1
COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA (CPXG) SAN PEDRO DE MEZONZO, 36, 1º 15701 SANTIAGO DE COMPOSTELA Tel. 981 93 56 70 Fax 981 93 56 69 [email protected] www.xornalistas.gal PROPOSTA DO COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA PARA QUE A CIDADANÍA COÑEZA AS OFERTAS ELECTORAIS O CPXG defendeu desde sempre os debates entre as distintas ofertas electorais como unha das condicións necesarias para que a cidadanía tome libremente a súa opción de voto. Debates que se desenvolvan como exposición e contraste de propostas e de argumentos e non como loitas dialécticas destinadas a crear espectáculo, nin tampouco como unha sucesión de ríxidos e constrinxidos monólogos ou relatorios de intercambio de acusacións. Para tentar que ese obxectivo sexa posible, o CPXG propón que os debates se produzan baixo estas circunstancias. O criterio básico e principal que debe primar é o do interese cidadá, é dicir, o dereito da cidadanía a ser informada das distintas opcións políticas entre as que pode optar o 24 de maio. O dereito de cada candidaturas a expoñer o seu ideario xa o desenvolven polos seus propios medios, e polos que pon a normativa á súa disposición, ao longo da campaña. Por esa razón, as candidaturas que deben participar son aquelas que teñan interese informativo para a maioría dos electores, ou sexa, aquelas que teñan posibilidades de ter representación en cada concello a partir do 25 de maio. Quen e cantos participan debería ser obxecto de acordo. Non obstante, se non se constrúe un consenso, o CPXG resérvase a posibilidade de organizar os debates que considere poidan ter interese cidadán, informando á cidadanía das circunstancias que motivaron as ausencias que puideron ter lugar. No caso de desacordos, e de ser necesario, os debates celebraríanse antes da campaña para evitar posibles reclamacións ante as Xuntas Electorais (o que as principais organizacións profesionais de Europa, entre elas o CPXG e o Col.legi de Periodistes de Catalunya, que ten interposto accións legais contra os bloques electorais, na actualidade perante o Tribunal de Estrasburgo, consideran unha inxerencia na independencia informativa e no desenvolvemento da profesión) O debate debe ser un acontecemento social en si mesmo, non exclusivamente unha cita nun medio de comunicación. Débese celebrar nun sitio aberto ao público –co invitación facilitada polos partidos e os medios- e se é o caso, patrocinado por unha entidade cívica ou cultural. O debate será aberto á retransmisión, parcial ou por completa, por calquera medio que o solicite. O CPXG encargarase tamén da súa difusión en redes sociais. O debate será conducido por un moderador/a escollido por consenso, co suficiente prestixio e autoridade como para que sexa el/ela quen dirixa o acto, e non a deriva da discusión. Os temas a debate son os que son que atinxen á veciñanza de cada localidade e os que preocupan á cidadanía de Galicia. COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA

Proposta Do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Para Que a Cidadania Coñeza as Ofertas Electorais

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Proposta Do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Para Que a Cidadania Coñeza as Ofertas Electorais

Citation preview

  • COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA (CPXG) SAN PEDRO DE MEZONZO, 36, 1 15701 SANTIAGO DE COMPOSTELA

    Tel. 981 93 56 70 Fax 981 93 56 69 [email protected] www.xornalistas.gal

    PROPOSTA DO COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA PARA QUE A CIDADANA COEZA AS OFERTAS ELECTORAIS O CPXG defendeu desde sempre os debates entre as distintas ofertas electorais como unha das condicins necesarias para que a cidadana tome libremente a sa opcin de voto. Debates que se desenvolvan como exposicin e contraste de propostas e de argumentos e non como loitas dialcticas destinadas a crear espectculo, nin tampouco como unha sucesin de rxidos e constrinxidos monlogos ou relatorios de intercambio de acusacins. Para tentar que ese obxectivo sexa posible, o CPXG propn que os debates se produzan baixo estas circunstancias. O criterio bsico e principal que debe primar o do interese cidad, dicir, o

    dereito da cidadana a ser informada das distintas opcins polticas entre as que pode optar o 24 de maio. O dereito de cada candidaturas a expoer o seu ideario xa o desenvolven polos seus propios medios, e polos que

    pon a normativa sa disposicin, ao longo da campaa.

    Por esa razn, as candidaturas que deben participar son aquelas que tean

    interese informativo para a maiora dos electores, ou sexa, aquelas que tean

    posibilidades de ter representacin en cada concello a partir do 25 de maio.

    Quen e cantos participan debera ser obxecto de acordo. Non obstante, se non

    se constre un consenso, o CPXG resrvase a posibilidade de organizar os

    debates que considere poidan ter interese cidadn, informando cidadana das

    circunstancias que motivaron as ausencias que puideron ter lugar.

    No caso de desacordos, e de ser necesario, os debates celebraranse antes da

    campaa para evitar posibles reclamacins ante as Xuntas Electorais (o que as

    principais organizacins profesionais de Europa, entre elas o CPXG e o Col.legi

    de Periodistes de Catalunya, que ten interposto accins legais contra os bloques

    electorais, na actualidade perante o Tribunal de Estrasburgo, consideran unha

    inxerencia na independencia informativa e no desenvolvemento da profesin)

    O debate debe ser un acontecemento social en si mesmo, non exclusivamente

    unha cita nun medio de comunicacin. Dbese celebrar nun sitio aberto ao

    pblico co invitacin facilitada polos partidos e os medios- e se o caso,

    patrocinado por unha entidade cvica ou cultural.

    O debate ser aberto retransmisin, parcial ou por completa, por calquera

    medio que o solicite. O CPXG encargarase tamn da sa difusin en redes

    sociais.

    O debate ser conducido por un moderador/a escollido por consenso, co

    suficiente prestixio e autoridade como para que sexa el/ela quen dirixa o acto, e

    non a deriva da discusin.

    Os temas a debate son os que son que atinxen vecianza de cada localidade e

    os que preocupan cidadana de Galicia.

    COLEXIO

    PROFESIONAL

    DE XORNALISTAS

    DE GALICIA