25
1 www.paixonporlugo.org de Lugo Programa electoral municipais LUGO 2015

Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

  • Upload
    vothuan

  • View
    217

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

1

www.paixonporlugo.org

de Lugo

Programa electoral municipais LUGO 2015

Page 2: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

2 3

Lugowww.paixonporlugo.org

A nosa candidatura

José López Orozco

Lara Méndez López

Juan Carlos González Santín

Ana Prieto Nieto (Independiente)

Miguel Fernández Méndez (Independiente)

Alcalde de Lugo dende 1999, é natural de Fazouro (Foz), onde nace en 1947.

Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade Pontificia de Salamanca e realizou cursos de Doutoramento na Universidade de Santiago.

Traballou como profesor en diferentes centros de secundaria ata obter a condición de Catedrático na materia de Filosofía no Instituto Lucus Augusti.

Afiliado ao PSOE desde 1977, foi Presidente do PSdeG-PSOE, Delegado Provincial da Consellería de Cultura e Deportes entre 1987 e 1990 e membro do Consello Asesor de TVE en Galicia dende 1990 ata 1995. É Presidente da Secretaría de Seguridade e Convivencia Cidadá da Federación Española de Municipios e Provincias.

Nacida en Suíza en 1972 é Enxeñeira Técnica Agrícola. Durante case 10 anos estivo dedicada ao sector agrario e medioambiental impartindo cursos de formación a traballadores e emprendedores ou acometendo labores comerciais e de asesoramento técnico. Tamén traballou co movemento asociativo galego para o desenvolvemento do medio rural a través de proxectos financiados con fondos europeos. É Vicepresidenta Segunda de Deputación de Lugo dende o ano 2007 e forma parte da Corporación Municipal de Cervo dende hai 12 anos.

Lugo (1967). Licenciado en Ciencias Económicas e Empresarias pola Universidade de Santiago de Compostela, forma parte do Corpo Superior de Intervención da Seguridade Social. Durante 8 anos foi responsable do Instituto Nacional da Seguridade Social na provincia de Lugo. Dende o ano 2013 é o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Lugo. É Deputado por esta provincia no Parlamento de Galicia onde exerce como voceiro de Facenda do Grupo Socialista.

Natural de Xinzo de Limia (Ourense) é Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago, ten un Máster en Comunicación 2.0 de Saúde e un posgrao de Análises Físicas-Químicas e Microbiolóxicas de Alimentos. Traballa como farmacéutica comunitaria en Lugo onde preside o Colexio Oficial de Farmacéuticos desde o ano 2009. Representa aos Colexios Farmacéuticos Galegos no Consello Galego de Saúde e é vogal da profesión farmacéutica na Unión Profesional de Galicia. Amais é conselleira da empresa de consultaría do Grupo PSN, Sercon, e colabora como autora de opinión en Mundiario.

Nacido en Ribeira de Piquín formouse como ATS na Universidade de Santiago de Compostela, diplomouse en Enfermería pola UNED, ten estudos de Antropoloxía e un Máster pola Universidade Complutense de Madrid. Traballa no Centro de Saúde de Pobra de San Xiao (Láncara), presidiu o Colexio Oficial de Enfermería de Lugo e foi membro da Xunta de persoal da Área Centro de Lugo (SERGAS). Amais é voceiro do Grupo Ecoloxista CEDENAT, Presidente da ANPA do Sagrado Corazón e membro da Academia Galega de Enfermería.

nº 2

nº 3

nº 4

nº 5

nº 1

Page 3: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

4 5

Rosana Rielo Rozas

Carmen Basadre Vázquez

Manuel Núñez López

José Manuel Díaz Grandio

Marta Jato Díaz

Ana María González Abelleira

Adrián Vázquez Fernández

Xosé Daniel Piñeiro Villares

Castro de Rei (1979). Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago e en Ciencias Políticas e Socioloxía pola UNED, amais de Graduada en Traballo Social pola UNED, onde cursou un Máster en Xuventude e Sociedade. Empregada de banca é na actualidade Concelleira de Desenvolvemento Local.

Lousadela, Guntín de Pallares (1957). Estudou Bacharelato e COU no Instituto Virxe dos Ollos Grandes. É Funcionaria do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, foi Delegada Sindical de FSP-UGT desde as primeiras eleccións sindicais na Administración e foi Secretaria de Organización da UXT de Lugo. Creou e puxo en marcha o Departamento da Muller na Unión Comarcal de Lugo – UXT co que colabora nivel Galicia. É Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua de Lugo e membro do Comité Provincial do PSOE.

Nacido en 1958 en Milleirós (Meilán), Concello de Lugo. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Mestre na especialidade de Ciencias Sociais pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo. É Director do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo e Concelleiro da Área de Servizos Xerais e de Participación Cidadá.

Naceu en Lugo no ano 1958 e vive no Barrio da Milagrosa. Estudou Bacharelato no Instituto Xoán Montes e é empregado público do Instituto Nacional da Seguridade Social. Afiliado ao PSdeG-PSOE desde 1976 é actualmente Concelleiro de Deportes de Lugo.

Naceu en Lugo en 1967. Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Navarra e é especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública así como en vacinas. Ten Máster en Saúde Pública e en Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e está realizando a tese de doutoramento. Traballa como Médica Axunta no Servizo de Medicina Preventiva do Hospital Lucus Augusti

Nacida en Xustás (Cospeito) en 1975. Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Santiago é Técnica Especialista en Diagnóstico Clínico e Técnica Auxiliar en Enfermería, amais ten un Máster en Dirección e Xestión de Servizos Sociais e un Posgrao en Relacións Laborais. Dende o 2003 é persoal laboral fixo da Xunta de Galicia con destino na Residencia de Persoas Maiores As Gándaras-Lugo. É Concelleira de Benestar Social e Igualdade e Secretaria de Política Social do PSdeG-PSOE provincial de Lugo.

Nacido en Lugo en 1979. É licenciado en Filosofía e Doutor en Filosofía Moral e Teoría Política pola Universidade de Santiago de Compostela e ten un Máster en Política e Democracia pola UNED. Foi profesor no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011. É asesor da área de Urbanismo e Medio Ambiente do Concello de Lugo e Secretario de Formación na Executiva Local do PSOE de Lugo.

Nado en Lugo en 1974 é veterinario dende 1997, ten un Máster en Produción de Leite e é Experto Universitario en Xestión de Residuos de Actividades. Traballa como especialista en xestión ambiental para a Consellería de Medio Ambiente. Amais ten experiencia en clínica de vacún de leite e no traballo de campo para a administración autonómica que desenvolveu na Mariña de Lugo e na comarca de Ordes. Colabora coa asociación ecoloxista ADEGA coa ANPA do colexio público da súa filla.

nº 10nº 6

nº 11nº 7

nº 12nº 8

nº 13nº 9

Lugowww.paixonporlugo.org

A nosa candidatura

Page 4: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

6 7

Sabela Thais Sanjurjo Varela

Isabel Salazar Bello

Jesús Lodeiro Fernández

Manuel Padilla Fernández

María Pilar Rodríguez Potente

Ana Paz Veres

Carlos López Racamonde

Daniel Castro Fernández

Lugo, 1991. Cursa o Ciclo de Xestión Administrativa e segundo de Bacharelato a distancia, que compatibiliza traballando como dependenta nunha tenda de roupa. Milita no PSOE e nas Xuventudes Socialistas dende hai dous anos. Entre os seus obxectivos está completar a súa formación estudando Dereito.

México D.F. (1949). Licenciada en Cirurxía e Medicina pola Universidade Autónoma de Madrid exerceu en Abadín, Sarria, no CHUAC da Coruña, no Xeral Calde de Lugo e no HULA, onde se xubilou en 2014. Foi Deputada no Parlamento de Galicia e Deputada no Congreso entre 2004 e 2008. Forma parte do Consello Social da Universidade de Santiago en representación do Grupo Socialista do Parlamento de Galicia. Militante do PSOE desde 1996 e afiliada á UXT desde 1980. Constituíu o Departamento da Muller deste sindicato xunto a Carmen Basadre.

Nace en Lugo en 1960. A súa traxectoria profesional desenvólvese no mundo da hostalería. Na actualidade rexenta no barrio da Milagrosa o Café Bar Rey. É militante do PSOE.

Nado en Madrid en 1952, reside en Lugo onde ten desenvolvido diferentes ocupacións profesionais. Dende o ano 2000 é voluntario da Cruz Vermella na cidade e ata o ano 2010 foi membro da Xunta Directiva da Federación de Asociacións de Pais de Alumnos de Lugo (FAPACEL) e da Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos de Galicia (CONFAPA Galicia).

Naceu en San Vicente de Coeo, Lugo, en 1969. Estudou auxiliar administrativo pero dende moi nova dedicouse ao mundo gandeiro, primeiro como transportadora de leite e, na actualidade, como propietaria da Gandería Agra. Formou parte da Asociación de Mulleres Rurais de Coeo en Santa María de Bóveda.

Nacida en Vilalba en 1951, está xubilada logo de exercer durante 30 anos como profesora de Ensinanza Secundaria en varios centros da cidade: o Politécnico, o Ingabad e o IES Virxe dos Ollos Grandes. Foi militante e delegada sindical de FETE-UXT e é militante do PSOE.

