27
Publicidade dos alimentos, realidade ou ficción? alimentación saúde A luz, un ben de luxo Bebés con pegada virtual En forma e sen saír da casa Relación sa de parella Comes tan ben como cres? Etiquetaxe dos alimentos benestar a revista do socio consumidor Ano XLI - Época IV - N.º 205 FEBREIRO 2016 www.consumer.es

Publicidade dos alimentos, realidade ou ficción?revista.consumer.es/web/ga/20160201/pdf/revista-entera.pdf · ao ataque dos piratas informáticos, espías ou hackers. Como é normal

  • Upload
    vutram

  • View
    217

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

???

Publicidade dos alimentos, realidade ou ficción?

alimentación saúde

A luz, un ben de luxoBebés con pegada virtual

En forma e sen saír da casaRelación sa de parella

Comes tan ben como cres?Etiquetaxe dos alimentos

benestar

a revista do socio consumidor

Ano XLI - Época IV - N.º 205 FEBREIRO 2016 • www.consumer.es

sumario 20512 GUÍA DE COMPRA:

SURIMIS E SUCEDÁNEOSAínda que a súa achega calórica é parecida á do peixe, diferénciase del polo seu notable contido en sal.

34 TAXA ROSA: PAGAR MÁIS POR SER MULLER?Colectivos sociais denuncian a existencia de produtos encarecidos por estar dirixidos a mulleres.

40 RECEITAS. Menú carnavalesco.

50 MEDIO NATURAL. Ecoembes lanza un novo símbolo para lles axudar aos cidadáns a identificaren o colector adecuado para reciclar.

34

12

24

Confúndenos a publicidade dos

alimentos?Análise documentAl pArA elAborAr un diAgnóstico sobre

A situAción dA publicidAde dos Alimentos no noso pAís

BIENESTAR E VIDA COTIÁ 4 novastecnoloxías

GUÍA PARA EVITAR ESPÍAS NO MÓBIL 6 dereitos 8 quenosinteresou 10 expertosnutricionistas 24 afondo

PUBLICIDADE DOS ALIMENTOS 28 entrevista dobre

CONTROL PARENTAL EN INTERNET

INfORMES: 22 alimentación / ETIQUETAXE DOS ALIMENTOS 34 economía doméstica / TAXA ROSA 36 saúde / TAL PARA CAL: RELACIÓN DE PARELLA SA 38 alimentación / COMES TAN BEN COMO CRES? 44 saúde / EN FORMA E SEN SAÍR DA CASA 46 bebé / BEBÉS CON PEGADA VIRTUAL 48 economía doméstica / A LUZ: UN BEN DE LUXO 50 medio natural / RECICLAXE: SOLUCIÓNS PARA UN ENIGMA

www.consumer.esEROSKI CONSUMER é a revista do socio consumidor de EROSKI. A cooperativa EROSKI é unha asociación de consumidores que, desde hai máis de vinte e cinco anos, dedica os seus esforzos á formación e á información dos consumidores. EROSKI CONSUMER defende os dereitos recoñecidos aos consumidores de bens e servizos, co fin de que os poidan exercer de xeito responsable e esixir o seu cumprimento. EROSKI CONSUMER é un medio de comunicación comprometido coa promoción de hábitos de vida saudables, co consumo sustentable e coa conservación do medio. EROSKI CONSUMER publica informacións sobre iniciativas de responsabilidade social de EROSKI e sobre os produtos das marcas de EROSKI e, excepcionalmente, transmitirá informacións que EROSKI considere de grande interese para os seus socios e clientes.

a revista do socio consumidor

Edita: EROSKI S. Coop., co patrocinio de FUNDACIÓN EROSKI • Febreiro 2016 - N.º 205 • Tiraxe: 12.000 exemplares

director: Alejandro Martínez BerriochoasubdirectorA: María HoyosredActorA XefA: Rosa CuevascoordinAción de redAcción e edición en internet: Miren Rodríguez edición en gAlego: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia

distribución: Rosa Cuevas

inVestigAción “A fondo”: Equipo de EROSKI CONSUMER Responsable: Rosa Cuevas Deseño e elaboración: Cristina Leciñana

outros contidos: Novas tecnoloxías: Daniel Tejero Entrevista: Eva San Martín Alimentación: Julio Basulto e Laura CaorsiSaúde: Montse ArboixEconomía doméstica: Blanca ÁlvarezBebé: Cristian VázquezMedio ambiente: Álex Fernández Muerza

deseño, mAquetAción e preimpresión: DUPLO Comunicación Gráfica (www.duplografic.es) fotografía: Rubén García e Becky Lawton Impresión: MCC Graphics

redAcción e AdministrAción de erosKi consumer: Eroski Publicaciones. B. San Agustín, s/n 48230 Elorrio (Biscaia)

Telf.: 946 211 627_fax: 946 211 222

Depósito legal: SS-907-2012 • ISSN: 2254-6480

novastecnoloxíasguÍa para EVITar ESpÍaS NO mÓBIl

O teléfono móbil tamén é vulnerable ao ataque dos piratas informáticos, espías ou hackers. Como é normal nunha sociedade cada vez máis dixita-lizada, xorden novas ameazas que fai falta combater pola nosa seguridade. Nos últimos anos, e empuxadas polo emprego tan elevado de smartphones, tabletas e outros dispositivos, aumen-taron as ciberameazas.

Que buscan os hackers?

Os hackers buscan principalmente información. Infectan dispositivos móbiles con malware (do inglés malicious software), que signi-fica “software maligno”, e cuxo obxectivo é infiltrarse ou danar un ordenador ou sistema de informa-ción sen o consentimento do seu propietario. Deste xeito, cóanse no smartphone a través de aplicacións ou redes wifi pouco seguras.

O seu cociente de operacións vai desde hackear unha conver-sación ou un correo electrónico, ata roubar datos almacenados na memoria do dispositivo e obter contrasinais de contas bancarias, correos confidenciais, ademais de afectar o seu funcionamento.

unha mostra de que son técni-cas que se están poñendo de moda entre os informáticos máis atrevidos é o número crecente de ataques cibernéticos realizados entre 2013 e 2014. En menos dun ano multiplicáronse por dez.

Oito consellos para evitar un ataque:

Difundir desinformación. un dos datos que todo o mundo indica nas redes sociais é a data do aniversario. Empresas coma Fa-cebook ou Twitter non necesitan saber esta data porque xa a teñen outras bases de datos oficiais e gobernamentais. por tanto, o seu único obxectivo é a identificación do usuario. para evitar unha iden-tificación correcta, o ideal é poñer diferentes datas de nacemento nas redes sociais.

Non dar todos os datos. É cada vez máis habitual a subscrición a un boletín semanal ou a des-contos e ofertas que soliciten o correo electrónico e o número de teléfono persoal. En función do interese que se teña pola marca, non se ten por que dar un correo electrónico real e un número tele-fónico. moitas veces serve para ter máis información sobre o usuario e tamén para lanzar campañas comerciais. a pesar diso, os riscos de dar todos os datos son moi superiores ás vantaxes que se obteñen na contraprestación.

Desconectar a xeolocalización nas aplicacións. Co uso de apli-cacións que empregan a xeolocali-zación para o seu funcionamento, córrese o risco de que os móbiles sexan hackeados con máis faci-lidade. por iso, é recomendable que se desactiven os servizos de localización de aplicacións coma Facebook, Instagram e outras re-des sociais, xa que as publicacións mostran tamén a información referente á posición e poden saber cando se está ou non na casa.

Cubrir as cámaras. as cámaras frontais de calquera dispositivo móbil poden ser acendidas sen que se note. O recomendable para evitar ser espiados nun momento delicado ou íntimo é tapar as cá-maras con algo que permita que a persoa teña o control sobre cando acendelas ou non.

Ler os acordos de uso. É reco-mendable converter a lectura dos acordos de uso nunha práctica habitual, xa que na actualidade a maioría das persoas non lle dedi-can nin un minuto a informarse sobre o que se pode e o que non se pode facer, sobre os dereitos do usuario etc. a consecuencia de non ler este tipo de acordos é que todo o mundo acepta as condi-cións impostas, sen coñecer as consecuencias que traen consigo. as redes sociais son un grande exemplo. a razón pola que as persoas non len estas condicións e acordos é a falta de información dos usuarios acerca das conse-cuencias que pode ter.

Coidado co Bluetooth. aceptar por erro unha conexión Bluetooth (pensando que é unha chamada perdida ou calquera outra notifica-ción irrelevante) abre as portas do móbil ao hacker e, por conseguin-te, a todos os teus datos.

Non piratear o teléfono. No caso de apple, os usuarios recorre-ron ás técnicas chamadas jailbreak para poder instalar aplicacións non autorizadas. pero estas téc-nicas tamén se converten nunha forma de acceso para que os hackers consigan aproveitar as vul-nerabilidades do sistema. No caso de android, os usuarios utilizan técnicas que lles garanten acceso root, unha forma de acceder ás capas máis ocultas do dispositivo. Desta forma, pódese personalizar todo, incluído o propio sistema operativo.

Bloquear o dispositivo. É primordial establecer uns códi-gos de acceso e de desbloqueo altamente seguros, mediante combinacións de números e letras, recoñecemento da impresión dixi-tal etc. Os hackers teñen métodos para romper estas barreiras e des-cifrar os códigos de desbloqueo do dispositivo, pero no peor dos casos o usuario gañaría tempo pa-ra reaccionar e poñer en práctica outras medidas de seguridade. //

Desconectar a xeolocalización do móbil ou cubrir as cámaras son algúns consellos para evitar un ataque dos piratas informáticos no smartphone

Un intruso no móbil

54

Están a cobrarme 20 euros ao mes na miña factura do móbil por un servizo de SMS premium que non son consciente de contratar. A operadora di que me dá de baixa, pero que non me devolve o diñeiro. Teño algunha posibilidade de gañar se os demando?

Vivo en Madrid, teño tres fillos e hai un mes que me separei. Quero pedir a custodia compartida, pero véxoo difícil porque á maioría dos meus amigos denegáronlla. A miña ex-muller e mais eu asinamos un acordo amigable polo que me deixaría ver os nenos algunhas tardes, ademais das fins de semana que deci-dise o xuíz. Pero lin que, na Comunidade de Madrid, se o pai pi-de a custodia compartida neste momento, no ano 2016, danlla de forma automática. Isto é así?

Os SMS premium son mensaxes de pago sobre te-mas diversos (deportes, moda, política etc.) que compañías de servizos de tarificación adicional envían aos móbiles dos usuarios. Estas empresas actúan en concerto cos operadores de acceso á rede (as telefónicas), que son os que lle cobran os importes desas mensaxes ao consumidor. Como acontece en todo contrato de servizos que se prece, o consumidor debe activar ou aceptar esta subscrición co coñecemento exacto de en que consiste, que é recibir todos os días unha ou varias mensaxes (ata 5 e 6), cada unha delas a un prezo medio dun euro. A inmensa maioría dos subscritores contratan este servizo sen sabelo, pi-cando en baners ou respondendo a chamadas

ou mensaxes non solicitadas que as empresas de SMS premium colocan en internet ou envían aos móbiles como cebo e sen ningunha explicación. Nestes descoidos tamén axuda a absoluta falta de información das compañías telefónicas aos seus clientes sobre este tipo de sistemas de contrata-ción, dos cales tamén elas se benefician economi-camente, xa que actúan como “socias no negocio”, xunto ás empresas citadas. Por esa evidente e gra-ve desinfomación, case todos os casos deman-dados nos xulgados polos usuarios terminan coa condena á compañía telefónica correspondente a lle devolver ao seu cliente os importes aboados polos SMS premium.

Non é certo. O artigo 92.8 do Código civil confí-relle á custodia compartida un carácter excep-cional nos divorcios con fillos. Desde 2013, está en fase de anteproxecto a lei sobre o exercicio da corresponsabilidade parental en caso de nu-lidade, separación e divorcio. Cando esta norma entre en vigor, quitaralle á custodia compartida ese carácter de excepción fronte á custodia mo-noparental, que é a que ata a data deciden os xuíces na inmensa maioría dos casos e que case sempre se adxudica á nai. Porén, iso non significará que a custodia compar-tida vaia outorgarse de forma automática, nin se-quera que teña carácter preferente. A decisión, en cada caso, tomaraa o xuíz, sempre baixo o princi-pio do interese superior do menor. O xuíz decidi-rá a opción que considere máis beneficiosa para o

menor, en función de cuestións como a vontade dos proxenitores e tamén a do fillo ou filla, a co-municación entre os pais, a distancia entre os seus domicilios, a dedicación pasada, presente e futu-ra de cada pai e nai cara ao menor etc. Ademais, o xuíz poderá, se estima que é o máis conveniente, ordenar a custodia compartida aínda que ningún dos proxenitores a solicitase. É dicir, cando entre en vigor a citada lei, haberá máis custodias com-partidas ca hoxe en día. Nesta materia, as comunidades autónomas de Aragón, Cataluña, Navarra, País Vasco e Valen-cia van por diante do resto e dispoñen, desde hai algún tempo, de leis propias que facilitan a custodia compartida, aínda que tamén neses te-rritorios segue sendo aínda moi minoritaria.

CLAVES PARA GAÑAR UNHA RECLAMACIÓN

Facturas e fotografías permítenlle a un consumidor cobrar do seguro a reparación dos danos por un incendio doméstico

En materia de seguros do fogar, as asociacións de consumidores re-comendan gardar as facturas dos obxectos de valor (especialmente se a póliza inclúe o contido) e facer fotos se se produce un sinistro. Tomar estas precaucións permitiulle a un veciño de Sestao cobrar os 1395 euros que lle custou reparar os danos ocasionados por un incendio no forno da súa cociña, que tamén afectou a vitrocerámi-ca, as paredes e o teito. O que acontece é que tivo que ir a xuízo, no Xulgado de 1.ª Instancia n.º 3 de Barakaldo, porque o seguro es-timaba excesivo o gasto e negábase a aboalo, para o que alegaba que o forno tiña 20 anos e que o teito non sufrira danos. Os docu-mentos e as fotografías que achegou o demandante demostraron que o forno tiña 13 anos e que o teito quedou ennegrecido polo fume. Por tanto, na sentenza do 11 de decembro de 2014, o xulga-do condenou a aseguradora a pagar a cantidade requirida máis os xuros legais acumulados e as custas do xuízo.

CLÁUSULAS ABUSIVAS

Un tribunal reduce a cero un xuro de mora do 19 % por consideralo abusivo

Hai dúas sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE consideradas de-terminantes nos xuízos por xuros de mora. A do 14 de marzo de 2013 (que obrigou a adecuar a normativa hipotecaria española á di-rectiva comunitaria sobre cláusulas abusivas) ditou que un xuíz po-de “temperar” ou suavizar un xuro de mora se triplica o xuro legal do diñeiro. Anos despois, a sentenza do 21 de xaneiro de 2015 foi máis alá, ao permitir reducir a cero o xuro de mora se se considera abusivo. A Audiencia Provincial da Rioxa invocou esta segunda pa-ra declarar nulo o xuro de mora do 19 % que un banco aplicou nun préstamo. A entidade reclamáballe ao seu cliente 5500 euros, des-pois de que este lle devolvese con atraso 18.000 euros dun présta-mo principal máis xuros. O afectado impugnou, por abusivo, este xuro de mora e a Audiencia Provincial da Rioxa, na sentenza do 23 de febreiro de 2015, determinou que o xuíz debe suprimir unha cláusula abusiva en canto a coñeza, sen que haxa un prazo para iso. Así pois, anulou o citado xuro de mora e exonerou o prestameiro do pago reclamado polo banco.

FONDOS DE ALTO RISCO

Un banco indemniza con 13.890 euros un cliente por non informalo sobre o risco do seu investimento

Un banco vendeulle a un cliente un fondo de alto risco que pron-to acumulou perdas importantes. O banco propúxolle entón trasla-dar o diñeiro a un fondo tecnolóxico, tamén de risco e, polo tanto, xerador de perdas. Co diñeiro que puido rescatar, xa colocado nun investimento conservador noutra entidade, o cliente, sen coñe-cementos financeiros, pensou en demandar o banco por non in-formalo suficientemente sobre o risco dos devanditos fondos. A demanda presentouse por “acción de responsabilidade contractual”, que prescribe aos 15 anos e esixe que o demandante demostre a relación causa-efecto entre a conduta neglixente ou incumprido-ra do demandado e o prexuízo sufrido. E así ocorreu, neste caso pri-meiro, no Xulgado de 1.ª Instancia n.º 1 de Barakaldo e despois na sección 3.ª da Audiencia Provincial de Biscaia, cuxa sentenza do 21 de maio de 2015 condenou o banco a indemnizar o cliente con 13.890 euros polas perdas dun investimento insuficientemente ex-plicado e inadecuado para o perfil daquel como investidor.

Sent

enza

s

UN CASO SIMILAR PODE MERECER UNHA SENTENzA DISTINTA

Esta sección recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan os consumidores e os usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non hai que esquecer que, ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstancias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar sentenzas distintas.

