua publicou un libro titulado "Savia Sin Otoño". Dende aquí dámoslle o parabén. A continuación Jesús fainos a presentación do libro. "É un proxecto cultural contra a infamia e a inxustiza do sufrimento humán. Unha conxura cuns cantos amigos que aportaron con xenerosidade material: Manuel “Piro” Valcárcel , exalumno dos Escolapios de Monforte, reporteiro gráfico polo mundo adiante que me cedeu fotos impresionantes; Juan Casas Rigall , exalumno de Escolapios de Monforte coma min, catedrático de Literatura Medieval pola Universidade de Santiago, tivo a ben facer un fermoso prólogo; Encarna Lorenzo Hernández , maxistrada en Alicante, escribiu un ensaio sobre o inmenso potencial da solidaridade; Xosé Luis Fernández aportou tres cadros para o libro e Ana Lista Paz , exalumna do colexio dous. Outro exalumno Héctor Francesch puxo a miña disposición toda a súa impactante obra pictórica. E Guillermo Martínez , doctor en Bellas Artes, deu rostro aos meus héroes.

Eu, pola miña banda, intentei divulgar e homenaxear a estos seres máximo exponente da humanización e, por outro lado, amosar a miña disconformidade e rebeldía ante os efectos da grave deshumanización do planeta. “Savia sin otoño ” consta de tres partes. A primeira sitúa a raíz do meu existir na inmaterialidade dos sustantivos abstractos: o amor, a amistade, a xustiza, a paixón pola música… A segunda son os nomes concretos de dignos exponentes da raza humana e a terceira é unha concatenación de conflictos e feitos intolerables. No medio dese doloroso panorama volven xurdir persoas admirables que renovan a miña fe no ser humán.Don Xosé Luis Barreiro Rivas fíxome chegar a súa opinión: “Valoro especialmente a estructura do libro, que me parece orixinal, intelixente, e perfectamente enfocada a unha temática e a uns obxectivos fundamentais. Tamén considero ben feita-porque é tarefa non fácil-a escolla dos persoeiros e das citas que conducen o desenvolvemento da obra. E tamén aprecio, finalmente, o esforzó para facer poesía de compromiso en formas clásicas”. En decembro terá lugar a presentación do libro, ata o momento hai tres concertadas en diversos lugares. Dos 15 €, precio do libro, 6 € irán destinados a proxectos relacionados coa educación.

Mostrámosvos unha pequena mostra do traballo que os nosos alumnos da ESO están a realizar a partir das titorías DAS, que, apoiadas en curtas audivisuais, convidan a reflexionar sobre realidades sociais que acontecen en diferentes partes do mundo. Neste primeiro trimestre, os alumnos viron a curtametraxe EL SECRETO MEJOR GUARDADO, sobre a situación da India e o problema do contaxio da SIDA. Como se pode observar nas fotos, os alumnos realizaron murais certamente interesantes

Page 5: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

5

VOLUNTARIOS BACHARELATO DAS Departamento Acción Social VISITA DO PAPA Crónica de Adrián Rodríguez

Os alumnos de bacharelato colaboradores do departamento de acción social reúnense un luns de cada mes para comer xuntos e axudar no departamento. Durante as semanas previas á festa do noso fundador San José de Calasanz, os voluntarios estiveron preparando a súa "actuación estelar" para os alumnos de Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria. Un total de 17 alumnos e alumnas de bacharelato, que non dubidarán en disfrazarse, contar contos e bailar para que os máis pequenos gocen dunha xornada de festa e convivencia entre etapas educativas no noso colexio.

O pasado 6 de novembro de 2010 un grupo de profesores, alumnos e exalumnos do Colexio Calasanz da Coruña achegámonos a Santiago para recibir ó Papa Bieito XVI na súa peregrinación a Compostela con motivo do Ano Santo 2010.Tendo en conta que o vindeiro ano Santo será en 2021 e que a derraderia vez que o Papa pisou terras galegas fora aló polo 1993, era unha ocasión que non se podía deixar pasar. Ás 9.00 da mañá saia o autobús que nos deixaría na cidade do Apóstolo a iso das 9.50. Trala primeira foto de rigor, avanzamos ata o Parque das Cancelas, donde tíñamos previsto afincarnos. Alí preto da estatua do Papa feita especialmente para a ocasión polo artista Cándido Pazos, agardamos estoicamente entre conversas animadas, fotos, etc. Mesmo fomos obxeto de fotos e entrevistas por parte dos medios de comunicación. Coido que o feito de que leváramos sendas bandeiras de grandes dimensións, unha da Orde dos Escolapios e outra do Estado Vaticano, puido chamar a atención….

