Upload
others
View
9
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE: CUALE A1 (3º ESO) CUALE A2 (4º ESO) DEPARTAMENTO DE INGLÉS CURSO 2017-2018
I . E . S . R A M Ó N M A R Í A A L L E R U L L O A
1
1. INTRODUCIÓN ............................................................................................................ 2
2. CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE. RELACIÓN DE ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES DA MATERIA QUE FORMAN PARTE DOS PERFÍS COMPETENCIAIS. .......................................................................... 2 CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE. ................................................ 2
3. RELACIÓN DE ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES DA MATERIA QUE FORMAN PARTE DOS PERFÍS COMPETENCIAIS. .......................................................... 6
4. OBXECTIVOS XERAIS ................................................................................................. 7 1. COMPRENSIÓN ORAL .................................................................................................................................................. 7 2. EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL ....................................................................................................................... 7 3. COMPRENSIÓN DE LECTURA................................................................................................................................... 7 4. EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ESCRITA ................................................................................................................ 7
5. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS ........................................................................................ 7 CUALE 3º ESO (BÁSICO 1) .............................................................................................................................................. 7
1. COMPRENSIÓN ORAL ............................................................................................................................................... 7 2. EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL ................................................................................................................... 8 3. COMPRENSIÓN DE LECTURA ............................................................................................................................... 8 4. EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ESCRITA ............................................................................................................ 9
CUALE 4º ESO (BÁSICO 2) .............................................................................................................................................. 9 1. COMPRENSIÓN ORAL ............................................................................................................................................... 9 2. EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL ................................................................................................................. 10 3. COMPRENSIÓN DE LECTURA ............................................................................................................................. 10 4. EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ESCRITA .......................................................................................................... 10
6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN .................................................................................... 11 CUALE 3º ESO- BÁSICO 1 ............................................................................................................................................. 11 CUALE 4º ESO - BÁSICO 2 ............................................................................................................................................ 13
7. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN ............................................................................... 15
8. CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS. ........................................................................... 16
9. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS ................................................................... 16 LIBROS DE TEXTO .......................................................................................................................................................... 16
10. MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN, MODIFICACIÓN DA PROGRAMACIÓN EN RELACIÓN COS RESULTADOS ACADÉMICOS E PROCESOS DE MELLORA. ........... 17
2
1. INTRODUCIÓN
Os obxectivos e contidos do nivel Básico axustaranse ao establecido nas seguintes ordes,
leis e decretos:
ORDE do 5 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11
de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais
de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a organización e o
acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial
DECRETO 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento
orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia
LEI ORGÁNICA 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE) MODIFICADA POLA LEI
ORGÁNICA 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa
(LOMCE).
Decreto 191/2007 de 20 de setembro, que establece a ordenación das ensinanzas
de idiomas do réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio.
O Nivel Básico ten a finalidade de capacitar para utilizar o idioma oralmente e por
escrito de maneira eficaz e apropiada en actividades comunicativas sinxelas e habituais,
relativas a necesidades inmediatas, e que requiran comprender e producir textos breves
nun rexistro neutro que conteñan expresións e estruturas básicas e termos sinxelos.
Este nivel de uso do idioma permitirá igualmente actuar en situacións cotiás de
comunicación como intermediario entre falantes de distintas linguas que non poidan
comprenderse de forma directa.
2. CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS
COMPETENCIAS CLAVE. RELACIÓN DE ESTÁNDARES DE
APRENDIZAXE AVALIABLES DA MATERIA QUE FORMAN PARTE
DOS PERFÍS COMPETENCIAIS.
CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE.
O DOG de 29 de xuño de 2015 considera que as competencias clave son aquelas
que todas as persoas precisan para a súa realización e o seu desenvolvemento persoal,
así como para a cidadanía activa, a inclusión social e o emprego. O concepto de
competencia inclúe tanto os saberes como as habilidades e as actitudes e vai mais alá do
saber e do saber facer, incluíndo o saber ser ou estar.
A incorporación de competencias clave ao currículo permite poñer o acento
naquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles desde unha formulación
integradora e orientada á aplicación dos saberes adquiridos. De aí o seu carácter básico.
Son aquelas competencias que debe desenvolver un mozo ou unha moza ao finalizar o
ensino obrigatorio para poder lograr a súa realización persoal, exercer a cidadanía
3
activa, incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio ser capaz de desenvolver unha
aprendizaxe permanente ao longo da vida.