Nacido en San Miguel de Bacurín, formouse en programación informática, capacitación agraria e en Novas Tecnoloxías Agrarias na Universidade Laboral de Xixón. A súa traxectoria laboral comeza no ano 1990 como controlador leiteiro nos concellos de Friol, Guntín de Pallares e Lugo e continúa coa dirección da empresa SAT RÍO MERA ata o ano 2009, cando se prexubila.

Nacido en Ourense en 1995, vive dende cativo en Lugo, onde hoxe participa activamente en movementos sociais. Estuda Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e milita no PSdeG-PSOE dende 2013, o ano no que foi elixido Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas Lugo Cidade e Voceiro Comarcal de Xuventudes Socialistas Lugo. Tamén pertence á Executiva Local do PSdeG-PSOE de Lugo. Premio ao mellor orador do Parlamento Xove 2013.

nº 18nº 14

nº 19nº 15

nº 20nº 16

nº 21nº 17

Lugowww.paixonporlugo.org

A nosa candidatura

Page 5: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

8 9

María José Vales Garaloces

Diego Pena Luaces

Sonia Méndez García

José Conde Vales

Nace en Ferrol e estuda un Módulo Administrativo. É funcionaria da Tesourería Xeral da Seguridade Social desde 1988, estando adscrita á Administración de Lugo como Axudante de Xestión. Foi Secretaria Xeral de Política Social e Igualdade dende o ano 2005 ata o 2014 na Executiva Comarcal Lugo-Costa da Unión Xeral de Traballadores. Dende o ano 2001 é Delegada de Persoal da Administración Xeral do Estado e membro da Xunta de Persoal da mesma.

Nado en Lugo en 1986, vive na parroquia de Tirimol. É Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago. Foi técnico do Proxecto Europeo PARNET-tic para dinamizar as novas tecnoloxías na zona rural e traballa como asesor político do grupo municipal do PSOE no Concello de Lugo. Preside AgrupaLugo (Agrupación de Asociacións Veciñais de Lugo). É militante do PSdeG-PSOE e das Xuventudes Socialistas amais de afiliado á UXT.

Lugo, 1974. Avogada, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela; é Diplomada en Criminoloxía, especialista en Administración Local e en Recursos Humanos. Actualmente desempeña o cargo de segunda Tenente de Alcalde e delegada da área de Economía do Concello de Lugo. É Deputada Provincial e Secretaria de Política Municipal da Agrupación Socialista de Lugo.

Nacido en Taboada en 1954, licenciouse en Medicina no ano 1979. Especialista en Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo, desde maio de 2014 é Xefe do Servizo de Cirurxía do HULA e dende o curso 2012-2013 é profesor asociado de Cirurxía da Universidade de Santiago. Milita no PSOE dende 1982.

Luis Manuel Álvarez Martínez

nº 1

María Esther Muñoz Mella

nº 2

José Luis Díaz López

nº 3nº 22

nº 23

nº 24

nº 25

Lugowww.paixonporlugo.org

A nosa candidatura Suplentes

Page 6: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

Lugo

Introdución: o noso modelo de Concello 12

Proxecto de Concello

Oportunidades do II Plan Estratéxico

Democracia: obxectivos para un concello da cidadanía 16

Orzamentos participativos

Entre todas e todos: o Consello Social do Concello

Modelo de democracia participativa

Economía 18

Lugo: capital eco-dinámica

Lugo rural e urbano: unha simbiose produtiva

Emprego: aposta polo motor do benestar

Innovación e tradición

Sociedade: un concello que inviste en persoas 22

Pacto polo emprego

Sostibilidade enerxética: aforro e eficacia

Plan de Mobilidade

Xuventude: un futuro presente

Xuventude experimentada: os nosos maiores

Vivenda, dotacións e servizos

Servizos sociais: o intelixente é ser xusto

Igualdade

Máis espazos de ocio e deporte

Seguridade e convivencia

Lugo

Índice

Cultura, turismo e patrimonio 30

Tradición innovada

Explotando as nosas potencialidades: Lugo sendeiro aberto

Educación 34

Cidadanía activa

Estratexia formativa

Sanidade e Consumo: o xusto é necesario 36

Medio Ambiente: Lugo corazón verde 38

Infraestruturas e Urbanismo 42

Medio Rural: reactivando a nosa esencia 44

Administración: o corazón do Concello 46

Page 7: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

12

Lugo

13

www.paixonporlugo.org

va polo que é necesario adiantarse e adaptarse ás súas novas necesidades para mellorar a súa calidade de vida.

Somos conscientes deste desafío pero, lonxe de amedrentarnos ante as dificulta-des, vemos as posibilidades que este novo tempo pode ter para os lucenses.

Por esta razón, e partindo do traballo feito entre todas e todos, queremos afondar, tamén en conxunto, en novas estratexias, canles, e mecanismos que nos permitan seguir medrando para alcanzar como sociedade e indivi-duos as metas elixidas. Por iso é de xustiza actuar cunha solidariedade que garanta a equidade; porque a crise non afectou a tódalas persoas por igual, polo que os parados, a mocidade que busca o primeiro emprego, as mulle-res que teñen que loitar pola igualdade, os pais e nais que quedaron sen o seu posto de traballo de anos, os pequenos empresarios e autónomos, as persoas inmigrantes, as minorías étnicas e as persoas en risco de exclusión social precisan en maior medida o traballo da administración máis próxima e, por iso, máis sensible, como é o Concello.

Gobernamos para toda a cidadanía pero se gobernar sempre é priorizar, neste momento de tanta incerteza económica e social aínda máis: por iso somos o primeiro Concello de Galicia e o cuarto de España en investimento social, destinando 157 euros ó ano por habitante nesta materia e imos incre-mentar esta cantidade.

Cremos que é necesario afondar na atención ás persoas e traballar de modo integral no que consideramos a columna vertebral do noso programa, den-tro dun proxecto integrador e intelixente que posibilite non só un desenvol-vemento sostible, no máis amplo sentido da palabra, senón tamén o crece-mento persoal de cada cidadá e de cada cidadán:

Democracia: máis proximidade, máis autonomía.1.

Economía: novas vías de desenvolvemento 2. apostando polo emprego e o benestar.

Sociedade: cara un Concello sostible na 3. vangarda das cidades europeas.

Cultura e turismo: novas oportunidades 4. económicas e sociais para a cidadanía

Educación5.

Zona rural6.

Administración: un servizo áxil para as persoas7.

Sanidade e consumo.8.

Medio ambiente.9.

Infraestruturas e urbanismo10.

É posible que esteamos nun momento que se poida identificar como “cam-bio de ciclo“, un momento no que a profundidade ou a natureza do cambio social sexa tal que faga os retos actuais incomparables cós enfrontados nas últimas décadas.

O indicio máis potente desta posibilidade remítenos á opinión pública que se expresa nos medios de comunicación, nas enquisas e nos discursos dos no-vos movementos sociais e cidadás. Dende todas estas frontes repítese con forza a mesma mensaxe: a necesidade de cambiar e renovar todo o existen-te, especialmente ós representantes e ás institucións políticas.

É unha demanda tan forte que debe ser atendida. E sen embargo, na medida na que se están confrontando retos sen precedentes próximos, faise espe-cialmente perigoso partir de cero. Lanzar propostas novas, experimentar e apostar por vías que non se teñan ensaiado, innovar, é unha demanda tan necesaria como custosa. Hai aventuras excepcionais de éxito inmediato, pero polo xeral, as mellores ideas necesitan tempo para consolidarse e demostrar o seu máximo potencial. En cambio, non podemos permitirnos renunciar a po-tenciar especialmente o que xa funciona, o que non é necesario descartar.

Este é un dos principios que sostén o concepto de “resiliencia“ que se está a manexar dende as políticas europeas e que remite á capacidade de adaptarse a novas situacións que representan unha ruptura ou trauma. Segundo un avance da R.A.E., a palabra denomina a “capacidade humana de asumir con flexibili-dade situacións límite e sobrepoñerse a elas“. No contexto da Europa actual, é todo un reto nomear o que constitúe o “trauma“. No contexto de España, hai unha historia de superación interrompida e un estado do benestar en perigo.

Os indicadores que dan conta da evolución socioeconómica recente de Lugo debuxan unha situación que se axusta especialmente a esta reflexión: un municipio que demostra un dinamismo económico e social constante duran-te a primeira década do século XXI, ameazado con retardarse e retroceder ante o impacto da crise.

Por iso, hoxe máis que nunca a sociedade lucense aposta pola necesidade de modernizar o seu Concello. Un compromiso reflectido nas propostas e no traballo dos diferentes gobernos do Partido Socialista no municipio de Lugo e, que coa colaboración do conxunto da cidadanía, consolidaron un cambio cara unha cidade renovada, máis social e máis cómoda.

Con todo, como dixemos, a realidade social, económica e política mudou neste tempo: non só se reduciron as distancias, os modos de comunicarse, a proxección da economía dentro dun marco global, senón tamén as nece-sidades dos cidadáns nun contexto de crise económica, política e social; así como as ameazas e posibilidades derivadas deste contexto para un Conce-llo como o noso. Ademais non podemos esquecer que as persoas, que son o fundamental nos concellos, viven nunha contorna cambiante, competiti-

Introdución: o noso modelo de Concello

Page 8: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

14

Lugo

15

www.paixonporlugo.org

res de coñecemento (Universidade), os sectores privados e, por suposto, a cidadanía.