Tras varias horas de espera, por fin, a iso das 12.15 comezou a pasar a comitiva e, por fin, vimos como se nos iba acercando o Papamóvil… nervos, emoción, movementos desesperados para sacar a mellor a foto…Todo foi moi rápido, pero podemos dicir que estivemos a menos de 3 metros do Santo Pai, polo tanto, misión cumprida!Seguidamente decidimos achegarnos ó centro da cidade e buscar algún sitio para xantar e reunirnos de novo, as 16.00 horas, para presenciar a eucaristía dende unha das pantallas xigantes instaladas por toda a cidade. Despois de xantar, un pequeño grupiño achegouse a emblemática Rúa do Franco, para degustar as típicas tazas de viño do Ribeiro. Xa por último e tras presenciar a eucaristía dende a pantalla instalada no Colexio La Salle, demos por rematada a nosa aventura. Próxima parada, as Xornadas Mundiais da Xuventude Madrid 2011.

Deixámosvos unha foto da xuntanza do pasado luns e agradecemos desde aquí a colaboración desinteresada dos mozos/as do DAS.

Page 6: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

6

VOLUNTARIADO NO I.B.S. PADRE RUBINOS Departamento Acción Social SEMANA DE CALASANZ Pica na foto para ver a galería de fotos da semana de Calasanz. Inclúe o video do partido.

O tema que centra este ano a festa é: "Calasanz, construtor sobre rocha". Ao longo dos seus 92 anos Calasanz quixo edificar unha nova sociedade dende os seus alicerces, ensinando os máis novos en piedade e letras. Durante estes días, o colexio vivirá con gozo a semana de Calasanz, na que toda a Comunidade educativa gozará de todo o que representa San José de Calasanz.

Continúan os nosos voluntarios do DAS coa súa labor na residencia de anciáns do Instituto Benéfico Social Padre Rubinos. Todos os martes e xoves, unha representación de alumnos do colexio acode unha hora para compartir actividades cos residentes. Achegámosvos unha fotos da última xornada, onde os voluntarios do departamento organizaron unha partida de birlos na que os residentes o pasaron en grande. Ao final da partida, "a gañadora" foi agasallada cuns caramelos que compartiu cos nosos alumnos, demostrando unha vez máis que con esta actividade establécese un diálogo interxeracional moi positivo tanto para os mozos do noso centro como para os residentes do Padre Rubinos.

Os días fortes desta semana serán o xoves e o venres. O xoves pola mañá, o colexio estará en festa, e para iso gozará de varias actividades, como a degustación do chocolate, os talleres que os alumnos de secuandaria lles preparan aos máis pequenos, o teatro que o Departamento de Acción Social representa para os nenos de infantil e primeiro ciclo de primaria, o primeiro casting do festival intercentros, o concurso fama a bailar para 3ºde E.P, ou o club do chiste para 4º de E.P..Pero a base fundamental que sustenta este xoves pola mañá, é o acto xeral que terá lugar no pavillón dende as 10 da mañá ata as 10 e media aproximadamente, no que toda a comunidade educativa realizará unha construción simbólica cuns ladrillos decorados previamente con palabras que nos axudan a construírnos como persoas. O venres pola mañá, os alumnos de primaria, como é tradición, irán ao teatro Calvo Sotelo para ver unha película en pantalla xigante e compartir unha xornada lúdica co resto dos seus compañeiros.Por outra parte, os alumnos de secundaria terán a súa xornada especial de deportes, onde a guinda final a poñerá o partido de profesores contra alumnos de 2º de ESO. Tanto o xoves coma o venres pola tarde, os alumnos de primaria tamén gozarán das súas xornadas deportivas; 4º,5ºy 6º o xoves, e 1, 2º e 3º o venres.

Page 7: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

7

CAMPAÑA NADAL SOLIDARIA Departamento Acción Social PARIS CHEGA Ó COLEXIO EL AMIGO INVISIBLE LITERATURA E NADAL Sección: Bacharelato

O departamento de acción social presenta a campaña NADAL SOLIDARIO 2010 consistente en varias actividades:

OPERACIÓN QUILO: todos os alumnos poden deixar na portería do colexio alimentos non perecedoiros que serán doados en man polo noso GRUPO DE MOZOS/AS SOLIDARIOS a diferentes institucións benéficas.

OPERACIÓN XOGUETES: todos os alumnos poden deixar na portería do colexio xoguetes en bo estado que serán doados en man polo noso GRUPO DE MOZOS/AS SOLIDARIOS a diferentes institucións benéficas e a familias sen recursos.

RIFA SOLIDARIA: venda de papeletas para recadar fondos para institucións benéficas. Na portería do colexio estará exposta a gran cesta de nadal que se sortea, cortesía de Carrefour Los Rosales

Felicitamos dende aquí ao alumno David Ramos de la Rosa de 3º da ESO A por a magnífica maqueta que realizou para un traballo de Francés. Pica nas fotos para ver a torre Eiffel de máis preto.

En la mayoría de tutorías y para festejar la proximidad de la Navidad, los alumnos se hacen regalos. En la foto puedes ver a alumnos de 2 de la ESO A.