Der

eito

s

DÚBIDAS [email protected]

Se tes dúbidas legais, mándanos un correo electrónico. Tras estudar as posibilidades de cada caso, os servizos xurídicos de EROSKI CONSUMER suxiren as actuacións máis adecuadas para cada situación. Trátase só dunha orientación, posto que as cuestións xudiciais son complexas e están cheas de circunstancias que condicionan os casos e inflúen nas sentenzas. Recorda que a única contestación ás consultas que se reciban será a publicada nestas páxinas.

Consultorio

76

Twitter é a outra rede social na que EROSKI CONSUMER (@eroskiconsumer, @E_CONSUMERma –con información espe-cífica sobre o medio ambiente– e @caminoasantiago –o twitter da Guía do Camiño de Santiago–) ten unha presenza moi activa. Esta é a relación dos nosos tuits máis retuiteados:

1. Que é peor: un pouco de alcol a diario ou moito a fin de semana?

2. Que está pasando cos pesticidas caducados?

3. Food trucks, gastronomía coma unha seda

Canto aguanta o leite aberto na neveira?

Trucos para coidar o coche este inverno

Ideas para cear san e rico

Trucos infalibles para xogar co can

A calor é un potente hixienizante e o seu efecto varía en función do bino-mio tempo-temperatura. Polo tanto, o leite consérvase dun modo ou dou-tro en función do proceso de calor que recibiu.- Pasteurización. Destrúe microorga-nismos patóxenos, pero non as súas esporas. Non se pode considerar un produto de longa duración, e menos co envase aberto. Non se conservará máis de dous ou tres días.- Leite esterilizado. Permite acabar tanto con microorganismos coma con esporas. O obxectivo é aumen-tar máis a vida útil. A súa comerciali-zación en envases opacos posibilita unha conservación a temperatura ambiente de cinco a seis meses sen abrir. Unha vez aberto, non excederá os catro ou cinco días a temperaturas de refrixeración.- Leite UHT ou uperizado. Conserva as súas calidades nutritivas case intac-tas sen presenza ningunha de mi-croorganismos patóxenos. Co envase pechado, conservarase a temperatu-ra ambiente uns tres meses. Unha vez aberto, deberá terse na neveira un máximo de catro a cinco días.- Leite evaporado con auga. É o re-sultado dunha deshidratación parcial. Aplícaselle un tratamento esteriliza-dor e comercialízase en envase brik. Co envase pechado, o leite evapo-rado pode manterse en boas condi-cións durante varios meses. Unha vez aberto, debe gardarse nun lugar fres-co e protexido da luz un máximo de tres a catro días.

Máis información en www.consumer.es/ seguridad-alimentaria

A maioría das avarías do coche prodú-cense no inverno, segundo un informe do Comisariado Europeo do Automó-bil. Con todo, moitas delas poderíanse evitar. Velaquí algúns consellos:- Manter o coche baixo teito. Sem-pre que se poida, convén que o coche durma baixo teito, sexa a época do ano que sexa. Isto é máis importante no inverno, pois as baixas temperatu-ras son moi daniñas non só para a ba-tería, senón para os líquidos do motor e para a carrocería. Ademais, tras unha noite á intemperie, haberá que loitar ao día seguinte, como mínimo, contra a xeada acumulada nos cristais.- Coidado cos pneumáticos. As ro-das cobran no inverno unha impor-tancia especial. A choiva, a neve e o xeo son os seus maiores inimigos e, ao baixar as temperaturas, o caucho vólvese duro e perde flexibilidade. Por iso, hai que revisalas moi ben e cambialas se é preciso.- Baterías a punto. Coa chegada do frío e das temperaturas xélidas, a bate-ría pode perder máis do 50 % da súa carga, polo que se debe comprobar de maneira regular o seu estado. Ade-mais, a partir dos tres anos de empre-go, as baterías comezan a descargarse ou dan problemas, polo que non está de máis facer algunha revisión.

Máis información en www.consumer.es/motor

Os expertos aconsellan que na cea se sirvan alimentos limpos, sen salsas e de fácil dixestión. Velaquí algunha suxestión:- Sopa rápida de pan e allo. Córta-se en rebandas finas media barra de pan duro. Nunha cazola, póñense ca-tro culleradas de aceite e, cando estea quente, agréganse catro dentes de allo. Cando os allos empecen a dou-rarse, engádese o pan e frítese. Unha vez estea tostado, agrégase unha culleradiña de pemento doce e un chisco de pemento picante. Có-brese cun litro de caldo de carne ou de ave, sazónase e ponse a cocer durante 40 minutos.- Salteado de verduras con aroma de xenxibre. Límpanse e córtanse en ti-ras as verduras, que poden ser cham-piñóns, cabaciña, acelgas cos talos, espárragos trigueiros e pemento ver-mello. Pélase un toro de xenxibre e, nunha tixola con aceite de oliva, saltéa-se. Cando se note o aroma do xenxibre, agréganse as verduras, tápase a tixola e voltéase —tapada, claro— continua-mente para que se cociñen ben. Unha vez salteadas ao gusto, pónselle o pun-to de sal. Antes de sacar e servir, engá-dese ceboliño ou perexil empoado.- Tortilla de allos tenros e gambas. Cór-tase media ceboliña fresca e un dente e refóganse en dúas culleradas de aceite de oliva. Cando estea dourada a ceboli-ña, agréganse 200 gramos de gambas peladas e 100 gramos de allos tenros en conserva (que antes se escorrerán) e re-fógase todo. Sálgase e, por último, en-gádense seis ovos batidos e unha culleradiña de perexil picado.

Máis información en www.consumer.es/alimetacion

Os cans aburridos non son cans fe-lices. Estes trucos e xogos axudan a combater o seu tedio:- Elixir ben os xoguetes. Os xoguetes non son un luxo para os cans, senón unha necesidade. Por iso, contar cunha variedade de xoguetes pode resultar de grande utilidade para acabar co seu aburrimento.- Brandos ou pelotas? Hai cans que prefiren os xoguetes brandos, outros que optan polas pelotas e algúns to-lean cos bonecos que fan ruído. Hai que ter en conta as súas preferencias ao elixir os xoguetes máis adecuados para el.- Xogar con comida. Quen non goza dun bo prato de comida con sabores novos e receitas caseiras elaboradas con agarimo? Nesta tarefa, pode axu-dar desde facer galletas caseiras ata utilizar o xoguete Kong, unha especie de cono reenchible, elaborado con materiais naturais e orgánicos para satisfacer o can na súa necesidade de cazar-capturar-mastigar.- Xoguetes saborosos. Os xogue-tes interactivos para facer máis esti-mulante a comida do can están de moda. Ademais, son unha diverti-da e saudable forma de activar a súa mente. Poden ser boliñas de penso ocultas en tubos para que o animal as saque coas súas patas ou come-dores con forma de quebracabezas que substitúen as cuncas tradicionais. Desta maneira, exercítase a mente da mascota e, ademais, divírtese.

Máis información en www.consumer/mascotas

Os que máis gustan no noso facebook

Un bocadillo san e seguro para os teus fillos

A 89 persoas gústalles isto

Os perigos das bebidas enerxéticas para a saúde

A 83 persoas gústalles isto

Lactación materna, un piar descoidado da saúde pública

A 103 persoas gústalles isto

Reca

nto

do le

ctor

quenosinteresou Faite o noso amigo e síguenos nas redes

Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos directamente as inquietudes en EROSKI CONSUMER, RESPONDE.Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos as inquietudes, suxestións e impresións dos lectores sobre os contidos da publicación. A súa opinión é moi valiosa para nós e queremos contar coa súa colaboración para mellorar.

Pode contactar connosco:Por teléfono: de luns a venres, de 10:00 a 12:00 horas, en 946 211 627 e 946 211 487. Por correo electrónico: [email protected] redes sociais: a través do noso perfil en facebook e en twitter (ler as normas de uso).

o noso Top

98

ABC DA NUTRICIÓN

Carie dentalA carie dental é só unha das moitas enfermidades dentais que existen, pero é das máis frecuentes. Trátase dunha desmineralización do esmal-te e da dentina (os tecidos duros dos dentes), provoca-da polos ácidos orgánicos que producen as bacterias na placa dental ante a pre-senza de azucres dietéticos. A saliva é unha das defensas naturais da boca contra este proceso. Promove a remine-ralización; é dicir, é capaz de depositar minerais nas zonas porosas onde se produciu a desmineralización do esmal-te ou da dentina. No entan-to, se o medio é demasiado ácido, a desmineralización domina e o esmalte vólvese máis poroso, o que acabará por producir a carie dental. Por tanto, a carie prodúcese cando a desmineralización supera a remineralización.A pesar de que o desenvol-vemento da carie require a presenza de azucres, ta-mén está influenciada pola susceptibilidade dos den-tes, polo perfil bacteriano da boca e pola cantidade e calidade da saliva. O esta-do nutricional pode afectar os dentes mesmo antes de que empecen a saír (aos seis meses de idade, de media), pero esta influencia é moi-to menos importante que o efecto da dieta sobre o ris-co de padecer carie. En todo caso, aínda que a desnutri-ción tamén inflúe, o certo é que as persoas desnutridas de países empobrecidos só teñen un elevado risco de carie se se expoñen a azu-cres dietéticos.

FÁLASE DE...

2016, o Ano Internacional dos LegumesAs autoridades son conscien-tes da importancia de con-sumir legumes. Por iso, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) decidiu de-clarar este ano 2016 como o Ano Internacional dos Le-gumes. O obxectivo é insistir nas vantaxes nutricionais dos legumes “como parte dun-ha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimenta-ria e a nutrición”. A FAO lem-bra que os legumes (como as lentellas, as fabas, os chícha-ros ou os garavanzos) son “un elemento fundamental na cesta de alimentos”. Esta en-tidade insiste en que se de-ben incluír a miúdo na nosa alimentación para combater a obesidade e para previr e axudar a controlar enfermida-des como a diabetes, as afec-cións coronarias e o cancro. Diversas investigacións cien-tíficas e multitude de organi-zacións sanitarias corroboran a opinión da FAO.No entanto, un incremento na inxestión de legumes non só mellora a saúde ou pre-vén enfermidades. Estes deli-ciosos e versátiles alimentos poden mellorar a fertilida-de do chan, o que exercerá, a longo prazo, efectos bene-ficiosos no medio ambiente. Entre os obxectivos da FAO non só está a erradicación da inseguridade alimentaria e a malnutrición, senón tamén impulsar o progreso econó-mico e social e fomentar a utilización sustentable dos recursos.

OS CONSELLOS DO MES

Reducir o consumo de salO sal está formado por cloruro de sodio. Aínda que necesitamos ambos os elementos, o noso consumo supera sobradamente as recomendacións. Como máximo, deberiamos tomar 5 gramos de sal cada día, pero en España duplícase esa fronteira. Pensamos que basta con diminuír a cantidade de sal que se lles engade de forma voluntaria aos alimentos, pero o certo é que esta práctica non é suficiente, xa que os produtos procesados contribúen moi-tísimo á nosa inxestión de sal. Destacan o pan, os queixos, os embutidos e os precociñados. Porén, hai moitos outros que teñen que ver co éxito repentino no procesado industrial dos alimentos, e que provocou un repuntamento no consumo de sal, segundo alertaron en 2015 os doutores Francisco Botella, José Joaquín Alfaro e Antonio Hernández na revista Nutrición clínica en medicamento.Na opinión dos expertos, unha das claves para diminuír a inxes-tión de sal é regular e limitar o seu contido nos alimentos e non tanto confiar en que cada individuo tome medidas ao respecto. Porén, a poboación debe ser consciente dos problemas relacio-nados coa alta inxestión de sal. A cifra de 5 gramos diarios esta-blécese a partir de estudos que relacionan o elevado consumo de sal coa hipertensión arterial. Pero tomar moito sal tamén in-crementa as posibilidades de sufrir, a longo prazo, patoloxías co-ma pedras nos riles, osteoporose ou algúns tipos de cancro.

Non é aconsellable consumir algasAs algas mariñas comestibles non son un alimento básico na die-ta dos europeos. Noso organismo non está adaptado á hora de tolerar a gran cantidade de iodo que adoitan conter. Así, malia que é certo que presentan un alto valor nutricional, a súa con-centración en iodo é moi elevada e pode supoñer un problema para a saúde. Diversas investigacións observan que o consumo habitual de algas mariñas pode xerar toxicidade por un alto con-sumo de iodo. As algas mariñas procedentes da China, Xapón, Filipinas, Corea e o Extremo Oriente poden ter un contido “extre-madamente alto de iodo”, segundo a Autoridade Europea de Se-guridade Alimentaria (EFSA). Isto é máis frecuente no caso das algas que se comercializan desecadas. É máis, recentes estudos observaron que estes alimentos poden acumular moito arsénico e outros contaminantes. Os doutores Bouga e Combet publicaron un traballo a este respec-to en 2015 na revista Proceedings of the Nutrition Society. Revisaron 224 produtos con algas mariñas, pertencentes a dez categorías di-ferentes de alimentos. A maioría deles non tiña ningunha informa-ción na súa etiquetaxe en relación co seu contido de iodo. Aínda así, os autores concluíron que a inxestión de moitos destes produtos poden conducir a unha inxestión de iodo que supoñerá un ris-co para a saúde. Desaconsellan a súa inxestión, sobre to-do no caso das mulleres embarazadas.

Hai uns días, o meu fillo de 4 anos saíu dunha tenda de lambo-nadas comendo un “billete de euro” e púxoselle a boca azul. Pre-gúntome que tipo de colorantes se utilizan para facer este tipo de lambetadas e, sobre todo, se son legais e se pasan os controis de calidade. Todos os aditivos alimentarios, e iso inclúe os

colorantes utilizados nos caramelos ou nas lambetadas, son absolutamente segu-ros nas doses consumidas. Pasan por es-tritos controis realizados por comités de expertos e baseados en rigorosos proce-dementos cuxo único obxectivo é pro-texer a poboación de calquera tipo de risco a curto, medio ou longo prazo.

Aínda así, o principal risco das lambetadas que come o seu fillo, sexa un “billete de eu-ro” ou calquera outro tipo de doce, é a ca-rie dental. Segundo o Consello Xeral de Colexios de Dentistas de España, as cifras de carie entre a nosa poboación son das máis elevadas de Europa. Esta entidade ta-

mén indica que somos o país que menos acode á consulta do odontólogo para reci-bir os tratamentos adecuados. De feito, só se tratan entre o 53 % e 65 % das caries.

Como mínimo, a maior parte dos nenos ten unha carie dental. Polo tanto, o princi-pal consello que lle damos é que se des-preocupe dos colorantes (que, insistimos, non expoñen o seu fillo a ningún risco) e que faga o posible para que o seu fillo di-minúa a súa inxestión de alimentos azu-crados. En todo caso, tras o seu consumo, é importante que cepille os dentes cunha pasta fluorada. Non esqueza, así mesmo, as revisións periódicas co dentista.

O meu marido sofre de osteoporose e diabetes e ten que tomar bastantes pastillas ao día: 6 ao se levantar e 6 despois de comer. O problema é que non quere almorzar antes de tomar todos estes medicamentos e, aínda que toma un protector estomacal, séntanlle moi mal e ten ardores de estómago moi a miúdo. É conveniente que almorce antes de tomar tantas pastillas? Se o seu marido se obrigase a almorzar, é moi

probable que os seus problemas esto-macais empeorasen. En canto aos ardo-res de estómago, coñecidos como refluxo gastroesofáxico ou pirose, os expertos re-comendan mellorar o estilo de vida e a alimentación en xeral, non só o almorzo.

En todo caso, existen algúns consellos que lle poden axudar. Se o seu marido fuma, é prioritario que pida axuda para deixar de facelo, dado que o fume do ta-baco dana a válvula que impide que os zumes gástricos saian do estómago. Al-gúns alimentos que convén evitar son os picantes, os produtos ácidos, as bebidas carbonatadas (coma os refrescos), o cho-colate, as bebidas alcohólicas ou o café.

Tamén é útil comer a miúdo, o que axu-da a evitar as comidas abundantes que

agravan o cadro. Ademais, cómpre evitar vestirse con roupa axustada, xa que es-ta pode exercer presión sobre o esfínter, o músculo que controla a parte superior do estómago. Por outra parte, non convén que o seu marido se deite xusto despois de comer, é mellor que agarde unhas tres horas para facelo e, ademais, sería unha boa medida elevar a cabeceira da cama uns 15 centímetros. Nalgúns casos nada do anterior funciona, polo que é impres-cindible recorrer ao uso de fármacos. Pero afortunadamente existen medicamen-tos moi eficaces para resolver o problema, aínda que é preciso que llos receite o seu médico, quen debe asegurarse de que son compatibles cos fármacos que xa está tomando.

os expertos nutricionistasDE EROSKI CONSUMER RESPONDEN

O obxecto do Consultorio Nutricional é ofrecer unha resposta ás dúbidas que lles poidan xurdir aos consumidores sobre calquera aspecto vinculado coa alimentación, coa nutrición e coa dietética. Os nosos expertos nutricionistas seleccionarán, de entre todas as cuestións que cheguen a través do consultorio en liña, dispoñible en www.consumer.es/alimentacion, dúas consultas, que se responderán nesta sección da revista.