A inclusión das competencias clave no currículo ten varias finalidades: integrar as
diferentes aprendizaxes, tanto as formais, incorporadas ás diferentes áreas ou materias,
coma as informais e non formais; permitirlle a todo o alumnado integrar as súas
aprendizaxes, poñelas en relación con distintos tipos de contidos e utilizalas de xeito
efectivo cando lle resulten necesarias en diferentes situacións e contextos, e orientar o
ensino, ao permitir identificar os contidos e criterios de avaliación que teñen carácter
imprescindible e, en xeral, inspirar as distintas decisións relativas ao proceso de ensino
e de aprendizaxe, á metodoloxía, á organización dos centros educativos, ás relacións
persoais e á participación de toda a comunidade educativa.
Coas materias do currículo preténdese que todas as alumnas e os alumnos
alcancen os obxectivos educativos e, consecuentemente, que adquiran as competencias
básicas. Con todo, non existe unha relación unívoca entre o ensino de determinadas
materias e o desenvolvemento de certas competencias. Cada unha delas contribúe ao
desenvolvemento de diferentes competencias e, pola súa vez, cada unha das
competencias clave alcanzarase como consecuencia do traballo en varias materias.
Ao seren as competencias un elemento organizador van ter influencia non só nos
contidos e na avaliación senón tamén na metodoloxía.
O traballo nas materias do currículo para contribuír ao desenvolvemento das
competencias clave débese complementar con diversas medidas organizativas e
funcionais, imprescindibles para o seu desenvolvemento. Así, a organización e o
funcionamento dos centros e das aulas, a participación do alumnado, as normas de
réxime interno, o uso de determinadas metodoloxías e recursos didácticos, ou a
concepción, organización e funcionamento da biblioteca escolar, entre outros aspectos,
poden favorecer ou dificultar o desenvolvemento de competencias asociadas á
comunicación, á análise do contorno físico, á creación, á convivencia e á cidadanía ou á
alfabetización dixital. Igualmente, a acción titorial permanente pode contribuír de modo
determinante á adquisición de competencias relacionadas coa regulación das
aprendizaxes, o desenvolvemento emocional ou as habilidades sociais. A planificación
das actividades complementarias e extraescolares pode reforzar o desenvolvemento do
conxunto das competencias clave.
Para os efectos da programación LOMCE na materia de Inglés, as competencias
clave do currículo serán as seguintes:
a) Comunicación lingüística (CCL).
b) Competencia dixital (CD).
c) Aprender a aprender (CAA).
d) Competencias sociais e cívicas (CSC).
e) Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
f) Conciencia e expresións culturais (CCEC).
A descrición das relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de
avaliación na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato será a establecida de
conformidade coa Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen as
4
relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación neste caso da
educación secundaria obrigatoria e do bacharelato.
A incorporación das competencias ao currículo permite identificar as
aprendizaxes imprescindibles para o alumnado e achega unha visión integradora do
proceso de aprendizaxe.
A materia de inglés relaciónase moi directamente coa competencia en
comunicación lingüística, pero, debido aos trazos comunicativos, sociais e culturais,
tamén contribúe ao desenvolvemento doutras competencias como a de aprender a
aprender, a do tratamento da información e competencia dixital, a competencia social e
cidadá, a competencia artística e cultural e a da autonomía e iniciativa persoal. De
maneira máis tanxencial tamén contribúe ás competencias matemática e do
coñecemento e a interacción co mundo físico, especialmente mediante a utilización da
lingua estranxeira como instrumento de información con outros contidos do currículo.
a) COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (CCA)
Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de
comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da
realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e
autoregulación do pensamento, das emocións e da conduta.
O desenvolvemento da competencia lingüística comporta o dominio da lingua
inglesa oral e escrita –con distinto nivel dependendo do curso— en en múltiples
contextos. Sen dúbida, a materia da lingua estranxeira contribúe á competencia en
comunicación lingüística, pois ofrece máis oportunidades para interactuar en situacións
comunicativas e para reflexionar sobre a linguaxe en xeral a través da comparación
entre as distintas linguas que se están a aprender.
Contribución da materia á competencia lingüística:
Desenvolver destrezas comunicativas, tanto receptivas como produtivas.
Ler, escoitar e falar sobre os distintos temas tratados.
Transferir ao coñecemento da lingua estranxeira as estratexias de comunicación
adquiridas na lingua materna ou na aprendizaxe doutras linguas.
Estar dispostos a utilizar a lingua estranxeira como vehículo de comunicación.
Reflexionar sobre as estratexias de aprendizaxe utilizadas.
Colaborar con compañeiros/as para negociar significados.
Interesarse pola corrección na produción de textos orais/escritos.