Os alumnos de Literaturas Hispánicas de 1º de Bacharelato realizaron uns carteis sobre o tema "Literatura e Nadal". A literatura falou moitas veces do Nadal: dende o coñecido Conto de Nadal de Charles Dickens a obras de autores contemporáneos como Paul Auster ou contos clásicos como O crebanoces ou A vendedora de fósforos. O espírito navideño tamén está presente na literatura española e poetas como Lope de Vega, Luis de Góngora, Juan Ramón Jiménez, Rafael Alberti ou Federico García Lorca teñen poemas sobre o Nadal. Pica na foto para ver unha composición feita pola profesora Beatriz Casal cos murais feitos polos alumnos.

Page 8: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

8

ACTUACIÓN DOS PROFESORES NO CASTING FINAL DE INTERC ENTROS Crónica de Soraya Porto O NADAL CHEGA AO COLEXIO O COLEXIO ÉNCHESE DE MISTERIO: DEUS FAISE HOME E HA BITA ENTRE NÓS. Crónica de Saturnino de Santiago

O pasado xoves celebrouse no Colexio Calvo Sotelo, o casting final para ver quen eran os alumnos do noso cole que acudirían a Intercentros. O xurado estivo formado por membros de fóra do cole, na súa maioría aínda que tamén houbo un membro, Belen Carro como representante dos profesores do cole. O lugar elixido foi o teatro do Calvo Sotelo posto que o noso salón de actos quedaba pequeno. Ao final, mentres o xurado deliberaba, produciuse a gran sorpresa...un grupo convidado amenizaría a espera. A gran sorpresa foi ver que ese grupo estaba composto na súa totalidade por profesores do centro. Un fin de festa perfecto. Felicitamos a Luís que é o profe que se encarga de organizar os castings e tamén agradecemos a todos os profes do noso cole que dunha forma ou outra participan na organización de Intercentros. E agora...sorte para os representantes do cole en intercentros que terá lugar contorna ao mes de Abril no Coliseo coruñés.

Os numerosos beléns que adornan as nosas clases e corredores transmítennos esta gran noticia. O nacemento de Xesús, o Fillo de Deus feito home. No noso colexio, seguindo a tradición calasancia de montar beléns (no tempo de Calasanz facíase na igrexa), facemos visible esta gran noticia do mundo cristián e repasamos as narracións da infancia do noso Salvador.

Pica na foto para ver o especial do Nadal con unha galería de fotos de Belenes e outra coas actividades da semana de preparación do Nadal nas aulas.

Page 9: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

9

SEGUNDO TRIMESTRE BALANCE DA CAMPAÑA DO NADAL Departamento Acción Social CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL Educación Primaria. CONCURSO CARTAS DE AMOR EDLG

Como xa sabedes, o Departamento de Acción Social levou a cabo o pasado nadal a CAMPAÑA NADAL SOLIDARIO 2010 que consistía en diversas accións encamiñadas aos máis necesitados. Queremos agora compartir convosco a nosa satisfacción e facer balance da campaña, pero sobre todo, transmitirvos a nosa máis grande GRATITUDE POLA VOSA COLABORACIÓN desinteresada. A pesar dos duros momentos de crise que estamos a pasar, a vosa solidariedade fixo posible que esta campaña fose de novo un éxito rotundo. MÁIS INFORMACIÓN

O pasado 16 de decembro celebrouse no Museo Militar a entrega de premios do XIV Concurso de Postais Do Nadal "Decora Tu Museo Militar en la Navidad ”. Como cada ano participamos no concurso dende 1º ata 6º de E. Primaria. Este ano os premiados foron os seguintes: TERCEIRO PREMIO : Laura Varela García 4ºC e Andrea Vázquez Bravo 5ºC ACCÉSIT: Laura García García 6ºB ; Ángel Fernández Pintor 5ºA ; David Balado Asensio 5ºA e Noelia Gutiérrez Zuluaga 1ºA. ¡Parabéns!

O concurso Cartas de Amor faise desde hai dous anos, estamos xa no 3º certame, para celebrar unha data que ao alumnado de secundaria lle encanta, o día de San Valentín. Aproveitando a publicidade que se lle dá a este día ocorréusenos (ao departamento de Dinamización da Lingua Galega, EDLG) poñer en marcha este concurso contando coa colaboración dos diferentes seminarios de linguas e cos profesores que imparten estas linguas, xa que o amor exprésase en moitos idiomas.

Por este motivo propoñemos ao alumnado que elabore unha declaración de amor, da forma que queira, en calquera das linguas que se falan no centro e que a meta na caixa que se colocou diante de coordinación para este fin. Como novidade este ano tamén convidamos a participar ao alumnado de 6º de primaria que soe ter moito interese por todas as actividades que se fan na ESO. As bases, no colexio.