10 11

gu

ía d

e co

mp

ra s

uri

mis

e s

uce

dán

eos

Pode que hoxe nos pareza impensable non ato-par surimi nun supermercado, pero o certo é que este produto apareceu nas nosas vidas hai moi pouco. En Europa, concretamente, fíxoo nos anos 80. Porén, no Xapón, leva elaborándose miles de anos.O termo surimi é de orixe xaponesa e significa “músculo de peixe picado”. Trátase da materia prima coa que se elaboran os paus de surimi, os sucedáneos de angulas e outros formatos e presentacións que se poden atopar tanto refri-xerados coma ultraconxelados. É dicir, aínda que os paus de surimi se elaboran con surimi, non son conceptos sinónimos, tal e como cre moita xente.

Contido e elaboraCiónPara elaborar surimi adóitanse utilizar peixes abundantes de pouca saída comercial ou de pouca rendibilidade, así como os restos de fi-leteado, o que non quere dicir que estes peixes teñan unha baixa calidade nutricional.

De entre as especies máis utilizadas, destacan o abadexo de Alasca, a solla ou o fletán. Tamén poden usarse outros peixes, como certos tipos de bacallau, pescada ou peixe espada, entre outros.Tras eliminar as escamas, a pel, as vísceras e outras impurezas, obtense o músculo limpo, do que se extrae a auga para obter unha pasta ou xel. Non é unha tarefa fácil, dado que a carne debe ser o máis branca posible e, en ocasións, o músculo do peixe contén sangue, órganos ou pigmentos. Así, a súa produción require expe-riencia e un equipo técnico sofisticado. No entanto, a pasta que se consegue a tra-vés deste tipo de procesos non contén aínda a necesaria estabilidade para poder comerciali-zar o produto con garantías relativas á segu-ridade alimentaria. Ademais, a poboación non aceptaría a súa textura xelatinosa nin as súas propiedades de sabor e aroma (propiedades organolépticas).

Surimis e sucedáneos, símiles que alimentan pero con demasiado salA poboación española consome unha media de 33,3 gramos mensuais de surimi e, aínda que a súa achega calórica é parecida á do peixe, este tipo de produto diferénciase del polo seu notable contido en sal

1312

Por todo iso, no proceso de fabricación engá-dense aditivos como conservantes (sal, ácido sórbico), amidóns, proteína de soia, caseinatos (aglutinantes), polifosfatos, saborizantes, colo-rantes e, tamén, potenciadores de sabor. Todos os produtos analizados no semáforo nutricional (ver táboa nas páxinas 16 e 17) conteñen po-tenciadores de sabor, un aditivo que, xunto ao sal, xera certa preocupación nos expertos en nutrición, tal e como se amplía máis adiante.

Paus de surimi ou Paus de marUnha variedade do surimi é o kamabobo, que adoita ter unha forma semicircular. Os pescado-res do Xapón elaborábano de forma artesanal tras esmiuzar algúns peixes frescos e cocelos ao vapor. Isto permitiu darlles saída comercial a peixes que non se consumían e, asemade, aumentábase o seu período de conservación. Porén, o surimi que máis coñecemos son os paus de surimi, paus de mar, ou outros nomes similares. Tanto a súa cor como a súa textu-ra e sabor imitan de forma bastante fidedigna as características organolépticas da carne de cangrexo. A parte exterior é de cor vermella, como a que adoita ter o esqueleto externo dos cangrexos cocidos.

o seu lugar na dietaSegundo datos da enquisa Enide, realizada polo Ministerio de Sanidade a unha mostra representativa da poboación adulta española, tomamos unha media de 33,3 gramos mensuais de surimi (suma de paus de surimi, colas de lagosta, sucedáneo de angulas etc.). Así, a pesar de que a cantidade de sal (ver tá-boa nas páxinas 16 e 17) destes produtos é no-table, só será preocupante ante unha inxestión continuada, algo que non ocorre neste momen-to na maioría da poboación adulta española. En todo caso, é probable que a inxestión destes alimentos sexa superior nos nenos.Aínda así, a pesar das moitas declaracións de saúde que adoitan figurar na súa etiqueta (“rico en omega 3”, “baixo en graxa”, “fonte de proteínas”), estes alimentos non poden equipa-rarse co peixe. En boa medida porque, ademais de peixe ou de marisco, na súa composición pódense atopar unha longa lista de produtos, como graxas, aceites, amidón, azucre e, sobre todo, sal e potenciadores de sabor. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente detalla nun monográfico de-dicado a estes alimentos que “a composición nutricional destes sucedáneos é ben distinta á do peixe de orixe: teñen máis hidratos de car-bono, menos proteínas, máis sal e, en ocasións, máis graxa”. Coma o peixe, son produtos con ningunha ou moi pouca fibra dietética. Algúns sucedáneos de angulas poden chegar a cubrir o 10 % das recomendacións de inxestión de fibra, pero trátase de cifras non significativas. A presenza de vitaminas e minerais tamén é menor ca no peixe, dado que diminúen durante os procesos de elaboración (por exemplo, no lavado do mús-culo do peixe).

A composición nutricional destes sucedáneos é distinta á do peixe de orixe: teñen máis hidratos de carbono, menos proteínas, máis sal e, ás veces, máis graxa

suCedáneo de angulas

Tamén elaborado con abadexo de Alasca, o su-cedáneo de angulas é un produto cada vez máis popular nas nosas mesas. O seu éxito radica en que imita moi ben o tamaño, a cor e mesmo os ollos da angula, pero tamén porque o seu prezo é moito máis accesible ca o das angulas, ese peixe tan valorado.

Coñécese como gula, aínda que o nome en rea-lidade corresponde a unha marca de Angulas Aguinaga, unha empresa española que naceu en 1974. Ante o declive nas vendas de angulas (que empezaban a converterse nunha especie ameazada), o empresario vasco Álvaro Azpei-tia aplicou con bo criterio as novas tecnoloxías alimentarias e conseguiu un sucedáneo de an-gulas de gran calidade, que hoxe coñecemos como gula do norte. Deste xeito, conseguiu re-flotar entre 1986 e 1990 a súa empresa Angulas Aguinaga.

Foi no ano 1991 cando Angulas Aguinaga creou a gula do norte e rexistrou as patentes de in-vención e fabricación, tanto das gulas coma da gula do norte. Hoxe en día, a empresa lidera a categoría do surimi en España.

gu

ía d

e co

mp

ra s

uri

mis

e s

uce

dán

eos

1514

semáforo nutriCionalA pesar do que moitas persoas poidan pensar, este tipo de sucedáneos non son alimentos con moi poucas calorías. Aínda que por regra xeral non presentan un alto contido enerxético, para que o fabricante poida acompañar o produto da declaración “baixo en calorías”, debería ter menos de 40 quilocalorías por cada 100 gra-mos, e estes alimentos achegan entre 90 e 160 quilocalorías por cada 100 gramos. Así mesmo, é frecuente ler ou escoitar que se utiliza moito azucre na súa elaboración. No en-tanto, se se revisa o semáforo nutricional, pódese observar que ningún dos sucedáneos analizados presenta un elevado contido en azucre. Pola súa banda, os sucedáneos de angulas conteñen máis enerxía debido á súa achega de graxas, pero non de graxas saturadas, cu-xa elevada inxestión é máis perigosa. Porén, é lóxico que nos sucedáneos de angulas apare-zan máis advertencias no semáforo nutricio-nal (cores amarela e laranxa). Malia que a súa composición nutricional é moi similar, a ración de consumo duplica a dos sucedáneos de can-grexo. Así, mentres que unha ración habitual de sucedáneos de cangrexos adoita ser de tres barriñas (uns 50 gramos), unha ración de su-

ENERXÍA GRAXA GRAXA SATURADA SAL AZUCRES FIBRA

(kcal) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1)

PRODUTO REFRIXERADOBarriñas de surimi frescas (Sistemas Britor), 58 gramos (3 barriñas)

69,0 3,5 1,9 2,7 0,2 1,0 1,0 16,7 1,8 2,0 0,0 0,0

Paus de surimi refrixerados Seacrets (Angulas Aguinaga), 50 gramos (3 barriñas)

48,0 2,4 1,9 2,7 0,3 1,5 1,0 16,7 1,0 1,1 0,0 0,0

Relado de surimi Seacrets (Angulas Aguinaga), 50 gramos (1/3 do envase)

45,0 2,3 1,8 2,6 0,4 2,0 1,0 16,7 0,9 1,0 0,0 0,0

Paus de cangrexo Krissia (Angulas Aguinaga): 50 gramos (3 barriñas)

46,0 2,3 1,8 2,5 0,3 1,5 0,9 15,0 1,1 1,2 1,0 4,0

Paus de mar (Pescanova): 63 gramos (3 paus)

66,8 3,3 1,3 1,9 0,2 0,9 1,0 16,1 0,6 0,7 1,1 4,5

PRODUTO CONXELADOPaus de surimi (Compesca), 44 gramos (3 paus)

50,0 2,5 0,9 1,3 0,2 1,0 0,7 12,0 1,7 1,9 0,0 0,0

Rolo de mar (Pescanova), 56 gramos (4 rolos)

58,2 2,9 1,4 2,0 0,2 0,8 0,9 14,3 0,7 0,8 sen datos

sen datos

Troncos de Alasca (Frudesa), 50 gramos

62,0 3,1 1,5 2,1 0,2 0,8 1,1 17,5 2,2 2,4 0,3 1,3

UNHA RACIÓN: arredor de 50 g de sucedáneo de cangrexo

PRINCIPAIS PROPIEDADES DOS SUCEDÁNEOS DE CANGREXO.QUE NOS MOSTRA O SEMÁFORO NUTRICIONAL?*

*Semáforo nutricional de 8 tipos de sucedáneos de cangrexo, segundo unha ración de consumo: arredor de 50 gramos ou 3 barriñas. (1) Indica a proporción achegada respecto da inxestión de referencia (IR) que unha persoa adulta necesita inxerir de cada nutriente: 2000 kcal, 70 g de graxa, 20 g de graxa saturada, 90 g de azucres, 6 g de sal e 24 g de fibra. O semáforo nutricional baséase nun sistema de cores: verde-baixa cantidade (a achega é menos do 7,5 % da IR), amarelo-cantidade media (entre o 7,5 % e o 20 %) e laranxa-cantidade alta (máis do 20 %).

*Semáforo nutricional de 5 de angulas, segundo unha ración de consumo: arredor de 100 gramos. (1) Indica a proporción achegada respecto da inxestión de referencia (IR) que unha persoa adulta necesita inxerir de cada nutriente: 2000 kcal, 70 g de graxa, 20 g de graxa saturada, 90 g de azucres, 6 g de sal e 24 g de fibra. O semáforo nutricional baséase nun sistema de cores: verde-baixa cantidade (a achega é menos do 7,5 % da IR), amarelo-cantidade media (entre o 7,5 % e o 20 %) e laranxa-cantidade alta (máis do 20 %).

ENERXÍA GRAXA GRAXA SATURADA SAL AZUCRES FIBRA

(kcal) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1)

PRODUTO REFRIXERADOSucedáneo de angulas Guliciosas (Nakulas): 100 gramos (a metade do envase)

110,0 5,5 4,5 6,4 0,6 3,0 2,0 33,3 1,0 1,1 1,0 4,2

Gula do norte (Angulas Aguinaga): 100 gramos (a metade do envase)

160,0 8,0 9,6 13,7 1,1 5,5 2,5 41,7 1,4 1,6 2,9 12,1

PRODUTO CONXELADODivinas do mar (Nakulas): 90 gramos (a metade do envase)

100,0 5,0 4,1 5,9 0,5 2,5 1,5 25,0 0,9 1,0 0,9 3,8

Gula do norte (Angulas Aguinaga): 100 gramos (a metade do envase)

160,0 8,0 9,6 13,7 1,1 5,5 2,5 41,7 1,4 1,6 2,9 12,1

Anguriñas (Pescanova): 100 gramos (a metade do envase)

197,0 9,9 13,8 19,7 1,3 6,5 2,3 38,3 1,2 1,3 0,0 0,0

UNHA RACIÓN: arredor de 100 g de sucedáneo de angulas

PRINCIPAIS PROPIEDADES DOS SUCEDÁNEOS DE ANGULAS.QUE NOS MOSTRA O SEMÁFORO NUTRICIONAL?*

cedáneo de angulas rolda os 100 gramos. En calquera caso, se o consumo destes alimentos non é habitual non resultará preocupante des-de un punto de vista da inxestión de calorías ou de graxas.Doutra banda, a pesar de que a achega calóri-ca destes sucedáneos é similar á do peixe, no semáforo nutricional pódese observar que to-dos os produtos analizados presentan un nota-ble contido en sal, algo que non ocorre co peixe ou co marisco fresco. E esta é a principal e máis destacable diferenza entre un e outro tipo de produto. Segundo o Ministerio de Sanidade, un alimento ten «moito sal» cando iguala ou supera 1,25 gramos de sal por cada 100 gramos de alimento, e todos os sucedáneos analizados exceden esta cifra. Neste sentido, cabe preguntarse se o fabrican-te utiliza o sal a modo de conservante. Se se revisa o semáforo nutricional, pódese observar que o contido en sal nos produtos conxelados é o mesmo ca o presente nos refrixerados. De feito, non hai case ningunha diferenza nutricio-nal entre refrixerados e conxelados. Así que a presenza do sal, sobre todo nos conxelados, só se xustifica por motivos organolépticos; é dicir, para incrementar o sabor do produto.

Potenciadores de sabor: cuestionadosTanto o exceso na inxestión de sal coma no consumo de poten-ciadores de sabor relacionouse cun maior risco de hipertensión arterial. Segundo diversos estudos, sobre os potenciadores de sabor hai que engadir que a súa inxes-tión habitual incrementa o risco de obesidade. As investigacións xustifi-can esta observación, entre outros motivos porque quen consome alimentos con este aditivo mostra máis dificultades para deixar de comer cando xa está saciado. En 2012, unha investigación publi-cada na revista científica Nutrition & metabolism observou un maior risco de síndrome metabólica atribuíble á inxestión de glutamato monosódico. A síndrome meta-bólica é un conxunto de factores implicados no risco cardiovascu-lar, como obesidade abdominal, hipertensión arterial, alteracións no metabolismo da glicosa ou

elevacións nos lípidos sanguíneos (por exemplo, hipercolesterolemia). Esta síndrome tradúcese en pro-blemas no normal funcionamento da insulina, é unha enfermidade que multiplica por cinco o risco de desenvolver diabetes e duplica as posibilidades de mortalidade por infarto de miocardio ou ictus. Todo iso xustifica que numero-sos investigadores e profesionais sanitarios reclamen desde hai anos que se diminúa a utilización dos potenciadores de sabor, sobre todo nos alimentos dirixidos aos nenos.

E o rEsto dE aditivos?Ao comentado sobre o sal e o glutamato monosódico, pódense engadir cuestións relacionadas co resto de aditivos utilizados para elaborar estes sucedáneos. A maioría cumpren funcións impor-tantes, como protexer o produto de contaminacións microbianas,

pero tamén minimizan cambios de textura durante o seu almacena-mento. Por exemplo, ao conxelar o surimi poden producirse cristais de xeo que participarían na desnatu-ralización das proteínas do peixe. Os polifosfatos e o azucre, entre outros ingredientes, evitan este tipo de contratempos.

Sexa como for, aínda que todos os ingredientes se adaptarán ás estritas regulacións alimentarias e, polo tanto, serán seguros e estarán libres de posibles adulteracións, convén diminuír a presenza de sal nestes produtos.

gu

ía d

e co

mp

ra s

uri

mis

e s

uce

dán

eos

1716

Conservación tras a desconxelaciónUnha pregunta frecuente é como proceder tras a desconxela-ción para evitar posibles contaminacións microbianas. O ideal é consumilos xusto despois de desconxelalos. Se desconxela-mos unha cantidade superior á que tomaremos, non debemos conxelalos de novo, senón conservalos no frigorífico, aínda que nunca máis de 24 horas.

suxestións de ComPraUnha vez analizado o valor nutricional dos sucedáneos de cangrexo e angulas, e tendo moi presentes as diferenzas que os separan res-pecto do peixe, enuméranse a continuación unha serie de recomen-dacións gastronómicas sobre o tipo de sucedáneos máis apropiados para cada momento, enfermidade ou situación:

sucedáneos de cangrexoos máis apropiados para a ensalada. As barriñas frescas, xa que valen tanto para as ensa-ladas, para esmiuzar nas ensa-ladas rusas ou para encher uns volováns.os que máis tempo se conser-van abertos. Aqueles que están en barriñas e embolsados, posto que están máis protexidos do ex-terior, a diferenza dos que veñen esmiuzados dentro do paquete. Hai que ter en conta que, unha vez aberto o envase, xa están en contacto co aire.

sucedáneos de angulas:Para cociñalas como prato único. Xa sexan frescas, refrixe-radas ou conxeladas, o seu sabor e utilidade son os mesmos, salvo que queiran distinguirse como prato único. As gulas con gam-bas ou con cogomelos son un bo exemplo.Para tomalas como entrante. Todas son apropiadas, xa sexan en ensalada, en salteado, como prato co aroma do allo ou mes-turadas nun revolto con ovos, cogomelos e gambas.

ambos os sucedáneosPara hipertensos e per-soas con sobrepeso. Os dous tipos de sucedáneos son produtos procesados cun alto contido de aglutinantes ou xelificantes (fariñas, clara de ovo, proteína de soia, poli-sacáridos de algas, gomas) e sal e saborizantes. Por ese motivo, non son recomendables en dietas para persoas hipertensas, nin con problemas de sobrepeso. Nestes casos, o seu consumo debe ser moderado e casual, e han de usarse sobre todo en receitas con ensaladas ou con vexetais, acom-pañando un prato de alcachofas ou cuns cogomelos.

gu

ía d

e co

mp

ra s

uri

mis

e s

uce

dán

eos

1918

> As gulas, por económicas que sexan, son bastante máis caras ca os paus de surimi (as gulas máis baratas custan case o mesmo que as barras de surimi máis caras). Ben é certo que son produtos distintos e que adoitan utilizarse para preparacións gastronómicas diferentes, pero paga a pena lembralo nos casos nos que só se queira dar un toque de mar.