Por iso, queremos levar adiante o II Plan Estratéxico Municipal para o pe-ríodo 2015-2020, que nos poñerá en disposición de optar ós mais de 1.500 millóns de euros destinados a Proxectos Europeos dentro da Estratexia Eu-ropea 2020.

Crearemos unha Unidade Municipal especializada na captación de fondos europeos tendo en conta que Europa dá prioridade no novo programa ope-rativo ó desenvolvemento urbano sostible en cidades de máis de 50.000 ha-bitantes para investir en áreas de emprego, sostibilidade, novas tecnoloxías e medio ambiente.

Impulsaremos tamén as sinerxías co Eixo Atlántico e a colaboración con re-des de cidades europeas, para obter financiamento dos fondos comunitarios que nos permitan situar o noso concello como referente e consolidarnos como destino atractivo para empresas e inversores.

Desta maneira, afrontaremos os problemas históricos de Lugo (illamento periférico, industria residual, poboación envellecida etc.) e coordinaremos tódalas posibilidades de crecemento para o Concello, respectando os crite-rios, eixes e compoñentes da Estratexia Europea de Desenvolvemento sos-tible (EEuDS) e a súa actualización na Estratexia Nacional (ENDS) e Galega de Desenvolvemento Sostible (EGDS). Amais é preciso incorporar novas de-rivas tecnolóxicas (Smart-City) orientadas á xestión intelixente de recursos e servizos, buscando con iso a inclusión nos programas e subvencións euro-peas destinadas a tal efecto.

Este proxecto nace da nosa experiencia de goberno e dos encontros man-tidos cos veciños, asociacións e colexios profesionais nos que recibimos propostas e críticas construtivas, que nos conduciron a tomar decisións conxuntas destinadas a ser introducidas no noso programa electoral. É un programa que nace pegado á política real, activa e entendida como medio de transformación social, cultural e económica. Como queres que sexa o teu concello? Como podemos conseguilo? Son preguntas abertas ás que pre-tendemos dar resposta contigo a través da visión de Lugo que presentamos neste programa.

Traballemos xuntos nun proxecto de Concello por, para e dende a cidadanía lucense!

Proxecto de Concello

Lugo é un Concello con máis de dous mil anos de historia, foi a primeira capi-tal de Galicia e é unha das poboacións máis antigas de España. Na súa traxec-toria histórica configurouse como un municipio urbano e rural, dependente principalmente do sector agrícola, gandeiro e forestal e, nas últimas décadas, do sector servizos e cun incipiente desenvolvemento industrial. Non obstante, Lugo dispón dunha destacable oferta e potencialidade no ámbito turístico, agroalimentario e cun sector industrial que precisa potenciación nos polígo-nos industriais e tamén nas cooperativas agrogandeiras. Por iso:

-Queremos consolidar a Lugo como centro gandeiro e de transformación da industria agroalimentaria e forestal para que sexa o referente de España.

-Faremos de Lugo a porta de entrada do Camiño Primitivo de Santiago en Galicia especializándonos no turismo histórico, natural e gastronómico.

Oportunidades do II Plan Estratéxico

Lugo leva anos sendo referente na obtención e desenvolvemento de pro-gramas financiados con fondos europeos, por iso o concello foi elixido como Exemplo de Boas Prácticas na Unión Europea. Grazas á xestión municipal ao longo de 16 anos fomos quen de conseguir que Lugo recibise máis de 50 millóns de euros de fondos comunitarios para investir no noso Concello e demostramos a nosa solvencia superando todas e cada unha das auditorías europeas polo uso dado a estes cartos, sen ter que devolver nin un só euro.

E agora damos un paso máis. Estamos preparados para cumprir as novas esixencias da Unión Europea que obrigan a dispor dun Plan Estratéxico e a contar coa colaboración público-privada para captar fondos das novas liñas de axuda comunitarias. Ademais de satisfacer esa esixencia, grazas á xes-tión económica que levamos desenvolvida nestes anos, o Concello de Lugo ten a capacidade financeira necesaria para executar eses proxectos que re-quiren do cofinanciamento municipal.

É necesario o deseño dunha estratexia liderada polo Concello que cree un marco para a acción conxunta e coordinada das administracións, os secto-

Introdución: o noso modelo de Concello

Page 9: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

16

Lugo

17

www.paixonporlugo.org

mento do Consello quedará regulado nunha nova Ordenanza que establece-rá tanto a composición, como as funcións e a periodicidade das xuntanzas.

Coa participación da sociedade, impulsaremos e fortaleceremos medidas para a creación de emprego, a reactivación da economía, o fomento do turismo e a proxección de Lugo nun medio global, amais de reforzar os sectores sociais menos favorecidos.

Aproveitaremos as sinerxías co Eixo Atlántico e a colaboración con redes de cidades europeas para obter financiamento dos fondos comunitarios que nos permitan situar o noso concello como referente e consolidarnos como destino atractivo para empresas e inversores, tal e como aconteceu co Plan Urban, premiado pola súa boa xestión.

Mediante canles de integración e participación nos aspectos económico, cultural e social de Lugo, como o Consello Social, acadaremos a excelen-cia necesaria para obter novos fondos europeos, que premian as estra-texias conxuntas capaces de propoñer un novo rumbo das cidades.

Modelo de democracia participativa

No Concello de Lugo apostamos pola participación activa da xente por iso:

Aprobaremos unha nova Ordenanza de Participación Cidadá que regule os mecanismo de participación veciñal e dos diferentes colectivos na con-fección e execución dos orzamentos participativos.

No rural, crearemos os Consellos Parroquiais como un órgano que poten-ciará a presenza veciñal nas decisións municipais. Agruparemos ás parro-quias pola súa proximidade xeográfica.

Instauraremos a figura do Concelleiro 3.0, que facilitará a participación ci-dadá na toma de decisións sobre os asuntos estratéxicos municipais máis transcendentes a través de Internet.

Promoveremos a figura do Xestor Administrativo Local coa función de facilitar a tramitación administrativa a colectivos con necesidades espe-ciais: maiores, persoas con discapacidade ou persoas inmigrantes.

Dende sempre, temos apostado pola transparencia na xestión municipal. É por isto que tódolos grupos políticos do Concello, sexan goberno ou oposi-ción, forman parte dos órganos municipais encargados das contratacións, que son a Mesa de Contratación e a Xunta de Compras e retransmitimos os Plenos do Concello en directo a través da páxina web para facelos accesibles a toda a sociedade lucense. Agora, ademáis, desenvolvemos o Portal de Transparencia e impulsaremos a redacción de plans de prevención para facer aínda máis transparente a xestión e a actuación dos cargos públicos e dos funcionarios e faremos pública a axenda institucional do goberno local.

A democracia non é algo acabado dunha vez por todas, senón que está en evolución constante; é o mellor medio de integrar posturas, propoñer alternativas e construír un Concello capaz de xestionar de modo eficaz e próximo os recursos; tanto no día a día dos barrios e da zona rural, como nas liñas estratéxicas necesarias para seguir transformando Lugo nunha sociedade aínda máis moderna, cómoda, produtiva, competitiva, xusta e solidaria. Perseguimos a mellora dun modelo de participación comprometido co benestar, no que os diferentes sectores sociais sexan protagonistas, no que a cidadanía teña o seu espazo. No que ti sexas protagonista.

Orzamentos participativos

Lugo é a primeira das sete grandes cidades galegas en darlle voz á veciñan-za para decidir sobre o destino dos cartos públicos a través dos orzamentos participativos, que permiten á cidadanía propoñer e elixir investimentos mu-nicipais. Este é un exemplo real da nosa concepción da democracia.

Por iso, afianzaremos no próximo goberno o modelo de orzamentos participa-tivos co fin de atender as demandas cidadás, tanto do rural como do urbano.

Entre todas e todos: o Consello Social do Concello

Crearemos unha plataforma a través do Consello Social do Concello que in-tegre cidadanía, universidade, asociacións empresariais e sociais, amais do propio Concello, como principais actores na toma de decisións. O funciona-

Democracia: obxectivos para un concello da cidadanía

Page 10: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

18

Lugo

19

www.paixonporlugo.org

sector primario. Así seremos un polo de atracción das iniciativas innova-doras de ámbito nacional e internacional que posibilitarán unha industrial rural nova e dinámica.

Lugo rural e urbano: unha simbiose produtiva

Facilitaremos o acceso da vivenda á mocidade no rural axilizando os requisitos burocráticos para o asentamento poboacional nesta zona do Concello.

Consolidaremos a área metropolitana de Lugo, como un mecanismo su-pramunicipal máis competitivo dentro da dinamización económica urbano-rural, tal e como sucede no transporte metropolitano e noutros servizos.

Esixirémoslle á Xunta a reactivación real da zona da Tinería, insistindo no plan integral de modernización e integración interxeracional, profesional e artesanal deste barrio con enorme potencial económico e turístico.

Colaboraremos na rehabilitación de inmobles e mantemento do patrimo-nio arquitectónico rural, como fontes, lavadoiros e cruceiros, para poñer en valor o patrimonio e os recursos naturais e culturais do medio rural.

Fortaleceremos o posicionamento da Praza e do Mercado Municipal de Abastos como referencias de calidade, potenciando a venta directa ou a través de internet, dos produtos autóctonos e ecolóxicos dentro do pro-grama “Produtos da comarca lucense”.