CURSO 2010-2011

Page 10: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

10

VISITA Á PISTA DE XEO Terceiro Ciclo de Primaria. Crónica dos alumnos PROXECTO EDUCACIÓN EN VALORES. SOMOS ACTIVOS Departamento Acción Social VISITA O ESPECIAL DO DÍA DA PAZ. PICA NA FOTO Departamento Acción Social OPERACIÓN BOCADILLO E CEA / TORNEO SOLIDARIO

O martes 11 de xaneiro os alumn@s do 3º ciclo de E.P e os nosos titores fomos de visita ao Coliseum, á pista de patinaxe sobre xeo. Antes de saír estabamos un pouco nerviosos porque era a primeira vez que facíamos esta saída; pero preparados con luvas e bufandas tal como nos avisaran. Por fin chegamos á pista. Enseguida puxemos os patíns e saímos a disfrutar e a caer alguna que outra vez. Aínda así, era moi divertido. Algúns compañeiros patinaban realmente ben e o resto intentábano. Tamén os profes se animaron a poñer os patíns pero a algúns tivemos que insistirlles máis que a outros. Pero finalmente, todos estabamos na pista. Disfrutamos moito nesta saída e esperamos repetir. Pica nas fotos para velas máis grandes.

Somos activos é un proxecto de intervención en centros educativos de Galicia que pretende fomentar nos nenos hábitos de vida saudables, especialmente no que concierne a nutrición e actividade física, factores crave na prevención do sedentarismo e a obesidade, problemas que afectan a unha gran parte da poboación infantil na nosa comunidade e que está amparado pola Secretaría Xeral para ou Deporte e promovido por Larsa. O ano pasado este proxecto alcanzou a máis de 2.500 escolares de toda Galicia coa visita a vinte centros e o traballo cos escolares foi moi satisfactorio. Varios deportistas como Alejandro Gómez, Pedro Nimo, Eva Castro, Santi Pérez, e mesmo Fran, o ex deportivista que preside a Fundación Fedys, acompañaron este proxecto falando cos escolares.

Page 11: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

11

Departamento Acción Social XUBILACIÓN DE DOLORES QUELLE, PROFESORA DE HISTORIA E ARTE Lembranza emotiva feita pola nosa compañeira Maruxa CHARLAS CRUZ VERMELLA

O departamento de acción social do colexio organizou, os pasados días 4-7-8-9 e 11 de febreiro, a xa tradicional campaña do bocadillo solidario. Abriron a quenda, como non podía ser doutra maneira, os máis pequenos do noso colexio (Educación Infantil e o Primeiro Ciclo de Educación Primaria) coa súa especial Operación Boliño na que os nosos peques merendaron un boliño e un zume, podendo achegar a vontade e así contribuír na campaña benéfica. Uns días máis tarde, o luns 7, foi o momento dos alumnos/as de 1º,2º e3º da ESO, que doando 5 euros, puxeron o seu gran de area quedándose a comer un bocata. Este ano continuouse coa iniciativa do "cinema con valores", e desta maneira, os participantes na Operación Bocata do luns tiveron a opción de pasar ao salón de actos, onde se proxectou a película "Cobardes", na que se narra a historia dun neno que sofre acoso na escola.

Os protagonistas o martes e o mércores foron os alumnos e alumnas de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria respectivamente, que acudiron a esta "chamada solidaria" nunha porcentaxe próxima ao 100%. Os nosos nenos/as de 3º a 6º de Primaria contribuíron con cinco euros á causa e puideron gozar do bocadillo en compañía dos seus amigos e amigas ademais de participar nos diferentes xogos de tempo libre preparados. Un ano máis, e grazas á colaboración de Carrefour Os Roales, sorteouse unha bicicleta. A alumna Laura Suárez Varela, de 5ºC, foi a afortunada Por último, a quenda para os cursos de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. O pasado venres día 11, disputouse, por segundo ano, o torneo solidario de futbito entre alumnos e profersores, na pista do noso pavillón, en horario de 18:00 a 20:30h. Ao acabar os partidos (con actuación destacada do equipo de profes), todos os participantes e a afección presente na bancada, pasaron ao comedor para acabar a xornada coa xa tradicional Sopa Solidaria, con máis de 50 asistentes. Agradecer desde aquí á ANPA e aos profesores que colaboraron, dunha maneira ou outra, ao desenvolvemento desta campaña que cada ano vai a máis, e por suposto resaltar a participación e colaboración do alumnado.

QUERIDA LOLA, amiga, compañeira da alma (que diría o poeta), suxeríuseme que che dirixa unhas palabras de afecto e nada máis fácil para min. Presente teño a admiración dos teus alumnos pola túa elegancia, o teu saber facer e estar, até o punto que ás anotacións históricas engadían as túas frases lapidarias cheas de encanto, que iluminaban a súa intelixencia. Mesmo para chamarlles á orde empregabas o enxeño, resultando as apelacións contundentes, á vez que amables, concisas pero irónicas e, así conseguiches espertar nos teus alumnos, a paixón pola arte, a Historia e a Vida. Aínda que podería estenderme máis, non o fago porque non quero que a loa che resulte abafadora; pois hei de dicir que ao don da sabedoría unes a virtude da humildade. Así pois, pecho, citando a J.L. Borges “Ser admirado non importa, pero ser querido, si” e ti, querida Lola, conseguiches a cuadratura do círculo: que te admiren, te respécten e ámen. Unha aperta inmensa. Maruxa