Interesarse por aplicar técnicas para lograr unha lectura ou unha produción oral
máis eficaz.
b) COMPETENCIA DIXITAL (CD)
Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter,
procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento. Require do
alumnado o manexo de fontes informativas en distintas linguas, soportes e modelos
lingüísticos. Para manexar a información usarase o CD, DVD, internet, programas de
software específicos, dicionarios en liña, tradutores automáticos, etc.
5
Contribución da materia ao tratamento da información e competencia dixital:
Utilización do dicionario, revistas, CD como materiais de búsqueda de
información.
Empregar materiais de referencia.
Elaboración dun artigo para a revista escolar ou para outras tarefas.
Emprego do correo electrónico nas relacións de amizade entre falantes.
c) COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER (CAA)
Aprender a aprender supón dispoñer de habilidades para iniciarse na
aprendizaxe e ser capaz de continuar aprendendo de xeito cada vez máis eficaz e
autónomo de acordo cos propios obxectivos e necesidades.
Significa ser consciente do que se sabe e do que cómpre aprender, de cómo se
aprende, e de cómo se xestionan e controlando de forma eficaz os procesos de
aprendizaxe, optimizándoos e orientándoos a satisfacer obxectivos persoais.
Contribución da materia á competencia para aprender a aprender:
Reflexionar sobre os procesos de aprendizaxe e amosar interese por incorporar
melloras que leven ao éxito na consecución das tarefas formuladas.
Reflexionar sobre a propia aprendizaxe (auto-avaliación).
Utilizar as estratexias de aprendizaxe e os recursos didácticos (dicionarios ou
revistas) co fin de buscar información e de resolver situacións de aprendizaxe de
forma autónoma.
Estar disposto a avaliar e ser avaliado polos compañeiros/as.
Utilizar a asociación como estratexia para memorizar vocabulario.
Interesarse pola corrección na produción de textos orais/escritos.
d) COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS (CSC)
A aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira vai axudar ao desenvolvemento
global das persoas. A contribución desta materia á competencia social e cidadá
prodúcese a través de dúas vías: todas as linguas son un vehículo para a interacción
social, e a súa aprendizaxe comprende non só aspectos exclusivamente lingüísticos,
senón compoñentes socioculturais que subxacen no uso desa lingua.
Contribución da materia á competencia social e cidadá:
Apreciar o valor da lingua estranxeira como medio de comunicación con persoas
que pertencen a culturas diferentes como elemento favorecedor das relacións
sociais e interpersonais.
Colaborar cos compañeiros en tódalas tarefas lingüísticas a realizar.
Estar disposto a consultar dúbidas cos compañeiros, profesor, libros de consulta,
…
Interesarse polo traballo dos compañeiros/as respectando as súas opinionns
Intercambios comunicativos reais con persoas de fala inglesa nunha relación
epistolar: “penfriends”.
Ser receptivo aos distintos gustos e opinións.
6
e) SENTIDO DE INICIATIVA E ESPÍRITO EMPRENDEDOR (CSIEE)
A autonomía e iniciativa persoal supoñen ser capaz de imaxinar, emprender,
desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais ou colectivos con creatividade,
confianza, responsabilidade e sentido crítico. Supón a superación de dificultades e xera
autoconfianza e autoestima.
Contribución da materia á autonomía e iniciativa persoal:
Utilizar as estratexias de aprendizaxe e os recursos didácticos (Internet,
Dicionarios, Enciclopedias) co fin de buscar información e de resolver situacións
de aprendizaxe de forma autónoma.
Estar disposto a consultar dúbidas cos compañeiros, profesor, libros de consulta,
...
Colaborar con compañeiros/as para negociar significados.
Empregar a imaxinación para activar e aumentar coñecementos lingüísticos.
f) CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS (CCEC)
Esta competencia supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente
diferentes manifestacións culturais e utilizalas como fonte de enriquecemento e desfrute
e consideralas como parte do patrimonio dos pobos. Isto é, favorece a tolerancia e o
respecto polas outras culturas, aceptando a diversidade de valores e superando
prexuízos e o respecto ao interlocutor.
Contribución da materia á competencia cultural e artística:
Acceder ao coñecemento da cultura que transmite a lingua estranxeira,
desenvolvendo respecto cara a ela e os seus falante, para lograr un mellor
entendemento internacional.
Apreciar o valor da lingua estranxeira como medio de comunicación con persoas
que pertencen a culturas diferentes.
Respectar as distintas normas que rexen as sociedades.
Amosar tolerancia polas distintas personalidades e costumes, contrastando os
costumes, a moda, os hábitos alimenticios.. dos países de fala inglesa cos nosos.