> Entre os produtos de surimi, a marca e mais o formato inciden no prezo. A marca máis barata é EROSKI BASIC, que se presenta nun paquete de 350 gramos e que custa menos de 6 euros o quilo. Algo máis caros son os paus EROSKI sen glute (250 gramos), que custan case 8 euros o quilo. En canto ao aforro no formato, un bo exem-plo atopámolo nas barras de surimi Krissia. Se escollemos un paquete de 200 gramos, o quilo custaranos case 14 euros. No entanto, se eliximos un paquete de 400 gramos, pagaremos o produto algo menos de 10 euros o quilo. Se non o utilizamos todo, sempre podemos conxelar as barras sobrantes para utilizar outro día.

> As gulas, pola súa banda, son un pro-duto deseñado para o aforro. Incluso a presentación e a marca máis cara (a gula do norte fresca Aguinaga, de 200 gramos) é case 24 veces máis barata que as tradicionais angulas.

> Aínda así, para aforrar na compra de gulas, podemos recorrer á marca: as angulas Nakulas sen glute, de 200 gramos, son as máis económi-cas (custan 10,25 euros o quilo). Ou, tamén, prestar atención aos paque-tes de ofertas. Co combinado de 3 paquetes de 200 gramos de Aguinaga, o quilo queda en 16,50 euros. Tamén hai que ter en conta que as angulas frescas da mesma marca custan un pouco máis. No caso de que quei-ramos aforrar tempo na cociña, as angulas frescas con cogomelos, ao allo ou con gambas (de Aguinaga) son unha boa opción, aínda que tamén custan máis caras (algo máis de 26 euros o quilo).

www.consumer.es

Apuntamentos para o aforroOs paus de surimi e as gulas son un estupendo complemento gastronómico. Ademais de mellorar a textura e a aparencia de moitos pratos, danlles un exqui-sito toque de sabor e cor ás nosas receitas, mesmo ás máis sinxelas. Un canapé, un revolto ou, mesmo, unha simple ensalada poden gañar moito cando se lles engaden gulas ou surimi.

Pero estes produtos teñen outra vantaxe importante: son, en si mesmos, un recurso para o aforro. Isto nótase especialmente no caso das gulas, un sucedá-neo das carísimas angulas. Non todos os petos poden pagar este manxar, que o pasado decembro se cotizou a 650 euros o quilo e que no ano 2011 chegou a atinxir un prezo histórico de 1200 euros o quilo. Para a maioría das familias, é máis accesible un paquete de gulas.

Así e todo, cabe ter en conta algúns detalles sobre os prezos, tanto das gulas coma dos paus de surimi:

gu

ía d

e co

mp

ra s

uri

mis

e s

uce

dán

eos

O mercado do surimiComo é lóxico, un produto barato e á vez delicioso, como é o caso do surimi, presenta un grande interese comercial. Tal e como declarou en 2003 o doutor B.D. Paterson, do centro de investigación Bribie Island Aquaculture en Australia, “se a imitación é considerada como a forma máis sincera de adulación, entón a existen-cia mesma do surimi é unha proba máis da importancia comercial dos crustáceos”.

O consumo mundial de surimi rolda os 1,5 millóns de toneladas anuais. En realida-de, a gran demanda deste produto supera a cantidade de fabricantes que poden elaboralo, sobre todo en Asia, que é o principal consumidor de surimi. Isto sucede, entre outros factores, pola falta de recursos pesqueiros e polas escasas capturas, o que obriga as empresas a optimizaren os seus procesos de fabricación.

O ritmo de crecemento do consumo de surimi conxelado é, ademais, dun 10 % anual. Pola súa banda, as vendas de surimi refrixerado son menores, en parte polo seu maior prezo, e por iso adoitan centrarse en segmentos especializados (restauración).

Neste sentido, é conveniente citar de novo o caso de Angulas de Aguinaga, cuxo sucedáneo de angulas (gulas) presenta un gran volume de vendas en España, que rolda o 20 % das vendas totais de surimi.

2120

alimentación

Etiquetaxe dos alimentos, a saúde é unha cuestión de coresUn estudo demostra que o semáforo nutricional pode capacitar os consumidores para elixir produtos saudables

Os coñecementos nutricionais da poboación son moi mellorables.

A poboación atópase en desigualda-de de condicións fronte á industria alimentaria e, hoxe en día, é habi-tual atopar unha longa lista de de-claracións de saúde en produtos non saudables, algo que non só crea con-fusión, senón que pode propiciar des-equilibrios dietéticos. Moitos expertos en alimentación in-sisten na importancia de que existan sistemas que lles permitan aos con-sumidores equilibrar esta desigualda-de; é dicir, sistemas que os capaciten para que sexan eles mesmos os que pescuden se a composición nutricional dun produto é ou non saudable, de maneira que ao revisaren a etiqueta dun alimento diluciden se poden con-sumilo de maneira habitual sen poñer en risco a súa saúde.Pero é a etiquetaxe un destes siste-mas? Dous investigadores franceses, tras constatar que os consumido-res “teñen un coñecemento limitado da información proporcionada polas etiquetas dos alimentos”, acaban de abordar esta cuestión e constataron que o uso do semáforo nutricional nas etiquetas pode axudar a “capacitar os consumidores á hora de elixiren pro-dutos máis saudables”.

O estudoOs doutores Cecchini e Warin publi-caron en decembro de 2015 un estu-do titulado “Impacto dos sistemas de etiquetaxe dos alimentos na elección de alimentos e nas condutas alimen-tarias”. Ambos os expertos pertencen á

oficina de París do Departamento de Saúde da OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos) e a súa investigación re-colleuse en Obesity reviews, a revista científica oficial da Asociación Inter-nacional para o Estudo da Obesidade (IASO, nas súas siglas en inglés).O obxectivo destes investigadores, exentos de posibles conflitos de in-terese, foi avaliar a eficacia da eti-quetaxe dos alimentos na mellora da selección de produtos máis saudables ou na redución da inxestión de calo-rías. E partiron da premisa de que “as etiquetas dos alimentos se conside-ran un compoñente esencial das es-tratexias que abordan as dietas pouco saudables e a obesidade”.Para iso, levaron a cabo unha revisión sistemática da literatura científica co fin de dispoñer de información da máis alta calidade posible. Esta ex-ploración divide os sistemas de eti-quetaxe en tres grandes grupos:

Aqueles en forma de semáforo. Os baseados na IR (inxestión de referencia).

Outros tipos (por exemplo, o uso de distintos tipos de logos).

A etiquetaxe baseada na IR toma co-mo punto de partida a chamada inxes-tión de referencia; é dicir, a cantidade aproximada que é preciso inxerir de determinados nutrientes para seguir unha dieta saudable. A partir deses datos, expresa de forma porcentual canta cantidade do nutriente en cues-tión se cobre por 100 gramos (ou unha ración) do alimento.

A etiquetaxe en semáforo (tamén coñecido como código de cores ba-seado na IR) tamén toma como re-ferencia a inxestión de referencia, pero engade un código de cores que permite comprobar de forma rápida e visual se o produto ten unha canti-dade alta (laranxa), media (amarelo) ou baixa (verde) de nutrientes: calo-rías, azucre, graxa, graxa saturada, sal e fibra dietética.

O semáforo, o máis recomendable e eficazTras unha extensa revisión das evi-dencias científicas actuais, os inves-tigadores franceses conclúen que a etiquetaxe en semáforo é o máis re-comendable e eficaz á hora de mo-dificar a selección dos consumidores cara a produtos máis saudables e, por tanto, á hora de mellorar a súa con-duta alimentaria. Con todo, o estudo non observa probas claras que xustifiquen que un ou outro sistema de etiquetaxe afecte de forma significativa a cantidade de calorías consumidas pola poboación, algo que impresionaría no seu risco de obesi-dade a longo prazo. En todo caso, os autores xustifican que “o contido de calorías só é unha das múltiples di-mensións que afectan a salubridade dos produtos”. Engaden que, aínda que a etiquetaxe non influíse nas ca-lorías consumidas, basta que o faga sobre a cantidade de sal inxerido, por poñer un exemplo de nutriente confli-tivo, para exercer un claro beneficio na saúde da poboación.

Protección fronte ao efecto haloEste tipo de etiquetaxe tamén pro-texe os consumidores do chamado efecto halo. Un exemplo deste efecto pódese atopar cando unha declara-ción de saúde impresa no produto lle fai crer a quen o compra que todo produto é saudable. Así, un produto no que se lea “con cereais integrais” fai pensar, segun-do mostran algúns estudos, que se trata dun alimento pobre en calorías, graxas saturadas e azucre, aínda que non sexa certo. Isto tradúcese en que o consumidor inxire máis cantidade do produto, algo non recomendable.

Prevención de enfermidades crónicasNa opinión dos investigadores, a im-plementación deste tipo de etiqueta-xe tamén pode exercer beneficios, a longo prazo, na prevención de enfer-midades crónicas como a diabetes, o cancro e as enfermidades cardio-vasculares, o que nas súas palabras “produciría un aumento significativo na saúde da poboación e no aforro no que atinxe aos gastos sanitarios”. Por ese motivo, insisten en que polí-ticos, responsables sanitarios e em-presarios deben tomar medidas para implementar a etiquetaxe en semáfo-ro nos alimentos envasados.

www.consumer.es

2322

afondoAnálise documentAl pArA elAborAr un diAgnóstico sobre A situAción dA publicidAde dos Alimentos no noso pAís

Os expertOs cOnsideran que a publicidade dOs alimentOs intrOduce cOnceptOs cOnfusOs, malia que a lei e Os códigOs éticOs tratan de prOtexer Os cOnsumidOres

A ameaza daconfusión

na publicidade dosalimentos

Moitos expertos nutricionistas e científicos consideran que, na publici-dade dos alimentos, é habitual introducir conceptos confusos, esaxerados e contraditorios que lles adoitan crear falsas expectativas aos consumi-dores. E todo malia que a lei e os códigos éticos tratan de protexelos e de garantir a liberdade de elección e a seguridade alimentaria, de loitar contra a fraude e de ter un control sobre a información incorrecta.E, entrementres, as cifras de obesidade non paran de aumentar. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), o 20 % dos homes e o 23 % das mulleres en Europa xa son obesos. Ademais, as enfermidades non trans-misibles —moitas delas orixinadas por mor dunha mala alimentación e duns hábitos de vida sedentarios— causan o 87 % dos falecementos en Europa.Sen dúbida, nesta materia, o público máis vulnerable son os nenos. Sobre eles exércese unha gran presión comercial de alimentos insáns, o que supón verdadeiramente unha grande ameaza. O que se demostra coas elevadas cifras de obesidade infantil: 42 millóns de nenos en idade preescolar padecen sobrepeso ou obesidade no mundo e, en España, dous de cada cinco nenos de entre 7 e 8 anos sofre exceso de peso.Por todo isto, EROSKI CONSUMER quixo realizar un diagnóstico so-bre a publicidade dos alimentos no noso país, para o que levou a cabo unha análise documental con base en diversas fontes. Partiuse de dous estudos de referencia (“A alimentación e o consumidor”, monográfico da Escola Nacional de Sanidade de 2013, o Instituto De Saúde Carlos III e o Ministerio de Economía e Competitividade; e “Alimentación, consumo e saúde”, da Obra Social Fundación La Caixa) e tamén se consultaron reflexións de expertos, como o nutricionista Julio Basulto, o xornalista Michael Collan e a psicóloga experta en trastornos alimentarios da con-duta, Ana Isabel Gutiérrez..

24 25

Análise documentAl pArA elAborAr un diAgnóstico sobre A situAción dA publicidAde dos Alimentos no noso pAís afondo

Segundo a ENS, o consumidor dispón dunha gran variedade de produtos no mercado que lle permiten deseñar unha dieta equilibrada e atractiva. Pero ese mercado tamén está ateigado de reclamos pu-blicitarios e, polo tanto, as decisións de compra vólvense moi complicadas. Por tanto, aínda que o consumidor deste século XXI é “máis crítico e esi-xente, e coñece os seus dereitos e exérceos”, tamén vive “saturado de información (non sempre rigorosa e científica) e está contaminado por un exceso de publicidade que excede en moitas ocasións os lími-tes da veracidade”. Ademais, a ENS indica que a poboación utiliza a publicidade como unha fonte de información sobre temas alimentarios, a pesar de que ás veces “é en-ganosa ou non está contrastada cientificamente”. Opina que se ofrecen “mensaxes positivas e respos-tas pechadas que resolvan os problemas de manei-ra satisfactoria e rápida porque o consumidor non sempre analiza as mensaxes con sentido crítico”. Pon como exemplo as mensaxes dos produtos para adelgazar cando din: “Adelgace comendo o que lle apeteza, non ten que renunciar aos alimentos que lle gustan e pode tomalos na cantidade desexada”.Mikel López Iturriaga, no seu blog “O Comidista”, insiste en que a industria alimentaria se apro-veita da “vagancia do consumidor, que prefire confiar neles antes ca esforzarse en manter unha dieta razoable”.

O discursO da cienciaEsta preocupación pola saúde reflectiuse na pu-blicidade alimentaria. Isto demóstrao a análise de anuncios de alimentación e bebidas (só non alcohó-licas), desde 1960 ata 2007, realizada polos expertos do estudo da Obra Social Fundación La Caixa. En total, extraeron 248 imaxes de internet, 63 anuncios de libros dedicados á publicidade e 112 anuncios de revistas. E demostraron que, a partir do ano 2000, “o discurso da ciencia médica impregna os anuncios alimentarios de importantes argumentacións sobre os efectos beneficiosos dos alimentos ou dos seus compoñentes sobre a saúde”. Ademais, o estudo lembra que é nesta época cando aparecen os “alimentos funcionais”. É dicir, “se os expertos afirman que é necesario inxerir varias froi-tas ao día, as empresas ofrecen nun cómodo envase esa máxica ración; se a ciencia di que o colesterol se reduce grazas aos compoñentes do peixe azul, a industria conta con alimentos que concentran, nun-ha reducida toma, os beneficios destas sustancias e engaden omega 3 ao leite ou antioxidantes á froita. Ben pode parecer que é o produto o que logra o obxectivo de estar san”. Para José Manuel López Nicolás, profesor titular do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Murcia, os alimentos funcionais non deberían ser necesarios, xa que os legumes, o

mentaria e aquela relacionada cos canons de be-leza e moda é especialmente importante nos paí-ses industrializados, xa que é “capaz de influír nos comportamentos alimentarios de todos os estratos sociais e etarios (da mesma idade) da poboación”.

cOntOrnO ObesOxénicOA OMS alertou hai uns meses de que, en 2030, Europa se enfronta a unha crise de obesidade. Ese ano, prevese que seis de cada dez mulleres e sete de cada dez homes teñan sobrepeso. É máis, sitúa a España entre os países que sufrirán un importante incremento destes problemas, cun 30 % de obesida-de e un 70 % de sobrepeso.A relación entre obesidade e publicidade cau-sa certa controversia. Por unha banda, tal e como se explica no estudo elaborado pola Obra Social Fundación La Caixa, “a industria alimentaria, as grandes cadeas de restauración rápida e os seus aliados sosteñen que a consecución dunha die-ta e un nivel de actividade física conducentes ao equilibrio calórico, o control do peso e a saúde é fundamentalmente un asunto de responsabilidade persoal”. Porén, os expertos da investigación insisten en que, aínda que é certo que as decisións alimenta-rias son, en principio, responsabilidade individual, tamén o é que a obesidade é un asunto público. Argumentan que non tomamos as nosas decisións sobre a comida no baleiro. Seleccionamos a nosa dieta nun ámbito mercantilista, no que se invisten miles de millóns de dólares en convencernos de que os consellos nutricionais son tan confusos e comer de maneira sa resulta tan difícil que non paga a pena molestarse en comer menos dun ou doutro alimento ou categoría.Neste punto, aparece a expresión “contorno obes-oxénico”. No informe, arguméntase que “a recente tendencia global á obesidade ten as súas raíces nun contorno obesoxénico, que promove unha inxes-tión crecente de calorías e que, asemade, reduce o gasto enerxético asociado á actividade física no traballo e nos nosos desprazamentos, e que escapa en gran medida ao control dos individuos”.Coincide con estas afirmacións Tim Lobstein, un ex-perto da Asociación Internacional de Estudos da Obesidade (IASO, nas súas siglas en inglés), que afirma que “vivimos nun ámbito cheo de estímulos que nos animan a comer, a facer menos exercicio e, sobre todo, a consumir. Trátase dun ámbito xestio-nado comercialmente”.

reclamOs publicitariOs en excesOA saúde é un valor fundamental para o consumidor e inflúe nel á hora de tomar decisións. No estudo da Obra Social Fundación La Caixa, aseguran que “a preocupación por estar san comeza neste século e pasa a ser tan relevante como o foi no pasado a obsesión pola delgadeza”. Pola súa banda, a psicó-loga Gutiérrez, vai algo máis alá e fala de “pato-loxización da vida cotiá, todo é unha enfermidade”.