Page 12: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

12

Departamento Acción Social Mª DEL PILAR OLANO FERNÁNDEZ por Saturnino de Santiago NOSOS ALUMNOS NOS CAMPIONATOS GALEGOS DE NATACIÓN I NFANTIL DE INVERNO CELEBRACIÓN DEPORTIVA 4 -MARZO-2011

Unha das liñas de actuación do departamento de acción social do noso cole son os proxectos de educación en valores. Para iso, ademais da elaboración de titorías, existen unha serie de visitas ao noso colexio de persoas ou colectivos que poden achegar algo aos nosos alumnos e alumnas no que se refire á súa educación integral. É o caso de Cruz Vermella, que os pasados 9, 10 e 11 de febreiro levaron a cabo o seu obradoiro sobre resolución de conflictos e conductas violentas, dirixido aos nosos mozos e mozas de 3º da ESO. Agradecer desde aquí a dispoñibilidade e colaboración da entidade co noso centro e o traballo realizado polos sete monitores que nos visitaron durante os tres días que duraron os obradoiros. Deixámosvos unha foto dun momento da visita.

Dna. Mª del Pilar Olano Fernández, mestra deste centro dende o 3 de novembro de 1966 até a súa xubilación o 31 de agosto de 2004, pasou á Casa do PAI o 7 de febreiro de 2011. Entregada aos nenos (case sempre aos máis pequechos) e á Escola Pía da Coruña, ao ano da súa fundación nos baixos do Paseo de Ronda (como ela comentaba, tiñan que cruzar a rúa para levalos ao recreo aos descampados, onde actualmente está a Casa da Auga). Muller forte, decidida e de carácter. Esixente cos seus alumnos para que medrasen na Piedade e nas Letras, sabía transmitirlles esa disciplina necesaria para o estudo, pero tamén ese amor e cariño para poder acudir a ela na procura de consello cando xa ían maiores na ESO, e a seguían a visitar nos recreos.

Fondamente relixiosa e cristiá, cunha gran fe, colaborou coa Pastoral do Colexio como catequista de comuñón, e na Acción Social coa súa entrega persoal e económica. Desenvolveu o seu don especial para as actividades plásticas, animando os corredores e as distintas celebracións cos seus traballos. Colaborou cos seus debuxos na primeira edición bilingüe da Historia da Coruña (ano 1976) para alumnos de 4º e 5º de EXB, xunto a outros profesores/as do centro.A súa paixón polo teatro como recurso educativo levouna a compoñer e preparar pequenas pezas para mellorar a expresión oral e as relacións sociais dos alumnos e, en moitos casos, para vencer a timidez deses nenos que se pechan en si mesmos. Sempre disposta a axudar e a colaborar en calquera cousa que se lle pedira, con humildade, entrega e amor ao Colexio e ás Escolas Pías. Grazas, Pili, pola túa vida entregada ao servizo da nenez!

Catro alumnos do noso colexio participaron nos campionatos galegos de natación infantil de inverno. María Balayo Caamaño obtivo vrias medallas, unha de prata en 200 estilos e outras de bronce en 100 Bolboreta e 100 libres. O alumno Raúl Castro Varela obtivo medalla de bronce en 100 costas e 4º posto en 200 costas e 400 libres. Andrea Balayo Caamaño obtivo o 4º posto en 400 Estilos, 6ª en 200 costas e 8ª en 100 costas. Cheyenne Amoroso Sanmiguel obtivo o 4º posto en 200 bolboreta, 6ª en 100 bolboreta e 7ª en 200 braza. Parabéns a todos!

Page 13: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

13

"Habilidades Ximnásticas" coordinadas por Manuel Losada VISITA O ESPECIAL DO ENTROIDO VISITA O ESPECIAL DA GRANXA ESCOLA DE BARREIROS Crónica de Alba Pose Rúa, 6ºB

Cando os meus compañeiros e eu baixamos do autobús e vimos a granxa de Barreiros, souben que ía pasalo moi ben. No seu exterior a granxa contaba cunha palleira, unha horta e un parque entre outras cousas. O seu interior constaba de dúas prantas, a de arriba e a de abaixo, ondee u e os meus compañeiros durmimos. Tamén había unha sala de xogos e o comedor. Os nosos titores tiñeron un gran acerto mesturándonos entre as tres clases, para relacionarnos cos outros compañeiros, tanto á hora de durmir como no comedor. Por certo, felicidades ás cociñeiras por prepararnos unha comida tan boa. Pero como non todo é comer, agora falareivos das actividades que fixemos na granxa. Ao comezo da estancia separáronnos en dous grupos de maneira que mentres un grupo recorría unha ruta o outro traballaba na horta e cuidaba dos animais.

A ruta foi xenial. Eu aprendín moitas cousas sobre as árbores, as aves… E tamén, cousas que debemos facer para orientarnos, guiarnos por un mapa ou como usar a brúxula. Na horta aprendimos a cultivar a terra ee a manexar instrumentos de campo. Cos animais, vimos moitos: porcos, vacas, coellos, galiñas, un cabalo e unha chinchilla, máis dous cans que andaban a xogar con nós nos ratos libres. Outras actividades que fixemos na granxa foron a fábrica de papel e as relacionadas coas conservas.Pola noite, tamén fixemos algúns xogos, entre eles o meu favorito. Consistía en que varios grupos lograsen atopar aos mestres e os monitores da granxa. Grazas aos titores por invitarnos e acompañarnos nesta experiencia.