Emprego: aposta polo motor do benestar

Coa colaboración da Universidade e das empresas crearemos un Observa-torio Sociolóxico Municipal cuxa análise de datos permita anticiparse ao futuro: xerar unha formación específica á nosa realidade con capacidade de crear oportunidades.

Aplicaremos cláusulas sociais que favorezan o traballo remunerado e digno en empresas colaboradoras no programa de emprego que impul-se o Consello Social do Concello. Estarán destinadas á xente nova e con formación.

Captaremos o investimento para crear viveiros de empresas en naves poli-valentes en réxime de aluguer con opción de compra no polígono do Ceao destinadas a empresas emprendedoras de Lugo.

Manteremos a bonificación do 50% do imposto de construción para as empresas que se instalen no Parque Empresarial das Gándaras, co obxec-tivo de promover a implantación de negocios e a creación de empre-gos na cidade.

Crearemos novas liñas de asesoramento empresarial personalizado para PEMES e autónomos que faci-litarán a sucesión familiar empresarial, a posta

Reactivar o tecido económico é un dos nosos maiores retos. Apostamos e apostaremos por unha economía orientada ó turismo e ó benestar social como xeradores de emprego e desenvolvemento social do municipio. Axudándonos das novas tecnoloxías, situaremos a Lugo como plataforma para as empresas que opten por unha economía social, verde e comprometida coa cidadanía. Será unha forma de consolidar a nosa identidade urbana e rural dentro do panorama global. Unha lóxica de colaboración e planificación conxunta entre os diferentes sectores sociais lucenses orientada a captar investimentos.

Lugo: capital eco-dinámica.

Consolidaremos Lugo como referente en industrias ecolóxicas vincula-das ós sectores agrícola, gandeiro, lácteo e forestal.

Como mostra deste compromiso desenvolveremos o Programa LIFE de fondos europeos para dinamizar o sector forestal lucense. Farase coa co-laboración entre o Concello, a Universidade, a Deputación e a iniciativa pri-vada. Trátase dun programa de urbanismo sostible vinculado a unha das nosas principais industrias: a madeira. Farémolo en dúas fases: a primeira, un proxecto piloto de urbanización dunha parcela municipal nas Gándaras e a segunda, a implantación dunha nova fórmula de urbanismo sostible a nivel municipal, seguindo as dinámicas de innovación e proxección do aproveitamento da madeira.

Lugo terá a feira internacional de industria rural de referencia en Espa-ña. Será o escaparate para amosar as novas oportunidades de negocio do

Economía

Page 11: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

20

Lugo

21

www.paixonporlugo.org

Innovación e tradición empresarial

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo serviu para crear máis de 76 negocios e deu asesoramento a máis de 3.000 proxectos de emprendedores dos que máis de 400 frutificaron en empresas. Por iso: Afianzaremos ese importante labor de asesoramento ós emprendedores e empresas que queiran asentarse en Lugo, seguindo unha lóxica que bus-ca reforzar as nosas potencialidades tradicionais orientadas á innovación. Neste ámbito traballaremos en coordinación efectiva cos outros viveiros de empresas co fin de unir esforzos.

Orientaremos a asociación de emprendedores para fomentar a cultura da innovación e o establecemento de redes de contacto e intercambio de ideas entre os seus membros.

Potenciaremos a creación de empresas lideradas por mulleres e o seu crecemento e consolidación empresarial.

Impulsaremos o labor de desenvolvemento de cooperativas e de novas empresas a través do programa “Cooperativa innova-idea”, que se bene-ficiarán por rebaixas nas taxas pola apertura de negocios, cambios de titu-laridade e comunicación previa, co fin de fomentar a creación de emprego no noso municipio.

Reservaremos espazos específicos para o emprego no rural no Cei-Nodus

A través do Consello Social do Concello buscaremos consolidar as fór-mulas máis axeitadas para o fortalecemento da nosa industria, ó mesmo tempo que trataremos de converter a Lugo no centro referente na inno-vación agrícola, gandeira, láctea e forestal, así como de potenciar as súas industrias de transformación.

Manteremos conxelado o IBI para que Lugo siga tendo o segundo máis barato de Galicia e o oitavo máis barato de España.

Rebaixaremos as taxas por ocupación da vía pública para a realización de obras co fin de fomentar a rehabilitación de edificios.

en marcha de novos negocios e a recuperación do pequeno comercio ó que golpeu especialmente a crise económica.

Apoiaremos ás PEMES e ós autónomos para que reforcen a súa competiti-vidade e amplíen o seu mercado potencial a través das TIC.

Poñeremos en marcha programas para fortalecer a capacitación e a profe-sionalización dos recursos humanos ligados á hostalería e restauración.

Faremos un novo Plan de Emprego Activo do Concello co que se contra-tarán traballadores lucenses para a realización de obras en distintos ámbi-tos. Será un dos eixos desta área.

As cláusulas sociais que blinden os dereitos dos traballadores seguirán presentes nos contratos asinados vía concesión municipal.

Desenvolveremos un completo Programa de Emprego Rural en colabora-ción coa Universidade e o CEI no que:

Ofertaremos talleres destinados a adquirir estratexias e habilidades a. de venda de produtos agro-gandeiros en Internet

Potenciaremos un espazo na rede que centralice as iniciativas ruraisb.

Xunto coas persoas do rural e a Deputación de Lugo crearemos a c. marca “Produtos da Comarca Lucense”, potenciando a súa presenza e posicionamento en feiras agrícolas, turísticas e de consumo e en Internet.

Colaboraremos na promoción dos seus produtos e incorporaremos os d. produtos do agro lucense ós menús dos comedores escolares xestio-nados polo Concello e buscaremos acordos coa Xunta de Galicia para introducilos nos seus comedores escolares

Co Consello Social do Concello deseñaremos un Plan de Expansión e. que inclúa formas de venda, presentación e orientación de mercado destinado ó fortalecemento e proxección dos produtos da comarca de Lugo no ámbito autonómico, nacional e internacional

Axilizaremos os trámites para posibilitar o asentamento de persoas f. emprendedoras no rural

Potenciaremos a aprendizaxe destinada ás persoas que decidan tra-g. ballar no rural e presenten un proxecto innovador con ese fin.

Reforzaremos a aposta pola igualdade de oportunidades no acceso ó emprego público, prestando especial atención a colectivos especialmente vulnerables e adaptando as bases a esta realidade.

Economía

Page 12: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

22

Lugo

23

www.paixonporlugo.org

Insistiremos na apertura dunha zona de baño pública ao carón do río Miño, demandada pola sociedade lucense, sen producir danos ecolóxicos nin intervencións sobre a natureza.

Avanzaremos na apertura de novos accesos desde o centro da cidade ata o río Miño.

Plan de Mobilidade

Implantaremos o Plan de Mobilidade co fin de recuperar espazos urbanos para as persoas. Coa nova concesión do servizo de autobuses públicos conseguiremos máis rapidez, máis rutas e máis conexións cos polígonos industriais e co HULA. Tamén instalaremos paneis en tódalas paradas que ofrezan información en tempo real sobre a espera, o próximo servizo e o percorrido.

Crearemos zonas de aparcamento intelixente con posibilidade de reserva telemática desde dispositivos móbiles.

Faremos unha nova ordenanza da ORA na que se recollan tarifas de curta, media e longa duración de luns a venres, e modernizaremos todo o sistema.

Desenvolveremos programas de concienciación do uso do transporte pú-blico como medida para atenuar o impacto da pegada ecolóxica.

Potenciaremos o uso da bicicleta coa adecuación da configuración urbana e poñeremos en marcha un programa de concienciación e uso da mesma.

Deseñaremos itinerarios de seguridade para o acceso das nenas e nenos aos colexios e poñeremos en marcha un servizo de voluntariado no que as persoas maiores teñan un papel relevante coa axuda da policía local nestas rutas.

Seguiremos promovendo a peonalización do centro histórico de Lugo e doutras zonas da cidade.

Xuventude: un futuro presente.

En colaboración coa Universidade, e con outras administracións, promove-remos un sistema de bolsas remuneradas para a mocidade.

No CEI-NODUS e no Espazo Lab consolidaremos o asesoramento laboral á xuventude, tendo en conta o perfil do demandante e do mercado laboral.

Reforzaremos os programas de emprego de formación da xuventude, centrándoos nas áreas máis requeridas pola empresa. áreas que demanda o mercado.

Potenciaremos a Casa da Xuventude como centro de dinamiza-ción da mocidade.

Fomentaremos a participación da mocidade a través do exercicio da súa cidadanía activa e a súa impli-cación na vida democrática.

Propoñemos un concello capaz de responder ás demandas de cada un dos preto de 100.000 veciños e veciñas que viven nel. Temos o convencemento firme de que as políticas sociais que debe desenvolver o goberno local han ter como finalidade a mellora das condicións de vida da cidadanía. Políticas e novas tecnoloxías intelixentes ó servizo do benestar dos lucenses: xestión enerxética, protagonismo e coidado dos maiores, papel destacado da xuventude, unha política de vivenda razoable e un desenvolvemento das infraestruturas rurais e urbanas.

Pacto polo emprego

Impulsaremos un Pacto polo emprego que integre ós diferentes actores sociais: sindicatos, patronal, universidade e asociacións, co fin deque nos permita afianzar vías de desenvolvemento económico, social e sostible.