Recoñecer as palabras inglesas habitualmente usadas na nosa lingua.
3. RELACIÓN DE ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES
DA MATERIA QUE FORMAN PARTE DOS PERFÍS
COMPETENCIAIS.
Dado que no momento de ter que entregar a programación didáctica deste
departamento aínda non se tiñan indicacións sobre como elaborar o perfil competencial
dunha materia, anéxase a relación de estándares e competencias clave tal como veñen
perfiladas na LOMCE. Sobre as especificacións da propia lei, e coa formación que nestes
momentos se está a recibir no noso centro para a correcta elaboración das
programacións didácticas, o departamento de inglés está iniciando o proceso de
7
elaboración --que seguirá ao longo deste curso 2016-2017-- dun perfil competencial
significativo e operativo que se poida aplicar á docencia práctica da nosa materia. Unha
vez finalizada a nosa formación e os posteriores procesos de reflexión, debate, posta en
común e elaboración dunha proposta do perfil competencial da materia de primeira
lingua estranxeira (inglés), remitirase unha programación didáctica enmendada deste
departamento á dirección do noso centro.
4. OBXECTIVOS XERAIS
1. COMPRENSIÓN ORAL
Comprender o sentido xeral, a información esencial e os puntos principais de textos
breves, referidos a asuntos da vida cotiá, ben estruturados, articulados a unha
velocidade lenta e con claridade, transmitidos de viva voz ou por medios técnicos, nunha
variedade de lingua estándar, e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a
mensaxe non estea distorsionada.
2. EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL
Producir textos orais breves, referidos a asuntos da vida cotiá, tanto en comunicación á
cara como por teléfono ou outros medios técnicos, e comunicarse de forma
comprensíbel, aínda que resulten evidentes o acento estranxeiro, as pausas e titubeos, e
sexa necesaria a repetición, a paráfrase e a cooperación dos interlocutores para manter
a comunicación.
3. COMPRENSIÓN DE LECTURA
Comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principias e os detalles
relevantes en textos breves referidos a asuntos da vida cotiá, de estrutura sinxela e clara,
nunha variedade de lingua estándar.
4. EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ESCRITA
Escribir textos breves e de estrutura sinxela, referidos a asuntos da vida cotiá, nos que se
pide ou transmite información, utilizando axeitadamente os recursos de cohesión e as
convencións ortográficas e de puntuación máis elementais.
5. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
CUALE 3º ESO (BÁSICO 1)
1. COMPRENSIÓN ORAL
Comprender o esencial en situacións nas que se utilicen frases moi sinxelas sobre temas
frecuentes que se refiren ao ámbito persoal sempre que se fale con lentitude e con
claridade.
8
Seguir un texto breve articulado con claridade, a xeito e con pausas, no que se utilicen
expresións sinxelas e habituais referidas a temas moi coñecidos ou a necesidades
inmediatas.
Comprender instrucións moi básicas pronunciadas lenta e claramente e seguir
indicacións sinxelas e breves.
Comprender a información esencial de pasaxes curtas gravadas que
traten sobre asuntos cotiáns, e que estean pronunciadas con lentitude e claridade.
Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas
e non lingüísticas.
2. EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL
Establecer contactos sociais moi breves, de estrutura moi sinxela, utilizando e
recoñecendo fórmulas habituais de inicio e peche da conversa, tomando a palabra con
cortesía.
Presentarse e intercambiar información básica e sinxela sobre si mesmo e sobre outras
persoas, e expresar gustos, preferencias e intereses sobre temas moi cotiáns.
Participar en conversas moi básicas sobre temas predicíbeis, facendo invitacións e
propostas e reaccionando adecuadamente ante elas, e expresar sentimentos e opinións
de forma básica.
Interactuar para obter ou ofrecer bens e servizos ligados a necesidades inmediatas
sempre que se fale a modo e con estruturas moi sinxelas e habituais, e reaccionando
adecuadamente.
Solicitar, mediante preguntas sinxelas e directas, a colaboración do interlocutor para
entender e facerse entender.
3. COMPRENSIÓN DE LECTURA
Comprender textos que inclúan ou soliciten información persoal básica.
Comprender instrucións breves e sinxelas, e indicacións, especialmente se contan con
apoio visual.
Comprender mensaxes breves que conteñan informacións moi sinxelas relacionadas con
actividades e situacións da vida cotiá.
Comprender o sentido global e localizar información relevante en textos moi básicos e
claramente estruturados relacionados con temas da súa experiencia.
9
Comprender correspondencia persoal moi breve e sinxela.
Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non
lingüísticas.
4. EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ESCRITA
Completar documentos básicos nos que se solicite información persoal.
Tomar notas e escribir mensaxes moi breves e sinxelas a partir duna información moi
sinxela e predicíbel.
Escribir mensaxes sinxelas con información, instrucións e indicacións moi básicas
relacionadas con actividades cotiás e de inmediata necesidade.
Intercambiar correspondencia persoal breve e moi sinxela, sobre temas da vida cotiá.
Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios textos, e
elaborar estes seguindo textos modelo.
CUALE 4º ESO (BÁSICO 2)
1. COMPRENSIÓN ORAL
Comprender frases e expresións habituais relacionadas con necesidades inmediatas e
temas cos que se estea moi familiarizado sempre que se fale de xeito pausado e ben
articulado.
Comprender o sentido xeral e a información específica predicíbel de conversas básicas
sobre temas cotiáns que se desenvolvan na súa presenza, e identificar un cambio de
tema.
Comprender o significado global e as informacións relevantes de mensaxes gravadas
sinxelas que relaten experiencias persoais e predicíbeis, articuladas lentamente e nunha
linguaxe estándar.
Comprender a información esencial en exposicións e presentacións públicas breves e
sinxelas, referidas a temas habituais e coñecidos.
Comprender o sentido xeral e a información esencial predicíbel de textos audiovisuais
sinxelos, cando exista o apoio de imaxes moi redundantes.
Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non
lingüísticas.
10
2. EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ORAL
Desenvolverse nas relacións sociais habituais de xeito sinxelo pero eficaz, utilizando e
recoñecendo fórmulas habituais de inicio e peche da conversa, tomando a palabra con
cortesía, utilizando expresións básicas moi
habituais adecuadas á situación e aos interlocutores.
Desenvolverse en actividades habituais e transaccións e xestións cotiás, sinxelas,
propias de situacións e temas coñecidos, facéndose entender ofrecendo ou solicitando
información básica.
Describir nun monólogo, de forma breve e sinxela, accións, persoas, lugares e obxectos,
respondendo a preguntas breves e sinxelas dos ouvintes se llas repiten e se lle axudan
coas respostas.
Expoñer plans e facer hipóteses, de forma breve e sinxela, en conversas informais en
relación con asuntos cotiáns; e expresar de forma breve a opinión, as crenzas ou
suxestións sobre un tema coñecido.
Solicitar a colaboración do interlocutor e utilizar estratexias para asegurar a
comunicación.
3. COMPRENSIÓN DE LECTURA
Comprender o sentido global e localizar información relevante e predicíbel en textos
pouco complexos, en lingua estándar e relacionados con temas da súa experiencia.
Comprender tipos básicos de correspondencia sobre temas cotiáns.
Comprender o sentido xeral e identificar información relevante en textos xornalísticos
breves e sinxelos, que describan feitos e acontecementos coñecidos, especialmente se
contan con apoio visual.
Comprender textos instrutivos, argumentativos, descritivos e narrativos sinxelos, ben
estruturados e en lingua estándar.
Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non
lingüísticas.
4. EXPRESIÓN E INTERACCIÓN ESCRITA
Intercambiar información concreta e sinxela sobre aspectos cotiáns e habituais nos
diferentes ámbitos de actividade social.
Describir de forma sinxela lugares, obxectos e persoas, e narrar feitos e experiencias, así
como expoñer plans e presentar proxectos relacionados con temas cotiáns
11
Intercambiar correspondencia breve e sinxela, sobre temas predicíbeis relacionados coa
experiencia persoal e na que se expresen sentimentos, opinións, reaccións e actitudes,
ou se solicite ou ofreza un servizo ou información, nun rexistro axeitado á situación de
comunicación.
Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios textos, e
organizar estes de acordo con textos modelo.
6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
CUALE 3º ESO- BÁSICO 1
Para obter a certificación do nivel A1 as alumnas e os alumnos demostrarán que posúen
o grao de competencia comunicativa que se describe a seguir:
Comprensión oral.
Comprender fórmulas básicas de contacto social, como saúdos, despedidas,
desculpas e agradecementos, identificando a intención de comunicación e a
relación de formalidade entre os interlocutores.
Comprender o esencial en conversas moi básicas e breves sobre temas frecuentes
e de necesidade inmediata relativas ao ámbito persoal sempre que se fale con
lentitude, articulando de forma clara e comprensible.
Comprender transaccións moi básicas de bens e servizos, e relativas ao traballo,
transmitidas de viva voz ou por medios técnicos (teléfono, televisión, radio, etc.),
e articuladas amodo, utilizando frases feitas e estruturas sinxelas e previamente
traballadas, sempre que as condiciones acústicas sexan boas e se se poden
escoitar máis dunha vez.