Page 14: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

14

TERCEIRO TRIMESTRE SEMANA VOCACIONAL Departamento Pastoral / Tutorías DESPEDIDA A MARÍA LUERA Educcación primaria

O concepto de vocación é moi amplo. Ninguén está excluído, todos temos vocación. Entendemos por vocación o proxecto de realización persoal que expresa a auténtica identidade de cada un de nós. Todos estamos chamados a algo, a qué?, a descubrir as nosas capacidades e calidades, a proxectar os nosos sonos, a descubrir o sentido da nosa vida, a desempeñar a nosa misión, a fomentar un clima acolledor na nosa familia, a dar a nosa achega á construción dun mundo máis humano e xusto. E para un cristián é dar resposta a Deus que nos chama á vida e a realizarnos no amor. Este ano, partindo do lema xeral da nosa provincia escolapia " construíndo sobre rocha", dende o departamento de acción evanxelizadora pensamos nun lema que podía axustarse moi ben á nosa semana vocacional, e por iso decidimos centrarnos nesta pregunta clarificadora: "e ti, que queres construír? Con esta pregunta intentamos que cada persoa reflexione un pouco sobre a súa vida, sobre o que está a construír e o que vai construír, e que todo iso, o cimente sobre rocha firme, unha rocha representada polos valores cristiáns, que tanta falta fan nestes tempos que corren, onde se fala precisamente diso, dunha crise de valores, entendendo por crise cambio, pero miúdo cambio! É necesario reflexionar e empezar a construír todos xuntos, TODOS SOMOS IGREXA. Aquí tedes uns traballos feitos polos alumnos de terceiro de primaria:

3ºA - 3ºA FOTOS 3ºB - 3ºB FOTOS 3ºC - 3ºC FOTOS

Durante o segundo trimestre estivo connosco María Luera exalumna do cole, que realizou as prácticas de Maxisterio co noso grupo 4ºC E.P. Durante este trimestre acompañounos, axudounos, alegrounos cada día co seu permanente sorriso e mesmo preparou actividades divertidas para realizar nos ordenadores e así poder repasar a ortografía e a gramática de lingua castelá xogando. Por todo iso, non queriamos que se fose sen despedila como se merece e o venres 25 de marzo preparamos unha festa sorpresa para ela. Houbo regalos, actuacións, bailes, chuches e todo o que debe haber nunha boa festa. Grazas por todo María!

CURSO 2010-2011

Page 15: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

15

VISITA DOS PAIS NA SEMANA VOCACIONAL VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA Segundo ciclo Ed. Infantil (5 anos) SOMOS MÚSICOS por José Antonio Martínez Quintanilla

O xoves 31 de marzo pola tarde, continuamos coas actividades da semana vocacional coa visita dalgúns pais e nais que viñeron ás nosas clases a explicarnos as súas profesións. Visitáronnos a nai de Sergio Alabau Suso, Ana Suso, que nos falou sobre a profesión de visitadora médica; o pai de Lucía Cedeira, Jesús Luis Cedeira, explicounos a profesión de profesor de autoescola; a nai de Carmen Suárez, Mª del Carmen Neira, sobre a de farmacéutica e o pai de Rodrigo Vázquez, Manuel Vázquez, falounos sobre a profesión de informático. E moitos máis. Gozamos e aprendemos moito sobre todas esas profesións. Grazas a todos eles pola súa paciencia resolvendo todas as nosas dúbidas e sobre todo, por compartir connosco a súa experiencia vocacional.

Os alumnos/as de 5 anos de educación infantil, clases de Matisse, Degas e Sorolla, visitamos o pasado mes de marzo o museo de Belas Artes da Coruña. Este ano coincidente coa elección dos pintores para as nosas clases, esta visita foi moi especial para nós e desfrutamos moito dos cadros, esculturas, sobre todo o xigante de madeira, e tamén tiñan unha zona onde pintamos recortamos e pegamos as nosas propias obras de arte, que nalgunha das fotos podedes ver. A clase de Sorolla tivo moita sorte de poder deleitarse cun maravilloso lenzo ó óleo deste pintor , "O boieiro castelán"(1913)