Fomentaremos a implantación das novas posibilidades tecnolóxicas ó servizo do tecido industrial lucense co fin de optar nas mellores condi-cións ós programas e liñas da UE.

Sostibilidade enerxética: aforro e eficacia.

Ampliaremos o uso de sistemas intelixentes de xestión enerxética sos-tible na iluminación pública de vías e edificios. Estes novos procedementos poden reducir o custo do consumo ata un 40%, co que poderemos dedicar ese aforro á inversión social e ó mantemento das dotacións existentes.

Faremos unha nova Ordenanza de Publicidade que contemple o uso de paneis para información municipal e tamén comercial con retorno econó-mico para as arcas municipais.

Sociedade: un Concello que inviste en persoas

Page 13: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

24

Lugo

25

www.paixonporlugo.org

A organización de actividades sociais e culturais para os maiores seguirá sendo un obxectivo principal.

Vivenda, dotacións e servizos

Desenvolveremos tres Áreas Integrais de Rehabilitación: Montirón, Ba-rrio de San Antonio (Residencia) e A Milagrosa e continuaremos coa reha-bilitación do centro histórico de Lugo.

Tanto na construción de novas vivendas como na rehabilitación, aposta-remos polo emprego da madeira lucense e de materiais resultantes do I+D+I do Campus de Lugo para achegarnos á pegada ecolóxica cero, como queda reflectido na proposta presentada a Europa no programa LIFE+.

Comprometémonos a non subir o IBI aínda que o Goberno Central revise os valores catastrais á alza.

En colaboración cos colexios profesionais, seguiremos apostando pola re-habilitación de vivendas, tamén das illadas, cooperando co resto das admi-nistracións e con programas propios de axudas.

Nas políticas de axudas ó alugueiro de Evislusa seguirán tendo prioridade para o acceso a mocidade, as persoas maiores, as persoas que foran de-safiuzadas e as mulleres vítimas da violencia de xénero.

Consolidaremos o sistema de revisión das vivendas incluídas neste pro-grama, mediante o cal se exclúen aquelas que non reúnen condicións para unha habitabilidade digna.

Reforzaremos os programas de adaptacións de vivendas para persoas con calquera tipo de discapacidade física ou psíquica.

Reinvestiremos o importe obtido como consecuencia de medidas san-cionadoras en materia de vivenda no financiamento de programas de re-habilitación e adaptación de vivendas das familias máis desfavorecidas que non estean vinculadas ás Áreas Integrais de Rehabilitación.

Fomentaremos unha integración racional que vele pola convivencia social como xeito de evitar a proliferación de zonas deprimidas no municipio. Nes-te sentido, continuaremos loitando por erradicar o chabolismo no Concello.

Servizos sociais: o intelixente é ser xusto

Malia a voracidade da crise, grazas á xestión dos socialistas á fronte do Con-cello, Lugo é a primeira cidade galega e a cuarta de España que máis inviste en benestar, dedicando 157 euros ó ano por habitante, segundo o Minis-terio de Facenda e Administracións Públicas. Nós, a pesar de que a Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local quere privar ós municipios de competencias imprescindi-

Co fin de promover a autonomía da xente nova, impulsaremos as iniciati-vas xuvenís.

As asesorías xuvenís abordarán temas como a promoción da igualdade entre homes e mulleres nas charlas e obradoiros que ofrecen nos centros de ensinanza.

Potenciaremos as campañas educativas e talleres de información sobre mé-todos anticonceptivos, enfermidades de transmisión sexual, tabaquismo, dro-gas e alcohol en adolescentes, dirixindo os esforzos a modificar a conduta.

Poñeremos en marcha actividades interxeracionais tanto de ocio como plans de vivendas compartidas con estudantes.

Programaremos ciclos de conferencias de interese para mocidade e para os axentes xuvenís.

Crearemos un programa, en colaboración coa Universidade, para a asisten-cia ós estudantes na chegada e durante a súa estancia na nosa cidade.

Incrementaremos as oportunidades de contacto entre estudantes e outros grupos de interese para mellorar a súa integración e coordinación.

Implicaremos ás empresas lucenses na recepción de alumnos estranxeiros en prácticas e colaboraremos para ofertar estudantes lucenses en prácti-cas noutros países

A xuventude experimentada: os nosos maiores

Abriremos unha nova liña de axudas para acometer arranxos e adaptar as vivendas onde residan persoas con problemas de mobilidade e con es-casos recursos, de maneira que poidan ter unha vida máis adaptada.

Instalaremos un ascensor entre a Avenida das Fontiñas e a rúa Prima-vera e avanzaremos nas supresión de barreiras arquitectónicas nas rúas e beirarrúas.

Crearemos máis zonas de xogos biosaudables adaptados.

Manteremos o servizo de Respiro familiar para os fogares con persoas ao seu cargo e crearemos programas centrados no ocio, tempo libre e respiro para as persoas con discapacidade.

Afianzaremos a formación e incorporación dos nosos maiores ás novas tec-noloxías en colaboración co Centro de Innovación Social da Deputación.

Finalizaremos as obras da Casa das Novas Tecnoloxías e dotaremos ós colectivos veciñais dos medios tecnolóxicos necesarios para seguir apren-dendo neste ámbito.

Poñeremos en marcha iniciativas locais para aproveitar a experiencia, a formación e a dispoñibilidade de tempo libre das persoas maiores.

Sociedade: un Concello que inviste en persoas

Page 14: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

26

Lugo

27

www.paixonporlugo.org

Enriqueceremos a formación do persoal de axuda no fogar en materia de discapacidade, centrándonos nas necesidades específicas da diversidade de usuarios deste servizo.

Impulsaremos o terceiro sector e os movementos sociais cara a súa pro-fesionalización como axentes de transformación social ó tempo que pro-moveremos unha rede local de voluntariado.

Crearemos o Consello Municipal da Discapacidade como cimento das políticas inclusivas para toda a poboación.

Reforzaremos o uso da lingua de signos e os medios de apoio á comuni-cación oral co obxecto de lograr a plena inclusión das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordo-cegas en tódolos ámbitos da vida social e promoveremos a formación municipal en lingua de signos, velando polos de-reitos de inclusión e comunicación das persoas que sofren TEA e autismo.

Loitaremos polo desenvolvemento da Lei de Dependencia no referente á prevención e promoción da autonomía persoal. Amais pelexaremos para que se dote de orzamento tódalas medidas incluídas nesta Lei.

Lugo é o único concello de Galicia que inviste en axuda a proxectos de cooperación e desenvolvemento e seguiremos achegando 90.000 euros a este fin.

Continuaremos o labor de apoio ás asociacións lucenses do ámbito social en materia de concesión de locais, subvencións e promoción do seu traba-llo, tanto nas casas das asociacións como nas súas sedes particulares.

Comprometémonos a coordinar os servizos que prestamos con outras en-tidades que traballan no ámbito social propiciando a visibilidade do seu labor e promovendo as feiras e exposicións que organicen.

Igualdade

Crearemos a Concellería de Igualdade, Diversidade e Inclusión.

Desenvolveremos o IV Plan Local de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes de Lugo, no que afondaremos na formación para avan-zar na igualdade.

Potenciaremos a conciliación da vida familiar, laboral e participativa, adoptando medidas que impliquen a adaptación dos horarios de atención cidadá das oficinas municipais, ademais da aposta pola administración electrónica.

Apoiaremos de forma decidida á muller, especialmente á muller rural, muller xitana, muller inmigrante e muller con discapaci-dade potenciando o seu desenvolvemento social, laboral e cultural.

bles como os servizos sociais, seguiremos ó carón da xustiza, ó carón dos lucenses que máis o precisan. Por todo isto:

Aumentaremos ata o 22% o investimento en emerxencia e gasto social. O noso obxectivo é ser a primeira cidade española en investimento social.

Destinaremos o 1% dos ingresos da ORA a atender as necesidades das persoas máis necesitadas.

Aforraremos un 40% coa implantación de medidas de eficiencia enerxé-tica e unha parte deses fondos irán destinados a reforzar o investimento nas persoas.

Esixiremos á Xunta que axilice os trámites e pagos do RISGA e AES.

Manteremos o uso da normativa para favorecer as persoas que non po-den afrontar o pago dos recibos da auga e do lixo e seguiremos asumin-do, mediante a emerxencia social, o pagamento dos recibos da luz e dos custes diarios imprescindibles para a vida das familias.

Xunto aos centros escolares, traballaremos unha vez máis para garantir unha alimentación axeitada das nenas e nenos en período de vacacións e axudas para a comida aquelas familias que non teñan recursos.

Colaboraremos, como facemos agora, coas familias que sufran os desafiuzamentos.

Atenderemos ás necesidades das familias numerosas no tocante ós prezos públicos.

Esixiremos á Xunta de Galicia a creación dunha nova residencia de maio-res nos terreos da antiga Residencia.

Cumpriremos os compromisos para un pacto contra a pobreza e pola in-clusión social asinado coa Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Ex-clusión Social.

Rexeitaremos o lucro na loita contra a pobreza e a exclusión, implantando cláusulas sociais na contratación pública en materia de servizos sociais reco-ñecendo a experiencia e valores das organizacións non lucrativas e aseguran-do que operan en igualdade de condicións con outros actores económicos.