Comprender instrucións moi básicas pronunciadas lenta e claramente e seguir
indicacións sinxelas e breves, sempre que poidan ser repetidas.
Comprender a información esencial de pasaxes curtas gravadas que conteñan
conversas, narracións e/ou descricións emitidas mediante estruturas e léxico moi
básico, que traten sobre asuntos da vida cotiá e de necesidade inmediata, e que
estean pronunciadas con lentitude e claridade, aínda que sexa necesario
escoitalas máis dunha vez.
Utilizar estratexias de comprensión para superar as limitacións que se encontren
na comprensión da mensaxe, mediante claves identificadas no contexto
lingüístico e non lingüístico.
Expresión e interacción oral.
Establecer contactos sociais moi básicos de xeito intelixible sempre que o
interlocutor colabore utilizando un discurso claro e lento e que repita o que non
se comprende.
12
Intercambiar de xeito intelixible información sobre si mesmo e sobre outras
persoas usando un repertorio básico de palabras e frases illadas, e facéndose
comprender aínda que o interlocutor necesite repeticións e aclaracións.
Formular invitacións e realizar propostas moi sinxelas, reaccionando
adecuadamente a elas, se se lle fala con xeito e con claridade, e usando estruturas
lingüísticas sinxelas dentro dun repertorio aprendido.
Comprender e dar instrucións e indicacións moi breves e sinxelas se se formulan
amodo e articuladas claramente, e reaccionar adecuadamente ante elas, aínda
que sexan necesarias repeticións e aclaracións e se teña que recorrer ao uso de
estratexias paralingüísticas.
Comunicarse en conversas sinxelas que requiran o intercambio de experiencias
persoais e de actividades cotiás e de necesidade inmediata mediante frases
memorizadas, breves e illadas, facéndose comprender aínda que se fagan pausas
para buscar as expresións e as palabras menos habituais, sendo capaz de utilizar
as estratexias que lle permitan garantir a comunicación.
Expresar brevemente e de xeito comprensible sentimentos e sensacións físicas
frecuentes empreñando un repertorio básico de expresións sinxelas e fixas, e
podendo axudarse de accións non lingüísticas discretas e axeitadas.
Seguir unha breve exposición sinxela sobre un tema cotián, articulada de forma
lenta e clara, entendendo o suficiente para poder pedir aclaracións e repeticións
que aseguren a comprensión das ideas principais.
Utilizar estratexias de comunicación e de comprensión para asegurar o éxito da
interacción.
Comprensión de lectura:
Comprender a información esencial, e os puntos principais ou detalles relevantes
en textos breves, de estrutura sinxela, que conteñan información persoal básica
propia e doutras persoas.
Comprender mensaxes breves e sinxelas que conteñan instrucións, indicacións e
información básica referida a necesidades inmediatas, de estrutura moi sinxela,
especialmente se contan con apoio visual.
Comprender información relevante e previsible en textos informativos ou
narrativos breves, moi sinxelos e ben estruturados, se é o caso, en parágrafos
curtos relacionados con conectores moi básicos e relativos a temas da propia
experiencia.
Comprender a información esencial de correspondencia persoal moi breve e
sinxela en papel ou soporte dixital.
Comprender textos escritos sinxelos superando as dificultades lingüísticas
mediante a extrapolación de significados utilizando estratexias lingüísticas e non
lingüísticas.
Expresión e interacción escrita:
13
Completar textos escritos en papel ou soporte dixital nos que se solicita
información básica sobre a identificación persoal.
Escribir notas e mensaxes moi breves e sinxelas relativas a necesidades
inmediatas.
Escribir textos con información, instrucións e indicacións moi básicas e breves
relacionadas con actividades cotiás ou de inmediata necesidade.
Escribir, a partir dun modelo, correspondencia persoal moi breve e sinxela sobre
temas da vida cotiá ou de inmediata necesidade.
Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios
textos, e organizar estes seguindo textos modelo.
CUALE 4º ESO - BÁSICO 2
Ao final do 2º curso, as alumnas e os alumnos, para acadar o certificado de
aproveitamento deberán demostrar que posúen o grao de competencia comunicativa
que se describe a seguir:
Comprensión oral.
Comprender o sentido global de conversas que aborden temas básicos cotiáns, se
se fala amodo e con claridade utilizando expresións e palabras habituais do tema
en cuestión, e identificar un cambio de tema.
Comprender transaccións e xestións básicas sempre que se fale de xeito pausado
e ben articulado.