Doutra banda, incorporáronse informacións de entidades que interveñen no mundo da nutrición, como a Organización Mundial da Saúde (OMS), Consumers International (CI), Fundación Vasca para a Seguridade Alimentaria (ELIKA), Xustiza Alimentaria Global (VSF), entre outras. E tamén se empregou información proveniente de blogs sobre alimentación e nutrición, como “O Comidista”, “A miña dieta coxea” ou “O nutricionista da xeral”.

publicidade e alimentaciónVivimos inmersos na publicidade. Vemos ou oímos mensaxes publicitarias acotío: ao almorzarmos coa radio acesa, mentres lemos o xornal na tableta, mesmo nos tratan de seducir nas marquesiñas e nos escaparates cando estamos a dar un paseo. Segundo a empresa Zenith Media, recibimos unha media de 3000 impactos publicitarios ao día. De fei-to, apenas quedan lugares que non se convertesen xa nun soporte para a publicidade.En 2014, o investimento en España neste sector creceu preto dun 6 % respecto de 2013 e superou os 11.000 millóns de euros, segundo InfoAdex, unha empresa que controla e investiga o sector publici-tario no noso país.O sector da alimentación é un dos máis importantes en canto a volume de investimento, xa que ocupa o sexto posto no ránking, cun investimento publicita-rio de 279,2 millóns de euros. Pero o seu valor non radica unicamente nunha cuestión monetaria. Para a ENS, a publicidade ali-

2726

Análise documentAl pArA elAborAr un diAgnóstico sobre A situAción dA publicidAde dos Alimentos no noso pAís

e/ou de saúde poderían estar inducindo a erro aos consumidores españois”.En concreto, entre outras comprobacións, obser-vouse un nivel elevado e preocupante de incum-primento (do 75 %) da referencia a produtos “li-xeiros” e que un terzo dos produtos coa referencia nutricional sobre “baixo contido en sal” tampouco cumpría o regulamento. E son os lácteos, algúns alimentos da base da pirámide alimentaria (pan, arroz, galletas e cereais de almorzo), os caldos, as salsas e os aliños os produtos que adoitan recorrer á mercadotecnia nutricional.

a vulnerabilidade dOs nenOsMención á parte merecen as mensaxes publicita-rias que bombardean os nenos, o público máis vul-nerable. Hai dous anos, a OMS criticou con dureza a mercadotecnia dos alimentos pouco saudables dirixida aos nenos porque “demostrou ser desastro-samente eficaz” e asegurou que “existe unha forte relación entre ver a televisión e padecer obesidade infantil”.A entidade constatou que os nenos non están libres de toda promoción de alimentos ricos en graxas saturadas, ácidos graxos de tipo trans, azucres li-bres ou sal. De feito, asegurou que a maioría dos produtos que aparecen publicitados nestes ámbi-tos están ateigados de “nutrientes conflitivos”. E enumerou as categorías principais dos alimentos anunciados: refrescos, cereais azucrados, galletas, confeitería, bolería, pratos preparados e restauran-tes de comida rápida.Con relación a isto, a ENS destaca que “a presión publicitaria de alimentos aumenta durante o tempo de protección reforzada para a infancia (de luns a venres, de 8 a 9 horas e de 17 a 20 horas, e os sábados e domingos de 9 a 12 horas) e durante a programación infantil”. Para a ENS, a industria alimentaria interésase ne-les como futuros consumidores que son e tamén pola súa capacidade de gasto e a súa influencia nas compras familiares. Asegura que, malia que nun principio se poida pensar que o seu volume de gasto directo é pequeno, dispoñen do seu propio diñeiro e as empresas alimentarias lanzan un for-mato máis pequeno dos seus produtos tradicionais a un prezo moi reducido, de maneira que sexa asu-mibles para eles.O problema é que os nenos son un grupo vulnera-ble e moi receptivo. Segundo a OMS, mentres que os adultos sabemos cando estamos ante un anun-cio, os nenos pequenos non teñen a capacidade de diferenciar entre publicidade e debuxos animados.

www.consumer.es

afondo

de orixe vexetal”, “patacas non transxénicas” etc. E a ENS engade outras frases publicitarias de éxito sobre a forma artesanal na elaboración dos produ-tos, como “os biscoitos da avoa”, “feito coma noutros tempos”, “cociña elaborada con acougo e tranqui-lidade” etc. Gutiérrez apunta que a maioría das trampas se es-conden detrás dun asterisco ou na letra pequena; “os anuncios non menten, esconden a verdade tras letras diminutas”.

a nOrmaPara controlar o mal uso da mercadotecnia nutri-cional e os seus efectos nos hábitos alimentarios e na saúde, a Comisión Europea aprobou en 2006 o Regulamento (CE) n.º 1924/2006, relativo ás de-claracións nutricionais e de propiedades saudables nos alimentos.Varios dos autores do monográfico da ENS levaron a cabo en 2012 un exhaustivo estudo titulado “Uso da mercadotecnia nutricional en produtos anuncia-dos por televisión en España”. E concluíron que “o incumprimento dos requisitos do regulamento en determinados tipos de alegacións nutricionais, a presenza habitual de alegacións de saúde non autorizadas e o perfil nutricional menos saudable da maioría de produtos con alegacións nutricionais

peixe ou a froita ofrecen os nutrientes necesarios para gozar de boa saúde. Matiza que o problema está en que “non comemos o que realmente necesi-tamos e podemos crer que ao tomarmos alimentos funcionais comerciais resolvemos a falta de nu-trientes. A mercadotecnia e a publicidade fixéron-lles crer a moitos consumidores que son produtos milagre”.Pola súa banda, un dos xornalistas especializa-dos en alimentación máis relevantes do momento, Michael Collan, asegura que as afirmacións que se len nas etiquetas ou que se escoitan nos seus anuncios de alimentos funcionais adoitan basear-se en datos incompletos e en investigacións de-ficientes.

as estratexiasA ENS di que “os anuncios televisivos foron consi-derados tradicionalmente a principal estratexia de mercadotecnia de comidas e bebidas”. Pero xurdi-ron outros medios, como a información rechamante no envoltorio dos alimentos, a publicidade sublimi-nar a través da inserción de produtos (en progra-mas de televisión e videoxogos), o uso de internet, os patrocinios, as promocións, os premios e a publi-cidade localizada en eventos e espazos de interese, como acontecementos deportivos ou colexios etc.No libro Consume e cala, a psicóloga Ana Isabel Gutiérrez expón algúns dos trucos que utilizan as empresas na venda dos seus produtos alimentarios: xogar coa sintaxe, coas palabras ou coas imaxes para orientar a mensaxe que se lle quere emitir ao consumidor. “Se mentres lles anuncio algo acariño cun sorriso a miña barriga e lles digo que me sinto lixeira, vostedes que entenden?”.A asociación ecoloxista VSF Xustiza Alimentaria Global destaca 9 reclamos publicitarios moi con-cretos: “natural”, “enriquecido”, “artesán”, “san”, “propiedades milagrosas”, “tradicionais”, “caseiro”, “0 %” e “lixeiro”. Sobre o concepto “natural”, o nu-tricionista Julio Basulto explica que “mentres que a poboación asocia a palabra ‘natural’ a algo sau-dable, o certo é que o fabricante pode utilizala nun extracto dunha planta que sufriu unha infinidade de modificacións físicoquímicas, pero cuxa orixe é, de forma indiscutible, a natureza”. Lembra que, se-gundo o Grupo de Revisión e Posicionamento da Asociación Española de Dietistas Nutricionistas (GREP-AEDN), unha das características que define os produtos fraudulentos é que conteñan “afirma-cións que suxiren que o produto é seguro, xa que é “natural”. Pero insiste en que “unha alimentación equilibrada é como un abrazo, non precisa palabras comodín para que saibamos que é saudable”. Á súa vez, diferentes blogs de expertos nutricio-nistas consultados destacan decenas de exemplos de frases, denominacións de produto e expresións confusas. Por exemplo, “máis saudable ca...”, “aceite

Para tratar de paliar esta situación, en España aplícase o código PAOS (publicidade, actividade, obesidade e saúde) desde 2005. Segundo Aecosan, trátase dun código de corregulación con 32 normas éticas que permite reducir a presión de venda sobre a poboación infantil e mellorar a calidade e o contido de todo tipo de anuncios de alimentos e bebidas dirixidos a menores.

Este código declara que a publicidade de alimentos ou bebidas “en ningún caso explotará a especial confianza dos menores nos seus pais, nos profesores, ou noutras persoas, tales como profesionais de programas infantís ou personaxes (reais ou ficticias) de películas ou series de ficción”. En 2012, introducíronse novidades neste código. A principal é que estendía o seu campo de aplicación á publicidade de alimentos e bebidas a través de internet, dirixida a menores de 15 anos.

Desde 1995, Autocontrol (Asociación para a Autorregula-ción da Comunicación Comercial) vixía que se cumpran as normas éticas do código PAOS e encárgase de xestio-nar o sistema de autorregulación publicitario español. Esta asociación creárona as principais axencias publicita-rias, medios de comunicación, anunciantes e asociacións sectoriais.

Segundo Autocontrol, en 2014, con relación á publicidade dirixida aos nenos na televisión (publicidade de xoguetes, videoxogos e alimentos dirixidos a menores), as consul-tas solicitadas foron 3255, das cales 2774 foron positivas (non se apreciaron inconvenientes), en 443 recomendou-se facer modificacións e 38 foron negativas e desaconse-llouse a súa emisión.

Aínda así, segundo indicou a OMS en 2013, o incumpri-mento deste acordo é moi alto. Para a ENS existen algunhas carencias no código. Por unha banda, abórdase a ética da publicidade, pero non a calidade nutricional do produto publicitado, nin a frecuencia de emisión aconsellada pola OMS.

Por outro lado, o código PAOS aplícase ata os 12 anos en medios audiovisuais e escritos, e ata os 15 anos en internet. Segundo a ENS, isto permite que “a publicidade alimentaria dirixida a maiores de 12 anos por televisión poida facer uso de personaxes coñecidas ou famosas entre o público en xeral que gocen dun alto grao de popularidade entre o público infantil.

Con todo, segundo FIAB, o código PAOS representa xa, no seu décimo aniversario, máis do 90 % da publicidade alimentaria dirixida a menores de 12 anos, que se emite nos medios impresos e audiovisuais. Neste momento, conta con 48 empresas adheridas: 36 da industria de alimentación e bebidas, 4 da restauración e 8 da distribución.

Código PAOS

2928

cara a caraCONTROL PARENTAL EN INTERNET

“As aplicacións de control parental poden evitarlles

problemas graves aos mozos”A tecnoloxía e os adolescentes centran algunhas das investigacións que Mariano Chóliz leva a cabo como director da Unidade de Xogos e Adiccións Tecnolóxicas da Univer-sidade de Valencia. “A tecnoloxía é tan extraordinaria coma poderosa”, di este profesor de Psicoloxía e asesor de Pais 2.0., unha ONG que trata de educar as familias nunha vida dixital saudable. Ademais, Chóliz ten a súa propia “batalla tecnolóxica” na casa e, como pai de dúas universitarias, cre que as aplicacións para vixiar o móbil dos fillos son necesarias. “Pódenlles evitar acosos e problemas moi graves aos nosos adolescentes”, afirma o tamén coautor do libro Adicción a internet e redes sociais.Usar internet pode ser perigoso pa-ra os nenos e os adolescentes? As TIC, con internet e o móbil á cabeza, son extraordinarias e un dos princi-pais desenvolvementos tecnolóxicos da historia da humanidade. Melloran a nosa calidade de vida, favorecen as relacións sociais e son un elemento democratizador que axuda a compar-tir coñecemento. Con todo, tamén son ferramentas poderosas que, utilizadas dunha forma disfuncional ou malsá, poden chegar a producir o efecto con-trario: adicción (que a tecnoloxía non sexa unha ferramenta que utilices ti, senón que goberne as túas accións e sexa ela a que te controle) ou cibera-coso (usar a tecnoloxía para lles facer dano a outras persoas).Segundo o Barómetro Audiovisual de Andalucía, un de cada tres foga-res con menores de 13 anos non im-pón regras nin límites para o uso da rede. Está a favor do control paren-tal do móbil e de internet? O control (e o autocontrol) son necesarios. Os menores poden ser hábiles no manexo das tecnoloxías, pero de ningún xeito o

son do control do seu propio compor-tamento. A tecnoloxía favorece accións rápidas e consecuencias inmediatas, o que esixe que quen as manexe teña desenvolvidos eses procesos psicoló-xicos que, por definición, aínda non se desenvolveron por completo na ado-lescencia. Velaquí o risco de internet e das tecnoloxías. Segundo un estudo da consultora BergInsight, en España os pais xa descargaron un millón de aplica-cións para vixiar o móbil dos seus fillos, desde localizadores GPS ata aplicacións que permiten coñecer as mensaxes de Whatsapp que envían os rapaces, a quen chaman e que webs ven. Utilizou vostede aplica-cións de bloqueo do móbil para con-trolar as súas fillas? Recoméndaas? Se eu lle preguntase se é lexítimo ler a correspondencia ou escoitar as súas conversacións telefónicas, probable-mente me respondería que é algo que só habería que facer cando sospeitas que ocorre algo máis grave ca ese asalto á súa intimidade. Coas aplica-cións de control parental, a cousa é parecida. Que existan é bo porque po-den evitar problemas graves. Iso si, hai que utilizalas só cando hai sospeitas razoables de que, a través de inter-net, alguén está a cometer un atropelo contra a dignidade ou o benestar do menor. E, se é posible, co seu consen-timento.Entón, bloqueo ou educación sobre internet? O imprescindible é ensinar a usar as tecnoloxías de forma sau-dable. Espiar non é ningunha opción razoable, agás se hai indicios dun mal maior que afecte a seguridade ou os dereitos. Pero as aplicacións de con-trol parental deben existir porque po-den ser necesarias. Porén, máis da metade dos pais non lle dedica máis dunha hora a edu-

car os seus fillos sobre como han de protexer a súa privacidade na rede, tal e como conclúe unha en-quisa realizada por Mozilla. Que tres recomendacións daría? A pri-meira vai dirixida aos pais, que teñen a responsabilidade de educar os seus fillos, xa que os nenos aínda non te-ñen desenvolvidas as capacidades de control da súa conduta nin saben o alcance das súas consecuencias. A se-gunda está dirixida aos menores que, malia que son nativos dixitais, non son programadores informáticos. Esa fal-sa sensación de mestría no uso das tecnoloxías pode incitar a condutas de risco. E a terceira é que o usua-rio debe controlar o uso da tecnoloxía, decidir cando usala, para que e canto tempo. Non ao contrario.Europa aprobou unha reforma de lei de protección de datos que implica que os menores de 16 anos pode-rían necesitar autorización dos seus pais para acceder ás redes sociais. Que opina? É excesivo. De feito, a maioría dos menores usan unha rede social antes dos doce anos. O urxen-te é retirar as cláusulas abusivas das empresas propietarias das redes so-ciais para poder ter acceso á informa-ción persoal e á propiedade dos datos dos usuarios. Segundo un informe elaborado por MacAfee, o 70 % dos rapaces admi-te que atopou fórmulas para escapar ao control parental. Que opina? É normal que os mozos atopen formas para saltar o control parental, se en-tenden que os estamos espiando ou asaltando a súa intimidade. Se lles fixésemos entender que o control do móbil é necesario para evitar o acoso, pola súa propia seguridade e benes-tar, e que só se usará en caso necesa-rio, non creo que tivesen moito intere-se en saltalo.