Ampliaremos os servizos asistencias de proximidade e de axuda a do-micilio, axustándoos aínda máis á realidade, para facer posible o desen-volvemento dunha vida independente, activa e saudable, de forma que as persoas poidan permanecer na súa contorna coas debidas garantías de dignidade e autonomía. Seguiremos coa atención nesta área a través do centro de día, axuda no fogar, teleasistencia ou o xantar no fogar, co que se dan unha media de 13.000 menús ó ano.

Sociedade: un Concello que inviste en persoas

Page 15: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

28

Lugo

29

www.paixonporlugo.org

Fomentaremos a protección permanente contra a violencia de xénero e a asistencia ás vítimas dentro das nosas competencias.

Impulsaremos a protección integral das persoas maiores prestando unha atención especial ás que viven soas, tratando de previr accidentes e situacións de desamparo en coordinación cos servizos sociais e a policía de barrio.

Protexeremos a contorna escolar contra a drogadicción, alcoholismo, vio-lencia, o acoso escolar, a violencia de xénero, o absentismo escolar e a protección na rede.

Substituiremos as sancións económicas municipais por actividades socio-educativas e colaboracións en beneficio da comunidade para impulsar a educación social de menores e da mocidade infractora. .

Sancionaremos as condutas incívicas dos propietarios de animais de compañía que non respecten as normas básicas de convivencia.

Melloraremos o acondicionamento dos tres canís habilitados na cidade.

Melloraremos as infraestruturas viarias e a sinalización.

Realizaremos un plan de sinalización para a zona rural.

Posibilitaremos a creación do parque comarcal de bombeiros

Seguiremos apostando por plans de formación para policía local e bombeiros así como polas dotacións para realizar a súa función de maneira máis eficiente.

Revisaremos e melloraremos o Plan de Emerxencias de Protección Civil

Potenciaremos o voluntariado e os servizos de participación cidadá en Protección Civil ampliando medios e dotación de material.

Atenderemos as necesidades da diversidade: persoas xitanas, colectivos LGTBI, inmigrantes e emigrantes retornados, así como a calquera outro grupo en especial risco de vulnerabilidade.

Desenvolveremos unha asesoría xuvenil especializada no fomento da igualdade entre homes e mulleres dende idades temperás, con charlas e talleres nos centros de ensinanza.

Fomentaremos campañas de concienciación e sensibilización social cen-tradas na realidade das persoas con diversidade funcional.

Garantiremos, traballando transversalmente con tódalas concellerías, a adaptación e accesibilidade do transporte e dos espazos públicos municipais.

Máis espazos de ocio e deporte

Construiremos un complexo deportivo municipal en San Fiz, na zona sur da cidade.

Faremos un novo pavillón polideportivo nas Gándaras, que incorporará un rocódromo.

Converteremos o Corre con Nós nun referente do deporte galego

Fortaleceremos o apoio ó deporte base en tódolos seus ámbitos.

Promoveremos con máis forza aínda o deporte feminino.

Rehabilitaremos tódolos espazos creados cun investimento de 600.000 euros.

Dotaremos de calefacción ós Polideportivos do Palomar e Piringalla

Completaremos os circuítos urbanos e sendeiros entorno ó río e bos-ques periurbanos e instalaremos tirolinas para deportes de acción e circuí-tos para a práctica de exercicio e fitness ó aire libre.

Seguridade e convivencia

Promoveremos unha Ordenanza Cívica que recolla os dereitos e os debe-res dos lucenses no que se refire á seguridade.

Apostaremos por unha Policía Local de que vele pola tranquilidade cidadá nos barrios, nas rúas e nas comunidades veciñas, polo que seguiremos po-tenciando a Xunta Local de Seguridade que dará pé ó Observatorio Local para a Seguridade e a Convivencia co fin de ter un diagnóstico certeiro dos problemas neste ámbito.

Fortaleceremos a Policía de barrio como referente para a cidadanía, os comercios e as empresas.

Crearemos unha oficina da Policía Local no Vello Cárcere, reforzando así a presenza policial diaria.

Sociedade: un Concello que inviste en persoas

Page 16: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

30

Lugo

31

www.paixonporlugo.org

no ámbito da administración municipal senón tamén no falar cotiá da cidadanía. Seguiremos fomentando o uso e prestixio da lingua galega en tódalas accións do Concello e en tódolos ámbitos e sectores do municipio a través do servizo de normalización lingüística municipal.

Tradición innovada

Crearemos o Consello Municipal de Turismo conformado pola hostalería, comercio, autónomos, empresas e asociacións do sector así como a repre-sentación dos Consellos Parroquiais, co fin de aproveitar a riqueza cultu-ral, histórica, patrimonial e xeolóxica para o desenvolvemento económico do Concello. Dentro deste Consello, crearemos un observatorio turístico dedicado a rexistrar e analizar o comportamento do sector no municipio, de xeito que permita adaptar as políticas a cada momento.

O Novo Cárcere será o centro de referencia da vangarda cultural e abrirá os seus espazos para actividades artísticas e intelectuais no centro da cidade.

Lugo será centro de atención e visita todo o ano para que a cultura sexa un polo de atracción de visitantes de maneira estable e non estacionaria e traballaremos na potenciación das grandes citas na area nacional e inter-nacional (Mostra de Teatro Clásico, Entroido, Festival meses do ano. Desta maneira, tenderemos pontes entre as grandes citas: Semana Internacional de Teatro Universitario, Festival de Música Cidade de Lugo, Semana In-ternacional de Cine de Autor, Festival de Jazz de Lugo, Festival de Teatro Amador, Lucus Cultural coa Universidade e a Deputación, Semana Interna-cional da Danza, Semana Internacional da Maxia).

Propoñeremos bolsas ou axudas nominativas para a mocidade lucense que realice os seus estudos artísticos fóra de Galicia nas distintas áreas: artes plásticas, danza, interpretación, música e imaxe.

En colaboración coas asociacións, levaremos a cabo un parque dedicado ós romanos e castrexos no Concello.

Consolidaremos as iniciativas turísticas que teñan impacto na economía lucense como as noites abertas, feiras de artesanía e concursos gastronómicos.

Lugo é un concello de historia milenaria no que sempre queda algo por descubrir. Cremos na cultura como identidade e como riqueza e reivindicamos o noso patrimonio, a nosa gastronomía, a arqueoloxía e o noso pasado romano. Coñecemos o noso potencial, fixemos moito pola súa proxección e este camiño non remata porque queremos afondar nel, compartilo, dinamizalo e por iso apostamos por un turismo do século XXI: cultural, gastronómico, accesible, interactivo e ben posicionado. Queremos que Lugo se sinta orgulloso de si mesmo e que as persoas desexen vivir aquí e participar do seu concello.

Con este fin, situaremos a Lugo como porta de entrada a Galicia do Camiño Primitivo de Santiago, como fórmula de estímulo da economía e do turismo lucense.

Ademais, apostamos por un Concello que respecta e potencia o uso da lingua propia de xeito transversal, poñendo en valor o galego como idioma vehicular non só

Cultura, turismo e patrimonio

Page 17: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

32

Lugo

33

www.paixonporlugo.org

Explotando as nosas potencialidades: Lugo sendeiro aberto

A través do programa “Lugo Sendeiro Aberto” potenciaremos a ruta Lugo Pedra a Pedra e Lugo Terras de Auga e Cultura, nunha fórmula tu-rística ligada á natureza e ó ocio cultural en colaboración cos municipios limítrofes; unha oferta integral e interconectada que fomente o turismo e o coñecemento da nosa zona rural, rica en patrimonio e natureza.

Avanzaremos na posta en valor do potencial das beiras dos ríos Miño e Rato e reforzaremos o circuíto de parques e rutas existentes incorpo-rando novas áreas recreativas fomentando o turismo activo e deportivo, como o sendeirismo, piragüismo, remo, rutas en bicicleta ou pesca fluvial.

Propoñemos un sistema de rutas xeolocalizadas empregando GPS muni-cipais de aluguer, centralizadas nunha web interactiva.

Afianzaremos a nosa presenza nas principais plataformas turísticas e culturais: Cidades con Monumentos Patrimonio da Humanidade, Cidades Catedralicias, Cidades Verdes, Saudables, Cidades Rurais, anivel nacional e internacional.

Apostaremos pola Rede Municipal de Museos proxectándoa como nexo dunha oferta cultural atractiva e conectada .

Implantaremos paneis intelixentes dos que poder descargar en medios móbiles (smartphones, tablets, etc) a información actualizada da oferta cultural e turística, que se atopará centralizada nunha web.

Potenciaremos a web de turismo de Lugo cun mapa interactivo para dese-ñar unha visita personalizada.

Promoveremos os itinerarios dixitais e 3D co fin decoñecer a realidade patrimonial lucense a través de Internet.

Crearemos un banco dixital de información turística, cultural e gastronó-mica que se retroalimentará con información veciñal e municipal e no que se recibirán suxestións que serán avaliadas no Consello Municipal de Turismo.

No noso labor de promoción da información turística, colaboraremos coa elaboración da Guía de Lugo, que publica a Asociación de Hostalería, e apoiaremos as iniciativas que xurdan neste ámbito.

Esixiremos á Xunta de Galicia a construción do Museo Nacional da Roma-nización no Cuartel de San Fernando.

Manteremos o apoio e impulso á Escola Municipal de Música.

