8
Proxecto Abalar do CEIP Ramón Falcón 2012

Proxecto Abalar do CEIP Ramón Falcón 2012 · 2021. 1. 19. · Proxecto Abalar Do CEIP Ramón Falcón 1. Introducción: O centro educativo e o seu contexto O centro pertence ó Concello

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • Proxecto Abalar do

    CEIP Ramón Falcón2012

  • Proxecto AbalarDo

    CEIP Ramón Falcón

    1. Introducción: O centro educativo e o seu contexto

    O centro pertence ó Concello de Castro de Rei (LUGO) está situado na capital do municipio. O sector agro-gandeiro é o predominante, constituido por numerosas granxas adicadas á producción de leite e derivados. Tamen hai explotacións avícolas e porcinas entre outras.

    As granxas adicadas á producción do leite son predominantes e fixeron grandes esforzos de modernización e informatización dos procesos de producción e control de calidade, a pesares da crise do sector e da crise económica.

    A poboación rural de Galicia está diminuir, sen embargo o colexio mantén unha matrícula estable e incluso aparecen síntomas de crecemento do número de alumnos coa chegada de algúns procedentes de Marruecos e de Brasil a maiores dos fillos de familias galegas que veñen de cidades nas que a crise acabou cos empregos dos pais.

    A poboación á que serve o colexio vive en pequenos núcleos dispersos, polo que o servizo de transporte é utilizado por a case totalidade do alumnado.

    Por todo o dito, compréndese que o colexio é ocentro social máis importante da localidade, onde se xuntan os veciños para toda clase de reunións. Tamén é por suposto onde se levan a cabo actividades extraescolares de toda índole, entre elas clases de informática, co apoio da AMPA, do Concello,etc.

    2. Xustificación da solicitude do programa Abalar

    O Claustro e o Consello Escolar, ven unha oportunidade única no programa Abalar, para conseguir unha mellora radical nas posibilidades de desenvolvemento do contorno no que está o colexio. Vencendo as dificultades desta comunidade educativa rural para ter acceso os servizos da sociedade da comunicación e a información, dos que xa goza a poboación das cidades.

    Esta boa oportunidade vese favorecida pola recente instalación dun Kit de Aula Dixital, consistente nun portátil, unha pizarra dixital, un proxector e a instalación necesaria para o seu uso. Hai rede WIFI en todo o colexio, así como a disposición de conexións por cable de red en tódalas aulas e outras dependencias do centro. Esto, ademáis de dispoñer das instalacións eléctricas necesarias para a conexión de ordenadores

  • ou de calquera outro dispositivo, fai que o noso centro estea xa preparado materialmente para acoller e poñer en marcha o Proxecto Abalar.

    Como vantaxe non despreciable nun tempo de crise económica, está o feito de que trataríase de dotar unha aula (a de 6º) con mininordenadores e carriño de recarga, porque o resto do material abalar xa o temos

    Outro ponto a ter en conta para impulsar esta solicitude, é a disposición e a experiencia dos profesores na docencia con materiais TIC. Todos eles usan a cotío os ordenadores, tanto na aula de informática como na aula de clase, onde se dispoñen de ordenadores vellos, procedentes da anovación do material da aula de infórmática, pero coa capacidade de conectarse a Internet.

    3. Modelo organizativo previsto

    Nun primeiro momento o grupo de profesores que participaría no proxecto Abalar formaría un grupo de traballo, que coa colaboración do coordinador TIC poñerían en marcha o proxecto.

    A fase inicial de aprendizaxe do manexo do material sería innecesaria pois xa se está a usar dende hai varios cursos. Quedaría por facer o traballo sobre os sistemas operativos (Windows e Linux según a distribución que corresponda) e aplicacións.

    Por suposto que o compromiso do profesorado coa formación incluida no proxecto e total, tanto a que se leve a cabo no centro coma fóra.

    Despois de conseguir a experiencia necesaria no manexo de software, se pasaría a fase de creación de actividades máis adaptadas ó programa e as características do noso alumnado.

    Este traballo se levaría a cabo votando man das horas adicadas a dinamización das TIC que figuran no noso horario.

    4. Experiencia educativa

    A experiencia educativa no uso das TIC do persoal docente , é salientable pois todos realizaron cursos no CFR sobre o uso de internet e outras ferramentas informáticas.

    Por outra banda algúns profesores realizaron actividades con alumnos no ámbito de internet (participación no Premio Internacional EDUCARED).

    O colexio participa dende este curso no proxecto webs dinámicas, poñendo en marcha a páxina web do centro (http://www.edu.xunta.es/centros/ceipramonfalcon/)

    Pode considerarse tamén neste apartado, o intenso intercambio de experiencias sobre o uso pedagóxico de internet e da pizarra dixital que fai o profesorado a cotío.

    http://www.edu.xunta.es/centros/ceipramonfalcon/

  • 5. Recursos materiais do centro

    a) Recursos informáticosO colexio dispón dunha aula informática dotada con doce postos , escaner e

    impresora. Os ordenadores estan dotados cada un dun sistema operativo Windows XP e outro Linux. Na aula está instalada unha pizarra dixital co seu proxector e un portátil asociado.