Profesor de Psicoloxía na Universidade de Valencia e

asesor de Pais 2.0

arianoMCholiz

3130

cara a caraCONTROL PARENTAL EN INTERNET

“Vixiar o móbil dos fillos só dá unha seguridade ficticia”

atiNCabreraDoutora e especialista en

Tecnoloxía e Educación da Universitat Oberta

de Catalunya

Nati Cabrera, doutora e investiga-dora en Tecnoloxía e Educación da Universidade Oberta de Catalunya (UOC), recoñece ser unha emigran-te dixital. “Non nacín na era de internet, pero aprendín que é unha ferramenta poderosa e cambiante á man de todo o mundo, polo que temos que aprender a utilizala de maneira segura”, di esta barcelone-sa, tamén nai de dous fillos de 18 e 19 anos. Cabrera é unha das voces máis escépticas co uso das aplica-cións de control parental, xa que cre que a clave está na educación, na confianza e no diálogo. Aínda que recoñece que as aplicacións para espiar o móbil dos fillos “están moi de moda”, a experta asegura que nunca as utilizou nin pretende facelo. Nas súas palabras, “controlar non é educar. O noso deber é dar-lles as ferramentas aos adolescentes para ensinarlles a crecer e a facer un uso seguro de internet”. Cando comezou o seu interese pola rede e os seus perigos? Tiven a sorte de ser parte do nacemento da primeira universidade virtual do mundo: a UOC, en 1995. Internet é unha ferramenta poderosa, cambiante e á man de to-dos, polo que é importante aprender a utilizala de maneira segura. O 30 % dos nenos españois de 10 anos ten un teléfono móbil e, entre os de 12, esa proporción sobe ata o 70 %. Despois, a cifra dispárase, xa que aos 14 anos xa o teñen o 83 %, segundo un estudo de Pro-téxeos, ONG e centro de segurida-de en internet para os menores en España. Pode a rede ser un perigo para nenos e adolescentes? Inter-

net e os móbiles poden ser un perigo se o uso non é o adecuado. Un neno de dez anos non terá capacidade de entender os riscos, polo que só debe-ría utilizar o móbil en circunstancias específicas e cun uso moi concreto. O adolescente, pola súa banda, si que debe coñecer que perigos comporta un mal uso do móbil. Os mozos hoxe saben manexar os aparellos desde un punto de vista técnico, pero temos que axudarlles a facer un uso seguro e saudable. Está a favor do control parental do móbil e internet? Máis ca controlar, coido que os pais debemos educar e implicarnos en como integrar a tec-noloxía na vida dos fillos; decidir, en-tre todos, onde poñemos os límites.Utilizou algunha vez aplicacións de control para o móbil dos seus fillos? Os pais españois xa descargaron un millón (localizadores GPS, apps espías de mensaxes WhatsApp etc. Vostede recoméndaas? Non as uti-licei nunca. A educación debe cons-truírse sobre a confianza. As aplica-cións de xeolocalización que permiten saber onde está o teu fillo en todo momento están de moda, pero só dan unha seguridade ficticia. Espiar ou educar en internet? Sem-pre educar. O obxectivo é que os ne-nos e os adolescentes fagan un uso de internet útil e seguro, non que non o utilicen. Con todo, o 60 % dos pais non lle dedica máis dunha hora a educar os seus fillos sobre como han de protexer a súa privacidade na re-de, segundo unha enquisa de Mo-zilla. Que tres consellos lles daría? O primeiro, unha navegación segura.

Configurar a privacidade nas redes sociais para que as publicacións non sexan accesibles a todo o mundo e explicar que o concepto de “amigo” en internet non ten o mesmo sig-nificado ca na vida real. A segun-da cuestión ten que ver coa saúde, xa que algúns usos das redes e da mensaxería instantánea xeran adic-ción e problemas de concentración. A terceira está relacionada co acceso á información, e os nenos e os mozos deben acceder a contidos apropiados para a súa idade. Os filtros non son infalibles, é mellor explicarlles onde navegar e ensinarlles a buscar sitios web seguros e de calidade.

Europa acaba de aprobar unha re-forma da lei de protección de da-tos que implica que os menores de 16 poderían necesitar autorización dos seus pais para acceder ás re-des sociais. Que opina? O permiso dos pais non é garantía do bo uso dunha rede social. A utilización res-ponsable de internet pasa por que o adolescente sexa consciente dos pe-rigos que comporta, non por que unha lei o obrigue a dar contas.

Ao parecer, o bloqueo dixital non parece efectivo, xa que o 70 % dos rapaces admite que atopou fórmu-las para escapar ao control paren-tal, segundo MacAfee. Educar non é controlar. O control só nos dá un-ha falsa percepción de tranquilidade aos pais e unha seguridade ficticia. O noso deber é darlles instrumentos para un uso saudable de internet. Só así eles poderán madurar e nós estar tranquilos.

www.consumer.es

3332

É posible evitar a taxa rosa?

As mulleres teñen un enorme poder de consumo e toman o 80 % das decisións de compra, tal e como apunta Gemma Cernuda-Canelles. Ademais, exercen unha incrible influencia social ao reco-mendar produtos, polo que poden cambiar a percepción dunha marca. Así que convén ter en conta este aspecto e, se se desexa variar a situación, pódense seguir algúns consellos:

• Ser conscientes de onde está o incremento de prezo e loca-lizar os produtos que son máis caros só por estaren dirixidos a mulleres.

• Non comprar os produtos pink se son máis caros e case iguais á súa versión noutra cor ou destinatario.

• Ir directamente á sección de homes en función da categoría de produtos e non pagar unha peaxe por ser mulleres.

• Denunciar a diferenza de prezos para produtos exactos nas redes sociais cunha foto e co hashtag #pinktax.

• Celebrar o importe unisex e darlles publicidade entre amigos e nas redes ás marcas que o aplican.

economía doméstica

Taxa rosa, pagar máis por ser muller? Colectivos sociais denuncian a existencia de produtos encarecidos entre un 20 % e un 30 % por estar dirixidos a mulleres, unha situación que os fabricantes rexeitan e explican que os prezos responden á lei da oferta e da demanda

lle dedicar á súa vida social. E ade-mais, desde hai un tempo, pagan máis polos mesmos produtos.A chamada woman tax, pink tax ou taxa rosa é, na opinión dalgúns movemen-tos e colectivos sociais, unha maneira máis de discriminar as mulleres, xa que consiste nun imposto oculto que lles fai pagar un pouco máis polo mes-mo produto. De feito, hai xa 20 anos, un estudo da Universidade de Cali-fornia (EUA) revelou que as mulleres americanas pagaban ata 1351 dólares

As mulleres están en pé de guerra. Por que unhas coitelas de afei-

tar de cor rosa custan máis ca outras azuis, a pesar de que o paquete que contén as primeiras conta con menos unidades? Ou que é o que fai que un andador rosa custe case 15 euros máis que calquera outro da mesma marca e adquirido no mesmo establecemento, pero de diferente cor?Desde hai tempo, vénse falando da “taxa rosa”; é dicir, do costume por parte dos fabricantes de cobrar un

prezo máis caro polo mesmo produ-to, unicamente por estar dirixido ao sector feminino. O certo é que é un tema que suscita gran controversia. É verdade que se aplica unha taxa dis-criminatoria ou trátase unicamente da lei da oferta e da demanda?

Imposto ocultoSegundo o Informe de desenvolvemen-to humano 2015 de Nacións Unidas, as mulleres ocupan só o 25 % dos postos directivos e teñen menos tempo para

máis ao ano pola versión feminina de produtos similares masculinos. Por este motivo, en Europa, o colecti-vo francés Georgette Sand tomou as rendas sobre este asunto e demos-trou e denunciou de maneira vehe-mente a existencia destas diferenzas, ata lograr que o Goberno galo tome o asunto en serio e investigue se en verdade existe a taxa rosa e se esta é discriminatoria.

Aumentos do 20 % ou do 30 %Gemma Cernuda-Canelles, especia-lista en marcas e comunicación en feminino e creadora do blog “Elas de-ciden”, afirma que hai produtos case iguais aos dos homes aos que, polo feito de seren para elas, o fabricante lles cambia a cor e o packaging e au-méntanlles o prezo unha media dun 20 % ou dun 30%. Hai multitude de exemplos: os perfumes con incremen-tos do 40 %; os desodorizantes, a es-cuma de afeitar ou a cera para depilar con diferenzas do 25 % e os cortes de pelo con subidas do 80 % nalgunhas barberías, incluso no caso de que eles leven pelo longo e elas pelo curto.No blog “The Woman Tax”, creado po-lo colectivo Georgette Sand, pódense consultar máis exemplos. Este sitio actualízase a diario con imaxes que demostran esta discriminación econó-mica, mesmo en produtos escolares e infantís, coma calculadoras, típex, ca-lendarios de advento...

Discriminación ou lei da oferta e da demanda?Trátase dun tema que xera unha gran controversia. Os fabricantes rexeitan que exista este tipo de imposto oculto e sinalan que os importes dos pro-dutos responden á lei da oferta e da demanda. Se algo se vende máis en-carécese, mentres que se abarata no caso de que se venda menos. Poñen como exemplo os artigos de cosméti-ca, que demandan máis as mulleres, e as empresas aproveitan o tirón nunha estratexia lexítima. Engaden que, en ocasións, os produ-tos femininos son máis caros porque o deseño ou calquera outro factor é diferente e iso permítelle á empresa a posibilidade de comercializalos con importes máis altos.Pero estas afirmacións non convencen os colectivos de mulleres. En opinión da experta en branding Cernuda-Canelles, a diferenza de prezo é discriminatoria porque non hai ningún ingrediente ou extra xustificable para este aumento.Pola súa banda, expertos no ámbito da mercadotecnia argumentan que, en realidade, é máis unha taxa de mer-cadotecnia ca unha taxa de xénero. E explican que a diferenza de custos tamén se dá nalgúns produtos mascu-linos, que son máis caros ca os femi-ninos, porque eles están tamén máis predispostos a pagaren o que sexa por conseguilos.

www.consumer.es

3534

Como se pode saber se estamos ante unha relaCión de parella sa?

Cando se está a gusto coa vida de parella, pódese dicir que existe unha relación sa. No entanto, ás veces aparece sensación de apatía, abafo, aburrimento ou de control.

A psicóloga e terapeuta Anna Ferre explica que estas sensacións poden deberse a unha mala relación, á dependencia ou á desconexión emocional. Hai que buscar de onde xorden estas impresións e se están relacionadas coa relación ou cun mesmo, con temas persoais sen solucionar e que se proxectan na parella.

Unha relación de parella é sa:

• Cando se sente amor e respecto polo outro e, asemade, cando un se sente amado e respectado polo outro membro.

• Cando a parella se comunica a través do diálogo, sen violencia nin discu-sións continuas ou reproches.

• Cando se goza de pasar tempo xuntos, a soas, e tamén na compañía doutros, do mesmo xeito que cada un goza de facer actividades individual-mente ou con outras persoas sen a parella.

• Cando se expresa e se recibe afecto mutuo a través do contacto corporal agradable e dunha sexualidade compartida e pracenteira.

• Cando se afrontan os problemas e as dificultades da relación con respon-sabilidade persoal e compartida.

• Cando se sente que a liberdade persoal e o compromiso cara ao outro están equilibrados.

• Cando, se a situación o require, se apoia a parella, e viceversa.

saúde

Tal para calUnha relación de parella sa debe basearse no amor, no pracer de intercambiar co outro o que un é e o que sente de maneira completa e libre

gustan. Por iso, moitas relacións non superan esta fase, tal e como aclara Ferre. É máis, segundo advirte a te-rapeuta, “se se segue coa esperanza de facer cambiar co tempo aquilo que desgusta, só se está cementando unha relación insatisfactoria, na que a lon-go prazo aparecerán a desilusión, a desconfianza ou os reproches e a falta de compromiso ou o esgotamento”.Pasada a fase de namoramento, hai que atender a realidade do que suce-de dentro da relación e como esta lle afecta a cada un. Unha relación sa só se consegue cando os dous membros están emocionalmente sans, e isto ta-mén require tempo. Moitas parellas poden ser estables sen seren sas, co-mo acontece nas que un domina e o outro se deixa someter, así como nas relacións de dependencia emocional ou cando un adopta o papel de nai ou de pai e o outro se infantiliza. Estas relacións poden ter estabilidade, pero non lles axudan aos membros a crece-ren xuntos e a desenvolverse persoa-lmente, nin tampouco a avanzar nas distintas etapas vitais.Estar san emocionalmente pasa por recoñecer o que un necesita e quere. Unha vez recoñecido o que se espera da relación, é fundamental responsa-bilizarse das decisións propias, sen lle esixir ao outro membro que achegue todo o que un desexa ou que cambie para que se adapte ao 100 %. É aí on-de empeza a negociación da parella. Cada un debe definir as súas necesi-dades —con diferente grao de priori-dade— e ver se pode ocuparse delas, ao mesmo tempo que debe valorar se está en disposición de convivir coas necesidades do outro.

www.consumer.es

Por onde empezarÁ hora de construír unha relación de parella sa, é necesario comprender que esta vai cambiando e que pasa por diferentes fases. “Cada momento ten distintas necesidades e os mem-bros da parella deben ir adaptándo-se”, expón Ferre. Non é o mesmo a relación da parella nas súas etapas iniciais que cando se convive baixo o mesmo teito ou cando chegan os fillos. Tamén evoluciona no momento en que hai que facerse car-go dos pais ou ante calquera tipo de circunstancia vital. “Calquera cambio de etapa adoita ser un momento crí-tico, xa que por unha banda están as necesidades de cada unha das partes

e por outra as necesidades da pa-rella como conxunto”, puntua-

liza a experta.

Por fasesA primeira fase dun-ha relación de parella constitúea o namora-mento. Este período ca-racterízase por unha idealización do outro, do que só se ven as virtu-des. Co tempo, a realida-de amplíase e empézanse a ver aspectos que non

Pode que o amor sexa a emoción máis desexada. De feito, algúns

investigadores identificaron xa subs-tancias químicas, como as hormonas e outros neurotransmisores, implicadas na paixón e no desexo sexual, e pui-deron clasificar cales interveñen nas distintas fases do amor e das rela-cións. En calquera caso, o amor é un senti-mento universal e a maioría das per-soas desexan compartir a súa vida con alguén, malia os contratempos que poidan xurdir. Pero, nunha relación de parella todo é amor? Que se entende por unha relación de parella sa?

Respecto e liberdadeOs especialistas no comportamento humano afirman que unha relación de parella debe estar baseada no amor, no pracer de intercam-biar co outro o que un é e o que sente, e de

maneira completa e libre. Para iso, é imprescindible o respecto. A psicóloga e terapeuta Anna Ferre Giménez reafírmase niso: “Sobre todo respecto, tanto a un mesmo coma cara ao outro membro da parella. A pesar de que nunha relación sa caben as diferenzas, como certo grao de conflito pasaxeiro, non hai lugar para a falta de respecto”.Outro elemento clave é a liberdade para un mesmo e para o outro. Así mesmo, é fundamental a igualdade, o desexo xenuíno de compartir aspectos importantes da vida e un grao de com-promiso baseado no querer coidarse un mesmo e tamén o outro.

3736

1 3

4

5

6

7

8

9

10

2

OS TEUS RESULTADOS

Como é a túa dieta? Revisa as túas respostas. Pódese obter un máximo de 10 puntos. As afirma-tivas supoñen un punto, pero as negativas non puntúan. Se obtés:

• De 0 a 4 puntos. As túas respos-tas poden indicar ou ben confu-sión sobre cal é o patrón de dieta sa ou ben que estás nun momento no que tes dificulta-des para levar unha alimenta-ción saudable no teu día a día. Suxerímosche que pidas hora cun dietista-nutricionista colexia-do para que che axude a poñer en marcha uns bos hábitos dietéticos.

• De 5 a 7 puntos. Os teus hábitos dietéticos son bos, pero poden mellorar. Lembra que unha boa alimentación supón un factor importante para conservar unha boa saúde co paso dos anos e que non é incompatible co pracer na mesa.

• De 8 a 10 puntos. Os teus coñe-cementos de nutrición son supe-riores á media e os teus hábitos alimentarios previrán a apari-ción de diversas enfermidades. Se ademais non fumas, evitas o sedentarismo e non consomes alcol ou falo con moderación, é moi probable que conserves un bo estado de saúde durante moitos anos.

alimentación

Comes tan ben como cres?Tan só fai falta responder un sinxelo cuestionario de 10 preguntas para saber se a nosa alimentación é tan saudable como cremos

Case todos sabemos que os hábi-tos dietéticos determinan en boa

medida a saúde. É unha relación de causalidade moi clara, aínda que os efectos non se observan a curto prazo. Cómpre sermos constantes para me-llorar a saúde coa alimentación.Probablemente, moitas persoas digan que a súa dieta é saudable, que son constantes e que os alimentos super-fluos (os moi calóricos e graxos, pero pouco nutritivos) aparecen na mesa en moi contadas ocasións. A cuestión é determinar se son tan circunstanciais como cremos ou se están máis presen-tes na nosa dieta do que percibimos. En moitos casos, non somos conscien-tes de que o consumo de alimentos superfluos non é a excepción, senón a norma.

Para sabeloA continuación, formúlanse dez pre-guntas. As respostas que se dean poden servir de orientación para nos axudar a comprender se os nosos há-bitos se achegan ou non a un patrón de dieta saudable.

Evitas comer ou beber moito azu-cre? Os comités de expertos acon-sellan evitar as bebidas azucradas polo seu papel na promoción da obesidade. No entanto, moitos es-pañois inclúenas no seu día a día. Tamén achegan moito azucre a bo-lería (como as galletas), a paste-lería, os xeados ou as sobremesas lácteas.

Dáslle prioridade á presenza de legumes e froitos secos na túa alimentación? Nos consensos científicos de nutrición, cada vez é máis frecuente ler a recomendación de substituír o típico segundo prato con carnes ou peixes por receitas a base de legumes. Isto é lóxico, dado que as investigacións que relacionan a inxestión de legumes coa prevención de enfermidades crónicas son bastante concluíntes. En canto aos froitos secos, existe un medo inxustificado a consumi-los, polo seu contido calórico, cando en realidade tomalos de forma ha-bitual só achega beneficios.