Para moitos de nós, por non dicir para todos, a música é moi importante. Acompáñanos na nosa vida. Forma parte dela. Unha canción lémbranos algo, alguén, un momento, unha época. Unha melodía sácanos da tristeza ou nos leva a ela; anímanos, fainos bailar ou nos fai soñar. No noso colexio a música está sempre moi presente. Acompáñanos nos nosos actos festivos: na semana de Calasanz, no Día da Paz, na Feira Solidaria. Hai excelentes profesores de música, e un excelente coro. Hai tamén moitos alumnos que tocan un ou varios instrumentos musicais. Esta semana, en concreto, algúns dos nosos alumnos actuaron na Feira Solidaria. Outros prepáranse para a final de "Intercentros". Desexámoslles o mellor. Para celebrar o noso gusto pola música, en breve haberá un especial titulado "Somos Músicos". No especial sairán varios vídeos dos nosos alumnos tocando diferentes instrumentos e con diferentes estilos de música, desde música clásica ao rock. Algúns levan pouco tempo tocando e outros máis. Algúns van a academias ou ao conservatorio e outros son autodidactas pero a todos únelles a súa paixón pola música. Aquí déixovos un avance coa actuación magnífica do alumno Javier Dopico, de 2º ESO A

Page 16: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

16

FESTA DA LINGUA EDLG / Alumnos da ESO CASA DAS CIENCIAS E PLANETARIO Alumnos de 4º Primaria XUBILACIÓN DE LUIS SÁNCHEZ-MARÍN PIZARRO, Profesor de Primaria

O día 6 de abril e como vimos facendo desde hai xa varios anos, acudimos á VII edición deste premio. Nesta ocasión foron moitos alumnos de 1º de ESO, algúns de 2º e unha minoría de 3º e 4º. Xa sabedes que neste acto se elixe unha obra de tres propostas, polo que o alumnado ten que demostrar a lectura destas para poder dar a súa puntuación e despois asistir ao acto. Este curso a festa tivo lugar no Pazo de congresos e exposicións de Santiago de Compostela e pola tarde fomos á Cidade da Cultura. Temos que estar moi satisfeitos porque ademais se entregaban os premios Rec-curta ás mellores curtametraxes. No centro presentáronse dúas e unha delas obtivo catro nominacións e dous premios. Quen sabe se no futuro non contaremos cun grupo de afamados profesionais do audiovisual? Abaixo podedes ver un pouco do curto premiado e o equipo de alumnos ganadores.

O martes 5 de abril os alumnos/ás de 4º E.P. visitamos a Casa das Ciencias. Foi unha mañá moi divertida na que aprendimos moito coas distintas actividades e experimentos interactivos. No planetario tamén aprendimos moitas cousas sobre as estrelas, constelacións, planetas, etc. coa proxección audiovisual "A noite do vampiro". Unha mañá chea de ciencia e sobre todo moi divertida!

Ás veces non é doada a tarefa que o profesor ten que desempeñar no día a día pero, nesta ocasión, é máis difícil a que supón ter que dicir adeus a un mestre que deixou os mellores anos da súa vida dedicados ao que foi a súa paixón: o ensino. Despedimos a vida laboral de Luis con estas palabras, cando lle chegou o momento da súa xubilación, tras unha tarefa desempeñada da que debe sentirse orgulloso. Só queda desexarlle o mellor para esta nova etapa da súa vida e que estea presidida pola moita felicidade que se lle desexa

Page 17: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

17

XUBILACIÓN DE PACO RÚA, Profesor de Secundaria por Carmen Ramos VISITA OS NOVOS ESPECIAIS VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE Alumnos de 3º Primaria COÑECEMENTO DO MEDIO Primeiro Ed.Primaria

Despois de toda unha vida dedicada á educación, un bo día o noso compañeiro Paco Rúa remata esa andaina, ás veces dura, con demasiados obstáculos, e outras, máis levadía, pero sempre con bo humor e un talante que inspiraba tranquilidade, serenidade e paciencia. Aqueles que tivemos a sorte de traballar ao seu lado durante anos, gardamos innumerables recordos, anécdotas, consellos e, sobre todo, o aprecio e respecto cara á lingua galega, outrora esquecida e deostada e que el, co seu carácter perseverante, soubo introducir nas nosas vidas. Firme defensor do diálogo, mantivo sempre unha relación de amizade cos seus alumnos, tratando de evitar sempre situacións de conflito. Son os seus valores como acode e o seu carácter afable, mesturados cunha dose de ironía melidense, o que o fan especial. Grazas, Paco.

O pasado día 28 de abril os 3 cursos de 3º E.P. visitamos o Aquarium Finisterrae onde, entre o persoal do complexo e a iniciativa propia, gozamos da diversidade de elementos que o forman así como das novidades máis recentes (Planeta Azul e Charca das Caricias) que se deron dun tempo a esta parte neste marabilloso recinto. Pica nas fotos.

Os alumnos de 1º curso de Educación Primaria do noso colexio fixeron unha actividade que leva por título "Prantando Lentellas" dentro da programación de Coñecemento do Medio. Como podedes observar na foto, os alumnos e alumnas máis pequenos da Etapada de Educación Primaria´son una auténticos expertos agricultores e queren compartir con todos nós os froitos do seu traballo. Pica na foto para vela mellor.