Manteremos o apoio ó Padroado Manuel María.

Renovaremos os fondos das bibliotecas municipal con partidas orzamen-taria, continuando co programa actual.

Remataremos as obras da Biblioteca da Piringalla.

Ofreceremos os espazos públicos culturais para os creadores lucenses e de fóra.

Co fin de promover a dinamización sociocultural crearemos un bono inte-gral mediante o cal se poida asistir ó conxunto de actividades da axenda cultural lucense.

Para favorecer o acceso cidadá á cultura, implantaremos un bono cultural para colectivos con menor poder adquisitivo para que poidan acceder á programación cultural municipal.

Completaremos a sinalización turístico-cultural accesible a toda a cidadanía.

Garantiremos o acceso universal a tódalas actividades culturais e de lecer que organicemos.

Cultura, turismo e patrimonio

Page 18: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

34

Lugo

35

www.paixonporlugo.org

Impulsaremos a creación dun Centro de Recursos para a Infancia e a Adolescencia que permita unha mellor conciliación da vida familiar e la-boral dos lucenses, adaptándose ás necesidades básicas, formativas e de lecer de cada unidade familiar.

A través dos centros de convivencia, fomentaremos a educación viaria no ámbito rural e urbano, tanto nos escolares como nas persoas maiores, tal e como estamos facendo.

Impulsaremos, novamente, a celebración do Pleno Municipal Escolar.

Fomentaremos os espazos para intervalos de idade de 0-5 anos.

Estratexia formativa

Promoveremos a construción de novos CEIP nas zonas de crecemento da cidade cedendo terreos onde sexa necesario, como é o caso do Sagrado Corazón ou a zona sur da cidade.

Colaboraremos coa Axencia Galega de Benestar e coa Fundación Amancio Ortega para a creación dunha escola infantil no barrio de Albeiros.

Consolidaremos a colaboración coas ANPAS para a posta en marcha e mellora dos comedores escolares e os almorzos saudables.

Contribuiremos á consolidación dos hortos escolares nos centros educa-tivos do Concello.

Avanzaremos no labor da integración de inmigrantes e colectivos mino-ritarios mediante unha formación consensuada e axeitada ás necesidades destes colectivos e da globalidade do municipio.

Converteremos a aposta pola formación nunha prioridade da política municipal, activando vías de apoio institucional para conseguir cofinancia-mento nacional e europeo para proxectos que engadan valor á formación dos lucenses en tódolos niveis, identificando as convocatorias adecuadas para cada caso e facéndoas chegar ós centros idóneos.

Actuaremos sobre a oferta educativa, tratando de corrixir os desequili-brios territoriais e as desigualdades sociais.

As entidades e asociacións das escolas deportivas lucenses contarán co noso apoio, tal e como vén sucedendo.

Promoveremos a participación, a innovación e a mellora da acción educativa.

Impulsaremos unha oferta innovadora de actividades educativas para os centros docentes.

Xestionaremos liñas de recursos pedagóxicos dirixidos a toda a comunidade educativa.

O noso programa parte do compromiso coa cidadanía porque se asenta no exercicio da democracia e o desenvolvemento da educación en tódolos seus aspectos. Apostamos por un Concello concienciado, comprometido e educado económica, social e culturalmente. Polo tanto apostamos polo conxunto da cidadanía lucense.

Os gobernos socialistas de Lugo, atendendo ás necesidades de educación e conciliación familiar, manteñen 4 garderías municipais que cobren o oco que deixa desatendida a Xunta de Galicia en materia de dotacións educativas. Por esta razón, comprometémonos a continuar a nosa aposta e loita para reclamar estes servizos.

Cidadanía activa

Manteremos a cooperación con:

Centros escolares, potenciando actividades extraescolares

Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela para aca-dar un pacto educativo por Lugo: unha estratexia para detectar novos nichos profesionais e fórmulas de emprego que redunden no beneficio do Concello e da provincia

Universidade de Educación a Distancia

Padroado da Fundación Rof Codina

UNICEF, para que Lugo siga sendo un Concello “amigo dos nenos”

Educación

Page 19: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

36

Lugo

37

www.paixonporlugo.org

Esixiremos á Xunta de Galicia tódolos servizos de atención sanitaria nece-sarios para a poboación no HULA, especialmente Hemodinámia 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear.

Elaboraremos e desenvolveremos un Plan Local de Saúde, contando coa cidadanía e articulando unha rede local que traballe pola mellora da saúde e do benestar cidadán.

Potenciaremos a información preventiva e a educación sanitaria nos medios de comunicación social.

Poñeremos en marcha programas municipais para detectar os grupos de risco e previr problemas de saúde: nutrición correcta, planificación fa-miliar, SIDA, enfermidades de transmisión sexual, lexionela, tuberculose, anorexia e bulimia.

Impulsaremos o consumo responsable coa promoción de accións exem-plarizantes que difundan este concepto á sociedade lucense e que poñan en valor o respecto á contorna, ó medio ambiente, o comercio xusto e a necesidade dun equilibrio económico, social e medio ambiental, que ga-ranta a sostibilidade presente e futura na satisfacción das necesidades de calquera persoa que consuma.

Promoveremos o consumo colaborativo de carácter non lucrativo

Estableceremos programas de formación para asociacións de consumi-dores e obradoiros de consumo no ámbito escolar para a formación das primeiras idades ó ser os/as escolares o colectivo máis vulnerable ante a oferta de produtos e servizos.

Sanidade e consumo: o xusto é necesario

Page 20: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

38

Lugo

39

www.paixonporlugo.org

Aprobaremos de xeito consensuado unha nova Ordenanza de Ruídos des-envolvendo previamente mapas de ruído.

Cooperaremos coa Universidade para a plantación de novas especies ar-bóreas autóctonas no Concello.

Programa Parcela Limpa: traballaremos no mantemento de parcelas va-cantes ou en desuso en colaboración cos seus propietarios.

O Medio Ambiente debe ser un dos meirandes compromisos que unha sociedade acada co exercicio político e asociativo. Como lucenses sabemos que a nosa natureza é o noso maior activo, por esa razón seguiremos traballando a prol dunha contorna sostible, na que a realidade urbana e rural convivan en harmonía. A través do novo prego de condicións para a empresa do lixo, favore-ceremos a estratexia 4R (redución, reutilización, reciclaxe e recompra). É necesario deseñar un sistema de recollida de residuos que sexa eficaz para alcanzar estes obxectivos, fomentando a unión entre municipios para xerar unha estrutura de recollida común e máis eficiente.

Crearemos un horto urbano con parcelas que poñeremos a disposición dos veciños na zona de Lamas de Prado.

Instalaremos progresivamente contedores de lixo accesibles e seguire-mos ampliando o número de contedores soterrados.

Estenderemos a rede de auga reciclada para o seu uso en xardíns e na limpeza das rúas e para ser empregada nos polígonos para uso industrial.

En colaboración coa empresa pública ACUAES remataremos a construción do anel hídrico do Concello .

En colaboración coa Xunta de Galicia promoveremos paulatinamente o saneamento e abastecemento de auga na zona rural, cunha achega mu-nicipal do 25% da obra, e seguiremos renovando as tubaxes de fibroce-mento substituíndoas por tubaxes de fundición.

Promoveremos accións educativas para os propietarios de animais de compañía co fin de manter a seguridade e salubridade pública.

Impulsaremos o uso colectivo do programa de compostaxe e continuare-mos co de uso individual.

Desenvolveremos unha nova axenda urbana e rural coa participación de foros locais.

En cooperación con outras administracións e municipios crearemos unha plan-ta de tratamento de residuos sólidos acorde coas normas da Unión Europea.

Medio ambiente: Lugo corazón verde

Page 21: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

40

Lugo

41

www.paixonporlugo.org

Esixiremos, con máis forza aínda, a chegada do AVE a Lugo pola súa im-portancia na comunicación ferroviaria e pola repercusión económica da obra e do servizo que resultará dela.

Coas tres Áreas Integrais de Rehabilitación que levaremos adiante (Monti-rón, Barrio da Residencia e A Milagrosa) potenciaremos e melloraremos a calidade do espazo público das mesmas, enriquecendo as súas dotacións e poñendo en valor as identidades propias de cada barrio.

Coa cooperación da veciñanza, propietaria do solo, desenvolveremos as áreas urbanas máis deprimidas do tecido urbano, apoiando os dereitos da cidadanía e, ó mesmo tempo, mellorando a súa calidade de vida e a imaxe urbana destas zonas.

Incorporaremos ó planeamento e á urbanización que se acometa nos próximos anos os novos conceptos de estruturas verdes, que dean cabida a novos modos de utilización dos parques e xardíns, como é o caso dos hortos ecolóxicos. Ademais, promoveremos nestes desenvolvementos as estruturas azuis, a través das cales captaremos, depuraremos e reutiliza-remos as augas da chuvia.

Os orzamentos anuais contemplarán partidas para o mantemento de rúas, prazas e mobiliario urbano, que se consensuará coa veciñanza e as asocia-cións mediante os orzamentos participativos.

Na zona rural, seguiremos promovendo as pistas de aglomerado en quen-te, especialmente aquelas que dean servizo ás persoas e ó desenvolve-mento agrícola, en coordinación cos Consellos parroquiais.