SÍ NO

SÍ NO

SÍ NO

SÍ NO

SÍ NO

SÍ NO

SÍ NO

SÍ NO

SÍ NO

SÍ NO

Inxires menos de 20 gramos dia-rios de carnes procesadas? En España, tómanse uns 35 gramos diarios de carnes procesadas (xa-món, chourizo, liscos de pavo etc.), cando non se deberían superar os 20 gramos.

Desconfías das dietas milagre? Ningunha dieta “con apelido” exer-cerá beneficios a curto prazo e sen esforzo, que é o que prometen as dietas de moda. Convén fuxir de-las por moitos motivos: poden xerar trastornos psicolóxicos, aumentar o risco de obesidade (polo chamado efecto ioió) e facernos máis vulne-rables a sucumbir a enganos, dado que promoven a desconfianza en tratamentos de probada eficacia.

Tomas alimentos integrais? É conveniente substituír o arroz branco pola súa versión integral, a fariña branca pola integral (iso inclúe o pan ou a pasta) e inxe-rir máis a miúdo cereais integrais como a quinoa ou os que haxa no muesli (sen azucrar). Segundo o último estudo publicado na revis-ta International Journal of Clinical and Experimental Medicine, “un elevado consumo de integrais exer-ce un efecto protector no accidente cerebrovascular”.

Tomas menos de 500 gramos de carnes vermellas á semana? O Fondo Mundial para a Investi-gación do Cancro recomenda que cada individuo non coma máis de 500 gramos semanais de carnes vermellas, dado o seu probable pa-pel no cancro colorrectal. A mesma entidade considera que a media poboacional de consumo destas carnes non debería exceder os 300 gramos semanais. Por exemplo, un entrecosto pesa uns 200 gramos, mentres un filete ou un solombo de tenreira pesan uns 95 gramos.

Comes cinco racións de froitas e de hortalizas cada día? A maioría da poboación pensa que o concep-to “cinco racións de froitas e hor-talizas ao día” fai referencia a un límite máximo, cando é o contrario. Convén insistir en que non se po-de equiparar un zume, aínda que sexa caseiro, a unha peza de froita fresca.

Es consciente de que canto menos alcol inxiras, mellor? En España, tómanse máis calorías a partir de bebidas alcohólicas ca de legumes, algo que lles preocupa moito ás autoridades sanitarias. Os estudos poboacionais ben deseñados mos-tran con claridade que non se lle poden atribuír beneficios á inxes-tión de alcol e que, ademais, debe preocupar a súa implicación nunha longa lista de enfermidades, coma o cancro de colon ou de mama.

Vixías o tamaño da ración? Canto máis grande é o tamaño da ración dos alimentos, maior cantidade se inxire. Isto é o que conclúen as revi-sións científicas rigorosas, e é algo que hai que ter moi en conta nun medio coma o noso, cunha grande abundancia de alimentos a todas horas, moitos deles de baixa cali-dade nutricional e en formato XXL.

Prefires cociñar ti e evitar os pre-cociñados? O consumo habitual de precociñados, ademais de expoñer-nos a unha elevada inxestión de sal, que aumentará o noso risco cardiovascular, impide aprender a cociñar, algo fundamental se se quere conseguir gozar dunha die-ta que, ademais de saudable, sexa agradable ao padal.

www.consumer.es

3938

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes desde o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxas saturadas e sal. As receitas pre-sentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a inxestión de referencia (IR) é alta; é dicir, predomina a cor amarela. Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos.• A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da inxestión de referencia; é dicir, unha cantidade baixa do nutriente. • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da IR; é dicir, unha canti-dade media do nutriente. • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da IR; é dicir, unha cantidade alta do nutriente. * A inxestión de referencia para un adulto.

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS GRAXA SATURADA AZUCRES SAL 150 1,3g 0,1g 10g 1g

8 % 2 % 1 % 11 % 14 %

Primeiro pratoEstufado dE fabas frEscas E alcachofas

Ingredientes: 500 g de fabas 5 alcachofas 3 cebolas 6 dentes de allo 250 g de tomate 80 ml de aceite de oliva - Un chisco de sal

como se elabora:En primeiro lugar, límpanse os allos e as cebolas e córtanse en xuliana (en tiras finas). Á parte, elimínanse as follas duras das alcachofas, pártense pola metade e, despois de sacar os filamentos do interior, córtanse en cuartos e pulverízanse con zume de limón para que non escurezan. Logo, pélanse as fabas. Lávanse todas as verduras e escórrense por separado. Despois, colócase no lume unha cazola cun pouco de aceite e sofrí-tense as cebolas. A seguir, engádense os allos e os tomates cortados en ana-cos. Hai que remover de cando en vez. Cando o sofrito estea feito, engádense as alcachofas e, a continuación, as fabas cun pouco de auga (un vaso). Tápase a cazola e déixase cociñar a lume lento. Engádese un pouco de auga cada vez que o estufado o necesite. Unha vez que estean cociñadas as alcachofas e as fabas, ponse o punto de sal. Sérvese quente.

comentario dietético:As fabas e as alcachofas destacan entre as demais verduras pola súa riqueza en fibra. O seu consumo beneficia especialmente as persoas que padecen estrinximento, aínda que convén moderar a súa inxes-tión cando hai tendencia á formación de gases. As fabas frescas son menos caló-ricas que as secas debido ao seu menor contido en hidratos de carbono. As vita-minas máis importantes son o ácido fólico, a vitamina C e a B3 e o potasio e o magnesio entre os minerais. As alcacho-fas teñen unhas substancias que estimu-lan a función da vesícula biliar, melloran a dixestión e evitan a síntese endóxena de colesterol. O prato é unha boa fonte de antioxidantes procedentes da cebola, dos allos e do tomate. Estes compostos exer-cen un efecto protector fronte á acción dos radicais libres, que se relacionan co desenvolvemento de certas enfermida-des como as dexenerativas e as tumorais. O valor calórico das verduras é baixo, polo que se se modera a cantidade de aceite obtense un prato lixeiro.

rece

itas

feb

reir

o

Primeiro pratoEstufado dE fabas frEscas E alcachofas

sobremesatorradas

segundo pratocostElar dE Porco á cErvExa

Menú carnavalescoNo mes de febreiro, hai unha data moi esperada e marcada en vermello: o Entroido. Trátase dunha festa de orixe pagá que se celebra tres días antes da coresma cristiá. A palabra “entroido” procede do latín carneva-le, composta por “carne” (carne) e “vale” (adeus), e significa a despedida da carne para afrontar os xaxúns e as abstinencias dos seguintes coren-ta días de Coresma, antes da chegada da Semana Santa.Neste sentido, a cociña do Entroido está ligada ás tradicionais matan-zas do porco en moitas zonas da xeografía española. Pero, ademais da carne de porco, o mes de febreiro ten outros produtos de tempada: fabas secas, alcachofas, herba dos cóengos, noces, améndoas, faisán, lamprea, ollomol, bacallau, camaróns, chirimoia, pomelo, plátano ou kiwi. As com-binacións para crear un menú carnavalesco son múltiples.

1,84€por

persoa*

cantas calorías necesitamos ao longo do día?

% calorías totais A nosa proposta % calorías

ALMORZO 20-25 % - Leite con descafeinado 26 % (500 kcal) (400-500 kcal) - Pan de noces

MEDIA MAÑÁ 5-10 % - Dúas froitas frescas 9 % (180 kcal) (100-200 kcal)

COMIDA 30-35 % - Estufado de fabas frescas 32 % (606 kcal) (600-700 kcal) e alcachofas* - Costelar de porco á cervexa* - Torradas*

MERENDA 5-10 % - Froita fresca 10 % (200 kcal) (100-200 kcal) - Torrada de pan con queixo

CEA 20-25 % - Crema de coliflor con 23 % (433 kcal) (400-500 kcal) láminas de bacallau - Coxa de polo á prancha con tacos de cabaza refogada - Pan integral - Callada

MÁXIMO 2.000 kcal(*) Pratos preparados e explicados nesta revista

4 Media <5’ 0,88

4140

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes desde o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxas saturadas e sal. As receitas pre-sentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a inxestión de referencia (IR) é alta; é dicir, predomina a cor amarela. Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos.• A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da inxestión de referencia; é dicir, unha cantidade baixa do nutriente. • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da IR; é dicir, unha canti-dade media do nutriente. • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da IR; é dicir, unha cantidade alta do nutriente.* A inxestión de referencia para un adulto.

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS GRAXA SATURADA AZUCRES SAL 115 4,9g 1,5g 7,2g 1g

6 % 7 % 8 % 8 % 13 %

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes desde o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxas saturadas e sal. As receitas pre-sentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a inxestión de referencia (IR) é alta; é dicir, predomina a cor amarela. Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos.• A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da inxestión de referencia; é dicir, unha cantidade baixa do nutriente. • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da IR; é dicir, unha canti-dade media do nutriente. • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da IR; é dicir, unha cantidade alta do nutriente. * A inxestión de referencia para un adulto.

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS GRAXA SATURADA AZUCRES SAL 341 5,5g 1,2g 18g 0,5g

17 % 8 % 6 % 20 % 8 %

sobremesatorradas

Ingredientes: 300 g de pan (media barra) 250 ml de leite 50 g de azucre - Canela en rama 2 ovos300 ml de aceite de xirasol para fritir 5 g de azucre para decorar 5 g de canela moída

como se elabora:Cócese o leite cunha rama de canela. Cando ferva, déixase repousar ata que arrefríe. Nese momento, engádeselle o azucre e remóvese para que se disolva. Á parte, córtase o pan en rebandas e coló-canse nunha fonte para mollalas no leite, a canela en rama e o azucre, ata que estean empapadas e brandiñas, pero sen que cheguen a desfacerse. Despois, pásanse as rebandas de pan (moi ben escorridas) do leite aos ovos batidos e, nunha tixola con abundante aceite, frítense. Unha vez fritas, escórrense nunha bandexa cuberta con papel de cociña para que eliminen o exceso de aceite. Aínda quentes, vanse colocando as torradas noutra fonte e empóanse con azucre e canela en po mesturada. Pódese substituír o azucre por mel, tanto na súa elaboración coma logo na decoración.

comentario dietético:Trátase dunha deliciosa sobremesa que goza de gran sabor e que é moi apeteci-ble. As torradas son un alimento calórico, por iso deben consumirse con mode-ración. O pan, o leite, o ovo e a fariña convérteno nun alimento cunha achega nutricional completa. Abundan os hidra-tos de carbono (que lle confiren enerxía ao prato) e os ovos e o leite proporcio-nan proteínas de gran valor biolóxico. A receita é fonte de minerais (calcio, iodo, ferro, magnesio, sodio e potasio), ade-mais de vitaminas do grupo B, A e D. Porén, o contido en graxa é tamén ele-vado, así como a cantidade de colesterol.

segundo pratocostElar dE Porco á cErvExa

Ingredientes: 80 g de costelar de porco enteiro - Un chisco de sal - Pementa 1 folla de loureiro 1 rama de romeu 1 pemento morrón 2 cebolas 10 g de mostaza 20 g de cirolas secas 300 ml de cervexa

como se elabora:Ábrese o costelar polo centro, coma un rectángulo, salpeméntase e ponse suficiente mostaza de Dijon. Ademais, dispóñense as cirolas nun lado e envól-vese o conxunto enrolándoo e atán-doo cun fío groso. Nunha cazola ampla, colócase media cunca de aceite de oliva e, cando estea ben quente, sélase o cos-telar asándoo e virándoo cunha pinza ata douralo completamente. Agréganse as cebolas cortadas en xuliana (en tiras finas) e o pemento morrón picado, e salpeméntase de novo agregando o loureiro, o romeu e un litro de cervexa. Déixase cociñar a lume lento durante unha hora ou hora e media, ata que a cervexa desapareza e quede o costelar listo e as cebolas e o pemento morrón coma se fosen unha salsa. Finalmente, sérvese o costelar sen fíos, cortado en toros de 1 a 2 cm de ancho coas verdu-ras glasadas, unha cullerada do puré de patacas, un cuarto de mazá ao viño e no prato unha ou dúas culleradas da salsa de redución da cocción.

comentario dietético:O ingrediente principal deste prato é a carne de porco, polo que a súa composición é fundamentalmente proteica. Trátase dunha carne cunha achega moderada de graxa que con-vén eliminar antes de cociñala. O sabor da receita engrandécese grazas á cervexa e ás herbas aromáticas que, xunto co toque lixeiramente picante da mostaza, ofrecen unha prepara-ción suculenta. Tamén o pemento e as cebolas contribúen a enriquecer o prato en substancias vexetais antioxi-dantes, que exercen un papel protector fronte a diversas enfermidades. Pola súa banda, a cirola seca está especial-mente indicada para as persoas que sofren estrinximento, grazas ao seu recoñecido efecto laxante. Ademais, o seu sabor doce combina moi ben cos pratos de carne. Con todo, os guisos poden resultar pesados para as persoas co estómago delicado, que poderán tomar estas preparacións en función da súa tolerancia individual.

rece

itas

feb

reir

o 4 Media 40’-50’ 0,28 4 Media >2h’ 0,68

4342

saúde

En forma e sen saír da casaOs expertos recomendan practicar exercicio físico de forma regular durante un mínimo de 30 minutos ao día e 3 veces por semana

en forma, non hai que facelo de cal-quera xeito. É importante saber que facer, de que forma e en que dose para evitar riscos innecesarios. Para o especialista José Miguel del Castillo Molina, licenciado en Cien-cias da Actividade Física e Depor-te, o exercicio físico ten as mesmas pautas de prescrición ca os medica-mentos: “En xeral, aconséllase poñer-se en forma para correr, non correr para poñerse en forma. É un matiz moi importante. Parece que a carrei-ra, ao ser un xesto motriz básico e natural, está ao alcance de calquera, pero a realidade é que na sociedade actual, onde a maioría das persoas teñen traballos sedentarios, adoita haber unha moi deficiente capaci-dade muscular para soportar estes esforzos sen riscos de lesión”, advirte Del Castillo, tamén vogal do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Fí-sica e do Deporte da Comunidade de Madrid (Coplef Madrid).

Físico, resistencia, forza e flexibilidadeDel Castillo asegura que, se o obxec-tivo é poñerse en forma, hai que combinar as calidades físicas, a re-

sistencia, a forza e a flexibilidade. Pó-dese deixar a un lado a velocidade, xa que non é prioritaria desde o punto de vista da saúde. Un exemplo de programa para persoas activas durante tres meses podería ser o que se mostra na táboa situada xunto a este texto.Para traballar a parte cardiovascular, o idóneo é empezar con dúas horas á semana e incrementar, cada mes, 20 minutos. Para principiantes, o mellor é que as sesións sexan sen impacto e acompañalas cun programa de for-za. É habitual que apareza a fatiga en persoas que se inician, pero non por limitación cardiorrespiratoria, senón por fatiga muscular. Se se correse nal-gunha sesión e a condición física fose baixa, é recomendable mesturar mar-cha e carreira de forma alternativa.

O programa idóneoPara Del Castillo, o programa idóneo para estar en forma debe empezar cun quecemento previo, continuar con oi-to exercicios moi concretos e finalizar volvendo á calma con estarricamentos. Para o quecemento previo, móvense todas as articulacións e realízase un-ha activación cardiorrespiratoria sua-ve, polo menos durante 10 minutos, co fin de mellorar o rendemento e, sobre todo, de evitar lesións. Despois, os oito exercicios indispen-sables son:

Exercicio de empuxe do tren supe-rior (costas, peito, ombreiros, abdo-me e brazos): fondos no chan, tamén coñecidos como flexións de brazos.

Exercicio de tirón do tren superior: elevar o corpo partindo dunha po-sición de repouso cos brazos total-mente estirados.

Exercicio de cadea anterior do tren inferior (pernas, coxas e glúteos): aga-chamentos (flexión de xeonllos e ca-deira para baixar o corpo cara ao chan mantendo as costas rectas e volvendo á posición ergueita), para o que se poden utilizar distintas modalidades, como a clásica sumo (coas pernas se-paradas máis alá do ancho dos om-breiros e coas puntas dos pés abertas cara a fóra), a búlgara (a perna tra-seira queda apoiada nunha cadeira á altura do xeonllo do outro pé), sissy (inclínase o torso cara atrás dobrando os xeonllos cara a adiante) etc.

Exercicio de cadea posterior do tren inferior: como o peso morto con mochila ou a zancada atrás, dous exercicios multiarticulares con grande impacto metabólico e gran transferencia deportiva.

Exercicio de core antiflexión late-ral: ferro lateral con apoio de an-tebrazos (manter o corpo elevado e estirado sobre o antebrazo). O core é o grupo de músculos situados no

tronco e na cadeira, como o diafrag-ma, o chan pelviano, os abdominais, os músculos erectores espiñais, das costas e da cadeira, entre outros.

Exercicio de core antirrotación: rotación da cintura con goma elás-tica ancorada.

Exercicio de core antiextensión: ferro frontal boca abaixo con apoio de antebrazos.