    Existen tamén outros seis portátiles distribuidos da seguinte maneira:Dous na aula de música, cun proxector, un na aula de inglés con outro proxector asociado, un na aula de PT, un na de AL e outro máis na aula de infantil.

    Hai outro proxector na aula do 3º nivel e en cada aula hai ademáis un ordenador vello procedente da renovación dos correspondentes da aula de informática (oito ordenadores en total).

    Neste curso (2011-2012) quedou instalada na aula de 5º un kit de Aula dixital, formado por unha pizarra dixital, un proxector e un portátil coas correspondentes conexións eléctricas e de red.

    b) Recursos audiovisuais

    Ademáis dos devanditos proxectores existen dous televisores, un na biblioteca conectado a un reproductor de DVD e a un reproductor VHS e outro TV na aula de infantil tamén conectado a un reproductor DVD e outro VHS.

    Asimesmo existen proxector de diapositivas, de corpos sólidos e de transparencias, pero en mal estado.Tamen hai reproductores musicais de CD e cintas de casete.

    c) Outros recursos

    Como outros recursos podemos clasificar un gran cantidades de CD e DVD con aplicacións informáticas e tamén outros medios de almacenaxe de datos(pen drives). Outro tipo de recursos utilizados polo profesorado son as impresoras e fotocopiadoras da administración do colexio.

    6. Planificación dos recursos materiais do centro

    Existe un horario de uso da aula de informática, que un recurso compartido. No caso dos recursos instalados en cada aula, úsanse de acordo coa programación de aula de cada titor. Úsanse con flexibilidade aqueles que non están adxudicados a unha aula determinada.Na aula de 5º na que se instalou o kit Abalar, os profesores traballan a cotío con este material.

  • 7. Tipo de conexión a Internet

    O centro ten acceso a Internet por medio da conexión á rede Corporativa de Datos da Xunta de Galicia. A velocidade de baixada efectiva é de 6.142 Kbps, uns 6 Mbps. Este dato conseguíuse usando un velocímetro dunha páxina web.

    8. Descripción de tomas eléctricas e de datos

    Como neste momento non dispoñemos dun informe técnico da instalación de datos nin da instalación eléctrica, adxuntamos unhas fotografías das tomas de datos e de enerxía eléctrica, que cumpren os requisitos sinalados na resolución publicada no DOG nº 81(dúas tomas de datos RJ45 e seis tomas eléctricas), da aula que se vai adicar ó proxecto.

    Vista da aula co kit Abalar

  • Conexións do kit Abalar

    Conxunto de tomas eléctricas e RJ45

    Enrutador WIFI

  • Armario principal

    Detalle do armario Principal

    Detalle do cadro eléctrico

  • 9. Procedementos para a avaliación interna do programa

    Propoñemos para o desenvolvemento deste proxecto, a creación dunha Comisión Didáctica de Seguimento e Avaliación. Esta comisión estaría constituida polas seguintes persoas:

    A directora do centro.O secretario do centro que actuaría como secretario da comisión.Todo o profesorado que imparte clases no 5º nivel.O coordinador TIC que faría asimesmo de Coordinador do P.Abalar.

    Esta comisión se encargaría da posta en marcha do Proxecto, a búsqueda e preparación dos contidos, a súa adaptación á programación deste nivel e a metodoloxía a empregar co novo material.

    Tamén será obxectivo desta comisión a avaliación interna deste proxecto, procurando detectar as fallas e problemas e plantexar as solucións máis eficaces.

    Se avaliará entre outros parámetros a valoración da eficacia do proceso de ensinanza e aprendizaxe acadado polos alumnos, tendo en conta o grao de consecución dos obxectivos e de desenvolvemento das capacidades sinaladas na programación didáctica.

    Tamén será obxectivo da Comisión a avaliación da metodoloxía empregada durante o curso para saber en cales aspectos se pode mellorar.

    Se valorará o grao de adecuación dos mateirais e programas ou aplicacións usadas no Proxecto e propoñerá solucións no caso necesario.

    Se redactará un informe, que se someterá ó Consello Escolar para á súa aprobación.

    10. Outras consideracións

    Por último cabe considerar, no contexto de crisis que nos afecta, a cuestión dos investimentos necesarios para iniciar o Proxecto Abalar no noso colexio, que serían mínimos pois ademáis de ter xa instalada unha rede WIFI e un cableado de rede en tódalas aulas, trataríase só de dar materiais informáticos a unha aula de 5º nivel con kit Abalar en funcionamento con 12 ou 13 alumnos.

    1. Introducción: O centro educativo e o seu contexto2. Xustificación da solicitude do programa Abalar