Page 18: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

18

XUBILACIÓN DE CAMILO PORTO por Rosa Martínez NO CARREFOUR Terceiro Ed. Primaria NO CARREFOUR Terceiro Ed. Primaria TEMPO DE COMUÑÓNS

Querido compañeiro: Tentar recoller nunhas poucas palabras o que ti tes significado para este Colexio é unha tarefa ardua e difícil. Con todo, que debería ser moi doado, xa que todos, alumnos, compañeiros e pais puidemos comprobar o que significa o traballo como servizo aos demais, signo de ter un corazón grande e xeneroso coma o teu. Mestre inolvidable, inmellorable compañeiro, sempre disposto a axudar en calquera tarefa, traballador incansable, responsable e solícito, do que todos nós temos aprendido tanto. Estas palabras só pretenden amosar o meu agradecemento e cariño que, por suposto, non recollen todo o bo facer do noso querido compañeiro. Rosa

Os alumnos de 3º E.P. que temos interese por alimentarnos mellor cada día, asistimos a unha actividade no Carrefour do Centro Comercial dos Rosales, onde se pretendeu, e esperamos que se conseguirá, ensinarnos a mellorar o noso xeito de alimentarnos para facer de nós unha xeración ben aproveitable. Considerámolo moi interesante e agora temos que lévalo á práctica. Pica nas fotos para velas mellor.

Como cada ano, o noso colexio realizou a primeira comuñón dos nosos alumnos de 4 ª de Primaria, que despois de dous anos a gozar da catequese familiar cos seus pais e catequistas, puxo a guinda ao pastel, cun dos días máis importantes para todo cristián. Apreciamos toda as celebracións que foron animadas polo noso marabillosos coro do colexio, que deu un broche de ouro a Eucaristía.Dende aquí darlle as gracias aos relixiosos e catequistas da nosa querida escola, pois sen o seu traballo sería moi difícil realizar esta gran festa da Igrexa. Parabéns a todos os nenos, e non hai que esquecer que esto non remata aquí, xa que para o próximo ano, está agardando o Grupo Amanecer, onde poderán gozar de xogos, cancións, oracións, dinámicas, encontros e celebracións. Contamos contigo.

Page 19: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

19

VISITA Á FÁBRICA DE BONILLA 4º Primaria DÍA DAS LETRAS GALEGAS EDLG

O xoves 5 de maio os alumnos/as de 4º B e C de Ed. Primaria, visitamos a fábrica de Bonilla. Puidemos ver todas as súas instalacións e coñecer un pouquiño mellor o proceso de elaboración dun produto nunha fábrica. Foi unha mañá moi divertida na que descubrimos ademáis un dos segredos da receita das patacas fritas de Bonilla.

3º Primaria

Os alumnos de 3º E.P. seguimos moi interesados nos temas alimentarios e , por iso, visitamos a fábrica de “Bonilla a la Vista” no polígono industrial de Sabón. A elaboración das súas ricas patacas xa non ten segredos para nós! Pica nas fotos para velas máis grandes.

Este curso quixemos celebrar o Día das Letras Galegas comezando coa elaboración dun Dicionario Visual. Contamos con que este labor nos leve uns cantos anos e por iso queremos que non quede no esquecemento por iso cremos que o mellor sitio para que o poidades ver sería a web do cole. Os que queirades tamén podedes ver no hall todos os traballos que fixemos. Como poderedes ver todas as palabras que temos comezan por A, a primeira letra do noso alfabeto. Hai algunha que non coñezades tras consultar o noso diccionario?

Page 20: PRIMEIRO TRIMESTRE SETEMBRO.- TABOLEIROS … NOSO DIARIO 2010...Esta proposta xorde ao ver nos recreos o excesivo consumo de comida lixo e bolería industrial entre os alumnos/as,

20

GRADACIÓN BACHARELATO SOBRE " A FUME DE CAROZO" por Roberto Catoira VISITA OS ARQUIVOS DOS ESPECIAIS E EXCURSIÓNS DO CU RSO 2010-2011

A produtora audiovisual DANGA DANGA, que emite en V Televisión o programa "Mobilízate", púxose en contacto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro co obxectivo de informarse sobre o programa de radio "A fume de carozo", do que oíran falar moi positivamente. Querían facer un programa sobre a normalización da lingua galega en diferentes ámbitos, entre eles o do ensino, e algúns profesores do ensino público doutros lugares de Galicia, que coñecen e seguen o noso programa de radio, faláronlles deste proxecto.

Pediron permiso para vir gravar un día concreto, e aínda lles pareceu mellor cando lles dixemos que ese día ían participar os alumnos de 6º de Educación Primaria do noso centro; parecíalles moi interesante ver a rapaces tan pequenos xa debutando no medio radiofónico. Estiveron cerca de dúas horas gravando diferentes escenas e situacións antes, durante e despois da emisión en directo do programa, dentro e fóra das instalacións da emisora. E o resultado é o vídeo que tedes aquí dispoñible.

O venres 20 de maio despedimos á promoción de bacharelato. Desde aquí, o voso colexio, dámosvos o parabén. Esperamos que vos acordedes de nós e que teñades moita sorte na vosa nova etapa. Ata sempre!

Visita nuestra web: http://www.escolapiosacoruna.es/