Exercicio cardiovascular con exer-cicios complexos variando as series: burpees (conxunto de exer-cicios de corpo enteiro: en creque-nas, extensión de pernas cara atrás, flexión, en crequenas e salto), esca-lador (boca abaixo e cos brazos es-tendidos, simúlase o movemento de escalar), zancadas en salto, a estre-la (de pé e movendo os brazos e as pernas, represéntase unha estrela), skipping (carreira simulada no si-tio) etc., combinados con exercicio cardiovascular máis suave.

Cando se chega ao final da sesión, Del Castillo recomenda realizar esta-rricamentos durante 20-30 segundos, estáticos e suaves ao finalizar.

www.consumer.es

MES 1 MES 2 MES 3

PROGRAMA Método Circuíto de forza Adestramento de Adestramento de DE FORZA xeral (20 min.) forza (30 min.) forza (30-40 min.)

Frecuencia 2 2 2 semanal

PROGRAMA Método Continuo Continuo Variable CARDIOVASCULAR

Volume 2h 2h 20 min. 2h 40 min. semanal

Frecuencia 3 sesións x 40’ 3 sesións x 45’ 4 sesións x 40’ ideal aconsellada 4 sesións x 30’ 4 sesións x 35’

FLEXIBILIDADE A diario

O efecto do sedentarismo na nosa saúde é sobradamente coñeci-

do: sobrepeso, obesidade, risco car-diovascular etc. Segundo os expertos da Fundación Española do Corazón, é fundamental practicar exercicio físico de forma regular. E a fórmula é facelo durante un mínimo de 30 minutos ao día, 3 veces á semana, pero sempre tendo en conta a idade, o estado de saúde e se se realizou antes algunha actividade. Nos últimos anos, moitas persoas su-máronse á moda do running. Aínda que é unha boa opción para poñerse

4544

Consellos para xestionar as fotos dos nenos nas redes soCiais

No momento de publicar imaxes dun bebé nas redes sociais, é conveniente ter en conta unha serie de consellos:

• axustar as condicións de privacidade para que só os “amigos” ou os contactos vexan as publicacións. Se é posible, limitalo aínda máis, para que non todos os contactos poidan acceder ás imaxes, senón só os que se elixan de forma específica (familiares, amigos, coñecidos de real confianza etc.). Facebook, a máis popular das redes, permite corroborar como ve un perfil calquera outra persoa, tanto se é un contacto coma se non. Para iso, hai que ir a “Configuración”, buscar alí a opción “Biografía e etiquetaxe” e, logo, a ligazón “Quen pode ver contido na miña biografía? Ver como”.

• evitar publicar fotos en alta definición ou do rostro do neno en primei-ro plano, xa que ofrecen maiores posibilidades para as alteracións e os usos indebidos.

• non publicar fotos do menor espido ou con acenos ou xestos raros. Estas imaxes adoitan tomarse para crear “memes”; é dicir, imaxes gracio-sas que se viralizan na web e que lle dan ao seu protagonista unha indes-exable popularidade.

• omitir os datos persoais precisos, desde o seu nome completo ata o enderezo onde vive, por onde o sacan de paseo etc. Convén prestar atención mesmo a datos que, ás veces, aparecen en segundo plano, como letreiros, matrículas de coches, monumentos etc.

• esixir a familiares, amigos e coñecidos que nunca publiquen unha foto do pequeno sen antes consultalo cos pais.

• non abusar. Se finalmente se desexa publicar unha imaxe do neno, convén que non sexan demasiadas. E hase predicar co exemplo; é dicir, os pais non deben expoñer o menor en formas nas que non lles gustaría que os expuxesen a eles.

bebé

Bebés con pegada virtualCatro de cada cinco nenos menores de dous anos teñen presenza en internet e nas redes sociais

en antivirus e seguridade informá-tica, elaborou un informe con datos procedentes dunha decena de países, entre eles España. Os resultados re-flectiron que case o 82 % dos menores teñen unha pegada dixital (é dicir, os seus datos están en internet) antes de cumprir os dous anos de idade.Segundo a análise, na rede hai in-formación dun de cada tres bebés ás poucas semanas do seu nacemento. Incluso o 23 % deles está exposto na web antes de nacer, xa que os seus pais publican as ecografías durante o embarazo. E ata o 5 % dos menores de dous anos contan co seu propio perfil nalgunha rede social.

Os riscosA realidade é que publicar fotos dos nenos nas redes sociais é unha práctica tan habitual que resulta moi sinxelo perder de vista os perigos que poden derivar disto. O primeiro que hai que ter en conta é que, ao

divulgar unha imaxe, se expón a intimidade do pequeno sen o

seu consentimento. É posi-ble que a maioría das

As redes sociais son un enorme álbum de fotos que non para de

medrar. Segundo un estudo publicado por Samsung en 2013, cada día com-pártense 5,7 millóns de imaxes. Moi-tas desas instantáneas son retratos de bebés e de nenos que soben á web os seus pais para compartiren cos seus seres queridos a alegría e o orgullo que senten polos seus cativos. Un fin positivo, pero non exento de riscos.Por iso, convén coñecer certos aspec-tos sobre esta pegada dixital que, para moitos pequenos, comeza mesmo antes de nacer, así como os riscos de compar-tir instantáneas de menores na rede.

A pegadaUn episodio da serie británica Black Mirror xoga coa inquietante posibili-dade de que, nun futuro, existan em-

instantáneas non representen ningún problema, pero non se pode descartar que, no futuro, lle poidan xerar ao me-nor un desgusto.A guía para pais Mantendo os seus nenos seguros en internet, editada po-la asociación Protéxeos, resalta que os nenos deben comprender que a súa fotografía é unha parte integral da súa privacidade e que as imaxes dixitais son moi poderosas. “Son facilmente circulables e manipulables e resultan moi difíciles de borrar unha vez que se envían a través dun ordenador ou dun teléfono móbil. Poderían quedar na rede para sempre”. E corren o mesmo perigo cando son os seus pais os que soben as fotos. Existe o risco de levar máis ca un desgusto. As instantáneas do menor poden ser utilizadas para prácticas coma o cibe-racoso (tamén coñecido como cyber-bullying) ou o morphing, que consiste en facer unha fotografía e en editala a través dalgún programa de tratamento de imaxes; deste xeito, pódese incluír calquera persoa —mesmo nenos, por suposto— en escenas desagradables (vergoñentas, sexuais etc.).Aínda que as redes sociais permiten configurar as condicións de privacida-de dos datos que se introduzan nelas, é importante ter presente a norma de seguridade máis importante: se unha foto é privada e se quere estar seguro de que non deixará de selo no futuro, o mellor é non publicala en internet, xa que unha vez publicada é imposi-ble estar seguros de que non a terá outra persoa.

www.consumer.es

presas capaces de usar a información que deixa unha persoa nas redes so-ciais para, á súa morte, poder prolon-gar a súa vida virtual e permitir que os seus perfís sigan actualizándose e in-teractuando con outros usuarios. E, se se ten en conta a cantidade de datos que cada minuto se verte en internet, non parece unha idea tan aloucada.Moitos dos nenos que naceron nos últimos anos teñen boa parte da súa vida rexistrada en internet. En 2010, a empresa checa AVG, especialista

Ao divulgar unha imaxe, exponse a intimidade do menor sen o seu consentimento e mesmo existe o risco de que se use para prácticas como o ciberacoso ou o morphing

4746

Que se pode facer para abaratar a luz?

O doutor David Robinson propón nas súas teses sobre electricida-de que unha parte do custo das políticas públicas que provocan o incremento da factura eléctrica se financie a través dos orzamen-tos xerais do Estado ou mediante un imposto sobre o carbono. O membro de The Oxford Institute for Energy tamén estima conveniente fomentar a innovación en tecno-loxías que reduzan as emisións de CO2. Cre que non se deben subvencionar tecnoloxías que non o necesitan para competir coas enerxías convencionais e aconsella reestruturar as tarifas.

etxeko ekonomia

A luz, un ben de luxoA intervención dos distintos gobernos con primas ás enerxías renovables e os impostos lastran as eléctricas e determinan que suba o recibo da luz

Desde que comezou a crise, a fac-tura da luz en España non pa-

rou de crecer a un ritmo moi superior ao do resto da Unión Europea. Entre 2008 e 2014, a luz subiu un 52 % no noso país, o que converte o recibo eléctrico español no máis caro da UE, só por detrás de Dinamarca, Alemaña e Irlanda.O peor de todo é que este elevado incremento do prezo eléctrico, e que afecta sobre todo o pequeno consu-midor e o seu fogar, está relacionado con custos alleos á subministración eléctrica (xeración e distribución da luz) e que o Goberno carga ao recibo da electricidade. Así, os principais motivos que ex-plican este incremento atópanse no aumento dos impostos e nos custos das axudas das políticas de apoio á enerxía renovable e á coxeración. Isto explícase na investigación “O efecto tesoira” e nun informe comparativo entre os prezos da luz en Europa e nos Estados Unidos, elaborados am-bos por David Robinson, membro de The Oxford Institute for Energy. Sen esta cuña gobernamental, a nosa fac-tura eléctrica pasaría de ser a cuarta máis cara de Europa a ocupar o dé-cimo primeiro lugar.

Cargas públicasSegundo o traballo de investigación dirixido por David Robinson, as car-gas públicas supoñen o 46 % do total da factura da luz. O mesmo sinalan desde a Asociación Española da In-dustria Eléctrica (Unesa), que ven nos

“custos políticos” o problema do alto custo deste recibo. A continuación, explícase exactamen-te cales son e como nos afectan:As primas a enerxías renovables e á coxeración supoñen miles de millóns de euros anuais. Con todo, desde a Asociación de Produtores de Ener-xías Renovables incídese en que as renovables, a pesar das primas, lle dan ao sistema máis do que reciben. Ademais, na súa opinión, a electrici-dade é cara pola excesiva retribución que perciben as nucleares e as plan-tas hidroeléctricas.O custo derivado do parón da ener-xía nuclear é moi grande. En 1984, prohibiuse en España a construción de novas centrais nucleares e can-celáronse cinco antes de que empe-zasen a funcionar. Para compensar as empresas que xa investiran nelas, fixáronse indemnizacións. E son miles de millóns de euros os que se pagan por este concepto, ano tras ano, no recibo da luz entre todos os consu-midores.Os custos de compensación extra-peninsular, o prezo polo sobrecus-to que supón a subministración de electricidade ás illas. Son aboados por todos os consumidores. Polo tan-to, non só os españois residentes nas Canarias ou nas Baleares cargan con este gasto.As primas para o carbón nacio-nal. Para evitar o peche das minas de carbón (que non pode competir co doutros países, máis barato e de

maior calidade), cóbrase un imposto especial sobre a electricidade que subvenciona o funcionamento destas minas.Os custos de transición da compe-tencia. Tamén se pagan na factura. Trátase dunhas indemnizacións (de 7813,2 millóns de euros) que as em-presas reciben para compensar a caí-da dos seus beneficios ante a entrada de novos competidores no mercado coa lei de liberación do sector eléc-trico. A Plataforma por un Novo Mo-delo Enerxético estima que se trata dunha sobrecompensación e que, se se terminase con esta axuda, o recibo da luz custaría un 10 % menos.Os impostos. En España, esta factura está gravada cun 21 % de IVE e con case un 5 % de imposto especial sobre a electricidade. Isto, na práctica, sig-nifica que se aplica ao recibo da luz (un ben básico) a mesma tributación que soportan os bens de luxo.

Déficit de tarifaO outro gran gasto que encarece o recibo da luz é o chamado déficit de tarifa. É a diferenza entre o custo da subministración eléctrica e o prezo da electricidade. En teoría, supón que o importe que cobran as eléctricas non é suficiente para cubrir os custos e, por iso, recoñéceselles ese déficit, que é unha débeda do Estado coas eléc-tricas. E quen a acaba pagando? Os consumidores; en concreto, supón en-tre un 6 % e un 7 % da factura da luz.

www.consumer.es

4948

Residuos impRopios: a impoRtancia de non equivocaRse

Os residuos impropios prexudican a reciclaxe. Antonio Barrón, director de Comunicación de Ecoembes, explica as razóns de por que cómpre evitalos: “As plantas de selección non están preparadas para outros obxectos fabri-cados a partir de diferentes materiais coma gomas, téxtil, pilas, baterías, cables etc. ou doutros tipos de plástico. Estes residuos deben ir ao punto limpo, aos puntos de recollida especial que os concellos poñen á nosa disposición ou, no seu defecto, ao cubo de lixo tradicional”.

Por tanto, a presenza de residuos inadecuados entorpece o labor das plantas de selección e clasificación. Os operarios ven como se obstaculiza o seu traballo e como as máquinas se poden parar ou mesmo estragar. E velaquí o resultado: máis posibilidades de avaría, máis ineficacia e peores resultados de reciclaxe. Ademais, os residuos impropios poden acabar nos vertedoiros.

As cintas de vídeo ou a roupa son algúns dos impropios máis temidos porque poden atascar as máquinas. Elementos metálicos coma tixolas, potas ou outros útiles de cociña poden ser perigosos. A composición dife-rente do cristal, da cerámica ou da porcelana impide a creación de novos envases de vidro.

Menos é máisEn definitiva, cantos máis residuos se consigan reciclar, máis o agradecerá o medio ambiente. Cos máis de 1,2 millóns de toneladas de envases lixeiros e envases de cartón e papel reciclados o ano pasado en todo o territorio nacional, evitouse:

• A emisión de 1,2 millóns de toneladas de dióxido de carbono (CO2) á atmosfera: equivale a retirar o 25 % dos vehículos censados de Madrid.

• O consumo de 3 millóns de megawatts/hora (MWh): equivale ao gasto anual de enerxía do 31 % dos teléfonos intelixentes en España.

• O consumo de 24,5 millóns de metros cúbicos de auga: equivale ao consumo de 400.000 persoas.

medionatural

Reciclaxe: solucións para un enigmaEcoembes lanza un novo símbolo para lles axudar aos cidadáns a identificaren o colector onde deben depositarse os envases para a súa reciclaxe, á vez que busca reducir a proporción de residuos impropios que tanto o prexudican

coLectoR azuL: envases de papel e cartón

coLectoR veRde: envases de vidro

Quen non se preguntou algunha vez a que colector debe ir cada

refugallo que produce na casa? Malia que estamos concienciados, aínda non temos totalmente claro onde debe ir cada cousa. De feito, segundo datos de Ecoembes, en 2014 rexistráronse un 29,9 % de impropios (residuos de-positados de forma equivocada) nos colectores amarelos no noso país. E a causa principal, aínda que resulte paradoxal, é a boa vontade dos cida-dáns que queren reciclar, pero non o fan ben.Aínda así, España alcanzou unha taxa de reciclaxe do 73,7 %, segundo datos desta sociedade sen ánimo de lucro xestora dos residuos do colector ama-relo e azul. Son cifras de reciclaxe que avanzaron nos últimos anos, pero que indican que aínda queda unha marxe de mellora.

Novo símboloCo obxectivo de reducir estes impro-pios e de lles facilitar o labor de re-ciclaxe a empresas e consumidores, Ecoembes anunciou recentemente o lanzamento dun novo símbolo da re-ciclaxe de envases. Segundo os seus responsables, trátase dun sistema vo-luntario na súa aplicación e sen cus-tos adicionais para as compañías.

Cristina Muñoz, do equipo de Comu-nicación de Ecoembes (encargado de fomentar o seu uso entre as empre-sas adheridas ao seu sistema), ase-gura que algunhas grandes firmas do sector da alimentación xa confirmaron que o incluirán no deseño dos seus produtos. Por iso, está previsto que nuns meses aparezan os primeiros envases con este símbolo incorpora-do, de forma que as compañías poidan aproveitar algunha modificación nos seus deseños.O símbolo está pensado para apare-cer de forma visible (tanto en castelán como nos idiomas cooficiais) nos en-vases máis habituais: os lixeiros de-posítanse no colector amarelo, os de cartón no colector azul e os de vidro no colector verde. Cada un deles leva asociado a cor do colector onde debe depositarse o envase para conseguir a súa adecuada reciclaxe.

Os equívocosEn 2014, rexistrouse un 29,9 % de im-propios nos colectores amarelos no noso país, segundo datos de Ecoem-bes. Muñoz explica que, ao longo do tempo, esta cifra se reduciu, á vez que aumentou a porcentaxe de reciclaxe de envases en España. Isto débese, sobre todo, ao progresivo incremento da sensibilización cidadá nesta mate-ria: “En 2005, esta cifra superaba o 37 %, o que indica con claridade como os españois non só reciclamos cada vez máis, senón tamén mellor”.Aínda así, Antonio Barrón, director de Comunicación de Ecoembes, lembra algúns dos residuos impropios apare-cidos con máis frecuencia nos colec-tores amarelos: coches teledirixidos, táboas de pasar o ferro, cintas de vídeo VHS, CD etc. A gran variedade de envases e produtos de uso normal nos fogares xera dúbidas entre os consumidores, dúbidas que se poden evitar se se coñece cales se poden reciclar e como.

www.consumer.es

coLectoR amaReLo: envases de plástico,

metálicos e briks

5150

EROSKI CONSUMER dáche información práctica sobre finanzas, familia e traballoTodas as propostas están en:www.consumer.es/economia-domestica