Comprender a información esencial de textos gravados breves, así como
conversas telefónicas, sobre temas previsibles e básicos, sempre que non haxa
distorsión do son e se poidan pedir, se é o caso, repeticións e aclaracións, ou
escoitalos máis dunha vez.
Comprender os puntos principais e os detalles relevantes en mensaxes e
anuncios públicos, transmitidos por medios técnicos ou de viva voz, que
conteñan instrucións, indicacións ou outra información relativa a situacións de
necesidade inmediata.
Comprender textos sinxelos nos que soliciten ou dean información sobre feitos
pasados, que conten anécdotas ou relaten experiencias persoais cotiás, cun
repertorio de léxico e estruturas de carácter básico e sinxelo, identificando
funcións de comunicación variadas e captando tanto as liñas xerais como os
aspectos secundarios de relevancia, sempre que se fale lentamente e nunha
linguaxe estándar.
Comprender a información esencial en exposicións e presentacións públicas
sinxelas, articuladas con xeito e con claridade, que se refiran a temas habituais e
coñecidos.
Comprender o sentido xeral e identificar a información esencial de textos
audiovisuais como partes meteorolóxicos ou informativos, emitidos con
14
pronuncia clara e pausada, e cando os comentarios conten co apoio de imaxes de
carácter redundante.
Utilizar estratexias que faciliten a comprensión sen limitarse aos coñecementos
lingüísticos que se poidan posuír e recorrendo aos indicios do texto, aos
coñecementos sobre o tema e á información que subministran os demais
compoñentes da situación de comunicación.
Expresión e interacción oral.
Desenvolverse en intercambios sociais básicos utilizando fórmulas neutras e
informais de saúdo e despedida, de estrutura sinxela, realizando e respondendo a
invitacións e suxestións.
Participar en conversas con intencións comunicativas básicas diversas facéndose
entender, utilizando estratexias axeitadas para poder iniciar, manter e rematar o
diálogo, producindo un discurso comprensible con expresións básicas e adecuado
ás características da situación de comunicación.
Desenvolverse nunha entrevista e en transaccións e xestións cotiás facéndose
entender e intercambiando a información pertinente se se fala con lentitude e
claridade.
Producir un texto oral breve e sinxelo no que se narra e se describe algo ou
alguén mediante un repertorio básico de palabras, expresións e estruturas,
utilizando un nivel elemental de coherencia e cohesión, cunha pronunciación
clara e comprensible, aínda que teña que facer pausas para pensar o que vai dicir
e recorrer a reformulacións.
Realizar presentacións breves, sinxelas e previamente ensaiadas, sobre temas
habituais e coñecidos, respondendo a preguntas breves e sinxelas dos oíntes,
sempre que estes as repitan cando se lles solicite e axuden coas súas respostas
falando claro e amodo.
Intercambiar opinións sobre un tema coñecido mediante a expresión do
coñecemento, a opinión, e a crenza, mediante fórmulas básicas e expresións
frecuentes memorizadas, usando estruturas sintácticas e grupos de palabras
básicos.
Expoñer plans ou facer hipóteses de forma breve, sinxela e comprensible, en
conversas informais sobre asuntos cotiáns.
Desenvolverse nas relacións sociais reaccionando coa expresión de actitudes e
sentimentos de contento, satisfacción, decepción, interese, desinterese,
esperanza, preferencia, admiración, sorpresa e tristeza, con expresións sinxelas e
habituais, e respectando as normas de cortesía.
Expresarse intelixiblemente e solicitar a colaboración do interlocutor e
responder igualmente á petición deste para asegurar a comprensión e o
mantemento da comunicación.
Valorarase a intelixibilidade da pronuncia e da entoación requiridas pola fluidez.
15
Comprensión de lectura:
Comprender instrucións, indicacións e información básica en lugares dos ámbitos
público e de estudo, así como en páxinas web de estrutura moi sinxela, que
conten con apoio visual.
Identificar información relevante en textos narrativos, argumentativos e
descritivos, breves e sinxelos; textos que presenten unha secuencia lineal de
elementos, publicados en medios de información, e que traten temas moi
coñecidos ou relacionados coa súa experiencia e interese.
Comprender correspondencia persoal breve en papel ou soporte dixital,
redactada en lingua estándar e sinxela, que narre e describa acontecementos,
sentimentos básicos ou desexos.
Comprender, de maneira suficiente, correspondencia formal para captar as
informacións principais que conteña sobre cuestións básicas ou relacionadas co
seu traballo.
Comprender o sentido global de textos auténticos, sinxelos, con ilustracións
redundantes e de extensión limitada cuxo tema resulte predicible e familiar.