Reforzaremos os equipos de mantemento da zona rural e urbana cos me-dios mecánicos e humanos necesarios.

Reclamaremos ó Ministerio de Fomento que cumpra a realización da auto-vía Lugo- Ourense.

Realizaremos o desdobramento da Avenida Infanta Elena.

Requirirémoslle á Xunta de Galicia a finalización das infraestruturas do Plan Paradai.

Instaremos ó Ministerio de Fomento a que cumpra o protocolo asinado con respecto á Rolda Norte e ó acceso desde a ponte sobre o río Miño ata a nova autovía Lugo-Santiago.

Demandaremos a colaboración da Xunta de Galicia para entroncar o saneamento das empresas da estrada de Santiago co colector da Louzaneta.

Reclamaremos á Xunta de Galicia a culminación da Rol-da Leste ata a Tolda.

O desenvolvemento dun municipio depende das súas infraestruturas, tanto nas pequenas obras como nas grandes. Nos gobernos socialistas de Lugo traballamos continuamente por mellorar aquelas que dependen do Concello e aquelas que son responsabilidade doutras administracións Nese sentido, temos visto como Lugo queda atrás respecto a outras capitais galegas nalgunhas infraestruturas: é o caso da Estación Intermodal, cuxo convenio asinado por tódalas partes abandonou o Ministerio de Fomento. Tamén nos vimos na obriga de reivindicar as dotacións precisas para o desenvolvemento e crecemento lucense ante a Xunta de Galicia. Por esa razón coñecemos as nosas necesidades e os aspectos que cabe mellorar. Iniciaremos a modificación do PEPRI en función das novas necesidades urbanas do recinto histórico, desenvolvendo o paseo interior da Muralla.

Culminaremos a aprobación Plan Xeral de Ordenación Municipal e inicia-remos o seu desenvolvemento e xestión.

Esixiremos ó Ministerio de Fomento a construción da Estación Intermo-dal tal e como se asinou no convenio entre Renfe, Adif, Concello, Xunta e Ministerio de Fomento.

Infraestruturas e Urbanismo

Page 22: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

42

Lugo

43

www.paixonporlugo.org

Consolidaremos o Programa de conservación e adecuación das infraestru-turas públicas do Polígono do Ceao.

Realizaremos os plans especiais de mellora de núcleo necesarios na zona rural, atendendo prioritariamente ás parroquias que poidan presentar maior demanda de asentamento poboacional e aqueles núcleos que figu-ran catalogados no noso plan xeral.

Reivindicaremos ante o Ministerio de Fomento a remodelación da Praza do Agro do Rolo e a construción do parque infantil cuberto que está incluí-do no proxecto.

Fomos o primeiro Concello de Galicia en instalar parques infantís adap-tados e seguiremos apostando por eles, así como pola promoción de par-ques infantís cubertos en distintos barrios da cidade.

O rico patrimonio romano e medieval do Concello seguirá poñéndose en valor coa realización de escavacións arqueolóxicas.

Constituiremos o Consorcio do Concello de Lugo xunto con entidades privadas e a Xunta de Galicia para o financiamento das escavacións ar-queolóxicas no municipio.

Infraestruturas e Urbanismo

Page 23: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

44

Lugo

45

www.paixonporlugo.org

Ofertaremos talleres destinados a adquirir estratexias e habilidades de a. venda de produtos agro-gandeiros en Internet

Potenciaremos un espazo na rede que centralice as iniciativas ruraisb.

Crearemos a marca c. “Produtos da Comarca Lucense“ coa participación da veciñanza do rural e en colaboración coas outras administracións, po-tenciando a súa presenza e posicionamento en feiras agrícolas, turísticas e de consumo e en Internet.

Colaboraremos na promoción dos seus produtos e incorporaremos os d. produtos do agro lucense ós menús dos comedores escolares xestiona-dos polo Concello e buscaremos acordos coa Xunta de Galicia para intro-ducilos nos seus comedores escolares

Co Consello Social do Concello deseñaremos un Plan de Expansión que e. inclúa formas de venda, presentación e orientación de mercado destina-do ó fortalecemento e proxección dos produtos da comarca de Lugo no ámbito autonómico, nacional e internacional

Axilizaremos os trámites para posibilitar o asentamento de persoas em-f. prendedoras no rural

Potenciaremos a aprendizaxedestinada ás persoas que decidan traballar g. no rural e presenten un proxecto innovador con ese fin.

Loitaremos para dotar á contorna rural da mellor conexión posible a Internet.

Apoiaremos de forma decidida á muller rural potenciando o seu desen-volvemento social e laboral.

Posibilitaremos a creación do parque comarcal de bombeiros.

A través do programa “Lugo Sendeiro Aberto” potenciaremos a ruta Lugo Pedra a Pedra e Lugo Terras de Auga e Cultura, nunha fórmula turística ligada á natureza e ó ocio cultural en colaboración cos municipios limítro-fes; unha oferta integral e interconectada que fomente o turismo e o coñe-cemento da nosa zona rural, rica en patrimonio e natureza.

Elaboraremos e desenvolveremos un Plan Local de Saúde, contando coa cidadanía e articulando unha rede local que traballe pola mellora da saúde e do benestar cidadán.

Ampliaremos as pistas de aglomerado en quente, especialmente aquelas que dean servizo ás persoas e ó desenvolvemento agrícola, en coordina-ción cos Consellos parroquiais.

Realizaremos un plan de sinalización para a zona rural.

Reforzaremos os equipos de mantemento da zona rural e urbana cos medios mecánicos e humanos necesarios.

A simbiose entre a realidade rural e urbana é unha das grandes liñas do noso programa xa que o rural é a nosa esencia e unha das grandes oportunidades para o municipio a nivel económico, social, cultural e turístico. Porque o rural é unha das nosas prioridades: En colaboración coa Xunta de Galicia, ampliaremos o saneamento no rural lucense.

Aprobaremos a modificación da Ordenanza de Participación Cidadá para posibilitar a maior participación veciñal na confección e execución dos orza-mentos participativos, como medio de atender as necesidades máis próxi-mas dos barrios e da zona rural. Para iso, no rural, crearemos os Consellos parroquiais agrupando ás parroquias pola súa proximidade xeográfica.

Potenciaremos a nosa realidade urbana e rural mediante novas fórmu-las de desenvolvemento a través dun traballo conxunto entre institucións, asociacións e veciños, atendendo ós requirimentos das liñas de axuda da Unión Europea.

As persoas maiores son unha das nosas preocupación, por iso seguire-mos traballando para facilitarse o desenvolvemento da súa vida ó carón dos seus, con novos centros e servizos xestionados polos propios veciños, orientando esta acción a unha convivencia interxeracional dende a que poder aproveitar os coñecementos dos maiores.

Facilitaremos o acceso da vivenda á mocidade no rural axilizando os requisi-tos burocráticos para o asentamento poboacional nesta zona do Concello.

Estenderemos a rehabilitación de Escolas Rurais e a súa transformación en Centros de Dinamización Social.

Colaboraremos na rehabilitación de inmobles e mantemento do patrimo-nio arquitectónico rural, como fontes, lavadoiros e cruceiros, para poñer en valor o patrimonio e os recursos naturais e culturais do medio rural.

Traballaremos por consolidar Lugo como referente en industrias eco-lóxicas vinculadas ós sectores gandeiro, agrícola, lácteo e forestal.

Desenvolveremos un completo Programa de Emprego Rural colaboración coa Universidade e o CEI, no que:

Medio Rual: reactivando a nosa esencia

Page 24: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

46

Lugo

47

www.paixonporlugo.org

A administración municipal e a relación directa co día a día da veciñanza son o corazón do Concello. Comprometémonos a seguir traballando para acadar uns servizos e unha atención cada vez mellores tanto para os traballadores como para a cidadanía. Propoñeremos a aprobación dunha nova RPT en consenso coa Xunta de Persoal e o Comité de Empresa, así como a funcionarización do persoal laboral fixo.

Potenciaremos as accións formativas e a mellora dos medios para os fun-cionarios e traballadores do Concello.

Realizaremos, en coordinación cos sindicatos, un novo regulamento dos traballadores do Concello, así como da Policía Local, dos Bombeiros e de Protección Civil.

Propiciaremos a promoción profesional entre o persoal do Concello.

Na medida que o permita e lei, axustaremos o cadro de persoal ás necesi-dades reais do Concello para acadar un mellor servizo cidadá, dotándoos de medios materiais e humanos, comezando por servizos básicos como os servizos sociais.

Tódolos anos sacaremos prazas de segunda actividade para a Policía Local.

Manteremos os impostos, taxas e prezos públicos mentres dure a crise económica acometendo os axustes á baixa precisos para as persoas de menor poder adquisitivo e para as familias numerosas.

No próximo mandato, tódolos trámites administrativos co Concello poderán facerse tamén online, así como o seguimento dos expedientes administrativos.

Non subiremos o IBI para que Lugo siga tendo o segundo máis barato de Galicia e o oitavo máis barato de España.

Rebaixaremos as taxas por ocupación da vía pública para a realización de obras co fin de fomentar a rehabilitación de edificios.

Administración: o corazón do Concello

Page 25: Programa Municipais 2015 · Universidade de Navarra e é especialista en ... Universidade de Vigo entre os cursos 2004-2005 e 2010-2011 ... Estudou auxiliar administrativo pero dende

Lugo

VOTA