Expresión e interacción escrita.
Dar información elemental sobre a actividade profesional, a formación, os hábitos
e os intereses.
Escribir descricións moi breves e básicas de lugares, obxectos e persoas mediante
frases e oracións sinxelas, e co léxico propio da descrición de características
físicas e psicolóxicas elementais pero precisas.
Narrar de forma sinxela e breve feitos e experiencias, así como expoñer plans e
presentar proxectos de xeito moi elemental e relacionados con temas cotiáns.
Escribir correspondencia breve e sinxela en papel ou soporte dixital, na que se
expresen sentimentos, opinións e actitudes.
Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios
textos, e organizalos seguindo textos modelo.
Para a obtención do certificado do nivel A2 será necesaria a superación de probas
terminais específicas de certificación que serán elaboradas, organizadas e avaliadas
polas escolas oficiais de idiomas.
7. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Realizarase unha proba parcial de progreso no mes de febreiro que terá un valor
porcentual do 30% respecto da cualificación final en cada unha das destrezas.
No mes de xuño celebrarase unha proba final que terá un valor porcentual do 70%
respecto da cualificación final en cada unha das destrezas. No caso de que as
cualificacións en calquera das destrezas da proba final sexan superiores ás da proba de
16
progreso, prevalecerán aquelas. É dicir, non se terán en conta de cara ao cálculo da nota
global, aquelas notas de febreiro que sexan inferiores ás de xuño.
As probas estruturaranse en catro partes: comprensión de lectura, comprensión oral,
expresión e interacción escrita, e expresión e interacción oral.
Tanto a proba parcial de progreso como a proba final de promoción terán un valor de
100 puntos, e cada unha das súas catro partes 25 puntos. Para obter a certificación de
CUALE – 3º ESO (A1) e a acreditación de aproveitamento de CUALE 4º ESO (A2) o
alumnado terá que acadar polo menos 15 puntos en cada unha das destrezas. Non
obstante, poderá acadar a certificación sempre que, non tendo superado unha ou dúas
das destrezas, acade un mínimo de 12 puntos nelas e 60 puntos na totalidade da proba
(= 6).
8. CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS.
As ensinanzas de linguas parten dun modelo de lingua que ten unha base
fundamentalmente práctica, cuxa finalidade é o uso do idioma. Terá como centro tarefas
baseadas nos obxectivos de comunicación definidos nesta programación.
Este enfoque metodolóxico posibilita que o alumnado se implique no proceso de
aprendizaxe mediante tarefas deseñadas en función dos obxectivos fixados para as
diferentes destrezas, de xeito que permita a convivencia de distintos estilos de
aprendizaxe.
A finalidade deste enfoque será a activación da variedade de procesos e habilidades
necesarios para levar a cabo tarefas nas que se realizarán actividades de comprensión,
expresión e interacción e que englobarán os obxectivos, os contidos, a metodoloxía e a
avaliación. Non se trata de ver nas aulas os distintos contidos de forma illada. Terán que
ser integrados na realización das diferentes tarefas e actividades, para preservar en todo
momento o sentido comunicativo no proceso de ensino-aprendizaxe.
9. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
LIBROS DE TEXTO
CUALE 3º ESO (A1)
Solutions Pre-Intermediate Student’s Book (Third Edition), Oxford University Press
(Introduction – Unit 4)
CUALE 4º ESO (A2)
Solutions Pre-Intermediate Student’s Book (Second Edition), Oxford University Press,
(Units 5 – 9)
17
OUTRO MATERIAL
-Fichas elaboradas polo profesorado que incluirán tarefas de comprensión e expresión
oral, comprensión e expresión escritas, gramática e vocabulario.
-Vídeos, revistas, fotos, folletos, etc.
10. MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN, MODIFICACIÓN
DA PROGRAMACIÓN EN RELACIÓN COS RESULTADOS
ACADÉMICOS E PROCESOS DE MELLORA.
O profesorado de CUALE, nas reunións de departamento, analizará o seguimento da
programación segundo estes indicadores:
Entrega no prazo fixado
Obxectivos
Contidos
Criterios de avaliación
Metodoloxía
Recursos didácticos
Atención á diversidade
Esta análise aparecerá reflectida na memoria de final de curso.
PROFESORADO CUALE
Genoveffa Minia Bongiorno García (A1)
Fco. Javier Polo Ricoy (A2)
Lalín, 5 de outubro 2017
MEMBROS DO DEPARTAMENTO DE INGLÉS
Minia Bongiorno García (Xefa Departamento) Manuel Conde Pereira